plan de dinamización e proxecto plan de dinamización e ... · plan de dinamización e...
TRANSCRIPT
Curso 2014-2015
Proxecto
Educativo de
Centro
IES Santa Irene
Educar en liberdade responsable Educar en liberdade responsable Educar
en liberdade responsable
Educar en liberdade responsable
.
Educar en liberdade responsable
Plan de
Dinamización e
Normalización
Lingüística
IES Santa Irene
Plan de
Dinamización e
Normalización
Lingüística
(Anexo IV)
IES Santa Irene
Plan de Dinamización e Normalización Lingüística - IES Santa Irene
1
ÍNDICE
1. Informe da situación lingüística 2
1.1. Aspectos externos 3
1.2. Actuacións administrativas 3
1.3. Lingua de relación 3
2. A lingua galega na normativa docente 3
2.1. O galego nas aulas e taboleiros 3
2.2. O galego noutras actividades 4
3. Obxectivos do Plan Xeral para o uso do idioma 5
3.1. Obxectivos específicos para o ensino da lingua galega 6
3.2. Actividades 6
3.3. Información 6
3.4. Actuacións 6
4. Promoción e ensino da lingua galega no PEC 8
4.1. Normativa sobre a lingua 8
4.2. Relación de libros de texto e materias impartidas en lingua galega no curso 2015/16 9
Plan de Dinamización e Normalización Lingüística - IES Santa Irene
2
1. Informe da situación lingüística
Cómpre ter en conta que o noso centro está situado nun contexto urbano, o concello de Vigo, e máis
concretamente na zona das Travesas, considerado o segundo núcleo importante da cidade olívica. Este factor,
fai que teñamos que considerar algunhas cuestións específicas. Así hai que considerar que o alumnado do noso
centro non diverxe moito das estatísticas que o servizo de normalización do concello de Vigo ofrece sobre o
uso e o coñecemento da lingua galega: nas idades en que este centro imparte docencia, un 4,7% é galego
falante, un 58,1% castelán-falante e un 35,8% é bilingüe. É evidente que neste contexto de desgaleguización o
noso centro non pode contar cun alumnado maioritariamente galego falante. Este. Á súa vez se ve
desfavorecido polo uso minoritario que da lingua galega fai o profesorado. Na análise realizada a inicio deste
curso só o 21,11 % declarouse castelán-falante.
Polo tanto podemos dicir que hoxe por hoxe, a lingua maioritaria dos nosos alumnos e do profesorado é
o castelán, polo menos nos seus usos sociais, independentemente de cal sexa a súa lingua familiar. É necesario
sermos conscientes das causas que motivan este feito, en parte derivadas do sistema educativo, en parte
derivadas da situación sociolingüística de Galicia. O centro, como dixemos, tampouco é un ecosistema favorable
á presenza do galego. É evidente que non podemos cambiar os usos sociais das linguas, pero debemos cumprir
coa parte que a lexislación nos demanda: que o alumnado adquira unha boa competencia e que non teña
prexuízos cara á utilización do galego.
Debemos ter sempre presente o obxectivo que se persegue, sobre todo na ESO: que ao remate da etapa
o alumnado desenvolva unha boa competencia nas dúas linguas. Este obxectivo leva aparellado o de conseguir
que desaparezan os prexuízos e actitudes negativas cara á utilización do galego.
A experiencia destes últimos anos, así como os estudos realizados sobre os resultados prácticos,
permítenos ver algunhas das causas que impediron que en educación secundaria se acadase o obxectivo de
conseguir que, ao remate da etapa, o alumnado tivese unha boa competencia nas dúas linguas oficiais. Cremos
importante salientar estas causas para seren erradicadas:
-O incumprimento na docencia naquelas áreas que, como mínimo, se deben impartir en galego.
-A transmisión de prexuízos cara ao galego e o seu emprego na docencia, aínda que sexa dun xeito
inconsciente. Dáse esa transmisión cando non se imparten en galego as materias que, como mínimo, debesen
darse; dalgún modo, estase a transmitir a idea de que esta lingua non é apta para o coñecemento desas
materias.
Tamén se transmiten prexuízos cando se vive a presenza do galego como unha imposición explícita,
esquecendo que o noso é un sistema educativo bilingüe e que esa pretendida «imposición» forma parte do
núcleo esencial do noso sistema.
-Tamén deberían desaparecer as clases impartidas «en galego» dun xeito limitado; ou sexa, aquelas nas
que o profesorado se limita a utilizar esta lingua para seguir os contidos dun libro de texto e se ve obrigado a
empregar un galego moi deficiente (ou, directamente, o castelán) para as explicacións complementarias que
Plan de Dinamización e Normalización Lingüística - IES Santa Irene
3
demande o alumnado. Non é preciso insistir na visión negativa da lingua que unha práctica así lle transmite ao
alumnado.
