fontao 7 gal · mellora e selección xenética da raza assaf en españa, renovaron o pasado 8 de...
TRANSCRIPT
XENÉTICA FONTAO
Nº7 Maio 2010
ASHERS, UN PEDIGRÍ DE SUPERTIPO
ASHERS, MAGREBÍ, 10 XERACIÓNS
MB OU EX NA FAMILIA
AEROFLOWER
EBÍ,MAGREB OS CLIENTES BRASILEIROS
DE FONTAO VISITAN
O CENTRO
XACOBEO, O CAMIÑO CARA AO SHOW
Callobro Xacobeo Valdeteja GZ
xenetica_fontao_7_galego.indd 1 20/5/10 18:26:57
xenetica_fontao_7_galego.indd 2 20/5/10 18:51:54
XENÉTICA FONTAO MAIO 2010 3
XENÉTICA FONTAO
EDITA:XENÉTICA FONTAO S.A.Fontao, Esperante. Aptdo. 128
27080. Lugo
Tfno: +34 982.284.391
Fax: +34 982.284.626
E-mail: [email protected]
Web: www.xeneticafontao.com
PRODUCIÓN:Transmedia Comunicación & Prensa
Ronda das Fontiñas, 272, entreplanta A
27002. Lugo
Tfnos: 982.221.278, 610.215.366, 636.952.893
E-mail: [email protected]
Web: www.transmedia.es
Tirada :7.000 exemplares
DEPÓSITO LEGAL:LU 173-2008
ÍNDICE
XENÉTICA FONTAO E BRASIL...........
ANÁLISES DA RAZA ASSAF................
SUPERPEDIGRÍS: ASHERS...............
TOUROS PROBADOS: MAGREBÍ......
VALDETEJA, NOVA ESTRELA...........
4
5
6
10
14
UN LABOR QUE SE EXPANDE
Neste número da revista dámos conta de dúas novas que nos enchen
de satisfacción e que amosan que o labor de Xenética Fontao se está a
expandir, tanto no conxunto do Estado como máis alá das nosas frontei-
ras. Por unha banda, renovamos o convenio para realizar as análises de
ADN da raza ovina Assaf a nivel de toda España. Por outra, recibimos a
visita dunha delegación de produtores de leite brasileiros que están a
usar o seme de Xenética Fontao nos seus programas de mellora xené-
tica.
O feito de que o Laboratorio de Xenética Molecular de Fontao sexa o
organismo de confianza para os criadores da raza Assaf é un indicador
de que a aposta polas máis modernas tecnoloxías e o traballo científico
rigoroso acaban dando os seus froitos. O Laboratorio leva catro anos
facendo análises de ADN de mostras de Assaf. Neste tempo leváronse a
cabo máis de 69.000 probas de identificación xenética a animais inscritos
no Libro Xenealóxico desta raza.
Este enorme labor supón un dos piares nos que se apoia a selección e
mellora xenética da raza Assaf, como o amosa o traballo diario e como
os propios responsables da asociación de criadores nos indican. A nin-
guén se lle escapa que a bioloxía molecular é unha das ferramentas
imprescindibles da mellora gandeira, unha tendenza que nos próximos
anos irá a máis. Desde Xenética Fontao facemos unha aposta por estar
sempre na primeira liña dos avances tecnolóxicos nesta materia.
No tocante á relación entre Xenética Fontao e Brasil, destacar que no
estado meridional de Río Grande do Sul estanse a facer 15.000 insemi-
nacións ao ano en vacas de leite con doses de Fontao. As reticencias
iniciais derivadas do descoñecemento deron paso á confianza, que se vai
afianzando a medida que aumenta o número de animais nacidos. Este
verán inseminaranse as primeiras xovencas fillas de touros de Fontao,
polo que é de esperar que esa confianza medre aínda máis.
Os mellores touros de Fontao están a entrar desde hai anos nos mer-
cados internacionais. Mesmo naqueles que parecen impenetrables por
ocupar posicións de liderado, caso de Canadá e Estados Unidos. Isto
amosa que a xenética española xa pode competir en pé de igualdade cos
grandes centros emisores de material xenético. No noso caso en parti-
cular, tamén é un respaldo aos resultados do Plan de Mellora Gandeira
que desenvolve a Xunta de Galicia.
Á vista destas novas, só cabe agradecer a confianza de todos os nosos
clientes, aqueles que demandan os nosos servizos de analítica e adqui-
ren as doses dos nosos sementais, en España e fóra dela. Esta confianza
obríganos a esforzarnos aínda máis no día a día por manter os elevados
estándares de calidade que nos impoñemos no noso traballo.
xenetica_fontao_7_galego.indd 3 20/5/10 20:39:21
XENÉTICA FONTAO MAIO 20104 LABORATORIO
FONTAO E ASSAF.E RENOVAN O CONVENIO PARA A REALIZACIÓN DE ANÁLISES DE ADN NESTA RAZA OVINAO Laboratorio de Xenética Molecular de Xenética Fontao e ASSAF.E, asociación
encargada da xestión do Libro Xenealóxico e do desenvolvemento dos programas de
mellora e selección xenética da raza Assaf en España, renovaron o pasado 8 de abril
o convenio para a realización de análises de ADN aos animais desta raza ovina.
Ámbalas dúas entidades xa
estableceran no ano 2005 un
convenio para a realización
de probas de ADN en animais
inscritos no Libro Xenealóxico da raza
ovina Assaf en España, con vistas á
asignación e/ou exclusión de parentes-
co. O convenio foi renovado o pasado 8
de abril, coa sinatura do presidente do
Consello de Administración de Xenética
Fontao, José Álvarez Robledo, e o se-
cretario executivo de ASSAF.E, Arturo
Canals Vergara.
