carvalhocalero: depuñoeletra - ac alexandre bóveda · çons em ferrol ou as minhas ... cia...

36
Carvalho Calero: de puño e letra

Upload: haminh

Post on 09-Feb-2019

220 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

Carvalho Calero:de puño e letra

Page 2: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

Comisario da exposición:Xoán Costa Casas

Texto:Xoán Costa CasasMercedes Quixaas Zas

Agradecemento:Real Academia Galega

Deseño gráfico:Arturo Iglesias

Page 3: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

Eu nascín no Ferrol Vello...

Page 4: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

Ricardo CarvalhoCalero naceu o 30 deoutubro de 1910 na

casa número 51 da Rúa deSan Francisco de Ferrol. Éo máis vello dos seis fillosdo casal formado por

María Dolores CaleroBeltrán e por GabrielRicardo Carballo Naya,familia integrada na vidada burguesía ferrolá doprimeiro cuarto do séculoXX.

Acabado o Bacharelato,matriculouse na universi-dade, no curso de Dereito,para rematalo no ano1931, e se licenciar poste-riormente en Letras, conpremio extraordinario, en

de puño e letra - 4

"eu nascin no Ferrol Vello. O Ferrol Vello é o Ferrol máis antigo, unbairro de pescadores, primitivamente, que non era outra cousa queunha vila mariñeira semellante ás da Ría enfrente do Ferrol de hoxe,por exemplo Mugardos".

Page 5: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

1935. Axiña se converteununha das figuras máisprestixiosas do movemen-to estudantil, ao que se lleencomendaban discursosde abertura de curso,informes ou manifestos.Foi presidente daFederación UniversitariaEscolar (FUE).

"non é a miña situación pre-sente moi a propósito prainvertir o meu tempo enredactar manifestos, pero craroestá que desque hoxe recibín avosa tarxeta non estudei ninfixen tal que traballar no enca-rrego".

Así mesmo, a presenza enSantiago serviulle para seaproximar e ingresar noSeminario de EstudosGalegos, como membro daSección de LiteraturaGalega e de CienciasSociais, Xurídicas eEconómicas, xunto aoutros galeguistas e máis"os meus compañeiroshabituais", cuxo obxectivo

nuclear era construíren uncentro de investigacióncientífica desde e para anación galega.

Foi un dos fundadores, naasemblea de Pontevedra de1931, do PartidoGaleguista e, xunto conLois Tobio, elaborou oAnteproxecto de Estatutode Autonomía para Galiza,de concepción federalista,un ideario que despois nonasumiría para si aConstitución Republicana.

A guerra civil (1936-39)sorprendeuno en Madrid.Incorporado ao exércitorepublicano, como oficial,estivo en Valencia eAndalucía, onde foi detido,xulgado e condenado "poradhesión á rebelión" adoce anos e un día dereclusión. Puido retornar aFerrol en 1941 coa obrigade se presentar periodica-mente perante a autoridademilitar até a extinción dapena, en 1951.

de puño e letra - 5

Page 6: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

"O grande trauma da guerra esnaquizóu moitos arquivos. O da miñamemoria foi alarmantemente saqueado"

En Ferrol permaneceu até 1950, impedido de exercer adocencia oficial e dedicado ao ensino de maneira precaria:

"Regresei a Ferrol e dediquei-me ao ensino privado. Ainda que dunhaforma practicamente, ou máis ben teoricamente, clandestina; porquenon podía estar colexiado a consecuencia da condena que se meimpuxera".

" Habida cuenta de que no puedo colegiarme, el poner en marchaactividades docentes sólo podría realizarse de manera precaria y even-tual y aún así prosperaría con serias dificultades".

“...debo atenerme a mi trabajo en Ferrol, tan ingrato como pocoremunerado”.

En 1950 trasládase a Lugo como Director do ColexioFingoy, responsabilidade á que dedica todo o tempo e aten-ción "até o punto de ter que renunciar á literatura cicais parasempre", co obxectivo de converter este centro educativonunha experiencia pedagóxica única na Galiza.

de puño e letra - 6

Page 7: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

"Aspirava-se a centrar o ensinono meio galego, a arraigar aeducaçom no ambiente dopaís. Rejeitava-se toda apedantaria livresca que con-fundise a formaçom dos rapa-zes com a erudiçom infantil,despersonalizada e apátrida"

Permanece en Lugo atéque, no ano 1965, se incor-pora como profesor interi-no de Lingua e LiteraturaGalegas na Universidadede Compostela, onde aca-baría sendo o primeirocatedrático de Lingüística eLiteratura Galega.