-A escasa atención prestada á oralidade. Estase a dar o paradoxo de que existe un sector do alumnado
que remata esta etapa cunha aceptable competencia na lectura e na escrita, pero que presenta serias
deficiencias na práctica oral, o que couta de xeito drástico o seu uso espontáneo en contextos informais. Este
aspecto debería ser de doada corrección, pois só implica un cambio na metodoloxía didáctica do profesorado.
O centro, de calquera xeito, non variou a súa adopción do galego como lingua de relación. Sinalamos os
principais aspectos, como en anos anteriores, nos que incide o equipo de dinamización:
1.1. Aspectos externos
A rotulación das dependencias está correctamente normalizada.
1.2. Actuacións administrativas
Tanto a documentación interna como a externa están presentadas en galego, tal como sinala o artigo
120.1 da Lei de Normalización Lingüística.
As actas dos claustros, do Consello Escolar, os boletíns de cualificacións, o material de avaliación, así
como todo tipo de comunicación oficial están normalizados.
1.3. Lingua de relación
O profesorado deste centro utiliza o galego oral con bastante normalidade e as súas intervencións en
público son, en xeral, en galego. Os casos de monolingüismo en castelán son escasos. O que si se observa é a
abundancia de casos que utilizan unha lingua ou outra dependendo do interlocutor ou da situación.
No Consello Escolar coma nos Claustros observamos un uso maioritario do galego.
A lingua utilizada polo alumnado é maioritariamente o castelán, aínda que a maioría ten o galego como
lingua próxima e non se observa rexeitamento máis que en casos moi illados.
Dos datos que figuran no Proxecto Educativo de Centro referentes á situación lingüística podemos tirar
os seguintes datos:
Practicamente a totalidade do alumnado afirma ser capaz de comprender o galego. Aínda así un 75%
cre desenvolverse mellor en castelán que en galego.
2. A lingua galega na normativa docente
2.1. 0 galego nas aulas e taboleiros
A situación ten empeorado polo recente decreto de plurilingüismo. As materias que houbo que cambiar
Plan de Dinamización e Normalización Lingüística - IES Santa Irene
4
ao abeiro deste decreto impartíanse en cursos pasados en lingua galega. Non só se prexudicou a competencia
na nosa lingua senón que tamén economicamente os pais saíron perdendo. Tense constatado que as peticións
de axudas para os libros que cambian de idioma foron mínimas. Por contra a proporcionalidade entre materias
que se imparten en galego e castelán desfavorece, segundo os plans do goberno, á lingua galega.
2.2. 0 galego noutras actividades
Nas actividades extraacadémicas que se desenvolven no centro, a lingua empregada maioritariamente é
o galego.
As excursións, saídas, visitas culturais, etc., fanse con guións e documentación en galego.
A revista do centro Trégola sempre ten como lingua a galega. Os obxectivos son os de procurar un
espazo onde a comunidade educativa, especialmente o alumnado, poida expresar asuntos de interese para a
mesma e dar conta de actividades realizadas durante o curso. Tamén divulgar a consideración da lingua galega
como propia dun medio de comunicación e habituar no seu uso ao alumnado e promover o coñecemento do
medio máis próximo en todas as súas variantes para aumentar a autoestima e a conciencia necesarias para
emprender un cambio de actitude favorábel ao emprego coherente da lingua galega.
A revista dixital (http://revistatregolasantairene.blogspot.com.es) acompaña á revista que se
publicará impresa en papel no mes de maio co propósito de crear un novo espazo máis dinámico e interactivo
para o encontro do alumnado. Nela a comunidade de alumnos/as atopará diverso tipo de información, en
lingua galega, acompañada de creación en diferentes xéneros. Son 17 os membros que integran o equipo de
redacción, baixo a coordinación de Bernardino Gándara e Manuel Rosales. Os principios e obxectivos son os
seguintes:
“A Revista Dixital Trégola quere que o alumnado exprese o “seu amor á arte”, é decir, saque fotos e faga
vídeos e os expoña, que comente libros, exposicións, videoxogos, teatro, cine ou fútbol, que comente tamén
folgas, problemas sociais, ou ideoloxías políticas, que de xeito literario exprese as súas ideas, desexos e
experiencias, que se manifeste a curiosidade pola ciencia e os avances tecnolóxicos, que o alumnado guste de
estar informado e cos pés na actualidade, que participe nas actividades do insti” e se comenten os eventos
relacionados co noso centro.
Trégola permite aos que traballan nela dar o mellor de si mesmos, exercitar unha temperá vocación
periodística, entreterse e entreter, dicir o que pensan e valoran, participar e crear un “ambiente” escolar
ilusionante.