Nos últimos catro anos, o Laboratorio
de Xenética Molecular realizou máis de
69.000 probas de identificación xenética
a animais inscritos no Libro Xenealóxico
da raza ovina Assaf, pertencentes a 128
ganderías asociadas a ASSAF.E en sete
comunidades autónomas españolas.
As probas están baseadas na análise
de marcadores de ADN tipo microsatéli-
te, seleccionados da lista de marcadores
proposta pola ISAG (Sociedade Interna-
cional para a Xenética Animal) e a FAO, a
división de Nacións Unidas para a Agri-
cultura e a Alimentación.
Estas análises empregáronse para a
verificación do parentesco (filiación pa-
terna e/ou materna) e para crear un ban-
co de ADN con vistas a actuacións futu-
ras. A realización destas probas constitúe
un elemento fundamental na consecución
dos obxectivos fixados por ASSAF.E den-
tro do esquema de selección e mellora da
raza ovina Assaf en España.
A RAZA ASSAF
A raza Assaf española está conside-
rada unha variante da Assaf orixinaria
de Israel. A súa introdución en España
iniciouse no ano 1977. Entre 1977 e 1980
chegaron a Castela e León 77 machos e
320 femias. Tras varios cruzamentos con
sementais de razas autóctonas espa-
ñolas, consolidouse un estándar racial
con animais de alta produción láctea e
moi boas calidades. A media de produ-
ción actual é de 510 litros de leite en 210
días de lactación finalizada, cun 5,5%
de proteína e 6,75% de graxa. Por outra
banda, a carne desta raza, tanto en le-
chazo coma en animais adultos, é dunha
extraordinaria calidade.
Orixinariamente, a raza Assaf creouse
no Centro Volcani de Israel no ano 1955,
a partir do cruzamento de ovellas fe-
mias de raza Awassi e machos de raza
Milschschaf, nunha proporción de 5/8 e
3/8, respectivamente. A finalidade des-
ta síntese xenética foi mellorar a raza
Awassi en precocidade, prolificidade
e conformación mediante o seu cruza-
mento con machos Milschschaf. Para
isto empregáronse ovellas Awassi pre-
viamente melloradas para a produción
láctea, polo que o resultado é unha raza
con dobre aptitude carne-leite que se vén
explotando en Israel con grande éxito.
ASSAF.E, con sede en Zamora, ten na
actualidade máis de 180.000 exempla-
res dados de alta no Libro Xenealóxico,
distribuídos en ganderías de Castela e
León, Castela-A Mancha, Madrid, Nava-
rra, Cantabria, Comunidade Valenciana e
Aragón. Están en trámites de inscrición
explotacións situadas en Galicia e países
da Unión Europea coma Grecia.
De esquerda a dereita, os gandeiros Manuel Tejedor e Jesús Ramos; José Álvarez Robledo, presidente do Consello de Administración de Xenética Fontao; Arturo Canals, secretario executivo de ASSAF.E; Alejandro Fernández, director de Xenética Fontao, e Javier López Viana, director do Laboratorio de Xenética Molecular
xenetica_fontao_7_galego.indd 4 20/5/10 20:21:55
XENÉTICA FONTAO MAIO 2010 5INTERNACIONAL
XENÉTICA FONTAO PROMOVE A MELLORA DA FRISONA NO ESTADO BRASILEIRO DE RÍO GRANDE DO SULO seme de Xenética Fontao entra con forza no Brasil, no estado meridional de Río
Grande do Sul, con 15.000 inseminacións ao ano en vacas de leite. O centro proporciona
ademais asistencia técnica a 2 grandes cooperativas do Val de Taquarí.
Xenética Fontao comezou a exportar
seme de frisona a Brasil hai dous anos.
A entrada do material xenético ten lugar
a través da empresa GMG, cuxo director
comercial é un brasileiro con raíces en
Betanzos, Eduardo Grandal. GMG está a
comercializar en exclusiva seme de fri-
sona de Xenética Fontao no estado de
Río Grande do Sul, unha parte do país
con especial vocación gandeira.
Segundo os datos que achega Grandal,
unhas 15.000 vacas de leite son insemi-
nadas cada ano con doses de Fontao en
Río Grande do Sul. As primeiras xoven-
cas frisonas nacidas de touros de Fontao
no estado brasileiro serán inseminadas
a principios deste verán.
Grandal explica que apostou polo ma-
terial de Fontao buscando unha xenética
alternativa á das grandes casas inter-
nacionais. A reticencia inicial, o desco-
ñecemento do seme galego, vese com-
pensada polo programa que lle presenta
GMG aos gandeiros, que inclúe asesora-
mento técnico integral. “Isto ten como
consecuencia que nazan animais iguais
ou mellores [que coa xenética das gran-
des casas]”, asegura Eduardo.
Grandal é un entusiasta defensor da
mellora gandeira en Río Grande do Sul,
“que pode ser un modelo de negocio de
leite para todo Brasil”, asegura. O es-
tado ten capacidade para producir 14
millóns de litros de leite ao día, pero na
actualidade está por debaixo dos 4 mi-
llóns. A actividade de GMG céntrase no
Val do Taquarí, no que traballa con dúas
grandes cooperativas de leite e diversas
explotacións. O seme de Fontao empré-
gase na actualidade en máis de 2.000
granxas de leite.
VISITA
Un grupo de 20 persoas da zona, do que
formaban parte cooperativistas, políti-
cos e técnicos, visitou Galicia na sema-
na do 22 ao 28 de marzo, co obxecto de
coñecer de primeira man o Programa de
Mellora Gandeira da Xunta e asinar un
convenio de colaboración _que inclúe
asesoramento técnico_ coa Consellería
do Medio Rural.
A delegación brasileira puido coñecer
as instalacións da Unidade de Transfe-
rencia Embrionaria de Bos e de Xenética
Fontao, piares do Programa de Mellora
Gandeira, e entrevistarse con nume-
rosos gandeiros, técnicos e políticos.
