memoria actividades deportivas 2006/2007...actividades deportivas 2006/2007 14 2. actividades de...
TRANSCRIPT
M E M O R I A
actividadesdeportivas2006/2007
EditaServizo de Deportes. Universidade de Vigo
Deseño e maquetaciónmagenta
ImprimeSixpress color
Depósito legal
2
SSAAÚÚDDOO DDAA VVIICCEERRRREEIITTOORRAA11.. AACCTTIIVVIIDDAADDEESS DDEE LLEECCEERR-FFOORRMMAACCIIÓÓNN
1.1. ESCOLAS DEPORTIVAS1.2. CURSOS CURTOS
22.. AACCTTIIVVIIDDAADDEESS DDEE LLEECCEERR-RREECCRREEAACCIIÓÓNN2.1. RUTAS CULTURAIS
2.2. DELECER. DEPORTE PARA O TEMPO LIBRE2.3. AUGAVENTURA. ACTIVIDADES NO MEDIO ACUÁTICO
33.. AACCTTIIVVIIDDAADDEESS DDEE CCOOMMPPEETTIICCIIÓÓNN3.1. COMPETICIÓNS INTERNAS
Ligas universitarias Resultados da fase final Intercampus e cadro de honra das ligas 06/07
XII Torneo IntercentrosCampionatos individuaisCampionatos PDI e PAS
3.2. COMPETICIÓNS INTERUNIVERSITARIASCampionatos galegos
Campionatos de España Xogos Galaico-Durienses
3.3. OUTRAS COMPETICIÓNS
44.. SSEECCCCIIÓÓNNSS FFEEDDEERRAADDAASS4.1. CAMPUS DE OURENSE
Baloncesto Tenis
4.2. CAMPUS DE PONTEVEDRA Ximnasia aeróbica
4.3. CAMPUS DE VIGORugby
XadrezTenis
TríatlonCarreiras de orientación
55.. IINNSSTTAALLAACCIIÓÓNNSS DDEEPPOORRTTIIVVAASS5.1. USOS INTERNOS: COMUNIDADE UNIVERSITARIA
5.2. USOS EXTERNOS
66.. EEVVEENNTTOOSS EE AACCTTIIVVIIDDAADDEESS6.1. ORGANIZADOS POLO SERVIZO DE DEPORTES6.2. SEDES DOUTRAS ACTIVIDADES E EVENTOS
77.. OOUUTTRROOSS SSEERRVVIIZZOOSS EE VVAANNTTAAXXEESS7.1. TARXETA DEPORTIVA UNIVERSITARIA
7.2. DUE7.3. ÁREA DE DEPORTE E SAÚDE
88.. AARRQQUUIIVVOO DDEE PPRREENNSSAA
99.. DDIIRREECCTTOORRIIOO EE EENNTTIIDDAADDEESS CCOOLLAABBOORRAADDOORRAASS
557779
1111111314
117717
24
27
229929
30
31
33773838
44114145
4477474747
4499
5555
ÍNDICE
4
MMªª DDEELL CCAARRMMEENN CCAABBEEZZAA PPEERREEIIRROOVViicceerrrreeiittoorraa ddee EExxtteennssiióónn CCuullttuurraall ee EEssttuuddaanntteess
Esta memoria que agora vos presentamos é testemuño da presenza do deporte na Universidadede Vigo e de como devagariño imos conseguindo ese obxectivo de que o deporte calle como unhábito de vida saudable e non se interprete como algo exclusivo dun grupo diferenciado e alleo.Temos a función de incorporar o deporte nas rutinas da comunidade universitaria e a de incorporaros deportistas na vida académica.
A percepción que temos á vista dos datos que aquí vos ofrecemos é que xa somos bastantevisibles. As iniciativas encamiñadas a xeneralizar a práctica deportiva regular e saudable vanprendendo no colectivo universitario. Estamos satisfeitos coas cifras de participación nas ligas etorneos, así como coa acollida das escolas deportivas e do resto dos programas de actividades.Pero, como somos ambiciosos, temos sempre a meta posta un pouco máis alá, e faremos eseesforzo adicional por gañar máis puntos a favor de que a práctica deportiva se integrecompletamente como parte dos hábitos dos universitarios.
Isto é así porque temos unha concepción de servizo á comunidade, así como tamén un obxectivode mellora constante e de adaptación ás demandas. Propómonos, en concreto:
1. Amparar e propiciar o deporte feminino. Contamos con aliadas excepcionais, como o equipo derugby feminino, que fixo un importante labor de difusión deste deporte e de captación de xogadoras.
2. Consolidar modalidades deportivas de aire libre, así como tamén as que máis nos vinculan coscontornos social e xeográfico, como as carreiras de orientación e de cros.
3. Diversificar a oferta deportiva para adaptala a todos os gustos, potenciando as nosascapacidades a través do pulo a iniciativas que xorden dende os universitarios, interesados noxadrez, no balonmán, no rugby e no tenis de mesa.
4. Facer realidade o soño de compaxinar a práctica do deporte de alto nivel de competición coseguimento das clases e das avaliacións.
5. Colaborar con outras entidades que aproveitan as nosas instalacións para adestrar os seusequipos ou que ofrecen apoio á práctica deportiva.
Ademais da actividade deportiva, tamén hai tempo para a solidariedade, da que son un bo exemploos maratóns de aeróbic, e, como non, para a diversión compartida e amenizada polos grupos deteatro da Universidade de Vigo, na festa do deporte en que se entregan os trofeos para osgañadores nas diferentes modalidades e que este curso tivo lugar no Campus de Ourense o 22 demaio.
Antes de rematar, quérovos dar beizóns a todos, participantes, colaboradores e persoal do Servizode Deportes, por facerdes isto posible.
