arcadio lópez casanova

8
Arcadio López Casanova Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados miércoles 30 de enero de 2013

Upload: asnosasletras

Post on 24-May-2015

227 views

Category:

Documents


14 download

TRANSCRIPT

Page 1: Arcadio lópez casanova

Arcadio López Casanova

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

miércoles 30 de enero de 2013

Page 2: Arcadio lópez casanova

Un é, queira ou non, fillo do seu tempo, e, xa que logo, os marcos temporais, sociais, espaciais, etc. son determinantes na configuración da personalidade e da visión do mundo propias.En canto a O Páramo, é un espazo esencial –que chegou a acadar unha complexa dimensión simbólica- no meu mundo poético, tal se pode ver no meu último poemario, “Herdo do canto”.

Arcadio López Casanova

1. Vostede naceu en Lugo na inmediata posguerra. Até que punto esta circunstancia e este espazo marcou a súa futura obra e o seu pensamento? O Páramo é o espazo da súa obra “Palabra de honor”. Volveu o espazo lugués a ser fundamental na súa obra ou só ocasional?

2. A súa infancia foi tan importante como para amosar aquela preocupación obsesiva por recuperala nas súas primeiras obras?

Por fortuna, tiven una infancia moi feliz, verdadeiramente edénica, naquela paisaxe fermosa d´O Páramo, na casa familiar (que será logo, nos meus poemas, a “Casa grande”) e coa figura protectora, mítica, da miña avóa Manoela (decisiva na miña vida).

3. Que supuxo para Vostede a descuberta de Compostela onde tomou contacto directo coa galeguidade da época e coa cultura galega?

En Compostela, naqueles primeiros anos dos 60, tomou corpo o meu sentimento galeguista, e foron uns anos cheos de ilusión, de esperanza, de loita por Galicia, de defensa da nosa língua (cando –todo hai que dicilo- apenas eramos unha ducia os mozos universitarios comprometidos).

4. Que importancia lles daría Vostede a aquelas xeracións dos anos 50-60 coas que colaborou e nas que figura inmiscido para a nosa literatura contemporánea?

Coido que é uhna xeración verdadeiramente decisiva e anovadora, que trae –e aporta- unhas poéticas (de signo existencial e testemuñal) acordes co seu tempo histórico.

miércoles 30 de enero de 2013

Page 3: Arcadio lópez casanova

Agradecín moito a confianza que me deu no seu momento don Ricardo, e axudoume, sobre de todo, na tarefa docente e investigadora.

Arcadio López Casanova

5. A súa estadía no Colexio Fingoy e os contactos co esgrevio Carbalho Calero marcou en Vostede unha nova visión ou simplemente unha continuación da realizade que encetara en Compostela?

6. Cre Vostede que aquela xeración ou grupo poético que se deu a coñecer co certame das Festas Minervais marcou un antes e un despois na nosa lírica do século XX?

Coma xa apuntei, certamente que si, foi verdadeiramente revolucionaria. Pero é unha xeración que aínda hai que investigar a fondo, con rigor, para ver toda a súa complexa articulación e todo o alto valor das súas aportacións.

7. Coida Vostede que aquela visión desesperada do mundo e das cousas que se podía ollar na “Escola da Tebra” aínda tería vixencia nesta nosa sociedade contemporánea?

Toda visión auténtica –coma o foi aquela- non desaparez, sempre ten vixencia. Non responde a unha moda pasaxeira, senón a algo máis radical e fondo. E non se pode esquecer, doutra banda, que estamos en tempos ben mesterosos, nos que o poeta ten que volver a cantar dende a “noite do mundo”.

8. Recén rematada a ditadura no ano 1976 publícanse dúas obras consideradas fundamentais para a nosa lírica de fins de século: “Con pólvora e magnolias” de Méndez Ferrín e a súa “Mesteres”. Que nos podería contar da importancia destas dúas obras para a nosa lírica? Que sente un escritor ao publicar unha obra coma esta que abre un novo espazo literario?

Para min foi unha alegría –e una honra- coincidir nese ano co gran amigo e compañeiro, mestre en tantas cousas, X.L. Méndez Ferrín. Os dous viñamos das poéticas de signo realista (pero sen desbotar os valores estéticos), e coido que os nosos libros –tan diferentes, por outra parte- coincidían en supostos básicos de creación: un, a consideración do poema coma obxecto estético; outro,un poema non se xustifica pola súa substancia temática (sexa a que for); e outro, a revolución tamén está na forma estética.

miércoles 30 de enero de 2013

Page 4: Arcadio lópez casanova

Pois, por suposto, frustración e impotencia, cando un comproba que a súa palabra non é libre. Pero, certamente, tamén supón un íntimo reforzo dos seus ideais, dos seus supostos de creación, do seu espírito de loita.

Arcadio López Casanova

9. Dúas obras súas foron retiradas “Por orde gubernativa”. Que sente un autor perante este feito? Fai este feito que, como ocorreu con Curros, aínda se reafirme máis nos seus pensamentos e na súa maneira de actuar?

10. A temática da súa obra foi evolucionando incluso desde unha preocupación por recuperar a infancia até meditacións íntimas sobre a morte. Como nos podería xustificar estas temáticas tan antitéticas?

Non, non son antitéticas se se entende –coma algunhas veces comentei- que toda a miña obra agroma dun foco unitario, a vivencia dramática dunha desfeita, da existencia coma perda ou desvalemento só sostida –e iluminada- polo amor. Esa desfeita era, nos primeiros poemas, a do mundo edénico da infancia; logo, a experiencia do exilio, a perda da Terra-Nai e das raíces; e tamén, claro, o asexo visionario da Morte.

