o calendario romano

21
O calendario romano

Upload: giacomo-birney

Post on 30-Dec-2015

52 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

O calendario romano. Un calendario é a división do tempo que fai unha sociedade para regular as súas actividades (especialmente as agrícolas e as relixiosas). O sol. Natural. A lúa. Fundamento dos calendarios. Convencional. - PowerPoint PPT Presentation

TRANSCRIPT

O calendario romano

Un calendario é a división do tempo que fai unha sociedade para regular as súas actividades (especialmente as agrícolas e as relixiosas)

Fundamento dos calendarios

Natural

O sol

A lúa

Convencional

A terra tarda 365 días, 5 horas, 48 minutos e 45 segundos en dar a volta ao sol

A lúa completa o seu ciclo en 29 días, 12 horas, 43 minutos e 12 segundos.

O primeiro calendario do que fala a tradición romana foi elaborado por Numa Pompilio (2º rei de Roma)

Nesta época o ano dividíase en 12 ciclos lunares:

12 x 29.5 = 354 días

Como o ano natural dura 365 días había que intercalar cada certo tempo un mes, chamado precisamente “mes intercalar”.

MARTIVS APRILIS MAIVS IVNIVS QUINTILIS SEXTILIS SEPTEMBER OCTOBER NOVEMBER DECEMBER IANVARIVS FEBRVARIVS

Nesta época o ano comezaba o día primeiro de marzo.

No ano 154 a.C. o principio de ano cambiouse para o 1 de xaneiro. Aínda así, para determinadas ceremonias relixiosas o 1 de marzo seguiu simbolizando a renovación do ciclo anual.

IANVS

january

janvier

gennaio

xaneiro

enero

gener

Os pontífices eran os encargados de elaborar os calendarios e de introducir os meses intercalares cando correspondía.

No século I a.C. o caos producido polas guerras civís fixo que o calendario sufrise importantes desaxustes.

No ano 46 a.C. o pontífice e dictador Xulio César decidiu correxir a situación e encargou unha reforma do calendario baseada nos coñecementos astronómicos que desde había moito tempo tiñan en Alexandría.

Sosíxenes de Alexandría foi o sabio encargado de realizala.

Mantívose a división do ano en doce meses, pero xa non se tivo en conta o ciclo lunar.

MARTIVS 31

APRILIS 30

MAIVS 31

IVNIVS 30

QVINTILIS 31

SEXTILIS 30

SEPTEMBER 31

OCTOBER 30

NOVEMBER 31

DECEMBER 30

IANVARIVS 31

FEBRVARIVS 29

Como o ano solar non dura en realidade 365 días, senón case 6 horas máis, cada catro anos había que engadirlle un día ao mes de febreiro.

En honor de Xulio César o quinto mes cambiou o seu nome polo de IVLIVS.

Este calendario, practicamente idéntico ao que empregamos hoxe en día, recibe o nome de “calendario xuliano”

O sexto mes cambiou tamén o seu nome en honor do sucesor de César: Augusto. Como só tiña 30 días, houbo que engadirlle un que se lle restou a febreiro. Ademáis, para que non coincidisen seguidos tres meses de 31 días, o mes de setembro quedou con trinta e alterou a alternancia anterior.

martius 31 aprilis 30 maius31 iunius 30

iulius 31 augustus 31 september 30

october 31 november 30 december 31

ianuarius 31 februarius 28

No ano 1582, o papa Gregorio XIII viuse obrigado a reformar de novo o calendario, xa que Sosíxenes redondeara a duración do ano en 365 días e 6 horas.

Como a duración real é de 365 días, 5 horas, 48 minutos e 45 segundos, no século XVI estaba desaxustado.

Foi necesario realizar un pequeno cambio nos anos bisestos.

O calendario gregoriano segue a ser utilizado hoxe en día.

É case exacto.

O cómputo do tempo entre os romanos: que día é hoxe?

Os anos A data de referencia máis habitual para o cómputo dos anos era o da fundación de Roma, o 753 a.C. según a noso cómputo. Por exemplo, o ano “octingentesimo et quinquagesimo ab urbe condita” sería o ano 850 desde a fundación da cidade, é dicir, o ano 97 da nosa era. Tamén podían nomear o ano enunciando en ablativo os nomes dos cónsules que desempeñaran o cargo nesa data. Por exemplo: “Anno octingentesimo et quinquagesimo ab urbe condita, Vetere et Valente consulibus…”

Os días do mes Cada mes tiña tres datas de referencia: Kalendas: o primeiro día de cada mes. Nonas: o día sete en marzo, maio, xullo e outubro; o día cinco no resto. Idus: o día trece en marzo, maio, xullo e outubro; o día quince o resto. O resto dos días determinábanse contando canto faltaba para chegar á seguinte data de referencia.

A semana

A semana tal como a entendemos xorde a partir dunha antiga tradición romana de dividir o mes lunar en catro partes. Esta tradición, que non tiña moita importancia no calendario romano, adquiriu relevancia por influencia da cultura xudeo-cristiana.

Os nomes dos días mantiveron en boa medida a denominación das antigas divinidades:

Dies Lunae > LunsDies Martis > MartesDies Mercurii > MércoresDies Iovis > XovesDies Veneris > Venres

A Igrexa intentou correxir esta incoherencia dándolle aos días o nome de feriae, pero só triunfou no ámbito lingüístico galaico-portugués.