Transcript
Page 1: Crónicas Ulloa - Setembro

Crónicas da ComarcaMensual independente do comarca da Ulloa Ano 1. Nº 5 - Setembro 2012

A decisión de Alberto Nüñez Feijoo de adiantar as eleccións autonómicas sen asinar antes os convenios en

materia de servizos sociais e emprego pon en perigo axudas por 2,5 millóns de euros en Lugo. Na comarca

da Ulloa, isto afecta directa-mente aos parados e ás 145 familias que reciben a pres-tación das Axudas no Fogar,

que poderían deixar de reci-bir estes ingresos. E mentres, a suba do IVE supón unha di-ficultade engadida.

O adianto de Feijoo fai perigar o futuro de 145 familias da Ulloa

Páx. 3

O adianto electoral de Feijóo fai perigar axudas ás familias

COMARCA

Páx. 2

Palas celebra o Ecce Homo e Monterroso o San Miguel

COMARCA

Páxs. 5 e 13

Pablo Taboada. “Palas de Rei terá fogar residencial en 2013”

enTRevisTA

Páx. 2

Clausuradas as actividades de verán en Monterroso e Palas

XenTe DAQUÍ

Páxs. 10-11

A residencia de Monterroso xa ten mobiliario

MOnTeRROsO

Páx. 4

COMARCA E a suba do IVE perxudica tanto ás familias como aos propios concellos

A comarca vibrou coa volta Ciclista a españa

Páx. 12

COMARCA

Melloras nos camposantos de Antas de Ulla e Monterroso

Páx. 6

Page 2: Crónicas Ulloa - Setembro

2

ACTUAliDADe

Crónicas da Comarca - setembro 2012

“no ano 2013 a unidade residencial será unha realidade en Palas de Rei”

- Palas de Rei foi inicio dunha etapa da Volta Ciclista a España, que significou esto para a vila?

- Podo facer un balance moi posi-tivo, foi un momento histórico. Non é doado que a Volta Ciclista a España pase por un concello e moito máis complicado é que poidamos albergar unha chegada ou unha saída. Eu tiven a oportunidade de ir nun dos coches da organización e puiden comprobar que no tramo de Palas, e incluso por Monterroso e Guntín, a ambas marxes da estrada había centos de persoas para ver os ciclistas. O balance é moi favorable e como para repetir, ogallá teñamos esa sorte algún día.

- Existen rumores de que a Volta Ciclista a España tivo un custe elevado para o Concello…

- O Concello de Palas de Rei non pagou nin un só euro. Colabora-mos coa loxís-tica, coas vallas, co equipo de Pro-tección Civil e con moitos veciños e veciñas que se transformaron ese día en voluntarios para que todo saise ben. Quero apro-veitar para darlle as grazas a todas as persoas que de maneira desinteresada colaboraron para que a xornada se desenvolvese con normalidade.

- Palas solicitou recentemente un obradoiro de emprego con outros concellos da contorna, porque se rea-liza esta petición conxunta?

- É un proxecto que xunto cos alcal-des de Antas de Ulla, Taboada e Porto-marín xa levábamos tempo falándoo. Somos conscientes de que a tasa de paro é inferior a outros concellos limí-trofes pero esta época de crise, na que non é fácil obter un posto de traballo nin unha formación laboral, levounos a facer unha solicitude para 60 des-empregados que se adicarán a mello-rar os espazos verdes dos nosos con-cellos, xestionar os residuos e a peque-nas obras de infraestrutura de intere-ses xeral que tanto valoran os veciños. Penso que o que fixemos nós, unirnos para facer esta petición conxunta é un exemplo de colaboración entre entida-des municipais.

- Como o presidente da Manco-munidade do Camiño de Santiago, en que medida beneficia o Camiño a Pa-las de Rei?

- O Camiño de Santiago é o ele-mento turístico máis importante da provincia de Lugo, ten unha impor-tancia vital para a nosa economía. Na época estival, en Palas de Rei a maioría dos hoteis, balnearios, pensións teñen unha afluenza espectacular de ocu-pantes. Penso que xunto coa gandeiría é o pilar máis importante que temos se falamos da economía do noso conce-llo. Isto é o que fai que en certa me-dida non teñamos unha tasa de paro tan elevada como outros concellos, Palas ten unha porcentaxe de desem-prego do 8%.

- Na aldea palense de Merlán abriuse o primeiro albergue privado

nesta zona do ca-miño primitivo…

- Moita xente refírese a Palas como unha be-leza entre cami-ños. A ubicación que temos é toda

unha sorte, o que fai que moitas fami-lias decidan montar negocios priva-dos para prestar servizos aos peregri-nos. Este novo albergue privado, que non é o primeiro no camiño primitivo, abriuse concretamente no lugar das Seixas, ten unha inversión particular moi grande e está situado ó lado do único albergue público que hai no ca-miño primitivo na nosa zona.

- Recentemente inagurouse en Vi-lar de Donas un hipódromo, que con-secuencias económicas e sociais pode ter na comarca da Ulloa?

- Tiven a fortuna de inagurar o hi-pódromo grazas á invitación da Aso-ciación de Veciños A Capela, a promo-tora deste proxecto. O Concello de Pa-las axudou en todo o que estivo na súa man para que o hipódromo de Vilar de Donas chegara a ser real e conse-guiu unha axuda do Grupo de Des-envolvemento Rural 7 para que, a través de cartos procedentes de Europa, conseguirán materializar esta infraestructura. Así, o hipó-dromo é un alicerce máis para dinamizar a hostelería local e

por outra banda quedan cumpridas así as expectativas de moitos afecionados que hai do cabalo na nosa comarca.

- O Concello de Palas conta tamén cun evento do motor propio: o Rallie da Ulloa e tamén presta apoio incon-dicional ao Rallie de Históricos que se celebra na Terra de Melide…

- O Rallie de Ulloa é unha proba moi consolidada, cun calado importante e cunha afección ao mundo do motor que non deixa indiferente a ninguén. Son moitas as persoas da comarca e de fóra dela que se achegan as nosas terras para ver este rallie. No tocante ao Rallie de Históricos, apoiámolo por-que, aínda que toca pouquiño a Palas, é unha maneira de colaboración mu-nicipal cos concellos limítrofes. Ade-mais, para a nós é importante xa que hai unha morea de casas rurais pola zona do baixo Ulla que os días do ra-llie ven aumentadas as súas reservas.

- O ano 2012 será recordado por ser o momento no que a crise econó-mica comeza a notarse nas vilas pe-quenas, que valoración fai do traballo realizado por este Concello neste pe-ríodo?

- Este ano foi moi complicado. So-bre todo os Concellos de Lugo non o temos fácil xa que a Deputación colabora escasamente con-nosco. Eu sempre poño o mesmo exemplo: o Conce-llo de Toques, con 1.500 habitantes, recibe da Deputa-ción da Coruña o triple de fondos que Palas de Rei. As de-putacións de-b e r í a n a x u -d a r aos

pequenos concellos e con Palas non acontece iso. Aínda así, dende o Con-cello impulsamos medidas de aforro enerxético moi importantes, fixéronse plans de aforro que terán unha impor-tante repercusión económica nos vin-deiros anos. Neste último semestre, firmamos coa Xunta un convenio para pavimentar varias rúas, entre elas a es-trada a Antas de Ulla. No BOE do 11 de xuño concedeuse a Palas de Rei unha axuda para a creación dunha Unidade Asistencial. Isto materializase na trans-formación dun edificio que o Conce-llo posúe na rúa do Muíño, que actual-mente funciona como Centro de Día, pero que se acondicionará no futuro Fogar Residencial, que terá 50 prazas e que disfrutaremos no vindeiro 2013. A maiores, o Plan de Insfraestruturas Ru-rais investirá máis de 90.000 euros en varios camiños de aldeas como Gontá ou Penapiñeiro. Tamén o Concello, cun convenio coa Consellería de Presiden-cia, creará as áreas recreativas de Mer-lán e da Ulloa, que actualmente está en fase de execución. O Concello de Palas, xunto co de Taboada, adquirirán unha pala excavadora para o servizo de obras municipais dos dous conce-llos. Isto vainos a permitir executar un

plan de apertura de moitos cami-ños no rural. E agardamos que

outros proxectos se vaian in-agurando como o Cuartel da Garda Civil, o Centro de Mantemento de Carreteras e a futura área de Servizo da autovía Lugo-Santiago. Polo tanto, aínda en época de

crise, o Concello de Palas de Rei continúa traballando para

que todos estes proxec-tos se vaian con-

v e r t i n d o en reali-

dade.

ENTREVISTA Pablo Taboada, alcalde de Palas de Rei

O alcalde de Palas de Rei, o popular Pablo Taboada, repasa con Crónicas da Comarca a actualidade do seu municipio, dende ese histórico inicio dunha etapa da Volta Ciclista a España ata accións de futuro nas que traballa o Concello, como a posta en marcha dun Fogar Residencial de cincuenta prazas.

