pepri casco vello o barco de valdeorras · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e...

119

Upload: others

Post on 06-Mar-2021

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112
Page 2: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

P.E.P.R.I. 

Excmo. Concello de O Barco de Valdeorras

PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA

INTERIOR DO CASCO ANTIGO

MEMORIA

APROBACIÓN DEFINITIVA Abril 2009

Page 3: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS.

PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 2 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 2 de 118

Page 4: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

1. INDICE

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 3 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 3 de 118

Page 5: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

INDICE

1..... INDICE 3 2..... INTRODUCIÓN 7 2.1. DOCUMENTACIÓN. 8 2.1.1. INFORMACIÓN: METODOLOXÍA DE OBTENCIÓN. 8 2.1.2. PROCESO A SEGUIR. 9 2.1.3. EQUIPO REDACTOR 9 3..... ANÁLISE 11 3.1. ADECUACIÓN LEGAL 12 3.2. ANALISE DO PLANEAMENTO ACTUAL 12 3.3. PROBLEMAS RELEVANTES DO ÁMBITO 14 3.3.1. TRÁFICO 14 3.3.2. EQUIPAMENTOS 14 3.3.3. ESPAZOS DE LECER 14 3.3.4. ESPAZOS LIBRES PRIVADOS 15 3.3.5. EDIFICACIÓNS PERTURBADORAS E MEDIANEIRAS 15 3.3.6. PAVIMENTOS 15 3.3.7. VISUAIS 16 3.3.8. ESTADO DA EDIFICACIÓN 16 3.4. ANALISE DE TIPOS EDIFICATORIOS 17 3.5. INFRAESTRUTURAS 18 4..... MEMORIA INFORMATIVA 20 4.1. OBXECTO 21 4.2. ÁMBITO 21 4.3. ANTECEDENTES. 22 4.4. CATALOGACIÓN 22 4.5. AFECCIÓNS 23 4.5.1. SOBRE OS ESTUDOS DE IMPACTO E SOSTIBILIDADE AMBIENTAL 23 4.5.2. AFECCIÓNS LEGAIS 24 4.5.3. AFECCIÓNS INTERNAS / EXTERNAS 24 4.6. INFORMACIÓN URBANÍSTICA. 24 4.6.1. CONDICIÓNS FÍSICAS E XEOGRÁFICAS 24 4.6.2. MARCO URBANO E TERRITORIAL. 25 4.6.3. CARACTERÍSTICAS URBANAS 26 4.6.3.1. ÁREAS DE SEU 26 U

4.6.3.2. ESPAZOS DESTACADOS 26 4.6.3.3. PUNTOS DE ATRACCIÓN, VISUAIS. 27 4.6.3.4. PUNTOS DE VISTA CARA AO EXTERIOR 28 4.6.3.5. EDIFICACIÓNS PERTURBADORAS 28 4.6.4. ESTRUTURA DA PROPIEDADE INMOBILIARIA. 28 4.6.5. VIVENDA. 29 4.6.6. EDIFICACIÓN. 29 4.6.7. SISTEMA DE EQUIPAMENTOS E ESPAZOS LIBRES. 30 4.6.8. SERVIZOS URBANOS. 31 4.6.9. TRÁFICO E TRANSPORTES. 33 4.6.10. PAVIMENTOS 35 4.6.11. MOBILIARIO URBANO 35 4.6.12. ILUMINACIÓN 36 4.6.13. OUTROS 36 4.6.14. PERI 9.1. 36

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 4 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 4 de 118

Page 6: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

5..... INTRODUCCIÓN HISTÓRICA. 37 5.1.1. SINOPSE HISTÓRICA DO CONCELLO. 38 5.1.1.1. PREHISTORIA E IDADE ANTIGA 39 5.1.1.2. A IDADE MEDIA 40 5.1.1.3. A IDADE MODERNA 43 5.1.1.4. A IDADE CONTEMPORÁNEA 45 5.1.1.5. A EVOLUCIÓN URBANA DE O BARCO 47 6..... ANÁLISE SOCIODEMOGRÁFICA 50 6.1. INTRODUCIÓN 51 6.1.1. DEMOGRAFÍA 51 6.1.1.1. EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN. 51 6.1.1.2. PREVISIONS DE INCREMENTO DA POBOACIÓN 55 6.1.2. ESTRUTURA DA POBOACIÓN. 57 6.1.3. ÍNDICES DEMOGRÁFICOS 63 6.1.4. NIVEL DE INSTRUCIÓN 66 7..... DIAGNOSE 72 7.1. SÍNTESE 73 8..... MEMORIA PROPOSITIVA 80 8.1. ACTUACIÓNS DE SUPERFICIE 81 8.2. INFRAESTRUTURAS. 81 8.3. ACTUACIÓNS SOBRE ELEMENTOS 82 8.4. ACTUACIÓNS DO CONTORNO 82 8.5. ACTUACIÓNS EDIFICATORIAS 82 8.6. A EDIFICACIÓN EXISTENTE 83 8.7. O PERI 9.1. 84 8.8. ZONAS DE LECER 84 8.9. MOBILIDADE 84 8.10. PAVIMENTOS 85 8.11. MOBILIARIO URBANO E ILUMINACIÓN 85 8.12. OUTROS 86 9..... OBXECTIVOS DA ORDENACIÓN 87 9.1. INTRODUCIÓN 88 9.1.1. ÁMBITO. 88 9.1.2. O OBXECTIVO PRINCIPAL. 88 9.1.2.1. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS A PERSEGUIR. 90 9.1.3. OUTROS OBXECTIVOS XERAIS A PERSEGUIR. 91 9.1.3.1. A CALIDADE DE VIDA. 91 9.1.3.2. O CASCO ANTIGO E O RÍO. 92 9.1.3.3. INTEGRACIÓN DO CASCO ANTIGO NO CONXUNTO DA VILA. 92 9.1.3.4. A CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO E URBANÍSTICO. 93 9.1.3.5. O EQUILIBRIO ENTRE ANTIGO E NOVO. 94 9.1.3.6. A XESTIÓN DAS DETERMINACIÓNS DO PLAN. 94 9.1.3.7. A CONSERVACIÓN, ESTUDO E PROTECCIÓN DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO. 95 9.2. CRITERIOS XERAIS. 95 9.2.1. SOBRE O OBXECTIVO. 95 9.2.2. SOBRE O ÁMBITO. 95 9.2.3. SOBRE A PROTECCIÓN. 95 9.2.3.1. PRINCIPIOS E OBXECTIVOS 95 9.2.3.2. SITUACIÓN DAS PARCELAS 96 9.2.3.3. EDIFICIOS CON VALOR PATRIMONIAL INDIVIDUAL. 96 9.2.3.4. EDIFICIOS SEN VALOR PATRIMONIAL 96 9.2.4. SOBRE A REFORMA INTERIOR. 96 9.2.5. SOBRE OS CONTIDOS INFORMATIVOS. 97

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 5 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 5 de 118

Page 7: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

9.2.6. SOBRE A ZONIFICACIÓN 97 9.2.7. SOBRE A ESTRUTURA DO CATÁLOGO E A CATALOGACIÓN. 97 9.2.8. SOBRE OS NIVEIS DE PROTECCIÓN. 97 9.2.8.1. REXÍMENES DE INTERVENCIÓN 100 9.2.9. SOBRE A INTERVENCIÓN E INVESTIMENTOS PÚBLICOS 102 9.2.10. SOBRE EQUIPAMENTOS, SISTEMA DE VIARIO E ESPAZOS LIBRES. 102 9.2.11. SOBRE AS PROPOSTAS DE INFRAESTRUTURAS DE SERVIZOS. 104 9.2.12. ACCESIBILIDADE 104 9.2.13. INTEGRACIÓN DO CASCO ANTIGO NA VILA. 104 9.2.14. REENCONTRO DO CASCO CO RÍO. 105 9.2.15. CRITERIOS QUE SE EMPREGAN NA NORMATIVA PARA USOS DO SOLO E A EDIFICACIÓN. 105 9.2.15.1. INTRODUCIÓN 105 9.2.15.2. CRITERIOS RESPECTO DA VOLUMETRÍA DA EDIFICACIÓN. 106 9.2.15.3. ZONAS CONSOLIDADAS POLA EDIFICACIÓN. 106 9.2.16. CRITERIOS PARA O DESEÑO E CONFECCIÓN DAS FICHAS INDIVIDUALIZADAS DE PARCELA E DA EDIFICACIÓN. 109 9.2.17. CRITERIOS PARA O DESEÑO E CONFECCIÓN DAS FICHAS INDIVIDUALIZADAS DE ESPAZOS E ELEMENTOS URBANOS PÚBLICOS. 112 9.2.18. CRITERIOS PARA A REDACCIÓN DO PROGRAMA DE ACTUACIÓN E O ESTUDO ECONÓMICO-FINANCIEIRO. 113 10... ÍNDICE DE PLANOS 115

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 6 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 6 de 118

Page 8: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

“Valorar a historia é...

tanto unha necesidade,

como un imperativo moral” LEUNAM E OIGRES, RACSO, APEP, SIAP SUEM SOA

2. INTRODUCIÓN

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 7 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 7 de 118

Page 9: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

2.1. DOCUMENTACIÓN.

A documentación que comprende a presente fase do Plan componse dos seguintes documentos:

Memoria de Información, elaborada seguindo o esquema contido no Prego de Prescricións Técnicas que serviu de base

no Concurso para a adxudicación.

Memoria xustificativa, segue os criterios da exposta no documento de avance.

Documentos de Ordenación, elaborados a partir das consultas e conclusións derivadas do avance, contén: Normas

urbanísticas e ordenanzas, fichas de ámbitos de xestión, catálogo de espazos e edificacións e estratexias de actuación.

Estudo económico, con criterios de sistemas de actuación e avaliación económica das intervencións.

Planos de Información.

Planos de Ordenación, con tratamento dos espazos libres, delimitación de equipamentos e fixación de liñas características

de edificación.

2.1.1. INFORMACIÓN: METODOLOXÍA DE OBTENCIÓN.

Aparte da información relativa aos aspectos históricos, e do recoñecemento multisectorial do espazo de titularidade

pública (viario, mobilidade) das infraestruturas de servizos que adoitan estar por baixo dese espazo (abastecemento de

auga, saneamento, enerxía, telecomunicacións, etc.) ou dos propios espazos libres, a base informativa do presente Plan

Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do Casco Antigo, apoia na utilización dun Programa Informático (xa

contrastado por nós noutros planeamentos de igual natureza), que permite e facilita un tratamento axeitado de todos os

datos recompilados, a base da súa clasificación e interelación, de xeito que se poidan efectuar distintas aproximacións a

esa complexa realidade dende múltiples perspectivas e para distintos aspectos e ámbitos. Nun planeamento deste nivel

de desenvolvemento requírese a utilización de datos desagregados moi polo miúdo e desagregados por unidades

básicas de información. No presente caso o básico ven ser a unidade mínima de propiedade (ben sexa unha vivenda, un

local, un edificio ou unha parcela), para a que resulta imprescindible desagregar a máxima información posible para

cada unha desas unidades, cunha agrupación de datos por unidade catastral. Esa información recóllese nunha ficha

individual para cada unha das 181 unidades catastrais existentes no ámbito do PEPRI.

Para a toma destes datos despregáronse equipos de traballo que foron acadando toda a información dispoñible en

todos os eidos, tomando “in situ” toda a información que non se podía acadar doutro xeito, visitando as edificacións e

falando cos seus propietarios ou veciños.

Mención aparte require o específico apartado da información gráfica, cun levantamento dos alzados da totalidade da

edificación no seu contacto co ámbito público (imprescindible para un planeamento deste tipo, para o

desenvolvemento axeitado da posterior fase de ordenación e o manexo de datos moi fiables a respecto do espazo

edificado.)

Tamén requiriu dun tratamento especial a información relativa aos servizos urbanísticos soterrados, dos que en moitos

casos non se chegou a dispor porque da formación detallada e actualizada da súa configuración, trazado ou estado,

fóra das liñas principais de distribución e recollida en moitos casos non existe. De calquera xeito, recóllese toda a

información dispoñible que se expón en datos, gráficos ou textualmente, en función do seu nivel de coñecemento.

Malia o esforzo informativo despregado para a análise da situación actual do Casco Antigo, temos que advertir que os

resultados non foron os mesmos en todos os eidos; dunha banda, pola dificultade de acadar datos informatizados

incomprensiblemente gardados por algunhas empresas; e doutra pola ausencia ou inexistencia de moradores en moitas

das edificacións. Esa situación que privou, de momento, o dispormos dunha base máis completa e fiable de datos globais

sobre o ámbito do estudo (basicamente os datos relativos a ocupación, uso, estado de conservación interior e de cuberta

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 8 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 8 de 118

Page 10: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 9 de 118

e aluguer), tense complementado e corrixido no decorrer da exposición pública do Avance e da actual fase de

Aprobación Inicial.

No que atinxe a datos de servizos urbanísticos fíxose igualmente un seguimento permanente sobre aqueles realizados por

parte do Concello ou as empresas subministradoras durante este tempo de tramite do plan, co gallo de ofrecer sempre

toda a información dispoñible co máximo nivel de actualización.

Entendendo que o nivel de información que xa se ofreceu no avance era satisfactoriamente alto, cando menos para

perfilar obxectivos e criterios xerais.

2.1.2. PROCESO A SEGUIR.

Coa documentación aportada na fase de avance, evidenciouse a suficiencia e oportunidade para iniciar o grande

debate sobre o futuro da peza urbana que se pretende ordenar.

A información do avance permitiu facermos unha primeira diagnose, formularmos os obxectivos xerais, e tamén

explicitarmos os criterios xerais da ordenación, e foi quen de permitir a sinalización dunha serie de propostas de

intervención no Casco, propostas que tiñan o carácter de exemplificar na busca da máxima concreción, o tratamento de

cada tipo de intervención: dende a actuación puntual ata as complexas operacións de reforma interior: dende unha

sinxela proposta de acaemento do viario ata as complexas remodelacións de grandes espazos mal conformados.

Todo o ata aquí feito coa pretensión de brindar a todos os interesados: poboación residente, propietarios de solo, xente

que ten aquí o seu medio de vida, organizacións e asociacións comunitarias, axentes intervenientes nos procesos de

remodelación do espazo, usuarios distintos dos equipamentos públicos, representantes políticos, etc., un documento,

complexo pero aberto, que fora quen de pular pola participación de todos no mellor deseño do escenario do Casco

Antigo para as próximas décadas. A todos eles se convocou para que, unha vez coñecido e analizado, fixeran chegar a

súa opinión sobre o Avance deste PEPRI, plan que, en calquera caso, estabamos certos que ia significar un antes e un

despois na rehabilitación integral deste espazo emblemático da vila.

2.1.3. EQUIPO REDACTOR

Na redacción do presente documento participaron as seguintes persoas:

Dirección:

Juán Carlos Portela Regodeseves, Arquitecto-Urbanista

Maribel González Lojo, Socióloga

Coordinación:

Manuel Rodríguez Ramos, Arquitecto.

Equipo:

Arquitectura:

Diego Rodríguez Enríquez, Arquitecto

Teresa Vázquez Hernández, Arquitecta

Juán Bautista Rodríguez García, Arquitecto

Page 11: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Colaboradores de Arquitectura:

Miguel Ángel Barreiro García, Xeógrafo.

Patricia Villot Cameselle, Bióloga.

Alfonso Bar Blanco, Biólogo.

Ana Sánchez Espiñeira, Socióloga.

Aleixo Vilas Castro, Economista.

Francisco Rodríguez Jar, Enxeñeiro Técnico Agrícola.

Arqueoloxía e historia:

Alberte Reboreda Carreira, Historiador da arte

Antonio de la Peña Santos, Arqueólogo

Infraestruturas:

Santiago López Fontán, Enxeñeiro de Camiños canles e portos

Sociedade:

Antolina Fernández González, Licenciada en Psicoloxía

Aspectos xurídicos:

Alexandre Domínguez Vidal, Economista e avogado

Programación:

Emilio Cameselle Solá, Arquitecto Técnico

Traballos de campo:

Manuel Fortes Besada, Estudante de Xeografía.

Fco. Javier Rodríguez Jar, Enxeñ. Téc.Agrícola e Topógrafo.

Xulio Martínez Seco, Delineante

Arturo Regadas Vidal, Graduado Social.

Javier Ollero Lorenzo, Estudante de Arquitectura

Andrés Pino Moreno, Arquitecto

Delineación:

Esteban Torres Rueda, Delineante.

Roberto Ferreira Diéguez, Delineante

Brais Penela San Luis, Delineante.

Susana Carracelas Sanmartín, Delineante

Ángel Solla Fernández, Delineante.

Maquetación e edición:

Rosa Mª Castro Vázquez, Administrativa

O Barco de Valdeorras, abril de 2009

Polo Equipo Redactor

Asdo. Juán Carlos Portela Regodeseves

Director

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 10 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 10 de 118

Page 12: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

3. ANÁLISE

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 11 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 11 de 118

Page 13: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

3.1. ADECUACIÓN LEGAL

O PEPRI para o ámbito do Casco Antigo de O Barco de Valdeorras, asume como propias tódalas disposicións establecidas

polo P.X.O.M. de O Barco, que entrou en vigor coa súa publicación no B.O.P. nº 170 de 26 de Xullo de 2003, que o afectan

de xeito directo. Proxectado de acordo coa vixente Lei 9/2002, do 30 de Decembro, de Ordenación Urbanística e

Protección do Medio Rural de Galicia, e as modificacións derivadas da lei 15/2004, de 29 de Decembro, en adiante

LOUGA.

Cumprimento dos artigos do PXOM

Capítulo II. Sistema xeral de comunicacións

Artigo 151. Condicións xerais e área de influencia das estradas.

Artigo 152. Limitacións da propiedade. Liñas límite de edificación e de peche.

Capitulo III. Sistema de espazos libres e zonas verdes públicas.

Artigo 154. Regulación.

Capitulo IV. Sistema de equipamento comunitario.

Artigo 155. Regulación

Capítulo V. Sistema de infraestrutura de servizos.

Artigo 157. Condiciones xerais

Artigo 158. Abastecemento de auga e saneamento

Artigo 159. Enerxía eléctrica

Artigo 160. Telefonía e cable.

Artigo 161. Gas.

Capítulo II. Ordenanzas reguladoras del solo urbano.

Artigo 165. Ordenanza 1 (O-1). Casco Antigo.

3.2. ANALISE DO PLANEAMENTO ACTUAL

Entende o equipo redactor deste PEPRI que paga a pena facer algunhas consideracións sobre o planeamento actual,

coa intención única de provocar unha reflexión sobre estas.

Compréndese a dificultade de conquerir un ámbito polinucleado. Sobre as antigas normas subsidiarias que rexeron dende

o ano 1986 ao 2003. Estaba grafitado de modo non regulado un límite do que estas chamaban “casco tradicional” algo

que englobaba non só un ámbito semellante ao actual senón tamén o contorno do núcleo de Viloira, na consideración

dos actuais límites débese vindicar esta presenza coa mesma forza que se debe vindicar que o Casco non quede

desprotexido coa limitación extremadamente axustada que o PXOM determina, debería ser quen de dar resposta aos

conflitos do perímetro para o que debería ter capacidade sobre estes, e non ter que recorrer a accións de maquillaxe e

confianza en que sexan as actuacións do perímetro as que actúen en respecto cara o casco. Aínda así debemos deixar

constancia desta posibilidade para que futuras modificacións puntuais de planeamento ou revisións do planeamento

sexan sensibles a esta realidade, aínda así cuestionamos a delimitación do PEPRI actual, tanto dun xeito gráfico, debido a

posibles erros deste tipo ou interpretacións equívocas de parcelarios, como dun xeito máis rigoroso dende o ámbito da

arquitectura e o urbanismo como a exclusión de pezas lindeiras de valores contrastados, mesmo no propio Catálogo

determinado polo Plan ou as facilidades que concede este para actuacións edificatorias no contorno do Casco que

veñen redundar nos erros claramente observables e facilmente evitables.

Facer mención aquí ás Normas Subsidiarias vixentes dende o 1986 ao 2003 que aparecen como unhas normas de baixo

respecto pola arquitectura tradicional e de ausencia de posta en valor e respecto pola traza urbana orixinaria como

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 12 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 12 de 118

Page 14: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

amosa o seu artigo “4.1.4.4. Casco Tradicional”1 no que establece os criterios de aliñacións de edificacións, que potencia

a perda desta en favor dun suposto estándar de anchura de rúa e no que establece a variación á alza dos parámetros

de edificabilidade. Malia que a Ordenanza fai referencia a unha grafía definitoria do perímetro do Casco, e dubidosa

esta delimitación, que semella trazada a posteriori do grafismo dos planos. Estas Ordenanzas perseguían, no que respecta

ao ámbito agora delimitado como Casco Antigo, á intención de colmatalo e tendendo claramente a igualar as escalas

sempre polos máximos, no referente a alturas, na posibilidade de ocupación, na posibilidade de agregación de fincas,

cun considerable aumento de edificabilidade; foi esta normativa de planeamento a que fixo que o ámbito se

desenvolvese sen ningún tipo de criterio respecto á protección e rehabilitación, derivando na busca de novas aperturas

de viais ou a ampliación dos existentes para favorecer a nova edificabilidade e a irrupción do tráfico, e na substitución do

casarío tradicional por novas construcións, malia todo, non é no ámbito onde se aprecian as actuacións edificatorias máis

agresivas –agás excepcións- e si é no contorno onde se producen as agresións máis contundentes, sobre todo pola

aparición de medianeiras de edificacións en altura que o constrinxen e sombrean, modificando considerablemente os

seus parámetros ambientais.

O PXOM de 26 de Xullo de 2003, actualmente en vigor, e o que por vez primeira acode na axuda do Casco, delimitando

o ámbito dun espazo referido xa como Casco Antigo, dotándoo de niveis de protección e establecendo o

desenvolvemento dun PEPRI especifico para ese ámbito, ata entón non había pouco máis que un acordo de políticos,

técnicos e axentes sociais que supostamente referían este espazo e interactuaban nel dun xeito aparentemente

respectuoso, mais o seu tratamento, delimitación ou normativas particulares estaban descritos sucintamente na

ordenanza e grafiados irregularmente sobre os planos de ordenación.

É o propio planeamento actual o que dentro dos obxectivos declarados para a ordenanza 1(O-1) de Casco, impón a este

PEPRI a tarefa de completar e pormenorizar a protección por el establecida (Art.165.3.a2); manter a estrutura urbana e

arquitectónica do conxunto e as características xerais do ambiente e a silueta paisaxística, con catalogación e

normativas para a edificación protexida (Art.165.3.b3); completar a ordenación dos espazos semiconsolidados e baleiros

existentes incorporando dotacións e detallando as condicións da nova edificación para integrarse no conxunto

(Ar.165.3.c4). Así pois, cabe sinalar a singular mención á protección, á conservación e á integración de futuras

1 4.1.4.4. CASCO TRADICIONAL En las zonas antiguas de la villa no se señalan anchuras de calles en los planos por estar consolidadas en gran parte las alineaciones. Para establecer las mismas cuando el ancho de la calle sea algo variable se hallará la media de este ancho, sin contar los edificios claramente desalineados en los veinticinco metros arriba y abajo del solar en cuestión. Esta línea será la de fachada y la paralela de la misma a los 15,00 metros de fondo será la de fachada posterior. La de bajos será la paralela de 30,00 metros de la misma o donde indique el plano correspondiente. Se señala gráficamente la delimitación de este suelo aunque aunque salvo en los extremos expuestos no se distingue del resto del suelo urbano de ordenación cerrada. Solar mínimo: En el caso de sustitución de edificios se considerará como solar mínimo el actual. En otros casos se estará a la Normativa General.

Alturas: Las señaladas en los planos u ordenanzas correspondientes. Materiales y características urbanas: los materiales serán de características similares a los existentes en la zona objeto de la nueva

edificación. La nueva edificación, cuando sustituya a otra, deberá contener aquellos elementos que la caracterizaba en lo referente a

balcones, miradores, cubiertas, conservando cuando los hubiere escudos u otros. En todo caso se aplicarán las normas de diseño y materiales del casco urbano de núcleos rurales. Edificios a proteger: las únicas obras permitidas en estos casos serán las de consolidación y reparación. No se podrá modificar ningún elemento que afecte al carácter del edificio, ni a su entorno grafiado en el plano correspondiente. En aquellos casos no determinados en esta Ordenanza se aplicará la Ordenanza General. Edificios a proteger especialmente catalogados por estas Ordenanzas son: La Casa Grande de Villoria (Viloira ), El pazo de la Villa de El Castro (O Castro) y el Conjunto del Monasterio de Xagoaza. Asimismo los puentes del camino de la Playa de Oro, y el de Éntoma. 2 Art.165.3.a Completar y pormenorizar la protección establecida en este Plan. 3 Art.165.3.b Mantener la estructura urbana y arquitectónica del conjunto y las características generales del ambiente y de la silueta paisajística, a través de un exhaustivo inventario de todos los edificios y elementos que conforman el conjunto, incluidos aquellos de carácter ambiental, y de una rigurosa catalogación, así como de unas normas de intervención en la edificación protegida. 4 Art.165.3.c Completar la ordenación de los espazos semiconsolidados y vacíos existentes entre las tramas consolidadas y entre el borde este del casco histórico y el paseo fluvial, incorporando a estos espazos las necesarias dotaciones urbanísticas y pormenorizando las condiciones a que han de someterse las edificaciones de nueva planta y las sustituciones de los edificios no protegidos, para conseguir su adecuada integración en el conjunto.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 13 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 13 de 118

Page 15: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

intervencións, determinacións que este equipo asume, considerándoas moi válidas e soporte principal deste

planeamento.

3.3. PROBLEMAS RELEVANTES DO ÁMBITO

3.3.1. TRÁFICO

O trafico como presenza e elemento invasor e agresor é un dos problemas máis relevantes senón o máis, a ausencia de

beirarrúas xunto co angosto das rúas e os vehículos estacionados, fan que os tránsitos de coches e peóns se solapen

completamente coa conseguinte incomodidade para ambos e debilidade para estes últimos.

Entendemos que é este elemento -o vehículo- un dos grandes obstáculos do desenrolo do Casco. Son espazos de tránsito

non concibidos para este artiluxio e que polo tanto se ven mutuamente desligados e enfrontados, redundando no

inoportuno da súa presenza, reforzada esta proposta na proximidade do contorno que fai que o desprazamento para

atravesalo de modo integro estea nuns parámetros de 5 a 7 minutos.

Cómpre sinalar que o espazo da Praza Maior, hoxe restrinxido ao tráfico rodado, recoñece esta ausencia como unha

ganancia na calidade ambiental, se ben a situación da praza rodeada de vías con tránsito de vehículos constrínxea na

súa reducida dimensión.

Algunha análise máis polo miúdo amosa que a cantidade de vehículos residentes no Casco é semellante ás prazas que

oferta, se ben esta é unha análise equívoca se a relacionamos, e ten relación directa coa cantidade de vivendas

baleiras, deshabitadas ou ocupadas só ocasionalmente. Este feito haberá que valoralo na súa xusta medida, pois tamén

existe actualmente oferta no perímetro do Casco e xa hai unha ocupación de prazas excedentes do perímetro por parte

dos moradores do Casco.

Un feito singular é a alteración que o tráfico foi quen de producir sobre a arquitectura, a concepción orixinaria da

arquitectura do Casco deuse sen existencia deste, a súa irrupción posterior e sobre todo o tráfico pesado de camións fixo

que algúns dos balcóns das edificacións (elementos caracterizantes da arquitectura do casco) foran destruídos por

impactos destes, o que derivou en asumir a súa ausencia nas operacións de reforma e obra nova, por seguridade e

aforro, e nunha ordenanza concreta de prohibición, que actuaba claramente contra o agredido (patrimonio

arquitectónico) e en favor do agresor (vehículos).

3.3.2. EQUIPAMENTOS

Supón un lastre por ausencia, non existe ningún equipamento público no ámbito do Casco, e malia a existencia de

equipamentos múltiples e de moi variada caracterización na periferia próxima e o tamaño reducido do ámbito,

entendémolo como unha falla a corrixir, de aí que este Equipo propón como prioritaria a aparición dalgún equipamento,

capaz de xerar percorridos, completar a escena urbana e axudar a formalizar espazos de relación.

3.3.3. ESPAZOS DE LECER

Existe basicamente un único espazo de lecer, caracterizado unicamente por si mesmo como tal, é a Praza Maior, este

mellorou considerabelmente debido á recente ausencia de tráfico, á peculiar caracterización deste espazo e por outra

banda fonte da súa versatilidade para acoller as máis diferentes propostas de lecer e non lecer, dentro do limitado do seu

ámbito. Dificilmente podemos considerar espazos de lecer os tránsitos polas rúas que se observan agradables e calmos en

momentos puntuais e tampouco un solar hoxe sen edificar entre as rúas San Roque e Forno que a propiedade cedeu

mentres continúe neste estado. O espazo de conexión entre as rúas Airas e San Roque gañado pola ruína das edificacións

que aquí se alzaban é hoxe un lugar de estacionamento difícil e deforme.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 14 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 14 de 118

Page 16: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Son espazos de lecer de uso ocasional as beiras do río Sil, debido á variación do caudal deste e á alteración que as

crecidas provocan neles, de complexo acceso (escaleiras) e inevitablemente faltos de servizos dubidosamente poden

conseguir tal caracterización.

Entendemos que nin a presenza do río, nin a do lindeiro parque do Malecón deben ser causas polas que o ámbito do

Casco deba renunciar a conseguir espazos de lecer cualificados singularmente para o ámbito ao que atenden e

merecentes de xerar polos de atracción que os fagan vitais e positivos.

Malia todo, debe ser o propio espazo completo e complexo do Casco dun xeito integral o que recupere a súa condición

de espazo multifuncional de vida, actividade e lecer, debe ser mesmo o propio tránsito por el unha actividade de ocio.

3.3.4. ESPAZOS LIBRES PRIVADOS

Referíndonos por tal entendemos dúas cousas diferentes valoradas e observadas de xeito moi diferente.

Por unha banda e de xeito moi positivo enténdense as traseiras que configuran a fachada ao río que pensadas como

tales deben tomar hoxe o protagonismo que o tempo lle conferiu, a actuación sobre estas, recuperando un aspecto co

merecido decoro é unha actuación que pode recuperar para ben unha das grandes referencias do Casco.

Por outra banda están as traseiras agochadas, que dormen con poucas posibilidades de percepción, ao lonxe nas hortas

e xardíns que as comparten, as fachadas posteriores das rúas Real e San Mauro cara Manuel Quiroga e a fachada do

último tramo da rúa San Roque na fachada posterior cara ao río mais afastada deste; entendemos aquí unha actuación

sobre o espazo non edificado, hortas e xardíns, que faciliten ou dificulten a súa percepción, será este un traballo sobre a

vexetación, determinando a súa cualificación na intención da presenza ou ausencia desta fachada. A zona de

continuidade coa fachada do río, entendemos que debería limparse e clarificarse para a súa percepción en

continuidade co resto da fachada ao río, favorecendo mesmo dun xeito semellante á actuación xerada no Camiño Real

-a posibilidade dun tránsito máis elevado pola beira do leito- dende a ponte de San Fernando cara a rúa de San Roque.

3.3.5. EDIFICACIÓNS PERTURBADORAS E MEDIANEIRAS

Xa definidas, as edificacións perturbadoras proponse tratadas como tales buscando na medida do posible e no futuro

máis próximo a súa reformalización na busca dos parámetros de alturas, cruxías e volumes propios do Casco.

As medianeiras, que se atopan fóra, sempre, do ámbito de actuación, non son intervencións ás que o PEPRI pode

respostar claramente, ao quedar estas, coma xa dixemos, fóra do seu ámbito. A definición dun perímetro de respecto

debe reclamar atención sobre estas actuacións futuras ou pretéritas para que busquen o equilibrio entre uns valores

meramente cuantificables de mercado e os valores de calidade do ámbito co que conviven. Aínda así, con toda a forza

posible este PEPRI debe facer presentes os seus valores e con estes ser capaz de xerar reflexións sobre planeamentos de

caracter superior que tendan a corrixir estas agresións, non debe ser a resposta a unha acción mal exercida unha

reacción de iguais características, senón unha reclamación clara e contundente para retornar ao seu estado correcto o

mal feito.

3.3.6. PAVIMENTOS

Os pavimentos existentes son consecuencia de actuacións temporais con referencias sobre si mesmos, da busca na

memoria non é doado atopar unha caracterización de pavimentos senón é un recordo aínda vivo dos camiños de terra

para carros. Sabedores da presenza de beirarrúas na rúa Real, executada con grandes pezas pétreas e/ou pizarrosas

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 15 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 15 de 118

Page 17: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

axudando a un andar máis confortable e defendendo os accesos ás vivendas da sucidade da terra, e aínda moi próxima

no tempo e á vez inicio de todo o proceso, polo que non podemos falar dunha tradición, evolución ou conservación de

pavimentos. Neste punto pretendemos superar o momento actual de descaracterización e desconexión tratando de

enlazar pasado e futuro. Buscar elementos que conformen os pavimentos capaces de garantir non so criterios funcionais,

senón tamén criterios de forma e calidade que redunden nunha mellora global.

3.3.7. VISUAIS

Analízanse varias situacións:

Visuais, dende e cara a Praza Maior, este espazo peculiar, característico e caracterizante deste Casco era en orixe un

espazo de relación “aberto” no que tan importante era a presenza da fachada, tanto próxima como a lonxana, e no que

o río aparecía non só coma un rumor, hoxe podemos observar unha fachada de proximidade que agás un par de

excepcións aínda conserva a maior parte das calidades orixinarias, moito mais agredida esta á fachada lonxana, aquí

unha varanda de remate da Praza fai dificilmente perceptible o río, e desaxeitadas actuacións edificatorias na outra

beira rachan e deterioran gravemente a fachada natural que será preciso corrixir, ao mesmo tempo a presenza das

arbores de ribeira de gran copa constrinxen a Praza no que é unha das súas principais cualificacións, a apertura, polo que

será unha preciso elaborar propostas de recaracterización.

Visuais, da fachada sobre o río, analizamos esta situación dende dous parámetros claros e concretos: a necesidade da

presenza do río no Casco que debe ser reforzada dende a presenza deste no río, debe ser “espello” no que o Casco se

mire para realce mutuo, e a recuperación do que esa fachada é de seu, cartel dunha presenza característica e

diferenciada, polo que se debe “amosar” en toda a súa forza e caracterización, o desmesurado afloramento e

crecemento da vexetación de ribeira, inexistente non hai moitos anos, non é favorable á presenza clara e potente que

este elemento debe asumir.

Visuais privadas dos patios internos das edificacións da fachada norte das rúas Real e San Roque, unha visual dun espazo

de hortas e vexetación baixa, caracterizado pola súa intimidade e agredido en épocas recentes polas grandes

edificacións que se apostaron nas súas costas asoballándoo, e que agora se ve de novo dubidoso por outra actuación, o

PERI 9.1. Visuais e ambientes con caracterización intrínseca que entendemos que deben perdurar, mesmo na súa

intimidade.

3.3.8. ESTADO DA EDIFICACIÓN

Podemos refectir aquí diversas cuantificacións que merecerán dunha pequena lectura aclaratoria, pois os números nun

contexto tan reducido como é este caso, poden producir resultados de lecturas equívocas.

Das 150 edificacións residenciais que aparecen podemos determinar un dobre baremo, representamos do total de

edificacións os valores e porcentaxes sobre este total na primeira táboa, e deixamos de valorar as edificacións

clasificadas como perturbadoras e fora de contexto, isto é, contando só as verdadeiramente caracterizantes do Casco

representando os seus valores e porcentaxes na segunda táboa.

Estado Núm. Edificacións %

5-bo 47 31

4-bo 38 25

3-reg 34 23

2-reg 12 8

1-mal 13 9

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 16 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 16 de 118

Page 18: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

0-mal 6 4

Estado Núm. Edif. caracterizadoras % sobre total

5-bo 21 14

4-bo 26 17

3-reg 29 19

2-reg 12 8

1-mal 12 8

0-mal 6 4

Estes datos débense ler dende unha dobre óptica, da que separa un concepto global de valoración do estado da

edificación respecto do estado que repercute sobre o Casco (neste caso a fachada, dándose o caso de edificacións

cun estado interior suficiente ou bo, que na fachada non se aprecia), e dende a lectura máis clara da dobre táboa na

que se aprecia que os valores 0,1 e 2 non varían, e polo tanto a edificación clasificada como perturbadora e fóra de

contexto a que eleva os parámetros de estado da edificación polo que a situación a considerar é que só un 31% da

edificación caracterizante do Casco está en bo estado, fronte a un 27% en estado regular e un 12% en mal estado, fronte

a este índice de edificacións en bo estado hai que posicionar que é similar ao de edificacións non caracterizantes do

Casco, un 30%.

Esta situación de equilibrio entre o bo característico e o alleo, confrontada coa importancia volumétrica destas últimas,

deixa xa en desvantaxe as primeiras que aínda se ven penalizadas por un resto que supón un 39% de edificacións en

regular ou mal estado.

3.4. ANALISE DE TIPOS EDIFICATORIOS

Para poder analizar as condicións das distintas vivendas dentro do Casco Antigo e recoñecer as súas invariantes de

existiren, realizouse un traballo de campo sobre o conxunto, contando coa colaboración dos veciños, facilitando estes e

autorizando o acceso a algunhas vivendas.

Resaltaremos a presenza dun tipo de edificación tradicional caracterizado no seu volume e acabados como unha

edificación de baixo máis unha ou dúas plantas, unifamiliar entre medianeiras con acabado enfuscado e pintado, ocos

predominantemente verticais, balcóns voados con varandas de fundición ou obr, e/ou galerías, carpintarías de madeira,

beirado de importante entidade, conformado coa estrutura de madeira da cuberta e cuberta a dúas augas en pizarra

É a partir dos anos 60-70 cando aparece a vivenda colectiva que non chega a constituírse en referente no conxunto e si

un intruso ocasional que non xera tendencia e si ameaza, sempre dende a óptica do tipo tradicional, e que si nun inicio

aínda contivo a súa volumetría aínda que introducindo variantes estilísticas acordes coa época, foi na década dos 70

cando a desproporción volumétrica e o desacordo estilístico se fai completamente agresor e ausente de calquera tipo de

referencia.

Dunha primeira visión do conxunto pódese deducir un predominio das plantas aproximadamente rectangulares nas que

predomina o fondo sobre o fronte de fachada. No referente ao fronte estase a redor dos 8,00m. de media, aínda cando

aparecen 15 casos de menos de 4,00m e 9 casos de máis de 15,00m.

No que se refire aos fondos pódese falar dunha media de 14,00m. con carácter xeral, agás en mazás estreitas con

fachadas enfrontadas a dúas rúas, ou na gran mazá norte, na que os fondos poden aparecer até con 20,00m ou máis.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 17 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 17 de 118

Page 19: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

A organización das plantas efectúase con dúas fachadas opostas, a dúas rúas ou espazos abertos, ou ben a unha rúa e

outra cara unha horta ou cara o río a que moitas veces mesmo pode verter á estancia principal.

A organización das vivendas en planta, consecuencia da proporción das mazás, pode chegar a considerar o corredor

central como distribuidor nas edificacións de fachadas de maior dimensión, ou a propia escaleira e o espazo de

desembarco nas vivendas de menor dimensión de fachada, aparecendo nalgúns casos o paso a través de estancias e

mesmo ás veces o corredor lonxitudinal.

Outra invariante é a posición da escaleira, en ningún caso aparece exenta, habitualmente situada na medianeira, case

sempre cara a metade ou na segunda cruxía para deixar no portal un acceso e nas plantas unha estancia á fachada.

A distribución de estancias correspóndese coa típica de estancias á fachada principal e á fachada posterior, con

ausencia case xeneralizada de cuartos interiores ou en segundas luces, de existir sempre o fan sobre espazos comúns

como galerías ou corredores.

Nas vivendas executadas en parcelas de maior tamaño aparece o patio de parcela en xeral cunhas dimensións

axeitadas aos fins que persegue.

Tratamento distinto teñen as vivendas en esquina con mellores condicións de habitabilidade e mellor aproveitamento

dende o punto de vista da distribución, que emprazan o núcleo vertical de comunicacións no espazo máis interno

desenvolvendo todas as estancias no perímetro exterior.

Como conclusión pode dicirse que as vivendas en xeral teñen unha superficie axeitada, ao igual que un número amplo

de estancias que no momento actual e dados os programas familiares existentes debe esperarse a súa transformación,

buscando mellorar as condicións de habitabilidade en relación coas condiciones de ventilación e iluminación das

vivendas, quizais a deficiencia máis importante do actual parque de vivendas do Casco Antigo, xunto coa necesaria

modernización das súas instalacións, aseos e cociñas.

