xenÉtica fontao · def. factor xi xif xic citrulinemia máis información en no laboratorio de...
TRANSCRIPT
XENÉTICA FONTAO
Nº13 Xuño 2012
VISITA DA SECRETARIA XERAL DE AGRICULTURA E DA CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL
INFORME DO PROGRAMA DE MELLORA XENÉTICA DA RAZA FRISOA 2011-2014
HOLSTEIN VERMELLO: UNHA HISTORIA DE
SUPERVIVENCIA
CONFIRMADO
PROBAS CONAFE XUÑO 2012
CONFIRMADO
CONFIRMADO
CONFIRMADOVALBUENA LAUTAMIC DONCELLA
JAIME LAUTAMIC 269
VILARMOR XACOBEO BARI 6025
TOBÍAS XACOBEO PILAR
G.CASTRO GOSPELL XACOBA
S. ANDRES GOSPELL 8026CABADO GOSPELL LENI
BOS COCHERO XACOBEO JESSICA ET
OS HERDEIROS LAUTAMIC ROSA 827
PRINCIPAIS
ENFERMIDADES XENÉTICAS
laboratorio
molecularxenética
Fontao - Esperante • Apdo. 128 - 27080 LUGO • Tfno. 982 284391 Fax 982 284626 • [email protected] • [email protected]
Enfermidade descuberta recentemente, que causa morte embrionaria
prematura e abortos nos 40 primeiros días de xestación. Cando esta chega ao
seu fin, os tenreiros nacen mortos, con redución drástica do peso corporal,
acurtamento significativo da espiña dorsal, extremidades longas e delgadas,
malformación de órganos internos e displasia renal e gonadal.
SÍNDROME DA BRACHYSPINA
Deficiencia de Adhesión Leucocitaria
Bovina
Provocada pola ausencia de moléculas
integrina ß na superficie dos leucocitos que
2
impide a sua migración ao tecido
perivascular. Isto impide que o mecanismo
orgánico de defensa inmunolóxica sexa
efectivo, o que produce a morte dos
tenreiros por infeccións diversas nos
primeiros días de vida.
BLAD
Deficiencia de UridinmonoPhosfato
Sintetasa
Causa mortalidade embrionaria por
deficiencia do complexo enzimático que
cataliza a biosíntese de UMP (Uridín-5´-
MonoPhosfato), precursor dos nucleótidos
pirimidínicos, que son esenciais na
biosíntese dos ácidos nucleicos (ADN e
ARN).
DUMPs
Deficiencia de Argininosuccinato
Sintetasa
A deficiencia desta enzima causa
alteracións no ciclo da urea, producíndose
unha elevada concentración de citrulina en
plasma e líquido cerebro espinal. Provoca
morta l idade post-nata l debido á
intoxicación do animal por acumulación de
amoníaco no sangue.
CITRULINEMIA
Malformación Vertebral Complexa
Maniféstase con redución do peso corporal,
malformacións na parte cervical e torácica
da columna e contracción bilateral simétrica
das articulacións do carpo. É frecuente que
produza abortos e nacemento prematuro
de tenreiros mortos.
CVM
A deficiencia de factor XI ou precursor
d a t r o m b o p l a s t i n a p l a s m á t i c a ,
glicoproteína que participa no proceso de
coagulación sanguínea. A súa deficiencia
produce problemas hemorráxicos e
anemia.
DEFICIENCIA DE
FACTOR XI
Pé de mula ou Sindactilia
É unha enfermidade xenética de
expresividade variable que provoca fusión
interdixital total ou parcial, principalmente
nas extremidades anteriores aínda que
poden estar afectadas as catro
extremidades. Cursa con coxeiras, dor,
baixa resistencia a altas temperaturas etc.
MULEFOOT
E
D
A
D
I
V
O
N
a_biotecnoloxía
do_ADN
ao_servizo_da
gandería
que afectan ao gando Holstein
Dispoñemos da Licenza para o diagnóstico xenético dos
animais portadores desta enfermidade.
BLAD
BLF
BLC
BRACHYSPINA
BYF
BYC
CVM
CVF CVC
MULEFOOT
MFF
MFC
Nomenclatura dos códigos segundo a World
Holstein-Friesian Federation (WHFF)
CNF CNC
DUMPs
DPF DPC
DEF. FACTOR XI
XIF XIC
CITRULINEMIA
máis información en
No LABORATORIO DE XENÉTICA FONTAO desenvolvemos un
test de ADN para o diagnóstico das principais enfermidades
xenéticas que afectan o gando Holstein.
Te
sto
ni e
t al., 2
00
8
XENÉTICA FONTAO XUÑO 2012 5EDITORIAL
XENÉTICA FONTAO
EDITA:XENÉTICA FONTAO S.A.Fontao, Esperante. Aptdo. 128
27080. Lugo
Tfno: +34 982.284.391
Fax: +34 982.284.626
E-mail: [email protected]
Web: www.xeneticafontao.com
PRODUCIÓN:Transmedia Comunicación & Prensa
Ronda das Fontiñas, 272, entreplanta A
27002. Lugo
Tfnos: 982.221.278, 610.215.366, 636.952.893
E-mail: [email protected]
Web: www.transmedia.es
Tirada :7.000 exemplares
DEPÓSITO LEGAL:LU 173-2008
ÍNDICE
ÚLTIMAS PROBAS DE CONAFE..
INFORME DO PROGRAMA
DE MELLORA XENÉTICA............
CONCURSOS MORFOLÓXICOS...
VISITAS OFICIAIS AO CENTRO...
HOLSTEIN VERMELLO...............
Xata Campioa e Gran Campioa de XovencasConcurso DOS TORRES (Córdoba) 2011
TORREFRANCA XACOBEO PIMIENTA
6
8
12
14
16
XENÉTICA FONTAO XUÑO 20126 PROBAS
MARIO XACOBEO ET
OS TOUROS DE XENÉTICA FONTAO
REPITEN LIDERADO NA LISTA DOS
MELLORES SEMENTAIS DE ESPAÑA
Segundo as últimas probas de Conafe,
Xenética Fontao ten os seis mellores
touros por ICO:
• Nº 1: Gospell.
• Nº 2: Xacobeo.
• Nº 3: Lautamic.
• Nº 4: Lasson.
• Nº 5: Ordes.
• Nº 6: Duno.
Ademais, posúe:
• 8 dos 10 mellores touros por ICO.
• 14 dos 25 mellores touros por ICO.
• 27 dos 50 mellores touros por ICO.
De todos os touros probados de pro-
piedade española, Xenética Fontao conta
con:
• 8 dos 15 mellores touros para kg de
leite. Entre eles, cos sete primeiros pos-
tos.
• 9 dos 15 mellores touros para kg
de graxa. Entre eles, os dous primeiros
postos.
• 10 dos 15 mellores touros para kg de
proteína. Entre eles, os cinco primeiros
postos.
• 6 dos 16 mellores touros para tipo.
E estes son os flamantes números un
de Xenética Fontao:
• Gospell: absoluto nº 1 por ICO de Es-
paña, é dicir, é o mellor de todos os tou-
ros, tanto nacionais coma estranxeiros,
con proba española.
De novo un rotundo éxito da xenética galega a nivel nacional. Nas probas de Conafe
de xuño de 2012, os touros de Xenética Fontao volven copar os primeiros postos da
lista dos mellores sementais españois.
BOS GOLDWYN GOSPELL ET
XENÉTICA FONTAO XUÑO 2012 7PROBAS
• Duno: nº 1 para leite.
• Once: nº 1 para graxa e nº 1 para pro-
teína.
• Betanzos: nº 1 por tipo e nº 1 para
ubres.
• Elegant: nº 1 para patas e pés.
• Vidueiro: nº 1 para lonxevidade.
• Gol: nº 1 para RCS.
• Tranquil e Goliat: nº 1 para días aber-
tos.
Estas probas supoñen ademais a con-
firmación de Xacobeo como unha grande
estrela, sen dúbida un dos máis impor-
tantes sementais da raza de todos os
tempos. Soamente unha estrela como
Xacobeo é capaz de manter a súa proba
de produción e tipo tras a incorporación
de máis de 2.000 fillas da súa segunda
colleita. Toda unha fazaña.
Xacobeo aínda non recolleu todos os
éxitos que merece; as próximas probas
de sementais de agosto en diversos paí-
ses (Canadá, Inglaterra, Alemaña etc.)
incluirán as súas fillas a nivel interna-
cional que xa están a realizar a súa pri-
meira lactación e, á vez, espertan un
xeneralizado entusiasmo polas súas al-
tas producións de leite e a súa excelente
morfoloxía, independentemente do país
do que se trate.
