relatos dos nenos e nenas de 4º primaria ceip sigueiro
DESCRIPTION
Relatos inventados polo alumnado de 4º primaria para participar no I Certame de Relato CurtoTRANSCRIPT
4º B• A BANDA SONORA DE MARTA E MARÍA de
Javier Otero Gracia e Irene López Amenedo.
• MARIÑA E OS INSTRUMENTOS de Antía Jarazo
Mirás, Uxía Carrillo Alonso, Lucía Rey Noya e Daniel
Gómez Mosquera
• A BANDA DAS DÚAS IRMÁS de Nuria López
Andrade, Yerai Vilarelle Juncal e Lucía García Castelao
• A NENA E AS NOTAS MUSICAIS de Sara Leira
Pena, Gaizka Gómez Casado, Miriam Yáñez Vidal e Ainara
González García
4º C• O GAITEIRO INTELIXENTE de Simón Rodríguez
Franco
• O PIANO SABIO de Sara Bermúdez e Estela Munín
Iglesias
A BANDA SONORA DE MARTA E MARÍA
Había unha vez unha nena chamada Marta que lle gustaba moito tocar o piano e
compoñer .
Era a mellor compositora da comarca, ata que un día chegou a aldea unha nena de
Australia , que compoñía aínda mellor que ela.
Chamábase María era moi guapa e lista …
Era perfecta! Marta comentoullo a súa nai e a súa mestra de música e dixéronlle que
nadie era perfecto…
A Marta caíalle moi mal María enfadábanse, insultábanse.
Pasaron os anos e María puido chegar a ser a mellor compositora e Marta a segunda
mellor.
Marta practicaba día e noite pero non conseguía superar a María, que tocaba moitos
instrumentos violín, guitarra, piano, etc. Pero Marta solo tocaba piano e aínda por riba
peor ca María.
Despois de moito tempo ambas aburríronse de tocar soas e decidiron buscar a outras
persoas na comarca, pero resulta que ninguén tocaba e compoñía na súa comarca.
Como elas non querían tocar xuntas seguiron soas anos e anos.
Ata que un día fixéronse amigas e decidiron construír elas dúas a súa propia banda.
Primeiro empezaron compoñendo as dúas xuntas pequenas cancións para igrexa
,despois María ensinoulle a Marta a tocar a guitarra e outros instrumentos máis.
Despois reuniron a máis xente para a súa banda, cando xa tiñan reunidas as persoas
puideron tocar concertos no auditorio.
O seu pequeno grupo pasou a ser moi famoso na comarca!
AUTORES: JAVIER OTERO GRACIA E IRENE LÓPEZ AMENEDO
MARIÑA E OS INSTRUMENTOS
Érase unha vez, unha nena chamada Mariña que tiña 8 anos.
A súa familia era moi pobre, e ela gañaba a vida tocando en Santiago de Compostela
cunha frauta que encontrara tirada nunha papeleira. Mariña aínda non vai a clases de
música, pero como a ela lle gustaba moitísimo a música, aprendeu a tocar algúns
instrumentos pola súa conta.
A xente que paraba a escoitala dáballe algúns cartos, suficientes como para pagar a súa
comida. Mariña, normalmente chegaba a súa casa as dez e media ou as once da noite,
porque ela traballaba moi duro para poder sacar a súa familia adiante. O pai de Mariña
xa morrera cando ela só tiña 3 anos, e desde que seu pai non está, as cousas foron
empeorando cada vez máis.A súa nai, fai o que pode para sacar adiante a súa familia,
pero por moito que fai, as cousas non melloran. Mariña durmía enrolada nunhas
mantas, porque claro, non tiña nin cama nin colchón.
A súa nai sempre ía coller lotería, porque tiña a esperanza de que algún día terían
un pouco de sorte, pero Mariña xa non tiña esperanza.
Un día, Mariña e a súa nai viron que na cidade case todo o mundo se paraba a falar
de que a alguén lle tocara a lotería por alí cerca. A nai de Mariña mirou o seu número e
deuse conta de que a quen lle tocara a lotería fora a elas dúas. Puxéronse moi contentas
e non paraban de gritar.A xente, déronse conta de que lle tocara a elas e todos foron alí
a darlle a súa noraboa.
Co diñeiro que lles tocara, puideron pagarlle a Mariña unhas clases de música e tamén
puido ir á escola, por suposto.
Mariña iba todas as tardes ao auditorio de Santiago, e cada vez estudaba máis.
Cos anos, a nai de Mariña morreu, pero Mariña aínda que chorara moito por ela,
decidiu empezar unha nova vida.
Mariña seguiu estudando música e fíxose moi famosa tocando en auditorios e teatros
do mundo enteiro. Ela casouse, cun home estupendo, que tamén era músico. Co seu
marido fixeron unha casa e cando estivo acabada foron a vivir os dous xuntos na súa
nova casa. Nese oficio pagábanlle bastante e era bastante diferente a cando nin sequera
tiña un colchón donde durmir.