6
ACTTIVIDADES DE LECER
FOORMACIÓÓNN
11..11.. EESSCCOOLLAASS DDEEPPOORRTTIIVVAASS DDuurraacciióónn:: ddee nnoovveemmbbrroo aa mmaaiioo
Máis de 40 modalidades diferentes compuxeron un ano máis oprograma estrela do Servizo de Deportes nos tres campus, unprograma que reuniu durante este curso a máis de 1600 persoas.Os usuarios seguen a considerar as escolas deportivas como unmedio de achegarse a disciplinas deportivas ás que nunca tiveronacceso, ademais de ser unha canle para adquiriren hábitossaudables.
1.ACTIVIDADESDE LECER-FORMACIÓN
7
www.deportes.uvigo.es
1.ACTIVIDADESDE LECER-FORMACIÓN
memoriaactividadesdeportivas2006/2007
8
Nº
89425516124
264981383
CAMPUS DEOURENSEMODALIDADE
AeróbicAeroboxAquafitnessBoxeoCapoeiraDanza aeróbicaDanza do ventreIogaKarateKick-boxingNatación (curso)Natación (libre)PilatesTai chiTenisVoleibolWu-shuXadrezTOTAL
CAMPUS DEPONTEVEDRAMODALIDADE
AeróbicAerostepBailes de salónCapoeiraIogaFitness-musculaciónNataciónPower pumpTai chiWellnessTOTAL
Nº
86342372183441214301174021452374548
CAMPUS DEVIGOMODALIDADE
Abdominais-estiramentosAero-batukAeróbicAeróbic stepAeroboxAerotonAquagymBody-pumpCapoeiraDanzas orientaisDoyinFit ball pilatesFull contactGAPHip-hopIogaJiu-jitsuJudoKendoKick-boxingLatinoNataciónPádelPilatesPower gapSpinningStepTaekwondoTai chiTenisTonificaciónWu shu sandaXadrezXimnasia demantementoTOTAL
Nº
3
194742173248284012117419707119207621326524416176711227
709TOTAL ESCOLAS 1640
1.ACTIVIDADESDE LECER-FORMACIÓN
9
www.deportes.uvigo.es
Nº241741
CAMPUS DE VIGOMODALIDADECurso de mergullo Open Water Diver (abril de 2007)Curso de ioga para as costas e relaxación (xuño de 2007)TOTAL
11..22.. CCUURRSSOOSS CCUURRTTOOSS
DDuurraacciióónn:: ddee oouuttuubbrroo aa xxuuññoo
Son dous os obxectivos que se marcan neste tipo de actividadesmonográficas cunha duración aproximada dun mes: achegarllesaos universitarios modalidades minoritarias ou pouco habituais eafondar e completar as modalidades que tiveron máis éxito duranteo curso escolar.
10
ACTTIVIDADES DE LECER RECREACIÓÓNN
2.ACTIVIDADESDE LECER-RECREACIÓN
11
www.deportes.uvigo.es
22..11.. RRUUTTAASS CCUULLTTUURRAAIISS
DDuurraacciióónn:: ddee nnoovveemmbbrroo aa mmaaiioo
Máis de 500 persoas participan cada ano neste programa quedestaca por se centrar no coñecemento do contorno, ao tempo quese descobren o patrimonio histórico e os recursos naturais do nosopaís. Durante o curso 2006/2007 organizáronse un total de dezsaídas a pé, de entre 10 e 25 km nas que os participantescoñeceron da man de guías especializados os detalles históricos,etnográficos e culturais dalgúns dos recunchos con máis encantodas provincias de Ourense e Lugo.
Unha das novidades introducidas nesta edición foi a celebracióndunha fin de semana en Allariz, na que se gozou do medio destapeculiar vila ourensá.
Como incentivo á actividade os estudantes conseguiron un créditode libre configuración por cada tres rutas asistidas.
2.ACTIVIDADESDE LECER-RECREACIÓN
memoriaactividadesdeportivas2006/2007
12
RUTAS CULTURAIS
DATA18.11.06 Castro de San Tomé e A Chavasqueira02.12.06 Mosteiro de San Pedro de Rocas16.12.06 Ruta do Ribeiro 13.01.07 Ruta Pena Corneira24.02.07 Ruta da Ribeira Sacra03.03.07 Canóns do Sil24.03.07 Serra do Xurés14.04.07 O Incio28.04.07 Vía da Prata06.05.07 Fin de semana en AllarizTOTAL ROTEIROS
VIGO
2722141719202318205
185
OURENSE
39413531433336363115
340
TOTAL
66634948625359545120
525
2.ACTIVIDADESDE LECER-RECREACIÓN
13
www.deportes.uvigo.es
22..22.. DDEELLEECCEERR.. DDEEPPOORRTTEE PPAARRAA OO TTEEMMPPOO LLIIBBRREE
DDuurraacciióónn:: mmeesseess ddee mmaarrzzoo ee aabbrriill
A suma de deportes, diversión e contacto coa natureza dá comoresultado Delecer. Ás xa habituais actividades como o golf, opontismo ou o paracaidismo, uniuse este ano multiaventura.
CAMPUS DE VIGO
PontismoParapenteParacaidismoTOTAL
PARTICIPANTES
37181267
22..33.. AAUUGGAAVVEENNTTUURRAA.. AACCTTIIVVIIDDAADDEESS NNOO MMEEDDIIOO AACCUUÁÁTTIICCOO
DDuurraacciióónn:: ddee mmaarrzzoo aa xxuuññoo
A Universidade de Vigo non lles pode dar as costas aos recursosacuáticos galegos e por iso na sétima edición deste programaquixemos engadir un compoñente “adrenalínico”. Rafting, zorraacuática, surf e catamarán foron as actividades que reuniron aosusuarios que querían experimentar novas sensacións.