3.5. INFRAESTRUTURAS

Abastecemento de Auga. Do contraste cos datos obtidos e referenciados nesta Memoria Informativa de avance do

presente Plan despréndese que o dimensionamento da rede é suficiente para garantir o consumo de forma satisfactoria.

De calquera xeito enténdese que sería bo prolongar algunhas conducións ao servizo contra incendios en todo o ámbito

do Casco en óptimas condicións.

Para garantir unha correcta e uniforme distribución de presións, sería moi recomendable a continuidade dos ramais de

fondo, pechando aneis ou circuítos que favorezan un mellor funcionamento do sistema. Doutra parte enténdese que

debería haber unha política de incentivos para o conexionado e mellora das acometidas domiciliarias, así como para a

corrección dos elementos de medición presentes, cun impacto negativo nas fachadas das edificacións e na apreciación

da rúa.

Rede de saneamento. Debe analizarse unha primeira carencia pola ausencia de desdobre entre pluviais e fecais o que

sobrecarga a rede en momentos puntuais e produce situacións que reverten nun peor funcionamento. Referimos tamén a

necesidade dun mantemento que contribúa a un mellor funcionamento, estas operacións de mantemento non deben

estar baseadas só na corrección puntual das posibles avarías, debe ser metódico e continuado.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 18 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 18 de 118

Page 20: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Enerxía Eléctrica. Capacitada tecnicamente para dar resposta á demanda actual do Casco, deberá renovarse na

medida en que esta demanda se incremente; mais deberá especialmente ocultarse. Existen hoxe solucións técnicas

suficientes para poder proceder así, liberando ás fachadas do Casco de todos os cableados e sistemas de medición que

hoxe as afean.

A rede de baixa tensión soterrada tería que estenderse para reducir os tendidos aéreos e a distribución polas fachadas

dos edificios do Casco. Nas rúas renovadas xa se procedeu a parte do soterramento da rede de distribución.

Onde se precisa maior intervención é na eliminación dos tendidos aéreos e a distribución polas fachadas dos edificios do

Casco, pois mesmo nas rúas renovadas aínda non se procedeu ao soterramento da rede de distribución, e nas

acometidas domiciliarias, favorecendo a consulta e lectura de consumos á vez que a ocultación dos instrumentos de

medición, e nunha segunda orde no interior das vivendas co obxecto de adaptar as vellas conducións e mecanismos ás

novas necesidades xurdidas.

A consecución dalgún sistema que permita a coexistencia lóxica entre a necesidade dun sistema de iluminación público

coa redución dos cables precisos debe ser unha busca irrenunciable e unha consecución posible e desexable.

Rede de telefonía e telecomunicacións. As actuais capacidades das redes de telefonía, xunto coa cada vez máis

presente, operativa e demandada telefonía móbil, fan que as necesidades neste senso estean cubertas no Casco. A

posible chegada ao interior do Casco das telecomunicacións por cable, garantindo altas e mellores capacidades de

transmisión sería boa en calquera aspecto, redundando sobre todo na mellora global da imaxe do espazo pola

desaparición das antenas de cuberta ou fachada.

Esta análise refírese neste senso á presenza física de todos os elementos desta infraestrutura, como dos máis perniciosos

para á mellora no aspecto do Casco, así a maior parte dos esforzos deben estar orientados á eliminación de tendidos e

acometidas.

Rede de gas. Hoxe instalada minimamente nalgunha das edificacións perimetrais do Casco debe buscar o seu acougo

dentro del, a súa implantación pode permitir a nivel ambiental a desaparición das bombonas, e o potencial perigo que

estas comportan, o que redundaría na desaparición do transito do vehículo que as transporta; mais tamén debe ser

capaz de resolver un deseño de acometidas que evite o impacto verdadeiramente negativo que agora producen; non

se trata de cambiar unha situación non desexada por outra diferente do mesmo caracter, trátase de eliminar estas

situacións penalizantes para unha mellora global.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 19 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 19 de 118

Page 21: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

4. MEMORIA INFORMATIVA

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 20 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 20 de 118

Page 22: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

4.1. OBXECTO

O obxecto deste proxecto é a execución do Plan Especial de Protección e Reforma Interior para o ámbito do Casco

Antigo de O Barco de Valdeorras. A elaboración deste plan vén determinada pola obriga que establece o P.X.O.M. de O

Barco, que entrou en vigor coa súa publicación no B.O.P. nº 170 de 26 de Xullo de 2003, e polo cumprimento da lexislación

vixente.

O Plan Especial de Protección e Reforma Interior5, está proxectado de acordo coa vixente Lei 9/2002, do 30 de

Decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, e as modificacións derivadas da lei

15/2004, de 29 de Decembro6.

O plan pretende axustarse na maior medida posible á realidade do Casco Antigo, dende os tres puntos básicos, o seu

carácter de especial pola dedicación e aproximación a esta realidade, o de protección, concepto fundamental dende

o punto de vista arquitectónico e urbanístico, sobre un ámbito e contorno con identidades de seu, cunha caracterización

histórica precisa e cun patrimonio arquitectónico, urbano e natural merecedores desta protección, e o de reforma interior,

con normativas que establezan criterios claros de actuación para poder acceder a mecanismos financeiros, orientados a

pór en valor o xa existente, manténdoo, rehabilitándoo, reformándoo ou propondo novas actuacións, e capaces de xerar

dinámicas de revitalización arquitectónicas, urbanísticas e financeiras que permitan unha mellora xeral do Casco Antigo e

o seu contorno.

O PEPRI establécese pretendendo as finalidades da LOUGA no que respecta a ámbitos, artigo 69.1 “...Teñen por obxecto

preserva-lo medio ambiente, as augas continentais, o litoral costeiro, os espazos naturais, as áreas forestais, os espazos

produtivos, as vías de comunicación, as paisaxes de interese, o patrimonio cultural e outros valores de interese.”; a

establecemento de medidas, artigo 69.2 “...e poderán establecer as medidas necesarias para garantir a conservación e

recuperación dos valores que deban protexer, impoñendo as limitacións que resulten necesarias, mesmo a prohibición

absoluta de construír.”; a reforma interior, artigo 70.1 “Os plans especiais de reforma interior teñen por obxecto a

execución de operacións de reforma en solo urbano non consolidado, previstas no plan xeral para o

desconxestionamento desta clase de solo, a mellora das condicións de habitabilidade, a creación de dotacións

urbanísticas, o saneamento de barrios insalubres, a resolución de problemas de circulación, a mellora do ambiente ou dos

servizos públicos, a rehabilitación de zonas degradadas ou outros fins análogos”; e a integración dentro do PXOM, artigo

69.4 “O Plan Xeral poderá remitir a ordenación detallada do solo urbano consolidado a un Plan Especial de Protección.

Neste caso, antes da aprobación definitiva do plan especial, deberá solicitarse o informe preceptivo e vinculante da

Consellaría competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio...”.

4.2. ÁMBITO

O ámbito de actuación é o delimitado polo P.X.O.M. de 26 de Xullo de 2003, así aparece o Casco Antigo de O Barco de

Valdeorras emprazado na beira sur do núcleo urbano, e en contacto co río Sil; o seu ámbito está limitado ao norte polo

límite coas edificacións e solares que conforman o fronte de fachada á rúa Manuel Quiroga e polo P.E.R.I. 9.1 delimitado

no PXOM, ao sur polo río Sil, ao leste polo límite coas edificacións e solares que conforman o fronte de fachada á rúa

Manuel Quiroga e á Ponte de San Fernando, e ao oeste pola fachada este da rúa Prof. Eloy Mira, a liña de fachada das

rúas que circundan a Igrexa de San Mauro, o límite de parcela das edificacións que conforman a fachada oeste da Praza

Maior, a medianeira entre o (nº.2) e o solar lindeiro (nº.4) da rúa Dr. Pérez Lista, a fachada norte desta rúa ata a súa

conexión coa rúa Alvaro Cunqueiro, a medianeira entre os números 9 e 11 da rúa Dr. Pérez Lista e a fachada este do

Paseo do Malecón.

5 no sucesivo PEPRI 6 en adiante LOUGA

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 21 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 21 de 118

Page 23: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

4.3. ANTECEDENTES.

A primeira figura de planeamento do concello é a que ten data do ano 1986, e son unhas Normas Subsidiarias de

Planeamento, de caracter provincial, sobre as que se define un Plan de Ordenación Urbana, no que aparece unha breve

mención do Casco no seu artigo “4.1.4.4. Casco Tradicional7” onde establece os criterios de aliñacións de edificacións. A

Ordenanza fai referencia a unha grafía definitoria do perímetro do Casco, é dubidosa esta delimitación, que semella

trazada a posteriori do grafismo dos planos. Son as actuacións executadas dentro deste ámbito dende esa data

confirmadoras do baixo respecto polo espazo delimitado.

É o PXOM de 26 de Xullo de 2003, actualmente en vigor, o que por vez primeira delimita o ámbito dun espazo referido xa

como Casco Antigo, dotándoo de niveis de protección e establecendo o desenvolvemento deste PEPRI especifico para

ese ámbito.

Despois do proceso de elaboración dun documento de avance, este foi presentado no salón de actos do Concello o día

17 de Abril de 2007 para ser posteriormente exposto ao público no edificio do concello ata o día 18 de maio de 2007.

período durante o que se produciu a presentación de suxestións ao avance, e no que os técnicos redactores estiveron a

disposición de calquera consulta, as suxestións presentadas figuran como un anexo a este documento, incorporando

tamén o informe derivado da análise de estas polo equipo redactor.

4.4. CATALOGACIÓN

Os elementos catalogados no ámbito actualmente, que determinou o vixente PXOM de 26 de Xullo de 2003 e descritos

nas correspondentes fichas son 28, referidas a edificacións dentro do ámbito, coa única excepción dunha delas referida a

un elemento urbano, “o Porto da Barca”, destas 28 fichas en 11 detectáronse algúns tipos de incongruencias.

Ficha 23 s/PXOM: As expresións da descrición, así como a foto, son equívocas facendo dubidar entre dúas

edificacións. A grafía de planos fai referencia só a unha parte da vivenda. Entendemos que a ficha fai referencia

á couzada 62808, parcela 01.

Ficha 25 s/PXOM: está mal referenciada en plano, que a sitúa na rúa San Roque 6 cando se empraza

textualmente, se describe e se fotografía a correspondente á rúa Real 30, tamén se fai referencia a unha

fachada construída en sillares que non é correcto, sendo unha imitación, existe outra ficha desta edificación que

a describe de modo diferente, a ficha 40. Entendemos que as dúas son a mesma e referenciadas á couzada

63795, parcela 06.

Fichas 28, 29, 31, 33, 35 e 36 s/PXOM, teñen incorreccións na descrición das edificacións referidas

7 ORDEANZAS MUNICIPAIS DE 1986 4.1.4.4. CASCO TRADICIONAL En las zonas antiguas de la villa no se señalan anchuras de calles en los planos por estar consolidadas en gran parte las alineaciones. Para establecer las mismas cuando el ancho de la calle sea algo variable se hallará la media de este ancho, sin contar los edificios claramente desalineados en los veinticinco metros arriba y abajo del solar en cuestión. Esta línea será la de fachada y la paralela de la misma a los 15,00 metros de fondo será la de fachada posterior. La de bajos será la paralela de 30,00 metros de la misma o donde indique el plano correspondiente. Se señala gráficamente la delimitación de este suelo aunque aunque salvo en los extremos expuestos no se distingue del resto del suelo urbano de ordenación cerrada. Solar mínimo: En el caso de sustitución de edificios se considerará como solar mínimo el actual. En otros casos se estará a la Normativa General.

Alturas: Las señaladas en los planos u ordenanzas correspondientes. Materiales y características urbanas: los materiales serán de características similares a los existentes en la zona objeto de la nueva

edificación. La nueva edificación, cuando sustituya a otra, deberá contener aquellos elementos que la caracterizaba en lo referente a

balcones, miradores, cubiertas, conservando cuando los hubiere escudos u otros. En todo caso se aplicarán las normas de diseño y materiales del casco urbano de núcleos rurales. Edificios a proteger: las únicas obras permitidas en estos casos serán las de consolidación y reparación. No se podrá modificar ningún elemento que afecte al carácter del edificio, ni a su entorno grafiado en el plano correspondiente. En aquellos casos no determinados en esta Ordenanza se aplicará la Ordenanza General. Edificios a proteger especialmente catalogados por estas Ordenanzas son: La Casa Grande de Villoria (Viloira ), El pazo de la Villa de El Castro (O Castro) y el Conjunto del Monasterio de Xagoaza. Asimismo los puentes del camino de la Playa de Oro, y el de Éntoma.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 22 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 22 de 118

Page 24: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Ficha 44 s/PXOM: é a mesma que a ficha 56, estando aquí mal referenciada en plano. Entendemos que ambas

fan referencia á couzada 61806, parcela 07.

Ficha 53 s/PXOM: non coinciden a descrición e fotografía coa referencia en plano. Entendemos que fai

referencia a unha parte da edificación descrita na ficha 54 polo que ambas farían referencia á couzada 60805,

parcela 14.

Ningún ben emprazado no ámbito do PEPRI está catalogado como B.I.C. nin figura inventariado nas Normas Subsidiarias

Provinciais. Tampouco existen inventariados nin catalogados restos arqueolóxicos en ningún documento precedente de

tipo urbanístico.

4.5. AFECCIÓNS

4.5.1. SOBRE OS ESTUDOS DE IMPACTO E SOSTIBILIDADE AMBIENTAL

Segundo se recolle no artigo 68.3 da LOUGA, a documentación dos Plans Especiais de Protección en Solo Urbano

Consolidado será a propia da súa natureza e finalidade, , entende o Plan que figuras coma o Estudo de Sostibilidade

Ambiental, Impacto Territorial e Paisaxistico non entran dentro destes parametros por tratarse de solo urbano consolidado

con mínimas e moi reducidas polibilidades de transformación e xeración de impacto (o que se ratifica na obrigatoriedade

de ese Estudo segundo os artigos 65, 66 e 70 da LOUGA cando se trata de actuacións integrais sobre o solo, casos de

Plans parciais, de Sectorización e Plans de Especiais de Reforma Interior en solo non consolidado). E así se ten traducido

tamén na DECISIÓN da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible de 26 de outubro de 2007 pola que se

establece tamén a innecesiaridade de someter o PEPRI de O Barco á avaliación ambiental estratéxica, o que ven

confirmar a postura do Plan da non necesariedade de Estudos de Impacto.

Con escrito de 25 de setembro de 2007, e despois do proceso de avance do Plan, o concello de O Barco de Valdeorras

solicitou á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible a adopción da decisión que proceda cara á

necesidade de sometimento de dito Plan ao procedemento de Avaliación Ambiental Estratéxica de conformidade coa

lei 9/2006, e con data 2 de novembro de 2007, e rexistro de entrada no concello de O Barco de Valdeorras, 10833 de 6 de

novembro de 2007, recibiuse a resposta coa seguinte decisión:

DECISIÓN de 26 de Outubro de 2007, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, sobre a necesidade de avaliación

ambiental estratéxica do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Antigo, concello de O Barco de

Valdeorras, (Ourense).

Por esta decisión resolvese que non é necesario someter á avaliación ambiental estratéxica prevista dentro do

procedemento integrado de aprobación dos instrumentos de planeamento urbanístico o Plan obxecto desta

decisión.

A protección do medio e a integración ambiental pódense acadar de xeito similar coa supervisión e informes

preceptivos.

No relativo ao patrimonio cultural pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de

Cultura e Deportes.

No relativo ao dominio público hidráulico pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil do

Ministerio de Medio Ambiente.

Globalmente, pola Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras

públicas e Transporte.

E para os proxectos ou figuras similares que desenvolvan este Plan, mediante a aplicación da

avaliación de impacto ambiental de proxectos.

Ao amparo da disposición adicional cuarta da lei 9/2006, de 28 de abril, dito Plan non quedará excluido da

pertinecia de solicitude dos informes preceptivos acollidos pola lexislación sectorial correspondente ( entre os

cales deberán estar os establecidos no artigo 15.3 da Lei 8/2007, de 28 de maio, do solo).

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 23 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 23 de 118

Page 25: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

En cumprimento desta DECISIÓN o Plan solicitará dos organismos oportunos o correspondente informe preceptivos sobre o

cumprimento dos obxectivos de protección do medio e integración ambiental, no desenrrolo da actual fase de

aprobación Inicial e antes de proceder á súa aprobación definitiva.

4.5.2. AFECCIÓNS LEGAIS

O conxunto do Casco Antigo de O Barco, carece neste intre de calquera declaración de carácter protector agás a

determinada no recente PXOM, a súa continuidade histórica e de identidade, a súa permanencia como un ámbito

diferenciado, a tradición vital dos seus poboadores e a calidade do seu patrimonio edificado, fan precisa a disposición

dalgunha lexislación protectora especifica para un ámbito desas características.

A situación xeográfica do ámbito, á beira do río, fai que teña que considerarse dun xeito determinante a “Ley de aguas”

e o “Reglamento de Dominio Público Hidráulico”, polas competencias que esta ten nas ribeiras. O Concello dispón dun

proxecto de encauzamento do río Sil ao seu paso polo núcleo, onde queda definida a liña de encauzamento para a T-

500 determinada, a lei determina unha franxa de policía de 5m, que no caso dun fronte de núcleo tradicional

consolidado está eximida, aínda que no presente caso é reclamada na beira do río oposta ao casco como mellora

ambiental e paisaxística.

A catalogación actual, elaborada polo PXOM, fai que sexan de plena aplicación a “Lei do Patrimonio Cultural de

Galicia” e a “Ley del Patrimonio Histórico Español”.

4.5.3. AFECCIÓNS INTERNAS / EXTERNAS

Son afeccións internas importantes, o plan de canalización do río Sil, pois actúa sobre unha das fachadas máis

representativa e visible do Casco Antigo, tendo importancia na posibilidade de remate de edificacións e nas relacións

directas a través de accesos auga-terra.

Son afeccións externas importantes, as actuacións que supoñen o P.E.R.I. 9.1. na beira do ámbito, que se ben ten unha

relación coa traseira do ámbito do PEPRI, deberá estar condicionado pola presenza deste, e deberá evitar alteracións

non desexadas nas súas condicións vitais e ambientais, do mesmo xeito deben proceder as actuacións inmobiliarias que

se produzan sempre na liña de fronteira do Casco evitando presenza de volumes e/ou medianeiras de grande entidade.

4.6. INFORMACIÓN URBANÍSTICA.

4.6.1. CONDICIÓNS FÍSICAS E XEOGRÁFICAS

Centrada a súa situación, aproximadamente nas coordenadas UTM 666350, 469850, o ámbito delimitado polo actual

PXOM ten unha superficie de 44.109,47m2, (4,41Ha), unha altitude que varía entre os 319,60m no seu extremo suroeste (na

conexión co Paseo do Malecón), 326,30m no seu extremo norte (na conexión coa rúa Manuel Quiroga), e 329,00m no seu

extremo este (na conexión coa rúa Manuel Quiroga e a Ponte de San Fernando), o nivel habitual da lámina de auga do

río establécese nos 315,20m. tendo en conta que a máxima avenida está acoutada a 320,13m, valor referido aos últimos

500 anos. Cunhas dimensións máximas aproximadas de 450m en dirección leste-oeste e de 140m en dirección norte-sur, as

pendentes medias son moi baixas, do orde do 2,1% en dirección O-E e do 1,5% en dirección S-N, agás catro puntos

específicos: a rúa de San Roque que presenta un tramo final co 5,5% de pendente media e máximos do 7,0%; a rúa de

San Mauro, cun tramo final do 6,0%: a rúa Real cun tramo final do 5,5%; e o Paseo do Malecón na súa conexión coa rúa

Dr. Pérez Lista cunha pendente do 10,0%.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 24 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 24 de 118

Page 26: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

A topografía, que si foi feito determinante, tanto morfolóxica como posicionalmente, da súa orixe e condicionante do seu

desenrolo sobre o que xa non actúa debido ao elevado índice de ocupación, agora só se pode considerar coma un feito

relevante do Plan a efectos ambientais ou paisaxísticos.

De clima continental oceánico, presenta grandes diferenzas de temperatura entre verán e inverno e unha pluviometría

abundante. Aínda así, o abrigo do val e a presenza inmediata do río axudan a reducir esta sensación, suavizando os

contrastes.

As rúas internas do Casco teñen carácter e características de tales, a vía que o limita, Rúa Manuel Quiroga, (o espazo de

casco atópase entre esta e o río) foi ata 1977 a estrada nacional N-120 Logroño-Vigo, pasando a estar considerada agora

como travesía, ou parte urbana da estrada provincial OU-536 que une a cidade de Ourense co límite leste da provincia

na fronteira con León.

4.6.2. MARCO URBANO E TERRITORIAL.

O ámbito do Casco Antigo amosa actualmente relacións diferenciadas co seu contorno, podemos considerar unhas

preferentes, tanto pola intensidade de tránsitos, como pola presenza de accesos máis claros, estas serían: a conexión da

rúa San Roque coa rúa Manuel Quiroga, a conexión da rúa Profesor Eloy Mira coa rúa Manuel Quiroga, e a continuidade

da rúa Dr. Pérez Lista e o seu contacto co Paseo do Malecón. Existe outra relación secundaria, que se sitúa no encontro

entre a rúa das Airas e a rúa Manuel Quiroga; e unha relación de carácter específico que é a xerada recentemente a

través do Camiño Real, este de caracter unicamente peonil.

Das tres que podemos considerar prioritarias, cabe sinalar que a conexión a través da rúa San Roque é a que introduce o

tráfico rodado, con sentido único de entrada, como acceso ao propio Casco e como vía de comunicación entre os

espazos leste e oeste do núcleo do concello, está formalizada cun pavimento de lastro coloreado de formigón que trata

de remarcar un carácter preferentemente peonil. A conexión da rúa Profesor Eloy Mira coa rúa Manuel Quiroga, é a

única de dobre sentido, se ben polo seu corto desenvolvemento (35m. aprox) ten carácter de acceso a un espazo de

servizo para a igrexa e as dúas prazas, (Praza da Igrexa e Praza Maior), e de vial de saída do Casco en tódalas direccións.

É unha rúa de tránsito dificultoso, tanto rodado como peonil, pola súa estreiteza, reducidas beirarrúas e dificultade de

manobras, está xestionada por un cruce semafórico, presentando un acabado en formigón que afecta negativamente á

cualificación do ámbito á que sirve. A continuidade da rúa Real coa rúa Dr. Pérez Lista, de sentido único de saída do

Casco, aparece como unha vía de escape deste, toma un carácter preferente de vía rodada, no tramo final da rúa Real

e no inicio da rúa Dr. Pérez Lista, cun acabado asfáltico e sen beirarrúas, o que incita a esa saída rápida dos vehículos,

pero tamén dificulta a conexión peonil co núcleo e o seu parque principal, o Parque do Malecón.

A conexión da rúa das Airas coa rúa Manuel Quiroga, funciona cun servizo case exclusivo das edificacións con fronte á

rúa das Airas, pois a dificultade nos ángulos de xiro, a moi baixa calidade do acabado –formigón- e a carencia de

beirarrúas en parte dela, faina dificultosa para os vehículos e perigosa para os peóns, nesta o sentido é tamén de saída

do ámbito.

Sería complexo definir un ancho de rúa do Casco, mais considerando como criterio a distancia máis corta dende o centro

de fachada de edificación ata a fachada enfrontada podemos sacar conclusións, máis numéricas que operativas, que

nos amosan anchos de rúas medios de 5,45m para San Roque, 4, 40m para San Mauro, 5,25m para a rúa Real, 6,08m para

Pérez Lista, 4,28m para as Airas-Forno, 5,30m para Eloy Mira; o espazos de praza teñen dimensións variables por forma, a

praza Maior ten unhas dimensións que van dos 45,00m aos 75,00m en dirección N-S, e dos 5,00m aos 25,00m en dirección

E-O; a praza da Igrexa é un rectángulo levemente deformado de dimensións aproximadas de 30x11m. Estes valores

amosados atopan puntos de mínimos que podemos sinalar na rúa Airas-Forno en 2,84m, na rúa real en 3,88m, na rúa Dr.

Pérez Lista en 4,29m, na rúa San Mauro en 3,22m, na rúa San Roque en 3,76m e na rúa Prof. Eloy Mira en 5,33m.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 25 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 25 de 118

Page 27: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

A última das conexións é a de máis recente execución, obra de 1994, é a que se establece a través do Camiño Real, ten

caracter exclusivamente peonil, permite un tránsito sen cruces con vehículos entre o Parque do Malecón e o ámbito do

P.E.P.R.I. evitando o tramo final da rúa Real e inicio da rúa Dr. Pérez Lista, que é o de menor acondicionamento para os

peóns, aínda que no seu punto final aparece un punto de cruce á praza Maior sen accesibilidade resolta e de visibilidade

reducida.

Existe un inicio de vial na zona norte, en conexión coa rúa Manuel Quiroga, con vontade de rematarse conectando coa

rúa do Forno e das Airas segundo establece o P.X.O.M. vixente. Vial que semella se constituirá coma unha rúa de beira

para servizo do Casco.

Hai que ter en conta tamén unha actuación específica como é o P.E.R.I. 9.1. delimitado no P.X.O.M. vixente, un espazo

entre a rúa Manuel Quiroga e as traseiras das fincas das rúas San Mauro e Real. Esta intervención pode supor a apertura

dalgún tipo de conexión co Casco na súa parte máis agochada e inaccesible actualmente e cos seus espazos públicos

e/ou privados.

Cabería subliñar unha relación de distintos, como é a que establecen o Casco e o Río, -sólido e líquido-, de moi

importante intensidade orixinariamente; o río era o lugar de paso e máis tarde o lugar de reunión de lavandeiras, zona de

baño e recreo de veciños, con épocas mesmo de ausencia e cunha revitalización actual, configurada nos estreitos pasos

de escaleiras de acceso ao río entre as edificacións das rúas San Roque e Real, nos miradoiros privados e públicos, na

presenza de barcas navegando, barcas que navegan pola beira, achegándose aos espazos de lecer, na recente

apertura do Camiño Real, coma un miradoiro máis de aproximación ao río e no “Porto da Barca” cerne da vila, resto do

antigo punto de enlace en barca entre as dúas beiras do río e punto xerminal do núcleo. Unha relación cada día máis

presente, potenciada e continuada, malia as súas intermitencias e rexeitamentos pretéritos.

Nun concepto distinto obsérvase unha última relación, a visual, volumétrica e perceptiva, cun Casco Antigo de volumetría

reducida –salvo excepcións- que topograficamente se asenta na beira do río e na cota máis baixa da topografía

orixinaria, rodeado por edificacións actuais de altura e volumetrías moi superiores e asentadas nunha cota superior –o que

incrementa a diferenza de escalas- con accesos reducidos, flanqueados por grandes edificacións e que deixan enormes

medianeiras como telón de fondo do Casco, o que denota unha completa falla de sensibilidade da nova cidade co

casarío existente.

4.6.3. CARACTERÍSTICAS URBANAS

4.6.3.1. ÁREAS DE SEU

Cabe sinalar diferentes zonas singulares do ámbito do Casco:

Podemos identificar até catro áreas, malia a reducida dimensión do Casco, cunha identidade característica de seu:

A área das rúas San Roque, Airas e Forno, con carácter de pequeno barrio dentro do Casco.

A área do Porto da Barca - Capitana, que se estende pola rúa Real e San Mauro, con carácter de punto

centrípeto do Casco.

A área da Praza Maior, cun carácter de espazo de reunión e de interconexión entre o Casco e o resto da vila.

Unha última área cun carácter alleo ou de veciñanza co Casco, debido ao importante número de intervencións

recentes, a mazá entre as rúas Dr. Pérez Lista e Camiño real.

4.6.3.2. ESPAZOS DESTACADOS

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 26 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 26 de 118

Page 28: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

A praza Maior configúrase como o espazo urbano máis destacado de todo o ámbito, de forma triangular de lados con

valores aproximados de 76m, 50m e 40m. co seu lado menor sen edificar e aberto á paisaxe, está edificada nos outros

dous lados, con dimensións que van dos 5 aos 25m e dos 45 aos 75m en sentidos perpendiculares e cunha superficie

aproximada de 1.096m2. O seu peculiar emprazamento e historia, o carácter aberto ao río e aos montes e a presenza da

Igrexa na súa cabeceira, dótana dunha maior vitalidade, detectándose como lugar de estancia á vez que antesala

doutra escena. O outro espazo urbano destacable é o de transito polas rúas San Roque, Real e San Mauro, espazo

configurado dun xeito moi característico pola escala da escena e o vagar calmo dos seus moradores.

O Porto da Barca, resto da escaleira e muro no que en tempos se amarraba unha barca que servía de comunicación

entre as dúas beiras do río. Está hoxe intervido, aparecendo unha nova formalización de escaleiras, así como unha

ampliación en volume e remate decorativo cunha balaustrada do muro de amarre. Xa foi quen, en épocas non moi

afastadas, de soportar a presenza sobre si mesma dunha torre posuidora dunha estación transformadora eléctrica, hoxe

afortunadamente desaparecida.

Espazo destacado, conformado dun xeito característico son as rúas, unha unidade conformada polas rúas Real e San

Roque en continuidade e a peculiar rúa San Mauro (recoñecida aínda hoxe como “calle oscura”). Son espazos

destacados principalmente polo escenario urbano que configuran, a escala de fachadas, os elementos volumétricos que

estas presentan, galerías, balcóns, e os elementos voados, fundamentalmente beirados, son quen de caracterizar

dabondo estes espazos.

Referiremos tamén neste apartado un espazo que aínda non sendo destacado pola súa historia, si semella ter

potencialidade de futuro, referímonos ao Camiño Real, unha apertura de paso peonil pola beira do río que comunica o

parque principal do núcleo, o Paseo do Malecón, co fondo da Praza Maior e o Casco. Está conformado como un paso

duns 3,50m de ancho con suave pendente e amurado contra o río, aínda que rexeitou a topografía orixinaria producindo

planos con encontros a modo de limatesas, e que deberá recuperar para conquerir unha estancia máis agradable.

4.6.3.3. PUNTOS DE ATRACCIÓN, VISUAIS. Existen varias visuais definidas sobre o Casco Antigo:

Unha moi interna é a secuencial, marcada por un dos principais riscos do Casco a súa linearidade, o paseo polas rúas

deixa unha secuencia de alzado-sección particularmente definida nas rúas San Roque, Real e San Mauro.

Outra das visuais, quizais unha das máis reproducidas en fotografías e debuxos é o alzado ao río, dende todos os puntos

de vista, dende a ponte, dende Viloira e os montes que a acompañan e dende o malecón, este alzado é imaxe –letreiro

e escaparate- e memoria de O Barco e en particular do seu Casco.

Unha última visual é a reclamada polo campanario da igrexa como punto final elevado, tanto dende a rúa das Airas na

distancia, dende o fondo da Praza Maior como dende o momento no que este se descubre entre o casarío da rúa San

Mauro. Preséntase coma un característico punto focalizador e remate do espazo que o circunda.

De desvalorizada importancia e máis concentrado no elemento construído pode considerarse o Porto da Barca, reducido

practicamente ao elemento arquitectónico, é un referente visual máis.

Outra oportunidade de visión do Casco, agochada polo momento, é a que se poida dar, segundo o tipo de actuación

que se produza, na parcela resultante do PERI 9.1. que podería deixar moi presente para os cidadáns a fachada sempre

oculta do Casco, a parte traseira das edificacións das súas rúas principais e as parcelas de que estas dispoñen.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 27 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 27 de 118

Page 29: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

4.6.3.4. PUNTOS DE VISTA CARA AO EXTERIOR

Os puntos de vista de observación cara ao exterior, dende o Casco teñen un dobre carácter, por unha banda existen

pequenos puntos de observación, sempre dirixidos cara o río e o val; son ausencias de edificacións na fachada das rúas

Real e San Roque cara o río, ausencias transformadas en balcóns ou accesos-escaleiras que nos transportan ás vistas ou á

propia ribeira, e por outra banda existe un punto de observación amplo que é a praza Maior, ela mesma se abre nas súas

fachadas buscando ampliar o ángulo de visión, é unha praza que ten o rumor do río e a presenza do val como telón de

fondo na distancia.

O recente Camiño Real, obra executada na última década, fala da oportunidade dunha visión cara ao exterior en

movemento –non estáticas como as anteriores- á vez que produce unha aproximación ao Casco por un espazo aberto, e

neste único punto -o resto son a través de pequenas rúas- aínda que limitado polo leito e agredido polas desafortunadas

edificacións que o acompañan.

O outrora punto de vista da Serra da Lastra que polo norte protexe ao val, e que só podía saborearse dende algunhas das

vivendas do Casco e dende as súas parcelas posteriores, está hoxe perdido, a actuación edificatoria no vial norte

(Manuel Quiroga) ocultou toda esa imaxe natural, facendo agora presentes as traseiras dos grandes edificios que aí se

erguen.

4.6.3.5. EDIFICACIÓNS PERTURBADORAS

Faremos mención aquí as edificacións de nova planta e alteracións ou adición de plantas das xa existentes, de idade

relativamente recente, que veñen a rachar a escala do Casco e a perturbar os seus espazos e luces, variando

considerable e desfavorabelmente os seus parámetros ambientais, lumínicos e de escala. Podemos referir as novas

edificacións da fachada da praza da Igrexa e enfrontadas a esta, algunha das edificacións da fachada leste da Praza

Maior, os edificios recentes da mazá entre a rúa Dr. Pérez Lista e Camiño Real, e edificacións actuais nas rúas San Mauro,

Real e San Roque, que por volume, altura ou variación do fronte de parcela resultan alleas e ferintes co Casco. As

edificacións alleas ao Casco que se emprazan na rúa Manuel Quiroga e que só son quen de verter cara este espazo a

súa fachada posterior á vez que o someten a unha sensación de opresión, son merecedoras dunha mención

particularmente negativa, de igual xeito e particularmente indesexable e a mención que cabe facer para as medianeiras

das edificacións en altura que se atopan na beira do ámbito e que sen pertencer a este son dobremente violentas con el,

pola súa escala e pola condición de medianeira.

4.6.4. ESTRUTURA DA PROPIEDADE INMOBILIARIA.

A situación actual da propiedade inmobiliaria pasa por distintos aspectos, existen varios grupos de parcelas e/ou

edificacións propiedade dunha mesma persoa ou familia, xerando problemas neste último caso de posta no mercado

dos inmobles pola disparidade de criterios entre os propietarios, ou de desinterese pola venda ou aluguer, debido á

solvencia do propietario e/ou pouco valor das propiedades.

Unha situación peculiar é a existencia de vivendas como segunda residencia na proximidade ou na distancia, propietarios

de inmobles que adquiren unha nova vivenda no núcleo ou propietarios que residen fóra do Concello e que seguen

conservando a propiedade da situada no Casco para un uso ocasional.

É moi reducido o mercado de aluguer, en parte pola situación expresada no parágrafo anterior que impide a posta no

mercado de inmobles.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 28 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 28 de 118

Page 30: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

A realidade parcelaria presenta un número total de 180 parcelas pertencentes ao ámbito do PEPRI, que respondían a

unha tipoloxía básica de parcelas de pouco fronte e maior profundidade. Obsérvanse tamén na franxa entre a rúa Real e

inicio da rúa San Roque e no contorno da praza Maior, parcelas que rachan esta tendencia, xerando frontes maiores e

profundidades menores. As parcelas presentan dous tipos de ocupación, parcial respecto á parcela, nunha porcentaxe

do 39% no extremo sueste da rúa San Roque e na fachada norte das rúas San Mauro, Real e San Roque, presentando

unha ocupación total no 61%.

Non existe un mercado do solo, debido á ausencia de solares sen edificar, 7 en todo o ámbito un 4%. Este mercado vai

asociado directamente ao mercado da edificación, aínda que algunhas operacións urbanísticas recentes amosan a

apropiación do solo a través da edificación, (non se amosa un interese pola recuperación da construción existente senón

pola dispoñibilidade de solo para unha nova construción).

Os mecanismos de formación de solo son inexistentes, posto que non existen espazos sen urbanizar, a posibilidade de

formación de novas parcelas por agrupación está determinada na normativa transitoria establecida na ordenanza

especifica para o Casco Antigo que define o PXOM en vigor.

4.6.5. VIVENDA.

O número total de vivendas do ámbito do PEPRI é de 231, estando delas 150 ocupadas e 81 baleiras, cunha porcentaxe

de ocupación do parque de vivendas do 65%. No referente ás edificacións o parámetro de edificacións ocupadas baixa

até o 61%. Se ben estes parámetros derivan do estudo rigoroso, debemos ter en conta que 58 das vivendas emprazadas

no Casco están concentradas en tan só 8 edificacións de vivenda múltiple, isto produce unha alteración na lectura dos

resultados, máis tendo en conta que esta concentración se produce en edificacións recentes ausentes de referencias a

valores arquitectónicos e urbanísticos do Casco e non referentes do seu caracter; esta modificación suporía un parque de

120 vivendas consideradas de interese, de características tradicionais ou coherentes co contorno das que 70, un 52%

estarían habitadas permanentemente, un 42% das vivendas merecedoras dalgunha consideración de protección están

deshabitadas.

4.6.6. EDIFICACIÓN.

Dentro da estrutura do casarío do Casco Vello de O Barco podemos atopar edificacións que dende un punto de vista

integrado de arquitectura e urbanismo podemos referir por varios parámetros:

Edificación de interese, a que dentro ou fóra de parámetros da edificación tradicional asume algún

protagonismo, arquitectónico, urbanístico, histórico ou outros.

Edificación tradicional de Casco, a que determina unha tipoloxía característica do ámbito, na súa forma,

volume, composición, elementos de fachada e acabados.

Edificación coherente, aquela antiga ou actual que responde maiormente aos parámetros da edificación

tradicional de Casco, por forma, volume, composición e acabados, ou alteracións executadas sobre

edificacións tradicionais.

Edificación fóra de contexto, a que por fachada ou composición, por ocupación ou edificabilidade presenta

variantes afastadas da tradicional.

Edificación perturbadora, é aquela que por forma, composición, volume ou acabados xera no seu ámbito

próximo variacións ambientais que modifican os parámetros tradicionais do conxunto.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 29 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 29 de 118

Page 31: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Edificación monumento Singular, aquela que recoñecéndose como monumento presenta unha particularidade

histórica, urbanística, arquitectónica ou paisaxística que determina a súa singularidade.

Edificación monumento Emblemático, aquela que recoñecéndose como monumento presenta unha

particularidade histórica, urbanística, arquitectónica, paisaxística ou cultural.

A edificación tradicional preséntase cualificada nun tipo determinado por baixo máis unha ou dúas plantas, entre

medianeiras con acabado enfuscado e pintado, ocos predominantemente verticais, balcóns voados con varandas de

fundición e/ou galerías, carpintarías de madeira, beirado de importante entidade conformado coa estrutura de madeira

da cuberta e cuberta a dúas augas en pizarra

No ámbito de Casco delimitado polo PXOM aparecen 178 parcelas, nas que se xeran un total de 150 edificacións, amais

destes dous locais adicados a instalacións e almacén soterrados na praza maior, dúas edificacións de carácter industrial

tipo nave aparecen na rúa das Airas, unha edificación de moi dubidosa clasificación na rúa do Forno a camiño entre

galpón e vivenda e unha construción especial como é o Porto da Barca.

De todas estas edificacións podemos considerar o seu estado xeral en valores de 0 a 5 como:

Estado Núm. Edificacións %

5-bo 47 31

4-bo 38 25

3-reg 34 23

2-reg 12 8

1-mal 13 9

0-mal 6 4

Estes parámetros toman valores diferentes e máis reais respecto da situación do Casco cando computamos só os valores

que referencian ás edificacións de interese, tradicionais do Casco e coherentes, as verdadeiramente conformadoras

deste espazo e ambiente, tendo así:

Estado Núm. Edif. caracterizadoras % sobre total

5-bo 21 14

4-bo 26 17

3-reg 29 19

2-reg 12 8

1-mal 12 8

0-mal 6 4

4.6.7. SISTEMA DE EQUIPAMENTOS E ESPAZOS LIBRES.

Neste momento os equipamentos de carácter público emprazados dentro do ámbito do Casco Antigo son inexistentes,

ao igual que as zonas verdes.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 30 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 30 de 118

Page 32: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Os únicos espazos libres públicos son os correspondentes ás vías de comunicación, tendo na praza Maior –zona restrinxida

ao tráfico rodado– o espazo libre de maior entidade.

