canzine 2013

32
Manuel Manquiña - Alejandro Marzoa - Juanma Bajo Ulloa- Alfonso Zarauza - Isabel Coixet- El Gran Wyoming - Jorge Ilegal - Tony Lomba - Rogelio Groba- Cristina Pato -...

Upload: festival-cans

Post on 12-Mar-2016

237 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Terceira edición da revista oficial do Festival de Cans. Dirixida por Diego Giráldez e Amparo Rodríguez, conta con entrevistas, reportaxes e artigos de opinión no que se mesturan firmas de luxo con reportaxes sobre os veciños, artigos de nenos, de voluntarios e de membros da organización. O CanZine inclúe artigos de actores como Antonio Durán Morris ou Víctor Fábregas, o de Isabel Coixet, o de Juan Ibañez Trancas, de El Hormiguero, o do director de Somos gente honrada, Alejandro Marzoa e o dos músicos Jorge Ilegal, Constan Chao e Víctor Coyote, entre outros moitos. Recolle tamén entrevistas a Juanma Bajo Ulloa, Manuel Manquiña, Alfonso Zarauza, Tony Lomba e Cristina Pato. Ademais, o xornalista Fernando González Gonzo, coñecido polo seu traballo no programa El Intermedio, entrevista a El Gran Wyoming en exclusiva para esta publicación.

TRANSCRIPT

Page 1: CanZine 2013

Manuel Manquiña - Alejandro Marzoa - Juanma Bajo Ulloa- Alfonso Zarauza - IsabelCoixet- El Gran Wyoming - Jorge Ilegal - Tony Lomba - Rogelio Groba- Cristina Pato -...

Page 2: CanZine 2013

Dirixen: Diego Giráldez e Amparo Rodríguez (massefecto.com) Iustración de portada: Rei Zentolo Publicidade: Arela. Edita: Asociación Cultural Arela. Colaboran: Manuel Manquiña, Antonio Durán “Morris”,

Alejandro Marzoa, Jorge Ilegal, Isabel Coixet, Iolanda Zúñiga, Juanma Bajo Ulloa, Antón Losada, Juan Ibáñez, Luis Davila, Teresa Cuíñas, Fernando González “Gonzo”, Andrés Mahía, El Gran Wyoming, Federico Pérez

Rey, Rogelio Groba, Nieves Rodríguez, Xosé Zapata, Tamara de La Fuente, Alberto Ramos, Víctor Fábregas, Ruí Sío, Moisés Álvarez, Víctor Coyote, Constan Chao, Eladio Seres Queridos, Antonio Mourelos, María Cheda,

Manrique Fernández, A. Pedreira, César Lourido, Alfonso Zarauza, Keka Losada, Divina, veciños das catro casas pioneiras. Grazas a todos os anunciantes que facedes que o CanZine sexa unha realidade.

Dep. Legal: VG 424-2011 [email protected] / festivaldecans.com / Búscanos en Facebook / @festivaldecans

Page 3: CanZine 2013

Aínda que a idea de matrimonio non me gusta moito,

a relación que manteño co Festival de Cans é comparable.

Así comezou o noviazgo, como unha broma, nun bar de

copas, entre amigos... e ese ligue tonto, dunha noite, cele-

bra este ano o seu Aniversario de Estaño. O primeiro ano

foi de proba, con moito cariño, moita ilusión, fixemos o ani-

versario de Papel. O segundo ano, aínda estabamos na lúa

de mel e festexamos o aniversario de Algodón. Superados

algúns contratempos celebramos o aniversario de Coiro,

e no cuarto ano todo transcurriu como a Seda e celebra-

mos por todo o alto o matrimonio de Madeira. Xa tiñamos

unha relación consolidada, seria, forte... e como sucede

nas mellores relacións, vas facendo amigos, compañei-

ros, coñeces xente que te apoia nos bos e nos malos

momentos. Logo a familia crece e chegan os Fillos de

Cans, e necesitas ampliar a casa para que a familia estea

a gusto, porque para min, a xente que ven a Cans é a miña

familia. E pasados o aniversario de Ferro, de La, de

Bronce e de Barro, chegamos a este ano 2013, onde

imos botar a casa pola ventá para celebrar o Aniversario

de Estaño. Xa temos 10 anos de relación, 10 anos de

experiencias, de recordos, de aventuras, de amizade. E eu,

unha persoa á que a idea de matrimonio non lle acaba de

convencer, só desexo que esta relación cumpra as bodas

de Cristal, de Porcelana, de Prata, de Ouro ou de

Diamante. Longa vida ao Festival de Cans!! Viva Cans!!

Quérote Cans!!

KEKA LOSADA

(PRESIDENTA DA ASOCIACIóN CULTURAL ARELA)

Luis Davila (debuxante) @OBichero

Page 4: CanZine 2013

1. Logo de atrasar o seu ensaio para esperar a que o cura rematase

a misa, Tonhito de Poi sorprende aos fregueses e ao público saíndo ao

escenario ataviado cunha saia prateada no primeiro concerto do festival.

Foto Fátima R. Sío.

2. Javier Krahe convértese no primeiro visitante ilustre que proba a

vertixe de subirse a un chimpín a toda velocidade, co Castelo de Cans de

fondo. Despois virían moitos máis... Foto Fátima R. Sío.

3. José Sacristán entra en chimpín no torreiro de Cans e dedícalle

unhas palabras aos veciños, que non saen do seu asombro.

4. Morris colócalle a Pepe Puime, o condutor de chimpibús máis

coñecido polos fans do festival, o primeiro “chimpín de prata” a un veciño

de Cans. Foto Fátima R. Sío.

Elixir 10 momentos únicos entre os 10 anos deexistencia do Festival de Cans non é doado.Aínda así, os membros da organización do

certame quedámonos con estes . 10 momentosgloriosos que nos traen lembranzas e

emocións. Claro que hai moitos máis! Cal é o voso?

1 2

3 4

5 6

7 8

9 10

5. Tony Lomba conquista o torreiro nunha actuación irreverente á

hora da merenda. Foto Fátima R. Sío.

6. Víctor Coyote entra no torreiro cun megáfono e un banco de matar

o porco cheo de amplificadores, dirixindo a tormenta sonora dos bombos

dos Bravos de San Vicente. Foto Fátima R. Sío.

7. Coque Malla e Iván Ferreiro improvisan un concerto acústico á

beira do “Jaliñeiro Unplugged”, subidos a un pozo, rodeados de centos de

fans e con conexión en directo das televisións estatais. Foto Luis Otero

8. Colócanse as primeiras estrelas no torreiro de Cans, entre elas a

de Luis Tosar, que seis anos antes axudara a impulsar o festival na súa pri-

meira edición. Foto Luis Otero.

9. A CNN coloca a Cans no mapa ao confundirnos coa cidade france-

sa de Cannes, onde eses días se celebra o cumio do G-20. A noticia salta

aos xornais, noticiarios e programas de humor de todo o estado.

10. Isabel Coixet enche o torreiro no coloquio máis numeroso, para

ler anacos dun guión inédito que rodará en Galicia: Eloisa y Marcela.

Foto Rafa Costas

Page 5: CanZine 2013

Premio do Ateneo de Ourense

O xurado do Premio Internacional do Ateneo de Ourense ao

Fomento da Cultura decidiu outorgarlle o premio ao noso

Festival. O xurado valorou especialmente “o seu labor na promo-

ción do audiovisual galego”.

O Festival de Cans está presentetodo o ano. Trascende dos catrodías que se celebra o certame na

parroquia para pasar a ser unreferente do audiovisual galego

durante os 361 días restantes.Aquí tedes algúns exemplos .

No Festival de DouarnenezO Festival de Cans segue a promover as curtametraxes gale-

gas máis aló da parroquia que lle dá nome e dos días nos que se

celebra. O pasado mes de agosto fomos convidados ao Festival de

Douarnenez, na Bretaña, no que proxectaron o making off do

Festival de 2011 e algunhas curtas e clips. Forma parte do proxec-

to “Cans itinerante”.

Un Mestre Mateo da man deQuique Otero

O realizador e amigo do noso Festival Quique Otero recolleu

este ano o premio Mestre Mateo ao mellor videoclip. O clip “Un

Piatto” da Banda CREBINSKY foi rodado integramente nun dos

bares de Cans.

Récord en FacebookCans é o terceiro festival cinematográfico en

España con máis seguidores en Facebook, con máis

de 13.000. Empregando só o galego na súa comuni-

cación en redes sociais, o Festival de Cans só é supe-

rado polos de Sitges e San Sebastián.

Escribo isto mentres me preparo a pasar 10días como xurado no Festival de Cannes. Edecátome de que preferiría mil veces estar apreparar as botas de auga e a mochila para ira Cans e comer polbo e ver películas nos luga-res mais insospeitados e gozar da boa compa-ñía dos cinéfilos galegos. Pero mais alá daanécdota, o que é importante resaltar é esapaixón polo cine que destila Cans e as súasxentes. Nun momento en que se pon en dúbi-

da o valor das películas e a súa influencia,comprobar como cada sesión do Festival dálugar a acendidos coloquios, reforza a maltrei-ta autoestima dos directores e é a proba unhavez mais, de que o cinesegue a ser unha armapoderosa para entendero mundo e as súas kaf-kianas circunstancias.Longa vida a Cans!!!

Isabel Coixet (directora de cine) Camiño de Cans

“Cada sesión do Festival deCans dá lugar a acendidoscoloquios, reforza a maltreitaautoestima dos directores e éa proba, unha vez mais, deque o cine segue a ser unhaarma poderosa”

ISABEL COIXET

Page 6: CanZine 2013

O Festival de Cans recibiu este ano 164 producións para compoñer a súa programación: 82 curtametraxes

de ficción, 14 de animación, 56 videoclips e 12 pezas doutros xéneros. Aquí tedes os seleccionados.

LA NANA

Dirección e guión: Héctor Domínguez-Viguera

Elenco: Alicia Rubio e Críspulo Cabezas

Vai de: Héctor e Sofía acaban de ter o seu primei-

ro fillo. A partir daí, a parella comeza a formular-

se temas fundamentais para a súa relación.

MAL DE SANGRE

Dirección e guión: Pedro Díaz

Elenco: Carlos Blanco, Helena Miquel, Jordi Cadellans,

Guillermo Creu Heras e Susana Carlant

Vai de: Recén chegado de faenar, Enrique recibe o

golpe de mar máis complicado da súa vida.

TRAVIS & JANE

Dirección e guión: Sika Lamas

Elenco: Amparo Malo, César Aldea e Quique Vázquez

Vai de: Unha moza recibe unha mensaxe de voz do

seu ex mozo. El recórdalle o moito que se amaban.

SEIS: DIECISÉIS

Dirección, guión e montaxe: Juan Rodiño García

Elenco: Ángel Sousa, César Lourido, Ana G. Guisado e

Fran Rodiño.

Vai de: Álex traballa como dj nun clube de Berlín e

decide volver á súa casa. Esta non é a única decisión.

MR. SMITH E MRS

WESSON

Dirección: Jorge Saavedra

Elenco: Octavi Pujades, Camila Bossa, Luis Iglesia B.,

Xabier Deive, María Mera, Daniel Currás, Iván Marcos

e Axel Fernández.

Vai de: Malia a súa mocidade Mr Smith xa viviu unha

morea de peripecias.

O DISCURSO

Dirección: Yolanda Chelsea

Elenco: Rubén de Marina

Vai de: O primeiro ministro da República de Portugal

repasa na súa quinta o discurso que dará esa noite a

nación.

FLORES PARA

AMALIA

Dirección e guión: Nani Matos

Elenco: Gonzalo Uriarte, Mela Casal, Luis Iglesia B.,

Susana Dans, Avelino González, Santi Cortegoso, Teté

García e Machi Salgado.

Vai de: Alfonso e Amalia pasan os últimos anos da súa

vida nunha residencia de maiores.

BUKKAKE

Dirección, guión, montaxe e fotografía: Edu Lavandeira

Elenco: David Perdomo e Estíbaliz Veiga

Vai de: Que pasa cando lle propós un bukkake á túa

parella?

NO TIENE GRACIA

Dirección e fotografía: Javi Camino

Elenco: Enrique Lojo, Armando Guerreiro, Arturo

Cobas e Carlos Villa

Vai de: Cosmo García está preparando unha perfor-

mance coa que espera rachar con todos os tabús.