MANTOÑO DUNO BOS O-BEE MANFRED ONCE ET
COMESTAR GOLDWYN LAUTAMIC ET
Estas probas supoñen
ademais a confirmación de
Xacobeo como unha grande
estrela, sen dúbida un dos
máis importantes sementais
da raza de todos os tempos
NADAL
ARANSER
CREGO
XENÉTICA FONTAO XUÑO 20128 XENÉTICA
O PROGRAMA DE MELLORA XENÉTICA
DA RAZA FRISOA 2011-2014 ARRANCA
CON FORZAO pasado 29 de agosto de 2011 asinouse o convenio de colaboración entre a Conselle-
ría do Medio Rural e do Mar e Xenética Fontao para o desenvolvemento do Programa de
Mellora Xenética de Galicia 2011-2014. De setembro a decembro de 2011 adquiríronse
118 embrións de alto valor xenético, o 66% estranxeiros e o 33% nacionais, e de xaneiro a
maio de 2012 compráronse outros 120, tamén maiormente de procedencia internacional
(o 86%). Os embrións adquiridos proceden das mellores familias de vacas a nivel mundial.
ADQUISICIÓN DE EMBRIÓNS - ANO 2011 (SETEMBRO - DECEMBRO)
EMBRIÓNS ESTRANXEIROS
Nº E. NAI Nº REXISTRO PAI Nº REXISTRO
4 COMESTAR LAUTAMILOU PLANET CANH0105753014 GILLETTE JORDAN ETM CANM0007588022
3 BENNER RAMOS BABYLON CANH0009612970 FLEVO GENETICS SNOWMAN ET NLDM0388965513
4 GEN-I-BEQ MANOMAN BIBI CANH0106474100 FLEVO GENETICS SNOWMAN ET NLDM0388965513
3 GEPAQUETTE BOLTON RAVISANTE CANH0104115755 MR CHASSITY GOLD CHIP ET USAM0140145553
5 GOLD-N-OAKS ARABELL 1765 ET USAH0064381942 CO-OP O-STYLE OMAN JUST ET USAM0137611441
3 SMITHDEN BOLTON ALEXANDRIA CANH0009679305 GILLETTE WINDBROOK CANM0007816429
5 KHW-I AIKA BAXTER CANH0105054246 FLEVO GENETICS SNOWMAN ET NLDM0388965513
5 MAPEL WOOD BAXTER BETHANY CANH0009696511 COMESTAR LAUTHORITY ET CANM0103455217
2 FIDEL MASSIA RED NLDH0526444469 WILLSBRO LARSON ET GBRM0000642862
3 ABTSHOEVE MARLOES NLDH0497356282 DANILLO NLDM0437185378
3 FOXBERRY STREAM MYRA 619 ET USAH0063203661 MR CHASSITY GOLD CHIP ET USAM0140145553
2 PINE-TREE MARTHA SHEEN ET USAH0062443682 RMW ARMITAGE USAM0069056729
3 MATCREST OTTO LOOPY ET USAH0069198310 E-LONGVIEW CM ET USAM0062190170
3 BUTZ-BUTLER FREDDIE BINA ET USAH0140792906 VA-EARLY-DAWN SUDAN CRI ET USAM0062768990
5 VIDIA MR BURNS MISS CANH0104263097 CHARPENTIER LFG SPECTRUM CANM0103828287
4 DG XAC DOLLY NLDH0536970075 VA-EARLY-DAWN SUDAN CRI ET USAM0062768990
5 LADYS-MANOR RUBY D SHAWN ET USAH0062360741 GENERVATIONS EPIC CANM0011104016
4 PELLERAT BAXTER SARIE CANH0105585417 GILLETTE WINDHAMMER CANM0008932157
4 GOLDEN-N-OAKS SOLITARE1913 ET USAH0066340453 GENERVATIONS EPIC CANM0011104016
4 VEKIS PHANTASTIC NLDH0534705095 DE-SU 521 BOOKEM ET USAM0066636657
4 HEET MEER LUCKY SHOT 6 NLDH0605674385 GENERVATIONS EPIC CANM0011104016
78 TOTAIS ESTRANXEIROS
EMBRIÓNS NACIONAIS
4 BOS PRONTO MANDARINA ET ESPH1503110920 BOS GOLDWYN GOSPELL ET ESPM1502706264
4 BOS TRUMAN SASHA ET ESPH1503268605 O-MAN END-STORY FRAM4952815479
4 BOS ALEXANDER MAHE ESPH1503277566 GO-FARM ARTES ET ITAM9990283029
4 BOS PLANET TRUDY ESPH1503277567 LIRR DEW DEMPSEY USAM0061083609
4 BOS PLANET TRUDY ESPH1503277567 VA-EARLY-DAWN SUDAN CRI-ET USAM0062768990
4 BOS JEEVES SHERICE ET ESPH1503329884 LOTTA-HILL SHOTTLE 41-ET USAM0062942427
4 BOS SANCHEZ ALICIA ET ESPH1503413831 GENERVATIONS EPIC CANM0011104016
4 BOS MILLION AIMI ET ESPH1503329887 O-MAN END-STORY FRAM4952815479
4 BOS MILLION AIKO ET ESPH1503329885 CHARPENTIER SPECTRUM CANM0103828287
4 BOS MAN O MAN PRECIOUS ET ESPH1503329888 BOS GOLDWYN GOSPELL ET ESPM1502706264
40 TOTAIS NACIONAIS
118 TOTAIS 2011
XENÉTICA FONTAO XUÑO 2012 9XENÉTICA
ADQUISICIÓN DE EMBRIÓNS - ANO 2012 (XANEIRO - MAIO)
EMBRIÓNS ESTRANXEIROS
Nº E. NAI Nº REXISTRO PAI Nº REXISTRO
4 WILLSBRO PLANET GO SHO EDDA GBRH0011955706 AMIGHETTI NUMERO UNO ET ITAM17990915143
4 DUBOSQUET ALTAROSS DORYN CANH0106992908 GENERVATIONS EPIC CANM0011104016
2 MISTY SPRINGS LEGEND SHIMMER CANH0011179213 SULLY HART MERIDIAN ET USAM0069951907
4 COMESTAR LAUTAMIRE PLANET CANH0105753016 MOUNTFIELD SSI DCY MOGUL ET USAM0069002462
4 CLAYNOOK CHRISTY M O M CANH0011200947 GIBBS-I CLAYNOOK DUDE CANM0011007856
2 WELCOME-TEL MANOMAN SORREL CANH0007677714 MOUNTFIELD SSI DCY MOGUL ET USAM0069002462
4 GOLD-N-OAKS F SIDRA USAH0069118164 MOUNTFIELD SSI DCY MOGUL ET USAM0069002462
4 WILLSBRO OMAN LILA Z RC GBRH0111965705 HUNSBERGER ALCHEMY RC USAM0069080973
4 WILLSBRO MOM GOLD LILA Z GBRH0111959326 GENERVATIONS EPIC CANM0011104016
4 DENMIRE SHOTTLE MARIE 54 GBRH0111127235 GENERVATIONS LEXOR CANM0011098658
4 WILLSBRO MOM GHOST GBRH0112004574 O-COSMOPOLITAN NLDM0570438074
3 SULLY PLANET MONTREAL USAH0139853959 GENERVATIONS EPIC CANM0011104016
4 GILLETTE ROUMARE WINTER STAR CANH0009862793 MORNINGVIEW LEVI USAM0063927723
4 FARNEAR-TBR ALXNDR ADDIE-ET USAH0066878413 DE-SU D MAYFIELD 893-ET USAM0069473980
4 VELTHUIS SG MOM ALICE CANH0011026684 BEAVER RAY MURAL CANM0007932576
4 SCHILLVIEW PLANET GOBEA-ET USAH0055642035 VA-EARLY-DAWN SUDAN CRI ET USAM0062768990
1 FARNEAR BROCADES BEA-ET USAH0069822276 MOUNTFIELD SSI DCY MOGUL ET USAM0069002462
2 MS CHASSITY FREDDIE CALA-ET USAH0140893803 DE-SU D MAYFIELD 893-ET USAM0069473980
1 MS CHASSITY FREDDIE CALA-ET USAH0140893803 GENERVATIONS EPIC CANM0011104016
3 LARCREST CACHE-ET USAH0057187017 DE-SU D MAYFIELD 893-ET USAM0069473980
4 OCD PLANET DIAMOND-ET 840H3004202039 GILLETTE STANLEYCUP ETM CANM0008932152
4 DE RITH NOVA EMBLEM NLDH0583931827 DANILLO NLDM0437185378
4 REGANCREST BRIZORA-ET USAH0066624974 SEAGULL-BAY SUPERSIRE-ET USAM0069981349
4 SANDY-VALLEY IO AMETHYST-ET USAH0069998533 DE-SU BKM McCUTCHEN USAM0069990138
2 PINE-TREE 4233 OBSRV4858-ET USAH0069804622 DE-SU BKM McCUTCHEN USAM0069990138
4 FARNEAR-TBR-BH SNOWMOO-ET USAH0070639280 MINNIGAN-HILLS DAY-ET USAM0069774730
4 NOVA NH ESSIENCE DEUH0769578083 SULLY HART MERIDIAN ET USAM0069951907
4 MATT-DARI OBSERVER DANCE-ET USAH0068958461 CO-OP BOSSIDE MASSEY-ET USAM0063026939
4 MS CHASSITY SUPER CHARO-ET USAH0141008271 S-S-I DOMAIN LITHIUM-ET 840M3004672704
4 DA-SO-BURN PLANET PAIGE-ET USAM0066173439 DE-SU BKM McCUTCHEN USAM0069990138
104 TOTAIS ESTRANXEIROS
EMBRIÓNS NACIONAIS
4 LIRR DEW DEMPSEY USAM0061083609 BOS STOL JOC SHONA ET ESPH1503205068
4 MICHERET INFRAROUGE CANM0103366695 BOS MR BURNS SEMOLA ET ESPH1503217718
4 MORNINGVIEW LEVI USAM0063927723 BOS SANCHEZ BREYA ET ESPH1503413828
4 GILLETTE STANLEYCUP ET CANM0008932152 BOS NIAGRA DESIRÉ ET ESPH1503425580
16 TOTAIS NACIONAIS
120 TOTAIS 2012
EQUIPOS VETERINARIOS DE RECOLLIDA E/OU PRODUCIÓN DE EMBRIÓNS PARTICIPANTES
NÚMERO AUTORIZACIÓN NOME DO EQUIPO
ES03ET02B CARLOS AURELIO SUÁREZ FERNÁNDEZ
ES11ET05B EMBRIOVET, S.L. - DANIEL MARTÍNEZ BELLO
ES11ET03B EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA - HÉCTOR MARTÍNEZ SANZ
ES11ET06B XÉNESE E.T.E. - ISMAEL FERNÁNDEZ SÁNCHEZ
ES11ET02B XENÉTICA FONTAO, S.A.
