canzine 2012

32
Antonio Durán “Morris” / Fernando González “Gonzo” / Isabel Coixet / Edu Soto / Xoel López / Sandra Sánchez / Aerolíneas Federales / Germán Coppini / Anxo Pintos /...

Upload: festival-cans

Post on 14-Mar-2016

236 views

Category:

Documents


8 download

DESCRIPTION

Publicación oficial do IX Festival de Cans. Dirixida por Diego Giráldez e Amparo Ojea.

TRANSCRIPT

Page 1: CanZine 2012

Antonio Durán “Morris” / Fernando González “Gonzo” / Isabel Coixet / Edu Soto /Xoel López / Sandra Sánchez / Aerolíneas Federales / Germán Coppini / Anxo Pintos /...

Page 2: CanZine 2012

Dirixen: Diego Giráldez e Amparo Rodríguez (Massefecto Comunicación) Iustración de portada: Paco Quintas Etsueña Publicidade: Arela. Edita: Asociación Cultural Arela. Colaboran: María Solar, Xosé

Manuel Pereiro, Javier Gutiérrez, Isabel Coixet, Ricardo de Barreiro, Javier Veiga, Manrique Fernández, Isabel Risco, Edu Soto, Sandra Sánchez, Kiko da Silva, Sergio Lagartija, Roberto Varela, Uxía, Fernando González

“Gonzo”, Carlos Ares, Pilar Comesaña, Ángel de la Cruz, Alberto e Cármen, Antonio Durán Morris, Anxo Pintos, Germán Coppini, Esmeralda L. Castro, Xoel López, Pandereteiras de Cans, Moisés Álvarez, pandere-

teiras de Cans, Keka Losada, followers de @festivaldecans (saúdo especial a Alex Rodríguez @Botx0 e Mónica Iglesias @monicalores).

Dep. Legal: VG 424-2011 [email protected] / festivaldecans.com

Page 3: CanZine 2012

grella04. as curtas

05. os clips

06-07 iCans todo o ano

08. entrevista a morris

09. gonzo entrevista a gonzo

10. carmen e alberto

11. can campus, amplitude de miras

12. entrevista a isabel coixet

13. catro coloquios

14. cans voulevar

15. o guión, recordos de papel

16-17. a estrea: personal movie

18. entrevista a sandra sánchez

19. entrevista a edu soto

20. as webseries fanse un oco

21. a través dos ollos de kiko da silva

22. entrevista a xoel lópez

23. que vas pinchar, lagartija?

24-25. aerolíneas, aterran porque poden

26. todos somos cans

27. pandereteiras e pandereteiros de cans

28. entrevista a germán coppini

29. entrevista a anxo pintos

30-31. mixturadora

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Page 4: CanZine 2012

( FICCiÓN )

LVOLUTEN OSKEN

(HAZLOPORMÍ)

Dirección, montaxe e fotografía: Javi Camino

Guión: Cain Maijo

Elenco: Enrique Lojo, Stela Kaminova e Doreen

Slater

Vai de: cinco minutos de pesimismo, absurdo e

batido de fresa.

ADIVINA QUIEN

VIENE A COMER

MAÑANA

Dirección e guión: Pepe Jordana

Montaxe: Fernando Guariniello

Elenco: Chete Lera, María Castro, Jorge Bosch e

Óscar Hernández

Vai de: Unha moza volve á casa para anunciar que

vai casar cun prestixioso neurólogo. O pai, movido

polos celos e a ignorancia, confunde a neuroloxía coa

maxia negra.

SEFA SOUND

SYSTEM

Dirección, guión, montaxe, produción e fotografía:

Sabela Pernas Soto e Sol Álvarez

Elenco: Josefa Lamas Novo

Vai de: Como cada mañá, Josefa fai as súas tarefas

domésticas creando unha banda sonora orixinal da

súa propia vida.

Mr. BEAR

Dirección: Andrés Rosende

Guión: Andrés Rosende e Marin DeSoto

Elenco: Dan Daily, Geraldine Librandi, James Holloway

e Glenn Fleary

Vai de: Unha parella viaxa no seu coche para pasar a

noiteboa en familia. O coche detense de forma inespe-

rada e teñen que pedir axuda nun taller.

CONVERSA COA

MULLER MORTA

Dirección, guión e produción: Sonia Méndez

Elenco: Luis Zahera e Camila Bossa

Vai de: Luís acaba de saír do cárcere onde cumpría

condena polo asasinato da súa muller Elena, cometi-

do quince anos atrás.

O OLLÁPARO

Dirección, guión, montaxe, produción e fotografía:

Sonia e Miriam Albert Sobrino

Elenco: Antonio Mourelos, Julio Barja e FranciscoAres

Vai de: O Pai (86 anos) e O Fillo (46 anos) terán que

enfrontarse ao Olláparo, unha poderosa criatura dun

só ollo e apetito caníbal da mitoloxía galega.

SOPA OPERA

Dirección: Eva Quintas Froufe

Elenco: Will Cart, Jody Flader e Matt Farber

Vai de: Nun lugar tan pouco inspirador como unha

lavandería xorde o amor entre Cheryl e Charlie, que

vai evolucionando á par dos ciclos de lavado.

AURORA

Dirección, guión e montaxe: Manuel Macou

Elenco: Xúlio Abonjo, Mª Ángeles Prieto, Camila

Bossa, Antonio Mourelos e Abi Buceta

Vai de: Todos temos un pasado e un don. Tamén

Aurora, aínda que non sexa quen de lembralo.

ANACOS

Dirección, guión, montaxe e produción: Xacio Baño

Fotografía: Lucía C. Pan

Elenco: Mabel Rivera, Fernando Morán, Xosé Barato

Vai de: A vida dunha persoa pode ser tan simple e sin-

xela coma a súa receita de biscoito.

LA INCREIBLE

HISTORIA DE

MACARENO Y LA

PUTA MILAGROSA

Dirección: Iria Ares

Elenco: Daniel Currás, Camila Bossa, Carolina

Vázquez, Milo Taboada e Amalia Gómez

Vai de: Nada é o que parece. Nin Macareno é un des-

almado proxeneta nin a Sarita unha puta calquera.

EL BAILE MALDITO

Dirección: Rafa de los Arcos

Elenco: Igor Szpakowski e Joana Vilapuig

Vai de: Nubes negras achéganse polo horizonte... a

xente foxe aterrada das catastróficas consecuencias

do ataque so se maligno e o seu baile maldito.

DÚAS LETRAS

Dirección, montaxe e fotografía: Eloy Varela

Guión: Fina Casalderrey0

Elenco: Teresa Fraga, Fina Casalderrey, Mariano

García Claudina Casalderrey,

Vai de: As ausencias, a diglosia, a emigración, os silen-

cios... van tatuando no rostro de Áurea as cicatrices

do seu drama persoal. Mentres, a esperanza de vol-

ver ver ao seu fillo vai crebando.

( ANIMACiÓN )

O XIGANTE

Dirección: Luis Matta e Julio Vanzeler

Vai de: O Xigante é unha xanela que amosa a fantásti-

ca aventura de medrar. Simboliza o corazón de todos

os pais, homes e mulleres que a través da súa mira-

da lle revelan o mundo aos seus fillos, axudándolles a

construír o seu universo e a deixalos marchar cando

chegue o momento.

LORCHOS E

FANECAS

Dirección e guión: Lucas Ricoy Castro

Vai de: Un conto sobre o mar. Unha historia onde se

mesturan realidade, ficción e memoria para recons-

truír a vida dun mariñeiro galego a través dos ollos do

seu neto.

As curtasO Festival de Cans recibiu este ano 166 producións unha participación

sen precedentes. En total presentáronse 99 curtametraxes de ficción, 10

de animación. Aquí tedes as seleccionadas.

/Federico Pérez, guionista e actor /

Ángel de la Cruz, director, produtor e guionista/ Antón Losada, xornalista / María Mera,

actriz / Marta Piñeiro, realizadora / Yolanda Muíños, actriz / Edu Soto, actor/

xuradoDascurtas

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Page 5: CanZine 2012

A BANDA

Dirección, guión, montaxe, produción e fotografía:

José Luis González

Vai de: Gabi é unha gaivota patiamarela, especie pro-

texida, que devece por entrar no grupo de rock de

Zarpas, Buchi e Flaco, pero a cuestión ponse cada

vez máis difícil.

CODA

Dirección, produción, montaxe e posprodución: DSK

(Juan Lesta e Belén Montero)

Vai de: Retrato metafórico do entretemento visual

actual polos espazos de difusión e as redes sociais,

fronte ao cinema convencional.

EL CLUB DEL

BROMISTA

Dirección: Luis Usón

Vai de: Un vendedor a domicilio de artigos de broma,

sen moita fortuna profesional. Pero un día xurdirá

unha oportunidade que o cambiará todo.

CRIBBA,

O VAMPIRO

Dirección: Daniel Montero

Vai de: Cribba é un vampiro pulcro e presumido que

vive nun castelo nos Cárpatos. Cada noite sae a

buscar unha nova vítima que alimente a súa sede

de sangue, pero Cribba sente saudade de cando

era humano.

Os videoclips

Do pasado, do futuroMoisés Álvarez (@frenchchou)

A escolma de clips de Cans 2012 dálle a razón aos Resentidos e quítalla a Mario Vargas Llosa. Reixa & Co. foron pionei-

ros do videoclip feito en Galicia, aínda que pouco se pode atopar deles nos realizadores galegos actuais. Se veñen a conto é

por aquilo que cantaban en “Están aquí”: “Son galegos do futuro. Son galegos do pasado”. Na maioría das 20 pezas seleccio-

nadas míranse tempos pretéritos e vindeiros con nostalxia, fuxindo deste presente de tons grises. Astronautas, marcianos,

naves espaciais e experimentos científicos comparten protagonismo con traxes de época, dandismo, regresións á infancia,

estética blaxploitaton, texturas super8 e orxías evasivas. Iso si, case sempre situados nun universo deslocalizado onde o retro-

futurismo leva a palma: soñabamos con ser algo que xa non fomos.

Sobre o presente que vivimos, Vargas Llosa pensa o mesmo: calquera tempo pasado foi mellor, e para a cultura non diga-

mos. A creación actual atóao por inaprensible e banal, e non é quen de recoñecer que, moitas veces, máis e máis. Que cada

grupo teña o seu clip dirixido por un Domínguez, unha Vázquez, un Díaz, un Martínez ou un Diéguez, non é síntoma de doenza,

senón de boa saúde. O bo, se abundante, mil veces bo.

/Francelina Marino, rosquilleira/

Manuel Giráldez, construtor /

José Quintas , matachín/

Rosa Rodríguez, traballa no campo/

Flora Soliño, transportista/

xuradoDosveciños

xuradoDosclips

/Isabel Risco, actriz/ Iago Martínez, xornalista/ Santi

Romay, actor / Germán Coppini, músico

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Page 6: CanZine 2012

DIEGO GIRÁLDEZ (@DIEGOGIRALDEZ)

En novembro de 2011 a CNN informou -con bo criterio-

da celebración en Cans da reunión dos ministros de finanzas

e xefes de estado dos países que conforman o G-20. A

parroquia convertiuse na capital internacional dunha das

xuntanzas máis trascendentais da historia económica con-

temporánea. Os líderes durmiron no Hotel Internacional e

comeron no Lar de Maximina; saciaron as horas mortas

mirando asombrados como os de Cans traballaban nas lei-

ras. Non asumían tanta entrega.

O cónclave internacional celebrouse no cuberto de

Chelo, foi alí, antes de entrar nunha das reunións, cando

Obama lle deixou caer a Constante que a situación era com-

plexa. Voaron os camaróns na de Fortes. Alí mesmo, na

mesa de fóra, din que Cristina Fernández de Kirchner ben-

deciu o licor café prometendo a súa nacionalización.

Todo aconteceu aun ritmo trepidante. Todo era merca-

do, negocio, cifras. Cando o traductor simultáneo de Arabia

Saudita lle trasladou a Pepe Puíme a intención que o líder

árabe tiña de comprarlle o chimpín que o recollía puntual

polas mañás, Pepe díxolle que non, que el non estaba para

“politiqueos”. “Ti tradúcelle que apure... ”, crebou.