ROBIN & ROBIN

Dirección e guión: María Pérez e Hugo Amoedo

Elenco: María Pérez e Hugo Amoedo

Vai de: Robin e Robin atópanse na lavandería e isto

levaranos a descubrir por que os superheroes tamén

teñen corazón.

POOL

Dirección e produción: Juan del Río

Elenco: Víctor Rodríguez, Pedro del Río e Kevin

Stewart

Vai de: Patrick e Harry descobren algo sorprendente

na piscina de Patrick.

AS VACACIÓNS DO

VERDUGO

Dirección, guión, montaxe e fotografía: Sonia e

Miriam Albert Sobrino

Elenco: Alfonso Míguez, Susana Sampedro e Xavier

Estévez

Vai de: Un verdugo de garrote dun réxime ditatorial

trata de fuxir dos horrores da súa profesión durante

unhas curtas vacacións.

CALQUERA

INFINITO POSIBLE

Dirección, guión, produción e música: Roi Fernández

Elenco: Celso Bugallo e Modesto Lacén

Vai de: Unha partida de xadrez pode dar para moito.

SUICIDIO LAMPREA,

LA BALADA DE

SIMÓN

Dirección e guión: Guillermo Arias-Carbajal

Elenco: César Cambeiro, Roberto Luna Sánchez e

Bárbara Grandío

Vai de: Simón sortea obstáculos no seu camiño cara

o suicidio.

/Carme de Adela, xubilada/

Aurora de Lago, ama de casa/ Félix

Vila, practicante / Mina de Pedreiro,

propietaria do Jaliñeiro Unplugged

/ Rosa Bernárdez, monitora de

autoescola/

Dosveciños

FLYING

Dirección / Guión / Montaxe / Produción: Manuela

Elizabeth Rodríguez González

Vai de: A película arranca cun personaxe que cre non

poder esperar nada máis da vida. Nese momento

comeza a viaxe.

TRABALLO

CELESTIAL

Dirección / Guión / Montaxe: Juan Martínez

Vai de: Peter e Lubider, anxo e demo respectivamen-

te, comezan a súa xornada laboral no departamento

de almas do ceo e do inferno.

MORTI

Dirección / Guión: Carlos Fernández Fernández

Vai de: Morti é a perda da inocencia, unha reflexión

de como o home estraña a súa inxenuidade infantil e,

ao tempo, o desexo por preservala e evitar que a dor

e o sufrimento que o rodean troncen o que debería

ser unha infancia feliz.

( )

()

/Mara Sánchez, actriz/

Juan Ibáñez “Trancas”, guionista/ Unax Ugalde, actor /

Xabier Fortes, xornalista / Cristina Pato, gaiteira e pianista/

Patricia Vázquez, actriz / / Xavier Villaverde, director de cine/

Dascurtas

Page 7: CanZine 2013

Por circunstancias case sempre de traballo, non pui-

den estar en Cans máis de un par de veces e claro,

como non, tamén eu recordo os chimpíns, o agrogla-

mour, os paseos polos alpendres, a empanada, a noite

de clausura...

Para unha gran maioría o que diferencia o Festival de

curtametraxes de Cans de moitos outros festivais está

máis na forma ca no fondo, máis no envoltorio ca no

contido. O equipo que consegue levar adiante este fes-

tival é capaz de facelo internacional fale de música, de

cine ou de empanadas...pero que queren que lles

diga...a mín, deste festival gústame sobre todo o fondo,

o espírito, e sobre todo que sexa lugar de encontro.

Das dúas veces que asistín quedoume algo moi claro,

aquí vénse a disfrutar, sí, pero tamén se ven a falar de

cine, do audiovisual, do noso en definitiva.

Non sei que pensaredes vós, pero eu penso que nesta

profesión necesitamos vernos máis, falar máis, dialogar

e debatir... ou discutir se se fai necesario. Vernos en

galas está moi ben, saudarnos nas estreas é moi pra-

centeiro, pero, á parte de que ás galas a saber cantas

vidas lles quedan e que as estreas hanas vender cada

vez máis caras, ocórreseme que necesitamos de luga-

res coma Cans. Xa sei que vou un pouco de iluso, pero

precisamente agora, con todo o que está pasando ao

noso redor, pediría que, ata onde se poida, o festival de

Cans fose máis ambicioso no fondo, e xa postos a pedir,

gustaríame que Cans, durante o festival, fose lugar de

paso obrigado para as novas xeracions de creadores e

que estas se visen atendidas por xeracions que noutro-

ra tamén foron novas.

Pasar un par de días a fináis de maio no pobo de

Cans dame as respostas a esa pregunta que me

fago tantas veces, e xa non digamos ultimamente,

de por que me dedico a isto do audiovisual. Ao

mellor pensas que a resposta é porque non vallo

para outra cousa...¡pois non! Os que nos adicamos

a isto valemos para moito máis...polo menos unha

gran maioría; o que

pasa é que non quere-

mos vivir doutra manei-

ra, nin tampouco quere-

mos que nos boten dun

sitio ao que nos custo

moito chegar.

Antonio Mourelos (actor e Presidente da Academia Galega do Audiovisual) @AntonioMourelos

Cans: lugar de encontro para definir o noso

LUNA, TE QUIERO

Dirección/Guión/Montaxe/Produción:David Fidalgo

Vai de: Un sol mozo namórase dunha bela lúa. Para

conquistala non dubida en percorrer os intrincados

recunchos do universo e repoñerse dos atrancos

que se lle presentan.

ONLY YOU

Dirección/Guión/Montaxe: Belén Sousa Domínguez

Vai de: Un novo falecido acaba de chegar ao cemite-

rio. Un esqueleto achégase á tumba para ver a foto

da lápida e queda prendado del.

MARUXIÑA, MEU

AMOR

Dirección/Guión/Montaxe: Jorge Costas

Vai de: O vello maquinista, maleta en man, está con-

tento na estación. Maruxiña, o seu amor de toda a

vida, espérao nun estraño andén.

SANGRE DE

UNICORNIO

Dirección: Alberto Vázquez

Vai de: Dous malévolos osiños saen a cazar unicor-

nios, a súa presa predilecta.

MOISéS ÁLVAREz (@FRENCHCHOU)

Agora que o branco e negro se expande neste mundo en

trance, é hora de enganarnos cun final sen mortos. Alugar un

apartamento no que practicar a abstracción, recontar os dis-

cos cos que nos fixemos poppies ou surfear sobre o colchón.

Por dentro, un piso en Pontevedra parécese a outro en

Seattle. é a hora da evasión.

Unha escolma de videoclips pode ser un bo refuxio para

agocharnos de nós e das malditas circunstancias. O escon-

dedoiro debaixo da auga dilúe as percepcións, o abrigo quími-

co do filtro amoroso concéntraas. Os sentidos foxen como

amigos que emigran a Atapuerca, permítennos crernos

rebeldes nunha festa ianqui de pijas e nerds e, nesa axitación

de verdades e mentiras, confundirmos México con

Corrubedo.

Nos retornados tempos en b/n, xorde o impulso das

navalladas, das vinganzas con veleno por un amor de lata. Os

machos alfa sacan peito no peep show e as patrias desem-

poan a súa épica. é tempo de pastiche e polaroids solariza-

das. Se os cartos non che dan para mercar o billete a Marte,

a escapada máis próxima leva a Cans. 16 videoclips para

unha fuxida. Evasión e vitoria.

Evasión e vitoria

/Juan Fuentes,

presentador / Uxía Senlle, cantante / Iolanda Zúñiga, escritora e

pedagoga musical / Charli de “Los Suaves , músico /

Pilar Comesaña, xornalista /

Dosclips

Page 8: CanZine 2013

MANRIQUE FERNÁNDEz (@MANRIQUEFDEz)

–A primeira pregunta é obrigada: ¿que se sente cando

lle anuncian que lle van entregar o premio Pedigree?

–Danme moitísimo reparo estas cousas. Saber que

hai un grupo de persoas que se reúne porque así lle lo

parece, e que pensa en ti e no teu traballo, sen que teñan

ningunha obriga de nada... Iso éncheme de satisfacción.

–¿Vaidade?

–Non, non é vaidade: é saber que o que estás facendo

chega á xente. O que a min me enorgullece é estar com-

partindo espazo cos demais premiados: Morris, Ernesto

Chao...

–¿é tan difícil como parece a profesión de actor?

–Non, pero tes que ter moi claro o que fas. Dende unha

perspectiva profesional, a algúns actores o que lles falta é

liberarse do pudor á hora de levar a escena certos perso-

naxes. Ás veces séntense ideoloxizados por cuestións polí-

ticas, sociais, relixiosas... Hai que estar por enriba diso,

mesmo saber rirse desas cousas, incluso de un mesmo.

–A vostede defíneno a cotío como o “showman” galego

por excelencia. ¿Está de acordo?

–Eu cubro un abano moi amplo, outros limitáronse: eu

o que quero é encher os teatros de público. Noutros tem-

pos falábase con descrédito do teatro comercial, pero eu

deféndoo: eu o que quero é espectáculo. En calquera caso

hai cuestións esenciais como a implicación co traballo e a

honradez coa que o fas. Sen iso non hai nada, e o especta-

dor percibe que non hai nada.

–Regresemos a Cans. ¿Xa ten preparado o discurso?

¿A quen lle vai dedicar o premio?

–Se alguén merece unha dedicatoria é a organización

e pobo que sostén o festival, que levan tantísimos anos

implicados en darlle agarimo á xente que imos alí. Ben sei

que son días de festa, pero tamén son días de traballo para

toda esa xente, de mirar que todo vaia ben, que non haxa

erros, que todo o mundo marche contento... A ilusión do

pobo, iso é o mellor que ten Cans, tomar uns viños coa

xente, falar con eles e sentirte agusto... Iso é emotivo.

–Deduzo, entón, que se lle ofrecesen unha limusina

rexeitaríaa para subir no chimpinbús.

–A miña limusina sería un chimpín negro cos cristais

afumados polo fume de curar os chourizos.

Manuel Manquiña, Premio Pedigree 2013

“Eu o que quero éespectáculo”

“Cando Pato me chamou por primeira vez para ir ao

festival de Cans non puiden acudir porque as datas

coincidíanme con traballo. Lembro que lle contestei,

de broma, por suposto, que eu non ía a festivais

afeccionados. Creo que foi na terceira edición.

Dende entón acudín sempre que puiden; cando non

fun foi por motivos de traballo. Se ata fun membro

do xurado nunha edición...” Así naceu a vinculación

de Manuel Manquiña co festival de Cans.

Morris nunca lle chama Manquiña. Nin Manuel. Para el, que goza do

beneplácito dunha amizade curtida polos anos, é “Manqui”. E punto.

“Coñecín a Manqui cando actuaba nun local da rúa Carral que se cha-

maba Charango, aló polo ano 79. Levaba un espectáculo medio de caba-

ret, con monólogos, cancións... E impresionoume a súa forza en escena”.

Pero non sería ata 1987 que coincidiron sobre o escenario represen-

tando “Almas perdidas”, de Xosé Cermeño, en producción do CDG e

Artello Teatro. “Aí foi onde iniciamos a nosa amizade”.

Entre bambalinas, como non podía ser menos, naceu o lazo que

agora une a estes dous “Pedigrees” indiscutibles. Unha amizade que os

levaría a formar “algo parecido a unha parella artística da movida, ou da

post-movida”, nunha manchea de programas da TVG, espectáculos tea-

trais e mesmo cinema. “Para min, Manqui non só é un actor de referen-

cia en Galicia, tamén é un gran comunicador e, sobre todo, un showman.

Ás veces pode ser polémico, pero iso é porque é atrevido e non lle impor-

ta arriscar”. ¿Alguén dubida de que iso sexa un valor para un artista?

Pero á marxe de cuestións profesionais, o que Morris máis valora

de Manqui é a amizade: “Se é o teu amigo sabes que tes un verdadeiro

amigo no que confiar plenamente. é un tipo asequible e entrañable e, por

se iso fora pouco, tremendamente divertido. Ir de marcha con el signifi-

ca que vas pasar toda a noite rindo”.