2.ACTIVIDADESDE LECER-RECREACIÓN
memoriaactividadesdeportivas2006/2007
14
2.ACTIVIDADESDE LECER-RECREACIÓN
15
www.deportes.uvigo.es
CAMPUS DE VIGO
RaftingWindsurfSurfTOTAL
PARTICIPANTES
2132246
16
ACTTIVIDADES DE COOMPETTICIÓÓNN
3.ACTIVIDADESDECOMPETICIÓN
17
www.deportes.uvigo.es
33..11.. CCOOMMPPEETTIICCIIÓÓNNSS IINNTTEERRNNAASS
LLIIGGAASS UUNNIIVVEERRSSIITTAARRIIAASS
DDuurraacciióónn:: ddee nnoovveemmbbrroo aa mmaarrzzoo
Nas competicións internas da Universidade de Vigo conflúen enequilibrio o estímulo da competición como forma de superación ede logro de metas e o espírito recreativo baseado no goce daparticipación en si mesma.
Así, as ligas universitarias teñen o acicate de iren superando fasesda competición, dende a fase de Campus á fase de Intercampus,dende o Campionato Galego ao Campionato de EspañaUniversitario. Ao mesmo tempo aglutinan o maior número departicipantes de entre todas as actividades que organiza o Servizode Deportes.
CAMPUS DEOURENSE
MODALIDADEFútbol 7 masculinoFútbol sala femininoFútbol sala masculinoVoleibol mixtoVoleibol masculinoBalonmán mixtoBalonmán masculinoBaloncesto mixtoBaloncesto feminino Baloncesto masculinoTOTAL
CAMPUS DEPONTEVEDRA
EEQQUUIIPPOOSS
10438-1-2--864
NNºº PPEERRSSOOAASS
12040380-8-22--80658
EEQQUUIIPPOOSS
131145--3-1239
NNºº PPEERRSSOOAASS
1821216860--42-1224500
EEQQUUIIPPOOSS
718605-5-13--162
NNºº PPEERRSSOOAASS
11369672060-70-156--2238
CAMPUS DEVIGO
TOTAL LIGAS EQUIPOS: 265Nº PERSOAS: 3396
3.ACTIVIDADES
DECOMPETICIÓN
memoriaactividadesdeportivas2006/2007
18
RREESSUULLTTAADDOOSS:: FFAASSEE FFIINNAALL IINNTTEERRCCAAMMPPUUSS
O 1 de marzo no Campus de Vigo os cabezas de serie dos campusde Ourense, Pontevedra e Vigo enfrontáronse na FinalIntercampus, nun total de nove modalidades deportivas:baloncesto masculino e feminino, balonmán masculino, fútbol salamasculino e feminino, fútbol 7 masculino, rugby masculino evoleibol masculino e feminino.
Os equipos que gañaron en cada disciplina representaron aUniversidade de Vigo no Campionato Galego de Deportes deEquipo.
3.ACTIVIDADESDECOMPETICIÓN
19
www.deportes.uvigo.es
CCAADDRROO DDEE HHOONNRRAA LLIIGGAASS 22000066//22000077
Baloncesto feminino1.º posto: Marea negra (Campus de Ourense)2.º posto: Las morosit@s (Campus de Vigo)
Baloncesto masculino1.º posto: Turcos (Campus de Vigo)2.º posto: Cuvilingüe (Campus de Vigo)
Balonmán masculino1.º posto: Todo rima con tikití (Campus de Vigo)2.º Posto: Campus de Ourense
Fútbol 11 masculino1.º posto: Spectra de Moscú (Campus de Vigo)2.º posto: Zona Franka (Campus de Ourense)
Fútbol sala feminino1.º posto: Os Ánxeles de Dido (Campus de Ourense)2.º posto: ACUAFEEL (Campus de Vigo)
Fútbol sala masculino1.º posto: Un caño, unas risas y pa casa (Campus de Ourense)2.º posto: Peritos (Campus de Vigo)
Voleibol masculino1.º posto: Mexturansa galega (Campus de Vigo)2.º posto: Manganchas (Campus de Ourense)
3.ACTIVIDADES
DECOMPETICIÓN
memoriaactividadesdeportivas2006/2007
20
XXIIII TTOORRNNEEOO IINNTTEERRCCEENNTTRROOSS
DDuurraacciióónn:: ddoo 99 ddee aabbrriill aaoo 2222 ddee mmaaiioo
O Torneo Intercentros recolle o testemuño das ligas universitariaspara seguir xogando en equipo. Entre o 9 de abril e o 10 de maio,o enfrontamento foi entre agrupacións de membros da mesmafacultade ou centro. Á final do 22 de maio no Campus de Ourensechegaron os mellores de cada campus.
Coincidindo coa final do XII Torneo Intercentros celebrouse a XVIFesta do Deporte, o acto no que o Servizo de Deportes agasalla agañadores de ligas universitarias e deportistas destacados datemporada.
TOTAL DE PARTICIPANTES EN INTERCENTROS 1230
3.ACTIVIDADESDECOMPETICIÓN
21
www.deportes.uvigo.es
CLASIFICACIÓN DO XII TORNEO INTERCENTROSBaloncesto masculino: 1.º posto: Fac. de CC Empresariais (Campus de Ourense)2.º posto: Fac. de CC da Educación e do Deporte (Campus de Pontevedra)
Balonmán masculino1.º posto: Fac. de Informática (Campus de Ourense)2.º posto: Fac. de Historia (Campus de Ourense)
Fútbol sala feminino1.º posto: Fac. de CC da Educación (Campus de Ourense)2.º posto: Telecomunicacións (Campus de Vigo)
Fútbol sala masculino1.º posto: Fac. de CC Empresariais (Campus de Ourense)2.º posto: Fac. de CC da Educación e do Deporte (Campus de Pontevedra)
Fútbol 11 masculino1.º posto: Fac. CC. da Educación (Campus de Ourense)2.º posto: Escola de Peritos (Campus de Vigo)
3.ACTIVIDADES
DECOMPETICIÓN
memoriaactividadesdeportivas2006/2007
22
CCAAMMPPIIOONNAATTOOSS IINNDDIIVVIIDDUUAAIISSDDuurraacciióónn:: mmaarrzzoo ee aabbrriill
Tenis de mesa (22 de marzo de 2007)1.º posto: Indalecio Vázquez2.º posto: Samuel GarcíaTotal de participantes: 30
Tenis (26 de marzo ao 11 de abril)Categoría feminina1.º posto: Eva Alves Comesaña2.º posto: Nerea Santomé PereiraCategoría masculina1.º posto: Jan Lukas Menzel Barraqueta2.º posto: Miguel Sequeiros ArnosiCategoría de dobres masculino1.º posto: Pablo Fernández Carballo e Alberto Rodríguez Munaiz2.º posto: Miguel Sequeiros Arnosi e Alberto Vilas IbáñezTotal de participantes: 37
TOTAL DE CAMPIONATOS INDIVIDUAIS 67
3.ACTIVIDADESDECOMPETICIÓN
23
www.deportes.uvigo.es
CCAAMMPPIIOONNAATTOOSS PPDDII EE PPAASS
O tempo de competición tamén chega para o cadro de persoal;profesores e persoal administrativo saltan ao terreo de xogo noscampionatos PDI e PAS. Os gañadores representan aUniversidade de Vigo no Campionato Galego de PDI e PAS.
