decembro 2012 - ouxb

36
Número: 124 - Ano: XI - Decembro 2012 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 TEMA DO MES Páx.2 DEPORTES Páx. 30 OCIO Páx.14 e 25 CIDADE Páx. 4 O CD Ourense perde o segundo partido consecutivo 53,5 millóns de euros para a nova depuradora de Reza A apertura do claustro de San Francisco, pendente da seguridade O Concello non abonará a paga extra aos funcionarios Programación de Nadal en Ourense e na Valenzá O Servizo Galego de Saúde asinou co Concello de Ourense a cesión gratuíta da parcela onde se construirá o centro de saúde do Couto./R.T. O Sergas recibe a parcela do centro de saúde do Couto [páx. 4] TEMA DO MES Páx.3 O equipo de Ourense por Barrios deséxalles aos seus lectores Bo Nadal e Próspero 2013!

Upload: ourense-por-barrios

Post on 06-Mar-2016

265 views

Category:

Documents


13 download

DESCRIPTION

Xa está a buzonearse o número de decembro de Ourense por Barrios, un número que con motivo das festas navideñas anticipa a súa data de saída. Amáis de prestarlle atención á programación navideña da nosa cidade, nesta edición facémonos eco das noticias máis destacadas das últimas semanas en Ourense capital.

TRANSCRIPT

Page 1: Decembro 2012 - OUXB

Número: 124 - Ano: XI - Decembro 2012 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.2 DEPORTES Páx. 30OCIO Páx.14 e 25CIDADE Páx. 4

O CD Ourense perde o segundo partido consecutivo

53,5 millóns de euros para a nova depuradora de Reza

A apertura do claustro de San Francisco, pendente da seguridade

O Concello non abonará a paga extra aos funcionarios

Programación de Nadal en Ourense e na Valenzá

O Servizo Galego de Saúde asinou co Concello de Ourense a cesión gratuíta da parcela onde se construirá o centro de saúde do Couto./R.T.

O Sergas recibe a parcela do centro

de saúde do Couto

[páx. 4]

TEMA DO MES Páx.3

O equipo de Ourense por Barrios

deséxalles aos seus lectores Bo Nadal e Próspero 2013!

Page 2: Decembro 2012 - OUXB

� Ourense por BARRIOSDecembro de �01� TEMA DO MES

O Concello de Ourense non abonará a paga extra de decembro aos seus funcionarios4 O PSOE xustifica a decisión nos informes dos servizos xurídicos mentres que o BNG denuncia que non hai “vontade política” por parte do Goberno socialista e o PP que a intención de realizar este pagamento era “fume electoralista”.

As novas edís do BNG, Ximena González e Susana García, tomaron posesión das súas actas de concelleira no pleno ordinario do 7 de decembro./RAMSÉS.

P.L.

Ao igual que a maioría dos funcionarios do resto de administracións, os do Con-cello de Ourense tampouco cobrarán este ano a paga extra de Nadal. O grupo de goberno socialista alegou que os informes xurídicos solicitados “non facultan á corporación para facer efectiva dita paga” para in-cumplir o acordo plenario aprobado en setembro xun-to co BNG para buscar fór-mulas que paliaran a perda de poder adquisitivo dos traballadores municipais.

A decisión feita pública aos representantes sindicais pola concelleira non elec-ta de Recursos Humanos, Carmen Rodríguez Dacos-

ta, e ratificada despois polo alcalde (“non imos incum-plir a legalidade”, afirmou Agustín Fernández), foi acollida de maneira nega-tiva polos grupos da oposi-ción. Tanto o BNG como o PP amosaron a súa crítica, aínda que por motivos dife-rentes.

Falta de vontade políti-ca

Para os ex socios de go-berno nacionalistas, os so-cialistas non tiñan vontade de cumplir o acordo plena-rio de setembro que buscaba compensar aos funcionarios pola perda adquisitiva debi-da á supresión da paga ex-tra de Nadal. “Detectamos que non hai vontade políti-ca, que se trasladaron orza-

mentos que o BNG deixou consignados para facer esta paga e nos atopamos nes-ta situación na que non se pode cumplir co acordo”, valoraba a nova edil Xime-na González, quen tomou posesión do seu cargo no pasado pleno ordinario de decembro. Ximena Gonzá-lez explicou que despois da saída do BNG do Goberno local, realizaronse transfe-rencias de crédito da par-tida de “Persoal” por valor de 1.286.000 euros a favor doutras partidas, como por exemplo “Publicidade e propaganda” o que signi-fica que “non só non hai vontade política senón que tampouco hai agora a ca-pacidade económica que o BNG garantiu cando fixo a

proposta”.Como moito, o Bloque

considera que o informe que o grupo de goberno trasladou aos sindicatos deixa a porta aberta a unha compensación pola vía dun complemento de produtivi-dade, pero xa para o vindei-ro ano. Dificilmente, polos trámites que hai que cubrir, se pagaría en xaneiro, apun-tan os nacionalistas.

Nesa idea insiste o Go-berno municipal, que in-dicaba nunha nota aos medios de comunicación que “en todo caso seguirá a dialogar e traballar coas centrais sindicais para es-tudar posibilidades e fór-mulas que permitan facer efectivo o acordo plena-rio”. “O que está claro é que a paga extra non se vai pagar nin se pode pagar a través dun sucedáneo, sería recurrida e ao mellor ha-bería que devolvela e non imos incumplir a legalida-de, seguimos estudando al-ternativas”, xustificábase o rexedor socialista.

Engano e electoralismoE desde o PP consideran

que o tempo lles ven dar a razón, recordando que xa durante o debate da moción no pleno de setembro aler-taran “da imposibilidade manifesta nesta hipotética acción” de “buscar fórmu-las”. O seu voceiro, Rosen-do Fernández, subliña que aquela moción “meramente electoralista foi un invento do BNG co que tratou de

“Detectamos que non hai vontade política, trasladáronse orzamentos que o BNG deixou consignados para facer esta paga””, valoraba Ximena González

gañarse a sindicatos e fun-cionarios”. E lamenta o “engano” ao que se viron sometidos os traballadores municipais “consentido e auspiciado por PSOE e BNG, que dende sempre coñeceron as limitacións legais para executar a súa promesa”.

A este respecto, desde o Bloque precisaron que a súa proposta non era elec-toralista, porque a presenta-ran en agosto “cando aínda non estaban convocadas as eleccións”, apuntaba o

concelleiro Xosé Somoza. A súa compañeira Ximena González consideraba que compensar a perda da extra de Nadal aos funcionarios supoña tamén “unha forma política de insumisión ante as medidas de austeridade do goberno central e así o entendemos nos gobernos nos que temos presenza”. Somoza citou o exemplo de Pontevedra, onde os empre-gados públicos cobraron un complemento de produtivi-dade “cunha cantidade moi semellante á paga extra”.

Os funcionarios do Concello de Ourense non serán dife-rentes este Nadal ao resto de empregados públicos espa-ñois e quedarán coma eles sen a paga extra./ARQUIVO.

Page 3: Decembro 2012 - OUXB

�Ourense por BARRIOSDecembro de �01�TEMA DO MES

Paula Lodeiro

Se as previsións se cum-plen, e se falamos do com-plexo de San Francisco non sempre foi así, os ourensáns poderemos admirar de novo o claustro de estilo románi-co de transición a gótico do antigo Convento de San Francisco á volta das vaca-cións de Nadal.

Para iso será preciso que Ministerio de Cultura e Concello asinen un conve-nio mediante o cal a institu-ción local asuma a xestión de apertura, vixilancia e mantemento do claustro, e tamén que instale un sis-tema de cámaras de segu-ridade para preservar os elementos de gran valor patrimonial deste Ben de Interese Cultural (BIC).

Con todo, hai quen xa pudo contemplar parte do que nun tempo foi conven-to e posteriormente cuartel, e no que moitos ourensáns celebraron a sú voda, como se encargou de recordar o alcalde da cidade, Agustín Fernández. Xunto ao de-legado do Goberno en Ga-licia, Samuel Juárez, e ao subdelegado en Ourense, Roberto Castro, o rexedor visitou a semana pasada o recinto, tralo remate das obras de acceso e restaura-ción desenvolvidas desde o pasado mes de xuño. Tanto Fernández como Juárez ex-presaron a súa satisfacción por que o espazo volva ser visible unha década des-pois.

A diferenza do aspecto que presentaba o claustro

nos últimos anos, agora xa non hai maleza e as pal-meiras locen como no seu mellor tempo, as vidrieiras foron recuperadas e as dife-rentes ventás e portas illa-das con paneis do resto do complexo, pendente aínda da súa reforma. Unha nova entrada permite o acceso ao carón do albergue de pere-grinos. Un pero, o teito em-pregado para cubrir o claus-tro xa presenta goteiras.

Próxima licitación, o Arquivo e a Biblioteca

A segunda previsión que ten que cumplirse para que o complexo de San Francis-co recobre o seu esplendor é a que fixo o propio dele-gado do Goberno. Samuel Juárez recordou o anuncio do penúltimo Consello de Ministros, que faculta á Xe-rencia de Infraestruturas e Equipamentos do Ministe-rio de Educación, Cultura e Deporte a iniciar en 2013 a licitación da obra do Arqui-vo Histórico Provincial e a Biblioteca. O presuposto inicial para finalizar os tra-ballos destas dúas inraes-trutrude 16.689.022 euros, e un prazo de execución de 32 meses.

Samuel Juárez explicou que, co remate do acon-dicionamento e acceso ao claustro gótico do antigo convento, iníciase unha nova fase marcada pola próxima licitación e exe-cución destes emblemáti-cos espazos culturais para Ourense e para Galicia. Ta-mén está previsto que neste mes, engadiu, poida entrar

en vigor un convenio entre a Xerencia e o Concello de Ourense polo que se enco-menda á Administración local a xestión da apertu-ra ao público, vixiancia e mantemento deste claustro histórico, agora totalmente rehabilitado.

Deste xeito, Samuel Juárez quixo destacar que coa finalización das obras de acceso a este edificio BIC (declarado en 1923), o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte consigue recuperar un emblema de Ourense. Agora, engadiu, será accesible e aberto á cidade, e isto é destacable,

xa que a súa imaxe ten unha forte vinculación histórica coas celebracións sociais dos veciños de Ourense e constitúe, á súa vez, un re-curso cultural de interese para os visitante.

Características da aper-tura

A apertura ao público será, en principio, de ca-rácter indefinido, salvo que unha vez iniciadas as obras se considere necesario, nun momento determinado da súa execución e por moti-vos de seguridade, limitar o seu acceso ao público.

En función da demanda

de visitantes, o Concello fixará un horario de apertu-ra para as visitas do público ao claustro, e organizará un programa de actividades institucionais e culturais así como un plan de visitas de grupos escolares.

Por outra banda estable-cerá mecanismos de vixilan-cia, e cámaras de seguridade para preservar o patrimonio e asumirá labores de mante-mento e limpeza.

A apertura do claustro de San Francisco ao público, pendente da instalación de medidas de seguridade4 O alcalde adianta que se abrirá ao público tralo Nadal, ao ter que instalarse cámaras de seguridade. Para ver rematado o complexo de arquivo e biblioteca haberá que esperar outros tres anos.

O arquitecto Xosé Manuel Casabella explica ao delegado do Goberno, ao alcalde de Ourense e ao subdelegado do Goberno en Ourense a actuación realizada no claustro románico de transición ao gótico de San Francisco. /P.LODEIRO.

A licitación das obras do Arquivo e da Biblioteca prevese para 2013

4 O que restaA intervención neste

conxunto monumental componse de actuacións en tres inmobles diferen-ciados. O primeiro, o edi-ficio histórico, un antigo convento desamortizado, que foi usado como cuar-tel militar e que alberga un claustro do século XIII, e que conta cunha declara-ción do conxunto do edifi-cio como BIC. O segundo é o edificio de depósitos do Arquivo, conectado co primeiro mediante unha construción menor. É unha edificación de nova planta, con conservación do muro de fachada posterior que é o único resto do edificio primitivo. Por último, o edificio de Biblioteca, de nova planta, atópase sepa-rado dos outros edificios, formando unha praza aber-ta con eles.

O calendario da obra establece que no primeiro trimestre de 2013 se publi-que a licitación e que antes de que remate o vindeiro ano adxudique e formali-ce o contrato. A finais de 2013 principiarán as obras que rematarán en 2016.

O arquitecto redactor do proxecto de rehabilitación de todo o complexo, Xosé Manuel Casabella, consi-derou que “é un luxo para unha cidade como Ourense ter concentrado nun punto pequeno todos estas gran-des infraestruturas de tipo cultural”, recordando que no mesmo contorno fun-cionan xa o Auditorio ou a Escola de Música.

Page 4: Decembro 2012 - OUXB

� Ourense por BARRIOSDecembro de �01�

CIDADE

Redacción

O Servizo Galego de Saúde asinou co Concello de Ourense a cesión gratuí-ta da parcela onde se cons-truirá o centro de saúde do Couto.

A cesión dos terreos, dunha extensión de 3.979 metros cadrados, acádase unha vez foron solventados os problemas administra-tivos e xudiciais derivados da anulación do PXOM de 2003. O pasado mes de xullo, o Concello resolveu mediante un acordo ex-traxudicial a titularidade dos terreos, ao pór fin ao procedemento xudicial cun acordo por ambas partes respecto á propiedade.

O acordo adoptado dá se-guridade xurídica á Xunta de Galicia para a acepta-ción da cesión dos terreos. O seguinte paso será a pre-sentación do proxecto por parte da Xunta para solici-tar a correspondente licen-cia e concretar os prazos de adxudicación e execución das obras.

Próximos prazos O centro de saúde do

Couto ten un prazo previsto para a súa construción de 18 meses a partir da adxu-dicación á empresa corres-pondente, máis un prazo de

redacción do proxecto de entre 4 e 6 meses. A Xun-ta investirá 3,6 millóns de euros nesta instalación.

A infraestrutura sanitaria contará cunha superficie de máis de 2.700 metros ca-drados. Ubicarase nunha parcela que ten unha lixeira pendente leste-oeste, cun desnivel de dous metros existente nos puntos extre-mos que dan á rúa Veláz-quez. O acceso ao centro faise dende a parte máis alta da rúa, creando así un andar semisoto que está enterrado parcialmente, e posibilita deste xeito unha maior ilu-

O Sergas recibe a parcela do centro de saúde do Couto4 A infraestrutura ten un prazo previsto para a súa construción de 18 meses.

minación e ventilación.O edificio terá forma

de U, o que permite dis-poñer as diferentes pezas ao redor dun patio e faci-lita unha boa iluminación e ventilación en todo o conxunto. Tamén contará con zonas para fisiotera-pia, especialidades, ad-ministración, pediatría e medicina xeral.

Redacción

A apertura das ofertas económicas da estación depuradora de augas resi-duais (EDAR) de Ouren-se, é un dos últimos pasos para proceder á adxudica-ción da infraestrutura, que custará 53,5 millóns de euros. O 70% desta can-tidade será achegado por AcuaNorte (organismo que depende do Ministerio de Agricultura, Alimenta-

ción e Medio Ambiente) o 15% pola Xunta de Galicia e o resto polo Concello de Ourense.

As obras, que serán adxu-dicas nos próximos días, completan e modernizan o sistema de depuración ac-tual da cidade de Ourense mediante a prolongación dos colectores existentes e a construción dunha nova EDAR con capacidade para tratar as augas residuais de 180.302 habitantes equiva-

53,5 millóns para a nova depuradora 4 A futura EDAR terá capaci-dade para tratar augas residuais de máis de 180.000 habitantes.

Será preciso un investimento de 3,6 millóns de euros

lentes.No acto de apertura de

ofertas económicas estive-ron presentes o director de Augas de Galicia, Francis-co Menéndez, o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; a directora de Acuanorte, Isabel Pé-rez; e o alcalde de Ourense, Agustín Fernández.

O director xeral de Augas de Galicia, Francisco Me-néndez manifestou a satis-facción do Goberno galego polo avance na tramitación deste actuación, declarada de interese xeral e na que a Xunta participa no financia-mento.

A nova infraestrutura ubi-carase ao carón da actual, declarada ilegal polo Tribu-nal Superior de Xustiza de Galicia e pendente dunha orde de derribamento.

A concurso, a explotación do matadoiroRedacción

A Xunta de Goberno Local acordou non pro-rrogar o contrato para a explotación do servizo de matadoiro municipal, e, en consecuencia declarar

a suspensión da prórroga por cinco anos prevista.