“Manqui”, por Morris

“Se alguén merece unhadedicatoria é a

organización e o pobo quesostén o festival”

“A miña limusina sería unchimpín negro cos

cristais afumados polofume de curar os

chourizos”

Foto Alberto Ramos

Page 9: CanZine 2013

Todo é moito máis grande, máis salas, máis

chimpíns, máis música, máis… Agroglamour.

O primeiro Festival de Cans naceu así,

medio en broma medio en serio. Dende

Arela pretendíamos facer algún evento nesta

parroquia pero sen pretensións tan grandes,

ata que Alfonso Pato se cruzou no noso

camiño unha noiteboa, en lugar de estar na

casa como manda a tradición familiar tanto

eu coma el decidimos saír de festa. Aí xurdiu

a primeira conversa. Logo desta reunión

nocturna chegaron outras xa máis en serio

onde saíron os conceptos máxicos de “chim-

pín” e “ghalpón” en vez de luces, cámara e

acción. Neste primeiro ano lembro sobre

todo pensar en como se ía montar todo, o

que lle iamos contar aos veciños, como con-

seguir material para decorar as salas, os

colaboradores, etc. Non era poñer unha pan-

talla e un proxector e a correr. As pantallas

feitas de madeira e as sabas, os bancos de

caixas de bebidas e taboleiros, as alfombras

do IFEVI recicladas,… A todo isto hai que

sumarlle a colaboración de moita xente que

cedeu o seu tempo e os seus materiais e só

faltaba arrancar.

Lembro o primeiro ano, o ben que o pasa-

mos a xente de Arela, quizais foi no que máis

disfrutamos; aquel pequeño festival de for-

mato familiar onte todos eramos actores,

organizadores e público. Logo Cans medrou,

cada vez máis traballo pero sempre coa

satisfacción dos remates do festival, cando

subíamos a recoer o premio do aplauso da

xente, do aplauso de Cans.

Grazas a todas as compañeiras e todos os

compañeiros de Arela que estiveron dende o

primeiro día, aos que

deixamos o barco en

boas mans e aos que

entraron novos. Sen

ningún de vós este

festival non sería

posible.

Dez anos despois...

César Lourido (1º presidente de Arela)

@sesiterapia

AR

Se o festival de Cans traspasou fronteiras foi grazas ao empu-

rre e á implicación dos veciños que nada tiñan que ver co cine pero

que resultaron "ser de cine".

A maxia do festival sorprende pero tamén abraia a atitude dos

veciños que o dán todo, que se visten de agroglamour e se funden

co resto do atrezo de Cans. Agradecidos pola fusión conseguida

nestes dez anos de festival, a organización concederá un Chimpín

de Prata aos propietarios do Cuberto de Antonio, aos da Casa do

Carreira, aos do Cuberto de Bugarín e aos da Casa de Pato.

Lamentablemente a parroquia non poderá celebrar o décimo

aniversario con toda a ledicia ansiada porque faltan algúns dos

homenaxeados e veciños que marcaron a historia da parroquia e

do festival.

Descolgar o teléfono e falar con Cristina ou Néstor é conversar

coa ilusión herdada dos seus avós e pais que acolleron con cariño

e ganas a primeira edición a pesares de non saber o que ía acon-

tecer. "Lembro aquel día cando o avó Antonio me chamou para

pedirme que lle deixara a Pato o cuberto para unhas proxeccións...

dende entón as miñas pequenas participan, uniformámonos con

camisetas do festival e pómonos á cola para mercar entradas para

os amigos que veñen de fora a ver as curtas", explica Cristina emo-

cionada.

Néstor tampouco esquece aquel día que ía no barco de

Barcelona a Menorca sentado ao carón dun extremeño, un cana-

rio e un de Mataró e, a piques de quedar durmido, ergueu a cabe-

za ao escoitalos falar dun festival de cine. A sorpresa aínda foi máis

grande cando xa en Menorca víu a súa nai na tele falando do festi-

val. Isto é a maxia do festival, a capacidade de transmitir ilusión de

Mari Carmen e Manolo, a de Suso, a de Antonio e Carmen e a de

Mela e Juan que conseguiron deixarlla en herdanza aos seus fillos.

Catro casas xenerosasEn 2004 houbo catro casas que abriron as súas portas aunha idea e entón arrancou o Festival. Este ano reciben undos Premios “Chimpín de Prata”.

"Lembro aquel día cando o avó Antoniome chamou para pedirme que lle

deixara a Pato o cuberto para unhasproxeccións... “

Page 10: CanZine 2013

Sempre me gustaron os cans. Son fieis, amigos dos

seus amigos e encántalles ladrar sen motivo aparente.

Cando era máis novo, miña nai dicíame: "Levas unha

vida de can". E non se equivocaba moito: comía, bebía,

satisfacía outras necesidades (do espírito) e durmía.

Miña nai nunca foi ao Festival de Cans, pero se fose,

había dicir algo así: "Ahá! E aquí é onde vos xuntades

todos, non? Ai, cadelos". O que non sabe miña nai é

que, desde hai dez anos, os cans non só comen, beben

e dormen, senón que tamén escoitan música, asisten a

charlas e conferencias e, sobre todo, ven cine. Tiven a

sorte de asistir ao primeiro Festival de Cans, alá por

2003. Respirábase ilusión, nervios, celuloide e o gasoil

dos chimpíns. Hoxe, grazas á ilusión, aos nervios, ás

curtas e aos chimpíns, Cans converteuse nunha cita

inexcusable para calquera persoa que teña ganas de

contar unha historia a través da cámara. Ah, case o

esquecía. Miña nai ten un galpón de par da casa, e

todos os días comenta: "Boh,

non sei qué facer co galpón

este. Calquera día xa o tiro".

¿Sabedes que? Creo que vou

levar a miña nai ao Festival de

Cans deste ano.

Federico Pérez Rey (actor) @FedericoPrezRey Unha vida de Cans

ANDRéS MAHíA

Xa se fixera antes. Fixéranse cousas semellantes con máis

cartos, con máis poderío, con máis xente. Agora tratábase de

facelo igual, pero distinto. Había que facelo con menos cartos,

con menos poderío, con menos xente. E xuntáronse a cavilar

tres amigos, ou catro, e despois de trazar contas sobre un par

de barras, decidiron que si se podía, que para levantar algo así

non se precisaba outra cousa que talento, esforzo e catro

ideas claras.

E así foi. Chamaron a máis amigos e dixéronlles que a

pasta esta vez non contaba tanto, que habería que gañar

menos e compensalo cun espírito de troupe, de cooperativa.

Non habería nin camaríns nin salóns de maquillaxe. Non habe-

ría vestiario a tutiplén nin figurantes, non habería tampouco

máis choferes que os que tivesen ese día o coche libre. Iso si,

habían beber xuntos e comer xuntos, habían esperar uns

polos outros e axudar a mover as caixas e os cables. Quen tive-

se un amigo, podería traelo a mirar. Quen tivese unha idea,

debería compartila en voz alta.

Así que sen moitos cartos, sen grandes focos, sen xornais

que lles regalasen reportaxes e titulares, fixérono. E xa levan

anos, cada vez lles sae mellor e disque van seguir ata que se

aburran.

E todo isto válelle tanto ós veciños que montaron o Festival

de Cans como á recua de cómicos que creou Era Visto. Son

dúas cousas ben distintas que compartiron unha maneira de

nacer. Estes días brindarán xuntos. Tampouco será a primei-

ra vez, por suposto… Pero hoxe teñen escusa. Felicidades.

O programa de TVG“Era Visto”, de zopilote,recibe un dos premios“Chimpín de Prata”polo seu apoio aoFestival

Page 11: CanZine 2013

Divina con algúns dos cadros da súa mostra.

@s veciñ@s toman a iniciativa

Expo

AMPARO RODRíGUEz (@AMPAROOJEA)

Nada escapa da "Ollada Divina". Dende aló,

dende o barrio do Castillo, o seu pincel captura

coma un teleobxectivo minucioso a sinxeleza

rural de Cans, o día a día e os trasegos dos veci-

ños.

Os das Cabadiñas, os do Castillo, os da Droza

e o “Homiño tomando viño” están xa atrapados

en lenzos dos que nunca poderán fuxir e que

agora viven en liberdade na procura de novo

dono.

Tan divina como Frida Kahlo pero cunha vida

máis marcada polo traballo que polo sofrimento,

a inqueda Divina deixou o seu traballo de feirante

para coidar da familia e, dende hai dez anos,

tamén para plasmar nos seus lenzos o seu inte-

rese pola vida, polo coñecemento, polo excepcio-

nal e polo cotiá.

Calquera momento do día é bo para ter unha

idea, calquera paisaxe, anécdota ou situación sir-

ven de fonte de inspiración para esta artista que

atesoura xa máis de cincuenta obras que nesta

décima edición do Festival de Cans poderán ser

vistas na galería de arte que Divina improvisará

no baixo da súa casa. Todo aquel que goste pode-

rá mercalas e presumir, así, de posuir unha obra

tan misteriosa e madura como a súa creadora.

O Festival de Cans nútrese do voluntariado,

da creatividade, das gañas de gozar do audiovi-

sual e da implicación dos veciños que, este ano,

decidiron dar un paso máis propondo novas acti-

vidades como as da Costa Azul ou a da

Exposición de Pintura de Divina.

Do costumbrismo ao surrealismo, esta prolí-

fica artista non pinta ao azar. Cada trazo ten un

esforzo meditado detrás.

Divina non pecha os ollos, ábreos, ben aber-

tos para que entre toda a luz, toda a informa-

ción... de súpeto algo a fai espertar da sesta:

acaba de inspirarse, chama á súa neta, pídelle

que lle busque en internet algo que lle está a qui-

tar o sono, imprime ilustracións, obsérvaas e

logo... debuxa nun lenzo todas esas inquedanzas

que fan que o seu motor siga tan vivo como o pri-

meiro día.

A primeira obra, aló polo 2004, foi unha

camelia, logo viñero moitas outras máis ata che-

gar ao sistema nervioso que hoxe loce fresco,

aínda húmido, na súa particular galería de arte

no lugar do Castillo.

Page 12: CanZine 2013

REDACCIóN

Antes de facer a foto xogan a correr

polo torreiro. Levan os chalecos laranxas e

amarelos que os acreditan como parte do

equipo do Festival. Vendo ás súas caras,

nótase que se sinten orgullosos de levalos

postos.

Eles e elas son de Cans. Forman parte

do equipo de voluntari@s e axudan a que os

visitantes estean informados en todo

momento durante o Festival. Son os guías

dos camiños. A súa misión é importante.

Cans non é Manhattan pero aínda así, se

vedes que non dades chegado aos sitios

para cumprir coas obrigas do programa,

por exemplo, recurride a eles e elas. Son

profesionais. Os seus nomes? Adrián, Inés,

Carla, Susi, Mario, Judith, Ismael, óscar,

Iago, outro Iago, Raúl e Senén.

O director do Festival, Alfonso Pato,

mantén unha reunión con eles para expli-

carlle o seu cometido. Logo da xuntanza

cóntanos que "as nenas e nenos que fan de

guías dos camiños son o futuro do festival.

Trátase de implicalos pouco a pouco, que

coñezan o festival por dentro e que se sin-

tan parte da organización e identificados co

festival da aldea na que naceron."

Cáseque con toda seguridade, cos

anos asumirán tarefas de máis responsa-

bilidade dentro do equipo organizativo. Así o

explica Pato: "Este é o primeiro chanzo polo

que se entra a traballar no festival. Pouco a

pouco a idea é que vaian cambiando de

sección e vaian coñecendo ben o festival

por dentro e facendo labores cada vez de

mais responsabilidades dentro da organi-

zación”

Os guías dos camiños traballan moito.

Con ilusión. Se volos cruzades dádelle un

aplauso. Meréceno.

Alfonso Pato: “Trátasede implicalos pouco apouco, que coñezan ofestival por dentro e

que se sintan parte daorganización e

identificados cofestival da aldea na

que naceron."

Os guías doscamiños

CANS?

GALPONS!

CANS?

MÚSICA?

CANS?

CINE!

CANS?

CHIMPÌNS!

CANS

CULTURA!

CANS?

FELIz ANIVERSARIO!