Eduardo Grandal espuxo as conclusións
da viaxe o 26 de marzo nas instalacións
de Xenética Fontao, destacando que os
visitantes puideron testar de primeira
man o sector gandeiro galego e tomar
nota de diversas propostas de mellora.
A cooperación técnica plasmarase en
sucesivas visitas de grupos máis reduci-
dos do Val de Taquarí, para tratar aspec-
tos máis específicos da actividade gan-
deira. Grandal indicou que farán progra-
mas de traballo diferenciados cos seus
propios cronogramas. Os que acudan a
formarse a Galicia exercerán posterior-
mente de formadores no Val do Taquarí.
Grandal, bo coñecedor de Galicia, expli-
coulles aos seus compatriotas o gran salto
cualitativo que deu a gandería na comuni-
dade durante os últimos vinte anos. Unha
mellora na que ten desempeñado un papel
clave o traballo no eido da xenética. Para o
director comercial de GMG, a aposta polos
touros de Fontao que están a levar a cabo
no Val de Taquarí terá éxito se se enmarca
nun completo programa que inclúa ade-
mais a mellora nos aspectos da sanidade,
a nutrición e o manexo. A palabra clave,
para el, é “profesionalización”.
Gandeiros e políticos do Brasil fixeron unha visita guiada polas instalacións de Xenética Fontao
Cooperativistas e políticos da zona visitaron o centro en marzo
xenetica_fontao_7_galego.indd 5 20/5/10 19:32:22
XENÉTICA FONTAO MAIO 20106 SUPERPEDIGRÍS
ASHERS, UN PEDIGRÍ DE SUPERTIPORidgefield Ashers ET é un xovenco que conta no seu pedigrí con algúns dos membros
máis emblemáticos da raza Holstein. Este neto da mítica Ashlyn está precedido de
tres xeracións de vacas que mereceron os máis prezados galardóns no ring dos
concursos. Coas súas irmás completas competindo actualmente na elite mundial
son xa catro xeracións de auténtico show.
Ashers, nacido o día 6 de xaneiro
do ano 2008, é un semental en
espera de proba que vén refor-
zar a presenza de membros da cobiza-
da familia “Ashlyn” en Xenética Fontao,
neste caso vía Angel, unha das tres fabu-
losas fillas de Tri-Day Ashlyn con Stor-
matic. Ashers é o único descendente di-
recto de Angel en España, e o seu único
irmán completo atópase en proba en SRV
(Alemania).
FORTUNE, O PAI
To-Mar D-Fortune ET EX-91 USA é un
fillo de Durham e da vaca Plushanski-
Usa B Star Flute EX-92 2E USA GMD
DOM 2*, descendente da famosa vaca
de cría Plushanski Chief Faith EX-94 4E
USA DOM. Fortune foi probado primeiro
en Canadá, onde espertou grandes ex-
pectativas desde un primeiro momento,
e hoxe en día, con máis de 8.000 fillas
rexistradas, revélase como un touro me-
llorante en tipo (o 76% das súas 2.549
fillas calificadas en Canadá son BB ou
máis ), caracteres secundarios (lonxevi-
dade e células somáticas) e porcentaxe
de proteína, se ben os seus índices para
produción foron caendo paulatinamente.
Debido a determinadas restricións sa-
nitarias, o seme de Fortune nunca puido
ser usado en Europa. Por iso é escasa a
súa proxenie, e en todo caso sempre é
froito da importación de embrións. Así,
en España ten só 24 descendentes rexis-
trados, 11 deles machos. Cinco están
en proba en Xenética Fontao, dos cales
dous proceden de nais Blitz, un ten nai
Finley e outro é fillo dunha Bw Marshall.
É sobre estas liñas xenéticas con altas
producións no lado materno onde o cru-
ce con Fortune parece ser o máis axei-
tado. Está claro que o pedigrí de Ashers,
Fortune x Angel (Stormatic) x Ashlyn
(Encore), persegue o tipo extremo, o que
amosan precisamente el e as súas irmás
completas.
Ashers é un xovenco de absoluta co-
rrección morfolóxica e actualmente
responde ao tipo ideal dun semental
novo, calificado MB-88 con apenas 2
anos. Posúe unha gran potencia e des-
envolvemento para a súa idade, á vez
que moita calidade de óso, todo isto
combinado cunha estrutura leiteira moi
chamativa.
ANGEL, A NAI
Eo Siemers Ashlyns Angel ET EX-92
SM-94 USA GMD é unha vaca de 6 anos
de idade con tremenda morfoloxía e alta
produción. Calificada EX-92, con ubre
EX-94 aos catro anos, atópase próxima
a realizar o seu terceiro parto despois de
pechar unha segunda lactación con máis
de 16.550 quilos de leite ao 4,2% de gra-
sa e 3,2% de proteína.
Ridgefield Ashers ET MB-88
xenetica_fontao_7_galego.indd 6 20/5/10 18:35:03
XENÉTICA FONTAO MAIO 2010 7SUPERPEDIGRÍS
Angel é ademais unha vaca de show,
e entre os seus títulos máis relevantes
atopamos os seguintes:
1ª de sección (xovencas de 1 ano)
en Madison e All American (2005)
2ª de sección (vaca de dous anos)
en Madison e Reserva All Ameri-
can (2006)
3ª de sección (vaca de 4 anos) en
Madison e nominada All American
(2008)
Angel é unha das tres fillas EX de Ashlyn
con Stormatic, que a fixeron merece-
dora do galardón All American Produ-
ce of Dam 2009. As outras dúas, Er-
nest-Anthony Aphrodite e EK-Oseeana
Ambrosia, son tamén vacas destaca-
dísimas.