No programa están
a participar todos os
equipos veterinarios
de transferencia
embrionaria que
traballan en Galicia.
A elección do equipo
recae no gandeiro
XENÉTICA FONTAO XUÑO 201210 XENÉTICA
GANDERÍAS SOLICITANTES
REGA GANDERÍA CONCELLO PROVINCIA ADSG
ES150070079201 DOBLE "S" A BAÑA A CORUÑA SI
ES150070051101 SAT IGLESIAS 1040 XUGA A BAÑA A CORUÑA SI
ES150070000101 SAT XUANEIRO 980 XUGA A BAÑA A CORUÑA SI
ES150060112301 CASA DE LOLA ARZÚA A CORUÑA SI
ES150060132101 SAT XUGA 747 FONTELAS ARZÚA A CORUÑA SI
ES150100057401 SAT 828 ILMA XUGA BOIMORTO A CORUÑA SI
ES150260000101 SAT FINCA EL PILAR 868 CESURAS A CORUÑA SI
ES150320010401 SAT A CAMPA 1028 XUGA CURTIS A CORUÑA SI
ES150420002101 CESARES HOLSTEIN, S.C. LOUSAME A CORUÑA SI
ES150420000901 GONZÁLEZ BATALLA S.C. LOUSAME A CORUÑA SI
ES150450085101 GRILLE S. COOP. GALEGA MAZARICOS A CORUÑA SI
ES150450090401 SAT CIVES MAZARICOS A CORUÑA SI
ES150450102801 SAT VILA ALBORES MAZARICOS A CORUÑA SI
ES150520007701 LAGUIÑO MUXÍA A CORUÑA SI
ES150560115401 LANDEIRA S. COOP. GALEGA NEGREIRA A CORUÑA SI
ES150660009901 EIRAS VARELA Mª ASUNCIÓN O PINO A CORUÑA SI
ES150740058701 GANDERÍA BATALLA, S.C. ROIS A CORUÑA SI
ES150770160901 CÉLTIGOS SOC. COOP. GALEGA SANTA COMBA A CORUÑA SI
ES150770031301 SAT PERILLA Nº 1031 XUGA SANTA COMBA A CORUÑA SI
ES150780015101 MALLOS SANTIAGO A CORUÑA SI
ES150840009201 GANADERÍA CANDENDO S.C. TORDOIA A CORUÑA SI
ES150860013301 GANADERÍA DUBRA S.C. TRAZO A CORUÑA SI
ES270440042101 CASA CURRÁS A PASTORIZA LUGO SI
ES270440083301 SAT REY DE MIÑOTELO A PASTORIZA LUGO SI
ES270480026901 PORTELO BARBAS A PONTENOVA LUGO SI
ES270030006901 SC FERREIRO RIAL ANTAS DE ULLA LUGO SI
ES270050035101 SC GANDERÍA NODI BARREIROS LUGO SI
ES270090016601 ACILLEIROS CARBALLEDO LUGO SI
ES270090029001 CASA QUINTILLÁN CARBALLEDO LUGO SI
ES270090009601 SC CAMPOLONGO CARBALLEDO LUGO SI
ES270090062601 VIORTEIRO CARBALLEDO LUGO SI
ES270100003101 CASA TRIGO CASTRO DE REI LUGO SI
ES270100076901 SC SALGADO BUIDE CASTRO DE REI LUGO SI
ES270160074401 FERREIRO CHANTADA LUGO SI
ES270160094201 GANADERÍA CAPADOR CHANTADA LUGO SI
ES270160021101 O ALTO CHANTADA LUGO SI
ES270160030101 SC A CAMPAZA CHANTADA LUGO SI
ES270160008301 SC GANADERÍA BALTAR CHANTADA LUGO SI
ES270160046301 SC LAGOA CHANTADA LUGO SI
ES270160122601 SC NANDULFE CHANTADA LUGO SI
ES270160047801 SC RAPOSEIRO CHANTADA LUGO SI
ES270160115301 SC RAXEIRAS CHANTADA LUGO SI
ES270160055901 SC RIAZÓN CHANTADA LUGO SI
ES270160011801 SC TOUZA CHANTADA LUGO SI
ES270200082501 GANADERÍA PROVISOR FRIOL LUGO SI
ES270230033101 SL CHARENT GANADERA GUNTÍN LUGO SI
ES270260038701 CASA DANIEL LÁNCARA LUGO SI
ES270260022901 SC GANADERÍA REGO LÁNCARA LUGO SI
ES270320014601 GRANJA ULLOA MONTERROSO LUGO SI
ES270430005601 CASA PAINZA O PÁRAMO LUGO SI
ES270430007701 CASA QUEIROGA O PÁRAMO LUGO SI
ES270430016101 SC QUINTIÁN O PÁRAMO LUGO SI
XENÉTICA FONTAO XUÑO 2012 11XENÉTICA
GANDERÍAS SOLICITANTES
REGA GANDERÍA CONCELLO PROVINCIA ADSG
ES270460009201 QUEIPO POL LUGO SI
ES270460054601 SC LÓPEZ TELLADO GANADERÍA MASEDA POL LUGO SI
ES270490001201 SAN MARTIÑO PORTOMARÍN LUGO SI
ES270550016301 SC GANADERÍA LEBÓN SAMOS LUGO SI
ES270600067901 REFONTEIRA TABOADA LUGO SI
ES270600021101 SC FIGUEIRA TABOADA LUGO SI
ES270610017001 SC GANADERÍA LINA TRABADA LUGO SI
ES270650032001 SC HERMANOS LAMAS VILALBA LUGO SI
ES270210001801 PORTALOUSA XERMADE LUGO SI
ES270210022001 SAT CAVADAS XERMADE LUGO SI
ES270210017901 SC GANADERÍA CASA PERNAS XERMADE LUGO SI
ES360160007301 Mª CARMEN SILVA LÓPEZ DOZÓN PONTEVEDRA SI
ES360180020401 JOSE PEREIRA CANABAL FORCAREI PONTEVEDRA SI
ES360180066301 MANUEL MÍGUEZ FILLOY FORCAREI PONTEVEDRA SI
ES360240259601 DEPUTACIÓN PROVINCIAL LALÍN PONTEVEDRA SI
ES360240131501 GANADERÍA PEREZ SC LALÍN PONTEVEDRA SI
ES360240042101 GANADERÍA XILO SC LALÍN PONTEVEDRA SI
ES360240113601 GANDERÍA IGLESIAS FERRADAS SC LALÍN PONTEVEDRA SI
ES360240136401 JOSÉ LUIS MÉIJOME FERNÁNDEZ LALÍN PONTEVEDRA SI
ES360240011501 SAT BERDÓN LALÍN PONTEVEDRA SI
ES360240096101 SAT CARBALLEIRAS LALÍN PONTEVEDRA SI
ES360240219101 SAT GANDERÍA BLANCO LALÍN PONTEVEDRA SI
ES360470038301 CASA CAZADOR SC RODEIRO PONTEVEDRA SI
ES360470080501 JESUS MARÍA MONTES VÁZQUEZ RODEIRO PONTEVEDRA SI
ES360520058101 LUIS ALBERTO RÍOS TROITIÑO SILLEDA PONTEVEDRA SI
ES360590043801 GANADERÍA MANTEIGA SC VILA DE CRUCES PONTEVEDRA SI
ES360590031901 GANADERÍA OS AMERICANOS SC VILA DE CRUCES PONTEVEDRA SI
ES360590126601 SAT FRADE FERREIROS VILA DE CRUCES PONTEVEDRA SI
GANDERÍAS SOLICITANTES QUE NON ESTÁN EN ADSG OU PROGRAMA SANITARIO SEMELLANTE
REGA GANDERÍA CONCELLO PROVINCIA ADSG
ES150470059201 FINCA CASA NOVA MESÍA A CORUÑA NON
ES270200045701 CASA GABINO FRIOL LUGO NON
ES270230024301 CASA CORVOS GUNTÍN LUGO NON
ES270230050301 SAT O CARBOEIRO GUNTÍN LUGO NON
ES270280076401 SAT FRAGUEIRO LUGO LUGO NON
ES270140006101 SC XACINTO O CORGO LUGO NON
ES270570089101 CASA DE ABAIXO SARRIA LUGO NON
ES270570022201 TÍO ANDRÉS SARRIA LUGO NON
ES270650033101 SC MONTAÑA VILALBA LUGO NON
Na actualidade xa
son 80 as ganderías
galegas adscritas
ao Programa e
destinatarias dos
embrións
XENÉTICA FONTAO MAIO 201112 CONCURSOS XENÉTICA FONTAO XUÑO 201212 CONCURSOS
BO PAPEL DAS DESCENDENTES DOS
TOUROS DE FONTAO NOS PRIMEIROS
CONCURSOS DO ANO DA RAZA Os touros de Xenética Fontao están dando lugar a vacas con bos tipos de show, como
vén confirmando o seu posicionamento no palmarés dos concursos morfolóxicos de
gando frisón que se celebraron en Galicia ao longo do primeiro semestre de 2012.