Poema deCans

Ruí Sío (estudante)*Ruí vén de cumprir 10 anos. é

un visitante incondicional doFestival. é fan. Co gallo do noso10º aniversario enviounos estepoema. E nós o compartimos.

Page 13: CanZine 2013

A.R.

-O Festival de Cans cumpre dez anos e non quere

celebralos sen contar con profesionais do audiovisual coma

vostede. Cal é o recordo que ten deste festival?

-Foi unha verdadeira sorpresa, non tiña claro que ía ato-

par e superou as miñas espectativas no humano e no profe-

sional, todo moi surrealista e achegado, como a min me gusta.

-Cal é a importancia de festivais coma este?

-Ofrecen unha alternativa ao estándar, ao trasnoitado e

aburrido. Sitúan ao autor ou o profesional a unha altura

menos artificial, e achegan as obras cinematográficas ao

pobo dun modo simbólico e tamén literal. Supoñen aire fresco

e contacto coa realidade.

-Conchas de Oro, Goyas, Premios ópera Prima, Premios

da Crítica... que supoñen os premios para un director e para

os seus proxectos?

-En ocasións os premios sinxelamente evidencian un labor

e polo tanto axudan a fomentar a autoconfianza do autor.

Inicialmente é difícil coñecer a propia valía e tomar mesmo

decisións vitais sobre unha carreira, neses momentos os pre-

mios son un gran valor. Seguramente sen os primeiros reco-

ñecementos que recibín nunca me tería embarcado en novos

proxectos, ou teríao feito cheo de temor e desconfianza.

-Que xéneros aínda non tocou e cal deles está entre os

seus próximos proxectos?

-Toquei varios paus: drama, suspense, comedia, acción,

documental, pero supoño que me quedan aínda moitos xéne-

ros e subxéneros por experimentar, como o musical. Entre os

próximos proxectos pode haber algo diferente máis próximo

ao policíaco.

-Falando de proxectos, como está agora a súa axenda?

-A situación é peor que nunca, aínda que nunca foi nin

medio boa, pero non podo queixarme porque sigo a ter opor-

tunidades. A miña axenda, se non se torce moito o panorama,

estará apertada este ano e o que vén con proxectos de fic-

ción. Talvez unha comedia e unha historia real con gansters

de por medio...

- Que lle desexa ao festival de Cans no seu aniversario?

-Que atope dun modo inequívoco o seu camiño, afiance os

seus sinais de identidade, e se convirta nun referente de festi-

val de cine humilde na súa grandeza, honesto e absurdo.

Juanma Bajo Ulloa, director de cine

“Cans superou as miñas expectativasno humano e no profesional”

O realizador Juanma Bajo Ulloa volve a Cans. Será para poñer os pés de novo na leira na que se celebra o

coloquio. Quixemos falar con el, non só para que lembra a súa experiencia en Cans hai uns anos, senón

tamén para que nos dea pistas sobre os seus próximos proxectos. Así foi.

“A miña axenda, se non se torcemoito o panorama, estará

apertada este ano e o que vén.Talvez faga unha comedia e

unha historia real con ganstersde por medio.”

@cineclubesGal Parabéns ao Festival de Cans polos dez anos tan ben traidos e levados...e que veñan moitos máis

Page 14: CanZine 2013

En Cans ben poderían nacer as cámaras nas leiras

e os micros nas árbores froiteiras porque ao Pobo

Audiovisual venlle a tradición de lonxe. Co pedigree

nácese, iso non se consegue nin nunha década.

Tampouco se improvisa o ambiente cinéfilo que se

respira en cada recuncho.

A taberna de Moncho abre as súas portas da expe-

riencia ao paso de Carme: “Déixame aviarme antes

de darlle á tecla”, espétalle a un cámara mentres,

áxil, entra no bar. Ule a festa. Na barra, os Tim

Burton e Nanni Moretti do Porriño dan pequenos

grolos a exclusivos cócteles de cebada; os máis

novos, de gala e botas de goma - esas que agora

son cool tamén no asfalto -, obvian a presenza dos

flashes; e o resto do público comeza a desfilar para

a première desta tarde.

“Eu de cine non sei moito. A min gústame o bo”. Así

sentencia Manuel, coas mans aínda manchadas de

terra, o seu amor pola sétima arte. Rodeado de

cámaras dedica unha mirada a cada unha das ópti-

cas. É un profesional.

E mentres comeza o filme nun dos galpóns, Miguel

de Lira, con máis de vinte e cinco anos “de película”

ás costas, xoga cun porco

espiño; os menos avezados

na materia fanse coa sala

de cine, e os xornalistas dei-

xamos a un lado o traballo

para gozar dunha vida de

Cans.

María Cheda (xornalista. Antena 3) @MariaCheda

De casta venlle aos Cans

Cans forma e crea

A profesionalidade noCan Campus

Máis de medio centoCans do Futuro

O Prêt á Porter chegada man da Can Parade

O Festival de Cans leva anos potenciando a formación de mozas e mozos noeido do audiovisual así como dándolle espazo a novos creadores do mundo dodeseño e as artes plásticas en xeral. Tres bos exemplos son estas tres iniciativasque forman parte xa da programación do certame e das que nos sentimos moiorgullosos: Can Campus, Cans do Futuro e Can Parade.

O Festival de Cans mantén a súa aposta pola forma-

ción dos futuros profesionais do audiovisual. Por terceiro

ano consecutivo pon en marcha o proxecto Can Campus.

Máis de 15 estudantes de Comunicación Audiovisual tive-

ron a oportunidade de formarse e coñecer as dinámicas

profesionais participando na realización de dous videoclips

de grupos galegos emerxentes. A gravación levouse a

cabo en Cans e para ela contouse coa participación dos

veciños e veciñas. As dúas pezas resultantes estréanse

agora no Festival de Cans e son dous videoclips dos gru-

pos “Terbutalina” e “Os Vacalouras”.

Can Campus é unha iniciativa de creación e formación

audiovisual impulsada pola Universidade de Vigo, a través

da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de

Pontevedra, e polo propio Festival de Cans. Conta co patro-

cinio da empresa de eventos Oide e coa colaboración de V

Televisión.

Dende hai dous anos o festival de Cans en en marcha

un proxecto educativo cos centros de ensino da comarca

e arredores. Esta iniciativa trae a rapaces de entre 12 e

17 anos para que visiten Cans, coñezan a aldea, vexan

algunhas das últimas creacións audiovisuais feitas en

Galicia e aprendan a distinguir entre diferentes xéneros

como o documental, a ficción ou as webseries. O primeiro

ano participaron medio cento de rapaces. Nesta décima

edición refórzanse as mañás de mércores a venres para

darlle cabida a preto de 600 alumnos e alumnas.

O festival de Cans está sempre vivo e reinvéntase,

extendéndose no tempo e no espazo, calando en novos

portos e abrindo xanelas a outras disciplinas culturais.

Así, recupera a Can Parade e da a oportunidade a novos

deseñadores de transformar e renovar o emblemático

Can amarelo, que emulando a unha modelo do Prêt a

Porter se exhibirá tanto nunha rúa detrás do pub O

Sotano o xoves 23 de maio, como o día grande do festival

nas salas de proxeccións. Noemí Díaz Patiño, Estudio

Sígaris, Sergio Fernández, Romina Vilaboa, Yago Puentes,

Estudio Barbamolón, Arancha Vilas, Laura Lago, Inés

Elorrieta e José Varela Varela son os finalistas da Can

Parade 2013 coordinada polo porriñés Alberto Alcalde.

Os asistentes ao festival poderán votar os tres traballos

que máis lle gusten e o gañador recibirá un galardón na

Noite de Estrea do festival no Torreiro de Cans. A Can

Parade inaugurarase cun directo de Missin´Blues´, dos

porriñeses Javier Casal e Marcos Legazpi.

@Ian_dpaso Cans: Dez anos e metraxe e metraxe de alegrías e bo facer. Parabéns & mil grazas.

Page 15: CanZine 2013

O primeiro paso é atopar unha aldea galega con

ánimo trouleiro. Non ha ser difícil a tarefa, mais cóm-

pre que haxa espíritos animosos que estean dispostos

a colaborar coa comisión de festas, esa tarefa da que

todos queren escaquear. Pero de verdade: se hai que

emprestar un chimpín, empréstase. Igual que conver-

tir un galpón en sala poñendo bancadas con taboleiros

enriba de caixas de refrescos ou limpar o galiñeiro

para facer un concerto. O segundo garda certa compli-

cación.

Trátase de que a aldea en cuestión non teña unha

festa no verán, porque esta receita é para creala.

Coido que non deben de quedar moitas nesa situa-

ción. Pasáballe a Cans, que celebra o seu patrono,

Santo Estevo, coas friaxes de decembro. Mal mes

para a sesión vermú coa banda de música e para as

verbenas no torreiro. Desque teñen o seu propio festi-

val a penúltima fin de semana de maio, a conta está

saldada: gozan como diosmanda nunha festa e non

hai máis que ver os estilismos dos asistentes aos

Coloquios na Leira de Alicia cando Lourenzo arrea. En

terceiro lugar, hai que celebrar algo. A ser posible,

algo que se coma, se beba ou ao que se lle rece. Así

que, se os expertos en SEO poden crear un trending

topic, por que non inventar un santo? Imprescindible

milagreiro e vencellado a alguna tradición da parro-

quia, por reforzar a cuestión identitaria e favorecer a

empatía.

Estando Cans como está aos pés dunha montaña

Lee, dado o oficio audiovisual de quen maquinou esta

receita, Alfonso Pato, e tendo en conta certas tenden-

cias dos seus veciños, velaí a Juan e Serafín en

Solomon and Sheba, de King Vidor (1958), o motivo

tiña que ser o cinema. Nese eido, o cerne está na cur-

tametraxe. Que llo pregunten ao realizador Quique

Otero, quen pisou Cans por primeira vez cunha curta

e regresou anos despois cunha película, Crebinsky

(2011). Outro ingrediente é a sofisticación. Á opera-

ción intelectual para dar co xeito de conquistar aos de

dentro e atraer aos de fóra chegan en Cans cun circui-

to de exhibición creado sen licitacións en B, tan res-

pectuoso coa arquitectura popular que cabe nas casas

dos vecinos, e cun concurso ao que pode optar cal-

quera curtametraxista galego, unha especie absoluta-

mente carente de estímu-

los externos. Ver a pelícu-

la proxetada xa é un pre-

mio, pero ademais en

Cans reparten billetes

para visitar outros mundo.

Milagreiro, pois iso.

Teresa Cuíñas (xornalista. TVG. El País. autora de rockandcook.es) @PollyJeanVigoReceita para inventar un festival nunha aldea

Cans proxecta,suma de talentos

REDACCIóN

Tres casetas, dez estudiantes, catro profeso-

res, algúns veciños, varias empresas colaborado-

ras e un festival. Nace o Cans Proxecta.

é unha iniciativa que permite a dez estudan-

tes de arquitectura da Universidade da Coruña

deseñar e realizar distintas pezas do mobiliario

urbano do festival fundíndoas coa paisaxe e

mimetizándoas co asfalto da nacional e con ese

lado máis urbano desta pequena parroquia.

Luciano Alfaya, Patricia Muñiz, Jesús Irisarri

e Guadalupe Piñera son os profesores que super-

visan este novo proxecto que pretende revitalizar

a N-120, atrezala para que os participantes do

festival se trasladen a outras épocas a bordo das

carruaxes dos antigos cines ambulantes nos que,

nesta ocasión, se venderá o merchandising, as

entradas e ofrecerase información ao visitante.

Este é o deseño escollido neste primeiro ano

de Cans Proxecta no que as pezas realizadas no

baixo de Juan Maceira cobrarán vida grazas a

reutilización de materiais atopados na parroquia.

O Festival de Cans ten a capacidade de resu-

citar o espírito das cousas e das persoas, darlle

unha segunda vida e unha nova oportunidade

revalorizando as capacidades dos veciños, das

infraestruturas, dos materiais, da arte... Unha vez

máis a unión de esforzos, capacidades e ilusións

fai visible a maxia dun festival do audiovisual que

premia a cultura e a creatividade.

@Sandra16C Orgullosa de ser de Cans!

Veciños e estudantes traballando xuntos no proxecto.