O contrato entre o Conce-llo e Matadero de Ourense S.L, para a explotación do matadoiro data de 1993, por un período de 20 anos, prorrogándose automática-mente por un período de 5 anos, salvo denuncia cunha antelación mínima de 6 me-ses por calquera das partes.

O matadoiro municipal está situado en plena zona termal da Chavasqueira./ARQUIVO.

Neste caso é o Concello o cal, ante o vencemento do contrato o 10 de xuño de 2013 acordou, dacordo cos informes xurídicos e técni-cos municipais, máis conv-inte para o interese público, proceder á extinción do contrato e á renovación da adxudicación do servizo, e abrir un novo procedemen-to de contratación.

Solar do futuro centro de saúde do Couto./RAMSÉS.

Page 5: Decembro 2012 - OUXB

5Ourense por BARRIOSDecembro de �01�PUBLICIDADE

Page 6: Decembro 2012 - OUXB

6 Ourense por BARRIOSDecembro de �01�

especial BALANCE 2012

S.N.

O 2012 caracterizouse en Ourense, sen dúbida, polos sobresaltos políticos. A di-misión de José Luis Baltar, os numerosos imputados na Operación Pokemon ou a resolución do caso dos paneis foron do máis des-tacado.

Xa se levaba un tempo agardándoo e, finalmente, o 24 de xaneiro foi a data que o PP de Ourense terá para sempre marcada no seu calendario: José Luis Baltar presentaba a súa di-misión como presidente da Deputación, tras 22 anos no cargo, e deixaba o camiño libre para que o seu propio fillo o relevara. O seu foi o único nome barallado e a

decisión foi unánime, o co-mité electoral do PP desig-nou como candidato a José Manuel Baltar, que tomou posesión o 10 de febreiro.

Pero neste segundo mes do ano Ourense non só es-treou presidente da Deputa-ción, tamén conta dende en-tón con novo Subdelegado do Goberno e novo bispo.

O que fora durante os dous últimos anos director xeral de Relacións Institu-cionais da Xunta, Roberto Castro, foi nomeado o 3 de febreiro subdelegado do Goberno en Ourense, en substitución de Cami-lo Ocampo. Así mesmo, Monseñor Leonardo Lemos Montanet converteuse o día 11 no novo bispo de Ouren-se, dous anos despois da

marcha do seu predecesor, Luis Quinteiro.

Os meses pasaban e os tradicionais enfrontamen-tos entre partidos volvían ás páxinas dos xornais, esta vez como consecuencia dos orzamentos municipais para 2012, que non foron aprobados definitivamente ata setembro e só co respal-do dos grupos de goberno (PSOE e BNG). Dende a oposición xustificaban a súa desaprobación por conside-ralos “dubidosos” e pola tan retrasada aprobación.

Operación PokemonPero nin os tardíos orza-

mentos, nin sequera a di-misión do gran José Luis Baltar causaron na cidade tal convulsión como a de-tención o 20 de setembro do rexedor municipal, Fran-cisco Rodríguez, acusado de delitos de prevaricación e suborno relacionados coa suposta adxudicación irregular de contratos ás empresas do grupo Véndex (que xestiona en Ourense os servizos da ORA, guin-dastre, e limpeza de insta-lacións deportivas). Pero a Operación Pokemon, a cal investiga esta suposta tra-ma, levou tamén detido ese mesmo día ao expresidente da Confederación Hidro-gráfica Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares; o día 25 ao xefe da Policía Local de Ourense, Abelardo Ulloa; e o 26 ao edil de Deportes, Fernando Varela.

Tanto Rodríguez, como Varela e Ulloa finalmente

quedaron en liberdade con cargos, mentres que Liña-res está dende aquela en prisión provisional. Ulloa foi relevado do seu posto; Francisco Rodríguez alon-gou a agonía unha semana defendendo a súa inocen-cia, pero ao sábado seguin-te -debido ás presións do seu propio partido (que o suspendeu de militancia) e ás do seu socio de gober-no (o BNG)- presentou a súa dimisión; e, en cambio, Fernando Varela deixou de ser edil tan pronto saiu en liberdade.

Coa decisión de Rodrí-guez era o momento de elixir novo alcalde. E non houbo sorpresas, con 14 vo-tos a favor (os 11 do PSOE e os 3 do BNG) Agustín Fernández -ata entón edil de Facenda- foi nomeado novo rexedor municipal.

Previamente, Xosé Somoza tomou posesión como edil nacionalista e Alfonso Vila-chá como socialista.

Pero a Operación Poke-mos xa deixara ferido de morte ao goberno bipar-tito. Logo de cinco e anos e medio de pacto, a partir deste novembro un PSOE en minoría terá que levar o rumbo do goberno munici-pal. Xunto á desconfianza xurdida no BNG polas de-tencións, diversas decisións do novo alcalde, os malos resultados dos nacionalistas nas autonómicas de outubro e diversas discrepancias co que foi ata agora o seu so-cio, fixeron que o BNG de-cidise non reeditar o pacto cos socialistas. Pero ade-mais, esta situación fixo que as nacionalistas Isa-bel Pérez e Marta Arribas abandonaran os seus cargos

como edís, sendo substituí-das por Susana García e Xi-mena González.

Eleccións autonómicasPero 2012 tamén nos de-

parou unha cita coas urnas. Como se agardaba, Núñez Feijoo decidiu adiantar as eleccións autonómicas para o 21 de outubro (en lugar de esperar a marzo de 2013). Estaban chamados a votar 275.000 ourensáns que ti-ñan para escoller 18 can-didaturas diferentes (que optaban aos 14 escanos da nosa provincia). Finalmen-te, o PP repetiu o seu éxito,

Remata un ano impactante para Ourense 4 O 2012 veu cargado de novas máis que dispares. A cal déronola os nosos equipos cos seus éxitos deportivos, e a area, os políticos, con polémicas imputacións e antisociais recortes.

CDO, COB e Barbadás lograron en 2012 ascender de categoría

Trala súa imputación na Operación Pokemon, Francisco Rodríguez dimitiu o 29 de set-embro arroupado por unha multitude de seguidores./ARQUIVO

José Luis Baltar despediuse da súa vida política, o 24 de xaneiro, emocionado e agradecido./ARQUIVO

Page 7: Decembro 2012 - OUXB

7Ourense por BARRIOSDecembro de �01�

BALANCE 2012 especial / CIDADE

As numerosas detencións en Ourense no marco da Operación Pokemon (entre elas a do alcalde e o xefe da Policía Local) foron do máis salientable

engadindo un parlamen-tario máis aos sete que xa tiña, a costa do PSOE, que baixa de 5 a 4. E das dúas actas que tiña o BNG unha vai parar agora para a coali-ción entre Anova e Esquer-da Unida.

Fin ao caso dos paneisEn outubro de 2008, o

PP decidiu levar á Fisca-lía a intención do goberno municipal de adxudicar por 40 anos e sen concurso a instalación de catro paneis informativos na cidade. Agora, en outubro de 2012, a Audiencia provincial de Ourense vén de absolver aos seis imputados, entre os que están os ex tenentes de alcalde ourensáns, Alexan-dre Sánchez Vidal e Andrés García Mata, e o ex direc-tor xeral de Turismo, David Cortón, que dimitiran dos seus cargos.

InfraestruturasAsí mesmo, diversas in-

fraestructuras acapararon portadas ao longo destes meses. En setembro, un ano despois de ser precha-do, abriu de novo ao pú-blico o polémico parque de Montealegre, creado inicialmente como xardín botánico. E en novembro abriu o Centro de Interpre-tación das Burgas e o bu-levar peonil entre as rúas Baño e da Burga.

Pola súa banda, seguen en proceso, entre outros, o Centro de Interpretación de

Parques Naturais (para o que se estima o remate no 2015), a chegada do AVE a Ourense (ao respecto do cal a Ministra de Fomen-to asegurou en agosto que sería Rajoy o que lle poría data -2018, asegurou este días despois-), as melloras do claustro San Francisco (estímase que despois de Nadal estea aberta ao públi-co a parte remodelada, pero haberá que agardar tres anos para ver a biblioteca e o arquivo), e o Hospital 2050 (proxecto para o cal en outubro foi anunciada a contratación das obras da súa primeira fase).

Históricas folgasCo paro acadando máxi-

mos históricos, os numero-sos recortes que o Gober-no Central vén realizando nos últimos tempos están a desatar o descontento da cidadanía, que durante o 2012 non dubidou en saír ás rúas para manifestar o seu malestar. Así, as folgas xerais convocadas en xullo e en novembro mobilizaron a cifras de cidadáns nunca vistas. Na última delas, o 14 de novembro, 20.000 ourensáns percorreron as rúas da capital coreando lemas como “nós non rou-bamos, só traballamos” e “a

culpa de quen é?, dos que votan ao PP”.

Un ano de ascensosPero se algo nos deixou

un bo sabor de boca du-rante este ano foron os no-sos deportistas: Barbadás, Club Deportivo Ourense e Club Ourense Baloncesto lograron o ansiado ascen-so de categoría. O Barba-dás conseguiu subir, por primeira vez na súa histo-ria, ata a 3ª División logo de gañar a súa liga. Pola súa banda, CDO, despois de pasar catro anos en Terceira, por fin a tempa-da pasada fixo o seu soño realidade e agora é equipo de 2ª B. E o COB, tras baixar a LEB Prata o ano anterior, conseguiu voltar a LEB Ouro.

Dimisións, imputados, folgas, ascensos... Foron 12 meses nos que Ourense foi protagonista e non sem-pre por boas novas. Agora comezan outros 12 para o que o vaso estea medio cheo, para que as promesas políticas se cumplan, para poder queixarnos en que caso de que así non sexa. Chegan outros 12 meses de noticias, nos que conti-nuaremos levándolles aos seus buzóns a realidade de Ourense, barrio a barrio.

Redacción

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, con-sidera “moi preocupante” que o informe técnico, anunciado por Fomento para avaliar posibles cam-bios ou melloras na inte-gración urbana do AVE, acumule xa un ano de re-traso sen que o Goberno de ningunha explicación.

O Concello sempre respectou a decisión de encargar ese informe que supostamente necesitaba o novo equipo de Fomen-to para tomar a decisión, malia considerar que era innecesario por canto o proxecto existente resol-vía as necesidades da in-fraestrutura ferroviaria e a integración urbana da alta velocidade na cidade. “Non vemos razón algun-ha”, di Fernández, “para non dar continuidade a este proxecto, que sigue acumulando retrasos pese a súa trascendencia para Ourense e para o desen-volvemento da Alta Velo-

cidade a Galicia”. O alcalde lembra que o pasado 10 de abril, tras unha reunión de traballo no Ministerio entre o anterior alcalde de Ouren-se, o conselleiro de Política Territorial e o secretario de Estado de Infraestruturas, este comprometeuse a de-cidir e anunciar “en poucas semanas” a solución defini-tiva, “compromiso que, evi-dentemente non se cumpriu, polo que o pasado 18 de outubro solicitei unha nova reunión coa ministra, polo momento sen resposta”.

O rexedor confía que o encargo dun novo estu-

do xeotécnico anunciado por Adif para o tramo Ta-boadela-Ourense non sexa unha nova excusa para se-guir mantendo paralizado o proxecto, e pide que a Xunta se incorpore a este proxec-to e ao convenio de xestión entre as tres administracións (central, local e autonómi-ca). “Para min”, di o alcalde, “é urxente sacar adiante este convenio urbanístico para incorporalo ao novo Plan de urbanismo”. “O Concello está a disposición do Gober-no e da Xunta para firmar o convenio mañá mesmo”, recalca.

Retraso no informe técnico sobre a integración do AVE 4 A solución definitiva fora prometida por Fo-mento no mes de abril.

Sen noticias da integración ferroviaria na estación de Ourense Empalme./ARQUIVO.

Page 8: Decembro 2012 - OUXB

8 Ourense por BARRIOSDecembro de �01� CIDADE

EN BREVE

4 Eleccións en Limiar

Unha única candida-tura opta a presidir a Fe-deración de Asociacións de Veciños de Ourense Limiar. A lista está enca-bezada polo actual presi-dente, Manuel Carnero, e confórmana outros seis nomes, todos eles na ac-tual directiva.

As eleccións celebra-ranse o 19 de decembro en horario de 12 a 14 horas e de 18 a 20 horas. Poderán participar os representan-tes con certificado de to-das as asociacións federa-das antes da convocatoria.

4 Abre o Parque Infantil de Tráfico

Un grupo de 50 esco-lares de 6º de Primaria do CEIP de Prácticas deu inicio ás actividades de educación viaria que as Concellerías de Educa-ción e Tráfico organizarán durante este curso escolar no circuíto viario instala-do no Parque Infantil de Tráfico de Expourense.

Ata o mes de xuño, un total de 27 centros esco-lares e 2.500 alumnos da cidade realizarán activida-des teórico-prácticas pro-gramadas tanto en horario escolar como extraescolar. Así mesmo, os monitores do Parque Infantil de Trá-fico prepararán a alumnos da ESO para que poidan presentarse por libre aos exames teórico-prácticos que esixe a DXT para obter o permiso de ciclomotor.

“Sabores do Nadal” no CEIP Luis Acuña da Carballeira

Os alumnos de Educación Primaria de 5º e 6º da asig-natura de lingua portuguesa do CEIP Manuel Luis Acuña agasallaron aos seus compañeiros de centro con sobreme-sas e doces típicos destas festas nos seus respectivos países de orixe. O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e a concelleira de Educación, Ana Garrido, puideron saborear doces típicos da gastronomía rumana, portuguesa, exip-cia, venezolana, paraguaia e por suposto galega, elabora-dos polos escolares coa axuda da súa profesora e os seus proxenitores.

Máis de 20 postres elaborados por máis de 30 alumnos e alumnas dan comezo ás actividades de Nadal e poñen un punto doce ao tempo que amosan as diferencias gas-tronómicas e de tradicións nestas datas entre os diferentes países do noso redor. Os suspiros e galletas de Nadal ga-legos uníronse aos aletrias e bolos de rei portugueses, aos brigadeiros brasileños, o doce de leite venezolano ou aos cupcakes e brownies americanos, nunha colorida e saboro-sa degustación.

O CEIP Luis Acuña acolleu a degustación de “Doces de Nadal” dos diferentes países dos alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do centro.

Redacción Un aumento do 7% no

número de delitos e fal-tas esclarecidos é un datos máis relevantes do infor-me feito público na última Xunta de Seguridade Lo-cal, que recolle os datos entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro. Neste perío-do tamén se produciroon 49 detencións máis que nos mesmos meses de 2011.

Pola banda negativa, o aumento tanto dos delitos como das faltas na nosa

cidade no que vai de ano: os delitos de 1.255 a 1.483, e as faltas de 1.473 de 1.825.

“Aínda que houbo un repunte nos delitos e faltas tamén é certo que houbo incremento moi importante no número de detencións, por iso é moi importante se-guir traballando neste senti-do e non baixar á garda”., apuntou o subdelegado do Goberno, Roberto Castro, quen presidiu a reunión.

Castro valorou en posi-tivo os datos amosados na Xunta Local de Seguridade,

Neste 2012 esclarecéronse un 7% máis delitos e faltas4 E realizaronse 49 detencións máis que o ano pasado.

“polo continuo incremento do índice de esclarecemen-to de delitos, o que amosa o gran traballo desenvolvido polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e pola Policía Local de Ourense”. Pola súa parte e de cara ao Nadal, o alcalde apuntou que “non se darán permisos para festas que non estean amparadas nas normas le-gais correspondentes”.

Na Xunta Local de Seguridade de Ourense participaron, ademais do subdelegado e o alcalde, membros dos Corpos e Forzas de Seguridade e representantes veciñais.

4 Dispositivo especial de NadalA Policía Nacional es-

tableceu un dispositivo especial de prevención de delitos con motivo das fes-tas navideñas.

Este control preventivo levarase a cabo por dota-cións policiais uniforma-das e de paisano ao longo do día nas zonas comer-ciais e pola noite nas zonas

de ocio habituais. O labor dos axentes centrarase na redución dos furtos de bol-sos e carteiras,

Ademais, a Policía re-comenda a quen marche de vacacións nestas datas que tome unhas mínimas precaucións de seguridade para evitar sufrir roubos na súa vivendas.

