lecto-escritura e grafo...estimadas familias: como durante todo este tempo, queremos comezar...

3
Estimadas familias: Como durante todo este tempo, queremos comezar desexando que todos e todas vos atopedes ben. Sabemos que os días cada vez fanse máis longos e pesados e que ás veces temos momentos de baixón, pero temos que pensar que cada vez queda menos e que hai que facer un esforzo máis por nós e polos nosos pequenos que están resistindo coma verdadeiros campeóns. Aquí vos deixamos unha nova proposta de ideas, xogos e actividades. As que nos poñemos aquí son un exemplo do que podedes facer e despois segundo vaiades vendo a facilidade ou dificultade coa que os vosos nenos e nenas a realizan, podedes complicalas máis ou non. LECTO-ESCRITURA E GRAFO. “La risa de las vocales” https://www.youtube.com/watch?v=Bf_li_H-J8M Facer as vogais con plastilina Buscar as vogais e rodear a que manda cada fila, da cor que se da. Facelo do mesmo xeito coas minúsculas, coa axuda ou non dun adulto. Xogar a asociar a maiúscula coa súa minúscula. Se vedes que o fan con facilidade ir probando tamén as consoantes que vai recoñecendo. LÓXICA-MATEMÁTICA CANTAMOS: “¿DÓNDE ESTAS?” https://www.youtube.com/watch?v=DYxDf6gsfPs XOGAMOS AO ESCONDITE Un adulto esconderá 5,10,....20 obxectos (segundo ata onde sexa quen de contar cada un) pola casa. Cada obxecto estará numerado, de xeito que cando os vaia atopando os irá colocando en orde no chan. Para isto podedes debuxarlle unha recta numérica nun folio para que se vaian guiando por ela.

Upload: others

Post on 18-Sep-2020

21 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: LECTO-ESCRITURA E GRAFO...Estimadas familias: Como durante todo este tempo, queremos comezar desexando que todos e todas vos atopedes ben. Sabemos que os días cada vez fanse máis

Estimadas familias: Como durante todo este tempo, queremos comezar desexando que todos e todas vos

atopedes ben. Sabemos que os días cada vez fanse máis longos e pesados e que ás veces temos momentos de baixón, pero temos que pensar que cada vez queda menos e que hai que facer un esforzo máis por nós e polos nosos pequenos que están resistindo coma verdadeiros campeóns. Aquí vos deixamos unha nova proposta de ideas, xogos e actividades. As que nos poñemos aquí son un exemplo do que podedes facer e despois segundo vaiades vendo a facilidade ou dificultade coa que os vosos nenos e nenas a realizan, podedes complicalas máis ou non.

LECTO-ESCRITURA E GRAFO. “La risa de las vocales”

https://www.youtube.com/watch?v=Bf_li_H-J8M Facer as vogais con plastilina Buscar as vogais e rodear a que manda cada fila, da cor que se da. Facelo do mesmo xeito coas minúsculas, coa axuda ou non dun adulto. Xogar a asociar a maiúscula coa súa minúscula. Se vedes que o fan con facilidade ir probando tamén as consoantes que vai recoñecendo.

LÓXICA-MATEMÁTICA

CANTAMOS: “¿DÓNDE ESTAS?”

https://www.youtube.com/watch?v=DYxDf6gsfPs

XOGAMOS AO ESCONDITE

Un adulto esconderá 5,10,....20 obxectos (segundo ata onde sexa quen de contar

cada un) pola casa. Cada obxecto estará numerado, de xeito que cando os vaia

atopando os irá colocando en orde no chan. Para isto podedes debuxarlle unha recta

numérica nun folio para que se vaian guiando por ela.

Page 2: LECTO-ESCRITURA E GRAFO...Estimadas familias: Como durante todo este tempo, queremos comezar desexando que todos e todas vos atopedes ben. Sabemos que os días cada vez fanse máis

SOPA DE NÚMEROS.

Nun folio escribimos números desordenados. Terán que ir rodeando cada

número segundo os imos dicindo e da cor que indiquemos.

Exemplo: os número 3 de verde.

CIENCIA

CHUVIA NUN TARRO.

https://arbolabc.com/experimentos-caseros-para-ni%C3%B1os/nubes-en-frasco

RELAXACIÓN. Esta vez vos propoñemos uns exercicios sinxelos de ioga para que fagades en familia.

ACTIVIDADES EN FAMILIA.

Nesta nova proposta queremos convidarvos a ir en familia ao teatro!

Para isto vos deixamos o seguinte enlace e esperamos que vos guste moito.

“Saaaabor”

https://www.youtube.com/watch?v=QRYDL7jfzg8&t=361s

Page 3: LECTO-ESCRITURA E GRAFO...Estimadas familias: Como durante todo este tempo, queremos comezar desexando que todos e todas vos atopedes ben. Sabemos que os días cada vez fanse máis

Tamén imos celebramos a Primavera bailando e cantando esta Canción de

Mamá Cabra!

https://www.youtube.com/watch?v=MuLHfNXP0C8

CONTOS “A mellor sopa do mundo”

Podedes velo neste enlace

https://vimeo.com/266699732

Se non dispoñedes do libro na casa, tedes á vosa disposición o seguinte enlace:

https://galiciale.gal/

Tamén o enlace a youtube en LSE: “A mellor sopa do mundo”

https://www.youtube.com/watch?v=qhaJBOWxURk

Principalmente o conto fálanos da AMIZADE, compartir, o respecto, axudar…e que todo iso fainos

sentir mellor.

Logo de escoitar o conto, podedes escribir nun papel ou pizarra os amigos/as da súa clase, pode

ser coa vosa axuda ou que o intenten solos.

Falar de por que son os seus amigos, que lles gusta facer con eles, e que fagan un debuxo.

GRAZAS POR TODO E UN ABRAZO ENORME!!