CLASIFICACIÓN CAMPIONATOS PDI E PAS
Fútbol 7 masculinoParticiparon cinco equipos e 74 xogadores1.º posto: Teleco2.º posto: Económicas
Baloncesto masculinoParticiparon tres equipos e 27 xogadores1.º posto: Os Lacustres de Marcosende2.º posto: Ourense
TOTAL DE PARTICIPANTES 101
En maio de 2007 celebrouse na Coruña o Campionato GalegoUniversitario de PDI e PAS. Este ano a competición incluíu asmodalidades de fútbol 7 masculino e baloncesto masculino. AUniversidade de Vigo acadou o 2.º e 3.º posto en fútbol 7 e o 3.ºposto en baloncesto.
CCAADDRROO RREESSUUMMOO DDOOSS PPAARRTTIICCIIPPAANNTTEESS EENN CCOOMMPPEETTIICCIIÓÓNNSSIINNTTEERRNNAASS
CAMPIONATOS COMPETICIÓNS INTERNAS
Ligas universitarias-IntercentrosCompeticións individuaisCampionato PDI e PASTOTAL
PARTICIPANTES
3714671013882
3.ACTIVIDADES
DECOMPETICIÓN
memoriaactividadesdeportivas2006/2007
24
33..22.. CCOOMMPPEETTIICCIIÓÓNNSS IINNTTEERRUUNNIIVVEERRSSIITTAARRIIAASS
CCAAMMPPIIOONNAATTOOSS GGAALLEEGGOOSS
DDuurraacciióónn:: ddee xxaanneeiirroo aa aabbrriill
Esta competición enfronta a representantes das tres universidadesgalegas tanto en deportes de equipo coma individuais.
PARTICIPANTES
65 da Universidadede Vigo
30 da Universidadede Vigo
56 deportistas19 deportistas6 deportistas2 deportistas27 deportistas32 deportistas
ORGANIZACIÓN E PARTICIPACIÓN
Campionato Galego Universitario de Carreira enRuta: 10 km, 1 de abril. Campus das LagoasMarcosendeCampionato Galego Universitario de Deporte deOrientación, 24 de marzo. Serra do Galiñeiro
PARTICIPACIÓN
Campionato Galego Universitario de Deportes ColectivosCampionato Galego Universitario de NataciónCampionato Galego Universitario de Raid de AventuraCampionato Galego Universitario de Volei PraiaCampionato Galego Universitario de XadrezCampionato Galego Universitario do PDI e PAS
3.ACTIVIDADESDECOMPETICIÓN
25
www.deportes.uvigo.es
CAMPIONATOS DE ESPAÑA
DEPORTES INDIVIDUAIS
Atletismo (San Javier, Murcia. 23 e 24 de maio de 2007)Ouro. 1500 m lisos. Víctor RiobóOuro. 5 km marcha. Lorena LuancesBronce. 200 m lisos. Miguel Gómez
Judo (Madrid. 12 e 13 de maio do 2007)Ouro. <73 kg Miguel Romero
Natación (Madrid. 13 e 14 de maio de 2007)Prata. 200 m estilos. Carlota Recio
Taekwondo (Córdoba. 11, 12 e 13 de maio de 2007)Ouro. Peso superlixeiro. Lúa Piñeiro DevesaPrata. Peso lixeiro. Cristina Baena TorresBronce. Peso pluma. Leticia SantosOuro. Peso galo. David Vidal BenítezOuro. Peso mosca. Bruno García FernándezPrata. Peso medio. Darío Daniel Pérez Brutcher
OURO POR EQUIPOS
Lúa Piñeiro DevesaCristina Baena TorresBruno García FernándezLeticia Santos PazDavid Vidal BenítezDarío Daniel Pérez BrutcherFrancisco Santiago OteroPablo Casares EspinosaFernando Rascado RíosM.ª Rebeca Mariño TorradoIleana Rodríguez CruzCristina Fernández NeiraNazareth Tilve Costas
3.ACTIVIDADES
DECOMPETICIÓN
memoriaactividadesdeportivas2006/2007
26
XXOOGGOOSS GGAALLAAIICCOO-DDUURRIIEENNSSEESS
A Universidade do Porto foi a encargada de organizar a XXI edicióndos Xogos Galaico-durienses, que se celebraron os días 21, 22 e23 de novembro de 2006. Esta competición enfrontou as tresuniversidades galegas (A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo)e as universidades portuguesas do Minho, Porto e UTAD(Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro) en novemodalidades deportivas: baloncesto, voleibol, fútbol 7, escalada,tenis, tenis de mesa, natación, xadrez e bowling. A Universidade deVigo acadou o primeiro posto en voleibol e o segundo enbaloncesto. Na clasificación xeral a anfitrioa Universidade do Portofoi a vencedora por puntos.