“O Concello de Palas de Rei non pagou nin un só euro á Volta Ciclista. O balance foi

moi positivo e quero dar as gra-zas a todos os que colaboraron de xeito desinteresado”

Page 3: Crónicas Ulloa - Setembro

ACTUAliDADe

Crónicas da Comarca - setembro 2012 3

O adianto de Feijoo pon en perigo 2,5 millóns para parados e familias

COMARCA A Deputación non está dacordo co adianto electoral

A suba do ive aprobada polo Goberno de Rajoy afecta a todas as esferas cidadás

A Deputación de Lugo denuncia que a primeira consecuencia na pro-vincia do anticipo “exprés” dos co-micios autonómicos é que “Feijóo pon en perigo 2,5 millóns de euros para parados e familias lucenses por adiantar as eleccións por convenien-cia”, segundo o voceiro socialista Ma-nuel Martínez, quen explica que esta decisión “fixo que hoxe teñamos un Goberno galego en funcións, que pa-raliza asuntos de enorme calado” xa que, tal e como recolle a Lei, só pode realizar xestións ordinarias. Por exem-plo, pagar facturas ou nóminas. Por este motivo, “dubidamos moito que o Executivo autonómico poida asinar coa Deputación de Lugo os convenios en materia de políticas activas de em-prego e servizos sociais na provincia que deixou pendentes”, cifrados en 2,5 millóns de euros.

Neste senso, Martínez lembrou que en xullo o Goberno galego re-mitiu ao organismo provincial varios convenios, que foron avaliados “mi-nuciosamente” polos servizos xurídi-

cos da institución luguesa. Días máis tarde e co fin de axilizar a posta en marcha destas iniciativas na provin-cia, a Deputación respostou á Xunta, adxuntando os informes resultantes, “nos que presentabamos serias cues-tións de urxente solución para poder continuar a tramitación destes conve-nios”, explica o voceiro socialista.

Martínez pon varios exemplos: por una banda “a Xunta ofrecía 1,2 millóns de euros prodecentes da Unión Europa para desempregados e establecía a súa contratación dende a sinatura do convenio e ata o 16 de no-vembro. Sen embargo, non aclaraba que Administración xestionaría estes fondos europeos”.

Por outro lado, “o Goberno ga-lego definía un mesmo convenio para a contratación de desempregados e a prestación das Axudas no Fogar, polo que nós proponíamos a sinatura de dous convenios ao tratárense de te-mas totalmente diferentes. Ademais, tampouco aclaraba de onde viría os 1,3 millóns de euros necesarios para

a prestación destas subvencións ás 3.000 familias ás que a Xunta deixou, mediante o Decretazo, sen servizos sociais comunitarios básicos”.

AfECTAdOS NA UllOA Un total de 145 familias na co-

marca da Ulloa, as que reciben a pres-tación das Axudas do Fogar, poderían deixar de recibir estes ingresos. O concello máis afectado pola decisión de Alberto Núñez Feijoo sería Palas de Rei xa que un total de 65 familias fan uso deste servizo, seguido de An-tas de Ulla, con 43 persoas afectadas, e Monterroso, con 37.

Manuel Martínez remarca que “estas son as consecuencias do adianto das eleccións que Feijóo deci-diu convocar só por unha única razón: impoñer máis recortes que agocha na súa axenda oculta ó igual que Rajoy. O mellor exemplo, a suba do IVE, que conlevará o maior incremento dos prezos na historia, novos gastos para as familias ou a destrución de millei-ros de empregos”.

COMARCA Sube o material escolar, as funerarias e ata o mesmo funcionamento da Administración

A suba do IVE aprobada polo Go-berno de Mariano Rajoy e que en-trou en vigor o pasado 1 de setembro, afecta xa a todas as esferas cidadáns.

1- Sector agrogandeiro. Prexu-dica aos dous estremos da cadea. Se a suba do IVE repercute nos consu-midores, serán estes os que asuman o pao. Pero se as grandes distribuido-ras deciden que non suban os prezos para que non caia o consumo, serán os produtores os que reciban o im-pacto. Dirixentes do sindicato UPA re-cordan que os agricultores e gandei-ros pagarán máis polo que necesitan para producir (subministros, gasoil, repostos, pensos…) e que é posible que a industria lles pague menos para poder manter os prezos estables nos

lineais dos upermercados. Os produ-tores de carne advirten xa a través das súas asociacións de que a alza destruirá emprego, diminuirá as ven-das e as marxes e deixará ao sector sen a escasa rendibilidade que man-tiña, afogando aos produtores.

2- Escolas. O IVE do material esco-lar (non así os libros) subiu do 4% ao 21%. Os pais e nais serán os que asu-man a suba nun inicio de curso que xa está sendo movido polos recortes en persoal docente e en recursos educa-tivos. A baixada das bolsas vén a em-peorar a situación.

3- Enterros. Aínda que pareza cu-rioso, é unha das actividades máis castigadas pola alza do IVE. Perruque-rías, funerarias e floristas pasan de tri-

butar do 8% ao 21%. Un enterro custa agora uns 300 euros máis que hai un mes, flores e coroas aparte.

4- Administración. Pode que a suba do IVE se levase a cabo para re-parar as maltreitas arcas do Estado, pero non a todas as administracións lles pareceu ben. A Deputación de Lugo aprobou este mes un axuste or-zamentario, obrigado pola medida do Goberno Central. O deputado so-cialista Manuel Martínez apunta que a alza “obríganos a aplicar a todos os contratos de obras e servizos nos Concellos lucenses unha taxa do 21%, fronte ó 18% co que contaban”. To-mando como referencia os investi-mentos do 2011, “o custe económico imposto por Rajoy suporá un aumento

dos gastos en 2 millóns de euros máis que o ano pasado”. Mentres en 2011 a institución pagou polo IVE 10 mi-llóns de euros, este ano aboará 12 mi-llóns de euros”. Estes dous millóns de euros suplementarios “asfixian ás en-tidades locais, ás que impoñen a do-tación de novos servizos ós cidadáns, o mellor ejemplo é o Decretazo de Servizos Sociais, sen o financiamento económico correspondente para fa-celo e como menos cartos. Os actuais Gobernos Central e Autonómico son os Executivos máis caros da historia da democracia. Grazas ao apoio de Feijóo, cada familia galega pagará uns 400 euros máis ó mes, cifra que au-mentará ata os 1.300 euros dunha fa-milia agrogandeira”.

Crónicas da ComarcaCrónicas da Comarca. Depósito Legal: C 3875 - 2010Director: Antonio Vázquez Fernández. Telf: 679 21 21 40Redacción: [email protected]: Publicaciones Tameiga SL

Estreo da quinta tempada de KM0 cunha ruta en tren e en catamarán

O programa Km0 está de do-bre estrea: por un lado arranca a 5ª tempada do proxecto, co que a Deputación fai do medio ambiente unha oportunidade económica, e por outro comeza unha nova ruta pola Ribeira Sacra, que potenciará a zona ao combinar itinerarios en tren turístico e catamarán polos vi-ñedos e adegas, con itinerarios en bus polas igrexas románicas. As protagonistas desta dobre estrea son as socias do colectivo de Mu-lleres Rurais San Salvador de Ne-gueira de Muñiz, pois o primeiro grupo da 5ª tempada de Km0 está formado por 48 integrantes desta asociación e cuxa presidenta, Ma-ría Elena González Freijoo, é ta-mén a participante número 40.000 no Km0.

A 5ª tempada de Km0 arranca con 7.200 persoas en lista de es-pera, o que pon de relevo o tirón que segue tendo entre os veciños da provincia esta iniciativa da De-putación, que incorporou o pa-sado mes de xullo unha nova mo-dalidade, o Km0 Fin de Semana.

COMARCA

Page 4: Crónicas Ulloa - Setembro

4

ACTUAliDADe

Crónicas da Comarca - setembro 2012

A residencia de Monterroso está case lista para poder ser utilizada. Se-gundo conta Antonio Gato, alcalde deste municipio, “está totalmente amoblada, agora só queda que a Xunta de Galicia nos dé a autorización para poder abrila e que os usuarios e usuarias comecen a facer uso dela”. A equipación da residencia foi posible grazas a un convenio de colaboración asinado entre Antonio Gato e José Ramón Gómez Besteiro, presidente da Deputación de Lugo, entidade que achegou os 75.000 euros para equi-par o xeriátrico.

Así, a residencia de Monterroso dará traballo a 14 persoas e abrirá as súas portas neste ano, segundo as es-timacións do rexedor, quen calcula que as 26 prazas estarán cubertas en 2 meses dada a elevada demanda social existente, non só no Concello monterrosino senón no resto da co-marca da Ulloa. Hai que ter en conta que o 30% dos habitantes de Monte-rroso teñen máis de 65 anos.