Fillas dos sementais do centro levaron varios premios nos certames de Moexmu
(Muimenta, Lugo) e Feiradeza (Lalín, Pontevedra) e recibiron mencións honoríficas
por parte da Federación Frisona Galega (Fefriga).
Vaca Nova Subcampioa MOEXMU 2012
Vaca Nova Subcampioa de Galicia FEFRIGA 2012
CESARES BOEZA DANCER MB-87 SM-89
XENÉTICA FONTAO MAIO 2011 13CONCURSOSXENÉTICA FONTAO XUÑO 2012 13CONCURSOS
Vaca Nova Subcampioa FEIRADEZA 2012
XILO XACOBEO CAPERUCITA
Xata Subcampioa FEIRADEZA 2012
G.PEREIRA XACOBEO MIRANDA
Xovenca Subcampioa de Galicia e Mención de Honor
FEFRIGA 2012
LINA XACOBEO PAULA
1ª de sección Xatas de 5 a 7 meses FEFRIGA 2012
CASA MAGREBÍ 185
Xata Subcampioa MOEXMU 2012Xovenca Subcampioa MOEXMU 2012
Xovenca Campioa e Gran Campioa de Xovencas FEIRADEZA 2012
VEGA DELETE PAULA MANTEIGA XACOBEO FANY
XENÉTICA FONTAO XUÑO 201214 CENTRO
VISITA DUNHA COMITIVA OFICIAL
DO ESTADO BRASILEIRO DE RÍO
GRANDE DO SULGandeiros, políticos, técnicos e xornalistas do Brasil coñeceron no mes de xanei-
ro as instalacións de Fontao e os seus sementais. A visita enmárcase no proxecto
de colaboración existente entre este centro e Río Grande do Sul para o desenvol-
vemento da mellora xenética do gando frisón no Estado brasileiro.
A relación entre o centro e Río
Grande do Sul iniciouse no ano
2008, cando Xenética Fontao
comezou a exportar seme de
frisoa a través da empresa GMG, cuxo di-
rector comercial é un brasileiro con raí-
ces en Betanzos, Eduardo Grandal.
En 2010, a colaboración estreitouse coa
sinatura dun convenio entre este Estado
e a Consellería do Medio Rural, polo que
Xenética Fontao se encarga do aseso-
ramento técnico integral en materia de
mellora xenética da cabana frisoa nesta
parte do país brasileiro con gran vocación
gandeira.
Con motivo da organización desta trans-
ferencia tecnolóxica e de coñecemen-
to entre as dúas rexións, dende o Brasil
acode dúas veces ao ano a Xenética Fon-
tao unha comitiva procedente de distintas
zonas de Río Grande do Sul e conformada
por cooperativistas, políticos, técnicos e
xornalistas.
Nesta ocasión, acompañaron aos gan-
deiros do Brasil o conselleiro de Agricul-
tura, o presidente da Comisión de Agri-
cultura, varios deputados, o presidente
do Sindicato Xeral dos Traballadores e
representantes da Universidade.
En cada visita, o grupo, dunhas 20 per-
soas, realiza un percorrido polas insta-
lacións para ver como funcionan todas
as áreas e coñece os novos touros que
se encontran no centro, así como traba-
lla sobre puntos específicos do proxecto
conxunto.
Delegación brasileira que estivo en xaneiro de visita en Xenética Fontao
XENÉTICA FONTAO XUÑO 2012 15CENTRO
A SECRETARIA XERAL DE AGRICULTURA
E ALIMENTACIÓN E A CONSELLEIRA
DO MEDIO RURAL E DO MAR VISITARON
POR PRIMEIRA VEZ O CENTRO
O pasado 1 de xuño, a secretaria
xeral de Agricultura e Alimen-
tación –dependente do Minis-
terio de Agricultura, Alimen-
tación e Medio Ambiente–, Isabel García
Tejerina, achegouse ata Xenética Fontao
e realizou un percorrido polas súas ins-
talacións acompañada pola conselleira
do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana,
e polo subdelegado do Goberno en Lugo,
Ramón Carballo.
Por primeira vez desde as súas respectivas tomas de posesión, a secretaria xeral
de Agricultura e Alimentación do Ministerio, Isabel García Tejerina, e a conselleira
do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, acudiron á sede de Xenética Fontao. O
obxectivo da visita foi coñecer de primeira man todas as actividades que se desen-
volven no centro de inseminación artificial de vacún máis importante de España.
Tanto no caso da secretaria xeral coma
no da conselleira era a primeira vez que
estaban en Xenética Fontao desde que
accederon aos seus respectivos cargos
públicos. A finalidade da visita foi coñecer
in situ os traballos de mellora xenética e
de investigación que se desenvolven neste
centro de inseminación artificial de bovino
de referencia estatal.
A comitiva oficial estivo no laboratorio de
xenética molecular, na sala de recollida de
seme, no laboratorio de análise de seme,
na área de xenómica, no laboratorio de
fecundación in vitro e na sala de envasado
de seme, onde recibiron explicacións dos
procesos que desempeña cada departa-
mento.
Así mesmo, as autoridades presentes ti-
veron ocasión de ver os tres mellores se-
mentais por ICO de España: Gospell, Xaco-
beo e Lautamic.
A secretaria xeral de Agricultura e Alimentación e a conselleira do Medio Rural e do Mar, nun momento da visita
XENÉTICA FONTAO XUÑO 201216 XENÉTICA
HOLSTEIN VERMELLO: UNHA
HISTORIA DE SUPERVIVENCIA
Pasaran case cen anos desde as pri-
meiras importacións de efectivos des-
de Holanda cara a América (a primeira
data do ano 1869) e durante ese período
os animais que nacían vermellos eran
sistematicamente eliminados do rabaño
por ser considerados unha “anormali-
dade” da recentemente bautizada como
raza Holstein. Hai que ter en conta que
nacían vermellos pero os seus proxeni-
tores eran brancos e negros, pois nun
principio non houbo importacións de
animais de capa vermella, aínda que evi-
Os libros xenealóxicos da raza Holstein admiten hoxe en día o rexistro de ani-
mais de capa vermella e branca xunto aos de capa negra e branca con total nor-
malidade e en igualdade de condicións. Non obstante, isto non foi así ata os anos
1969 e 1970, cando se aceptou o seu rexistro nos libros xenealóxicos americano
e canadense, respectivamente.
dentemente si de animais de capa bran-
ca e negra portadores do factor vermello
(RC), que cando eran cruzados entre si
daban lugar a animais de capa vermella
nun 25% dos casos, e se eran cruzados
con animais brancos e negros non porta-
dores da cor vermella daban lugar a un
50% de portadores de vermello que ase-
guraban a transmisión futura do men-
cionado xene vermello, aínda que a súa
cor de capa non delatase a súa condición
de portadores.
