picuri2013

84

Click here to load reader

Upload: tics-cea

Post on 04-Mar-2016

228 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Nº 9 da revista escolar do CPI Virxe da Saleta. Resumo das actividades dos cursos 2011-2012 e 2012-2013.

TRANSCRIPT

Page 1: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

Page 2: Picuri2013

2

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

3 4 e 5 6 a 7 8 a 9

10 a 11 12 a 13 14 a 16 17 e 20

21 22 a 31

32 33

34 a 37 38 a 39

40 41

42 a 45 46 a 47 48 a 49 50 a 53 54 a 55

56 57 58 59 60 61

62 a 63 64 65 65

66 a 67

68 69 70 71 72 73

74 a 75 76 a 77 78 a 79 80 a 82

83 84

Editorial. Un Conto Sen Fin 1º de Primaria Poesías 4º de Primaria Escolares no mundo Cuento Colectivo 5º de Primaria Banda Deseñada 2º de Primaria As Perdices do Convite Carlota Álvarez Feijoo 31 de outubro— Andrea, Paula e Carlota 1º ESO Os Avós son os Heroes Fátima Fernández A Revista de Infantil. Xornadas de Orientación Académica e Profesional Florida. Unha Historia de Misterio 6º de Primaria Obradoiro de Costura 2º ESO Radio Galena Loli González Pedrouzo Chévere Loli González Pedrouzo 50 Anos das Letras Galegas. Roberto Vidal Bolaño Somos do Club Lecturas para o verán, e para todo o ano Galiciencia Sabías que… Antía, Lorena e Sergio 4º ESO 100% Reciclado Obradoiro de Literatura Lo Barato Sale Caro Sergio Rodríguez Ramos Ramón Gómez de la Serna Sergio Rodríguez Ramos Obradoiro de Carpintaría Un traballo de cine: Unha Cuestión de Educación Enigmas Cántame e Cóntame Avoa Agradecementos Un Traballo de Aula 6º de Primaria. Sopro a Sopro AL E despois de doce anos… lembranzas e despedidas Loli González Pedrouzo e Alba Nóvoa Gil Reflexiones sobre un viaje a Galicia Anna Bosak Xogade. Deporte Escolar Conto Contigo Día do Libro Interview with Anna Bosak 6th grade of primary Visita ao Laboratorio A Lingua Sabe a Pan Pasatempos Work Games Os nosos vídeos Xaque Mate Contraportada

Portada de Carlota Álvarez Feijoo Grazas ao Concello de Cea pola cesión da fotografía antiga do centro

Page 3: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

3

É para min unha honra poder escribir a editorial da nosa revista escolar. Nela recóllense parte das actividades realizadas durante estes dous últimos cursos. Mais eu vou retroceder un curso antes coa inten-ción de darvos as grazas a todas e a todos pola valentía que amosastes ao longo de-les.

Parece que xa pasou un século pero

hai tan só tres anos, no ano 2010, sufrimos un incendio. Sei que non o esquecemos e que non o queremos esquecer endexa-mais. Pois ben, naquel momento demostra-mos de que pasta estabamos feitos. Lonxe de caer na cólera ou na apatía soubemos ver unha oportunidade no que sucedera. Estabamos convencidos de que a tarefa que se nos impuxera non era superior á nosa forteza e que tiñamos a ocasión de sumar os nosos esforzos para construír unha escola moito mellor. E así o fixemos.

Podería enumerar un sinfín de activi-

dades que se realizaron dentro e fóra do centro nas que se amosou o compromiso de toda a comunidade educativa. Agora ben, quero destacar dúas que ocupan un lugar especial na miña memoria:

A primeira é o día no que todos uni-

dos, profesorado, alumnado, familias e ins-titucións, rexeitamos publicamente os ata-ques violentos que se viñan realizando contra a nosa escola, contra o noso fogar.

A segunda é a actividade na que to-

do o alumnado e o profesorado do centro participamos no lipdub “A Lingua Sabe a Pan”. Nela amosamos o noso orgullo de ser quen somos e de pertencer a este centro educativo.

Pero nese curso 2010/2011 recibimos

un golpe maior. Rematando o curso esco-lar e sen capacidade para reaccionar. Ponse en entredito, o noso traballo, a nosa dedicación, o noso compromiso coa máis nobre das vocacións, que non é outra que formar ás futuras xeracións do noso país. O peor é que este descrédito ante o alumna-do e as familias vén publicado no Diario

Oficial de Galicia, por aqueles que teñen que defendernos sempre e que levou a unha ruptura nas comunidades educativas de todos os centros de educación pública.

A impotencia ante semellantes feitos

levounos a non realizar durante no seguin-te curso escolar 2011/2012 a gran maioría de actividades complementarias e extra-escolares que se viñan facendo. Foi unha decisión difícil de asumir porque non querí-amos perxudicar aos nosos alumnos e alumnas.

Neste curso 2012/2013 retomamos o

pulso do noso destino e lanzámonos á re-conquista das almas do noso alumnado alimentándoas en todos os aspectos. Coa xenerosidade da que esta comunidade educativa, profesorado, alumnado, fami-lias e persoal non docente, sempre fai ga-la. Sen reparar en se está ou non dentro das súas obrigas ou do seu horario. Podería enumerar as actividades destes últimos dous cursos pero precisaría un espazo do que non dispoño. O que si podo describir é o espírito que caracteriza aos que ama-mos a nosa vocación: a esperanza de que as nosas vidas non sexan candeas que se apagan, senón máis ben espléndidos fa-chos que sostemos nas mans e que arden coa máxima claridade para entregalos ás futuras xeracións.

Valentín Tomás Castellano Méndez Director do CPI Virxe da Saleta

Page 4: Picuri2013

4

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

Page 5: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

5

Page 6: Picuri2013

6

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

Page 7: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

7

Page 8: Picuri2013

8

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

PPRATOSRATOS TT ÍPICOSÍPICOS

Os dous pratos que máis se cociñan son: • O sancocho: unha especie de potaxe

ou cocido galego. Leva patacas, millo, plátano verde, cenoria, cilantro...

• O bocachico: é un peixe de río moi pa-recido a xouba pero un pouco máis grande. Pódese fritir con plátano verde.

En Galicia, os pratos máis coñecidos son: • O cocido ou caldo: leva chourizo, lacón, carne de

tenreira, grelos, verza, repolo, garavanzos e patacas. • A empanada: é masa de pan estirada, que no interior

lle poñemos zorza, carne, bonito. Despois vai ao forno un tempiño e lista para comer!

• O polbo: sóese comer cocido e adobado en allada (pemento, aceite e allo). Está máis saboroso se o acompañamos con pan de Cea, un dos mellores de Galicia.

Chegamos a Madrid dende o aeroporto de Cali (Colombia). Foi un voo de doce horas. A Óscar pareceulle divertido ao principio, pero despois, mareábase e tíñalle medo as turbulencias.

Nembargantes, a Valeria lle pareceu aburrido e moi moi longo!.

Dende Madrid colleron outro voo a Santiago de Com-postela. Ao chegar a Santiago recóllenos as súas familias e van cara ás súa aldeas no concello de Cea.

Ola! Chámome Valeria e teño nove anos. Son de Colombia.

Ola! Chámome Óscar e te-ño dez anos. Son de Colom-bia.

A VA V IAXEIAXE

Page 9: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

9

CCELEBRANDOELEBRANDO OO ANIVERSARIOANIVERSARIO DEDE ÓSCARÓSCAR

PPALMIRAALMIRA EE RROZOOZO CIDADECIDADE EE ALDEAALDEA ONDEONDE VIVIAMOSVIVIAMOS

Antiga Alcadía de Palmira

Igrexa-Catedral de Palmira

Escudo de Palmira

A catedral construíuse no ano 1689. É a máis visitada e importante da cidade de Palmira.

A antiga Alcaldía hoxe en día, está declarada patrimonio cultural.

As ruínas son moi coñecidas e ató-panse nun lugar privilexiado.

A aldea de Rozo é unha das al-deas máis poboadas da zona.

A calor é abafante durante case todo o ano.

Temos unha gran variedade de produtos frescos que nos dan as hortas e as árbores frutais.

Casa típica de aldea

Mercado local

Un parque infantil

O día do meu aniversario paseino moi ben.

Disfrutei da miña familia e dos meus amigos e amigas.

DDEE VOLTAVOLTA AA GGALICIAALICIA, , ONDEONDE FIXEMOSFIXEMOS MOITOSMOITOS AMIGOSAMIGOS..

Page 10: Picuri2013

10

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

Se echó a llorar, pero no porque era un poco pato-so. Cuando llegó a casa se dio dos golpes contra la puerta y se fue a la cama. Cuando se despertó se en-contró en un sitio muy extraño.

¡Le habían raptado! Estaba asustado porque, estaba todo oscuro. ¡Pero

se encontró con una puerta brillante! Encontró una llave y abrió la puerta... Se cayó al

Universo exterior. Se dirigía a una galaxia y empezó a dar vueltas y vueltas...

Después de un tiempo dando vueltas a una nave espacial que lo dejó incons-ciente con un gas se lo llevaron a una es-pecie de castillo. Cuando despertó esta-ba encerrado en una cápsula con miles de extraterrestres mirándolo.

Ellos le querían dar un veneno para convertirlo en extraterrestre, pero él rom-pió la cápsula y salió corriendo. Cuando llegó a la puerta principal se tiró y cayó en un planeta llamado Arco Iris dónde los árboles eran violetas.

Siguió andando y vio una puerta a lo lejos. Caminó, caminó y caminó pero cuando él se acercaba a la puerta, ella se alejaba.

Érase una vez una chica llamada Coral. Era alta, rubia y tenía lo ojos verdosos. Coral se enamoró de un chico llamado Hércules. Tenía una estatura me-dia, con pelo negro y de ojos azules. Lo que no sabía Coral es que Hércules también estaba enamorado de ella .

Un día se hacen novios, Hércules le pide matrimo-nio pero Coral le pidió unos días para pensárselo. Y después de esos días Coral no sabía lo que decirle.

Se lo pensó mucho y al final dijo: - Me gustas mucho y eres muy guapo pero me da

vergüenza casarme con alguien que es más bajo que yo.! No me quiero casar contigo¡

Hércules se fue muy decepcionado y enfadado a su casa y por el camino se tropezó y se cayó.

Page 11: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

11

Resulta que la puerta tenía vida propia. In-tentó ir por detrás de los árboles y alcanzó el pes-tillo. Abrió la puerta y cayó en otro mundo.

Ese planeta se llamaba el planeta Trébol que estaba lleno de tréboles. Un arbusto se movía y le pegó una patada y era un conejo verde, rojo, amarillo y rosa que le indicó un camino secreto. El camino cada vez se hacía más pequeño y a lo lejos se veía un bulto.

Era una cueva en la que dormía un oso multicolor. Entró en la cueva y vio a un cone-jo que le dijo:

Venga, corre, porque el oso esta a punto de despertar.

Él siguió corriendo y vio un tobogán. Hércu-les vio que Coral se divertía en él.

Hércules fue corriendo hasta el tobogán. Cuando llego allí vio que Coral se escapa-

ba por una puerta .

Hércules la siguió y la siguió hasta que la al-canzó .Cuando la alcanzó le dijo :

-Coral , ¿ quieres casarte conmigo? Y ella contestó: -Lo he estado pensando y por ser mas alta que tú

no tengo por que rechazarte. Así que, quiero casar-me contigo .

El día de la boda había muchos invitados. Cuando el cura los declaró marido y mujer Hércules dijo :

-¡Por fin ! Y cuándo se fueron a comer, Coral comió tres tro-

zos de cada comida y se hartó tanto y vomitó.

Al terminar la boda se fueron a su casa a preparar la luna de miel .

Se lo estuvieron pensando y al final de-cidieron que irían a Trébol el planeta se-creto.

¡ Sabían que allí se lo pasarían genial! Fueron hasta el camino secreto que

estaba en su jardín y desde allí fueron has-ta Trébol.

En Trébol se hicieron amigos del conejo que era de colores y llevara a Hércules junto a

Coral. El conejo se llamaba Chicha. Era alto , de orejas muy grandes y listo. Como sabía hablar lo entendían.

¡Coral y Hércules lo pasaron genial! Cuando volvieron a casa decidieron

que todos los veranos irían de vacacio-nes a Trébol.

¡Desde entonces son muy felices !

Page 12: Picuri2013

12

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

Page 13: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

13

Page 14: Picuri2013

14

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

Page 15: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

15

Page 16: Picuri2013

16

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

Page 17: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

17

Andrea Álvarez Augusto Paula Vázquez Carral Carlota Álvarez Feijoo

1º ESO - 2012

Page 18: Picuri2013

18

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

Page 19: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

19

Page 20: Picuri2013

20

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

Page 21: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

21

Nestes tempos nos que o alen-

to foxe do discurso, o arrecen-

do a libro novo semella case

un milagre. Anda a realidade

tan pouco amable que xa nin

saúda se non é para falar de

negocios. Malia todo, aínda

quedan motivos para rascar

no fondo dos petos case balei-

ros. E hai un en particular que

a min aínda me empuxa cara

ao medio da rúa, que me en-

che as libretas de esperanza. A

resistencia. A conmovedora

pertinacia do que permanece porque debe permane-

cer. Miren isto, por exemplo. Cultura, tradición, as páxi-

nas dun libro de cántigas repleto de sinaturas desintere-

sadas... A arte de nadar a contracorrente. Entre os mo-

mentos que pagan a pena, hoxe anoto a satisfacción

de descubrir que a terra na que sementei os soños máis

temperáns non sucumbiu ás pretendidas bondades do

esquecemento. Desa doutrina na que todo é novo por-

que o onte non existe. Na que o leite nace do cartón.