Page 16: CanZine 2013

“Somos gente honrada”POR ALEJANDRO MARZOA

(DIRECTOR DE “SOMOS GENTE HONRADA”)

Pasaron xa case máis de 3 anos dende

que un bo día Miguel Angel Blanca e mais eu

pensamos que o colofón á nosa prolífica

carreira como "cortometrajistas", xa que é así

o que che acostuman a chamar cando fas

"curtos", sería escribir e dirixir un longo, o noso

primeiro longo. Falo en plural porque, aínda

que o director son eu, nesta carreira de fondo,

todo o empezamos e rematamos xuntos; el

como guionista e eu como todo o demais, que

non é pouco.

E así foi. Hai 3 anos que empezamos a

escribir a primeira versión de Somos Gente

Honrada confiados en que as nosas obras cur-

tas nos avalarían, e coma tolos, comezamos a

enviala de produtora en produtora, ás veces a

través de contactos e outras veces con toda a

cara. Así tamén foi, como a nosa inocencia de

"cortometrajistas" foi desaparecendo pouco a

pouco ao ver que a penas espertabamos o

interese en ninguén. Recorremos a semina-

rios, campus, pitchins, etc... ata que un bo día,

a produtora catalá El Terrat, que acababa de

abrir un departamento de cine, interesouse

por nós e o noso traballo e propúxonos unir

forzas.

O primeiro obxectivo: atopar coprodución

galega. E así de súpeto, 2 anos despois, xa

estaba o equipo feito. Dúas das produtoras

máis potentes ás que podiamos aspirar,

Terrat e Vaca Films, querían levantar Somos

Gente Honrada. A presión botábaseme enriba.

Alguén como eu, que nunca tivera que render

contas a ninguén, que todo o fixera ao seu

gusto, traballando man a man con dous pesos

pesados?

E que é raro. Tardas tanto en conseguir

que un momento así chegue, que en vez de

gozar o camiño, agora que botas a vista atrás,

tes a sensación de ter sufrido en exceso por

todo.

Na miña cabeza a día de hoxe teño a figu-

ra dun bo pintor, que para conseguir pintar un

bo cadro, tivo que pintar uns cantos antes, co

que o seu proceso de aprendizaxe e perfeccio-

namento foi ben investido.

Pero no caso do cine parece que unha pri-

meira película ten que ser xa a túa "obra

cumio", o teu "Guernika" ou as túas "Meninas"

e que co que che custou chegar ata aí, non

podes desperdiciar esta grande oportunida-

de... e quizais todo iso que pensas mentres

intentas chegar a bo porto, é o que se tras-

nforma nesa absurda presión, que ás veces

nos impide gozar do privilexio de rodar unha

película.

E aí estaba a viaxar eu a Coruña para "pin-

tar" a miña primeira peli enfrontándome a

outro caso curioso da miña ata agora peque-

na carreira: Todo o que fixera ata o momento,

o impregnara de pinceladas galegas, contara

con casting galego, con historias relacionadas

dunha ou outro xeito con Galicia, mesmo

Como naceu o proxecto? Como foi a rodaxe? O director do filme escribe para CanZine

@sihomesi O #15m cumprirá 2 anos pero o @festivaldecans cumpre 10

Page 17: CanZine 2013

facendo pasar certas localizacións catalás por montes galegos

(aínda que non coasen nin con cola)… e á fin e ao cabo, imprimindo

nese ton esa "sorna" que nos caracteriza como pobo, co que me

gusta contar as historias, tan próximo á realidade e á vez tan dramá-

tico como cómico. Rodara algo de publi: as campañas do meu queri-

do R.C. Celta, un programa musical con VTelevisón...pero nunca,

NUNCA, rodara ficción en Galicia. Como era posible isto?

Pero estaba claro que o destino me estaba a gardar un as na

manga. Recordo que ese pensamento o tiven por primeira vez,

cando unha noite de Maio de 2012, esperando por un taxi no aero-

porto de Coruña, recén chegado para empezar a preproducción, me

decatei que me ía estrear na miña casa.

O que xa non recordaba tanto, despois de tantos anos no

Mediterráneo, é o moito que chove mesmo en verán. Se a rodaxe tivo

25 días hábiles, non esaxero se digo que durante 18 nos choveu.

Nunca me vira nunha situación parecida á que sufrimos unha noite

nunha azotea en pleno centro de Coruña, onde a secuencia tiña que

representar unha agradable cea de primavera/verán entre amigos.

Nisto do cine, suspender un día de rodaxe, pode traer consecuencias

desastrosas para os intereses de todos, así que hai que rodar como

sexa. Aínda non sei ben como esa secuencia pode locir tanto na mon-

taxe final co mal que o pasei rodando ( unha mostra máis do que vos

conto de "sufrir en exceso"). Durante 8 horas os máximos que puide-

mos rodar seguido foron 5 minutos. Cada 5 minutos había que parar

outros 15/20 esperando que parase de chover. Para o meu foi algo

desesperante.

A rodaxe rematou, con moitas anécdotas claro está, (despois

deste breve relato que me pedistes estánseme a espertar as ganas

de escribir algo así como "o diario da bordo dun director novato",

aínda que sei que non serei o primeiro, seguro que é divertido recor-

dar todo o que pasou con pelos e sinais), a posproducción trouxo

unhas cantas máis e fíxose máis dura do que podía imaxinar, e a pelí-

cula por fin rematou.

E hai uns días, recibo unha chamada do bo de Alfonso Pato que

me comenta que lle gustaría que Somos Gente Honrada e eu, puidé-

semos estar na 10ª edición do Festival de Cans. Para min, deste

xeito, a volta á casa vólvese completa e o círculo que empezou hai 7

anos co "Temporada 92-93", péchase dunha forma moi especial.

Grazas Cans!

@cineclubepf Graciñas e noraboa por resistir

Page 18: CanZine 2013

Hai outros festivais de cine, pero o festival de Cans é oúnico que merece a palabra FESTIVAL no seu nome.Por iso, co poder que se me outorgou como xuradodeste certame dispóñome a demostrar que o Festivalde Cans é mellor que o festival de Cannes con estas10 razóns: 1.-No festival de Cannes hai Champange... no festivalde Cans hai Chimpín, moito mellor que as limusinasde Cannes e ademais é convertible.

2.- No festival de Cannes hai alfombra vermella... node Cans hai alfombras... que sexan vermellas ou nondepende do viño que se derramase nelas.3.- No Festival de Cannes ves os actores de smó-king... Moito mellor o de Cans onde non é raro veralgún actor cun "moking" bastante bo... grazas aolicor café, o elixir galego da eterna xuventude.4.- No Festival de Cannes hai películas en 3D... enCans ves as películas cos 3De sempre... os teus cole-

gas, tan a gusto.5.- No festival de Cannes hai moitas estrelas... no deCans hai Estrella Galicia... vasme comparar...As 5 razóns que faltan bus-cádelas alí, que cada unten as súas e non querodarvos todo o traballo feitonin vos amolar as sorpre-sas. Cans Forever!

Juan Ibáñez (guionista, actor, presentador) @juanhormiguero

As dez razóns polas que é mellor o Festival de Cans que o Festival de Cannes

Os fillos de Cans sempre son pródigos

@AlegreDores 10 anos xa a todo chimpín/filispín. Hai que multiplicar x100!

REDACCIóN

Tan só cinco minutos pero serán sufi-

cientes para atrapar a nosa curiosidade.

Os Fillos de Cans continúan a súa andaina

logo de ter presentado no festival as súas

primeiras fitas. Fillos de Cans permitira-

nos, un ano máis, ver ata cinco minutos

de secuencias inéditas dos seus novos

proxectos: “Os Fenómenos” de Alfonso

zarauza. Conta a historia de Neneta, unha

muller que vive nunha furgoneta e que,

tras desaparecer a súa parella, volve cun

bebé ao seu pobo natal, en Ferrol. Alí ten

que seguir vivindo na furgoneta ata que

atopa un posto de peón na construción.

Pedro Pablo Alonso e Rubén Pardiñas

veñen presentar “Alén do Cosmos”, un

documental sobre o periplo vital de

Santiago Formoso, un galego que a finais

dos 60 emigrou a Nova York, onde aca-

bou gañando a vida como futbolista no len-

dario New York Cosmos, xunto a estrelas

como Pelé ou Johan Cruyff.

Enrique Otero, pola súa banda, vén a

avanzar o proxecto “Funes, o inventor da

Lúa”, a historia de Uxío Funes, un dos

máis importantes, aínda que pouco coñe-

cidos, inventores de Galicia, que contri-

buiu de maneira decisiva para que o home

chegase a Lúa cun invento clave para a

NASA.

Tamén Miguel Ángel Blanca e

Alejandro Marzoa volven a Cans con

“Your Lost Memories” baixo o brazo. Unha

fita que fala d creador do proxecto your-

lostmemories.com, baseado en devolver

aos seus propietarios homemovies de 8

mm extraviadas polo mundo.

Como non queremos perderlle a pista aos fillos de Cans tentamos seguir

en contacto e estar ao día dos seus novos proxectos. Este ano visítannos

catro dos nosos fillos máis prolíficos como Andrés Rosende, que presenta

Sink Hole. Gañou o premio do xurado á mellor curtametraxe na pasada edi-

ción con “Mr Bear” e, afincado en Nova York, está traballando na súa primei-

ra longametraxe.

Alberto Vázquez tamén estará no X Festival de Cans presentando

“Psiconautas” que obtivo o premio do xurado á mellor curtametraxe de ani-

mación con “Birdboy” en 2011, pola que logo lle concederon o Goya á mellor

curta de animación.

Outro fillo de Cans que non faltará á cita é Enrique Otero que presenta

“Ningún Dios aquí arriba”. Acadou grande éxito co seu primeiro filme

Crebinsky, gañando varios premios internacionais. Agora prepara este novo

guión escrito a catro mans con Carlos Santiago e coa colaboración de

Agustí Villaronga.

Jorge Coira presentará “La luna en septiembre”. Este será a súa tercei-

ra longametraxe despois de “O ano da carracha” e a exitosa “18 comidas”.

a que andas... Coira? Rosende?Vázquez? Otero?

Creadores moi vinculados co festival presentan avances dosseus novos traballos. O público de Cans poderá versecuencias inéditas escollidas especialmente para aocasión.

Page 19: CanZine 2013

A.R

-Este é o segundo proxecto da man de zircozine... ¿cal é

a vinculación con esta produtora?

-Sí, a segunda longametraxe... A vinculación vén da man

de Luis Tosar co que xa traballo dende hai moitos anos. Fixo

a miña primeira curtametraxe e logo viñeron outras tres

máis e tamén unha longametraxe.

-Que é Encallados?

-é unha historia de cine dentro do cine co tema do

Prestige de fondo.

-E coma se relatase un día de traballo de Alfonso

zarauza...

-Sí, gústame contar historias dende a realidade, o máis

achegadas á realidade posible e a partir de ahí comezar a

ficcionar. Digamos que esta é unha historia que parte de nós

mesmos.

-Que pasa coa xente do audiovisual que aínda así segue

adiante?

-Xa o dicía Margaret Thatcher "no le déis dinero al audio-

visual que lo van a hacer igual". Lamentablemente reflicte o

pensamento de moitos pero tamén o espírito dos profesio-

nais do audiovisual.

-Pura vocación... tí que traballaches fora e dentro de

Galicia ¿é igual de doado facer cine dentro que fora da

terra?

-é igual de difícil, estiven dez anos traballando en Madrid

e nestes intres penso que non hai diferencia, que as condi-

cións son as mesmas.

-Encallados, produto 100% galego...

-Gústame traballar cos profesionais do país, tanto a nivel

técnico como artístico. Hoxe en día hai moi boa imaxe dos

profesionais galegos do audiovisual.

-Que lle fai sentir a súa última longametraxe?

-Síntome especialmente orgulloso porque tivemos tan

só dez días para rodar con medios moi precarios e conse-

guimos facer un traballo moi honesto. é unha película moi

especial. Quédome coa liberdade de traballar sen as corta-

pisas das grandes produccións.

-Pre-producción, producción, edición... ¿con qué

momento desfruta máis?

-Eu disfruto moito en todos os procesos pero o momen-

to máis especial é o de exhibir a película ao público.

-Cal é a súa visión do Festival de Cans?