É o típico exemplo da lei de Mendel
no caso da herdanza dun xene recesivo
(capa vermella) fronte a outro dominan-
te (capa negra). Así, un animal de raza
Holstein pode ser vermello cando herda
de ambos os proxenitores o xene de cor
vermella, e sempre en ausencia do xene
de cor negra e branca (dominante), pois
na súa presenza enmascárase ou ocúl-
tase o xene da cor vermella; neste caso
poderá transmitir o xene vermello, pois é
portador, pero a súa capa non mostrará
a devandita cor.
GUEIMOLO VILAR ROJO AMERICA ROJA
XENÉTICA FONTAO XUÑO 2012 17XENÉTICA
As distintas posibilidades resúmense na seguinte táboa:
Na Holanda da segunda metade do sécu-
lo XIX, cando comezaron as exportacións
de vacas leiteiras a América, eran todas
brancas e negras, non había practica-
mente animais vermellos. Non obstante,
acéptase que o gando branco e negro non
existía en Holanda antes do século XVIII,
segundo se reflicte en testemuños escri-
tos e tamén pintados, pois unha boa parte
dos case 4.000 cadros da época mostra
gando vacún pero nunca de cor branca e
negra. Resulta que as orixes da raza en
Holanda se remontan ao século XIII, no
que comezaron a chegar vacas desde cen-
tro Europa e case sempre de cor vermella,
avermellada ou parda, pero no século XVIII
importouse gran número de vacas desde
Dinamarca a Holanda, para substituír as
múltiples baixas debidas ás fortes inun-
dacións e innumerables pragas naquela
época, e o gando que procedía de Dina-
marca era de cor branca e negra. Por iso
a poboación de vacas en Holanda a come-
zos do século XIX era xa maioritariamente
branca e negra, aínda que se supón que
unha boa parte (polo menos un 25%) era
portadora do factor vermello.
Aínda así, ata 1876 non se fundou o li-
bro xenealóxico da raza en Holanda (catro
anos máis tarde da publicación do primei-
ro libro da raza en América) e, por tanto,
ata entón non había nin obxectivos de se-
lección nin estándar racial en canto a cor.
Os gandeiros do incipiente libro xenea-
lóxico holandés non tiñan prexuízos cos
animais de capa vermella (foran maioría
150 anos atrás), porén, notaron que eran
rexeitados polos importadores de gando
de América, que non os consideraban de
“pura raza” e comezaron a evitalos. Son
moitos os testemuños escritos que reflic-
ten como as crías de gando vacún nadas
con capa vermella eran inmediatamente
sacrificadas cun golpe na cabeza e ente-
rradas rapidamente para evitar así o bo-
chorno de recoñecer a presenza no seu
establo de animais que non eran de “raza
pura”.
Ningunha das 7.757 cabezas de gando
holandés que cruzaron o Atlántico cara
a América entre os anos 1860 e 1880 era
vermella, aínda que unha boa parte delas
era portadora do factor vermello. Como
se explica que este factor sobrevivise en
América cando todo eran intentos para
erradicalo da raza? Fundamentalmen-
te polo seu modo de transmisión: como
xene recesivo que é, resulta sinxelo eli-
minar rapidamente os individuos homo-
cigóticos para este rasgo (os que nacen
con capa vermella e branca), pero é moi
complexo eliminalo completamente dunha
poboación cando está enmascarado polo
xene dominante nos denominados indivi-
FIDALGO TRUENO R. 6175 ROJA
BB Br rrBB 100% BB 50% BB 50% Br 100% Br
Br 50% BB 50% Br25% BB 50% Br
25% rr
50% Br
50% rr
rr 100% Br50% Br
50% rr100% rr
BB Animal de capa branca e negra
Br Animal de capa branca e negra e á vez portador do factor vermello
rr Animal de capa vermella e branca
BB x BB 100% descendencia con capa branca e negra (100% BB)
BB x Br100% descendencia con capa branca e negra: 50% BB e 50% Br
(portadores de factor vermello)
BB x rr 100% descendencia con capa branca e negra e portadores de factor vermello (100% Br)
Br x Br25% descendencia con capa branca e negra (BB)
50% descendencia con capa branca e negra pero portadores do factor vermello (Br)
25% descendencia con capa vermella e branca (rr)
Br x rr50% descendencia con capa branca e negra e portadores de factor vermello (Br)
50% descendencia de capa vermella e branca (rr)
rr x rr 100% descendencia con capa vermella e branca (rr)
XENÉTICA FONTAO XUÑO 201218 XENÉTICA
duos heterocigóticos (os animais de capa
branca e negra, pero portadores de ver-
mello). Dito doutro xeito: é fácil eliminar o
que vemos, pero imposible o que non ve-
mos.
Doutra banda, aínda que as primeiras
importacións de vacas chegaron a USA,
miles de cabezas foron enviadas desde
este país a Canadá cada ano, co cal se
diseminou aínda máis o factor vermello e
compensáronse en boa medida os inten-
sos esforzos despregados en USA para
erradicalo da súa poboación, pois non
soamente os gandeiros e criadores trata-
ban de eliminar o factor vermello dos seus
establos, senón que a propia Asociación
de Criadores de raza pura Holstein creada
en 1872 decretou que todo animal cunha
capa de cor diferente á tradicional bran-
ca e negra non podería rexistrarse no li-
bro xenealóxico da raza. A pesar de todo,
algúns socios presentaron fortes obxec-
cións a este feito e co tempo creouse unha
asociación paralela chamada The Dutch-
Friesian Association, co seu propio libro
xenealóxico. Ambas as asociacións fusio-
náronse en 1885, tras chegar a un acordo,
e formaron a Holstein Friesian Associa-
tion, que chegou ata o día de hoxe co nome
de Asociación Holstein USA.
Coa chegada da inseminación artificial
na primeira metade do século XX, a polí-
tica non cambiou, e tanto en USA como en
Canadá a directriz das súas respectivas
asociacións foi a de previr unha intensi-
ficación da presenza do xene recesivo da
cor vermella na raza, obrigando a advertir
da súa presenza na publicidade daqueles
touros que fosen portadores do mesmo.
Pero, efectivamente, a inseminación ar-
tificial foi o mellor medio para indagar
que touros eran RC dun modo moito máis
sinxelo e evidente que cando se usaban
touros de monta natural.
Na Canadian Holstein Convention cele-
brada en 1952 informouse á audiencia da
identificación de 67 touros con factor ver-
mello nos centros de inseminación ame-
ricanos, e do rexistro de máis de 8.250
fillas. Quizais era a primeira vez que se
falaba abertamente do tema nunha asem-
blea deste tipo, pero os delegados asisten-
tes rexeitaron calquera cambio nas regras
do rexistro baseadas na cor da capa.
En 1962, un informe da industria cana-
dense de inseminación artificial estable-
ceu que de 476 touros en 10 centros, 41
foran identificados como RC.
O factor vermello estaba xa amplamen-
te presente na raza Holstein tanto en USA
como en Canadá, pero foi na I World-Frie-
sian Conference, celebrada en Ámsterdam
(Holanda) no ano 1964, onde se recomen-
dou aos 17 países participantes manter un
libro xenealóxico común e unificado para a
raza Holstein, independentemente da cor
de capa. Aínda así, esta recomendación
non se fixo efectiva en USA e Canadá ata
os anos 1969 e 1970, respectivamente.
Que diferente situación vive hoxe a Hols-
tein vermella! De feito, teoricamente xa
non se admiten diferenzas entre verme-
llas e negras, aínda que a “sabedoría po-
pular” fala de que as vermellas son vacas
con producións de leite máis moderadas
que as negras e con máis altas calidades,
mentres que morfoloxicamente adoitan
ser menos angulosas e máis fortes.
Actualmente, a presenza de establos con
maioría de animais vermellos e brancos é
meramente anecdótica, pero a maioría de
criadores están interesados en desenvol-
ver unha liña vermella. En moitos casos, o
interese non queda soamente en introdu-
cir a cor vermella nunha familia de vacas
determinada, senón tamén en incorporar
á mesma xenes diferentes, que axuden a
paliar o excesivo grao de consanguinidade
que ás veces presenta a Holstein branca
e negra.
Por todo iso, desde Xenética Fontao que-
remos pór a disposición dos gandeiros que
así o desexen touros vermellos (ou porta-
dores do factor vermello) procedentes de
liñas xenéticas diferentes, novas e intere-
santes.