Outra razón son eles. Contra os males da desi-

dia, un exército de avoas e de avós. Esas institucións

que nos agasallan con merendas consentidoras ao pé

da cociña de ferro a cambio de pouco máis que un

sorriso. Durante moito tempo, algúns tendemos a pen-

sar que eles, no noso mundo, só son iso, calor. Eu tiven

que soprar moitas candeas para decatarme do meu

erro. Os avós son patria e son escola. Os avós lémbran-

nos o que fumos e predín o que seremos. Son o espello

que nos devolve a imaxe nidia do que somos.

A data na que me encomendaron colleitar

cántigas en libreta de pauta estreita non a teño moi

clara, pero lembro perfectamente a primeira sensa-

ción. Escoitar aquelas cántigas foi asistir con abraio a

unha revelación que nin de lonxe me circundara ata

daquela. Os avós tamén foron novos. E cultivaban xa,

con bastante máis habelencia, aquilo que eu cría patri-

monio da miña xeración. Pugnaban por bailar coa máis

guapa, sufrían mal de amores e falaban da emigrar. O

mesmo ca nós, pero sen abreviaturas. Aquel día, a me-

dida que ía coñecendo o xeito no que eles cultivaran o

seu tempo, avergoñáronseme as mensaxes no móbil, as

conversas adolescentes e o verbo inxenuo. Aquel “que

sei eu”, aquela cadencia atemporal que lles volvía a

xuventude á voz. A pedagoxía das cántigas comezou

por esa vía. Pero non rematou aí.

Atrás chegarían outras leccións, lentas pero

cada vez con máis forza. Hai que poñer moitos quiló-

metros entre a casa e os pés para descubrir o que so-

mos e o que queda deles en nós. Non é que eu mar-

chase ao estranxeiro e que alí, abafada por un idioma

alleo, me decatase dos tesouros que me quedaran

atrás. É moito máis sinxelo. É só que, superados con éxi-

to os 16, aquelas estrofas en rima asoante comezaron a

tomar senso a cada paso. As cántigas son coma un

dicionario da vida. Coma un resorte, cada unha delas

preséntase no instante apropiado para ensinarnos que

tamén se le o espazo que queda entre os versos. Para

convencernos de que a etnografía, a nosa historia, o

noso xeito de cantar e de contar, é aquilo que nos dis-

tingue e que nos fai un. De que sen pasado non temos

futuro e de que agochalo sería, máis que un erro, unha

necidade imperdoable. E sobre todo, ensináronme a

andar cos ollos ben abertos para buscar iso que lles

contaba antes. A heroicidade que mana de todo o

que resiste. Eles, os avós, sen dúbida son un exemplo.

Pugnan contra o tempo, contra as enrugas, contra a

nube que lles ameaza os recordos e contra o noso es-

caso interese por recoñecerlles o traballo ben feito.

Tamén a cultura do país, atrincheirada en pequenos

recunchos coma este, desafía os números vermellos

para deixar claro que para acabar con ela non é sufi-

ciente con roubarlle a carteira. E nas escolas, aínda hai

quen quere contarnos que o mundo é un libro e que

aínda lle podemos anotar sorrisos nas marxes. Iso é resis-

tir. E estou convencida de que, mentres aínda queira-

mos apreixar todo isto entre as mans, hai futuro. Tamén

para nós.

Fátima Fernández

Page 22: Picuri2013

22

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

OS NENOS/AS DE INFANTIL CELEBRA-RON CON TODO O COLEXIO A FESTA DO

MAGOSTO. BAILAMOS, CANTAMOS E CO-MEMOS CASTAÑAS.

PARA CELEBRAR O MAGOSTO NA CLASE FIXEMOS UN COMECASTAÑAS E

XOGAMOS, XOGAMOS…

CHEGOU O NADAL!!ADORNAMOS O COLE, FOMOS VISITAR AOS AVÓS DA RESIDENCIA DA TERCEI-RA IDADE E AGASALLAMOLOS CUNHA OBRA DE TEATRO E UNHAS PANXOLIÑAS.

Page 23: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

23

DOCE DO DOCE DO DO DO-CE OU O QUE É O MESMO: 12 DE DECEMBRO DE 2012, O DÍA MÁIS DOCE DO ANO. QUE MELLOR MANEIRA DE FESTEXAR ESTE DÍA QUE COMENDO UN DÓCE ÁS DOCE E DOCE.

REPRESENTAMOS A NOSA OBRA DE TEATRO: NADAL DE CORES TAMÉN NO COLE E PARA REMATAR RECIBIMOS VISITA DE PAPÁ NOEL.

Page 24: Picuri2013

24

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

ALEGRÍA FOI A PALABRA ELIXIDA PARA CELEBRAR ESTE ANO O DÍA DA PAZ. FIXEMOS UNHA COMPO-SICIÓN CON ORIGAMI COLABO-

RANDO COS DEMAIS ALUMNOS DO CENTRO. PASÁMOLO XENIAL

CANTANDO A CANCIÓN DA ALEGRÍA.

NA CLASE FIXEMOS UNHA PAME-LA QUE LEVAMOS PARA A CASA.

PARA CELEBRAR O SAMAÍN FIXEMOS UN BOLSO DE ME-

DOOOO!!!, CONVERTíASE NUNHA CARAUTA DE

BRUXA. ENCHEMOLO DE FROITOS DE OUTONO E

LEVÁMOLO PARA A CASA.

Page 25: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

25

ESTE ANO A FESTA DO ENTROIDO XIROU AO REDOR DOS CONTOS TRA-DICIONAIS E OS NOSOS PEQUERRE-CHOS DISFRAZÁRONSE DE RATIÑOS E RATIÑAS ESCENIFICANDO O “CONTO DO FRAUTISTA DE HAMELIN” HOUBO BAILEE…. CHOCOLATE CON

CHURROS …………E FESTA NA QUE PARTICIPARON AS FAMILIAS.

Page 26: Picuri2013

26

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

CON ENORMES CO-RAZÓNS VERMELLOS FESTEXAMOS O SAN

VALENTÍN.

NO DÍA DA MULLER DEBUXAMOS AS NOSAS NAIS , UN-HAS TRABALLADO-RAS ÁS QUE QUERE-MOS MOITO.

TRISTÁN CARA DE CAN. NA NOSA PRIMEIRA SAÍDA ASISTIMOS A UNHA DIVERTIDA REPRESENTACIÓN TEATRAL NO AUDITORIO DE OURENSE.

Page 27: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

27

AS PROFES DE INFANTIL ESTÁN A DESENVOLVER NO 3º TRIMESTRE UN PROXECTO DE INVESTIGA-CIÓN SOBRE OS ALIMENTOS. COMO PUNTO DE PARTIDA, UNHA SAÍDA PARA VISITAR UN HIPERMERCADO NO QUE VISITA-MOS UNHA PANADERÍA-PASTELERÍA INDUSTRIAL E A SEC-CIÓN DE ALIMENTACIÓN. VISI-TAMOS TAMÉN UN FORNO DE PAN DE CEA PARA VER O PRO-CESO DE ELABORACIÓN DESTE RICO MANXAR.

ESTE ANO ESTIVEMOS DE ESTREA: A HORA DE LER. A HORA DE VIAXAR COA IMAXI-NACIÓN NO MUNDO DOS CONTOS. E ESTAMOS A DESENVOLVER TAMÉN OUTRO PROXECTO O CONTO CONTIGO. OS NOSOS AMIGOS DA ESO VEÑEN A CONTAR-NOS CONTOS NA HORA DE LER E TAMÉN TIVEMOS A SORTE DE ESCOITAR CON-TOS CONTADOS POR AVÓS DA RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE DE CEA.

Page 28: Picuri2013

28

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

*DEGUSTACIÓN DE FROITOS SECOS E CARNOSOS DA TEMPADA. OS NENOS/AS GOZARON COA DEGUSTACIÓN

DOS FROITOS SECOS E CARNOSOS.

* PLANTACIÓN DE ÁRBORES AUTÓCTONAS (CASTIÑEIRO, CARBALLO, AMENDOEIRA, ABELEIRA, NOGUEIRA). DESPOIS DE DAR A COÑECER AS FROITAS DE OUTONO FIXEMOS PLANTACIÓN NO PATIO DO COLEXIO.

* O CADERNO VIAXEIRO DE ADIVIÑAS E REFRÁNS DE FROI-

TAS CONTOU COA PARTICIPA-CIÓN DOS NENOS E DAS SÚAS FAMILIAS !QUEDOU FANTÁSTICO! PO-

DES VISITALO SEGUINDO ESTE CÓDIGO QR CO TEU MÓBIL. PA-RABÉNS A TODOS.

* COMEDOR: O RECUNCHO DE INFANTIL ADORNÁMOLO CON FROITAS E NORMAS DOS BOS HÁBITOS A HORA DE COMER: NON FALES ALTO NO COMEDOR PARA QUE TE ESCOITEN MELLOR...

*INFANTIL UN RECUNCHO DE IDEAS CHEAS DE COLORIDO QUE MOSTRAN OS DIFERENTES TRABALLOS ELABORADOS Ó LONGO DO CURSO POR MES-TRES E ALUMNOS/AS.

Page 29: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

29

CON MOTIVO DO DÍA DA ÁRBORE FIXEMOS A PLANTACIÓN NO PATIO DE INFANTIL DUNHA ÁRBORE FROITEIRA “PEREIRA”. OS NENOS SEGUIRON OS PASOS DA PLANTA-CIÓN COLABORANDO ACTIVAMENTE NA MESMA.

PARA DARLLES A BENVIDA AOS NOVOS ALUMNOS DE TRES ANOS CELEBRAMOS UNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS E AGA-SALLÁMOLOS CUNHA ENTRETIDA SESIÓN DE CONTACONTOS NA BIBLIOTECA.

CONTACONTOS: A EI-RUGA LARPEIRA, MU-RAL FEITO CAS NENAS E NENOS DE 5º DE IN-FANTIL. PASA A PÁXINA E DESCUBRE O CONTO.

Page 30: Picuri2013

30

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

Page 31: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

31

AS NENAS E NENOS DE 6º DE INFANTIL

Page 32: Picuri2013

32

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

O Departamento de Orientación do CPI Virxe da Saleta organizou as IV Xorna-das de Orientación Académica e Profesio-nal. Estiveron convidados a asistir todo o alumnado da ESO e as súas familias. Tive-ron lugar os días 9 e 10 de abril na aula de música do CPI. A xornada do día 9 tratou sobre Formación Profesional e Mundo La-boral e contou coa participación de Dna. Estefanía Hermida Hermida, CS Administra-tivo e actualmente estudante de Empresa-riais, exalumna do CPI Virxe da Saleta; ; D. Juan Manuel Muñoz Vázquez, cociñeiro do restaurante Ateneo; D. Diego Vázquez González, técnico en electromecánica do vehículo e propietario do taller Dilux; D. Francisco Otero Janeiro, Licenciado en Arquitectura e Profesor de Educación Se-cundaria da especialidade de dibuxo no IES Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín; Dna. Concepción Casas González, Profesora de Educación Secundaria da especialidade de bioloxía no CPI Virxe da Saleta; D. José Luis Diéguez Ruibal, Licenciado en Psicolox-ía e Orientador do CPI Virxe sa Saleta.

A segunda xornada centrouse no Ba-charelato e Universidade e nela participa-ron: Dna. Fátima Fernández Fernández, li-cenciada en Xornalismo e exalumna do CPI Virxe da Saleta; Dna. Lucía Rodríguez Rodríguez, Licenciada en Farmacia e Ex-alumna do CPI Virxe da Saleta; Dna. Maite Fernández Pérez, Diplomada en Traballo Social e Traballadora Social do Concello de Piñor; Dna. Lucía Formoso Ojea, Diplo-mada en Logopedia e Máster en interven-ción logopédica na infancia e na adoles-cencia, traballadora da unidade de aten-ción temperá da comarca do Deza; Dna M. del Carmen Gil Vázquez, Diplomada en Enfermería. Enfermeira do Hospital Cristal-Piñor; Dna. Anna Bosak, Licenciada en Es-pañol e Ciencias Políticas e Lectora de inglés no CPI Virxe da Saleta e Dna M. del Pilar García Tizón, Enxeñeira Agrónoma e Técnica do Departamento de Medio Am-biente da Deputación.

Page 33: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

33

T empo atrás, nun lugar dos Ancares, exist-ía un pobo moi soleado. Soamente unha

nube negra situada enriba da escola (antes chamada Florida, pola flores que tiña e das que coidaba D. Alfredo, o mestre) era a no-ta lúgubre do lugar. A escola gardaba un terrible segredo. Esta fora berce dos máis ilustres conse-lleiros do país, a súa sona chegou até as fronteiras da nación. Esquecíaseme dicir que esta escola, situada nun lugar privilexia-do, era presa fácil para os especuladores. E isto foi a súa ruína. A zona e situación da escola chegou a oídos dun vilán do que ninguén coñecía o nome; nós, chamámoslle “O innominable”. Ten os ollos afundidos e escuros, é alto co-ma un ameneiro e leva sempre sombreiro de ala ancha e gabán negro. “O innomina-ble” tiña un poder ilimitado, sempre se saía coa súa e esta vez propúxose facerse coa escola. Non ía ser cousa fácil! “O innominable” propúxolle a D Alfre-do un trato: comprarlle a escola polo prezo que puxera. Pero D Alfredo e a súa escola non estaban en venda. Ante a negativa “O innominable” ide-ou un plano. Este consistía en tirar pola che-minea bombas tóxicas e desta maneira ga-sear a D. Alfredo e os seus alumnos. Unha maña o plan levouse a cabo.

