comprensión de anuncios

18
Lupe González CEP Dr. Fleming

Upload: biblioteca-do-cep-dr-fleming

Post on 10-Mar-2016

246 views

Category:

Documents


12 download

DESCRIPTION

Preguntas para comprender a información dos anuncios.

TRANSCRIPT

Page 1: Comprensión de anuncios

Lupe González CEP Dr. Fleming

Page 2: Comprensión de anuncios

1.- Quen organiza esta festa?

a) Os amigos do porco celta de Galicia.

b) Os amigos do porco celta da costa da morte.

c) Un concello galego.

d) Os amigos da gstronomía galega.

2.- Se unha persoa desexa ver os títeres, a que hora ten

que estar na Praza de Castelao?

a) As 14:00 horas.

b) Antes das 12:00 horas.

c) As 12:00 horas.

d) Despois das 12:00 horas.

3.- Que número de festa estase anunciando?

a) O quinto. b) O décimo. c) O terceiro. d) O segundo.

4.- Que fai o porco da imaxe?

a)Baila coa música. b) Vai aos inchables.

c) Toca a gaita. d) Concursa nos debuxos.

Page 3: Comprensión de anuncios

5.- Que celebra Fene?

a) Día de San Roque. b) Día da Patria Galega.

c) Día do patrón de Fene. d) A semana da troula.

6.- Onde teñen lugar os actos musicais?

a) No monumento do 25 de Xullo.

b) Na Praza do Concello de Fene.

c) No Parque Lineal do Río Cádavo.

d) Fora de Fene.

7.- Que día e hora poderemos ver a Peter Punk?

a) O xoves 21 as 21:00 horas.

b) O venres 22 as 20:00 horas.

c) O mércores 20 as 22:00 horas.

d) O xoves 21 as 22:00 horas.

7

8.- Que día ten lugar o festival de habaneiras?

a) O xoves 21. b) O venres 22. c) O mércores 20. b) O sábado 23.

Page 4: Comprensión de anuncios

9.- Que premia este tipo de anuncio?

a) Os paseos pola cidade.

b) As compras na propia vila.

c) Que teñas moitas tarxetas.

d) Que teñas moitos patrocinadores.

10.- Cal é o premio máis pequeno?

a) 3 000 euros. b) 300 euros. c) 24 euros. d) 100 euros.

11.- Que cantidade total corresponde aos premios de menor

cuantía?

a) 600 euros. b) 2400 euros. c) 240 euros. d) 3000 euros.

12.- Quen promociona este premio?

a) Xunta de Galicia.

b) Novacaixagalicia.

c) Federación galega de comercio.

d) CCA

Page 5: Comprensión de anuncios

13.- Que peixe aparece no cartel?

a) Peixe espada. b) Bonito.

c) Rapante. d) Sardiña.

14.- Que pretende achegar ao consumidor?

a) Un alimento fresco.

b) Unha tenda de alimentación.

c) Un peixe en lata.

d) Alimentos do campo.

15.- Que tipo de peixe é este?

a) Branco. b) Azul.

c) Laranxa. d) Verde.

16.- Aparece unha dirección de internet…

a) Para completar a información sobre o tema.

b) Para despistar aos consumidores.

c) Porque está de moda poñer enlaces.

Page 6: Comprensión de anuncios

17.- Que dice a lei de Murphy?

a) Nunca choveu que non escampara.

b) Se algo pode saír mal, sairá mal.

c) Que o que ben empeza, ben acaba.

d) O que garda sempre ten.

18.- Cal é a actitude do grupo de persoas?

a) Algo amargado.

b) Pesimista como o de Murphy.

c) Dalles igual.

d) Positivo e loitador para que as cousas saian ben.

19.- Que tipo de persoas están en contra desta lei de Murphy?

a) Oficinistas.

b) Sindicalistas.

c) De todo tipo de profesións.

d) Mestres.

Page 7: Comprensión de anuncios

20.- Que tipo de actividades imaxinas que

farán?

a) Xogar na natureza.

b) Tomar o sol.

c) Conversar, aprender e xogar en familia.

d) Ir á escola.

21.- Cal é a actitude do grupo de persoas?

a) Algo amargado.

b) Cansos e aburridos.

c) Alegres de aprender xogando.

d) Desconfiada, con medo polo que poida pasar.

22.- Que tipo de persoas aparecen na imaxe?

a) Unha familia incompleta.

b) Unha familia de tres fillos co avó e unhas nenas xogando.

c) Todas as persoas da mesma idade.

d) Todas as persoas adultas.

Page 8: Comprensión de anuncios

23.- Que día é o 25 de novembro?

a) O día das bibliotecas.

b) O día da paz.

c) O día das librarías.

d) O día de San Valentín.

24.- Que lembra este anuncio?

a) Que podes entrar, que abren moitas horas.

b) Que hai moitos libros.

c) Que podes ter moitas tarxetas.

d) Que hai patrocinadores.

25.- Que indica a cara da muller?

a) Que está enfadada.

b) Que o trato será cordial e agradable.

c) Que lles da igual que vaias ou non.

d) Que prefire ser modelo a libreira.

Page 9: Comprensión de anuncios

26.- A quen non vai dirixido este anuncio?

a) A persoas galegas.

b) A persoas con discapacidade.

c) Persoas entre 25 e 60 anos.

d) A persoas menores de 20 anos.

27.- En que provincia se realiza o

programa?

a) Lugo.

b) Sanxenxo.

c) Ourense.

d) Pontevedra.

28.- Cal é o periodo para facer o programa?

a) 1ª semana de Outubro.

b) Na quenda do 1 ao 17 de setembro.

c) Na quenda do 18 ao 24 de setembro.

d) No verán.