11. Na creación, e a parte da poesía, interésanlle outros xéneros ou formas literarios?

Interesoume –e interésame- o relato infantil (publiquei dous) e o teatro (saíu una obra miña, “Orestes”, que chegou a ter una lectura escenificada). Dende hai moitos anos –pode que corenta- teño inéditos outro relato infantil e unha obra de teatro.

12. Vostede que se deu a coñecer pola súa escrita en galego e que tamén publicou en lingua castelá, en cal dos dous idiomas se sente máis cómodo e comprometido? Pode un escritor acadar un alto nivel literario en dous idiomas ou máis diferentes?

No meu caso, a língua está sempre en razón do agromo do mundo representado.Por poñer un exemplo: “Mesteres” sería impensable en castelán e “La oscura potestad” en galego. Certo tamén –en canto ó compromiso- que é moito máis ampla a miña obra en galego.

Fonte: franciscoponce.com

miércoles 30 de enero de 2013

Page 5: Arcadio lópez casanova

Arcadio López Casanova

13. Que sente un escritor ao ser premiado? E cando ten que conceder un premio nun xurado? Para cal das dúas facetas lle axudou máis a súa profesión de profesor de critica literaria?

Un premio é –ó menos para min- o recoñecemento a un traballo creador, e que, por máis, axuda a dar a coñecer a obra dun autor. Nun xurado, tento actuar sempre co meirande rigor crítico que me guíe a premiar unha obra de verdadeiro valor literario e que amose unha voz orixinal.Obviamente, a miña función de profesor e de estudoso da literatura é a que máis me axuda cando estou nesa tarefa de xurado.

14. E por último, que supuxo para Vostede que a RAG o nomease “Membro de honra”? Este feito fíxoo pensar en retomar a súa actividade literaria no noso idioma?

A RAG é a institución emblemática –e xa centenaria- da língua e a cultura do noso país. Formar parte dela representa, polo tanto, unha honra, e supón un xeneroso recoñecemento ó meu traballo creador e de investigación.Doutra banda, nunca abandonei a actividade literaria en galego. Sucede que a miña obra delóngase moito no tempo, sen prisas nin urxencias. Agora, tras sete anos de silencio, teño case rematado un novo poemario, “As voces da máscara”.

miércoles 30 de enero de 2013

Page 6: Arcadio lópez casanova

CUESTIONARIO

miércoles 30 de enero de 2013

Page 7: Arcadio lópez casanova

A muralla da miña “Cidade de pedra”.

Un monumento salientábel?

Direi dous nomes e dúas obras cimeiras: Rosalía e

“Follas novas”. Pimentel e “Sombra do aire na herba”.

Un/ha autor/-a e unha obraliteraria galegos?

Sempre tiven –e teño- uhna grande admiración pola figura patriarcal de Otero Pedrayo. De fora, Gandhi, exemplo dunha

ética ó servizo dun pobo.

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Agora –se se me permite- citarei

tres: T.S.Eliot e os “Catro coartetos/

“Anábase” de Perse/ “Dios deseado y

deseante” de JRJ.

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria estranxeiros?

Con calquer antihéroe que loita, dende a

privación e con autenticidade, por desenvolver

o seu proxecto vital.

Un personaxe literario co que se

identifique?

Citarei tamén tres

:,o “Orfeo” de

Cocteau , “O sétim

o selo” de

Bergman e “A noite” d

e Antonioni,

tres verdadeiras xoias (ben distantes

– en tempo e en

estética - dese cutre

reinado actual dos Tarantino,

Almodóvar e demáis camada).

Unha película de cine?

A igualdade e liberdade das xentes e

os pobos oprimidos.

Unha utopía?

A miña casa de Valencia, no

meu despacho.

Un lugar axeitado para a

lectura?

miércoles 30 de enero de 2013

Page 8: Arcadio lópez casanova

Escribir un cancioneiro

amoroso dedicado a Carmen,

compañeira na miña vida, a

quen tanto debo.

Un anceio por realizar?

Eu son lugués do interior, pero a miña estadía no País Valencano

descobriume a presencia e a vivencia do mar, que forma parte da miña vida

(e do meu mundo poético).

Mundo rural/urbano? Praia/montaña?

Son un decadente (que lle vou facer!): sempre Venecia. Para descansar, a miña

casa ou a Casa grande d´O Páramo.

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

A Revolución Francesa (con

todo o que supuxo).

Un feito histórico?

Dependendo dos momentos e o estado de ánimo, Debussy, Falla,

Schönberg. O canto greogorián e os“Carmina Burana”.

Un tipo de música? Unha

Non hai un, hai moitos. Cada momento, cada etapa da vida ten os seus exemplos, os seus

modelos.

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

Viaxar, descobrir

itinerarios e lugares.

Outro entretemento

ademais da lectura?

Tentei –e tento- ser sempre fiel ó que me vai dictando, paso a paso, a

miña vida, o meu sentir máis fondo e auténtico. Para min a poesía é, en primeiro termo, unha iluminadora revelación, e ten, por máis, unha

función perfectiva, edificadora da nosa existencia.

Cal é a súa fonte de inspiración?

Dúas,“Divinas palabras” de Valle - Inclán e “As moscas” de Sartre.

Unha obra teatral?

miércoles 30 de enero de 2013