“O innominable” e os seus secuaces rodea-ron a escola. Subiron o tellado e deixaron caer as bombas. A campá soou, era a hora do lecer. Os gases empezaron a causar efecto: D. Alfredo e os seus alumnos morre-ron entre horribles dores. Semanas despois “ O innominable” e os seus voltaron á escola para derrubala e facer apartamentos.

Alí estaban D. Alfredo e os seus alumnos, cunhas caras irrecoñecibles, os seus corpos retorcidos pola dor, os ollos fóra das orbitas, algúns cos intestinos fóra… “O innomina-ble” comezou a subir as escaleiras cando se escoitou un ruído de xiz sobre o encera-do…

Esta historia cóntana os máis vellos do lugar e din que polas noites escóitanse os berros dos nenos e a D. Alfredo tranquilizándoos.

FIN

Autores: alumnos/as de 6º de E.P.

Page 34: Picuri2013

34

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

Neste ano académico iniciamos esta actividade no 2º curso da ESO. A idea proporcionouna a profesora de tec-noloxía e, sen pensar moito, dado que neste curso os alumnos non teñen plásti-ca, decidín comezar esta aventura sen coñecer que resultado daría e se funcio-naría, pois é o grupo máis numeroso que temos hoxe, ademais de moi diverso. O primeiro foi idear como facelo atractivo, fácil e, á vez, útil para a vida, pois iso de subir un baixo ou coser un botón cómpre en calquera momento, e non é cousa de tirar unha peza de roupa por estes pequenos incidentes que se nos presentan, ás veces no momento máis inoportuno.

Empezamos, pois, por mercar tea de es-topa, agullas de la, das que parecen es-tadullos, e mesmamente la de cores; tamén merquei fío de dalia de cores va-riadas. Cortei anaquiños de tamaño folio e empezamos a faena, ganduxando a tea para que non esfiañara. Despois mar-camos un debuxo e cosémolo con punto de máquina e, voilá, quedou bastante ben; algúns regularciños, pero o segundo xa foi moito mellor. Entón era cuestión de ir afinando algo a tea, encollendo as agullas e o fío e ós máis hábiles irlles cam-biando o punto, e agora xa están facen-do uns traballos de ole.

Os botóns aínda non os cosemos,

porque as primeiras agullas eran tan grandes que non entraban no burato, pero agora xa si e en calquera momento poñémonos a iso.

A miña valoración é moi positiva e a

deles, segundo o que me contan, tamén. Mesmo os doutros cursos din: ¡que ben o pasan cosendo!

Trini Alonso Titora de 2º de ESO

Page 35: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

35

A min as clases de costura parécen-me unha experiencia positiva e divertida, porque nelas aprendemos cousas de utili-dade para a vida. A costura é unha cousa básica que hai que saber, mesmo para arranxar unha peza de roupa ata incluso facer labores para enmarcar, porque a costura pode ser unha arte. Paréceme unha idea innovadora e necesaria, xa as nosas avoas daban clases de labores. Agora a xente nova non pensa nestas cousas e admito que ó principio a idea me parecía diferente pero ao mesmo tempo tiña ganas de aprender. Nestas clases descubrín que a costu-ra pode ser moi relaxante e ao mesmo tempo interesante. Ademais, cada vez que temos titoría xuntámonos todos coma unha familia, e poñémonos a coser mentres fala-mos. Esta actividade deberíase dar todos os anos e en todos os cursos. Beatriz Blanco

Aquí vos deixamos algunhas das opinións do alumnado de 2º ESO sobre a súa experiencia no obradoiro de costura.

Que vos vou dicir eu da costura! Pois que cando vin entrar pola porta a mestra coas caixas cheas de fíos e agullas… dixen: ai, miña nai! O primeiro traballo que fixemos, eu, un desastre total. A miña paciencia era limitada e iso de ir de-vagar para que vos quede ben… non me gustaba moito, xa que eu ía para o meu entender devagar, pero os resultados xa se viron, cosemos nunha tea fina debuxos que a mestra nos dá a elixir e facémoslle o bor-do. O segundo traballo xa quedou moito mellor que o anterior, os bordos fraquean un pouco, pero… É unha actividade moi boa e coa que algúns se relaxan, porque eu, o que se di relaxar, para nada... En todo caso espero que algún día teñades a sorte de facer esta actividade porque é divertida e aprendes moito dela. Sempre cun chisco de paciencia, se non, xa non dás enfiado a agulla… como algunhas! Sandra Pérez

A min paréceme que coser é unha boa idea para a hora de titoría. Gústame coser e non é moi difícil, e aprender a facelo pode ser bo, xa que se rompes unha peza de roupa pódela coser. Ademais, é divertido, e cosemos debuxos moi bonitos. Álvaro Fernández

Page 36: Picuri2013

36

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

O Taller de costura en horas de titoría paré-ceme moi divertido e que aproveita moito o tem-po. Eu, como non teño moita paciencia, ás veces toleo, pero ó final acáboos facendo ben. No fon-do, coser é moi fácil, aínda que ó principio pare-za que non. Espero que aprendamos máis da costura no terceiro trimestre. Irene Vázquez

A min non me gusta coser porque me pa-rece unha actividade moi aburrida e dáseme mal. Ademais, coser paréceme unha actividade da que en absoluto vou vivir dela no futuro. Gus-taríame cambiar de actividade na terceira ava-liación, actividades como ver películas etc. Hugo Listón

A clase de costura é divertida e nela podemos falar cos nosos compañeiros en baixo, e cosemos con puntos diferentes. Facemos traballos con debuxos que nós elixi-mos. Os traballos son bonitos e podemos ve-los expostos no taboleiro que está ao subir as escaleiras. Non sempre son os mesmos por-que se van cambiando. Tania

A actividade de coser na hora da tito-ría paréceme moi bonita: pásase ben esta hora á semana. Apréndese moito a coser, podemos realizar actividades deste tipo e non se sabe, pero pode que nos cumpra saber coser no futuro. Eu querería seguir facendo isto todo o ano nesta hora. Iván Casado Arbor

A min paréceme unha experiencia inte-resante, xa que, aínda que é algo aburrido, é moi útil para a vida cotiá. En xeral foi unha experiencia positiva na que aprendín bastan-te. Aarón Iglesias Mosteiro

Para min facer costura en titoría é bo, porque me gusta coser das distintas manei-ras que nos di a profe. Primeiro cosemos con fío groso ou tea grosa con agulla grosa. Ago-ra xa estamos con tea máis fina, fío máis fino e agulla máis fina. Divírtome moito cosendo, porque ta-mén estou cos meus amigos e falamos. Diego Pousa

Page 37: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

37

A min especialmente, gústame moito ganduxar… Paréceme que todos deberían probar o que a profe Trini nos ensinou a facer. Paréceme unha idea fantástica para aproveitar o tempo de titoría e así aprender cousas novas e interesan-tes. Alex Pico

A idea de aprender a coser paréceme moi boa porque nestes tempos de crise, se tes algo un pouco roto, bótaslle un remendo sen necesidade de mercar outra peza nova. Tamén me gustou a idea porque é moi relaxante e moi divertido. Alejandro Crespo

É unha experiencia moi agradable e divertida. Unha vez á semana, xuntámonos na clase e aprendemos a coser. Teño que recoñecer que ó principio me parecía unha idea bastante especial, xa que nunca ninguén aprendera a coser nunha clase de titoría. Co tempo, foime gustando e agora ata me agrada. A maioría do tempo é unha actividade relaxante, menos no momento en que te descontrolas, te equivocas e xa non sabes como seguir. Ademais, pasamos o tempo falando, men-tres traballamos, claro. Estas clases son moi útiles, xa que grazas á costura imos arranxar moitos problemas téxtiles, e mais nos tempos que corren, nos que non podemos permitirnos comprar moitas pezas de roupa nin pagar demasiados arranxos. Isto pode ser unha arte, xa que recordo de pequena ver coser a miña avoa grandes manteis, incluso roupa para a cama ou un xersei que outro. Sempre me gustou vela concentrada na costura, relaxábame vela así. Agora entendo por que lle agradaba tanto. É algo desestresante, divertido e, ademais, todos xuntos, cosendo e falando, é cando estamos máis unidos. Como se todos fósemos irmáns e a profesora, a nosa nai. Ó rematar cada traballo, que adoitamos bo-tar con el uns dous meses (cosemos catro veces ó mes, sempre e cando non haxa luns festivos), colgá-molo na cortiza do primeiro piso de secundaria, para que os poida ver o resto dos compañeiros. Pasado un tempo, quitámolos e levámolos á casa, para gar-dalos de recordo. Yoana Rodríguez Arias

Page 38: Picuri2013

38

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

O día venres 5 de Abril, tres radioafeccio-nados de Ourense visitáronnos para ensinarnos a facer unha radio galena. Pero, que é unha radio galena?

Estas radios foron das primeiras que existi-ron, sendo a única vía de comunicación que tiñan as vilas afastadas. Funcionan sen pilas e sen baterías, sorprendente non? O único que necesitan é captar as ondas electromagnéti-cas que hai no espazo e fanno a través dunha antena e unha toma de terra. Logo, dous dos compoñentes principais son dúas bobinas e un condensador variable que son os responsables da captación das diferentes frecuencias de onda. Despois simplemente se necesitan un condensador, un diodo e unhos auriculares pa-ra escoitar.

Primeiro faláronnos do funcio-namento teórico da radio pero o que todos queríamos era construír a radio. Tardamos case 2 horas en fa-cela pero desgraciadamente, non nos funcionou... Prometéron-nos que volverían para con-seguir que funcionase cam-biando a antena e a toma de terra xa que era o que posiblemente estivera mal.

Page 39: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

39

Finalmente, o 19 de Abril, dúas semanas despois, os radioafeccionados volveron para rematar a radio galena. Comezamos os alumnos de 4º fa-cendo unha nova antena e unha nova toma de terra. Fixémola nun corto período de tempo e conectámolo todo no circuíto xa feito na anterior sesión de radio galena. Puxémos os cascos e es-peramos expectantes para ver se conseguíamos escoitar algo!

E finalmente.... Funcionou! Era un sonido moi baixiño pero oíase claramente. Probamos con distintos tipos de cascos e ata cuns altavoces, aínda que para iso necesitamos corrente eléctri-ca e esa non é a idea da radio.. Pero funcionou e ilusionamonos moito todos!

Para cando chegaron os de 3º e os nosos compañeiros de 4º de ESO de Francés, xa tiñamos todo feito e funcionaba perfecta-mente. Ata os profesores estaban moi sor-prendidos!

Os alumnos de 4º de ESO pensamos que foi unha experiencia moi satisfactoria xa que nun-ca fixeramos nada igual. Pasámolo todos moi ben porque os radiafeccionados eran moi simpáticos e riámonos con eles á vez que aprendíamos algo novo e totalmente diferente ao que estamos acostumados. Esperamos con ganas que volvan para facer un novo proxecto! Loli González Pedrouzo

Page 40: Picuri2013

40

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

En decembro de 2012, estivo con nós o grupo Chévere representando unha obra de teatro. Tan só dous actores facéndose pasar por un dúo mus-cial, tivéronnos enfeitizados durante toda a tarde, achegándonos a infor-mación oculta que teñen algunhas cancións que todos bailamos ou tara-reamos algunha vez e ademáis facéndonos vivir a maxia do teatro, que te-mos tan esquecido.

Empezaron interpretando unha serie de cancións que todos co-ñecíamos e mostrándonos a cara máis machista da música actual. Todo eran risas, ao principio. Logo, conforme avanzaba a actuación, a cantante ía contándonos as-pectos da súa vida.

Tiña un ollo amoratado, e acabou contándonos que o seu home lle pe-gaba e que viñan de denuncialo. Foi un final triste e todos quedamos im-presionados e en silencio mentres se marchaban. Ninguén decía nada. Nin nos levantamos tan siquera. Alumnos, profesores, todos. Silencio total.

Despois dun minuto, volveron os actores, sen disfraces, xa non eran un dúo, se non membros dunha compañía teatral que nos fixeran crer que as súas personaxes eran reais. O obxectivo da obra era concienciarnos sobre a violencia de xénero. E vaia se o consegui-ron! Loli González Pedrouzo

Page 41: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

41

Roberto Vidal Bolaño

Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950 e faleceu na mes-ma cidade en 2002. Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da déca-da dos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas gale-gas. Todas as súas actividades xiraron sempre, e en exclusiva, arredor do teatro: desde a

creación do "Grupo Antroido", en 1975, até a compañía "Teatro do Aquí", pasando pola breve experiencia da cooperativa "Teatro do Estaribel". En 1978 deu o paso definitivo que levou ás xentes do teatro galego a se transformaren en profesionais. A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimentación estética, e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histó-rica, social e política. Na súa obra hai unha preocu-pación pola supervivencia da cultura popular e un ton de crítica social expresada cun humor acedo. O feito de que Vidal Bolaño escribise para a súa compañía, coa urxencia que esixe a obrigada estrea anual, non empeceu en absoluto a calidade

literaria dos seus textos dramáticos, nos que resoan influencias de Otero Pedrayo e Valle Inclán .