Ernest-Anthony Aphrodite ET EX-94 2E
USA ten fillos en centros de insemina-
ción e unha filla xa calificada EX-91 con
ubre EX-93 en segunda lactación e dúas
máis calificadas MB-87 con dous anos.
EK-Oseeana Ambrosia ET EX-95 SM-94
USA ten títulos tan prestixiosos como:
Reserva All American 2005
Mención Honorífica All American
2006
2ª de sección (vaca de 4 anos) en
Madison e All American 2007
As fillas de Ambrosia xa destacan en
EE.UU. As súas 9 fillas calificadas son to-
das MB aos dous anos (unha MB-89, dúas
MB-88, tres MB-87 e tres MB-85). Merecen
mención especial as súas dúas fillas con
Toystory, Ernest-Anthony Amaretto MB-88
e Ernest-Anthony Amaryllis MB-87.
En Europa, a súa única filla con Gold-
wyn (Goldwyn Amberly ET), parida con
dous anos e medio en decembro do 2009,
ten un fillo con Shottle, ALH Ámsterdam
ET, que se incorporará proximamente a
Xenética Fontao. Este xovenco ten a par-
ticularidade de que foi testado xenomica-
mente en EE.UU cuns valores realmente
altos, GTPI 2.171 e GPTAT +3,79.
Outra destacada filla europea de Am-
brosia é Smiddiehill Toystory Ambrosia
MB-87 (Sahara Holsteins, Reino Unido),
unha primeriza realmente espectacular
que foi no seu día primeira na súa sec-
ción no All Britain Calf Show 2009.
Pero volvamos a Angel, a nai de Ashers,
que ten cinco fillas calificadas ata a data,
e todas MB en primeiro parto: unha MB-
88, tres MB-86 e unha MB-87. A súa
mellor filla polo momento é Arethusa
Affection ET MB-88, irmá completa de
Ashers. Affection é unha auténtica pri-
meriza de show, cun ubre perfecto e
unha extrema calidade de óso nas súas
patas. Con apenas 25 meses (pois naceu
o 3 de setembro do 2007) conseguía os
seguintes títulos:
1ª de sección (2 años jr.) e mellor
ubre en Madison. Nominada All
American 2009
2ª de sección (2 años jr.) no Royal e
Reserva All Canadian 2009
Arethusa Angel Affinity ET, irmá com-
pleta de Affection, foi calificada recente-
mente como MB-86 con dous anos. Por
último, outra irmá completa das anterio-
res é Ridgefield Fortune Ash Angel ET
(Sahara Holsteins, Reino Unido), a única
irmá completa de Ashers en Europa, que
xa conquistou os títulos de xata campio-
na do All Britain Calf Show en 2009 (Rei-
no Unido) e de xovenca campiona no Na-
tional All Breeds de 2010 (Reino Unido).
ASHLYN, A AVOA
Poucas vacas na historia da raza Hols-
tein conquistaron o título de gran cam-
piona en dous dos concursos de máis
sona do circuito internacional, Royal
Winter Fair (RWF) de Canadá e World
Dairy Expo (WDE) de Estados Unidos, e
máis difícil aínda é logralo no mesmo
ano, cando apenas unhas 6 semanas se-
paran a celebración de ambos os dous
eventos.
Esta foi a fazaña alcanzada por Tri-Day
Ashlyn ET no 2001, ano no que tamén foi
proclamada All American, All Canadian
e World Champion.
Tri-day Ashlyn ET EX-96 2E USA GMD
DOM 3* é algo máis ca unha poderosa
vaca de show de tremenda capacidade
corporal e cun fantástico ubre. É ade-
mais unha gran produtora de leite con
máis de 65.000 quilos en catro lacta-
cións e unhas calidades medias do 4,6%
de graxa e 3,5% de proteína.
A historia comeza na granxa Tri-Day
Holsteins (Minnesota, EE.UU.) un 27 de
setembro de 1996, co nacemento dunha
EO-Siemers Ashlyns Angel ET EX-92 USA, nai de Ashers
Ernest-Anthony Aphrodite ET EX-94
EK-Oseeana Ambrosia ET EX-95
xenetica_fontao_7_galego.indd 7 20/5/10 18:35:09
XENÉTICA FONTAO MAIO 20108 SUPERPEDIGRÍS
filla do célebre touro de tipo Marcrest
Encore EX-96 e da vaca de cría Bendy-
Brook Odissey Favorite EX-92 2E USA
DOM. Esta xata é vendida con 9 meses de
idade á granxa Osseana Holsteins (Virxi-
nia Occidental, EE.UU), cuxos propieta-
rios exhíbena como xovenca no concurso
do estado de Maryland no ano 1998. Alí
capta a atención do cazatalentos Ernest
Kueffner, que recoñece que, malia estar
algo engraxado, é un animal cun gran
futuro.
Esta xovenca pare amosando unha
grande estrutura e un excelente ubre
posterior, e sendo aínda un animal de-
masiado forte, pouco descarnado e cun
ubre de pouco volume (malia a súa boa
produción xa na súa primeira lactación),
Kueffner faise copropietario do 50% do
animal en xullo do ano 1999, coa condi-
ción de que a partir de entón esta vaca,
que non é outra cá incomparable Ashlyn,
resida na súa pequena granxa de Boons-
boro, no estado de Maryland (con ca-
pacidade para escasamente 8 animais),
especializada na preparación de vacas
para a alta competición. No outono dese
mesmo ano, Ashlyn acode ao Madison,
onde, debido a unha masiva estrutura, o
seu pescozo curto e engraxado e certa
falta de angulosidade en xeral, é pena-
lizada en exceso e acaba nun decepcio-
nante posto 14 da súa sección.
