canzine 2011

32
maio 2011 exemplar de balde

Upload: festival-cans

Post on 19-Mar-2016

250 views

Category:

Documents


12 download

DESCRIPTION

Revista oficial do Festival de Cans. 1ª edición

TRANSCRIPT

Page 1: CanZine 2011

maio 2011 � exemplar de balde

Page 2: CanZine 2011

acción!Arranca o VIII Festival de Curtas de Cans, benvidos e benvidas á

rodaxe dunha nova entrega. De novo o baile de chimpíns, das proxec-

cións interesantes e novidosas, das estreas, dos concertos polas

esquinas e onde moran as galiñas. Ti es un dos miles de visitantes,

sabes ben do que estamos a falar.

Este ano o Festival de Cans inaugura publicación oficial, a que tes

nas mans: CanZine. Unha revista que nace coa intención de quedarse,

de medrar e de ser o reflexo en papel, por los siglos de los siglos, da

programación desenvolvida no Festival. A dirección e a Asociación

Cultural Arela apostamos, como sabedes,

por seguir consolidando o certame ano

tras ano, curta a curta, clip a clip, concer-

to a concerto, e a iniciativa “CanZine” é un

paso máis.

Queremos agradecer dende aquí a

toda a xente que tivo a ben participar

neste novo proxecto: os productores

Antón Reixa e Emma Lustres, os actores

Carlos Blanco, Luis Zahera, Roberto Vilar,

X.A. Touriñán, Monti Castiñeiras e María

Bouzas, os realizadores Jorge Coira e Gustavo Balza, os críticos Xurxo

González, Xosé González Filloy e Ana González Chouciño, os escritores

Yolanda Castaño e Suso de Toro, xornalistas como Lucía Campos,

Moisés Álvarez, Fernando González “Gonzo” e Quique Alvarellos, os

músicos Nicolás Pastoriza e Eladio Santos, os guionistas Carlos Ares e

Araceli Gonda, os fotógrafos Xurxo Lobato e Pablo Gallego e o debuxan-

te David Rubín. Por suposto, a todas a veciñas e veciños de Cans, que,

coma sempre, acollen con xenerosidade cada unha das nosas propos-

tas e aos entrevistados María Pujalte, Fernando León, El Gran

Wyoming, Isabel Coixet e Roberto Vilar polo seu tempo.

Estes días Cans é un novo planeta e xira arredor voso. Nós poñe-

mos o mecanismo, vós a vosa presenza. Nós suxerimos propostas, vós

as consumides e as disfrutades. Exprimide ata ao final este novo ano

de Festival, hai alternativas dabodondo. Benvidos e benvidas ao VIII

Festival de Curtametraxes de Cans. É todo voso. Acción!

2 revista oficial do festival de Cans maio 2011

De novo o baile de chimpíns,das proxeccións interesantese novidosas, das estreas, dosconcertos polas esquinas eonde moran as galiñas. Ti esun dos miles de visitantes,

sabes ben do que estamos a falar.

Page 3: CanZine 2011

3revista oficial do festival de Cans maio 2011

grella04. as curtas

05. os clips

06. mecanismo fino

07. entrevista a maría pujalte

08. o cid protector

10. serafín campos, chimpín de prata

11. entrevista a roberto vilar

12-13. doentes: retranca e ternura

14. consellos dunha veterana a un principante

15. can campus, reinventando o videoclip

16-17. a vida corre coma un can (a comida 19)

18. se cans fose...

19. entrevista a fernando león de aranoa

20. cans a través dos ollos de...

21. o manifesto bizarro can car oddisey

22. tres preguntas a isabel coixet

23. conversando co xuíz garzón

24. gonzo que estás en los cielos

25. a faciana máis salvaxe do gran wyoming

26. batidora musical

27. té con nicolás

28-29. sinistro no torreiro!!

30. programa festival de cans 2011

31. quen dá máis?

Page 4: CanZine 2011

4 revista oficial do festival de Cans maio 2011

FICCIÓN

IN MEMORIAM

2011/10'/galego

DIRECCIÓN E GUIÓN:

Cristina Bodelón

REPARTO: Silvana C.

Sestelo, Isabel Naveira

VAI DE: En 2210, o desenvolvemento científico logrou

frenar a vellez, convertendo a morte nun fenómeno

illado... pero existente. pero alguén ten recordarlle á

Humanidade que, a pesar de todo, a morte segue

sendo algo natural.

AMISTAD

2010/18'/castelán

DIRECCIÓN: Alejandro

Marzoa

GUIÓN: Miguel Ángel

Blanca e Alejandro Marzoa

REPARTO: Xúlio Abonjo, Miguel de Lira

VAI DE: Catro compañeiros de traballo quedan no bar

de sempre. Entre bromas e copas, un deles confesa

que ten problemas coa muller. Os catro probarán o

sabor acedo da falsa amizade.

EL SHOW DE

2010/13'/galego

DIRECCIÓN E GUIÓN:

Samuel Lema

REPARTO: Vicente de

Souza, Nuria Sanz

VAI DE: A vida de Mario é un cóctel explosivo. Para

prender, só lle falta a mecha de O Show de... unha

mestura entre reality e talk show que, coa excusa de

facer unha broma á persoa elixida, aproveita para

sacar á luz as súas miserias.

EL GRIFO

2010/16'/castelán

DIRECCIÓN: Denis Rovira

Van Boekholt

GUIÓN: Diego Soto

REPARTO: Celso Bugallo, Ana Fernández

VAI DE: Un ancián queda só na casa cando a familia

marcha de vacacións. É un ser vulnerable no moder-

no chalet e un pequeno problema doméstico acaba

por se converter nun pesadelo.

ILLA PEDRA

2010/18'/galego

DIRECCIÓN E GUIÓN:

Adriana Páramo

REPARTO: Maria Tasen -

de, Nerea Barros

VAI DE: A poesía é o nexo de unión entre Iria e Antía.

Cando Antía marcha a Londres decátase de que

tamén é a áncora que a une á terra e ás amigas.

FATUM!

2010/9'/galego

DIRECCIÓN E GUIÓN: Pablo

Millán

REPARTO: Luis Iglesias

VAI DE: Fatum é a forza infinita contra a libre vontade...

Para explicalo presenciamos a un home que, tras ler

o xornal, se convirte nun xoguete dos seus medos.

DE QUE SE RIEN LAS HIENAS

2010/15'/galego

DIRECCIÓN E GUIÓN:

Javier Veiga

REPARTO: Toni Acosta,

Javier Veiga

VAI DE: Por moito que se empeñe a natureza en dicir-

nos que a reprodución é a única maneira de sobrevi-

vir como especie, a paternidade, co que ten que ver é

co amor.

A SEÑORA CARME

2010/8'/galego

DIRECCIÓN E IDEA ORIXINAL:

Marcos Gª Romero

REPARTO: Fely

Manzano, Mundo Villalustre

VAI DE: Pasan os anos e a señora Carme acumula

mensaxes no contestador, ceas de Nadal en soidade

e queixas dos veciños pegadas na porta.

A RESIDENCIA

2010/11'/galego

DIRECCIÓN E GUIÓN: Alex

Sampayo

REPARTO: Rosa Álvarez,

Guillermo Carbajo

VAI DE: A propietaria dunha pensión recibe a un novo

inquilino: un estudante de medicina extremadamente

respectuoso coas normas da dona da casa.

TOURETTES

2010/15'/galego

DIRECCIÓN: Martin

Fiallega

REPARTO: Marcos Co -

rrea, Isabel Risco

VAI DE: Max e Noe padecen un transtorno psicolóxico,

a sindrome de Tourette. Soñan con viaxar ao Xapón e

para conseguilo deciden atracar un banco.

XOEL Y LOS X MEN

2010/20'/galego

DIRECCIÓN: Eusebio

Pastrana

GUIÓN: Eusebio

Pastrana, María Brea

REPARTO: J.C. Vellido, Farruco Castromán

VAI DE: Xoel morre e déixalles aos amigos unha última

mensaxe que deben ler xuntos, bebendo unhas cerve-

xas á súa saúde.

ESTEREOSCOPÍA

2011/12'/galego

DIRECCIÓN E GUIÓN: Xacio

Baño

REPARTO: Vicente de

Souza, Alfonso Ramírez

VAI DE: Cando Emilio sofre un atropelo e perde a visión

dun ollo, os médicos transplántanlle o doutra persoa.

A partir de aí comeza a ver a vida do doador.

ANIMACIÓN

CHECKOUT

2010/7'/galego

DIRECCIÓN: Iker García e

Salvador Rubio

GUIÓN: Salvador Rubio

VAI DE: Un supermercado pouco antes de pechar, un

rapaz co seu carro cheo, e unha caixeira irritable que

devece por marchar para a casa. O amor tamén pode

xurdir na situación menos favorable.

GATO ENCERRADO

2010/12'/galego

DIRECCIÓN, GUIÓN E ANIMA-

CIÓN: Peque Varela

VAI DE: Dous gatos

viven no paradoxo de Schrödinger, un mundo múltiple

de universos paralelos no que cada situación vivida os

leva a outra vida posible. E morren tantas veces que

todas as curtas...

Page 5: CanZine 2011

5revista oficial do festival de Cans maio 2011

chega o momento no que xa non recordan cantas vidas

lles quedan.

VICENTA

2010/22'/castelán

DIRECCIÓN, GUIÓN, FOTOGRA-

FÍA E MÚSICA: Sam

VAI DE: Alfredo morre

sen revelarlle á súa muller onde escondeu a fortuna

que gañaron na lotaría. Vicenta busca en todos os

recunchos até asumir que a única maneira de saber

onde está é preguntándolle ao seu defunto esposo.

3KG

2010/8'/galego

DIRECCIÓN: Iván

Fernández

GUIÓN: José Ramón

Puente e Iván Fernández

VAI DE: Todos os galos da granxa son levados á cidade

en canto superan os tres quilos de peso. Máximo leva

moitos anos evitando a situación, sabe moi ben qué

facer para evitar ser sacrificado, e intenta explicarllo ao

un compañeiro afortunado que se librou da última criba

por pura casualidade.

BIRDBOY

2010/15'/castelán

DIRECCIÓN: Pedro Rivero

e Alberto Vázquez

GUIÓN: Alberto Vázquez e

Pedro Rivero. Baseada na novela gráfica Psiconautas,

de Alberto Vázquez.

VAI DE: Un terrible accidente industrial cambia a vida da

pequena Dinki para sempre. Despois da catástrofe, non

hai cor, nin vida, nin amor. Birdboy, un mozo introverti-

do e desarraigado que se oculta no bosque, observa

ese mundo alienante e gris dende unha póla.

...e os clipsOS VIDEOCLIPS ESTÁN DEFESTA. Os convidados bailanbébedos no xardín, saltan no cuartodos xoguetes ou desinhíbense nabacanal verbeneira. Celebran quexogan en primeira. Os sons deascendencia foránea adúbanse conprebe visual do país. Os directoresmergullarse no tépedo novo popgalego, se tal cousa existe. Nonescatiman en créditos, que prolon-gan a metraxe das pezas destexénero xa ex-menor. Asínanos osque nos últimos anos presentabanas súas curtas nos jalpóns deCans. Hai vídeos que se tomandemasiado en serio e hainos quevoan moi por riba das cancións.Hainos superficiais e hainos queprenden. Hai moitos: a colleitadeste ano superou en número á decurtas. Cinco ou seis levantan aman para pedir a palabra. Hai valo-res seguros, como AlbertoBaamon de ou os clips de El Cubo.Hai enerxía mórbida en todo o quetoca Javi Camino, aquí con TAB eSrasrsra. Hai amores posibles con-densados que rascan na gorxa:Etcheverry bótase aos lobos;Manos de Topo practica o estraña-mento sentimental. Haique velos, escoitalos eesperar a que aca-ben de pasar oscréditos.