O espazo correspondente coa beira do río e as illas que este xera, se ben é público, é de dubidosa utilidade e difícil

accesibilidade e uso, no que as crecidas habituais do río fan moi difícil e custoso o seu acondicionamento e uso, polo

que se entende este coma un espazo de beira de río coa vexetación e formalización que as avenidas determinen.

A existencia doutros espazos como son: o solar correspondente aos números 11 e 13 da rúa San Roque, son espazos de

titularidade privada que están servindo a toda a comunidade, mesmo a ampliación do espazo de conexión entre as rúas

Airas e San Roque que é froito da ruína de edificacións nese ámbito é apropiación de uso por parte do concello ante a

dificultade de localizar aos herdeiros para calquera tipo de solución á posíbeis intervencións nese solo.

Os espazos libres privados son os que se corresponden cos fondos de parcela das edificacións ás rúas Real, San Mauro e

San Roque que quedan no interior do patio de mazá e os fondos de parcela da rúa San Roque, que limitan co río, e un

espazo caracterizado con dimensións moi representativas respecto do ámbito do Casco.

As superficies dos espazos libres públicos son as referidas na seguinte táboa:

Espazo Superficie (m2) % sobre total

Pza. Maior 1.096,89 14.6

Pza. da Igrexa 349,11 4.7

Detrás Igrexa 327,93 4.4

Rúa Dr.Pérez Lista 1.083,39 14.4

Paseo do Malecón 357,84 4.8

Camiño real 585,43 7.8

Porto da Barca 22,86 0.3

Rúa de San Roque 862,18 11.5

Rúa Real 835,64 11.1

Rúa de San Mauro 476,53 6.4

Rúa das Airas 838,03 11.2

Rúa do Forno 545,00 7.3

Miradoiro (real 18-20) 59,21 0.8

Escaleiras (real 32) 24,44 0.3

Escaleiras (S Roque 26) 36,58 0.5

4.6.8. SERVIZOS URBANOS.

Abastecemento de Auga. A rede, de abastecemento de auga circula polo Casco a dous niveis, unha condución

principal accede a través da Ponte de San Fernando, circulando pola rúa de San Roque e rúa Real, derivando en dous

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 31 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 31 de 118

Page 33: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

ramais no encontro coa rúa San Mauro, un que a través desta chega á praza da Igrexa e abandona o Casco pola rúa

Profesor Eloy Mira, e outro que continua pola rúa Real e rúa Dr. Pérez Lista abandonando o ámbito do Casco polo Paseo

do Malecón, esta condución principal ten conexións cunha rede secundaria de abastecemento en dous puntos moi

próximos ao ámbito do Casco, no norte do cruce entre as rúas San Roque e Manuel Quiroga, e na rúa Profesor Eloy Mira,

tamén dispón dun “by-pass” na rúa Real ao seu paso polo sur da praza Maior.

A condución secundaria ten un esquema anular, desenvolvendo aneis por mazás, coa excepción das mazás que dan á

beira do río e da mazá nordés da rúa San Roque na que a conexión non chega a pecharse a través da rúa das Airas,

presenta tamén dúas situacións excepcionais como son, a aparición dun anel de rúa na continuidade das rúas Real e San

Roque, e a aparición de ramais só de ida, un que se introduce dende a rúa Manuel Quiroga accedendo ás vivendas do

interior de mazá, outro que discorre polo lado norte da igrexa, outro que dende o norte da praza Maior discorre pola súa

fachada leste, outro que dende o nó entre as rúas San Mauro e Real, avanza por está última ata o sur da praza Maior, e

un derradeiro que dende a intersección entre praza Maior e rúas Real e Dr. Pérez Lista, avanza cara o río ata o camiño

Real.

A condución principal está realizada en FD (fundición dúctil) con diámetro de 250mm. A rede secundaria está realizada

en diferentes materiais, mesmo en tramos continuos, aparecendo materias como FC (fibrocemento), PE (poliestireno) e

PVC (polivinilcloruro), con diámetros variados que van de ¼”, 50mm, 60mm, 75mm, 90mm ou 100mm, segundo tramos

representados en planos. A presión media de traballo é de 12Kg/c2 na condución principal, existindo as oportunas

válvulas redutoras e chaves de corte que garantan o axuste da presión de servizo, así como a posibilidade de reparacións

coa interrupción do mínimo número de afectados posibles.

As necesidades actuais do Casco demandan un consumo de 0,34l/sg, segundo os cálculos derivados dos parámetros

establecidos no vixente PXOM.

O Concello acometeu varias obras de mellora da rede de abastecemento, nas rúas do Casco antes da súa

repavimentación, así como ten prevista a obra de abastecemento que conecta a rúa Manuel Quiroga coa de San

Roque a través da rúa das Airas.

Rede de Saneamento. É de tipo unitario, coexistindo pluviais e fecais na mesma sección, funciona por gravidade,

discorrendo polas rúas, presenta dous casos singulares como son a colocación dos sumidoiros da praza Maior,

favorecedores dunha situación de gran lámina continua de auga, malia súa recente execución, e as deficiencias no

contorno da Igrexa, sendo esta un elemento patrimonial.

Existe unha ampla falta de datos e actualización dos mesmos por parte da concesionaria, a respecto da situación e

características actuais das diferentes conducións.

Da recollida de información no Casco debemos destacar algunha queixa sobre o funcionamento desta. Atención

particular pode ser unha queixa transmitida sobre os olores, moito máis presentes en épocas calorosas que poden ser

consecuencia de pendentes desaxeitadas, falla de mantemento ou fallos puntuais de funcionamento.

As diferenzas de nivel entre zonas permiten unha rede que funciona por gravidade (sen bombeos). Isto pode provocar

fortes erosións nos materiais, polo que se xulga que a velocidade máxima das augas debe ser factor determinante á hora

de deseñar novas actuacións ou de renovar os colectores (sen superar os 3 m/seg).

Enerxía Eléctrica. É de moi difícil coñecemento a descrición e características da instalación de redes eléctricas no ámbito

do Casco, dada a escasa información aportada pola compañía subministradora, auténtica coñecedora de traxectos e

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 32 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 32 de 118

Page 34: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

características. Da observación in situ e da moi reducida información aportada pola compañía subministradora podemos

referir escasamente a esixencia dun centro de transformación soterrado na Praza Maior, do que non puidemos conseguir

datos sobre as súas potencias e necesidades de espazo, e constatar a presenza aínda moi abondosa de tendidos polas

fachadas das edificacións. Malia estas dificultades semella ter a suficiente entidade e capacidade para soportar a

demanda xerada no Casco.

A rede divídese en dous grupos: soterrada e aérea, discorrendo esta última polas fachadas con acometidas aéreas as

vivendas.

A rede de media tensión semella ter a suficiente extensión para o fornecemento de todo o Casco, distribuíndose de forma

homoxénea ao longo do tecido do Casco.

Rede de telefonía e telecomunicación. O Casco dispón dunha única rede de telefonía, de tipo estándar ou tradicional,

que da servizo basicamente de telefonía, pertence á central existente na rúa Lamas Carvajal, a escasa distancia do

Casco. O desenrolo desta rede prodúcese a través das rúas e prazas, pois é unha rede aérea por fachada en case

tódalas rúas do Casco, e en todo caso os percorridos finais sempre decorren polas fachadas; a posibilidade de execución

dunha rede de cable de fibra de vidro está presente a corto prazo, pois xa existe un proxecto de canalización desta, para

dar servizos integrais de telefonía, internet e televisión.

As modernas redes de telecomunicacións, como o cable, que xa están na beira do Casco, listas para entrar nel, son un

servizo que se considera prioritario de cara á rehabilitación integral do Casco, pois supoñen a eliminación de moitos

elementos indesexables (cable externo, antenas) á vez que o dotan dun servizo de telecomunicacións múltiple e de alta

capacidade.

Rede de Gas. As características da rede actual son de soterramento a cota -1,00m aproximadamente respecto ao nivel

de rúa e a unha distancia media de 1,00m dende a cara exterior da beirarrúa. Pola rúa Manuel Quiroga, discorre unha

canalización de PE (Polietileno) de ∅ 90mm, para unha presión de funcionamento pf=1atm. Tendo derivacións: pola rúa

as Airas, quedando sen entrar no ámbito do P.E.P.R.I., e pola rúa de San Roque, entrando neste caso no ámbito do

P.E.P.R.I. cunha canalización de PE (PoliEtileno) de ∅ 40mm, para unha presión de funcionamento pf=0,6atm. é servindo

aos num 48 e 50 de esta rúa. A outra canalización avanza pola rúa Dr. Pérez Lista, canalización de PE (Polietileno) de ∅

40mm, para unha presión de funcionamento pf=0,6atm., entrando no ámbito do P.E.P.R.I. até chegar ao remate da rúa e

servindo a cinco edificacións dentro do ámbito, os números 1,2,3,7 e 9.

Non existe, por parte da compañía subministradora proxecto algún de expansión cara o que supón o ámbito do P.E.P.R.I.,

no caso que así se establecese, conservaría unhas características técnicas similares ás actuais do contorno.

4.6.9. TRÁFICO E TRANSPORTES.

Actualmente o tráfico funciona en sentido único (agás a rúa Profesor Eloy Mira, de dobre sentido, e que está no perímetro

pero fóra de ámbito do Casco) cun esquema de “vía única bifurcada no tramo final” con acceso polo lado leste -rúa San

Roque e continuación rúa Real- e saídas polo norte –rúa das Airas; rúa San Mauro, praza da Igrexa e rúa Prof. Eloy Mira- e

polo oeste -rúa Dr. Pérez Lista-, o vial que acomete dende o Paseo do Malecón, xira para coller o sentido saída da rúa Dr.

Pérez Lista. A saída polo norte a través da rúa San Mauro está actualmente restrinxida, agás o trafico de servizos en

determinadas horas, mais esta é como puidemos constatar unha prohibición reiteradamente incumprida sen ningún tipo

de seguimento, en toda esta rúa existe só unha única praza de garaxe.

O único espazo verdadeiramente restrinxido ao tráfico é a praza maior, que goza dunha restrición total apoiada por

bolardos metálicos que impiden o acceso de calquera tipo de vehículos.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 33 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 33 de 118

Page 35: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Constátase a existencia de 47 prazas de garaxe en todo o ámbito, correspondentes a 23 vaos, neste caso ao igual que

noutros hai que reflectir que 25 destas 47 prazas se atopan concentradas en 3 edificacións de nova planta, que se ben

cumpren coa súa función, pode suxerir interpretacións equívocas.

Aparecen diversos tipos de sinais de tráfico, entre elas un semáforo na praza da igrexa e mesmo unha máquina

expendedora de recibos da área de estacionamento regulado, tamén na mesma praza e ambos enfronte da igrexa, así

como sinalizacións de vaos e marcas horizontais sobre o pavimento.

Efectuáronse varios controis de tráfico de entrada e saída, do Casco, de vehículos e peóns, dando como resultado os

valores representados nas táboas seguintes:

Localización Hora

San Roque-Airas 10:15 10:45

Peóns Lixeiros Vehículos Pesados

Entradas 20 0 21 5

Saídas 15 0 5 1

Eloy Mira- Pérez Lista

Entradas 29 0 3 1

Saídas 23 0 13 10

Estacionados

Pérez Lista 7 San Roque 8

San Mauro 6 Airas Forno 19 TOTAL

Real 17 Pza Igrexa 7 64

Localización Hora

San Roque-Airas 14:00 14:30

Peóns Lixeiros Vehículos Pesados

Entradas 7 0 18 1

Saídas 10 0 2 0

Eloy Mira- Pérez Lista

Entradas 30 0 2 1

Saídas 11 1 11 8

Estacionados

Pérez Lista 9 San Roque 9

San Mauro 5 Airas Forno 19 TOTAL

Real 12 Pza Igrexa 7 61

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 34 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 34 de 118

Page 36: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Localización Hora

San Roque-Airas 18:30 19:30

Peóns Lixeiros Vehículos Pesados

Entradas 85 5 81 10

Saídas 65 1 17 1

Eloy Mira- Pérez Lista

Entradas 63 0 5 0

Saídas 66 6 52 18

Estacionados

Pérez Lista 7 San Roque 11

San Mauro 7 Airas Forno 25 TOTAL

Real 16 Pza Igrexa 9 75

Os valores de estacionamento semellan continuos e situados entre os 60 e 75 vehículos dun xeito case constante. Son máis

variables os valores de tránsito, onde cabe para o coche o protagonismo principal, tendo a súa hora punta na media

tarde con valores que nos aproximan a 101 vehículos hora (ou un vehículo cada 36 segundos), e observando os valores de

entrada e saída decatámonos de que o aspecto principal do tráfico é o tránsito. Un feito destacable é a coincidencia de

parámetros similares de intensidade entre vehículos e viandantes.

4.6.10. PAVIMENTOS

Os pavimentos actuais son variados redundando na indefinición do espazo que representan, plaquetas, empedrados,

adoquinados. Asfalto e formigón dispoñen de algunha superficie que cualifican e determinan.

A praza Maior foi o último espazo sobre o que se actuou, dotándoa dun pavimento de pedra, vermella e ocre cunha

formalización peculiar. As rúas San Mauro, Real e San Roque son as actuacións anteriores, cun pavimento de lastro

cerámico vermello que presenta bandas do mesmo material en negro, central na rúa San Mauro e laterais nas outras. A

rúa Eloy Mira e a Praza da Igrexa están resoltas en formigón con beirarrúas do mesmo material. As rúas Paseo do Malecón

e Dr. Pérez Lista están tratadas con asfalto e beirarrúas de formigón na última. No tramo peonil do Camiño Real aparece

baldosa branca.

O tratamento das infraestruturas urbanas polo pavimento é nulo, aparecendo as tapas de rexistro vistas, a única

excepción dáse na praza Maior onde se empregan tapas de rexistro semiagochadas que levan aplicado o mesmo

tratamento do pavimento lindeiro na súa superficie.

4.6.11. MOBILIARIO URBANO

O mobiliario urbano existente é moi escaso, estando constituído por 7 macetas de fundición sobre patas na praza maior,

11 bancos, dos que están 5 na Praza Maior, 2 no camiño real e 4 no solar habilitado de San Roque. 8 papeleiras repartidas

como segue, 3 na Praza Maior, 1 na Praza da Igrexa, 1 no Camiño Real, 1 no paseo do Malecón, 1 na rúa Real-18 e 1 na

rúa San Roque.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 35 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 35 de 118

Page 37: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Tamén podemos atopar outros elementos que non pertencen explicitamente ao mobiliario urbano, mais que si deben

resultar merecedores de mención como son un mastro semafórico 1 máquina expendedora de recibos de zona de

aparcamento regulado, na Praza da Igrexa.

4.6.12. ILUMINACIÓN

Diferenciaremos entre a iluminación referida á propia luminaria e á capacidade lumínica. As luminarias son de diferentes

tipos, as últimas actuacións conlevaron a colocación de luminarias nas rúas Real, San Roque, San Mauro e Airas, é un tipo

de luminaria colocada en fachada, de aspecto sinxelo cun soporte máis decorado, con parte superior opaca e lámpada

inferior colocada dentro dunha semiesfera protectora, destacar que nestes ámbitos a colocación das luminarias é sempre

só por unha fachada de rúa, o que ainda contando coa reducida dimensión de esta provoca zonas de diferente

iluminación na rúa. No contorno da Praza Maior, (Praza da Igrexa, Camiño Real) as luminarias son de tipo “palacio”,

“fernandinas” ou similar, luminarias tipo farol con tulipa cadrada ou circular en vidro translucido, tapa superior opaca

decorada e abertas cara o inferior, variando ás veces levemente e colocadas segundo o lugar sobre báculo ou soporte

en parede. Aínda persisten nos extremos do ámbito luminarias de tipo máis industrial, propias máis de iluminación de

estradas, fixadas á parede con tubo de aceiro galvanizado; son luminarias en plástico ou aceiro con vidro ou plástico

inferior e lámpada pechada, a súa presenza é case testemuñal no límite. Referiremos unha luminaria recente, a instalada

no paseo do malecón, en tubo de aceiro e fundición reinterpretando modelos máis tradicionais dende unha óptica

actual. Todas as luminarias están lacadas ou pintadas en “negro” nas súas partes sólidas.

4.6.13. OUTROS

Refírese neste apartado algunha situación merecedora de quedar reflectida como é o caso dos letreiros indicadores de

comercios e demais, a súa presenza é ás veces chocante e desmesurada para o ámbito no que se atopan. Xunto con

estes incluiriamos todos os elementos que poidan publicitar calquera tipo de actividade: toldos, vidros, etc.., dos que

podemos ver un mostrario que vai da pintura sobre a parede ata unha fachada case completa como reclamo.

De igual xeito, máis cun impacto aínda moito peor, sinalamos a aparición nas fachadas de todo tipo de equipos

complementarios das edificacións, dende os obrigados de medida para abastecemento de auga, gas, telefonía, ou

electricidade, a outros que aparecen de xeito voluntario desmellorando considerabelmente o aspecto do Casco, como

equipos de climatización, antenas, e outros; reclámase atención especifica sobre un elemento moi presente, o cable

aéreo das infraestruturas en fachada ou atravesando rúas, especialmente lesivo para a imaxe xeral e que aínda conserva

restos de situacións anteriores no tempo.

4.6.14. PERI 9.1.

O PERI 9.1. actual segundo o PXOM, ten unha superficie total de 4.149m², unha superficie máxima construíble de 4.564m²,

para un coeficiente de ponderación de 1, aproveitamento lucrativo en uso e tipoloxía característica 4.564ua e

aproveitamento tipo 1,10ua/m².

A edificabilidade máxima en vivendas é de 0,825m²/m² ( 3.423m² ), a densidade máxima de vivendas 75 viv/ha. Altura

máxima B+3+BC (non superior ao ancho de rúas), ordenanza de aplicación O-4, ancho mínimo de viario 8m, reserva de

espazos para dotacións públicas 15m²/viv.

Está proposto como unha actuación de edificación en bloque aberto coa intención de xerar algún espazo de uso

público.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 36 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 36 de 118

Page 38: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

5. INTRODUCCIÓN HISTÓRICA.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 37 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 37 de 118

Page 39: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

5.1.1. SINOPSE HISTÓRICA DO CONCELLO.

Nobles campos de Galicia / que a sombra de estas montañas que el Sil entre verdes cañas / besar la falda codicia

¡Cien ovejas! Veinte vacas / será una hacienda gentil si por los prados del Sil / la primavera los sacas

entre robustos robles / por donde los cabellos coronados de mirto y de verbena / el Sil anciano blandamente suena.

Lope de Vega

Superficie: 86,1 km² Poboación: 13.518 Habitantes

Parroquias: A Proba (Santa María), Alixo (San Martiño), Cesures (San Clemente), Coedo (Santo Antonio), Éntoma (San

Xoán), Forcadela e Nogaledo (Santiago), Millarouso e Santurxo (A Concepción), O Barco (San Amaro), O Castro de

Valdeorras (Santa María), Santa Mariña do Monte (Santa Mariña), Santigoso (San Miguel), Vilanova de Valdeorras (Santa

María), Viloira (San Martiño), Xagoaza (San Miguel).

O termo municipal de Valdeorras ten unha extensión duns 86 km. cadrados. Limita ao norte coa Serra da Enciña da Lastra,

que mira cara aos cumes do Courel; ao leste con terras de Rubiá e Carballeda; ao oeste con Vilamartín e ao sur coa Serra

do Eixo, que se eleva até as montañas de Trevinca, os cumes máis altos de Galicia. O Barco exerce de capital dunha

ampla bisbarra cunha personalidade moi definida que, hoxe en día, basea a súa economía na extracción e

transformación da lousa. Ademais da capital municipal, onde se concentra máis do 75% da poboación, o concello está

formado por outras 14 parroquias e 26 núcleos de poboación.

O clima é o oceánico-mediterráneo, con temperaturas altas no verán e frías no inverno.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 38 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 38 de 118

Page 40: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

5.1.1.1. PREHISTORIA E IDADE ANTIGA

Nas proximidades do Barco atopáronse restos de poboamentos paleolíticos8 e da Idade do Bronce9, evidencia dun

número reducido de habitantes que, nun primeiro momento, ocuparon as covas e abrigos naturais do que hoxe é a

comarca de Valdeorras (Fernández Rodríguez; 2001).

No que toca á cultura castrexa10, os outeiros do Xirimil, Escrita e O Xardoal son castros que dominan as terras próximas e

atesouran algúns dos segredos da protohistoria deste territorio. Con todo achéganse ao medio centenar o total dos

catalogados na comarca, sendo os de Xirimil e O Castro os máis destacados do concello de O Barco.

Segundo Plinio os primeiros habitantes de Valdeorras eran os 'gigurri'; tiñan a súa capitalidade preto da Rúa, ben no lugar

da Cigarrosa ou no Foro Gigurrorum11, e constituía un dos vinte e dous (22) pobos que formaban parte do convento

asturicense con capital en Astúrica, a Astorga actual. A Roma debémoslle a construción dunha grande vía de

comunicación entre Braga e Astorga, atravesando Valdeorras de suroeste a nordeste. Trátase da calzada Vía Nova ou

Vía XVIII do itinerario Antonino, que aínda se mantén nun treito da actual Rúa Real e de San Roque, procedendo da

ponte romana de Éntoma.

O topónimo Valdeorras procede da tribo indíxena prerromana dos Gigurros12, os primeiros habitantes deste territorio dos

que temos constancia escrita13. A partir do século II, os romanos conquistaron e colonizaron de forma moi intensa este

territorio por mor da súa importante riqueza mineira, especialmente aurífera, procedente dos aluvións do río Sil. No

concello do Barco destacaron as minas de Éntoma e As Covas.

Por outra parte, na localidade de A Proba apareceron restos de enterramentos, primeiro, e un complexo sistema de

sumidoiros despois, que fan supoñer a proximidade dunha cidade romana de certa importancia. Neste mesmo

xacemento romano de San Salvador apareceu recentemente, nas escavacións arqueolóxicas realizadas por Muíños

Maneiro (Rodríguez Colmenero et alli; 2004), un cilindro de conglomerado vermello, ben redondeado, que aparece

fragmentado nos seus dous extremos, e que ben puido conformar un miliario vencellado á Vía XVIII.

A Vila do Castro é un perfecto miradoiro sobre a fértil chaira de O Barco. Este conxunto monumental –sen dúbida o núcleo

orixinario da vila actual-, cos seus restos de poboado castrexo, primeiro, e de castelo-fortaleza medieval despois, serviu

sempre de miradoiro estratéxico sobre a depresión do Sil, vía natural de tránsito entre Galicia e a Meseta. A Vila foi cabeza

de xurisdición pola súa magnífica situación ata que o núcleo asentado á beira do río foi gañando protagonismo de forma

paulatina como asentamento principal, nun primeiro momento coincidindo coa ocupación romana, e de forma

definitiva, xa na Idade Moderna. Precisamente a este momento histórico pertence a moeda de Claudio14 aparecida

8 O paleolítico esténdese dende uns 34.000 anos a. C. deica finais do noveno milenio antes da nosa Era. En Galicia hai moi poucos restos de covas habitadas pero son moitos os xacementos con restos de industrias líticas na zona occidental e meridional do país. 9 Este período da Antigüidade coincide con aquel no que o territorio galaico parece completamente aberto ao exterior. Con todo, teríamos que facer necesaria referencia a esa especie de Comunidade Cultural Atlántica que a Arqueoloxía detecta ao longo da maior parte do segundo milenio AC. A súa principal manifestación material son os petróglifos insculpidos na pedra. 10 A aparición desta nova forma cultural coincide cun proceso de sedentarización das comunidades campesiñas que ten lugar no século VIII a.C, e se consolida plenamente tres centurias despois. Tal e como afirma De la Peña Santos (2005) “A aparición dos primeiros poboados rigorosamente estábeis na área galaica non pode ser desligada con facilidade da intensificación económica e do fortalecemento da desigualdade social.” Esta cultura decae coa irrupción do Imperio romano, que se coloniza o que, posteriormente, denominarán Gallaecia, a partir do s. I. da nosa era. 11 A súa capital era Calúbriga, un óppidum cuxo emprazamento está aínda por determinar con certeza. 12 Segundo García Tato (1996) “o término evolucionará (...) baixo a denominación sueva e visigoda Geurres; na Idade Media Iorres ou Iures; desde o século XV ao XIX será Orres (Valle de Orres) e a partír do século XIX será xa o actual Valdeorras. 13 O coñecido como Edito do Bierzo é una placa de forma rectangular que posúe unha anela na parte superior gravada con varios círculos concéntricos. Foi atopada en 1999 nun castro (Castropodame) próximo á localidade de Bembibre. As súas medidas son: 24,4 x 15,3 x 0,2. Letras: 0,65. A placa, datada no ano 15 a.C.[é o documento escrito máis antigo que se coñece sobre a tribo dos guigurros. Neste documento relátase unha completa descrición da organización social e política dos astures. Na actualidade consérvase no Museo de León. 14 Na comarca tamén se atoparon outros restos relevantes datables no período galaico-romano: o capitel coríntio da Rúa Vella; a estela antropoforma de A Coroa ou o coñecido como Togado de Freixido; a lápida dedicada a Lucio Pompeyo Reburro Fabro atopada na Rúa... son algunhas das testemuños materiais deste momento.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 39 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 39 de 118

Page 41: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

neste xacemento coincidindo coa realización dun desmonte. Suponse que por aquí pasou a vía XVIII, o que comportaría

a realización dun laborioso caixeado en rocha viva (Seara Carballo et alli; 1998).

Con motivo da ocupación romana As Médulas convértese, a partir do ano 16 a. C., nun dos principais xacementos

auríferos da Península, concentrando no seu contorno unha importante dotación demográfica (escravos, comerciantes...)

e administrativa (soldados, funcionarios...) dependente do Conventus Asturum. De aí que se dotase á comarca dunha

potente rede viaria que comunicaba este xacemento aurífero cos conventos bracarense e lucense. Estamos a falar,

como xa dixemos, da Vía XVIII, tamén coñecida como Vía Nova, e dunha serie de camiños secundarios que confluían

naquela. A razón de ser desta vía de comunicación era tamén habilitar unha vía de saída cara ao mar do ouro

procedente das Médulas, así como o de facilitar o abastecemento de bens e servizos dirixido á poboación romana e

indíxena asentada neste territorio (Sánchez Palencia; 1983). Neste contexto a capital do convento, Astúrica, xunto con

Bergidum Flavium (Cacabelos) e Forum Gigurrorum (A Cigarrosa) exercerían de nodos territoriais articuladores da

comarca, concentrando asemade a actividade comercial. Valdeorras era neste tempo, ao igual que hoxe, un territorio

eminentemente mineiro habitado maioritariamente por traballadores autóctonos –maioritariamente libres para Menéndez

Llorente (2001)- pertencentes ao populus gigurri, e unha minoría de homes alóctonos, igualmente libres, composto por

técnicos, militares e funcionarios romanos.

O repertorio material romano atopado, pola súa variedade e dispersión, fálanos dunha poboación relativamente

acomodada e fornecida de útiles e obxectos propios de sociedades antigas sumidas nun crecente grao de romanización,

tal e como podemos inferir do estudo da terra sigillata atopada na zona, datable a partir da primeira metade do século I

d.C. “Non a compraban nin as persoas máis ricas da sociedade romana nin as máis pobres, senón homes libres

romanizados ou en vías de estalo” escribe F. Mayet15 encol da clientela deste tipo de cerámica. O estudo deste mesmo

material permítenos deducir que Valdeorras estivo comunicada cos vales do Ebro e do Douro, lugares onde se radicaban

algúns dos principais obradoiros oleiros deste tipo de cerámica. Entre os séculos IV e V d.C. rexístrase o meirande volume

de importación de sigillata a Valdeorras (Menéndez Llorente; 2001), de aí que deduzamos que este período puidese

coincidir co momento máis próspero e desenvolvido na comarca desde o punto de vista social e económico. A

explotación mineira e a óptima explotación dos recursos agrarios, posible grazas a un intenso proceso de capitalización e

formación de catro séculos con base na acumulación de riqueza con orixe na explotación das minas, explicaría este

proceso16. A excelente fertilidade e aptitude agrícola do val do Sil faría o resto.

5.1.1.2. A IDADE MEDIA

A sociedade medieval17 era, en toda Europa e particularmente na Península Ibérica, un amasillo de xurisdicións

detectadas por moi poucas mans temporalmente cedidas a señores feudais de corte relixioso ou civil. Así se deriva do

estudo da documentación que chegou a nós, na que se fala constantemente de sernas, fosadeiras, nuncios, mañería,

etc... todos eles tributos fiscais que se practicaban dentro dun ámbito xurisdicional. Isto fálanos dunha sociedade

fortemente xerarquizada no político, no económico e, por suposto, no que toca á organización das distintas clases sociais.

As máis humildes residían en aldeas rurais, no contorno dos puntos nodais decisorios: os mosteiros, os castelos, etc... As

clases dominantes (señores feudais de corte relixioso e civil18) consolidan e acrecentan progresivamente o seu dominio,

ampliando sen pausa as súas propiedades, que ceden temporalmente aos labregos a cambio dunha contraprestación

económica, en especie ou mixta, afortalando unha orde social baseada na dependencia e no poder económico sobre a

terra, sobre as mulleres e os homes. É o que se coñece como dominio ou dominus.

15 Les céramiques sigillées hispaniques; Paris, 1984. 16 É posible que fose neste momento histórico –Baixo Imperio- cando se introduciu o cultivo da videira na comarca. 17 Entendemos este período nun abano cronolóxico amplo, que vai do século VIII ao XV. 18 Presbíteros, nobres, etc...

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 40 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 40 de 118

Page 42: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

A documentación medieval conservada fálanos da elevada fertilidade do val do Sil, que permitía o cultivo de trigo,

cebada, centeo, lentellas, castañas, noces e, fundamentalmente, do viño, que abastecía de forma notable ao mosteiro

de San Martín de Castañeda (García Tato; 1996).

O rei é, sen ningunha dúbida, un dos actores principais deste proceso de acumulación e redistribución de dominios e

xurisdicións. Así o proban distintos documentos dos séculos XII e XIII asinados por Afonso VII ou Fernando II, a través dos que

ceden distinto patrimonio “de meo realengo” localizado na comarca ao Mosteiro de San Martín de Castañeda ou ao

Mosteiro de Santa María de Carracedo. Esta transmisión afecta a propiedades físicas, habitantes e incluso á súa

xurisdición, tal e como afirma Gómez Bajo (2001). Neste momento histórico son especialmente importantes as

repoboacións rexias, motivadas pola necesidade de poñer novos terreos en explotación a fin de aumentar as rendas

dispoñibles. Explícase así a creación de vilas reais por medio de cartas forais, ao igual que a cesión de dominios a señoríos

monásticos, episcopais e en menor medida a laicos. “As vías de actuación”, destaca a profesora Gómez Bajo (2001),

“abranguería prohibicións indirectas, entrega de bens por parte dos Reis, concesión de privilexios e de exencións.“

Algunhas doazóns, como a que Afonso IX fai en beneficio da Igrexa de Astorga no século XIII a través do que dá “por

escusados a los vasallos moradores (...) de pagar tributas, pedidos o otros tributos que se ofrezcan en estos parajes”.

No referido ao poder dos mosteiros sobre terras valdeorresas, a concentración de poder dáse fóra da comarca,

coincidindo cun período histórico (séculos XII a XV) no que se desenvolve a grande propiedade e se estratifica fortemente

a sociedade, deixando atrás as organizacións xentilicias. No caso de Valdeorras serán os mosteiros de San Pedro de

Montes, Santa María de Carracedo e San Martín de Castañeda, xunto coa Igrexa de Asteria19 (a Astorga actual), os

detentadores de posesións e dominios na comarca. Todos eles exercen dominios en distintos puntos: Xagoaza, Camba,

Robledo, Camba, Casaio, Pumares, etc.. e son as herdades e propiedades a natureza dos bens que máis se repite.

O temor á morte e a garantía dunha vida acomodada favorece o fervor relixioso, as doazóns de todo tipo á Igrexa e o

acrecentamento das comunidades relixiosas sacerdotais e monásticas. “Os distintos Mosteiros neste transvase participan

como coherdeiros, entran a formar parte dunha parentela e á vez da comunidade campesiña, asegurándose por este

camiño o seu dominio progresivo de ambas” (Gómez Bajo; 2001). Oficios como os xugueiros, braceiros, mancebos...

ofrécennos datos que os relacionan directamente coa servidume e a vasalaxe, tanto os sometidos a foros como os

transferidos a novos propietarios xunto coa propiedade da terra.

Os Foros fálannos dunha dependencia dominical do señorío, isto é, do dominio sobre terras e persoas. O señor feudal

exerce o poder para asegurar a percepción duns ingresos, de aí que non se conciba a propiedade dominical separada

do exercicio do señorío xurisdicional. Os aforados satisfacen ao seu señor –nalgún caso laico pero maiormente relixioso-

tributos renda que, no caso de Casaio, se expresa en “111 –panes unum lombus vel duas gallinas quartamque vini

anunuatim dare” que afecta por igual a todos os seus vasalos. O tributo, conforme pasa o tempo, pasa de ser liquidado

en especie a efectivizarse en numerario, isto é, en metálico. A duración do Foro ten, polo normal, un carácter vitalicio, e

esténdese non só á persoa á que se lle outorga, senón a toda a súa “xeración”, isto é, aos seus descendentes e familiares

directos. Tamén se dan exemplos de Foros enfitéuticos, isto é, de carácter perpetuo. Muíños, casales e granxas, xunto con

outro tipo de bens e propiedades de escasa importancia, son os tipos de bens máis comúns obxecto de cesión.

Pero non é a contraprestación material a única que se estilaba neste momento histórico. As Sernas “et senaram facient”

(García Tato; 1986), por poñer un exemplo, eran un tipo de traballos que os vasalos debían realizar gratuitamente ao seu

señor por períodos anuais, mensuais, diarios.... dentro da reserva señorial. Xunto ás Sernas, o Xantar ou a Maquía, eran

exercidos en lugares como Xagoaza, Pumares, Rubiá, Biobra.... O primeiro consistía na obriga de ofrecer ao señor dun

dominio unha serie de alimentos en pagamento dos dereitos de tránsito pola súa xurisdición. O segundo, moi popular

19 Valdeorras pertenceu á diocese Auriense até o século X d.C. Será no ano 934, baixo o reinado de Ramiro II, cando este territorio se integre definitivamente na que fóra capital o Conventus Asturum dos romanos, isto é a cidade de Astorga.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 41 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 41 de 118

Page 43: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

entre a poboación rural até hai poucas décadas, implica o pagamento dunha parte da moenda do labrego por levala a

cabo no muíño do señor.

As Granxas son outra unidade de produción vinculadas aos mosteiros sobre as que estes últimos exercían pleno dominio.

En Valdeorras sabemos da existencia dunha Granxa pertencente ao Mosteiro de San Martín de Castañeda que existiu no

lugar de Casaio. O sistema de explotación facíase por medio de conversos ou cristiáns novos, que tamén eran os

encargados de dirixila. Sernas e Granxas tenderon a desaparecer a principios do século XIV.

Conforme pasa o tempo o sistema de xestionar as rendas feudais muda. Aparecen novos sistemas para explotar os

dominios señoriais, caso dos Préstamos, Arrendamentos e Foros, sen dúbida os máis abondosos na comarca valdeorresa.

Para xestionar estas novas fórmulas de explotación aparece tamén unha nova figura, a do representante local do señorío

afastado, que accede ao poder por medio dun proceso de “señoralización intermedia” ou “enfeudación” que permite o

asinamento de contratos cuxos receptores son persoas de certa significación e poder elixidos polos titulares do dominio

para que se responsabilicen da súa administración directa.

En torno ao que nun principio foi a caseta dos barqueiros (hoxe porto da barca) -e ao longo da calzada romana, hoxe

Rúa Real- foron xurdindo unha serie de novas construcións e vivendas que, andando o tempo, acabarían configurando o

núcleo urbano de O Barco de Viloira.

No medievo a unión entre O Barco e Viloria era posible grazas a unha barca de remos que tiña o seu embarcadoiro no

popular “Porto da Barca” do centro histórico20. Esta infraestrutura era vital para facilitar a exportación dos viños cultivados

na comarca. Neste sentido, tal e como sinala García Tato (1996), “a influencia monástica (beneditina, cluniacense e

cisterciense), das ordes militares (San Xoán de Xerusalén, o Temple e Santiago) ou do Cabido Catedralicio de Astorga tivo

grande importancia durante o medievo, contribuíndo de forma decisiva ao repoboamento e roturación da comarca,

incluso daquelas partes con clinometría máis elevada”. Nesta época foi o viño o principal cultivo no actual municipio de

O Barco e tamén no conxunto da comarca, coa única excepción da especialidade cerealística, circunscrita ao actual

concello de A Veiga.

A Idade Media no Barco recoñécese aínda fisicamente no torreón do castelo do Castro21 e nas pegadas do románico

nas pequenas igrexas de A Proba e Xagoaza. Pero será o Mosteiro de Xagoaza, felizmente restaurado nos últimos anos

xunto á igrexa de San Miguel, o que ofrece hoxe a estampa románica máis suxerinte da vila e, xa que logo, o monumento

datable no medievo máis significativo e valioso do concello de O Barco de Valdeorras. Na fachada da igrexa figura a

cruz da Orde de San Xoán de Xerusalén22 á que pertenceu o mosteiro e que tamén figura no escudo municipal.

Cómpre destacar tamén a importancia de Valdeorras como camiño aberto por séculos de tránsito. Por aquí pasa, tamén

desde a Idade Media, o Camiño a Compostela, que facían os peregrinos procedentes da Meseta atraídos pola devoción

do Apóstolo, chamada que axudou a consolidar a devoción pola Virxe das Ermidas, que tomaban no Bierzo un desvío

para visitar este fermoso santuario barroco, erguido sobre a rocha, entre socalcos de viñedo e oliveiras.

A escasa documentación que chegou aos nosos días non nos permite analizar de forma pormenorizada o acontecer

histórico no Concello e na comarca ao longo da Idade Media. Con todo, as referencias directas de territorios achegados

–nomeadamente o Bierzo- xunto coas analoxías de contexto permítennos deducir que Valdeorras xogou neste período un

notable papel, sen dúbida apéndice doutros poderes señoriais localizados fóra da comarca. O feudalismo pervive neste

20 Esta embarcación foi incorporada ao escudo municipal por crer que deu orixe ao topónimo d´O Barco e para simbolizar a súa importancia na configuración do núcleo orixinal da vila que hoxe coñecemos. 21 A fortaleza medieval de O Castro foi reconstruída por Juan Pimentel no século XV, seguramente despois da súa destrución polos Irmandiños a mediados desta centuria. 22 A primeira mención desde edificio data do ano 1233.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 42 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 42 de 118

Page 44: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

territorio durante máis tempo que noutras zonas, consolidando un modelo de organización social e de explotación

económica arcaico, que atrasa a monetarización da economía e, xa que logo, o seu desenvolvemento e transformación.

5.1.1.3. A IDADE MODERNA

Neste momento histórico23 teñen lugar unha serie de preitos pola xurisdición de Valdeorras que entaboan Rodrigo Enríquez

Osorio, Conde de Lemos, con dona Xoana de Castro, viúva de Juán Pimentel. A sentencia definitiva en prol dos Condes

de Ribadavia fállase en Valladolid o 18 de setembro de 1511. Os Condes de Ribadavia casarán ao seu fillo, Diego

Sarmiento, coa filla dos Condes de Lemos, Leonor de Castro no ano 1523, restaurado así as feridas abertas co preito

vallisoletano. Dezanove anos despois deste fallo, os Condes da vila do Avia fundan o morgado Sarmiento, adscribindo a el

as súas terras e lugares, vasalos, rendas, peitos e dereitos, “xurisdición civil e criminal, mero e mixto imperio”.

