recollida de residuos urbanos

21
RECOLLIDA DE RESIDUOS URBANOS Juan Poza IES A Basella

Upload: ies-a-basella

Post on 01-Jul-2015

830 views

Category:

Education


4 download

DESCRIPTION

Xestión da recollida de residuos sólidos urbanos. Gestión de la recogida de residuos sólidos urbanos.

TRANSCRIPT

Page 1: Recollida de residuos urbanos

RECOLLIDA DE RESIDUOS URBANOS

Juan PozaIES A Basella

Page 2: Recollida de residuos urbanos

Contenedores

Page 3: Recollida de residuos urbanos

Tipo de vehículos

• Camións compactadores– Posúen unha caixa recolledora pechada, un sistema para

eleva-los contedores e un sistema de compactación do lixo. Tamén poden incorporar un sistema de pesaxe, equipos lavacontedores, caixa dividida para recollida selectiva.

– A capacidade da caixa, de aceiro laminado, oscila entre 7 e 23 metros cúbicos cunha carga útil entre 10 e 26 Tm.

– Poden acadar un grao de compactación 6:1.

– O sistema de carga en continuo (cargar e compactar) pode supera-los 4.000 litros/min.

– Soen estar adaptados á recollida manual e mecánica.

– Os elevacontedores poden traballar con contedores de distintos tamaños.

Page 4: Recollida de residuos urbanos

Vehículos recollida

Carga traseiraCarga lateral

Transporta contenedores Lavador de contenedores

Page 5: Recollida de residuos urbanos

Camións de caixa aberta

• Son empregados para a recollida selectiva de papel e vidro.

• O grupo elevador consta dunha grúa cunha potencia duns 1.000 Kg e un brazo extensible ata 7 metros.

• A caixa ten unha capacidade entre 15 e 23 metros cúbicos.

Page 6: Recollida de residuos urbanos

Vehículos satélite

• Empréganse en lugares de baixa producción, zonas rurais, e cascos históricos de difícil acceso por rúas estreitas.

• Son vehículos pequenos de gran operatividade que posúen unha caixa compactadora duns 5 metros cúbicos e índice de compactación 1:2, provista de sistema de volquete elevador para descargar no vehículo nodriza.

• Hai modelos que recollen e cargan os contedores que logo desprazan ata o nodriza.

Page 7: Recollida de residuos urbanos

Vehículos eléctricos

• Empregados para diminuílo ruído e a contaminación atmosférica. Hainos de 2 tipos:

– Tracción eléctrica pura.

– Tracción eléctrica combinada: Resolve os problemas do sistema eléctrico.

Page 8: Recollida de residuos urbanos

Características a considerar segundo as

condicións de traballo • De acordo coa directiva 2/85 e o Real Decreto 1317/1991, a carga máxima

depende do número de eixes do vehículo:

• Non poden sobrepasa-los 12 m de lonxitude, 2,5 m de ancho e 4 m de altura, segundo a normativa anterior.

• O índice de compactación oscila entre 3,5 e 6.

• O motor, freos e embrague deben estar preparados para traballar a baixas velocidades, arranques e paradas sucesivas en traxectos curtos (xa que soen facer entre 40 e 60 paradas cada 1.000 Kg recollidos).

• O tamaño do vehículo e o sistema de dirección debe adaptarse a manobras en rúas estreitas, angulosas e con obstáculos.

• A saída de gases debe ser vertical e pola parte superior para evitar molestias e intoxicacións de operarios e peóns.

Número de eixes Peso máximo autorizado (Kg)

2 18.000

3 26.000

4 32.000

Page 9: Recollida de residuos urbanos

Características a considerar segundo as condicións de traballo (2)

• Rodas e llantas deben estar preparadas para saltar bordillos e realizar manobras en zonas estreitas e con obstáculos.

• Os motores deben ser de baixo ruído, especialmente a compactación, por debaixo de 45 dB.

• As carrocerías deben estar adaptadas para combinar recollidas domésticas e industriais, manual e mecánica, e descarga de distintos tipos de contedores.

• É mellor que traballen en continuo, cargando e compactando para aforrar tempo.

• Os custos de mantemento deben ser asumibles, escoller sistemas de baixo mantemento (a carga lateral precisa máis mantemento).

• A capacidade do vehículo debe estar adaptada á producción do lixo.

• O sistema de carga debe ser compatible co tipo de contedores empregados. (Cargas traseira, lateral e frontal).

• Os vehículos satélite deben ser compatibles cos nodriza onde descargan.

• Que dispoñan de sistema de seguridade dos operarios, parada de emerxencia, luces de sinalización e outros sistemas recollidos na lexislación e que son requisitos necesarios para a homologación.