Page 9: Decembro 2012 - OUXB

9Ourense por BARRIOSDecembro de �01�

PUBLICIDADE

Page 10: Decembro 2012 - OUXB

10 Ourense por BARRIOSDecembro de �01� CIDADE

Récord no concurso de pinchos “Sabores de Outono” O “Montadiño agridoce con explosión” do Restaurante Monterrey resultou gañador do

premio do xurado profesional e da votación popular do concurso de pinchos “Sabores de Outono”, mentres que “San Simón na Leira” do Mariscal foi o mellor petisco a xuízo da prensa. As propostas dos establecementos Acio, Estación de Lomán, O’Doutor, Casa Toñita, Cogumelo e D’Luis tamén foron galardoadas na quinta edición deste certame de pinchos que bateu todos os récords de participación. Por unha banda, 53 establece-mentos hostaleiros ourensáns participaron con cadansúa elaboración; pola outra, 7.000 comensais elexiron cos seus votos os mellores pinchos do outono. “Un concurso máis que consolidado”, en palabras da edil de Turismo, Mónica Vázquez, que supón “unha acción de promoción moi boa da nosa cidade”. O responsable da Unión de Hostaleiros, Javier Outomuro, aproveitou o acto para invitar a todos os empresarios do sector a que se asocien para conseguir que Ourense “sexa símbolo do gastronómico”.

Os premiados co alcalde e a concelleira de Turismo. /P.LODEIRO.

4 Os libreiros ourensáns teñen novo presidente

A Agrupación de Librei-ros de Ourense conta con novo equipo directivo para os próximos catro anos, á fronte do que estará José Manuel García Mosquera. O novo presidente seguirá unha liña continuista de traballo, enfocada sobre todo na defensa do sector e en manter a unidade en tempos de crise.

A candidatura do novo presidente, que rexenta a libraría Kathedra, foi a única presentada na As-emblea Xeral. A xunta directiva queda composta por Aurelio Gómez Vi-llar, como vicepresidente (Queixumes), Pilar Rodrí-guez como tesoureira (Pai Feijóo), Francisco Negro como secretario (Platero), e como vogais María Ruiz (A Viúva); Alberto Dié-guez (Betel); Sonia Mª Ro-dríguez (Lúa) e Fernando Márquez (Stylo).

EN BREVE

4 Dous anos de rede wifi

A rede municipal “Ouren-se WIFI”, posta en marcha polo Concello den decem-bro de 2010, celebra o seu segundo ano de funciona-mento cun total de 12.334 usuarios únicos rexistra-dos.

O proxecto cumpre co obxectivo de achegar as novas tecnoloxías a ouren-sáns e visitantes, ofrecendo acceso gratuíto a Internet as 24 horas, en 42 puntos de acceso da cidade e a súa pe-riferia. Os puntos wifi con maior actividade son os da praza de Covadonga, rúa de Lugo, Parque Barbaña, Serra Martiñá e avenida de Santiago.

4 Campaña de promoción da recollida selectiva

A concelleira de Limpeza e Medio Ambiente, Susana Bayo, visitou o stand que a Concellería instalou na rúa

do Paseo, que recolle as ac-cións desenvoltas por este departamento en materia de a reciclaxe ao longo do ano 2012. Nun orixinal forma-to, un stand con forma de salón dun domicilio común, fai chegar á cidadanía dun xeito cercano unha clara mensaxe: a importancia da reciclaxe e da separación correcta dos residuos, du-rante todo o ano. Hai tamén unha sección destinada a xogos e premios para con-cienciar aos máis cativos da importancia da reciclaxe.

A acción desenvólvese durante toda a semana, en días nos que, con motivo do Nadal, repunta o consumo e a creación de residuos. Así, o mércores estará na avenida das Caldas (xunto á Ponte Romana), o xoves na Praza do Couto, e o venres no Xardín do Posío.

O stand recolle as das campañas de conciencia-ción que a Concellería de Limpeza desenvolveu du-rante este ano baixo o eslo-gan “Ourense é a túa casa”.

Page 11: Decembro 2012 - OUXB

11Ourense por BARRIOSDecembro de �01�PUBLICIDADE

A dúas semanas para que remate o presente exerci-cio económico, o Goberno Municipal ven de dar conta da tramitación dun présta-mo por valor de 3.486.312 euros, a devolver en 10 anos, para financiar par-cialmente -o 90%- das in-versións orzamentadas este ano (3,8 milóns). Así deron conta os membros da Xunta de Goberno Local na sesión do 5 de decembro, polo trá-mite de urxencia, coa finali-dade de que os membros da oposición non tivesen coñe-cemento deste sorprendente feito ata a recepción da acta da devandita sesión, máis dunha semana despois. E

tampouco se lles informou aos edís populares nas dúas xuntas de área de Economía que houbo dende a data.

Sorprende ao Grupo Mu-nicipal do Partido Popular a petición, a finais de ano, dun préstamo para financiar a meirande parte da partida de inversións, ata o de ago-ra inexistentes, cando non hai xa tempo material para executalas en tempo e for-ma, evidenciando así que os orzamentos no Concello de Ourense son, basicamen-te, papel mollado, que nos últimos cinco anos foron hipermodificados e endexa-mais presentados dentro do prazo establecido pola lei.

Polo que desconfían os po-pulares que finalmente esta cantidade solicitada sexa destinada as inversions pre-vistas, polo que o PPOU se-guirá atento a este asunto.

“Volven hipotecar o Concello”

Ademais, recalcan os po-pulares, é incomprensible que a finais de setembro, en pleno estoupido da crise do Bipartito Municipal, o Goberno municipal se ne-gase a acollerse á posibili-dade de devolver a débeda estatal en 10 anos e non en cinco, como denuncia-ra puntualmente o PPOU, “e agora volven hipotecar

o Concello ata o ano 2023 para devolver 3,48 millóns de euros, a un tipo de xuro variable referenciado ao euribor a 90 días, máis un diferencial de 5,90%”.

Por último, os populares lembran que cando entrou a gobernar o Bipartito, en 2007, a xestión do PP deixara 17 millóns de euros de remanente de crédito nas arcas municipais. “Hoxe en día descoñecemos que cantidade existente neste concepto, como tamén des-coñecemos o motivo polo que se solicita un crédito nestas circunstancias, se é que aínda hai remanente de crédito”, conclúen.

Véñense de confirmar as certezas que xa manifesta-ra hai tres meses o Grupo Municipal do PPOU con respecto ao pagamento da paga extra de Nadal aos funcionarios do Concello de Ourense.

Lembran os populares que xa no pleno do pasa-do 7 de setembro, cando o BNG defendeu –co apoio do PSOE- unha moción en-camiñada a “buscar fórmu-las” para pagar ou compen-sar esta paga extra, o PPOU alertou da imposibilidade manifesta nesta hipotética acción. “Nunca nos opuxe-mos a que se compensase a perda do poder adquisitivo dos funcionarios munici-pais –lembra o portavoz municipal dos populares, Rosendo Fernández-, pero

sempre deixamos claro que tiña que ser dentro da lega-lidade, algo que non cabía dentro do Real Decreto Ley 20/2012, como agora ratifi-caron os informes xurídicos municipais”.

O tempo remata de dar a razón aos populares, toda vez que recordan que aquela moción, meramente electo-ralista –a apenas un mes da celebración das eleccións autonómicas-, foi un inven-to do BNG co que tratou de gañarse a sindicatos e fun-cionarios, aos que chegou a invitar expresamente para que asistisen a aquel pleno de 7 de setembro. “Naquel Bipartito, a ala nacionalista forzou a moción, mentres que a ala do PSOE foi in-capaz de dicir a verdade aos funcionarios municipais,

mantendo aquela errónea expectativa, e dilatándoa no tempo, revelándose agora como o fume, o descarado brinde ao sol que sempre foi”, di Rosendo Fernández. E non só foron os funcio-narios e traballadores mu-nicipais as víctimas deste engano, senón que tamén se viron afectados por esta mentira os comerciantes lo-cais, aos que PSOE e BNG atribuían como beneficiarios da medida de compensación da paga extra da plantilla municipal (cifrada en 1,5 millóns de euros) que nunca chegou.

Falta de información en xunta de área

Tamén critican os po-pulares que, en xunta de área de Servizos Xerais,

onde se abordan cuestións relacionadas co Persoal, a concelleira responsable non informou aos concelleiros do PPOU asistentes, tendo que enterarse horas despois a través da prensa.

Por último, lamentan os populares o engano ao que se viron sometidos os fun-cionarios e traballadores municipais. Un engano, reiteran, consentido e aus-piciado por PSOE e BNG, que dende sempre coñece-ron as limitacións legais para executar a súa prome-sa, algo que obviaron cons-cientemente en plena cam-paña electoral co único fin de arañar uns votos a costa de falsas expectativas, tal e como argumentara o PP no pleno onde se debatira a de-vandita moción.

O tempo dá a razón ao PP cando alertaba de que a suposta “intención” do goberno municipal de pagar a extra era un brinde ao solCando en setembro deste ano PSOE e BNG aprobaran a moción que instaba a “buscar fórmu-las” para este pagamento, os populares xa deixaran claro que todo era fume electoralista antes das autonómicas para enganar os funcionarios municipais e comerciantes locais

O colmo da falta de xestión económica no Concello de Ourense chega cun préstamo a finais de ano para pagar inversións inexistentesO PSOE deu conta, por urxencia e en Xunta de Goberno, da petición dun préstamo de 3,4 mi-llóns de euros, a devolver en 10 anos, para financiar parcialmente as inversións orzamentadas este ano (3,8 millóns) e que non se atopan nin en execución a dúas semanas escasas da fin do exercicio económico

Rosendo Fernández, no pleno de setembro no que se aprobara a moción sobre a paga extra.“Nunca nos opuxemos a que se com-pensase a perda do poder adquisitivo dos funcionarios –lembra Rosendo Fer-nández-, pero sempre deixamos claro que tiña que ser dentro da legalidade”

Os concelleiros populares Mónica Mourelo, Rosen-do Fernández, Belén Iglesias e Aurelio Gómez Villar, nunha das últimas roldas de prensa do grupo muni-cipal popular.

Page 12: Decembro 2012 - OUXB

1� Ourense por BARRIOSDecembro de �01� ECONOMÍA E EMPREGO

CONCLUSIóNS DO OBSERVAtORIO ECONómICO DO INORDE

Ourense resiste mellor a crise que Galicia, menos no último ano4 No balance positivo, a alta supervivencia empresarial; no ne-gativo, que a segunda recesión da crise está a penalizar máis o emprego na provincia que no conxunto galego.

P. Lodeiro

A provincia de Ouren-se resiste mellor a crise que Galicia, pero o úl-timo ano foi peor aquí que no conxunto galego. Esta é a conclusión que se extrae do Observato-rio Económico Ourensán, ferramenta de diagnose económica e laboral ela-borada pola Deputación e o Inorde. Trátase dun informe que estuda o nú-mero de empresas, as afi-liacións á Seguridade So-cial, o paro rexistrado e o comportamento do sector tecnolóxico na provincia, con datos desagregados por comarcas e munici-pios, e fixando tres puntos de observación: o comezo da crise (2008), fai un ano (2011) e na actualidade (2012).

O profesor da Facul-tade de Ciencias Empre-sariais de Ourense, José María Chamorro, foi o encargado de detallar as conclusións do Obser-

vatorio. Na parte positiva, que os principais núcleos de poboación da provincia presentan menos efectos derivados da crise que as zonas rurais, e que o cen-so provincial de empresas se mantén desde o comezo da crise (cae só un 0,9%). Na parte negativa, que a segunda recesión (de 2011 a 2012) está a penalizar máis o emprego en Ourense que no conxunto da comunida-de autónoma, e que o sector tecnolóxico (chave no cre-cemento económico) sofre o descenso máis acusado das afiliacións. Con todo, a eco-nomía ourensá aínda asina a menor perda de afiliados e a menor suba do paro das ca-tro provincias galegas.

No que respecta ao análi-se dos datos da capitalidade provincial e da localidade de Barbadás, o balance é máis positivo neste último mu-nicipio, onde o incremento do número de empresas no período 2007-2011 foi dun 8,53% e o das afiliacións no período 2008-2012 do 9,61%. No que se refire ao paro rexistrado, a suba foi maior no concello limítrofe que na capital (dun 66,25% e un 52,64% nos anos 2008-

Ourense perde menos afiliacións que o resto de Galicia

Fonte: Observatorio Económico Ourensán.

2012, respectivamente). Polo momento o Obser-

vatorio só diagnostica, pero está previsto que a través del se tomen decisións. Segundo adiantou o presi-dente provincial, Manuel

Baltar, dentro de seis me-ses darase a coñecer unha nova actualización deste Observatorio, e para en-tón “será o momento de concretar as medidas de actuación”.

A CIG alerta dun aumento do número de EREsRedacción

Segundo datos feitos públicos pola CIG, entre xaneiro e outubro de 2012 aumentaron os expedientes de regulación de emprego na provincia un 118,8% en relación ao ano anterior.

Nos dez primeiros me-ses do ano produciuse un importante aumento do número de EREs presenta-dos en Ourense que pasou, de 48 no mesmo período do ano anterior, a 105 no 2012. A previsión, di a central sindical, “é de que sigan aumentando ata final de ano polo que Ouren-se vai ter un novo récord negativo en perda de em-prego, pois en todo 2011 houbo 68 expedentes e agora pode duplicarse”.

Tamén o número de tra-balladores afectados sufriu un aumento considerable ao pasar de 442 no 2011 a 1.806 no presente ano.

Por sectores foi na in-dustria onde houbo un maior incremento que foi do 812,4%, ao pasar de 145 afectados a 1.223 neste ano. Este forte incremento de EREs, ademais de evi-denciar a crítica situación de perda de emprego na que se atopa a provin-cia, con moitas empresas ameazadas pola situación de crise-, débese tamén á aplicación da reforma la-boral aproba que facilita aos empresarios a presen-tación dos ERE, apuntan desde a CIG.

A Deputación despedirá 32 empregadosRedacción

32 empregados laborais indefinidos veranse afec-tados polo expediente de despido colectivo (EDC) aprobado pola Deputación provincial. O presidente da institución, Manuel Bal-tar, xustifica a medida na redución dos orzamentos e por causas económicas e organizativas. Estímase que o EDC será efectivo a partir do 1 de febreiro de 2013, tras un proceso de negociación entre re-presentantes do goberno e dos traballadores.

Por outra banda, a De-putación redimensionará a súa plantilla por medio dunha amortización de 28 prazas vacantes, que non se cubrirán, co obxectivo de racionalizar a estrutura organizativa do ente pro-vincial.

E é que o orzamento do ente provincial para 2013 terá unha redución no gas-to de persoal de 1,3 milló-ns de euros, o que permi-tirá, en opinión de Manuel Baltar, “optimizar o custe dos recursos humanos e acadar maior eficiencia na prestación dos servizos”. No seu conxunto, os or-zamentos da Deputación para 2013 ascenderán a 66.307.000 euros, un 6,64% menos que no ano 2012 (71 millóns), debido á redución das achegas do Estado e da UE. Servizos Sociais, Medio Ambiente e cooperación cos conce-llos serán as prioridades.

Page 13: Decembro 2012 - OUXB

1�Ourense por BARRIOSDecembro de �01�

PUBLICIDADE

Page 14: Decembro 2012 - OUXB

1� Ourense por BARRIOSDecembro de �01� SOCIEDADE / SAÚDE

4O BLOG DE SAUDETER

O corpo humano está deseñado para moverse, para estar en actividade constante. Pero, actual-mente, a vida volveuse moito máis sedentaria para a gran maioría da poboación.

Este feito trae conse-cuencias moi negativas para a nosa saúde, posto que lle estamos negando ao corpo as súas necesi-dades. Un futuro pano-rama de complicacións físicas está por vir se non pomos cartas no asunto. Enfermidades cardiovas-culares, complicacións lo-comotoras, respiratorias e nerviosas.

Conseguir cambios po-sitivos a curto, medio e longo prazo é posible cun estilo de vida máis activo, onde a actividade física é o compoñente fundamen-tal e os programas de ade-stramento individualizado unha necesidade.

A pesar de que o obxec-tivo poida ser o mesmo, a mellora da saúde e a nosa condición física en xeral, o proceso debe de ser di-ferente para cada un de nós. Cada individuo ten unha historia persoal, un-has características indivi-duais que o fan único, por iso é importante pornos en mans de profesionais da saúde e a actividade física que saiban avaliar-nos e aconsellarnos.

O de prescribir acti-vidades xeneralizadas a toda a poboación en xeral queda atrás. Cada un de nós necesita un progra-ma específico en función dunha avaliación inicial

fundamental que debe de analizar polo menos catro compoñentes: tolerancia cardiorrespiratoria, aptitu-de muscular, peso/ compo-sición corporal e flexibili-dade. Sen deixar de lado os aspectos psíquicos, sociais e motivacionais do indivi-duo.