" Ao regreso dun viaxe achéieiquí dúas cartas túas. Nunhafelicítasme por téreme encarre-gado a Faculdade de Letras deSantiago do curso prósimo deLengua e Literatura Galegas.(...) O Decano escribiume ofre-céndome o posto. Como acadeira non está dotada, só sedispón de 700 pesetas mensuáspra me remunerar. Pero,¿cómo ía atreverme a refusar?

de puño e letra - 7

Page 8: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

Mallaríades en min. Contesteiaceitando ... En fin, é unhaaventura persoal impropria dosmeus anos; pero quero ensaia-la, inda que remate mal, poissería paradóxico que a esquiva-ra. Hai que vivir con autentici-dade".

Xa en Santiago a súa dedi-cación á Universidade foitotal e o seu incesantelabor desde o posto deensinante universitario

abranxe múltiplas facetas,desde o contacto persoalaté a investigación máiserudita; da edición delibros á dirección de tesesde doutoramento.

O seu traballo docente ter-minou en 1980, malia con-tinuar acudindo áFacultade de Filoloxía atépouco antes de morrer enSantiago o 25 de marzo de1990.

de puño e letra - 8

Page 9: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

Carvalho Calero na Coruña

Page 10: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

Arelación deCarvalho Calerocoa cidade da

Coruña iníciase en 1920,con apenas dez anos deidade.

Nese momento, acompa-ñado de seu pai en reitera-das ocasións, viaxando entren desde Ferrol e hospe-dándose no Hotel Palace,acode ao Instituto Generaly Técnico Eusebio daGuarda para realizar osexames de ingreso e de

primeiro curso, que supe-rou conxuntamente.

de puño e letra - 10

Page 11: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

Anos máis tarde as súasvisitas á Coruña teríancomo destino a rúaTabernas para asistir ássesións da Real AcademiaGalega, institución na queingresou como académicoen 1958, ou ben para con-sultar os arquivos e fondosdocumentais precisos paraavanzar no seu macropro-xecto vital e profesional,ademais de pioneiro, aHistoria da literarura galegacontemporánea, que publica-ría finalmente na editorialGalaxia en 1963.

" Pra nadal penso me despra-zar á Cruña, pois éme indis-pensable esculcar en certasrevistas que hai na Academia"

"Eu pasarei a próisima semanana Cruña, a onde me traslada-réi pra ver de dar un definitivoarrepuxón ao primeiro tomoda Historia, consultando naAcademia os libros raros quesoio acharíamos alí. De xeitoque se me escribes calquer díado mes actual, debes facelo aTeresa Herrera, 17-4 dcha".

de puño e letra - 11

Page 12: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

Malia non ser sempre posí-bel facer estas viaxes ávontade, pois as dificulta-des eran moitas...

" a miña viaxe á Cruña non afixen ainda, pois polo procedi-mento de pago empregado noColexio, día que falto, día quedeixo de cobrar as crases".

... o certo é que si eranviaxes frutíferas:

"Onte regresei da Cruña ondeestiven dous días traballandona Academia e outros lugares.O mao é que ou teño demasia-

do froito, porque ao percurardados pra o que traio entremans topo con outros que serefiren ao que xa teño feito enon me resisto á tentación dearrecadalos pra arrequentar oxa redactado"

" Se non xurde incomenente, o6 de xulio fuxirei de Lugo áCruña pra me esquecer ateonde poda de Fingoy durantealgúns días. Ali pararei naPensión "La Paz" rúa da Fontede Santa Catarina, númeroiñorado".

de puño e letra - 12

Page 13: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

A creación literaria - Poesía

Page 14: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

Carvalho Calero publi-cou once libros depoesía, dous deles en

castelán, Trinitarias (1928) eLa soledad confusa (1932), een galego o resto da súacreación literaria.