Carla Bruni, que viu de visita, non saiu da casa de Mucha.

Falaban na cociña. Mucha deixoulle un mandilón e, mentres

Sarko falaba de recesión na xuntanza, Bruni fartábase a

comer castañas cocidas. Mucha é unha muller xenerosa,

non entende de austeridade.

Os croupieres mundiais enriqueceron a parroquia

durante unhas horas pero non amañaron o mundo, dema-

siado Ballantines no Escola Vella. Se eles teñen resaca, resa-

ca internacional. Cans foi o único lugar do universo que

sacou proveito económico da xuntanza. A aldea foi a capital

do G-20. E cando todo rematou, cada un ao seu. Os veciños

calan moitas cousas que saben porque son honrados.

Agora ben, coméntase que a fusión coxuntural titulada

“Merkozy” fraguouse entre as sabas europeizadas do Motel

Acapulco. Seica se interviñeron.

E a que montaron os de Cans... nove anos levo seguín-

dolles a pista desde a radio ou desde a tele, e pasando

por alí nalgunha que outra edición, e o que era un simpá-

tico e ocorrente festival de curtas cheo dun agroglamour

que se vendeu por curioso e orixinal aos xornais, teles e

radios de toda España, foise convertendo nun festival de

calidade innegable que ano tras ano acerta plenamente

no que escolle para ofrecer e que, sen dúbida, é unha das

citas con máis resposta do público. Chegan á novena edi-

ción con record de producións recibidas que aumentaron

en máis dun 30% e que sitúan ao festival como un dos

puntos de referencia de exhibición para os curtametraxis-

tas galegos. Cans é único por que ¿hai outro lugar no

mundo onde ver a Coque Malla improvisando nun galiñei-

ro con Ivan Ferreiro? ¿Ou onde pasear sobre un paseo

da fama coa pegada en cemento das “poutas” de Luis

Tosar ou Ernesto Chao? ¿ Ou onde sentar na herba a

conversar con Manuel Rivas, Fernando León ou Juanma

Bajo Ulloa?¿Ou onde escoitar de balde a Di Elas,

Siniestro, o Gran Wyoming ou Xoel López? Con estas

credenciais o torreiro quedou pequeno, houbo que poñer

máis cadeiras, máis lugares de exhibición, máis barras do

bar, máis servizos portátiles, cortar o tráfico, poñer buses,

buscar hoteis por fóra e poñer zona de acampada.

Queridos veciños e organi-

zadores, esto xa non ten

outra solución, hai que

moverlle o marco e seguir

invadindo o mundo.

Parabéns Cans.

María Solar (xornalista e presentadora de Zigzag Diario na TVG) @MariaSolar2Movendo os marcos

Ali Velshi informando en directo sobre a reunión do G--20 en Cannes (O Porriño)

iCans todo o anoO Festival de Cans é grande e, por isto, trascende dos catro días de maio nos que a parroquia éinvadida. É quen de fabricar novas inéditas e merecidas, sorpresas interplanetarias e xestos derecoñecemento. De compartir a ledicia dos fillos de Cans premiados cos seus traballos polo mundoadiante. Cans vai máis alá de catro días de cine e música. Cans é o máis alá.

Os xefes de estado na tradicional foto de grupo organizada no cuberto de Chelo.

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Page 7: CanZine 2012

Amigos e amigas que disfrutades o Festival de Cans꞉

Este está sendo un ano complicado para moitos e moitas,

xa que nos vimos acosados, agoniados, asfixiados...póla

crise. Aínda que estamos vivindo estes momentos con

moita incertidume e nerviosismo, toda a xente que traba-

lla organizando o Festival de Cans, non perdemos o ánimo

nin a enerxía necesaria para levalo a cabo.

Nestes dias onde temos que apertarnos o cinturón e loitar

contra a adversidade, e xusto e necesario que tamén teña-

mos tempo de festa e lecer. Por iso, este ano o Festival de

Cans é un dos mais completos e variados, para así poder

satisfacer os vosos gustos.

Finais de maio é unha data sinalada para moita xente, e

nestes días todas e todos podedes achegarvos ao Torreiro

de Cans para gozar desta Novena Edición cargada de cur-

tas, longas, música, coloquios, festa e mais festa.

Todas e todos os que traballamos na organización deste

certame꞉ membros de ARELA, Alfonso Pato, veciños de

Cans, familiares e amigo, voluntarios... sentímonos moi

orgullosos de poder convidarvos a Novena Edición.

Deixade as preocupacións e os problemas na casa e vide

a gozar do Festival de Cans!!

Sen mais despídome de vos,

agardando que o pasedes

ben.

Longa vida ao Festival de Cans

Unha aperta a todas e todos.

Keka Losada (Presidenta de Arela) @KekarallopasaA xeito de saúda

Premio!A Asociación Arela, organizadora do Festival de Cans, recibíu en 2011

un dos premios que concede a Deputación de Pontevedra no apartado de

Innovación e Vanguarda. Os Premios Provinciais galardoaron ademais no

apartado de cultura ao pintor Leopoldo Novoa García, o premio á música

popular recaeu en Wenceslao Cabezas, director da Escola Municipal de

Danza de Vigo e o de protección do patrimonio publico ao concello de

Cangas pola recuperación do Monte Facho.

A Deputación destacou de Cans a participación veciñal e o seu carác-

ter aberto e popular ademais da súa importancia como plataforma de lan-

zamento de novos creadores galegos.Alfonso Pato, Keka Losada e a veciña de Cans Alicia recollendo o premio da Deputación

DOENTES

Estreada en Cans'11.

Trece candidaturas e 5 premios nos

Mestre Mateo: mellor longametraxe, mellor

interpretación masculina protagonista para

Antonio Durán “Morris” (nesta categoría

tamén era candidato o outro protagonista do

filme, Olveira Pico), á mellor dirección de arte

para Alexandra Fernández, á dirección de pro-

dución para Enrique Batet e á dirección de

fotografía.

A galiña dos ovos de ouroDurante todo ano, moitas das fitas estreadas en Cansen 2011 foron colleitando éxitos. Cans calidade!

ESPERANDO AL JUEZ GARZÓN

Estreada en Galicia en Cans'11.

Dirixido por Isabel Coixet.

Goya ao mellor documental

N-VI

Presentanda en Fillos de Cans.

Dirixida por Pela del Álamo.

Selección oficial do Festival de

Cine Español de Málaga e

Documadrid.

TRALAS LUCES

Presentada en Fillos de Cans.

Dirixida por Sandra Sánchez.

Selección "Zabaltegui" do Festival

de San Sebastián

Tres premios Mestre Mateo:

mellor longametraxe documental,

mellor dirección e mellor montaxe.

ARRUGAS

Presentada en Fillos de Cans

Dous premios Goya: mellor guión adapta-

do e mellor longametraxe de animación

Catro premios Mestre Mateo: mellor lon-

gametraxe de animación, mellor guión, mellor

música, mellor son e mellor dirección artística.

BIRDBOY

Premio do xurado en animación

en Cans'11

Goya á mellor curta de animación

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Page 8: CanZine 2012

AMPARO RODRíGUEZ (@AMPAROOJEA)

-Que supón o premio do festival de

Cans?

-Este premio para mín é unha ilusión, é

algo moi importante porque é un premio

que vín nacer e crecer. Síntome parte do

festival e este premio é algo moi especial

porque ademais considero que o festival de

Cans é un referente no mundo do audiovi-

sual. Con este premio sei que paso a formar

parte dunha lista moi importante de profe-

sionais destacados do audiovisual.

-En xeral, ¿que supoñen os premios

para os actores?

-Os premios en sí mesmo non supoñen

nada especial pero para un actor supón a

confirmación de que o seu traballou foi bo.

Moitas veces tes a sospeita de que gusta o

que fas, de que conmoves, de que fas rir, de

que emocionas, de que o estás a facer ben

pero non tes a ocasión de contrastalo. Un

premio confirma o que sintes e, como non,

satisfai ese ego que todo actor leva dentro.

-No festival de Cans xa pasou por case

todas…

-Sí, o primeiro ano formei parte desa

comisión que visitaba os galpóns e as locali-

zacións xunto con Suso Iglesias, Alfonso

Pato, Julian… Ademáis participei cunha cur-

tametraxe. Logo participei moitos anos en

coloquios de leira con xente como Luis

Iglesia, Fernando León… Teño que recoñe-

cer que son un fan do torreiro e que me

custa, ás veces, achegarme ás salas por-

que no torreiro vívense momentos tan

especiais que non podo faltar. Síntome case

parte deste pobo. A pesares de que teño

familia en Ourense e que dende pequeno

pasaba a cotío por alí, non o coñecía.

-Segundo premio no festival…

-Penso que vou ser o primeiro en ter os

dous premios. O pedigree e o chimpín pero

penso que eu xa podo dicir que son un actor

de raza galega.

-Que ten este festival?

-O festival de Cans é xa un festival gran-

de que destaca por ser capaz de conxugar

a xuventude coa veteranía. É un festival cun

presente incrible pero baseado no futuro

porque a xente que participa son os profe-

sionais que tomarán o relevo do audiovisual.

É unha conxugación perfecta entre os vete-

ranos e os novos. Todo o mundo coñece o

festival ou porque participou ou por algunha

anécdota pero todo o mundo o coñece.

-Cal é o presente do audiovisual galego?

-O presente é “jodido” pero o futuro

pode ser prometedor a nivel creativo se

existen apoios públicos. A administración

cometeu o erro de retirar a partida do

audiovisual ao talento e o problema é que o

audiovisual no pode vivir sen o apoio público

que garanta que as ideas da xente saian

adiante. O potencial do novo cine galego

semella que vai quedar ao marxe da política

actual.

-Xa ten en mente as súas palabras ao

recoller o premio?

-Direi o que teño no corazón, sentimen-

tos moi especias porque é o único festival

ao que asisto tempada tras tempada e

cando estou cos folgos baixos e non podo

polo menos sempre vou un día. A xente de

Cans xa me coñece e eu a eles, síntome a

gusto en Cans. A iniciativa de Alfonso Pato e

da asociación Arela foi e é brillante. Aínda o

outro dia viume á cabeza o asunto do agro-

glamour que me parece fascinante e pensei

que debería haber un sitio para novos de-

señadores que crearan exclusivamente

para o photocall de Cans…

-Como anda de proxectos?

-Pois eu non teño queixa. Sigo coa serie

e estou co meu personaxe Luna para A3,

ando en novos proxectos con Ángel de la

Cruz e algún que outro dos que pronto

poderei falar.

-Con que se queda de Cans?

-Con todo, coa súa xente, cos organi-

zadores, coa festa, co audiovisual pero,

sobre todo, con que é un dos poucos fes-

tivais capaces de ser provocador, de

fomentar a participación con debates e

coloquios pero tamén capaz de ser gam-

berro. De non perder ese carácter simpá-

tico e gamberro á vez que convive co pro-

tocolo das “pajaritas” e os traxes das

administracións. Quédome con iso: co seu

carácter gamberro e divertido.

Antonio Durán “Morris”, actor e Premio Pedigree 2012

“Teño que recoñecer que sonfan do torreiro”

“É un dos poucosfestivais capaz de serprovocador, divertido egamberro”

“É un premio que vínnacer e crecer”

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Page 9: CanZine 2012

Gonzo entrevista a GonzoFernando González “Gonzo”, o televisivo reporteiro de “ElIntermedio”, entrevista a Gonzo, o Premio Chimpín de Prata2012 do Festival de Cans

(COMEZA A ENTREVISTA)

Que tal, boas, benvidos a este progra-

ma especial edición de Cans. Hoxe entrevis-

tamos a Fernando González “Gonzo” repor-

teiro do Intermedio, (non damos para

máis...) que este ano vai ser premiado co

Chimpín de Prata do Festival de Cans por-

que segundo a organización axudou duran-

te dous anos a que o festival fose a mellor.

ímoslle preguntar si él ten tamén esa sen-

sación de que fixo algo proveitoso.

-En primeiro lugar Gonzo, noraboa!