Así as cousas, durante todo o Antigo Réxime, Valdeorras pertenceu ao señorío dos Condes de Ribadavia, a quen lles

correspondería o nomeamento do Correxedor; un alcalde ordinario; cinco rexedores, un por cada unha das fieldades nas

que se dividía Valdeorras; catro alcaldes pedáneos para San Estevo, Casoio, Biobra e Ribeira de Ascontra (a ribeira do Sil

comprendida entre Sobradelo e Quereño), un alguacil maior, cinco escribáns de número; cinco procuradores de Causas;

e un procurador xeral síndico ou defensor do pobo elixido entre os dous máis votados polos delegados de todos os

concellos valdeorreses (García Tato; 1996). O poder omnímodo do Conde permitíalle dar o selo das súas armas a unha

persoa da xurisdición, co que podía gozar da liberdade de fidalgo aínda que non o fose; por cada veado ou cervo que

se matase, había que entregar ao Correxidor un cuarto traseiro e a cabeza; para pescar no pozo de O Barco

necesitábase licenza do Conde; estaban obrigados a pagar a Talla servantia, que nalgúns casos acadou a cifra de 13.000

marabedís anuais; o Conde de Ribadavia estaba en posesión do dereito de cobrar a portaxe de Valdeorras, que era

adxudicada anualmente en pública subhasta ao mellor ofertante. Así mesmo ao Conde tamén lle correspondía percibir a

“renda territorial ou propietaria” coa forma contractual do foro perpetuo ou vitalicio.

Segundo datos de 1792, que coñecemos a través de García Tato (1996), as rendas cobradas en Valdeorras polo Conde

de Ribadavia eran:

Tegas de trigo................... 1.016,00

Tegas de centeo.................2.209,50

Cuartas de viño.................. 1.369,16

Galiñas......................... 257,00

Anguías (ducias).............. 55,00

Leitóns......................... 22,5

Touciños (arrobas)............. 11,00

Años.................................. 10,00

A primeira mención de O Barco atopámola nun documento de 1578 que permite situar a orixe deste poboado nos inicios

do Antigo Réxime. A súa primeira igrexa foi a Ermida de San Roque, filial da freguesía de San Martiño de Viloira; adquiriu

categoría parroquial entre 1629 e 1634, recibindo o nome de igrexa de San Amaro, e non será até o 1721 cando aparece

por vez primeira a advocación de San Mauro.

Con todo o nome de O Barco pode proceder do establecemento permanente, en época que descoñecemos con

certeza, mais seguramente medieval, dunha barca que, desde entón e ao longo de todo o Antigo Réxime, comunicou a

23 Entendemos este período nun abano cronolóxico amplo, que vai do século XVI a finais do XVIII.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 43 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 43 de 118

Page 45: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

vila actual co lugar de Viloira24. Outra hipótese establece que este substantivo fóra asignado a este lugar por similitude

entre a forma dunha embarcación e a paisaxe orográfica encaixada no val que define o Sil neste punto.

A poboación da comarca no século XVIII era xa de 5.193 veciños, o que suporía uns 20.772 habitantes repartidos en 171

núcleos de poboación, dos que dous (2) eran vilas (O Castro25 e O Bolo), trinta e dúas (32) freguesías e cento trinta e sete

(137) aldeas.

Mais volvendo aos Condes de Ribadavia, estes residían durante longas temporadas na súa casa-fortaleza de O Castro

para visibilizar o seu poder e controlar de forma directa o seu dominio e xurisdición. A presenza física dos condes en

Valdeorras foise facendo máis esporádica co paso do tempo, aínda que sempre mantendo a titularidade da vivenda

afortalada no Castro. Este conxunto constitúe aínda hoxe un conxunto monumental de singular atractivo26 no que

destacan os restos do seu castelo fortaleza27, que os Reis Católicos lle cederon aos condes de Ribadavia pola súa

participación na conquista de Granada, no ano 1492.

Xunto con condes, as ordes relixiosas que se asentaran no medievo en Valdeorras continuaron na comarca ao longo da

Idade Moderna, aforándoas mediante contratos a moi longo prazo: “pola súa vida, fillo e neto; pola súa vida e dúas vozes

mas subzessivas; por tres vozes de reyes; polos días da súa vida e tres vozes máis” son expresións comúns que constan por

escrito nos documentos legais da época. Mais, tal e como xa acontecía no medievo, os “propietarios eminentes”

aforaban as súas posesións a uns personaxes coñecidos como “señores medianeiros” ou “foreiros principais”, que non eran

outra cousa que intermediarios entre o dominio real e os traballadores da terra. Isto deu lugar ao nacemento dunha

pequena “nobreza indíxena28” (García Tato; 1996) formada por familias tan relevantes como os Losada, Prada29, Oca,

etc... que subaforaban propiedades, reparcelaban terras, etc... o que lles permitía engrosar xenerosamente a súa conta

de resultados.

Pero non era a terra vinculada a única forma de propiedade na comarca. As terras de amortización colectiva, que non

era outra cousa que o monte comunal e o baldío, tamén tiñan o seu lugar, destinándose tamén a pastos e

aproveitamentos da madeira. Estes terreos do común dos veciños eran pretendidos de forma constante pola nobreza

local, que intentou en moitas ocasións apoderarse da súa titularidade, tal e como proban procesos documentados como

o datado no ano 1597, titulado “Aberiguazion de Valdios”.

Xunto á actividade agraria e gandeira, absolutamente maioritaria na comarca valdeorresa, permanecían algúns restos

da actividade mineira pretérita. É o caso das minas de cobre de O Seixo e Carballal da Vila, que iniciaron a súa

explotación no ano 1609, rematando un século e medio despois.

No relativo ás infraestruturas, neste período séguense a utilizar grandes tramos da Vía Nova construída por Roma, o que dá

idea da súa óptima traza e execución. Na Idade Moderna este viario continúase a partir de A Proba, dando lugar ao que

se coñece como Verea Real que, desta volta, opta por proseguir o seu percorrido polo val do Sil, entrando no Bierzo polas

24 Temos constancia documental da existencia desta barca desde o ano 1575, cando se constata a existencia do oficio de varquero (Fernández Fernández; 2001). 25 Os censos fixan no núcleo de O Barco 229 hab. no ano 1752; 158 hab. No 1766 e 380 no 1824. 26 Dous pazos chaman a atención no Castro: a chamada Casa Grande, preto da vella fortaleza, na que destacan as solainas entre arcos a dous niveis, e o Pazo de Flórez, magnífica construción señorial datada no 1630, moi ben conservada e cunha orixinal fachada con seis arcos de pedra vermella sobre o soportal. Foi declarado Ben de Interese Cultural. 27 No ano 1797 o daquela párroco do Castro escribe no Dicionario de Tomás López sobre a súa parroquia: “era de mui corto vecindario y muí mala situación, ay las ruinas de un castillo y fortaleza con sus muros o cerca con sus puertas que demuestran aver sido mui fuerte”. 28 Sobre a figura destes intermediarios resulta moi interesante coñecer a opinión dun coetáneo, o ilustrado galego Frei Martín Sarmiento (1695-1772). O seu criterio a este respecto, en calidade de estudoso dos problemas da agricultura da España daquel tempo, era moi claro: “1766 ocupé todo ese tiempo en continuar el asunto de los foros, señalando su origen y antigüedad. Con esa ocasión, se explican los principios de la agricultura en España y el modo de promoverla no con poseedores precarios, sino con labradores que por sí mismos cultiven las tierras de modo que entre esos y los de directo y verdadero dominio no haya zánganos y pegotes intermedios (...)” 29 Un dos membros desta familia, Don Andrés de Prada, señor da Casa de Outarelo, chegou a secretario dos reis Felipe II e Felipe III.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 44 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 44 de 118

Page 46: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Médulas. A comunicación transfluvial realizábase por medio de dúas pontes (a da Cigarrosa e a Ponte Nova30), cinco (5)

barcas e dous (2) barcos.

No tocante á contrarreforma antiprotestante, réplica ortodoxa da Igrexa máis inmobilista e canónica, o seu instrumento

artístico e arquitectónico, o barroco, carece en Valdeorras dunha presenza forte e significativa a causa da mala calidade

da materia prima local, especialmente da pedra. Só as espadanas de templos como o de Casoio, Carballeda, Viloira,

Arnado, Éntoma, etc... e sobre todo o santuario das Ermitas (O Bolo), amosan as mellores calidades dun estilo que

materializou na Galicia granítica os seus exemplos de maior entidade. No tocante á arquitectura civil, os pazos de Fontei,

O Castro, Viloira31, San Miguel de Outeiro, Arcos, etc... son algúns dos fitos máis destacados. Precisamente os

descendentes das familias que habitaban nestes edificios foron alumnos da institución docente máis importante de

Valdeorras neste período: as aulas do Convento de Trinitarios Descalzos de Correxáis, fundado no ano 1723, no que se

impartiu gramática, filosofía e teoloxía moral.

O pobo chan, humilde e traballador, conformado polos populares “pecheros32”, ocupaba as máis das súas horas nas

tarefas agrarias, con especial dedicación ao viño, que se cultivaba nas súas variedades branca e tinta. Xunto a el a

cultivábase a castaña, o aceite, o trigo, o centeo, millo, liño, legumes, seda e toda clase de froitas e hortalizas. A primeira

mención da pataca, daquela coñecida como castañola, atópase no ano 179733 (García Tato; 1996). Unha parte dos

excedentes agrarios destes cultivos comercializábase nas feiras mensuais de O Castro, Vilamartín, O Bolo, Larouco e

Puente de Domingo Flórez, onde tamén era posible mercar animais de carga e tiro (nomeadamente bois), peixe, lenzos e

sal, sendo as pesas e medidas utilizadas a galega e a castelán.

Desde o punto de vista demográfico, o abade Francisco Gómez Rubial fai constar a finais do século XVI que a comarca

de Valdeorras estaba moi poboada, sendo a mortaldade moi elevada. Así, un documento datado no ano 1594 ofrécenos

o seguinte dato: “Partido de Valdeorres. Villa del Castro de Valdeorres, Coto de Santa Cruz, Herrerías y Salas de la Ribera.

1593 vecinos pecheros”. Se temos en conta que neste momento histórico o cómputo oficial diferenciaba os “veciños” das

“almas”, isto é, os cabezas de familia do total de membros da unidade familiar, poderíamos cuantificar en cinco (5) o

número medio de membros de cada unidade familiar. Así as cousas, o número total de habitantes ascendería a 7965.

Con todo, os estudosos que se encargaron deste asunto conclúen que os datos son vagos, incompletos e imprecisos

(García Tato; 1996).

5.1.1.4. A IDADE CONTEMPORÁNEA34

Entre os anos 1808 e 1841 ten lugar a supresión total dos morgados, o que supón un grande paso adiante no proceso de

liberación económica e social dos labregos valdeorreses. Malia todo, non será até o século seguinte, concretamente na

década de 1960, cando se extingan definitivamente os foros.

Na literatura histórica máis cultivada destácase con frecuencia a forte oposición que ofreceron os barquenses, dirixida

polos abades de Casoio e Millarouso, ao paso das tropas francesas durante a Guerra de Independencia de 1.809, que

pretendían instaurar pola vía das armas os avances sociais e políticos conquistados na Francia revolucionaria. 30 Esta ponte estaba construída en madeira, polo que despois das cheas invernais era necesario levar a cabo a súa reconstrución, que tiña lugar cunha periodicidade anual. Antes da construción da granítica Ponte de San Fernando en 1902, foron moitas as reconstrucións que se levaron a cabo da ponte de madeira primixenia, pasando polo levantamento intermedio duns piares sólidos en pedra. 31 Viloira é outro punto esencial para comprender a historia local. A casa Grande e os seus xardíns constitúen un romántico parque de estilo francés ao que se chega pasando o portalón de pedra vermella do país, que dá acceso ao inmoble. A casa Grande ten planta rectangular e dous patios interiores. O máis grande deles está rodeado dunha galería á altura da primeira planta e ten unha fonte de pedra calcaria no centro. No lateral esquerdo está a capela e sobre a fachada principal érguese o escudo da familia titular mirando sobre a fermosa praza arborada de Otero Pedrayo. Neste lugar celébrase a feira o día 6 de cada mes, un concorrido mercado dos produtos máis diversos. 32 Na Idade Media e Moderna, no contexto dos reinos peninsulares, pechero era todo súbdito que estaba obrigado ao pagamento de rendas ou tributos, diferenciándose así dos pertencían aos estamentos privilexiados, exentos de obrigas tributarias. 33 A pataca chegara a Europa a finais do século XVI grazas ás campañas de ultramar españolas e británicas. 34 Entendemos este período nun abano cronolóxico amplo, que vai de finais do século XVIII á actualidade.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 45 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 45 de 118

Page 47: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

A mediados do século XIX, o Concordato de 1851 pon fin á desamortización, que deu lugar á venda de todas as

posesións do clero regular, non así as do clero secular, que mantivo a práctica totalidade dos seus bens. Deste mesmo

momento histórico data a definitiva adscrición da comarca de Valdeorras á provincia de Ourense, despois dunha breve

experiencia baixo a demarcación territorial da provincia de Vilafranca do Bierzo35.

No tocante á poboación, entre 1900 e 2000 ten lugar un acelerado proceso de éxodo rural que coincide coa

urbanización das vilas de O Barco e A Rúa. Ao longo de toda a historia documentada, percibimos unha constante: os

baleiros demográficos da montaña (Macizo de Trevinca, Serra dos Cabalos, Montes de Oulego e Enciña da Lastra) e a

intensa ocupación da ribeira dos ríos, nomeadamente o Sil, precisamente o espazo que presenta unha maior aptitude

agraria. Nos séculos XIX e XX, coincidindo coa construción das principais redes de transporte (o ferrocarril36 e a N-12037) ao

longo da depresión de Valdeorras, consolídase o crecemento demográfico dos concellos e parroquias do fondo do val.

Isto dá lugar a un notable crecemento comercial (almacéns de viño, mercadorías, hostalería...) e demográfico ao longo

destes dous eixes viarios.

Neste mesmo período histórico prodúcese tamén un cambio fundamental no que atinxe á ocupación principal dos

valdeorreses. Desde a perspectiva estritamente laboral, os comarcáns abandonan masivamente o sector primario, no que

prima o autoconsumo e a economía a pequena escala, coincidindo coa irrupción da industria mineira da lousa na

década de 1970. O sector secundario convértese así no concello do Barco no principal motor económico, dando lugar a

un potente sector servizos que orbita ao seu redor transcendendo incluso a escala local. Foi desta forma polo que O Barco

se converteu, no transcurso do século XX, na capital económica da comarca de Valdeorras, un proceso gradual que

coincidiu coa consolidación da minería como principal actividade do municipio, tanto en termos económicos como

laborais. As cifras actuais revelan que a minería dá emprego a máis de 2.000 persoas no albor do segundo milenio38.

Francia, Alemaña e o conxunto a península Ibérica son os territorios que absorben a maioría da produción dun produto

que ten unha sólida demanda no mercado da construción mundial.

A vila do Barco é, a día de hoxe, o lugar elixido pola maioría dos empregados do sector da lousa para fixar a súa

residencia, de aí o crecemento exponencial da súa poboación nas últimas décadas, que vai camiño de acadar os 15.000

habitantes. Este crecemento contrasta co progresivo devalar poboacional do conxunto da comarca na última centuria

(Román Rodríguez; 2001). O concello de O Barco triplicou a súa poboación ao longo do século XX, sendo o único

municipio da comarca que viu medrar o seu número de habitantes neste período, coa única excepción de A Rúa39.

Neste contexto, o aumento poboacional foi parello ao crecemento dos núcleos máis urbanos, precisamente o lugar no

que se asenta a principal rede de servizos propios do noso tempo: comerciais, deportivos, sanitarios, educativos, ocio,

etc...

O optimismo demográfico que vive na última centuria O Barco podemos contrastalo en calquera dos parámetros que

consultemos. A constante mellora da taxa de natalidade a partir da década de 1980, a consolidación e reforzamento da

poboación de entre 30 e 50 anos, fronte a un censo inversamente proporcional de efectivos avellentados, etc... son

constantes que teñen un antagonismo claro nos demais municipios da comarca, coa única excepción de A Rúa, tal

como sinalamos máis arriba.

35 Esta foi creada no Trieno Liberal, entre 1820 e 1823. 36 A inauguración da liña ferroviaria entre A Coruña e Palencia tivo lugar o 1 de setembro de 1883, poñendo fin á incomunicación e illamento da comarca. Este feito abriu as portas á exportación dos principais produtos da comarca: viño, castañas, lousa e wolfram. 37 A mediados do século XIX xa se construíra a “carretera general de primer orden de Ponferrada a Orense”, antecedente inmediato desta vía de comunicación. O autor do proxecto foi o enxeñeiro Felipe Bena, titular do distrito entre 1864 e 1868. 38 Na actualidade Valdeorras produce o 60% da lousa mundial, cunha facturación que supera os 180 millóns de €. 39 No ano 1998 O Barco tiña unha densidade de 141,3 hab/km2 e A Rúa de 139,13 hab/km2 segundo datos do INE. Nos últimos lustros A Rúa ralentizou este proceso en favor de O Barco, que incrementou a súa densidade poboacional.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 46 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 46 de 118

Page 48: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Este crecemento demográfico tamén se nutriu dun considerable aporte de emigrantes lusos, que se instalaron na

comarca con motivo do bum económico da lousa entre 1976-1978 e 1983-1984. Xunto a eles, un pequeno grupo de

mulleres explotadas no campo sexual formado por dominicanas, caboverdianas, brasileiras e colombianas.

O freo da emigración valdeorresa a América primeiro, e a Europa despois, contribuíu tamén de forma decisiva a este

crecemento sustentable en termos poboacionais. Así as cousas a práctica totalidade das pirámides demográficas da

comarca de Valdeorras son claramente regresivas, coas únicas excepcións de A Rúa e, sobre todo, de O Barco40, que se

caracterizan polo seu carácter expansivo e o seu crecemento constante.

O desenvolvemento da industria mineira en Valdeorras ten favorecido un desenvolvemento da agricultura a tempo

parcial no rural, destacadamente no sector vitivinícola, reforzado pola constitución de cooperativas no sector primario41 e

o recoñecemento e prestixio da Denominación de Orixe. Con todo, este proceso non conseguiu frear a progresiva

urbanización das cabeceiras comarcais e o abandono crecente dos núcleos rurais. Neste sentido a actividade louseira de

Valdeorras ten un punto de inflexión fundamental no ano 1909, momento no que se constitúe a sociedade coñecida

como Rogelio Limeres y Compañía. Esta empresa foi reactivada na década de 1950-60, xusto despois da II Guerra

Mundial, que priorizou a extracción de volframio42 na comarca para a elaboración de material bélico.

Desde o punto de vista político no concello de O Barco e no resto da comarca conviviu sempre un substrato caciquil con

outro liberal e progresista, perceptible desde as Cortes de Cádiz ata os nosos días. Especialmente duros e difíciles foron as

catro décadas de ditadura franquista (1936-1975), que supuxeron a comisión de centos de asasinatos políticos, o

cumprimento de penas nas minas da comarca mediante a realización de traballos forzados por parte dos presos

republicanos43, a anulación das liberdades políticas, da libre adscrición sindical e da defensa da pluralidade cultural e

lingüística. Sobre este particular García Yáñez44 (2005) vén de publicar un importante traballo de investigación que

sintetiza o devalar dos acontecementos na comarca desde a proclamación da República no ano 1931 até o final da

ditadura.

5.1.1.5. A EVOLUCIÓN URBANA DE O BARCO

O acelerado proceso de crecemento demográfico experimentado no concello de O Barco que vimos de estudar

coincide, na última centuria, cun proceso constante e progresivo de urbanización que vive, de forma máis evidente, o

centro da vila. Esta sitúase no fondo do val, ao pé das principais arterias de comunicación por estrada e ferrocarril que

propulsaron o constante medre socioeconómico do municipio.

No ano 1868 o enxeñeiro Felipe Bena asina o proxecto da lendaria Ponte de San Fernando que, cos seus cinco arcos, uniu

Viloira e O Barco. Cunha lonxitude de 203 metros e un orzamento total de 224.653,26 ptas., a súa construción rematouse

totalmente no ano 1902, aínda que xa se viña utilizando desde uns anos antes. Sería arrasada pola crecida do Sil a noite

do 28 de decembro de 1959 (García Tato; 1996), ficando en pé unicamente os seus alicerces. A construción desta ponte

foi absolutamente vital para facilitar a saída da produción mineira e vitivinícola de O Barco e o conxunto da comarca.

A principios do século pasado Vicente Risco45 (1931) facía a seguinte descrición da parroquia de San Mauro: “es

población de bastante vida: hay dos sociedades, siete cafés, cinco en la villa e dous en el barrio de la Estación; dos 40 O grupo de poboación de entre 25-29 anos é o máis numeroso no núcleo de O Barco, sen dúbida, porque o núcleo ofrece unha oferta favorable á demanda da xente nova no momento da súa independencia no referido a vivenda e servizos. 41 Xares, Biobra, Larouco, etc... son algunha das principais cooperativas agrarias da comarca. No concello de O Barco constituíuse a que leva por nome Jesús Nazareno, especializada no sector do viño. 42 A explotación do wolfram en Valdeorras divídese en tres fases, segundo García Tato (1996): Fase belga (1913-1928); Fase alemá (1.937-1.953) e Fase final (1954-1963). A partir deste último ano a actividade paralizouse totalmente. 43 Entre 1942 e 1994, por exemplo, nas Minas de Casaio cumpriron as súas penas máis de 300 reclusos do bando fiel á República. 44 O Barco e a Terra de Valdeorras durante a II República e o Franquismo; Ed. A Nosa Terra. Vigo. 2005. 45 Geografía General del Reino de Galicia. Obra dirigida por F. Carreras y Candi, Volumen XI , Ourense. Tomo 2º. Ediciones Gallegas, S.A. La Coruña, 1980.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 47 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 47 de 118

Page 49: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

hoteles, uno de ellos en el barrio de la Estación, y numerosas fondas y paradores. También aparecen establecimientos

comerciales, principalmente de ferretería, ultramarinos y tejidos”, funcións todas elas de réxime terciario que se

complementa co curtido de peles, a fabricación de botas e envases para o transporte de viño e aceite. Posuía tamén

daquela unha estafeta de correos, telegráfica e telefónica, o que indica un bo grao de desenvolvemento do sistema de

comunicacións. Era xa tamén cabeceira do Partido Xudicial, posuía Xulgado de Primeira Instancia e Instrución, Rexistro da

Propiedade e Notaría.

Na década de 1950 o crecemento sociodemográfico da vila barquense ponse de manifesto tamén coa construción das

denominadas Casas Baratas, un proceso que non tivo continuidade na década seguinte, pero que se inverteu no

decenio de 1970 coincidindo co retorno de grandes continxentes de emigrantes que inxectaron os seus aforros no sector

da construción, promovendo o levantamento de moitos edificios de vivendas para acoller ás súas familias, pero

principalmente para investir os seus aforros. Este desenvolvemento urbano ten lugar ao longo da N-536, limitado pola vía

férrea e o río, que actúan como barreiras infranqueables da edificación. Desta maneira, a construción esténdese

rapidamente ao barrio de Viloira, unido a O Barco a través da ponte de San Fernando. O crecemento edificatorio excede

tamén a vía do ferrocarril, acollendo novos equipamentos públicos: centros de ensino, Hospital46, Servizo Galego de

Colocación, Seguridade Social, Rexistro da Propiedade, Axencia Tributaria, Pavillón dos Deportes...

O Barco ten acadado así a cabeceira comarcal da Terra de Valdeorras, status que consolidou nas décadas de 1970-80

coincidindo coa construción do Hospital Comarcal primeiro e, máis tarde, de distintas delegacións da Xunta de Galicia.

Todo isto favoreceu a centralidade do concello como referente do sector oriental do País.

Este proceso ten como contraste recente o crecemento experimentado na década de 1990, momento no que se pon en

marcha un proceso de construción incontrolado e non planificado que deriva na ausencia de zonas verdes de dimensións

suficientes, rúas estreitas con edificios de volume e altura sobredimensionada, levantamento de novos edificios de

vivendas sen proceder a reparcelacións previas con vistas a acadar unha ordenación racional e equilibrada da trama

urbana, así como o derrubo dunha parte do patrimonio cultural, casas na rua Dr. Pérez Lista e no casco. Todo este

proceso deriva tamén na aparición dun novo problema: o estacionamento de vehículos. O aumento exponencial do

parque de automóbiles e a ausencia de concienciación cidadán respecto do seu uso racional, xunto coa escasa oferta

de estacionamento, provocou un colapso insufrible para a poboación que só se veu amortecendo nos últimos tempos

coa implantación da Zona Azul e a habilitación de zonas de aparcamento provisional nalgúns predios baleiros.

Precisamente é o tráfico e aparcamento de vehículos un dos principais problemas que sufre hoxe o Centro Histórico do

Barco, que debe vedar o paso dos vehículos a motor por este espazo como condición previa básica para a súa

recuperación, rehabilitación e posta en valor.

46 A área sanitaria de O Barco sobarda a escala comarcal para abranguer os concellos de Pobra de Trives, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 48 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 48 de 118

Page 50: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA DA SINOPSE HISTÓRICA:

- Castro Voces, A: Valdeorras a mediados del siglo XVIII según el Catastro de la Ensenada. Instituto de Estudios Valdeorreses. Caderno monográfico nº 15. O Barco. 1993. - Fernández Rodríguez, C: Presencia humana en cuevas de Valdeorras: el registro arqueológico. Valdeorras da Prehistoria ó século XXI. Instituto de Estudios Valdeorreses. Caderno monográfico nº 33. O Barco. 2001. - García Tato, I: Valdeorras de cara al año 2000. Pasado, presente e futuro de una comarca. Volumes I e II. Instituto de Estudios Valdeorreses. Caderno monográfico nº 19. O Barco. 1996. - Gómez Bajo, C: La consolidación de las estructuras feudales en Valdeorras. Siglos XII-XV. Valdeorras da Prehistoria ó século XXI. Instituto de Estudios Valdeorreses. Caderno monográfico nº 33. O Barco. 2001. - San Román Rodríguez, J. Mª: Las transformaciones demográficas de Valdeorras: éxodo rural y proceso de urbanización de O Barco y A Rúa 1900-2000. Valdeorras da Prehistoria ó século XXI. Instituto de Estudios Valdeorreses. Caderno monográfico nº 33. O Barco. 2001. - San Román Rodríguez, J. Mª: Estudios sobre Valdeorras na época antiga e moderna. VIII Semana de historia. Instituto de Estudios Valdeorreses. Caderno monográfico nº 34. O Barco. 2001. - VVAA: VI Semana de historia de Valdeorras. Instituto de Estudios Valdeorreses. Caderno monográfico nº 25. O Barco. 1998. - VVAA: VIII Semana de historia. Instituto de Estudios Valdeorreses. Caderno monográfico nº 34. O Barco. 2001. - AAVV: Rutas Arqueolóxicas do Eixo Atlántico. Ed. Eixo Atlántico. 2005.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 49 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 49 de 118

Page 51: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

6. ANÁLISE SOCIODEMOGRÁFICA

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 50 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 50 de 118

Page 52: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

6.1. INTRODUCIÓN

Para analizar este apartado contamos cos seguintes datos:

- Os datos xerais, referidos ao municipio de O Barco e á comarca de Valdeorras, extraídos do I.G.E.

- Os datos referidos á segunda metade do século XVIII e principios do XIX extraídos da publicación

“Valdeorras a mediados del siglo XVIII según el catastro del marqués de la Ensenada” de Antonio Castro

Voces, publicado polo Instituto de Estudos Valdeorreses

- Os datos que se refiren ao ámbito actual (ano 2006) do Casco Vello de O Barco. facilitados polo

Concello e elaborados polo equipo redactor do P.E.P.R.I.

6.1.1. DEMOGRAFÍA 6.1.1.1. EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN.

Resúltanos difícil facer unha análise evolutiva da poboación do Casco Vello de O Barco, dado que o seu ámbito non

coincide cunha entidade censal que nos permita obter os datos necesarios ao longo do tempo. Utilizando os datos da

segunda metade do século XVIII e principios do XIX, que se refiren ao núcleo de O Barco, e os datos actuais (ano 2006)

referidos ao ámbito específico do Casco Vello e facendo a aproximación de que a freguesía /lugar denominada O Barco

desa época histórica podería corresponder co actual Casco Vello, teriamos os seguintes índices de variación que nos

permiten comparar, de maneira aproximada, estes períodos afastados no tempo pero que se refiren a un mesmo espazo

vital aínda que o ámbito sexa aproximado.

Poboación do casco histórico de O Barco

Entidade/ Ano

“1752”

“1766”

“1824”

“2006”

Índice de variación

(1752=100)

Poboación 229 158 380 350 152,84

0

50

100

150

200

250

300

350

400

“1752” “1766” “1824” “2006”

Poboación

Veciños (vivendas habitadas) no casco histórico de O Barco

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 51 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 51 de 118

Page 53: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Entidade/Ano

“1752”

“1766”

“1824”

“2006”

Índice de variación

(1752=100)

Veciños 61 42 101 150 245,90

0

20

40

60

80

100

120

140

160

“1752” “1766” “1824” “2006”

Veciños

Media de persoas por fogar no casco histórico de O Barco

Ano

“1752”

“1766”

“1824”

“2006”

Índice de variación

(1752=100)

Habitantes 229 158 380 350 152,92

Veciños 61 42 101 150 245,90

Persoas por fogar 3,75 3,76 3,76 2,3 61,33

0

0,5

1

1,5

2

2,5

3

3,5

4

“1752” “1766” “1824” “2006”

Persoas por fogar

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 52 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 52 de 118

Page 54: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Índice de variación da poboación da comarca de Valdeorras

(1752-2006)

Entidade/ Ano

“1752”

“1766”

“1824”

“2006”

Índice de variación

(1752=100)

Poboación 11453 6678 12165 28852 251,92

0

5000

10000

15000

20000

25000

30000

35000

“1752” “1766” “1824” “2006”

Poboación

Dado que o ámbito do Casco Vello atópase incluído no núcleo/entidade de O Barco, unha puxante vila que ten

experimentado un grande crecemento nos últimos 40 anos, interésanos facer unha análise da súa evolución

demográfica, xa que este crecemento debería incluír, coas actuacións acaídas, o crecemento da poboación deste

espazo.

EVOLUCION COMPARATIVA DA POBOACION DA VILA DE O BARCO CO RESTO DO MUNICIPIO(1960-2005)

Entidade/ Ano “1960” “1970” “1981” “1991”

“2001” “2005” Índice de variación

(1960=100)

O Barco (núcleo) 2.776 4.730 6.500 7.629 10202 10956 394,67

O Barco (resto) 4.919 3039 2.679 2.750 2.800 2.844 57,81

O Barco (municipio) 7.695 7.769 9.179 10.379 13.002 13.800 179,34

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 53 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 53 de 118

Page 55: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

0

2.000

4.000

6.000

8.000

10.000

12.000

14.000

16.000

“1960” “1970” “1981” “1991” “1991” “2001” “2005”

O Barco (núcleo) O Barco (resto) O Barco (municipio)

EVOLUCION COMPARATIVA DA POBOACION DA VILA DE O BARCO CO RESTO DO MUNICIPIO,

(1960-2001)

Ano 1960 1970 1981 1991 2001

Entidade Pob. Pob. Indice Pob. Indice

Pob. Indice

Pob. Indice

Indice

total

periodo

1960=100 O Barco

(vila) 2776 4730 170,38 6500 137,42 7629 117,37 10202 133,43 367,51

Resto do

municipio 4919 3039 61,78 2679 88,15 2750 102,65 2800 101,82 56,92

Total

municipal 7695 7769 100,96 9179 118,15 10379 113,07 13002 125,27 168,97

Nota: O índice de variación está calculado respecto do período anterior

Nos datos dos anteriores cadros cabe subliñar o crecemento experimentado pola vila de O Barco, que multiplica a súa

poboación por 3,67 en todo o período analizado (1960-2001), mentres que o conxunto do municipio multiplícase por 1,69 e

o resto do municipio, que non pertence á vila do Barco, diminúe a súa poboación até a metade.

Na actualidade o índice de participación da poboación do Casco Vello no total poboacional da vila do Barco é tan só

do 3%; pola contra a vila do Barco participa cun 79% no total municipal e nun 38% do total comarcal. Estes datos, xunto

co forte crecemento demográfico nos últimos anos, danos unha idea do importante peso da vila, tanto no concello como

na comarca e do carácter, até o de agora, marxinal do Casco.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 54 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 54 de 118

Page 56: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Casco vello Vila de O Barco Concello Comarca

Habitantes 350 10956 13800 28984

0

5000

10000

15000

20000

25000

30000

Casco vello Vila do Barco Concello Comarca

Habitantes

6.1.1.2. PREVISIONS DE INCREMENTO DA POBOACIÓN

O Casco ten un ámbito territorial definido e limitado, dentro da vila de O Barco, que define e limita o seu crecemento; as

nosas previsións de aumento poboacional non poden ir máis aló destes límites, é dicir da ocupación das casas baleiras

e/ou en ruínas e das parcelas sen construír. Cunha política activa de rehabilitación e reactivación do Casco poden e

deben ocuparse as vivendas baleiras con familias de idade nova que aumenten a poboación por dúas vías: o aumento

directo do número de veciños, pola ocupación das vivendas deshabitadas, e o incremento da media no número de

membros por fogar.

Entidade

Total vivendas Vivendas

Principais

Vivendas

baleiras

Poboación Membros/ fogar

Pob/principais

Casco vello 231 150 81 350 2,33

Concello 6691 4548 1504 13800 3,03

Rehabilitando e ocupando as 81 vivendas baleiras con fogares de 3,03 membros (media municipal) significaría un

aumento de 245 habitantes, a este número poderíase engadir o resultado de ocupar as parcelas baleiras (16) e as que

teñen ruínas (3); tamén parece razoable supoñer que o tamaño dos fogares no Casco se vaia aproximando á media

municipal o que presuporía un aumento de habitantes por esta vía. Non sería disparatado, dado o crecemento da vila,

supor a ocupación total do Casco Vello de O Barco o que nas daría, como previsión de aumento da súa poboación, os

seguintes resultados:

- Por ocupación de vivendas deshabitadas: 81 vivendas baleiras x 3,03 tamaño medio fogar = 245 habitantes

- Por adecuación do tamaño familiar á media municipal: (150 x 3,03)– (150x 2,3)= 455—350 = 105 habitantes

- Por ocupación das parcelas baleiras (16) e/ou en ruínas (3); supoñendo unha vivenda por parcela: 19 vivendas x

3,03 = 58.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 55 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 55 de 118

Page 57: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Resumindo, as previsión de aumento de poboación no ámbito do Casco Histórico podería acadar a cifra de: 245 + 105 +

58 = 408 habitantes; podendo chegar a ter unha poboación total de: 350 + 408 = 758 habitantes o que significaría duplicar

a poboación actual. Este incremento, que pode parecer desmesurado, é perfectamente posible con intervencións de

rehabilitación e reactivación do Casco; o que resulta máis difícil de entender é como no miolo dunha vila tan activa,

como amosa ser o Barco de Valdeorras, habita un Casco Histórico tan deteriorado e cunha dinámica tan oposta, de

crecente inactividade e esmorecemento (agás un pequeno repunte rehabilitador no último quinquenio), máxime cando

está emprazado nunha zona tan privilexiada (no centro da vila e o lado do parque recreativo do río Sil).

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 56 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 56 de 118

Page 58: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

6.1.2. ESTRUTURA DA POBOACIÓN.

A análise da estrutura da poboación realízase por medio da elaboración de pirámides de poboación, sendo estas

gráficos que poñen en relación o sexo cos grupos quinquenais de idade. Cando se traballa con este tipo de análise en

poboacións tan pequenas debemos ter sempre presente a grande “sensibilidade” da pirámide a pequenas variacións nos

valores dos distintos grupos, de tal maneira que un pequeno aumento ou diminución nos valores absolutos pode significar

unha variación significativa nos valores porcentuais.

ESTRUTURA DA POBOACION NO ÁMBITO DO CASCO VELLO DO BARCO

(Ano 2006)

HOMES MULLERES TOTAL

IDADES Número % Número % Número %

Máis de 70anos 22 6,29 35 10,00 57 16,29

De 65 a 69 anos 8 2,29 10 2,86 18 5,14

De 60 a 64 anos 14 4,00 8 2,29 22 6,29

De 55 a 59 anos 6 1,71 8 2,29 14 4,00

De 50 a 54 anos 14 4,00 11 3,14 25 7,14

De 45 a 49 anos 15 4,29 16 4,57 31 8,86

De 40 a 44 anos 15 4,29 5 1,43 20 5,71

De 35 a 39 anos 12 3,43 11 3,14 23 6,57

De 30 a 34 anos 8 2,29 14 4,00 22 6,29

De 25 a 29 anos 10 2,86 16 4,57 26 7,43

De 20 a 24 anos 10 2,86 8 2,29 18 5,14

De 15 a 19 anos 10 2,86 10 2,86 20 5,71

De 10 a 14 anos 14 4,00 10 2,86 24 6,86

De 5 a 9 anos 5 1,43 7 2,00 12 3,43

De 0 a 4 anos 11 3,14 7 2,00 18 5,14

TOTAIS C.H. 174 49,71 176 50,29 350 100,00

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 57 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 57 de 118

Page 59: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

PIRAMIDE DA POBOACION NO AMETO DO P.E.R.I. DE O BARCOHOMES MULLERES

8 6 4 2 0 2 4 6 8 10 12

Máis de 75

De 70 a 74

De 65 a 69

De 60 a 64

De 55 a 59

De 50 a 54

De 40 a 44

De 35 a 39

De 30 a 34

De 25 a 29

De 20 a 24

De 15 a 19

De 10 a 14

De 5 a 9

De 0 a 4

%

A pirámide de poboación do Casco Histórico non resulta moi típica; os distintos grupos de idade distribúense cun peso

aleatorio e flutuante ao longo da mesma, agás os maiores de 75 anos que, como ocorre en xeral, ten un peso específico

maior e cunha maior porcentaxe de mulleres, neste estrato, como é habitual; con todo esta distribución debemos

analizala con cautela dado o universo tan pequeno do que estamos a falar.

En canto á proporción sexo masculino/sexo feminino (índice de masculinidade) é practicamente igual 1 (49,71/50,29 =

0,99).