-Fun varios anos e de distintos xeitos...como espectador

pero tamén participando con algunha producción como a de

"Dende que deixou de chover". O Festival de Cans é moi ale-

gre, singular, auténtico... Lembro pasalo moi ben e quedar

gratamente sorprendido.

-¿Ata que punto son importantes os festivais?

-Son importantes porque son as ventanas á visibilidade.

Sabendo os problemas que hai a nivel distribución e practi-

camente imposible que te proxecten unha peli nunha sala

porque as multinacionais fixéronse cos cines. Os festivais

son esenciais tanto para o audiovisual como para a cultura

en xeral. Son imprescindibles tanto para o público como

para os autores.

-Seguinte paso?

-Rematar “Os Fenómenos” e estrear Encallados.

Alfonso Zarauza, director de “Encallados”

"Gústame traballar cosprofesionais do país"A súa estreita amizade co actor Luis Tosar fai que o director de cine Alfonso Zarauza volva traballar con

Zircozine. Unha colaboración que convirte o cine en película, que traslada ás grandes pantallas o traballo

dun equipo que prepara un guión sen decatarse de que nas súas propias mans está a trama. Cans acolle

a preestrea. “Encallados” sométese a un primeiro test.

Dez anos van de festival e dez cousas se me pide men-

cionar entre as que me gustan de Cans. E penso que por

dez veces dez que fixese unha listaxe, sempre deixaría

algo por poñer. Poucas prazas para tantas e tan boas

candidatas. Grande dilema. A quen queres máis, a papá

ou a mamá?... Ai, Del Bosque, como te entendo… E

Deus?... Sempre tivo claro os dez Mandamentos ou

acaso só había dúas táboas e, polo tanto, tamén se víu

na obriga de escoller?... Esta ben; morra o conto, e xa

que así tén que ser, sexa pois. Aquí van dez cousas das

que gusto en Cans.

Gusto dos seráns dos venres na de Moncho, con cerve-

xa, pandereta e armónica . Gusto do estrano sorriso co

que as súas lampreas me dán a benvida ao festival.

Gusto de ser ortodoxo e chegar en chimpín ao Torreiro.

Gusto de facer gasto nas Can-tinas. Gusto do perímetro

das tortillas do Bar Fortes. Gusto do balcón de Alicia, por-

que é onde se baila o mellor hip-hop. Gusto dos xantares

dos sábados onde polbo, churrasco e viño da terra nunca

defraudan; e quen come e bebe tampouco. Gusto das

noites do Torreiro e do inmenso que é cando se percorre

de verdade. Gusto das madrugadas e dos bicos “rouba-

dos” na Escola Vella. E xa van nove “quereres”?... Ben

sabía eu que a pouco me ía saber… E dez: sobre todo

gusto moito de sentirme en Cans

coma un máis da casa, de perten-

cer alomenos perante dous días

ao ano a este pobo de corpo

miúdo pero forza no sangue e

peito como unha laxa…

Víctor Fábregas (actor)Os dez Can-damentos

“Xa o dicía Margaret Thatcher"no le déis dinero al audiovisual

que lo van a hacer igual".Lamentablemente reflicte opensamento de moitos pero

tamén o espírito dosprofesionais do audiovisual”

@quiquecostas Sodes a demostración de que a imaxinación e a ilusión son armas poderosísimas

Page 20: CanZine 2013

XOSé zAPATA

O titulo do traballo realizado por Nico Campos, Xacobe

Sineiro e eu mesmo pode ser considerado irreverente pero é

parte do dobre sentido que tanto gusta aos galgos de pura cepa

(de viño branco) como era Toñito Blanco.

A cita á película de Frank Myers que inspirara a Toñito en

escritos propios xa contén o drama que foi a vida do cineasta

galego. Iconoclasta, rebelde, irreverente, xenial, intenso ou

comercial poden ser adxectivos que o definen, pero a soedade,

a súa confusión vital e o vicio que o levou a súa propia destruc-

ción poden ser os tres adxectivos que mellor o definan.

Toñito Blanco é un producto do nacente audiovisual galego

dos anos noventa que pouco despois da propia morte de Toñito

(1964-1994) perdía a Chano Piñeiro (1954-1995) símbolo dun

cine máis costumbrista e clásico do que Toñito sería a outra

cara da moeda. Perder a dous directores de tanto talento como

Chano Piñeiro e Toñito Blanco con corenta e trinta anos respec-

tivamente pode ser unha das razóns de que o audiovisual gale-

go acabara en mans duns políticos que utilizaron aos producto-

res daquí como instrumento para establecer un modelo cultural

difuso e inconsistente que acabou como vemos na actualidade

nun desastre do que algúns xa levábamos tempo avisando.

Estou seguro de que con Toñito as cousas serían diferentes

no actual cinema galego, ou non, pero en todo caso sería todo

moito máis "engraçado" e sanguento.

"La Matanza Caníbal de los Garrulos Lisérgicos" é sen dúbi-

da a obra máis importante e influinte do audiovisual galego.

Quizáis a algunha mente ben pensante lle resulte chocante esta

afirmación, como é a de dicir que Amando de Ossorio é o direc-

tor galego máis internacional e coñecido fora de España, pero

sen embargo non son opinións senón realidades. Tanto Toñito

Blanco como Amando de Ossorio son dous directores galegos

máis recoñecidos e apreciados fora da Galiza. Quizáis o noso

tradicional complexo de inferioridade como galegos nos impide

recoñecer a dous directores que, gusten ou non, son parte da

historia do cine a nivel internacional, cunha relevancia da que

non somos conscientes.

Espero que o noso documental como a edición dixital da

"Matanza" que presentaremos na súa cidade natal da Coruña,

no FreakCinema, sirvan non tan só como Homenaxe a Toñito,

senón como un novo comezo para un audiovisual galego perdi-

do nas tebras "lisérgicas" da crise.

O mundo é un sitio hostil e gris. O mundo dos

festivais audivisuais é un mundo que non

parece hostil e gris, senón brillante e lumino-

so, pero tamén o é. Son un decorado, un

escenario sobrecargado e repleto de secun-

darios empeñados en brilar como estrellas e

vendedores montando e desmontado as súas

mantas legais.

O festivais fanse aburridos e pesados.

Repletos de formalidades, usos sociales, con-

versacións de cinco minutos que se fan eter-

nas e eternamente aburridas. Apretóns de

máns que significan todo o contrario e sorrisos

que matan. Se aprende pouco de proveito e

tampouco se saca ganancia ninguna. O único

interesante adoitan ser as abultadas resacas

da mañán seguinte.

Cans non é un festival. Non cumple ningún

destes parámetros nin regras sagradas. Todo

é de verdade. Todo é real. Seguro que algún

mesmo pensa que debería estar prohibido

por ser tan certo.

Vas e ves coa sensación de que pasaches

por algo que mereceu a pena e que ches ser-

veu para algo. O decorado somos nós, os

convidados. Todo o demáis é principal. A

xente, as troulas, as conversas, os abrazos,

os tractores, a comida,

os risos e as apertas, a

música, o frío e a choi-

va. Os cortos fanse

demasiado curtos,

como o propio Cans.

Sempre nosquedará Cans

Antón Losada (xornalista)@antonlosada

@noelQueipo Eu levo 5 anos de agroglamour como voluntaria pero eles levan 10! Equipazo!

Toñito Blanco: só,perdido e viciosoCans celebra o 20 aniversario dofilme “La matanza caníbal de losgarrulos lisérgicos”, do directorgalego Toñito Blanco. Ademaisestreamos o docu “Toñito Blanco:só, perdido e vicioso”. O produtorXosé zapata escribe para Canzinesobre o proxecto.

Page 21: CanZine 2013

Cans a través dos ollos de

Tamara de la Fuente (fotógrafa)

TAMARA DE LA FUENTE (@ATAMARADA)

Eu penso en Cans e co sorriso na cara comezan

a chover momentazos: a festa, os amigos, música

en directo, comida rica e saborosa, videoclips dos

mellores grupos da nosa terra e, sobre todo, moito

cine. Pero falta algo, sempre que vou ao Festival de

Cans, fáltame algo, unha dúbida que ronda pola

miña cabeza. Chegas, aparcas o ovni, facemos

algunha foto no chimpín, saúdas aos colegas que

non ves en todo o ano pero sabes que sempre van

a estar en Cans e entón, de súpeto, alí enriba, outro

ano máis, alí está a pintada que dende hai oito anos

coroa a vila. E chegan as preguntas.. Quen será

Carmen??? Será unha veciña? Será a alcaldesa? E

por que esa pintada? Será unha historia de amor?

Seguro que se foi unha historia de amor en Cans

mal non estaría, polo menos máis divertida ca de

Casablanca, iso seguro! A ver, oh!

MENSAXE IMPORTANTE PARA CURIOSOS DO

MUNDO ENTEIRO: Busquemos entre todos e todas

a Carmen!! Se tes algunha idea, se sabes quen é

Carmen ou mesmo se es Carmen escribe a:

[email protected]"SEMPRE NOS QUEDARÁ CANS"

DíSELO CARMEN!!!

@zircozine Parabéns polo seu labor na defensa do audiovisual galego! Vémonos en Cans!

Page 22: CanZine 2013

JORGE ILEGAL1) A localización, está no leste do edén. 2) As malas compañías, é o ideal punto de encontro para todo

tipo de monstros. 3) A procesión en chimpin. Buuurrrm... faime feliz. 4) A comida, a gula non é pecado

neses días. 5) A organización, invisible pero funciona. 6) Os videos, mesmo os hai moi bos. 7) O cine, nunca

cheguei a velo. 8) A bebida, é abundante e de calidade. 9) As camas son tan suaves que nin sequera

recordo terme deitado. 10) A música, sempre a música!

CONSTAN CHAO1) O ambiente festivo que se respira durante todo o festival 2) As proxeccións en alpendres e jalpon 3) A

oportunidade que se dá a bandas que estan empezando de difundir os seus video-clips. 4) O xurado com-

posto por veciños da aldea 5) A Procesión de Chimpibuses 6) Os Concertos 7) O Agroglamour 8) O can

Amarelo 9) O baixo de Moncho 10) O poder picar vinilo subido a un Chimmpin ás 03:30 a.m no medio

dunha estrada cortada.

VICTOR COYOTE1) As salas 2) Os cans 3) O canastro de Bugarín 4) Os perros 5) Os chimpíns 6) As salas 7) Os bares 8) Os

chimpíns 9) Os perros 10) Esqueçome de algo?

cousas que che gusten de Cans...

ELADIO SERES QUERIDOS1) A xente de Cans, parecen ter nacido para o festival 2) Toda esa chea de actores e persoaxes da tele tan cer-

canos… é coma traspasar a pantalla 3) Os Chimpíns. Montar neles representa o bautismo perfecto. 4) O monte do

“Pianista”. Moi especial para os vigueses que iamos ao río de Mondariz ou a Ourense no coche as fins de semana. 5)

O ghaliñeiro. Ali fixemos o video oficial de “Non quero perderte”, moita xente por España preguntounos onde estaba-

mos facendo esa actuación. 6) O torreiro. O centro da galaxia Cans. 7) Que saia sempre nas noticias 8) O amigho

Pato que dá moi bo rollo. 9) Os nenos que tanto disfrutan eses días. 10) Unha vez fun a tocar con Tony Lomba e alo-

xáronos nun Motel porque os hoteis estaban cheos. Foi unha experiencia.

Na Galiza somos moito de facelas

cousas ó noso xeito, bateas que dan

tabaco, café coas gotas xa incorpo-

radas ou faraónicos palcos de verbe-

na. Todo é dun xeito propio, todo ten

algo que nos fai únicos, reflexo do

noso carácter, da nosa terra.

O festival de Cans é único no mundo,

haberá outras propostas, outros xei-

tos de entendelo cinema, pero de

seguro non hai ningún festival no que

o cinema deixe o luxo máis rancio e

baixe pola alfombra vermella para

entrar, literalmente, nas casas da

xente.

Non hai idea máis xenial que voltarlle

ó pobo unha das artes que medrou

máis preto do pobo, en Cans non se

pode entende-lo festival sin os veci-

ños. Non hai lugar no mundo no que

os coloquios de cinema con se fagan

nunha leira, no que un artista impro-

vise un concerto nun jaliñeiro, que

teña un sistema de transporte tan

propio coma enxebre, ou no que poi-

das tomarlle un viño na casa de cal-

quera veciño tendo unha conversa

ben xeitosa.

