modelo dun sistema binario
TRANSCRIPT
MATERIAL
Catro pelotas de tenis
Unha agulla de calceta ou de gancho
Un rolo de fío groso
Un coitelo
Un funil de laboratorio
Area fina
PROCEDEMENTO EXPERIMENTAL
1) Facémoslle a cada pelota dúas pequenas incisións en dous lugares xeometricamente opostos.
2) Empregando a agulla, unimos as dúas pelotas co fío.
3) Comprobamos que cada par de pelotas teña un fío da mesma lonxitude.
4) Engadímoslle a unha das pelotas unha certa cantidade de area, a suficiente para que se aprecie que a súa masa é superior á das demais.
5) Facemos varios lanzamentos ao aire libre e observamos como rotan os modelos que creamos.
RESULTADO FINAL
Astronomía na aula: modelo dun
sistema binario
Astronomía na aula: modelo dun
sistema binario
Fot
ogr
afí
as r
ealiz
ada
s na
cla
se.
Imaxes de ESA education.
1
Astronomía na aula: centro de
masas e sistemas binarios
Astronomía na aula: centro de
masas e sistemas binarios
UN EXEMPLO: SISTEMA TERRA - LÚA
Autores
Dpto. Física e Química. Materia: Cultura Científica de 1º de bacharelato.
Referencias
http://www.esa.int/Education/Teachers_Corner/Solar_System_and_Universe .
Materiais empregados no ESA Summer Teacher Workshop 2015 .
CENTRO DE MASAS DUN SISTEMA ILLADO DE DOUS CORPOS
CORPOS EN ÓRBITA
Imaxe de ESA education
Imax
e d
e E
SA
ed u
c atio
n2
O centro de masas atópase máis preto do corpo máis masivo. Este feito fai que aparentemente o corpo de menor masa orbite arredor do de maior masa.
Nun sistema planeta-satélite, o centro de masas atópase no satélite. Isto é debido á gran diferenza de masas entre ambos.
Nun sistema binario formado por dous planetas, o centro de masas atópase fóra da superficie de ambos os obxectos.
A Lúa en realidade non orbita arredor da Terra, senón que ambos os corpos orbitan arredor do centro de masas do sistema.
Como a Terra ten unha masa moito maior cá Lúa, o centro de masas dos dous corpos atópase na Terra (baricentro na imaxe).
m1 · r1=m2 · r 2
r1+r 2=r
Imaxe de www.sc.ehu.es
QUE SON?
Astronomía na aula: estudo das
estrelas dobres
Astronomía na aula: estudo das
estrelas dobres
Autora
Sara Gómez Mejuto, alumna de Cultura Científica de 1º de bacharelato do IES Aller Ulloa.
Referencias
http://www.usc.es/astro/dobles/pagina1.htm
http://www.usc.es/astro/allercast.htm
https://elobservadordeestrellasdobles.wordpress.com/
Imaxe de http://www.geocities.ws/acarvajaltt/temas/estrellas_binarias.html
HISTORIA
TIPOS DE ESTRELAS DOBRES SEGUNDO O MÉTODO EMPREGADO PARA A SÚA OBSERVACIÓN
● Visuais: detectadas mediante mecanismos ópticos, como telescopios, placas fotográficas ou técnicas interferométricas.
● Espectroscópicas: detectadas grazas a desprazamentos das lonxitudes de onda das bandas espectrais debido ao efecto Doppler-Fizeau.
● Eclipsantes ou fotométricas: detectadas mediante variacións periódicas do seu brillo, que aparentemente son debidas a eclipses.
3
Par de estrelas fisicamente asociadas por unha atracción gravitatoria.
Para confirmar que se trata dun sistema binario, as estrelas deben xirar entorno a un centro de masas común.
A observación da primeira estrela dobre atribúese a J. B. Riccioli en 1650, aínda que é posible que a primeira persoa en observalas fose Galileo Galilei.
En 1718, Halley demostrou a existencia dun movemento propio nas estrelas.
Ramón María Aller Ulloa (1878-1966) dedicou gran parte da súa carreira á investigación das estrelas dobres. Considérase pioneiro neste campo de estudo en España.