Moisés Álvarez (xornalista)

Videoclips:a hora doscréditos

VIDEOCLIPS

LA CRUZ

INTÉRPRETE: Eladio y Los Seres

Queridos

DIRECTOR: Alberto Baam onde

AMIGOS DEL GÉNERO

HUMANO

INTÉRPRETE: Triángulo de

amor bizarro

DIRECTOR: Javi Camino

DECEMBER DESCENDT

INTÉRPRETE: Colectivo Oruga

DIRECTOR: Toño Chouza

BE REAL

INTÉRPRETE: Moon Cresta

DIRECTOR: Iván Mena

GGAAL-EGO

INTÉRPRETE: El Puto Coke

DIRECTOR: Juan Salgueiro

DOS SEMANAS

INTÉRPRETE: Misterioso Viaje a

Holanda

DIRECTOR: J. Pablo Etcheverry

LA MARCHA DE LAS HOR-

MIGAS

INTÉRPRETE: El Cubo

DIRECTORES: Andrés Monte-

ne gro e Belén Mendaña

MIS MOVIMIENTOS

INTÉRPRETE: Fon Román

COMEBOLSAS

INTÉRPRETE: Srasrsra

DIRECTOR: Javi Camino

CIENCIAS EXACTAS

INTÉRPRETE: Manos de Topo

DIRECTOR: Miguel Angel

Blanca

THE MAN WHO LIVED IN

DEATH

INTÉRPRETE: Patricia Moon

DIRECTOR: Duplo Studio

TODOS SE VAN

INTÉRPRETE: Nefta

DIRECTOR: Pachi Baranda

QUEEN BITCH

INTÉRPRETE: Silvia Superstar

DIRECTORES: M.A. Fer nández

e José Ballesta

PARPADEO

INTÉRPRETE: Faino Ti

DIRECTORA: Noelia López

VOLVER

INTÉRPRETE: Di Elas

DIRECTOR: Jorge Coira

Page 6: CanZine 2011

CANS, DICES?Los modernos yendo a la aldea, neno! Mola!Musica en los alpendres... cortos...Porque los hai que van a ver los cortos, no te pien-ses...Y andan por alli los de la tele todos, el Tosar, el delPadre Casares, y la otra que también es gallega, larubia la de las tetas sin paraiso, no sabes?...

Maria Pujalte.No la otra, la rubia, que es de Vigo....Hostiá lo tengo en la punta de la lengua...Me ha de salir, ya verás...Pero Cans, si, Cans...Está bien, yo ya fui hace dos años y lo pasé de putamadre, allí un pirao, un tal Tony Lomba...el puto amo, cantando alli a Alfredo Landa...

muchas fotos hiciéramos, con el de los Tonechos, conel bajito no sabes?..Y lo de los chimpines esta bien, tambien,hay un ambiente que te pasas.Si. Yo, a ver, pero igual voy alli a chu-parle los cubatas a la zona VIP.Hostiá, si puedes...Para Lois Pereiro

Carlos Blanco (actor)Cans, dices?

6 revista oficial do festival de Cans maio 2011

Mecanismo finoAlfonso Pato, Arela e os que traballan para os miles

DIEGO GIRÁLDEZ

Todos os que traballan na organi-

zación do Festival rematarán as súas

vidas ocupando un lugar nalgún dic-

cionario académico logo do concepto

“precisión”. Xuntos conforman o

plantel indefinido dunha factoría de

soños que saben alcanzables. Ten

que ser antinatural. Si ou que?. Non

se pode traballar a contrarreloxo e

loitando contra os elementos con-

querindo ao final tan bos resultados.

É satánico, joder. Que fagan pública a

súa pócima do traballo e bendigamos

con ela as oficinas do INEM.

Foi Mick Jagger o que dixo -non

sei en que estado- que prefería un

vicio cómodo a unha virtude fatigan-

te. Non coñezo os seus vicios pero si

sei que posúen unha virtude que fati-

ga: creatividade. Comprobeino hai

tres sábados cando subín a tirarlle

unhas fotos mentres traballaban.

Algúns estaban no Jalpón Friki,

outros na de Bugarín. O Multiusos

estaba a punto. Carlos, Pao, dúas

Marías, Andrea, Maxi, Beli, Rubén,

Serafín... Pato marca unhas directri-

ces e marcha sabe-dios-a-que. Os

días previos ao Festival, Pato, o direc-

tor, é tamén alcalde pedáneo de

Cans e concelleiro de Vías e Obras,

entre outras aptitudes.

Comezan a baixar caixas dun

chimpín. Aparece Ángeles, logo Sesi.

Voume con eles e con Beli ata o gal-

pón de Bugarín. Mentres camiño vou

lendo os slogans da propaganda

electoral que, como nunca, inunda a

parroquia: chámalle parvos... Sesi

cóntalle a Beli non sei que dunha

explosión dentro dun túnel. Ao final

chegamos. Vivos.

Alí están Keka -presidenta de

Arela- e Corinne pintando cans de

madeira. E aparecen máis caixas,

máis tablóns, transportados no chim-

pín de Serafín. Hai que baixalos. Todo

encaixa, como o mecanismo fino dun

reloxio suizo. Mentres traballan van

pechando infraestruturas do certa-

me deste ano e cóntanme anécdotas

de festivais dos anos pasados. Falan

de tribus urbanas.

A xente de producción, os encar-

gados da infraestructura musical, os

responsables do bar, prensa, admi-

nistración,... son pezas fundamentais

dunha maquinaria abofé engraxada.

A todo isto, engádeselle un comple-

mento indispensable: veciños de

Cans, voluntarios, amigos, colabora-

dores ocasionais...

A mañá remata na de Moncho.

Sesión vermú. Eles saben que lles

quedan por diante moitos días de

montaxe, de creatividade fatigante e

dun único vicio: ver, como sempre,

que o resultado foi bo, que os miles

de visitantes marchan con fantásti-

cas sensacións no padal.

Así dá gusto.

Que os quetraballan para os

miles faganpública a súa

pócima dotraballo e

bendigamos conela as oficinas do

INEM

Page 7: CanZine 2011

HAI ACTRICES QUE DEIXAN PEGADA. María Pujalte,Mariquiña para mín, é sen dúbida unha delas. Teñocomprobado como atrapa ao espectador, coas súas deli-ciosas creacións en teatro, cine ou TV, tanto en comediacomo en drama, e como lle teñen moita estima os equi-pos cos que traballa.E é que María évos moi grande: como profesional versá-til, atrevida, xenerosa… e como persoa… ¡Non vos

quero nin contar!A primeira imaxe que me ven á cabeza ao pensar nela éa de Pujalte ao volante dun Golf vermello cargado, aduras penas, cun biombo de cabaré atravesado na cabi-na. Deste xeito percorríamos autoestradas e corredoirascomo “Compañía Marías”. Porque María, ademáisdunha inmensa actriz, tamén vos é unha descomunal“trupera”.

Dende sempre quixo ser faranduleira; e, como talentonunca lle faltou e, ademáis, é moi disci-plinada (traballadoriña sempre vos foi),chegou a onde tiña merecido chegar:ao teatro, cine e TV con maiúsculas.Agora tamén vai deixar a súa pega-da en Cans. Disfrutade dela, ¡pagaa pena!

María Bouzas (actriz)Mariquiña

7revista oficial do festival de Cans maio 2011

María Pujalte, Premio Pedigree'11

‘Veño disfrutar do misterio dofestival de Cans’

María Pujalte recibirá nesta edición o Premio Pedigree. 20 anos a separan

do seu axuntamento con María Bouzas na mítica Compañía de Marías, dúas

décadas de traballo continuado que a converteron nun dos rostros máis

recoñecibles da interpretación nas últimas décadas.

MANRIQUE FERNÁNDEZ

-Despois de máis de 20 anos no cine, a televisión

e o teatro, ¿que queda da María Pujalte que

reinventou o cabaré á súa maneira na Compañía de

Marías?

-A mesma ilusión polo traballo, é dicir, a actuación.

En min queda a mesma paixón e a mesma entrega.

-Un dos personaxes que lle deu maior

popularidade foi o de Mamen na serie de televisión

"Periodistas". ¿Atreveríase a darnos un titular sobre o

festival de Cans?

-E que eu era secretaria...

-Ha, ha, ha... Certo! Como pasou da redacción

do"Crónica" ao "Kasi Ke No", o bar de "Siete vidas"?

¿Tan mal anda o xornalismo?

-Xa sabedes, cousa deste oficio. Nunca se sabe o

que vai vir.

-O seu último traballo cinematográfico foi "Que se

mueran los feos". ¿Está preparando algo novo?

- No cine, polo de agora, non. Agora mesmo estou

traballando na serie televisiva “Los Quién”.

-Agora compite consigo mesma en dúas series

de televisión que se emiten ao mesmo tempo: "Los

misterios de Laura" e "Los Quien". ¿Non resulta algo

bipolar esa competición?

-O bó desta competición é que sempre gaño eu! O

certo é que isto pasa moi poucas veces. Estou suman-

do audiencias!

-Como Laura, o seu personaxe televisivo, ¿vén

resolver o misterio do éxito do festival de Cans?

-Máis que resolver, vou disfrutar do misterio do

Festival. Téñenme falado con moito cariño do Festival,

do seu encanto... Tiña moitas ganas de estar aquí!

Page 8: CanZine 2011

8 revista oficial do festival de Cans maio 2011

SON LUCÍA CAMPO E ESTE É O MEU PRI-MEIRO ANO COMO ESTUDANTE DE XOR-NALISMO e comunicación audiovisual enMadrid. A miña familia é de Cans e colaborono festival desde hai catro anos.Os galpóns, o torreiro, os "chimpibuses"…Cans agarda impaciente a volta desa auracultural, artística e cinematográfica, que acaracterizou nos últimos anos. Chegadasestas datas son a envexa de todos os meuscompañeiros. Directores de cine, actores, xor-nalistas… integran a paisaxe dun municipiorevestido do "agroglamour" que define aoFestival de Cans, a larpeirada máis cobizadapor calquera que sinta vocación polo mundodas artes audiovisuais. Na universidade nondeixan de facerme preguntas e sempre rema-tan a "enquisa" coa mesma frase: "Quesorte!"Entristéceme non poder seguir tan de preto ofestival nesta ocasión, tanto pola perda dopouso de experiencias que isto conleva comopor ese apego especial que sinto por Cans, omeu segundo fogar.Curioso, divertido, orixinal, enxebre… son sóalgúns dos adxectivos que empregaron xor-nalistas galegos para describir o que agora étodo un acontecemento cultural que transcen-de as fronteiras da localidade.Espero que este sexa ocomezo dun gran futuropara o festival e poderseguir sendo a envexa detantos por moitos anos.Iso si, envexa sana.

Lucía Campo (estudante)

Cando todosme envexan

AMPARO RODRÍGUEZ

Como non podía ser doutro xeito un

can de pedra saúda aos visitantes nada

máis entrar en Cans, unha estatua que

inmortaliza a importancia que o Festival

de Cans ten para os veciños e para a vila

do Porriño.

Aí está, estático, espectante, lem-

brándolle a todos os que pasan que está

a pisar un terreo fértil, participativo, inque-

do e acolledor.

Non pasa desapercibido nin para os

conductores nin para os peóns, tampou-

co para os veciños que comparten o seu

día a día co can de pedra que simboliza

unha festividade, un encontro e un com-

promiso co audiovisual.

Pero para algúns veciños como

Manolo Cid Díaz, representa tamén unha

responsabilidade, a de ser o garda do

CAN con maiúsculas.

Dende hai anos, Manolo Cid e a súa

familia poñen á disposición do festival a

súa casa na Droza para convertela na

zona vip, nos camerinos dos actores e

actrices e no punto de descanso dos pro-

fesionais.

A organización instala na casa dos

Cid unha carpa baixo a que se dan conver-

sas, risas e complicidades pero tamén

Manolo aproveita para citarse cos seus

amigos e coñecidos e compartir o viño da

casa e gozar do festival.

Para Manolo Cid, encargado de cus-

todiar a estatua do can, é todo un orgullo

porque “o festival é unha promoción para

a parroquia estupenda, dálle vida, é un

progreso, unha alegría...”

Tan só o monte Castelo e os Cid

teñen a responsabilidade de gardar o can

de pedra realizado por Godoy, un compro-

miso que implica unha adicación aínda

que de poucos esforzos, confesa Manolo

entre risas “porque non da moito traballo,

non pide nin de comer nin de beber e está

caladiño, así que eu estou encantado co

Can e co festival, tamén con Alfonso Pato

por encomendarnos este traballo”.

O Cid ProtectorManuel Cid Díaz non só é o dono da

Casa Vip onde están os convidados do

certame, é tamén o garda do Can de

Pedra que recibe aos visitantes na

rotonda de entrada á parroquia

Manuel Cid, protector do can de pedra.

