pista de xeo sintÉtica (baixo carpa) e inchable do 2 … · humor de fene / avda. de conces,...

2
ORGANIZA: ORGANIZA: PATROCINAN: COLABORAN: www.fenecidadan.gal www.fenecidadan.gal Concellerías de Cultura e Ensino Concellería de Deportes SCRD AGARIMO DE SILLOBRE; CMI UNIDADE DE FENE, CPS DE SAN VALENTÍN, CCRD DE PERLÍO, CORAL ETERNA XUVENTUDE, ACRD O POTE DE MANIÑOS, TRADICORO, CPI A XUNQUEIRA, CEIP PLURINGÜE DE CENTIEIRAS, CPR JORGE JUAN, CEI DE SILLOBRE, CEIP PLURILINGÜE O RAMO, CEIP PLURILINGÜE OS CASAIS COLABORAN: Nadal Fene 2018 2019 Deportes e Cultura Rede de Dinamización Lingüística INFORMACIÓN SOBRE OS CURSILLOS E XORNADAS CAMPANADAL PARA PEQUES Campamento orientado aos máis pequenos (nados/as do 2009 ao 2014) no que realizarán actividades variadas: xogos, manualidades, multideporte, baile, música, ... con contos cheos de maxia, con historias e personaxes propias do Nadal que farán que os nenos e nenas se sintan a gusto, disfruten, compartan, aprendan movéndose e gocen do Nadal. PATINAXE PARA NENOS/AS E ADULTOS Cursiño de patinaxe dende iniciación ata técnicas avanzadas, no que haberá tres grupos de aprendizaxe en cada hora, que se distribuirán segundo as idades e o nivel de cada participante. Material necesario: patíns, casco, xeonlleiras e muñequeiras. XOGOS ACUÁTICOS EN FAMILIA O Concello de Fene oferta a nenos e nenas a posibilidade de asistir á piscina para realizar actividades lúdicas utilizando o material lúdico da instalación. Cada neno/a deberá estar acompañado por un adulto. No caso de irmáns pode ser máis dun neno/a acompañados por un adulto. Para participar haberá que pagar só a entrada do adulto: 3,25 €. No caso de dispoñer de bono deporte, este poderá ser utilizado do mesmo xeito que unha entrada normal, utilizando só unha entrada para o adulto máis os/as menores. O Concello reservará tres rúas da piscina para esta actividade, de 11:15 a 13:30 horas. Non é necesario realizar inscrición previa, abonda con asistir e participar, aínda que os usuarios poden facer reserva da rúa antes de ir, co fin de garantir que haxa espazo libre. INFORMACIÓN: No pavillón polideportivo da Xunqueira (San Valentín). Teléf.: 981.492.804 No departamento de Deportes do Concello de Fene. Teléf: 607 615 962 / 981 340 366 Na páxina web do concello: www.fene.gal INSCRICIÓN: LUGAR: Nas dependencias administrativas do pavillón polideportivo da Xunqueira. PRAZO: Do 13 ao 20 de decembro para todas as actividades que precisen inscrición, agás os xogos acuáticos en familia que non precisan inscrición previa e as actividades puntuais que se rexerán polo seu calendario. HORARIO: De luns a venres: De 9:00 a 13:30 horas Mércores 19 de decembro: De 16:30 a 19:00 horas ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE NADAL - - - E - PISTA DE XEO SINTÉTICA (BAIXO CARPA) E INCHABLE NA PISTA POLIDEPORTIVA DE SAN VALENTÍN DO 2 AO 7 DE XANEIRO. DE 16:30 A 20:30 H. SESIÓNS DE 20 MINUTOS. PREZO: - PATINAXE CON ALUGUER DE PATÍNS: 3 € / PERSOA / SESIÓN DE 20 MINUTOS É OBRIGATORIO LEVAR LUVAS (GUANTES) - INCHABLE PARA OS MÁIS PEQUENOS: 1 € / PERSOA / SESIÓN BO NADAL ub Ximnasia Ferroerra

Upload: dinhngoc

Post on 26-Jan-2019

219 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

ORGANIZA:

ORGANIZA:

PATROCINAN:

COLABORAN:

www.fenecidadan.gal

www.fenecidadan.gal

Concellerías deCultura e Ensino

Concellería deDeportes

SCRD AGARIMO DE SILLOBRE; CMI UNIDADE DE FENE, CPS DE SAN VALENTÍN, CCRD DE PERLÍO, CORAL ETERNA XUVENTUDE, ACRD O POTE DE MANIÑOS, TRADICORO, CPI A XUNQUEIRA, CEIP PLURINGÜE DE CENTIEIRAS, CPR JORGE JUAN, CEI DE SILLOBRE, CEIP PLURILINGÜE O RAMO, CEIP PLURILINGÜE OS CASAIS