Destacan na súa produción dramática Laudamuco, señor

de ningures (1976), Agasallo de sombras (1984), Caprice des. Dieux(1985), Cochos (1988), Saxo tenor (1991), As actas escuras ( Premio Xacobeo 1992, pero estreada moito máis tarde por mor da censura) e Bailadela da morte ditosa.

A pesar de que xa nas décadas dos setenta e oiten-ta lograra diversos premios ("Abrente", "O Facho" e "Ciudad de Valladolid"), como aconteceu con outros integrantes do "Grupo Abrente", o recoñecemento artístico de Vidal Bolaño non se produciu até os anos noventa, cando a obtención de

premios institucionais, galegos e portu-gueses ("Rafael Dieste", "Alvaro Cunquei-ro", o devandito"Xacobeo 92", "Eixo Atlán-tico", "María Casares"...), normalizou tanto a publicación das súas obras como o seu coñecemento por parte da prensa e, en consecuencia, do público.

A súa forte personalidade deixou unha profunda pegada nos dra-maturgos máis novos.A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño foron fundamentais na construción dun teatro nacional galego.

Page 42: Picuri2013

42

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

O club de lectura de Secundaria co-

mezou a súa andaina no curso 2007-2008 como

una das actividades da biblioteca. Ese mesmo

ano presentamos o proxecto á una convocato-

ria da Consellería de Educación e recibimos

una axuda para o seu funcionamento, axuda

que se nos veu concedendo curso tras curso

ata o actual. Nestes últimos anos por mor da

crise a axuda vai minguando. Cos cartos que

nos dan mercamos libros que despois de lidos

pasan a formar parte dos fondos da bibliote-

ca e tamén realizamos saídas culturais. Cada

ano que pasa vanse incrementando os parti-

cipantes e no curso actual somos 29.

Aquí vos deixamos algunas das opinións dos partici-pantes do Club de lectura:

Cando estabamos en 1º da ESO, a profesora de gale-

go, Paquita, propúxonos ser parte do Club de Lectura que

había na escola. Eu xa sabía da súa existencia e tiña dende

un principio pensado formar parte del. Sempre me gustou

moito ler dende pequena, así que non tiven ningunha dúbi-

da. O primeiro libro que nos propuxo ler foi “Un árbol crece

en Brooklyn”. Recordo que para a primeira reunión había

que ler 250 páxinas pero a min gustárame tanto que lera as

500 páxinas en dous días. Foi un libro que me encantou e

que gardo moi bos recordos del. Para dicir a verdade todos

os libros que nos propuxo ler a profesora me gustaron. Lemos

tanto libros en castelán como en galego e de todos os te-

mas posibles, así que a variedade está asegurada, para

todos os gustos e cores. Ademais algo que sempre recorda-

rei foron as excursións do club: visitamos montóns de museos

e sitios culturais moi bonitos, e ata fomos á praia! Sempre foi

onde mellor o pasei e tamén coñecín a xente moi boa así

que a miña experiencia foi marabillosa. E recomendaríalle a

todos os futuros alumnos da ESO que formaran parte do

Club xa que estou segura de que o pasarán moi ben, ade-

mais de culturizarse e aprender nas excursións.

Loli González Pedrouzo

Este foi o primeiro ano que estiven no club de lectura, tiven a oportunidade de estar anos pasados e

agora quizais me arrepinto de non haber estado. Decidín entrar este curso para ter unha escusa para ler

libros recomendados, xa que o fin de contas todos din que ler é bo. Por agora lin dous libros que se non fora

polo club de lectura non tivera lido, dos cales, o que máis me gustou ademais de aprender con el foi “O

diario violeta de Carlota”. Paréceme moi boa idea a de ter un club de lectura no centro, xa que a xente

coma min que ás veces non sabe que libros ler, temos a oportunidade de lelos con éxito asegurado a maior-

ía das veces. Polo de agora non teño queixa. Álvaro Suárez Feijoo

Page 43: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

43

Recordo que unha tarde de outono

de 2009, a mestra Paquita explicounos a

existencia do Club de Lectura. En canto

nos explicou o seu funcionamento eu e

algúns compañeiros de clase quixémonos

apuntar. O primeiro día déronnos un libro

moi extenso, tilulado “Un Árbol crece en

Brooklyn”. Ao principio, asusteime un pou-

co, porque nunca lera un libro de 500

páxinas, pero en canto o comecei resul-

toume moi entretido,e ao final conseguín

rematalo, algo que foi toda unha satisfac-

ción para min. Lemos moitos máis libros, e

realizamos excursións didácticas nas que a

parte de pasalo ben, aprendemos moitas

cousas. En canto aos libros que lemos, sor-

prendeume moito un que lemos recentemente, titulado “O diario violeta de Carlota” o cal nos ensina

a percibir parte das condutas machistas que hoxe en día están na sociedade actual, algo do que

non me decataría se este libro non mo fixera ver. Agora xa pouco tempo me queda por pasar no

Club de Lectura, pero o que teño claro é que as ensinanzas que recibín destes libros, non as perderei.

Antía Nogueira Blanco

Como compoñente do Club de lectura durante

catro anos, teño que dicir que a miña andadura nel

termina aquí, xa que teño que emprender unha nova

etapa.

Durante todo este tempo que estiven no club teño

que dicir que non foi desaproveitado, todo o contrario,

foi unha experiencia moi enriquecedora e de moita

utilidade.

Sempre me gustou ler, por iso tiven claro que quería

formar parte deste club. Pero no club de lectura non

só se le, no club de lectura aprendes cousas novas e

trazas lazos de amizade con persoas que ao mellor

non tiña a oportunidade de falar.

Aparte cada vez que nos reunimos para analizar e opinar sobre un libro, sempre saio fascinada de cantas

formas diferentes de interpretar un libro.

Por suposto tamén realizamos excursións didácticas nas que o pasamos realmente ben!!

De todos os libros que lin, algúns dos que máis me gusta-

ron foron: Un árbol crece en Brooklyn e Febre. En ambos

libros as protagonistas eran unhas rapazas que loitaban

por un futuro mellor e por axudar ás demais persoas, pero

a súa fonte de inspiración eran os libros. Si, estas mozas

lían para saber, porque o saber non ocupa lugar e por-

que saber é información, e ter información é ter poder!!

Xa que se ti pensas e te informas, saberás realmente a

verdade e loitarás por ela, mentres que se non a sabes

tratarante coma un máis ao que dirixir. Ao ler un libro o

pensar vai implícito. E unha persoa que pense é de temer

xa que non vai ser un submiso durante toda a súa vida e

fará o que el crea oportuno. Se non queres ser unha ove-

lla máis, le!! Alba Nóvoa Gil

Page 44: Picuri2013

44

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

Estar no club de lectura do noso centro é unha experiencia única e moi satisfactoria. O noso traballo consiste no seguinte:

- A mestra, dános un libro que nós lemos nas nosas casas e mergullámonos nun mundo de apaixoantes aventuras. - Logo poñemos unha data para reunirnos na biblioteca e así poder comentar o libro. Esta par-te é moi interesante xa que aquí descobres os pensamentos dos teus compañeiros, as súas opinións, os seus gustos... - Deseguido a mestra fainos algunhas preguntas e ás veces rimos a cachón do ben que o pa-samos.

Hai outra parte que tamén é importante. Facemos sempre unha ou dúas excursións por Gali-cia para ter unha pouca cultura da nosa fermosa terriña. Fomos a Lugo, a Portugal, a Tui.. É unha experiencia moi agradable e divertida, xa que sempre te deitas cunha cousa nova que aprendiches no club de lectura ou nesas magnífícas excursións. Un dos libros que a min me gustou foi “O neno do pixama de raias”. Tamén me gustou “A pom-ba e o degolado”, un libro moi fermoso, e “Enderezo Descoñecido”. Foron, entre outros libros, moi interesantes. Eu gozaba léndoos porque e non sei vós pero eu ó empezar un libro teño que lelo sen parar porque me envolve nun mundo de misterio, amor, tristeza, etc. Dos tres libros citados eu quedaríame con “A pomba e o degolado”. Este libro amósanos co-mo unha familia está chea de problemas e os máis prexudicados sempre son os fillos. Vemos un ra-paz que ademais de todos os problemas que ten na casa, sofre acoso escolar e só atopa acougo e consolo onda os seus avós que teñen unha taberna. Xoga cos paxaros do seu avó ata que este mo-rre. Unha compañeira da clase fálalle e dálle ánimos mediante as redes informáticas. É un libro inte-resantísimo e disfrútase moito léndoo. A aquelas persoas que lles guste ler anímoas a que cando cheguen á ESO vaian correndo e se anoten neste club.

A miña experiencia nas V Xornadas dos clubs de lectura en Santiago

Qué experiencia máis boa tiven eu! A mestra, Pa-quita levounos a unha compañeira e a min a unhas xor-nadas do club de lectura en Santiago, no Palacio de Congresos. Qué grande era por dentro! Tivemos varias charlas e despois un taller. Eu escollín narrativa e entón fun a ese taller no que nos contaron historias e lendas. Comemos alí todos xuntos e logo tivemos outro taller. Pero este si que che foi bo! Nun papel mandáronnos escribir unhas respostas e tanto lle gustaron as miñas que decidiron que eu fose falar da miña experiencia no club nun salón diante de todos os alumnos e profes . Xa vos podedes imaxinar! Cando me sentei nunha cadeira con rodas, nun-ca mesa enorme, con dúas cámaras a cada lado da

sala e con aqueles rapaces case todos maiores ca min... Que sensación de satisfacción e orgullo! Eu empecei a falar relaxada e acabei falan-do ata do incendio do noso colexio. O que me que-dou ben claro foi que tan pronto como acabei de dicir as últimas palabras todo o mundo se puxo de pé e empezaron a aplaudir. Que satisfacción por min, polo club de lectu-ra, polo centro e sobre todo pola nosa mestra Paqui-ta a que llo debemos todo xa que sen ela, este club de lectura non sería posibel. Sandra Pérez Vilas. 2º ESO

Page 45: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

45

Estar no club de lectura é unha das mellores experiencias que tiven na ESO. Sempre me gustou ler e era unha boa oportunidade para poder falar con xente cos meus mesmos gustos. É todo moi simple, a profesora Paquita, que é a que leva todo, dános un libro, lémolo e despois facemos unha reunión. As reunións sempre son en recreos porque o horario non nos permite facelo doutra maneira, pero compensa perder un que outro. Nelas comentamos os libros. É moi interesante, xa que podemos intercambiar opinións e saber que pensan os demais. Todos os libros que lemos gustáronme, pero es-pecialmente “Ás de bolboreta”. É un libro moi interesante no que se inclúen bastantes historias. O au-tor ten unha forma de contalas moi orixi-nal, xa que as vai mesturando. É compli-cado empezar a lelo, xa que ás veces te perdes, pero acabas colléndolle o gusto. Ademais, facemos unha ou dúas excursións ó curso. Sempre son excursións culturais. A última vez, por exemplo, fo-mos a Santiago, a dous museos e á cate-dral. Recoméndolle a todos os amantes da lectura que entren neste club. Vale a pena. Yoana Rodríguez Arias 2º ESO

No club de lectura lemos obras de autores co-ñecidos e que publican libros moi bos e entretidos. A experiencia que eu teño é de satisfacción porque, aínda que haxa algúns que non se dean conta, os libros que lemos márcannos ademais de entreternos. Un dos libros máis bos que lemos foi “A miña planta de laranxa lima” que como di a profe Paquita é para os portugueses como para os galegos “Memorias dun neno labrego”. As excursións que facemos son moi divertidas e educativas. A que máis me gustou foi cando fomos a Santa Trega ver os castros e despois fomos a praia a Caminha, en Portugal.

A miña opinión e consello é que vos apuntedes ó club de lectura se vos gusta ler e queredes disfrutar dos bos libros. Inés Blanco Fernández. 2º ESO

Page 46: Picuri2013

46

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

Desde o club de lectura desexámosvos unhas boas vacacións e unhas felices lecturas. Velaí van algunhas recomendacións

O caso máis estraño do detective Marschen

Frías Conde, Xavier Un libro cheo de historias sorprendentes. Hainas fantásticas e ou-

tras non tanto. cada historia é diferente, mais todas teñen un final sorprendente. Non o acreditas? Pois entón cólleo, le e verás.

O neno can. Fina Casalderrey e Francisco Castro Ven coñecer as historias de Aakesh, Nadim, Altair, Leila,

Diario cruzado de Xoán e Xoana. Ana Magalhães e Isabel Alçada. Xoán e Xoana coñécense dende sempre e teñen o costu-me de se contaren todo un ao outro. Nas vacacións de verán sepáranse e … todo se volve interesantísimo.

A forma das nubes María López Sández

Historia dunha rapaza que,

cando ten trece anos, emprende unha

viaxe na que a angustia do desamparo se

mestura coa intensidade da descuberta,

O códice do Santo Lugar. Pere Tobaruela. Ano 1086. Santiago de Compostela. Un Diego Xelmírez aínda mozo, da-quela estudante da escola episco-

pal, está involucrado no roubo do códice do Santo Lugar.

1º e 2º ESO

Page 47: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

47

As voces baixas . Manuel Rivas. Unha novela da vida chea de humor e dor, para chorar e rir. Un libro no que se entrelazan a memoria persoal e a colectiva.

O diario vermello de Carlota. Gemma Lienas Un diario que se achega ás ex-periencias máis íntimas dunha adolescente que descobre o mundo da sexualidade.

Las hijas de Hanna . Marianne Fredriks-son Anna, a protagonista, decide, valéndose duns diarios e unas fotos de familia, em-prender unha viaxe cara ao pasado coa intención de descubrir a vida das mulleres da familia e a súa propia.