Cans parecese cada vez máis a esa

famosa aldea da banda deseñada, o

derradeiro reduto da cultura libre e

verdadeiramente do pobo, o derra-

deiro reduto que resiste a esta perse-

cución salvaxe e desmedida á que

nos someten os recortes irracionais,

inxustos e ignorantes.

Probablemente

en Cans estea

aquela

“República de

Sitio Distinto”.

Resistimos!

O cinemaquere pobo

Nieves Rodríguez (presentadora)

@Nieves_Rguez

Page 23: CanZine 2013

Gonzo: -Dez anos que cumprides os de Cans, a tí xa te

trato como a un deles...

Wyoming -Si, si.. eu son un can coma outro calquera.

G: -Está claro. Este ano vas outra vez, ¿segunda vez

non?

W: -Si, hai demanda, hai demanda de público que esixe

calidade, que esixe competencia e que esixe artistas con

tirón sexual.

G: -Cando foi a outra vez que fuches?

W: -Hai un par de anos, non o lembro ben porque a mín

o tempo xa non é unha medida que me afecte.

G: -E cando te chamaron outra vez... non o dubidaches?

W: -Non, non, cero coma cero, alí tratante... Cans é o

sitio para ir, Cans é o sitio total, aí trátante ben, o público res-

ponde e ademáis o que é sorprendente é a atitude do pobo

porque sempre nesta España, que son polo menos dúas,

sempre hai uns que están cabreados. Aquí hai un consenso

total de que a festa e o cine son os que mandan.

G: -E tí que es un home de mundo, que viches festivais

por aí, cousa igual non terás visto?

W: -Non, este é un festival insólito porque é un festival

ademais da xente para a xente. Normalmente os festivais

están totalmente relacionados ou fanse para a industria,

para os produtores, distribuidores... Levan aos actores para

que vaian os medios de comunicación e aquí non pasa nada

disto, o de Cans é un festival do cine para o pobo e para que

a xente o pase ben; o resultado é óptimo polo nivel de cola-

boración, xa digo, do pobo, que neste caso si é soberano...

Ademais métente nas casas e poste de polbo e de empana-

da ... en fin... é o que hai...

G: -E... ¿que vas levar este ano?, ¿vas repetir o de hai

dous anos?

W: -Nós sempre repetimos porque somos fieis ao noso

público. Home, imaxínate... Levas aos Rolling e dinche “agora

imos facer un doble LP en directo que ..." Nada tío! Jumpin

Jack Flash, Satisfaction.. e non me toques os huevos... E o

novo disco tócasllo a túa dona que estará encantada conti-

go pero... eu non son deses.

G:- Eu coido que vas acertar porque o público de Cans é

moi de clásicos.

W: -O público de Cans é un público que aprecia a calida-

de e o bo gusto e a entrega dos artistas e, coma nese sen-

tido imos sobrados, porque somos dos que o dan todo... Xa

o sabes...

G: -Home!

W: -No escenario e no after...

G: -Oes e tí cando foches a Cans... ¿logo non contarías

nada por aquí aos teus amiguiños da capital?

W: -Non, non,... dixen que estiven alí, nada de interese.

Ademáis hai que dicir que chove moito e xa a xente queda

contenta... A xente é hidrófuga.

G:- Tocades escenario grande, non? No do torreiro?

W: -Home agardo que si, sempre a igrexa tivo o dereito

de asilo. Alí refuxíamonos das malas influenzas.

G- Moza, quítame o champú do cabelo! (berra Gonzo)

W- é verdade... aquí non dan masaxes capilares

G- Joder, isto é unha merda!.

Fernando González “Gonzo” atopouse na perruquería con El Gran Wyoming. Os

dous levaban posta a camiseta do Festival deste ano. Como non podería ser

doutro xeito, Gonzo preguntoulle pola súa volta ao escenario do torreiro con

“Los Insolventes” (o sábado 25). Agardando polo tinte, xurdiu esta conversa.

El Gran Wyoming: “O de Cans é un festival noque o pobo é soberano”

Wyoming y Los Insolventes no torreiro

en 2011. Fotos Luis Otero.

@ivanferreiro Quero felicitar ao Festival de Cans polo seu X aniversario!!

Page 24: CanZine 2013

A. PEDREIRA

Quen nos ía dicir a nós que aquel que nos anos 80 cantaba

cousas como “Soy un macarra / soy un hortera / y voy a toda

hostia por la carretera”, ou se metía na pel dos camelos cuspin-

do aquilo de “¡Hola mamoncete! ¿Qué haces por aquí? / ¿Buscas

algo que comprar?”, chegaría ao século XXI dacabalo dos ritmos

cos que as orquestras dos anos 40 e 50 amenizaban bailes e

guateques: bolero, guaracha, mambo, swing, cha-cha-chá, guajira,

twist...

Como tantos outros, chegou o momento no que Jorge

Martínez, alma mater de Los Ilegales, decide reinventarse, reini-

ciar o sistema para crear a Jorge Ilegal, cabeza visible dun novo

proxecto no que se ve acompañado pola banda Los Magníficos. E

para demostrar que o seu non é unha arroutada, xa temos á

nosa disposición (e permitídeme empregar a terminoloxía da

época) un disco de longa duración sen título, e máis un EP de

cinco temas chamado “El twist de Jorge Ilegal y Los Magníficos”.

Jorge non é novo no torreiro, pois xa estivo pinchando no

disco chimpín fai dous anos. Agora regresa con este proxecto

revival que, segundo ten confesado, arrancou aló polos anos 90

co obxectivo de renderlle homenaxe e dignificar ás orquestras de

baile de mediados do século pasado. El mesmo iniciou a súa

andaina nunha delas con só 17 anos, chamada, precisamente,

“Los 7 Magníficos”. Nada que ver coas de hoxe en día, que el con-

sidera que “rozan o ridículo” coas súas vestimentas estrafalarias

e os seus sons pregrabados.

Jorge aposta por revisar aos clásicos, pero tamén por can-

Jorge Ilegal y Los Magníficos

Reinvención ilegal

@manueljabois Parabéns a Cans polos dez anos do festival que máis gocei na miña vida

Page 25: CanZine 2013

cións novas inspiradas neses ritmos, polo que o mesmo se

arrinca por un “Bésame mucho” cuns coros imposibles,

que con temas novos como o magnífico joropo venezolano

(“un xénero esquecido no que colle un discurso punk”,

alega), titulado “Estrella venenosa”, cunha letra enchoupada

en tenrura ao máis puro estilo ilegal (“Prefiero oscuridad,

putas y botellas / a ese perfume vano de las doncellas”), na

que o vocalista dulcifica a voz como nunca para chorar a

amarga tristura dos nosos tempos e o culto á saúde.

O proxecto ten algo de vocación arqueolóxica, xa que

andiveron a buscar instrumentos da época para reproducir

o son orixinal, mesmo encargaron traxes ao estilo dos que

levaban as orquestras dos anos 40, e grabaron no estudio

que Jorge posúe logo de acondicionalo para tentar repro-

ducir a acústica axeitada. Se o conseguiu ou non compro-

barémolo o venres no torreiro.

Jorge non é novo notorreiro, pois xa estivo

pinchando no discochimpín fai dous anos.

Agora regresa coneste proxecto revival

que arrancou alópolos

anos 90

@Coque_Malla Moitas felicidades @festivaldecans! Foi un gusto tocar alí

Page 26: CanZine 2013

REDACCIóN

Din de Rogelio Groba que é o mellor composi-

tor que ten dado Galicia. Un catálogo de case

700 títulos entre os que atopamos dende obras

para coro ou banda a composicións sinfónicas de

gran formato (óperas, cantatas, concertos, sinfo-

nías...) e os máis prestixiosos galardóns da nosa

cultura, son alicerce dabondo para manter tal

afirmación.

Pero todo ten un principio, e a orixe desta tra-

xectoria podemos situalo en Cans, nas festas de

San Estevo de 1947. Pouco antes daquel 26 de

decembro, a banda A Unión, de Guláns, perdera

ao seu director e todos os ollos miraban a un

rapaz de 17 anos que amosaba excelentes tra-

zas para a música. Ofrecéronlle o cargo pero,

antes de tomar a decisión, o rapaz, que non era

outro que Rogelio Groba, quixo facer unha actua-

ción de proba. Se as dúas partes quedaban con-

formes asumiría a dirección da banda.

Quixo a sorte que o compromiso máis inme-

diato fose o San Estevo. “Para min foi un punto e

aparte porque, a partir de aí, puiden centrar a

miña vida na música”, asegura o protagonista.

Aquel peculiar exame foi ben. O torreiro esta-

ba cheo de público, moitos deles veciños de

Guláns, que querían ver a desenvoltura do rapaz.

“Pola mañá fixemos un pasarrúas. Saímos de

diante da tenda de Fino en dirección ao torreiro e

lembro que me trabuquei e empecei a camiñar

co pé cambiado, ao revés do resto da banda”.

Esta simple anécdota amósanos o seu espírito

perfeccionista: 66 anos despois, a súa lembran-

za máis afianzada é un pequeno erro.

Logo viría o xantar en Casa Fortes e a actua-

ción vespertina pero, traspés incluído, Cans xa

puidera ver como se botaba ao mundo do penta-

grama a figura máis senlleira da música galega.

Unha placa no torreiro lembrará o acontecemen-

to. ¡Parabéns, Mestre!

Groba e Cans: un traspés históricoRogelio Groba arrancou a súa brillante traxectoria musical en Cans nas festas de SanEstevo de 1947. Por este feito, o Festival homenaxea ao que está considerado o mellorcompositor galego de música culta contemporánea.

O mestre Rogelio Groba.

@pousita_d Cans sempre celebra os seus cumpreanos en baixos, jalpóns e cortellos...Vamos, coma todos algunha vez...

Page 27: CanZine 2013

"Vin moitas máis películas que libros lin." Con este

desaire sincero respondo cando me requiren esas

influencias que me levaron a redactar ficción. E, de

paso, combato a ortodoxia literaria co fin de dar cabi-

da ao sentir da xeración á que pertenzo, aleitada polo

audiovisual, fascinada polo cine.

Malia esta querenza, tardara nove anos en percorrer

os vinte quilómetros que me afastan do festival máis

agroglamouroso do cine estatal, ou iso escoitara. Era

tempo de abandonar a teimosía do meu carácter

misántropo, empoleirarme a uns tacóns proclives ao

desenfreo e descubrir que se cocía naquel tramo da

N-120. Arribei a unha parroquia de telurismo graníti-

co. Sen mediar actividade cabal algunha, e estimula-

da pola sede que provoca a palabra "festa", pedín un

gintonic. Logo viñeron as curtas no alpendre, a músi-

ca no Voulevar, a verbena a pé de asfalto... Como o

alcol demoníaco inxerido demandaba ser evacuado,

fixen cola nun sanitario portátil. Mais o apuro esixiu

un exorcismo urxente. Comandei, entón, a misión:

"naquela leira ninguén nos verá!". Soa ante o perigo,

inspeccionei a zona. E, acto seguido, catro mulleres

ao bordo dun ataque de ouriños, atrincheiradas entre

regos acabados de sachar, desaugamos.

Á mañá seguinte, un fedor inundaba o baño. Pegado

ás solas, esterco. E lembrei das curtas no alpendre,

da música no Voulevar,

da verbena a pé de asfal-

to...

Que alfombra vermella

poderá xamais gozar do

pracer que supón mexar

nunha leira estercada?

Iolanda Zúñiga (escritora) @iolandazunigaAlfombra vermella VS Leira estercada

Tony Lomba, cantante

“Quero que no meu epitafio poña:Morreu no torreiro de Cans”

DIEGO GIRÁLDEz (@DIEGOGIRALDEz)

-As crónicas de Cans din que na túa última visita a

liaches. Ves con ganas de repetir?

-Teño unha verdadeira obsesión por non repetirme. Non

sirvo para facer un bolo co talante do Brit-pop, son unha

majorette ateigado de ketamina cun sentido do pudore cero

patatero. Cada concerto ten que ser o derradeiro e teño que

morrer co tanga posto. Cans, trema.