CAMPIONATOS DE ESPAÑA
Deportes colectivos - InterzonalDeportes individuais - Fase finalTOTAL
PARTICIPANTES
8354137
CLASIFICACIÓN XERAL
1.ª. Universidade do Porto2.ª. Universidade de Santiago de Compostela3.ª. Universidade do Minho4.ª. Universidade da Coruña5.ª. Universidade de Vigo6.ª. Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro
REPRESENTANTES DA UNIVERSIDADE DE VIGO 50
3.ACTIVIDADESDECOMPETICIÓN
27
www.deportes.uvigo.es
33..33.. OOUUTTRRAASS CCOOMMPPEETTIICCIIÓÓNNSS
MMAARRAATTÓÓNN DDEESS SSAABBLLEESS
ddoo 2233 ddee mmaarrzzoo aaoo 22 ddee aabbrriill ddee 22000077
Tres deportistas da Universidade de Vigo participaron na vixésimosegunda edición do Maratón des Sables 2007, mítica proba decarreira a pé de ultrarresistencia que se desenvolveu ao longo desete días polo deserto do Sáhara sur marroquí. O equipointegrábano José García-Calvo Rodríguez, Jesús Díaz Barreiros eAna Guede Blanco, como primeira muller española en participarnesta proba.
O balance da expedición foi moi positivo. Destacou o excelentesegundo posto de José Luis García Calvo na categoría deveteranos.
28
SECCIÓÓNNS FEDERADAS
44..11.. CCAAMMPPUUSS DDEE OOUURREENNSSEE
BBAALLOONNCCEESSTTOO
CCaatteeggoorrííaa mmaassccuulliinnaa
O equipo Universitario Campus Ourense clasificouse 6.º na faseprevia do Grupo Sur, na categoría da 1.ª División Nacional. Atemporada comezou con Diego Valiñas como adestrador, quen foisubstituído posteriormente por Augusto Estévez, que conseguiu unano máis a permanencia nesta categoría.
CCaatteeggoorrííaa ffeemmiinniinnaa
A sección feminina do Universitario Campus Ourense, dirixida porJosé Manuel González (Chechu) comezou a temporada 2006-2007na 1.ª División Autonómica, na que quedou en quinto lugarempatada a puntos co cuarto clasificado. Isto determinou que oequipo tivera que xogar a 2.ª fase pola permanencia na categoría.Despois de ter que librar numerosos imprevistos e lesións, oequipo finalmente quedou 7.º clasificado, polo que perdeu destexeito a categoría.
TTEENNIISS
O equipo absoluto masculino participou na 3.ª división doCampionato Galego, na que se clasificou en primeiro lugar e loitouun ano máis polo ascenso á 2.ª B. Finalmente non puido confirmaro ascenso ao perder fronte ao Club Santo Domingo no derradeiropartido da promoción de ascenso. O equipo cadete mixto participouna 2.ª división do Campionato Galego. O equipo masculino deveteranos participou na 2.ª categoría galega.
OOuuttrrooss ffeeiittooss
Por quinto ano consecutivo o club organizou o Torneo Universitariode Tenis, con catro categorías abertas (cadete masculino, júniormasculino, sénior masculino e feminino) e no que participaron osxogadores máis destacados do circuíto galego, especialmente nacategoría sénior, en que se formou un cadro moi competitivo e naque os xogadores do club amosaron a súa calidade ao conseguir osubcampionato na categoría sénior e o triunfo para PabloMosquera na categoría júnior.
4. SECCIÓNSFEDERADAS
29
www.deportes.uvigo.es
4. SECCIÓNSFEDERADAS
memoriaactividadesdeportivas2006/2007
30
44..22.. CCAAMMPPUUSS DDEE PPOONNTTEEVVEEDDRRAA
XXIIMMNNAASSIIAA AAEERRÓÓBBIICCAA
A sección federada da Universidade de Vigo demostrou un anomáis o alto nivel dos 20 ximnastas que forman o equipo na súaparticipación no XII Campionato de España de Ximnasia Aeróbica2007 e IV Campionato Nacional Base e Promoción de Ximnasia2007 celebrado en Logroño o 18, 19 e 20 de maio de 2007.
O equipo conseguiu un terceiro e un quinto posto no VICampionato Nacional Base e Promoción de Ximnasia Aeróbica, nacategoría de grupos de promoción. Tamén acadou un meritoriocuarto posto no XII Campionato de España de Ximnasia Aeróbica,na categoría individual masculina absoluta, obtido por RodrigoVázquez Pardal.
OOuuttrraass aaccttiivviiddaaddeess
O equipo colaborou na organización do III Maratón de AeróbicSolidario de Pontevedra, celebrado o 23 de novembro de 2006 eno II Maratón de Aeróbic Solidario do Campus de Vigo, celebradoo 14 de marzo de 2007.
4. SECCIÓNSFEDERADAS
31
www.deportes.uvigo.es
44..33.. CCAAMMPPUUSS DDEE VVIIGGOO
RRUUGGBBYY
A sección de rugby da Universidade de Vigo destacou este curso,non só polos resultados deportivos, senón tamén pola organizacióndas I Xornadas de Rugby Feminino da Universidade de Vigo,nunha extraordinaria tentativa de difundir a práctica deste deporteentre a comunidade universitaria. As xornadas tiveron un éxitorotundo do Vigo Rugby Club en colaboración co Servizo deDeportes, e acolleron a participación de preto de 30 rapazas.
Como mellores resultados da temporada, destaca o 2.º posto doequipo masculino na División de Honra B e o 3.º posto do equipofeminino na liga galega. O club pechou a temporadaproclamándose campión da Copa Xunta de Galicia nas categoríasfeminina e masculina.
4. SECCIÓNSFEDERADAS
memoriaactividadesdeportivas2006/2007
32
XXAADDRREEZZ
Esta sección, que dirixe Pablo García, estivo representada pordous equipos na Liga Galega de Xadrez 2007: un equipo nadivisión de honra e outro na segunda división.