In memoriam. A historia, con guión de Kike Benlloch e debu-xos de Fonso, presenta o hipo-

tético encontro entre Castelao e o debuxante xaponés Osa-

mu Tezuka, considerado o pai do manga. Na obra, os dous

artistas intercambian ideas so-bre a creación artística e a

banda deseñada dese mo-mento. Para os amantes da

banda deseñada.

Ana Frank: la biografía gráfi-ca desenvolve e explica to-

da a vida da familia Frank. Outra maneira de coñecer a

historia de Ana Frank

División azul de Fran Jaraba Aventura clásica e reflexión so-bre condición humana no marco histórico da Segunda Guerra Mundial

O gardián invisible. Dolores Redondo Meira

O gardián invisible é un thriller orixi-nalísimo onde se mestura a investiga-ción policial e científica co suspense

e coa mitoloxía das lendas antigas

3º e 4º ESO

Page 48: Picuri2013

48

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

Algúns dos nosos alumnos foron á Galiciencia 2012 expoñer os proxectos nos que traballaron durante meses incansablemente. Os proxectos presentados foron os seguintes:

Onde o pan é arte Autoras: Beatriz Blanco Pousada e Sandra Pérez Vilas

Dúas das alumnas de 2º da ESO investigaron a historia e a repercusión que ten, a nivel familiar, económico, industrial, así como alimenticio, a fabricación dun alimento tan importante como é o pan, pero centrado no pan da nosa localidade Cea. Fixeron este traballo porque é un producto da nosa terra e querían dalo a coñecer para que a xente saiba verdadeiramente como se elabora e cal é o resultado tan satisfactorio dese proceso artesanal.

Somos o que comemos... Sabemos o que comemos? Autoras: Antía Nogueira Blanco e Alba Nóvoa Gil

Aos oídos destas rapazas chegou unha información negativa sobre os aceites vexetais, sobre todo o de coco e palma, o que as fixo investigar sobre eles para saber se isto era verdade ou mentira. Para a súa sor-presa tomámolos con moita frecuencia. Estes aceites non son bos para as persoas e nalgúns alimentos non se reflexa claramente a súa procedencia. Aparece nas etiquetas dos productos como aceite vexetal. Se o aceite de palma e coco é malo para a nosa saúde tamén o é para o noso planeta, xa que cada ano son

millóns de hectáreas as que se están destruíndo pola gran demanda destes aceites. Indonesia é unha das zonas que se está quedando sen selva tropical pero en cambio teñen beneficios as grandes multi-nacionais que intentan frear toda información negativa que se diga referente a estes aceites.

A Fórmula 1, ¿Despilfarro ou inversión? Autores: Iván Casado Arbore e Diego Pousa López

No seu traballo investigaron a Fórmula 1 en detalle, por dentro, buscando sobre todo os beneficios que trae á tecnoloxía e aos coches de calle convencio-nais. Quixeron facer tamén unha comparación con outro deporte que move moitos cartos como é o fútbol e os os avances tecnolóxicos derivados deste, se os hai. Crían que a xente pensaba que a Fórmula 1 non serve para nada e que é un despilfarro. Pretende-ron demostrar que a Fórmula 1 é un deporte máis ba-rato e que aporta beneficios á sociedade, xa que moitos dos avances xurdidos por a Fórmula 1, despois leváronse aos coches tradicionais, como por exemplo, os freos de disco.

Page 49: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

49

As opinións dos participantes son as seguin-tes:

Alba: A miña experiencia en Galiciencia foi moi positiva xa que repetín. En ambas veces que participei pasei moi-tos nervios, pero ao final xa lle ía collendo o gusto. É unha experiencia que recomendo, é un método de intercam-biar coñecementos e adquirir amistades.

Antía: Pareceume unha nova experiencia que foi intere-sante vivila, pero ao mesmo tempo había días que me cansaba explicar tantas veces o mesmo. O bo é que coñeces a novos amigos e no fondo paseino ben. O traballo merece a pena. Recomendaríao sempre xa que te sintes satisfeito de inventar un proxecto e traba-llar nel, e ver que despois á xente lle interesa. Sínteste importante.

Bea: A Galiciencia é unha experiencia positiva na cal se aprenden moitas cousas. Fanse amigos e aprendes técnicas de expresión oral. Recomen-daría esta experiencia a quen lle guste a ciencia.

Sandra: Estuvo ben pero creo que se valoran moi-to máis os proxectos científicos ca os artesáns e os de investigación. Recomendaría ir, pero fai falta traballar e saber falar.

Iván: Gustoume , está bastante ben. Pero sempre e cando vaias con un traballo bo. Fas amigos, eu por exemplo coñecín a un rapaz que era moi simpático.

Diego: Gustoume moito. Expoñer o traballo foi di-vertido. Recomendaríao.

Todo este traballo non sería posible sen os profesores!

Page 50: Picuri2013

50

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

SABÍAS QUE......

-O descubrimento da pedra “Roseta” (1799)- primeiro texto plurilingüe antigo- permitiu descifrar anos despois (1822) a escritura xeroglífica exipcia. O primeiro alfabeto co-

ñecido data de 1500 a. C. e foi encontrado en Ugarit (Siria). Contiña 30 consoantes e carecía de signos pa-ra as vogais.

Os nenos romanos utiliza-ban na escola unhas taboíñas de madeira sobre as que se botaba unha capa de cera e nelas escribían cun punzón chamado “stilus”. De aí vén a palabra “estilográfica”.

As primeiras representa-

cións gráficas de tau-romaquia datan da época minoica.(Creta 3000 a.C.-1400 a.C )

- Alexandre Magno fundou moitas cidades ás que lle cha-mou Alexandría. Algunhas existen hoxe con outros nomes, como Kabul, Herat e Kanda-har (Afganistán) Samarcanda (Uzbekistán) ou Alexandría(Exipto)

Page 51: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

51

A palabra “tocaio” ten a súa orixe nunha frase que pronunciaba a noiva romana cando casaba “Ubi tu Caius ego Caia” - Onde ti es Caio, eu son Caia). ( “tu Caius”, nunha pronuncia rápida sería tocaio)

A primeira moeda grega chamábase ÓBOLO e tiña forma de barriña de ferro. Deriva dos ÓBOLIÓBOLIÓBOLIÓBOLI que eran agullas de fe-rro nas que se ensartaban os anacos de carne das vítimas dos sacrificios.

O AS foi a primeira unidade monetaria dos romanos. Era de bronce, e tiña a imaxe dun boi ou unha ovella. En latín PECUS significa gando, de aí o nome de pe-cunia para o diñeiro.

-Atlas era un titán grego que foi condenado por Zeus a cargar sobre os seus ombreiros o peso da Terra. De aí vén o nome da primeira vértebra cervical. chamada “atlas”. - O término “díxito” que usamos para referirnos a

cada un dos números vén da palabra latina DIGI-TUS que significa dedo. Como os romanos conta-

ban cos dedos, de aí o seu significado : o número 1, un dedo, o 2, dous dedos, … - Os romanos construíron na Península Ibérica importantes vías de comunica-ción cuxo trazado aínda segue tendo moita semellanza coa rede de estradas ac-tual

Page 52: Picuri2013

52

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

- Os primeiros xogos olímpicos tiveron lugar en Grecia, no ano 776 a. de C. Duraron cinco días e celebráronse en honor de Zeus cun dobre ca-rácter, relixioso e deportivo. O lugar das competicións foi o Santuario

de Olimpia.

-Atenea (Minerva para os romanos) era a deusa da sabe-doría e da intelixencia, impulsora da civilización. Tiña como símbolos ou atributos unha curuxa e unha póla de oliveira.

- As dúas cidades romanas coas ruínas mellor conservadas son Pompeia e Her-culano. Isto foi posible porque o 24 de agosto do ano 79 d. de C. quedaron sote-rradas pola lava do Vesubio. Hoxe, despois das escavacións arqueolóxicas, pódese ver como era a vida nunha cidade romana no século I .

Page 53: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

53

PARA PENSAR … -Xa na Grecia antiga Clístenes (c. 570 a.J.C.-508 a.C.) intro-duciu a democracia como forma de goberno e instituíu a “isonomía”, isonomía”, isonomía”, isonomía”, segundo a cal “todos os cidadáns eran iguais an-todos os cidadáns eran iguais an-todos os cidadáns eran iguais an-todos os cidadáns eran iguais an-te a lei”.te a lei”.te a lei”.te a lei”. -Na antigüidade os gregos crean as formas políticas máis avanza-das: a democracia, a liberdade de palabra, a filosofía e os métodos de investigación científica. Inventan os xéneros literarios (epopeia, lírica, traxedia e comedia), Elaboran as formas clásicas da arquitectura e da escultura e desenvolven as matemáticas, a astronomía, a historia e a medicina. En verdade sentan as bases da nosa cultura e da nosa civili-zación.

Todos os europeos temos con Grecia unha débeda impagable. ...E aínda din os que nos gobernan que Grecia nos debe … Realmente se merece o trato que está a recibir por parte das chamadas institucións europeas?? Antía, Lorena e Sergio (Cultura Clásica - 4º ESO)

Page 54: Picuri2013

54

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

En 3º de ESO saben moi ben o que son os plásticos, como se clasifican, cales son os seus usos, e que por desgracia constitúen unha alta porcentaxe dos residuos que xeramos. Pero tamén saben como reutilizalos, para fabricar obxectos de uso cotián, como lámpa-das, banquetas, xoguetes e ata unha vistosa ábore de nadal. Aquí queda mostra dos traballos, feitos na aula de tecnoloxía. Os requerimentos para estes traballos eran deseñar e construir obxectos de uso cotiá totalmente reciclados, preferiblemente de plástico. A partir desta proposta tiveron que idear, deseñar e fabricar o obxecto. Aquí queda o resul-tado final por se alguén se anima a seguir o exemplo.

Cunhas poucas cu-lleres e una garrafa pódese facer esta elegante lámpada (Natalia 3º ESO)

Con botellas e cartón Pamela de 3º ESO foi capaz de facer esta

bonita e cómoda banqueta.

Os nosos compañeiros Manuel e José Ángel de 3º ESO foron capaces de facer un cabaliño cun neumático

Co fondo dunhas cantas botellas e máis os seus tapóns tamén se pode facer esta lámpada (Santiago 3º ESO)

Page 55: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

55

Aquí están Brais e Anxo de 3º ESO acabando de estrear o seu sofá de poliestireno expandido. É un deseño propio e ocorréuselles reciclar o poliestireno xa que sabían dun lu-gar onde o había. O sofá esta forrado con papel de xornal

Con botellas de refrescos Vicky de 3º ESO fixo este revisteiro.

… e en conxunto construiron unha orixinal árbore de nadal… e como non, 100% reciclada!!

Page 56: Picuri2013

56

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

OBRADOIRO DE LITERATURA

CUARTETO Sí. Fue ella. La muerte te llevó.

Sin ti es todo como un papel vacio. Echo de menos las tardes en bici,

ahora camino bajo la lluvia. (Inés,2ºESO)

COPLA Te di mi vida entera

me rompiste el corazón. Soy un pez en la pecera

navegando en pos de amor (Sandra, 2ºESO)

SOLEÁ Tan triste yo me encontraba,

mientras veía llover ¡cuánto lloraba ,apenada!

(Irene,2ºESO)

REDONDILLA Mi corazón no quiere

perderte de vista amor. Y no sentir tu calor:

tal sentimiento me hiere (Aarón, 2ºESO)

A profesora de Lingua e Literatura Castelá de secundaria seleccionou algún dos traballos que fixeron os alumnos durante o curso. Velaquí os tedes para que disfrutedes da súa lectura.

Page 57: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

57

-Juan, vámonos que ya son horas. Hay que llegar a Perkins antes que el invierno. -¡Que no!¡Aún queda verano y fiesta!Además, no tengo ganas de andar. -Pues allá tú. Adiós, Juan. Sus compañeros de camino dejaron atrás los días y las noches de aquella ciu-dad, donde había fiesta asegurada desde agosto hasta finales de octubre. Y allí se quedo Juan en compañía de un par de peregrinos tardíos, fiesteros, hedonistas, tunantes, “acigarrados”. Pero no más que él, pues al cabo de un mes se sumió en la más absoluta soledad, a pesar de las verbenas, las multitudes alegres, los asqueados feriantes. Contemplaba las me-jores galas de los paisanos, mientras vacia-ba jarras del vino más barato y aguado del convite, ya que se había ido arruinando y no le quedaba apenas un cuarto Veía, pero no miraba, los trajes y vestidos, que habían ido medrando, cada vez más largos, cada vez más gruesos. Llegó noviembre, con él vino la fría y pene-trante que atraviesa los abrigos. Las fiestas junto al verano, se fueron enfriando y final-mente apagando como las brasas: los mo-tivos que retenían a Juan en aquella ciu-dad desaparecieron. Ahora era un vaga-bundo obligado a errar, procurando otro lugar donde dejarse caer una temporada. Las lluvias violentas y el iracundo viento alcanzaban su apogeo, convirtien-do las cunetas en barrizales; los ya de por sí deficientes caminos pasaban a ser una su-cesión de famélicas gargantas de lodo, que no perdían ocasión de tragarse el za-pato mal atado de incauto caminante.