De seguido incluímos os cadros da distribución e estrutura da poboación do Casco Vello segundo as rúas e prazas que o

conforman. Non facemos pirámides a partir destes cadros nin nos detemos na súa análise por estamos a falar de

poboación moi pequenas.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 58 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 58 de 118

Page 60: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

ESTRUTURA DA POBOACION NO ÁMBITO DO CASCO VELLO DE O BARCO

Rúa Dr. Pérez Lista

(Ano 2006)

HOMES MULLERES TOTAL IDADES

Número % Número % Número %

Máis de 70anos 1 2,94 1 2,94 2 5,88

De 65 a 69 anos 2 5,88 3 8,82 5 14,71

De 60 a 64 anos 3 8,82 1 2,94 4 11,76

De 55 a 59 anos 1 2,94 1 2,94 2 5,88

De 50 a 54 anos 1 2,94 1 2,94 2 5,88

De 45 a 49 anos 0 0,00 1 2,94 1 2,94

De 40 a 44 anos 2 5,88 0 0,00 2 5,88

De 35 a 39 anos 1 2,94 0 0,00 1 2,94

De 30 a 34 anos 2 5,88 1 2,94 3 8,82

De 25 a 29 anos 1 2,94 6 17,65 7 20,59

De 20 a 24 anos 2 5,88 0 0,00 2 5,88

De 15 a 19 anos 1 2,94 1 2,94 2 5,88

De 10 a 14 anos 0 0,00 0 0,00 0 0,00

De 5 a 9 anos 0 0,00 0 0,00 0 0,00

De 0 a 4 anos 1 2,94 0 0,00 1 2,94

TOTAIS 18 52,94 16 47,06 34 100,00

ESTRUTURA DA POBOACION NO ÁMBITO DO CASCO VELLO DE O BARCO

Praza Maior

(Ano 2006)

HOMES MULLERES TOTAL IDADES

Número % Número % Número %

Máis de 70anos 0 0,00 0 0,00 0 0,00

De 65 a 69 anos 0 0,00 0 0,00 0 0,00

De 60 a 64 anos 0 0,00 1 2,56 1 2,56

De 55 a 59 anos 0 0,00 3 7,69 3 7,69

De 50 a 54 anos 2 5,13 0 0,00 2 5,13

De 45 a 49 anos 0 0,00 1 2,56 1 2,56

De 40 a 44 anos 1 2,56 3 7,69 4 10,26

De 35 a 39 anos 1 2,56 0 0,00 1 2,56

De 30 a 34 anos 0 0,00 4 10,26 4 10,26

De 25 a 29 anos 4 10,26 2 5,13 6 15,38

De 20 a 24 anos 0 0,00 0 0,00 0 0,00

De 15 a 19 anos 1 2,56 3 7,69 4 10,26

De 10 a 14 anos 3 7,69 1 2,56 4 10,26

De 5 a 9 anos 0 0,00 2 5,13 2 5,13

De 0 a 4 anos 4 10,26 3 7,69 7 17,95

TOTAIS 16 41,03 23 58,97 39 100,00

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 59 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 59 de 118

Page 61: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

ESTRUTURA DA POBOACION NO ÁMBITO DO CASCO VELLO DO BARCO

Praza da Igrexa / Prof. Eloy Mira

(Ano 2006)

HOMES MULLERES TOTAL IDADES

Número % Número % Número %

Máis de 70anos 3 8,57 3 8,57 6 17,14

De 65 a 69 anos 0 0,00 0 0,00 0 0,00

De 60 a 64 anos 2 5,71 0 0,00 2 5,71

De 55 a 59 anos 1 2,86 0 0,00 1 2,86

De 50 a 54 anos 1 2,86 3 8,57 4 11,43

De 45 a 49 anos 2 5,71 1 2,86 3 8,57

De 40 a 44 anos 1 2,86 1 2,86 2 5,71

De 35 a 39 anos 2 5,71 1 2,86 3 8,57

De 30 a 34 anos 1 2,86 2 5,71 3 8,57

De 25 a 29 anos 2 5,71 2 5,71 4 11,43

De 20 a 24 anos 0 0,00 0 0,00 0 0,00

De 15 a 19 anos 1 2,86 0 0,00 1 2,86

De 10 a 14 anos 1 2,86 4 11,43 5 14,29

De 5 a 9 anos 0 0,00 0 0,00 0 0,00

De 0 a 4 anos 1 2,86 0 0,00 1 2,86

TOTAIS 18 51,43 17 48,57 35 100,00

ESTRUTURA DA POBOACION NO ÁMBITO DO CASCO VELLO DE O BARCO

Rúas: Forno / Airas

(Ano 2006)

HOMES MULLERES TOTAL IDADES

Número % Número % Número %

Máis de 70anos 3 12,50 3 12,50 6 25,00

De 65 a 69 anos 1 4,17 0 0,00 1 4,17

De 60 a 64 anos 1 4,17 1 4,17 2 8,33

De 55 a 59 anos 2 8,33 1 4,17 3 12,50

De 50 a 54 anos 1 4,17 2 8,33 3 12,50

De 45 a 49 anos 0 0,00 1 4,17 1 4,17

De 40 a 44 anos 0 0,00 0 0,00 0 0,00

De 35 a 39 anos 0 0,00 0 0,00 0 0,00

De 30 a 34 anos 1 4,17 0 0,00 1 4,17

De 25 a 29 anos 0 0,00 2 8,33 2 8,33

De 20 a 24 anos 2 8,33 1 4,17 3 12,50

De 15 a 19 anos 0 0,00 0 0,00 0 0,00

De 10 a 14 anos 0 0,00 0 0,00 0 0,00

De 5 a 9 anos 0 0,00 1 4,17 1 4,17

De 0 a 4 anos 1 4,17 0 0,00 1 4,17

TOTAIS 12 50,00 12 50,00 24 100,00

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 60 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 60 de 118

Page 62: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

ESTRUTURA DA POBOACION NO ÁMBITO DO CASCO VELLO DE O BARCO

Rúa Real

(Ano 2006)

HOMES MULLERES TOTAL IDADES

Número % Número % Número %

Máis de 70anos 5 5,75 12 13,79 17 19,54

De 65 a 69 anos 1 1,15 0 0,00 1 1,15

De 60 a 64 anos 4 4,60 2 2,30 6 6,90

De 55 a 59 anos 0 0,00 2 2,30 2 2,30

De 50 a 54 anos 4 4,60 3 3,45 7 8,05

De 45 a 49 anos 5 5,75 6 6,90 11 12,64

De 40 a 44 anos 2 2,30 0 0,00 2 2,30

De 35 a 39 anos 2 2,30 2 2,30 4 4,60

De 30 a 34 anos 2 2,30 5 5,75 7 8,05

De 25 a 29 anos 1 1,15 2 2,30 3 3,45

De 20 a 24 anos 3 3,45 3 3,45 6 6,90

De 15 a 19 anos 3 3,45 2 2,30 5 5,75

De 10 a 14 anos 7 8,05 1 1,15 8 9,20

De 5 a 9 anos 1 1,15 2 2,30 3 3,45

De 0 a 4 anos 2 2,30 3 3,45 5 5,75

TOTAIS 42 48,28 45 51,72 87 100,00

ESTRUTURA DA POBOACION NO ÁMBITO DO CASCO VELLO DE O BARCO

Rúa San Roque

(Ano 2006)

HOMES MULLERES TOTAL IDADES

Número % Número % Número %

Máis de 70anos 7 8,05 12 13,79 19 21,84

De 65 a 69 anos 2 2,30 5 5,75 7 8,05

De 60 a 64 anos 3 3,45 0 0,00 3 3,45

De 55 a 59 anos 0 0,00 1 1,15 1 1,15

De 50 a 54 anos 3 3,45 2 2,30 5 5,75

De 45 a 49 anos 8 9,20 4 4,60 12 13,79

De 40 a 44 anos 3 3,45 1 1,15 4 4,60

De 35 a 39 anos 5 5,75 5 5,75 10 11,49

De 30 a 34 anos 1 1,15 2 2,30 3 3,45

De 25 a 29 anos 1 1,15 2 2,30 3 3,45

De 20 a 24 anos 3 3,45 3 3,45 6 6,90

De 15 a 19 anos 4 4,60 1 1,15 5 5,75

De 10 a 14 anos 1 1,15 1 1,15 2 2,30

De 5 a 9 anos 3 3,45 2 2,30 5 5,75

De 0 a 4 anos 1 1,15 1 1,15 2 2,30

TOTAIS 45 51,72 42 48,28 87 100,00

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 61 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 61 de 118

Page 63: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

ESTRUTURA DA POBOACION NO ÁMBITO DO CASCO VELLO DE O BARCO

Rúa San Mauro

(Ano 2006)

HOMES MULLERES TOTAL IDADES

Número % Número % Número %

Máis de 70anos 3 6,82 4 9,09 7 15,91

De 65 a 69 anos 2 4,55 2 4,55 4 9,09

De 60 a 64 anos 1 2,27 3 6,82 4 9,09

De 55 a 59 anos 2 4,55 0 0,00 2 4,55

De 50 a 54 anos 2 4,55 0 0,00 2 4,55

De 45 a 49 anos 0 0,00 2 4,55 2 4,55

De 40 a 44 anos 6 13,64 0 0,00 6 13,64

De 35 a 39 anos 1 2,27 3 6,82 4 9,09

De 30 a 34 anos 1 2,27 0 0,00 1 2,27

De 25 a 29 anos 1 2,27 0 0,00 1 2,27

De 20 a 24 anos 0 0,00 1 2,27 1 2,27

De 15 a 19 anos 0 0,00 3 6,82 3 6,82

De 10 a 14 anos 2 4,55 3 6,82 5 11,36

De 5 a 9 anos 1 2,27 0 0,00 1 2,27

De 0 a 4 anos 1 2,27 0 0,00 1 2,27

TOTAIS 23 52,27 21 47,73 44 100,00

No que atinxe á distribución da poboación, por grupos de idade, as porcentaxes de participación de cada estrato

poboacional son as seguintes:

Estratos por idade e sexo da poboación do casco vello de O Barco

Poboación

Estrato Homes Mulleres

Total

Habitantes

Porcentaxe

Infantil (<16 anos) 30 24 54 15,43

Xuvenil (15-19 anos 30 34 64 18,28

Adulta (30-64 anos) 84 73 157 44,86

Senil (>65 anos) 30 45 75 21,43

Totais 174 176 350 100,00

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 62 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 62 de 118

Page 64: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

0

20

40

60

80

100

120

140

160

180

Infantil (<16anos)

Xuvenil (15-19anos

Adulta (30-64anos)

Senil (>65anos)

Totales

Homes Mulleres

Estas porcentaxes poñen en evidencia unha poboación abondo avellentada (21,43%) cunha porcentaxe de

participación bastante superior ao da poboación infantil (15,43%); curiosamente a poboación potencialmente activa

está por riba do normal, xa que supera o 60% (63,14%).

O feito de que neste momento estean vindo a vivir ao Casco Vello do Barco matrimonios novos, que alugan e rehabilitan

casas, coidamos que vai poder mellorar esta estrutura de idades, aínda que, a curto prazo esa mellora sexa pequena.

6.1.3. ÍNDICES DEMOGRÁFICOS

De seguido analízanse unha serie de indicadores demográficos que axudan a caracterizar os riscos máis sobresaíntes da

estrutura demográfica, tomando como referencia catro estratos da poboación: os nenos (menores de 16 anos), os novos

(entre 16 e 29 anos), os adultos (de 30 a 64 anos) e os vellos (maiores de 65 anos).

A descrición destes indicadores é a que segue:

- Índice infantil: relaciona aos menores de 15 anos co total da poboación.

- Índice xuvenil: relaciona o estrato de idade entre 15 e 30 anos co total da poboación.

- Índice de avellentamento: pon en relación aos maiores de 65 anos co total da poboación.

- Índice de reemprazo: relaciona aos maiores de 65 anos cos nenos.

- Razón de dependencia: pon en relación a poboación potencialmente inactiva (menores de 15 e maiores

de 65) coa potencialmente activa (de 15 a 65 anos).

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 63 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 63 de 118

Page 65: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

ÍNDICES DEMOGRÁFICOS DO CASCO HISTORICO DE O BARCO

(ANO 2006)

INDICE Homes Mulleres Total C. H.

I. Infantil 17,24 13,64 15,43

I. Xuvenil 17,24 19,32 18,29

I. Avellentamento 17,24 25,57 21,43

I. Reemprazo 100 187,5 138,89

Razón de dependencia 52,63 64,49 58,37

0

20

40

60

80

100

120

140

160

180

200

I. Infantil I. Xuvenil I.Avellentamento

I. Reemplazo Razon dedependencia

Homes Mulleres Total C. H.

COMPARACION DA POBOACIÓN POR ESTRATOS DE IDADE

(ANO 2006)

Poboación Caso Vello Concello Comarca

Infantil (<15 anos) 54 2203 3565

Potencialmente activa (de

15 a 64 anos)

221 9294 18121

Senil( >65 anos) 75 2303 7298

Total 350 13800 28984

PORCENTAXE DE PARTICIPACION

Poboación Caso Vello Concello Comarca

Infantil (<15 anos) 15,43 15,96 12,30

Potencialmente activa (de

15 a 64 anos)

63,14 67,35 62,52

Senil( >65 anos) 21,43 16,69 25,18

Total 100 100 100

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 64 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 64 de 118

Page 66: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

0

10

20

30

40

50

60

70

Infantil (<15 anos) Potencialmente activa (de15 a 64 anos)

Senil( >65 anos)

Caso Vello Concello Comarca

COMPARACION DOS ÍNDICES DEMOGRÁFICOS

(ANO 2006)

INDICE Caso Vello Municipio Comarca

I. Infantil 15,43 15,96 12,30

I. Avellentamento 21,43 16,69 25,18

I. Reemplazo 138,89 104,54 204,71

Razón de dependencia 58,37 48,48 59,95

0

50

100

150

200

250

I. Infantil I. Avellentamento I. Reemplazo Razon dedependencia

Caso Vello Municipio Comarca

Dos índices demográficos analizados despréndense as seguintes conclusións comparativas:

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 65 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 65 de 118

Page 67: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

- Índice infantil: No casco histórico é similar ao do conxunto do municipio (15,43 e 15,96) isto significa que,

en ambos casos, hai un neno menor de 15 anos por cada 6 persoas maiores desa idade. Este índice é

menor na comarca (12,30) un neno por cada 8.

- Índice de avellentamento: A proporción de poboación maior de 65 anos no Casco (21,43) é superior á do

conxunto do municipio (16,69) pero inferior á da comarca (25,18); isto significa que 1 de cada 5 persoas

que viven aquí é maior de 65 anos, mentres que no conxunto do municipio a proporción é de 1 cada 6 e

na comarca de Valdeorras de 1 cada 4.

- Índice de reemprazo: Analiza a capacidade de renovación dunha poboación, sendo inversamente

proporcional, xa que relaciona a poboación senil coa infantil. A maior capacidade de renovación, aínda

que está por debaixo da desexable (100%), correspóndelle a poboación do total municipal (104,54); é

moi alto (204,71) o do conxunto da comarca, que define unha poboación con dificultades para ser

reemprazada. No Casco, cun índice de reemprazo do 138,89, aproxímase a situación da maioría dos

núcleos non rurais e definen unha poboación que camiña ao avellentamento progresivo.

- Razón de dependencia: Este índice está pensado para calcular a cantidade de poboación (nenos e

maiores) que depende da poboación potencialmente activa; nos tres casos (Casco, Municipio e

Comarca) resulta unha razón de dependencia bastante alta (sitúase a desexable en torno ao 25%)

sendo bastante similar a situación do Casco coa Comarca; nos dous casos por cada 2 persoas

potencialmente activas (entre 15 e 65 anos) existe unha terceira dependente (<15 anos ou >65 anos).

6.1.4. NIVEL DE INSTRUCIÓN

Segundo datos do Censo de Poboación e Vivendas do 2001 do INE, da análise do seguinte cadro, que contén a distribución

da poboación en función dos niveis de instrución e desagregados por sexos, conclúese que boa parte das persoas que viven

na comarca de Valdeorras distribúense en dous niveis de instrución: estudos primarios (33%) e estudos secundarios (35%), o que

supón que algo máis de dous terzos da poboación (68%) están incluídos nun destes dous niveis.

Hai que salientar que a porcentaxe de persoas que non saben ler nin escribir (6%) é unha cantidade importante, sobre todo

tendo en conta que a porcentaxe de poboación maior de 75 anos non é demasiado elevada (11,5%), polo que habería que

afondar máis nestes datos para poder descartar a posible inclusión neste nivel de menores non escolarizados, que

normalmente se inclúen no grupo de sen estudos. A porcentaxe de persoas sen estudos alcanza o 23%, e con estudos

universitarios o 7%.

En canto á participación segundo o sexo, o grado de participación de ámbolos dous sexos nos distintos niveis de instrución

non ofrece importantes desequilibrios: unicamente chama a atención a maior participación de mulleres no grupo de

estudos universitarios e tamén no grupo dos sen estudos.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 66 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 66 de 118

Page 68: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Nivel de estudos da comarca de Valdeorras

Homes Mulleres TOTAL

Nº % Nº % Nº %

Non saben nin

ler nin escribir 788 6 994 7 1.782 6

Sen estudos 3.031 22 3.509 25 6.540 23

Estudos

primarios 4.542 33 4.247 30 8.789 31

Estudos

secundarios 4.826 35 4.412 31 9.238 33

Estudos

universitarios 766 5 1.072 8 1.838 7

TOTAL 13.953 100 14.234 100 28.187 100

% de habitantes x nivel de estudos na comarca de Valdeorras

6

23

31

33

7

Non saben nin ler nin escribir

Sen estudos

Estudos primarios

Estudos secundarios

Estudos universitarios

% de homes x nivel de estudos na comarca de Valdeorras

6

22

33

35

5

Non saben nin ler nin escribir

Sen estudos

Estudos primarios

Estudos secundarios

Estudos universitarios

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 67 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 67 de 118

Page 69: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

% de mulleres x nivel de estudos na comarca de Valdeorras

7

25

30

31

8

Non saben nin ler nin escribir

Sen estudos

Estudos primarios

Estudos secundarios

Estudos universitarios

Segundo datos do Censo de Poboación e Vivendas do 2001 do INE, da análise do seguinte cadro, que contén a

distribución da poboación en función dos niveis de instrución e desagregados por sexos, conclúese que boa parte das

persoas que viven no concello de O Barco de Valdeorras distribúense en dous niveis de instrución: estudos primarios

(28,0%) e estudos secundarios (37,1%), o que supón que algo menos de dous terzos da poboación (65,1%) están incluídos

nun destes dous niveis.

Hai que salientar que a porcentaxe de persoas que non saben ler nin escribir (7,4%) é unha cantidade importante, sobre

todo tendo en conta que a porcentaxe de poboación maior de 75 anos non é moi elevada (7,6%), polo que habería que

afondar máis nestes datos para poder descartar a posible inclusión neste nivel de menores non escolarizados, que

normalmente se inclúen no grupo de sen estudos. A porcentaxe de persoas sen estudos alcanza o 19,8%, e con estudos

universitarios o 7,7%.

En canto á participación segundo o sexo, o grado de participación de ámbolos dous sexos nos distintos niveis de instrución

non ofrece importantes desequilibrios: unicamente chama a atención a maior participación de mulleres no grupo de

estudos universitarios e tamén no grupo dos sen estudos.

Nivel de estudos do concello de O Barco de Valdeorras

Nivel de

estudos Homes Mulleres Total

Nº % Nº % Nº %

Non saben nin

ler nin escribir 463 3,6 495 3,8 958 7,4

Sen estudos 1.222 9,4 1.336 10,3 2.558 19,8

Estudos

primarios 1.898 14,7 1.726 13,3 3.624 28,0

Estudos

secundarios 2.450 18,9 2.360 18,2 4.810 37,1

Estudos

universitarios 414 3,2 587 4,5 1.001 7,7

TOTAL 6.447 49,8 6.504 50,2 12.951 100

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 68 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 68 de 118

Page 70: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

% de habitantes x nivel de estudos no concello do Barco de Valdeorras

7,4

19,8

28,0

37,1

7,7

Non saben nin ler nin escribir

Sen estudos

Estudos primarios

Estudos secundarios

Estudos universitarios

% de homes x nivel de estudos no concello do Barco de Valdeorras

3,6

9,4

14,7

18,9

3,2

Non saben nin ler nin escribir

Sen estudos

Estudos primarios

Estudos secundarios

Estudos universitarios

% de mulleres x nivel de estudos no concello do Barco de Valdeorras

3,6

9,4

14,7

18,9

3,2

Non saben nin ler nin escribir

Sen estudos

Estudos primarios

Estudos secundarios

Estudos universitarios

Segundo os dados facilitados polo concello e elaborados polo equipo redactor, da análise do seguinte cadro, que

contén a distribución da poboación en función dos niveis de instrución e desagregados por sexos, conclúese que boa

parte das persoas que viven no ámbito do PEPRI distribúense en dous niveis de instrución: sen estudos (58%) e estudos

secundarios e universitarios (24%), o que supón que algo máis de dous terzos da poboación (82%) están incluídos nun

destes dous niveis. Do total de habitantes sen estudos do ámbito do PEPRI, 41 aínda están en idade escolar, polo que

realmente a porcentaxe de poboación sen estudos, é dun 46%

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 69 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 69 de 118

Page 71: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

En canto á participación segundo o sexo, o grado de participación de ámbolos dous sexos nos distintos niveis de

instrución non ofrece importantes desequilibrios: unicamente chama a atención a maior participación de mulleres no

grupo de estudos secundarios e universitarios e tamén no grupo dos estudos primarios.

Nivel de estudos do ámbito do PEPRI

Nivel de estudos Homes Mulleres Total

Nº % Nº % Nº %

Non saben nin ler nin escribir 1 1 4 2 5 1

Sen estudos 106 60 96 55 202 58

Estudos primarios 28 16 31 18 59 17

Estudos secundarios e

universitarios 41 23 43 25 84 24

TOTAL 176 100 174 100 350 100

% de habitantes x nivel de estudos no ámbito do PEPRI

1

5817

24

Non saben nin lernin escribir

Sen estudos

Estudos primarios

Estudossecundarios euniversitarios

% de homes x nivel de estudos no ámbito do PEPRI

1

6016

23Non saben ninler nin escribir

Sen estudos

Estudosprimarios

Estudossecundarios euniversitarios

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 70 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 70 de 118

Page 72: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

% de mulleres x nivel de estudos no ámbito do PEPRI

2

55

18

25

Non sabennin ler ninescribirSen estudos

Estudosprimarios

Estudossecundarios euniversitarios

Comparando estes tres niveis espaciais de análise, a porcentaxe de habitantes que non saben nin ler nin escribir é menor

no ámbito do PEPRI e similar na comarca e no concello, aínda que lixeiramente superior neste último.

Na poboación sen estudos, a maior porcentaxe corresponde ao ámbito do PEPRI, seguida da comarca e do concello,

con porcentaxes inferiores á máis da metade e cerca dun terzo da do PEPRI respectivamente.

Na poboación con estudos primarios, as maiores porcentaxes corresponden á comarca e ao concello respectivamente,

cunha diferenza de 10 puntos co ámbito do PEPRI.

Na poboación con estudos secundarios e universitarios, o concello presenta unha porcentaxe maior, a máis de catro

puntos da comarca, e a máis de vinte do ámbito do PEPRI.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 71 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 71 de 118

Page 73: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

7. DIAGNOSE

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 72 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 72 de 118

Page 74: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

7.1. SÍNTESE

Os datos recollidos, permiten facermos unha diagnose do que acontece no ámbito do P.E.P.R.I. Síntese que podemos

resumir en varios puntos significativos:

1. O Casco Antigo é peza emblemática da memoria e orixe da vila de O Barco e así se recoñece de forma

maioritaria, neste ámbito, mellor que en ningunha outra parte percíbese o “Locus da Memoria”, malia que non

toda a poboación lle confire a mesma consideración, é este sen dúbida o lugar onde mellor acouga o espírito

da vila, podendo observarse a presenza ininterrompida ao longo do tempo de imaxes de recunchos deste

ámbito en todo tipo de publicacións, tanto impresas como agora dixitais, coma representativas e referentes da

vila, recoñecendo así o seu valor como cerne e símbolo.

2. Identificado coa vila dende o seu inicio e xurdido da relación co río e o camiño, polo que antes circularon os

romanos “vía nova”, o Casco Antigo amosa aínda pegadas da historia, algunhas están á vista, outras

imaxinamos agochadas e outras presentes no evoluir, nos momentos de puxanza e de decadencia. Velaí que se

entenda como positivo o labor de esculca sobre os interrogantes que aínda fican sen resolver, facendo das

posibles intervencións edificatorias oportunidades de investigación arqueolóxica e non entendendo esta só

como unha obriga xurídica ou un imperativo ético.

3. O desenvolvemento da vila foi parello ao desenvolvemento económico e demográfico do Casco Antigo, ata os

inicios do último terzo do século XX; Compartindo o Casco protagonismo en épocas, con outros puntos de

interese como eran o núcleo de Viloira e o barrio da Estación, xerado coa aparición do tren, mais será este

último terzo de século o que fará bascular o centro xeográfico, económico e social da vila, debido ao enorme

desenrolo urbanístico e aos moi xenerosos aproveitamentos do solo e concesión de alturas determinados pola

ausencia de planeamento e a posterior e primeira normativa existente. Todo isto provoca, no Casco Antigo, un

abandono progresivo de actividades públicas e privadas á vez que amosa a dificultade deste espazo de

convivir cun novo elemento para o que non estaba pensado nin adaptado -o vehículo- e con novas demandas

de estándares de vivenda.

4. As recentes operacións urbanísticas/edificatorias que se executan a partir fundamentalmente de mediados dos

anos 70 froito dunha intensa actividade na construción, non supoñen unha conquista de novos espazos para os

cidadáns, espazos máis amplos e vitais, senón unha fuxida cara á ocupación, edificabilidade e altura na maior

medida posible, como iconas de progreso, esquecendo xerar espazos de relación e lecer e abandonando o

Casco Antigo á súa sorte, malia todo, moitos veciños sabedores do que tiñan de seu e do valor que

atesouraban, conservaron edificacións e ambientes que aínda perduran.

5. Aínda fican mostras de sinais de identidade da primitiva vila: casonas señoriais, estampas urbanas, escalas de

vila, de rúas e ata ese “aire” que lle da a súa peculiar configuración e o configura como paseo ou percorrido, en

contraste con cascos máis nucleados configurados coma estancias. Con elementos que hoxe precisan dunha

específica protección, na medida en que o seu valor supera as lindes do ámbito, como se aprecia ao longo do

tempo onde sempre imaxes do ámbito do Casco serven de referencia de todo o núcleo, en calquera tipo de

comunicación, un primeiro achegamento a eles oferta un listado que é preciso recoñecer, consensuar e valorar,

entre todos.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 73 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 73 de 118

Page 75: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

6. O ámbito do P.E.P.R.I. asume o fixado no Plan Xeral47, entende o equipo redactor que debe cando menos deixar

constancia da súa apreciación dun ámbito do Casco antigo incorrectamente delimitado, exclusión de ámbitos,

que se ben non teñen continuidade física co hoxe delimitado si teñen potencialidades e características que os

fan merecedores da súa declaración como tales, porque se ben ata finais do XX non se produciu a demanda de

expansión da vila, existían antes espazos caracterizados, representativos de poderes políticos, económicos, de

espazos de tránsito e/ou relixiosos, no contorno que poderían considerarse coma Casco -Viloira, o barrio da

Estación-, constituíndo entre todos un Casco Antigo polinucleado sen continuidade física ou con posibeis

continuidades a conquerir con novas actuacións. É importante a mención sobre o límite do PEPRI que podería

asumir as partes aínda recuperables dos dous accesos principais, polas rúas Eloy Mira e San Roque, nun intento

de incorporar estes elementos como sinalizadores dun ámbito diferenciado e que este sexa quen de

referenciarse a si mesmo cos elementos que o caracterizan sen necesidade de sinalética.

7. O factor básico e determinante da estrutura urbana do Casco Antigo é, sen dúbida, a súa peculiar

configuración lineal como paseo ou percorrido, con pequenas aberturas de vistas ao río e a presenza poderosa

da Praza Maior, tamén aberta no seu fondo cara ás vistas sobre o río Sil e o seu val.

A edificación completou as beiras das dúas rúas que conflúen no “Porto da Barca”, rúa de San Mauro e Rúas

Real e San Roque, lugar de conexión para o tránsito entre as beiras do río. Completouse tamén o espazo

existente entre as rúas Real e San Roque e o río, erguéndose sobre o promontorio rochoso que este ofrece, e

tratando coma noutras moitas ocasións a fachada ao río co carácter de elemento traseiro de pouca

importancia.

Neste percorrido, moi reducidos espazos públicos foron completando a personalidade do Casco Antigo de non

seren os mínimos accesos ao río, que só se poden entender coma tránsitos, e o espazo da praza dominando

unha zona de ribeira aberta, de complexa aclimatación e protección contra a climatoloxía.

8. O espazo edificado do ámbito do PEPRI é continuo con vontade de unir e protexer na súa proximidade co

veciño, sen deixar baleiros nin sequera de relación, que non sexan o propio tránsito, sendo lugar de paso e

comercio, o primeiro espazo que engade as relacións humanas ás comerciais e de tránsito é a Praza Maior,

situada levemente descentrada respecto ao Casco, aínda que configurándose como espazo concentrador da

súa vida. Os intereses individuais semellan dominantes sobre os colectivos, cando menos no que á creación de

espazos se refire, tal é así como se aprecia na porcentaxe de espazos libres privados respecto aos públicos.

9. Hoxe, aínda que con lixeiras dificultades pódese ollar o Casco Antigo coma un espazo unitario, entrevelo nos

rastros dunha forma de facer –e desfacer- que o sinalan para ben e para mal como “zona característica”.

10. A estrutura parcelaria da propiedade está definida por un trazado habitual de cruxias estreitas e fondos longos,

amosa unha porcentaxe moi elevada de propiedade vertical 95%, con niveis igualmente elevados de tenencia

en propiedade pertencente a pequenos e medios propietarios, que se combina cunha moi reducida (por non

dicir nula a nivel representativo) presenza de ocupación en aluguer.

11. O uso maioritario da edificación, é o residencial, de vivenda como é lóxico. Neste momento hai 150 edificacións

censadas, que xeran 231 vivendas no ámbito do Casco Antigo, das que agora mesmo teñen ocupación o 65%.

Fronte a un período de esmorecemento económico e demográfico do Casco que levara á desocupación

progresiva do parque de vivendas, asistimos no último lustro ao que semella ser un inicio de cambio de

tendencia, no que o nivel de vivendas ocupadas medrou levemente.

47 No PXOM 2003 cabe entender coma un erro de grafismo a inclusión dunha parte do PERI 9.1 no ámbito do PEPRI, polo que entendemos debe ser modificado este límite. Pasando da actual superficie de 44.109,47m2 establecida polo PXOM a 43.444,84m², o que supón unha variación do 1,5%

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 74 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 74 de 118

Page 76: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

A densidade de vivendas no ámbito é alta, como indica a cifra de 53,7vivendas/Ha., agora mesmo para o

conxunto.

O estado de conservación acada niveis de aceptabilidade no 56 % do parque, pero apreciamos ata un 13 % de

vivendas en moi mal ou malo estado de conservación e case un 31 % en estado regular e con problemas.

Evidentemente, canto peor é o estado das vivendas, menor é o peso relativo da poboación que vive nelas. Así,

no estrato de maiores deficiencias, vive a menor porcentaxe da poboación, que soe ser a de maior idade e

menores ingresos. Na banda oposta hai que subliñar que o uso residencial tamén é o que, en termos relativos,

asenta na edificación en mellor estado de conservación. En xeral, o estado de conservación é mellor nas zonas

do ámbito máis próximas ao perímetro.

A intensidade de ocupación, hai que salientar ese 40% de vivendas onde non vive ninguén ou o 14% cunha soa

persoa.

O tamaño da vivenda, hai que salientar un dato que non se adoita asociar ao Casco Antigo. En xeral, sempre se

identificou o Casco Antigo como unha área de vivenda de reducidas dimensións. Pero a verdade é que as

vivendas son de superficies abundantes debido ao seu desenrolo en varias plantas.

Os usos, residenciais localízanse practicamente no 100% das unidades catastrais diferenciadas.

No que fai referencia aos usos non residenciais, debemos comezar por dicir que, neste momento, case se pode

afirmar que non fican no Casco Antigo os usos industriais escasamente un 2%.

O uso non residencial por excelencia foi, e en moi baixa medida aínda é o uso comercial, se ben hoxe xa ten

unha presenza moi cativa, estando ausente o uso administrativo e de oficinas, tanto privadas como públicas.

Os usos puramente comerciais localízanse en 22 locais (13 % do total de unidades catastrais diferenciadas). A

distribución dos locais comerciais dentro dos edificios, como é habitual, ofrece a totalidade nas plantas baixas,

agás unha edificación adicada toda ela a usos recreativos e socioculturais.

Os usos administrativos son inexistentes ao igual que os equipamentos.

As garaxes ocupan unha porcentaxe ínfima de sotos, so nas edificacións moi recentes, e como é lóxico, sitúanse

maioritariamente en planta baixa debido á ausencia de sotos ou á súa dificultade de execución e acceso.

12. O esquema viario do Casco Antigo resposta a un tipo único, con intensidades de transito medias de 50

vehículos/hora, ten carácter de vía de servizo xeral rodado e peonil, caracterizándose nos últimos tempos coma

de uso preferente dos veciños do Casco Antigo, se ben aínda segue empregándose como alternativa de tránsito

ao vial principal da vila.

Advírtese actualmente unha intención de diferenciación entre a funcionalidade do viario do Casco e a do resto

da vila, velaí que se xulguen como importantes medidas que vaian na procura desta clara diferenciación

especializada, converténdoo en elemento de cualificación do entramado do Casco Antigo con potenciación

do carácter de percorrido peonil.

Todo elo buscando conseguir maior permeabilidade que incremente a compoñente comercial do Casco, hoxe

moi desequilibrada respecto do resto da vila, restrinxindo ao mínimo preciso os tráficos e facilitando e primando a

circulación e espazos de relación de peóns.

• O carácter do viario do Casco, inequívoco como viario peonil ou de primacía da marcha a pé, con

máis ou menos posibilidade de coexistencia cos vehículos a motor, está na base da peonalización do

Casco Antigo que se propón entre en funcionamento canto antes. É un feito que quizais se debera ter

producido hai tempo; entendemos que o concreto proxecto de peonalización pode e debe valer en

liñas xerais para dar cumprimento aos obxectivos que se lle demandan.

• As necesidades de aparcamento, están cifradas nun valor aproximado de 185 prazas para a demanda

interna, e dada a inexistencia de aparcadoiros privados, a oferta limitada de aparcamento nas rúas de

beira e a ausencia destes no interior que comportaría o Plan de Peonalización, hai que pensar que

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 75 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 75 de 118

Page 77: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

mentres non se ofrezan posibilidades de novos aparcamentos máis próximos, será preciso contar coa

delimitación clara de zonas de estacionamento, así como restricións de uso só para veciños e/ou

servizos mediante algún tipo de dispositivo identificador.

Dos cambios que se van producir no futuro a respecto do uso pola variación do tipo de tránsitos,

coidamos que se debe tirar a conclusión, non xa da necesidade –que é evidente- senón da

posibilidade, de que se materialicen no perímetro interior ou exterior do ámbito zonas de aparcadoiro.

13. A poboación do Casco Antigo. Hoxe, temos que falar dun barrio que ven de sufrir un lento pero constante

abandono residencial, con poboación maior, con escasos recursos económicos. Trátase dunha poboación de

orixe traballadora, asalariada, condición que explica o nivel asociativo veciñal aquí, pero sen continuidade por

canto a poboación nova ten a súa actividade fóra do contorno e vai vivir fóra do barrio aínda que neses

desprazamentos cara fóra -que comezaron nos anos 60- os protagonistas son unha parte dos pequenos

propietarios de inmobles.

• O Casco Antigo, de calquera xeito é un espazo onde os intereses son semellantes, existindo un único

contraste de propietarios, unha nova clase de poder adquisitivo medio-alto que inicia a reconquista

deste espazo, e un remanente de poboación orixinaria pensionista con baixo nivel adquisitivo. A

poboación do Casco Antigo, de calquera xeito, é unha poboación que se organiza. Mulleres e homes

comparten un rol fundamental na microorganización social do barrio, mercé ás relacións que se

manteñen na rúa, bares, pequenas tendas ou puntos de venda.

• As relacións veciñais son intensas nas tres funcións importantes: axuda, información e socialización, máis

características dunha comunidade “rural” que dunha “urbana” no medio e medio da cidade. Sen

embargo, o nivel de afiliación asociativa formal é aquí moi baixo, sendo a única asociación veciñal que

non ten carné nin recibos, funcionando polo propio compromiso e empatía dos veciños. Ese

asociacionismo concrétase, na Asociación de Veciños Porto da Barca xurdida en 1975. O comercio

tamén se organizou neste último decenio integrándose en asociacións que cobren ámbitos comarcais,

caso de AEVA (Asociación Empresarial de Valdeorras) ou CCA (Centro Comercial Aberto).

• O réxime de propiedade das vivendas ocupadas do barrio e maioritariamente a propiedade 88 %.

• O estado das vivendas, malia que en moitas delas se fixeran reformas podemos sinalar que hai un 79 %

de vivendas que podemos considerar dentro duns parámetros de valoración regular-bo ou bo.

14. A actividade económica do Casco Antigo, fundamentalmente é a comercial, ligada maioritariamente á

alimentación, á confección, os artigos de regalo e calzado, etc.; seguida dos bares.

O dinamismo do sector económico que opera no Casco Antigo, hai que salientar o feito de que máis da metade

dos establecementos hoxe existentes ten menos de 15 anos de existencia.

A tendencia non marca unha tendencia a unha certa especialización do área onde se busca a

complementariedade fronte a especialización a nivel conxunto.

Clasificación das actividades económicas:

O réxime de propiedade dos negocios é en propiedade podemos decir na totalidade do ámbito. A clasificación

laboral amosa empresarios autónomos nos negocios. A localización do tecido empresarial é de procedencia do

Concello ou de concellos limítrofes.O nivel de concentración dos negocios é baixo. A maioría dos empresarios

rexenta un só establecemento.

Na maior parte dos locais leváronse a cabo obras de reforma e adaptacións, maioritariamente no interior.

De acordo cos datos da enquisa a valoración dos negocios feita polos titulares é aceptable, sendo partidarios

da rehabilitación, por entender que a situación actual non é boa.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 76 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 76 de 118

Page 78: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

15. O soporte territorial da edificación, das 4,4Ha. do ámbito do Casco Antigo, o 83% son parcelas susceptibles de

soportar edificación. O 17% restante, corresponde a viario, espazos públicos e zonas verdes.

A superficie ocupada é dun total de 18.880,81 m2, cunha media de 2,59 plantas por edificio. A edificabilidade

bruta é de 1,10m2/ m2 e a neta de 1,07 m2/ m2.

A zona máis interior do Casco, encontro entre as rúas Real e San Roque e continuidade desta, presenta maior

estado de ruína e mal estado de conservación que a zona máis próxima ao perímetro do ámbito.

No que respecta aos edificios dende o punto de vista do seu interese arquitectónico ou urbanístico non hai

ningunha relación directa entre o interese e o estado de conservación. É nos edificios de interese histórico onde

os niveis de conservación aceptables son menores que noutros que teñen interese arquitectónico.

No que atinxe ás tipoloxías da edificación estudadas, tendo en conta as variables de illamento-achegamento, e

de uso, unha tipoloxía sobresae sobre todas as demais: a vivenda individual apegada, que acada a maioria de

edificacións con 112, existen 30 edificacións con mais dunha vivenda, quedando a vivenda unifamiliar illada,

como presenza testemuñal en 3 edificacións, A edificación do Casco Antigo mantén, polo xeral e agás algunhas

zonas de borde ou intervencións puntuais, unha altura baixa. A media de altura da liña de cornixa sitúase en

8,12m para unha media de 2,59 plantas.

Tamén é relativamente estreita a fronte da edificación que se sitúa, de media, nos 8,15m. Igual que coa altura,

só salienta por riba desa media a edificación das zonas nas que xa se modificou sobremaneira o parcelario

orixinario. O fondo medio da edificación para o conxunto sitúase nos 14,47m.

A ocupación da edificación –isto é, a existencia dalgún uso na mesma- é agora mesmo do 61%, estando o 26%

sin uso de ningún tipo actualmente.

16. Para por remedio á situación de estancamento e degradación do Casco Histórico, nos últimos tempos, amais de

aprobarse e iniciarse o PEPRI do Casco Antigo, puxéronse en marcha medidas no recente PXOM que actúan de

xeito preventivo ante as intervencións a executar, mentres non se desenvolve o PEPRI, e prevese a declaración

simultanea dunha Área de Rehabilitación Integrada, figura de planeamento que facilita a obtención de

financiamento público (europeo, estatal, autonómico e municipal) para complementar ao financiamento

privado nese labor de rehabilitación

Sen eses pasos, seguramente non tería sido posible abordar agora un PEPRI para o Casco Antigo con mínimas

garantías de éxito, nin se tería detido e tratado de inverter como cremos, a marcha cara á degradación desta

peza emblemática.

17. No Casco Antigo están completamente ausentes os equipamentos públicos, como consecuencia de ter

abandonado o Casco a actividade pública hai xa tempo, onde houbo un xulgado e mesmo dous

emprazamentos diferentes da casa do Concello. Tamén é certo que os servizos públicos están moi próximos ao

perímetro, con servizos de todo tipo en distancias inferiores á que supón a estación de tren a só 700m do centro

do Casco

Para corrixir esta falla de equipamentos proponse a rehabilitación de edificios destinados a equipamentos

comunitarios, mais a análise da realidade aconsella, distribuír mellor territorialmente as novas dotacións

equipamentais, preferentemente no eido docente, sociocultural e asistencial.

A dotación equipamental actual agora mesmo é inexistente no ámbito público, existindo un único edificio

privado con caracter sociocultural. Salienta a ausencia total do equipamento docente nun ámbito que chegou

a ter 3 escolas infantís.

18. As zonas verdes son inexistentes dentro do perímetro do Casco Antigo. Non podemos considerar como tal a

cesión temporal de uso dun solar por parte do seu lexitimo propietario, en tanto en canto non se edifique, tamén

é difícil considerar as ribeiras do río como zonas verdes debido á súa ausencia por asolagamento nos períodos

de crecida. Cos espazos libres sucede algo semellante, se ben se pode considerar unha ratio normal respecto ao

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 77 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 77 de 118

Page 79: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

ámbito, redúcense a unha única praza. Os elementos que integran o actual sistema xeral de espazos libres

ofrendan un total de 7.501,06m2, que sería apta para a poboación actual 21m2/habitante, pero que non o é se

consideramos o horizonte demográfico logo de rehabilitado integralmente o Casco Antigo (entre 750 e 800 hb.)

e, aínda que á beira do Casco Antigo se sitúe o Paseo do Malecón, a zona verde e recreativa de maior

entidade da vila, xulgamos que é necesario mellorar esta dotación, hai que ter en conta que todas estas

valoracións fanse contando coa totalidade do espazo público como apto, cousa que polo de hoxe e incorrecto

e que aínda cando se conquira a ausencia de vehículos, nunca terá o caracter de zona “verde”.