Co tempo, decidiron ter fillos, tiveron dous fillos. Un neno e unha nena, a nena
chamábase Sole, e o neno chamábase Domingo. Eles sempre xogaban xuntos no xardín
da súa casa, Sole xa ía para os 5 anos, e Domingo xa ía para os 3. Sole estaba estudando
música no mesmo auditorio onde estudara a súa nai, pero un día Sole díxolle a Mariña:
-Mamá, a min non me gusta a música e gustaríame estudar outra cousa distinta.
Paréceche ben?
-Se me parece ben? Pois claro que non me parece ben, xa sabes que me faría moita
ilusión que estudaras música!
-Pois non penso estudar música se a min non me gusta!
-Vaite para o teu cuarto e non saias ata que cambies de opinión!
-Tranquila, non sairei porque non penso cambiar de opinión!
Cando xa pasaran 3 días Mariña xa non aguantaba máis, e foi a pedirlle perdón.
Entrou no cuarto de Sole e díxolle:
-Sole, perdóasme? Estíveno pensando e creo que se non queres estudar música non o
fagas.
-Claro que che perdoo, mamá. Eu tamén o estiven pensando e ao final si que me gusta a
música, así que decidín que si vou a estudar eso!
-Canto me alegro!
Ao final acabaron tocando sempre todos eles xuntos: o pai, Sole, Mariña, e tamén
Domingo.
NOME DOS AUTORES: ANTÍA JARAZO MIRÁS, UXIA CARRILLO ALONSO,
LUCÍA REY NOYA E DANIEL GÓMEZ MOSQUERA. IDADE: ANTÍA 10, UXÍA
9, LUCÍA 9 E DANIEL 9. CURSO: 4º. GRUPO:B
A BANDA DAS DÚAS IRMÁS
Nun país lexano, fai moito tempo había unha granxa onde unha nena bailaba ao compás
dos ladridos dunha cadela, chamada Sol.
A nena chamábase Fafa, e a súa mellor amiga era a cadela Sol,a cadela da granxa.
Á Fafa gustáballe tocar os instrumentos musicais, sobre todo o violín.
Fafa, era a mellor compositora da comarca,ata que un día tubo unha irmá, chamada
Susi.
Cando Susi creceu, era mellor compositora ca ela,e Fafa enfadouse porque sentía fiumes
da súa irmá.
Pasados os anos, Fafa pediulle desculpas a súa irmá, e xuntas formaron unha orquestra
que se fixo famosa.Cos cartos que gañaban arregoaron a granxa, compraron roupa nova
e viaxaron polo mundo:Brasil,Francia,Italia….Pasábano moi ben,e nunca máis se
volveron a enfadar, pelexar,etc.
A Sol naceulle un cadeliño moi tralla, chamado Pancho o Nacho, chamábase Nacho
porque comía moitos nachos e Pancho porque era moi vago.
As irmás eran orfas de pai dende facía pouco tempo.A nai estaba moi triste e as nenas
tamén, porque para elas o seu pai era todo…
As rapazas intentaban non pensar en seu pai, pero non deixaban de pensar en el.
Fafa díxolle a súa nai:
-Mamá, podemos ir ao cemiterio a levarlle flores a papá?-díxolle con tristeza.
-Si, pero esperade a que acabe de pasar o ferro, que vou con vós
Foron ao cemiterio e coa pena empezaron a chorar.
Ao cabo duns anos, cando xa se lle olvidou todo volveron a tocar polo mundo adiante .
FIN
AUTORES/AS: NURIA LÓPEZ ANDRADE, YERAI VILARELLE JUNCAL E
LUCÍA GARCÍA CASTELO. 4º B
A NENA E AS NOTAS MUSICAIS
Había unha vez unha nena chamada Sol.Vivía nunha autocaravana , que atoparan nunha
chatarreira. O seu pai arranxouna co que atopou no lixo. O nome da caravana era
“Como clave de sol” e estaba inspirado na súa filla pequena. A nai de Sol estaba moi
enferma.
A nena tiña o pelo marrón como as ricas castañas que se comen no magosto, os ollos
verdes e brillantes como a herba dos campos despois de chover moito. Era morena,
pero non moito. No cabelo sempre levaba dúas gomas en forma de sol. Tiña os beizos
vermellos como as cereixas do verán. Tiña 8 anos.
Os seus pais eran pobres, si, pero aínda así nunca estaba na casa, excepto polas noites
para cear. A nena sempre estaba paseando polas rúas daquela fermosa vila, chamada
Pentagrama. Cando chovía quedábase na casa escoitando a radio ou buscando onde
refuxiarse, pero sempre acompañada do seu fiel can e o seu precioso mico. O can
chamábase Fa e o mico La.
Un día os seus pais chegaron do traballo con cara de nervos, de cansazo e tristura. Sol
non sabía o que pasara pero como sempre preparou a cea: salchichas e para beber leite
caducado. Ela preocupouse porque os seus pais non falaban e non comían. Entón Sol
atreveuse e preguntou:
-Pa, ma, ¿que vos pasa que non tocastes as salchichas? Os pais miráronse aos ollos e
comezaron a falar.