Este episodio non desalenta a Ernest
Kueffner e a súa moza Terri Packard, que
cambian a dieta de Ashlyn a unha ración
baseada practicamente no feo durante
os meses seguintes. Aínda así, Ashlyn
produce na súa primeira lactación 11.764
quilos de leite ao 4,5% de graxa e 3,5%
de proteína en 305 días. Pare de novo en
xuño do ano 2000 cun ideal estado de car-
nes e alcanzando os 55 quilos de leite por
día, o que lle fai perder peso rapidamen-
te. No ano 2000 é presentada outra vez ao
concurso nacional de Madison, onde gaña
na súa sección facilmente e é nomeada
vaca intermedia campiona reserva.
Ashlyn pecha a súa segunda lactación
con 16.438 quilos de leite ao 4,3% de
grasa e 3,4% de proteína, pero é na súa
terceira lactación, cun pico de produción
de 63,5 quilos de leite, cando amosa o
seu verdadeiro potencial como a gran
vaca de concurso que é: profundo coste-
lar, excelente ubre posterior, magníficas
patas, gran carácter leiteiro e un pesco-
zo longo e fino, conxunto que lle permitiu
gañar todo o que unha gran vaca de show
podía gañar aquel ano 2001 en América:
Royal Winter Fair (concurso nacional de
Canadá), Maryland State Fair, Eastern
National Show e World Dairy Expo de
Madison (concurso nacional de EE.UU).
A gran corrección morfológica de Ashlyn
permítelle alcanzar unha calificación de
EX-96 2E en EE.UU (país onde a máis alta
Arethusa Affection MB-88 USA 2a, irmá completa de AshersTri-Day Ashlyn , avoa de Ashers
Ridgefield Fortune Ash Angel ET, irmá completa de Ashers
xenetica_fontao_7_galego.indd 8 20/5/10 18:38:12
XENÉTICA FONTAO MAIO 2010 9SUPERPEDIGRÍS
calificación alcanzada por unha vaca foi
EX-97). Todas as rexións do seu corpo
foron calificadas Excelente, e o seu úni-
co rasgo mellorable sería a posición das
patas dianteiras, que podían ser máis
paralelas, pois sempre tivo as mans
lixeiramente abertas.
Despois dos seus rotundos éxitos nas
pistas, Ashlyn é sometida a un intenso
programa embrionario, para posterior-
mente parir por cuarta vez en xuño de
2003. É entón cando cambia de novo de
propietario, sendo adquirida pola granxa
Kingsmill Farm e residindo ata datas re-
centes en Trans Ova, onde continúa sen-
do unha excelente doadora de embrións.
Pero o seu periplo non acaba aquí, pois hai
escasamente dous meses, e con case 14
anos de idade, Ashlyn, unha lenda viva da
raza, é adquirida pola compañía St. Jacobs
ABC (Canadá) para ser incorporada ao seu
programa de nais de elite, onde continuará
sendo flusheada intensamente.
Por se eran poucas virtudes as comen-
tadas ata agora, Ashlyn tamén ten a da
fertilidade, e o intenso programa em-
brionario ao que foi sometida durante
anos deu os seus froitos: máis de 15 fi-
llos en centros de inseminación, algúns
dos cales xa son ben coñecidos, como
Osseana Astronomical ET EX-95, men-
tres que outros son aínda xovencos no-
vos en proba.
En canto ás súas fillas, ten decenas por
todo o mundo, con moi diversos touros,
pero todas co común denominador fami-
liar de posuír unha espectacular morfo-
loxía. Entre elas podemos destacar as
seguintes:
Osseana-I Karona Titanic Ashley
MB-88
Kingsmill Titanic Alley ET MB-87
EK Oseeana Mason Ashley EX-90
EK Oseeana Lee Alexa ET EX-90
Ernest-Anthony Alaina EX-91
Kingsmill Ashlyns Aloha ET RC EX-
90
Kingsmill Durham Ava EX-92
Smiddehill Durm Ashlyn ET EX-90,
vaca intermedia campiona do Na-
tional All Breeds Show (Reino Uni-
do, 2010)
EK-Oseeana Ashlyns Allure EX-91. O
seu fillo Saporxuan Goldwyn Ashtro
ET está en espera de proba en Xené-
tica Fontao.
EK-Oseeana Lee Abby EX-91. O seu
neto, Castro Blitz 731 Abello ET,
está en espera de proba en Xené-
tica Fontao.
Ademais das 3 destacadísimas fillas con
Stormatic xa citadas anteriormente: Angel
EX-92, Ambrosia EX-95 e Aphrodite EX-94.
En total, Ashlyn ten actualmente 14 fi-
llas calificadas Excelente e 17 MB, proba
inequívoca do intenso poder de transmi-
sión desta icona da raza Holstein, que
mesmo chegou a ser clonada. Un dos
seus clons, Tri-Day Aks Ashlyn 2 ETN,
tamén foi calificada EX-90.
Quizais non seriamos xustos se non
recoñecemos o potencial transmisor da
nai de Ashlyn, a xa mencionada Bendy-
Brook Odyssey Favorite EX-92 2E USA
DOM. Esta vaca, nacida en 1988 e criada
no establo de Bendy-Brook de Pensyl-
vania, era filla de Dreamstreet Odyssey,
un fillo de Valiant da recoñecida familia
“Hiawatha” que foi un touro sindicado
naquel momento, é dicir, probado de for-
ma privada.
Favorite foi vendida con dous anos de
idade a David Day (Tri-Day Holsteins). Foi
unha destacada vaca de concurso nos
comezos dos anos 90 en EE.UU. A súa
primeira filla de parto natural foi Tri-Day
Adeen EX-93, unha extraordinaria xata
filla de Encore que foi vendida pronto e
co tempo chegou a recibir catro títulos
consecutivos de All American.