Page 9: CanZine 2011

9revista oficial do festival de Cans maio 2011

Page 10: CanZine 2011

LANCÉMONOS AOS GALPÓNS, PECHADE AOFICINA. Guindémonos ás cortes, abandonadeas vosas butacas.Cando nos perden creto os que se amarran ássúas cadeiras, nós bulimos por facer a arte depé contra as mallas dos corrais, acobadarnosnos palleiros sen que cheguen a coller as nosasformas e manchar as botas coa única terra quenon nos ha pedir contas.Cando nos cae a cara ollando para os que seaferran ás súas cátedras, nós devecemos porcambiar a comodidade dos cús pola liberdadedas nosas ansias, campando coma tolas polashortas de Cans, mostrándolle ás leitugas o brillodos fotogramas e ensinándolle ás berzas unhamontaxe inmortal.Cando deixamos de confiar nos que se agarrancon unllas e dentes aos seus postos, nós asal-tamos con ollos e corazóns as nosas leiras.Recuperamos os auténticos espazos onde selabrou o noso mundo, e sementamos ilusiónsonde onte sementaron millo.Os nosos froitos proxectan luces e sombras ensalas de cuxos teitos non penden lámpadas dearaña, senon patas de xamón. Non arremuíñansorrisos expectantes previos aos canapés,senon a rentes da desbrozadora. Enlámansecoma nós co fragor da vida e nos cortellos, nonaguantan impolutos coma quen nunca baixou áaldea. Pero por deus que sempre nosqueden os galpóns, que tome-mos a vida por man propia.Que rebenten as oficinas, quenos queda moita leira.Guindémonos ás cortes, aban-donade as vosas butacas.

Yolanda Castaño (poeta)

Lancémonos aosgalpóns

10 revista oficial do festival de Cans maio 2011

A.R.

“Algún mérito terei”, dí Serafín

Campos Bargiela cando lle preguntamos

por que o Festival lle outorga o Chimpín

de Prata.

A pregunta sobra porque de todos é

sabido que hai oito anos que Serafín cola-

bora co certame levando no seu chimpín

aos visitantes, premiados e participan-

tes.

Un traballo que Serafín fai sen esfor-

zo porque sabe que para a súa parroquia

o festival foi o mellor xeito de promoción,

de distración e de punto de encontro non

só cos profesonais do audiovisual se non

tamén cos propios veciños.

“Con este festival a parroquia de

Cans é máis coñecida, dalle vida”.

Cando lle preguntas por algunha

anécdota ten que facer un esforzo impor-

tante para elixir unha porque despois de

tantos anos de ir e vir co tractor xa no

pode discernir entre o festival e a súa

traxectoria personal.

Chegado o día un de maio, Serafín

Campos rescata do faiado os dous cans

amarelos para colgalos nos laterais da

súa casa.

Ao igual que él, o resto dos veciños,

polo que é xa unha estampa usual ver os

fogares de Cans engalanados co can

amarelo.

Pero tamén un mes antes hai que

preparar o tractor, levalo ao taller e

comezar a visitar aos veciños para pedir-

lle flores. Chegado o festival, cada día hai

que renovar o atrezzo do tractor con flo-

res frescas.

“Isto non é cousa da muller, é cousa

miña. Falo vos veciños, pídolles flores e

preparo o tractor”.

Serafín Campos ten 74 anos e vive

no barrio da Graña aínda que é natural

do barrio de Cabo do Eido. Naceu e vivíu

sempre en Cans e nunca se lle pasara

pola cabeza que na súa parroquia habe-

ría un festival que faría do audiovisual

unha festa.

“¿A quen se lle ía pasar pola cabeza

que en Cans habería unha cousa así?

Tan só a Alfonso Pato que se rompe o

peito traballando para isto”

Ao igual que Serafín o resto dos veci-

ños saben recoñecer o esforzo que fai

Alfonso Pato e a asociación Arela para

que o Festival de Cans sexa, ano tras

ano, un referente do audiovisual, do tra-

ballo en equipo e da implicación veciñal.

Se cadra, é isto último o que máis

admiración esperta. ¿Estarán feitos

dunha madeira especial os veciños de

Cans? Parabéns Serafín!!

Serafín Campos, Chimpín de prata

“Algún méritoterei...”

Serafín Campos ten74 anos e vive no

barrio da Graña aíndaque é natural do

barrio de Cabo doEido. Naceu e vivíusempre en Cans e

nunca se lle pasarapola cabeza que na

súa parroquia haberíaun festival que faríado audiovisual unha

festa.

Page 11: CanZine 2011

Roberto Vilar asaltou a TVG vestido de Tonecho. Dende entón non

deixou o tubo catódico e agora presenta con enorme éxito o seu

propio programa. Que o seu é o humor é evidente: non hai máis que

velo levando Land Rober e rindo a cachón, un “gag” si e outro tamén,

improvisando saídas inxeniosas e contaxiando sorrisos ao público do

plató e ao que o mira do outro lado da pantalla... “O grande valor de

Land Rober e a xente que o ve, tanto na súa casa coma os

3.220 santos que agardan lista de espera para velo en

directo no plató. Non podo imaxinar maior fortuna…”

Roberto Vilar, “Chimpín de Prata”

‘Cans é unha marabillosabrincadeira da normalidade’

ESTEVO FORTES

-Xa eres Chimpín de Prata do Festival de

Cans. Costouche moitas horas de torreiro

chegar ata aquí?

-Se por torreiros fose non cheghaba

toda a prata do Porriño, que mira que hai,

para faser chimpíns... Se de algo pode presu-

mir Cans e da xente que alí se xunta. Eu son

un menos, que non un máis. Iso sí, sempre

que poda promocionarei esa marabillosa

brincadeira da normalidade que é o Festival

de Cans.

-Cal é o recordo que tes da primeira vez

que pisaches esta parroquia?

-Moitas palabras me veñen a cabeza

chamadas polas primeiras

imaxes que teño de

Cans: aldea, festa,

cine, creación,

ghalpón, xente,

máis xente, pato,

asterix, francia,

camisetas, máis

camisetas, carrete-

ra, costa arriba,

costa abaixo,

proximidade, tosar,

máis pato, cor amarela… E sobre todo: CHIM-

PÍN!!!

-Cóntanos algunha anécdota que che

acontecera durante o teu paso por este

certame?

-Todo o que rodea ao desfile de chimpíns

é tremendo, non coñezo mellor maneira de

achegarse á xente e, sobre todo, de ache-

garse a un mesmo. Grasias mestres do

ralentín!!!

-Os catro días do festival os veciños

codéanse coas caras máis coñecidas do

audiovisual galego. É certo que cando eres

famoso perdes a conexión coa realidade?

-O que non se emocione, pero

emocione de verdade, de

corasón, cando

alguén o recoñeza e o

pare na rúa, é un

completo igno-

rante. As emo-

cións non se

deben disimular,

grave erro, e en

Cans podo ver clara-

mente as emocións desas

“caras coñecidas”…

Gústame.

-Land Rober está a ser un

éxito imparable. O formato é moi

novidoso dentro do que se viña

facendo na Galega. Albiscabas,

cando o puñéchedes en marcha,

a boa reper cusión que está a ter de

crítica e esta acollida social?

-A marabilla e que ti fagas un pro-

grama de televisión, e que a xente na

súa casa, tendo un mando con 50

canais e 50 posibilidades, decida

ver a túa proposta… Sen palabras

me quedo! O grande valor de Land

Rober é a xente que o ve, tanto na

súa casa coma os 3.220 santos que

agardan lista de espera para velo en direc-

to no plató. Non podo imaxinar maior fortu-

na… Grazas, e a traballar, non hai outra!

-Estaste a facer famoso fóra de Galicia!

Ao final farás un cameo en Torrente 5…

-Ha ha ha! Non estaría mal. O outro día

din que entrou Vicente Aranda nun restau-

rante, viu a Santiago Segura, dixo:

“Torrente”, e marchou… que lástima!!!!!

-En que momento cres ti que está o

audiovisual galego?

-Esta maldita crise veu a cortar unha

magnifica progresión da nosa industria e da

nosa creación. De todas maneiras Galicia

está chamada a ser a grande potencia do

audiovisual en España, co talento que hai

aquí, non pode ser de outra maneira. Estou

convencido.

Todo o que rodea aodesfile de chimpíns

é tremendo, noncoñezo mellor

maneira deachegarse á xente.

Grasias, mestres doralentín!!!

11revista oficial do festival de Cans maio 2011

Page 12: CanZine 2011

12 revista oficial do festival de Cans maio 2011

retranca e tenruraPOR GUSTAVO BALZA (DIRECTOR DE CINE)

Page 13: CanZine 2011

13revista oficial do festival de Cans maio 2011

Para ninguén é un segredo

a enorme relevancia que

ten Roberto Vidal Bolaño

na construción e consolidación do

teatro galego contemporáneo.

Cunha obra prolífica e fondamen-

te comprometida con Galicia e a

súa lingua, é un autor de culto

que aínda non fora adaptado ao

cine... ata que un venezolano afin-

cado na terra e cun mono consi-

derable por rodar, decidiuse a

facelo. Esta é a orixe de “Doentes”,

a película: a necesidade vital de

dirixir actores, de pór en escea

unha boa historia... En definitiva:

de facer cine.

“Doentes”, a obra de teatro,

tíñao todo para ser levada á gran

pantalla: dous protagonistas cara-

lludos, unha trama áxil e con

transfondo, bos diálogos e un

gran final. Ademais, todo aconte-

cía nunha soa noite en Santiago

de Compostela! Lembro que ao

remate da primeira lectura tiven a

sensación de topar un tesouro e a

certeza de que faría unha película.

Propúxenlle a idea a Antón

Reixa e deixeille a obra. Aos pou-

cos días chamoume para dicirme:

“Isto temos que facelo”.

Suxeriume a Roberto G. Méndez

para que traballásemos no guión

e fue un gran acerto. Robert, que

é como eu lle chamo, foi capaz de

interiorizar a voz e mailo espírito

que Vidal Bolaño creara para a

súa obra de teatro e escribiu un

guión que nos cautivou a todos

por igual. De feito, o proxecto

ergueuse relativamente rápido e

en pouco máis dun ano xa estaba-

mos en preproducción...

Película de época con casi

unha trintena de actores e actri-

ces. Máis de 40 decorados dife-

rentes entre Santiago, Ferrol,

Ares e Pontedeume. o 90% da

acción acontece de noche e sen

un só exterior día sen iluminación.

Una cámara que nunca ata

daquela se usara para facer unha

longametraxe... e só catro sema-

nas para rodar! Carallo, xa hai que

estar doente para intentalo...

Pero se tienes grandes intér-

pretes, un bo equipo técnico, o

apoio de produción e a certeza de

que a historia que contas ten

alma, o camiño xa está medio

feito: só resta traballar duro e per-

severar. Home, unha pouca de

sorte tamén che fai falla... e tivé-

mola. Un feito clave foi poder estu-

dar o guión e ensaiar con todos os

actores. Gustaríame nomealos a

todos un por un, pero son moitos

e non teño espazo, así que a miña

gratitude para o bo facer de

tod@s el@s. “Pico” e “Morris”

(Valeriano e Cañete) teñen un

lugar destacado por seren os

dous protagonistas absolutos.

Chea de retranca e tenrura,

“Doentes” es una traxicomedia

que nos deixa un regusto amargo

na boca pero coa sensación de

ternos divertido. Xa teño o “mono”

outra vez, xa estou doente.

DIRECTOR Gustavo BalzaGUIÓN Roberto G. Méndez, Gustavo Balza (sobre un texto de Roberto Vidal Bolaño)REPARTO Xosé Antonio Durán “Morris”, Xosé Manuel Olveira “Pico”, Rosa Álvarez, Evaristo

Calvo, Laura Ponte, Farruco Castromán, Ernesto Chao, María Vázquez, Xan CejudoMÚSICA Bieito RomeroFOTOGRAFÍA Suso BelloXÉNERO DramaPRODUTORA Filmanova Invest / ZircozineGALARDÓNS Nomeada á “Biznaga de Ouro” no Festival de MálagaSINOPSE Valeriano e Cañete son dúas personaxes marcadas na Compostela dos anos 50. O

desmantelamiento do Hospital Real para transformalo nun hotel de luxo, enche as rúasde enfermos, peregrinos, pobres e doentes. Unha noite calquera convértese nunhacarreira pola supervivencia de dous estranos unidos pola dor e que, por non podercambiar o mundo, loitan, polo menos, por poder velo ao outro día.

ficha técnica

Gustavo Balza e Suso Bello durante a rodaxe.