-Moitas grazas, estou moi contento con

este recoñecemento do Festival de Cans.

-Realmente que foi o que fixeches, por

exemplo, o primeiro ano a que te

dedicaches?

-O meu primeiro ano fun xurado do fes-

tival, pasáronme varios dvs coas curtas e

xunto con xente como Luis Iglesias, Cristina

Castaño ou Luis Piedrahita decidíamos

quen eran os que recibían os premios.

-E o segundo ano?

-O segundo ano xa foi un traballo bas-

tante máis complicado, digamos que fun o

road manager de Wyoming … vamos... que

o home non sabía cómo chegar a Cans, así

que tanto el como a organización pedíron-

me que fose ata alí, que lle explicara como

era aquilo, como funcionaba, a forma de

relacionarse... O home vén da Estepa e

podía estar un pouco perdido... Despois xa

no momento musical soltouse e pola noite

non fixo falla que o acompañara a ningún

lado. De feito pasei toda a noite buscándoo

e nunca souben onde se meteu.

-Es un afortundado por ter este premio,

tes que sabelo...

-Sí, a verdade é que son afortunado por

ter este premio. Tí, de feito, non tes ningún

premio... ou déronche un Ondas ou un TP

ou algo? Entón non preguntes con caralla-

da e con sorna.

-Máis alá da participación activa que

poideches ter no Festival de Cans cal é a

sensación que tes do festival… Cando en

Madrid che preguntan que é o que soes

contar?

-Intento non espalllarme moito para

que lle entren as ganas e vaian ata alí.

Cóntolles que é un festival de cine que se fai

en Galicia donde se mestura o cine propia-

mente dito e tamén o mundo rural. Cóntase

coa presencia da xente da vila como parte

da organización. Poñen cara estrana e

dígolle colles o coche e en cinco horiñas

estás alí. Este ano hai xente do programa

que despois do que lle contamos o

Wyoming e maís eu xa contan con ir. A ver

cómo lles vai!

-E o Wyoming que estivo alí que é o que

acostuma a dicir do Festival de Cans?

-A ver, un intre: Wyoming, vén un

segundo que me están a entrevistar!

Préguntanme que que te parece o Festival

de Cans?

(WYOMING ENTRA EN ESCENA)

-Ah! O festival de Cans. Coido que é

unha das experiencias máis intensas que

tiven na miña vida fora do ámbito sexual.

Estiven alí encantado, sobre todo marabi-

lloume a atitude do público de Cans.

Estamos a falar de Cans Galicia amigos,

non vos confundades. Cómo a xente se

entrega plenamente, cómo atende aos con-

vidados… eu coido que dos mellores anfi-

trións que me atopei na miña vida, cómo os

asisten e logo cómo lles dan de comer, de

beber e o concerto… (que pa que negalo) foi

un concerto fabuloso grazas á entrega

tamén da xente que abarrotaba o adro da

igrexa.

Non estivo mal, ese concerto non esti-

vo nada mal pero da noite de Cans… non

teño un grande recordo porque perdín a

memoria as dúas horas.

(GONZO DESPIDE)

Vai calando, non queremos aburrir aos

nosos espectadores. Moitas grazas por

estar con nós. Vémonos en Cans!

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Page 10: CanZine 2012

Chimpíns de Prata 2012

Carmen e Alberto

A.R

Cada tarde no Eido de Abaixo faise un repaso da actua-

lidade da vila, da parroquia e do barrio. Sentados nas mes-

mas cadeiras nas que hai un ano puido descansar o

Wyoming, Luis Zahera, un veciño de Cans ou calquera visi-

tante do festival; Carmen, Alberto e os seus veciños parolan

sobre a vida, barallan sobre o festival e rescatan lembranzas

traídas da emigración.

Rio de Janeiro, Copacabana, París… son algunhas das

cidades ás que Alberto e Carmen adican parte das súas

conversas.

Carmen Fernández Quintas naceu en Cans, na Buraca,

pero xa leva 47 anos no Eido de Abaixo. Xunto ao seu home,

Alberto Davila Giráldez, veciño de Atios, e os seus tres fillos

formaron unha familia na que non faltan as anécdotas sobre

a emigración de Alberto a Brasil ou Francia.

“As cidades son un inferno, prefiro estar no barrio aínda

que recoñezo que por aí adiante apréndese moito, abres os

ollos e descubres cousas”, explica Alberto que non dubida en

sentenciar que “na terra dun millor que fora”.

De Brasil fascinoulle a beleza pero de Francia trouxo

impregnada a modernidade, as liñas de metro e os tres

aeroportos nos que aterrou con alma de emigrante de

Cans.

Quen lle ía dicir daquela que o nome da súa parroquia

daría a volta ao mundo en forma de festival de cine.

“O festival da moita vida, a nós gústanos estar coa xente,

baixar, conversar, mesturarnos, axudar, prestarlle sillas”,

conta Alberto.

Nos días do festival a súa casa é a prolongación da casa

parroquial pero a Carmen non lle importa, dí que “lle trae

lembranzas de cando ela tiña o bar e nas festas de San

Estevo tiñan que montar as mesas fóra porque o bar esta-

ba ateigado de xente e de festa”.

Agora pásanlle a responsabilidade e o compromiso co

festival ao seu neto ao que lle deixan a casa e tamén unha

advertencia: “O festival ten moita importancia para Cans, hai

que colaborar e haille que dar as grazas a Pato por telo ide-

ado… claro que… xa lle ven de boa familia” sorrín con compli-

cidade Carmen e Alberto mentres contemplan con ollos

admirados a rodaxe dunha escena do Can Campus no adro

da igrexa.

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Page 11: CanZine 2012

O Festival de Cans é moitas cousas para min e todas

boas: o arranque do verán, unha das mellores festa do

ano, atoparme con moitos profesionais do noso audiovi-

sual. Todos os que me coñecen saben que son moi feliz

en Cans… Pero Cans non só é festa.

Nestes momentos de recortes, de crise, en que todo

semella gris, un festival como o de Cans é máis impor-

tante que nunca, case imprescindible. É un festival do

pobo e para o pobo, pero tamén un referente das indus-

trias culturais do noso País. Cada ano o nivel das curta-

metraxes que se presentan é moi alto.

A Asociación Galega de Guionistas (AGAG) está moi

orgullosa de colaborar co Festival de Cans por segundo

ano consecutivo, patrocinando o premio ao mellor guión.

Son tempos duros, os guionistas galegos sabémolo;

padecemos a crise coma todos os traballadores e somos

solidarios cos que o están a pasar mal. Pero somos

conscientes de que nestes tempos duros todos debemos

axudar. Este patrocinio é a nosa pequena aportación.

Parafraseando ao Mestre

Cunqueiro: mil primaveras máis

para o audiovisual galego, mil pri-

maveras máis para o Festival de

Cans.

Carlos Ares (Presidente da Asociación Galega de Guionistas) @XCarlosAresCans non só é festa

Can Campus, amplitude de miras

A.R.

Nun festival como o de Cans que sirve de plata-

forma de lanzamento e promoción de novos crea-

dores do audiovisual, non podían faltar iniciativas

como o Can Campus que naceu na pasada edición

e que cobra maior importancia nesta novena edi-

ción ampliando a súa participación á gravación de

tres videoclips, un making off, un spot promocional

e varios vídeos virais, todos eles supervisados polos

realizadores Juan Lesta e Belén Montero.

O Can Campus convértese nunha oportunidade

para os alumnos da facultade de Comunicación de

Pontevedra. Os veciños de Cans participan tamén

no Can Campus con todo o que faga falta.

Unha idea que naceu da colaboración de

Alfonso Pato e o profesor Oswaldo García e que no

seu segundo ano xa implica a máis de setenta e

cinco persoas entre estudantes, veciños, profeso-

res e grupos musicais.

Baixo a dirección de Carmen Rey e Alba Paz o

grupo Medomedá rodou o videoclip da súa canción

“Quero ver como te ris” no torreiro da festa de

Cans, no adro da igrexa, nas leira.

Glasgow e a directora Leticia Otero elixiron para

“Tormenta de Verano” a localización do Monte

Castelo. O power pop chegou á inmensa rocha do

Pianista da man deste grupo que tivo que transpor-

tar a pé todo o material para rodar o videoclip.

Enrique Otero dirixíu en Cans a rodaxe do video-

clip do tema “Un Piatto”. Unha rodaxe convertida en

festa e na que participaron máis de trinta persoas

entre veciños e algún que outro famoso como o

cantante Tony Lomba ou o actor Ricardo Barreiro.

Os Crebinsky rodaron así o primeiro videoclip do seu

novo disco Jet Lag. Por último, Alba Aguiar

Rodríguez, Antía González Paredes, Eloy Miranda

García, Andrea Andión Fernández e Guadalupe

Gallego Fuentes forman parte do equipo técnico do

making off e dos vídeos promocionais “Cans de

Cine”.

Can Campus encheu, por segundo ano conse-

cutivo, de música, de talento e de ritmos cada

recuncho de Cans transmitindo enerxía, diversión e

frescura.Todo isto e moito máis agárdaos no IX

Festival de Cans.

Arriba a rodaxe do clip de Medomedá. No centro un intre da grava-

ción do clip de Glasgow no monte Castelo. Abaixo, o clip de Os Crebinsky

dirixido por Enrique Otero e baixo ambientación italiana.

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Page 12: CanZine 2012

D.G

-Ven a Cans (esta vez sí) para pulsar ao opinión da xente

sobre o guión da túa nova película. Que é “Elisa e Marcela?

-É coma a canción de Rihanna “We found love in the

hopeless place”: é dicir, unha historia de amor contra todo e

contra todos.

-Lerá o guión e a xente poderá opinar sobre el, incluso

propoñer cambios. Iso é democratizar as ideas e o demais

contos... Non é demasiado arriscado?

-Quero ler o guión porque é un xeito de facer que estea

vivo. Vivín xa dous anos coa sombra destas mulleres e supo-

ño que a palabra é un xeito de recrealas... ata que por fin poi-

damos facer a pelicula.

- Xa rodou en Galicia nalgunha ocasión. É un bo estudio?

-É un estudio impresionante. A luz, as cores, as pedras:

cando rodei “A los que aman” dixen que volvería rodar unha

película aquí e espero cumprir a miña palabra.

- Que referencias ten do Festival de Cans?

-Todas malas, tremendas ( é broma)!!!! Espero que a rea-

lidade faga honra á lenda.

- A pesar de que é unha historia urbana, ao mellor atopa

unha boa localización en Cans para rodar algunha escena...

-Non é unha historia tan urbana, e estou convencida que

en Cans atoparemos algún lugar para a película.

Isabel Coixet, directora de cine

“Estou convencida de que en Cansatoparemos algunha localizaciónpara a película”

Foto Arnau Bach

No noso país o universo da curta e os seus incontables

festivais son un pozo sen fondo pero atreveríame a dicir

que non hai nada comparable ao do Festival de Cans.

A primeira noticia que tiven deste festival foron unhas

imaxes da súa primeira edición na que a televisión mos-

traba a uns felices Enma Suárez, Luis Tosar, Morris and

company subido a uns chimpínes cunhas caras de xolda

envexables paseando por un pobo engalanado e coas

xentes coreando os seus nomes alá por onde pasaban.

Falábase entón da antítese do glamour de festivais de

cine como o de Cannes, e ao que os seus intelixentes

creadores deron en chamar "agroglamour". Todo isto

espertou en min unhas grandes ganas de visitar Cans.

Cal sería a miña sorpresa que pasados tres anos a

dirección do festival convidoume a participar como xura-

do e puiden gozar por fin en primeira persoa da maxia

de Cans, do seu festival e da súa xente.

Cine de calidade, boa música en directo, sorpresas no

último momento e en calquera lugar (calquera espazo

en Cans é bo para un concerto, unha proxección ou

unha conferencia) e a súa xente. Sempre a súa xente.

Cans e os seus habitantes envórcanse cada ano nunha

cita que crece en cada nova edición. E que fai de Cans

e do seu festival un exemplo de cultura popular con

maiúsculas.