O equipo de división de honra formouse en colaboración coaEscola Xadrez Galego e no seu segundo ano na categoría raíña doxadrez galego estase a converter, cun cadro integramente galego,nun referente importante dentro da comunidade.
Tras liderar a maior parte da temporada, rematou nun meritorio etraballado segundo posto e clasificouse por primeira vez na historiadun equipo de Vigo para a final a catro da liga galega.
O equipo de segunda división forma parte da Campaña depromoción do xadrez en idade escolar. Trátase dun equipo formadopor xadrecistas en idade escolar aos que se lles brindou aoportunidade de adestrar e practicar cos técnicos e xogadores doUniversidade de Vigo. Malia ser o equipo con menos experiencia,loitou ata o final por ascender á primeira división, nun ano que nunprincipio se esperaba que servise de consolidación na categoría.
4. SECCIÓNSFEDERADAS
33
www.deportes.uvigo.es
TTEENNIISS
A sección de tenis da Universidade de Vigo dirixida por JoaquínComesaña participou esta temporada con dous equiposmasculinos e un feminino, integrados por 33 deportistas nascompeticións de tenis por equipos da Federación Galega así comano Campionato de España por equipos femininos absolutos,categoría C.
O Universidade de Vigo B masculino ascendeu á 2.ª categoría B.
Pola súa banda, o equipo feminino conseguiu o subcampionatogalego por equipos.
O equipo infantil feminino de primeira categoría obtivo o primeiroposto na final de consolación.
4. SECCIÓNSFEDERADAS
memoriaactividadesdeportivas2006/2007
34
TTRRÍÍAATTLLOONN
Neste curso o equipo de tríatlon aumentou tanto en número decompoñentes coma en participacións en probas do ámbito galegoe tamén estatal; pasou de 13 deportistas na temporada 2006 a 28en 2007 (24 homes e 4 mulleres).
O equipo participou no circuíto de dúatlon cros, do que destacamoso 6.º posto masculino por equipos, o 8.º posto feminino de JessicaPacífico e o 19.º masculino de Javier Paredes González.
Varios triatletas da UVigo participaron brillantemente encompeticións de ámbito nacional, entre elas, os clasificatorios parao Campionato de España de grupos de idade co 1.º postoindividual de Luis Alberto Piña Refojos (tríatlon de Madrid) e o 4.ºposto de María Mercedes Táboas Docampo (tríatlon de Xixón).
Cómpre salientar a participación de Luis Piña e Jorge Ubeira notríatlon de media distancia de Lisboa e de Alejandro HernándezAlfageme no Ironman de Suíza.
CCAARRRREEIIRRAASS DDEE OORRIIEENNTTAACCIIÓÓNN
O Club Universidade de Vigo de Deporte de Orientación, integradopor 18 deportistas, obtivo na temporada 2007 un total de 2566puntos, co que obtivo a sétima posición da clasificación galega logoda disputa de cinco probas da Liga Galega.
Entre os mellores resultados do club destacan:
4. SECCIÓNSFEDERADAS
35
www.deportes.uvigo.es
3.º posto Isabel Pastoriza 2.º posto Martín Pazó 2.º posto Isabel Pastoriza3.º posto Carlota Veiga4.º posto Alicia Pérez 2.º posto Isabel Pastoriza2.º posto Gonzalo Fernández 4.º posto Martín Pazó 13.º posto Gonzalo Fernández 3.º posto Rubén Fraga
Trofeo Internacional Concello de Teo 2006V Trofeo Universidade de Vigo 2006Campionato Galego de Deporte deOrientación 2007
Campionato Galego Universitario 2007
Campionato de España 2007Campionato Galego de ORI-sprint 2007
O club organizou neste curso 2006/2007 catro probas importantes:as edicións quinta e sexta do Trofeo Universitario de Vigo deDeporte de Orientación, proba puntuable na liga galega; oCampionato Galego Universitario 2007 e unha proba de iniciaciónao deporte de orientación nun percorrido polo campus vigués.
36
INNSTTALACIÓÓNNS DEPOORTTIVAS
5.INSTALACIÓNSDEPORTIVAS
37
www.deportes.uvigo.es
55.. IINNSSTTAALLAACCIIÓÓNNSS DDEEPPOORRTTIIVVAASS
CAMPUS DEVIGO
Edificio do Servizo deDeportesSalas de actividadesdirixidasAula para cursosSala de xadrez
Pavillón polideportivoPista polideportivaSala de cardiofitnessZona de tenis de mesaRocódromoPistas de tenisexterioresPista polideportivaexteriorCampo de herbanaturalCampo de céspedesintéticoPista de atletismoPista de footingCentro DeportivoUniversitario (CDU)PiscinaPistas de squashSala de cardiofitnessSala de actividadesdirixidas
CAMPUS DEPONTEVEDRA
PavillónpolideportivoPista polideportivaSala de fitness
CAMPUS DEOURENSE
Edificio deportivoPista polideportivaPistas de squashSala de fitnessZona de tenis de mesaÁrea de xadrez
Zona deportivaexteriorPista polideportivaPista de tenis
5.INSTALACIÓNSDEPORTIVAS
memoriaactividadesdeportivas2006/2007
38
55..11.. UUSSOOSS IINNTTEERRNNOOSS:: CCOOMMUUNNIIDDAADDEE UUNNIIVVEERRSSIITTAARRIIAA
Os principais usuarios das instalacións deportivas son os membrosda comunidade universitaria dos tres campus, basicamente através da participación nas distintas actividades programadas poloServizo de Deportes como as escolas ou as ligas.
Máis de 3300 persoas participaron nas ligas universitarias, dentrodas súas diversas modalidades, cunha media de 130 horas ásemana.
Hai que destacar tamén que unha media de 125 persoas utilizarondiariamente cada unha das salas de cardiofitness dos campus deVigo e Ourense.
