hª da arte… · · 2018-02-04para coñecer e apreciar o patrimonio artístico europeo e mundial...
TRANSCRIPT
É unha materia de 2º de Bacharelato. Do Departamento
de Xeografía e Historia.
Pódese escoller como troncal en Humanidades e como
optativa en calquera modalidade.
Ten 4 horas semanais.
Pode ser obxecto de exame na selectividade Ver
ponderacións.
Para disfrutar mellor das obras de arte.
Para coñecer e defender o noso patrimonio artístico.
Para coñecer e apreciar o patrimonio artístico europeo e mundial.
Para viaxar e ter autonomía á hora de planificar as visitas.
Porque da unha formación cultural moi completa.
Polo seu interese para as carreiras de “Letras” ou para os estudos de Turismo.
Pode ser útil para moitas carreiras de “Ciencias” xa que, entre outras, estúdase en Arquitectura, Deseño industrial e outras Enxeñarías.
¿Por que escollela?
Para saber máis
Ver programación do Departamento na web do IES
Monelos (CC.SS, Xeografía e Historia).
Ver información na web da CIUG: contidos para o exame
de selectividade, ponderacións para as diferentes
carreiras, modelos de exames, etc.
http://ciug.cesga.es/docs/probas/2010/PAU%202010%20H%20Arte.pdf
Grecia A arquitectura. As ordes. O templo e o teatro. A Acrópole de Atenas. A evolución da escultura.
1.- Raíces da arte europea: o legado da arte clásica
A visión do clasicismo en Roma A arquitectura. A cidade. Tipoloxías construtivas. A escultura. O retrato. O relevo histórico. A arte de Hispania e Gallaecia.
A arte paleocristiá e bizantina Achegas da 1ª arte cristiá: a basílica. A nova iconografía. A arte bizantina. Época de Xustiniano: Santa Sofía e San Vital.
.
2.- Nacemento da tradición artística occidental: a arte medieval
O prerrománico Arte visigoda e asturiana. A arte mozárabe.
A arte románica como a primeira definición de Occidente A arte no Camiño de Santiago. A catedral de Santiago: arquitectura. A portada románica: Praterías e Pórtico da Gloria. As artes plásticas: a escultura e a pintura mural, función didáctica. Innovacións cara o gótico: os mosteiros cistercienses en Galicia.
A arte gótica como expresión da cultura urbana O sistema construtivo. A catedral gótica e outras tipoloxías urbanas. As artes plásticas: escultura, pintura e retablos, vidreiras.
O Trecento italiano. Giotto.
A contribución dos primitivos flamengos: Jan Van Eyck
3.- Desenvolvemento e evolución da arte europea no mundo moderno
O Quattrocento italiano: a reformulación da linguaxe clásica O Humanismo renacentista.
A arquitectura. Brunelleschi. A renovación da escultura. Donatello. Novos sistemas de representación na pintura. Massacio.
O Cinquecento: clasicismo e manierismo na arte italiana O templo, o pazo e a vila. A escultura. Miguel Anxo. A evolución da pintura. Leonardo, Miguel Anxo, Rafael e Tiziano.
Unidade e diversidade do Barroco A linguaxe artística ao servizo do poder civil e eclesiástico. Orixes do Barroco: Italia. Arquitectura, escultura e pintura. Bernini e Caravaggio. A arquitectura clasicista de Francia. A pintura en Flandres e Italia. España: urbanismo e arquitectura. A imaxinaría. Gregorio Fernández. O Século de Ouro da pintura española. Velázquez
O barroco galego: Arquitectura civil e relixiosa. Domingo de Andrade, Fernando Casas Novoa
Simón Rodríguez.
A Revolución Industrial e o impacto dos novos materiais na arquitectura: do Eclecticismo ao Modernismo. Nacemento do urbanismo moderno.
5.- A ruptura da tradición: a arte na primeira metade do século XX
As vangardas nas artes plásticas: Fauvismo: Matisse. Expresionismo: Munch. Cubismo e as súas variantes: Picasso. Os inicios da abstracción: Kandinsky, Mondrian. Dadá e surrealismo: Marcel Duchamp e Dalí. Novas formas na escultura.
A renovación da linguaxe arquitectónica Renovación da linguaxe arquitectónica: arquitectura funcional e orgánica: Le Corbusier e Wright. O urbanismo no século XX.
6.- A arte do noso tempo: a universalización da arte
Da nova arquitectura ás instalacións O estilo internacional na arquitectura. A arquitectura posmoderna. A transvangarda, o novo realismo. O posmodernismo. Do happening ás instalacións.
As artes plásticas O expresionismo abstracto e o informalismo: Pollock e Tapies. A abstracción postpictórica. A pop art: Andy Warhol e Roy Lichtenstein. O hiperrealismo. Arte conceptual. Últimas tendencias.