E é que o gran cine mais alá das estrelas, as limousinas,

a alfombra roja... gústanos porque nos conta historias,

grandes ou pequenas, e con elas convídanos a soñar, a

pensar, a rir, a emocionarnos... E para iso non fai falla

máis que unha pantalla e unha adega ou unha corte e

vontade e ganas de pasalo ben e cervexa e amigos,

moitos amigos, ou un pobo

enteiro como o de Cans que

todos os anos nos espera cos

brazos abertos para dar o

mellor de si, o mellor do cine.

Grazas Cans!!!

Javier Gutiérrez (actor)

Grazas,Cans!

Desta volta si. A realizadora Isabel Coixet vén adescubrirlle ao público de Cans o guión do seu novo filme

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Page 13: CanZine 2012

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Catro coloquios na leira... e arredores

No Baixo de Moncho, na Leira de Aliciae no Círculo Recreativo Culturalfalarase de cine con Antón Reixa,Sandra Sánchez, Isabel Coixet, ManuelCristobal e Ángel de la Cruz

Mércores, xoves, venres e sábado

temos unha cita cos realizadores

Sandra Sánchez, Ángel de la Cruz,

Antón Reixa e Isabel Coixet. Si, escoitan

ben. Os asistentes ao festival de Cans

terán a a oportunidade de compartir

con eles as súas opinións, curiosidades,

preguntas e ideas no baixo de Moncho,

no Círculo Recreativo Cultural e na leira

de Alicia.

Isto é o que fai de Cans un festival

diferente, a proximidade, o feito de

poder gozar dun filme e logo disecciona-

lo xunto ao seu creador nun ambiente

distendido e de complicidade.

A realizadora Sandra Sánchez gar-

dou para o Festival de Cans unha esce-

na inédita que presentará o mércores

23 ás 17:30 horas no Baixo de

Moncho. “Caracois” amosaranos a com-

plicidade da directora coa familia prota-

gonista e o seu xeito de interactuar des-

pois de nove meses de convivencia e

máis de 200 horas de gravación.

O coruñés Ángel de la Cruz e o pro-

ductor Manuel Cristóbal compartirán

con todos Arrugas, baseado no cómic

de Paco Roca e que vén de gañar dous

Goyas, á mellor longa de animación e ao

mellor guión adaptado. A cita será o

xoves 24 ás 17:30 horas no Círculo

Recreativo Cultural.

O venres 25 ás 19:00 horas no

Baixo de Moncho é o turno de Antón

Reixa e o seu documental Galicia

Canibal, un repaso da Movida dos 80

narrada por máis de vinte persoas.

Xa como colofón aos coloquios na

leira, Isabel Coixet revelará en exclusiva

para os asistentes ao festival unha

parte do guión da súa próxima película,

Elisa y Marcela. Poderemos gozar das

entrañas deste filme, coproducido por

Filmanova Invest, Milou Films e

Castafiore Films, na leira de Alicia o

sábado 26 ás 11:30 horas.

Page 14: CanZine 2012

O Festival de Cans é unha romaría dos sentidos, unha

festa das sensacións.

Estar en Cans é empaparse en mil cores distintas estam-

padas en camisolas ou chimpíns floreados, é emborra-

charse en palabras e imaxes proxectadas ou en proxec-

ción, é bailar ao ritmo da música canalla que nos alimenta

ás chocochorvas* e ós chocochorvos*...

Vivir Cans é emocionarse sen complexos vivindo de ver-

dade palabras coma chimpín, jalpón, pedigrí, torreiro...

Porque iso é o Festival de Cans, o último reduto dunha

forma de vida, dun xeito honesto de ver as cousas, dun

sentimento do “noso”.

*chocochorvas-os: dise daquelas persoas que non só

comprenden se non que comparten e viven ao estilo cana-

lla, é dicir, disfrutando e saboreando todo o bo que hai que

saborear. Do “chocochorvismo”

*chocochorvismo: movemento

“das “chocochorvas” e dos

“chocochorvos”. O movemento

“chocochorvista” non tén ida-

des.

Ricardo de Barreiro (actor)Chocochorvismo

Cans VoulevarA estrada N-120, eixo histórico daparroquia, é este ano un dospuntos de encontro do Festival

A.R.

Renovarse ou morrer, disto sabe

moito a N-120 ao seu paso pola parro-

quia de Cans que este ano vai ver como a

organización do festival transforma os

seus usos, de estrada de paso obrigado a

un auténtico boulevard cargado de cultu-

ra, de artesanía e de música.

A mítica N-120 aínda perdura nas

lembranzas de milleiros de porriñeses, de

centos de veciños de Cans, dos veciños

de Vigo orixinarios de Ourense e de todo

aquel que quixese conectar coa meseta

ou a capital.

A N-120 era o fío conductor que leva-

ba o frescor do mar ao interior, foi a

estrada na que moitos veciños viron cir-

cular os primeiros coches e da que todos

gardamos algún recordo.

De Logroño a Vigo pasando por

Castilla y León a N-120 sofre a reciclaxe

para concentrar na IX edición do Festival

de Cans todo un mundo de exaltación da

artesanía e a música na que os partici-

pantes do festival poderán mercar agasa-

llos e gozar da mellor música.

O Cans Voulevar ocupará a nacional e

sentirase ateigada de xente como hai tan-

tos anos; protagonista coma naqueles

tempos nos que os cativos contemplaban

abraiados o paso das autoridades nos

seus descapotables, exaltados axitando

as banderiñas que a maestra lles dera.

“Na nacional pasaban todas as cou-

sas importantes. Lembro cando a maes-

tra nos daba as bandeiriñas aquelas

pequeniñas para que axitaramos ao paso

de Franco que viña naqueles descapota-

bles preciosos acompañado da súa

muller”, recorda Mela.

Pero tamén lembra que se avisaban

uns a outros porque ía pasar un cortexo

fúnebre que viña dende Lisboa, “con aque-

les coches enormes cargados de flores,

aquelas familias ricas de Xinzo ou de

Verín que emigraran a Lisboa e viñan

soterrar aos seus familiares. Era todo un

espectáculo”.

O Cacilo

Entre as lembranzas de Mela e das

súas veciñas tamén está aquel pequeno

camión no que se enganchaban para

subir a costa na que hoxe está a gasoli-

ñeira, “cando viña o cacilo, que era un

camión verde pequeniño, enganchabá-

monos atrás ata chegar ao final da costa.

Era moi divertido. Tamén nos gustaba ver

os camións cargados de xente que ía á

romería da Franqueira”

A N-120 estaba sempre chea de

novedades, era como un televisor que día

a día plasmaba a evolución e o progreso

e que atraia sempre a curiosidade dos

máis novos.

Os veciños de Cans gardan lembran-

zas do paso daquelas leiteiras de Couso

que pasaban cada mencer para vender o

leite no Porriño, ou dos gandeiros de Lira

ou A Cañiza que levaban o gando á feira

do Porriño e paraban logo a xantar no

Fortes ou na de Jesusa e Juan, hoxe a

casa de Sinda.

A N-120 formou parte da vida dos

veciños de Cans pero tamén da vida de

milleiros de ourensáns e vigueses. Hoxe

transfórmase no Cans Voulevar enrique-

céndose de cultura e diversión.

Será o noso SunsetBoulevard particular,cun mercadiño cheode postos variopintos,unha cantina emúsica na rúa. Alítocarán para osviandantes Sés,Bruno T. Ford eHabelas Hainas.

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Page 15: CanZine 2012

Como Roy Batty, o replicante de Blade Runner¸ eu

tamén vin cousas que non creriades. Se el asegura-

ba ter visto atacar naves en chamas máis aló de

Orión, e Raios-C brillar na escuridade, preto da

porta de Tannhäuser, eu vin a unha delegación da

Xunta de Galicia alugar un avión en Bos Aires para

asistir ás unhas proxeccións de cine galego non sei

se en Mar del Plata ou en Montevideo. Todos eses

momentos, os que viu Batty e dos que souben eu,

perdéronse no tempo como bágoas na choiva. Non

hai un can (con perdón).

É o momento, segundo dixo alguén, de que a

Consellería de Cultura sexamos nós. É dicir, os

autores, os creadores, o público. O problema é que

xa antes quen se encargaba de crear obras, pezas,

estruturas e infraestruturas, eramos nós. Os festi-

vais que teñen o aplauso de público e crítica, os pro-

xectos que perduran chova ou trone, son os que saí-

ron de abaixo, os que naceron da ilusión e de ter

claro o que se quería facer, ou polo menos que se

quería facer algo. Cans (o Festival) é xa un referen-

te porque xuntou as ganas de argallar dos seus veci-

ños e a ansia de expresarse en minipelículas dunha

chea de xente, con medios ou sen eles. Cans penso

que xa non precisa publicidade, nin presenza mediá-

tica, nin autoridades inaugurando ou clausurando,

eses vimbios cos que se fan a maioría dos cestos

culturais.

Pero que logo non digan por aí que a presenza ou a

potencia do cine galego, sexa o que iso sexa, se lle

debe a esta política de axudas ou a aqueloutra liña

estratéxica. Débese a que todo o que é alguén nese

mundo do audiovisual,

ou pretende ser alguén,

levou un día no peto un

abono do Festival de

Cans e compartiu

unhas birras no

Turreiro.

Xosé Manuel Pereiro (xornalista) @sihomesi

Vendo brillar Raios-C no Turreiro

POR ÁNGEL DE LA CRUZ (@SEANTHORTHON)

(GUIONISTA DE “ENGURRAS”)

Cando Manuel Cristóbal me mandou a novela gráfica

Engurras de Paco Roca, quizá non o sabía, pero estábame

facendo un marabilloso dobre agasallo. Lina do tirón, sen

poder parar, sorrindo, emocionándome por momentos,

enternecido e conmovido pola súa historia, os seus persona-

xes e, sobre todo pola habilidade e destreza coa que Paco a

plasmou en papel, tanto narrativa como gráficamente, non

en balde foi merecido Premio Nacional de Cómic no ano

2008. O dobre agasallo constituíano o goce e o crecemen-

to persoal que, como calquera outro lector, experimentei

nada máis zambullirme entre as súas páxinas, e a facilidade

e comodidade que suporía para min escribir a primeira ver-

sión do guión, enriquecido máis tarde polas magníficas ache-

gas do propio autor, de Ignacio Ferreras -o director-, de

Rosana Cecchini, do mesmo Manuel Cristóbal e de todo o

grande equipo de profesionais que participou na produción

desta longametraxe de animación.

E é que o guión estaba escrito, era o propio cómic, tan

só había que transcribir aquelas imaxes tan expresivas,

cheas de metáforas, rica en emocións e sensacións, a diálo-

gos e anotacións de acción. Sen dúbida, é un dos traballos

que máis gocei e que menos me custaron desenvolver. Para

min, alleo ao mundo das viñetas, era coma se alguén me

debuxou o story-board da película antes de escribila, coa súa

perfecta planificación, movementos de cámara, encadres,

angulación, interpretacións...

Paradoxas da vida, no trasncurso destes dous anos de

produción, vin e sufrín como na miña familia máis próxima

cebábase a desgraza do Alzheimer. Teño que recoñecer

que tanto o cómic de Paco como o traballar nesta produción

axudáronme a afrontar con enteireza e resignación esta

terrible enfermidade.

Estou seguro de que Engurras, tanto en cómic antes,

como agora en película, servirán ao público, non só para

entreter (primeira condición dunha boa película), senón para

entender, comprender e, en definitiva, reflexionar e insuflar

alento a todos os que de cerca ou de lonxe sufran os danos

desta enfermidade.

A min serviume. Unha vez máis, grazas por iso.

O Guión, recordos de papel

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Page 16: CanZine 2012

A finais dos anos sesenta xurdiu en

Italia un movemento artístico chamado

Arte Póvera, en galego Arte Pobre, que

pretendía fuxir do industrialismo e o

mecanicismo imperante no mundo artísti-

co, gobernado polo aparato publicitario,

para descubrir novas formas de relación

coa natureza e co público. Hoxe en día,

dúas circunstancias empurran aos cine-

astas a renovar esa filosofía adaptándoa

ao mundo cinematográfico. Por unha

banda, a situación económica e pola outra

o perfeccionamento das cámaras dixitais

de alta definición.