19. No que respecta ás infraestruturas de servizos cabe salientar:

• Abastecemento de auga. A rede que segue o trazado das rúas pode xerarquizarse en dous niveis: a

rede primaria que distribúe a auga nos grandes eixes da cidade (rede arterial que circunda o Casco

Antigo); e a rede secundaria, complementaria da anterior. É de diversos materiais e diámetros, isto

debería corrixirse a menor posibilidade de intervención, favorecendo a realización dunha rede de

características similares e de concepto anular, que reverta nun mellor e máis equilibrado servizo aos

cidadáns.

A necesidade prevista sitúase nos 0,54l/seg., que é un valor normal, non moi elevado.

O Concello acometeu varias obras de mellora da rede de abastecemento, nas rúas do Casco antes da

súa repavimentación.

Dos cálculos efectuados nesta Memoria Informativa de avance do presente Plan desprendese que o

dimensionamento da rede é máis que suficiente para garantir o consumo de forma satisfactoria. De

calquera xeito enténdese que sería bo prolongar algunhas conducións de para garantir o servizo

contraincendios en todo o ámbito do Casco en óptimas condicións.

Doutra parte enténdese que debería haber unha política de incentivos para a mellora das acometidas

domiciliarias.

En calquera caso, o vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal establece unha serie de

condicionantes sobre materiais, diámetros, caudal, hidrantes, etc. que se estima que deben ser tidos en

conta á hora de aprobar calquera proxecto de urbanización en áreas do PEPRI nas que se prevexan

operacións de reforma interior.

• Rede de saneamento. É de tipo unitario, coexistindo pluviais e fecais na mesma sección. A

xerarquización correspóndese coa estrutura do viario debido á topografía.

Existe unha falta de actualización dos datos de que dispón a concesionaria, a respecto da situación

actual das diferentes conducións.

As diferenzas de nivel entre zonas permiten unha rede que funciona por gravidade (sen bombeos). Isto

pode provocar fortes erosións nos materiais, polo que se xulga que a velocidade máxima das augas

debe ser factor determinante á hora de deseñar novas actuacións ou de renovar os colectores (sen

superar os 3 m/sg).

• Enerxía eléctrica. A rede divídese en dous grupos: a soterrada de media tensión e a soterrada de baixa

tensión aparte delas, existe a rede secundaria polas fachadas mediante as acometidas aéreas.

A de media tensión semella ter a suficiente extensión para o fornecemento de todo o Casco,

distribuíndose os seus nós de forma homoxénea ao longo do tecido do Casco.

A de baixa tería que estenderse para reducir os tendidos aéreos e a distribución polas fachadas dos

edificios do Casco. Nas rúas renovadas xa se procedeu ao soterramento da rede de distribución.

Pero onde se precisa maior intervención é nas acometidas domiciliarias, para acondicionar as vellas

instalacións e mecanismos.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 78 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 78 de 118

Page 80: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

• Rede de telefonía e telecomunicación. O desenrolo prodúcese a través de eixes primarios. A rede é

soterrada en moitas das rúas do Casco, aínda que os percorridos finais decorren polas fachadas).

As modernas redes de telecomunicacións, como o cable, xa están preparadas para o seu acceso ao

Casco, servizo que se considera prioritario de cara á rehabilitación integral do Casco.

As prioridades de actuación céntranse na desaparición completa dos cableados exteriores e nas

deterioradas e pouco dignas acometidas ás vivendas.

• Rede de gas. A rede actual é perimetral ao Casco con accesos puntuais ás primeiras edificacións das

rúas de acceso, Dr. Pérez Lista, San Roque e As Airas, non tendo prevista unha ampliación cara o Casco.

Cabe supor que se se executa o PERI 9.1 e se abre á rúa que daría continuidade á das Airas, por aí

accedería a rede de gas, dende onde podería acceder a moitas vivendas da fachada norte da rúa

Real pola súa parte posterior. Entendendo que de estenderse ao interior habería que tratala con moito

tento polo que de complexo e impactante tería tal incursión, pensando especialmente nos puntos de

acometida e nos armarios e contadores precisos para estas.

20. O desenvolvemento urbanístico respecto da planificación e planeamento. Os procesos privados de

desenvolvemento urbanístico do Concello foron decote por diante da planificación e do planeamento. Durante

tempo a forza do crecemento e dos cambios que este comporta, determinaron a existencia de proxectos que

poñían en entredito a comenencia da conservación e nalgúns casos, ata da remodelación harmónica da

cidade herdada, do Çasco Antigo, e formulaban cambios radicais.

Pero é a aparición nos anos ´70, ´80 dun planeamento insensible co herdado e potenciador do

desenvolvemento económico o que leva adiante cambios substanciais na estrutura do Casco Antigo, foi

precisamente o intento por impoñer á poboación residente operacións inmobiliarias deste tipo, xunto coa

sensación de perda e abandono do seu espazo vital, o que orixinou un movemento veciñal activo que, ao noso

xuízo foi quen de amosar a potencialidade do Casco a gobernantes receptivos que pronto se decataron e

tomaron a iniciativa para a recuperación da conciencia sobre a importancia de conservar o patrimonio e a

memoria urbana e fixeron pulo na elaboración do Plan que agora acometemos.

O PEPRI do Casco Antigo pretende que os aspectos de protección prevalezan sobre os de reforma interior e estes sobre os

de obra nova, aínda que os avatares do futuro próximo o leven a incorporar e mesmo propor operacións de substitución

ou nova edificación de certa importancia.

O reto á hora de redactar un novo Plan Especial é superar a presenza dun planeamento xeral ao que remitirse e que hai

que cumprir, para saber que se pode agardar do Casco Antigo na configuración da vila para as próximas décadas. Pero

é un reto que se ten que asumir con rigor, ilusión e esperanza porque, entre outras razóns, xa van ficando claras tres

consideracións capitais a respecto do barrio Antigo:

Que o papel de O Barco é esencial para o conxunto da comarca de Valdeorras, en tanto que a comarca é unha das

entradas e saídas da eurorrexión Galiza-Norte de Portugal así coma un enclave estratexico do Eixo Atlantico e O Barco é o

seu núcleo principal.

Que cando se fala de O Barco xa hai que entendelo coma o gran e único polo de concentración de sinerxias

económicas, comerciais e poboacionais, do leste da provincia.

Que hoxe os espazos históricos das nosas cidades e vilas non poden ser campo abonado nin para a especulación nin

para calquera experimento temerario de remodelación.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 79 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 79 de 118

Page 81: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

8. MEMORIA PROPOSITIVA

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 80 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 80 de 118

Page 82: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Neste apartado referiremos ás propostas materiais, que en distinto grao, entendemos como dinamizadoras para a

consecución do obxectivo derradeiro da revitalización integral, física e humana do Casco.

8.1. ACTUACIÓNS DE SUPERFICIE

Son actuacións no plano sobre o que se asenta o ámbito, centradas na accesibilidade e na adecuación dos pavimentos

as dinámicas e solucións propostas. Esta actuación baséase na consecución dun carácter singular para todo o Casco,

traballando cos materiais e elementos de pavimentación que o Plan define como propios. Se ben esta é unha

intervención global, debe caracterizar cada zona. Propóñense intervencións prioritarias seguindo criterios de eficacia

construtiva que redunden en actuacións que non precisen, unha vez executadas, ser reconstruídas de novo por

actuacións no contorno que as poidan deteriorar. Neste senso cabe sinalar a importancia da dilixencia municipal no

establecemento de ordenanzas especificas que poidan favorecer a recuperación do plano de fachadas, favorecendo

ou primando a adecuación e adecentamento destas en tanto non se executan as pavimentacións e penalizando estas

cando se executan a posteriori, co establecemento de medidas protectoras que eviten o deterioro e coas cargas de

reposición no caso deste.

Así atendendo a estes criterios podemos establecer parámetros de temporalidade que situarían:

-Intervención de pavimentación na praza da Igrexa. Pode considerar a conveniencia do remate das edificacións

no contorno.

-Intervención de accesibilidade no fondo sur da Praza Maior e integración con este do espazo contiguo.

-Intervención de pavimentación da zona norte da rúa das Airas e conformación de nova rúa. Debe ser unha -

Intervención de carácter completo xunto con outras como é a apertura da nova rúa, a posibilidade dunha zona

de aparcamento soterrada con uso público de praza en superficie, e a renovación de infraestruturas urbanas.

-Intervencións de accesibilidade da confluencia das rúas Dr Pérez Lista e paseo do Malecón, resolvendo o

desnivel existente e conformando o espazo. Pode considerar a conveniencia do remate da actuación

edificatoria proposta no lateral norte.

-Intervencións de conformación da Praza na traseira da Igrexa e integración cos tránsitos polos laterais desta.

Esta intervención debe considerar a conveniencia do remate da actuación edificatoria proposta no lateral sur,

así como evitar a separación entre Praza e tránsitos, a intervención proponse unitaria cos mesmos valores,

integrando nun espazo complexo toda a plataforma sobre a que se asenta a Igrexa.

As intervencións anteriores deben ser capaces de chegar a incorporar a actual rúa Álvaro Cunqueiro nun

exercicio de espazo circundante, caracterizado por intervalos de dilatación e contracción de espazos,

constitúen unha serie de espazos prazas con pequenos tránsitos entre elas. –Praza da Igrexa, Praza Maior, Praza

Pérez Lista, Praza posterior da Igrexa-.

As recentes operacións de pavimentación veñen a amosar, ás veces, unha falla de coidado no establecemento de

rasantes que deixan soterradas os accesos a algunhas edificacións co prexuízo que para estas poida ocasionar e sen

redundar isto nunha mellora en ningún aspecto, é polo tanto preciso a determinación e execución dunha rasante

axeitada que impida estes feitos, á vez que garante uns tránsitos e pendentes axeitadas.

8.2. INFRAESTRUTURAS.

As actuacións sobre infraestruturas poden considerarse dun xeito global nun dobre posicionamento, a parte funcional,

onde todas as infraestruturas deben responder a uns criterios de funcionalidade e eficacia baseados en parámetros

técnicos, e outro de acondicionamento, polo que a súa apreciación debe ser latente e non presente, non deben

amosarse máis que en casos moi precisos.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 81 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 81 de 118

Page 83: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Referidos por especificidades diremos:

Abastecemento de augas. Debe conseguir a desaparición ou ocultación dos aparatos de medida.

Rede de saneamento. Tenderá a ser separativa e resolverá as conexións con todas as edificacións.

Rede eléctrica. Debe responder dobremente en forma, coa ocultación dos elementos de transmisión e medida e coa

aparición de característicos elementos de luminaria.

Rede de telefonía e telecomunicacións. Debe ocultarse totalmente, pulando pola potenciación de redes de fibra

soterradas ou ben polas redes sen cables.

Rede de gas. Debe extenderse por todo o casco, oculta totalmente, tanto os conductos de aporte como os equipos de

medida.

8.3. ACTUACIÓNS SOBRE ELEMENTOS

Son actuacións que buscan por en valor elementos urbanos existentes, resaltándoos e recuperándoos como parte da

iconografía do Casco.

-Recuperación da Ponte da Barca, coa recuperación do amurallado orixinario, recuperando a importancia

iconográfica, elemento para observar e non dende o que observar.

-Recuperación da Fonte da Praza, espazo orixinario de fonte no ámbito da Ponte da Barca, inicialmente aberto,

foi en etapas sucesivas cuberto e agochado. A inoperatividade da concesión que o agocha suxire a súa

reaparición e incorporación ao espazo diverso que conforma o fondo da Praza Maior, a conexión desta co río e

o Porto da Barca.

-Recuperación e revalorización dos accesos ao río dende a rúa de San Roque, son tránsitos de difícil

accesibilidade que fundamentalmente se atopan en estado de abandono e que precisan fundamentalmente

dun mantemento.

-Recuperación do pé inicial da antiga Ponte de San Fernando en conxunto cos xardíns que a circundan como

verdadeiro punto de observación da imaxe do Casco envorcada sobre o Sil.

8.4. ACTUACIÓNS DO CONTORNO

Podemos diferenciar varias actuacións no perímetro do Casco, unhas dentro e outra fóra.

-Intervención no elemento de beira do Camiño Real e mesmo na súa topografía, tentando un mellor acomodo

topográfico de todo o espazo sur da Praza Maior, e incorporando moito máis a presenza do río con varandas ou

elementos de protección que non sexan tan masivos e opacos como os actuais.

-Intervención na beira do río nas proximidades da Ponte de San Fernando, tentando a conexión entre a fonte

existente agora no fondo das escaleiras ao río co inicio da ponte, esta intervención redundaría na posibilidade

dalgún uso aos fondos de parcelas hoxe tratadas como residuais, a presenza dun transito tentaría o seu

reacomodo e mellora de aspecto.

-Unha actuación fóra do perímetro do Casco pero que entendemos como moi positiva dende varios aspectos,

proponse na outra beira do río, como fondo vexetal perenne de xeito que sirva para disimular a presenza das

medianeiras e traseiras das edificacións de Viloira que hoxe se fan presentes como fondo da Praza Maior moi

perniciosamente, esta masa arbórea non afectaría ao soleamento e permitiría a aparición dalgún tipo de

tránsitos de paseo peonil capaces de enlazar as dúas pontes existentes hoxe. Funcionaría tamén esta actuación

como contraste entre unha beira do río edificada fronte a outra con masa vexetal. Dentro desta mesma

actuación haberá que considerar a redución da masa vexetal que hoxe oculta a fachada edificada do Casco

cara ao río, fachada moito máis presente en épocas pasadas e verdadeiro cartel de presentación do Casco.

8.5. ACTUACIÓNS EDIFICATORIAS

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 82 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 82 de 118

Page 84: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

A ausencia total de dotacións no Casco fai considerar a aparición dalgunha no interior como unha proposta ineludible,

para isto propóñense varios emprazamentos tendentes sobre todo a rematar o volume construído, como poida ser:

A conexión das rúas Airas e San Roque; a parcela correspondente co número 3 da rúa San Roque, que podería tamén

servir de conexión coa intervención posterior; a edificación correspondente co número 2 da rúa San Roque, en estado

moi deteriorado e que serviría de acompañamento á revitalización do acceso ao río; unha edificación existente hoxe

baleira que corresponde co número 6 da rúa San Roque, corresponde a unha antiga escola de párvulos. Os dous

primeiros serían obxecto de edificacións de nova planta, mentres os outros serían intervencións sobre o edificado,

restaurando e rehabilitando.

Unha edificación, neste momento fóra do ámbito, que sería tamén de interese é a situada no límite en contacto coa

ponte, a presenza dalgunha dotación aquí podería respostar a solucionar o complexo acceso a un recorrido de beira, á

vez que servir de edificación proa do ámbito.

Existen diversas posibilidades e opcións sobre as que referir este tipo de dotacións ou equipamentos, valorando moi

positivamente calquera tipo de titularidade, pública ou privada e mesmo a pública en concesión ou aluguer de parte ou

todo. Entre a posibilidade de ofertas características do Concello cabe pensar nalgún lugar de reunión veciñal, sala de

exposicións ou oferta de actividades lúdicas e/ou formativas, sería moi valorable a busca (unha vez conquerido un espazo

peonil) de algún local que posibilite actividades infantís, algunha edificación ou local representativos das actividades

pizarristas, a sede corporativa do consello regulador dos viños de Valdeorras, unha edificación da asociación de

adegueiros, algún espazo adicado a lembrar e facer viva a memoria da comarca e do propio casco, un aula de

escritores, dos que o concello ten excelentes exemplos, caso de Lauro Olmo ou Florencio Gurriarán, ou un centro de

información comarcal dadas as realidades e posibilidades turísticas da zona, que sirvan como representativos, mais que

poidan ofertar tamén actividades complementarias, o emprazamento dunha posibel oficina de rehabilitación adicada á

xestión do PEPRI no Casco debería considerarse algo moi positivo.

8.6. A EDIFICACIÓN EXISTENTE

Subliñamos polo de agora intervencións de caracter público, mais deben ser tamén as institucións quen de pular,

incitando e axudando no arranxo da edificación existente en dous aspectos precisos: na repercusión perceptiva que esta

produce –fachada- e na repercusión vital –interior habitado-; serán criterios a consensuar, definir e cargar de mecanismos

financeiros e doutro tipo que posibiliten este proceso.

Mais non debe recaer toda a carga sobre o Concello que pon en marcha este Plan, deben ser os propios veciños actuais

ou potenciais os que sexan quen de ver as enormes posibilidades que ante si se aparecen e asumilas na parte que lles

corresponde no senso de executar actuacións que na intención de repercutir sobre o ben particular van redundar

directamente sobre o ben común cunha importante mellora dos parámetros de calidade para eles mesmos e para a vila.

Deberase tentar a posibilidade de que as consellerías competentes en materia de vivenda se involucren no proceso de

rexeración do Casco, non só cos habituais sistemas de orzamentos e subvencións, senón mesmo mercando algún inmoble

para restaurar e pór no mercado dentro das bolsas de aluguer que agora existen e xestionan, ofertándoo en venta a

prezo taxado ou calquera outro sistema que se determine oportuno.

É proposta deste plan conservar a edificabilidade existente, pulando pola redución das que se consideren excesivas e

outorgando de xeito excepcional incrementos derivados de axustes que poidan contribuír a unha mellora da imaxe

global do ámbito, axudando a ocultación ou redución de impacto de elementos máis dañinos como poidan ser

medianeiras. Considérase que a altura que se axusta ao ámbito varía dentro dos parámetros de baixo mais unha e baixo

máis dúas plantas, tomando todo o que está por riba destes parámetros como non desexable.

Debemos reseñar un elemento característico do núcleo, as varandas dos seus balcóns, presentan varios prototipos, mixtos

en obra e aceiro, e sinxelos en forxa e en aceiro; deben ser obxecto dun trato e estudo especial, impulsando a súa

reaparición en lugares onde xa non están, e mesmo propondo criterios de deseño que os fagan, dentro da moi positiva

variación como cualificadores dun ámbito fortemente caracterizado.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 83 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 83 de 118

Page 85: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Será deber regulado a través da ordeanza municipal correspondente, a demanda da execución dos acabados das

medianeiras, hoxe en moitos casos sen tratar ou abandoadas desde a súa construción, deben recibir todas un tratamento

similar, que reforce a imaxe do casco e non a perxudique. Proponse para isto o tratamento de enfuscado e pintado

acorde con todo o ámbito.

8.7. O PERI 9.1.

A valoración feita da actuación que propón esta actuación fai responder a ela dun xeito ben diferente, da análise e

diagnose determináronse valoracións moi pouco positivas para esta actuación.

Proponse unha intervención de barreira ao Casco, protexendo o seu espazo máis íntimo, un casco fundamentalmente

caracterizado polo seu tránsito lineal, evitando a alteración dos parámetros e modo edificatorio; suxírese unha edificación

residencial de baixo e unha planta, apegada preferentemente con parcela propia, que remate as parcelas posteriores

de modo que resulte unha sorte de espello no que mirarse as actuais traseiras desta zona do Casco. As grandes

edificacións en altura están aí e aproximar ao Casco edificacións algo menores non ía producir unha mellora sobre este

senón unha incursión por aproximación, e moito menos a aparicións de espazos que polo seu uso puidesen ser quen de

alterar os parámetros ambientais que agora se respiran.

8.8. ZONAS DE LECER

Dentro da complexidade da posible aparición de zonas de lecer habemos de subliñar que a ruptura da continuidade de

elementos da fachada actual que podería, mediante apropiación de parcelas posibilitar zonas concretas para este uso,

debe ser posta en dúbida en base ás reducidas dimensións que se poidan xerar e ás alteracións da conformación

espacial do Casco. Proponse pois a aparición dun espazo integral de lecer global, dada a conformación e

caracterización do Casco, a variación dos parámetros de tráfico, tránsitos, acabados, equipamentos debe facer rexurdir

o Casco como é de seu.

8.9. MOBILIDADE

Propón este Plan a peonalización completa de todo o ámbito, elemento que debe resultar positivo en dous aspectos:

como xerador dun novo tipo de tránsito e relacións e como caracterizador do propio ámbito. A peonalización é unha

situación que habemos valorar na súa xusta medida, é irrenunciable un servizo de abastecemento a vivendas e locais, ao

igual que o acceso aos garaxes existentes ou calquera outro tránsito preciso (tránsito de provisión e abastecemento para

as obras que se poidan producir no Casco), mais esta peonalización si debe ser rigorosa no establecemento de horarios

de transito e establecemento das oportunas zonas de parada compatíbeis coas actividades existentes e ser quen de

amosarlle ao vehículo que a súa situación debe ser a de respecto total, a súa velocidade de circulación moi reducida e a

prioridade para os peóns.

Debemos ter en conta que aínda no caso de que non aparezan áreas de estacionamento próximas ao Casco as

distancias son reducidas con percorridos que non chegan en ningún caso aos 500m (o que pode supor uns 7 minutos de

tránsito a pé a marcha de paseo), isto redúcese pois os accesos son en todas as ocasións dende un punto exterior a algún

punto próximo do perímetro o que fai que esta distancia quede reducida á metade. Non é pois o acceso cun vehículo

algo necesario e ineludible senón algo circunstancial e ocasional.

O comercio pode contribuír a facilidade deste espazo de aparcamento mediante incentivos de redución ou exención do

custe.

Sabedores de que as dinámicas de peonalización son complexas, deberán ser xestionadas con criterios de información,

flexibilidade e comprensión inicialmente e de rigor a continuación, facendo unha labor educativa de concienciación e

non punitiva nos momentos iniciais, isto dependerá dun modo directo dos organismos e medios que o Concello habilite

para tal cometido.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 84 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 84 de 118

Page 86: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

8.10. PAVIMENTOS

A proposta suxire caracterizacións variadas, en base a dous materiais principais, a pedra e a pizarra. A pedra en dous

formatos, grande e pequeno, establecendo o primeiro para caracterizar os espazos próximos ás fachadas, que actuan a

modo de beirarúa, e o outro tipo adoquín nas zonas capaces de soportar tránsitos ocasionais de vehículos. A pizarra

representada como elemento local e tradicional deberá respostar funcionalmente para o que se propón en formatos de

dimensións reducidas, aplicando criterios de caracterización según a porcentaxe e deseños definido, estará colocada de

canto considerando esta como óptima para este material, estará preferentemente serrada ou pulida buscando

superficies de transito regular, nivelado e cómodo en continuidade co pavimento lindante.

Será a definición de encontros entre materiais, así como a variación das porcentaxes de aparición determinados en cada

proxecto específico os que contribúan a caracterizar ambientes sen perder o fío común do global do ámbito.

A execución farase repoñendo as infraestruturas danadas ou en mal estado de funcionamento, e executando os

condutos das instalacións aínda vistas e que se propón soterrar, e executando condutos de reserva para posíbeis

instalacións futuras ou ampliación das existentes. Todo isto co obxectivo de evitar ou reducir ao máximo futuras

intervencións.

O pavimento estará asentado sobre unha soleira executada sobre terreo compactado e resolvendo sobre esta os

sistemas idóneos de colocación dos acabados.

Os rexistros de infraestruturas resolveranse con tapas ocultas revestidas co mesmo deseño e material que o pavimento

contiguo, ou no seu caso con pezas enteirizas do mesmo material de pavimentación, sempre que garantan as condicións

de seguridade de transito. As canaletas tenderán a ser ocultas ou continuas para favorecer unha imaxe máis ordeada e a

facilidade de mantemento, resolvendo sempre os elementos no mesmo plano, evitando rebordes, pequenos chanzos ou

variacións de plano.

8.11. MOBILIARIO URBANO E ILUMINACIÓN

O mobiliario urbano é actualmente case inexistente en todo o ámbito, dada a carencia de referencias, e mirando cara o

futuro do casco optamos pola búsqueda dun equilibrio entre tradición, memoria e futuro, apostando por este último.

Buscando a definición e deseño de elementos de mobiliario urbano propios que incrementen a potencia do casco a vez

que reforzan a súa identidade.

A iluminación debe partir de obviar un concepto equivoco, un casco tradicional que en orixe estivo sen iluminación e

onde semella a búsqueda desa imaxe soñada, non debe estar condeado a enfrontarse ao futuro as escuras, polo tanto

non se debe caer na falsa apreciación dunha luz tenue e difusa para o casco, a vez que tampouco se debe contaminar

cunha intensidade lumínica excesiva; mais si se debe buscar unha luz uniforme, que fuxa da referencia do punto de luz

coma un farol que so ilumina no seu entorno próximo, unha luz que de igual forma ilumine os tránsitos e realce a escea do

casco, que o paso por el non sexa penumbroso, senón correctamente iluminado e capaz de amosar os seus valores

tamén na noite. Será pois un exercicio de busca dunha intensidade, cor e distribución que resolva este dilema.

O outro elemento fundamental da iluminación é a propia luminaria, que debe resolver os parámetros antes explicados,

pero que tamén debe ser capaz de variar na unidade para caracterizar ambientes e resolver sistemas de colocación dela

mesma, e de xeito principal debe fuxir do protagonismo explícito, por abundancia ou deseño; do mesmo xeito que co

mobiliario, proponse optar por unha solución de futuro, de deseño propio. Proponse a definición dunha “luminaria

especifica” para o casco, con caracterizacións de fuste con unha e varias luminarias, de parede, de baliza, e de

sinalización ou resalte, a colocación axeitada de estas variantes permitira garantir a luminosidade precisa á vez que non

facela protagonista.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 85 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 85 de 118

Page 87: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

8.12. OUTROS

Establecerase unha ordeanza sobre cartelería e letreiros publicitarios indicadores de actividades diversas, extensible a

outro tipo de elementos como poidan ser as placas indicadoras do nome das rúas, os elementos de numeración das

edificacións ou elementos sinalizadores de características singulares.

Prohibirase a aparición en fachada de todo tipo de maquinaria especifica, como poidan ser aparatos de climatización, e

reducirase na medida do posible a aparición de antenas optando pola solución colectiva en tanto non se conquira a

implantación dunha rede de telecomunicacións por cable.

Prestarase especial atención a un elemento novidoso aínda non presente no casco para evitar repetir erros pasados,

facemos referencia aos paneis de acumulación térmica solar de obrigada colocación según establece o C.T.E. que

poderán ser obxecto de exención dadas as características especificas do emprazamento e que no caso da súa

colocación atenderase a minimización do impacto que poidan causar.

Tenderase de común acordo coas empresas subministradoras de todo tipo de servizos, gas, electricidade, auga, telefonía

ou outros da necesidade da desaparición ou ocultación dos elementos de transmisión e equipos de medida que instalan,

buscando solucións beneficiosas para todos, evitando o desagradable aspecto que agora presentan.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 86 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 86 de 118

Page 88: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

9. OBXECTIVOS DA ORDENACIÓN

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 87 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 87 de 118

Page 89: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

9.1. INTRODUCIÓN

9.1.1. ÁMBITO.

O ámbito deste PEPRI executa correccións menores do perímetro do ámbito previamente delimitado debidas

fundamentalmente a erros de caracterización de parcelas, das que quedaban excluídas partes mínimas por erros

gráficos; lembrase a oportunidade de variacións maiores en dúas zonas, os dous accesos principais ao Casco,

incorporando os elementos edificatorios máis interesantes na procura de que o Casco non quede como un elemento

interno sen ningunha referencia cara o resto da vila.

Estas correccións dos límites do casco fan variar a súa superficie dos 44.109,47m2, (4,41Ha) establecidos polo PXOM, ata os

43.444,84m2 (4,34Ha) propostos, o que supón un decremento do 1,5%, menor do 5% lexislado.

9.1.2. O OBXECTIVO PRINCIPAL. Compre agora salientar son as coincidencias existentes no labor de caracterizar os roles deste complexo, abigarrado e

rico espazo no pasado da vila, así como a importancia que tivo outrora e, senón no presente, si estamos certos de que

terá que volver a ter no futuro e mesmo no futuro próximo de O Barco.

Velaí que coidemos que a mellor caracterización do Casco Antigo quizais sexa a dun complexo espazo da memoria

repousada, que o conxunto da vila precisa preservar como garantía dun evoluir futuro en positivo, caracterizado en catro

tempos, catro escenas superpostas, unha primeira, un cartel-telón de presentación: o río e a súa fachada; unha segunda,

un escenario no que se desenvolve a vida cotiá, lugar de convivencia: a rúa; unha terceira, unha tramoia ou espazo

íntimo: as hortas traseiras; e unha cuarta, lugar de reunión que os xunta a todos como o gran teatro: a Praza Maior.

Hoxe, logo de tempo de desorientación, deixadeza, equivocadas intervencións fóra de escala, que conduciron ao Casco

Antigo ata unha preocupante incipiente decadencia –cuasi deterioro físico, descenso demográfico e sobre todo

esmorecemento das actividades económicas-, as terapias para volverlle a saúde e o dinamismo que este espazo necesita

para seguir sendo un alicerce do futuro de O Barco, xa non se poden ligar ás estratexias do crecemento uniformizado da

cidade, senón que o engarce de nova vida ao Casco Antigo –de cara á súa de revitalización- terá que centrarse

basicamente en procesos de rehabilitación, por máis que se combinen este tipo de accións con actuacións de reforma

interior nalgunhas pezas da súa periferia, ou con pequenas e puntuais intervencións de substitución no seu tecido máis

deteriorado (por comisión ou por omisión).

O Casco Antigo xa non se debe entender hoxe como un eido para a ilimitada expansión urbana senón como o “locus”

onde, por teren asentado os sinais de identidade da vila, é obrigado elixirmos o camiño da rehabilitación do tecido

urbano, no senso integral do termo, e a recuperación cabal deses sinais ou raigañas máis fondas dunha colectividade

que, precisamente polo seu dinamismo, corre o risco de non saber cabalmente cara onde camiña.

Son moitos os fins que se lle demandan a un Plan Especial desta natureza, pero para podermos centrar a súa efectiva

caracterización é preciso atinar co obxectivo básico, co principio que debe guiar todo o entramado das determinacións

do planeamento. Polo que vimos de dicir, coidamos que ese obxectivo se debe formular así:

“O Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Antigo debe volver ao Centro Histórico de O Barco, e mesmo

desenvolver ese seu secular rol de “espazo vivo da memoria”, tan necesario para a evolución en positivo de toda a vila e

aínda da comarca, e facelo por medio da rehabilitación integral (urbanística e arquitectónica, mais tamén social e

económica).”

Non hai vila que se prece, non hai fenómeno urbano podente, que non conte co correspondente espazo vivo da

memoria, ás veces dotado de centralidade xeográfica e neste caso como centralidade-tanxencial ao río que aquí é orixe

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 88 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 88 de 118

Page 90: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

mesma de moitos dos procesos da evolución histórica da vila de O Barco. E iso é así porque estes espazos, como o ave

fénix, teñen a calidade de poderen renacer permanentemente, de reviviren, sen por elo ter que modificar a súa esencia.

Os anos de irracionalidade, de tolemia e ás veces anárquico crecemento, fóra do espazo da memoria pero ao que

tamén afectaron, non terían sido así de terse definido no seu momento con claridade o rol do centro histórico e, polo

mesmo, termos acadado o grande consenso social, económico e, xa que logo político, de que este espazo endexamais

debe ser campo aboado para as tensións inmobiliarias, que só adoitan xurdir cando reina a indefinición sobre a propia

identidade.

Ninguén dubida que o Casco Antigo é o espazo máis senlleiro da memoria de O Barco. Pero todo espazo histórico pode

chegar a ser un espazo morto (ou moribundo), ou ser un espazo da memoria e ao tempo vivo, a diferenza é obvia, o

espazo morto, no mellor dos casos, ten unha compoñente museística, con ou sen a xeneralización da ruína, e só recibe

vida do pasado, como obxecto arqueolóxico ou etnográfico. O espazo vivo ten fundamento de seu, porque nel aniña

tanto un pasado, como un presente que mira cara o porvir e un futuro. Un espazo vivo da Memoria é un espazo onde,

literalmente, se vive, onde reside poboación –condición sine qua non-, onde se traballa, onde se fan negocios -isto é:

intercámbianse bens e servizos-, onde se forman as xeracións futuras, onde se goza do lecer; un espazo no que se facilita

o encontro -de propios mais tamén de propios con foráneos-, onde tanto se pode estudar un resto arqueolóxico como

estar planificando, analizando ou resolvendo cuestións esenciais non só para a vila, senón tamén para o conxunto do

país; un espazo onde poder encherse outra vez, de vagar, paseniñamente, dese contorno calmo do río Sil no seu decorrer

pola beira da vila, e ao tempo facer xestións administrativas de calquera tipo con axilidade dotado das mais avanzadas

tecnoloxías; un espazo onde degustar a tradicional gastronomía popular e sofisticados pratos da cociña máis moderna;

onde mercar a maqueta dunha barca ou un potente ordenador capaz de deseñar os máis modernos e complexos

elementos; un espazo polo que andar –literalmente falando- mais tamén no que poder pousar; un espazo onde a vida,

sen deixar de ser loita (que iso é consubstancial co ser humano) sexa pracer e, aínda, privilexio; un espazo que no que se

ten que recuperar a unicidade de outrora, hoxe diluída por diversas incursións operadas nos últimos corenta anos, un

espazo que debe ensaiar o estenderse máis aló, pero onde aínda fai falla derrubar murallas psicolóxicas, tarefa para a

que abonda decisión se hai conciencia sobre as potencialidades propias; un espazo con escenarios cumpridos e con

currunchos cheos de vida en múltiples pingueiras...; en definitiva, un espazo urbano que poida funcionar de seu, no que

todo ou case todo está á man e onde a Memoria devén en maleta para viaxar cara o porvir e non nunha lousa de

nostalxias que lle caia enriba aos moradores e a todos aqueles que –por falla de vida- teñan que deixar casa ou negocio

e fuxir del.

Este é o obxectivo: poñer o espazo das raigañas da sociedade barquense ao servizo dos proxectos futuros de converter O

Barco nun elemento focal dun novo espazo económico: a comarca de Valdeorras, inserta na eurorexión Galicia-Norte de

Portugal, no Eixo Atlántico e espazo fronteirizo co país leonés.

E para elo coidamos, e así o deixamos xa dito, que non hai máis camiño que a rehabilitación integral. E por rehabilitación

integral entendemos:

A conservación dos valores de todo tipo (urbanísticos, arquitectónicos, ambientais, paisaxísticos, morfolóxicos, etc.)

existentes na actualidade, e non só aqueles cuxa protección ven demandada por esixencias de orde legal.

A recuperación, na medida que sexa posible, de valores existentes noutras xeiras do evoluir e agora desaparecidos ou

desvirtuados, nos mesmos eidos construtivos, produtivos, culturais, morfolóxicos e, sobre todo, no que respecta á beira do

río.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 89 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 89 de 118

Page 91: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

A creación de novos valores que, sendo compatibles cos descritos nos apartados anteriores, axuden dende calquera

perspectiva a potenciar o incremento da calidade de vida no ámbito de cidade histórica, na perspectiva de amorear e

diversificar os usos do solo e as intensidades compatibles coa escala sempre humana deste espazo.

Pero para que todo iso sexa posible tamén é preciso que, tanto a filosofía e metodoloxía do PEPRI como as propostas e

Programas de Actuación sexan entendidos, aceptados e asumidos de cheo polo Concello de O Barco, pola poboación

da vila e, sobre todo, pola que reside, traballa, fai negocios se forma ou se divirte, nese espazo a recuperar que é o

Centro Histórico da vila.

9.1.2.1. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS A PERSEGUIR.

Establecidas esas grandes liñas no terreo dos principios ou obxectivos xerais, o PEPRI, no eido xa dos obxectivos específicos

perseguidos debe:

Facilitar o proceso continuo da rehabilitación da vivenda establecendo ordeanzas para a regulación de axudas que para

este fin poda aportar o Concello, onde se establezan as prioridades que aconsella a situación actual do parque e a

estrutura social dos moradores do Casco Antigo. Prioridades, no senso de dar preferencia aos edificios que non supoñan

valeirado interior, que conserven ou aumenten o número de vivendas e que comprometan o uso de locais con usos

compatibles na planta baixa das edificacións rehabilitadas. E cando exista igualdade, dar preferencia aos solicitantes de

axudas con menor capacidade económica e aos que adiquen a vivenda para uso propio ou en aluguer.

En esencia, no parágrafo anterior resúmese ben o espírito que debe guiar a achega de fondos públicos para a

rehabilitación de vivendas, de xeito progresivo adicaranse máis fondos á rehabilitación da vivenda e, dentro desta, á

destinada a Áreas de Rehabilitación Integrada (como pode ser o caso futuro do Casco Antigo de O Barco), fronte ás

axudas de nova construción que outrora acaparaban case a totalidade do financiamento público destinado á

promoción da vivenda.

Facilitar o desenvolvemento das actividades artesanais, comerciais, de hostalería de calidade e de servizos en xeral, que

sexan compatibles co uso principal do Casco Antigo; que foi, é, e terá que seguir sendo o residencial.

O PEPRI ten que por todos os medios para que o espazo do Casco Antigo sexa o espazo da diversidade de usos

produtivos, fuxindo da especialización, sobre todo se esta especialización couta ou impide a recuperación e posterior

desenvolvemento do uso residencial.

É perfectamente posible compatibilizar nun espazo o acubillo de moradores, atendendo as súas necesidades inmediatas

mais tamén de calquera tipo e, ao tempo, atender demandas xeradas por xentes non residentes (do resto da vila, da

comarca, da provincia, de Galiza ou do mundo) que aquí acudirían (como acoden a todos os centros históricos) na

certeza de que é neste espazo onde aniña o espírito da cidade (a memoria, que arelamos viva, da vila). Boa proba de

que isto é posible témola no acontecido noutros centros históricos, de cidades e vilas do país.

Conseguir facer do espazo urbano de todo o Casco Antigo un grande espazo libre, artellado por rúas e prazas.

Entendemos que o PEPRI debe remarcar o carácter de unicidade que tivo o Casco Antigo, e que ten que eliminar máis

que barreiras físicas, barreiras psicolóxicas xurdidas ao longo da historia recente da vila.

Equiparar o Casco Antigo co resto da vila no que atinxe a dotacións urbanísticas, sobre todo, con equipamento

comunitario de carácter local e distribución equilibrada dentro del. No ámbito do PEPRI hoxe atopamos unha total

ausencia dotacional, propóñense equipamentos que respostan axeitadamente ás necesidades dos moradores e que

actuarán como roles de focalización da atractividade residencial.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 90 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 90 de 118

Page 92: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Velaí que sen desbotar a importancia que calquera dotación poida ter para a recuperación do Casco Antigo, teñamos

que incidir na importancia dos equipamentos de carácter máis local (centros socioculturais de barrio, centros asistenciais,

centros de asociacionismo ou agrupacións, etc…)

Incrementar a accesibilidade ao Casco e dende o resto da vila. A maior parte dos percorridos que se fan nas vilas fanse a

pé, o Casco Antigo, polas características do seu viario, é un espazo onde forzosamente se ten que usar este modo de

tránsito de forma maioritaria, a peonalización iniciada na praza Maior deberá manterse e progresar no resto dos espazos

do Casco Antigo aínda non peonalizados; tentando resolver o problema de aparcamento a través de mecanismos que

aproveiten o aparcamento público do área inmediata, polo de hoxe, nalgún caso infrautilizado.

O segundo modo de transporte, é o vehículo motorizado, entendemos non se trata de prohibir o uso do vehículo privado,

trátase de regulalo e limitalo.

Todo elo redundará nunha maior accesibilidade do Casco no seu conxunto, ao tempo que se disporá dun lugar polo que

cobice andar, pasear, programar encontros, etc…

Mellorar a imaxe do solo, das fachadas e, mesmo desa fachada oculta do casarío que son os lousados, e as cubertas. Elo

comporta seguir avanzando nas xa encetadas rexeneracións dos pavimentos (abordable xuntamente coa anovación dos

servizos que deben decorrer polo subsolo na súa totalidade), das fachadas (ás que hai que ceibar de cables,

aditamentos desaxeitados, así como algúns deseños errados de anuncios publicitarios) e as cubertas cuxa normalización

é sempre desexable, máis aínda nun barrio histórico onde a observación a vista de paxaro é doada dende un contorno

relativamente próximo.

Dispor dunha documentación exhaustiva sobre todos os aspectos de incidencia no Casco Antigo que, mediante procesos

informáticos agora usados para a súa confección, se poida actualizar constantemente ligándoa aos procesos

administrativos cotiáns (de carácter demográfico, económico, fiscal, aos das licenzas de construción, primeira ou

sucesivas ocupacións ou cambios de uso, aos que comporten actuacións de calquera departamento no eido dos

servizos, infraestruturas, equipamentos, etc…).