Page 14: CanZine 2011

PÍDENME QUE DESCRIBA O QUE É VIVIR o Festivalde Cans… non podo. Non se pode explicar con pala-bras o que sintes, o que transmite, o que dá Cans (digoCans referíndome sobre todo as persoas)… PorqueCans non é só un lugar e uns veciños, Cans é un esta-do de ánimo: unha mestura de ledicia, bo rollo, balbor-do, festa, amigos, música, cine, xente, xoldra, … e moibo rollo. En Cans estás cómodo, estás coma na casa,coma nas festas do teu pobo… Cans é unha romeríaaudiovisual e sonora. Eu podo contarvos cousas que eu vin en Cans, ou quemirei, porque en Cans mírase, cousas que non xuroque pasasen, nin que fosen reais, cousas que benpoderían estar sacadas dun conto de Cunqueiro, por-

que teñen máis que ver co realismo máxico que coapropia realidade… pero eu vinas e mireinas, en Cans:Vin e mirei un home que se viste de muller no Luararranxando unha billa de cervexa para dar de beberaos "veraneantes" e aos ilustrados…Mirei e vin unha caravanas de chimpíns facendo unhatractorada, e derriba deles unha chea de narcotrafican-tes, piratas, curas, presidiarios e cantantes, moitoscantantes…Vin e mirei mil músicos tocando nun galiñeiro…Mirei e vin agroglamour…Vin e mirei estrelas do cine en alpendres e pendellos,sentadas en tablóns…Mirei e vin alfombras vermellas sobre camiños de

pedra…Vin e mirei a un actor famoso axeonllarse e meter asmans na masa, igual que un albanel…Mirei e vin un Dj pinchando para 2000 persoas subidono remolque dun "Pascualín"…Vin e mirei roupa branca tendida para que o xuradoteña claro o veredicto…Vin cousas que nunca tiña visto eque non volverei ver… pero omellor é que volverei a Cans, emirarei… Grazas á xente de Cans pordeixarnos estar, ver emirar!

X.A. Touriñán (actor)Cans: ver e mirar

A.R.

Quenta o sol e estamos na terraza do bar Fortes en

Cans, a rolda de prensa da VIII edición do Festival de

Cans xa rematou e aproveitamos para conversar con

algúns dos presentes.

Ao noso carón o actor Luis Zahera e Divina Campos.

Facémoslle un par de fotos xuntos e sentamos para ten-

tar sacar unha entrevista. Cousa inútil e, menos mal, que

non o intentamos porque a conversa entre estes dous

membros do xurado comeza a ser xugosa e unha entre-

vista tería sido todo un erro.

Para anima-la conversa comezan a chegar as tapas

de tortilla quentiña e a empanada acompañadas dun par

de Estrellas Galicia. Luis non dubida en destacar o boa

que está a empanada mentras Divina prefire agardar a

chegar á casa e toma-lo peixe que xa deixara preparado

“esta comida esta moi boa pero non hai como a comida

feito por unha”.

Moi boa vista

Por primeira vez Luis Zahera esquécese das cáma-

ras para formar parte do xurado, algo que Divina xa

domina porque é a segunda vez que o fai. Zahera lembra

que o ano pasado coincidiron no veredicto o xurado ofi-

cial e o xurado formado polo público.

“Tivemos moi boa vista” asegura Divina, “moi boa

vista, efectivamente, a vista do público que é a vista

importante, nos vivimos do público “, matiza Zahera.

Punto por punto

- “Eu valoro a película en conxunto, sempre me gusta

que teña unha base da que poida aprender”

- “Claro, que che digan algo”

- “As que non me din nada non me gustan”.

Así explica Divina a Luis o seu xeito de valorar as cur-

tametraxes pero a lista de consellos continúa ao igual

que continúan a chegar as tapas recén cociñadas.

“Se contas a verdade e o fas con gracia tes o camiño

andado”, dille Divina.

Luis toma boa nota disto e, por suposto do que

segue:

-Como veño vestido? ¿de traxe?

-“Sí, de traxe, así estarás moi bonito”

-Ah! tampouco esquezas que non debes falar cos fina-

listas, ten que ir todo secreto porque se non pensarán

que estas comprado”

-Divina, !que boa esta a empanada!

-Sí, ten boa pinta pero atende. Primeiro ve-los cortos

todos e a cada un daslle un valor, sen falar cos do lado e

ao rematar tes que dicir o que máis che gustou.

O sol xa non quenta, apreta e Divina mais Luis seguen

co seu decálogo de bo xurado.

-E que pasa en caso de empate? pregúntolle a Divina

-“Ah! o xurado oficial que o discuta”

Así de tranquila resposta Divina deixando a responsa-

bilidade no xurado oficial.

Aparece en escena Anxo Quintanilla, presidente do

Consorcio Audiovisual de Galicia que recomenda a Luis

seguir as recomendacións de veterana veciña.

Apuran a conversa porque Luis e Anxo marchan para

Santiago pero antes Divina acláralle a Luis, “non traias

nada xa che dan eles boli pero non custa nada traer cada

un o seu claro”.

Entre risos despídense e nos apagamos a gravadora

para recrearnos no espectáculo de Cans, no escenario

natural e veciñal que se traslada ata esta terraza do bar

Fortes. Un pracer traballar así, rodeados de profesionais,

de voluntarios, de veciños, de aprendices e de veteranos

que queren aportar a Cans o seu gran de area pero

tamén levarse de recordo terse empapado de arte.

14 revista oficial do festival de Cans maio 2011

Consellos dunha veteranaa un principianteEntre tapa e tapa,

Divina, membro doxurado, ofrece un

par de consellos aoactor Luis Zahera

-Como veñovestido? De traxe?,pregunta Zahera.

-“Sí, de traxe, asíestarás moi

bonito”, recomendaDivina.

Page 15: CanZine 2011

UNHA EVIDENCIA DE QUE O CINEMA foi a arte doséculo XX e polo de agora aínda lle reina á xente é acapacidade de fabricar "estrelas", homes e mulleresque resplandecen na pantalla cun brillo que nontemos a xente común. A pantalla fai desas persoasfantasmas escintilantes, xente sen a encarnaduraque temos os mortais mais cunha aura de eternida-de. A imaxe cinematográfica ten moito de maxia, debe

de ser cousa perigosa pois esperta un fascinio peri-goso na xente e por iso a xente procura achegarseaos astros diversos que crean as pantallas. A xenteachégase por ver de levar algo da súa aura, do seuresplandor, e non dubido que eses pequenos furtosde enerxía debilitan a esas estrelas do cinema e a tv. En Cans, cousas do Pato, as cousas son un chiscodiferentes. Esas figuras da pantalla andan soltaspolas corredoiras e semella que os cheiros do campo

e a natureza do val os alimenta, véselles alí subidosnos rústicos chimpíns, como moi contentos e lucidos,ben mantidos e bebidos. Cans é un lugar paradóxico,onde se encontra a xente e as fan-tasmas da pantalla e ninguén saemalparado, mesmo se divirtentodos. O glamour é pouco mais a diver-sión é abonda.

Suso de Toro (escritor)De cans, patos, e outros animaliños 15revista oficial do festival de Cans maio 2011

A.R.

Amanece en Cans, unha

brétema misteriosa baila arre-

dor das casas. De súpeto, apa-

rece un chimpín cargado cunha

porta. É a banda Sinestesia.

Baixan e colócana no medio das

leiras.

Os veciños, atrapados pola

curiosidade, achéganse. Os

máis atrevidos tentan abri-la

porta pero un máxico poder

impide cruzala. A banda

Sinestesia posúe as chaves e

estranos poderes que fan des-

aparecer a xente...

Sara, Eloy, Laura,Alba,

Rubén, Antía e Pablo son os cul-

pables. Eles son o equipo res-

ponsable de “Las Mentiras”, un

dos videoclips que este ano

inaugura o Can Campus, un

punto de encontro coa

Facultade de Ciencias sociais e

da Comunicación de

Pontevedra para fomentar o

xénero dos videoclips.

Ademais de contribuir á for-

mación do alumnado, o Can

Campus pretende promover

novos grupos de música.

Coordinado por Oswaldo García

e Alfonso Pato, o Can Campus

arrancou no mes de decembro

e nel implicáronse máis de cin-

cuenta persoas entre estudan-

tes, veciños e músicos.

Os realizadores Juan Lesta

e Belén Montero foron os

encargados de titorizar o pro-

xecto que deu de sí, un videoclip

e un making off de todo o proce-

so creativo.

Coma de costume, todo o

barrio participou nesta nova ini-

ciativa, mesmo o párroco Victor

Bargiela cedu o campanario da

igrexa para unha parte da roda-

xe e sae na escena final do vide-

oclip.

O xoves 19 de maio no bar

Tubulart de Porriño, o equipo

técnico porase “de tiros largos”

para a estrea de “Las

Mentiras”. Un videoclip que pre-

tende, sempre en ton de humor,

desenmascarar a inutilidade

das mentiras, da hipocresía e

dun mundo rápido que vive afas-

tado dos pormenores.

Las Mentiras recolle a sabi-

duría popular e amosa a unión

como forza contra a adversida-

de.

En palabras da productora

do videoclip, Laura Pedreira,

fronte a seriedade e austerida-

de de Sinestesia érguese o

pobo de Cans co seu corido

capaz de vencer calquera

imprevisto.

Armados con cámaras P2 e

moita ilusión, os alumnos da

facultade de Ciencias Sociais

conseguiron facer dunha leira e

unha porta todo un espectáculo

no que os actores-veciños tive-

ron que bailar, camuflarse coa

vexetación e argallar todo tipo

de artimañas para cruzar unha

porta que agocha un mundo

duro e cruel pero tamén ensina

o xeito de salvar tódolos obstá-

culos: A unión fai a forza. Parte do story board da rodaxe.

Can Campus:reinventando

o videoclip

Page 16: CanZine 2011

16 revista oficial do festival de Cans maio 2011

A vida corre coma un can(a comida 19)

POR JORGE COIRA (DIRECTOR DE CINE) Avida corre coma un can.

Parece que foi onte, pero

hai xa dous anos que,

nestas datas, viña eu de rematar

a rodaxe da película 18 comidas

e, como acordara con Pato -alma

mater e centro espiritual desta

bendita festa-, preparei unha peza

duns poucos minutos a modo de

tráiler. Naquela peza que se exhi-

biu, se non lembro mal, no baixo

de Moncho, resumíase o material

que eu esperaba que se converte-

se, en poucos meses, nunha pelí-

cula feita e dereita.

Pero en 18 comidas sempre

se xogou ao inesperado. Cando

me puxen realmente a montar o

material todo, a propia película

mostroume o seu camiño. E nese

camiño moitos momentos mara-

billosos da rodaxe quedaban fóra

da metraxe final. Tamén é certo

que rodando 90 horas de brutos,

como nós fixemos, era fácil que

tal cousa sucedese. O caso é que

quedaron fóra moitas das imaxes

que eu presentara aquí en Cans:

conversas vehementes, abrazos,

miradas, bicos…

A montaxe da película -oito

meses de traballo ás veces duro,

ás veces divertido, ás veces des-

esperante- pareceuse máis ao

labor dun escultor ou dun alqui-

mista ca ao traballo habitual do

montador dun filme, porque tras

poñer en pé a estructura inicial,

vimos que a criatura duraba nada

máis e nada menos que cinco

horas e media. Así que a partir de

aí o proceso converteuse nunha

poda suave e coidadosa, algo así

como o traballo do escultor que

vai pouco a pouco picando na

pedra e buscando a obra que

está agochada entre a enorme

masa mineral; ou o daquel que vai

destilando o perfume ata chegar

á esencia mínima do que busca.

Foron uns meses de loitas e

de buscas, de encontros e de per-

das; a montaxe máis longa da

miña vida e, probablemente, a

que máis recorde durante o que

me quede de vida.

En definitiva, aquel tráiler pri-

mitivo non reflectiu con tino o que

finalmente foi a película. Pero,

como un can que corre tras un

pao lanzado ao aire e logo volve

xunto ao seu amo, o calendario

volve levarnos a un novo mes de

maio. E con el lévanos ao festival

que, desta volta, me ofrece a

oportunidade de amosar o resul-

tado final, esa montaxe definitiva

da película 18 comidas.

E non só iso, senón que, para

acabar de pechar o círculo arran-

cado por aquelas imaxes que só

se viron en Cans e que nunca che-

garon ás pantallas de cine, Pato

propúxome agora amosar o que

demos en chamar A Comida 19,

unha escolma dese material

inédito. E nestes días ando niso,

preparando de novo unha peciña

duns poucos minutos coa que

poder devolver a este festival

unha pequena parte do moito que

me deu a min nos últimos anos;

porque este festival ten o bo cos-

tume de coidar con mimo da súa

manada e regalarnos uns días de

festa, cine e sentidiño universal a

todos os que, coma min, nos sen-

timos auténticos fillos de Cans.

Page 17: CanZine 2011

17revista oficial do festival de Cans maio 2011

A vida corre coma un can(a comida 19)

POR JORGE COIRA (DIRECTOR DE CINE)

“Este festival ten o bocostume de coidar con mimoda súa manada e regalarnos

uns días de festa, cine esentidiño universal a todos osque, coma min, nos sentimos

auténticos fillos de Cans”

Page 18: CanZine 2011

se cans fose...unha peli, unha obra de arte, unha canción e un libro?