A lóxica económico industrial empu-

rra ao cine a fabricar grandes buques nos

que, ás veces, os elementos de mercado

teñen máis importancia que a historia que

pretenden contar. Ás veces todo se basea

na comercialización de marcas, onde o

nome do director, dos actores ou da saga

á que pertence a película son garantía do

seu éxito, Resulta moito máis difícil posi-

cionar no mercado o produto que fabrica-

lo, de modo que so se aposta polos caba-

los gañadores e iso dificulta o intento de

facer algo diferente.

Ao mesmo tempo hai pouco traballo

para técnicos e actores mentres cunha

cámara de fotos podemos rodar unha

película en alta definición, cunha calidade

de imaxe profesional. Branco e en botella.

Personal Movie pretende aproveitar

estas circunstancias para contar a histo-

ria dun mozo que descubre quen é o seu

pai, do que sempre tivo unha idea equivo-

cada, que descubre o amor de forma ines-

perada nunha muller inmigrante e que se

ve envolto nun asasinato sen saber como.

Quixen utilizar a realidade das mini

cámaras para achegarme a un linguaxe

moderno, de montaxe vivo, onde as pro-

pias persoas producen imaxes para infor-

mativos cos seus teléfonos móbiles, onde

os encadres son desequilibrados e van

dun lugar a outro vertixinosamente.

Para rodar Personal Movie utilicei

dúas cámaras de fotos capaces de rodar

vídeo de alta definición e un equipo moi

reducido e moi profesional. A historia,

aínda sendo un thriller, non precisa esce-

nas de masas nin grandes medios mate-

riais para desenvolver os conflitos entre

protagonistas. O traballo dos actores

abonda para contar o que lles pasa.

Achegándose aos seus ollos vemos se

sofren ou son felices.

O cine póvera permite falar de histo-

rias próximas a nos e ás nosas emocións,

aínda que non se poidan derrubar edifi-

cios nin fabricar naves espaciais. Cando

teñamos máis pasta xa faremos as pelícu-

las caras, que tamén poden estar moi

ben.

En www.personalmovie.es hai moita

información sobre a rodaxe, o equipo e o

traballo cos grandes actores cos que

tiven a sorte de traballar.

PersoalmentePOR HÉCTOR CARRÉ

(DIRECTOR DE PERSONAL MOVIE)

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Page 17: CanZine 2012

Imaxes do storyboard de Personal Movie

A estrea mundial é aquíHector Carré estreará o seu último filme “Personal Movie” no Círculo Recreativo Cultural o xoves 24 de maio

a partires das 20:30 horas. Estará arroupado polos actores Chete Lera, Miguel de Lira, Yelena Molina, Isabel

Blanco, Víctor Mosqueira, Santi Romay e Deborah Vukusic.

Personal Movie é un thriller que comeza cunhas apacibles vacacións e remata en noites de insomnio cunha

trama inquedante na que as noites de alcól cobran factura cando ao despertarse descubres un cadáver.

Asasinatos, chantaxes e conflictos familiares sen esquecer as relacións amorosas que xorden e cambian a vida

son os ingredientes de Personal Movie.

Nacido en A Coruña, Hector Carré pasou da arquitectura ao audiovisual para plasmar sentimentos, sensa-

cions, tramas familiares e moita acción.

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Page 18: CanZine 2012

0Que por maio, eche por maio,

Cando ás veces fai calor,

Que te chama Alfonso Pato

Pa subirte nun tractor.

Pero din os rumorosos

Que aló chamanlle chimpíns;

Cheos de agroglamurosos

Cineastas de Cinexín.

Coarenta veciños por banda,

Danlle vento á pouca tela:

Cine, música e parranda,

No jaliñeiro da abuela.

Si vas a Calatayud,

Prejuntas pola Dolores.

Si vas aquí en Chimpibús,

Vas a flipar en colores.

En un lugar sin banda ancha

Cuyo nombre has de lembrarte,

Hai un festival que enjancha

A tipos do sétimo arte.

Xa o decía Rosalía:

“Y todos, todos se van;

Galicia sin homes quedas

Que non queiran ir a Cans”.

Camiñante sí hai camiño,

Anque estea sin asfaltar;

Está pasando o porriño,

e non se prohibe fumar…

Volverán, ás escuras, as veciñas

No seu jalpón esas telas a colgar,

Volveremos a sentar entre as jaliñas

Para ver nesas pantallas proxectar.

‘O importante é participar, decía,

Un sabio, que gran poeta non sería,

Mais, sabendo, ese sabio non sabía,

Que aquí o que nos importa é a romería.

Por unha mirada, un mundo.

Por un bico, mataría.

Por un Can de Pedra…

Eu qué sei qué carallo che daría.

Deixo en fin canto eu Ben quero

Por vir cada ano a esta festa;

Aquí hai polvo con cachelos

Tamén hai polvo de estrellas,

E si hailos, e haber habelos,

Pode haber polvos de siesta…

¡Morto, vivo, ou alma en pena,

Deixa o que tes entre as mans!

¡Ven ao glamur desta aldea!

¡¡¡Viva o Festival de Cans!!!

Javier Veiga (actor) @veigajavier

Oda a Cans

A.R.

Este é o momento de Sandra Sánchez, o seu momento

de gloria ou, cando menos, da satisfacción de recoller os pre-

mios e os parabéns por un traballo ben feito e que gustou.

Así llo demostrou o público do festival de San Sebastián e,

seguro, que tamén o do noso festival de Cans.

-Mentres escoito a Xoel López penso na entrevista a

Sandra Sánchez, na súa historia de feirantes, de

sentimentos de muller e na súa participación en Cans, por

certo ¿que compartirá con nós?

-Este ano tócame compartir en Cans unha secuencia

inédita da película Tralas luces e tamén liderar e participar

nun coloquio cos asistentes. Xa está aí, xa queda nada.

-Con que sensación se quedou da anterior edición do

festival de Cans?

-Eu o ano pasado estiven coa miña primeira película

Tralas luces e a verdade é que marchei cun estupendo

sabor de boca. Paréceme un festival moi completo en conti-

dos e super divertido.

-Vostede que xa pasou por outros festivais, que lle

parece o de Cans?

-É un festival único porque non hai outro igual. As particu-

laridades do festival de Cans fano especial. A mín encántame

esa mestura de cultura, de participación dos veciños, de

exaltación do audiovisual e de festexo.

-Como se sentíu en San Sebastián?

Pois unha privilexiada por estar alí coa miña primeira lon-

gametraxe. Foi moi positivo e a película tivo moi boa acollida

entre o público e entre a crítica. A verdade é que estar en

San Sebastián coa miña primeira película foi emocionante e

unha oportunidade fantástica.

-A única directora española en San Sebastián… préstase

a preguntarlle se o audiovisual segue a ser un mundo de

homes…

-Había máis directoras pero estranxeiras. Visto así paré-

ceme que sí que segue a ser un mundo de homes e agardo

que, pouco a pouco, haia máis mulleres directoras que amo-

sen o mundo coa ollada dunha muller porque así será máis

plural e diverso, máis completo.

-O mundo dos feirantes, ¿xa o coñecía?

-Non, tiven que exploralo ben a fondo. Adiquei un tempo

a viaxar, a visitar feiras e festas, a petar nas portas das cara-

vanas dos feirantes. A falar con eles ata quedarme con tres

historias familiares e comezar a rodar, pouco a pouco a his-

toria de Lourdes foi cobrando importancia na miña cabeza

ata chegar a xirar todo entorno a ela e ser a protagonista.

-Os coches de choque están nas lembranzas de varias

xeracións, ¿nas súas tamén?

-Sí, por suposto, das pistas dos coches de choque teño

ducias de recordos. Era o punto de encontro dos adolescen-

tes prestándose a ligoteos e a historias xuvenís tenras e

divertidas. Con Tralasluces decateime de que sigue a ser así.

-Tralasluces é unha historia de sentimentos de muller, de

soños polos que apostar pero tamén de soños aos que

renunciar… ¿prefire renunciar ou arriscar?

-Arriscar por suposto.

-Sabes vostede que agora é unha filla de Cans

-Sí? Pois síntome orgullosísima!

Sandra Sánchez, realizadora

“Síntome orgullosísima deser unha filla de Cans”

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Page 19: CanZine 2012

No principio foi o topónimo. E o topónimo fíxose brinca-

deira. Non me custa moito maxinar aos pais do proxecto

debuxando por vez primeira o festival. Véxoos, cervexa

en man, mascando a idea entre risas retranqueiras.

Admitámolo xa: a broma era un tanto obvia, desas que

se producen pola similitude entre dúas palabras. De

seguro que, se paran a pensalo un intre, a vostedes

tamén se lles ocorren unha chea delas. O problema dos

xogos de palabras é que adoitan morrer ben cedo. Con

sorte provocarán un sorriso ou, mesmo, unha gargalla-

da. E ata aí.

O realmente extraordinario para unha brincadeira é con-

verterse no xermolo dun proxecto cultural tan sobrancei-

ro como o Festival de Cans. O marabilloso é que a ana-

loxía entre o topónimo dunha parroquia porriñesa e unha

localidade francesa da Costa Azul teña xerado tal torren-

te de cultura popular.

Os xogos de palabras son universais, si, mais todo o que

agromou arredor dunha semellanza toponímica é algo

eminentemente galego. Sería posible o festival de Cans

noutro sitio? Talvez, pero, créanme, non sería igual. Nin

parecido. Porque en Cans fúndense a retranca, a fanta-

sía, o humorismo e a capacidade de rírmonos de nós

mesmos que temos os galegos coa estética underground

que nos trae a memoria o cine John Waters e a música

do primeiro Lou Reed.

Só así se explica como é posible converter ano tras ano

a estrada que vai de Porriño a Cans nunha sorte de

Sunset Boulevard, nunha Croisette festiva, con chimpíns

en vez de limusinas e cos artistas mesturándose cos veci-

ños como nunha romaría. Só así se explica que o topóni-

mo dunha parroquia galega vaia medrando ata trabucar á

mesmísima CNN, que situou o cumio do G-20 que se

celebrou en Cannes no seu case homónimo pontevedrés.

Acostuma a dicirse, cando se fala de cine, que a realida-

de supera a ficción. Coido que Cans é un bo exemplo

diso. Eu aínda diría máis:

Cans é a proba palpable de

que a realidade supera

mesmo ás brincadeiras.

Deamos todos unha volta

pola nosa Avenida do Solpor.

Roberto VarelaTake a walk pola Avenida do Solpor

@@_be3al2si6o18 Esplendor na leira #cansdecine

M.F.

-Escolla entre os seus propios personaxes:

¿Miguel Chiclé, James Bluff o Javi Williams?, ¿El

Neng de Castefa o Mortadelo?, ¿Guerrero

Massai o Notario?

-Sentíndoo moito por todos eles, aos que

quero moito, o personaxe ao que máis quero é o

que está por vir.

-Colaborou no programa Land Rober da TVG.

Defina a Roberto Vilar en catro palabras

-O que reparte, conseguidor, referente, ami-

gable.

-Agora vén de xurado a Cans e aposto a que

marchará sorprendido. Deame un titular para a

entrevista. ¿Como se imaxina o festival?

-Irme do festival mellor do que cheguei.

-Viría tamén ao “Disco Chimpín”? Consiste en

pinchar música no remolque dun tractor…

-Levo a miña música sempre conmigo… so

cun minijack: maxia. Ameazo con pinchar!!

-A que lle soa o concepto “agroglamour”?

-Soa moi ben, sobre todo polo de agro. Os

que vivimos en grandes cidades buscamos o

agro desesperadamente…

-Vostede fixo de todo, agora elixa: humorista,

actor, presentador de televisión, cantante,

artista circense…

-Cantante, sen dúbida!!

-Como actor, ¿donde se sinte máis cómodo,

nas curtas o unas longametraxes?

-En ningún sitio se está coma na casa.

-Con que tres directores lle gustaría

traballar?

-Tal e como están as cousas… co que chame.

Non me vou pór agora exquisito.

-Despois de Cans, ¿vémonos nunha rave en

Castefa, no Liceo ou nun garito de blues?