Trégola é “para todos os públicos”, o único límite de publicación é o respecto ás persoas e o interese dos
lectores. Os que fan Trégola non queren ser aburridos, e tampouco pasar por falsos “entendidos”; os que fan
Trégola teñen claro que o destinatario do seu traballo non pode ser o ignorante instalado, nin o que só quere
ser un “estorbo”, nin o intolerante.
Plan de Dinamización e Normalización Lingüística - IES Santa Irene
5
Trégola escríbese en Galego…E por que non? É a nosa lingua, é preciosa e soa xenial; estamos orgullosos
de falar en galego, queremos reivindicar o seu uso e facelo ben. O galego non representa ningunha mingua na
expresión das nosas ideas; ao revés.”
Tamén continuaremos animando o alumnado para que interveña no grupo de teatro Spasmo que
cumpre entre os seus obxectivos básicos:
-Crear unha dinámica de traballo colectivo
-Fomentar a expresión oral en lingua galega.
-Fomentar o coñecemento do grupo e do individuo.
-Entender a tarefa persoal como elemento constitutivo do grupo.
-Estimular as capacidades psicomotoras
-Recoñecer os medios de expresión dramática.
-Organizar e utilizar eses medios.
Participan 13 alumnos de ESO e 12 de bacharelato en dous grupos de teatro diferenciados pola
ensinanza que reciben (un grupo de ESO e outro de Bacharelato) .
3. Obxectivos do Plan Xeral para o uso do idioma
O obxectivo final ha de ser a normalización do galego en todos os estamentos educativos.
Tendo en conta a descrición feita dos diferentes sectores da comunidade escolar do IES Santa Irene, os
nosos obxectivos fundamentais son actitudinais e tendentes a procurar un cambio na valoración social do
galego en cada un dos sectores, e moi sinaladamente no do alumnado. Os nosos obxectivos seguirán sendo:
A) Implicar ao sector máis concienciado como elemento dinamizador da normalización lingüística do
Centro.
Considerando ao alumnado como o elemento máis importante no proceso de normalización do Centro,
a nosa actividade neste curso orientarase cara a eles por entender que representan o futuro do idioma,
constitúen a base fundamental da comunidade educativa e son tamén o elemento máis castelanizado e o máis
susceptible de cambio lingüístico.
Pretendemos, a curto prazo, a integración do maior número posible do alumnado no Grupo de
Normalización Lingüística do Centro e que este grupo funcione como dinamizador do galego cara ao resto do
alumnado. Neste curso 2013-2014 contamos coa colaboración de 15 alumnos/alumnas na revista do centro e 25
alumnos/alumnas nos dous grupos de teatro.
B) Aprender a valorar positivamente o idioma como un primeiro paso cara á súa aprendizaxe e
utilización efectiva.
Esta valoración positiva do idioma ha de ir acompañada dunha valoración positiva do propio. Coidamos
que neste sentido o ensino ten un papel que non está a cumprir, o de posibilitar a integración equilibrada do
Plan de Dinamización e Normalización Lingüística - IES Santa Irene
6
alumnado no seu mundo para que coñeza e valore o que nos é propio. Só así se poderá superar a situación
diglósica na que está inmerso o alumnado e gran parte da sociedade galega.
Para conseguirmos estes obxectivos fomentaremos o traballo interdisciplinar que esperte no alumnado
o interese pola historia, o patrimonio, a xeografía, o medioambiente...
C) Sensibilizar a pais e nais, e o persoal administrativo e o non docente, para que colabore nas
actividades do proceso normalizador.
O profesorado, persoal non docente e os pais non deben estar ausentes á hora de formular os nosos
obxectivos. Por iso trataremos de que se incorporen a este proceso.
3.1. Obxectivos específicos para o ensino en lingua galega
O obxectivo final ten que ser que o galego sexa a lingua vehicular do ensino.
Os obxectivos específicos que teremos serán os seguintes:
A) Concienciar ao profesorado da importancia da súa actuación no proceso de normalización
lingüística. Normaliza máis o profesor doutras materias que dá a clase en galego que o propio
profesor de lingua ou literatura galegas.
B) Fomentar a creación de actividades interdisciplinares programando actividades a tal fin e intentar
incorporar contidos referentes á realidade cultural galega. Neste curso aprobouse un plan de Formación no
Centro sobre a Integración didáctica das TIC e o uso cooperativo en rede a través de espazos virtuais Isto
permitiu que tanto o medio (o espazo virtual na web do centro) como as actuacións dos Seminarios e Grupos
de traballo se veñan desenvolvendo en lingua galega. C) Facilitar calquera tipo de información, axuda
lingüística, etc. que lles permita impartir as clases en galego.