Actualmente dispomos de diversos métodos de ava-liación do nivel de saúde dunha persoa: desde alcan-zables análises sanguíneas ou medicións da presión ar-terial, até sinxelos test, exa-mes físicos, ou as comple-tas probas de esforzo fóra ou dentro dun laboratorio.

Un dos parámetros máis importantes que se ten en conta no estudo da condi-ción física é a resistencia cardiorrespiratoria e mus-cular. Diversos estudos de-mostran que a resistencia cardiorrespiratoria ou ca-pacidade funcional aeró-bica, que se mide mediante a valoración do VO2 (Vo-lúmen de Osíxeno) e a FC (Frecuencia Cardíaca), é o mellor parámetro de refe-rencia para valorar o nivel de saúde.

A simple medición da Frecuencia Cardíaca (FC) a través dun pulsómetro daranos valores bastante fiables e continuos. Tamén existen outras técnicas e instrumentos como o elec-trocardiógrafo ou métodos manuais como a palpación dixital.

Pero se queremos obter datos máis precisos como o

Evaluar o noso nivel de saúde e condición física debe estar ao alcance de todos

O centro de psicoloxía e logopedia de Rosa Mª Re-bollo está situado no ba-rrio do Couto e integrado por profesionais cualifica-dos no sector.

Movémonos sobre todo pola corrente cognitivo- conductual e estamos ao tanto das novidades que van xurdindo para polas en práctica no momento oportuno obtendo así re-sultados nun periodo curto de sesións.

Temos ampla experien-cia en tratar doenzas tales como depresión, ansieda-de ou estrés. Tamén fa-cemos terapias adaptadas para persoas con algún tipo de adicción como pode ser ao sexo, internet, drogas, alcohol, máquinas tragaperras… Axudamos a todos aqueles que teñan algún tipo de fobia ou medo, inseguridade ou a aquela persoa que fora ou sexa na actualidade vítima de maltrato físico ou psi-colóxico tanto por parte da sua parella, algún familiar, no traballo ou na escola. Tratamos trastornos de ali-mentación, de conducta…

Contamos cunha pro-fesional especializada en terapia de parella e sexo-loxía.

Atención especializada Tras anos de experiencia

fomos vendo que os nenos cada vez máis novos teñen que ir ao psicólogo por distintas causas.

Por iso puxemos en marcha un novo depar-tamento dentro do noso centro orientado en darlle unha atención especializa-da a estes nenos.

No departamento psico-educativo daremos cober-tura a: nenos con necesi-dades educativas especiais como pode ser o TDHA, dislexia, retraso madura-tivo, dificultades de apren-dizaxe, lecto- escritura; apoio escolar orientado a nenos con estas dificulta-des; logopedia; erapia in-fantil e xuvenil: para tratar a alteración da conducta, a ansiedade nos exames, orientación escolar, técni-cas de estudo, trastornos do sono, da alimentación, do estado de ánimo, celos, problemas de atención, re-lación entre pais e fillos…

Moitas veces os nosos fillos fracasan á hora de estudar, ou os seus esfor-zos non se corresponden cos resultados. Chegado este momento o mellor é facerlle unha avaliación para saber cal pode ser o motivo que está levando a esa situación. Unha in-tervención eficaz a tempo pode previr consecuencias negativas dun futuro.

Frecuentemente os ne-nos e adolescentes sofren en silencio sendo os re-sultados académicos ou os seus comportamentos a forma de exteriorizar de que algo non vai ben.

No noso centro os nosos profesionais empregarán técnicas de psicoterapia infantil e xuvenil.

Na nosa aula estudio daremos apoio escolar espécifico a cada neno, sendo cada caso distinto xa que as dificultades e circunstancias de cada un son diferentes polo que se trata de unha atención per-sonalizada.

Novidades no centro de psicoloxía de Rosa Mª Rebollo Volúmen de Osíxeno Máx,

debemos recorrer a un er-gómetro, o cal indica ca-tro parámetros de valora-ción funcional: o consumo máximo de Osíxeno (VO2 máx); a transición aeróbi-ca- anaeróbica; o cociente respiratorio, que relaciona o consumo de Ou2 e o de CO2; e o volume expirado en L/ min.

Esta proba é a máis com-pleta e fiable de todas, pois nos dá unha valoración clínica e cardiovascular completa, imprescindible para realizar programas de adestramento adaptados a cada individuo, especial-mente naqueles casos de risco de enfermidade, per-soas que seguen programas moi específicos ou de alto rendemento.

Así que se queres seguir un plan de adestramen-to, coñecer o teu nivel de condición física e realizar actividade física sen riscos ponte en mans de profe-sionais, que te valorarán e aconsellarán.

Saudeter, sempre miran-do pola túa saúde, dispón dun ergómetro fácil de usar e transportar (Fitmate prol), para complementar a avaliación física que vén realizando co monitor de Frecuencia Cardíaca ou a máquina Tanita que avalía a composición corporal. O obxectivo é velar pola saú-de en xeral e unha práctica segura e efectiva.

Saudeter

No estudo da condición física débese ter en conta a resistencia cardiorrespiratoria e a frecuencia cardíaca

Obradoiros, torneos e ludoteca, para os rapaces da ValenzáRedacción

Entre as diversas op-cións que os cativos e mozos de Barbadás teñen para este Nadal atópanse as que organiza a Casa da Xuventude. Obradoiros, torneos e ludoteca son algunhas das actividades previstas.

Dentro do amplo abano de obradoiros que realiza-rán podemos encontrar un de maquillaxe de festa (o 26 de decembro de 17.30 a 20.30 horas); un para aprender a customizar a súa roupa (será o día 27 no mesmo horario que o anterior); e outro de ela-boración de galletas (o 28 de decembro de 17 a 20 horas).

Así mesmo, Barbadás tamén acollerá dous tor-neos, a quinta edición do torneo infantil de tenis wii, que terá lugar o 2 de xaneiro de 17 a 20.30 ho-ras e se disputará en dúas categorías: infantil (ás 17 horas) e xuvenil (ás 18.30). Ao día seguinte, o 3 de xaneiro ás 18 horas, terá lugar o quinto torneo de ping-pong no que uni-camente poden partici-par mozos maiores de 16 anos, e dos que recibirán premio os tres mellores.

LudotecaA oferta de ocio de

Nadal en Barbadás com-plétana as actividades de ludoteca que se realizarán do 26 ao 28 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro en horario de mañá.

Por último, o fin de fes-ta do Nadal correrá a car-go dos Magos de Oriente, que o día 4, a partir das 16 horas, percorrerán todo o municipio.

Page 15: Decembro 2012 - OUXB

15Ourense por BARRIOSDecembro de �01�

[Se desexa anunciarse na Guía da saúde

chame ao 988 239 634 ou escríbanos

a comercial@ourenseporbarrios.

com]

SAÚDE

4GUÍA DE SAÚDE

4VETERINARIA

Aínda que quixésemos que estivesen por sempre ao noso lado, os nosos fieis compañeiros algún día empezan a facerse maiores.

Isto ocorre en reali-dade rápido para o noso concepto humano de lo-nxevidade ou as nosas ex-pectativas actuais de vida, polo cal moitas veces nos preguntamos: a que idade o noso amigo comeza a envellecer?

Nos cachorros todo de-pende do seu tamaño e raza, sábese que os máis pequenos e medianos em-pezan a envellecer máis tardíamente (aos 7 - 8 anos) que os cans grandes e xigantes (aos 5 - 6 anos) e pola súa banda os gatos comezan a ser maiores en xeral aos 7 anos.

Nese momento o noso amigo é cando máis nece-sita que o consintan e non o separen do que é a vida diaria da casa, porque isto ocasiónalle tensión e por tanto problemas de conduta, só débese ter máis precaución cos seus coidados habituais e prestar moita atención a calquera cambio no seu comportamento para que poida gozar dunha mag-

Que acontece cando as nosas mascotas se fan vellas?nífica calidade de vida.

O proceso do envelle-cemento é un proceso di-námico que ademais vai afectando a todos os teci-dos, órganos e sistemas do organismo.

Aínda que o tema é bas-tante extenso, poderiamos resumir algúns síntomas e enfermidades importantes que poden aparecer nas mascotas maiores:

- Pel pouco elástica, caí-da de pelo

- Sarro, perda de dentes- Estreñimento- Atrofia muscular, artro-

se, artrite.- Obesidade- Perda de apetito- Enfermidades cardio-

vasculares- Insuficiencia renal- Diabete mellitus- Insuficiencia pancreá-

tica- Hepatopatías- Anemia- Cancro- Hipertiroidismo (gatos)- Problemas de gusto,

audición e vista- Intolerancia a certos

fármacos, á anestesia- Hipertensión- Problemas gastrointes-

tinais, metabólicos- Maior sensibilidade á

dor

- Cambios de conduta, irritabilidad, desorienta-ción, disfunción cognitiva

E estes cambios físicos e fisiolóxicos conlevan coi-dados diferentes.

O exercicio moderado segue sendo importante e axudará a manter á mas-cota en bo estado físico. De todos os xeitos, a esta idade é natural que descanse e durma máis horas.

Tamén deberá que cam-biar a súa alimentación por unha máis apropiada para a súa idade e como medida preventiva para certas enfermidades. Pero se xa padece dalgunha, será convinte que siga unha dieta adecuada para a mesma, prescrita polo veterinario.

O efecto xeral da idade sobre unha mascota obsér-vase cun declinar gradual na capacidade funcional da mesma. Eses cambios adquiren importancia e o medicamento preventivo é o que lles axudará a ter unha mellor calidade de vida.

Por todo isto é impres-cindible acudir ao vete-rinario para un recoñece-mento inicial e para que nos oriente nos coidados da nosa mascota maior.

Aínda que é difícil acep-tar este envellecemento, de-bemos saber que coa nosa axuda e entendemento, eles poden levar unha vida máis pracenteira.

En Abros comezamos unha nova etapa e, logo de varios anos de estudo e preparación, logramos cumprir un obxectivo moi importante relacionado co medicamento preventivo das mascotas que nos vi-sitan. Hoxe podemos dicir que temos uns Plans de Saú-de adaptados aos nosos pa-cientes para todas as súas idades e necesidades. Con eles esperamos ter moito máis controlada a saúde das mascotas para que os seus propietarios gocen de-las por máis tempo.

AbroSalud é o nome pro-pio deste anhelado proxecto que agardamos que cumpra coas expectativas de todos polo benestar dos nosos máis fieis amigos.

Velliño si, pero cheo de vida! Esa é a diferenza en-tre vivir e estar vivo.

A vellez é unha parte na-tural da vida que merece a pena que sexa vivida inten-samente.

Alicia Fdez VitaliAuxiliar nutricionista

Clínica Abros

A maioría dos nenos xa escribiron a carta ós Reis. Nela, ducias de agasallos de nomes, xogos estranos, e bichiños de universos inventados. Xoguetes de moda, bonecas das de sem-pre e coches de plástico de cores. Tamén algún pixa-ma, suxerido polos pais e un estuche ou mochila para o cole.

Todo ben pormenoriza-do, explicadiño para que as Súas Maxestades non teñan problema para acer-tar. Despois lles tocará o traballo arduo de rastrexar por toda a cidade ata dar con todo o da famosa lista, crendo que así seguro que

4PSICOLOXÍA

acertan. E chega ó día 6, e os xo-

gos resultan aburridos, os bichiños e bonecas pare-cen máis pequenos que na tele e tanta acumulación de agasallos e papeis co-loridos se lles atraganta.

Ata que, a eso de media tarde, aparece o xoguete perfecto dese Nadal, que ás veces é unha caixa de cartón, outras un trozo de papel brillante ou pode que unha pelota feita cun-ha bolsa de plástico.

Os Reis deberían ter sempre isto en conta á hora de facer as compras, non vaia ser...

Ángeles Rodríguez

As caixas de cartón

Redacción A Dirección Xeral de

Innovación e Xestión da Saúde Pública da Con-sellería de Sanidade de-cidiu ampliar a campaña de vacinación antigripal e antipneumocócica para ofrecer así a posibilida-de de vacinarse a aquelas persoas que aínda non o puideron facer por dife-rentes razóns. A campaña remataba o día 14 e agora amplíase ata final de mes.

Sanidade lembra a im-portancia que ten a vaci-nación, pois é o mellor mecanismo para protexer-se fronte á enfermidade e evitar complicacións aso-

ciadas á mesma. Neste sen-tido, calquera persoa vaci-nada dentro do período que abrangue a campaña gozará da máxima protección antes da chegada do virus a Ga-licia, que segundo indica a vixilancia epidemiolóxica chegará ao seu pico nos me-ses de xaneiro e febreiro.

Ata a actualidade vaci-náronse contra a gripe algo máis de 400.000 persoas, e están citadas para facelo outras 12.000 máis. O pa-sado ano recibiran a vacina 540.000 persoas, acadán-dose o 56% da poboación diana entre os maiores de 65 anos. Ao actual ritmo de vacinación podería baixar a cobertura nun 6%.

A campaña contra a gripe amplíase ata o 314 A vacina reduce a incidencia da enfermidade.

Page 16: Decembro 2012 - OUXB

16 Ourense por BARRIOSDecembro de �01�

EMPRESAS

Redacción

Isaac Pereira é, xunto coa súa muller Mariluz Castro, o propietario de Calzados Canadá, unha tenda que leva aberta seis anos na rúa Doutor Ma-rañón. Xa desde o prin-cipio levan confiando en Ourense por Barrios para publicitar as súas campa-ñas, como a que este Na-dal ofrecerá un desconto do 20% en botas, botíns e zapatos.

Que diferenza Calza-dos Canadá doutras za-paterías?

Isaac Pereira: “O perfil da oferta que temos, bási-camente calzado de muller de descanso, calzado moi especial. Temos a maior oferta de Ourense en calza-do de goretex orixinal e ur-bano para muller, con máis de cen referencias disintas.

Traballamos con marcas alemanas, austríacas, holan-desas, son produtos dunha calidade constrastada”.

Cal é o perfil da vosa clienta?

I.P.: “Pois é unha muller de tipo urbano que quere un calzado de calidade e que lle ofreza unhas carac-terísticas de comodidade e confort. A xente máis nova decántase máis polo gore-tex, e as mulleres con máis idade por zapato cómodo, con plantillas de descan-so… Incluso hai mulleres que traballan todo o día e queren un zapato cómodo, pero con deseño”.

Tedes algunha oferta de Nadal?

I.P.: “Nesta campaña de Nadal temos unha promo-ción de desconto en liña do 20% en todo o noso produ-to de inverno, botas, botíns e zapatos”.

O ANUNCIANtE DO mES

Calzados Canadá, expertos en calzado de descanso

Mariluz Castro, de Calzados Canadá.

Hoxe en día as nosas mascotas conviven con nós en casa e son parte da familia. Todos os días esperan ansiosos o noso regreso, para darnos todo o seu agarimo e compañía sen esperar nada a cam-bio.

É a nosa responsabili-dade cubrir as súas nece-sidades máis básicas, reci-bir os seus premios cando se portan ben e facer que sentan queridos.

Unha das necesidades máis básicas é o aseo. Cun cepillado e baño regular evitaremos que se sintan incómodos.

Un pelo con nós pode ocasionar lesións na pel cando tenten arrincalos, e

un pelo sucio pode ocasio-nar caspa e eccemas.

A saúde da nosa masco-ta reflíctese na pelaxe e ao convivir connosco tamén é necesario que estean asea-dos para evitar cheiros e se sintan cómodos tanto donos como mascotas.

Hoxe en día existen champús específicos para cada raza para que os ba-ños poidan ser máis fre-cuentes sen que resulten agresivos para a súa pel e pelo.

En Perruquería anina Koquet@s intentan cubrir as necesidades da túa mas-cota tanto en alimentación, moda e complementos.Para calquera dúbida ou suxestión esperámoslle.

Abre a perruquería canina Koquet@s

Meli Puga e Bea Estévez, responsables de Koquet@s.

No Polígono Barreiros estréase Perfects Cars, em-presa de nova creación pero participada por Talleres Martinez Multimarca de Verin, que vai cumprir en febreiro 40 anos no mundo da automoción. A seriedade e a calidade no produto que teñen á venda son marcas desta empresa que consigue un gran índice de satisfac-ción entre os seus clientes.

En Perfect Cars comercia-lizanse vehiculos fornecidos por T. Martinez Multimarca e a especialidade é sempre vehículos seminovos, con moi poucos kilometros e en perfecto estado. “Ofrece-mos seminovos como no-vos cuns fantásticos prezos, comfiamos en ter a mellor relación calidade-prezo da provincia”, explica Simón Martínez, responsable da empresa.