55..22.. UUSSOOSS EEXXTTEERRNNOOSS
Os campus de Ourense e Vigo alúganlles as instalacións ausuarios externos. Numerosas entidades ocupan os recintosdeportivos 90 horas á semana, especialmente nos horarios desábado e domingo.
5.INSTALACIÓNSDEPORTIVAS
39
www.deportes.uvigo.es
CAMPUS INSTALACIÓN USUARIOSOurense Polideportivo
Federación Galega de BaloncestoFederación Galega de JudoFederación Galega de Kick BoxingFederación Galega de Fútbol SalaAsociación de Tai ChiClub Baloncesto Ourense (COB)CopimodaMOSAEquipo de baloncesto Universitario Campus OurenseActividades do Consello Municipal dos Deportes (CMD)Usuarios particulares: 5
Vigo Pista do pavillónGrupo de empresa PSA Peugeot-CitroënGKN IndugasaClub de Baloncesto AirexaCelta CaixanovaNoribérica BaloncestoLiceo PintamánTeis VoleibolCafetaría Celta PoolRestaurante GrobaLuada II Fútbol SalaUsuarios particulares: 10
Pista polideportiva exteriorCoruxo FC
Campo sintético de fútbolTorneo Agrupación PrimaveraTorneo Agrupación AmistadCEDROGrupo SEICoruxo FCAcopeviVigo en XogoUsuarios particulares: 7
Pistas de tenisGrupo de empresa PSA Peugeot-CitroënClub de Tenis Cidade Olívica
Pista de atletismoClub Atletismo PorriñoClub Atletismo Val de LouriñaColexio de Árbitros de FútbolIgrexa Evanxélica de VigoCEMAR – Colexio Marcote (ciclo Actividade Física e Deportiva)Sociedade Deportiva Atletismo San Miguel de OiaAcademia FonsecaClub Atletismo Val de LouriñaCD AthenasIES A Guía
40
EVENNTTOOS E ACTTIVIDADES
6. EVENTOSEACTIVIDADES
41
www.deportes.uvigo.es
66..11.. OORRGGAANNIIZZAADDOOSS PPOOLLOO SSEERRVVIIZZOO DDEE DDEEPPOORRTTEESS
IIIIII MMAARRAATTÓÓNN DDEE AAEERRÓÓBBIICC SSOOLLIIDDAARRIIOO AA PPRROOLL DDEE UUNNIICCEEFF
PPoonntteevveeddrraa,, 2233 nnoovveemmbbrroo ddee 22000066
A sección de aeróbic da Universidade de Vigo repetiu a experienciado ano pasado e convocou a universitarios e non universitarios ase poren en forma por unha boa causa. Arredor de 120 persoascolaboraron con material escolar novo na campaña de Unicef.
IIII MMAARRAATTÓÓNN DDEE AAEERRÓÓBBIICC SSOOLLIIDDAARRIIOO CCAAMMPPUUSS DDEE VVIIGGOO
VViiggoo,, 1144 ddee mmaarrzzoo ddee 22000077
Preto de 150 persoas sumáronse á iniciativa solidaria do Servizode Deportes en colaboración con Unicef na súa campaña Unidospola infancia, unidos contra a sida, ao participar nunha novaedición do maratón de aeróbic no pavillón universitario.
6. EVENTOSE
ACTIVIDADES
memoriaactividadesdeportivas2006/2007
42
1100 KKMM CCIIDDAADDEE UUNNIIVVEERRSSIITTAARRIIAA
VViiggoo,, 11 ddee aabbrriill ddee 22000077
A carreira 10 Km Cidade Universitaria foi unha iniciativa do Servizode Deportes en colaboración coa Delegación en Vigo daFederación Galega de Atletismo e o Comesaña Sporting Club deVigo.
Esta carreira a pé de 10 km desenvolveuse no contorno do campusde Vigo, con saída e chegada nos arredores da Praza Miralles, econtou coa participación de 340 deportistas federados,universitarios e populares.
En categoría masculina resultou gañador Rafael Fuentes (ClubUniversidad de Oviedo) e na feminina a viguesa María SoledadCastro (Comesaña Sporting Club).
6. EVENTOSEACTIVIDADES
43
www.deportes.uvigo.es
VVII TTRROOFFEEOO UUNNIIVVEERRSSIIDDAADDEE DDEE VVIIGGOO DDEE CCAARRRREEIIRRAASS DDEEOORRIIEENNTTAACCIIÓÓNN
VViiggoo,, 1199 ddee mmaaiioo ddee 22000077
A serra do monte Galiñeiro acolleu por quinto ano consecutivo apreto de 300 deportistas de orientación. A proba incluída dentro daLiga Galega de Carreiras de Orientación tivo tamén un compoñentelúdico e de iniciación no deporte. Por este motivo, á par dopercorrido de competición trazouse outro máis sinxelo para osprincipiantes. A pé ou en bicicleta de montaña os participantespuideron sacarlle partido un ano máis ao mapa topográfico da serrarealizado polo Club de Orientación da Universidade de Vigo.
II TTOORRNNEEOO UUVVIIGGOO DDEE RRUUGGBBYY FFEEMMIINNIINNOO
1144 aabbrriill 22000077
O Servizo de Deportes, en colaboración co Vigo Rugby Club,organizou durante os meses de marzo e abril de 2007 unhasxornadas de achegamento ao rugby feminino coa participación de28 rapazas. As xornadas clausuráronse coa celebración do ITorneo Uvigo de Rugby Feminino celebrado no Campus de Vigo o14 de abril coa presenza de diversos clubs galegos e portugueses.Finalmente, o equipo gañador foi un combinado de xuvenís eveteranas do Vigo Rugby Club.
6. EVENTOSE
ACTIVIDADES
memoriaactividadesdeportivas2006/2007
44
XXOORRNNAADDAASS DDEE PPEETTAANNCCAA
xxuuññoo 22000077
Preto de trinta participantes gozaron deste xogo tradicional, nunhasxornadas organizadas polo Servizo de Deportes no campus deVigo en colaboración co Club Petanca Breogán.