Page 10: Recollida de residuos urbanos

PARÁMETROS DE CÁLCULO E PLANIFICACIÓN

• Frecuencia da recollida– Días alterno (3 días á semana)– 6 días á semana con descanso dominical e festivos– Tódolos días

• Contedores– Para recollida diaria pódese calcular unha capacidade de 8-

12 litros/hab./día, considerándose xa nesta estima o día de descanso.

– Tamén se pode calcular para zonas comerciais 14 a 18 litros por Kg recollido e no resto de 10 a 14 l/Kg.

– O número de contedores recollidos por vehículo e día (2-3 viaxes con perdas de tempo por descanso e vaciado) pode calcularse entre 200-275 en zonas comerciais e 275-350 no resto.

Page 11: Recollida de residuos urbanos

PARÁMETROS DE CÁLCULO E PLANIFICACIÓN (2)

• Vehículos– O número de vehículos depende da infraestructura e o tráfico da

cidade: diferentes tamaños e satétiles.

– Tempo empregado nos desprazamentos ata o lugar de descarga (distancia) e número de viaxes posibles (2-3).

– Capacidade de carga.

• RECOLLIDA SELECTIVA– Empregase para recoller:

• Papel e cartón

• Vidro

• Pilas

• Medicamentos

• Poda e xardinería

• Textís

• Envases

Page 12: Recollida de residuos urbanos

PARÁMETROS DE CÁLCULO E PLANIFICACIÓN (3)

• RECOLLIDA DE PAPEL

– Variedades:

• Recuperación voluntaria: A que realizan determinados grupos como trapeiros, grupos ecoloxistas, asociacións, etc..

• Recuperación industrial: En grandes empresas xeradoras de residuos de papel e cartón.

• Recuperación selectiva: Fundamentada na participación cidadá separando o papel en orixe. Os contedores son dunha capacidade dun 3 metros cúbicos que se colocan como cifra ideal 1 por cada 500 habitantes. Nos edificios e oficinas son de 1.100 litros. Os camións de recollida son de caixa aberta e están provistos dunha grúa de 1000 Kg de potencia e brazo extensible de 7 m.

• RECOLLIDA DE VIDRO– Tamén se emprega a recuperación selectiva utilizando os contedores iglú de

2,5 a 3 metros cúbicos de capacidade cunha cifra ideal de 1 por cada 500 habitantes. No caso de grandes productores pode facerse unha recollida porta a porta ou empregar contedores máis grandes. Tamén hai que prever a xeración nas festas urbanas. Deben introducirse as botellas nada máis, sen tapas nin plásticos. Os vehículos son de caixa aberta con grúa

Page 13: Recollida de residuos urbanos

PARÁMETROS DE CÁLCULO E PLANIFICACIÓN (4)

• RECOLLIDA DE PILAS

– Pilas e baterías son residuos tóxicos por conter metais pesados como mercurio, cadmio, chumbo e ácido sulfúrico. As pilas salinas non son tóxicas.

– Nas rúas colócanse contedores específicos nos que se recollen por separado as pilas botón do resto.

– Tamén hai contedores nos comercios.

• RECOLLIDA DE MEDICAMENTOS

– Recóllense nas farmacias tanto os medicamentos caducados como os non caducados.

• RESTOS DE PODA E XARDINERÍA

– Son levados polo servicio de xardinería dos concellos a un vertedoiro ou para usar na compostaxe xunto cos lodos de depuradoras. Recóllense en contedores de 6 a 7 metros cúbicos nos lugares de producción

• TEXTÍS

– Para recoller roupa e calzado.

– Empréganse contedores especiais situados en determinados lugares (áreas comerciais) ou preto das vivendas en días sinalados. A roupa en boas condicións de uso comercialízase como roupa de segunda man ou emprégase en labores sociais.

Page 14: Recollida de residuos urbanos

PARÁMETROS DE CÁLCULO E PLANIFICACIÓN (5)

• RECOLLIDA DE ENVASES

– De acordo coa lei de envases, os concellos de máis de 5.000 habitantes están obrigados a realiza-la recollida selectiva dos envases, excepto os de vidro e papel-cartón que teñen o seu propio sistema.

– Empréganse os contedores amarelos para recolle-los envases metálicos, plásticos e tetrabriks que se separan en destino.

• RECOLLIDA EN ZONAS INDUSTRIAIS

– Considérase producción industrial cando se superan os 500 l/día. Empréganse contedores de maior capacidade (1.000 – 5.000 l.). Pódense empregar compactadores estáticos e empregar frecuencias e períodos de recollida especiais.

• RECOLLIDA SANITARIA– Os residuos perigosos ou tóxicos deste tipo recóllense por separado para

darlle un tratamento especial.• RECOLLIDA DE MOBLES

– Empréganse vehículos de caixa aberta mediante chamada do usuario. É un servicio gratuíto dos concellos. Tamén existen contedores especiais de máis de 20 metros cúbicos distribuídos pola cidade e con recollida mensual. Tamén en puntos verdes.