De uno de aquellos senderos tor-tuosos venía Juan, cansado, calado, ham-briento y solo, cuando alcanzó una pobla-ción pequeña, de poco más de cuatro casas. Allí se dejó caer derrotado, bajo un tejadillo decrépito, levemente hundido por los años y las pesadas losas que venían so-portando. Entonces el dueño de la casa, bajo cuyo tejadillo se resguardaba Juan, salió para dar cuenta de quién se guarecía allí y el motivo que lo había traído a tan olvidado lar del mapa. -Chove oh!-dejó caer rompiendo el hielo con maña. -Sí, la verdad- contestó Juan indolente y aprovechando, añadió: -¿Sabría usted decirme el camino más cor-to hacia Perkins? -Os camiños a Perkins levan pechados ben tempo. Se viñeses no verán... Boh! Agora terás que dar o dobre de volta. Fai un mes quizais… Y mientras el paisano se giraba pa-ra señalar una cadena de cumbres borras-cosas, al tiempo que explicaba la ruta a seguir, un estruendo le obligó a volver la vista en el punto donde esperaba hallar un peregrino sentado bajo un tejadillo, en-contró un amasijo de tejas de adobe parti-das: ni tejado ni Juan. En ese instante salió la paisana, histérica, moviendo el cuello frenéticamen-te, hasta que vio el nuevo montón de es-combros que había crecido en su jardín. Se quedó rígida un instante. Y con una mirada que más bien era un reproche, se encaró con el paisano y le dijo: -Manolo, home! Non che dixen que o amañaras no verán? Nugallei-ro! Nunca es pronto y mañana puede ser tarde.

Sergio Rodríguez Ramos 4ºESO

LO BARATO SALE CARO

Page 58: Picuri2013

58

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

Ramón Gómez de la Serna… NO ES ORO TODO LO QUE RELUCE.

El señor Ramón Gómez de la Serna fue un escritor importante dentro del meollo literario de la primera mitad del siglo XX, aunque no muy reconocido después, a su pesar. Destaca-ba por su ingenio y su frescura, solía sacar a relucir la brillante oratoria que le caracterizaba en sus muchas conferencias y , cómo no, las tertulias del café Pombo. Con la caída de la república se refugió en Argentina, como otros tantos, que huían de la represión, los pare-dones y la censura. Ya desde bien joven hizo sus pinitos literarios, así pues cultivó todos lo

géneros, llegando a crear en su etapa vanguardista famosas las greguerías. Las greguerías son oraciones breves en las que se suman la metáfora y el humor. En algu-nas predomina la ironía, en otras la imaginación, en todas se deja ver el ingenio de su au-tor. Pero este ingenio suyo se ve desmerecido en varias ocasiones. Cuando es el caso, su brillante chispa se enciende avivando, sorprendentemente, ideas cavernarias, para al-

guien de cultura como él. Así deja perlas machistas (cito de memoria):

Los lectores como las mujeres prefieren a quien mejor les engaña.

Se puede saber la violencia de una mujer por su manera de matar la colilla

o esta joyita racista (también de memoria):

¿Por qué los negros le temen al fuego? Porque ya se carbonizaron en una ocasión.

Tal vez fuera objetivo y hubiera conocido a una señora que tras pisotear una colilla le pegó un puñetazo. Quizás también había visto a una persona negra huir despavorida de una

hoguera, gritando “¡otra vez no!” No lo creo.

(Sergio Rodríguez Ramos ,4ºESO)

Page 59: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

59

O pasado trimestre, os alumnos de segundo de ESO de Tecnoloxía traballaron o tema da madeira, e como práctica, algúns deles fixeron uns bonitos suxeitalibros para a biblioteca. Ou-tros decidiron construir outros obxectos, como unha caseta para paxaros, unha casiña para a coballa , e incluso caixas para altofalantes. En todos os casos, encargáronse do deseño, construción e acabado. Aquí podedes ver algunhas fotos do seu traballo. SON UNS ARTISTAS!

Page 60: Picuri2013

60

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

“Unha cuestión de educación” é o traba-llo dos alumnos de ética de 4º de ES0 durante o curso pasado. Tratase duha curta feita pola técnica do stop-motion, un proceso artesanal que consiste en dar vida a bonecos inanima-dos. A técnica do stop motion foi inventada, parece ser, polos pioneiros do cine como Geor-ges Melies o o aragonés Segundo de Chomón. Pero os grandes técnicos que perfeccionaron a técnica foron Willis O'Brien, que lle deu vida o famoso King Kong (1933) e Ray Harryhausen, recentemente falecido, creador das criaturas mitoloxicas que poboaban as películas dos anos 50 e 60 (Simbad e a princesa, Xasón e os Argonautas). Esta técnica foi usada na triloxía orixinal da Guerra das Galaxias, para dar vida os diversos monstruos e máquinas. Ao igual que a animación de debuxos, o animador coloca o boneco nunha posición, fai unha foto, move o boneco uns milímetros, fai unha nova foto... e así sucesivamente ata com-pletar o movemento. Para entender a dificulta-de do proceso, hai que pensar que se necesi-tan 24 fotos para encher un segundo. Cando se pasan as fotos seguidas, teremos sensación de movemento. Nesta curta, de 4 minutos de dura-ción, foron necesarias máis de 1000 fotos, e pa-ra completar 4 segundos de animación, necesi-tabamos casi dúas horas de traballo.

O proceso comeza, como en calquera película, co proceso de escritura do guión. Nes-te caso, decidimos denunciar os recurtes sufri-dos no ámbito educativo, ao contar a historia dun profesor de literatura que ten que dar in-formática. O seguinte paso é a realizacion do story board, é decir, o debuxo de cada un dos planos que conforman a curta. Tendo en conta este story, pasamos a construir o decorado en miniatura e os bonecos, así como as cadeiras, mesas, etc. Paralelamente, gravamos os diálo-gos, xa que en animación, necesitamos os soni-dos para despois inventar os movementos dos personaxes. Por último, o proceso máis difícil pe-ro tamén o máis satisfactorio: a animación. Este proceso levounos case dous trimestres, traba-llando todos os recreos e clases de ética. O resultado final é espectacular, digno de moitos profesionais. Gracias a iso, tivemos unha mención no festival de Ourense, aínda que a maior satisfacción foi a de levar a cabo un tra-ballo de tanta calidade e que os compañeiros de todas as idades do centro o admirasen. David González Gómez e 4º da ESO do curso 2011—2012

Page 61: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

61

O BARRIL

Temos un gran barril de auga destapado. Sabemos que a auga está aproximadamente pola meta-de. Sen instrumentos dispoñibles cos que medir a profundidade da auga. ¿Se vos ocorre algunha

forma de dilucidar se temos máis, menos ou xusto a metade da auga?

UNHA IDADE DIFÍCIL

Supoñamos que coñecemos unha persoa e que hoxe fose unha ocasión singular, de xeito que fai dous días esta per-

soa tiña 25 anos e que o ano que ven terá 28 anos. ¿Cómo é posible?

PES FRÍOS

Nunha casa cunha temperatura uniformemente acondicionada. Podemos comprobar que as alfom-bras que cubren o chan do salón están máis quentes que as baldosas do cuarto de baño. Non pense-

des que están a diferente temperatura. Entón, a que obedece esa diferenza?

CHIFLO

Podedes observar como unha tetera vólvese máis silenciosa pouco antes de ferver. A que se debe?

EUREKA

Se introducimos dentro dun barco unha pesa de aceiro o nivel da auga aumentará. Agora ben, se lanzamos esa pesa pola borda caendo a auga, ¿Subirá, permanecerá igual ou dismi-

nuirá o nivel da auga?

A BANDA

A policía estivo onte no escenario dun roubo. Era un feo asunto. Un grupo de xoves fornidos apresou a un home e a súa dona frente a súa casa e os retiveron pola forza. Entre tanto dous deles derribaron a porta da casa a patadas e entraron. Minutos máis tarde saíron co tesouro máis preciado da parella. E para rematar en lugar de pór pès en polvo-rosa como farían uns villanos, entregaron o botín a muller que choraba e seguiron coas súas cousas. A policía non rea-

lizou ningún arresto. Quenes eran eses individuos? Que facían alí? Cal era o tesouro?

FAROLAS

Na rúa principal de Cea dous pintores tiñan que pintar as farolas das dúas beirarrúas. Un chegou ce-do e comenzou a pintar pero escolleu o lado equivocado. Cando chegou o seu compañeiro xa leva-ba tres farolas pintadas e cambiou de beirarrúa. O compañeiro que se demorara unha vez rematou co seu lado foi axudar ao seu compañeiro e pintoulle seis farolas. Quen pintou máis farolas? Cantas

pintou máis?

MOEDAS E BALANZA

Temos 12 moedas de ouro. Pero unha moeda é falsa. Con tres pesadas nunha balanza hai que saber

cal é a moeda falsa e se pesa máis ou menos.

ASASINATO DO PEIXE

Toparon a Francisco Cold, o pescadeiro de Piñor (máis coñecido como o Paradelo), exhalando o seu derradeiro alento na praza de Cea a primeira hora da mañá. Fora apuñalado no pescozo, e sen dúbida ocorrera recentemente. Supoñendo que o asasino debía andar preto, os axentes perseguiron e apresaron ao único home que deambulaba pola rúa. Era o peixeiro de Cea, José Ramón Fríos. A Garda Civil demostrou que eran rivais, polo menos profesionalmente. Durante o interrogatorio J.R. sostivo que descoñecía os feitos por completo e asegurou que fuxira da benemérita por puro instinto debido á confusión. Como proba da súa inocencia, sinalou que non levaba nada enriba que puide-ra ser utilizado como arma para o asasinato. A Garda Civil rexistrou a zona a fondo pero non atopou

nada que houbese podido causar a ferida de Frank, que presentaba unha forma bastante irregular. Sen nada con que continuar a investigación, aparte do pescozo da camisa mollado e unha puñalada desigual, tiñan que deixar en liberdade a J.R.. Pero o inspector Julio César Holmes deducíu cal foi o motivo real polo que J.R. fuxira e cal foi a causa

da morte do Paradelo. Saberías que se lle ocurriu ao inspector?

Page 62: Picuri2013

62

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

Cántame e cóntame avoa é unha recompila-ción de cantigas recollidas nos concellos de San Cris-tovo de Cea, Piñor, Maside e Ourense. O traballo xa empezou o ano 2004. O alumnado e profesorado do CPI Virxe Da Saleta, coordinado pola profesora María Carmen Fernández Vázquez, realizou a recollida das cantigas utilizando unha gravadora e un caderno. Pero este traballo non se puido editar ata este ano. Nós , o equipo de redación, interesámonos por esta actividade e decidimos entrevistar a María Carmen Fernández. Aquí vos deixamos a entrevista:

Entrevistadores: - Como xurdiu a idea desta actividade? Carmen: - Como todos os anos o Equipo de Normaliza-ción Lingüística encárgase de propoñer actividades pa-

ra o alumnado do centro. No ano 2004 eu como cordinadora, propuxen facer algo rela-cionado ca tradición da nosa zona para que os rapaces e rapazas a souberan valorar. Entón xudiu a idea de recompilar cantigas da nosa terra. Entrevistadores -De que maneira se realizou o proceso de obtención das cántigas? Carmen: - Despois de ter esta idea, para levala á prática propuxémola como unha activi-dade optativa que tivo unha gran aceptación dos alumnos, dos cales participaron 92. O seguinte paso foi equipalos con cadernos e gravadoras para que comenzasen a recom-pilalas nas súas aldeas. Estas cantigas foron aportadas maioritariamente por xente maior, dos concellos de Piñor, Cea, Maside e Carballiño. Entrevistadores: -Como foi a participación de país e alumnos? Carmen: - A verdade e que tivo moi boa acollida polos alumnos. Como ben dixen antes era unha actividade plantexada a nivel de alumnos, pero os país tamén colaboraron. En total conseguimos recompilar máis de 600 cantigas, e incluso algunhas viñan ilustrada po-los alumnos.

Page 63: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

63

Entrevistadores:- Houbo colaboración externa á hora de editar? Carmen: -Unha vez que tivemos todo o material, que era moito e moi va-lioso, vimos a necesida-de de por en valor todo este traballo, e non pod-íamos permitir que que-dase esquecido nun caixón, polo que decidi-mos edítalo. Pasamos todo a limpo, é decir, correximos, clasificamos en diferentes temáticas: Satíricas, de oficio… Este traballo fixémolo os pro-fesores do equipo, entre eles, a profesora de Se-cundaria de lingua gale-ga, Paquita, e mais eu. A nosa idea era facer unha pequena edición, pero non contabamos co presuposto necesario. Naquel momento tive-mos unha oferta externa para a publicación que despois non se fixo efec-tiva. Quedou parado o proxecto, e este curso gracias á iniciativa dou-tros profes, o traballo pui-do ver a luz, tanto en formato libro como en formato dixital Entrevistarores; -Con que obstáculos vos atopastes durante o proceso de edición? Carmen: - O noso problema principal era a falta de recursos económicos. Outro que tamén nos perxudicou bastante foi o incendio acaecido fai uns anos, pois destruiu as libretas onde se atopaban os debuxos que realizaran os rapaces. E este ano como vi-mos a ocasión de editalo tivemos que reorganizar todas as cantigas. Entrevistadores: - Que balance fas da experiencia? Carmen: - Foi unha experiencia moi enriquecedora e moi satisfatoria para todo o equi-po implicado, especialmente polo feito de acercar xeracións; os maiores comparten a súa sabiduría e nós recollémola para que quede por escrito e perdure no tempo, permi-tindo ás xeracións futuras coñecer o saber da nosa zona.