GUEIMOLO VILAR ROJO AFRICA
XENÉTICA FONTAO XUÑO 2012 19XENÉTICA
ALGÚNS TOUROS VERMELLOS DE XENÉTICA FONTAO
BOS SEIJO J.J. TRUENO ROJO ET
Jordan Red x Rubens
Familia “SCARLETTE RED” Familia “D-R-A AUGUST”
A-L-H ADMIRAAL MORODO ET ROJOAdvent Red x September Storm
RAEL RED ROJOLawn Boy x Perk Red
Familia “ROXY” Familia “INSPIRATION TINA”
ECSTASY AL ROJO ET
Advent Red x Talent
BOS BLANCOH. VARON ROJO ET
Lawn Boy x Talent
Familia “GYPSY GRAND” Familia “BLACKSTAR RAVEN”
GO FARM ROXTON ROJO ET
Advent Red x Jordan Red
XENÉTICA FONTAO XUÑO 201220 XENÉTICA
AIKO ROJO, UN TOURO DE CAPA
VERMELLA CON PROFUNDO PEDIGREE
E PROBA XENÓMICA
Aiko Rojo é un xato que cumpre os dous
anos en agosto e que, ademais da súa
peculiar capa vermella, presenta unha
espectacular morfoloxía, cun gran desen-
volvemento para a súa idade, estupendos
membros e apromos e unha atractiva es-
Aiko é un dos touros novos de capa vermella máis destacado en Xenética Fon-
tao para este ano. Descende da vaca Kamps-Hollow Altitude-ET RC, pertencente
a unha das familias máis recoñecidas no mundo do Holstein vermello, a través
de KHW Goldwyn Aiko-ET RC, a nai de Aiko Rojo, que é unha das vacas máis co-
tizadas a nivel internacional hoxe en día, aínda que tamén o son xa as súas fillas,
entre elas algunha irmá completa de Aiko Rojo.
trutura leiteira, algo realmente difícil de
ver nos animais de capa vermella. E é que
este touro descende dunha gran vaca: D-
R-A August EX-96 USA 4E DOM, a mesma
familia doutro touro vermello de Xenética
Fontao en espera de proba, Morodo Rojo,
que, por certo, descende da vaca August
por dobre vía: materna e paterna. Esta
familia é máis coñecida actualmente pola
bisneta de August: Kamps-Hollow Altitu-
de-ET RC EX-95 USA 2E DOM.
BOS REALITY AIKO ROJO ET
XENÉTICA FONTAO XUÑO 2012 21XENÉTICA
PRODUCIÓN
CARACTERES FUNCIONAIS
LEITE -163 kg GRAXA 26 kg +0,27% PROTEÍNA 6 kg +0,09%
Fiabilidade: 77%
VIDA PRODUTIVA:R.C.S.:FACILIDADE DE PARTO:TAXA PREÑEZ FILLAS:VITALIDADE XATOS:
Aiko Rojo é un fillo de Hurtgen-View Rea-
lity Red, touro vermello fillo de September
Storm e de Hurtgen-View HHR Vanessa
Red, unha vaca vermella filla de Hanover-
hill Renaissance, pertencente a unha des-
tacada familia americana de vacas verme-
llas. Reality Red, o pai de Aiko, é un touro
cuxas fillas destacaron non tanto pola pro-
dución (na media) senón polas excelentes
calidades de leite (+0,50 para graxa e +0,11
en proteína) e alta lonxevidade (+114), así
como pola morfoloxía, sobre todo patas
(+1,88), ubres (+1,22) e tipo en xeral (+1,98),
segundo a súa proba Interbull en España
(abril 2012).
A nai de Aiko Rojo, KHW Goldwyn Aiko-
ET RC MB-89 USA DOM, é unha vaca que
esperta un grande interese a nivel inter-
nacional e da que se exportaron embrións
a moitos países. Esta filla de Goldwyn por-
tadora de factor vermello ten unha altísi-
ma xenómica para tipo xeral (+3,06), ubre
(+2,67), patas (+2,72) e, sobre todo, para
calidades de leite (+0,21 para graxa e +0,11
para proteína), datos xenómicos que son
confirmados cos seus datos produtivos,
pois Goldwyn Aiko pechou a súa primei-
ra lactación (365 días) con máis de 11.000
kg de leite coas incribles porcentaxes de
6,00% de graxa e 4,00% de proteína, que a
fixeron realmente popular.
Non obstante, son os descendentes (ma-
chos e femias) de Goldwyn Aiko os que
están a captar a atención internacional.
Destacamos os seguintes:
AIKO ROJO PROBA USA 04/2012
GTPI: 1.883
KHW GOLDWYN AIKO ET RC
Nai de Aiko Rojo
Aiko Rojo é un xato que cumpre
os dous anos en agosto e
que, ademais da súa peculiar
capa vermella, presenta unha
espectacular morfoloxía, cun
gran desenvolvemento para a
súa idade, estupendos membros
e apromos e unha atractiva
estrutura leiteira
1,302,96
7-1,407,40
(Fiab. 73%)
(Fiab. 77%)
(Fiab. 72%)
(Fiab. 72%)
(Fiab. 48%)
CONFORMACIÓN Fiabilidade: 77%
CurtosDebaixoDebaixoRecollidoForte
AltaAncha
ForteDesexableDesexableRectasAltoDesexableAltoAnchaMoi prof.ForteAltaGrandeMoi ang.Alto
-2 -1 01 2
-2 -1 01 2-0,50 0,46 0,682,651,24
2,962,72
3,082,332,86
-0,052,332,51
-0,361,801,781,163,532,502,823,02
Lonxitude tetosCol. tetos post. Col. tetos anter. Profundidade ubreLigamento suspensor
Altura ins. posterior Anchura ins. posterior
Inserción anteriorÍNDICE UBRE (ICU)Vista posteriorVista lateralÁngulo podal I. PATAS E PÉS (IPP)Ángulo grupaAnchura grupaProf. corporal FortalezaEstatura I. CAPACIDADE (ICAP) Angulosidade ÍNDICE TIPO (IXT)
XENÉTICA FONTAO XUÑO 201222 XENÉTICA
KAMPS HOLLOW ALTITUDE ET RC
Avoa de Aiko Rojo
KHW-I Aika Baxter RC BR MB-87 CAN.
Trátase dunha das vacas portadoras de
factor vermello cos índices xenéticos máis
altos, de feito, a día de hoxe é a vaca nú-
mero 41 da listaxe das mellores vacas
canadenses por GLPI. O ano pasado com-
práronse embrións de Aika Baxter con
Snowman para o programa embrionario
galego. Aika ten un rexistro dunha primei-
ra lactación (365 días) con 13.577 kg de
leite ao 5,7% de graxa e 3,7% de proteína
e é xa unha recoñecida nai de sementais.
KHW Super Aderyn-ET RC. Esta filla de
Super e de Goldwyn Aiko é unha das xo-
vencas portadoras de factor vermello con
máis alto GTPI da raza e cuxos embrións
se cotizan a prezos realmente elevados.
RR KHW Real Aiko RC. É unha irmá com-
pleta de Aiko Rojo con gran morfoloxía e
que foi Xovenca Subcampioa no concurso
Summershow 2011 (Holanda).
KHW Amabel Red-ET EX-90 MS-EX USA.
Outra prometedora filla vermella de Aiko
e de Redliner.
Goldwyn Aiko ten un gran número de
fillas, vermellas ou portadoras do factor
vermello, con diversos touros como os
xenómicos Shamrock, Colt P, Bookem,
Kramer, Lewis e Meteor e os touros pro-
bados Lawn Boy, Super, Sánchez, Freddie,
Alexander e Jeeves; sen dúbida, escoita-
remos falar delas nun futuro próximo. As
tres únicas fillas nadas en España fixéro-
no en Galicia, froito do programa embrio-
nario, e son fillas de Million (o seu irmán
completo, Murris, está en Xenética Fon-
tao); dúas delas xa produciron embrións
para o programa embrionario, con Spec-
trum e con End Story.
Aiko Rojo é un dos poucos fillos de Gold-
wyn Aiko en Europa, e o único vermello e
fillo de Reality Red, aínda que tamén ten
fillos con Sánchez (Italia), Lawn Boy ou Su-
per (estes dous últimos en Alemaña).
A FAMILIA MATERNA, “ALTITUDE”
A vaca que dá nome á familia hoxe en día é
Kamps-Hollow Altitude-ET RC EX-95 USA
2E DOM. Esta filla de Durham continúa
tendo un grande impacto na raza: a gran
morfoloxía, os altos índices xenómicos das
súas fillas e netas, a presenza do factor
vermello e o forte poder de transmisión
fan que esta vaca con 12 anos de idade
sexa aínda a número 5 das mellores vacas
vermellas ou portadoras de factor verme-
llo por GTPI en USA. As súas fillas Gold-
wyn Aiko e Apple Red ocupan os postos 8 e
13 da citada lista.