Aínda valorando a importancia do ensino no proceso normalizador, entendemos que esta
normalización debería inscribirse nun plan máis amplo que abarque todos os sectores da sociedade como
único medio de superar a situación diglósica que vivimos.
3.2. Actividades
Tal como sinalamos nos obxectivos, dirixímonos fundamentalmente ao alumnado e polo tanto a maior
partedas actividades irán dirixidas a eles como elemento nuclear do Plan de Normalización Lingüística, pero
sen esquecermos os outros sectores da comunidade educativa. O programa de actividades irá dirixido, pois, a
todos os sectores implicados e terá dúas fases: Información e actuacións.
3.3. Información
Logo da formación do ENDL do IES Santa Irene, programamos unha xuntanza aberta co alumnado
interesado en incorporarse ó Grupo de Normalización. Tamén iniciamos unha campaña de información sobre o
propio grupo tanto nas aulas como nos taboleiros. A partir de aí programamos as seguintes actuacións.
Plan de Dinamización e Normalización Lingüística - IES Santa Irene
7
3.4.. Actuacións
Entre as actividades programadas para este curso están as seguintes:
3.4.1. Colaboración co equipo de Biblioteca
O equipo de Biblioteca intervén na programación e intercambio de materiais e actividades de
animación á lectura. Para isto tívose en conta:
A análise e coñecemento do contexto sociocultural, hábitos lectores e escritores do alumnado que nos
permita realizar unha programación real e axustada ás necesidades destes.
Selección de fondos: adecuación dos textos seleccionados ás etapas lectoras dos usuarios o que
permitirá, tamén, a creación dun fondo diverso e rico en materiais e fontes de documentación.
Métodos e recursos dinámicos: que permitan que o usuario sexa participativo. Entre estes métodos
podemos mencionar o achegamento ao libro, a lectura e a escritura, as estratexias integradoras, as
técnicas de documentación e habilidades para investigar, a utilización permanente da biblioteca do
centro, o uso dos medios de comunicación social e as novas tecnoloxías, a organización anual de
xornadas de animación á lectura e escritura.
Moitas das actividades xa realizadas pódense atopar no blog da biblioteca:
http://www.acovamaxica.blogspot.com.es
3.4.2. Outras actividades extraordinarias de fomento da lectura:
Lectura de noticias interesantes en xornais e debates sobre estas.
Xornadas de Poesía co alumnado de primeiro ciclo.
Decoración e ambientación da clase, a biblioteca e os corredores con motivos e slógans que animen a
ler.
Coincidindo con efemérides realizaranse actividades en torno a:
a. Ambientación de clases, paneis e corredores con motivos relacionados.
b. Concurso literario.
3.4.3. Outras actividades de dinamización:
Introducir ao alumnado nas novas tecnoloxías a través da lingua galega. Neste sentido, hai en
funcionamento unha revista dixital coa finalidade de aumentar o interese pola lingua e a cultura
galega a través da rede.
Convocatoria de certames literarios (narración e poesía), certame de carteis e cómics na honra do
escritor que corresponda para conmemorar o día das Letras Galegas.
Elaboración da revista Trégola. Cada ano presentamos un edición. Nela colabora o alumnado de
todos os niveis educativos e profesores.
Plan de Dinamización e Normalización Lingüística - IES Santa Irene
8
O centro conta cun grupo de teatro estable, chamado Spasmo. Trabállase ao longo do curso cun
grupo de ESO e un grupo de bacharelato.
A Dirección, en colaboración cos distintos departamentos, programa distintas actividades interesantes
para recoñecer a variedade social, cultural, xeográfica, museística, lingüística... do territorio galego.
Neste sentido trabállase o Proxecto Illa de Ons elaborado no marco do plan de Formación no Centro
sobre a “Integración didáctica das TIC e o uso cooperativo en rede a través de espazos virtuais”.
Deseñando unha serie de tarefas para o alumnado e profesorado:
a) derivadas da presentación do proxecto: redacción de cartas, preparación de
exposicións orais, preparación de presentacións, presentación en vídeo.
b) derivadas da preparación do material: visitas (Museo Massó de Bueu, Aula da Natureza
de cabo Udra…), preparación de orzamento e actividades para a financiación do
proxecto.
c) derivadas da preparación curricular: Matemáticas (tratamento gráfico e cuantitativo da
información; medidas de distancias e triangulacións…)Linguas (recollida de relatos e
rexistro de variantes dialectais…); Historia e Xeografía (demarcación xeográfica, restos
arqueolóxicos, arte da zona…); Bioloxía (descrición de flora e fauna…)…
4. Promoción e ensino da lingua galega no PEC.
4.1. Normativa sobre lingua.
Exencións:
1. O alumnado que se incorpore ao sistema educativo de Galicia en educación secundaria obrigatoria ou
en bacharelato, procedente doutras comunidades autónomas ou dun país estranxeiro, poderá obter unha
exención temporal da cualificación das probas de avaliación da materia de lingua galega durante un máximo de
dous cursos escolares.