COLABORAN:

NadalFene2018

2019Deportes

eCultura

Rede de

DinamizaciónLingüística

INFORMACIÓN SOBRE OS CURSILLOS E XORNADAS

CAMPANADAL PARA PEQUES

Campamento orientado aos máis pequenos (nados/as do 2009 ao 2014) no que realizarán actividades variadas: xogos, manualidades, multideporte, baile, música, ... con contos cheos de maxia, con historias e personaxes propias do Nadal que farán que os nenos e nenas se sintan a gusto, disfruten, compartan, aprendan movéndose e gocen do Nadal.

P A T I N A X E PARA NENOS/AS E ADULTOS

Cursiño de patinaxe dende iniciación ata técnicas avanzadas, no que haberá tres grupos de aprendizaxe en cada hora, que se distribuirán segundo as idades e o nivel de cada participante.Material necesario: patíns, casco, xeonlleiras e muñequeiras.

XOGOS ACUÁTICOS EN FAMILIA

O Concello de Fene oferta a nenos e nenas a posibilidade de asistir á piscina para realizar actividades lúdicas utilizando o material lúdico da instalación.

Cada neno/a deberá estar acompañado por un adulto. No caso de irmáns pode ser máis dun neno/a acompañados por un adulto.

Para participar haberá que pagar só a entrada do adulto: 3,25 €. No caso de dispoñer de bono deporte, este poderá ser utilizado do mesmo

xeito que unha entrada normal, utilizando só unha entrada para o adulto máis os/as menores.

O Concello reservará tres rúas da piscina para esta actividade, de 11:15 a 13:30 horas.

Non é necesario realizar inscrición previa, abonda con asistir e participar, aínda que os usuarios poden facer reserva da rúa antes de ir, co fin de garantir que haxa espazo libre.

INFORMACIÓN: • No pavillón polideportivo da Xunqueira (San Valentín). Teléf.: 981.492.804

• No departamento de Deportes do Concello de Fene. Teléf: 607 615 962 / 981 340 366

• Na páxina web do concello: www.fene.gal

INSCRICIÓN: • LUGAR: Nas dependencias administrativas do pavillón polideportivo da Xunqueira.

• PRAZO: Do 13 ao 20 de decembro para todas as actividades que precisen inscrición, agás os xogos acuáticos en familia que non precisan inscrición previa e as actividades puntuais que se rexerán polo seu calendario.

• HORARIO:

De luns a venres: De 9:00 a 13:30 horas

Mércores 19 de decembro: De 16:30 a 19:00 horas

ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE NADAL

-

-

-

E

-

PISTA DE XEO SINTÉTICA (BAIXO CARPA) E INCHABLE

NA PISTA POLIDEPORTIVA DE SAN VALENTÍN

DO 2 AO 7 DE XANEIRO. DE 16:30 A 20:30 H.

SESIÓNS DE 20 MINUTOS.

PREZO:

- PATINAXE CON ALUGUER DE PATÍNS:

3 € / PERSOA / SESIÓN DE 20 MINUTOS

É OBRIGATORIO LEVAR LUVAS (GUANTES)

- INCHABLE PARA OS MÁIS PEQUENOS: 1 € / PERSOA / SESIÓN

BO NADAL

Club Ximnasia Ferrolterra

outros textos de autoras contemporáneas como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra. Todo isto, baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk… e fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical.

Actividade recomendada para todos os públicos

Promove: Rede de Dinamización Lingüística. Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

MAXIA, TEATRO, CONTACONTOSXoves, 20 de decembro: BABALUVA – “A alfombra máxica”

Lugar: Biblioteca Municipal “Xosemaría Pérez Parallé”

Hora: 18.00 horas

Prazas limitadas: 20 bebés + acompañantes

Inscricións: Do 17 ao 19 de decembro na Biblioteca Municipal “Xose-maría Pérez Parallé”

Espectáculo para bebés especialmente recomendado para o seu desenvolvemento sensorio-motriz autónomo. A alfombra máxica é un “prelibro”, un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfativa onde a artista plástica Mirari Urruzola convida aos máis pequenos a mergullarse nunha viaxe sensorial. Xuntos descobren o praces de apalpar, manipular, escoitar, ver, saborear…

Actividade recomendada para bebés de 0 a 3 anos

Mércores, 26 de decembro: FABALOBA – “Un bico para Alí”Lugar: Salón de actos da Casa da CulturaHora: 12.00 horas

“Alicia chega unha noitiña á súa nova casa, un fogar moi particular que a esperta con cancións e onde cada paso adiante lle permite descubrir cofres misteriosos cheos de xogos e ilusións”. “Un bico para Alí” é un espectáculo contado, cantado e pintados a través das xanelas dun fantástico Kamishibai.

