mapa de toponimia de silleda

1
PENA ou COVA DOS MOUROS (OLEIROS) Na zona norte do Castro Montaz existe unha cova na que se gundo a tradición se agochaban os mouros habitantes dos castros. Hai décadas, cando os veciños ían co gando para o Castro, resgardábanse das inclemencias nesta cova. VEIGHA DO MUÍÑO (XESTOSO) Contan os veciños da aldea de Fontefría que no fondo dun prado se atopa un muíño no que se escondía un grupo de tres homes chamados os Foucellos porque pertencían a cuadrilla do mítico guerrilleiro O Foucellas. Este home era moi buscado pola garda civil, porque aló polo ano 1941 púxose á fronte dunha partida guerrilleira formada principalmente por prisio- neiros republicanos fuxidos dos batallóns de castigo disciplina- rio que existían naquela época en Galicia. O CAMIÑO DA FEIRA (PONTE) Con este nome coñecíase a ruta comercial (e tamén relixiosa) que unía as terras do Corpiño e as de Sillleda ao seu paso por Ponte. Unha das historias que aínda se recordan en relación con este camino, relata o caso que aconteceu cun boi vendido na feira de Silleda. O animal fora criado por un veciño de Ponte e, ao alcanzar unha certa idade, decidiu vendelo. Os seus compra- dores foron uns tratantes arzuáns, que tiñan que pasar por Ponte para continuar cara a súa terra. O animal, criado nos montes que atravesaba o Camiño, emprendeu a fuga monte arriba sen que os homes fosen quen de termar del, aínda que fi- nalmente foron quen de atrapalo. Pasada unha tempada, cando viron de novo ao home que llelo vendera, preguntáronlle se era de preto do lugar onde acontecera a fuga do boi, pero o home non lles contestou ao caso. Dise que desde entón, os comer- ciantes de gando procuraban non mercar animais que puides- en coñecer esta zona de Ponte, para evitar novos incidentes. MÁMOA DA CHOUSA NOVA (ABADES) As obras do Ave fixeron descubrir ao público a Mámoa da Chouxa Nova I, considerada a máis antiga de Galicia catalogada. BRAÑAS DE XESTOSO (XESTOSO) Dise que antigamente recollíanse destas brañas plantas medi- cinais que servían para curar persoas con algunhas enfermida- des. Foron declaradas zona protexida. Están asulagados de auga. Forman parte da Rede Natura 2000. Nelas atópase a co- ñecida Lagoa Sacra, un embolsamento de auga que se produce en épocas de inverno e chuvia por mor das capas freáticas da terra. Conta a lenda que na Lagoa Sacra apareceron enterrados numerosos cadáveres. Estes eran de xente que participara nunha gran loita. Debido a isto só hai herba e pedras, sen árbore, para non profanar os mortos. CASTRO DE SAN MAMEDE (Copa do Castro) (O CASTRO) A Copa do Castro é o nome que se lle deu a este asentamento castrexo, que habitou estas terras hai algo máis de 2000 anos. Covas e pasadizos secretos con vigas de ouro e de alcatrán que levan dende o castro ata a fonte do Regueiro e ata o río Deza, tesouros agochados e custodiados por mouros e mouras que habitan baixo a terra ou míticos encantos en forma de animais coma un capón, son algunhas das lendas que xiran en torno ao lugar. Os seus mitos tamén sitúan na cima deste castro á actual igrexa románica de San Mamede, que despois sería trasladada ao lugar actual tras o asasinato dun cura mentres oficiaba a misa. CORNADO Na toponimia, aparecen na documentación medieval varios CORONATU ou CORNATU antes os cales temos a dúbida se son derivados de coroa (< lat. Corona), que é palabra común na toponimia para designar a parte máis elevada dun castro (coroa, croa), ou se é derivado de corno (< lat. cornu) que na toponimia designa prominencias pétreas, penedos puntia gudos etc. Ou ben do lat. CORONATU ‘con coroa’ ou cornatu (en forma de corno). Se cadra a realidade física do lugar pode permitir inclinarse por unha ou por outra. PETRÓGLIFO DE CHAO DE PETOS 2 (OLEIROS) Un dos maiores e máis fermosos petróglifos do Concello de Si- lleda, obxecto de visita nas rutas arqueolóxicas Xulio Rivas or- ganizadas polos veciños de Oleiros para poñer en valor o seu patrimonio. PROXECTO DIDÁCTICO ANTONIO FRAGUAS 9ª EDICIÓN 2014-2015 A PAISAXE LENDARIA E TOPONÍMICA DO CONCELLO DE SILLEDA FUNDACIÓN Antonio Fraguas Fraguas IES Pintor Colmeiro EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA IES Pintor Colmeiro

Upload: asferreiras

Post on 21-Dec-2015

31 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

Mapa cos topónimos de Silleda elaborado dentro do Proxecto Antonio Fraguas http://silledaasferreiras.blogspot.com.es/search/label/proxecto%20Antonio%20Fraguas

TRANSCRIPT

Page 1: Mapa de toponimia de Silleda

PENA ou COVA DOS MOUROS (OLEIROS)

Na zona norte do Castro Montaz existe unha cova na que segundo a tradición se agochaban os mouros habitantes dos castros. Hai décadas, cando os veciños ían co gando para o Castro, resgardábanse das inclemencias nesta cova.