Page 10: Comprensión de anuncios

29.- De que tipo de concurso é este anuncio ?

a) De humor.

b) De lingua escrita.

c) De cartas de amor.

d) De cantidade de peixes pescados.

30.- A quen vai dirixido?

a) Aos que lles gustan as Letras Galegas.

b) Aos usuarios dos centros Sociocomunitarios de Vigo.

c) Aos usuarios dos centros Sociocomunitarios de Cangas.

d) Aos galegos.

31.- En que barrio de Vigo está este centro?

a) Na Xunta de Galicia.

b) En Coia.

c) En Vigo norte.

d) No barrio do Calvario.

Page 11: Comprensión de anuncios

32.- Para escoitar á Tic Tac que non debo facer ?

a) Ir a Praza das Conchiñas.

b) Estar as 12:30 horas.

c) Ir o sábado 30 de abril.

d) Ir o sábado 6 de maio.

33.- Cal é o significado de faldriqueira?

a) Que falaba moito.

b) Falsa madrigueira.

c) Peto para cartos que levaban as mulleres na saia.

d) Casa moi vella.

34.- Que é unha cacharela?

a) Lume que se fai con leña, fogueira.

b) Pataca de fora de Galicia.

c) Que ten a cacheira amarela.

d) Que corre moito.

Page 12: Comprensión de anuncios

35.- Que hai en xeral nunha xornada gastronómica?

a) Todo tipo de peixes.

b) Diferentes comidas.

c) Cousas relacionadas co mar.

d) Vexetais.

36.- Que facer para pagar algo menos dos 7,50 euros.

a) Ir antes das 12 horas.

b) Comer so a metade dos pratos.

c) Mercar a entrada anticipadamente.

d) Ser pescador de Burela.

37.- En que estación do ano é a festa?

a) Verán. b) Outono. c)Inverno. d) Faltan datos.

38.- Que número de menús poden repartir?

a) Uns centos. b) Uns poucos miles.

c) Varias decenas. d) Millóns.

Page 13: Comprensión de anuncios

39.- Que número é o XLI?

a) O número 61.

b) O número 41.

c) O número 70.

d) O número 10501.

40.- Como se fai a carne ao espeto?

a) Posta ao sol para que cure.

b) Cravada nun pau e asada a carón do lume.

c) Secada un bo día de verán.

d) Asada a forno forte.

41.- En que estación foi celebrada a festa?

a) No verán.

b) No outono.

c) No inverno.

d) Faltan datos.

Page 14: Comprensión de anuncios

42.- Que número é o XX?

a) O número 2010. b) O número 20.

c) O número 10. d) O número 1010.

43.- Cal é o día da saída ao campo?

a) O sábado 18.

b) O domingo 16 de outubro.

c) O sábado 8 de outubro.

d) Toda a semana pola tarde.

44.- En que estación celébrase a festa?

a) Verán. b) Outono. c) Inverno. d) Faltan datos.

45.- No parque da igrexa que ten lugar?

a) A VI exposición de cogomelos. b) A saída ao campo.

c) A charla na natureza. d) Sesións fotográficas.

Page 15: Comprensión de anuncios

46.-Que nome recibe este lugar?

a) A praia das catedrais.

b) A praia de Samil.

c) A praia da punta.

d) Praia América.

47.- Que outros bancos temos?

a) Bancos de libros.

b) Bancos de sangue.

c) Bancos de area e de peixes.

d) Bancos de coches.

48.- Cal pensas que pode ser a semellanza destas rochas coas catedrais feitas polas

persoas?

a) O grande tamaño.

b) O cheiro a mar.

c) Que as persoas axudaron a construilas.

d) Que son de pedra.

Page 16: Comprensión de anuncios

49.- Que representa esta imaxe?

a) Unha pastilla de vitaminas.

b) Unha roda de carro de cores.

c) Un redondel de dúas cores.

d) Unha fracción.

50.- Que representan as dúas cores?

a) Nada salientable.

b) Dous componentes importantes para o galego.

c) Unha estratexia para facer bonito.

d) As cores da bandeira galega.

51.- Porque pensas a TV, prensa, internet e radio son vitaminas para o galego?

a) Porque as vitaminas fannos fortes.

b) Porque da ledicia saber que o galego vive.

c) Porque fan que escoitemos e poidamos ler nesta lingua, aumentando o noso vocabulario.

d) Porque precisamos tomar unha menciña da lingua.

Page 17: Comprensión de anuncios

52.-Que asociamos coa mel?

a) As palabras doces e ricas do galego.

b) O traballo das abellas.

c) O pegañento das boas expresións nesta lingua.

d) A cor dourada dos tesouros lingüísticos.

53.- Que suxiren eses beizos na imaxe?

a) Que o galego falado é moi sensual e agarimoso.

b) Que as mulleres falan moi docemente.

c) Que temos que pintar os beizos de encarnado.

d) Que as galegas saben falar galego mellor que os

galegos.

54.- O nome do concello significa?

a) Carballo moi vello.

b) Carballo pequeno.

c) O carballo que ten un velliño.

d) Que o carballo estivo prantado nun campo de liño.

Page 18: Comprensión de anuncios

http://www.youtube.com/watch?v=Yz5QBLSPZNI

55.- Onde están os galegos do anuncio?

a) En Vigo.

b) Fora de Galicia.

c) En Galicia.

d) En España.

56.- Que instrumento toca ese galego?

a) A trompeta.

b) A gaita.

c) Frauta galega.

d) O acordeón galego.

57.- Cal pensas que pode ser un condimento importante dos pratos típicos galegos?

a) O loureiro.

b) O pementón.

c) O Allo.

d) A Cebola.