Os vehiculos de Perfect Cars van dirixidos a publi-

co de todas as idades, pois posúen unha oferta de co-ches de todo tipo, desde deportivos, todoterreos ou berlinas. “Coa vantaxe do gran aforro que se pode conseguir cun coche se-minovo (con 3 ou 4 anos, custa entre un 50% e 60% do prezo dun coche novo) e vendo a baixa quilome-traxe e o magnífico estado saben que pode durarlle e facerlle o mesmo ser-vizo que se o compraron novo”, engade Simón.

En Perfect Cars están a acabar de montar o taller para poder facer o mante-mento e a asistencia técni-ca de todos os vehículos que venden. Neste conce-sionario tamén son exper-tos en vehículos de com-petición, tanto na venda como na preparación ou melloras, así como en ve-hículos clásicos.

[+ info en www.martinez-multimarca.com]

Perfect Cars, no Polígono Barreiros.

Perfect Cars, especialistas en vehículos seminovos

Page 17: Decembro 2012 - OUXB

17Ourense por BARRIOSDecembro de �01�PUBLICIDADE

Page 18: Decembro 2012 - OUXB

18 Ourense por BARRIOSDecembro de �01�

4ANUNCIOS CLASIFICADOS[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en [email protected]. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante

dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

VENDAS

TRABALLOVENDA PISOSVendo casa na estrada de Santia-go. Tel: 637 005 910.Oportunidade! Venta de piso de 2 habitacións con baño, cociña, tras-teiro, garaxe. A 5 minutos de praia América. Tel.: 636422497.Vendo piso en madrid, barrio da Elipa, para reformar. 5º sen ascensor, 2 habitacións, 1 baño. 90.000 euros, prezo negociable. Tel. 606 23 11 43Vendo casa en Nogueira de Ra-muín. Prezo: 3.000.000 de euros. Tel.: 988 246 096 e 664 118 065Vendo apartamento zona 21 por 96.000 euros. Tel. 675 51 11 79.Vendo piso no Couto,75 m�, 3 dor-mitorios, 1 baño, cociña amoblada, terraza de 35 m2, calefacción gas cidade, 93.000 euros negociables. Tel. 699 01 45 60.Vendo apartamento de 2 habita-cións en Vigo, frente á praia. Tel. 636 422 497.Vendo piso en Vigo, céntrico, 2 dormitorios. Tel. 988 47 08 55 e 679 04 06 04Vendo apartamento con 2 ha-bitacións, un baño, salón-cociña, buhardilla e garaxe pechado. Zona 21. Tel. 675 521 179.Vendo piso na avenida de Portugal (zona Couto). Calefacción central, todo exterior. Tel.: 988 22 39 32.Vendo piso en avda. Zamora, 3 dormitorios, baño, cociña e cale-facción. Tel.: 659 968 143

Alúgase apartamento � dormito-rios, cociña amoblada con electro-domésticos. Tel. 988 21 36 21.Alugo piso en Valdorregueiro, 4 habitacións, baño, cociña e galería. tel. 988 21 43 01 e 687 21 12 18Alúgase baixo de 110 m� na Car-balleira, exterior, luminoso, ideal para negocio ou almacén, con zona de carga e descarga. Tel. 661 926 529 ou 670 43 34 90.Alugo oficina xunto ao pazo de Xustiza e local no casco vello de Ourense. Tel. 637 005 910.Alugo apartamentos en Montal-vo de 1 e 2 habitacións para pontes e fins de semana, a 30 euros o día. Tel.: 607 271 916Alugo piso amplio, amoblado, zona Couto. 400 euros comunida-de incluída. Tel: 606 569 228Alugo casa amoblada con finca e xardín en Celanova. Tel. 617 925 873Alugo dous apartamentos na zona do Posío, con praza de garaxe e calefacción. Tel. 617 92 58 73Alugo local de 55 m� no Vinteún-Peliquín. Tel. 988 21 29 00.Emprendedores: terreo de 2.300m� en Melias (Pereiro de Aguiar), con auga propia, apto para todo destino (horta, colmeas, viñe-dos etc.) a 50 m. da estrada, vénde-se ou alúgase por 100 euros ao mes, con opción a compra (negociable). [email protected] piso amoblado de 3 dor-mitorios, 2 baños, salón enorme, ascensor e calefacción en avda.

ALUGUER

mércanse mobles ou electrodo-mésticos de 2º man e cómpranse obxectos antigos. Tel. 988 21 22 24Vendo sofá 3+2, caldeira de cale-facción de gas cidade, botelleiro para bar. Tel. 637 005 910Vendo centeo embalado. Prezo a convir. Tel: 626 073 751 Vendo varias pías de distintos ta-maños. Tel. 607 900 375.Véndese leña de carballo a bo pre-zo. Tel. 630 521 448. Vendo carriño de bebé comple-to en perfecto estado, 250 euros. Tel. 687 511 472 e 988 37 30 50 (noites).Vendo máquina expendedora de bebidas quentes. Tel.: 666 726 469Vendo conxelador 160x70 cm. Zanussi Aplus. Sen usar. Garantía 2 anos. Tel. 647 232 974Vendo vestido comuñón, semi-novo (impecable). De Mayna. Colección 2012. Bo prezo.Tel.619 516 824Vendo 2 sillas de coche para bebé e 2 carriños. Practicamente novas. Prezo interesante. Tel. 629 87 90 82Vendo Samsung Galaxy Ace 100

Ofrecese servizo de modista.Traballos de calidade, puntuali-dade e bo prezo. Tfn:988 25 53 0�Ofrécese moza responsable para traballos domésticos. Tel: 637 005 910Danse clases particulares de boxeo impartidas polo campión de España do 2007. A calquera hora do día. Tel. 647 232 974Ofrecese moza para pasear os teus cans. Económico. Tlfno 605 088 744.Ofrécese chica para limpeza de escaleiras ou servizo doméstico. Zona 21. Tel. 636 39 25 25Ofrécese chica para coidar per-soas maiores, nenos ou para em-presas de limpeza, con experien-cia. Tel. 988 25 86 34.Danse clases particulares durante o curso 2012 / 2013. Con opción de impartir varias materias.A to-das as etapas. Posúo Certificado de Formador e CAP. Máis de 15 anos de experiencia. A domicilio. Económico. Tel. 636 619 589. E-mail:[email protected]écese señora para coidar ne-nos, maiores ou tarefas do fogar. Tlfs: 988 246096 // 664 118 065.Posto de traballo para un Autó-nomo. Labor puramente Comer-cial xestionando unha franquicia económica e exclusiva de afiados en Ourense. Tf. 670 718 942.Ofrécese auxiliar de enfermería para coidado de nenos, persoas maiores ou discapacitados. Tel. 664 615 990.

AUTOMÓBILVendo Mercedes 300 D, clásico, 1982, para rehabilitar. Asentos de coiro. Automático. Tel. 670 718 942Vendo mercedes en bo estado. Prezo a convir. Tel.: 656 940 550Vendo Opel Astra, 66.000 km, tel. 988 24 41 07.Vendo toyota Corolla 1.6, con A.A., C.C., E.E. e llantas de alumi-nio. 3.500 euros. Tel. 607 812 996

CLASIFICADOS

COMPARTIRBúscase chic@ para compartir piso zona Couto. 210 euros gastos incluidos. Televisor en habitación, calefacción, cociña, etc. Máis info en [email protected]

Ofrécese chica para tarefas do-mésticas, coidar persoas maiores ou nenos. con informes. Tel. 654 33 83 21 Ofrécese chica con experiencia para camarera. Tel. 675 11 71 19.Formación a distancia subven-cionada. Titulación oficial. Ase-sora para Ourense. Tel. 610 162 749. Preguntar por Loly.Apoio psicolóxico gratuíto. Te-rapias en consulta ou a domicilio. Cita previa. Tel. 610 162 749.Clases particulares. Todas as materias e niveis, técnicas de estudo, informática. 12 anos de experiencia. Material didácti-co propio. 1ª semana gratis sen compromiso. Tel. 988213480. http://fidelformacion.blogspot.com. [email protected]ózanse fincas e fanse por-tes. Tel.: 656 940 550.Piano-voz para ceremonias e eventos, repertorio variado e personalizable. Tel. 663 733 179, [email protected], fb: duo piano voz.Ofrécese señor para segu-ridade persoal, vixilancia, acompañamento,etc. (pertencen-te a f.c.s.e.).Tel. 636.32.95.24Ofrécese modista, traballos de calidade, rapidez e bo prezo, recollida a domicilio ou tendas. Tel. 988.25.53.02Ofrécese señora para coidar persoas maiores ou nenos en Ourense, tel. 988 21 44 69.

euros. Telf: 647272198.Vendo traxe comuñón neno. Talla 12. Impecable. De Wendoline. Co-lección 2012. Telf: 659 857 932.Vendo galos de Mos, Tel 988 24 89 67 e 677 02 37 36.Vendo vestido de noiva seminovo, branco con pedrería, a bo prezo. Tel. 676 948 475Vendo estanterías metálicas. Tel. 988 47 08 55.Vendo dereitos da PAC. Tel. 626 07 37 51Vendo canapé de madeira tapiza-do de 135 cm con patas de madeira e de regalo o colchón de muelles, gran calidade e seminovo, 230 euros, tel. 637 756 687.Vendo leña de carballo. Tel.: 656 940 550Vendo series completas de sellos de correos de diferentes países e te-máticas a prezos módicos. Tel. 605 388 596 e [email protected] silla xemelar pareada, de 0 meses a 15 kg, perfecto estado, 200 euros. Tel. 699 868 091.Véndese vestido de comuñón, ta-lla 105, bo estado, tel. 653 685 359 e 988 21 12 61.Venda de mobiliario de perruque-ria, semi novo.A un prezo econó-mico:lavacabezas,tocadores,sillas. Tel. 675 279 133Preciosa femia negra de shar pai liña americana, a punto para entre-gar. Entrégase desparasitada, pri-meira vacuna e pedigree tramita-do. Interesados chamar ou mandar whatsapp ao 646 71 24 12

Compártese oficina en avda. San-tiago (acceso desde a rúa). Ideal despacho, correduría de seguros, etc.Zona moi luminosa. Prezo a negociar. Tel. 696 64 12 22.

Portugal. 988227976 - 649052182Búscase finca en aluguer de renda baixa para cultivar nos arredores da Valenzá. Tel.988 546 006.

Page 19: Decembro 2012 - OUXB

19Ourense por BARRIOSDecembro de �01�PASATEMPOS /HUMOR / SERVIZOS

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 151-2002 / OU 125-2003 / OU 164-2004/ OU 155-2007. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Pepe da Guardesa, Silvia Nieto, J.E. Bóveda, J.L. Iglesias Vázquez, R. Sertaje, S.Ganay, M.Pintos, X. Calviño, C.V. Abros, A.V.Ou., Círculo Poético Orensano

Nº124/114/100/63 - Ano: XI - Decembro 2012 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode serreproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 239 634.

4TELÉFONOS DE INTERESEConcello Ourense 988 388 100Concello Barbadás 988 360 000Deputación 988 385 100Xunta de Galicia 012Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138P. Local Barbadás 988 221 050Policía Nacional 988 391 771Guardia Civil 988 235 353Guardia C. Tráfico 988 222 881ITV 902 309 000Bombeiros 080 / 988 370 000Incendios forestais 085Prot. Civil 24 h. 988 510 254Prot. Civil Barbadás988 391 479Cruz Roja Ourense 988 222 484SOS Galicia 112Urxencias e ambulancias 061Consultas sanitarias902 400 116Cita previa SERGAS 902 077 333 H. Sta. Mª Nai 988 385 499Hospital Cristal 988 385 500Atención Cidadán 988 392 909Teletaxi 988 21 00 11Taxis A Valenzá 988 251 471Taxis Carrefour 988 231 657RENFE 902 240 202Estación autobuses 988 216 027Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222Aquagest 988 250 088Atención ao menor 900 202 010Asoc. Diabética Auria 988 226 608AECC 988 219 300C. C. Antisida 988 233 000Alcer 988 229 615AFAOR 988 219 292Alcohólicos Anón. 646 645 11924h. Alcoh. Anón. 988 269 540Alcoh.Anón. 24h. 988 22 76 23 Asoc.Crohn-colitis 630 136 447Down Ourense 988 370 313

4CARTAS AO DIRECTOR

4AUTOBUSES: liñas e horarios en www.urbanosdeourense.esTarifa ordinaria: 0,78 euros - Tarxeta Milenio de transpor-te: ordinaria: 0,56 euros e estudiante: 0,40 euros - Gratis para maior de 65 anos, pensionista,discapacitados: e mozos/as de 16 a 18 anos.liña á Valenzá e hora-rios en www.anpian.com

[Envíanos as túas cartas ou foto denuncias (que non excedan de 10 liñas) a [email protected], ou a r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense]

4FELICITACIÓNS[Envíanos as túas felicitacións (nome, data, motivo e texto) a info@ourenseporbarrios.

com, ou a r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense]

4HUMOR http://apapeleiradereciclaxe.blogspot.com

4HUMOR http://oemigrantedopazo.blogspot.com/ 4SUDOKU

nivel medio

nivel fácil

Para resolvelo, coloca un número en cada recadro de maneira que cada fila, cada columna e cada un dos nove recadros conteñan os números do 1 ao 9 sen repetirse.

Page 20: Decembro 2012 - OUXB

�0 Ourense por BARRIOSDecembro de �01� SOCIEDADE

P. Lodeiro

Víctor Quintas é un mozo da Ponte, de 23 anos, que es-tudou no IES Blanco Amor, onde rematou o Bacharela-to cos Premio Extraordina-rio e de Excelencia Acadé-mica da Xunta. Quería ser xuíz pero en Bacharelato decantouse polas Ciencias da Saúde e á hora de elixir carreira, pola Licenciatura en Odontoloxía, que finali-zou este ano.

Víctor vén de recibir un premio nacional que o acre-dita como o número 1 da súa promoción e un dos mello-res de toda España, xunto a outros 17 estudantes. Pero os recoñecementos non re-matan aí. Acábanlle de con-ceder unha beca única en España en réxime de con-currencia competitiva cos demais recén licenciados en odontoloxía deste 2012, que o acredita como o me-llor expediente e curricu-lum de todos os presenta-dos, e en marzo competirá polo Premio Extraordinario de fin de carreira da USC, un exame ao que acudirán os universitarios con máis de 8,5 no seu expediente. Agarda tamén que a Xunta convoque o Premio de fin de carreira, que “en princi-pio, deberíanmo dar”.

Como se conseguen tan-

ENTREVISTA A VíCTOR qUINTAS, lICENCIADO EN ODONTOlOXíA E NúMERO 1 DA SúA PROMOCIóN

“Nesta profesión por desgraza non conta ser o número 1 ou o último”

tos logros académicos con apenas 23 anos?

Víctor Quintas: “Basi-camente con esforzo e tra-ballo, nunca me regalaron nada, sempre foi a base de esforzo e traballo, a verda-de é que cando se consigue vese un recompensado”.

Aparte dun recoñece-mento persoal, os premios supoñen algunha beca ou outra contraprestación?

V.Q.: “No caso do que me deron en Madrid, un ipad; agora un que me dan en decembro é unha beca dunha entidade privada dunha casa de implantes de 500 euros, e os da Xunta de Galicia estaban en dous mil e pico euros, normalmente levan asociadas unha contía económica; é algo”.

que che din a túa fami-lia e amigos?

V.Q.: “Pois fora unha aposta co meu pai, cando fumos a Santiago a buscar sitio onde aloxarme fixemos unha aposta, onde comimos puxémolo por escrito, meu pai díxome ‘se quedas entre os tres primeiros, cómpro-che o que ti queiras’, den-tro do que cabe, claro. Non foi pola aposta en si, a min gústame facer as cousas ben, como mellor sei.

A nivel profesional non me achega nada, porque nesta profesión por desgra-

za non conta ser o número 1 ou o último, pero a nivel investigador si, hai moitas becas de investigador que se lle dan á xente boa”.

Cres que realizaches de-masiados sacrificios para lograr todo isto?

V.Q.: “Todo custa, pero creo que hai tempo para todo, se realmente dosificas ben os tempos, podes com-patiblizar a túa vida social cos teus estudos, pódese fa-cer de todo”.

Tes algún hobby, practi-

cas algún deporte?V.Q.: “Acostumaba prac-

ticar bastantes deportes pero como non era bo en ningún a nivel nacional, internacio-nal, deixeino, cheguei a es-tar federado en bádminton pero tampouco fixen nada especial, agora só practico como ocio”.

que foi o que máis des-tacarías da túa época uni-versitaria en Santiago?

