programaciÓn cultural setembro 2018...xiv mostra de teatro afeccionado premios lugrís freire...
TRANSCRIPT
Casa da Cultura Pintor Lloréns
PROGRAMACIÓN CULTURAL
SETEMBRO 2018
Teatro
XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire
Sábado 1 de setembro 20h
“Un mal día” Compañía Teatro Lameiro
O que comezaba coma un día marabilloso na vida de Xoán, despois dunha noite de troula e “festa rachada”, trúncase
diametralmente coa entrada en escena de varios personaxes que, aos poucos, van liándolle a manta á cabeza ao seu protagonista.
Primeiro a muller que limpa no seu piso, desesperada pola recente chegada do seu home; logo un dos seus mellores ou peores amigos, segundo se mire, que, vestido cun traxe de
sacerdote, escandaliza e pon patas arriba todo o escenario.
A continuación, o produtor do filme que dirixe Xoán que, ademais, resulta ser o seu sogro; e así toda unha serie de
personaxes que van desfilando, como se fora o camarote dos irmáns Marx...
Comedia. Autor Hugo Daniel Marcos Duración 90 min. Todos os Públicos
Votación directa do público ao finalizar cada representación
Teatro
XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire
Sábado 8 de setembro 20h
“Nosotros, ella y el duende” Compañía Los Cigarrales
Diálogos ocorrentes, situacións esperpénticas, gargalladas,
sátiras burguesas, belisco de sainete e intriga policíaca.
A partir dun equívoco –parella moza que unen as súas vidas e paralelismo dos seus pais viuvos– saltan os personaxes de enredo e loita de sexos onde vencen con folgura as damas gracias a ese “duende” que as apoia e polo cual preguntan
os actores ao público.
Comedia. Autor Carlos Llopis. Duración 90 min. Público Adulto
Votación directa do público ao finalizar cada representación
Teatro
XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire
Sábado 15 de setembro 20h
“Algo pasa con Paco” Cía. O Aturuxo de Melpómene
Paco Checo é un cabaleiro errante dos de antes, dos
que van na procura de dragóns e tesouros sen
pensalo, xa que posúe un grande e indubidable valor,
ou iso cre él, pero a verdade é que Paquiño xa coñeceu tempos mellores.
Cando as malvadas forzas
do mal raptan á princesa do Pobo, Paco e o seu fiel
escudeiro, Xaime, lánzanse ao camiño trala aventura e
o misterio.
Maxia, enredos, e entortos vánse sucedendo nunha
trepidante e choqueira historia, onde Paco aprenderá que a vida non é só branca ou negra, senón que está chea de cores.
Comedia. Autor Alejandro Martín. Duración 80 min. Maiores de 12 anos.
Votación directa do público ao finalizar cada representación
Teatro
XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire
Sábado 22 de setembro 20h
“Electra” Compañía El Ruiseñor
Despois que Clitemnestra asesinase o seu marido Agamenón, entrega a súa filla Electra a un
campesiño para evitar que teña descendencia
nobre, pois se isto chegase a suceder
seguramente reclamaría o seu dereito ao trono.
Electra vive no campo, casada co campesiño, o seu irmán Orestes
chega a casa de Electra, quen non o recoñece ó principio e éste, sen se
dar a coñecer, trata de pescudar se a súa irmá estaría disposta a vingar a
morte do seu pai. Cando ao fin os irmáns recoñécense, planean a vinganza
sobre a súa nai e o seu novo marido.
Traxedia. Autor Eurípides Duración 80 min. Maiores de 14 anos.
Votación directa do público ao finalizar cada representación
Teatro
XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire
Sábado 29 de setembro 20h
Gala de entrega de premios - Premio do Público - Premio do xurado
- Recoñecementos especiais
As 21 horas peche da Mostra a cargo do grupo municipal Leneas Teatro, que interpretará “Falsas Profecías”, espectáculo de creación propia a partir de textos
de diversos autores.
Directores: Santiago Fernández e Chus Álvarez
Música: David Karro
Teatro infantil
Venres 14 ás 18:30h
“Saaabor” de Félix Rodríguez e Fran Rei
"SAAABOR! é un espectáculo cómico
que mestura música, maxia,
humor, moito ritmo e participación do público, co
mundo da gastronomía
de fondo.
Os nosos protagonistas
convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen
pratos para todos os gustos: desde a comida máis práctica e sinxela, ata a máis elaborada, sen esquecer o viño e a sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia. ”
Comedia. Autor Avelino González Duración 55 min. Todos os Públicos
Representación ó aire libre no Parque das Brañas
(Se vai mal tempo trasladaráse á Casa da Cultura)
Contacontos na Biblioteca
Os Contos da Curuxa Catuxa
Programa anual de animación á lectura da Biblioteca Pública Municipal
de Sada
Entrada gratuita, Aforo limitado
Venres 21 de setembro
Función ás 18:30 horas
Casa da Cultura: Exposición de obras
de
Antonio Quintia Basoa
Capela de San Roque:
Exposición de obras de
Manuel Suárez
de Concha
Exposicións
A programación pódese ver alterada por necesidades de axenda ou outras circunstancias
Información actualizada nas páxinas web do Concello:
www.concellodesada.com www.facebook.com/culturasada www.instagram.com/sada.cul/
e no teléfono 981 619 115
Coa colaboración de:
Organiza:
-Aforo Limitado
-No auditorio non está permitido o consumo de alimentos e/ou bebidas
-Rógase a máxima puntualidade
-A taquilla dispón de cambio limitado, pola súa comodidade rogamos veñan co importe
axustado
Concellería de Cultura e Praias