-En Cans, o mundo, pedía a volta de Tony

Lomba con paixón. Sabes que ese é

o primeiro paso

para chegar a ser presidente da Xunta?

-Amigos narcotraficantes teño a moreas. Penso que

para ter un cargo político debes ser dunha pasta especial. O

problema é que os políticos confúndense de "pasta" e

trincan glotonamente. Como dicía aquel programa de

Televisión "Si yo fuera Presidente": Daríalle á Cultura o lugar

que se merece e deixaría de confundir á xente co gando. Con

todos os meus

respetos para

os animais.

-Cans é ceo ou inferno?

-Cans é o ceo ateigado de demos pero cos tridentes

máis agarimosos que coñezo. Sínto que son parte da

familia de Cans aínda que sexa bastardo.

-Interpretas temas propios, pero tamén fas versións de

cancións ás veces un tanto esquecidas. é iso arqueoloxía

musical?

-Hai unha frase que nunca soportéi: “Iso lévase moito

agora”. Non me mola o snobismo e non espero a que as cou-

sas teñan un revival para ser guai.

-Que lle faría Tony Lomba á "prima de riesgo" dentro dun

jalpón a escuras?

-Non me baixaría a bragueta porque parece que está

ansiosa por comerse todo o que pasa por diante dela.

-"España, España, bandera, bandera..." Se Franco

levantara a cabeza...

-Uniríase a nós para resucitar a “Los 3 Sudamaricones”

(un dos grupos dos que formou parte Lomba). A letra do

himno español tería que ser “España, España, bandera, ban-

dera.”

-Espectáculo con Manquiña, o espectáculo "Tony Lomba

y su atril"... hai crise na secta dos crooners?

-Os crooners sempre estamos en crise porque temos

uns gastos estratosféricos. O primeiro mandamento para

selo é: “Vive por riba das túas posibilidades e nunca regate-

es”. A elegancia non ten prezo. Un traxe sí.

-Cans quérete, o torreiro aínda cheira a Tony Lomba....

-Non me disgustaría que puxeran no meu epitafio:

“Morreu no torreiro de Cans”. Tentei empadroarme

pero os meus antecedentes penais non mo permitiron.

Este ano Elio e máis eu imos ametrallar coa nosa bosta

sónica e seguirá cheirando a Tony Lomba por moitos

anos.

“El cine no es nada, sin Alfredo Landa”. E Alfredo Landa decidiu marchar. Tony Lomba e Elio dos Santos

volven ao torreiro de Cans, ese lugar no que Lomba, como el dixo en certa ocasión, “tocou o ceo”. Teñen

sorpresas, vestiario adhoc e ganas de volver facer un concerto para o recordo. Trema, Cans.

@alagodiaz 10 anos de cultura a pé de galpón!!! Noraboa!

Page 28: CanZine 2013

+música

Cans VoulevarGrampoder

Le Roi e Martin Wu, antigos compoñentes de bandas como The

Homens, Fame Neghra ou Matto Grosso, compoñen Grampoder, a súa

nova aventura musical. No noso particular Sunset Voulevar descarga-

rán boas doses de rock portátil, pop campestre e folk psicodélico.

Sábado 25 | 16:30h. | Cans Voulevar

óscar Avendañoóscar Avendaño, baixista de Siniestro e de Dr.Cotomondongo y sus

Metales Preciosos e vocalista de Trem Fantasma, trae a Cans o seu

proxecto persoal con cancións espidas e sen vacilacións que pouco

teñen que cos repertorios destas outras bandas.

Sábado 25 | 18:30h. | Cans Voulevar

Radio CosRadio Cos naceu no ano 2005 na cidade da Coruña da man de

Xurxo Fernandes e Quique Peón. Cantantes e percusionistas do grupo,

eles son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galicia.

Teñen tocado por toda Europa e agora presentan aquí o seu primeiro

disco. Unha música tradicional atrevida, divertida, e que promete festa

final.

Sábado 25 | 22:00h. | Cans Voulevar

Canastro Experience

Ruido Baixinho: Dez CansDead, con Víctor Coyote.

Victor Coyote ideou e interpretou o primer show de microte-

atro en Galicia: Ruido Baixinho. Foi nun canastro no festival de

Cans de 2008. Baixo a coartada da canción mínimal, da literatu-

ra do corta&pega e da perspectiva "a rentes do chan" da arte

visual mais moderna, Ruido Baixinho mostrou a que foi, sen dúbi-

da, a proposta mais arty da historia do festival. Ao cabo de dez

anos de festival os tempos sonche ben diferentes. Ruido Baixinho

presenta, no 2013, unha nova óptica do mítico espectáculo de

2008 no canastro de Bugarín: Dez Cans Dead.

Venres 24 | 17:00h. e 18:30h.| Hórreo da Casa de Bugarín

@cris_andina 10 anos do @festivaldecans Guau, guau!

Jaliñeiro Unplugged

Fon RománO músico vigués métese de cheo no Jaliñeiro para inter-

pretar en acústico temas da BSO de POPartesanal, o docu-

mental que recolle a particular xira de concertos que realizou

en xuño de 2012.

Sábado 25 | 17:30 | Jaliñeiro Unplugged.

LobishomeLobishome é un power trío moi especial, medio lobos

medio cans, con arrebatos de esquizofrenia que os obriga a

emitir unha sorte de berros e ouveos procedentes do máis

fondo do seu animalismo. Traerán a Cans macarrada da boa

en doses impredecibles

Sábado 25 | 19:00h. | Jaliñeiro Unplugged

Page 29: CanZine 2013

D.G.

-Resulta que vés de Nova York para meterte nun

jaliñeiro. Anda que…

-Outro Pato nun jaliñeiro...faime especial ilusión ir a

Cans este ano; non só porque é o seu décimo

cumpleanos, se non porque sinto verdadeira admiración

polo traballo artístico e o impacto social que esta iniciativa

tivo nesa zona en concreto e a nivel nacional. Cans é sen

dúbida un exemplo de imaxinación e creación disciplinada.

-E vés a Cans a presentar “Migrations”. Jazz, gaita,

músicos de renome… Saiuche unha tortilla ben saborosa,

non cres?

-Pois non me poido queixar. Xa que falas de tortilla, se

os ovos e as patacas e o aceite é bo, e difícil que a tortilla

saia mal... Migrations é o resultado da miña migración

particular a Nova York, onde resido dende fai oito anos.

Migrations vai de todas esas cousas que encontran o seu

lugar noutro lado, sen perder as súas raíces...todos os

ingredientes de esta “tortilla” teñen eso en común. Todos

veñen de fora e enraizaron de novo en Nova York.

-En “Migrations” está a túa propia experiencia?

-En Migrations está a miña búsqueda persoal dunha

linguaxe que representase todo o que son como músico

e persoa: o piano, a gaita, Galicia, o jazz, a

clásica...Migrations para mín é un disco de raíces e jazz,

un disco no que me decatei que non importa a donde

vaias, a túa raíz sempre vai contigo, e esa raíz enraiza alá

onde estés, e desa nova raíz sale algo diferente pero

conectado coa túa semente...eso é Migrations para mín.

A definición de esta etapa da miña vida.

-O ano pasado fíxenlle esta mesma pregunta a Anxo

Pintos, que tamén entrou no galiñeiro e toca a gaita: se

puxeras ovos que che gustaría que saíra deles?

-Ja! Bonita entrevista Sr. Giráldez! Pois é unha boa

pregunta: pero creo que ilusión, esperanza, saúde, xene-

rosidade e creatividade...son bos ingredientes, non?

-Está en Norteamérica a galiña dos ovos de ouro?

-Hai unha frase nesta cidade que define moi ben o

espirito de supervivencia: “The Sky is The Limit” (o límite é

o ceu). E quizáis é iso o que che axuda a superarte a ti

mesma aiquí: podes soñar en conseguir cousas que nou-

tros lugares nin te atreverías a soñar. Esta sociedade ten

cousas boas e malas, como todas; pero neste momento

da miña vida, Nova York deume o espazo e a ilusión de

seguir soñando, e ese sí que é un golden egg!

-Que chega de Cans a USA? Non sei se o sabes pero

saiu na CNN...

-Todo o que sexa posible para situar a Galicia no

mapamundi é sempre unha noticia fermosa! Pouco a

pouco Galicia vaise facendo un oco no mercado yanqui. A

nivel musical, gastronómico, artístico ou enolóxico, Galicia

é sen dúbida unha potencia de arte, creatividade e orixina-

lidade, rezumamos autenticidade e eso para mín e o

millor dos valores do Festival de Cans.

Cristina Pato, gaiteira e pianista

“Cans é un exemplo decreación disciplinada”

@lumareda Por desbotar toda a parafernalia doutros festivais e conservar a esencia do cine

Cristina Pato entra no Jaliñeiro para presentar “Migrations” (sábado ás 21:30h.)

Vén de recibir o Premio Trasalba polo seu compromiso coa cultura e a súa

proxección internacional. Fixémoslle unha entrevista “galinácea”. Ela encantada.

Foto Xan Padrón

Page 30: CanZine 2013

mixturadora Onde collo o bus? O bus ten 4 paradas: - O Porriño centro (na Avda. Antonio Palacios, na outra beira da Cafetería Nova Maroma) - Instituto/Hotel Internacional (para os que aparquen no

Pavillón do Porriño e detrás do Restaurante Manolo) - Restaurante Guanabara - Cans (rotonda de Adroza, na estatua do Can) HORARIOS: Venres de 20:00h a 4:00h/

Sábado de 15:00h a 20:00h e de 21:00 a 4:00h Servizo de ida e volta cada 20 minutos. PREZO: 1€ por día.

Onde aparco? Detrás do restaurante Manolo (a 50 metros da saída 305 da autovía e a 10 minutos de Cans) - No Restaurante Guanabara (a 100 metros da saída 305 da autovía e

a 5 minutos de Cans). - No Pavillón Polideportivo do Porriño (a 500 metros da saída 305 da autovía e a 10 minutos de Cans)

A Costa Azul. Expo.A costa que sube á Casa de Constante convértese na

Costa Azul. Unha alfombra azul conducirá á exposición feita

polos veciños do barrio da Pedreira con fotos, recortes de xor-

nais, carteis e camisetas recompiladas ao longo dos dez anos

do festival. Sábado 25 | Dende as 16:00h.

Torreiro das estrelasManuel Manquiña colocará a súa estrela o venres 24 ás

22:00h. O director Juanma Bajo Ulloa deixará as súas

gadoupas o sábado ás 13:15h. Tamén o director Xavier

Villaverde terá a súa estrela en Cans. O sábado ás 16:00h.

Ruta a Pé: Asaltando o Castelo

Despois de dez anos de festival, por fin chega o momento

de decidirnos a facer un roteiro para chegar ó monte máis

emblemático de Cans: O Castelo, tamén coñecido como “O

Pianista”. Sábado 25 | 9:00h. | Saída dende a igrexa de Cans

Expo de Luis Davila“O Bichero”

Luis Davila, ilustrador, deseñador e humorista gráfico,

ben coñecido polas súas viñetas como O Bicheiro no Faro de

Vigo, leva varios anos dedicándonos unha peza cando se

aproximan as datas do festival. Quixemos recuperar algunhas

delas nesta edición e expoñelas no Cans Voulevar. Ademais,

agasallounos cunha viñeta nova, en exclusiva!

Os “cans”.Moeda oficial!

Cans xa ten moeda oficial. Durante os

días do Festival ninguén poderá dicir aquilo

de “non teño un can”. 1 can, 2 cans, para

consumir nas nosas barras. Deseñounas Juancho Castaño

(JD&JD) e contan co patrocinio de Imprenta Paz. Se todo vai

ben, para o ano cotizaremos en bolsa ata que queiran as axen-

cias de calificación.

Page 31: CanZine 2013

...

As camisetas deste ano. Deseño de Rei zentolo. Reeditamos dúas doutros anos. Chamámoslle vintage.

As chapas. Imprescindibles. A taza, o chaveiro e a pegata.

Os imáns de pedra deseñados polo artesán de Cans Paco Candán.

Comprando a rifa tamén axudas ao Festival. Pode tocarche unha cea debalde na túa casa preparada por unha chef e con produtos Galicia Calidade.

Tamén un par de pases para ser tratado coma un VIP o ano que vén!

Page 32: CanZine 2013