Nese senso, o programa elaborado para confeccionar a Ficha de Edificios e Solares coidamos que pode ser o arranque

para o cumprimento dese obxectivo específico que persegue a mellor atención ao cidadán.

9.1.3. OUTROS OBXECTIVOS XERAIS A PERSEGUIR.

9.1.3.1. A CALIDADE DE VIDA.

A rehabilitación é o camiño máis acaído para conquerir, o que ao noso xuízo debe ser sempre un obxectivo a perseguir

por calquera tipo de planeamento, no presente caso: “A recuperación da calidade de vida no Casco Antigo de O

Barco.”

O Espazo vivo da Memoria sería impensable sen a presenza permanente da vida no Casco Antigo, isto é a residencial por

parte de xentes diversas (novos, adultos e anciáns, homes e mulleres, xente que estuda e xente que traballa, asalariados e

empresarios, xentes con distintos niveis de ingresos, de múltiples procedencias...) mais para garantir a acaída presenza

poboacional (isto é, non só da poboación actual, senón a de niveis de tempos pasados) non hai máis remedio que

inxectar calidade de vida aquí.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 91 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 91 de 118

Page 93: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Fronte á pretensión de incrementar só o nivel de vida, tan característico da xeira actual, nivel que acotío se ten

conseguido a base da xeración de grandes desequilibrios (por uns contabilizados como beneficios e rendas económicas

e por outros como deseconomías urbanas), molestias e déficits de servizos –da que o propio Casco Antigo é boa mostra-,

ao noso xuízo, débese situar no primeiro plano a mellora da calidade da vida, representada polo reparto dos beneficios

cívicos a toda a poboación, de xeito que esa mellora da vida nos espazos habitables sexa algo que se poida sentir,

valorar e apreciar por cada cidadán e non un valor medio resultante da rendibilidade que algúns –moi poucos- obteñen

do negocio urbano.

Este xeito de enfocar a cuestión, ata hai ben pouco tempo, situábase de certo no lindeiro das utopías, porén agora, logo

de anos dun desenrolo que tantas cousas destruíu, foi xurdindo no mundo e tamén entre nós, paseniña pero

imparablemente, a idea de que só pode haber desenvolvemento efectivo se este se pode soster, se é un

desenvolvemento sostíbel. “...a perspectiva da sostibilidade é unha forma de actuar no contorno, recoñecendo que a

realidade é complexa e dinámica... e que só se pode avanzar nun camiño desexable sempre que se estuden as

repercusións das novas accións e se dispoña de sistemas de corrección de efectos perversos...”

Hoxe xa se sabe –por máis que pareza paradóxica a afirmación- que a procura de calidade de vida deveu, mesmo, en

negocio. Tratar acaídamente un espazo onde se algo abonda é patrimonio histórico, por moi deteriorado que estea, coa

pretensión de poñelo outra vez en valor, é apostar hoxe, non só pola probabilidade da recuperación física, senón tamén

pola recuperación económica (decote ligada ao negocio); mais iso só se cumprirá de partirmos da idea de que á beira

da obriga xurídica da conservación dese patrimonio ou da esixencia ética de manter en bo estado o legado máis

prezado dos devanceiros para podérllelo traspasar mañá ás novas xeracións, hai que entender que nese labor xoga

igualmente, ¡e de que xeito!, o interese económico. A rehabilitación, xa que logo, tamén pode ser negocio pero só si se

identifica con calidade, con sentido ecolóxico da vida e co desenvolvemento sostible; ou sexa, cos valores emerxentes e

máis positivos das sociedades modernas actuais.

O PEPRI conseguirá que o escenario sexa fonte de calidade de vida na medida en que sexa quen de dar coas chaves do

deseño do modelo e da xestión dun proceso ininterrompido e integral de rehabilitación do Casco Antigo, entendendo por

tal a recuperación da edificación para vivir, negociar, traballar, estudar e gozar no Casco; a recuperación do espazo

urbano para as persoas, peonalizado racionalmente, dotando de estacionamentos periféricos para o automóbil privado,

mellorando os niveis e a diversidade das dotacións equipamentais no seu ámbito ou no contorno inmediato, ampliando a

rede de espazos libres e zonas verdes e poñendo en valor o xa existente; ou incardinando o Casco Antigo co río e co seu

devagar acariñando a vila nova.

9.1.3.2. O CASCO ANTIGO E O RÍO.

Unha das razóns que levaron á decadencia e esmorecemento do Casco Antigo hai que buscala na exclusión do río, no

seu dar as costas a un elemento de tan grande potencialidade como é o río, e que é unha das causas e orixe mesmo da

vila. A barreira xerada coa propia edificación e a violencia das crecidas son causas dese divorcio, a dinamización de

espazos próximos vencellados ao río -Paseo do Malecón- redundan nesta conclusión.

Por todo elo, entendemos que debe ser obxectivo xeral do PEPRI:

A adopción de medidas que favorezan o reencontro do Casco Antigo co río. No ámbito do PEPRI as medidas terán

loxicamente, o carácter de determinacións, pero tamén se propón a adopción de medidas tendentes ao mesmo fin que,

por se localizaren fóra dese ámbito, forzoso é que teñan un carácter de recomendacións; iso si, de encarecidas

recomendacións.

9.1.3.3. INTEGRACIÓN DO CASCO ANTIGO NO CONXUNTO DA VILA.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 92 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 92 de 118

Page 94: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Integración efectiva e plena do Casco Antigo no conxunto da vila. A dinámica existente agora mesmo no eido da

rehabilitación do Casco Antigo non se debe frear polo desenrolo dun PEPRI que aínda tendo a orixe nunha decisión que

melloraría a perspectiva do tratamento do Casco Antigo da vila no seu conxunto, podería coutar o proceso rehabilitador

encetado de xeito particular.

Dende a redacción do novo PXOM de recente aprobación, concíbese unha vila de futuro, que xulgamos distinta, da que

serviu de base para os distintos documentos de planeamento xeral abordado nestas últimas décadas. Nesa vila futura, o

Casco Antigo asume roles semellantes aos que orixinariamente tivo, cando Casco Antigo e vila eran a mesma cousa ou

sabían camiñar da man.

9.1.3.4. A CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO E URBANÍSTICO.

Este título é premisa básica en todo planeamento que comporte protección. Este obxectivo resulta obvio polo que

mesmo de obriga legal ten, e defínese de seu no Casco, unha das áreas onde se simboliza a mellor historia da vila e o

autorecoñecemento da mesma polos barquenses. Aínda que non teña o pulo de pasados tempos, o conxunto do Casco

e parte do seu inmediato contorno segue a ser unha área que dispón de certa vitalidade e dinamismo, sendo quizais a

que mellor conserve de todo as raigañas e o espírito da vila, e elo porque aquí hai unha certa ocupación, diversidade de

usos, e máis “forza” urbana; e tamén porque aquí tiveron, repercusión máis inmediata obras e proxectos parcialmente

desenvolvidos de rehabilitación urbana (acaemento de rúas e prazas, recuperación de vivendas, etc….) e, polo mesmo,

esa premisa tan necesaria sempre para o bo fin da rehabilitación que son as arelas de recuperación da zona se pode

dicir que renaceron.

A conservación e rehabilitación do patrimonio histórico-artístico –insistimos outra vez- non é só unha obriga legal, senón

que é un desexo manifestado pola maioría dos moradores do Casco Antigo e da vila, en xeral, porque existe conciencia

sobre da súa importancia emblemática en tanto que memoria e sinais de identidade, mais tamén porque neste caso,

polo menos, un Casco Antigo rehabilitado é un conxunto revitalizado e, polo mesmo, devén en peza posta en valor,

revalorizada, converténdose ela mesma en obxecto de expectativas económicas de todo tipo: lugar ideal para vivir, para

explotar negocios de múltiples ofertas de bens e servizos aquelados coa localización e a escala da zona, todo elo

potenciado polas previsións de incremento dotacional.

Para a efectiva recuperación do patrimonio, é preciso dicilo por máis que semelle obvio, as Administracións teñen que

tomar parte activa, moi activa. Non se protexe por omisión, ficando parada nas simples medidas de protección xurídica.

As obrigas legais de manter o patrimonio para os titulares privados do mesmo non deixan de ser unha das obrigas xurídicas

máis incumpridas e menos sancionadas. É preciso conservar actuando sobre ese patrimonio. Mais para facelo, primeiro

hai que estudalo, inventarialo, catalogalo con rigor e racionalidade, segundo a súa efectiva importancia, mais tampouco

isto abonda. Despois hai que levar adiante as medidas que se fixen para a efectiva recuperación, a posta en valor dos

espazos e a solución das pequenas e non tan pequenas eivas existentes nas infraestruturas e os servizos, hai que mellorar

as dotacións equipamentais existentes e acometer as medidas revitalizadoras das actividades que resulta imprescindible

pular e coidar ou mesmo prohibir todas aquelas outras actividades que se entenden como non acaídas para o

desenvolvemento integral da área.

Todo elo na crenza de que a mellora das condicións de vida da poboación residente, non só a agora existente, senón

tamén a que, de certo, se instalará aquí, se a recuperación integral se produce (tanto pola vía do retorno dos que xa

viviron como pola instalación nesta área doutras xentes que buscan formas de vida máis auténticas e de maior calidade),

constitúe unha exixencia sine qua non para ese desenvolvemento integral.

Mais todo iso non será posible -aínda que fose legalmente permitido- se non se conservasen os elementos de valencia

histórico-artística existente no Casco. Velaí, que coidamos, a xusteza de fixar como obxectivo xeral da ordenación:

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 93 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 93 de 118

Page 95: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

“A conservación e posta en valor do patrimonio cultural existente no ámbito do PEPRI do Casco Antigo”

9.1.3.5. O EQUILIBRIO ENTRE ANTIGO E NOVO.

Ningunha área histórica de ningunha cidade do mundo xurdiu dunha única intervención no tempo. Onde hai vida urbana

hai muda, prodúcense cambios que responden aos propios procesos evolutivos operados nas sociedades que os viven.

Normalmente eses cambios ao longo da historia producíronse sen excesivos traumas ata a xeira actual. Nos últimos

tempos, sen embargo, os cambios sociais teñen unha magnitude nunca antes experimentada, que leva, no que ao

escenario onde a sociedade pousa se refire (territorio ou urbe), á rotura ou creba da escala das intervencións. Cando isto

se produce en espazos moi construídos ao longo do tempo, ese modo de intervir pode acabar con todos os seus valores

positivos.

Velaí, pois, que o casamento entre o antigo e o novo, entre a historia e o presente non resulta posible se desaparecen as

proporcións, ou sexa, a escala coa que se foi construíndo esa peza urbana tan complexa como é o Casco Antigo, en

todos os barrios de apertado casarío. A auténtica modernidade non consiste só nin principalmente en construír espazos

acaídos para as funcións demandadas polos cambios socioeconómicos, senón en facelo co respecto ás proporcións que

fixeron do Casco Antigo (ou polo menos a unha parte del) un ben; ou sexa, actuando, no esencial, con respecto a unha

estrutura urbana, a unhas funcións que, tamén no básico, seguen a ser parellas, e cunhas formas que harmonicen con esa

estrutura e esas funcións. E o respecto non ten por que estar na mímese, no remedo, senón no “mantemento da escala e

as proporcións propias nas intervencións previstas ou permitidas.”

9.1.3.6. A XESTIÓN DAS DETERMINACIÓNS DO PLAN.

Todo plan que pretenda ser algo máis que un simple documento normativo metido nun caixón logo da súa aprobación,

ao que se consulta de cando en vez para saber se as solicitudes de intervención acaen coas súas determinacións, isto é,

todo plan que se formule como instrumento de desenvolvemento integral da área planeada, como ferramenta de

resolución de problemas e non como actor pasivo do devalar urbano e social, ten que elaborarse baixo dúas premisas

esenciais:

A procura da asunción dos seus contidos por parte dos destinatarios directos (poboación residente, propietarios do solo e

da edificación, os titulares de negocios e os que, en xeral, teñen o seu medio de vida aquí, as asociacións e institucións

con presenza ou intereses na área, etc…)

A elección dos mellores mecanismos de incentivo para o cumprimento do Programa de Actuación e a máis cabal

previsión do financiamento dos custes dese programa.

A xestión do Plan do Casco Antigo terá que combinar accións de conservación do patrimonio con operacións de reforma

interior, terá que ser ela mesma un factor xerador de sinerxías actuando en todos os frontes (coordinación das actuacións

do sector público, avivador das iniciativas privadas, vixiante das actuacións dos concesionarios de servizos públicos, etc.).

Unha xestión desta natureza, cando son tantos os factores de interese ou de necesidade e precaria a situación de saída,

forzosamente requirirá de medios específicos para ese fin. A xestión do PEPRI do Casco Antigo non se pode deixar ao azar

ou confiala exclusivamente aos ritmos de intervención do sector privado. Si se quere cumprir cos obxectivos que xa fomos

debullando, forzoso será, coidamos, que o Concello asuma a necesidade de pór en marcha un servizo ou Oficina

Permanente de Xestión do Casco Antigo, que asuma o cumprimento dos obxectivos xerais do PEPRI nos prazos que

marque o programa a través dos mecanismos xa coñecidos: incentivo e cooperación no que respecta ao sector privado,

coordinación das distintas administracións e dentro da municipal entre as distintas áreas implicadas.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 94 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 94 de 118

Page 96: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Por todo elo, o PEPRI débese abordar fixando tamén como obxectivo xeral o “deseño acaído dos mecanismos que

permitan unha xestión efectiva das determinacións e previsións contidas nel.”

Mais tamén, e isto é igualmente sabido, terá que establecer solucións sempre realistas, que non supoñan un anunciado

incumprimento, o cal supón outra vez a busca do máis amplo consenso social e o máis alto nivel de entendemento cos

axentes intervintes nos procesos de xeración e rexeneración deste tecido urbano, polo menos para aquelas cuestións de

maior calado ou meirande incidencia de cara ao cumprimento dos obxectivos xerais aquí formulados.

9.1.3.7. A CONSERVACIÓN, ESTUDO E PROTECCIÓN DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO.

En razón da longa estadía da ocupación do ámbito do PEPRI que levou a desenvolver o escenario da vida social ao

longo da historia en diferentes estratos construtivos, resulta innegable a necesidade de conservar, protexer e, no seu caso

recuperar o patrimonio arqueolóxico nel presente ou agochado.

En base aos datos de que se dispoñen no Casco Antigo de O Barco, pódese observar que, se ben comparativamente a

outras vilas galegas a actividade arqueolóxica é moi baixa ou nula, no que fai á concepción global do feito arqueolóxico

queda aínda moito camiño por andar, e o esforzo normativo deste PEPRI irá tamén nesa dirección, tentando unha

globalización do estudo arqueolóxico fuxindo da case única actividade actual baseada en “arqueoloxía de intervención”

cuxos resultados non saen sempre á luz, e sendo moi apresurada para extraer os datos e a concepción necesaria para

unha verdadeira “arqueoloxía urbana”, que debe ser o obxectivo a acadar.

9.2. CRITERIOS XERAIS.

9.2.1. SOBRE O OBXECTIVO.

Nos documentos do PEPRI que se someten a aprobación inicial antes da súa exposición pública e mesmo nas follas

precedentes, xa se indica claramente o obxectivo básico que é o deber de volver ao Casco Antigo, e mesmo

desenvolver o seu secular rol de “Espazo vivo da Memoria”, tan necesario para o evoluir en positivo da vila e comarca, e

facelo por medio da rehabilitación integral (urbanística e arquitectónica, mais tamén social e económica). Este obxectivo

básico é o que informa tódalas determinacións propostas, tentando facer doado o camiño para a consecución do

mesmo.

9.2.2. SOBRE O ÁMBITO.

O ámbito de aplicación do PEPRI comprende unha superficie aproximada de 43.566,26m² (4,56Ha) variando o ámbito

fixado no vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal de O Barco que é de 43.444,84m² (4,34Ha), o que supón unha

variación do 1,50% de decremento respecto da delimitación inicial, e que está dentro dos parámetros asumidos por lei,

coas oportunas modificacións puntuais nas que poida derivar.

9.2.3. SOBRE A PROTECCIÓN. 9.2.3.1. PRINCIPIOS E OBXECTIVOS A protección do Casco de O Barco garántese mediante o cumprimento das normativas estatais e autonómicas, así como

o establecido nas presentes Ordenanzas , debéndose respectar en todos os casos os seguintes criterios:

A conservación do Casco comporta o mantemento da súa estrutura urbana e arquitectónica, así como das

características xerais do seu ambiente48.

48 Artigo 21.3 da LPHE

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 95 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 95 de 118

Page 97: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Considéranse excepcionais as substitucións de inmobles, aínda que sexan parciais e, e só poderán realizarse as

que permita o PEPRI por contribuír á mellora xeral do carácter do conxunto, mantendo as aliñacións urbanas

existentes, si non se tiveran determinado outras polo propio plan

So serán admisíbeis os usos que resulten compatíbeis coas esixencias de conservación e protección do conxunto,

debéndose fomentar a implantación de todos aqueles que, respectando ditas esixencias, contribúan ao

mantemento do casco como unha estrutura urbana viva.

Séguense as directrices contidas no propio PXOM e as determinacións e normativas de protección da Lei 8/95, do 30 de

outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.

9.2.3.2. SITUACIÓN DAS PARCELAS

As parcelas do ámbito do PEPRI, estarán nunha ou varias das seguintes situacións:

Con parte de parcela ou edificacións afectadas por figuras urbanísticas de rango superior (PXOM)

Con edificacións de valor patrimonial individual.

Con edificacións sen valores específicos ou sen edificar.

9.2.3.3. EDIFICIOS CON VALOR PATRIMONIAL INDIVIDUAL. Os edificios con valor patrimonial individual estarán incluídos en algún dos seguintes niveis de protección.

Integral, garante a protección Integral ou o mantemento das características básicas do inmoble, con arreglo as

prescricións da ficha correspondente.

Estrutural, garante a conservación dos elementos estruturais e a morfoloxía estrutural e volumétrica singulares que

xustifican a inclusión neste nivel.

Ambiental, garante a conservación dos elementos singulares que xustifican a inclusión neste nivel.

A clasificación dun edificio nalgún dos niveis establecidos no apartado anterior poderá ser alterada polo concello , de

oficio ou a instancia dos obrigados á conservación de aquel. A resolución será sempre motivada e requirirá, en todo caso,

o informe favorábel da Administración competente para a protección do patrimonio histórico, así como, cando proceda,

a correspondente modificación do catálogo.

Os inmobles comprendidos nos niveis de protección Monumental e Integral incluiranse no catálogo de bens protexidos,

que forma parte da documentación do presente Plan Especial. Os seus valores, características e esixencias de protección

quedarán reflectidos na ficha correspondente.

9.2.3.4. EDIFICIOS SEN VALOR PATRIMONIAL

Entenderase que carecen de valores patrimoniais específicos os edificios non incluídos en algún dos niveis de protección a

que se refire o artigo 9.2.3.3

As actuacións que se leven a cabo nestes edificios deberán respectar as condicións xerais establecidas no titulo II, e en

todo caso adaptaranse á estrutura urbana e arquitectónica do casco e as características xerais do seu ambiente.

9.2.4. SOBRE A REFORMA INTERIOR.

As operacións de reforma interior a desenvolver co presente Plan son reducidas mais precisas. Dado o reducido tamaño

contémplase unha única área de reforma interior que abarca todo o ámbito do Casco e que ten como obxectivo

principal a obtención de equipamentos e espazos públicos no seu interior, á vez que rematar as partes inacabadas do

tecido. Proponse unha actuación integral, con claras circunstancias puntuais en entornos que precisan resolver conexións

ou reconfigurarse, e que ten a súa xustificación por tratarse dun espazo pertencente ao centro da vila.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 96 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 96 de 118

Page 98: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

9.2.5. SOBRE OS CONTIDOS INFORMATIVOS.

No presente Documento de Aprobación Inicial contense información cabal sobre os aspectos esenciais para o

planeamento que nos ocupa. Tamén información sobre aspectos económicos, históricos, de usos do solo, estrutura da

propiedade, infraestruturas, dotacións, escena urbana e edificación, e unha información gráfica importante.

9.2.6. SOBRE A ZONIFICACIÓN

A pretensión de zonificar un casco das dimensións nas que actuamos a efectos da súa análise amósase gratuíta e

inoperante; todo o ámbito se recoñece como unha única zona. O Casco Antigo caracterízase por ter unha estrutura

urbana homoxénea, tanto no proceso histórico de formación e transformación, como nas características morfolóxicas e

funcionais actuais.

9.2.7. SOBRE A ESTRUTURA DO CATÁLOGO E A CATALOGACIÓN.

Os criterios para a catalogación de elementos no que a edificación e espazos e elementos urbanos públicos se refire

baséanse en tres parámetros básicos (o seu interese histórico, arquitectónico e urbanístico), que conxugados, son un

indicativo obxectivo da necesidade de catalogar o elemento en cuestión, predominando na ponderación en calquera

caso o interese arquitectónico que indica a día de hoxe o nivel de importancia que acada ese elemento atendendo á

súa configuración física; por outra banda o interese histórico valora globalmente a importancia do elemento ao longo da

historia, independentemente do obxecto físico que chegou ata nós; e o interese urbanístico valora o emprazamento do

elemento na trama urbana na que se insire.

Estes tres parámetros valóranse en cinco niveis diferentes de interese: moi alto, alto, medio, baixo e nulo, para cada un

dos elementos do Casco Antigo e reflectíndose na súa ficha correspondente. A conxunción destas tres valoracións dan un

criterio bastante obxectivo para a catalogación dos elementos e/ou edificacións.

Consideraranse como elementos a protexer existentes no Casco Antigo, tanto as construcións de todo tipo, como aqueles

elementos naturais de grande valor paisaxístico, medioambiental ou botánico.

Dentro das construcións, cabe distinguir entre aquelas que son, tradicionalmente do campo propio da enxeñería, e as

que entendemos máis propias da arquitectura. Das primeiras, hai que resaltar: as pontes e muros de contención –

amuramento da fachada sobre o Sil. Dentro das segundas resaltaremos: rúas, prazas, miradoiros, escaleiras, fontes, etc…,

e incluíndo a distinción entre a arquitectura relixiosa e a civil, da relixiosa temos a igrexa parroquial, e da arquitectura civil

hai que facer a distinción entre a casa (tanto a “casona” señorial, como a casa burguesa ou a casa popular) e algunhas

construcións complementarias de vivenda.

Amais destes elementos hai que facer mención ás construcións ou elementos de carácter adxectivo, como miradoiros,

embarcadoiros, escudos, etc…, que orixinariamente tiveron unha compoñente social ou señorial, pero que co tempo

foron transcendendo esa significación.

Deste xeito elaboraranse dous catálogos: o catálogo de edificacións e elementos a protexer e o catálogo de espazos e

elementos urbanos públicos.

9.2.8. SOBRE OS NIVEIS DE PROTECCIÓN.

Os Catálogos definen catro niveis de protección: 1º, 2º e 3º, que se corresponden cos seguintes:

Nivel 1º: Protección de carácter integral.

Nivel 2º: Protección de carácter estrutural.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 97 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 97 de 118

Page 99: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Nivel 3º: Protección de carácter ambiental.

O nivel de protección do edificio afectará tamén aos espazos libres, no seu caso, da parcela na que se localiza.

No nivel 1º non se poderá proceder, por regra xeral, ao incremento de edificabilidade sobre a parcela, agás que se

concrete o contrario na correspondente Ficha Individualizada.

Categorías de intervención.

Nas Normas de protección que se recollen na Ficha individualizada distínguese entre os seguintes tipos de obras:

Conservación.

Consolidación.

Acondicionamento

Restauración.

Reestruturación.

Demolición

Reconstrucción

Sustitución

Nova planta

Ampliación

Rehabilitación ou reforma.

Adición de plantas.

Obra nova con conservación de elementos.

Obras de conservación.

Son as que se precisan para o mantemento do inmoble ou elemento nas debidas condicións de seguridade, salubridade

e ornato, evitando o abandono e deterioro pola acción dos axentes atmosféricos, ou o abandono, sen alterar a súa

estrutura e distribución nin ocultar ou modificar valores construtivos ou morfolóxicos. Inclúen a reparación de elementos

decorativos, instalacións e estritas obras de mantemento, relousado, pintura e solados.

Obras de consolidación.

Son as que teñen como finalidade manter afianzar, reforzar ou substituír elementos danados para asegurar a estabilidade,

evitar a ruína ou o derrubamento dun elemento, unha parte ou unha edificación, e o mantemento das súas condicións

básicas de uso. Refírense ao afianzamento e reforzos dos elementos estruturais danados sen achega de novos elementos,

agás sexa precisa unha eventual substitución dos mesmos, mais con posíbeis alteracións menores da estrutura e

distribución

Obras de acondicionamento.

Son aquelas que se precisan para mellorar as condicións de habitabilidade dun edificio ou dunha parte dos seus locais,

mediante substitución, ou modernización das súas instalacións, mantendo en todo caso as características morfolóxicas da

edificación sobre a que se actúa e respectando sempre os valores patrimoniais dos elementos obxecto da protección.

Obras de restauración.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 98 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 98 de 118

Page 100: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Son aquelas que se precisan para darlle a un edificio, parte del ou elemento existente a imaxe e condicións orixinais, sen

que nese proceso se admitan achegas de novo deseño, e mesmo comprendendo obras de consolidación ou demolición

parcial, levándose a cabo en base a probas documentais ou coñecementos certos da anterior situación.

Entenderanse dentro desta categoría as seguintes obras: eliminación de engadidos, limpeza ou realización, segundo os

casos, de enfuscados, apertura ou cerramento de ocos e outras similares que teñan por obxecto a restitución.

Obras de rehabilitación ou reforma.

Son aquelas que afectan á redistribución dos espazos interiores sen afectar ás características estructurais do elemento e

respectando a envolvente exterior. No caso de que obra afecte a elementos comúns (portais, escaleiras, patios, etc.)

estes non deben sufrir alteracións, tanto na estrutura coma nos acabados e decoración. Neste tipo de obras deberán

manterse a tipoloxía e os materiais do sistema estrutural.

Poderase admitir a modificación de patios interiores, e de ocos que non sexan da fachada principal, así como de ocos de

escaleiras que non afecten á estrutura xeral, cando estes teñan dimensións notoriamente inferiores aos mínimos

establecidos nas ordenanzas xerais.

Obras de reestruturación.

Son as que afectan aos elementos estruturais do edificio causando modificacións na súa morfoloxía. Considerase

reestruturación total cando a obra afecta ao conxunto do edificio, chegado ao baleirado interior do mesmo, e parcial

cando a obra se realiza sobre parte dos locais ou plantas do edificio, ou cando afectando ao seu conxunto, non chega a

supor a destrución total do interior do mesmo.

Inclúense dentro deste tipo de obras as seguintes:

a) Reestruturación de cubertas. Aquelas que afecten á substitución total ou parcial dos elementos

estruturais da mesma, para axeitala aos novos usos previstos.

b) Reestruturación do espazo interior. Aquelas que afectan á substitución total ou parcial dos elementos

estruturais do espazo interior excluídas ás fachadas. Inclúe o baleirado total con mantemento das

fachadas.

c) Reestruturación de fachadas. Aquelas que afectan á substitución total ou parcial das fachadas, así

como as encamiñadas á apertura de novos ocos ou á modificación dos existentes sempre que teñan

por finalidade a mellora das condicións de habitabilidade.

Neste tipo de obras deberanse conservar, en calquera caso, as medianeiras existentes non podendo facer rozas para

novos piares, debendo manterse a tipoloxía do sistema construtivo. Tamén deberán manterse todos aqueles elementos

interiores preexistentes que teñan especial interese, tales como lareiras, escaleiras, portais, etc…

Obras de demolición.

Cando supoña a desaparición, total ou parcial do edificado.

Adición de plantas.

Comprende a adición de plantas sobre a edificación existente a conservar, conforme á referencia de altura establecida

no alzado normativo. Deberá axeita-las súas características ás do edificio existente que se amplía, poñendo moita

atención aos remates de cornixas, beirados, e á propia configuración da cuberta.

Obras novas de edificación

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 99 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 99 de 118

Page 101: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Diferéncianse catro tipos de obras de novas:

Obra nova de reconstrución: cando o seu obxecto sexa a reposición, total ou parcial, dun edificio preexistente

no mesmo lugar, reproducindo as súas características morfolóxicas.

Obra nova de substitución: Son aquelas nas que se demoe unha edificación existente ou parte dela para no seu

lugar erguer unha nova edificación sen máis referencias que as volumétricas coa anterior.

Obra de nova planta: cando o seu obxecto sexa a construción sobre solares vacantes.

Obra de ampliación: cando o seu obxecto sexa incrementar o volume construído ou a ocupación en planta das

edificacións existentes.

Obra nova con conservación de elementos.

Trátase da realización de obras en parcelas que teñen unha edificación en avanzado estado de ruína, o que fai só

posible a conservación de elementos illados que se deben incorporar á edificación de nova planta. Tamén se refire ás

obras que se poden acometer en elementos que sen ser obxecto de protección global si teñan elementos de interese

que se considere necesario manter en caso de derrubo.

Os elementos a conservar deberán ser integrados acaídamente co novo deseño.

9.2.8.1. REXÍMENES DE INTERVENCIÓN

A intervención sobre o patrimonio inmobiliario do casco pode ser dos seguintes tipos:

Mantemento Ordinario (MO).

Entendese por tal a realización de obras de conservación que resulten necesarias.

Mantemento extraordinario (ME).

Entendese por tal a realización de obras de consolidación e restauración.

Reestruturación edificatoria (RE).

Entendese por tal a realización de obras de acondicionamento, reestruturación e reconstrución, incluíndo no seu

caso, as demolicións parciais que sexan precisas.

Reestruturación urbanística (RU).

Entendese por tal a realización de obras de substitución, nova planta e ampliación.

Condicións de protección.

Nível 1. Protección integral.

Comprende aqueles edificios ou elementos urbanos de valor histórico ou arquitectónico que pola súa notable calidade e

representatividade dun determinado período deben ser conservadas en todas as súas características.

Neste nivel permitiranse os seguintes tipos de obras:

Conservación.

Consolidación.

Restauración.

Rehabilitación ou reforma restrinxida (limitada esta a aqueles elementos que non sexan significativos

dentro do carácter do edificio).

Os rexímenes de intervención poderán ser:

Mantemento Ordinario(MO).

Mantemento Extraordinario (ME).

Reestruturación Edificatoria (RE).

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 100 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 100 de 118

Page 102: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Reconstrución de edificios desaparecidos ou corpos da edificación que interese recuperar

sempre que se acredite a súa preexistencia e a reconstrución non perxudique o valor

patrimonial do edificio.

Derrubo de engadidos á construción orixinal e que non desfiguren a súa natureza.

Acondicionamento de edificios cando poidan destinarse a usos de equipamento ou hotel con

respecto rigorosa á morfoloxía e preservación do edificio.

Permitiranse actuacións construtivas con sistemas actuais que supoñan unha mellora das

condicións de habitabilidade do inmoble, respectando sempre os valores patrimoniais do

obxecto da protección.

Nivel 2. Protección estrutural.

Comprende aqueles edificios ou elementos urbanos de valor arquitectónico nos que se deben conservar as fachadas,

patios interiores, tipoloxías e elementos estruturais no seu estado actual.

Neste nivel autorízanse obras de:

Conservación.

Consolidación.

Restauración.

Rehabilitación ou reforma.

Reestruturación de cubertas e adición de plantas sempre que non se alteren ás fachadas, a tipoloxía

estrutural e os elementos comúns (patios, escaleiras, portais, etc…) e se permita na Ficha Individual.

A obriga de manter as tipoloxías e os materiais da estrutura horizontal consignada nas Fichas Individuais para este nivel de

protección estrutural, con excepción dos seguintes supostos:

Cando a estrutura se atope en estado ruinoso e exista unha declaración de ruína.

Cando a rehabilitación do edificio que se pretenda desenvolver sexa tecnicamente desaconsellable e/ou

excesivamente gravosa de manter a estrutura horizontal existente, conforme ás demostracións que neste sentido

se conteñan no proxecto técnico correspondente.

Aínda así, cando se cumpra algunhas destas circunstancias, deberá facerse unha estrutura interior utilizando sistemas

iguais aos orixinais ou reinterpretando estes con elementos de un ou varios materiais que reproduzan a morfoloxía

estrutural.

Os rexímenes de intervención poderán ser:

Mantemento Ordinario(MO).

Mantemento Extraordinario (ME).

Reestruturación Edificatoria (RE).

Sempre que se garanta a preservación dos valores do inmoble que xustifican a inclusión do

edificio neste nivel de protección

Nível 3. Protección ambiental.

Comprende aqueles edificios ou elementos urbanos de certo valor arquitectónico que, polo seu carácter ou situación en

relación cun medio determinado, deban ser obxecto de protección, sen acadar os niveis precedentes.

Neste nivel permítense os seguintes tipos de obras previstas, a saber:

Conservación

Consolidación

Restauración

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 101 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 101 de 118

Page 103: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Acondicionamento

Reestruturación.

Rehabilitación ou reforma

Adición de plantas.

Obra nova con conservación de elementos.

Os rexímenes de intervención poderán ser:

Mantemento Ordinario(MO).

Mantemento Extraordinario (ME).

Reestruturación Edificatoria (RE).

Sempre que se garanta a preservación dos valores do inmoble que xustifican a inclusión do

edificio neste nivel de protección

9.2.9. SOBRE A INTERVENCIÓN E INVESTIMENTOS PÚBLICOS

Destinados á revitalización do Casco Antigo, estes criterios pretenden facer do plan un elemento claro e

fundamentalmente operativo neste senso.

No presente plan existen unha serie de edificacións deterioradas ou en estado ruinoso, que ofrecen unha imaxe negativa

dentro da paisaxe urbana, e nas que urxe acometer de forma prioritaria ou rápida, procesos de rehabilitación ou de nova

edificación para a revitalización da zona.

Nestas estableceranse prazos para que os propietarios cumpran co deber de rehabilitar ou edificar. No caso de

incumprimento dos prazos establecidos a administración, conforme á lexislación urbanística vixente, poderá expropiar os

inmobles a fin de asumir a rehabilitación ou edificación, ou ben encomendarlle a unha sociedade urbanística pública o

desenvolvemento da actuación.

Asemade, no plan delimitaranse unha serie áreas / parcelas, denominadas “Áreas Dotacionais”, que teñen por obxecto

identificar as actuacións illadas encamiñadas á obtención de inmobles para dotacións públicas, isto é para equipamentos

comunitarios, así como para espazos libres destinados a viais, parques públicos e zonas verdes, todo isto na procura da

revitalización das distintas zonas do Casco Antigo.

A obtención dos inmobles ou terreos incluídos nestas áreas realizarase por convenio entre a administración e o propietario,

por permuta forzosa con terreos do patrimonio municipal do solo, mediante expropiación forzosa ou por calquera outro

medio previsto na lexislación aplicable.

9.2.10. SOBRE EQUIPAMENTOS, SISTEMA DE VIARIO E ESPAZOS LIBRES.

O criterios seguido polo PEPRI no que atinxe á localización de equipamentos non é outro que o de dotar ao Casco Antigo

dunha rede de equipamentos locais ao seu servizo.

Os equipamentos situaranse en edificios existentes ou en novos edificios, de xeito que o seu emprazamento sirva para a

revitalización da zona. A súa situación en relación co seu contorno e a súa tipoloxía, no caso de edificacións existentes,

son dous aspectos a ter en conta á hora da elección do seu emprazamento.

No plan prevense os seguintes emprazamentos para equipamentos locais:

A parcela sin edificar que se corresponde co número 3 da Rúa San Roque.

As parcelas sin edificar que rematan a couzada na intersección entre as rúas San Roque e Airas.

A edificación que se corresponde co número 2 da Rúa San Roque, esquina coas escaleiras de baixada ao río.

A edificación que se corresponde co número 6 da Rúa San Roque.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 102 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 102 de 118

Page 104: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

No que se refire ao sistema de viario e espazos libres existentes proponse:

A peonalización para favorecer o espazo do Casco como relacional de si mesmo e de tránsito e relacións entre as beiras

e os barrios circundantes.

A eliminación de toda a vexetación baixa e trepadora que dende a beira do río sube polo substrato pétreo e polos muros

que serven de apoio ás edificacións, como paso inescusable para unha correcta e máis potente presenza do casco; esta

actuación deberá ir acompañada da desaparición do arbolado máis próximo ao límite edificado favorecendo a

presenza de un curso de auga constante en contacto co edificado,

Só se prevé a apertura dunha nova rúa e praza, rúa xa definida no PXOM, e que se sitúan no contacto do Casco co

contorno máis inmediato: Rúa do Forno, continuación ata contactar coa rúa das Airas, e aparición dun espazo praza

incorporando o trazado da actual rúa do forno e fincas lindeiras, vial de coexistencia de vehículos e peóns, co obxecto

de habilitar un espazo de aparcadoiro para veciños do casco e/ou visitantes ocasionais, no subsolo e a ganancia dun

espazo praza de reunión e relación en superficie.

A execución dun transito pola beira do río, entre a Ponte de San Fernando e a fonte emprazada no fondo das escaleiras

entre os números 26 e 28 da Rúa San Roque. Cun acceso por escaleiras que permita dende a ponte, baixar á cota do río,

favorecendo así un transito inferior que como senda de pescadores existentes deberá retomar unha cota máis baixa que

a actual potenciando aínda máis o amuramento de parcelas e edificacións peculiar deste casco.

A remodelación do enlace entre o Paseo do Malecón e a rúa Dr. Pérez Lista e o seu contorno, eliminando a concepción

de cruce de viais en favor dun espazo estancial con tránsitos ocasionais, e a súa conformación como un espazo de

entrada-presentación do ámbito.

O redeseño da conexión e do espazo de intersección a través do Camiño Real entre a Rúa Real, Praza Maior, e Parque

do Malecón, para mellorar e favorecer as condicións do espazo estancial suavizando pendentes nos entornos máis

estanciais. Neste punto proponse a rehubicación das arbores que agora actúan de barreira visual cara o río, para

emprazalas en paralelo á fachada edificada do Camiño Real.

O redeseño da conexión entre a Rúa Real, Pérez Lista, Praza Maior e Camiño Real, para mellorar e favorecer as condicións

de accesibilidade e relación entre elas.

O deseño do espazo público da traseira e laterais da Igrexa, para mellorar a imaxe ambiental e arquitectónica da zona,

toda vez que se pretende un lugar de estancia e tránsito, e por en valor a única edificación de carácter monumental do

casco.

A recuperación das fontes que durante moito tempo serviron á vila e hoxe dormen agochadas, a fonte emprazada hoxe

soterrada baixo a Praza Maior e a fonte situada no fondo dunha das escaleiras que dan acceso ao río dende a rúa San

Roque, entre os números 26 e 28.

A aparición dun embarcadoiro entre o Porto da Barca é o Malecón, que pode retomar o inicio do seu acceso nas

proximidades do Porto da Barca para desenrolarse no recente pedraplén existente debaixo do Camiño Real.

En relación co viario existente proponse unha serie de actuacións encamiñadas á mellora e reposición de firmes e

pavimentos existentes que se atopan en mal estado, buscando no propio pavimento un elemento identificador e

caracterizador do casco.

Propóñense dúas actuacións fora de ámbito, aínda que dentro da zona definida de respeto, na beira esquerda do río. A

recuperación do basamento de arranque da vella Ponte de San Fernando, derrubada polo río, como mirador sobre o

casco, e un paseo peonil de arbolado perenne que iniciado no elemento anterior decorre pola marxe esquerda do río, a

modo de reflexo vexetal do casco e como elemento ocultador das traseiras das edificacións de Viloira.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 103 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 103 de 118

Page 105: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

9.2.11. SOBRE AS PROPOSTAS DE INFRAESTRUTURAS DE SERVIZOS.

No que respecta á rede de abastecemento de auga o estado xeral é aceptable sendo as únicas propostas a ampliación

dos servizos naquelas zonas sometidas a operacións de reforma, onde non existen tales servizos, ou as modificacións que

se deberían acometer no intre de proceder á reconstrución do viario (rúa e prazas).

Non é así no referente á rede de saneamento que amosa leves deficiencias en tres aspectos, na inexistencia dunha rede

separativa de pluviais e fecais, na existencia aínda moi perniciosa de algún verquido directo sobre o río ou as súas beiras,

e no incumprimento correcto da súa función de evacuación de augas residuais xerando olores e taponamentos. A

oportunidade de corrección destas deficiencias e precisa e obrigada, e inexcusable si se procede a intervencións de

pavimentado.