“Fai un sol de carallo”Eladio Santos, cantante

“Un tema xenial e cachondo que foi capaz de unir vellos e novos , modernos e tra-

dicionais ,o agro e o glamour,o folck e o pop , o dixital e o analoxico, un monton de cou-

sas que creiamos antagónicas.Eso é o que consegue cada ano Cans ...derrubar un

monton de prexuicios e fronteiras pasandolo de puta madre! "

Moitos libros...Quique Alvarellos, editor, xornalista e escritor

“Nas oito liñas que se me piden colle máis dun. Colle, por exemplo, o humor-

contra-todo do húngaro Frigyes Karinthy na súa Viaje en torno de mi cráneo;

tamén o manifesto da arte máis subversiva do artista portugués Leonel Moura

na novela 30 gramos; colle a Teoría de Lola de Francisco Umbral onde afirma

que o relato breve, máis preto como está da poesía que da novela, é o cumio da

creación. Colle a definición de Resistencia que Lois Pereiro elabora no seu primei-

ro libro Poemas 1981-1991: "O galego Recoñécese na terra, na lenta vitalidade

da arbre, na invencible resignación da herba", e colle, por fin, o dereito de todos

a soñar por riba das vellas sombras, o dereito que deixou escrito Cunqueiro na

derradeira Herba aquí ou acolá. ”.

18 revista oficial do festival de Cans maio 2011

Non debería gustarme o festival de Cans. Dio a lóxi-

ca, a razón... a natureza. E quitade esa cara, que se vós

tamén fósedes un gato habíades pensar o mesmo.

Empezando xa polo nome: Cans. Mira que non hai aldeas

en Galicia onde montar un festival. Se fose unha festa

gastronómica igual estaba máis petada a cousa, pero

sendo de cine, sitios sobran. Como Morgadáns, que sona

parecido e está aí ó lado, a unha carreiriña de can...

merda! Vedes? De tanto repetir a palabra estoume con-

denando en vida. Sorte que me quedan outras seis.

Aínda que para min que en todas hei volver. Gústanme

as curtas máis ca un nobelo de lá. E soño con que un día

unha das protas me deixe subir ó colo e me rañe na calu-

ga toda a proxección. Ou mellor: que me poñan nunha

camiseta! Ai, canto lle quero a este festival... aínda que a

escultura da rotonda é unha provocación para a miña

raza. Por suposto xa me desquitei

botándolle unha mexada. Pedíamo

a lóxica, a razón... a natureza.

Que o festival será de Cans,

pero a marca de gato aí

queda. E déixovos que xa se

oen os chimpíns: isto

empeza!

Araceli Gonda (xornalista e guionista)Un festival contra natura

“Aldea terremota”Ana González Chouciño, crítica de arte

“Con 400 habitantes, Cans é unha pequena aldea como tantas outras que

quedan en Galicia, eses paraísos aos que desexabamos chegar cando eramos

nenos, que nos facían esquecer a televisión,e onde as estradas se convertían en

corredoiras nas que non había que mirar antes de cruzar. Pero estes oasis que

nos axudaron a medrar e que todavía nos dan aire cando a cidade asfixia non

están illados do mundo: chegaron os coches, os postes da luz, o ladrillo, e tamén

o cine... Se nos esquecemos da idea romántica da paisaxe, é unha evolución inte-

resante. Cans énchese de xente nova durante uns días, as misas coordínanse

coas proxeccións, e os galpóns convértense en salas de cine. Pablo Gallego e

Xurxo Souto reflectiron este novo concepto de vila na Aldea terremota, fotogra-

fías e texto que nos falan desta nova aldea, de casas que medran conforme ás

necesidades dos seus habitantes, de galpóns de ladrillos e fachadas sen recebar,

síntoma quizáis da falla de lexislación, pero tamén da imaxinación das nosas xen-

tes que permiten combinacions imposibles, nas que as galiñas se cruzan coas

estrelas de cine”.

“O Mago de Oz”Carlos Ares, guionista

“Primeiro plano, abrimos sobre moitas caras de xente feliz, que o está pasan-

do moi ben. Comeza o festival de Cans. Asistimos a unha mistura de moitos

xéneros, películas do Oeste (falla unha cousa, todos en Cans son bos, non hai

malos) misterio, suspense (porque nunca sabes o que vai pasar) e comedia,

moita comedia. De ter que decidirme por unha película diría o Mago de Oz. Estás

no mundo normal e por un tornado (ou similar) veste atrapado nun mundo onde

todo é posible e vives momentos máis que memorables, boas películas, boa músi-

ca, boa conversación. Ultimo plano, a noite remata, case é de día. Pechamos

cunha morea de xente feliz, que o está pasando moi ben. Cartel de "Non hai The

End. O ano que vén, máis e mellor"

Page 19: CanZine 2011

19revista oficial do festival de Cans maio 2011

O MELLOR QUE TEN O CINEMA é a xente que o disfru-ta. O peor son as estupideces que arrodean esta indus-tria inflaccionada dun superávit inmenso de pantasmaspor cada minuto filmado: o puñeteiro "glamour" dos fo -cos, as "premieres", os "Photo Calls" e toda canta bazo-fia ateiga os contidos da información rosa. Cómpre vaci-narse contra esa infamia mediocre, pero mellor non face-lo con solemnidade, senón con ironía e festa de verdade.Pero sobre todo que non falte a creatividade e a humilda-de orgullosa de contármonos historias a nós mesmos. Non hai mellor experiencia de contraste que acudir a

Cans despois de pasar algúns días no Festival deCannes en Francia. Os smokings absurdos e limusinasque enchen ese horror urbanístico da Costa Azul a partirdas seis da tarde, substitúense aquí por camisetas(alguén coñece algunha máis intelixente ca histórica "YesWe Cans"?), cervexa en vasos de plástico e os "chim-píns" soberbiamente agopecuarios.A felicidade que revelan os rostros dos asistentes a Cansmentres pasean pola estrada liberada e tomada á sordi-dez do tráfico e entraen e saen dos "jalpóns" enchidosde imaxinación cinematográfica debería estar incluída no

estado de benestar como dose irrenunciable de terapiacolectiva. Que non nos falte nunca Cans. Digóvolo euque nunca gañarei un premio máis importante, vaiacomo vaia a miña traxectoria profesional, có "Pedigrí".Como nos festivais máis asentados dopanorama internacional os especta-dores e asistentes son os que vali-dan este tipo de citas, porque omellor que ten o cinema é a xenteque o disfruta. E en Cans haiben dela. E feliz e divertida.

Antón Reixa (productor)Boas razóns para vir todos os anos ao Festival de Cans

XURXO GONZÁLEZ

-En Familia, a súa primeira película, fala da

representación que é propia da natureza do cine. Que

mediación exerce o cinema entre a realidade e a ficción?

-Discutir as fronteiras entre realidade e ficción é unha

das tarefas máis agradables para un escritor pois, en última

instancia, non é máis ca reflexionar sobre o seu oficio. Tal

mediación pode ter moitas funcións, e a min interésame a

de interpretación desa realidade. Chejov dicía que o autor

non debería contar as cousas como son, senón como el as

ve. A ficción axúdanos a organizar a realidade, a estruturala

en actos, a darlle un sentido... Para os que cremos nela,

cumpre a mesma función que a fe para os crentes: a de

explicar a vida.

-Ao longo da súa filmografía combina historias propias,

de forte contido social, con documentais militantes. Cal é o

compromiso moral e ideolóxico que o move a poñerse tras

da cámara?

-Estou interesado en explorar a natureza humana, o ser

humano e a súa interacción cos outros: somos un material

marabilloso para contadores de historias, e tento poñer iso

por riba de calquera forma de militancia. Un dos problemas

do cine militante é que acaba falando só para o convencido,

e falar con persoas que pensan coma ti é máis aburrido que

facelo cos que discordan. Coido que o cine está para cues-

tionar, non para expoñer; que a emoción debe preceder ao

discurso.

-No cine, o traballo acostuma a presentarse a través de

historias de corte decimonónico e burgués, ou da teoriza-

ción militante. Como contempla a problemática laboral nas

súas películas? Asina o que Godard dixo de que “o operador

non se quere ver no cine traballando”?

-O bo sobre traballar coa realidade é que podes partir

dela sen adscribirte a ningunha escola e dar a túa visión. O

meu filme que trata máis directamente da importancia do

traballo é Os luns ao sol, e tentei facelo dende a cuestión da

identidade. Os da miña xeración e os nosos maiores teñen

crecido nun ambiente de traballo que nos define. Diso fala

Os luns ao sol, das diferentes incidencias do desemprego na

nosa identidade. A película intenta explorar os límites

morais, ata onde estariamos dispostos a chegar por man-

ter un salario, un traballo, por pequeno que sexa. Neste sen-

tido está máis preto do que os irmáns Dardenne fixeron en

Roseta, aínda que sexan películas moi distintas. Quizais

Godard tiña razón, pero eran outros tempos: a conversión

da empresa que produce en sociedade de servizos, a des-

trución de emprego, a desintegración da clase obreira como

tal, están facendo que en breve, o operador teña que ir ao

cine se se quere ver traballar.

-O cinema, ademais de arte, é industria. Que opina da

xerarquía gremial que profesa e da subordinación ao capital

para facerlle fronte a proxectos de envergadura?

-Os que facemos películas vemos con preocupación a

desvalorización do cine. Consúmese nos centros comer-

ciais, regálano con xornais... Vas con cinco euros a un quios-

co e volves con tres películas extraordinarias. A xerarquía

gremial é relativa, non tan importante como pode parecer

dende fóra. Os custos son moi altos e impoñen moitas res-

tricións sobre o director. É unh traballo creativo feito baixo

presión, e iso fai que sexa difícil... pero tamén moi estimulan-

te. Coido que, a súa natureza artística e industrial, e tamén

o feito de que é unha obra de creación colectiva, é o que fai

da película un traballo moi especial. Obrígache a ter dúas

capacidades, case dúas almas: unha para inventar, crear, e

outra cáseque oposta, máis como un xestor capaz de dirixir

un equipo de 70 ou 100 persoas. Normalmente tes só unha

das dúas e a outra tela que inventar. Así foi no meu caso.

-Os luns ao sol foi o seu filme “galego”. Que atopou en

Vigo para decidirse a filmar alí? Volvería rodar en Galicia?

-O proxecto naceu en Vigo a partir de algo que pasou alí:

un grupo de traballadores dos estaleiros detiveron o trans-

bordador no medio da ría para facer valer as súas reclama-

cións. Despois fixemos un longo proceso de documentación

en Xixón arredor do despedimento de 80 traballadores dun

estaleiros e a resistencia dos seus compañeiros, pero a his-

toria levábanos sempre de volta a Vigo. Precisabamos do

seu contorno, do perfil industrial da cidade, do tempo gris e

a choiva (aínda que eu creo que foi o inverno máis soleado

na historia de Galicia), e tamén da ría e do seu transborda-

dor. Pero atopamos moito máis que iso: unha cidade inspira-

dora, moi cinematográfica, o mellor recibimento posible das

súas xentes e o pouso necesario na súa historia recente

para comprender o que estabamos contando. Nunca unha

rodaxe foi tan benvida. A experiencia tamén nos deu gran-

des amigos: Luis Tosar, Celso Bugallo, Morris... E outros que

xa o eran, como Ricardo Llovo, a quen debo moito da miña

proximidade con esta terra. Compartín con eles marabillo-

sas experiencias profesionais e persoais. Por iso, a Galicia

volvería sempre, a rodar ou ao que fose. Este lugar conser-

va a lembranza da mellor rodaxe que nunca riven.

Por estas terras é lembrado como director da película Os luns ao sol, (cinco “Goyas” e unha “Concha de ouro”), pero

Fernando León de Aranoa é moito máis: Familia, Princesas, Barrio, Camiñantes... En Cans presenta tres pezas reunidas

para a ocasión baixo o título Afectos secundarios e vai participar nun dos nosos “coloquios na leira”, o venres á tardiña,

no Baixo de Bugarín. Pero antes quixemos falar con el.

Fernando León de Aranoa, director

‘A Galicia volvería sempre,a rodar ou ao que fose’

Coido que o cine está paracuestionar, non para

expoñer; que a emocióndebe preceder ao discurso.

Page 20: CanZine 2011

20 revista oficial do festival de Cans maio 2011

Cans a través dos ollos de...

Cando lle pedimos ao recoñecido fotógrafo Xurxo Lobato unha imaxe do festival de

Cans que considerase representativa, acudiu ao seu arquivo e enviounos esta, na que

podemos ver a un dos veciños máis coñecidos da parroquia, Moncho Fortes, xunto a dúas

das súas “mascotas”. O seu baixo é o lugar no que arranca o certame o “Día dos veciños”,

polo que se converteu nun das salas máis emblemáticas do festival.

