Manual de Imaxe Corporativa. Rede do Patrimonio Cultural
Rede do Patrimonio Cultural
Manual de Imaxe Corporativa
PresentaciónPara identificar as accións e campañas da Rede do Patrimonio Cultural (RPC) pensamos
recoñecidas hoxe en día mesmo que métodos de avaliación oficiais.
2
Manual de Imaxe Corporativa. Rede do Patrimonio Cultural
Esta marca é óptima para a reprodución económica en calquera aplicación impresa,
pois só require imprimir en dúas tintas. Asi mesmo, da un bo resultado en formato
dixital a calquera resolución e tamaño en pantalla, e adáptase perfectamente a calquera
rede social, web, etc.
Ademais a escolla desta marca permite que un elemento tan fácil e barato de producir
coma é unha bandeira amarela se poida converter nun elemento físico habitual no
traballo de campo diario da organización, podendo usalo na edición de material
divulgativo, en cartografía e mesmo na súa versión física, para sinalizar e denunciar
visualmente elementos patrimoniais ou xacementos arqueolóxicos considerados en
perigo e que merecen a atención da RPC e da sociedade. Neste sentido, podemos
chegar a lograr que o momento simbólico do alzado da bandeira amarela ao iniciar
cada campaña se converta nun verdadeiro acto de reivindicación e chamada de
atención no terreo sobre o estado dun elemento concreto do patrimonio cultural, ao
que convidar a medios de comunicación e os axentes sociais do entorno, convertendo
un acto moi sinxelo e económico de organizar para a RPC nun evento social
transcendente en si mesmo e apegado á realidade.
Exemplo práctico
A RPC decide denunciar o abandono do Castelo de Altamira mediante unha campaña anual para a súa recuperación e posta en valor. Como punto de partida da campaña, convoca a entidades públicas e sociais da bisbarra e aos medios de comunicación a asistir ao alzado simbólico da bandeira amarela no sitio arqueolóxico, expoñendo as motivacións, obxectivos, calendario... da campaña. A bandeira da RPC permanecerá ondeando en Altamira durante a duración da campaña ou ata que os seus obxectivos se den por acadados, co cal o coñecemento da iniciativa irá medrando co tempo entre veciñanza e visitantes, en lugar de desaparecer unha vez pasado o efecto inicial.
LogotipoA bandeira amarela pode asociarse co logotipo da entidade, ben sexa na versión
reducida «RPC» ou na estendida «Rede do Patrimonio Cultural»:
Este logotipo debe acompañar que sexa posíbel á bandeira amarela, cousa que vemos
particularmente necesario nunha fase inicial e ata que a entidade sexa coñecida.
4
Manual de Imaxe Corporativa. Rede do Patrimonio Cultural
Tipografía corporativaEn canto á tipografía, optamos pola versión Extrabold da tipografía Montserrat:
Montserrat Extrabold
A B C D E F G H I L M N Ñ O P Q R S T U V X Z
a b c d e f g h i l m n ñ o p q r s t u v x z
No futuro, se o nivel de coñecemento da entidade o xustifica, pódese abreviar a só as
siglas “RPC” ou mesmo prescindir totalmente do nome da entidade.
5
Manual de Imaxe Corporativa. Rede do Patrimonio Cultural
Imaxe corporativaCombinando os elementos anteriores, resulta a nova identidade corporativa da RPC:
cando o formato obriga a usar unha soa tinta e/ou o soporte poida ser amarelo
(serigrafía, tampografía, etc...).
6
Manual de Imaxe Corporativa. Rede do Patrimonio Cultural
Versións cromáticas do símbolo corporativo
Versión normal, fondo claro
galegas e galegos que aman e defenden o seu patrimonio cultural. Por iso debemos
facer un esforzo para a difusión deste novo símbolo, elaborado na procura deliberada da
máxima simplicidade en concepto, trazos, medidas e elementos, para garantir a
perfecta reprodución en calquera soporte e a súa correcta percepción pola sociedade.
Agardamos logralo!
7