A exención suporá a consignación de exento nos documentos oficiais de avaliación do alumnado. O
alumnado terá que asistir ás aulas como medio de integración lingüística e coa finalidade de que co seu esforzo
persoal, con materiais didácticos específicos e cunha axuda continua do seu profesorado poida ter, ao remate
do prazo da exención, un dominio adecuado da lingua galega e seguir as ensinanzas propias do nivel en que
estea ou vaia matricularse en igualdade de condicións ca os demais compañeiros/as de clase.
O incumprimento por parte do alumno do establecido no punto anterior determinará, logo dos
informes pertinentes e oído o interesado e, se é o caso, pais, nais, titores/as ou representantes legais do
alumno/a, a revogación da exención.
Tanto a revogación como a denegación da exención producirán como efecto a obriga para o alumnado
de ser cualificado nas avaliacións parciais e finais ao final do curso en que se atopa.
Plan de Dinamización e Normalización Lingüística - IES Santa Irene
9
Nos respectivos documentos oficiais de avaliación farase constar a exención concedida e, se é o caso, a
posible revogación e a conseguinte cualificación.
Solicitudes de exención.
A exención solicitarase para cada ano académico de permanencia na Comunidade Autónoma de Galicia
e os seus efectos limitaranse ao citado ano, sen que se poidan conceder máis de dous cursos escolares
consecutivos, conforme o previsto no artigo anterior deste decreto.
As solicitudes de exencións dirixiranse aos directores/as dos centros. Os centros docentes públicos
dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria resolverán sobre a súa concesión ou
denegación no prazo máximo de dez días hábiles, contados a partir da presentación da documentación
completa.
A resolución da dirección do centro docente público poderá ser impugnada mediante recurso de alzada,
no prazo dun mes, perante o xefe territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
A normalización lingüística:
O Equipo de normalización lingüística preocuparase por:
aspectos visuais do centro,
composición lingüística da biblioteca,
subscricións a publicacións en galego,
materiais didácticos en galego,
necesidades e expectativas do profesorado e
a promoción de actitudes positivas cara á lingua usando o diálogo e puntos de encontro.
4.2. Relación de libros de texto e materias impartidas en lingua galega no curso 2015/16:
RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO 2015/2016 1º de BACHARELATO (Diúrno e Adultos) Materia Título, autor, editorial e ano de publicación ISBN Lingua
RELIXIÓN NON HAI LIBRO DE TEXTO
FRANCÉS 2º IDIOMA DANIÉLE BOURDAIS E OUTROS/MOT DE PASSE 1 (LIVRE DE L´ÉLÈVE)/OXFORD 2010 DANIÉLE BOURDAIS E OUTROS/MOT DE PASSE 1 (CAHIER D´ACTIVITÉS))/OXFORD 2010
978-84-673-5165-1 978-84-673-5167-5
Francés
FÍSICA/QUÍMICA NON HAI LIBRO
INGLÉS Contrast 1 Student´s book de A. Williams & M. Baines, Burlington Books 978-9963-48-515-4 Inglés
MATEMÁTICAS (*Non mercar ata falar co profesor que imparta a materia)
*MATEMÁTICAS 1 (PROYECTO SAVIA)/FERNANDO ALCAIDE E OUTROS/SM 978-84-985-7656-6
*MATEMÁTICAS APLICADAS A LAS CIENCIAS SOCIALES 1/FERNANDO ALCAIDE/SM 978-84-675-7657-3 Castelán
MÚSICA NON HAI LIBRO DE TEXTO
LINGUA CASTELÁ LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA / EDITORIAL OXFORD SERIE INICIA DUAL 978-84-673-8551-9 Castelán
HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO
HDM. Historia do Mundo Contemporáneo. Aula 3D Vicens Vives
978-84-682-3126-6 Galego
LINGUA GALEGA LINGUA E LITERATURA 1º/ ANA IGLESIAS e outros/ EDICIÓNS XERAIS/2015 978-84-9914-889-2 Galego
FILOSOFÍA E CIDADANÍA SEN LIBRO DE TEXTO 978-84-667-7380-5 Galego
TECNOLOXÍA SEN LIBRO DE TEXTO
CIENCIAS PARA O MUNDO CONTEMPORÁNEO
ANAYA
978-84-667-7371-3
Galego
BIOLOXÍA
BIOLOXIA E XEOLOXIA ( LOMCE)
978-84-678-2811-5
Galego ou
Castelán
DEBUXO TÉCNICO
JAVIER RODRÍGUEZ / DIBUJO TÉCNICO 2 / EDITORIAL DONOSTIARRA 2008 (o libro de 1º e 2º de bacharelato é o mesmo)
84-7063-299-X Castelán
ECONOMÍA
Mª CARMEN BERNAL / ECONOMÍA / ALMADRABA 2008 978-84-8308-708-4 Castelán
LATÍN
HANS H. ØRBERG e OUTROS/ LINGUA LATINA PER SE ILLUSTRATA (Pars I Familia romana,2011; Exercitia Latina I, 2011), /Ediciones Cultura Clásica, S.L.