Todo comeza o día 11 de xaneiro do ano
2000 co nacemento de Altitude, a única
femia (xunto con sete machos) nacida des-
pois do flushing da súa nai, a famosa filla
de Prelude, Clover-Mist Alisha-ET RC EX-
93 3E USA DOM, co touro Durham. Cando
Altitude ten dez meses de idade, os seus
propietarios deciden enviala á poxa do
Dairy Club da Universidade de Wisconsin,
onde é adquirida por 5.200$ polo sindicato
KHW, formado a mesma mañá da poxa por
Mark Haag, Ryan Kamps e Ryan Weigel.
Pouco despois descóbrese que Altitude
é portadora do xene recesivo CV herdado
do seu pai, o que non foi obstáculo para
que dese lugar a unha descendencia cla-
ramente destacada, tanto vía macho como
vía femia.
Aiko Rojo é un dos
poucos fillos de
Goldwyn Aiko en
Europa, e o único
vermello e fillo de
Reality Red
A nai de Aiko Rojo, KHW
Goldwyn Aiko-ET RC MB-89
USA DOM, é unha vaca que
esperta un grande interese
a nivel internacional e
da que se exportaron
embrións a moitos países
XENÉTICA FONTAO XUÑO 2012 23XENÉTICA
Un dos fillos de Altitude máis destaca-
dos tívoo con Kite RC: KHW Kite Advent
Red-ET; as máis de 400 fillas deste touro
vermello cualificadas Excelentes en USA
e Canadá, xunto coas súas 105 fillas no-
meadas All-American nos pasados cinco
anos, falan por si soas do impacto deste
touro na raza Holstein. A popularidade
de Advent Red foi enorme desde o princi-
pio e pasa á historia como un dos touros
máis aclamados pola súa habilidade para
transmitir o chamado tipo de concurso na
Holstein vermella. Advent Red foi un se-
mental intensamente utilizado en América
ata a súa morte, en marzo de 2009, pero
non en Europa, pois, debido a ser positi-
vo a leucose, o seu seme nunca puido ser
importado por países europeos; si os seus
embrións, e é así como nacen en Europa
os seus fillos e fillas, entre eles os touros
de Xenética Fontao Morodo Rojo, Al Rojo e
Roxton Rojo.
Outros coñecidos touros fillos de Altitude
son Jotan Red-ET (fillo de Jordan), Axion-
Red (fillo de Marmax) e o especialista en
tipo Acme RC (fillo de Talent). É máis, os
tres mellores touros vermellos (ou RC) por
GTPI en USA son descendentes desta fa-
milia: Jotan Red (Jordan x Durham); este
fillo de Altitude é o nº 1 en USA e o nº 11
en Alemaña. Big Apple Red ocupa o nº 2 da
lista e é un fillo de Talent e de Apple Red,
mentres que K-H Arudolph é o nº 3 e é fillo
de September Storm e Prelude Alisha, nai
de Altitude e avoa de Apple Red e Goldwyn
Aiko.
Se a isto engadimos que o nº 4 é Hurtgen-
V Reality, o pai de Aiko Rojo, podemos con-
cluír que este touro novo concentra o me-
llor da raza en vermello, tanto vía paterna
como materna.
Tanto Altitude (con 12 anos de idade) como
a súa nai Alisha (con case 20 anos) con-
tinúan vivas e están baixo tratamentos
de fecundación in vitro con touros verme-
llos ou portadores do factor vermello do
momento (Destry e algún dos seus fillos,
como Alchemy), dos que hai preñeces en
marcha. Altitude ten fillas recentemente
paridas con Mac e Shottle, mesmo ten ca-
tro irmás completas (Durham x Alisha) na
súa primeira lactación.
Porén, a filla máis famosa de Altitude,
xunto con Goldwyn Aiko, é KHW Regiment
Apple Red-ET EX-95 2E USA DOM 2*, a
coñecida como “vaca vermella do millón
de dólares”, xa que por ese astronómico
prezo foi vendida na poxa Global Glamour
Sale da granxa Arethusa no ano 2008. A
súa carreira de show comeza no concur-
so de Madison 2006, onde asiste como
vaca de primeiro parto e compite no con-
curso de Holstein branca e negra, gaña
a súa sección e é nomeada All-American
2 anos Jr. 2006. Toda unha fazaña. Apple
(que completa sete xeracións Excelentes)
é a primeira vaca na historia da raza en
recibir as honras do prestixioso título All-
American, tanto en branco e negro como
en branco e vermello, e é unha das poucas
vacas vermellas capaz de competir cos
mellores exemplares da raza, sexan da
cor que sexan.
Apple continúa a súa meteórica carreira
nas pistas e é a vaca Gran Campioa Re-
serva no concurso de vermellas do Royal
(Canadá) en 2009. O ano pasado, tras o seu
cuarto parto, acode en inmellorable esta-
do ao Madison e é proclamada Gran Cam-
pioa do concurso de vermellas. O poder de
transmisión de Apple está claro: todas as
súas fillas foron cualificadas con sistemas
mamarios MB ou EX aos dous anos, xa ten
9 fillas MB en primeiro parto e a súa úni-
ca filla en segundo parto xa foi cualificada
como Excelente.
Non soamente as fillas e os fillos de Apple
captan a atención xeral, senón tamén os
seus clons, nove polo momento. Un deles é
KHW Regiment Apple 2 Red-ETN MB-88 2
anos USA e outro, de nome KHW Regiment
Apple 3 Red-ETN, participou tamén no
concurso de Madison do ano pasado como
vaca 2 anos Jr., gañando a súa sección e
proclamándose máis tarde Vaca Interme-
dia Campioa. É dicir, a Apple orixinal foi a
Vaca Adulta Campioa e Gran Campioa do
concurso R&W Madison 2011 e un dos seus
clons foi a Vaca Intermedia Campioa.
A avoa de Aiko Rojo, Kamps-
Hollow Altitude-ET RC EX-95
USA 2E DOM, continúa tendo
un grande impacto na raza pola
gran morfoloxía, os altos índices
xenómicos das súas fillas e netas,
a presenza do factor vermello e o
forte poder de transmisión
KHW REGIMENT APPLE RED ET
XENÉTICA FONTAO XUÑO 201224 XENÉTICA
ALERTA ROJO, UN TOURO VERMELLO
DISTINTO: O 50% DAS CRÍAS VERMELLAS
Todo comeza no ano 1980, cando na
granxa de Jan e Greta van Ravenswaay
(Ontario, Canadá) nace unha xata filla do
touro Puget-Sound Sheik, chamada Suri-
nam Sheik Rosabel-Red, que é vermella.
A análise da súa DNA confirma non só a
súa filiación senón que é portadora unica-
Alerta Rojo é un touro novo de Xenética Fontao, con apenas 17 meses de idade,
que responde ao cruzamento Sánchez x Goldwyn e que, por suposto, é de capa
vermella e branca. A pregunta é obvia: como é isto posible se nin o seu pai nin o
seu avó materno son vermellos nin portadores do factor vermello? A explicación
está na presenza dun xene que determina a cor da capa, pero cunha localización
e unha forma de transmisión totalmente diferente ao xene vermello coñecido
tradicionalmente: é o chamado Xene Rosabel ou Xene Variante Vermella (VRC),
do que Alerta Rojo é portador.
mente do xene dominante de cor branca e
negra e, non obstante, é de capa verme-
lla! Rosabel capta a atención de diversos
centros de IA e os seus catro fillos entran
en testaxe; deles, os máis coñecidos foron
Surinam Treasure-Red (nacido en 1986 e
fillo de Bridon Astro Jet) e Surinam Traza-
rra-Red (fillo de Agro-Acres Marquis Ned).
O test de DNA do touro Treasure-Red ta-
mén evidenciaba que soamente portaba o
xene dominante de cor negra, como a súa
nai, e, porén, tamén era vermello!
ALERTA ROJO
XENÉTICA FONTAO XUÑO 2012 25XENÉTICA
Nos anos seguintes danse máis casos
similares en diferentes ganderías de Ca-
nadá e en animais sen relación familiar
algunha coa vaca Rosabel. Todo indicaba
que estes animais portadores do xene do-
minante negro e branco pero de capa ver-
mella e branca tiñan un xene que, cunha
localización diferente, era capaz de en-
mascarar ou de evitar que se expresase o
xene dominante branco e negro coñecido
ata a data.