Adeen destacaba tanto morfoloxica-
mente cando era xata que os seus pro-
pietarios (despois da súa venda) flushea-
ron repetidamente a súa nai, Favorite,
con Encore. Tres años máis tarde nace
Ashlyn. En total naceron 18 irmás com-
pletas froito deste cruce, 9 das cales
foron calificadas Excelente con máis de
91 puntos, toda unha fazaña en canto a
transmisión familiar se refire.
En palabras de Kristien Crutch, un dos
seus expropietarios, “Ashlyn foi a mellor
das fillas de Favorite, polo seu grande
estilo, calidade de patas e excelente ubre
posterior”.
EK Oseeana Lee Abby ET EX- 91, avoa de Abello EK-Oseeana Allure EX-91, nai de Ashtro
xenetica_fontao_7_galego.indd 9 20/5/10 18:38:20
XENÉTICA FONTAO MAIO 201010 TOUROS PROBADOS
MAGREBÍ, 10 XERACIÓNS MB OU EX NA FAMILIA AEROFLOWERBos Seijo Talent Magrebí ET MB-86 é un semental de Xenética Fontao que cumpriu
os cinco anos de idade en xaneiro deste ano, pouco despois de recibir a súa primeira
valoración oficial. A pesar da súa baixa fiabilidade, xa foi un dos touros máis solicitados
polos gandeiros galegos. A súa proba amosa un patrón moi equilibrado e recibirá sen
dúbida a correspondente confirmación nos próximos meses.
Magrebí ten un ICO de 2.373, e de con-
firmarse este valor nas probas oficiais de
xullo (coa incorporación de datos de no-
vas fillas), situaríase claramente entre a
elite dos touros españois. Este semental
é fillo de Talent e procede da recoñecida
familia Aeroflower, de orixe canadense.
A FAMILIA AEROFLOWER
A familia Aeroflower ten as súas orixes na
granxa Glen Drummond, de Rogert L. Dy-
ment, en Dundas, Ontario (Canadá). As raí-
ces desta familia remóntanse ao ano 1967,
coa incorporación de Ferglynn Rag Apple
Bertha MB-85 3*, unha filla de Romandale
Shalimar, touro transmisor de altas produ-
cións de leite e excelentes ubres.
Berta é unha vaca lonxeva que produce
case 95.000 quilos de leite en 9 lacta-
cións, establece un récord canadense de
produción de graxa e é nai dun xovenco
Bos Seijo Talent Magrebí ET MB-86
xenetica_fontao_7_galego.indd 10 20/5/10 18:50:22
XENÉTICA FONTAO MAIO 2010 11TOUROS PROBADOS
que xa entra nun centro de inseminación
artificial. A súa filla, Glen Drummond
Marquis Beth MB-85, ten á súa vez unha
única filla (con No-Na-Me Fond Matt),
Glen Drummond Matt Beth MB-85 4*,
que si tivo unha ampla descendencia,
mercé á transferencia embrionaria na
década dos 80 e as súas oito fillas (3 EX,
3 MB e 2 BB).
Os datos de produción de
Magrebí manteranse ou incluso
poderán mellorar sensiblemente
nas próximas probas de xullo,
chegando quizais a dobrarse o
número de fillas con lactacións
controladas
Magrebí é o segundo descendente
rexistrado de Malpica, vaca prolífica
que, con case 9 anos de idade,
ten máis de 30 descendentes
rexistrados
Entre esa descendencia destaca
Drummond S C Jo Beth EX 2E 7*. Esta
filla de Browndale Sir Christopher foi
unha vaca de concurso e nai de sete
touros probados, tres dos cales foron
calificados EX e recibiron o galardón de
Superior Tipo (ST). A súa última filla foi
Glen Drummond Shower ET EX 13*, que
foi sen dúbida quen deu nome e sona in-
ternacional á familia, ademais de incor-
porar á mesma o factor vermello herda-
do de seu pai, Glenafton Enhancer.
Shower tivo unha filla EX e 12 MB en Ca-
nadá. Entre elas destaca unha filla con
Astre, Glen Drummond Shimmer MB-85
4* (a nai de September Storm). Unha filla
de Shower con Starbuck, Kilwarden Star
Shine ET MB-87, foi importada como em-
brión pola granxa Kilwarden de Irlanda,
onde fundou unha saga familiar con 4 fi-
llas EX e 12 MB. Outra filla, neste caso
con Celsius, Murribrook Celsius Shower
ET, foi All Australian reserva 3 anos no
2001.
Pero foi sen dúbida a súa primeira filla (e
única de parto natural), Glen Drummond
Aero Flower MB-88 18*, quen puxo a fa-
milia no poleiro. Esta filla do entón nú-
mero un en Canadá, Madawaska Aeros-
tar, introduciu altos índices na familia,
foi unha prolífica vaca e suscitou unha
gran demanda internacional sobre a súa
proxenie.
Aero Flower tivo 12 fillas MB en Cana-
dá. Mención especial merece a súa filla
con Tesk, Glen Drummond T H Tessie
ET MB-87, nai do célebre touro de Xe-
nética Fontao Bos Mason Louro ET EX,
e sobre todo a súa filla con Formation,
Glen Drummond Splendor ET MB-88,
que constituíu outra verdadeira saga fa-
miliar, de tal xeito que hoxe xa se fala da
familia Splendor para referirse aos seus
destacadísimos descendentes.
Dos fillos de Aero Flower en centros
americanos, tres foron EX e cinco MB,
tres deles Superior Tipo (ST) e outro Su-
perior Produción (SP). Un dos máis céle-
bres foi o seu fillo con Dombinator, Glen
Drummond Intensifier EX, e os seus fillos
con Lindy, entre eles Glen Drummond
Mario EX. Tres fillas de Aero Flower con
Lindy foron MB con dous anos en Xapón
e estiveron entre as mellores vacas por
índices dese país na súa época.