-Donde haxa boa música, o envoltorio é o de

menos.

Edu Soto, actor e membro do xurado do Festival de Cans 2012

“Os que vivimos en grandes cidadesbuscamos o agro desesperadamente”

Edu Soto pisará o Festival de Cans coaresponsabilidade de formar parte do xuradopero, ollo, ameaza con provocarnos coa súamúsica e con gozar de cada intre do festivalpara regresar á cidade con máis ganas de Cans.

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Page 20: CanZine 2012

O Festival de Cans é outra cousa, non se parece a ningún outro, e sabémolo ben a

xente que somos adict@s ao ambiente que se crea eses días, ao 'agroglamour' que

ten máis encanto que os tapetes vermellos do seu homólogo francés. Subir a unha

limusina “chimpibús” dá máis cachet, onde imos parar...

Pero vou centrarme no torreiro da festa, no centro neurálxico do festival, onde se

entregan os premios e onde se coce a música e a festa ainda que non é só aí onde

acontece.

Os veciños fan un serán coas Feiticeiras e as Pandereteiras de Cans os días previos,

que se prolonga despois coa harmónica incansábel de Moncho, o home orquestra, e

se mistura cun tango 'Garufa' ao estilo porteño, entoado por unha de Mos. Iso só para

abrir boca...

Un dos momentos máis entrañábeis e intensos que eu vivín foi o do acordeonista de

Torneiros Pablo Lorenzo no 'Aberto por Reformas' de Xurxo Souto, que nos deleitou

con 'Amor na Cume' ou o momentazo da Banda de Música de O Porriño tocando

pezas de cine na sesión vermú, Manqui cantando boleros a pé de barra con Xaime

Diz e Tito Micro ou a sobremesa musical na casa de Rafa e Paz onde repoñemos for-

zas... Un día acompañei a Maseda para ir ver unha das curtas e acabamos co acor-

deón ao lombo na casa de Carreira. Ainda lembran en Cans o virtuosismo do Manolo.

O que queda na retina, nas meniñas dos meus ollos, son moitas imaxes imborrábeis:

unha tarde no canastro co meu querido e admirado Coyote ou sentindo canda él os

bombos dos Bravos de São Vicente. Pura maxia tamén o toque 'indie' do jaliñeiro con

Magín Blanco e Roger de Flor ou o delirio de Tony Lomba cos tirantes 'rojigualdas'.

Cada ano é diferente e sorprendente. Lembro a Teté poñéndollo moi difícil a Kiko

Veneno que tirou de 'hits' para aplacar o ciclón ou as vibrantes sesións do disco-chim-

pín.

Se me preguntan cal é o segredo do éxito do Festival eu diría que son varios desde o

meu humilde e apaixoado punto de vista:

A creación comunitaria, o entusiasmo, o orgullo de ser de alí e mostralo ao mundo, a

música de e para tod@s, o cine nos jalpóns e as pantallas manufacturadas polo vecin-

dario. A catarse colectiva, onde a palabra acción non é precisa porque xa cadaquén

prende a mecha para que a onda expansiva chegue desde o campo da festa ate cal-

quera recuncho do mundo, mesmo da canle CNN que xa o colocou no mapa para

sempre.

O empeño do noso Pato e a súa cara de felicidade cando

se produce cada ano o milagre de Cans e me di na filosofía

de catro patacos que el di practicar: 'Eu son do local, local.

O universal xa virá a nós se quere, que nós onda él non

imos ir'. Mil primaveras máis...

Uxía (cantante) @uxia_meucanto

A Cans-catarsexornal oficial do festival de Cans Maio 2012

As web series fanseun oco no Festival

A necesidade de atopar novos soportes

audiovisuais nos que amosar novas crea-

cións fai que as web series cobren impor-

tancia e aparezan en escena como unha

plataforma de lanzamento de creadores e

de auténticas obras de arte. Por este moti-

vo, o Festival de Cans crea por primeira vez

unha sección especial para as web series.

A través da rede, as web series chegan

a todos os internautas levando ata o último

extremo a creatividade e experimentando

todo tipo de técnicas, estéticas e montaxes.

O Festival de Cans escolleu estas: a web

romántica “Te quiero, pero” de Carlos

Gulías e Ángel Seoane; “Entre Pipas” de

Jorge Cassinello e protagonizada por Luis

Zahera, Xúlio Abonjo e Helena Golden; a

web serie de humor “Unha voz na miña

cabeza” de Carlos Ares, Xosé Castro e

Andrés Mahía; e “Angélica e Roberta” de

Judas Diz e Óscar Chamorro tamén de

humor.

Page 21: CanZine 2012

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Cans a través dos ollos deKiko da Silva (debuxante)

Page 22: CanZine 2012

-Deixas atrás Deluxe e volves como Xoel

López para amosarte máis transparente. Pero

aínda así apareces na portada do disco cunha

máscara. Como é isto?

-Jaja! Tes razón, é un pouco contraditorio,

pero tampouco ten que ser todo tan explícito. No

proceso de creación hai cousas casuais. Tiña

claro que non quería saír na foto da portada e a

máscara foi a escusa perfecta! Está baseada

nunha foto de Lola García Garrido e nin sequera

se pode saber se son eu. Gustábame a idea do

torso espido, os pelos do sobaco... iso di moito da

naturalidade do disco. Hai unha nudez lírica repre-

sentada aí.

-É un álbum máis tranqui e máis folk, veste

menos rockeiro cos anos?

-Si, non é un disco de rock. É moito máis vaci-

lón, máis libre, máis bailongo nalgúns casos e

tamén máis íntimo e tranquilo noutros. Supoño

que me saíu así porque é o que me pasou. Toquei

moito en casas de xente, sempre coa miña guita-

rra española de aquí cara alá, pero sen guitarra

eléctrica nin baterías. O rock require máis infraes-

trutura: un local, electricidade, amplificadores,

etc.

-Despois da viaxe por América, sénteste máis

atlántico?

-Sinto o Atlántico como un elemento unifica-

dor entre América e España. Levo vivindo nesa

dualidade máis de tres anos, pero teño claro de

onde veño. Atopei moita música americana que

non tivera ocasión de coñecer tan a fondo e ao

mesmo tempo vivín un reencontro desde a distan-

cia coas músicas de Galicia e España. Todo de

forma moi sutil. Atlántico bebe das dúas beiras e

é máis rítmico, máis folclórico nalgúns sentidos,

pero ante todo é un disco de cancións de Xoel

López.

-Alá compartiches escenario cunha morea de

músicos, como xurdiron tantas conexións?

-Dun modo natural e non sempre casual.

Moitas veces eu xa coñecía a xente e tiraba un

anzol. Logo sempre sucedían cousas fermosas,

porque coñecer a un lévate a outros músicos.

Depende da enerxía coa que vaias. Ao viaxar só eu

estaba moi receptivo e ávido de novas aventuras.

-Está no forno un documental sobre esas

aventuras, que presentarás en Cans.

-Faremos un adianto da idea do documental,

que recollerá a miña experiencia polas Américas

e a xira posterior, onde tiven o pracer de convidar

a tocar en España a máis de trinta músicos de

países como a Venezuela, Chile, Arxentina,

Estados Unidos, Brasil... e outros da casa como

Budiño, Eladio, Félix Arias ou Iván Ferreiro. Todo

un acontecemento que por sorte está rexistrado

para posteridade.

-Tírache o audiovisual?

-Ante todo son músico, pero fixen algunhas

cousiñas. Protagonicei un documental sobre o

Camiño para National Geographic, dirixín un víde-

oclip de Lovely Luna, fixen algunha banda sonora,

cameos para La Hora Chanante... e moitas cou-

sas caseiras coa miña cámara cutre.

-Vexamos se estás preparado para vir a Cans.

Oíches falar do agroglamour?

-Aínda non.

-Serías quen de conducir un chimpibús?

-Non sei nin o que é, aínda que xa me pregun-

taron o mesmo hai pouco.

-Atreveríaste a tocar dentro dun jaliñeiro ou

dun hórreo?

-Si, oooh!

-Como lle describirías a unha persoa de Bos

Aires o Festival de Cans?

-Polo de agora só podo dicir que me fala-

ron sempre de marabilla del, pero eu aínda

non o vivín.

"Atlántico é un discomáis vacilón, bailongoe tamén máis íntimo"

Xoel López

Esmeralda L. Castro (@_be3al2si6o18)

En Cans escoitaremos en directo Atlántico, o primeiro disco de Xoel López baixo

o seu propio nome, sen pseudónimos, máis nu. Logo dunha ducia de álbums soa

raro dicir que é o primeiro, pero está claro que marca un cambio. Tres anos de

aventura por América confluíron nun Xoel máis reflexivo, que une as influencias

da outra beira do charco coas que xa tiña. Diso dará conta tamén no festival,

adiantando imaxes do documental sobre esa experiencia:

“Xoel López y la caravana americana”

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Page 23: CanZine 2012

Que vas pinchar,Lagartija?O DJ Sergio Lagartija pincha osábado en Cans. Que vai pinchar?Lagartija responde.

SERGIO LAGARTIJA

Nun traballo tan marabilloso como o meu, son moitas as veces que te limitas a exe-

cutalo coa maior perfección posible. E digo ben, limítaste, porque se o teu é vocación

(como é o meu caso) o mellor resultado que podes ofrecer ao público o consegues

cando o dj e a persoa xuntan forzas, e non cando mecanicamente ofreces unha acerta-

da selección de música que é algo que, tras moitos anos de profesión, os djs sabemos

facer. Pero para lograr esta conexión case espiritual entre dj, ego e público necesitas

sentirte parte dun proxecto, dunha idea, dun concepto innovador con estilo propio e,

sobre todo, con corazón do que inevitablemente queres formar parte. É por isto que

sempre amosei o meu desexo de volver a Cans. E este ano volvo -tres anos despois da

miña primeira participación- cunha sesión orientada ao baile, centrándome na música

dos oitenta e en especial nas bandas galegas desa década. Así que soarán Siniestro

Total, Os Resentidos, Semen up, Aerolíneas Federales, Club naval ou os marabillosos

Golpes Bajos. Así e todo, non faltarán sons máis actuais, saltando do punk glamouroso

dos Killer Barbies ao pop maduro de Eladio y Los Seres Queridos, da danza escura dos

Cure ao sempre elegante Bowie, embarcaremos nunha viaxe co único propósito de que

Cans, mesmo de madrugada, siga sendo unha festa.

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Page 24: CanZine 2012

Aerolíneasaterran porque poden

Pilar Comesaña Amado (@PilarComesana)

“No me beses en los labios”, “No sé ligar”, “No todo es

lo que parece”, “Nadie es perfecto”, “No me robes el cora-

zón”, “No tengo dinero”, “Yo no tengo amigos”, “Mi video no

tiene mando a distancia”, “No sigas mi camino”, “No quiero

sufrir”, “No me gusta bailar”, “No me gusta tu comida”…

Tantas cancións co non por diante no adrenalínico feliz dis-

curso intraveoso das súas letras, e deron nun entusiasta

emblema pop do sí a todo! E aí están de volta nos escena-

rios. E aí seguen… So querían divertirse/nos, e así moi

ramonianamente “sui generis” fabricaron estribillos para a

eternidade dende Vigo para o mundo.

O grupo despegou tomando o seu nome dunha das

súas cancións primixenias: ”Aerolíneas Federales”, un

tema recuperado, tres décadas despois, para a reedición

de vinte cancións dun fondo de armario tan pop como ese

foulard de Lois Pereiro que o tempo non apolillará endexa-

mais…

“Aerolíneas Federales” volven porque nunca se foran

de todo. Volven en positivo coa máis ampla folla de ruta no

seu recopilatorio vintage de inéditos “Hasta el final y más

allá”… Demos 1983-1993” (Elefant Records 2012) e

sobre todo, volven aos escenarios. E si, aí estaban capitais

no escenario da Capitol de SDC, un xoves noite, 19 de abril

de 2012: Coral Alonso, Rosa Costas, Miguel Costas, Luis

Santamarina, Silvino Díaz e Pedro Díaz. Como se nada,

como se todos saíran dun bo soño de David Lynch. Só fal-

taba Flechy pero el quedou durmido en Londres en 2002.

