diptico lugo arxentina
DESCRIPTION
Proxecto Museoloxía Social Rede Museística sobre Lugo e ArxentinaTRANSCRIPT
Máis información:
e no sitio web: www.museolugo.org
D. Antonio Veiga Outeiro,
vicepresidente da Deputación de Lugo, e no seu nome
D. Mario Outeiro Iglesias,
deputado delegado da Área de Cultura e Turismo,
teñen o pracer de invitalo/a á inauguración da exposición
Museoloxía social. Culturas en diálogo:Lugo-Arxentinaque terá lugar o vindeiro xoves, 10 de xullo de 2014,ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (Deputación Provincial de Lugo).
San Marcos, 8Tel.: 982 242 112www.museolugo.org / [email protected]
Museoloxía social.Culturas en diálogo
Lugo - ArxentinA
Museoloxía social. Culturas en diálogo:Lugo-ArxentinaMuseoloxía social, diálogo intercultural: Culturas en diálogo: Lugo – A Arxentina é un proxecto de colaboración entre a Rede Museística da Deputación de Lugo e as asociacións de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses en Lugo e Tango Club Galicia, mais un equipo multidisciplinar. Concíbese como programa de museoloxía social que formula un traballo de arqueoloxía emocional entre Lugo e A Arxentina, coa posta en valor e humanización dos seus testemuños, en clave intercultural, entre diferentes xeracións e institucións museísticas, fomentando a creación multidisciplinar e onde se destaca a participación social de todos os colectivos da comunidade.
O Museo, como institución permanente con responsabilidade, social utiliza as coleccións que estuda, expón e difunde, como nexo de unión entre os pobos e ofrécese como canle de comunicación e mediador activo no lugar onde se instala.
Para responder a estes obxectivos, Culturas en diálogo constrúese a partir das seguintes liñas de actuación:
> investigación, documentación e conservación
> Didáctica
> Difusión e Creación
Obxectivosobxectivo xeral
Investigar, documentar, conservar, reinterpretar e difundir a cultura de Lugo e A Arxentina a través do diálogo intercultural e inclusivo, fomentando a participación activa de todos os colectivos e resaltando as súas propias manifestacións culturais.
obxectivos específicos
> Construír, a través do museo, unha plataforma multicultural de diálogo entre os pobos.
> Darlles visibilidade ás comunidades e colectivos que conviven no noso territorio, outorgándolles a capacidade de producir os seus propios contidos.
> Utilizar a arte en códigos lingüísticos que tratan temas sociais de forma transversal.
> Fomentar a participación en cultura e patrimonio cultural, compartindo unha identificación cun pasado común.
> Poñer en valor as manifestacións culturais de todas as comunidades que conviven na nosa sociedade.
> Achegar a todas as persoas, independentemente da súa idade, xénero e capacidades a todas as actividades que se leven a cabo.
> Promover conciencia histórica e sentido de pertenza local e nacional.
> Homenaxear a muller emigrante, destacando a súa experiencia vital e fomentando a reflexión artística.
> Erixir a Lugo como área de referencia dentro do circuíto europeo e mundial do Tango.