978-84-935798-5-2
(Familia romana)
978-84-935798-6-9
(Exercitia Latina)
Latín
ANATOMÍA APLICADA PENDENTE PARA SETEMBRO
GREGO
RECOMENDADO (NON OBRIGATORIO): BERTOLO BALLESTEROS e OUTROS/ GREGO/ ISBN: 978-84-96526-88-4
TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I TECNOLOGÍA INDUSTRIAL 1/ MACGRAW HILL, 2012 978-84-481-8057-7 Castelán
ANTROPOLOXÍA NON HAI LIBRO
RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO 2015/2016 2º de BACHARELATO (Diúrno e Adultos) GREGO
NON HAI LIBRO
LINGUA GALEGA
RECOMÉNDASE (NON OBRIGATORIO) LINGUA GALEGA 2º /EDICIÓNS XERAIS 2009
MATEMÁTICAS (*Non mercar ata falar co profesor que imparta a materia)
*MATEMÁTICAS 2. /J. R. VIZMANOS Y OTROS/SM 978-84-675-3472-6 Galego
*MATEMÁTICAS APLICADAS A LAS CIENCIAS SOCIAIS 2 / J. R. VIZMANOS Y OTROS / S.M. 978-84-675-3473-3
Galego
LINGUA CASTELÁ
LENGUA Y LITERATURA 2 / ANAYA, 2009 (SÓ QUENDA DE ADULTOS; EN DIÚRNO, SEN LIBRO) 978-84-667-8246-3 Castelán
FRANCÉS
NON HAI LIBRO
FÍSICA
Recomendado (non obrigatorio. Agardar a principio de curso para tomara decisión).FÍSICA / ÁNGEL PEÑA E OUTROS / MC GRAW HILL
978-84-481-7027-1 Castelán
QUÍMICA
Recomendado (non obrigatorio. Agardar a principio de curso para tomara decisión).QUÍMICA / ANTONIO POZAS E OUTROS / MC GRAW HILL
978-84-481-6962-6 Castelán
INGLÉS
Contrast 2 - Alan Williams & Margaret Baines - Ed. Burlington 9789963485277 Inglés
HISTORIA DE ESPAÑA
Recomendado (non obrigatorio. Agardar a principio de curso para tomar decisión) : HISTORIA DE ESPAÑA / ARÓSTEGUI SÁNCHEZ /VICENS VIVES---HISTORIA DE ESPAÑA/EDITORIAL BAHÍA
978-84-316-9259-9 978-84-926-3009-7
Galego
HISTORIA DA ARTE
SEN LIBRO OBRIGATORIO (FALAR CO PROFESOR)
XEOGRAFÍA
XEOGRAFÍA / MUÑOZ DELGADO / ANAYA/2012 978-84-678-1078-3 Galego
ECONOMÍA DA EMPRESA
J. ALFARO / ECONOMÍA DE LA EMPRESA /MCGRAW-HILL 2013 978-84-481-8365-3 Castelán
FILOSOFÍA
NON HAI LIBRO (PENDENTE DO QUE DECIDA O DEPARTAMENTO EN SETEMBRO)
BIOLOXÍA
BIOLOXIA/C.PLAZA E OUTROS/ANAYA2009
978-84667-8316-3 Galego ou Castelán
DEBUXO TÉCNICO
JAVIER RODRÍGUEZ / DIBUJO TÉCNICO 2 / EDITORIAL DONOSTIARRA 2008 (o libro de 1º e 2º de bacharelato é o mesmo) 84-7063-299-X Castelán
CIENCIAS DA TERRA E DO MEDIO AMBIENTE
RUBIO,SAEZ,RUIZGARCÍA,DEHESA FUENTES/ANAYA/2001 84-667-0185-0
Galego
FRANCÉS 2º IDIOMA MAGALI DUSSOL/MOT DE PASSE 2 (LIVRE DE L´ÉLÈVE)/OXFORD 2010 MAGALI DUSSOL /MOT DE PASSE 2 (CAHIER D´ACTIVITÉS))/OXFORD 2010
978-84-673-5178-1 978-84-673-5180-4
Francés
LITERATURA UNIVERSAL NON HAI LIBRO
LATÍN NON HAI LIBRO
ÉTICA e FILOSOFÍA DO DEREITO
NON HAI LIBRO (PENDENTE DO QUE DECIDA O DEPARTAMENTO EN SETEMBRO)
ELECTRONTÉCNIA SEN LIBRO DE TEXTO
RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO 2015/2016 1º ESO
Materia Título, autor, editorial e ano de publicación ISBN Lingua