A residencia de Monterroso xa conta con mobiliario e está lista para o uso

MONTERROSO A Deputación de Lugo aportou os 75.000 euros precisos

Imaxes dos novos mobles da residencia de Monterroso

Os socialistas reclaman actuacións nas traídas de auga municipais

ANTAS dE UllA Santa Mariña e Olveda a máis prexudicadas

Os concelleiros socialistas de An-tas de Ulla, tiveron a oportunidade de visitar as distintas instalacións desti-nadas o abastecemento de auga po-table á poboación deste municipio. Nesta ocasión, ao igual que aconte-ceu o ano pasado atopáronse cun tanque no Monte Farelo, próximo os petroglifos que alí se atopan, nunha situación totalmente precaria e, se cabe, irregular. Aseguran que “a porta de entrada estaba aberta, calquera pode acceder ó interior do tanque, tanto persoas como animais” e enga-den que “ademais, toda a instalación se atopa nunha lamentable situación de abandono, os materiais están moi deteriorados e oxidados e o clorador que alí hai está desinstalado”.

Os socialistas resaltan que “isto é un perigo para todos porque pódese producir un accidente no interior das instalacións xa que calquera pode en-trar libremente e sufrir un accidente no interior, calquera pode acceder a auga de consumo para o público, po-den caer animais no interior”. O PSOE de Antas de Ulla sinala que “nos pa-rece unha loucura arriscar así a segu-ridade e saúde dos veciños de Antas”.

Segundo os socialistas, “todo in-dica que se traspasa auga do tanque de incendios da Xunta de Galicia para o consumo porque hai unha tubaría que os comunica e días atrás no lugar estaba traballando unha bomba, igual que o ano pasado para enviar auga dun tanque a outro sen ningún tipo de control hixiénico ou sanitario”. Por este motivo solicitarán no Concello as análises de auga obrigatorias e os controis periódicos pertinentes que o Concello ten a obriga de realizar ó non ter concedido a ningunha em-presa externa a xestión deste servizo.

SANTA MARIñA E OlVEdAOs socialistas de Antas de Ulla

destacan que numerosos os veciños e veciñas teñen problemas co sub-ministro da auga dende o casco ur-báno ata as parroquias. Numerosas situacións así o revelan, din os con-celleiros socialistas, como “por exem-plo, en Santa Mariña a pesar de exis-tir traída pública a inmensa maioría dos veciños utiliza a que é privada e de propiedade veciñal, no núcleo de Antas moitas foron as ocasións nas que o abastecemento de auga foi in-

suficiente durante a época estival. Isto mesmo acontece ano tras ano en Olveda cando chega o verán, a veci-ñanza queda sen o servizo de auga da traída precisamente cando máis falta fai, cando máis poboación hai na pa-rroquia, case chega a duplicarse o nú-mero de veciños, cando hai máis ne-cesidade de ducharse polo traballo no agro e as altas temperaturas etc...”.

Ademais, o PSOE lembra que “na zona de Olveda hai importan-tes explotacións de gando e indus-trias transformadoras do leite, como as queixerías, que ademais de dar-lle de beber ó gando teñen que utili-zar auga no proceso produtivo” e que “nalgunha fin de semana de agosto quedaron sen auga coas dificultades que isto conleva para todos os veci-ños. Este feito non é unha novidade, xa que pasa tódolos anos e por parte do concello non se da ningunha solu-ción ó mal estado da zona de capta-ción de auga nin ós desperfetos das conducións, nin sequera temos cons-tancia de que o alcalde ou algunha outra persoa do equipo de goberno se presentara alí onda ós veciños para interesarse pola situación”.

Melloras nos camposantos de Antas de Ulla e Monterroso

O Concello de Antas de Ulla de-rrubará unha casa que se atopa a carón da igrexa de O Castro, na pa-rroquia de santo Estevo de Ama-rante, para mellorar así o acceso que da entrada ó cemiterio da pa-rroquia. A vivenda que é moi an-tiga, atópase en estado ruinoso o que supoñía un perigo para os ve-ciños deste lugar.

O Concello mercou esta edifi-cación, que estaba sen habitar, e nun curto período de tempo dará a orde de derrubo para proceder a mellorar así os accesos ao cemi-terio parroquial aumentando, por outra parte, a seguridade dos ve-ciños e veciñas que cada día pasan preto desta casa.

MONTERROSO Por outra banda, a brigada mu-

nicipal de obras de Monterroso está realizando dotando de sanea-mento e abastecemento de auga o cemiterio municipal, nas que o Concello investe 80.000 euros. O rexedor monterrosino, Antonio Gato, destaca que esta obra se leva a cabo “só con financiación do or-ganismo local”.

Así mesmo, Gato alega que “se trata dunha obra moi custosa polo que a iremos facendo por fases e pouco a pouco. E pediremos finan-ciación a outras institucións que nos axuden a sufragar os gastos”.

COMARCA

O Concello recupera para os veciños tres hectáreas na zona de O Castro

O Concello de Monterroso, a través da súa brigada de obras, comezou os traballos de prepara-ción da zona de O Castro, concre-tamente nun terreo da súa pro-piedade de tres hectáreas de ex-tensión. As actuacións consistiron na limpeza da finca xa que, en pa-labras do alcalde Antonio Gato, “presentaba unha situación la-mentable e propicia para que se ocasionara un incendio”.

Dende o ente local preténdese con estas obras ofrecer aos mon-terrosinos e monterrosinas un sitio onde poidan pasar o seu tempo de ocio e tempo libre xa que, segundo palabras de Gato, “se trata dunha zona extraordinariamente bonita dende o punto de vista medioam-biental formada por un bosque au-tóctono de piñeiros e carballos ga-legos”.

MONTERROSO

Page 5: Crónicas Ulloa - Setembro

PUBliCiDADe

Crónicas da Comarca - setembro 2012 5

Page 6: Crónicas Ulloa - Setembro

6

ACTUAliDADe

Crónicas da Comarca - setembro 2012

O vicepresidente da Deputación de Lugo e delegado das áreas de Be-nestar Social, Deporte, Igualdade e Mocidade, o nacionalista Antonio Veiga, asinou un convenio de colabo-ración con representantes da Federa-ción de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Lugo (COGAMI) por valor de 21.000 euros. Este proxecto permitirá levar a cabo un taller prela-boral, dirixido a persoas con discapa-cidade da comarca da Ulloa, co que se atenderán as necesidades formativas, ocupacionais e de ocio destas persoas o co obxectivo de facilitar a súa auto-nomía e integración sociocomunita-ria, así como procurar un respiro ás familias.

Con este convenio a Vicepresi-dencia da Deputación incide na im-portancia de seguir apostando por unha política social centrada na pro-moción da igualdade de oportunida-des entre os colectivos que sofren al-gún tipo de discapacidade física, cog-nitiva ou comunicativa, sobor de todo nun contexto determinado polos re-cortes no eido dos servizos sociais. Segundo Antonio Veiga, “moitas or-ganizacións adicadas á atención de

discapacitados atravesan unha situa-ción de asfixia económica e algunhas xa tiveron que suprimir programas debido aos recortes nas axudas que perciben da Xunta ou polo retraso no cobro das mesmas. Algunhas asocia-cións recibiron ditas axudas no mes de agosto cando tiñan que recibilas no mes de marzo, coas consecuen-cias que iso ten para o normal funcio-namento das organizacións e as alte-racións que provoca na atención aos usuarios”.

Neste senso, insiste na dobre irres-ponsabilidade do Executivo galego ao pór en risco a atención de persoas con discapacidade e o posto de tra-ballo dos seus coidadores: “debe-mos pensar no benestar social como un motor económico e unha oportu-nidade para crear emprego. Da crise tamén se pode saír con políticas que favorezan a xustiza social, pero xa se demostrou que nin Feijóo dende a Xunta nin Rajoy dende o Goberno do Estado son capaces da facelo”.

A Deputación subvenciona na Ulloa un taller prelaboral para discapacitados

COMARCA Veiga denuncia a irresponsabilidade da Xunta ó retrasar as axudas sociais

Momento da firma do convenio da Deputación de Lugo con COGAMI

Os Concellos de Antas de Ulla, Palas de Rei, Portomarín e Taboada únense para solicitar conxuntamente un obradoiro de emprego. Esta peti-ción beneficiaría a 60 traballadores nos módulos de albanelería, xardine-ría, carpinteiría de madeira e carpin-teiría metálica de PVC.

Os traballos realizaranse de ma-neira equitativa nos catro concellos

participantes e consistirán na reali-zación de diferentes obras de mante-mento de xardinería e de zonas ver-des, así como tamén de reparación de espazos urbanos e de mellora na xestión dos residuos.

