cuestionario de 'enderezo descoñecido

2
ENDEREZO DESCOÑECIDO, Kressmaan Taylor CUESTIONARIO 1. Redacta un resumo do contido do libro (10-15 liñas) PRÓLOGO 2. En que ano se publicou por vez primeira o libro? onde? cal era a situación mundial nese ano? 3. Por que apareceu o libro na lista dos prohibidos polo Reichskommisar? 4. Por que a autora non asinou o libro co seu nome verdadeiro? 5. Resume os motivos da autora para escribir este libro. Ó relatar eses motivos a autora fala de Charles Lindberg, por que feito é coñecido este persoeiro? 6. Despois do seu éxito inicial, trala Guerra Mundial o libro caeu no esquecemento Por que? Por que se volveu publicar en 1995? NOVELA 1. En que anos comeza a relación epistolar? Que acontecía nese ano en Estados Unidos e Alemaña? Que réxime político había en Alemaña?. Na páxina 17 Max escribe xa van alá catorce anos des que acabou a guerra! A que guerra se refire? Como rematou para Alemaña? 2. A que se debeu a pobreza de Alemaña que Martin relata na segunda carta? 3. Quen era o persoeiro que subiu ó poder en Alemaña polo que pregunta Max a Martin na páxina 25? Por que non lle gusta? 4. Resume a descrición de Hitler que fai Martin ao principio da cuarta carta. Por que se afilia Marin ó nacionalsocialismo? Como xustifica Martin o ascenso de Hitler nas páxinas 28-29?. Comenta a frase de Martin da páxina 29: Non hai nada como ter ocupada a unha muller cos meniños para que non teña tempo para neuras. 5. Que significa pogrom? Por que Giselle cambiou o seu nome para actuar en Viena? 6. Por que Martin utiliza a partir da carta 6 o papel timbrado do banco para escribirlle a Max e quere finalizar coa súa correspondencia? Que opina Martin dos xudeus e dos alemáns nesta carta? Explica, historicamente, a frase de Martin: 'Despois da derrota, dobregamos a cabeza durante catorce anos'. 7. Como reacciona Max ante a decisión do seu amigo de deixar de escribirse? Por que se queiman bibliotecas en Alemaña? 8. Como explica Martin as diferencias entre un liberal e un patriota alemán? 9. Por que Max suprime o nome de Martin na Galería de Arte? 10. Por que se inquieta Max ante as palabras Adressant Unbekannt? 11. Que lle aconteceu a Griselle no teatro de Berlín? 12. Como comeza a carta Martin? Que significa? Que sensacións che produciu a lectura desta carta?

Upload: eladioanxo

Post on 15-Jun-2015

1.401 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Preguntas para traballar polo miúdo o libro de Kressmann Taylor, centrándonos nos aspectos históricos.

TRANSCRIPT

Page 1: Cuestionario de 'Enderezo Descoñecido

ENDEREZO DESCOÑECIDO, Kressmaan Taylor

CUESTIONARIO1. Redacta un resumo do contido do libro (10-15 liñas)PRÓLOGO2. En que ano se publicou por vez primeira o libro? onde? cal era a situación mundialnese ano?3. Por que apareceu o libro na lista dos prohibidos polo Reichskommisar?4. Por que a autora non asinou o libro co seu nome verdadeiro?5. Resume os motivos da autora para escribir este libro. Ó relatar eses motivos a autorafala de Charles Lindberg, por que feito é coñecido este persoeiro?6. Despois do seu éxito inicial, trala Guerra Mundial o libro caeu no esquecemento Porque? Por que se volveu publicar en 1995?NOVELA1. En que anos comeza a relación epistolar? Que acontecía nese ano en Estados Unidose Alemaña? Que réxime político había en Alemaña?.Na páxina 17 Max escribe xa van alá catorce anos des que acabou a guerra! A que guerrase refire? Como rematou para Alemaña?2. A que se debeu a pobreza de Alemaña que Martin relata na segunda carta?3. Quen era o persoeiro que subiu ó poder en Alemaña polo que pregunta Max a Martinna páxina 25? Por que non lle gusta?4. Resume a descrición de Hitler que fai Martin ao principio da cuarta carta. Por que seafilia Marin ó nacionalsocialismo? Como xustifica Martin o ascenso de Hitler nas páxinas28-29?.Comenta a frase de Martin da páxina 29: Non hai nada como ter ocupada a unha mullercos meniños para que non teña tempo para neuras.5. Que significa pogrom? Por que Giselle cambiou o seu nome para actuar en Viena?6. Por que Martin utiliza a partir da carta 6 o papel timbrado do banco para escribirlle aMax e quere finalizar coa súa correspondencia?Que opina Martin dos xudeus e dos alemáns nesta carta?Explica, historicamente, a frase de Martin: 'Despois da derrota, dobregamos a cabezadurante catorce anos'.7. Como reacciona Max ante a decisión do seu amigo de deixar de escribirse? Por que sequeiman bibliotecas en Alemaña?8. Como explica Martin as diferencias entre un liberal e un patriota alemán?9. Por que Max suprime o nome de Martin na Galería de Arte?10. Por que se inquieta Max ante as palabras Adressant Unbekannt?11. Que lle aconteceu a Griselle no teatro de Berlín?12. Como comeza a carta Martin? Que significa?Que sensacións che produciu a lectura desta carta?

Page 2: Cuestionario de 'Enderezo Descoñecido

13 e SEGUINTES. Que intenta facer Max co cablegrama e as cartas seguintes? Por quecita ó tío Salomón na páxina 55 ou o Deus de Moisés na páxina 63? Que consecuenciastiveron para Martin?Explica o significado do sobre da páxina 65VALORACIÓN GLOBAL1. Describe criticamente a personalidade e a actuación dos personaxes: Max; Martin;Griselle; Elsa; Heinrich. ¿Con cal te identificas máis?2. Fai unha valoración persoal e crítica do libro, tanto do seu contido, como da súaestrutura narrativa e a linguaxe empregada (10-15 liñas)3. Como actuarías ti se en España se fixese co poder un partido semellante ó nazi? Cresque é posible que pase algo semellante hoxe en Europa e/ou en España?