MATEMÁTICAS (*Non mercar ata falar co profesor
que imparta a materia)
*MATEMÁTICAS 1º ESO, Miguel Nieto e outros/SM 978-84-675-7594-1 Castelán
PLÁSTICA CUADERNO DIBUJO TÉCNICO. NIVEL 1 CUADERNO DIBUJO ARTÍSTICO. NIVEL 1
978-84-294-7348-3 978-84-294-7376-6
Castelán
FRANCÉS COLIN CHRISTE E OUTROS/INÉDIT PLUS 1/HACHETTE SCEL/2011 CAHIER D´EXERCICES 1/ HACHETTE SCEL/2011
978849778681-2 978849778682-9
Francés
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA BIOLOXIA E XEOLOXIA Anaya (LOMCE) 978-84-678-5181-6 Galego
INGLÉS SWITCH 1/ROBERT QUINN, PAUL A. DAVIS&TIM/OXFORD/ 2010 9780194848756 Inglés
CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFIA E Hª
XH. Xeografía e historia (2 tomos). Aula 3D Vicens Vives
978-84-682-3121-1 Galego
LINGUA CASTELA E LITERATURA LENGUA Y LITERATURA 1/SANTILLANA SERIE COMENTA 978-84-680-1577-4 Castelán
RELIXIÓN NON HAI LIBRO
LINGUA GALEGA E LITERATURA LINGUA E LITERATURA/XERAIS/2015 978-84-9914-885-4 Galego
RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO 2015/2016 2º ESO
Materia Título, autor, editorial e ano de publicación ISBN Lingua
LINGUA GALEGA E LITERATURA
DANIEL ASOREY E OUTROS/LINGUA GALEGA E LITERATURA/ SANTILLANA OBRADOIRO /2012 (2 VOLUMES) 9788499720159 (1º VOL.) Galego
LINGUA CASTELÁ E LITERATURA
LENGUA Y LITERATURA /ANAYA 978-84-678-0221-4 Castelán
FRANCÉS COLIN CHRISTE E OUTROS/INÉDIT PLUS 2/ HACHETTE SCEL/2011 CAHIER D´EXERCICES 2/ HACHETTE SCEL/2011
978849778703-1 978849778704-8
Francés
CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFÍA E HISTORIA
Ciencias sociais, xeografía e historia. Novo Cabo Fisterra (3 tomos) Vicens Vives
978-84-682-0927-2 Galego
INGLÉS Switch 2 Student´s book de Robert Quinn, editorial Oxford. 9780194848909 Inglés
TECNOLOXÍAS NON HAI LIBRO DE TEXTO
MÚSICA NON HAI LIBRO DE TEXTO
CIENCIAS DA NATUREZA CIENCIAS DA NATUREZA/S. ZUBIAURRE E OUTROS/ANAYA/2012 (UNIDADES TRIMESTRAIS) 978-84-678-2376-9 Galego
MATEMÁTICAS (*Non mercar ata falar co profesor que imparta a materia)
*MATEMÁTICAS MÚLTIPLO 2º ESO/A. CARRERAS E OUTROS/SM 978-84-675-4825-9 Castelán
RELIXIÓN NON HAI LIBRO
EDUCACIÓN PARA CIDADANÍA JOSÉ ANTONIO MARIÑA/EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA/SM XERME/2008 978-84-9854-026-0 Galego
RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO 2015/2016 3º ESO
Materia Título, autor, editorial e ano de publicación ISBN Lingua
TECNOLOXÍA SEN LIBRO DE TEXTO
FÍSICA/QUÍMICA SEN LIBRO DE TEXTO (PENDENTE ATA SETEMBRO)
MATEMÁTICAS (*Non mercar ata falar co profesor que imparta a materia)
MATEMÁTICAS orientadas ás ensinanzas académicas (Proyecto Savia)/ Fernando Alcaide e outros 978-84-675-7622-1 Castelán
*MATEMÁTICAS orientadas ás ensinanzas aplicadas (Proyecto Savia) / Fernando Alcaide e outros/SM 978-84-675-7621-4 Castelán