Vieiros, 1931

O silencio axionllado, 1934

Anxo de terra, 1950

de puño e letra - 14

... "dunha forma ou doutra -aínda que eu son polígrafo, xa que teñotraballado en narrativa, en teatro e en ensaio-, creio que, efectivamen-te, o máis íntimo da miña personalidade está reflexado na poesía, atéo extremo de que na mesma narrativa ou no mesmo teatro, consideroque a parte mais persoal ou a parte mais orixinal, dentro da orixinali-dade que cabe a un escritor do século XX depois de Xesuscristo, éaquela que contén unha raiz lírica".

Page 15: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

de puño e letra - 15

OObbrraass ccoo llee cc ttáánneeaass ::

Pretérito Imperfeito, 1980 Futuro condicional, 1982

Poemas pendurados dun cabelo, 1952

Salterio de Fingoi, 1961

Page 16: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

de puño e letra - 16

Cantigas de amigo e outros poemas, 1986

Reticências, 1990

Page 17: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

A creación literaria - Teatro

Page 18: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

As impresións eexperiencias vividasao redor do teatro,

desde a mocidade até amadurez, como especta-dor, escritor, crítico oudinamizador, fican explíci-tas na súa propia voz encartas e entrevistas.

"Já moço, desde a minhahumilde localidade de respaldodo Principal de Santiago, conti-nuei vendo teatro, o mesmoque durante as minhas vaca-

çons em Ferrol ou as minhasprimeiras excursons a Madrid".

"Mesmo, dentro de reduzidoscírculos escolares, sendo pro-fessor em diversos centros, pri-vados ou públicos, de distintascidades galegas, tenho monta-do alguns espectáculos dramá-ticos , em galego, castelhano,francês e latim...

" Em 1971 reunim nun tomo oque me pareceu mais legívelou visível do meu teatro.

de puño e letra - 18

"A minha afeiçom ao teatro, afeiçom que só esporadicamente pudemcultivar ao longo da minha vida, data dos meus anos infantis. Osmeus pais, no pequeno Ferrol dos tempos da guerra europeia e oapós-guerra inmediato, acudian sistematicamente ao teatro Jofrecando o seu cenário nos brindava algum espéctaculo".

Page 19: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

de puño e letra - 19

Page 20: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

Fôrom quatro peças, às cais em1982 agreguei outras catro paraconstituir o meu TeatroCompleto"

"Mándoche unha notiña sobrea representación de Pimpinelapor se xulgas comenente publi-cala no prósimo Grial"

O volume Teatro Completo(1982) recompila o con-xunto da súa creación dra-matúrxica:

O Fillo, 1935

Isabel, 1945

A Sombra de Orfeu, 1963

Farsa das Zocas, 1979

A árbore, 1965

O Redondel, 1951

Auto do Prisioneiro, 1970

Os xefes, 1980

de puño e letra - 20

Page 21: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

A creación literaria - Narrativa

Page 22: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

Aobra narrativa deCarvalho Caleroarranca en 1951

con A gente da Barreira, aprimeira novela en galegoda posguerra, gañadora docertame literario de novelalonga convocado pola edi-torial Bibliófilos Galegos, ecomplétase cos seguintestítulos:

Scorpio, 1987 Premio daCrítica Española

de puño e letra - 22

"Eu estou inserto dentro do neorrealismo que por aquela épocadominaba tamén a literatura europea, e as persoas proceden ordina-riamente por motivos de interese económico".

Page 23: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

de puño e letra - 23

Page 24: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

Os señores da Pena e O Larde Clara, 1984

As pitas baixo a chúvia, 1952

Os tumbos, 1950

A Cegoña, 1957

Aos amores seródios, 1979

Provérbios Otomanos: DeSelim a Solimám, 1985

de puño e letra - 24

Page 25: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

A creación literaria - Crítica litera-

Page 26: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

Carvalho Calero ofré-cenos magníficosexemplos de obras

ensaísticas, tanto nas colec-táneas que recompilanconferencias e artigos dexornal como na súa obracientífica.