E é precisamente a importación duns
embrións de Aero Flower con Lindy a
orixe de Bos Lindy Mera ET MB-86, pri-
meiro membro da póla española des-
ta familia e bisavoa de Magrebí. Mera,
unha vaca de grande estrutura leiteira,
tremenda capacidade e altas producións
de leite e proteína, foi a nai de Bos Vilar
Alaxe Patron Mero ET MB-85, un touro
que con case 900 fillas rexistradas e
doce anos despois do seu nacemento se-
gue a amosar altísimos índices xenéticos
para produción de leite (+1012 qg). De
feito, liderou este ránking durante varias
probas consecutivas.
Mera tivo cinco fillas calificadas, ca-
tro delas MB e unha EX, Bos Lee Mer-
la ET, avoa de Magrebí. Xepe Goldwyn
Melbourne é un xovenco en espera de
proba neto de Mera, vía a súa filla Bos
Xepe Stormatic Medea ET MB-86.
Bos Inquirer Malpica MB-88, nai de Magrebí
O primeiro membro da póla
española da familia Aeroflower
foi Bos Lindy Mera ET, bisavoa de
Magrebí, froito dunha importación
de embrións de Aero Flower con
Lindy
xenetica_fontao_7_galego.indd 11 20/5/10 18:50:31
XENÉTICA FONTAO MAIO 201012 TOUROS PROBADOS
Merla foi unha vaca con destacada
morfoloxía, calificada EX en todas as
súas rexións. A súa filla máis relevan-
te é, sen dúbida, Bos Inquirer Malpi-
ca MB-88, filla do seu primeiro parto
natural, e que non é outra que a nai
de Magrebí. Outras dúas fillas de Mer-
la dignas de mención son Xercas Porta
Talent Merlina ET MB-85 e Xercas Porta
Talent Merlita ET MB-85. Esta última é
nai doutro xovenco en espera de proba,
Xercasporta Merlo Airraid.
Malpica herda da súa nai unha alta ca-
lidade en patas e pés, así como a gran-
de estrutura e capacidade habituais nos
membros da súa familia. Magrebí é o se-
gundo descendente rexistrado de Malpi-
ca, vaca prolífica que, con case 9 anos de
idade, ten máis de 30 descendentes rexis-
trados. Destacan ata o momento as súas
fillas Bos Allen Magia MB-85, Bos Casei-
rodernes Goldwyn Marea ET MB-85 e Bos
Vic Talent Nar-Xosé ET MB-85, irmá com-
pleta de Magrebí e nai de Meunoel Ashlar
Nar-Xosé ET, xovenco de próxima incor-
poración a Xenética Fontao.
Cun 1,94 de IXT, 1,73 en
angulosidade, 1,01 en IPP e 1,62
en ICU, as fillas de Magrebí teñen
unha morfoloxía claramente por
riba da vaca media española
As fillas de Magrebí serán vacas
de bo tipo en xeral, angulosas, de
boa estatura, peito intermedio e
unha boa profundidade de costela,
con grupas moi anchas e ben
niveladas, patas correctas con boa
mobilidade e ubres de calidade
A PROBA DE MAGREBÍ
Se existe unha palabra que defina axei-
tadamente a proba de Magrebí, esa é
“equilibrio”, pois se ben é certo que os
seus índices xenéticos non reflicten va-
lores extremos para ningún rasgo (mor-
folóxico ou produtivo), tampouco amosan
puntos débiles dignos de mención.
Cun dato de case +600 qg de leite na
súa proba de produción, podemos de-
ducir que as sús fillas de primeiro parto
son boas produtoras e están bastante
por riba da media neste rasgo. Nas últi-
mas probas de CONAFE inclúense lacta-
cións (100% proxectadas) de 49 fillas de
Magrebí. Cremos que os seus datos de
produción manteranse ou incluso pode-
rán mellorar sensiblemente nas próxi-
mas probas de xullo, chegando quizais a
dobrarse o número de fillas con lacta-
cións controladas para esas datas.
Ulloa Halma BB-84, filla de Magrebí
Ulloa Halma. Detalle do ubre
Nas últimas probas de CONAFE
inclúense lactacións de 49 fillas de
Magrebí
xenetica_fontao_7_galego.indd 12 20/5/10 20:23:29
XENÉTICA FONTAO MAIO 2010 13TOUROS PROBADOS
En canto á proba de tipo, a ausencia de
altibaixos é de novo a tónica xeral, cun
1,94 de IXT, 1,73 en angulosidade, 1,01 en
IPP e 1,62 en ICU. As fillas de Magrebí
teñen unha morfoloxía claramente por
riba da vaca media española. Son 28 fi-
llas de Magrebí (en 24 establos) as que
xa foron calificadas, pero poderán ser
ata 80 para xullo próximo, o que dará a
fiabilidade necesaria á súa próxima va-
loración oficial.
As femias da familia Aeroflower res-
ponden a un patrón moi uniforme: altas
producións de leite, excelentes estrutu-
ras con moita capacidade corporal, gru-
pas moi anchas e boas patas en xeral. A
ausencia ás veces dun toque de calidade
nos ubres das vacas desta familia (por
unha textura intermedia e, sobre todo,
pola súa profundidade), debería quedar
compensada polos xenes de Talent (o
pai de Magrebí), touro caracterizado por
transmitirlles ás súas fillas unha altísi-
ma calidade de ubres en canto a textu-
ra e insercións se refire (sobre todo, en
ubres posteriores).
As fillas de Magrebí serán vacas de bo
tipo en xeral, angulosas, de boa esta-
tura, peito intermedio e unha boa pro-
fundidade de costela, con grupas moi
anchas e ben niveladas, patas correctas
con boa mobilidade e ubres de calida-
de.