E. PLÁSTICA E VISUAL PLÁSTICA NIVEL III/SANTILLANA CUADERNO DIBUJO TÉCNICO. NIVEL III /SANTILLANA
978-84-680-1835-5 978-84-294-7355-1
Castelán
MÚSICA NON HAI LIBRO
FRANCÉS COLIN CHRISTE E OUTROS/INÉDIT PLUS 3/ HACHETTE SCEL/2011 CAHIER D´EXERCICES 3/ HACHETTE SCEL/2011
978849778686-7 978849778687-4
Francés
BIOLOXÍA-XEOLOXÍA. BIOLOXÍA E XEOLOXÍA/ANAYA (LOMCE) 978-84-678-5334-6 Galego
INGLÉS English Plus 3 Student´s book de Ben Wetz & H. Halliwell, editorial Oxford. 9780194848299 Inglés
XEOGRAFÍA XEOGRAFÍA E HISTORIA/SM 978-84-985-4536-4 Galego
LINGUA CASTELA E LITERATURA
LENGUA E LITERATURA 3/EDITORIAL SANTILLANA SERIE COMENTA 978-84-680-3657-1 Castelán
CULTURA CLÁSICA CULTURA CLÁSICA 3º ESO/SANTILLANA /2015 (vale tamén a edición de 2010) 978-84-905-8346-3 Castelán
RELIXIÓN NON HAI LIBRO
LINGUA GALEGA E LITERATURA
LINGUA E LITERATURA/XERAIS 2015 978-84-991-4886-1 Galego
RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO 2015/2016 4º ESO
Materia Título, autor, editorial e ano de publicación ISBN Lingua
FÍSICA/QUÍMICA GALLARDO, PILAR/OXFORD/PROXECTO ADARVE 978-84-6737018-8 Castelán
MATEMÁTICAS (*Non mercar ata falar co profesor que imparta a materia)
*MATEMÁTICAS MÚLTIPLO 4º ESO OPCIÓN B/AUTORES A. CARRERAS E OUTROS/SM 978-84-675-5346-8 Castelán
*MATEMÁTICAS MÚLTIPLO 4º ESO OPCIÓN A/AUTORES J. CELMA E OUTROS/SM 978-84-675-5330-7 Castelán
FRANCÉS COLIN CHRISTE E OUTROS/INÉDIT PLUS 3/ HACHETTE SCEL/2011 CAHIER D´EXERCICES 3/ HACHETTE SCEL/2011
978849778686-7 978849778687-4
Francés
HISTORIA Ciencias sociais, historia. Novo Cabo Fisterra (3 tomos) Vicens Vives
978-84-682-0811-4 Galego
INGLÉS English Plus 4 - Ben Wetz & Helen Halliwell - Ed. Oxford 9780194848411 Inglés
TECNOLOXÍA NON HAI LIBRO DE TEXTO
INFORMÁTICA NON HAI LIBRO DE TEXTO
I.P.E.E. SEN LIBRO DE TEXTO
EDUCACIÓN PLÁSTICA CUADERNO DIBUJO TÉCNICO. NIVEL IV 978-84-294-7350-6 Castelán
LATÍN HANS H. ØRBERG e OUTROS/ LINGUA LATINA PER SE ILLUSTRATA (Pars I Familia romana,2011; Exercitia Latina I, 2011), /Ediciones Cultura Clásica, S.L.
978-84-935798-5-2
(Familia romana)
978-84-935798-6-9
(Exercitia Latina)
Latín
MÚSICA NON HAI LIBRO DE TEXTO
RELIXIÓN NON HAI LIBRO DE TEXTO
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA CIENCIAS DA NATUREZA/J. HERNÁNDEZ E OUTROS/ANAYA/2012 (UNIDADES TRIMESTRAIS) 978-84-678-2603-6 Galego
LINGUA GALEGA E LITERATURA
DANIEL ASOREY E OUTROS/LINGUA GALEGA E LITERATURA/SANTILLANA OBRADOIRO/2012 9788499721286 Galego
LINGUA CASTELÁ E LITERATURA
LENGUA Y LITERATURA /ANAYA 978-84-678-0247-4 Castelán
CULTURA CLÁSICA CULTURA CLÁSICA 3º ESO. ROSARIO MARCO Y OTROS. SANTILLANA /2010 (MESMO LIBRO QUE EN 3º de ESO) 978-84-294-0799-0 Castelán
EDUCACIÓN ÉTICO CÍVICA
JAVIER PÉREZ CARRASCO E CARMEN DÍAN OTERO/CIDADÁNS/PEARSON ALHAMBRA/2008 978-84-205-5512-6 Galego