PPRROOBBAA DDEE IINNIICCIIAACCIIÓÓNN ÁÁ OORRIIEENNTTAACCIIÓÓNN
1155 ddee mmaarrzzoo ddee 22000077
Durante unha xornada de iniciación, axudados por un mapa e uncompás 27 participantes realizaron un percorrido polo Campus deVigo na procura de quince puntos de control. Esta proba puxonovamente de manifesto o crecente interese da comunidadeuniversitaria neste deporte.
6. EVENTOSEACTIVIDADES
45
www.deportes.uvigo.es
66..22.. SSEEDDEE DDOOUUTTRRAASS AACCTTIIVVIIDDAADDEESS EE EEVVEENNTTOOSS
As instalacións deportivas acolleron a celebración de diversoseventos, deportivos ou doutra índole, amosando a implicación daUniversidade de Vigo en proxectos que se desenvolven na súaárea de influencia.
VV EEDDIICCIIÓÓNN CCOOPPAA CCOOCCAA-CCOOLLAA mmaaiioo 22000077
O Campus de Vigo repetiu un ano máis a experiencia como sededo torneo de fútbol escolar da Copa Coca-Cola. Rapaces de idadescomprendidas entre os 13 e os 15 anos de 32 colexios da comarcade Vigo xogáronse a clasificación para a final, que este ano tivolugar en Logroño.
CCOOPPAA XXUUNNTTAA DDEE RRUUGGBBYY mmaaiioo 22000077
A competición autonómica de rugby celebrou as súas finais os días2 e 3 de maio no Campus de Vigo, As Lagoas, Marcosende nacategoría sénior (masculina e feminina) e xuvenil (masculina). Osequipos feminino e masculino do Vigo Rugby Club proclamáronseun ano máis campións desta competición.
CCAAMMPPUUSSCCAAMMPP MMUULLTTIIDDEEPPOORRTTIIVVOO PPAARRAA FFIILLLLOOSS DDEE PPDDIIEE PPAASS xxuulllloo 22000066
O mes de xullo acolleu un ano máis aos fillos de PDI e PAS,mentres os seus pais traballaban. O CampusCamp aproveitoutodas as instalacións deportivas, tanto exteriores coma interiores,para realizar todo tipo de actividades cos cativos: tenis, rugby etc.
46
OOUTTROOS SERVIZZOOS E VANNTTAXES
7. OUTROSSERVIZOS EVANTAXES
47
www.deportes.uvigo.es
77..11.. TTAARRXXEETTAA DDEEPPOORRTTIIVVAA
Ao longo deste curso 427 universitarios solicitaron este carné, queofrece descontos nas actividades e programas organizados poloServizo de Deportes (escolas deportivas, cursos etc.), no accesoás instalación propias e nos servizos ofrecidos polas entidadescolaboradoras (ximnasios, tendas de material deportivo, clínicas defisioterapia etc.).
77..22.. DDUUEE
O Programa de apoio académico a deportistas de alto nivel (DUE)cumpriu neste curso a súa segunda edición, no que participaron 17deportistas. O programa DUE naceu durante o curso 2005/2006para darlles resposta ás necesidades académicas dos deportistasde elite.
Nestes dous anos de implantación e funcionamento, o programaaxudou a coñecer en profundidade as dificultades que afrontanestes deportistas ao ofrecer información moi valiosa para explotarnos vindeiros anos todas as potencialidades e vantaxes dunprograma destas características.
77..33.. ÁÁRREEAA DDEE DDEEPPOORRTTEE EE SSAAÚÚDDEE
No seu segundo curso de existencia rexistrouse unha mediamensual superior a 100 usuarios que seguen un programa depreparación física personalizada. Un total de 210 usuariosparticiparon xa nestes programas trimestrais desde a súaimplantación en maio de 2006. Ademais, o desenvolvemento econsolidación da Área de Deporte e Saúde representa nestesmomentos a opción máis atractiva para a práctica da actividadefísica saudable para profesores e PAS da Universidade de Vigo.
Como novidade, a finais deste curso 2006/2007 púxose enfuncionamento o Programa A correr, unha iniciativa que nace coobxectivo de lles ofrecer un asesoramento e un seguimentopersonalizado ás persoas que queiran iniciarse nunha actividadefísica saudable que teña como base a carreira, ou ben queiranpreparar probas específicas.
48
ARQQUIVOO DE PRENNSA
8. ARQUIVODE PRENSA
49
www.deportes.uvigo.es
8. ARQUIVODE PRENSA
memoriaactividadesdeportivas2006/2007
50
8. ARQUIVODE PRENSA
51
www.deportes.uvigo.es
8. ARQUIVODE PRENSA
memoriaactividadesdeportivas2006/2007
52
8. ARQUIVODE PRENSA
53
www.deportes.uvigo.es
8. ARQUIVODE PRENSA
memoriaactividadesdeportivas2006/2007
54
9.DIRECTORIOE ENTIDADESCOLABORADORAS
55
www.deportes.uvigo.es
CCAAMMPPUUSS DDEE OOUURREENNSSEEPavillón universitario Campus A Lonia (Ourense)Tfno.: 988 368 926Fax: 988 368 [email protected]
CCAAMMPPUUSS DDEE PPOONNTTEEVVEEDDRRAAEUET Forestal, 1.º andarCampus da Xunqueira (Pontevedra)Tfno.: 986 801 917Fax: 986 801 [email protected]
CCAAMMPPUUSS DDEE VVIIGGOOEdificio do Servizo de DeportesCampus As Lagoas Marcosende (Vigo)Tfnos.: 986 812 182 - 986 812 204Fax: 986 814 [email protected] de instalacións:Tfno.: 986 814 059. e-mail: [email protected]
56
memoriaactividadesdeportivas2006/2007
9.DIRECTORIO
E ENTIDADESCOLABORADOR
AS
M E M O R I A
actividadesdeportivas2006/2007