Nesta proposta inclúese así mesmo a mellora do mobiliario ur-bano dos catro concellos que realizan esta petición.

Antas de Ulla, Palas de Rei, Portomarín e Taboada piden un obradoiro de emprego conxunto

Alcaldes dos municipios participantes na solicitude do obradoiro de emprego

Limpeza no colexio público para o comezo do curso escolar

A brigada de Obras do Conce-llo de Monterroso realizou as acti-vidades de limpeza no colexio pú-blico desta vila co fin de ofrecer ós alumnos e alumnas que acaban de comezar o curso un mellor servizo. O alcalde de Monterroso, Antonio Gato, lamenta que “este traballo tivera que ser feito por persoal ao que non lle correspondía esa fun-ción” e ao mesmo tempo afirma que “agardo que non volvan a oco-rrer estes feitos xa que o persoal que lle correspondían estas tarefas de mantemento diario deste cen-tro non cumpríu coas súas obriga-cións polo que o Concello tivo que suplir este abandono coa brigada de obras”.

Por outra banda, o Concello de Monterroso vén de adquirir va-rias marquesinas novas para que servan aos intereses dos escola-res neste novo inicio do curso. No vindeiro mes de outubro serán co-locadas en diferentes lugares nos

que xa levan tempo reclamando este servizo para que así os rapa-ces e rapazas poidan agardar o au-tobús de maneira segura e resgar-dada das inclemencias metereo-lóxicas.

ACTIVIdAdESCo comezo do novo curso, o

Concello abre o prazo para encher de actividade o tempo de lecer dos veciños e veciñas. Xa está aberta a inscrición para formar parte das escolas deportivas municipais, cur-sos para nenos e adultos e para a terceira idade na aula multimedia. Os interesados en anotarse na Es-cola de Música tamén poden fa-celo ata o 21 de setembro.

Finalmente, a biblioteca muni-cipal “ Lorenzo Varela” fai tamén un chamamento a todos aqueles veciños que aínda non sexan so-cios, xa que poderán realizar este trámite achegandose ata estas ins-talacións.

MONTERROSO Queixas polo abandono

O PSOE denuncia que Balseiro e Barreiro son os políticos “maís caros de Galicia”

O PSOE denuncia que o presi-dente do PP lucense e portavoz do Senado, José Manuel Barreiro, e o seu segundo no PP, o parlamenta-rio autonómico José Manuel Bal-seiro, son os políticos “máis ca-ros” de Galicia cun salario duns 8.000 euros ao mes. Este feito con-tradí as mensaxes de austeridade que lanza o Partido Popular. Se-gundo datos oficiais e públicos nas webs do Senado e do Parlamento, cada un deles “cobra ao ano case 120.000 euros é dicir, 14 veces máis cun traballador que cobra o salario mínimo interprofesional e que ronda os 9.000 euros anuais”.

O PSOE afirma que Rajoy pre-miou a Barreiro “nomeándoo pre-sidente dos populares no Senado para rematar coa súa pugna con Feijoo” e que Feijoo premiou a Balseiro “nomeándoo secretario da Mesa do Parlamento Galego”. Os socialistas sinalan que “o PP é o máis caro da provincia ao custar-lle ós lucenses 1.134.000 euros ao ano, xa que todos os membros da Xunta Directiva do PP cobran ou ben cobraron soldos públicos”.

COMARCA

COMARCA Con 60 participantes

Page 7: Crónicas Ulloa - Setembro

ACTUAliDADe

Crónicas da Comarca - setembro 2012 7

A Deputación de Lugo está a exe-cutar o Plan de Rebacheo nas estra-das provinciais de Alfoz, Abadín, Pa-radela, Monterroso e Portomarín. Esta iniciativa, posta en marcha polo departamento de Xestión Territorial dirixido polo deputado Manuel Mar-tínez, consiste no acondicionamento con rego asfáltico dos puntos quilo-métricos que así o requiren.

Nos vindeiros días, o organismo provincial fará o mesmo nos viales da súa responsabilidade no Valado-uro, Pol, Castroverde e Antas de Ulla, en total outros 233 quilómetros. Será nestes municipios onde a institución luguesa conclúa, nun prazo de 2 se-manas, o Plan de Rebacheo tras le-valo aos outros 58 concellos da pro-vincia.

Os cincuenta operarios e 32 má-quinas despregadas para executar este proxecto xa actuaron nos máis de 3.800 quilómetros provinciais. Deste xeito, a Deputación leva o Plan de Rebacheo a toda a rede viaria pro-vincial, a máis extensa de España con 4.300 quilómetros, co obxectivo de mellorar as comunicacións nos 67 concellos lugueses.

COMARCA Antas de Ulla tamén será obxeto do Plan de Rebacheo nas vindeiras semanas

Acondicionadas con rego asfáltico as vías provinciais de 58 concellos

Imaxe dos traballos de rebacheo realizados na estrada LU-4905

PAlAS dE REI A ceremonia de homenaxe tivo lugar en Sá

O colectivo da eira da Xoana honra ás vítimas da represión

O colectivo da Eira da Xoana, na parroquia de Ramil (Agolada), ren-deu homenaxe ás vítimas da repre-sión. Á cita tamén acudiron membros de Adega e da asociación cultural O Galo de Santiago de Compostela. O obxetivo da xuntanza era home-naxear a memoria das persoas que, por defender á xustiza e a liberdade, foron víctimas da represión na longa noite de pedra.

Como en Palas de Rei, concre-tamente a parroquia de Sá, foi o lu-gar no que apareceron os corpos sen vida de Sixto Aguirre e Camilo Díaz Valiño, aló se realizou a ceremonia de homenaxe. Despois os asistentes visi-taron o Concello de Toques.

Aló homenaxearon a Ramón Ro-dríguez Varela, máis coñecido como O Curuxás, a Marcial Villamor Varela e a Delfino Liñeira Fraga, popular-mente chamado polo nome de Ferro-viario. Ao mediodía, a Eira da Xoana reuníu a todos os participantes nunha comida de confraternidade. Homenaxe adicado ás víctimas da represión coas bandeiras galega e republicana

Os veciños quéixanse do mal estado da estrada LU-231

Os veciños de Palas de Rei, xunto con outros que viven preto da estrada LU-231, amó-sanse descontentos polo tra-zado sinuoso e polo mal estado do firme dun tramo de 22 quiló-metros que une a localidade pa-lense e a de Friol. Neste tramo prodúcense numerosos acci-dentes ao longo do ano e os ve-ciños dos municipios afectados din estar cansos de ter que de-nunciar sempre os mesmos fei-tos sen que ninguén aparente-mente lles faga caso.

Hai arredor de dous anos, a Xunta de Galicia realizou varias reformas neste tramo coas que non logrou contentar aos ve-ciños destes lugares, xa que se basearon en botar gravilla sobre un trazado que xa se atopaba en mal estado. Pero non chegou a modificarse ningunha curva, que é un dos principais proble-mas que presenta esta estrada.

Horacio Rouco, número sete na lista do PSOE ás autonómicas

O voceiro do PSOE de Pa-las de Rei, Horacio Rouco Ferro, ocupará o posto número sete nas listas do PSdeG-PSOE para as próximas eleccións do 21 de outubro. O voceiro palense é o representante da comarca da Ulloa nunhas listas que enca-beza Concepción Burgo.

As candidaturas foron ratifi-cadas pola Comisión Federal de Listas do PSdeG e inclúen tamén a J.C. González Santín, José Ra-món Val, Vicente Docasar, Elba Veleiro, Miguel A. Fernández, Álvarez Sánchez, Leticia Seara Losada e María Loureiro García.

Antonio Taboada, membro do Consello do Turismo de Galicia

O alcalde de Palas, Antonio Taboada, vén de ser nomeado membro do Consello do Turismo de Galicia en representación das corporacións locais. Esta enti-dade é un órgano de asesora-mento, apoio e proposta para os asuntos referidos á ordenación, promoción e desenvolvemento do turismo de Galicia.

PAlAS dE REI Breves

Page 8: Crónicas Ulloa - Setembro

8

XenTe DAQUÍ

Crónicas da Comarca - setembro 2012

“É probablemente a cousa máis atractiva que me está sucedendo desde hai moitísimo tempo”. Así se referiu Luz Casal ao ‘Festival de la Luz’ durante a presentación deste grande evento benéfico-musical que terá lugar os vindeiros sábado 22 e domingo 23 de setembro na finca contigua á casa natal da artista na al-dea de Orros (Andabao, Boimorto).

E realmente non é para menos, xa que o festival verá pasar 27 artis-tas sobre os dous escenarios cos que contará. Entre eles, a propia Luz, Ma-nolo García, Vega, Luar na Lubre, Ela-dio y los Seres Queridos, Rosendo, Dover, Christina Rosenvinge, Anni B Sweet, Novedades Carminha ou Ith.