V.Q.: “Sigo en Santiago aínda, pois agora estou cun máster. É unha etapa nova,

de moitos cambios, ao fin e ao cabo completamos a nosa madurez ou así debería ser, polo menos… Eu son dos que cre que o estudante non debe pasar pola universida-de, debe pasar a universida-de polo estudante, non só ir ás clases e estar alí senta-dos; nós temos que facer a universidade. Fun membro dunha asociación de estu-dantes de odontoloxía, fun cun grupo de voluntarios a Guatemala, con ‘Odontólo-gos sen fronteiras’, foi unha experiencia moi boa. A uni-versidade é algo máis que ir sacar un título”.

Que espectativas labo-rais tes a partir de agora?

V.Q.: “Estou coa tese doutoral e co máster oficial para poder facer a tese, té-ñoa bastante encarrilada, pero expectativas laborais, en España, bastante malas. Aquí nin para o número un nin para o último, está todo fatal. A menos que teñas un pai ou nai dentista, non hai nada. E o que hai é moi mal pagado. Nós necesitamos un período de formación, temos unha formación práctica pero ata certo pun-to limitada; podería montar agora mesmo unha clínica, pero é un pouco atrevido.

Fóra a cousa está moi ben, chegan ofertas de traballo de Francia, Inglaterra… pode-ría ser outra opción, pero por agora plantéxome o máster e a tese, e nun futuro, monta-rei a clínica, probablemente aquí en Ourense”.

De feito é a saída natu-ral para a túa carreira, non?

V.Q.: “Si, desde logo. Hai xente que non se sinte capaz

Víctor Quintas, na ponte Romana./P.L.

de ser autónomo, de crear a súa propia empresa, pero si debe ser o obxectivo, esta carreira é para iso”.

E na facultade fórman-vos como empresarios?

V.Q.: “Pouco, ao meu modo de ver, é unha caren-cia bastante xeneralizada na nosa carreira. Tiñamos unha asignatura que se chamaba ‘Márketing’, pero realmen-te é como se non a tivéra-mos, e unha clase de xes-tión, pero moi pouco. Fixen agora un curso de xestión de clínica, cousas que nin me sonaban, os impostos que hai que pagar, o réxime de autónomos… non o co-ñecíamos nin de lonxe. Na facultade forman demasia-do quizais noutras cousas que non imos utilizar tanto e nestas cousas que nos se-rían moi útiles non”.

Polo que falas cos ami-gos, compañeiros, como ves o futuro, en xeral, para os recén licenciados?

V.Q.: “Bastante mal, máis sobre todo en Odontoloxía, que hai moitísimas facul-tades privadas. Hai unha facultade en Valencia que produce tantos odontólogos como todas as públicas de España nunha promoción. Temos un gran problema por iso porque hai moitísi-ma oferta de odontólogos e moi pouca demanda; o mer-cado está saturado, estamos xa nos límites admitidos pola OMS de dentista por habitante. A verdade é que as asociacións de estudan-tes e os colexios profesio-nais piden unha moderación nas universidades privadas á hora de sacar dentistas, pero ata agora nada”.

“Todo custa, pero se dosificas ben os tempos, podes compatiblizar a túa vida social cos teus estudos”

Page 21: Decembro 2012 - OUXB

�1Ourense por BARRIOSDecembro de �01�PUBLICIDADE

Page 22: Decembro 2012 - OUXB

�� Ourense por BARRIOSDecembro de �01� ESPECIAL

Pazo de Lusío, unha aposta polo mel ecolóxicoA Xunta cofinanciou a través do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia a instalación dunha industria de extracción e envasado de mel e polen ecolóxico na localidade luguesa de Bóveda

“EUROPA INVISTE NAS ZONAS RURAIS”

Meles Anta é unha em-presa familiar galega que leva traballando no sector apícola desde principios da década dos 90. Desde fai un ano, e a través da filial Pazo de Lusío, a súa aposta polo mel de produción ecolóxica deu un paso adiante, grazas á axuda da Xunta de Galicia a través do fondo FEADER, Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

O seu proxecto de cons-trución dunha planta de pro-cesado e envasado de mel e polen ecolóxico na locali-dade luguesa de Bóveda foi subvencionado polo Pro-grama de Desenvolvemen-to Rural (PDR) de Galicia, que achegou o 35% do in-vestimento total realizado, que ascendeu a 1.641.254 euros. Nela, a empresa tiña previsto crear cinco postos de traballo e envasar anual-mente unhas 40 toneladas de mel e outras 30 de polen ecolóxicos, cifras que xa re-basaron, pois na produción deste primeiro ano alcanza-ron as 70 toneladas de mel e en plantilla xa son seis em-pregados.

ProcesoO mel de Pazo de Lusío

recóllese nalgunhas das oito mil colmeas que posúe a empresa nas serras dos An-cares e do Courel, sempre en cotas superiores aos 500 metros de altitude, onde as abellas dispoñen dunha va-riada flora para alimentarse, como castiñeiros, breixos, carballos ou silvas.

O mel ecolóxico Pazo de Lusío comercialízase en botes de 500 g e 1.000 g.

Desde abril ata agosto, máis ou menos, cada unha destas colmeas producirá unha media de 25 quilos de mel, unha substancia de gran calidade que está certificada polo CRAEGA, Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia. Este selo acredita que cumpre con todos e cada un dos requisitos re-flexados na normativa de produción ecolóxica, como por exemplo unha distan-cia mínima das colmeas a núcleos de poboación, granxas ou zonas agríco-las; ou que as colmeas non sexan sometidas a ningún tratamento químico duran-te o tempo de recollida do mel polas abellas.

Unha vez recollidos a partir do mes de agosto, os paneis de mel son traslada-do á nave de Bóveda, onde unha máquina, “única en España”, afirma o encarga-do, Emilio López, encárga-se de extraelo. Logo pasará por un filtro dobre, e será sometido a un proceso de decantanción dun mínimo de tres días para estar listo para o seu envasado, expli-ca López.

Na mesma nave, ex-tráese o polén e o propóleo doutros paneis específicos instalados nas colmeas para recoller estes pro-dutos, e trátase a cera de forma que volva estar en condicións de ser empre-gada ao ano seguinte, pois cada ano renovan catro dos dez paneis que conforman cada colmea.

Posteriormente, mel, polén e propóleo son

trasladados para o seu enva-

En primeiro termo, paneis aínda co mel no seu interior sen tratar; ao fondo da nave, os tanques nos que se decanta o mel antes de ser envasado en bidóns para o seu traslado á planta envasadora da Coruña.

Logo dos meses fortes de traballo de produción do mel, estes días os operarios afánanse en limpar e reparar os paneis que se volverán colocar nas colmeas a partir de abril.

Traballadores de Pazo de Lusío na máquina de decantación de cera vella, que volverá en forma de novos paneis de cera, onde as abellas depositarán o mel a próxima tempada.

sado á planta que o grupo ten na Coruña, para comer-cializararense logo a través da marca Pazo de Lusío en envases de quilo e medio quilo. A maioría do produto acabará no estranxeiro. “O 90% da produción véndese para o mercado exterior, Francia, Reino Unido, Ara-bia Saudí, Alemania, Ita-lia”, indica David Corral, director xerente da empre-sa. De feito, foi a demanda exterior a que os levou a apostar polo produto eco-lóxico .

Fondos FEADERO proxecto de instalación

desta industria de mel eco-lóxico por parte de Pazo de Lusío foi financiado polo FEADER a través do Pro-grama de Desenvolvemen-to Rural de Galicia (PDR) 2007-2013, ao contemplar-se esta iniciativa nunha das medidas previstas, dirixida a promover o aumento do valor engadido dos produ-tos agrícolas e forestais.

A nave de Pazo de Lusío, de 1.500 m2, está instalada no parque empresarial de Bóveda, Lugo.

Page 23: Decembro 2012 - OUXB

��Ourense por BARRIOSDecembro de �01�PUBLICIDADE

Page 24: Decembro 2012 - OUXB

�� Ourense por BARRIOSDecembro de �01� OCIO E CULTURA

Campaña “En-cesta un xoguete”Redacción

Como cada ano o Nadal vístese de solidaridade en Ourense. Orixe Comuni-cación e Publicidade, as tendas Jugettos e o COB por décimo ano conse-cutivo poñen en marcha a campaña “Encesta un Xoguete” para recadar fondos para comprar xo-guetes para aqueles ne-nos máis necesitados de Ourense e provincia. A iniciativa, que este ano conta con máis peticións que nunca, é apoiada na-cidade por máis de 200 establecementos e firmas comerciais, que de xeito desinteresado colaboran na venda do “lapis solida-rio” o cal se pode mercar e por só un euro poderás conseguir un sorriso.

A solidaridade da que veñen facendo gala todos os ourensáns leva aos or-ganizadores a pensar que se venderá unha cantidade próxima aos 5.000 lapis.

óscar Blanco

Que características ten o belén deste ano?

Jerónimo de Vicente: “A decoración non é a mesma, cambiou en to-dos os sentidos. Destaco a masiva presenza de ele-mentos naturais como o brión, que no nacemento non pode faltar. Hai varias clases de brión escollido en función do seu destino: se é para simular vales, montañas ou camiños. Ta-mén aproveito as cortizas de árbores secas que xeran formas e conxuntos moi bonitos xunto con diver-sos troncos furados. Estes teñen unha función esen-cial pois son o esqueleto do nacemento.

A vexetación anana tamén varía. Uns anos

puxen palmeiras e este ano temos pequenos cipreses si-mulados con brezos acom-pañados de pequenas baias.

O visitante tamén atopará líquenes sobre árbore e pe-dra.”

Algún elemento novido-so do decorado?

J.dV: “Este ano destaca especialmente a fortaleza de Herodes. Pensei moito en Terra Santa, alí celebrei as miñas vodas de prata e tomei boa nota da contor-na. Quixen representar o palacio de Herodes tras ver in situ os restos. Ademais, aparecen as pirámides de Keops, Kefrén e Micerinos durante o episodio da fuxida a Exipto, así como a esfinxe que é un elemento pouco común nos nacementos.

O observador comproba-rá que no belén aparecen

varias veces representados María e José. Non só na súa localización habitual, o portal, senón tamén pedin-do pousada ou na fuxida a Exipto. Pódense aprecian ata os cueiros do neno Deus nas alforxas da mula.”

que opina de todo o que se dixo sobre a presenza do boi e a mula?

J.dV: “A primeira per-soa en pór animais no pe-sebre foi Francisco de Asís e desde entón fíxose así. Opino que non é un asunto de fe, é unha tradición. Os Evanxeos non din nada. Os meus fillos e máis eu fixa-mos outro Belén con pedras que tiñan formas similares aos elementos do pesebre. Este Belén está instalado de forma permanente na nosa casa da aldea. Tras varios anos, un gato apareceu acu-

billado no belén. A pesar dos innumerables recun-chos que dispuña, o gato naturalmente refuxiouse dentro daquel belén. Creo que aquel animal estaba a dar a resposta e que Fran-cisco de Asís tamén colle-ría aquel gato e meteríao no pesebre. De feito, nos meus beléns sempre houbo mouchos, ovellas, cans, bu-rros,... feitos de barro e a man fai moitos anos.”

Outras características a destacar do belén do 2012?

J.dV: “Aqueles que nos visiten poderán contemplar covas con lagos subterrá-neos, elementos mecánicos como xogos de luces, tran-sicións de noite e día, ilu-minación focalizada, etc.”

Como se pode visitar este belén?

J.dV: “Estará finaliza-do en vésperas de Nadal, e permanecerá aberto ata o 2 de febreiro de 2013, día das candeas. Agradecemos que aqueles que queiran acudir, concerten cita previa cha-mando ao 988 220 868.”

JERóNIMO DE VICENTE, MESTRE BElENISTA:

“A primeira persoa en pór animais no pesebre foi Francisco de Asís e

desde entón fíxose así”

Jerónimo de Vicente, diante do belén deste ano./Ó.B.

Page 25: Decembro 2012 - OUXB

25Ourense por BARRIOSDecembro de �01�OCIO E CULTURA

Os máis pequenos, os protagonistas4 A apertura do Belén de Baltar, o xoves 20, marca o inicio da programación navideña na nosa cidade.

Redacción

O Concello de Barbadás ten previsto para estas va-cacións de Nadal un amplo abano de actividades para que pequenos e maiores go-cen destas sinaladas datas.

As primeiras das citas se-rán os días 19 e 20 de dec-embro, cando teñan lugar dous festivais infantís (un de extraescolares e outro da Escola de Música, respec-tivamente) que se celebra-rán ás 19 horas na Casa da Cultura. O venres 21 será o turno da visita de Papá Noel, que a partir das 16.30 horas percorrerá os xeriátricos do Concello e dúas horas des-pois estará na Casa da Cul-tura para que se acheguen a el todos os nenos que o de-sexen para pedirlle os seus agasallos de Nadal.

O martes 25 celebrarase ás 12.30 horas na Igrexa de

Sobrado un concerto de panxoliñas, ao igual que o domingo 30 e o 6 de xanei-ro na Igrexa da Valenzá, e tamén o día de Reis na Igrexa de Bentraces.

moitos espectáculosPero os grandes prota-

gonistas destas datas serán os espectáculos. A Casa da Cultura acollerá diversas representacións teatrais (que terán lugar sempre ás 19 horas), como son “O baúl dos soños” (o día 26), “A verdadeira histo-ria de Robinson Crusoe e Venrés” (o 28) e “Dous paiasos en máis apuros” (o 3 de xaneiro). Así mesmo, os nenos de Barbadás ta-mén poderán gozar da fun-ción “Peter Punk” de hu-mor e clown (o xoves 27), “Nono” de mimo e circo (o 2 de xaneiro), e cine infan-til o día 4 ás 18.30 horas.

O Nadal en Barbadás4 Acollerá teatro, panxoliñas e ata a visita de Papá Noel.

P.L.

A concelleira de Cultu-ra e Educación, Ana Ga-rrido, presentou a progra-mación para as festas do Nadal en Ourense, na que os máis cativos volven ser os protagonistas. Ao longo dos vindeiros días desenvolveranse unha se-rie de actividades, como visitas de Papa Noel ou do Apalpador, o Certame de Panxoliñas, a Mostra de Teatro Infantil ou a Ca-balgata de Reis, que teñen como obxectivo entreter de maneira especial aos máis pequenos da casa.

A apertura do Belén de Baltar na praza de San Cosme, o xoves 20 a partir das 18:30 horas, marcará o inicio de todas estas actividades navide-ñas. O acto estará ameni-zado musicalmente polos

Nenos Cantores da Capela Madrigalista. A continua-ción, tamén serán menores os encargados de acender a árbores de Nadal e o alu-meado da praza Maior.

O tradicional concerto da Banda Municipal, o venres 21; a visita do Apalpador aos nenos do centro cívico da rúa Colón o sábado 22; e a presenza de Papá Noel nos soportais do Concello o domingo 23, son outros habituais do Nadal na ca-pital ourensá. Ao igual que o Certame de Vilancicos e Panxoliñas, que na súa 18º edición reunirá 22 grupos na igrexa de Santa Eufe-mia. Ou a 9ª Mostra de Tea-tro Infantil, do 25 ao 30 de decembro no Teatro Princi-pal, Campus e Auditorio. E na tarde do 5 de xaneiro os Reis Magos chegarán á es-tación de Empalme de onde partirá o seu percorrido po-

las rúas ourensás, desta vez “dun xeito máis áxil, para que os nenos non cansen”, apuntaba a concelleira.

Durante estas datas fes-tivas tamén permanecen abertas con programacións especiais instalacións mu-nicipais como as bibliotecas da Ponte (temporalmente no centro cívico), A Car-balleira, San Francisco e punto de lectura infantil do

Couto, con actividades de animación á lectura polas mañás; e a Aula de Nature-za de Oira, con obradoiros de reciclaxe en horario de mañá e tarde.

Para os adultos, a gran festa de fin de ano con carpa e orquestra na praza Maior, na madrugada do 1 de xaneiro, e citas no Au-ditorio como o concerto de Berrogüetto o día 3.

Técnicos municipais e a concelleira de Cultura e Educa-ción presentaron a programación de Nadal. /I.OSORIO.

Page 26: Decembro 2012 - OUXB

26 Ourense por BARRIOSDecembro de �01�

Nadal, doce Nadal4 MULLERES ANÓNIMAS

Aínda que pouco ou nada teña que ver a miña columna deste mes co títu-lo de Mulleres Anónimas, aproveito estas festas tan entrañabales, onde a fa-milia se reune ao redor dunha mesa para gozar en compañía dos seus desta ocasión festiva, para es-cribir para tod@s.