A década de 1950 confir-ma a vontade de Carvalhode se dedicar á crítica lite-raria. Primeiro por mediode colaboracións no suple-mento semanal de LaNoche, vespertino santia-

gués, máis tarde co remateda súa tese de doutora-mento, xermolo da Historiada Literatura GalegaContemporánea, 1963 (traba-llo iniciado en 1956 e conreedicións en 1975 e 1976),que inclúe estudos de eta-pas e autores literarios daGaliza a partir de 1808 eaté 1975. A primeira edi-ción inclúe apenas a pri-meira parte, abranxendo oséculo XIX. A obra com-pleta aparece en 1975,sendo desde entón referen-

de puño e letra - 26

" O bergantiñán ara a terra, sega o pan, derruba o piñeiro, caza a per-diz, leva anteposto o carro de táboas ou trinca a escota á vista dapraia, iñorante de que pra todo galego culto os traballos e os días dasúa vida, os traballos e os días do bergantiñán, locen orballados degracia poética, Cor obra e gracia dun poeta daquela terra; de xeito quedecimos Bergantiños, e inmediatamente coidamos en Pondal".

Page 27: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

cia obrigada para o estudoda literatura galega con-temporánea.

" As túas verbas de aprobacióndo que coñeces da miña obrafixéronme moito ben, poisando tan consumido pol-asmiñas angueiras e dificultadesna meu traballo no Colexio, etan esgotado pol-a miña loitaconstante cos problemas, queás veces seméllame imposibledispor de tempo e humor pracumprir o meu desexo de facera Historia ..."

Asemade, a posguerra enbranco e negro, o tempoda persecución e do medo,obriga a ocultar oCarvalho activo e naciona-lista de esquerdas e refor-mularse desde a continua-da implicación na resisten-cia cultural artellada aoredor da recén fundadaeditorial Galaxia, queentendía como un necesa-rio proxecto colectivo aoque se entregou sen des-

canso desde múltiplesfacetas.

Sete poemas galegos, 1955

Brevario antológico de la litera-tura gallega contemporánea,1966

Libros e autores galegos: dostrovadores a Valle Inclán,1970

Sobre lingua e literatura galega,1971

de puño e letra - 27

Page 28: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

Estudos rosalianos, 1977

Da Fala e da Escrita, 1983

Problemas da Língua Galega,1981

Letras Galegas, 1984

Escritos sobre Castelao, 1989

Do Galego e da Galiza, 1990(Póstumo)

Umha voz na Galiza, 1992(Póstumo)

de puño e letra - 28

Page 29: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

A creación literaria - Edición de textos

Page 30: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

Aedición de textos,quer con caráctercrítico quer con

carácter antolóxico, foioutra das ideas constantesde Carvalho que na actuali-dade podemos descubriren:

Versos iñorados e ou esquecidosde Eduardo Pondal, 1961

Edición de Cantares gallegosde Rosalía de Castro, 1969

Poesías de Rosalía de Castro,con L.Fontoira Surís, 1972

de puño e letra - 30

" Coido que, sexan as que sexan as dificultades técnicas ou materiásque presente a impresión de Os Eoas, é un deber dos galegos acome-ter a realización da empresa. (...) Non é admisible que permanezaindefinidamente inédito un material poético elaborado por un escri-tor de tan outa categoría. A cultura superior galega ten necesidadeimperiosa de coñecer de unha vez isa obra; e, ou renunciamos aerguer a nosa investigación erudita ao rango de seriedade e e prenitu-de que compre, ou temos que aspirar a ter a Pondal completo".

Page 31: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

Finalmente, do seu puño eletra constatamos, desdemoi novo, a preocupaciónde Carvalho pola linguagalega, tanto pola súa codi-ficación como polo seucorrecto uso desde o coñe-cemento etimolóxico, calla-da, en 1966, na redacción epublicación da Gramáticaelemental del gallego común.

"Fas moi ben en supor queando moi atafegado coaGramática. Tiraniza a miñavida. Decidín me choer enFingoy, sen acaroarme ao mariste vran, pra poder rematala,sexa como sexa, en setembro".

" Recibín a túa carta do 20, eaquela outra do 22 na quecolaboraches con Tenreiro.Aconséllote que non digas cor-dileira, que é unha barbarida-de.".

E mais sobre o empregoen público do galego ou anecesidade de crearmosespellos públicos de uso:

"Paréceme moi mal que falarasen castelán no mitin escolar.Hai que partir da hipótese deque todos os estudantes deSantiago coñecen o galego. Atesis debe ser: en Galicia, comonon se actúe como funcionariooficial nunca debemos falar encastelán en púbrico".

de puño e letra - 31

Page 32: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

"Polo que se refire ás vacantesda Academia, penso o quesigue. Debemos manter o acor-do antre nós dous - que podese estender, naturalmente- denon votar a quenes non culti-ven o galego ".