Na presentación, nunha orixi-nal roda de prensa en medio da mainceira que linda co recinto do festival, Luz anunciou que tratarán de darlle continuidade e destacou que “é un regalo” para Boimorto. E é que ademais da música, destinarase un espazo ao chamado ‘Mercado de la Cosecha’, no que se atopará unha mostra de iniciativas produtivas inno-vadoras que fomentan a calidade de vida no rural.

Na práctica, o ‘Mercado de la Co-secha’ servirá tamén para que os asistentes ao festival proben os me-llores alimentos da comarca e gocen aínda máis da festa. Deste xeito, pre-tenden amosar un “compromiso de-

cidido co desenvolvemento econó-mico do medio rural”.

SOlIdARIEdAdEPero o máis importante é que o

‘Festival de la Luz’, que agarda a asis-tencia de cando menos 5.000 per-soas, destina toda a recadación das entradas á Asociación Española Con-tra el Cáncer (AECC) en Galicia, nun xesto altruísta e solidario que Luz quixo traer á súa terra natal.

Ela é a impulsora e organiza-dora, pero evidentemente non está soa e logrou implicar a moita xente.

Nas tarefas de organización axúdan-lle a empresa Zircocine, co seu xe-rente Farruco Castromán na roda de prensa, e o selo Vega’s Home Music, da cantante Vega, tamén na roda de prensa. O Concello de Boimorto, co seu alcalde Ignacio Portos, exerce ta-mén un importante labor de apoio. E moi destacable resulta tamén o im-pulso dunha serie de empresas, que no acto de presentación estiveron re-presentadas por Antonio Viejo: Cor-poración Hijos de Rivera (Estrella Ga-licia), NovaGalicia Banco, Gadis, R, Mans Paideia e Gas Natural Fenosa.

Todo preparado para o macrofestival solidario de luz Casal en Boimorto

fESTIVAl Preto de trinta artistas actuarán sobre os dous escenarios

A presentación do Festival tivo lugar a carón dunha mainceira en Orros (Andabao)

20.000 metros cadrados para a diversiónO acontecemento, que está esper-

tando un extraordinario interese ta-mén fóra de Galicia, terá un espazo privilexiado para o seu desenvolve-mento. Ocupará un recinto de dúas hectáreas, o equivalente a dous cam-pos de fútbol, a carón da casa natal de Luz Casal en Andabao, hoxe des-habitada.

A organización distribuiu a par-cela en dúas zonas públicas ben dife-renciadas. Tras a entrada, ubicarase a área do ‘Mercado de la Cosecha’, con preto de 4.300 metros cadrados nos que tamén se situará o Escenario Son Estrella Galicia, para concertos acús-ticos. E a continuación, os 5.000 me-tros cadrados da zona de música, co-roada polo escenario principal.

Unha barra común ás dúas zonas e unha parte acoutada para as activida-des infantís a cargo de Wahrld Street (customización téxtil, obradoiros de pintura e de fotografía, xogos...) com-pletan o espazo público dispoñible, que contará con WC nos laterais da

zona de música. Para os bastidores, tan grandes como o propio evento, resérvanse os 6.000 metros cadra-dos restantes por detrás do escena-rio principal.

A Cruz Vermella tamén contará cun posto próximo á entrada, desde

o que os seus profesionais e volunta-rios atenderán de inmediato calquera tipo de incidencia que poida suceder. Ao seu carón estarán ubicados os des-pachos de billetes e un posto para fa-cerse coa moeda oficial para usar no recinto do festival.

Sábado 22 de setembroO recinto abre as portas ás

11:30 horas. Os concertos co-mezan ás 12 horas.

No escenario da Luz: Luz Ca-sal, Manolo García, Vega, Di Elas, Luar na Lubre, Eladio y los Seres Queridos, Eme DJ, Mäbu, Ith e Riff Raff.

No escenario SON Estrella Galicia: Alondra Bentley, Sole-dad Vélez, Lorena Álvarez y su Banda Municipal, Davile Mate-llán e El Viejo Caracol.

Domingo 23 de setembroO recinto abre as portas ás

11:30 horas. Os concertos co-mezan ás 12 horas.

No escenario da Luz: Ro-sendo, Dover, Chris Barron, Cris-tina Rosenvinge, Basia Bulat, Novedades Carminha e Nova Galega de Danza.

No escenario SON Estre-lla Galicia: Anni B. Sweet, Boat Beam, Stereotipos, Jane Joyd, Rubén Moinelo (proxecto Kour-nikova).

Programa

As entradas para o ‘Festival de la Luz’ son de carácter solida-rio. Custan 10 euros un día solto e 15 euros para os dous días, e inclúen acampada gratuíta. Eso no caso das 5.000 primeiras en-tradas, que se venden a través da web de Nova Galicia Banco, sen custo adicional, e en varios puntos por toda Galicia, cun gasto de distribución de 0,50 euros. En Santiago pódense ato-par en ‘A Reixa Tenda’, na Coruña en ‘Discos Noni’s’, e en Lugo en ‘Don Disco’.

Non obstante, tamén se po-den adquirir no despacho de billetes nas propias xornadas do festival. Neste caso, os pre-zos son de 15 euros un día e 20 euros o abono de dous días. A recadación das entradas destí-nase á AECC de Galicia.

Entradas

Para estar ao tanto- Web oficial: www.festivaldelaluz.es- Facebook: facebook.com/festivaldelaluz.galicia- Twitter: twitter.com/festivaldelaluz

Plano do festival, que contará con dous escenarios e un mercado rural

Page 9: Crónicas Ulloa - Setembro

PUBliCiDADe

Crónicas da Comarca - setembro 2012 9

Polo día disfruta do Rali Galicia Histórico

e pola noite divírtete nos locais de Melide

Page 10: Crónicas Ulloa - Setembro

10

XenTe DAQUÍ

Crónicas da Comarca - setembro 2012

O Concello de Monterroso levou a cabo nos meses de xullo e agosto u programa denominado “Ocioteca”, orientado aos máis cativos. Nel, os participantes desfrutaron dun cam-pamento de inglés, no que trataron de mellorar a súa conversación nesta lingua e refrescar os coñecementos do idioma adquiridos ao longo do curso, así como natación, grafitti e skate. Estas dúas últimas actividades tiveron unha gran aceptación entre os cativos.

“Ocioteca” mudará o seu horario no período escolar: das 15:30 ata as 20:00 horas. Trátase dunha iniciativa do Concello de Monterroso para faci-litar a conciliación da vida familiar e laboral, mellorar a integración de ac-titudes de respeto e igualdade e para intentar ocupar o tempo libre dos máis pequenos dun modo axeitado.

Ó longo do verán, “Ocioteca” ta-mén prestou servizo aos maiores de

18 anos que quixeron cursar as mate-rias para obtención do título da ESO.

A “Ocioteca” clausura as actividades de verán cunha festa de disfraces

MONTERROSO Os rapaces gozaron de actividades todo o verán

Festa de disfraces realizada como fin da ocioteca de verán

O concello monterrosino estrenou no pasado mes de agosto a primeira edición do Festival MPop, no que a maiores da boa música non faltaron os obradoiros dirixidos aos máis no-vos. Así, os xóvenes gozaron dun ta-ller de música impartido por Carlan-gas, un dos mesmbros do grupo No-vedades Carmiña, que ensinou a to-car cancións do repertorio da súa banda a todos aqueles que se ache-garon ata o obradoiro cun instru-

mento. Posteriormente, gravouse en Monterroso un videoclip.

Pola noite e dentro da propia pro-gramación do MPop, contouse coas actuacións do grupo local West Side Bones, BElöp, Novedades Carmiña, Colectivo Oruga e David Van Bylen. A xornada estivo acompañada por un concurso de tapas polos bares da vila e que serviu para repoñer forzas aos asistentes e amosar aos fóraneos a calidade gastronómica do municipio.

Festival MPop, chega boa música independente

Numeroso público asistíu ós concertos

Gran éxito do XXVI Festival Internacional de Danza

O Festival Internacional de Danza de Monterroso chegou ao municipio para mostrar o reperto-rio do grupo local Os Falcatrueiros e do grupo Kamuk, que chegaba dende Costa Rica para participar nesta xornada danceira. Foi a única parada que realizaron este doce bailaríns centroamericanos na súa xira polo noso país. Previo pago dun euro, os asistentes puideron gozar dunha tarde chea de espec-

táculo e onde non faltou o sentido do humor.

Co remate das danzas, os orga-nizadores realizaron un sorteo en-tre os asistentes, onde se agasallou a unha persoa do público cunha pandeireta e cun par de tradicio-nais “zocos”. Neste evento, organi-zado pola Asociación Falcatrueiros, contaron coa colaboración do Con-cello de Monterroso e co patroci-nio da Deputación de Lugo.