A sorpresa continúa cando son utiliza-
dos os fillos de Rosabel, Treasure-Red e
Trazarra-Red, e se ve que algunhas das
súas crías, con nais de cor vermella, na-
cen con capa branca e negra! A ilusión de
poder empregar liñas xenéticas diferentes
no gando Holstein de capa vermella tórna-
se en estupor ao ver nacer crías negras de
proxenitores vermellos. O mundo ao re-
vés? Non, simplemente ocorre que cando
o Xene Variante Vermella (VRC) non está
presente permite expresarse ao xene do-
minante branco e negro. Evidentemente,
os touros Treasure e Trazarra só portaban
un alelo destoutro xene determinante da
cor chamado VRC, é dicir, eran heteroci-
góticos e, por tanto, soamente llo transmi-
tían á metade da súa proxenie, que sempre
sería vermella, mentres que a outra meta-
de, que non o herdaba, sería branca e ne-
gra, aínda que os seus proxenitores fosen
de capa vermella.
Outro touro portador do xene VRC que
chegou a ter certo renome foi Islehaven
Champions Mutant-Red. Nado en 2003,
este fillo de Champion tiña por nai a unha
vaca chamada Hazelholme Damsel MB-
87 CAN que era unha filla vermella (VRC)
do anteriormente mencionado Surinam
Treasure-Red. Como curiosidade pode-
mos comentar que unha das 400 fillas de
Xacobeo rexistradas en Canadá ata a data,
Matapedia Xacobeo Satella, é de cor ver-
mella, pois a súa nai (portadora do xene
VRC) é unha filla do mencionado touro
Mutant-Red.
Unha descendente (bisneta) de Surinam
Treasure-Red tamén foi Marktwain Lee
Diana MB-87 CAN (VRC). Esta filla de Lee
(vermella!) foi flusheada con Goldwyn no
ano 2006 e o resultado foron dúas fillas de
Goldwyn vermellas. Unha delas é Stone-
den Fools Gold-Red MB-88 CAN 1* (VRC),
propiedade da granxa Morsan (Alberta,
Canadá), que é a nai de Alerta Rojo, e a súa
irmá completa Islehaven Gold Dancer Red
MB-88 CAN (VRC) é a nai doutro touro ver-
mello portador do xene VRC: Detour Red.
STONEDEN FOOLS GOLD RED
Nai de Alerta Rojo
Alerta Rojo é un dos
poucos touros en testaxe a
nivel mundial portador do
chamado factor Rosabel
XENÉTICA FONTAO XUÑO 201226 XENÉTICA
ISLEHAVEN GOLD DANCER RED
Alerta Rojo é un touro que pode
chamar a atención aos criadores
que desexen obter rapidamente
(nunha soa xeración) unha cría
vermella nun pedigree en branco e
negro e con alto valor xenético
Irmá completa da nai de Alerta Rojo
Este fillo de Bolton (vermello!) ten xa un
fillo en Xenética Fontao coa vaca que foi
nº 1 por ICO en varias avaliacións xenéti-
cas españolas, S. Cristóbal Laurie Mtoto
ET EX-92 2E 11*; este xato, de nome Pa-
siego Rojo, tamén é portador do xene VRC
e, por tanto, ten capa vermella e branca.
Pasiego Rojo (como a súa irmá completa,
tamén vermella) é froito da técnica de fe-
cundación in vitro (FIV) levada a cabo polos
servizos veterinarios de Xenética Fontao
sobre a veterana vaca de case 13 anos de
idade, e xa toda unha icona da raza frisoa
en España, Lauri Mtoto.
Alerta Rojo é un dos poucos touros en
testaxe a nivel mundial portador do cha-
mado factor Rosabel; de feito, soamente
temos constancia dun irmán completo en
Alemaña, outro en América e dous irmáns
maternos: un fillo de Pronto, tamén en
Alemaña aínda que de propiedade italiana,
e outro fillo de Aftershock, en América. A
irmá completa da nai de Alerta, Islehaven
Gold Dancer Red, ten tres fillos vermellos
(VRC) en testaxe con Shottle, Baxter e Bol-
ton, en USA. Das dúas irmás completas
parece demostrar máis poder de trans-
misión Fools Gold Red, a nai de Alerta,
cuxas dúas primeiras fillas xa son MB en
primeiro parto en Canadá e xa posúe ade-
mais unha estrela ao mérito pola súa des-
cendencia. Quen sen dúbida terán maior
transcendencia na raza serán as fillas
(vermellas) destas dúas vacas, con touros
de altos índices xenéticos como Snowman
ou Man O Man.
Tanto Fools Gold Red (a nai de Alerta)
como a súa irmá completa Gold Dancer
Red están nomeadas pola prestixiosa re-
vista Holstein International para a Red Im-
pact Competition 2012 e son das poucas
vacas da raza con boa familia (completan
cinco xeracións de vacas MB) portadoras
do xene VRC, por iso se está traballando
intensamente con elas. O obxectivo é con-
seguir algún día touros vermellos VRC
con boas probas xenómicas e/ou de des-
cendencia que permitan, co seu uso, unha
maior presenza do devandito xene na raza
Holstein.
O grande atractivo de Alerta Rojo é a súa
capacidade para dar lugar a unha cría ver-
mella nunha soa xeración (nun 50% dos
casos), tanto se a nai da devandita cría é
branca e negra (portadora ou non do xene
vermello convencional) coma se é verme-
lla e branca. Dito doutro xeito, Alerta Rojo
é un touro que pode chamar a atención aos
criadores que desexen obter rapidamente
(nunha soa xeración) unha cría vermella
nun pedigree en branco e negro e con alto
valor xenético, pero os criadores de vacas
vermellas e brancas deben ser conscien-
tes de que, aínda que tradicionalmente un
touro vermello sobre unha vaca vermella
aseguraba unha cría vermella, con Aler-
ta Rojo soamente o 50% da descendencia
será vermella e branca e o outro 50% será
branca e negra.
En canto á futura descendencia de Alerta
Rojo, podemos dicir que as fillas que nazan
brancas e negras é que non herdaron o
xene VRC e as que sexan vermellas VRC e
se inseminen cun touro vermello tradicio-
nal terán un 50% de descendencia branca
e negra se son fillas de vacas brancas e
negras, un 37,5% de crías brancas e ne-
gras se son fillas de vacas portadoras de
factor vermello e soamente un 25% de
crías brancas e negras se son fillas de va-
cas vermellas (homocigóticas para o xene
vermello convencional).
O que nos anos 80 era todo un misterio,
en canto á transmisión da cor vermella se
refire, pola aparición do factor Rosabel na
raza, deixou de selo hoxe en día ao coñe-
cer a súa transmisión diferente, pois é un
xene dominante que ten unha localización
distinta da que ten o xene convencional que
controla a cor da capa no gando vacún.
Soamente falta por coñecer a localización
exacta deste xene no DNA, que non tardará
en ser descuberta grazas aos tests xenó-
micos que se realizan actualmente (50K).
TOUROS XENÓMICOS(VALORACIÓN XENÉTICA U.S.A. XANEIRO 2010
SEN DATOS DE FILLAS)
TOUROS PROBADOS(VALORACIÓN XENÉTICA U.S.A. DECEMBRO 2011
CON DATOS DE FILLAS)DIFERENZA
TPIFIABILIDADEPRODUCIÓN
FIABILIDADETIPO TPI RANKING
TPI
FIABILIDADEPRODUCIÓN
FIABILIDADETIPO TPI RANKING
TPI
CO-OP O-STYLE OMAN JUST-ET 72 69 2132 22 93 91 2180 1 48
LARS-ACRES SHOT TRIGGER-ET 72 68 2385 1 92 87 2144 2 -241
BRANDT-VIEW HEFTY-ET 71 68 2086 32 85 76 2135 3 49
CO-OP BOSSIDE MASSEY-ET 71 68 2104 30 89 75 2126 4 22
LOTTA-HILL SHOTTLE 41-ET 72 66 2304 3 92 88 2104 5 -200
MR REGELCREEK SHOT AL-ET 71 68 2327 2 82 76 2081 6 -246
CLEAR-ECHO ALTAR2-ET 72 68 2148 18 92 90 2074 7 -74
LANGS-TWIN-B CR CASSINO-ET 72 68 2205 13 82 77 2057 8 -148
MR MARVELOUS-ET 72 69 2231 9 86 79 2041 9 -190
CO-OP DON JUAN-ET 72 68 1996 58 92 89 2001 10 5
COYNE-FARMS BOLTON DOM-ET 72 68 1926 77 85 74 1996 11 70
MS M-PONDHILL BUCKEYE PILOT 72 68 1868 89 88 78 1995 12 127
MORSAN ALTALOCKLYN-ET 72 68 2129 23 93 91 1994 13 -135
A-ELSBERND MAC DOUGLAS-ET 72 68 2207 12 87 79 1989 14 -218
BOMAZ SHTL KOLTON 692-ET 72 68 2106 28 90 82 1989 15 -117
MEDIA 72 68 2144 89 82 2060 -84
COMPARACIÓN ENTRE AS VALORACIÓNS XENÉTICAS DE 15 TOUROS U.S.A. SEN E CON DATOS DE FILLAS
Fonte: Holstein World (2012)
1ICO
Nº