Non todo o mundo ten unha mesa na que sentar, non todos poden gozar das súas familias, dos seus seres queridos. Al-

gúns xa non están e outros aínda que estean, é coma se non estivesen. Non todas as familias se reúnen nestas datas, non todas son feli-ces nin cantan panxoliñas ao redor dun belén feito de brión e figuras de ba-rro. Non todo é alegría e festexo por moi Nadal que sexa. E é que é nestas datas cando máis nos acordamos dos que o pasan mal todo o ano, acordámonos dos que non teñen a sorte de ter un fogar, unha familia,

4LITERATÚA

Planeta binario

Detrás deste título, que lembra aqueles relatos naif xurdidos ao abeiro da ficción científica de Hugo Gernsback, ató-pase unha perspectiva froito da observación, e que leva a pensar que os nosos dous hemisferios cerebrais poden ser res-ponsables da concepción binaria do mundo, que aínda está vixente neste ano 2012 que agoniza. Un corsé sen o cal a enorme barriga do xénero hu-mano perdería o exacto punto de compre[n]sión. Pois quizabes o noso maniqueísmo posúa base física: vemos con dous ollos que hai mulleres e homes, días e noites, cores brancas e negras, ben e mal, gañar ou per-der, fieis e infieis, listos e parvos, nacer e morrer. Mundo rexido por antóni-mos opostos unicamente válidos no extremo.

Pode ser que tales con-dicionantes físicos (que conste que algúns deles creados por nós) estean detrás da impopulari-dade dos eclecticismos, os termos medios, ou a busca dos tres pés aos gatos do presente (o pa-sado pasou): Dous ollos, máis o ollo da razón (de razoar, non de dogma). Mulleres e homes, pero libres de facer coas súas persoas o que lles veña en gana. Días e noites, pero entre eles moitas ho-ras de luz. Cores brancas e negras, pero entre elas

ARTIGOS

[vén do nº anterior]

P.G.: Cónteme dos mo-zos da súa época, cando se inaugurou a luz eléctrica.

D.A.: “Os mozos era-mos fortes, mírame a min con 90 anos. Traballaba-mos moito, aproveitaba-mos a luz do sol, polo que ás 6 da mañá estábamos en pé para ir a traballar ao campo ou a onde fose. Ao ser de noite aproveita-bamos para traballar den-tro da casa, acomodar o gando e facer outras labo-res do campo que estaban ao acollido á luz dos candís e das velas. A luz eléctrica chegou ao Castro alá polo 1950. Encargáronnos a min e ao Jose de Figueiras para ir a contratar os músicos a Puga xunto ao señor Per-fecto e os fogos a Barban-tes. Marchamos moi cedo e en bicicleta, cos cartos para os fogos e para darlle o sinal aos músicos, pasa-mos na barca a Puga e ao volver collemos os fogos en Barbantes. O señor Xoan da fábrica de madeira de-unos cartos para mercar un fogo de 90 estralos para a inauguración da luz.

Con todo xa arreglado, coas bicicletas na man xa era hora de comer e vimos unha carnicería cunha tira de chuletas colgadas. Man-dámoslle cortar a metade, pero o carniceiro quedába-se coas mellores e dixémos-lle que as botara todas. Continuamos costa arriba ata Trasalba, ata a tenda do Cazolo e dixémoslle que fose fritindo e que nos puxera unha lata de bonito para ir picando. O señor Cazolo fritindo e Daniel

4HISTORIA DE PONTE CANEDOAs vivencias do señor Daniel (II)

o amplo espectro da luz re-fractada nas cores do arco da vella. Ben e mal, pero tendo en conta que teu ben pode ser o mal do outro e viceversa, con-siderando, respectando e coñecendo.

Gañar ou perder, pero tendo en conta que hai a opción de non xogar ou incluso a de empatar. Fieis e infieis, considerando que hai persoas que non entran na túa clasifi-cación cazurra dos seres humanos. Listos e par-vos, e, entremedias, os mediocres. Nacer e morrer e, entremedias, VIVIR.

Pode ser que sexan horas de plantar cara ás nosas bases físicas e convencer-nos dunha boa vez que hai moitos; moitísimos mais camiños posibles, lóxicos. Descubertos, iso si, tras practicar o innobre depor-te do razoamento. Por certo, as crenzas relixio-sas públicas, o dogma, os sentimentos de pertenza a grupos pechados (equi-pos de fútbol, partidos políticos...), axudan pouco ou nada na consecución dun mundo múltiple para vivirmos. Purgarse pri-meiro podería ser un xeito de proceder. Como dixo o pensador Armand Cresnar: o home pode imitar o chiar dos paxaros, ou os paxaros poden imitar a imitación dos humanos? Non subscribamos todo como se nos dá.

Jorge Emilio Bóvedajorgeemilioboveda.es

e máis eu comendo, demos conta de todas as chuletas que ao final nos saían polos ollos.

Continuamos a ruta fartos e cansos, pois as bicicletas tiñamos que levalas na man xa que iban cargadas cos fo-gos. Pasamos Palmés, pero ao chegar a Burata empe-zaba a escurecer, as chuletas fermentaban e as cabezas daban voltas. Sentamos un bo anaco e a noite estaba enriba, e para que os veci-ños da Cima da Costa e o Castro non se impacientasen decidimos botar o fogo de 90 estralos do señor Xoan, para anunciar que o recado esta-ba feito”.

O señor Daniel no seu Bar Museo (na imaxe) fai, a 100 quilómetros do sepulcro do Apóstolo Santiago, que o pe-regrino pense que o Apóstolo elexiu a nosa Galiza para a súa última morada, pensan-do que homes desinteresa-dos coma el son o exemplo de hospitalidade e honren ás xentes da nosa querida Galiza.

Un día no bar que teñen os meus fillos atopeino e díxen-

lle que iba a ir á Cima da Costa, se el quería, para facerlle unha reportaxe para o xornal “Ourense por Barrios”.

Cando fun estábanme agardando el, o seu fillo e dous amigos da familia. Na mesa grande onde dialoga cos peregrinos xa tiña pre-parado un apertivo, co me-llor dos agarimos.

Charlamos das vivenzas que tivo ao longo dos anos con peregrinos de distintas razas e relixións e con-toume que un día chegou un peregrino xoven, e ao ver a bondade do señor Daniel confesoulle que el fora ladrón e estivera no cárcere de Granada, onde fixo a promesa de que can-do quedara en liberdade faría o Camiño Mozárabe da Vía da Prata. Saiu da cadea, casou e o seu sogro deulle traballo, e naquel entón estaba cumplindo a promesa que fixera no cár-cere. Xente como o señor Daniel fai que Galiza sexa forte e querida.

Pepe da Guardesa

O señor Daniel no ser bar Museo, co seu sello que acre-dita e da fe ao perigrino que dende o sur de España fai o camiño Mozárabe da Vía da Prata.

EN BREVE

4 “más allá de una mirada”, no Auditorio

O hall do Auditorio co-lle estes días a exposición “Más allá de una mirada”, coa que se pretende difun-dir as actividades da Aso-ciación Down Ourense e a importancia da atención á diversidade.

As obras expostas son traballo dos fotógrafos Telmo Rocha, Juan Louro, Daniel Gallego, Juan Car-los Fernández e Emilio Ramos, e estarán no Au-ditorio ata o vindeiro día 6 de xaneiro. A partir des-tas fotografías, editáronse 1.200 calendarios – 600 de sobremesa e 600 en A3 -, que están á venda por 4 e 5 euros respectivamente. Os beneficios serán desti-nados para as actividades da asociación.

4 “O quixote e os dereitos humáns”, no Blanco Amor

O IES Blanco Amor acolle unha nova etapa da exposición “O Quixote e os dereitos humáns”, que amplía a súa colección con tres novos cadros que integran a serie “Rostros e sentencias do Quixote”.

Ata o 21 de decembro, máis de 300 escolares pa-sarán pola exposición do pintor e escritor catalán Juan Queralt Blanch, com-posta por 60 obras xunto a textos referentes aos De-reitos Fundamentais.

4 A exposición da Cruz Vermella, na universidade

“Te corresponde, nos corresponde” é o título da mostra organizada pola Cruz Vermella que pode-rá ser visitada até o 28 de decembro na biblioteca do campus de Ourense, tras pasar por outras catro lo-calizacións.

A través da mirada de 20 viñetistas españois, a exposición pretende con-cienciar da necesidade de converter a conciliación da vida laboral e fami-liar nunha realidade. Hu-mor e ironía para buscar a corresponsabilidade e implicación de todos no proxecto común que su-pón a conciliación.

ou simplemente de todos aqueles que fan posible un Nadal tranquilo, médicos, enfermeir@s, policías, bombeiros, celadores, e todas aquelas persoas que esa noite están de garda. Vai por elas estas liñas, por todas e cada unha de elas. Por esas persoas que estan lonxe de casa e que non po-derán vir, polos que están lonxe axudando aos que máis o necesitan, aqueles aos que a sorte lles aban-donou, ou mesmo a razón.

Polos que deberán pasar estas datas en hospitais e residencias, polos desafiu-zados e os parados, pero tamén polos ricos e pode-rosos que quizá esta noite sentan sós co seu poder.

Aqueles para os que o Nadal non é sinónimo de alegría se non de frustra-ción.

Vai por todos os que non están e que nestas datas tanto botamos de menos, pero tamén polos que aca-ban de chegar ás nosas vi-

das, ao noso mundo para alegrarnos, aos que aínda están de camiño, aos que virán, a todos nós e a todos vós

Bo Nadal e Feliz 2013 cos meus mellores desexos. Esperando que o ano que entra chegue cargado de esperanza para tod@s e de novo respírese un aire de tranquilidade. Grazas a tod@s os que me seguistes durante este ano e espe-ro seguir facéndoo un ano máis.

mónica F. Pintos

Page 27: Decembro 2012 - OUXB

27Ourense por BARRIOSDecembro de �01�ARTIGOS

Exposicións- Ata o 4 de xaneiro - Expo-

sición colectiva de 6 alumnos da Fac. Belas Artes - Casa da Cultura da Valenzá

- Ata o 11 de xaneiro: “Condenados” de X.M. Buxán + Germán Gómez - Sala Alterarte do Campus

- Ata o 17 de febreiro: “Es-cultura extensa. Un perco-rrido complexo e vital” - C. Novacaixagalicia pr. MaiorTeatro, ballet, danza - 20 de decembro - Teatro: “0,7% Molotov” - 20:30 h. - Auditorio- 21 de decembro - Danza: “Animal” - 20:30 h. - Audi-torio- 23 de decembro - Teatro in-fantil: “A folla máis alta” - 12 h. - Auditorio- 25 de decembro - MOTI: “A invasión dos lapaclatus” - 19:30 h. - Paseo- 26 de decembro- MOTI: “Kafka e a boneca viaxeira” - 17 h. - Teatro Principal; “pés de cristal” - 17 e 19 h. - Audi-torio; “Grande máis grande” - 17 e 18:15 h - Campus- 27 de decembro - MOTI: “A maxia de Cayetano Lle-dó” - 17 h. - Teatro Principal; “Ringo Rango” - 19:30 h. - Auditorio- 28 de decembro - MOTI: “Ñam” - 17 e 18 h. - Teatro Principal; “El fantástico viaje de Jonás el esmerpatozoide” - 19.30 h. - Auditorio- 29 de decembro - MOTI: “Xogando ca arte” - 17 h. - Teatro Principal; “¿A qué sabe la luna? - 18:15 h. - Campus; “Chosco voando” - 19:30 h. - Auditorio- 30 de decembro - MOTI: “Nuncabunga” - 12 h. - Au-ditorio; “Un lugar en tu co-razón” - 17 h. - Teatro Prin-cipal; “El viaje de Martín” - 18:15 h. - Campusmúsica- 19 de decembro - Concerto de Nadal das agrupacións infantil e adultos da Capela Madrigalista - 20:30 horas - Igrexa de San Francisco- 21 de decembro - Concerto da Banda Municipal - 19:30 h. Parque San Lázaro- 21 de decembro - “Música para la Navidad” - 20:30 h. Auditorio- 23 de decembro - 17 horas- Concerto infantil de Nadal - Igrexa de San Pío X - 26, 27 e 28 de decembro - Concerto de corais - 20:30 h. - Igrexa Santa Eufemia- 30 de decembro- Concerto didáctico de Son+d2 - 17 h. - Auditorio- 3 de xaneiro - Concerto de Corais - 19:45 h . - Igrexa das Caldas- 4 de xaneiro - Berrogüetto - 20:30 h. - Auditorio- 6 de xaneiro - Peter Pan on ice - 16 e 19:30 h. - Auditorio- 9 de xaneiro - Concerto de Ano Novo - 20:30 h. - Auditorio

www.mundourense.com

4AXENDA

4RECEITA

Ingredientes (para 4 persoas):

- 1 kg de xarrete nunha peza

- 1 cebola- 1 puerro- 1 cenoira- 1 calabacín- 200 gr chirivías.- 2 culleradas de mel- 1 taza de caldo de car-

ne- Sal, aceite e manteiga

Elaboración- Dorar a peza de xarrete

en aceite de oliva. - Lavar as verduras (me-

nos as chirivías), cortalas en dados grosos e engadi-las ao xarrete.

- Engadir media taza de caldo e deixar cociñar a lume lento 2 horas aproxi-madamente, revolvendo de vez en cando. E se fora pre-

Xarrete braseado con chirivías ao mel

ciso engadir algo de auga.- Unha vez cociñado reti-

rar o xarrete. - A salsa resultante do

mesmo pasala por un cola-dor e agardar a que escu-rra sen triturala.

- Nunha cazola por as chirivías laminadas e sen pelar, con media taza de caldo, mel e manteiga.

- Deixar cociñar ata que o líquido espese.

- Unha vez listo engadir o líquido que soltou o xarrete e deixalo reposar.

- Ligar a salsa que ante-riormente deixamos no co-lador cun pouco de fariña.

- Filetear o xarrete, na-par a salsa e guarnizar coas chivirías.

Juan luis Iglesias, xefe de cociña Os Caracoles

Tel. 988 380 165

4TRIBUNA ABERTA

Un desexo Cada día que pasa a so-

ciedade está máis distante da clase política. Nos últimos meses e anos os cidadáns es-tán a sofrirnas súas vidas as decisións duns gobernantes que, en vez de intentar solu-cionar un problema, crean outros aínda máis graves.

Aos recortes en servi-zos básicos e fundamentais coma a sanidade ou a edu-cación, súmase a supresión das pagas extraordinarias dos funcionarios ou a non actualización das pensións.

Ademais do anterior é pre-ocupante que, por un lado, parte dos cartos aforrados van parar a unhas entidades financeiras para que poidan transformar a cor vermella da cifra das súas perdas en negra, si, negro coma o futu-ro da sociedade; por outro os gobernantes que recor-tan non dan exemplo, eles seguen a gastar coma antes (as viaxes, o teléfono, os seus envidiables soldos, os coches oficiais, etc). Minten cando din que teñen gober-nos máis aforradores. Aquí lembramos un sabio refrán: “dime do que presumes e di-reite do que careces”.

A fórmula é a seguinte: máis paro, xunto co recor-te en soldos ou pensións, ocasiona unha redución das rendas que produce menos consumo. Un me-nor consumo ten coma resultado menos vendas. Menos vendas implican menos ingresos e menor producción, o que produce unha redución de empre-go e a perda de ingresos a través de impostos, co cal estamos a axudar tamén a unha redución do empre-go público. Así voltamos outra vez ao principio, é dicir, máis paro.

Señores gobernantes, con esta fórmula o único que temos é máis pobreza. Aínda non se deron conta? Ten que haber outras medi-das para que empecemos a ver unha luz de esperanza. Precisamente nestas datas sería un bo desexo que as persoas que nos están a gobernar recibiran como agasallo unha guía para que intenten cambiar de rumbo, e nos saquen deste camiño sen saída.

Xavi C. martiñá4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

Contra o noso “maloserá” non hai fin do mundo que valla

Unha vez máis chega o Nadal, cos seus anuncios de tempada, as súas luce-ciñas e os seus doces alta-mente caloríficos. A pesar dos entrañables momentos en familia e das boas in-tencións, temos que admi-tilo: en xaneiro non habe-ría costa ningunha se non fose porque en decembro deixámonos unha pasta gansa en agasallos, ceas (de xeito extraordinario á centola) e, se aínda nos quedan forzas ou reser-vas para máis compras, en trapiños de fin de ano e os seus complementos res-pectivos.