VEIGHA DO MUÍÑO (XESTOSO)

Contan os veciños da aldea de Fontefría que no fondo dun prado se atopa un muíño no que se escondía un grupo de tres homes chamados os Foucellos porque pertencían a cuadrilla do mítico guerrilleiro O Foucellas. Este home era moi buscado pola garda civil, porque aló polo ano 1941 púxose á fronte dunha partida guerrilleira formada principalmente por prisio-neiros republicanos fuxidos dos batallóns de castigo disciplina-rio que existían naquela época en Galicia.

O CAMIÑO DA FEIRA (PONTE)

Con este nome coñecíase a ruta comercial (e tamén relixiosa) que unía as terras do Corpiño e as de Sillleda ao seu paso por Ponte. Unha das historias que aínda se recordan en relación con este camino, relata o caso que aconteceu cun boi vendido na feira de Silleda. O animal fora criado por un veciño de Ponte e, ao alcanzar unha certa idade, decidiu vendelo. Os seus compra-dores foron uns tratantes arzuáns, que tiñan que pasar por Ponte para continuar cara a súa terra. O animal, criado nos montes que atravesaba o Camiño, emprendeu a fuga monte arriba sen que os homes fosen quen de termar del, aínda que �-nalmente foron quen de atrapalo. Pasada unha tempada, cando viron de novo ao home que llelo vendera, preguntáronlle se era de preto do lugar onde acontecera a fuga do boi, pero o home non lles contestou ao caso. Dise que desde entón, os comer-ciantes de gando procuraban non mercar animais que puides-en coñecer esta zona de Ponte, para evitar novos incidentes.

MÁMOA DA CHOUSA NOVA (ABADES)

As obras do Ave �xeron descubrir ao público a Mámoa da Chouxa Nova I, considerada a máis antiga de Galicia catalogada.

BRAÑAS DE XESTOSO (XESTOSO)

Dise que antigamente recollíanse destas brañas plantas medi-cinais que servían para curar persoas con algunhas enfermida-des. Foron declaradas zona protexida. Están asulagados de auga. Forman parte da Rede Natura 2000. Nelas atópase a co-ñecida Lagoa Sacra, un embolsamento de auga que se produce en épocas de inverno e chuvia por mor das capas freáticas da terra. Conta a lenda que na Lagoa Sacra apareceron enterrados numerosos cadáveres. Estes eran de xente que participara nunha gran loita. Debido a isto só hai herba e pedras, sen árbore, para non profanar os mortos.

CASTRO DE SAN MAMEDE (Copa do Castro) (O CASTRO)

A Copa do Castro é o nome que se lle deu a este asentamento castrexo, que habitou estas terras hai algo máis de 2000 anos. Covas e pasadizos secretos con vigas de ouro e de alcatrán que levan dende o castro ata a fonte do Regueiro e ata o río Deza, tesouros agochados e custodiados por mouros e mouras que habitan baixo a terra ou míticos encantos en forma de animais coma un capón, son algunhas das lendas que xiran en torno ao lugar. Os seus mitos tamén sitúan na cima deste castro á actual igrexa románica de San Mamede, que despois sería trasladada ao lugar actual tras o asasinato dun cura mentres o�ciaba a misa.

CORNADO

Na toponimia, aparecen na documentación medieval varios CORONATU ou CORNATU antes os cales temos a dúbida se son derivados de coroa (< lat. Corona), que é palabra común na toponimia para designar a parte máis elevada dun castro (coroa, croa), ou se é derivado de corno (< lat. cornu) que na toponimia designa prominencias pétreas, penedos puntiagudos etc. Ou ben do lat. CORONATU ‘con coroa’ ou cornatu (en forma de corno). Se cadra a realidade física do lugar pode permitir inclinarse por unha ou por outra.

PETRÓGLIFO DE CHAO DE PETOS 2 (OLEIROS)

Un dos maiores e máis fermosos petróglifos do Concello de Si-lleda, obxecto de visita nas rutas arqueolóxicas Xulio Rivas or-ganizadas polos veciños de Oleiros para poñer en valor o seu patrimonio.

PROXECTO DIDÁCTICOANTONIO FRAGUAS

9ª EDICIÓN 2014-2015

A PAISAXE LENDARIA E TOPONÍMICA DO CONCELLO DE SILLEDA

FUNDACIÓN

Antonio Fraguas Fraguas

IES Pintor Colmeiro

EQUIPO DEDINAMIZACIÓN

LINGÜÍSTICAIES Pintor Colmeiro