MONTERROSO

Nova edición da festa da terceira idade o 28 de setembro

O próximo 28 de setembro terá lugar outra nova edición da Festa da Terceira idade de Palas de Rei, organizada polo Concello palense. Todos os interesados en asistir e que reunan os requisitos de ser maior de idade, deberán de ano-tarse ben nas oficinas da Casa do Concello de Palas, onda os seus respectivos pedáneos parroquiais ou chamando por teléfono ao 982 38 00 01 antes do 25 de setembro.

A Festa da Terceira Idade ou dos maiores de Palas de Rei cele-brarase o vindeiro nas instalacións do pavillón polideportivo munici-pal. Ás 13:00 horas terá lugar unha misa solemne, que será oficiada polo párroco Manuel Failde e pos-teriormente, sobre as 14:00 ho-ras, terá lugar un xantar. As actua-cións musicais terán lugar a parti-res das 17:30 horas.

PAlAS dE REI

MONTERROSO

Actuación do grupo Falcatrueiros

Page 11: Crónicas Ulloa - Setembro

XenTe DAQUÍ

Crónicas da Comarca - setembro 2012 11

PAlAS dE REI Rematan os obradoiros do verán

Palas de Rei pon punto final ao obradoiro “Xogando no verán”

Rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 4 a os 12 anos gozaron este verán co obradoiro pa-lense “Xogando No Verán”, unha ini-ciativa que partíu do Centro de In-formación á Muller, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e co Fondo Social Eu-ropeo. O obradoiro, que chega este ano áa súa cuarta edición, abrangue un conxunto de actividades de carác-ter lúdico-pedagóxico, enfocadas aos máis cativos e facilitando a súa vez a conciliación dos pais ou titores da vida familiar coa laboral durante os meses de xullo e de agosto, período no que os pequenos se atopan de va-cacións.

As actividades deste obradoiro le-

váronse a cabo na Casa da Cultura e no polideportivo municipal de Palas de Rei. Os participantes realizaron ac-tividades de baile, pintura, debuxo, xogos, papiroflexia, títeres, barro, re-ciclaxe etc…

ClASES dE APOIO Por outra banda, neste mes de

setembro dan comezo as clases de apoio para as persoas que non dispo-ñan de graduado escolar e desexen obtelo. Estas sesions serán postas en marcha polo Concello de Palas de Rei e estarán impartidas por persoal cua-lificado nesta materia co fin de facili-tarlles as persoas que acodan a pre-paración dos exames para a convoca-toria de febreiro.

Nenos e nenas realizando actividades no obradoiro de verán

A Xiii Mostra de Teatro Amador convértese nun referente no norte da Península ibérica

Como cada ano, Palas de Rei aco-lleu unha nova edición da Mostra In-ternacional de Teatro Amador. Nesta edición participaron doce grupos de toda Galicia, Portugal e Extrema-dura. Pasaron polo escenario arre-dor de 300 actores e actrices. O lugar elexido para as representacións foi a Casa da Cultura de Palas, coa excep-ción da mostra de teatro, realizado no curso de teatro antropolóxico que se celebrou na parroquia de Albá.

Hoxe en día a Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei está consoli-dada e por ela teñen pasado un am-plo número de grupos galegos (Cen-tro Dramático Vilalbés, Teatro Mu-tante de Ourense, Candelexas de Noia, Casa Hamlet de A Coruña, Pa-

limoco de Lugo, Noitebrade Ma-rín, Achadego de Lugo, Teatro A Ma-china de Ferrol, Oquetiqueiras de Fe-rrol, Lohengrín Teatro de Vigo, O Trasno Novo Teatro de Vigo, etc.). Ta-mén chegaron grupos doutras partes de España como Lapsus Teatro de Pa-lencia, Compañía de Teatro Blas de Otero (Madrid), Compañía Comar-cal 234 (Valencia), Skene Teatro (Gran Canaria), Invencible Teatro (Cuenca), Les Melies (Pineda de Mar) e doutros países como Tipar Teatro (Portugal), a Compañía Cubana de Teatro Máscara Laroye ou La Vuelta (México).

PREMIOS Este ano entregouse o XI Premio

Mácara á actriz Mela Casal. Este re-

coñecemento é unha loubanza ao la-bor de actores, directores, escrito-res ou calquer outra persoa vincu-lada ao teatro afeccionado ou pola súa traxectoria teatral profesional. Froito deste recoñecemento, a Mela Casal entregáronlle unha figura de ce-rámica orixinal deseñada e realizada pola artista Lourdes Matalobos.

O VII Premio Careón recaeu este ano na escritora Ana Romaní. Este premio leva convocándose dende o ano 2006 e leva o nome dun dos re-ferentes, non só no Concello de Pa-las de Rei, senón que tamén da Co-marca da Ulloa, como é o Monte Ca-reón. Cada ano recoñece a traxecto-ria literaria dun escritor ou escritoria en lingua galega. Na súa primeira edi-

ción, este premio recaeu na escritora e xornalista Rosa Aneiros.

ElISENdA RENOMUnha das novidades deste ano foi

o curso de formación actoral impar-tido por Elisenda Renom, unha ex-perta no teatro antropolóxico. Nesta actividade, os participantes tiveron a oportunidade de afinar e adestrar a súa voz, o seu corpo e educar a súa capacidade de asociar, de percibir, de revelar, de crear ou mesmo de xo-gar. Tratouse dun obradoiro no que os asistentes puideron recuperar a súa esencia creativa e espertar aquelas memorias ou pegadas que os conec-tan coa poética persoal e transxera-cional.

Debates, romería, roteiros teatrais e contacontos no Son D´Aldea

A parroquia de Santiago de Albá, en Palas de Rei, volve as súas orixes cada ano para reinvindicar a vida na aldea e demostrar que é posible seguir fixando poboación no rural e desenvolver actividades empresariais que cheguen a ser un éxito. Máis de 300 persoas de-rónse cita en Albá para retroceder xuntos no tempo a coñecer como era a vida antes.

Así, os veciños desta pequena parroquia participaron nunha pe-quena ruta teatral na que esceni-ficaron en diferentes espacios na-turais o modo de vida da xente do campo antes da Revolución Indus-trial. Todo transcorríu baixo a di-rección de Afonso García Penas, de Metátese Teatro.

AlTERNATIVA NO RURAl O debate deste ano centrouse

nas alternativas que ofrece o rural ás familias que viven nel e como nestes momentos de profunda crise económica pode ser unha opción á vida na cidade. Así, di-ferentes profesores de Universi-dades españolas citáronse na pa-rroquia de Albá para analizar polo miúdo cales son as posibilidades que ofrece a vida rural .

Os ritmos da gaita galega e da pandeireta da Agrupación Musical Buxaina e do grupo “ Os Moder-nos” foron os encargados de po-ñer a nota musical.

PAlAS dE REI

A música de cámara, protagonista nunha nova edición do Festiulloa

A asociación Quercus Sonora organizou un verán máis o Festival de Música de Cámara da Ulloa Fes-tiulloa, no que cada ano participan figuras de primeira liña non só de España senón tamén doutros paí-ses. Nesta edición achegáronse máis de 200 persoas, que goza-ron coa música de Rudi Esteban e Violeta García nos violíns, Máximo Aroca na viola (chegado dende Austria), Blanca López e Fátima Agüeiro, no contrabaixo e chegada de Londres.

Este concerto celebrábase con normalidade no Pazo de Vilane, pero este ano como novidade tivo lugar na residencia particular “Los tres Castaños”, na aldea de Verín en Antas de Ulla.

ANTAS dE UllA

PAlAS dE REI Nesta edición participaron uns 300 actores pertencentes a doce grupos

Page 12: Crónicas Ulloa - Setembro

12

DePORTes

Crónicas da Comarca - setembro 2012

CIClISMO Centos de persoas achegaronse ata o municipio para ver e animar aos corredores

Palas de Rei acolleu a saída da decimocuarta etapa da volta Ciclista a españa

A última etapa en Galicia da Volta Ciclista a España, cun percorrido de preto de 150 quilómetros, tivo o seu pistoletazo de saída na localidade lu-cense de Palas de Rei. Así, os ciclis-tas saían desta vila para dirixirse ata o Puerto dos Ancares. Foron moitos os curiosos e afeccionados que se ache-garon ata Palas de Rei, onde gozaron coa presenza dos ciclistas e mesmo os máis afortunados puideron falar con eles e pedirles que lle firmasen autó-grafos.

O gañador desta 14ª etapa foi Joa-quim Rodríguez, máis coñecido como Purito, que lograba reafirmar o seu li-derazgo fronte a Alberto Contador, que nesta etapa se situaba nunha se-gunda posición seguido moi de preto por Alejandro Valverde.