X u r x o L o b a t o (fotógrafo)

Page 21: CanZine 2011

21revista oficial do festival de Cans maio 2011

D.G.

“David, escríbolle, pásote cinco pregun-

tas para desenvolver un repor sobre o teu

traballo en Cans”. Envíollas. Aos dez minutos

xa están de volta e cumpridamente contes-

tadas. Joder, é un tipo efectivo. Afórrame o

traballo de gravar, de redactar, aplícome ao

vicio-moda do copypaste. E iso que Rubín

anda en movemento (o seu ritmo frenético

é comprobable grazas aos seus estados de

facebook), anda a presentar pola península

o seu último traballo “O Heróe”, colleitando

críticas moi amables. Si.

O debuxante David Rubín, un dos mello-

res do panorama actual a nivel interplaneta-

rio -dígovolo eu- aterra en Cans cun mani-

festo bizarro para encher unha sección do

programa: “Miradas de Cans”. Eu non me

mato, mirade:

Primeira: “Que é Can Car Oddisey?”. - “É

unha curtametraxe que o mesmo tempo é

un manifesto de intencións con respecto o

audiovisual galego, é unha patada no cú dos

que gobernan, fan e desfán no audiovisual, é

un canto de esperanza polas novas xera-

cións de cineastas galegos, polas creacións

humildes en medios pero cheas de forza e

creatividade, é unha homenaxe a festivais

coma Cans, ó seu espíritu aberto, anarqui-

co, caótico, festivo e enriquecedor. É un

poema sucio, un experimento audiovisual

feito sen un só peso de diñeiro público, un

arrebato liberador, é coma botar un polvo

no baño dun pub; rápido, divertido, directo e

nervoso”.

Segunda: “E nace...?”. “Por encargo do

propio festival de Cans, a través de Pato,

para unha sección que se chama "Miradas

de Cans" acudín o ano pasado, era a segun-

da vez que ía a Cans, empapeime do espíri-

tu do festival e de todo iso saíu esta peciña

audiovisual, xa que penso que o ser Cans un

festival de curtametraxes, o mellor modo de

homenaxealo coa miña "Mirada de Cans"

era facelo mediante unha curtametraxe”.

Terceira: “Cans inspira..?”. “Si, aínda que

a miña intención era rodar algúns planos da

curta na propia localidade de Cans, final-

mente foime imposible por temas de tempo

e dispoñibilidade, tentei mediante as imaxes

e a realización reflectir o espíritu do festival,

ainda que finalmente rodamos todo nun par

de días a cabalo entre A Coruña e Ourense,

de todos os xeitos, tal como está prantexa-

da a narrativa da peza, non se chega a albis-

car onde está rodada, podería ser en Cans,

Ourense ou Milwakee, o importante é trans-

mitir o espíritu do festival, alomenos o que

simboliza para min, mediante a narrativa

cinematográfica”.

Cuarta: “A que andas...?”-. “Principal-

mente ando metido no tema dos tebeos,

que é a miña gran paixón, e é un medio que

amo incluso mais que o audiovisual, estou

traballando no tomo dous e final da miña

nova obra: "O Heroe", e facendo, de cando

en vez algúnha cousiña para o audiovisual,

como a miña recente colaboración na longa-

metraxe "Sinbad" de Ficción roducciones,

pero os cómics son o que de verdade me

ocupan profesionalemnte case por comple-

to, aínda que despois de facer "Can Car

Oddisey" e do ben que o pasamos facéndoo

non descarto facer nun futuro próximo

outras curtametraxes, non se me caen os

aneis por pasar de dirixir películas de seis

millóns de euros con mais de 100 persoas

no equipo a facer con catro amigos e 40

euros unha curta, de feito casi prefiro o

cambio, a lo menos fago o que me ven en

gana, o paso ben e non teño porque aturar

neuras e paranoias de xente que se cre

Spielberg e non chega a chachi”

Quen dixo estrés?

Can Car OddiseyDavid Rubín e o seu manifesto bizarro

para “Miradas de Cans”

Page 22: CanZine 2011

22 revista oficial do festival de Cans maio 2011

3preguntas a...

XOSÉ GONZÁLEZ FILLOY

1. - Como poderás ver ao longo dos próximos días, galpóns e

tractores de xardín no noso festival están lonxe da alfombra

vermella e as limusinas do outro Cannes, pero aquí tamén

se respira cine en cada recuncho do cine. Cal é o seu lugar

favorito para gozar da sétima arte ... ou ao final o importante é

só o que acontece dentro da pantalla e o de menos é onde?

Gústanme os cines, o sofá o avión, o autocine... E ata a pan-

talla ao aire libre na praza do pobo. Se a película me engan-

cha, engánchame en calquera lugar; e se me aburre, pois o

mesmiño.

2.- En Cans, a curtametraxe é o eixo do festival.

Vostede, que ten traballado dende o spot

publicitario á longametraxe, por que pensa que

resulta tan difícil para os creadores de curtas expoñer o

seu traballo?

Neste intre, coido que se alguén quere acceder ás curtametra-

xes pode facelo sen problemas, a web é o sitio perfecto.

3.- Non vai ser a primeira vez que visite a Galicia e incluso

demostrou que sabe mirar para nós con ollos diferentes cando

rodou por estas terras. Xogando co título dun dos seus filmes,

atreveríase a trazar con palabras o mapa dos sons de Galicia?

Coido que xa o fixo Manolo Rivas con moito talento e delicadeza, pero se

tivese que facer un mapa persoal tería que misturar os paxariños, as

ondas do mar e as nécoras que se parten... E tamén algún percebe...

isabel coixet

Page 23: CanZine 2011

revista oficial do festival de Cans maio 2011

MANRIQUE FERNÁNDEZ

Isabel Coixet chega a Cans

coa misión de abrir debate no

espazo máis apto para a reflexión

de Cans: a leira de Alicia. Pero non

chega só para debater, xa que

trae debaixo do brazo unha das

cintas máis esperadas do

momento: Escoitando ao xuíz

Garzón, un documental-entrevista

ao maxistrado máis polémico e

máis perseguido dos últimos

anos.

A autora ten confesado que a

idea naceu como un empeño per-

soal por apoiar ao xuíz fronte aos

procesos xudiciais abertos na súa

contra. No mes de xullo do ano

pasado xa lle andaba dando voltas

á idea: “Fai tempo que quería

facer algo sobre el porque me

sinto moi indignada co que está

acontecendo, cuns procesos xudi-

ciais que non teñen sentido e que

só pretenden acabar cunha per-

soa que fai ben o seu traballo”

Para darlle a forma xornalísti-

ca que definitivamente tomou o

proxecto, contou coa colabora-

ción do escritor e xornalista

Manuel Rivas (que visitará Cans

xunto a Coixet). Rivas mantivo co

protagonista unha longa conversa

de seis horas que o documental

resume en 87 minutos, nos que o

maxistrado fai un repaso da súa

traxectoria profesional, sen eludir

ningunha pregunta.

En palabras da directora, na

conversa afloran os temas defini-

torios do momento que estamos

a vivir, entre eles, “o poder da

corrupción institucional, que calou

de tal maneira que o problema xa

non é a corrupción, senón que

non te pillen”.

A cinta, estreada na sección

Eventos Especiais da última edi-

ción do Festival de Berlín, gravou-

se o pasado mes de decembro en

Madrid, nunha casa particular

prestada para a ocasión, en for-

mato dixital e en branco e negro.

Nin se empregaron recursos

documentais nin material de

arquivo: o documental recolle uni-

camente a conversa entre Rivas e

Garzón, sen artificios nin engadi-

dos.

A conversa percorre lugares

propios, como os devanditos pro-

cesos xudiciais ou os pasos segui-

dos no xuízo a Augusto Pinochet,

pero tamén espazos comúns,

coma o concepto de xusticia uni-

versal ou o desenvolvemento do

proceso de transición seguido en

España. “O máis valioso”, asegura

Coixet, “é escoitar a Garzón expli-

car por todo o que está pasando

dunha maneira moi coloquial”.

O traballo non oculta a defen-

sa do maxistrado fronte aos pro-

cesos xudiciais en curso:

“Preocúpanme esas calumnias

que, por repetidas, vanse conver-

tindo en verdades. Esas opinións

que aparecen en webs misterio-

sas e que acaban adquirindo rele-

vancia”.

Esta non é a primeira ocasión

na que a directora catalana se

achega ao documental, xa que

tamén tocou este xénero na cinta

Viaje ao corazón da tortura, filma-

da en Sarajevo durante a guerra

dos Balcáns.

Conversandocon GarzónIsabel Coixet presenta en Cansun documental-entrevista entre oxuíz e o xornalista Manuel Rivas

A autora tenconfesado que a

idea naceu como unempeño persoal por

apoiar ao xuízfronte aos

procesos xudiciaisabertos na súa

contra.

Page 24: CanZine 2011

DIEGO GIRÁLDEZ

Gonzo é unha bendición, santificado sea o seu nome.

Pedímoslle un favor: queriamos que convencera a Wyoming

para facer un paripé. Tratábase de gravar unha conversa

entre os dous na que o galego lle explicaba o que se ía atopar

en Cans. Ademais, abusando, enviámoslle un par de camiso-

las do certame do ano pasado para que apareceran no video.

Dito e feito. Aos poucos días tiñamos no noso correo a foto e

unha ligazón para descargar o video.

Todo comeza nun camerino de La Sexta. Wyoming está

diante do espello mentres.Aparece Gonzo:

-Tío, dixéronme que vas tocar a Cans, ao

Festival, ao de Galicia…

Ti sabes onde te

metes?

-Non exactamente, por que, que pasa é un sitio…

-Ti sabes o que é un chimpín?

-Nin idea, pero soa fatal…

-Un tractor estilo galaico… Prepárate para viaxar en chim-

pín, ver películas en cortillos, tocar diante do audiovisual gale-

go…

-E as limusinas…? A ver, estas-

me a aconsellar que o pense

mellor?

-Non, é para que vaias

con todas as

c o n -

secuencias.

-E que as consecuencias e os danos colaterais son impre-

visibles. Fai pouco comín un cocido en Lalín e por pouco

palmo…

Gonzo vai buscar as camisolas, as poñen e anuncian o

concerto do venres no Torreiro. O video utilizouse como

promo nas redes sociais e deu tamén para

facer unha nota de prensa.

Se alguén coñece cales son os

trámites necesarios para iniciar a

beatificación de Gonzo que se

poña en contacto, por favor, coa

organización do certa-

me.

24 revista oficial do festival de Cans maio 2011

Gonzo que estás en los cielos...(a la derecha del Padre)

Page 25: CanZine 2011

25revista oficial do festival de Cans maio 2011

A. PEDREIRA

Dicía un coñecido que o Gran

Wyoming gustáballe cada vez

menos como presentador, pero

que apreciaba moito o seu traba-

llo como músico. É cuestión de

gustos, evidentemente, pero o

que non se lle pode negar é perse-

verancia.

Porque José Manuel Monzón,

popularmente coñecido como

“Gran Wyoming”, non é, precisa-

mente, un novato nesto da músi-

ca. De feito, e malia ser ben coñe-

cida a súa faciana como show-

man e como presentador de tele-

visión, foi abrazado a unha guita-

rra onde deu os seus primeiros

pasos no mundo do espectáculo.

Remataban os anos 70 e

entraba en escena a movida

madrileña, as cancións irreveren-

tes e os sofisticados peiteados de

cores imposibles, cando o amigo

Monzón, daquela estudiante de

Medicina, saltaba ao escenario á

fronte dunha banda chamada

Paracelso. Para a arqueloxía

musical deixou un tema tan vaci-

lón e pegadizo como “La titi del

Rastro”, coreado en calquera

festa de rocanrol que se celebra-

se no foro madrileño e arredores.

Logo viría un afortunado axun-

tamento co seu auténtico alter

ego, o Maestro Re -

verendo, para dar-

lle vida a unha

curiosa banda

que se movía con

certa soltura entre

o surrealismo e o dadaísmo, e que

tamén nos deixou unha presa de

cancións que, de seguro, fican na

memoria de moitos: “Tramperos

de Connecticut”, “Por qué potan

los niños”, “Con la mano entre las

piernas” e outras lindezas tan irre-

verentes coma divertidas.

Pero a época de Wyoming &

Reverendo finou e o distanciamen-

to de dúas personaxes tan sor-

prendentes deixou a Monzón sen

banda, pero non por iso alonxado

da música: aí están as colabora-

cións con Ilegales, Raimundo

Amador ou Pablo Carbonell.

