aslinguassuman

2
++++++++++++ ++++++++++++ ++++++++++++ ++++++++++++ ++++++++++++ ++++++++++++ ++++++++++++ ++++++++++++ ++++++++++++ ++++++++++++ ++++++++++++ ++++++++++++ ++++++++++++ ++++++++++++ ++++++++++++ ++++++++++++ +++++++++++++ ++++++++ ++++++++++++ ++++++++++++ ++++++++++++ ++++++++++++ ++++++++++++ ++++++++++++ ++++++++++++ ++++++++++++ ++++++++++++ ++++++++++++ ++++++++++++ ++++++++++++ +++ +++ ++++ + ++++++++ +++ ++++ + ++++ Que está pasando? A situación actual é que o idioma que debería unirnos está sendo utilizado para separarnos nunha loita na que algunha xente busca a desaparición da nosa lingua do sistema educativo. Neste contexto, e ante a enquisa que vai realizar a Xunta, pensamos que é necesario que os pais e nais lle fagan saber á Consellería de Educación algo que parece do máis lóxico: que queremos que os nosos fillos e fillas dominen as dúas linguas e que, por tanto, o galego sexa tamén lingua da aprendizaxe. A quen vai dirixido este tríptico? Vai dirixido a vós, PAIS E NAIS, que queredes o mellor para os vosos fillos e fillas e que sabedes que a mellor herdanza que lles podedes dar é unha boa educación. Dirixímonos a vós... porque o galego é a lingua propia de Galicia; pertence a todos e todas e non podemos xogar co seu futuro, porque intereses políticos, que non educativos, crearon un problema no ensino arredor das dúas linguas oficiais da comunidade, que pode derivar nunha perigosa fractura social, porque COMO DOCENTES pensamos que vos debemos ofrecer información rigorosa para que poidades decidir o mellor para os vosos fillos e fillas. PROMOVE APOIAN CNL UNIVERSIDADE DE VIGO www.coordinadoraendl.org as linguas su+ man

Upload: fernandez-varela

Post on 10-Mar-2016

233 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

triptico cdenl lingua

TRANSCRIPT

Page 1: aslinguassuman

+ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + + +

+ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + ++ + + + + + + + + + + +

+ + + + + + + + + + ++ + + + + + + ++ + + + + + ++ + + + +

Que está pasando?A situación actual é que o idioma que debería unirnos está sendo utilizado para separarnos nunha loita na que algunha xente busca a desaparición da nosa lingua do sistema educativo.

Neste contexto, e ante a enquisa que vai realizar a Xunta, pensamos que é necesario que os pais e nais lle fagan saber á Consellería de Educación algo que parece do máis lóxico: que queremos que os nosos fillos e fillas dominen as dúas linguas e que, por tanto, o galego sexa tamén lingua da aprendizaxe.

A quen vai dirixido este tríptico?Vai dirixido a vós, PAIS E NAIS, que queredes o mellor para os vosos fillos e fillas e que sabedes que a mellor herdanza que lles podedes dar é unha boa educación.

Dirixímonos a vós...

porque o galego é a lingua propia de Galicia; pertence a todos e todas e non podemos xogar co seu futuro,

porque intereses políticos, que non educativos, crearon un problema no ensino arredor das dúas linguas oficiais da comunidade, que pode derivar nunha perigosa fractura social,

porque COMO DOCENTES pensamos que vos debemos ofrecer información rigorosa para que poidades decidir o mellor para os vosos fillos e fillas.

PROMOVE

APOIAN

CNL

Universidade de vigo

www.coordinadoraendl.org

aslinguassu+

man

Page 2: aslinguassuman

1. O galego necesita aprenderse na escolaEn Galicia temos dúas linguas e o sistema educativo debe conseguir que se dominen as dúas.

A escola ten que garantir que os nenos/as saiban por igual galego e castelán. Hoxe en día, para moitos nenos/as a escola é o único lugar no que conviven co galego. Por iso, xa que o galego precisa espazos de uso, é fundamental que, cando menos, a metade das materias se impartan no noso idioma. Porque, todos estamos de acordo, as linguas apréndense usándoas.

2. Saber galego axuda a aprenderOs especialistas en adquisición de linguas (Cummins, I. Vila, C. Baker...) demostran nos seus estudos que é máis fácil aprender unha nova lingua partindo doutras. Canto máis temperá é a introdución de novas linguas mellor se consolidan.

Se un alumno aprende nunha lingua poderá transferir os coñecementos a calquera outra (se aprende matemáticas en galego, poderá utilizar os seus coñecementos matemáticos en calquera outra lingua).

Sabiades que... ... o alumnado galego ten mellor dominio do castelán que a media española?

O informe Pisa sinala que as comunidades con dúas linguas se sitúan por riba da media española en competencia en lingua castelá.

Existen estudos que demostran que en Galicia os resultados obtidos polo alumnado son mellores que os doutras comunidades autónomas

O coñecemento das linguas internacionais é necesario, pero nin dinamarqueses, nin holandeses, nin islande-ses... deixan de lado a súa lingua propia a pesar de teren poucos falantes. Todas as culturas entenden a lingua como un patrimonio que hai que protexer e do que sentir-

se orgullosos.

O galego é unha ponte para coñecer a lingua portuguesa e ábrenos as portas a un mercado próximo aos 300 millóns de persoas. Nun mundo fortemente competitivo onde os idiomas van ser básicos para abrirse camiño na vida, temos que ser conscientes todos nós de que non nos podemos permitir o luxo de desprezar ningunha das nosas

potencialidades lingüísticas.■ Alumnado galego■ Alumnado do resto do Estado

■ Alumnado galego■ Alumnado doutras

comunidades autónomas 0 2 4 6 8 10 12 14

4º EP

6º EP

2º ESO

4º ESO

0 2 4 6 8 10 12 14

2º ESO

Gráfica 1: Competencia en lingua castelá e literaturaSobrado Fernández, L.M. (dir.): Avaliación da calidade e innovación dos centros educativos, 2008

Gráfica 2: Análise de rendemento escolar en lingua inglesa Sobrado Fernández, L.M. (dir.): Avaliación da calidade e innovación dos centros educativos, 2008

... o alumnado galego remata a secundaria máis capacitado que o doutras comunidades que teñen unha soa lingua?

Seis premios nacionais de bacharelato e formación profesional deste ano foron para o alumnado galego, alumnado que se formou estudando materias en lingua galega.

... o alumnado galego ten mellor dominio do inglés que a media española?