Finalmente, tras dous anos de suspensión por presunta dopaxe, Al-

berto Contador consquistaba a Volta Ciclista a España 2012. Ademais deste triunfo, que o deportista de Pinto conseguía por segunda vez, Conta-dor conta no seu palmarés cun Giro de Italia (2008) e dous Tour de Fran-cia (2007 e 2009).

PódIUM ESPAñOlNa etapa 21, de Cerdedilla a Ma-

drid, cun percorrido de 115 quiló-metros, Contador paseouse para fes-texar a súa victoria nunha xornada que trascorreu sen incidencias e na que o campión entrou co grupo ven-cedor. O ciclista acabou cun acumu-lado de 84 horas, 59 minutos e 49 se-gundos, nun podio completamente español, pois Alejandro Valverde re-matou segundo a 1:16 minutos e Joaquim Rodríguez, terceiro a 1:37. Unha Volta para enmarcar.

Alberto Contador firmou autógrafos ós seus afeccionados Varias rúas de Palas de Rei tiveron que ser cortadas

O público aplaudiu un por un a todos os ciclistas na súa presentación

Page 13: Crónicas Ulloa - Setembro

PUBliCiDADe

Crónicas da Comarca - setembro 2012 13

Xoves 27 de setembro

21:00 h. PREGóN23:30 h. Verbena amenizada pola orquestra

CAPITOlVenres 28 de setembro

23:30 h. Verbena amenizada pola orquestra

SUAVECITOe o Grupo

ClAXXONSábado 29 de setembro

11:00 h. Pasarrúas coa Banda de Música de VISANTOñA

12:30 h. Misa solemne na Igrexa Parroquial cantada polo CORO dA IGREXA

14:00 h. Concerto da Banda de Música de VISANTOñA no campo do froito (se chove, na cúpula)

17:00 h. Fútbol: MONTERROSO - S. CORAZóN19:30 h. Concerto da Banda de Música de

VISANTOñA no campo do froito (se chove, na cúpula)

23:30 h. Verbena amenizada pola orquestra

PASSARElAe o Grupo

YUKATÁNDomingo 30 de setembro

11:00 h. Pasarrúas coa Banda de Música de ANTAS dE UllA

12:30 h. Misa solemne cantada polo CORAl POlIfóNICA “ECOS dO UllA”

14:00 h. Concerto da Banda de Música de ANTAS dE UllA no campo do froito (se chove, na cúpula)

17:00 h. dÍA dO NENO. Festa adicada aos máis cativos/as da casa con diferentes atraccións na rúa Benigno Vázquez (se chove, no pavillón de deportes)

19:30 h. Concerto da Banda de Música de ANTAS dE UllA no campo do froito (se chove, na cúpula)

23:30 h. Verbena amenizada pola orquestra

SATÉlITES

É moi gratifi cante anunciar as Festas Patronais do San Miguel, máxime nestes tempos tan difíci-les, pero facéndoo co único interés de que, cando menos nestes días, tiraremos para adiante, coma se nada pasase, pensando que sairemos dela, do mesmo xeito que dende épocas aínda máis duras fomos quen de chegar eiquí

Estimo moito o traballo da Comisión de Festas porque sei do que costa xuntar cartos, ás veces sofrindo as críticas. Organizan unhas festas austeras, como corresponde, sen despilfarros, con moito traballo, pero moi dignas. O San Migueliño sentirase honrado e tamén estou seguro de que as monterrosinas e monterrosinos valoran o traballo feito, sempre de modo desinteresado.

A nosa vila que, a pesar dos contratempos e dalgunha trampa que ou tra, sempre mira ergueita cara o futuro, invitando á conrobla, á solidaridade e á xuntanza. O alcalde invítavos ao disfrute, á conversa e ao entendemento na seguranza de que, a pesares de todo, sairemos adiante. E Mon-terroso será sempre un motor en si mesmo e unha obriga para todas e todos, monterrosinas e monterrosinos.

Aproveitamos, pois, a festa para outra volta convidar a quen queira vir com-partir con nós a romaría. E xa quixeramos todos que os que estén fóra tamén acudisen. Eles serán sempre os primeiros que gocen co noso traballo. Todas e todos, sede moi felices.

O alcaldeAntonio Gato Soengas

Page 14: Crónicas Ulloa - Setembro

14

DePORTes

Crónicas da Comarca - setembro 2012

luis vilariño consegue o terceiro posto no Rallie san Froilán

RAllIE O piloto lucense José Antonio Iglesias dominou o Rallie San Froilán

O piloto de Palas de Rei, Luis Vila-riño quedou en terceira posición tras competi r na edición número 34 do Rallie San Froilán, unha proba pun-tuable para o campionato de Galicia de Rallies de asfalto. Esta proba co-mezaba co liderazgo provisional de Álvaro Muñíz, co seu Lotus Exige, ata que no terceiro tramo se lle rompía o motor.

A mesma mala sorte tí voa tamén Pedro Burgo, a quen se lle soltaba un manguito do turbo do seu Ford FOcus WRC mentres que o palense Luis Vi-lariño quedaba coa caixa de cambios bloqueada na terceira velocidade. Era nestes momentos, cando Anto-nio Iglesias accedía á primeira posi-ción na que se mantería no resto das probas.

ClASIfICACIóNA segunda posición do Rallie San

Froilán 2012 foi conseguida por Pe-

dro Burgo quen, a pesares dos pro-blemas técnicos que sufríu cando co-mezaba a carreira, logrou perseguir a Antonio Iglesias ata o fi nal da proba. Pola súa banda, Luis Vilariño facíase coa terceira posición grazas a que as súas asistencias lograban substi tuír a caixa de cambios e despois de ser pe-nalizado nove minutos e marcar va-rios scratch durante a tarde o palense lograba subir ao podio. O piloto me-lidense Alberto Otero, que penalizou no últi mo control para que o adian-tara na xeral Luis Vilariño (de cara a lograr máis puntos no campionato), situouse na cuarta posición do Rallie San Froilán.

Co seu Mitsubishi Lancer Evo IX, Pablo Silva fí xose coa quinta posición. Sexto rematou Alberto López, Ramiro González e Manuel Pico foron os séti -mos clasifi cados, superando en máis de 20 segundos aos oitavos, o equipo formado por Miguel Lago e Miguel

Vidal. César Gonzalves fi nalizaba no-veno e Javier Cousiño, décimo.

COPAS dE PROMOCIóNNo Voltante RACC a segunda po-

sición foi para Celesti no Iglesias e a terceira para Ricardo Vidal, á vez que dentro da Racing Sport a primeira po-sición foi para José Pazó, cun Peu-geout 106 e por diante de Javier Gar-cía, quen parti cipaba cun Citroën AX Sport. No terceiro posto quedaba Manuel Freire, competi ndo cun Peu-geout 205.

Deste xeito, a día de hoxe pode-mos dicir que o campionato é cousa de dous pilotos. Así, Luis Vilariño e Pedro Burgo manterán un desafí o pola victoria do Campeonato de Ga-licia. Tan só quedan dúas probas por desputar: o Rallie Serra da Groba e o Botafumeiro, xa que o Rallie Baixa Li-mia foi suspendido por moti vos eco-nómicos.

La conquista de la Eurocopa en ju-lio por la selección española de fút-bol, desató la primera lección de uni-dad de una nación que con indepen-dencia de las diferencias internas en cuesti ones políti cas y nacionalidades históricas, ese día, nos sentí amos or-gullosos de ser partí cipes de la victo-ria de los que nos representaban, uno grupo de jóvenes futbolistas que de-mostraron sobradamente que el cóc-tel de: sacrifi cio, disciplina e inteligen-cia son los ingredientes básicos para, no solo conformarse con acariciar la copa del mundo en el 2010 sino que también reafi rmarse con la conquista de la Eurocopa dos años más tarde.

En el terreno deporti vo, España se caracteriza desde hace años por ser una exportadora de grandes prome-sas del deporte: entrenadores, juga-dores en varias modalidades y disci-plinas deporti vas que brillan en dis-ti ntas partes de la geografí a mun-dial.

Pero ese senti miento de uni-dad de la nación española lo volvi-mos a revivir, con moti vo del mayor espectáculo deporti vo del planeta, esto es, los Juegos Olímpicos de Lon-dres, el perfecto exponente que enu-mera las vicisitudes del ser humano por intentar superar sus propios lími-tes. Nuestra delegación atletas co-metí an, en esta ocasión, con los de otros 203 países en 27 deportes, bajo el latente objeti vo de intentar al me-nos igualar el reto conseguido en los Juegos Olímpicos de Barcelona 92.