CONSELLOS DE APAREAMENTO
Magrebí é un touro de moi fácil apa-
reamento, debido sobre todo á carac-
terística comentada anteriormente de
ausencia de marcados defectos na súa
proba. É un touro a empregar para me-
llorar tipo e produción, tendo só en con-
ta o posible nivel de consanguinidade
que poida existir no apareamento. Este
semental ten un pedigrí practicamente
de orixe canadense na súa totalidade,
con touros coma Talent, Inquirer ou Lee
entre os seus ancestros e, polo tanto,
touros cuxa presenza debemos evitar
na poboación de vacas sobre a que use-
mos Magrebí.
Liñas Morty: fillas de Tunno, Moes,
etc
Liñas Champion: fillas de Vértigo,
Pazos, etc.
Tamén sobre as fillas de Botafogo, Ele-
gant, Lupino, Mercurio, Tenorio e Granit.
XENEALOXÍA
♀ GLEN DRUMMOND AERO FLOWER MB-88 CAN 18*(MADAWASKA AEROSTAR)
↓
♀BOS LINDY MERA ET MB-86 5*(A TOWNSON LINDY ET)
↓
♀BOS LEE MERLA ET EX-91 4*(COMESTAR LEE ET)
↓
♀ BOS INQUIRER MALPICA MB-88(SUMMERSHADE INQUIRER ET)
↓
♂ BOS SEIJO TALENT MAGREBÍ ET MB-86(LADINO PARK TALENT IMP ET)
Algunhas das liñas xenéticas posibles
serían:
Liñas Emory: fillas de Cid
Liñas BW Marshall: fillas de Xaco-
beo, Ross, etc.
Liñas O Man: fillas de Tranquil,
Marcador, etc.
Liñas Durham: fillas de Dancer
xenetica_fontao_7_galego.indd 13 20/5/10 18:40:23
XENÉTICA FONTAO MAIO 201014 CONCURSOS
VALDETEJA, FILLA DE XACOBEO, NOVA ESTRELA NAS PISTAS
A presenza de fillas de touros
de Xenética Fontao nos diver-
sos concursos morfolóxicos da
raza frisona celebrados recentemente
foi abundante en cantidade e calidade,
o que significa que os nosos sementais
tamén poden transmitir o desexado “tipo
de concurso” que, como é ben sabido,
ten algo que ver coa xenética, bastante
co coidado, manexo e preparación previa
dos animais e moito coa sorte.
Todo gandeiro sabe o complicado que
resulta ter unha vaca de concurso e
mantela en condicións idóneas para
asistir a este tipo de eventos. Do mesmo
xeito que non é doado para un centro de
inseminación conseguir un “semental
estrela”, é dicir, un número 1 que trans-
mita a ansiada combinación de eleva-
das producións de leite e proteína xunto
cun alto nivel de corrección morfolóxica
(sobre todo, en patas e ubres), acompa-
ñado ademais do denominado “toque de
show”. Pois ben, isto é o que ocorre con
Mario Xacobeo e as súas fillas de se-
gundo grupo (xatas de arredor dun ano
de idade), que destacan claramente non
só nas ganderías fronte ás súas com-
Callobro Xacobeo Valdeteja GZ Callobro Vértigo Plastilina GZ MB-85, nai de Valdeteja
Callobro Chamoso Cometa GZ MB-89, avoa de Valdeteja
pañeiras de establo, senón tamén nas
pistas dos concursos.
O máximo espoñente é Callobro Xaco-
beo Valdeteja GZ, unha filla de Xacobeo
de segunda colleita que xa brilla con luz
propia sobre a area do ring, alcanzando
postos relevantes en todos os concur-
sos nos que participou ata o momento,
malia a súa curta idade:
1ª de sección no concurso autonó-
mico Fefriga 2010 (Silleda, Ponte-
vedra).
Xata Campiona en Moexmu 2010
(Muimenta, Lugo).
Xata Campiona e Gran Campiona
de Xovencas no III Concurso de
Criadores de Sarria 2010 (Sarria,
Lugo).
Valdeteja, que cumprirá un ano de ida-
de o próximo mes de xuño, representa a
terceira xeración de fillas de touros de
Xenética Fontao na gandería Callobro, de
Trabada (Lugo). A súa nai, Callobro Vér-
tigo Plastilina GZ, é unha das mellores
fillas de Vértigo (semental número 1 de
España para produción de leite), califi-
cada MB-85 en primeiro parto con ubre
MB-87 e que tamén destacou nas pis-
tas, sendo proclamada no seu día Xata
Campiona en Chantada 2007 (Chantada,
Lugo).
A nai de Plastilina, e avoa de Valdeteja,
non é outra que Callobro Chamoso Co-
meta GZ, a filla de Chamoso que máis
alta cualificación alcanzou ata o momen-
to, MB-89, e que tamén participou no
concurso Fefriga 2006 (Silleda, Ponteve-
dra), así coma no grupo de proxenie de
Chamoso exposto no marco da Semana
Verde de Silleda no ano 2007.
Valdeteja reflicte fielmente a denomi-
nada “morfoloxía de concurso”: unha
xata moi alta para a súa idade, cun
costelar longo, profundo e balanceado,
lombo moi forte, grupa limpa e ben ni-
velada e unha tremenda estrutura lei-
teira, que xunto cun pescozo longo e
unha cabeza refinada confírenlle unha
feminidade e estilo incomparables que
captan a mirada do afeccionado, e so-
bre todo do xuíz, na pista de calquera
concurso.
xenetica_fontao_7_galego.indd 14 20/5/10 18:43:54
XENÉTICA FONTAO MAIO 2010 15CONCURSOS
xenetica_fontao_7_galego.indd 15 20/5/10 18:44:47
xenetica_fontao_7_galego.indd 16 20/5/10 18:44:59