Faría recapitulación do 2012, pero non é cuestión de deprimirnos a escasos días para rematar o ano. Para iso xa está o telexor-nal nostálxico do día 31 e os programas coas mello-res xogadas do aconteci-do. Desas tivemos unhas cantas. Menos mal que nos levamos algunha que outra alegría no campo do deporte, porque o resto do

panorama non está para bo-tar moitos foguetes nin andar colgando medallas a torto e a dereito. Pero nin recapitu-lación, nin lamentación.

Sustos, uns poucos. Sen ir máis lonxe, Iberia case me deixa sen o pracer de sentir-me “Moza Almendro” -que non Almodóvar, aínda que Pedro sabe que pode contar comigo para o que queira- e darme o capricho de volver a casa como o bo turrón. Este Nadal non están as cousas para moito malgas-to, pero co que me aforrei na mula e o boi por obra e graza de Benedito, cómpre-me dous pastorciños extra para facer vulto no portal e unha uva de máis para ver si o cambio inflúe na sorte dos próximos 12 meses.

Prosperidade non sabe-mos a tiro fixo se a teremos, pero pola Paz xa nos leva-

4AVATARES DUNHA ACTRIZ NOVATA

Asumir as críticasPenso que unha das

cousas máis difíciles e duras desta profesión é aprender a aceptar os ris-cos que leva consigo o fei-to de estar tan expostos.

O noso traballo está á vista de todos, o que quei-ra pode posicionarse non soamente como público e consumidor do mesmo, senón que, ademais, ten dereito a opinar sobre el e por suposto a dicir se lle gusta ou non.

Pode que haxa bas-tantes oficios tan visibles coma este, pero non son tantos os que chegan a tanta xente á vez e pagan as consecuencias de xeito público.

Suponse que tes que re-sistir se che din que o teu traballo non lle gusta a al-guén, é imposible gustar a todo o mundo, pero ás ve-ces tamén hai que aturar comentarios que non son consecuencia directa do que fas nunha serie, pelí-cula ou obra de teatro.

Non hai moito, en certo grupo dunha rede social, algún que outro facía

mofa de actores e actrices compañeiros e eu incluída, facendo referencias ao físi-co de cada un de nós, cada semana semellaba tocarlle a un. Iso si que é ben pobre! pero ese tipo de críticas hai que levalas con moito acei-te e que esvaren!

Escoitar ou ler críticas duras por parte do público respecto a como levas un personaxe, ou que digan que a túa interpretación non resulta crible é moi duro, porque un fai o que fai para chegar á xente que está sentada nunha butaca ou detrás dunha pantalla, coa intención de emocionalos, contarlles algo interesante ou simplemente entretelos, e se non o consegues, uf!, derrúbaste.

Tampouco son doadas de levar as críticas dos diferentes profesionais do sector. Esas poden afundir-te con moi pouco esforzo. Sobre todo cando empezas a escoitalos coma se fosen deuses que o saben todo respecto do oficio. Custa darnos conta de que entre eles existen diverxencias de

opinións, e non teñen por-que estar sempre no certo, aínda que moitas veces si.

En conclusión, penso que hai que aprender a escoitar con paciencia e atención, e ter en consi-deración cada cousa que nos din, tomar as críti-cas construtivas e tentar esquecer as que nacen doutros lares. Así que aprender isto tamén for-ma parte do traballo, e pode que sexa unha das partes menos fermosas pero totalmente necesa-ria. Entón este ano en vez de pedir ós Reis Magos traballo (que tamén) vou pedir ademais serenidade, resistencia, aceptación e un pouco de aceite, por se acaso. Bo Nadal a todos. Sede felices hoxe, mañá xa veremos.

Saamira Ganay

mos un premio Nobel. Só é cuestión de seguir o tirón e adoptar a fórmula máxi-ca de todo bo galego. Xa se poden por os maias tan parvos como queiran, que contra o noso “malose-rá” non hai fin do mundo que valla. Si, crise habe-rá. Para moitos sempre a houbo e para outros máis tería que haber. Con todo, agora que podemos pedir sen ánimo de lucro, que sexa o que os dignos que-ren que sexa.

Que sexa un Bo Nadal e que os xustos deixen de pagar polo descaro e mal facer dos pecadores. Que veñan xa eses cartos. To-memos posicións no me-llor lugar do salón, e brin-demos botándolle ganas o ano que empeza. Felices Festas.

Raquel Sertaje

“Aprender a aceptar as críticas é a parte máis necesarioa do noso traballo”

“Crise para algúns sempre a houbo e para outros máis tería que haber, así que no novo ano que os xustos deixen de pagar polo descaro dos pecadores”

Page 28: Decembro 2012 - OUXB

28 Ourense por BARRIOSDecembro de �01� IMAXES DO MES

40 estudantes, galardoados no 29º Concurso da ConstituciónAutoridades e representantes da sociedade ourensá participaron o 6 de decembro no

acto institucional de entrega de premios da 29ª edición do Concurso escolar da Constitu-ción, celebrado no Auditorio de Ourense. Un total de 40 alumnos de 18 centros escolares da provincia foron seleccionados polo xurado entre os case 1.400 traballos presentados, 20 na categoría de Infantil e Primaria, premiados cunha cámara de fotos dixital, un diplo-ma e un exemplar da Constitución, e 20 na de ESO, Bacharelato e FP, galardoados cunha viaxe a Madrid para visitar o Congreso e o Senado.

No mesmo acto a Subdelegación do Goberno distinguiu o labor de colectivos e per-soas vinculadas con ela no seu desenvolvemento profesional, nesta edición o Banco de Alimentos, Cáritas Diocesana e Cruz Vermella, como colectivos, e a nivel individual, o forense Julio Jiménez do IMELGA.

Ourense recorda a Blanco AmorCada 1 de decembro desde o ano 2003 o Centro PEN-Galicia organiza unha homenaxe

ao escritor ourensán Eduardo BlancoAmor xunto á súa tumba no cemiterio de San Fran-cisco. Á deste ano asistiron o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universita-ria, Xesús Vázquez; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o director da editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes; a profesora da Universidade de Santiago, Marta Pérez Pereiro; e o presidente do Pen Galicia, Luis González Tosar, entre outros. No 33º aniversario do seu pasamento, o conselleiro de Cultura resaltou a figura do escritor, di-cindo que “foi un exemplo en moitas cousas, mesmo na valentía e na discreción coas que afrontou a súa opción sexual, en tempos inzados de prexuízos e de homofobia”.

Inauguración da exposición “Beléns do Mundo”O bispo de Ourense, Monseñor Lemos Montanet, presidiu o acto de inauguración da

tradicional exposición “Beléns del Mundo”, que pode visitarse ata o 7 de xaneiro na planta baixa do Bispado. O coro do colexio Josefinas amenizou o acto cantando varias panxoli-ñas. A mostra recolle este ano máis de 70 beléns de distintos países do mundo, elaborados en barro, tea, madeira, cobre ou folla de millo, traídos polos misioneiros á Delegación de Misións. Complétase con beléns da Asociación de Belenistas de Ourense, colectivo que este Nadal instalou un belén monumental que se pode contemplar na primeira planta do Bispado. “Beléns do mundo” pódese visitar de 11 a 13 e de 17:30 a 19:30 horas de luns a xoves, permanecendo pechado os festivos e os días 24 e 31 pola tarde.

Cursos de Photoshop no Espazo XoveO Espazo Xove acolleu dous cursos de photoshop impartido polo fotógrafo Óscar Pinal,

un de iniciación para os novos na materia, e outro avanzado para os que xa tiñan algún coñecemento do programa. Tralo éxito deste primeiro edición con cheo de prazas (15 por cada nivel), este fotógrafo freelance volverá realizar máis a principios do ano que vén. Buscarase a axuda dalgunha administración ou mesmo fundación para que continúen sendo gratuítos, pero de non chegar esta, cobrarase un prezo máis que axustado aos novos alumnos, para que non sexa escusa para anotarse nunha actividade no que se aprende moito desta ferramenta que axuda ao fotógrafo que todos levamos dentro.

E desde aquí os nosos parabéns a outro mozo ourensán, Brais Lorenzo, fotógrafo de Faro e Efe e colaborador puntual de Ourense por Barrios, que recentemente foi galardoa-do co primeiro premio SINIF (Simposio Nacional sobre Incendios Forestais) de fotografía “Firepress 2012” por un traballo realizado durante a campaña de incendios.

Page 29: Decembro 2012 - OUXB

29Ourense por BARRIOSDecembro de �01�PUBLICIDADE

Page 30: Decembro 2012 - OUXB

�0 Ourense por BARRIOSDecembro de �01� DEPORTES

Jona controlando o balón no partido contra o Caudal./R.T.

Rai defendendo a un rival no Paco Paz./RAMSÉS

O COB recibe ao Basquet Coruña o xoves 20 de dec-embro no Pazo ás 21 horas

O Ourense perde o segundo partido consecutivo4 Esta vez contra o Leganés por 2-0.R. torres

Segunda derrota conse-cutiva de CD Ourense no que vai de liga, nesta oca-sión ante o Leganés. Se na pasada xornada fora o Cau-dal Deportivo o que derro-tara ao Ourense no Couto, nesta xornada foi o Leganés o que venceu aos “rojillos” no estadio Butarque. Du-rante o encontro as forzas estiveron moi igualadas,

pero a maior pegada dos lo-cais decantou a balanza do seu carón. Dioni estivo moi acertado de cara ao marco que nesta ocasión defendía Manu Táboas substituíndo ao sancionado Pato, e os dous goles do encontro le-varon a súa firma. Por con-tra, Jona leva catro partidos sen anotar e iso resíntese no equipo ourensán; o ma-lagueño tivo unha ocasión que desbaratou o porteiro

local. Yebra tamén contou cunha ocasión, pero o pau repelou o lanzamento do centrocampista.

O sábado 22 de dec-embro xogarase o último partido do ano na Segun-da División B no Couto. O Ourense recibe, a partir das 17.15 horas, ao Zamo-ra. Os ourensáns marchan undécimos con 22 puntos, a sete da promoción de as-censo e a catro da de des-censo, e a cinco do des-censo directo. Por contra, o Zamora ocupa a praza de promoción de descen-so (décimo sexto) con 18 puntos.

UD BarbadásO Barbadás desaprovei-

tou a oportunidade de ven-cer a un rival directo nos Carrís, pero non pasou do empate. Cero a cero e un punto máis para o equipo de Jorge Regal. O equipo da Valenzá é décimo cuar-to con 21 puntos, a seis do descenso. O Barbadás pe-cha a tempada en casa do líder, Rácing de Ferrol, o domingo 23 de decembro.

O COB ofrece unha mala imaxe contra o lleida4 Perdeu recordando ao equipo de principio de tempada.R. torres

Un mes levaba o equi-po dirixido por Rafa Sanz deixando boa imaxe nos partidos da Liga LEB Ouro. Vencendo nos dous disputados en casa e per-dendo pola mínima nos dous de fóra. Cando pare-cía que o COB xa era un equipo competitivo chega o encontro en Lleida... e volveron as pantasmas de principio de tempada. Un resultado de 79-64 e o que é peor, mostran-do a imaxe que recorda aos primeiros partidos da liga. A dun equipo pouco competitivo e o máximo candidato ao descenso se as cousas non cambian. O COB chegou a estar por enriba dos 20 puntos de desvantaxe, e de non ser pola relaxación dos locais nos minutos finais non se chegaría ao menos quince final. Barbour disputaba o encontro mermado físi-camente, e Rafa Sanz non encontrou substituto con garantías durante todo o

encontro. Kedzo, a parte de ser o máximo anotador co-bista, non realizou un par-tido salientable, o mesmo que Ogide. O resto, máis do mesmo, pouca achega e un xogador, Javi Múgica que con menos de catro minu-tos na cancha foi o que, de lonxe, menos participou no encontro.

O COB regresa o xoves 20 ao Paco Paz (21 horas) para recibir ao Básquet Coruña no último partido do ano.

Liga Feminina 2O Pabellón Ourense a pi-

ques estivo de dar a sorpre-sa na súa visita á cancha do

líder, Cortegada. 53-52 foi o resultado final dun par-tido no que as de Gonzalo González tiveron na última posesión a opción de vencer ao conxunto de Vilagarcía, invicto na liga.

Para pechar o ano, o Pa-bellón recibe ao Ensino, o sábado 22 de decembro a partir das 20 horas na cen-tral dos Remedios.

Derrota inxusta do Cidade As Burgas4 O Ponte empata co Roldán.R. torres

O Cidade As Burgas perde contra o Soto del Real (0-3) de forma inxusta, mentres que ao Ponte Ourense em-pátanlle no último minuto.

Se ben é certo que duran-te os primeiros �0 minutos o Soto del Real adiantouse no marcador e mantivo a raia ás ourensás, a verdade é que na segunda metade o Cidade foi moi superior

ao seu rival. Dispuxeron de claras ocasións, pero nin-gunha se materializou por culpa da porteira visitante que repelía todos os balóns que chegaban ás súas in-mediacións. Cando Codeso optou polo xogo de cinco, as visitantes puxeron terra de por medio con dous go-les máis, facendo imposible a remontada.

Ponte OurenseO Ponte Ourense des-

aproveitou a ocasión de le-varse a vitoria na cancha do Roldán. As de Óscar Vivián ían gañando 2-3 ata que nos intres finais as locais logra-ban o empate a tres defini-tivo.

última xornadaPara a última xornada do

ano o Ponte recibe a visita do Atlético de Madrid (sába-do 17 horas, Os Remedios). O Cidade visita a cancha do Viaxes Amarelle. María no partido contra o Soto del Real. /RAMSÉS

Page 31: Decembro 2012 - OUXB

�1Ourense por BARRIOSDecembro de �01�PUBLICIDADE

Page 32: Decembro 2012 - OUXB

Ourense por BARRIOSDecembro de �01�

Page 33: Decembro 2012 - OUXB

Número: 114 - Ano: XI - Decembro 2012 - Depósito legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

ENTREVISTA Páx.20tEmA DO mES Páx.3 OCIO Páx. 14 e 25TEMA DO MES Páx.2 DEPORTES Páx.30

Programación de Nadal en Ourense e na Valenzá

Víctor quintas, mozo odontólogo nº 1 da súa promoción

O Ponte Ourense empata co Roldán; o Cidade, perde

O informe técnico de Fomento para avaliar posibles cambios na integración urbana do AVE acumula meses de retraso./ARQUIVO.

Retrásase a integración ferroviaria

[páx. 7]

A apertura do claustro de San Francisco, pendente da seguridade

O Concello non abonará a paga extra aos funcionarios

O equipo de Ourense por Barrios

deséxalles aos seus lectores Bo Nadal e Próspero 2013!

Page 34: Decembro 2012 - OUXB

Ourense por BARRIOSDecembro de �01�

Page 35: Decembro 2012 - OUXB

Número: 10 - Ano: XI - Decembro 2012 - Depósito legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

BALANCE Páx.6-7 OCIO Páx.14 e 25TEMA DO MES Páx.2 DEPORTES Páx.30CIDADE Páx.7

O alcalde adianta que se abrirá ao público tralo Nadal, ao ter que instalarse cámaras de seguridade./P.LODEIRO.

A apertura do claustro de San Francisco, pendente da seguridade [páx. 3]

O COB ofrece unha mala imaxe contra o Lleida

Programación de Nadal en Ourense e na Valenzá

Retraso no informe técnico sobre a integración do AVE

Remata un ano impactante para Ourense

O Concello non abonará a paga extra aos funcionarios

O equipo de Ourense por Barrios

deséxalles aos seus lectores Bo Nadal e Próspero 2013!

Page 36: Decembro 2012 - OUXB

Número: 63- Ano: XI - Decembro 2012 - Depósito legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.ourenseporbarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.2 ECONOMíA Páx.12 DEPORTES Páx. 30BAlANCE Páx.6-7 OCIO Páx.14 e 25

O COB ofrece unha mala imaxe contra o Lleida

Programación de Nadal en Ourense e na Valenzá

Remata un ano impactante para Ourense

Primeiras conclusións do Observatorio Económico Ourensán

O alcalde adianta que se abrirá ao público tralo Nadal, ao ter que instalarse cámaras de seguridade./P.LODEIRO.

A apertura do claustro de San Francisco, pendente da seguridade [páx. 3]

O Concello non abonará a paga extra aos funcionarios

O equipo de Ourense por Barrios

deséxalles aos seus lectores Bo Nadal e Próspero 2013!