Page 64: Picuri2013

64

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

É posible tamén que este traballo espertara nalgún deles o interese pola profesión periodística, e nun futuro non moi lonxano algún decida seguir ese camiño. E digo futuro non moi lonxano, porque ó final deste curso déixannos para descubrir outros mundos, co-ñecer outas xentes, e vivir novas experiencias. Sexa cal sexa o ca-miño escollido, só nos que-da felicitalos polo esforzo e traballo realizado, e darlles de novo as grazas por to-dos os momentos compar-tidos. E sobre todo, de-sexarlles a todos MOITA SORTE, E BOA VIAXE.

Nunha das aulas de informática do centro, tiveron lugar durante este curso as clases de Informática e de Cultura Clásica de 4º de ESO... á vez. Sí, sí,… á vez… e porque non?? Así todos puideron utilizar os equipos informáticos, coincidindo no tempo en no es-pazo o Imperio Romano, Sócrates, Edipo e Safo con microprocesadores, software libre, drivers e códigos HTML… demostrando que a convivencia é sempre posible, e ademais pode ser moi enriquecedora. Aproveitando esta circunstancia, este ano os alumnos de 4º implicáronse directamente no proceso de elaboración da revista, recopilando información e editando os diferentes artigos relacionados coa ESO.

Por este motivo, merecen unha men-ción especial e o noso agradecemento, pola súa boa disposición e inestimable e entusiasta colaboración, a pesar do pouco tempo, das presas, da incertidume e falta de datos, do descoñecemento inicial do proceso e software utilizado.... en fin, pode que se parecera máis do que pensamos ó día a día dunha verdadeira revista.

Page 65: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

65

Este ano, no segundo trimestre, os luns,

os compañeiros e compañeiras deste curso (6º),

expuxemos un tema escollido por nós. Ás veces

os temas eran persoais, pero non tiveron boa

acollida. Así que decidimos buscar outros temas,

de actualidade ou temas relacionados cos nosos

problemas, que tamén os temos... Temas que

nos gustasen a nós pero tamén que lle puideran

interesar aos nosos compañeiros.

Hugo -como non- escolleu un tema que el

“domina” pero sobre todo que lle gusta: ”OS

RALLYS”. Tania decantouse polas películas. O

tema escollido por Celia foi “ANOREXIA”. O de

Rubén foi “TRABALLO NA GRANXA”. Saleta, “OS

DEPORTES ACUÁTICOS”. Mª Xosé escolleu un te-

ma no que vamos entrar “ADOLESCENCIA”. O

“celtarra” da clase, Abraham, falou sobre “O

FÚTBOL”. O 9 de abril incorporouse á clase un

novo compañeiro: Bruno. A temática escollida

polo novo compañeiro foi “EVOLUCIÓN DUN FE-

TO HUMANO”.

Ao finalizar as exposicións, os compañei-

ros e compañeiras, e tamén a profe, felicitamos

ou criticamos ao compañeiro/a que expuxera o

tema. E as felicitacións, sí, pero as críticas non son

sempre ben recibidas.

Ola nenos e nenas!! Queredes mellorar a vosa fala? Aquí tedes unhas actividades para practi-car na vosa casa e que incluso podedes elaborar vós mesmos con mate-riais reciclados.

Tarta de plastilina con candeas de cumpreanos.

Non a comas!!

Tenta meter o tapón dentro da portería soprando po-la palliña. Podes construír a portería cunha rede co-mo as das bolsas das laranxas

pegada a un marco de cartón e soprar algodóns, tapóns de pástico ou pelotas de ping-pong.

Labirinto do sopro Pídelle a un adulto que compre táboas de marquetería e tente repro-

ducir o modelo. Unha vez feito, podes percorrer o labirinto soprando un pompón con axuda dunha palliña ou non.

De oco a oco Tenta mover soprando a pelota á imaxe que máis che guste e des-pois pronuncia a palabra correctamente. Pódese facer con sílabas trabadas, palabras con "r" ... Para elaboralo tes que coller a base du-nha caixa de bombóns ou de galletas e por en cada oco a imaxe elexida para traballar as palabras con sílabas trabadas ou "r".

Page 66: Picuri2013

66

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

Todo comezou hai 12 anos, cando eu so tiña catro aniños de vida. Non coñecía a nin-guén. Pasara preescolar nunha casa escola da miña parroquia e os meus dous primeiros anos de vida, pasáraos en Suíza. Eu sempre fun unha rapaza extrovertida aínda que cos anos funme volvendo máis e máis tímida. Pron-to fixen amigos aínda que sempre estábamos pelexando. Acórdome de que dunha vez nunha pelexa, unha compañeira nosa, Lorena, lle fixera sangrar unha orella a outro compa-ñeiro. Tamén recordo as tardes que durmia-mos a sesta na alfombra baixo a supervisión de doña Pili, pero eu nunca na vida durmín. O recreo pasabámolo xogando a facer castelos de area... Logo, pasamos a primaria, seis anos da miña vida que recordo alegrías, pelexas, re-creos xogando a papás e mamás...(Eu sempre era a que mandaba) Aínda que tamén tiña-mos que estudar! Tamén algo que nunca es-quecerei foi aos nosos titores durante os tres ciclos de primaria. Doña Mercedes, que sem-pre me berraba por non saber a táboa de multiplicar, Doña Fina e don Manolo. Este últi-mo cando deixou o colexio, foi unha gran tris-teza para todos. Tamén algo que nunca es-queceremos, ningún de nós, será á profesora de Inglés. Se me paro a pensar hoxe no malos que eramos con ela, non podo entender co-mo nos podía aguantar. En quinto chegou un novo compañeiro. Era todo unha novidade! Todos os anos queríamos que viñera un com-pañeiro máis, sempre nos facía ilusión.

Eses seis anos pasaron voando. De súpe-to, tiña que subir a Secundaria. Acórdome que nos avisaran de que era un gran cambio, non era nada igual... Metéronnos tal medo no cor-po que os primeiros días de Setembro non pa-raba de pensar no comezo do curso e no que

iso significaba. Abandonárannos dous dos no-sos compañeiros, aínda hoxe os botamos de menos. Por fin, chegara o día. Aínda recordo como ía vestida e a primeira clase de ESO.

Unha camiseta verde e unha torerita branca. Estábamos todos asustados mentres a nosa titora Conchi nos explicaba os cambios e máis cousas. Pero sen darme de conta, aquí estou catro anos despois. Os profesores que tanto medo me daban nun principio, agora considé-roos como segundos pais nos que se pode confiar e os que tanto nos axudaron. De doce que comezamos ao principio, xa só quedamos cinco na mesma clase. Foron anos onde hou-bo momentos malos, para que intentar nega-lo? Pero ante todo sempre recordarei os bos momentos que pasei nestes doce anos. Foron tantas cousas que nunha redacción non co-llen, e dentro de pouco xa ninguén se acor-dará de nós e as nosas vidas cambiarán radi-calmente, para peor ou para mellor, pero é a nosa infancia. Eses recordos nunca se perden. Ao fin e ao cabo, as vivencias da infancia fan a unha persoa. Loli González Pedrouzo

Page 67: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

67

Todo comezou unha mañá de se-tembro cando eu tiña catro anos, miña nai ata pedira o día no traballo, foi nesa mañá na que comecei a miña andadura no C.P.I “Virxe da Saleta”. Era unha rapaza tímida e vergonzosa, polo que me custou moito o cambio. Ata daquela estivera cos meus avós, e estivera gardada de todos os peri-gos. E agora era eu a que tiña que me afrontar a todo. Ao final non era para tan-to, tiven que me adaptar ao comedor, con isto non quero dicir que a comida fo-se mala, todo o contrario, era moi rica. Pe-ro eu estaba acostumada á comida de miña avoa, que me facía todo o que me gustaba e quería e aquí no comedor hai que comer de todo. Co tempo fun trabando amizade cos meus compañeiros de clase e algúns con-vertéronse en familia. Ao longo deses anos fomos aprendendo cada día cousas novas da man de marabillosos profesores como: Dña. Pili, Dña. Mercedes, Dña. Fina e Don Manolo. E nun abrir e pechar de ollos volvín a estar nunha mañá de setembro e cos mes-mos nervios, agora xa estaba en secunda-ria, o último cambio no C.P.I “Virxe da Sale-ta”. Eu tiña oído que era un gran cambio, que se acabaran as risas... Ao final coma con todo, con sacrificio e esforzo todo se consigue. Os profesores axúdannos moito! Se non entendes algo explícancho, qué-danse contigo nos recreos, interésanse por ti... Comezamos en infantil trece nenos e polo camiño foron quedando algúns. Fa-cendo un balance dos meus doce anos aquí todo o que vivín foi poitivo e non os cambio por nada. Só me quedan dous es-casos meses aquí e penso aproveitalos. Este colexio é a miña segunda casa, aquí vivín sete horas diarias durante doce anos e queiras que non cólleslle cariño. Dentro duns meses volverei a estar nunha mañá de setembro para comezar unha nova etapa, pero lonxe de aquí. Alba Nóvoa Gil

Page 68: Picuri2013

68

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

Estoy casi al final de mi tiempo aquí en España. Cuando reflexiono sobre este tiempo veo claramente que la experiencia de viajar y vivir en otro país me ha cambiado muchísimo. Para mi, los viajes no deben ser solamente oportunidades de ir de vacaciones, sacar unas fotos en frente de los monumentos famosos y probar comidas nuevas. Los viajes son más que esto: cada viaje, no importa cuán pequeño sea, es una oportunidad de aprender.

Aunque una de mis razones personales

para pasar un año en España fue la de mejorar mi español (y aunque pienso que aprender otro idioma es importantísimo para todos), quiero hablar sobre un tipo de aprendizaje más amplio que el de los idiomas.

Primero, y de una forma más obvia, los

viajes nos enseñan sobre otras culturas. Ahora, podo falar un pouco de Galego, algunas de mis comidas favoritas son el pulpo y el pan de Cea, celebré festi-vos tradicionales como el Magosto y Entroido y me gusta la gaita. Se puede leer sobre otro países y estu-diar otras culturas, pero por mi experiencia, hasta que pasas tiempo en esa cultura y con la gente, nunca vas a entenderla bien. Por ejemplo, yo hubiera podi-do leer sobre la retranca gallega, pero dudo que la hubiera entendido de la misma manera que ahora la entiendo, después de pasar meses aquí, hablando con colegas y amigos.

Pero, al mismo tiempo que los viajes nos enseñan sobre otras partes del mundo, también nos enseñan sobre nuestras propias culturas y nosotros mismos. Cuando vives en otro país, aprendes a pen-sar sobre tu propia cultura desde otro punto de vista. Los españoles son mucho mas conscientes de conser-var los recursos naturales de lo que somos en Améri-

ca, y la experiencia de vivir aquí me hizo pensar en la cultura consumista de mi país, algo que parecía bas-tante normal antes de mi tiempo en España. Además, aprendemos sobre nosotros mismos cuando estamos lejos de lo que sabemos. Cuando no hay otra opción que la de hacer todas las cosas -encontrar un piso, empezar un trabajo nuevo para ti mismo, en otro idio-ma, sin tener padres o amigos para ayudar- aprendes todo lo que puedes hacer. Ahora sé que puedo em-pezar una vida nueva en otro país sin ayuda. Sabien-do esto, cualquier problema normal que vaya a te-ner cuando regrese a los Estados Unidos no me pare-cerá tan grave.

Entonces, si puedo ofreceros un consejo, es que

¡debeis viajar cuanto podáis! No quiero decir que tengáis que hacer lo que yo hice e ir a otro continen-te. Aunque sólo sea id a otra ciudad, es suficiente co-mo oportunidad para explorar y aprender. El mundo es tan grande y hay tantas cosas nuevas por descu-brir, que pienso que sería una pena si alguien nunca da un paso más allá de lo que siempre ha conocido. Mi decisión de dejar el mundo que conocí para viajar hasta Galicia fue una de las mejores decisiones de mi vida. Espero que si tenéis una oportunidad de hacer algo parecido, no la perdáis.

Finalmente, quiero agradecer a todos vosotros,

que os he conocido este año, porque aprendí algo en cada momento de este viaje, y de cada uno de voso-tros. Voy a regresar a los EE.UU como una persona di-ferente, y mejor, debido a lo que aprendí aquí en Cea.

Anna Bosak

Page 69: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

69

Durante este curso 2012-2013, os nenos e nenas de 2º e 3º ciclo de educación primaria, estamos a participar no Xogade – Deporte Esco-lar, que se desenvolve dentro do Plan Proxecta. Xa fixemos algunhas das actividades: campo a través en Maside, fútbol-sala en Amoeiro e mini-balonmán no Carballiño. Durante o mes de maio faremos a última, tamén no Carballiño, que é a de Xogando co Atletismo.

O obxectivo destes encontros é a conviven-cia entre alumnos e alumnas de diferentes cen-tros da comarca do Arenteiro, para pasar unha xornada divertida e disfrutando coa actividade deportiva. O coordinador de todo este lío é o profe Gonzalo. Está a ser unha experiencia moi interesante e esperamos repetir en anos vindei-ros.