Galileo e Halley.Imaxes de biografíasyvidas.com
Estrela binaria Iota Cancri.Imaxe de Francisco Otero.
Astronomía na aula: exemplo
dunha estrela dobre
Astronomía na aula: exemplo
dunha estrela dobre
Autor
Rubén Ferreiro Arias, alumno de Cultura Científica de 1º de bacharelato do IES Aller Ulloa.
Referencias
http://www.bitacoradegalileo.com/2011/07/09/alpha-centauri-la-estrella-mas-cercana/
ALPHA CENTAURI
QUE É?
MOVEMENTOS
HISTORIA
Imaxe de bitacoradegalileo.com
4
Imaxe de bitacoradegalileo.com
Imaxes de bitacoradegalileo.com
Exemplo de sistema binario de estrelas máis próximo ao noso Sol.
Atópase na constelación de Centauro, a uns catro anos luz de distancia.
Está formada por dúas estrelas (Alpha Centauri A e Alpha Centauri B) e unha terceira máis afastada delas (Próxima Centauri).
Na antigüidade considerábase unha soa estrela.
No 1752, Nicolas Louis de Lacaille descubriu que Alpha Centauri era un sistema binario.
No 1915, o astrónomo Robert Innes observou por primeira vez a Próxima Centauri (estrela máis próxima ao Sol, de aí o seu nome).
Alpha Centauri A e Alpha Centauri B xiran entre si:● Período orbital de 79,91 anos● Centro gravitatorio case equidistante (presentan masas moi parecidas).
Próxima Centauri xiraría arredor das outras dúas a moita maior distancia, nunha grande órbita, polo que se dubida se realmente forma parte do sistema Alpha Centauri.
QUE SON?
Astronomía na aula: planetas
ananos
Astronomía na aula: planetas
ananos
Autora
Sarai Fernández López, alumna de Cultura Científica de 1º de bacharelato do IES Aller Ulloa.
Referencias
http://www.elmundo.es/ciencia/
http://www.abc.es/ciencia/
-Tamaño -Dominio orbital -Forma esférica -Masa
OS MÁIS COÑECIDOS: Plutón e Caronte
CALES SON? ONDE ESTÁN?
Clasificado como planeta anano dende 2006.
É un mundo conxelado, con temperaturas inferiores aos -229Cº .
A súa órbita é moi excéntrica.
Ten una atmosfera moi tenue que se conxela ou evapora segundo a distancia á que se atope do Sol.
Ten cinco satélites, Caronte, Stigia, Nix, Cerbero e Hydra.
A misión da NASA para o seu estudo foi a New Horizons.
CeresSituado Situado entre as órbitas Marte e
Xúpiter
PlutónSituado a
continuación da órbita de Neptuno
ErisNo disco disperso do cinto de Kuiper
MakemakeNo cinto de
Kuiper.
HaumeaAlén do cinto de
Kuiper.
Imaxes de wikipedia.org
É o satélite máis grande de Plutón.
Foi descuberto no 1978.
Ten forma esférica e está constituído por xeo.
Sempre amosa a mesma cara a Plutón.
5
Son corpos que se atopan en órbita arredor do Sol e que teñen un tamaño intermedio entre os planetas e os asteroides.
EN QUE SE DIFERENCIAN DOS PLANETAS ?
Imax
e d
e N
AS
A/J
PL
. (do
min
io p
úbli c
o).
QUE SON?
Astronomía na aula: estudo dos
planetas dobres.
Astronomía na aula: estudo dos
planetas dobres.
Autora
Antía Arias Pardo, de Cultura Científica, 1º de bacharelato do IES Aller Ulloa.
Referencias
http://molasaber.org
www.esa.int
http://astroclblogspot.com.es
Plutón e unha das súas lúas, Caronte. NASA-JHUAPL-SWRI, de www.nasa.gov
Lanzamento da nave New Horizons.Imaxe de http://astrocl.blogspot.com.es/
New Horizons, aproveitando a asisttencia gravitatoria de Xúpiter. Imaxe de http://astrocl.blogspot.com.es/
NASA, ESA, and M. Showalter (SETI institute)
UN EXEMPLO
MISION NEW HORIZONS P
lutó
n e
os
seu
s ci
nco
sat
élit
es.