Coa roupa negra e o pelo azul… A vida so é un “calentu-

rón”… Que dure! Xa o dixeron os Ramones, “Life is a gas”…

Pois longa vida ás boas cancións de dous minutos que con-

siguen facer despegar na mesma pista a moi distintas

xeracións. Non, se ao fin o pop de Baixo custe rematou en

Aerolíneas de altos voos.

O escritor Neil Strauss titula no seu libro de entrevistas

cun contundente “Todos te quieren cuando estás muerto”.

Pois a Aerolíneas da gusto velos así de vivos e coleando… “I

love rock&roll… todo lo demás me importa un huevo”.

E si. Soy una punk!Aerolíneas nun par de concertos recentes

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Page 25: CanZine 2012

Ata o final emáis alá

Volveu Aerolíneas e, a pesar de que aínda

quedan moitas, estamos a tocar nas mellores

prazas: Lima, Barcelona, Madrid, Compostela

e agora Cans, cada vez máis preto de Vigo, a

nosa cidade de orixe. Eu xa tiven a sorte de

tocar co meu grupo aquí hai uns anos e o trato,

ao igual que o ambiente, foi excelente. É por

isto que cando o director do Festival nos pro-

puxo estar este ano pechando o certame

dende o torreiro dixemos que si inmediata-

mente.

Cans é unha festa de cine, música e un feixe

de cousas máis. Trátase dunha festa que ano

tras ano, a pesar dos recortes, segue a man-

terse como un festival de prestixio. É unha cita

anual á que cada vez acode máis público, así

que este ano será un pracer para Aerolíneas

presentaremos aquí o noso disco “Hasta el

final y más allá”. Xa se sabe que o “máis alá” é

algo descoñecido, pero o que temos claro que

o que non o é será

este concerto; un

concerto divertido

a través do cal uni-

rémonos a esta

festa de todos que

é Cans.

Miguel Costas (músico) @miguelcostas

“O magosto para agosto (…) o parado pide pan (…) Galicia canibal” seguro que

a ninguén lle resultan descoñecidas estas frases que nada máis escoitalas tras-

ladan a mente aos Resentidos e a aqueles anos nos que un tema galego e

en galego chegaba ao máis alto das listas de éxitos.

O festival de Cans tamén repasa a Movida dos 80 coa estrea do

documental “Galicia Caníbal” e o coloquio na leira no que todos os partici-

pantes poderán debatir xunto a Antón Reixa. Volveron Os Resentidos cun concer-

to en Ourense, celebrando así o seu trinta aniversario pero tamén compartindo un vide-

oclip con tódolos internautas dándolle a oportunidade de enviar imaxes que formarán para

sempre parte da historia do grupo.

Pero nesta revisión da Movida dos 80 tamén está a estrea de “Efecto Ría” de Alba Escudero, un docu-

mental protagonizado por músicos da escena musical local de Vigo como: como: Nicolás Pastoriza, Pablo Novoa, Frans Banfield,

Patricia Moon, Julian Hernandez, Aleix Lores, B.O.U.L.E., Iván Ferreiro, etc. Realizado polos alumnos da Escola de Imaxe e Son de Vigo,

“Efecto Ría” penetra na escena musical viguesa dos últimos cincuenta anos da man de Fernando Ferreira, Julio Gómez, Emilio Alonso

ou José Argibay.

Outras citas cos 80Os docus Galicia Caníbal e Efecto Ría

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Page 26: CanZine 2012

POR ISABEL RISCO

(ACTRIZ)

Todos somos Cans, e tamén Cadelas, por que non? Abofé

que si! Recoiro! Maio aproxímase, iso significa que algo

grande, único, auténtico, que marca a ferro, que sorpren-

de, que abraia, que encandea, está a piques de chegar. Aí

está!, a unha carreira de can, O Festival de Cans! E como

diria John Ford ‘Que verde era o meu val’, así é ese val de

Louriña, que agocha con toda esa potencia, e dela poten-

cial, brava e mítica, como non poderia ser de outro xeito

estando gornecido, pola banda de estribor, polo Monte

Castelo, onde se erixía, en tempos pretéritos da Idade

Media, un castelo poderoso, sobre unha descomunal

rocha onde o divino Ludwig Van, que como diría Alex

DeLarge, ao que lle acompañaban os seus drugos, ‘nunca

fixo dano a ninguén, el só escribiu música celestial’; deci-

diu repousar alí por toda a eternidade sen deixar de tocar

o piano. Da banda de babor gornece A Risca, e non teño

nin palabras, nin vocabulario, nin sintaxe, nin capacidade,

e falta de tantas cousas, para expresar o orgullo e pracer,

de carácter máis ben etéreo e místico, ou cando menos

iso creo, xa que poucas veces tiven sensación semellan-

te, saber que levo no meu primeiro nome de familia o seu

masculino, Risco, e pola miña devoción a Cans e ao seu

Festival, faría efectiva e real aquela frase que outrora acu-

ñara un intelectual galego: ‘A unión comuñón do home coa

terra’; sendo esta ‘a unión comuñón da muller, ou rapari-

ga, coa Pedra’. Porque eu, e sen querer emular a ningun-

ha Santa Teresa, son fundamentalista de Cans, son can-

seira festivalística e canística.

Esa unión comuñón dos homes, das mulleres, e de toda a

chavalada en xeral coa terra e co cinema, en todos os

seús formatos, é a que hai, é a que se vive, se disfruta,

agroma, como as patacas cando as plantas coa lúa, no

Festival de Cans, único na súa especie, cun pedigree que

nin os bioquímicos, nin veterinarios, nin outras mentes eru-

ditas dos múltiples audiovisuais do mundo, son quen de

reproduciren nin nun laboratorio perfectamente equipado.

Para min, e dentro da miña profaneidade, e non de tum-

bas nin de cadaleitos precisamente, o Festival é unha

sorte de vangarda popular e colectiva, coma non poidera

ser doutro xeito, que agrela das xentes de Cans e dos

seus impulsores e impulsoras para os seus e as súas par-

ticipantes e visitantes. O continente en toda a extensión da

palabra, conformado pola propia aldea de Cans e todos os

seus alpendres, baixos e adegas, como o Cuberto de

Chelo e o de Antonio, a Casa de Pato, a de Mari, a do

Carrera e a de Bugarín, os Baixos de Afonso e do Moncho,

o Ghalpon Friki, onde todo é posíbel, e a Sala Multiusos

onde todo é múltiple; fai unha simbiose perfecta e única co

seu contido. En calquera dos seus subcontinentes onde

comen 10 comen 15 e os que fagan falta, porque a nin-

guén lle ha faltar un pincho que levar a boca, unha pouca

empanada, tortilla de pataca, ou lacón e chourizo a esga-

lla. Porque desde logo que o festival tamén é o seu conti-

do mais sen o seu continente xa non sería o mesmo; e co

seu continente o despregue de medios técnicos e organi-

zativos, o chimpibús que impresiona co seu ruxido e a súa

presenza, confeso aquí o meu gusto despropocionado

pola maquinaria agrícola, que me provoca cousas inconfe-

sábeis e que sendo portada por unha desas máquinas

vibran partes do meu corpo que nin sabía da súa existen-

cia, as veces teño gañas de gasóleo agrícola polo corpo.

As pantallas, que seica non hai outras igual nin de condi-

ción tan ecolóxica, feitas con sabas e ripias de madeira

coa colaboración de Silvino, o carpinteiro de Cans. En que

localización máis pracenteira e maina pode ter lugar un

coloquio como nunha leira, ben se ven as vacas cando

pacen o calmas e quedas que están. Como as vangardas

soviéticas abandeiraron a Lili Brik, que até hoxe é unha

icona mesmo do pop, emulando a unha traballadora rusa;

os galegos e as galegas temos no Festival de Cans o noso

referente e bandeira do audiovisual, polo menos eu así o

sinto; porque é unha manifestación, un indicio, unha reali-

dade de como somos, do noso concepto, da nosa visión

poliédrica da realidade, e sempre desde a discreción e a

elegancia natural e sen filtros, innata e sen protocolos pre-

fabricados. Descubrimos o fletán, caladoiros internacio-

nais, démoslle nome universal a aparellos e artes de

pesca, explotámos e mellorámos a pataca, producimos

leite para exportar, inventamos o fubolín, a billarda, temos

propiedades comunitarias como as comunidades de mon-

tes veciñais e man común (unha so aman para toda a

comunidade)… Reciclamos somieres, cociñas, tambores

das lavadoras e transformámolas. Todo iso é arte, face-

mos arte co que nos rodea aínda que non estén nun

Guggenheim. E o Festival de Cans, co seu continente e

contido, tamén é todo iso, e un motivo máis de orgullo de

ser galega.

O mesmísimo Aldous Huxley precisaría de boas cantida-

des de mescalina para poder abrir de par en par as súas

portas da percepción e facer fronte á enorme cantidade de

impresións que no Festival de Cans acontecen. Porque

entrar no Festival de Cans é como atravesar esas portas

da percepción, ese universo máxico e real a un tempo, e

a cidade esmeralda de Oz, onde os obxectos cotiás per-

den a súa funcionalidade e, de súpeto, existen como tais;

onde o espazo é máis que relevante, ademais é impres-

cindíbel; e o tempo quérelo parar coa forza dun Chimpín

para que non acabe nunca o Festival, e así acompañar ao

vello e divino Ludvig Van de Cans á eternidade.

Todos somos Cans

O Leo i Arremecághona, o cantautor bomba

O cantor máis punk de Galicia presenta o seu novo espec-

táculo: "O cantautor bomba". Rock'n'Roll cañeiro, combativo,

con sentido do humor e unha personalidade múltipla, tan esqui-

zoide como o país no que vivimos. Tede coidado, pois O Leo

pode inmolarse en calquera momento.

Universo Crebinsky (pasarrúas+concerto+estrea de videoclip)

A responsable da BSO do filme Crebinsky saltou da pantalla ataviada

co uniforme das bandas de música soviéticas da época para envolvernos

no ambiente da película. Cunha coidada posta en escena e os ritmos fre-

néticos da Europa do leste garante festa e diversión. Dánlle vida a esta pro-

posta oito músicos de amplas carreiras, comandados polo contrabaixista

Pablo Pérez e o acordeonista bielorruso Vadim Yukhnevich e entre os que

está o propio director do filme Enrique Otero. Teñen disco novo, Jet lag, do

que gravaron en Cans o videoclip do tema "Un piatto", que agora se estrea

no festival.

máis música

O Sonoro Maxín

Chega a onda sonora. Chega do

interior, dun océano interno. Dun mar

quente e profundo que, aínda que ten

morada certa, non aparece nos mapas.

E vén cargada de ritmos descompasa-

dos que derrotan ás cadeiras no primei-

ro compás, de harmonías dunha soa

nota e de esquecidas melodías atopa-

das no fol dun acordeón. Isto é o que

promete o novo disco que O Sonoro

Maxín presentará en Cans: A onda

sonora (chega do interior). De novo a

visión musical múltiple da banda ouren-

sá, baseada nunha mestura de cumbia,

reggae, rock, ranchera, bolero ou valle-

nato.

Os Veraneantes+Lajaretas

Como vén sendo habitual, a música acompañará a procesión de chim-

pibuses e animarán os camiños de Cans. Os Veraneantes e os Lajaretas

serán os encargados de orixinar ese ambiente festeiro con melodías ace-

leradas e desbarre de proporcións descoñecidas.

Sábado 26 | 15.30h. | Camiños de Cans

Banda Municipal de Redondela

Pasarrúas dende a rotonda do Can ata o Torreiro e sesión

vermú de película con banda de música de Redondela, que

recupera temas imprescindibles de filmes como “A vida é bela”

e “Dr Zivagho”.

Sábado 26 | 13.00h. | Torreiro de Cans

DJ Crebinsky

Enrique Otero, director da película Crebinsky e teclista da

banda Crebinsky, preséntanos unha sesión dj para viaxar bai-

lando dende O Brasil ao Cáucaso.