Actividade recomendada para público familiar

Xoves, 27 de decembro: MARTÍN CAMIÑA ILUSIONISTA – “Lingua do país”Lugar: Salón de Actos da Casa da CulturaHora: 12.00 horas

Espectáculo máxico-lingüístico “para lembrarlle ao Google que aquí non sabemos onde están Arteijo, Mugía, Rianjo nin Sangenjo. E para lembrar tamén que podemos falar en galego coa doutora, co avogado ou coa xuíza, xa que seguiremos tendo o mesmo problema de saúde, de preitos ou do que sexa”. “Lingua do páis” é un espectáculo participativo, cheo de sorpresas e tamén cheo de axóuxeres, bolboretas, beizos, garabatas, cóxegas, meigallos, folerpas...

Actividade recomendada para todos os públicos

Venres, 28 de decembro: CELTIA FIGUEIRAS RAMA – “As estacións en contos”

Lugar: Salón de Actos da Casa da CulturaHora: 12.00 horas

Luns 17-12 10:00 Visita do Apalpador CPI A Xunqueira 12:00 Visita do Apalpador CEIP Centieiras 13:15 Visita do Apalpador CPR Jorge Juan Martes 18-12 10:00 Visita do Apalpador CEI Sillobre 12:00 Visita do Apalpador CEIP Os Casais 13:15 Visita do Apalpador CEIP O Ramo 17:00 Concerto de Nadal das E.M. de Piano e Guitarra Casa da Cultura Xoves 20-12 18:00 Babaluva – “A alfombra máxica” Biblioteca Municipal Venres 21-12 20:00 Concerto de Nadal: Voices "Voces en feminino" Igrexa Barallobre Sábado 22-12 20:00 XVIII Festival de Panxoliñas “Concello de Fene” Liga A. Barallobre Mércores 26-12 12:00 Fabaloba – “Un bico para Alí” Casa da Cultura Xoves 27-12 12:00 Martín Camiña Ilusionista- "Lingua do país" Casa da Cultura Venres 28-12 12:00 Celtia Figueiras Rama - "As estacións en contos” Casa da Cultura 20:30 A banda da loba – “Bailando nas rúas” SCRD O Pote Sábado 5-1 18:00 Cabalgata de Reis Ver itinerario

EXPOSICIÓNS NA CASA DA CULTURA

Do 9 de novembro ao 28 de decembro, "Pinto&Chinto. 25 anos"

Do 21 de decembro ao 31 de xaneiro, “70 anos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos”

Do 4 ao 30 de xaneiro, “Des Amparo” de Laura Bouza

Divertida e amena sesión de contacontos dirixida ao público infantil para comprender o ciclo da natureza e sentir as estacións na súa plenitude, percibindo cada pequeno cambio, seguindo as súas etapas e poñendo en valor a sabedoría da natureza, que debemos coidar e respectar.

Actividade recomendada para público familiar

CABALGATASábado, 5 de xaneiro de 2018:

CABALGATA DAS SS. MM OS REIS MAGOS DE ORIENTESaída ás 18.00 horas de Perlío (fronte Aguilar) para percorrer Avenida Marqués de Figueroa, Cruce de Fene e Avenida de Naturais rematando na Praza do Concello onde o alcalde dará a benvida ás SS.MM OS REIS MAGOS DE ORIENTE.

A continuación terá lugar unha FESTA INFANTIL na Praza do alcalde Ramón Souto González

Se tes entre 6 e 12 anos e queres participar como PAXE REAL na Cabalgata, tes até o 21 de decembro para anotarte no Rexistro Xeral do Concello. Toda a información e os impresos de inscrición en http://fene.gal/

Día Data Hora Actividadade Local

EXPOSICIÓNSAté o 27 de decembro de 2018: “PINTO&CHINTO. 25 ANOS”

Lugar: Sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene / Avda. de Conces, 20-22, Fene

Horario de visitas até o 21 de decembro: De luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas. Os sábados, de 10.00 a 13.00 horas. Domingos e festivos, pechado

Horario de visitas 26 e 27 de decembro: De 10.00 a 14.15 horas Exposición de humor gráfico sobre a obra de Pinto&Chinto -David Pintor e Carlos López- dous dos

maiores referentes do humor gráfico galego. Trátase dunha mostra orixinal e sorprendente que constrúe un percorrido sobre a produción gráfica periodística deste dúo a través dunha reinterpretación da impre-sión rotativa.