Imax
e d
e w
ww
.em
ol.
com
6
Dous planetas ananos que orbitan arredor dun centro de masas.
Plutón e Caronte (o máis grande dos seus cinco satélites), considérase como un sistema binario (diferenza de masas entre eles 1:7).
● Finalidade: explorar Plutón, os seus satélites e o cinto de Kuiper.
● Lanzamento: 19 de Xaneiro de 2006, dende Cabo Cañaveral.
● O martes 14 de Xullo de 2015 chegou ao punto máis cercano a Plutón (12500 km).
● Foi unha viaxe moi rápida debido a que no seu paso por Xúpiter, empregou a súa forza gravitatoria para incrementar a velocidade.
● Grazas a esta misión tamén se coñecerá como se formou a Terra e os demais planetas.
Astronomía na aula: estudo dos
asteroides
Astronomía na aula: estudo dos
asteroides
Autora
Laura Arcay Rozas, alumna de Cultura Científica de 1ºA de bacharelato do IES Aller Ulloa.
Referencias
http://www.astromia.com/solar/asteroides.htm
http://www.astronoo.com/es/articulos/asteroides-orbitas-cercanos-tierra.html
QUE SON?
TIPOS SEGUNDO A SÚA ÓRBITA
CARACTERÍSTICAS
Recreación dun asteroide dirixíndose á TerraDe www.abc.es/fotos-ciencia
Cinto de asteroides. Imaxe de www.bitacoragalileo.com
Asteroides cercanos ao noso planeta. Imaxe de https://www.oca.eu/
7
Corpos sólidos de dimensións reducidas.
Detéctanse explosións producidas polo choque destes coa atmosfera terrestre a diario.
ComposiciónRochosos ou metálicos.
Os máis distanciados do Sol son ricos en auga, materiais volátiles e carbón.
LocalizaciónDistribúense por todo o Sistema Solar, aínda que se atopan concentrados na súa maioría nun cinto situado entre Marte e Xúpiter.
Atón
O seu eixo semi-maior e menor a unha unidade astronómica. Teñen órbitas interiores á da Terra.
Apolo
Cruzan a órbita da Terra cun período superior a un ano. Son os que poden colidir co noso planeta.
Amor
Rozan a órbita exterior da Terra e cruzan a órbita de Marte.
QUE SON?
Astronomía na aula: estudo dos
asteroides binarios
Astronomía na aula: estudo dos
asteroides binarios
Autora
Iria Fernández Trabazo, alumna de Cultura Científica de 1º de bacharelato do IES Aller Ulloa.
Referencias
http://www.elmundo.es/ciencia/2014/01/08/52cd19fe22601dde2e8b4576.html
http://www.astronomiaenpuertorico.com/AsteroideBinario.html
http://webs.satlink.com/usuarios/l/lujanbl/bias.htm
https://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Misiones_espaciales
Asteroide AntíopeImaxe de www.space-art.co.uk
Tamén existen asteroides binarios de diferente tamaño, como Ida e o seu pequeno satélite Dactyl.
Outros exemplos de asteroides binarios son: 2008BT18, 1052 Bélxica (1925 VD) e (130) Elektra.
Asteroide Ida co seu satélite DactylImaxe de wikimedia.org
O primeiro asteroide dobre detectado cerca da Terra foi o 2000 DP107 en Setembro de 2000, na instalación da NASA en Goldstone, California.
A primeira misión espacial cuxo obxectivo foi o estudo dun asteroide binario, realizouse en 1993. Na imaxe superior, obtida durante a misión Galileo, observamos o asteroide (243) Ida.
Sonda espacial GalileoImaxe de www.novaera-alvorecer.net
Na Terra atopáronse indicios de impactos de asteroides binarios. Na imaxe da esquerda, lago de Clearwater en Canadá, obsérvanse cráteres dobres.
Nesa zona impactou un asteroide binario hai 290 millóns de anos.Im
axe
de w
ww
.ast
rono
mia
enpu
erto
rico.
com
8
Sistema de dous asteroides que orbitan arredor dun mesmo centro de masas.
Se os dous asteroides teñen un tamaño similar, reciben o nome de compañeiros binarios, como por exemplo o asteroide Antíope.