Page 15: Recollida de residuos urbanos

PARÁMETROS DE CÁLCULO E PLANIFICACIÓN (6)

• ESCOMBROS DE OBRA– Xeralmente inertes, tamén poden conter elementos perigosos como fluorescentes e

amianto. A lei 10/98 de residuos soamente considera os procedentes de obras menores de rehabilitación.

– Empréganse contedores metálicos de 6 a 7 metros cúbicos colocados en determinados lugares, de acordo coa demanda dos productores que o solicitan ó concello.

– Tamén se empregan, en obras menores, bolsas resistentes.

– Son recollidos os contedores con vehículos transporta contedores con carga traseira, e as bolsas con vehículos con caixa aberta.

• VEHÍCULOS ABANDONADOS– Servicio realizado por empresas contratadas (servicio de grúa). Son levados a un lugar

e o propietario ten que paga-los gastos. Confirmado o abandono, pódese realiza-lo desguace e aproveitamento dos materiais reciclables.

• BASURA ELECTRÓNICA– Emprégase o sistema de recollida de voluminosos ou recóllense nos establecementos

de venda e reparación (móbiles).

– As posibilidades de recuperación destes materiais son escasas, aínda que en certos casos hai determinados productos interesantes (ouro dos circuítos integrados).

– A causa do descoñecemento cidadá, soen incorporarse ó lixo todo un, o que é totalmente incorrecto.

Page 16: Recollida de residuos urbanos

PARÁMETROS DE CÁLCULO E PLANIFICACIÓN (7)

• RESIDUOS PERIGOSOS DOMÉSTICOS– Aceites de motor, lixivia, quitamanchas, limpa cristais, insecticidas,

pinturas, disolventes, pilas, fertilizantes, aerosois, productos de limpeza, auga forte, amoníaco, acetona, alcol, medicamentos, abrillantadores, son algúns dos residuos perigosos dos fogares.

– En certos casos poden devolverse ós comercios de venda ou levalos a un punto verde de recollida.

• ANIMAIS MORTOS– Recóllense en determinados lugares previo pago do servicio:

– Clínicas veterinarias.

– Laboratorios municipais

– Centros de acollida de animais

• LIMPEZA DE VERTIDOS INCONTROLADOS– Extracción de residuos mediante un sistema de recollida municipal.

Logo recuperación da zona, valado e colocación de carteis informativos de prohibición xunto con vixilancia e sancións.

Page 17: Recollida de residuos urbanos

PARÁMETROS DE CÁLCULO E PLANIFICACIÓN (8)

• RESIDUOS AGRARIOS

– O plan de xestión de residuos agrarios de Galicia considera 2 grupos de residuos:

• Residuos valorizables ou puríns: poden aproveitarse como abono.

• Residuos agrarios de xestión externa (RAXEE):

– Realizouse un plan piloto empregando contedores marróns para envases de fitosanitarios, beixe de tapa azul para envases de desinfectantantes e hixiene gandeira, gris para obxectos punzantes e cortantes e material clínico, gris con tapa amarela para medicamentos de risco. Estes materiais deben ser inertizados nunha planta de tratamento e non deben misturarse por ser perigosos.

– Os plásticos recóllense en sacos de 2 metros cúbicos ou contedores de gran capacidade (16 e 25 metros cúbicos) empregando empacadoras para prensalos. Non son considerados perigosos.

– O Real Decreto 1461/2001, do 14 de decembro sobre envases de productos fitosanitarios marca a liña a seguir para os RAGEE e obriga ós responsables da posta no mercado a constituír sistemas de xestión e financiación da recollida e tratamento destes residuos, de xeito semellante ós sistemas integrados para residuos de envases.

• RESIDUOS MARPOL

– Para recollida de residuos das embarcacións.

– Os aceites recóllense en contedores especiais que logo

Page 18: Recollida de residuos urbanos

PARÁMETROS DE CÁLCULO E PLANIFICACIÓN (0)

• PUNTOS LIMPOS OU PUNTOS VERDES– Son lugares situados na periferia das cidades

nos que os productores de lixo poden levar os residuos que non soen recollerse de modo selectivo.

– Logo son enviados a empresas recuperadoras ou a xestores autorizados.

Aceites domésticos Aceites Industriales Baterías Chatarra electrónica Chatarra metálica Colchones Disolventes Electrodomésticos Envases de vidrioEnvases ligeros

Escombros Latas Líquido fotográfico Maderas Material fotográfico Medicamentos Muebles Papel/Cartón Pilas

Pinturas Plásticos Radiografías Restos de jardinería Textiles Tintas Toner Tubos fluorescentes Vidrio plano

Page 19: Recollida de residuos urbanos
Page 20: Recollida de residuos urbanos
Page 21: Recollida de residuos urbanos

Compostaje en tambores

Compostaje en túneles

Metanización