Do 21 de decembro de 2018 ao 31 de xaneiro de 2019: EXPOSI-CIÓN DE HUMOR GRÁFICO “70 ANOS DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS”

Lugar: Salón de Plenos da Casa do Concello de Fene • Praza do alcalde Ramón Souto González, s/n

Horario de visitas: De luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas

Exposición de humor gráfico promovida polo Museu da Imprensa (Porto, Portugal) a propósito da conme-moración do 70º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. “Cada ano, PortoCartoon – World Festival- fai do humor unha bandeira polas grandes causas. Agora, para celebrar o aniversario da

Declaración, lanzamos unha rota mundial do humor, vencellando a varias institucións, en diferentes países”.

Do 4 ao 30 de xaneiro de 2019: EXPOSICIÓN DE PINTURA E DEBUXO DE LAURA BOUZA – “DES AMPARO”

Lugar: Sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene • Avda. de Conces, 20-22, Fene

Datas: Do 4 ao 30 de xaneiro de 2019

Horario de visitas 4 e 7 de xaneiro: De 10.00 a 14.15 horas

Horario de visitas do 8 ao 30 de xaneiro: De luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas. Os sábados, de 10.00 a 13.00 horas. Domingos e festivos, pechado.

Exposición que se adentra na evolución e fases do Alzheimer, enfermidade sobre a que xira toda a mostra. “Des Amparo” fala “do outro, do descoñecido, do ausente, da fraxilidade das persoas… Convídanos a poñer-nos no lugar do outro a través da primeira persoa da artista. A perda de identidade e a procura constante do “eu” lembra, a través das pinturas e debuxos de Laura Bouza, que a morte é a fin da vida pero non o límite do humano porque a Arte convértenos en inmortais”.

O APALPADOR VISITA OS COLEXIOS DE FENELuns 17 e martes 18 de decembro. VISITA DO APALPADOR AOS CENTROS DE ENSINO

• Luns, 17 de decembro • Martes, 18 de decembro• 10:00 h, no CPI A Xunqueira • 10:00 h, no CEI de Sillobre• 12:00 h, no CEIP de Centieiras • 12:00 h, no CEIP Os Casais• 13:15 h, no CPR Jorge Juan • 13:15 h, no CEIP Plurilingüe O Ramo

Grupo de teatro Os Furabolos

Elenco: Paula Castro, Estefanía Bustabad e Carlos LabrañaEste non é ano de froito, que hai moita seca. Como fará o Apalpador para conseguir castañas para repartir

no Nadal? Neste espectáculo, de aproximadamente 30 minutos, cóntase, dun xeito disparatado e divertido, a historia do Apalpador e a súa axudante Trasniña. Nenas e nenos aprenderán a soutar e cantarán as cancións tradicionais sobre o personaxe.

CONCERTOSMartes, 18 de decembro: CONCERTO DE NADAL DO ALUMNA-DO DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE PIANO E GUITARRAHora: 17:00 horas

Lugar: Casa da Cultura de FeneA Concellería de Cultura de Fene abre a súa programación musical de Nadal co tradicional concerto do alumnado das Escolas Munici-pais de piano e guitarra.Venres, 21 de decembro: CONCERTO DE NADAL VOICES - “VOCES EN FEMININO”Lugar: Igrexa parroquial de Barallobre

Hora: 20.00 horasVoices é unha agrupación de voces femininas que conta cun amplo repertorio de versións de distintos estilos (pop, baladas, gospel, etc.)Actividade recomendada para todos os públicos.Colabora: CPS Liga de Amigos de Barallobre

Sábado, 22 de decembro. XVIII FESTIVAL DE PANXOLIÑAS – CONCELLO DE FENE

Lugar: CPS Liga de Amigos de BarallobreHora: 20.00 horasConcerto de panxoliñas no que actúan todas as corais e rondallas do Concello de Fene. 1. Coral Polifónica Agarimo de Sillobre 2. Rondalla Perla del Río 3. Coral Eterna Xuventude 4. Rondalla Estrelecer 5. Coral Polifónica de San Valentín 6. Coral Polifónica de O Pote 7. Tradicoro

Organiza: Tradicoro

Colabora: CPS Liga de Amigos de Barallobre

Venres, 28 de decembro: A BANDA DA LOBA

“BAILANDO NAS RÚAS”

Lugar: SCRD O Pote

Hora: 20:30 horas

A Banda da Loba é unha formación integrada por cinco mulleres -Andrea Porto, Inés Mirás, Marcela Porto, Estela Rodríguez e Xiana Lastra- que decidiron unir as súas voces nun proxecto común. Este grupo salienta pola creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como na musicalización de poemas célebres e

CALENDARIO