Cóntase nos mintideiros do

foro que iso rematou durante

unha noite de troula na que o

Wyoming foi caer na sala Honky

Tonk, onde esa noite actuaba un

grupo. E din que se entusiasmou

tanto con eles que lles propuxo

actuar xuntos. E que así, por puro

azar, foi como naceu “Wyoming &

Los Insolventes”, unha banda de

versións que o mesmo interpreta

aos Beatles que a Chuck Berry ou

Los Salvajes.

Se estivo atinado ou non na

elección poderemos comprobalo

a noite do venres no torreiro de

Cans. Cita ineludible para aman-

tes do rocanrol. Pasamos lista!

A faciana salvaxedo Gran WyomingO popular músico e showman presenta o seu novogrupo, Wyoming & Los Insolventes, no Torreiro

Page 26: CanZine 2011

26 revista oficial do festival de Cans maio 2011

A xornada do venres, musical por excelencia, comeza a primeira hora

da tarde coa proxección e posterior coloquio do documental Brasil somos

nós, protagonizada por Carlos Núñez. A carón do noso gaiteiro máis inter-

nacional estará o director da cinta Robert Bellsola.

En Brasil somos nós, Núñez pescuda o

pasado do seu bisavó, José María Núñez,

que emigrou ao Brasil 1904 e desapare-

ceu, supostamente asasinado por outro

músico.

Nesa viaxe o gaiteiro non só atopa

noticias de quen parece ser o seu

bisavó en Río de Janeiro, senón

que se mergulla na cultura do

país e o seu incrible patrimonio

musical da man de músicos da

talla de Carlinhos Brown ou

Lenine. Descobre así que a

música brasileira aínda con-

serva a vella cultura galai-

co-portuguesa, revitaliza-

da polo contacto con

outras, especialmente a

africana.

O filme amosa tamén os segre-

dos da gravación do seu último

disco, Alborada do Brasil.

ESTAMOS DIANTE DUN FESTIVAL orixinal e moiacertado. Un festival honesto, que conseguiu terun nome, un recoñecmento e un sentido, case deforma fugaz. Nun momento no que sobran festi-vais, o de Cans afiánzase coma poucos. É orixinal porque non existe ningún festival comaCans. Cans é único. Coa súa formulación desenfa-dada, irreverente e sen complexos, conseguiu isoque é tan difícil alcanzar: ter un verdadeiro selo deidentidade. E supón, ademais, un punto de infle-xión dentro do panorama de festivais en España,moi rico, pero igualmente moi homoxéneo. E é queCans non é só unha mostra de curtametraxes: éunha verdadeira festa. Unha plataforma paranovos talentos, unha auténtica explosión cultural,onde cine e música van da man, e tamén unhareunión social entre os que estamos aquí e os queveñen de alá para gozar de tan peculiar evento. O talento que organiza Cans acertou, porque “utili-zando” a coincidencia en datas co seu case homó-logo francés, Cans conseguiu unha enorme popu-laridade, xogando coas comparacións, sempredende o humor e a retranca. Pero sobre todo, omérito está en conseguir achegar ocine a todos, logrou que mozos emaiores gocen xuntos cada maioduns días irrepetibles. Que a esta 8ª edición lle siganmoitas máis.

Enma Lustres(produtora)

Un festivalorixinal A hora do Disco Chimpín

A sección Dj xa é un dos grandes clásicos do festival de

Cans. E non sen razón, porque polos pratos do Disco

Chimpín teñen pasado nomes de primeira liña. Discjockeys,

músicos, actores e ata humoristas teñen amosado as súas

habilidades cos vinilos na man.

Este ano non vai ser menos. Para abrir boca, na Noite

VClips, contaremos coa presencia de Charlie Fabber, locu-

tor de radio e presentador de Sateli3, de Radio3. A

sesión promete un abano entre o funk

e o rock máis auténticos, cheo de

fortes contrastes e co eclecticis-

mo como bandeira. Unha bate-

dora sonora de música baila-

ble de todas as épocas, esti-

los e latitudes, sen conce-

sións de ningún tipo.

E despois, o Disco

Chimpín seguirá animan-

do as noites, comenzando

coa presenza, a noite do

venres, de Jorge Mar -

tínez, incom-

bustible front-man de Los Ilegales, grupo de referencia do

rocanrol hispano. El será o encargado de iniciar a sesión,

logo do concerto de Wyoming & Los Insolventes. Despois

será relevado pola actriz Isabel Risco fronte á Escola Vella,

que amosará as xoias da súa colección de vinilos dos anos

60 e 70.

O sábado serán os celebrados mestres do “cutrelux”

Os Fabulosos Cubata Focking Brothers, os que suban ao

Disco Chimpín, para darlle paso despois ao

actor Ricardo de Barreiro, que ofrecerá

unha sesión de música indie fronte á

Escola Vella.

A festa chámase‘Descarja Jaiteira’

A música sempre tivo un espazo propio no festival de Cans e os organizadores non paran de argallar

ideas novas coas que sorprender aos visitantes. Se o ano pasado a novidade foi o Jaliñeiro Unplugged, este

ano presentan outra novidade que definen como “o experimento musical definitivo” e que bautizaron co con-

tundente nome de “Descarja Gaiteira”.

E para inaugurala contarán coa presencia de Veraneantes e Lajaretas. Que en qué consiste?

Basicamente en animar a festa: unha “descarja” musical de tintes folclórico-festivos, un concerto colectivo

na estrada de Cans “ao que poderá sumarse quen queira... e saiba!”

Carlos Núñezno Brasil

Page 27: CanZine 2011

27revista oficial do festival de Cans maio 2011

A última tolemia de Nicolás

Pastoriza (polo de agora!) tamén

chega ao festival de Cans. Este vete-

rano músico, fundador de grupos tan

emblemáticos da movida viguesa

como Bromea o que?, e de proxec-

tos máis achegados a nós no tempo

como La Marabunta ou Ectoplasma,

andáballe dando voltas a facer algo

distinto. E de súpeto atopou a inspira-

ción nun vello documental protagoni-

zado polos Beatles, que ofrecían o

seu derradeiro concerto como grupo

dende unha azotea.

E decidiu abrir a súa a vellos ami-

gos para compartir música e viven-

cias nunha iniciativa que naceu co

nome de Te con Nicolas. Agora é a

súa terraza a que se traslada á Sala

Multiusos e ao Jaliñeiro (unpluged, xa

sabedes). Estade atentos que haberá

sorpresas!

GUSTOUME A IDEA DE TOCAR nunha terra-za ou azotea desde que vin aos Beatles facero seu último bolo logo de percorrer o mundoentre milleiros de fans histéricas, cuns pul-móns que cubrían aos seus pobres amplifica-dores, enchendo de berros e de asentos ocu-pados estadios enteiros de béisbol, candoaínda era imposible imaxinar que un acontece-mento que non fose o estritamente deportivopodería facelo. Facer historia, rodear o mundoe rebozalo coas túas cancións... OK: misióncumprida. Pero o realmente grande é saberonde deixalo todo ou onde retomalo despopisde lograr chegar tan lonxe, logo de romper acabeza imaxinando onde darás o seguinte e,posiblemente, último gran bolo… Un anfiteatrogrego? O Coliseum romano? Non: a putaterraza da súa oficina.Hai algo mais decadentemente glorioso? Moilonxe das tentacións dos sold-outs que fai ábanda de Liverpool máis popular que XesúsCristo... onde se despedirán do mundo candoeste xa se lles quedou pequeno? “Poisss...Podemos subir á terraza”. Os Beatles pasaron pouco despois a mellorvida, pero dese bolo acórdase todo deus,inmortalizando, paradoxalmente, a agonía dabanda nun documental digno do Festival deCans chamado, atinadamente, “Déixao así”.

Fai un ano, ou máis, Amaro Ferreiro veu ámiña casa a tomar o gin-tonic perfecto de atar-decer, armado coa súa acústica Gibson parazurdos. Tocamos temas propios e alleos edescubrimos as posibilidades da miña terrazacomo escenario perfecto para apoiar a webque empezaba a perfilar, onde agora colgotodos os contidos que quero publicar... Tomaro té nunha terraza mentres tocas e soltalocunha web-cam pola rede coma se se tratasede porno caseiro paréceme moi cool. Veñenos teus amigos, tocas con eles e logo a xentegózao nas súas casas… És como o a túa pro-motora, a túa tv e ti mesmo a un tempo...Pero, ademais, queda bonito e é moi valoradopolo público, pois isto achega bastante e iso éimportante. A industria musical como a enten-diamos vaise á merda e xa case superei aqui-lo de ler e escoitar un vinilo en casa de ami-gos ou en tendas habituais como auga pasa-da. Así que isto non é mais que ganas detocar e de que che vexan tocar, aínda que seafunda o barco mercante de cancións. Non haimais remedio que buscar novas fór-mulas en tempos de afundimento epaus de cego. Ou seica non segui-ron tocando os músicos do Titanicna xeada cuberta mentres obuque ía a pique...? Pois iso.

Nicolás Pastoriza (músico)Déixao así

Iván Ferreiro (esq.) e Nicolás Pastoriza nunha sesión de Terraza.

Son Nicolás.Tomamos un te?

Page 28: CanZine 2011

28 revista oficial do festival de Cans maio 2011

A. PEDREIRA

Tiñan que ser eles e tiña que ser

en Cans. Non había outra. Siniestro

Total chegan ao torreiro disposto a

convertilo nunha festa memorable.

Porque se de memoria falamos non

debemos esquecer que a banda leva

xa máis de 30 anos pisando escena-

rios e creando e recreando a festa.

Dende aquel mítico ¿Cuando se

come aquí? ata agora cambiaron

moito as tornas, pero Siniestro Total

seguen fieis ao seu estilo, facendo

bandeira daquela vella consigna que

popularizaron nos 80: “Más vale ser

punkie que maricón de playa”.

O sábado tocarán no torreiro

para presentar o seu último traballo,

Country & Western, publicado fai

arrador de medio ano. Coma sem-

pre, Siniestro Total seguen xogando

ao despiste e, a pesares do seu títu-

lo, din que nada ten que ver con ese

estilo musical e que é o seu disco

máis galego: un país, e ao oeste, din

que só pode ser Galicia. Será porque

ata se atreven a cantar en galego

(misturado co inglés! Cousas do trilin-

güísmo) o tema Quen me dera na

casiño, na cara B do disco.

Si, lestes ben: na cara B. porque

este disco foi concebido ao estilo dos

vellos vinilos (outravolta coa memo-

ria!): con cara A e cara B. Son

Siniestro Total e o seu é sorprender,

xa o diciamos.

E seguen xogando ao despiste

tamén no contido deste traballo, por-

que por moito que xuren e perxuren,

non resulta difícil atopar no disco

unha manchea de distintas influen-

cias musicais alonxadas diametral-

mente do noso folclore nacional.

Logo caemos na conta de que o

“disco galego” é máis de sentimento

que de ambientación musical. Si,

Siniestro sorprenden, pero non tolea-

ron, non.

NINGUÉN PODÍA IMAXINAR, alá polo ano2004, que o que comezaba como unha expe-riencia máis ou menos local, nun curruncho docálido rural galego, se ía converter nun tingladocon repercusión internacional. Eu tampouco,por suposto.Non lembro ben quen me falou por primeiravez de Cans e do seu festival. Pero atrapoumeaxiña a gana de vistar aquel insólito lugar, noque dicían que ían proxectar películas en pen-dellos e que habían levar a xente enriba damaquinaria agrícola. Debín de aterrar en Canspor primeira vez, na segunda edición, e namo-roume de contado. Faltei a poucas citas, dasoito que levamos. Nunca falta o convite deAlfonso Pato, ese visionario, que, xunto coaAsociación Arela, converteron Cans e o seufestival, nun fenómeno case global. Adoito achegarme cada ano, aínda que nonparticipe en ningunha produción das exhibidas.Sempre é un pracer visitar Cans, ver algo decinema, alternar cos colegas de profesión,comer unhas boas tapas caseiras e mesmobotar unha bailadela no torreiro.Lembro especialmente a edición do ano 2006.Ese ano competiamos coa curta "Quérote mal",que foi premiada polo público, así coma a estu-penda Isabel Naveira. A miña admirada EnmaSuárez mantiña o equilibrio con dificultade no

chimpín que antecedía o meu. Sostiña no coloo seu bebé de poucos meses e non paraba deestrañarse daquela calor abrasadora que anun-ciaba un verán incipiente e que a ela non lleparecía propia de Galicia. Debiamos de estar amáis de 40º ao sol. Foi unha fin de semanaespectacular. Era a miña entrada triunfal no"mondo cane". A miña primeira viaxe en chim-pin-bús, e o comezo do meu compromiso senti-mental con este fermoso festival. No 2009 pre-sentamos "O Nordés", con todo o equipo daserie. Mesmo se gravaron secuencias duncapítulo cos actores mesturados entre actorese visitantes. Mágoa que a maxia de Cans noncontaxiara as mentes de San Marcos e nonpuidésemos compracer a selecta audiencia danosa televisión, cunha segunda tempada.En fin, non pasa nada. Habemos seguirmedrando, igual ca este acontecemento cultu-ral. Só teño un medo: que non se colla un día,de tanta xente que haxa. Posiblemente ocorre-rá. Tamén será un prezo (xusto) que pagar.Bulide! Antes de que sexa tarde. E senon...Dicímoslle a Pato queamplíe o local.Agardamos e devecemospola oitava cita. Sempre nosha quedar Cans. Vémonosno ghalpón.