Finalmente, el sueño olímpico espa-ñol se tuvo que conformar con igua-lar el número de preseas consegui-das en los Juegos de Atlanta 96, esto es, 17, a tan solo cinco de diferencia con la gesta conseguida el año en el que España era el pais organizador de los Juegos Olímpicos, es decir, en 1992 donde nuestros atletas se co-ronaban, en aquella ocasión, con su cima olímpica por excelencia con 22 medallas.

Ahora nos acabamos de aden-trar en una nueva cita deporti va, en la que, a diferencia de las ante-riores, es más de puertas para den-tro, la Vuelta Ciclista a España 2012. Donde los disti ntos corredores proce-dentes de diferentes equipos se su-bieron a la bicicleta con el objeti vo puesto en la consecución del maillot rojo, ese, que de manera defi niti va, este año, se puso Alberto Contador al proclamarse líder de dicha Vuelta. Una cita deporti va, que, en esta oca-sión, pisó ti erras de la Ulloa, en su decimocuarta etapa, donde el pelo-tón parti ó de Palas de Rei dirección al Puerto de los Ancares. Esta locali-dad, de aproximadamente 3.680 ha-

bitantes, fue el punto de atracción de un equipo organizador, medios de co-municación y efecti vos de seguridad que superó con creces las 2.100 per-sonas sin contar el número de afi cio-nados y curiosos que se acercaron a ver el comienzo de la etapa. Los pa-lenses que tuvimos la oportunidad de presenciarlo, guardaremos en el re-cuerdo, el día en el que nuestra loca-lidad se convirti ó, en uno de los pun-tos destacados de una de las mayo-res pruebas deporti vas de calado na-cional y transcendencia internacional en el Ciclismo, así como de ese día, en el que los grandes del ciclismo ro-daron con sus bicicletas por nuestra ti erra. Claro que, está localidad tam-bién quedará, en la memoria colec-ti va, por ser este año 2012, el escena-rio donde pilotos de Rallys de la talla de Pedro Burgo y Luis Vilariño se alza-ban con el primer y segundo puesto, respecti vamente, del Rally Comarca da Ulloa, puntuable para el Campeo-nato Gallego de Rallys, así como por ser otros de los puntos destacados del IV Rally de Galicia Histórico, de coches clásicos, con el tramo transcu-rre por la zona de Ramil, en las in-

mediaciones del río Ulla y de uno de los monumentos histórico-culturales más emblemáti cos de la zona como es el Casti llo de Pambre; o incluso, por ser el año en el que se inauguró, en Vilar de Donas (Palas de Rei) la pri-mera pista de hipódromo de Galicia en la que competi rán caballos y ye-guas, con independencia de su raza, procederán de disti ntas partes de la geografí a nacional e internacional.

Es que puedo presagiar que este 2012 esta siendo un año que, a di-ferencia de los anteriores, acabará siendo recordado, entre otros as-pectos, como aquel, en el que nues-tro deporte no pasará desapercibido convirti éndose en el bálsamo per-fecto para aliviar los, de por sí, de-vastadores efectos de una deprimida situación económica que atravesa-mos y que los gobernantes, en dis-ti ntos niveles, se aferran en comba-ti r con ajustes presupuestarios en la búsqueda del equilibrio de las cuen-tas públicas y la compati bilidad de estas con las directrices europeas en un contexto social y económico mar-cado por la desigualdad.

Tan sólo nos queda conformar-nos con la lección que dan nuestros deporti stas españoles en sus respec-ti vas disciplinas deporti vas y aplicar-nos que ese cóctel hecho a base de: sacrifi cio, disciplina e inteligencia se debe de trasladar a nuestra vida para intentar sobrevivir en las adver-sas condiciones que se nos presentan a diario.

Tengo un presagioAna Vanesa Cebral,

veciña de Merlán

Opinión

Comeza a Liga na comarca da Ulloa

Os equipos da Ulloa e da con-torna empezaron o campionato na Segunda Autonómica con sorte dispar. O Palas logrou que o Be-cerreá non lle marcaa ningún gol, sendo o equipo palense capaz de marcar dous. Así mesmo, o Guntí n vencía na casa cun contundente resultado de tres a cero fronte ao Calasancias.

Esta primeira xornada ti ña un derbi: o encontro entre o Porto-morín e o Monterroso. Un parti do no que os dous equipos esti veron moi igualados pero no que a victo-ria se foi para o Portomarín ao ven-cer dous a un.

Na vindeira xornada o equipo de Antas enfrontarase ao C.D. Bro-llón no campo dos Medos ás 17:00 horas. Así mesmo, o equipo pa-lense recibirá ao Sagrado Corazón no seu terreo, na área dos Chaco-tes. O Monterroso recibirá ao SDC San Roque e o equipo de Portoma-rín desprazarase ata a Ribela para xogar na contra o Sarria.

fÚTBOl

Page 15: Crónicas Ulloa - Setembro

DePORTes

Crónicas da Comarca - setembro 2012 15

O IV Rali de Galicia Histórico comezará na Praza do Obradoiroo venres 21 de setembro

RAllIES Serán un total de doce tramos cronometrados

A poucos días da celebración da cuarta edición do Rali de Galicia His-tórico, sétima e penúltima proba pun-tuable para o Campionato de España de Históricos nas súas categorías de Velocidade e Regularidade, xa se van coñecendo os primeiros detalles e al-gunhas das novidades con respecto ás tres edicións precedentes.

Así, por primeira vez a proba ini-ciarase na tarde do venres 21 de se-tembro na Praza do Obradoiro (San-tiago de Compostela). Un feito moi reseñable pois, dende finais dos anos oitenta non se volveu ver unha saída dun rali de velocidade desde este lu-gar tan emblemático.

Tamén haberá novidades na pri-meira etapa do Rali de Galicia Histó-rico, pois se realizará un tramo novo nas inmediacións de Arzúa, que ten certas similitudes cun denominado “Maroxo”, que xa formara parte dun Rali Botafumeiro a mediados dos no-venta. Desde aí, os participantes des-prazaranse ao tramo urbano de Me-lide, cuxo bucle formado por estas dúas especiais volverá a repetirse a continuación antes da chegada ao parque pechado melidense, dende onde se arrincará o sábado 22 de set-embro pola mañá.

Deste xeito, a primeira etapa es-tará formada por catro tramos cro-

nometrados mentras que a segunda será prácticamente igual á do ano pa-sado, con catro especiais diferentes a dobre pasada (Ramil, Toques, So-brado e Santiso), polo que durante o sábado se farán oito tramos máis que deixarán o percorrido cun total de

doce tramos cronometrados e un 105 quilómetros de velocidade.

Por cada participante que remate a proba, a organización do Rali de Ga-licia Histórico doará 10 euros á aso-ciación ASION para a loita contra o cancro infantil.

Tramos do IV Rali de Galicia Histórico

Presentación do rali en Santiago de Compostela

Benqueridos veciños e veciñas,

Celebramos nestas datas de remate do verán as festas patronais do noso concello dedicadas á pasaxe evanxélica do Ecce Homo. É tempo de facer un paréntese, e aparcar, por uns días, o serio talante co que o rigor das circunstancias socioeconómicas nos fan afrontar o día a día, que cada vez é máis costa arriba.

As festas, tradición e evolución, motivo de reen-contros e coartada para o inicio de novas rela-cións e amizades. Festas que fan a ledicia dos nenos e refrescan a memoria dos nosos maiores

proporcionándolles sorrisos maliciosos, cheos de nostalxia.

Son as festas do Ecce Homo, capítulo da his-

toria de Xesús de Na-zaret , tantas veces

plasmado en obras

de arte, que recobra toda a actualidade nestes días de grande incerteza. O Ecce Homo recolle o peor momen-to dun home, abandonado pola xustiza, encarnada en Poncio Pilato, que lava as mans tras pronunciar estas palabras: “velaí o home”, e deixa a decisión do casti-go ao xentío, máis pendente da oportunidade de facer prevalecer os seus intereses que de facer xustiza.

Mutatis mutandis, a situación que vivimos é ben pa-recida, os gobernantes lávanse as mans, incapaces de ofrecer unha solución positiva á crise e de satisfacer ao insaciable mercado. E nós, o pobo, os de sempre, aparecemos maltreitos, padecendo o castigo que non merecemos, ante a masa de especuladores que procu-ran sen escrúpulos incrementar os seus beneficios.

Contra esta situación temos que loitar unidos. Pero deixemos esta reflexión para logo, agora, é momento de desatar a nosa paixón pola festa e a ledicia. Que dure! Se é posible máis alá destes días de celebración.

Unha forte aperta. Boas Festas.

Horacio Rouco FerroPortavoz do Grupo Municipal Socialista no Concello de Palas de Rei

Saúda Festas na honra a Ecce Homo (Palas de Rei)

Page 16: Crónicas Ulloa - Setembro

Top Related