Page 70: Picuri2013

70

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

CONTO CONTIGO é un proxecto reali-zado durante o curso 2012-2013 proposto po-lo seminario “As compentencias básicas co-mo eixo vertebrador do proceso comunicati-vo” e aspira a converterse nun proxecto de centro estable que estea integrado no PCC e no proxecto lector do centro. Os alumnos de educación secundaria, preferentemente de 1º e 2º ESO e, realizan unha lectura dramatizada de contos aos alumnos de infantil e primaria. Tamén cele-bramos o día do libro dun xeito moi especial, xa que contamos coa presenza dos maiores da Residencia A Saleta de Cea. Celebrouse unha vez ao mes, coincidindo con celebra-cións escolares de días especiais:

Xoves 14 febreiro San Valentín :Conto contigo para o amor Venres 8 de marzoDía da muller: Conto contigo para a igualdade Mércores 24 de abril Semana do día do libro: Conto contigo para ler Xoves 16 de maio Día das letras gale-gas: O galego conta contigo 5 de xuño Día do medio ambiente: O planeta conta contigo

Page 71: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

71

Na semana do 22 ao 26 de abril do 2013 e con motivo do Día do Libro presentamos o primeiro libro electrónico que chegou á nosa biblioteca escolar. Tamén realizamos unha exposición de marionetas feitas por os alumnos de 1º ESO). Outra exposición dos debuxos dos participantes no concurso de logos e unha máis de marcapáxinas feitos por os alumnos de ESO.

Unha árbore de libros: feito por alumnos de infantil e primaria, cunha selección de citas sobre as virtudes dos libros e a lectura de alumnos da ESO) e coas portadas dos seus libros favoritos (alumnos de infantil e primaria). MÚSICA NA BIBLIOTECA: Durante os recreos escoitaranse pezas inspiradas en famosas obras literarias. ACTIVIDADES: Martes 23: “101 buenas razones para leer”. Mércores 24: Conto contigo cos nosos maiores (ás 16 horas): INFANTIL: Cuentos clási-cos. PRIMEIRO CICLO: Cuentos clásicos. SEGUNDO CICLO: La señora de los libros. TERCEIRO CICLO: El oso

que amaba los libros.

Page 72: Picuri2013

72

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

We are the students of 6th grade of primary in CPI Virxe da Saleta. This year we have got an English language assistant called Anna and we are going to interview her.

What’s your full name? My full name is Anna Elise Bosak. When were you born? I was born on August 31st 1990. Where were you born? I was born in White Bear Lake, Minnesota. Where do you live in the United States? I live in White Bear Lake with my family. Can you talk about your family? I live with my parents, Rick and Nancy, and with my brother Sam. Have you got any pets? No, I haven’t. I had a fish(Tom) but he died. Now some questions about her studies. What is the name of your primary school? The name of my primary school is St. Mary of the Lake School. Did you like your school? Yes, I did. It was a small school and I had many friends. What were your favourite subjects? My favourite subjects were Music, History and English. What is the name of your high school? The name of my high school is White Bear Lake Area High School. What was your average grade (GPA) in high school? My average grade was 4.0. In America,

grades go from 0 to 4. What is the name of your university? The name of my university is Grinnell Col-lege. What did you study? I studied Spanish and Political Science. Did you play sports? I was not on a team, but I liked to run and play tennis for fun. Now some questions about her free time and hobbies. What do you do in your free time? In my free time, I like to read, play the pi-ano, sing, cook, talk to my friends, run, and watch TV. Because we know Minnesota is snowy, do you ski? I like to ski cross-country, but downhill skiing scares me. Do you like to go to the cinema? I love watching films. My favorite film is “Singing in the Rain”. Do you like music? Yes. I like to listen to all types of music. Who are your favourite singers? My favourite singers are Frank Sinatra and Ingrid Michaelson. Do you play the piano for other people? Sometimes at university. But I get very nerv-ous. Now, questions about Galicia. Do you like Galicia? Yes, I really like Galicia. I like the people, the language, and the landscape, which reminds me of Minnesota. What do you think of Galician food? I really like Galician food, especially the cheese and octopus. What do you think of our school? I think that this is a great school. You are all good students, and I have fun everyday!

Page 73: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

73

No pasado mes de marzo, nós os rapaces e rapazas de 5ºde primaria fomos ao laboratorio de Ciencias Naturais de se-cundaria a… ver células!!! Cando chegamos, Conchi, a profe-sora de CC.NN. da E.S.O. mandounos sen-tar nunhas sillas especiais, para facer unha observación microscópica da epiderme da cebola. O experimento consistía en: Quitarlle a pel a unha cebola cun bisturí e repartímola. Logo nunha cunca botámoslle unha tintura de azul de metile-no. Agardamos 3 minutos e pasado ese tempo lavamos o anaco.

A continuación colocámola no centro dun portaobxectos, encima puxémoslle un cu-bre-obxectos. Por último, pousámola na platina do mi-croscopio, orientámolo e dispuxémonos a observar as células da cebola.

Alí puidemos observar que tiñan un punto moi tinguido que era o núcleo; a parte co-loreada que era o citoplasma, e as líneas que dividen as células que son as paredes. E pensar que Robert Hooke no ano 1665 foi xa capaz de describir cos seus de-buxos as celdillas microscópicas dunha lámina de cortiza. Célula significa celdilla, e con ese nome, dado por Hooke, chegou ata nós.

Pasámolo moi ben, aprendemos moitas cousas interesantes e desexamos volver!

Page 74: Picuri2013

74

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

Velaquí tedes unha lembranza do Lipdub do CPI Virxe da Sa-leta: A LINGUA SABE A PAN. A música é unha versión de Swe-

et Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Si-niestro Total como Miña Terra Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan.

Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, mistura-

ron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.

Gústanos falar idiomas

inglés, francés e castelán,

pero temos lingua propia

ninguén o pode negar.

Amasada a modiño

dende hai moito tempo atrás

cocida a lume lento

lista para o teu padal.

Este é o cole de Cea

onde a lingua sabe a pan,

miña lingua galega

gústanos o teu falar

Nos versos de Rosalía

nos piñeiros de Pondal,

no folk de Fuxan Os Ventos

no rock bravú e máis no rap.

Escóitase pola radio

tamén na TVG,

pero bótase de menos

en moitos outros sitios máis.

Este é o cole de Cea

onde a lingua sabe a pan,

miña lingua galega

gústanos o teu falar.

Este é o cole de Cea

onde a lingua sabe a pan,

este é o cole de Cea

onde a lingua sabe a pan.

ANÍMATE A CANTALO COA VERSIÓN KARAOKE

Page 75: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

75

Fomos galardoados co premio de cinema escolar ga-

lego Olloboi 2012 por "A Lingua sabe a pan". Parabéns

a toda a comunidade educativa do CPI. OLLO-

BOI Festival Audiovisual da Asociación Marearte

Galegoenoxford: Moitísimos parabéns. Sodes

xeniais, coma a nosa lingua e como o pan

de CEA. Se nos dades permiso, gustaríanos

utilizar este video para ensinarlles a lingua

quesabe a pan aos alumnos e alumnas ingle-

ses que están a aprender galego en Oxford.

Pode ser?

Xaquín González Veira: Chorando coa ledi-

cia a 5.000 km daí. Apertas e noraboas den-

de a redacción do New York Times.

Coordinadora Galega ENDL:

Moitos parabéns! Un traballo

como o voso, creativo, ben

feito, en positivo, colectivo...

fai máis pola lingua que cen-

tos de campañas institucio-

nais porque sabe tocar a

fibra da emoción. Dende o

xoves á noite en que colga-

mos o voso vídeo no noso

Facebook, foi valorado e

partillado por ducias de per-

soas e sucedéronse os co-

mentarios de felicitación ao

voso traballo. Aquí volos

deixamos como mostra da

nosa gratitude por ensinarnos

que a lingua sabe a pan.

Fiz Pimen: EncÁntAmE!!!! Todo é fermoso: a idea de xuntar a lingua co pan (tratándose de CEA) é fe-nomenal; a mítica canción; a reali-zación... Pero sobre todo ver as ca-ras desas rapazas e rapaces disfru-tando co que fan. GRAZAS e NO-RABOA A TODOS/AS!!! Carmen José: Aínda quedan pe-quenas aldeas galaicas que resis-ten ao invasor cunha pócima máxi-ca que os fai indestructibles: auto-estima, esforzo, traballo, imaxina-ción e ilusión. Grazas CPI de Cea, onde a lingua sabe a pan!! Pedro Juan Carollo: dende Sevilla un galego de Vigo vos manda unha aperta e dicirvos que o que fixéchedes ten moito máis valor do que pensades.

Unha mestra recén retirada: Aínda que a alguén lle poida parecer un traballo modesto, eu dígovos que esta impronta vai deixar un pouso e unha marca indelébel para sempre no grupo que o fixo. Estas iniciativas si que son unha boa campaña para a Lingua... Hurra pol@s profes sen com-plexos, e que se arriscan! Envíovos unha aperta de gratitude. Unha mestra recén retirada.

Unha profe doutro CPI: Quedei abraiada ao ver o voso video, tanto polo contido coma pola realiza-ción técnica. NORABOA A TODO O CENTRO, PROFES E ALUMNOS!!!! Asdo.: Unha profe doutro CPI

Notas do traballo de edición. Blog de Manuel Bragado Rodríguez. Vigo. Galicia Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959). Director Xeral de Edicións Xerais de Galicia S.A

Coñecino o xoves á noite, cando estaba de viaxe. Daquela publiqueino en twitter e agora podo arquivalo

no blog. Unha peza memorable que amosa o amor a lingua de toda unha comunidade educativa, alicer-

zada polo compromiso do seu claustro de profesorado. Versionar o tema de Siniestro Total, o himno non

oficial da miña xeración, é un acerto rotundo. Claro que si, «a lingua sabe a pan» non só no CPI Virxe da

Saleta de Cea, tamén en todos en cada un dos nosos centros escolares, nas cociñas e nos salóns dos nosos

fogares. A lingua sabe a pan para todos, mesmo para os catro malpoucados que se avergonzan dela.

Beizóns para o CPI de Cea por lembralo e polo extraordinario traballo didáctico que supuxo a creación

deste lipdub, desenvolvido a partir dunhas palabras de Cunqueiro: «Unha lingua é boa cando sabe a pan

fresco». O emprendido en Cea, terra dun dos máis sabedeiros pans galegos, é un dos mellores vieiros para

recuperar terreo para o idioma, con entusiasmo, con ledicia, con autoestima. Axuda a difundir a peza: «A

lingua sabe a pan».

Page 76: Picuri2013

76

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

Escribe o nome dos seguintes debuxos no crucigrama e buscaos na Escribe o nome dos seguintes debuxos no crucigrama e buscaos na Escribe o nome dos seguintes debuxos no crucigrama e buscaos na Escribe o nome dos seguintes debuxos no crucigrama e buscaos na sopa de letras:sopa de letras:sopa de letras:sopa de letras:

Completa o crucigrama co nome dos seguintes debuxos. Lembra que Completa o crucigrama co nome dos seguintes debuxos. Lembra que Completa o crucigrama co nome dos seguintes debuxos. Lembra que Completa o crucigrama co nome dos seguintes debuxos. Lembra que os de arriba van e n horizontal e os de abaixo en vertical:os de arriba van e n horizontal e os de abaixo en vertical:os de arriba van e n horizontal e os de abaixo en vertical:os de arriba van e n horizontal e os de abaixo en vertical:

Page 77: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

77

Averigua a palabra que esconden as letras desordenadas. Os de-Averigua a palabra que esconden as letras desordenadas. Os de-Averigua a palabra que esconden as letras desordenadas. Os de-Averigua a palabra que esconden as letras desordenadas. Os de-buxos d e abaixo poden serche de axuda:buxos d e abaixo poden serche de axuda:buxos d e abaixo poden serche de axuda:buxos d e abaixo poden serche de axuda:

Averigua a palabra que esconden as letras desordenadas. Os Averigua a palabra que esconden as letras desordenadas. Os Averigua a palabra que esconden as letras desordenadas. Os Averigua a palabra que esconden as letras desordenadas. Os debuxos d e abaixo poden serche de axuda:debuxos d e abaixo poden serche de axuda:debuxos d e abaixo poden serche de axuda:debuxos d e abaixo poden serche de axuda:

Page 78: Picuri2013

78

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

Page 79: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

79

Page 80: Picuri2013

80

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

FESTIVAL DE NADAL 2013

O GATO LAMBÓN

PRESENTACIÓN DO CÓNTAME E CÁNTAME AVOA

Page 81: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

81

CO

NTO

CO

NTI

GO

A

GA

LIÑ

A R

OX

A

ENTR

OID

O 2013

A Á

RB

OR

E D

A P

AZ

UNHA CUESTIÓN DE EDUCACIÓN

Page 82: Picuri2013

82

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

OS AVANCES DA TECNOLOXÍA

UN COLEXIO PARA TODOS

CONTO CONTIGO O CASAMENTO DA PULGA E O PIOLLO

Page 83: Picuri2013

Nº 9 ANO 2013 REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA O Picurí

83

Na tarde do mércores 29 de maio recibimos no noso centro ao grande mestre de xadrez Dragan Paunovic, o campión serbio e director do Club de Xadrez Chantada. Estivo celebrando 14 partidas simultáneas co noso alum-nado e profesorado. Despois dos pri-meiros momentos de nerviosismo sou-beron poñer en práctica todo o apren-dido durante o torneo de xadrez cele-brado no noso centro durante o mes pasado. Dragan valorou positivamente a actividade e deulle a cada partida un carácter didáctico. Finalmente feli-citou a todos os participantes, espe-cialmente a aqueles que souberon plantarlle cara.

Page 84: Picuri2013

84

O Picurí REVISTA ESCOLAR do CPI VIRXE DA SALETA Nº 9 ANO 2013

Búscanos en Facebook Rúa da Costa, s/n 32130 Cea - San Cristovo de Cea (Ourense)

Tfno.: 988 28 21 69 Fax: 988 28 24 00 http://www.edu.xunta.es/centros/cpivirxedasaleta/

[email protected]