Monti Castiñeiras (actor)Sempre nos ha quedar Cans Sinistro…

Page 29: CanZine 2011

29revista oficial do festival de Cans maio 2011

Que atopamos entón? Pois unha presa de

cancións que, sen chegar a adentrarse plena-

mente no terreo do chamado country & wes-

tern, si se achegan perigosamente á súa bisba-

rra: rocanrol clásico, unhas pinceladas de funk,

moito blues, o espírito negro do soul, un pouqui-

ño de country, pingas de rockabilly, algunhas

olladas cáseque de esguello a J.J. Cale, a John

Fogerty, a ZZ Top... Que esperábades? Son

Siniestro.

Non pensedes que a referen-

cia a ZZ Top é de balde, xa que os

nosos gurús do punk-rock gale-

go, malia que comezaron gravan-

do algunhas cousiñas

nos estudios Casa de

Tolos, de Segundo

Grandío, un día colle-

ron as maletas e

marcharon a Texas

para rematar o

disco nos estudios

de Billy Gibbons, un

dos integrantes

do trío máis bar-

budo da música,

e traballaron co productor habitual de ZZ Top,

Joe Harly. E iso, queiras que non queiras, tense

que notar...

O caso é que a banda máis exitosa da movi-

da galega dos anos 80 (maldita memoria!

Empezas a cansar!), regresou de Texas e deci-

diron facer parada en Cans. E prometen que,

aínda que o concerto sirva para presentar a un

público tan entregado coma este o seu novo

traballo, non van faltar

os clásicos de toda

a vida: dende

Bailaré sobre

tu tumba

ata Camino de la cama, Ayatolah no me toques

la pirola, ou a imprescindible Miña terra galega.

Porque aseguran que están a preparar un

concerto moi especial, especificamente pensa-

do para o festival, como non podía ser menos.

Que o torreiro se vote a temblar! Siniestro

Total están de volta na casa e traen disco baixo

o brazo e moitas gañas de deixar unha profun-

da pegada en Cans.

no torreiro!!Siniestro Total

xogan ao despistee, a pesares do

título do seuúltimo traballo,

Country &Western, din que

é o seu disco máisgalego: ¿un país, eao oeste? Din que

só pode serGalicia.

Page 30: CanZine 2011

30 revista oficial do festival de Cans maio 2011

Mércores 18 de maio:

Rotonda de Adroza (Cans)• 20.00 h. Acto de apertura no Can de Pedra.

Baixo do Moncho (Cans)• 21.00h. Serán dos Veciños de Cans

� Presentación de CanZine, revista do Festival.

� Presentación do xurado dos veciños

� Avance do making of de Cans 2010 Un festival na estrada

e do making of de Can Campus Algo terás que facer.

� Actuación das pandereteiras de Cans, Feiticeiras e Anxo e

a súa banda.

Xoves 19 de maio:

Círculo Recreativo e Cultural do Porriño• 18.00h. Estrea de 19 comidas. Filme 18 comidas + escea

inédita. Coloquio co director, Jorge Coira. Presenza dos

actores Federico Pérez e Víctor Fábregas.

• 20.30h. Desfile de chimpíns con actores e equipo técnico de

Doentes.

• 21.00h. Estrea de Doentes, dirixida por Gustavo Balza e pro-

tagonizada por Xose Manuel Olveira "Pico" e Antonio Durán

"Morris". Guión de Roberto G. Méndez e Gustavo Balza e

producida por Filmanova e Zircozine.

Bar Tubulart (O Porriño)• 23.30h. Noite Vclips. Coa participación de Belén Montero,

Charlie Fabber, Jorge Ilegal e Luis Pardo, condutor do pro-

grama Control V en Vtelevisión, que exercerá como mestre

de cerimonias.

• 0.30h. Sesión dj con Charlie Faber, Dj de funk, soul... e con-

dutor do ecléctico Sateli3 de Radio3.

Venres 20 de maio:

Baixo do Moncho (Cans)• 10.30h. Cans de Futuro. Escolares do Concello do Porriño

asisten a proxeccións no Festival de Cans coa presenza do

director Jorge Coira.

• 16.30h. Proxección do documental Brasil somos nós e colo-

quio co protagonista Carlos Núñez e do director Robert

Bellsola.

• 18.30h. Fillos de Cans, presentacións das primeiras imaxes

inéditas das longametraxes Nacional VI, de Pela del Álamo;

Tralas luces, de Sandra Sánchez; Engurras, de Paco Roca;

e Rosario, de Mario Iglesias.

• 21.30h. Procesión de chimpíns acompañada de The Turre’s

band.

Baixo de Bugarín20.00h. Coloquio con Fernando León e proxección de tres

pezas inéditas baixo o nome Afectos Secundarios, presen-

tado por Antonio Durán Morris.

Torreiro de Cans• 22.00h. Noite de estrea: Presentación dos xurados do fes-

tival, das primeiras imaxes inéditas de Querida Gina, do

making of da edición 2010 Un festival na estrada e de Can

Campus Algo terás que facer.

• 22.30h. Entrega de premios do concurso de videoclips e

proxección dos videoclips gañadores e do videoclip de Can

Campus Las mentiras.

• 23.15h. Entrega dos Chimpíns de Prata a Roberto Vilar e

Serafín Campos.

• 23.30h. Entrega do Premio de honra Pedigree'2011 a

María Pujalte e colocación da súa estrela no Torreiro das

Estrelas.

• 0.00h. Concerto de Wyoming y los Insolventes.

• 1.30h. Sesión DiscoChimpín, con Jorge de Ilegal.

• 3.00h. Sesión DiscoChimpín no Bar A Escola Vella, con DJ

Risco no Disco (Isabel Risco).

Sábado 21 de maio:

Cans (torreiro, salas, leiras e camiños)• 9.00h. Ruta da hitoria das inscricións polos camiños de

Cans.

• 10.30h. Estrea de Escuchando al juez Garzón, no Jalpón

Friki, de Isabel Coixet.

• 12.00h. Coloquio na leira con Isabel Coixet. Presentado por

Manuel Rivas.

• 13.15h. Fernando León e Isabel Coixet coloca a súa estrela

no Torreiro das Estrelas.

• 13.30h. Sesión vermú coa Banda Municipal de Música

• 15.30h. Procesión de chimpibuses, amenizada por Os

Veraneantes.

• 16.00h. Chegada da procesión ao torreiro de Cans

• 16.15h. Miradas de Cans: Proxección do documental de

Marcos Nine Radiografía de un autor de tebeos e da mira-

da de Cans de David Rubín. Introdución de Manuel Rivas. Na

Sala Multiusos

• 16.30h. Inicio das proxeccións das curtas a concurso.

• 17.00h. O realizador Alberto Baamonde presenta o seu pro-

xecto Light Sessions, unha iniciativa singular entre a frescu-

ra do directo e a improvisación. Baamonde grava clips nos

lugares mais insospeitados, incluso a grupos de talla inter-

nacional, que van de Divine Comedy a Fanfarlo. En Cans

mostrará o seu proxecto e fará unha “light session” en

tempo real, con Eladio y los Seres queridos. Sala Multiusos

e Jaliñeiro Unplugged.

• 17.30h. Eladio y los Seres queridos tocarán no Jaliñeiro

Unplugged temas do seu novo disco Están ustedes unidos.

• 18.30h. María Reimóndez e Farruco Castromán presentan

o documental Cambia de papel, gravado na India coa ONG

Implicadas polo Desenvolvemento. Sala Multiusos.

• 18.30h. Descarja Jaiteira no bar da casa da maestra.

• 19.00h. Descanso das proxeccións. Antón Reixa colocan a

súa estrela no Torreiro das Estrelas

• 19.30h. Concerto de Os Tres Trebóns, con Xurxo Souto.

• 20.30h. Reinicio das proxeccións.

• 20.30h. Descarja Jaiteira no bar da casa da maestra.

• 21.00h. Estrea mundial do videoclip en 3D de La paz mun-

dial, de Siniestro Total. Tamén presentarán o making of do

seu disco Country & western, chamado Making Country &

western e dirixido por Mikel Clemente. Sala Multiusos.

• 22.00h. Nicolás Pastoriza presenta o seu último proxecto,

Té con Nicolás. Fundador de grupos como Los Buzos, La

Marabunta, Bromea o qué? ou Ectoplasma, agora

Pastoriza presenta unha iniciativa singular: convidar a músi-

cos a tocar na terraza da súa casa. Sala Multiusos e

Jaliñeiro.

• 23.00h. Fin das proxeccións

• 23.30h. Entrega de premios no torreiro

• 0.00h. Concerto de Siniestro Total.

• 1.30h. Sesión DiscoChimpín con os Fabulosos Cubata

Focking Brothers

• 3.00h. Sesión DiscoChimpín co actor Ricardo de Barreiro

Mércores 25 de maio:

Bar Liceum• 22.00h. Proxección das curtas gañadoras no Bar Liceum

do Porriño

Programa de actividades

Page 31: CanZine 2011

31revista oficial do festival de Cans maio 2011

Ao igual que o ano pasado, grazas á colaboración con Autocares Iglesias, ofrecemos un servizo de balde de auto-

buses entre Cans e O Porriño.

Paradas:

* O Porriño (Avda de Galicia - Cota 7)

* Pavillón (Instituto Pino Manso)

* Restaurante Guanabara

* Rotonda Cans

quen d

á+

? Fillos deCans

Venres 20 | Baixo deMoncho | 18.00 h.

Aqueles que antes pasaron polo

festival coas súas curtas e

outros proxectos, presentan

agora as primeiras imaxes das

súas longas:

N-VI2011 / 75'/ galego e castelán

Dirección, guión e produción: Pela

del Álamo

TRALAS LUCES2011 / duración / galego

Dirección: Sandra Sánchez

Guión: Sandra Sánchez

ENGURRAS2010 / 80' / galego

Dirección: Ignacio Ferreras

Guión: Ángel de la Cruz, Paco

Roca, Ignacio Ferreras e

Rosanna Cecchini, baseado no

cómic Engurras de Paco Roca

ROSARIO2011 / 90' / galego

Dirección: Mario Iglesias

Guión: Mario Iglesias

Reparto: Concepción González,

Miguel de Lira, Yago Presa, María

Salgueiro, Ruth Sabucedo, Diego

Varela, Juan Dacosta e Ángeles

Estévez.

Coloquios naleira(e arredores)

Isabel Coixet

Sábado 21

Leira de Alicia

12.00 h.

Fernando León de

Aranoa

Venres 20

Baixo de Bugarín

20.00 h.

Jorge Coira

Xoves 19

Círculo Recreativo

Cultural (O Porriño)

18.00 h.

Vén en bus

(servizo de ida e volta, cada 20 minutos)

Venres 20 de maio: de 20:00 h. a 4.00 h.

Sábado 21 de maio: de 15.00 a 20:00 h. e de 21:00 h. a 4:00 h.

Page 32: CanZine 2011

Dirixen: Diego Giráldez e Amparo Rodríguez (Massefecto Comunicación). Deseña: Manrique Fernández. Publicidade: Arela. Edita: Asociación Cultural Arela. Colaboran: Antón Reixa, Moisés Álvarez,

Xurxo Lobato, María Bouzas, Carlos Blanco, Jorge Coira, Monti Castiñeiras, Gustavo Balza, Gonzo, Isabel Coixet, Suso de Toro, Carlos Ares, Xurxo González, Roberto Vilar, Ana González Chouciño, Nicolás

Pastoriza, Sesi Lourido, Enma Lustres, Keka Losada, Fernando León, Manuel Cid, Keko RN, Luis Zahera, Araceli Gonda, Yolanda Castaño, Serafín, X.A. Touriñán, Abel Gallego, Xosé González Filloy,

David Rubín, Divina, Eladio Santos, Lucía Campo, Pablo Gallego, Quique Alvarellos. Dep. Legal: VG 424-2011 [email protected] / festivaldecans.com