"Algumas pessoas desinforma-das tendem a apresentar-mecomo um inovador, como umrevolucionário polo que serefere ao conceito da nossa lín-gua, mas as minhas opiniões,expressadas naturalmente con-forme aos meus próprios parâ-metros pessoais, são semembargo aquelas opiniões,aqueles critérios que tradicio-nalmente se professam dentro

do galeguismo. Uma doutrinarevolucionária é, por exemplo,a de que o Galego é uma lín-gua que deve ser consideradaabsolutamente independentedentro das Línguas daRomânica. Isso sim pode serconsiderado inovador, aindaque com um tipo de revoluçãocompletamente contrário àrealidade da experiência histó-rica [...] eu realmente não creioque se me pode considerar umdos pais do reintegracionismo.Mais bem sou um dos filhos,por que o reintegracionismonasce cientificamente com oRomanismo, e politicamentecom o Galeguismo.”

de puño e letra - 32

Page 33: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

A necesaria difusión cultural

Page 34: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

Ao longo da súa vidaCarvalho Calerodesenvolveu un

importante traballo dedifusión cultural, quermediante conferenciasquer mediante escritos enxornais, baixo sinatura pro-pia ou mediante diferentespseudónimos, que nos per-miten ver como é cons-ciente das carencias que enmateria cultural e educativaten Galiza e da súa entregaxenerosa a este labor desuperación das eivas histó-ricas:

"Esquecíame falarche dunhaconversa que sostiven onte cunamigo que me suxeriu a come-nencia de que se grabaran dis-cos con recitacións de poemasescollidos galegos. Poderíaseempezar cos de Rosalía, Currose Pondal. (...) Creo que debesmeditar na posibilidade destaampliación dos nosos mediosde actuación cultural.".

"Éme necesario facer pra osmeus alumnos daUniversidade dúas antoloxías,unha de galego antigo e outrade galego moderno".

de puño e letra - 34

Page 35: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

Asemade, Carvalho Calerofoi consciente da necesida-de da intervención pública,a través de calquera medio,para divulgar e visibilizar aproblemática linguística ecultural. E foi na derradei-ra década da súa vida(1980-1990) cando, conxenerosa entrega, acudiu acantas peticións lle foronfeitas desde a AsociaciónSocio-Pedagóxica Galega,a Asociación de Escritoresen Lingua Galega, a Mesapola NormalizaciónLingüística, a AgrupaciónCultural da Coruña"Alexandre Bóveda", aAsociación "Medulio" deFerrol, a Asociación "OFacho" da Coruña, aAssociaçom Galega daLíngua, etc. Un labor cons-ciente e necesario que,moitas veces, lle impidefacer o traballo de investi-gación que as circunstan-cias requirían e que o nosoprotagonista gustaba deatender.

"Non só as viaxes me roubanmoito tempo, senón que aquí ealí malamente dou abasto aomeu traballo cotián. Pero opeor son as conferencias. (...)tiven que dar catro en Santiago(...) Agora irei a Vigo porqueme paareceu que non conviñarefusar a invitación; pero todoiso perturbame enormemente.Propoñome non dar máis nistecurso. Pero ¿quen sabe sepoderei manter o propósito".

de puño e letra - 35

Page 36: CarvalhoCalero: depuñoeletra - AC Alexandre Bóveda · çons em Ferrol ou as minhas ... cia obrigada para o estudo da literatura galega con- ... ou temos que aspirar a ter a Pondal

de puño e letra - 36

Bibliografía reproducida nas citasCarvalho Calero, R. (1979): Historia da literatura galega contem-poránea (Vigo : Galaxia).

Fernán-Vello, M. A. / Pillado Mayor, F. (1986): Conversas enCompostela con Carvalho Calero (Santiago de Compostela:Sotelo Blanco).

Fernández del Riego, F. et allii (2006): Epistolario a FranciscoFernández del Riego (Vigo : Galaxia).

Salinas Portugal, F. (1991), Voz e siléncio (entrevista con R.Carvalho Calero) (Pontevedra : Edicións do Cumio).

"O português na Galiza", Letras galegas, AGAL.