Sábado 25 | 3.30h. | Bar A Escola Vella (Cans)

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Page 27: CanZine 2012

As pandereteiras epandereteiros deCans

Aproveitando a actuación das Pandereteiras de Cans nos Maios do Porriño aproveitamos para tirarlles

esta foto na Praza Arquitecto Palacios. Mirade que sorrisos e que fachendosos posan logo de premiar aos

espectadores non só cun fermoso maio senón tamén coas súas voces e os sons das súas pandeiretas. Este

ano as Pandereteiras de Cans serán as encargadas de inaugurar o Serán dos Músicos de Cans o vindeiro

mércores día 23 de maio a partires das 21:30 horas no baixo de Moncho. Estarán acompañadas dos gru-

pos de pandeireta As Feiticeiras e Voces das Rías Baixas. Así arranca o festival cheo de música e de cine,

cos veciños e co audiovisual.

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Page 28: CanZine 2012

Germán Coppini, cantante e Dj

“Se quere Reixa, que me chame etomamos uns oruxos"

MANRIQUE FERNÁNDEZ (@MANRIQUEFDEZ)

Foi cantante de Siniestro Total e de

Golpes Bajos nos albures da movida vigue-

sa, traballou en solitario e colaborando con

algúns dos nomes máis representativos da

música española dos últimos tempos,

recompúxose con grupos como Anónimos

ou Lemuripop e converteuse nun deses

nomes de culto respectados por músicos

de toda caste. Agora visita Cans como xura-

do e dj da Noite V Clips. Germán Coppini

nunca deixará de sorprendernos.

Afortunadamente...!

- Un home tan mergullado na música

coma vostede ¿con que nos vai sorprender

en Cans?

- Houbo unha tempanda na que estiven

poñendo música no “Calle 54” e aquelas

sesións eran bastante eclécticas.

Gústanme moitos estilos, dende o blues ata

o soul, ou pinchar un pouco de pop, algo de

rock. Só teño entre 60 e 90 minutos, pero

quero rememorar aquelas tardes. Sen nin-

gunha fixación especial, pero si vou tirar por

cousas que a min me gustan, dende logo, e

intentar que a xente se sinta cómoda.

- Hai tempo que non sabemos nada dos

seus últimos proxectos musicais, Anónimos

ou Lemuripop ¿En que anda metido?

- No caso de Anónimos, é un proxecto

que está un pouco aparcado pero que sem-

pre podemos retomar cando xurda a opor-

tunidade de facer actuacións. Temos un

repertorio de versións e de cancións pro-

pias que está aí. En canto a Lemuripop, o

certo é que acabamos de gravar un novo

disco.

- Ah, si?

- Si, pero aínda non chegou ás tendas.

Cando esto sexa publicado probablemente

xa estará dispoñible. Polo de agora estase

empezando a dar a coñecer nalgunhas emi-

soras. Tal e como está o patio, os músicos

non podemos apostar a un único cabalo

gañador, temos que estar pluriemprega-

dos. A cousa está bastante difícil.

- Que queda do Germán Coppini da

“movida” neste mundo globalizado de

agora?

- Creo que todo. O que si é certo é que,

nestes intres, retrocedemos no tempo e,

na música, voltamos á Idade de Pedra. Os

creativos, os que queren seguir facendo

cousas, téñeno bastante difícil. E se xa

entramos no tema de dar a coñecer can-

cións gravadas, resulta cáseque imposible.

Eu quero pensar que sigo tendo moito

daquela persoa que empezou na música;

sigo tendo as mesmas ilusións, e iso resul-

ta imprescindible para sacar adiante cal-

quera proxecto.

- Se os 80 eran “Malos tempos para a

lírica”, ¿como definiría aos actuais?

- A frase non perdeu vixencia pero, na

situación actual hai unha mistura de todo,

non só da lírica. A situación política e eco-

nómica é terrible, moitísimo peor que nos

80. Daquela, polo menos tiñas un oco

entre o teu traballo e o de outros, o que pro-

vocaba euforia e paixón; tiñamos progra-

mas de radio que daban a coñecer o traba-

llo dos músicos, tiñamos selos, fanzines...

Hoxe séguense a facer moitas cousas, pero

hai menos posibilidades de coñecér-

monos. É coma se todo se centrase

na internet e non houbese un

mundo real alén do virtual, pero

os que non dominamos o tema,

témolo difícil.

- Dígame, polo menos, tres

músicos cos que lle gustaría ter

gravado. Supoño que terá algúns

mitos...

- Xa que mo pides... Eu

teño moitísima sim-

patía por Eric

Burdon [The

A n i m a l s ]

dende fai

moito

tempo; como músico máis contemporáneo,

gústame moitísimo John Ford; e, por citar a

alguén de aquí, mesmo Antón Reixa. Se

quere, algún día que me chame e queda-

mos citados a tomar un par de oruxos.

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Page 29: CanZine 2012

Sempre que me plantexo un espectácu-

lo, imaxínomo no meu particular

Madison Square Garden, o Festival de

Cans. Concerto de baile e que o escena-

rio sexa un chimpín tunneado con lumi-

notecnia, o poleiro, lugar perfecto para

un Crooner políticamente incorreto

coma eu, cun pequeno canón de

luz...pero...para cando outro co " bigo-

tesco meu irmán de vodevil. Elio e este

menda reclaman unha volta ao Torreiro.

Chamádeo pataleta, pero o próximo ano

o Festival cumpre 10 anos, e cando me

preguntan: Sobre o escenario, ¿cando

tiveches a sensación de tocar o ceo?

Cans, é a miña resposta. Neses

momentos síntome como Escrivá de

Balaguer na súa beatificación. A xente

de alí é como o Opus Dei. A actitude é a

mesma. Un fundamentalismo radical

pero coa liberdade de facer e deixar

facer sen facer dano.

Á merda a crise. Sigamos loitando.

Baixemos ao coso e embarremos os

nosos corpos. Fagamos unha enorme

cama redonda cinéfila. Un micro con

forma de pene e o Tony fará a felatio

máis maratoniana do mundo do celuloi-

de.

Que se son soez? De cando en

vez...pero

é que son

T o n y

Lomba.

Tony Lomba (cantante) @TonyLomba

En Cans toquei oceo“Tortilla de corcheas e

percebes” no JaliñeiroAnxo Pintos con Serxio Ces e os lugueses Mulletestarán no Jaliñeiro Unplugged. Sometimos aomúsico de Berrogüeto a un cuestionario avícola.

DG

- Dentro dun Jaliñeiro... Eres canstrofóbico?

-Canstrofílico, gosto de ladrar. Seguro que a acústica non desmerece para botar-

lle un can tico.

-As galiñas non cantan, canta o galo...

Ao galo gústalle dar o do de peito con eses aires pavarottistas que se gasta,

pero á hora da verdade son as galiñas as que se impoñen como coro salmodian-

te.

- Se puxeras ovos, que che gustaría que saíra deles...

-Preferiría usalos como misiles non tripulados contra obxectivos ben escollidos...

-Agora xa en serio... tes pluma?

-Almacenada no nórdico. Máis ben teño escamas que para iso son da tribo dos Pircis e

dos Pintos.

-Elixe: polo asado, polo de fresa ou polo de Lacoste...

-Por quedar quedaría co verso lisérxico de: polo río abaixo vai unha troita de pé...

-En definitiva, que fai un de Berrogüeto dentro dun jaliñeiro?

-Unha tortilla de percebes e corcheas...

Anxo Pintos, un Berrogüetto, eSerxio Ces, un Cempés, xuntan oseu talento musical para poñerlledramatismo á BSO dePercebeiros.

Sábado 26 | 17.30h. | Jaliñeiro Unplugged

Temas dos lugueses Mullet son aBSO dalgún capítulo de Angélica eRoberta.

Sábado 26 | 19.00h. | Jaliñeiro Unplugged

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Page 30: CanZine 2012

mixturadora

Onde collo obus? Ondeaparco?

O bus ten 4 paradas: O Porriño centro (na Avda. Antonio Palacios, na outra beira da Cafetería Nova Maroma). Instituto/Hotel

Internacional (para os que aparquen no Pavillón do Porriño). Restaurante Guanabara. Cans (rotonda de Adroza, na estatua do Can).

Que horarios ten o bus? Venres de 20:00h a 4:00h. / Sábado de 15:00h a 20:00h e de 21:00 a 4:00h Ida e volta cada 20 minutos.

O bus custa 1 € por día. Pagas 1 € e podes subir e baixar en calquera das paradas cantas veces queiras.

Ves en coche? Pois dúas zonas de aparcamento: o Pavillón do Porriño (ao lado do Instituto e do Hotel Internacional) e o Restaurante

Guanabara (a 5 minutos andando de Cans).

Ruta a pé. O sábado ás 9:30h. quedamos diante

da Igrexa. Este ano remontaremos o río do Roupeiro

cara a veciña parroquia de Atios. Unha ruta creada

para a ocasión que discorre na súa maior parte pegada

ao río, escoitando a auga que baixa con forza e vai facen-

do pequenas pozas por todo o percorrido, entre unha

frondosa natureza. Pasaremos por lugares enigmáticos

como o Cachón do Roupeiro, unha poza da que se conta

que nunca se atopa o fondo.

Seguimos a ateigar o torreiro de estrelas. Este ano marcarán as súas poutas no chan: Chete Lera, que foi Pedigree en 2008 (o Sábado 26 ás

16.00h), Celso Bugallo, Pedigree en 2005, (Sábado 26 ás 19.00h.), Mabel Ribera, Pedigree en 2005 (Sábado 26 ás 23.15h.), Isabel Coixet (sába-

do ás 13:30h.) e Antonio Durán “Morris” (sábado ás 23:00h).

O fantabuloso cine ambulante dos irmáns Lumieira. En Cans non somos alleos á nova febre do cine mudo. Por iso están aquí

os Irmáns Lumieira, para sorprendernos co que promete ser un dos espectáculos do ano.O universo hilarante de tres irmáns que

emulan a maxia e a paixón dos primeiros tolos do cinematógrafo. Ademais de relatar a súa propia historia e amosar as súas pro-

pias filmacións en auténtica película de 16 mm, nas súas sesións en Cans presentarán dúas xoias do cine mudo: Never weaken,

de Harold Lloyd (1921) e One week, de Buster Keaton (1920). Farán dous pases sa Sala Multiusos. A 1 euro. Paga a pena!

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Page 31: CanZine 2012

...

O da esquerda é Paco Quintas Etsueña, o autor da portada do CanZine. Ilustrador porriñés, ten, entre outros superpoderes, o graffiti, a ilustración

e o deseño gráfico. Pintou en 17 países. A el gústalle lembrar a acción no mítico Five Points de Queens. É quen de graffitear o camión de David Coperfield

ou facer os estampados que a deseñadora Krizia Robustella luciu na pasarela Cibeles. Estivo nominado aos prestixiosos HIPHOP2010 como mellor

escritor nacional e foi finalista do GZCREA2010. Se vos dicimos que agora está deseñando as máscaras da loita mexicana CAREBEAN WRESTLIG non

nolo ides crer, polo tanto entrade na súa web e confirmade: www.dosceworks.com. En fin, Paco é colega e colabora... nótase?

As camisetas e as chapas deste ano son tendencia. Como de toda a imaxe do Festival, o autor é Juancho

Castaño. Este ano a organización vai de negro, os miles de visitantes de verde pistacho.

E seguimos con merchandaising. Abaixo, imáns de pedra feitos polo

artesán da parroquia Paco Candán. Á dereita, taza, chaveiro e pegata.

Non digades que este ano non tedes onde elixir...

As rifas son a orixe do crowdfunding. Non é só que gastando un

euro esteas a apoiar ao Festival de Cans nestes tempos duros para o

eido do audiovisual, senón que pódenche tocar dous premios ben

paveros: o 1º Premio é unha fin de semana de aloxamento e asisten-

cia á rodaxe “Elisa e Marcela” de Isabel Coixet máis un Can asinado. O

segundo un pase especial de convidado para o festival 2013 para

dúas persoas máis un Can asinado. Non hai festa sen rifa.

xornal oficial do festival de Cans Maio 2012

Page 32: CanZine 2012