No que atinxe as redes eléctricas e telefonía proponse a supresión progresiva de todo o cable aéreo e contadores,

rexistros, cables etc… nas fachadas dos edificios, procedendo ao soterramento das redes e deseño de caixas de rexistro

que contribúan á mellora do aspecto xeral sen renunciar ás necesidades as que deben respostar.

No que se refire ás redes de telecomunicacións, proponse a realización dun proxecto global para todo o Casco Antigo,

con soterramento total da rede, incorporando a previsión dunha rede de fibra óptica que poida dar resposta as novas

tecnoloxías, televisión dixital, internet, telefonía avanzada, e que á vez permita a retirada de elementos receptores

(antenas e cableados externos) en fachadas e cubertas, abundantes en número e empobrecedores en imaxe. Proponse

a posibilidade da implantación dun gran area de tecnoloxía sen cables “wi-fi” de acceso a internet dentro do ámbito do

casco, capaz de atraer a vida máis nova e aportar posibilidades múltiples de actividade comercial dende calquera

punto do casco.

Considérase positiva a aparición do gas canalizado para o Casco nun dobre sentido: como elemento de mellora

cualitativa das edificacións e servizos deste espazo e como intento de desaparición do tránsito que supón un transporte

pesado e perigoso polo risco que supón de bombonas de gas. Haberá tamén neste caso que deseñar un elemento

capaz de garantir a medición e control que non resulte agresivo ao ambiente, dado que os actuais, xa presentes en

algunhas das edificacións límites do casco, amósanse totalmente contrarios a discreción necesaria nun ámbito das

características do que estamos.

9.2.12. ACCESIBILIDADE

Non cabe dúbida que unha das características do ámbito do PEPRI é a súa topografía accidentada, con importantes

desniveis dun lugar a outro, que non fan doada a súa accesibilidade aos espazos públicos. No deseño dos novos espazos

públicos e do sistema viario previsto no PEPRI resolverase a súa accesibilidade, de xeito directo ou a través dalgún

recorrido alternativo.

Todas as actuacións cumpriran os requirimentos do C.T.E. nos seus apartados de S.U. (seguridade de Uso), especialmente

no que atinxe as condicións de pendentes, escaleiras públicas, varandas, pavimentos e tratamentos dos materiais co

obxectivo de garantir a accesibilidade e un uso seguro dentro de todo o ámbito.

9.2.13. INTEGRACIÓN DO CASCO ANTIGO NA VILA.

Para garantir a integración do Casco Antigo no conxunto da vila, proponse o tratamento mediante un Plan Especial de

Beira, das zonas do contorno do ámbito do Casco Antigo nas que estean previstas importantes actuacións edificatorias

e/ou viarias, PERI 9.1., continuación da rúa do Forno ata a rúa Manuel Quiroga, edificación da esquina das rúas Álvaro

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 104 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 104 de 118

Page 106: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Cunqueiro e Dr. Pérez Lista, praza asociada na traseira da Igrexa e edificacións e espazo de cabeza da Ponte de San

Fernando.

Propóñense actuacións de redeseño e reordenación dos espazos públicos nas zonas de beira do ámbito do Casco Antigo

de cara a favorecer o tránsito de peóns entre zonas, internas e circundantes, beirarrúas na continuación da rúa San

Roque que favorezan o tránsito cara o Casco, adecuación da beirarrúa da ponte de San Fernando que faga máis

acolledor o tránsito de Viloira cara o Casco e a Vila, acondicionamento da continuidade da rúa San Roque despois de

cruzar a rúa Manuel Quiroga, que sirva de chamada para os residentes no barrio de San Roque.

9.2.14. REENCONTRO DO CASCO CO RÍO.

Para favorecer o reencontro do Casco Antigo e o Río proponse o acondicionamento e adecentamento dos accesos que

á súa beira se producen dende o percorrido polas rúas San Roque e Real, dotando estes de mobiliario urbano que

posibilite o seu desfrute como estancia, naqueles casos que sexa posible.

Proponse unha intervención de recuperación do Porto da Barca, na procura dunha restitución máis fiel á imaxe orixinaria

e vencellando este coa posible aparición dun embarcadoiro que posibilite a presenza das barcas do Sil, felizmente

recuperadas por asociacións culturais adicadas a este fin como é o caso da asociación “a figueiriña”.

Así mesmo, proponse dentro do ámbito do propio plan actuacións que procuran favorecer dito encontro, potenciar a

apertura de espazos públicos existentes que miran ao río, así como favorecer a permeabilidade en planta baixa de novas

edificacións.

9.2.15. CRITERIOS QUE SE EMPREGAN NA NORMATIVA PARA USOS DO SOLO E A EDIFICACIÓN. A normativa determinada de usos do solo fundamentase en criterios de potenciación do tecido produtivo do ámbito, e

imprescindible a revitalización do tecido do casco, so este motor será quen de atraer xentes cara el e iniciar o proceso de

interese pola fixación residencial, complementase o tecido produtivo co pulo que poida dar a presenza de algún tipo de

dotación ou equipamento público de carácter activo e participativo.

É de suliñar a tentación que poida existir de monocultivo de actividades, feito sobre o que se incide dun modo especial

na procura de evitalo, potenciando usos diversos e diversificados no espazo que nos ocupa.

Destacar tamén o criterio co que se determina o uso de garaxes, que en edificacións catalogadas e valoradas con

criterios de protección integral e estrutural se consideran incompatibeis, agás a súa existencia previa, e que non se

consideran oportunos no caso de que ocupen toda a planta baixa das edificacións impedindo a presenza de locais que

poidan ser aptos para calquera outro uso.

A edificación concentra o seu uso principal na vivenda, é claro que debe ser a existencia da continuidade temporal

dunha comunidade residencial no casco o motor que xere a aparición de tecido produtivo a vez que faga rexurdir a

vitalidade continuada e cotiá do ámbito.

9.2.15.1. INTRODUCIÓN

No que atinxe aos usos do solo, non hai máis criterio que o de apurar ao máximo a diversidade, só restrinxida polas

exixencias de orde físico –superficie, tráfico-, incompatibilidade no caso de proteccións integrais, ou no caso de minorar os

usos que se consideran prioritarios, nomeadamente, o residencial.

No que respecta á edificación pártese, coma criterio de referencia, o disposto na lexislación vixente en materia de

patrimonio cultural.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 105 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 105 de 118

Page 107: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Polo mesmo, é criterio a aplicar, en xeral, o mantemento da estrutura urbana e arquitectónica, así coma as características

xerais do ambiente, aínda que se distinguen claramente dúas situacións de partida: por unha banda, as zonas xa

consolidadas na súa configuración, nas que serán excepcionais as modificacións permitidas nos aliñamentos e tamén

moderadas as previstas para a edificación, e por outra banda aquelas zonas nas que aínda non se ten rematada a súa

configuración por tratarse de zonas de beira ou transición a outros espazos nos que se precisan actuacións de remate ou

continuidade da trama urbana nas que polo tanto, se actúa con máis contundencia sobre o espazo e as edificacións

existentes. No caso que nos atinxe prodúcese de xeito case exclusivo a primeira das situacións, cun casco

completamente configurado e edificado agás un número moi reducido de solares.

Malia o seu carácter de vila, o dinamismo urbanístico de O Barco e salientable sobre de todo nas catro últimas décadas,

tendo medrado extraordinariamente, non é estrano pois que se teñan producido intervencións de grande calibre dentro

do Casco Antigo, algunhas delas xa asumidas, e outras non tanto. Estas intervencións levadas a cabo nas últimas décadas

son as que dalgún xeito obrigarán a autorizar algunhas modificacións que, en boa lóxica, non se terían que autorizar se as

alteracións non se tivesen producido, pero que son precisas, como diciamos, para a conservación xeral do carácter do

Conxunto Histórico-Artístico e a súa rehabilitación integral.

Estas modificacións propóñense sempre tendo en conta a visión xeral do conxunto, as súas diversas perspectivas, a

integración na trama urbana e a situación actual da couzada ou área na que se inscriben as edificacións.

9.2.15.2. CRITERIOS RESPECTO DA VOLUMETRÍA DA EDIFICACIÓN.

Partindo dunha realidade edificada moi diversa no que atinxe á concreción volumétrica, con cumpridas diferenzas,

coidamos que é preciso o establecemento duns criterios que, fuxindo da sinxela e equivocada igualación de alturas, ben

por arriba, ben por abaixo, dean forma a unha proposta volumétrica ben aquelada para o conxunto do Casco Antigo,

tentando ese sempre difícil reto de solucionar as transicións entre zonas e, mesmo entre parcelas, do mellor xeito posible;

e, doutra parte, na procura de non crear acusadas diferenzas de trato entre situacións parellas.

Nese senso, unha primeira diversificación de criterios ten que se dar entre as zonas xa consolidadas pola edificación, a

maioría do ámbito, e aquelas outras nas que se van plantexar actuacións de reforma interior, reordenación ou remate da

ordenación urbanística.

Dentro da primeira situación tratase con criterios específicos diferenciados a edificación existente e a de nova construción

(ou aumento de volume da xa existente), cuxa aplicación actuará coma amortecedor entre ambas as dúas, dando

meirandes marxes de altura á edificación existente para evitar no posible a situación de “Fora de Ordenación”, -sempre

de moi difícil solución na práctica-, sen que iso implique un aumento xeneralizado ou indiscriminado de volume por riba da

capacidade de soporte dos espazos, das vías e dos servizos do Casco Antigo.

Dentro da segunda situación tratase de conseguir rematar conxuntos completos e/ou melloralos urbanísticamente con

actuacións de aparición ou acondicionamento de espazos contiguos de recreo e lecer.

9.2.15.3. ZONAS CONSOLIDADAS POLA EDIFICACIÓN.

I. Criterios xerais para as edificacións xa existentes.

Como xa se ten indicado, dada a dinámica social e urbanística da vila téñense producido actuacións puntuais de nova

construción, ampliación ou substitución de edificacións, en diferentes graos de desproporción a respecto do seu contorno

que, nalgúns casos, se asumen xa, ben pola súa calidade arquitectónica-urbanística, ben pola súa incidencia social, etc;

e, polo tanto, preténdense manter na súa configuración actual ou con pequenas modificacións que se indicarán nas súas

correspondentes fichas.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 106 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 106 de 118

Page 108: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Exceptuando estes casos, aplícanse uns criterios máis restritivos para aquelas actuacións realizadas ou modificadas nas

últimas décadas, deixando fóra de ordenanza aquelas partes do edificio non asumibles por desvirtuar a súa morfoloxía

orixinaria ou non poden ser asumibles en base á configuración espacial ou arquitectónica do seu contorno inmediato,

atendendo especialmente á forma e alturas dos edificios, ao seu interese arquitectónico ou urbanístico e á calidade

ambiental dos espazos urbanos.

Para o resto das edificacións situadas no límite ou por baixo dos máximos asumibles, acéptanse total ou basicamente as

súas condicións volumétricas aínda que se propoñan axustes máis detallados respecto de aspectos tipolóxicos, elementos,

materiais, etc..., según se explicita na ficha individualizada

II. Criterios para as edificacións novas ou para aumentos de altura das existentes.

Como principio básico permítense aumentos de altura naquelas edificacións con altura ou número de plantas inferior ás

do seu contorno, sempre que estas últimas estean dentro dos parámetros de volume considerados como axeitados ou

correctos para esa zona, atendendo en calquera caso ao valor ou ás condicións arquitectónicas e/ou urbanísticas do

edificio e/ou tamén da couzada en cuestión, que poden aconsellar o mantemento da súa altura actual.

O criterio a seguir para a ordenación das alturas das edificacións será o de establecer, a partir do recoñecemento das

condicións de contorno (altura media de couzada ou de fronte de rúa, pendente de rúa, condicións arquitectónicas das

edificacións inmediatas, etc), unha liña máxima de cornixa a partir da cal non se permitirán máis volumes que os propios

de remate da edificación ou da cuberta e elementos sobre cuberta no caso que así queden explicitamente indicados.

III. Criterios de ocupación e aliñacións da edificación.

No que fai á ocupación en planta pola edificación, séguese o criterio de manter as existentes como regra xeral. Fíxose un

estudo pormenorizado dos espazos baleiros para establecer a conveniencia ou non de novas edificacións, cuxos

resultados analizaremos no apartado seguinte. Neste, limitarémonos aos criterios de fixación de aliñacións.

A morfoloxía das parcelas e as edificacións existentes nelas condiciona a proposta de ocupación tanto dunha parcela

concreta como tamén a das parcelas adxacentes. Outra condicionante é o nivel de interese histórico-artístico das

edificacións.

En función diso, e doutros factores, tipifícanse unha serie de casos diferentes que imos expor de seguido:

• O caso máis xeneralizado é aquel no que a parcela está ocupada na súa totalidade e, ao

tempo, as condicións das aliñacións existentes son as máis acaídas para a parcela e para a ordenación

xeral da couzada. En razón diso, loxicamente o Plan recolle o seu mantemento.

• Cando a edificación ten pouco fondo ou cando se prolongan cara ao interior da couzada as

medianeiras das edificacións adxacentes, poderase ampliar o fondo. O Plan recolle a ampliación do fondo

da edificación considerada, neste caso ata a profundidade daquelas; claro está, se a proporción é

razoable, ou se intenta chegar a un fondo tipolóxicamente acaído, facendo distinción entre as edificacións

protexidas que se inclúen no correspondente catálogo, nas que se poderá permitir engadir o volume con

solucións aqueladas á edificación existente, e as edificacións susceptibles de reconstrución, de obra nova,

onde a rixidez non ten por qué ser tan notoria.

• Coma caso especial está aquel no que o edificio ten un fondo desproporcionado (ben sexa

na edificación principal, ben nos engadidos construídos a posteriori) que racha coa escala do seu contorno

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 107 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 107 de 118

Page 109: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

ou ben ten un fondo que fai pouco viable resolver axeitadamente as condicións de habitabilidade vixentes.

Neste suposto, deixarase fóra de liña o exceso de fondo sobre o aplicable en circunstancias parellas,

sempre que as edificacións non conteñan valores a protexer.

• Outro caso, tamén especial, é aquel en que as edificacións existentes, ou ben avanzan

excesivamente sobre o resto das edificacións, ou ben están situadas en puntos estratéxicos das principais

vías de comunicación con tráfico rodado que se pretenden ampliar ou regularizar. Nestes casos proporase

un pequeno recuado da aliñación, ata o mínimo necesario para restablecer a regularidade ou para

manter a sección da vía en cuestión, sempre, loxicamente, que estas edificacións non conteñan tampouco

valores dignos de seren protexidos.

• Nas edificacións propostas en espazos baleiros séguense tamén diversos criterios de fixación de

aliñacións baseados principalmente na tipoloxía e interese dos muros de peche destes espazos, na

configuración da parcela e da couzada na que se inscriben, e no tipo de vía que os circunda.

Deste xeito, o Plan prevé varios supostos:

Como regra xeral, alí onde non existen problemas de transito rodado, e dado que é proposta do plan a tendencia a

peonalización, e as aliñacións das edificacións existentes están consolidados e regularizados, mantense a aliñación

exterior e tentando a fixación de fondos semellantes aos existentes sempre que non sexan excesivos ou moi cativos.

Nas parcelas situadas en vías de nova apertura ou actuacións sobre parcelas sen edificar, o Plan propón a lixeira

rectificación da mesma respecto do límite da parcela orixinal, cedendo para uso público os pequenos espazos

resultantes.

Criterios a respecto dos espazos non ocupados pola edificación.

Aínda que no apartado anterior xa se especificaron as regras de fixación das aliñacións de espazos hoxe en día baleiros,

non se tratou alí o relativo aos criterios previos de análise do conxunto destes espazos, cos que poder establecer as formas

de ordenación e ocupación de cada un deles, polo que imos expoñelos de seguido.

En función de varios parámetros, tales como a situación, contorno, tamaño, edificacións existentes, peches, calidade dos

espazos baleiros, etc..., entendemos que hai que aplicar varios criterios de estudio e propostas de tratamento dos espazos

baleiros de carácter privado. Así temos:

• Espazos baleiros con vocación de tales, pola súa relación coas edificacións existentes na parcela e/ou a súa

condición de espazos acabados en relación coas parcelas do contorno (isto é, sen aparición de medianeiras

agresivas e outros remates inconclusos das edificacións do contorno que precisen unha continuación do volume

construído). Inclúese neste apartado as parcelas baleiras que establecen unha relación fundamental co espazo

urbano, aínda que non cumpran todas as condicións establecidas anteriormente.

Nestes casos, o Plan propón o mantemento da configuración do espazo baleiro con posibilidade de aumentos

de edificabilidade mediante o incremento de plantas e/ou ampliación en planta dos edificios existentes,

ordenación de novos espazos edificables na parcela, etc…, sempre que elo sexa compatible coa configuración

da couzada e o mantemento do valor intrínseco do espazo baleiro que se intenta preservar.

• Espazos baleiros de grandes dimensións, que permiten actuacións de reforma interior con propostas de

ordenación tendentes a acadar espazo público para viario, infraestruturas, espazos libres e zonas verdes,

conformación de tramas urbanas inacabadas, etc…

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 108 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 108 de 118

Page 110: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

• Remate da configuración das couzadas naquelas parcelas de pequena dimensión, situadas entre medianeiras,

sen descartar lixeiras correccións de aliñacións ou de cesión de pequenas superficies para facilitar o uso do

espazo público.

• Remates parciais da configuración de bandas edificatorias naquelas parcelas de dimensión intermedia,

localizadas en couzadas de configuración aberta ou semiaberta, que non impliquen a necesidade dunha

continuidade da edificación en todo o seu contorno.

• Permanencia como espazo baleiro cando se dan situacións tales como: a imposibilidade de construción de

edificación; a imposibilidade de acceso axeitado as súas características; a incompatibilidade da couzada

respecto do cambio de configuración da parcela. Tamén se inclúe neste apartado o caso, máis xeral, das

parcelas con edificacións existentes nas que non se poida propoñer un incremento da ocupación, en aplicación

dos criterios xa expostos máis arriba.

IV. Zonas sometidas a importantes actuacións illadas

Nas zonas onde a configuración do Casco Antigo aínda non se ten rematado, ou nas que aínda estando aparentemente

rematadas precisen de intervencións na trama urbana para a súa recuperación, aplícanse uns criterios lixeiramente

distintos dos expostos ata agora en función da natureza das actuacións.

Nas parcelas de grandes dimensións, naquelas que se sitúan en zonas sen rematar con grandes baleiros e con déficits de

espazos públicos, naquelas nas que se teñen subscrito convenios urbanísticos coa propiedade e tamén as que conforman

puntos estratéxicos para as comunicacións ou interelacións interiores do Casco Antigo, o Plan Especial propón actuacións

illadas que poden implicar unha modificación das aliñacións orixinais da parcela co gallo da creación de novas vías e/ou

espazos libres de uso público ou ampliación dos existentes.

Nestes casos, a fixación das condicións de ordenación e das edificacións propostas baséanse na combinación dalgúns

dos obxectivos expostos nos apartados anteriores e a consecución da edificabilidade suficiente para compensar as

cesións a que houber lugar, especialmente no caso das parcelas suxeitas a convenios subscritos con anterioridade, nas

que en calquera caso tentaranse axustar os parámetros dos convenios ás condicións xerais de ordenación do ámbito no

que se insiren mediante acordos cos asinantes dos convenios. Exceptúanse desta condición de rendibilidade das

actuacións a aquelas nas que o obxectivo fundamental sexa o saneamento interior ou mellora de zonas degradadas, ou

de comunicacións en zonas xa consolidadas, nas que á Administración lle corresponderá un maior peso na xestión ou

execución das determinacións, en función do beneficio social ou interese xeral das actuacións, deixando de lado ás

veces a autocompensación económica das actuacións mediante incrementos de volume edificable.

En xeral, búscase o equilibrio entre a cesión de espazos de uso público e a configuración dos novos espazos edificables,

tentando compensar os déficits existentes (polo menos de espazos libres) sen rachar perigosamente a trama urbana

herdada, e por tanto a memoria histórica deste espazo orixinario da vida urbana da vila.

9.2.16. CRITERIOS PARA O DESEÑO E CONFECCIÓN DAS FICHAS INDIVIDUALIZADAS DE PARCELA E DA EDIFICACIÓN.

As condicións exactas da ordenación aplicable a cada parcela fíxanse nunha ficha individualizada que recolle todos os

parámetros informativos e normativos necesarios para definir exactamente todas as proteccións e accións posibles sobre

cada unha das unidades catastrais.

Esta FICHA INDIVIDUALIZADA aporta a práctica totalidade das variables definidoras da edificación.

A ficha consta en xeral de catro páxinas, e unha máis no caso de estar catalogada a edificación.

• A primeira refírese ao Estado actual e contén:

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 109 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 109 de 118

Page 111: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

o Un encabezamento que serve de identificación do edificio, tanto polo seu enderezo (Rúa, Praza e nº de

portal), coma polos parámetros numéricos que servirán para a súa identificación informativa e gráfica

(planos). Estes datos son o número propio da couzada ou cuarteirón e parcela, que se corresponden

cos establecidos para cada parcela polos servizos catastrais de Facenda. Faise constar tamén o

número da ficha de catálogo, no caso de que a edificación se catalogue.

o O seguinte recadro contén os primeiros datos xerais, tales coma o réxime urbanístico (de catálogo ou

normal, en función de que se catalogue ou non algún elemento), tipoloxía, número de vivendas, locais,

aparcamentos e veciños.

o De seguido o grao de interese arquitectónico, histórico e urbanístico.

o No seguinte cadro reflíctense as superficies e as medidas por frontes de rúas do edificio ou parcela.

o Nun seguinte recadro determínase o estado da edificación e as condicións de habitabilidade, mercé

ao establecemento de dúas series de valoracións:

A valoración da edificación.

A valoración dos servizos urbanísticos.

o No que atinxe á valoración da edificación consideráronse catro grandes apartados: estrutura, cuberta,

fachadas e instalacións. Á súa vez, dentro de cada apartado valóranse por separado os grandes

elementos conformadores. Así, no caso da estrutura, especifícanse: os muros ou as columnas (ou os

dous, no seu caso), os forxados e as xácenas; no caso da cuberta, a súa estrutura, a cubrición, os

beirados e, no seu caso, outros elementos; no caso da fachada distínguense: os paramentos, os

recubrimentos, as xuntas e a carpintería; e no caso das instalacións: a eléctrica, o saneamento, a auga

e, no seu caso, outras instalacións.

Cada un dos grandes apartados valórase por separado coma consecuencia de aplicar os valores

dados a cada un dos elementos conformadores, que –coma é lóxico- non teñen o mesmo peso

específico.

Coma resultado de todas as valoracións parciais, obtense unha valoración global da edificación, tirada

directamente por ordenador en función das valoracións parciais, non computando os valores “0”, que

se aplican só na ausencia do elemento de que se trate. A ficha recolle de xeito gráfico as distintas

valoracións á dereita da relación de valores numéricos, reflectíndose igualmente unha valoración

global do estado da edificación, tanto numérica como graficamente.

A valoración dos servizos urbanísticos fai referencia ao estado, disposición e nivel de servizo49 dos

seguintes elementos: pavimento de rúas, rede de saneamento, rede de pluviais, rede de

abastecemento de auga , rede de enerxía eléctrica, alumeado público, rede de telefonía,

telecomunicacións, gas e outros.

As valoracións van de 1 a 4, sendo o acaemento inversamente proporcional ao guarismo resultante, ou

sexa, canto máis baixo sexa o resultado numérico mellor valoración conseguida.

No mesmo recadro, pero separado das valoracións, consígnanse de xeito pormiudado as deficiencias

máis notorias apreciadas na edificación no que atinxe ás instalacións básicas, en termos de existencia

ou inexistencia.

Todas estas valoracións feitas polo miúdo permiten –por medio do programa elaborado ao efecto-

dispor dunha valoración moi afinada do importe da conservación, restauración, rehabilitación ou

reconstrución de todo o parque edificado (tanto global, como por áreas, couzadas ou edificios illados);

cuestión esta que resulta da máxima importancia para a confección dun correcto e eficaz Estudio

Económico Financeiro.

o Nun seguinte recadro consígnanse, no seu caso, as reformas levadas a cabo nos últimos quince anos e,

tamén no seu caso, as alteracións producidas que atentan contra os valores da dita edificación

49 Non se teñen en conta nesta valoración as condicións tipolóxicas dalgúns elementos (poñamos por caso, redes eléctricas e telefónicas), que de modo xeral será preciso substituír ou axeitar cando constitúan agresión ao patrimonio.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 110 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 110 de 118

Page 112: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

o O seguinte recadro contén os datos relativos á distribución interior por plantas e réxime de ocupación,

tipoloxía da planta, usos e propietarios, que se complementan noutro último cadro que reflicte o réxime

de propiedade que consta no IBI (Imposto de Bens Inmobles).

• A segunda Folla da Ficha reflicte tamén o Estado Actual pero mercé a unha información de carácter gráfico.

Nesta, coma en todas as follas repítese o recadro identificador. A información gráfica reflectida consta de:

o Plano de Planta Xeral a escala 1: 500. Nel recóllese a planta da parcela, coa consignación do número

que esta ten dentro da couzada; e, no seu caso, a edificación, con expresión do número de plantas

que ten (incluída a baixa), consignado en caracteres romanos.

o Fotografía(s). Para unha mellor identificación da edificación reprodúcese na ficha a fotografía ou

fotografías (ata un máximo de catro) do alzado ou alzados da edificación.

• A Folla nº 3 é a que reflicte a Normativa Particular que se aplica á parcela e, no seu caso, a edificación recollida

na Ficha.

Logo do recadro identificador, esta folla recolle as condicións urbanísticas básicas aplicables que son:

o Parámetros cuantitativos básicos. Para unha mellor base de comparación exprésanse en dúas

columnas: nunha os correspondentes ao Estado Actual e á beira os que se propoñen incluír na

Normativa. Os parámetros en cuestión son:

a) Medidas de Superficie. (en m2)

Área da parcela50

Área total ocupada

Superficie baleira

Área ocupada pola edificación principal

Superficie máxima construíble en edificación principal

Área de cesións (no seu caso)

Superficies incluídas en áreas concretas de xestión (dotacional, reparto, de rehabilitación

prioritaria e de convenio)51

b) Medidas de lonxitude. (en m)

Fronte de parcela

Fondo da edificación

Altura da edificación

c) Unidades:

Número de sotos

Número de Plantas Normais (incluíndo a baixa)

Número de Plantas Recuadas

Número de Plantas Baixo-Cuberta

Os datos de lonxitude e unidades inclúense tantas veces como frontes distintas teña a parcela.

o Tamén se recollen na folla os usos Pormenorizados Permitidos. Na Normativa distínguese entre os usos

permitidos en sotos, en planta baixa, en plantas altas, e os permitidos na planta baixo cuberta.

50 Para o caso concreto de edificacións existentes que contan con soportais, tómase como criterio o de incluír a superficie dos mesmo soportais como parte integrante da superficie da parcela. En ningún, se prexulga os dereitos de propiedade en base ás superficies escrituradas ou legalmente recoñecidas. 51 Estes novos parámetros introdúcense no documento para a Aprobación Definitiva do PEPRI.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 111 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 111 de 118

Page 113: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

o Outro recadro da Folla fai referencia ás obras que se poden acometer na edificación. Distínguense tres

tipos de obras:

a) As que son necesarias por indicalo así a Normativa Particular. Exprésanse en m2 e poden

supoñer a obriga de derrubar, total ou parcialmente a edificación ou os engadidos á mesma;

ou a obriga de reformar, ben sexa na(s) fachada(s), na cuberta ou no interior, explicitando

logo textualmente as obras que se cuantifican numericamente.

b) As permitidas, pero que non supoñen obriga, senón que se deixan ao arbitrio da propiedade.

c) As prohibidas, ou sexa aquelas que non se poderán acometer en ningún caso.

Por último, no recadro tamén se contén unha relación dos elementos arquitectónicos que se

protexen na edificación:

• A 4ª folla corresponde á Normativa Gráfica

Distínguese en primeiro lugar entre a planta xeral e a planta de cuberta (ámbalas dúas a escala 1: 500)

que non teñen por qué coincidir, pois reflicten o estado da planta prevista a diferentes alturas, a

primeira delas seccionando o edificio e a segunda amosando a tipoloxía da cuberta.

Tamén recolle o plano dos alzados das edificacións no que se esbozan as liñas de cornixa, a

composición das fachadas e as luces cara o interior da parcela, no seu caso.

• A 5ª folla corresponde á especifica de catalogación.

No caso de que se catalogue algún elemento ou edificio na parcela existe esta quinta folla na que se

desenvolven os datos correspondentes a esta circunstancia específica –Catalogación-, distinguíndose en

primeiro lugar un grupo de datos básicos xerais no que se especifican o número de orde no catálogo, a

denominación do edificio, o autor, o estilo arquitectónico, a data de construción, o nome do propietario, o valor

catastral e a descrición do elemento.

En segundo lugar vai unha relación de datos alusiva á catalogación propiamente dita, coa categoría de

catalogación, o seu ámbito, os graos de interese arquitectónico, histórico e urbanístico, o nivel de protección e

os elementos de interese.

Nun último apartado reflíctense as obras ou observacións específicas non recollidas, no seu caso, na ficha

convencional.

9.2.17. CRITERIOS PARA O DESEÑO E CONFECCIÓN DAS FICHAS INDIVIDUALIZADAS DE ESPAZOS E ELEMENTOS URBANOS PÚBLICOS.

Esta ficha individualizada consta de 2 páxinas:

• 1ª) A primeira contén:

o Un encabezamento que serve de identificación do espazo ou elemento mediante un parámetro

alfanumérico no que a letra reflicte o tipo de elemento [(Praza (P), Rúa (R), Miradoiro (M), Fonte (F),

Lavadeiro (L), Cruceiro (C), Escultura (E), Quiosco (K) e preexistencias militares (B)].

o O seguinte recadro contén os datos xerais sobre a denominación, a localización, a tipoloxía e a

descrición do espazo ou elemento.

o En segundo lugar vai unha relación de datos alusiva á catalogación, categoría da mesma, o seu

ámbito, os graos de interese arquitectónico, histórico e urbanístico, o nivel de protección e estado de

conservación.

o No seguinte apartado reflíctense os elementos a protexer e de seguido as melloras necesarias a realizar

no propio elemento ou espazo e no seu contorno.

o E por último, reflíctense as obras permitidas e prohibidas.

• 2º) A seguinte folla da Ficha reflicte información de carácter gráfico, repetíndose o recadro identificador. A

información gráfica consta de:

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 112 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 112 de 118

Page 114: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

o Plano de planta xeral a escala variable. Nel recóllese a localización do espazo ou elemento.

o Fotografías actuais do espazo ou elemento urbano para unha maior identificación.

9.2.18. CRITERIOS PARA A REDACCIÓN DO PROGRAMA DE ACTUACIÓN E O ESTUDO ECONÓMICO-FINANCIEIRO.

De acordo cos obxectivos xerais fixados na presente Memoria Xustificativa do PEPRI Casco Antigo, preténdese unha

ordenación que encare a rehabilitación integral desta peza urbana, así como a posta en valor dos seus elementos máis

significativos.

Por conseguinte o Plan formulado non se limita a unha defensa pasiva da zona, pois isto unicamente conseguiría, no

mellor dos supostos, a conservación arqueolóxica dunha parte do patrimonio edificado, que xa en parte está en mal

estado de conservación (e mesmo de ruína), así como abandonado.

Polo contrario, o PEPRI do Casco Antigo, formúlase cunha disposición e dimensión dinámica e unha nidia vocación de

intervención na realidade a ordenar, traspasando a perspectiva puramente preventiva ou de cautela, para converterse

el mesmo en instrumento que se propón e ten como finalidade a transformación da realidade actual, cara a reintegrar

tanto o parque de edificios deteriorados como as condicións do espazo urbano, as infraestruturas, as dotacións

equipamentais e os espazos libres e zonas verdes.

Aínda que unha parte considerable da recuperación do patrimonio que contén no seu ámbito o Casco Antigo haberá de

facerse con cargo aos propietarios do mesmo, deben ser as Administracións Públicas, cos seus investimentos, as que terán

que pular e dinamizar polo proceso rehabilitador, mesmo sobordando o acaemento do espazo público e encargándose,

no seu caso, directamente da execución completa da rehabilitación de inmobles, no caso do incumprimento do deber

de rehabilitar ou edificar dos propietarios, ou de axudar á subvención da rehabilitación do parque privado por medio

dalgún instrumento en vigor no momento da posta en marcha do plan ou lexislado posteriormente a este.

A administración municipal debe crear as condicións que desencadeen o proceso da rehabilitación privada, que

cobicen os investimentos privados, alí onde sexa posible, mediante os procedementos coñecidos de natureza fiscal e

financeira, de axudas nos procesos técnicos e burocráticos, etc…, pero tamén deberá inverter directamente no proceso

de rehabilitación do parque edificatorio.

Con ámbalas dúas liñas de actuación, nas que tamén se implica a outras Administracións, nomeadamente, a

Autonómica (IGVS, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, Consellería de Cultura e Deporte,

Consellería de Vivenda e Solo, Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Consellería de Traballo e

Consellería de Economía e Facenda, ) e a Estatal (Ministerio de Cultura, Ministerio de Medio Ambiente, Ministerio de Medio

Ambiente, Ministerio de Asuntos Sociales, Ministerio de Industria, Turismo y Comercio e Ministerio de Fomento) e coa

implicación doutras entidades públicas e privadas, pomos por caso, entidades financeiras, caixas de aforros, etc…, no

financiamento de actuacións de rehabilitación, estamos certos que se vai conseguir no básico o cumprimento dos

obxectivos fixados.

No Programa de Actuacións do presente Plan distínguense entre:

Actuacións a prol da recuperación do espazo urbano, tanto no viario e espazos libres existentes como no de nova

creación.

Actuacións en investimentos de novas infraestruturas de carácter global.

Actuacións rehabilitadoras do parque edificatorio, incluíndo tanto a edificación privada como, e sobre todo, a pública de

carácter dotacional, resultado de posibeis adquisicións.

Actuacións para a adquisición de inmobles ou terreos, ben para a obtención de novos equipamentos ou espazos libres de

uso público.

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 113 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 113 de 118

Page 115: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

Actuacións a prol da construción de equipamentos comunitarios de nova planta.

O Programa contén esa prioridade para cada unha das liña de actuación, cuxo costo se expresa con suficiente nivel de

desagregación no Estudio Económico Financeiro, cousa que facilita a explotación informática dos datos que aportan as

Fichas Individuais de Edificios e Solares.

O Estudio Económico Financeiro non se limita a calcular os custos de rehabilitación senón que apunta ás fontes de

financiamento, cunha aproximación realista á distribución dos custos entre o sector privado e o sector público, e, dentro

deste, entre cada administración

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 114 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 114 de 118

Page 116: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

10. ÍNDICE DE PLANOS

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 115 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 115 de 118

Page 117: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

ÍNDICE DE PLANOS.

PLANOS DE INFORMACIÓN

PLANOS DE TIPOLOXÍAS

escala formato

T0 CARTOGRAFÍA HISTÓRICA 1:1.500 A3

T1 TIPOLOXÍAS 1:1.500 A3

T2 CONSERVACIÓN 1:1.500 A3

T3 IDADES DA EDIFICACIÓN 1:1.500 A3

T4 INTERESE ARQUITECTÓNICO 1:1.500 A3

T5 INTERESE HISTÓRICO 1:1.500 A3

T6 INTERESE URBANÍSTICO 1:1.500 A3

T7 USOS DA VIVENDA 1:1.500 A3

T8 USOS EN PLANTA BAIXA 1:1.500 A3

T9 GRAO DE OCUPACIÓN 1:1.500 A3

T10 GRAO DE PROTECCIÓN 1:1.500 A3

T11 NÚMERO DE PLANTAS 1:1.500 A3

T12 TENENCIA 1:1.500 A3

T13 OCUPACIÓN DE VIVENDA 1:1.500 A3

T14 PRAZAS DE GARAXE 1:1.500 A3

PLANOS DE INFRAESTRUTURAS

escala formato

IS PLANO DE SANEAMENTO. ( 7 planos ) 1:500 A3

IA PLANO DE ABASTECEMENTO. ( 7 planos) 1:500 A3

IT PLANO DE TELEFONÍA. ( 7 planos) 1:500 A3

IE PLANO DE ELECTRICIDADE. ( 7 planos) 1:500 A3

IG PLANO DE GAS. ( 7 planos) 1:500 A3

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 116 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 116 de 118

Page 118: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

PLANOS DE PLANTA. ESTADO ACTUAL

escala formato

P1 CIRCULACIÓN RODADA E PEONÍL (2 planos) 1:750 A3

P2 PAVIMENTOS (2 planos) 1:750 A3

P3 CUBERTAS (2 planos) 1:750 A3

P4 PLANO DE PLANTA XERAL:DESGLOSE DE FOLLAS (18 planos) 1:250 A3

P5 PLANO DE PLANTA XERAL 1:600 A1

PLANOS DE ALZADOS. INFORMACIÓN

escala formato

A1 PRAZA DA IGREXA E RÚA DOUTOR PÉREZ LISTA 1:200 A3+

A2 PARQUE DO MALECÓN, CAMIÑO REAL, PRAZA MAIOR E

RÚA DOUTOR PÉREZ LISTA

1:200 A3+

A3 RÚA SAN ROQUE 1:200 A3+

A4 RÚA SAN ROQUE 1:200 A3+

A5 RÚA REAL 1:200 A3+

A6 RÚA REAL 1:200 A3+

A7 RÚA DOUTOR PÉREZ LISTA, RÚA REAL E RÚA SAN MAURO 1:200 A3+

A8 RÚA SAN MAURO 1:200 A3+

A9 PRAZA MAIOR 1:200 A3+

A10 ALZADOS DO RÍO ( MALECÓN E CAMIÑO REAL) 1:200 A3+

A11 ALZADOS DO RÍO (RÚA REAL) 1:200 A3+

A12 ALZADOS DO RÍO (RÚA SAN ROQUE) 1:200 A3+

A13 RÚA DAS AIRAS 1:200 A3+

A14 RÚA DAS AIRAS 1:200 A3+

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 117 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 117 de 118

Page 119: PEPRI CASCO VELLO O BARCO DE VALDEORRAS · 2012. 10. 18. · 9.2.17. criterios para o deseÑo e confecciÓn das fichas individualizadas de espazos e elementos urbanos pÚblicos. 112

CASCO ANTIGO. O BARCO DE VALDEORRAS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR

PLANOS DE ORDENACIÓN

PLANOS DE PLANTA. ORDENACIÓN

escala formato

PO1 CIRCULACIÓN RODADA E PEONÍL (2 planos) 1:750 A3

PO2 PAVIMENTOS (2 planos) 1:750 A3

PO3 CUBERTAS (2 planos) 1:750 A3

PO4 PLANO DE PLANTA XERAL:DESGLOSE DE FOLLAS (18 planos) 1:250 A3

PO5 PLANO DE PLANTA XERAL 1:600 A1

PO6 PLANO DE ZONAS DE ORDENANZA E ÁREAS DE XESTIÓN 1:1.500 A3

PLANOS DE ALZADOS. ORDENACIÓN

escala formato

AO1 PRAZA DA IGREXA E RÚA DOUTOR PÉREZ LISTA 1:200 A3+

AO2 PARQUE DO MALECÓN, CAMIÑO REAL, PRAZA MAIOR E

RÚA DOUTOR PÉREZ LISTA

1:200 A3+

AO3 RÚA SAN ROQUE 1:200 A3+

AO4 RÚA SAN ROQUE 1:200 A3+

AO5 RÚA REAL 1:200 A3+

AO6 RÚA REAL 1:200 A3+

AO7 RÚA DOUTOR PÉREZ LISTA, RÚA REAL E RÚA SAN MAURO 1:200 A3+

AO8 RÚA SAN MAURO 1:200 A3+

AO9 PRAZA MAIOR 1:200 A3+

AO10 ALZADOS DO RÍO ( MALECÓN E CAMIÑO REAL) 1:200 A3+

AO11 ALZADOS DO RÍO (RÚA REAL) 1:200 A3+

AO12 ALZADOS DO RÍO (RÚA SAN ROQUE) 1:200 A3+

AO13 RÚA DAS AIRAS 1:200 A3+

AO14 RÚA DAS AIRAS 1:200 A3+

Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 118 de 118 Consultora galega s.l. abril 2009 APROBACIÓN DEFINITIVA 118 de 118