-Cariño...., témosche que contar algo....., temos que marchar de Pentagrama.
-Explícate.
-Pois é que non temos moitos clientes como ti sabes sen clientes non temos diñeiro, e
ao non ter diñeiro suficiente para pagar o local teremos que pechalo, e montalo noutro
sitio. Entón Sol curiosa preguntou:
-¿ E onde poderemos ir? ¿cando nos imos?
-Imos ir a Partitura. Se hoxe é venres, ímonos ......pois mañá!
Entón ao día seguinte puxéronse en camiño. Sol estaba moi nervosa e contenta xa que
podería comezar unha nova vida, pero por outra banda, sentía magoa de deixar o lugar,
a vila onde se criou.
Cando a nena espertou o seu pai estaba intentando arranxar o motor e a súa ai estaba na
cama. A nena cría que a súa nai estaba empeorando.
-¡ Por fin!!!!!!!, escoitouse. O que gritara era o pai, xa que conseguira arranxar o motor.
Nun pispas atopáronse en Partitura. A nena abraiada miraba pola ventanuca borrosa do
seu cuarto.
Nada máis aparcar os seus pais, fóronse a todo correr a alugar un local novo e se lle ía
ben o negocio mercalo.
A nena sentíase ben, chamou a Fa e a La e marchou a facer turismo. Andando e
andando, atopouse cunha cova. Andouna ata o final, e alí veu unha canción. A Sol
gustáballe moito cantar, así que empezou a facelo, deu unha volta e abriuse unha porta.
Ela sentía curiosidade e entrou; unha vez dentro quedáronselle os ollos como pratos. Alí
había milleiros e milleiros de notas e notas, e un gran pentagrama, xigante, no que as
notas formaban unha gran escala.
Unhas notas achegáronse e dixéronlle:
-¿Ti que fas aquí?!
-Pois e....e....eu cantei unha canción e abriuse unha porta e entrei por ela, por certo son
Sol, e ti?
-Pois eu chámome Si, encantada de coñecerte. Nós somos as Notas Máxicas.
Chamámonos así xa que coa nosa música cúranse as enfermidades e dálle boa sorte as
boas persoas.
Entón a nena pasou toda a tarde xogando e rindo coas Notas Máxicas. Chegou a hora de
marchar para a casa. Cando chegou a súa nai estaba na cama, con moita tose e dor de
cabeza. A nena que sabía a canción de carrerilla, empezou a cantala.
Xa deran as nove da noite e a nena foi para a súa cama coa esperanza de que a canción
funcionase, e durmiu. Ao día seguinte cando espertou a súa nai estaba facendo o
almorzo.
Entón a nai díxolle:
-Dende que cantaches a canción atópome moito mellor.
Entón a nena despois de almorzar foi xogar coas notas, pero cando entrou na cova as
notas estaban chorando. Entón Si díxolle:
-Estamos moi tristes xa que a nosa Clave de Sol morreu onte. A nena con cara de
mágoa preguntoulles se había algo que puidese facer por elas. Elas contestáronlle:
-Ti sabes de memoria, ¿no?, por favor, ¿podías ser a nosa Clave de Sol ?
-Sei e a canción, si, mmmmm...non sei. Ireime para a miña casa e xa vo lo direi.
A nena deulle voltas á cabeza chegou a unha conclusión. Foi onde as notas e díxolles:
-Vale, onte penseino e...de acordo, serei a vosa Clave de Sol, pero coa condición de que
poida regresar a miña casa e falar cos meus pais de vez en cando, e que o meu mico e o
meu can queden aquí comigo.
Entón a nena converteuse nunha Clave de Sol. E cada cen anos unha Clave de Sol morre
e outra nace.
FIN
AUTORES/AS: SARA LEIRA PENA, GAIZKA GÓMEZ CASADO, MIRIAM
YAÑEZ VIDAL E AINARA GONZÁLEZ GARCÍA. 4º B
O GAITEIRO INTELIXENTE
Había unha vez un gaiteiro que quería ser o mellor do mundo. Pero fixo outra
cousa.
Todo comezou unha noite na que o mesmo volvía á súa casa despois dun alegre
día tocando a gaita para os oíntes. Como ía dicindo, o gaiteiro, camiño da súa
casa, atopouse cun señor moi bromista que lle dixo:
- Ola, gaiteiro! Gaiteiro? Mellor non dicir iso!- exclamou o home.
- Poderíase saber por que non?- respondeu o músico, que xa empezaba a
sospeitar que ese home estáballe dicindo que non tocaba ben.
A que tardou pouco tempo en crer que (o home) ía ter que recibir unha
reprimenda?
- Pois porque ti non tocas nada ben!- riuse o home.
Xa estaba ben claro. Ao home seica de pequeno gustáralle dar a nota. (Polo
menos estaba ben claro para o gaiteiro.)
- Ti por que razón non me deixas en paz?- preguntoulle o burlado.
- Moi ben, ata logo- contestoulle o home moi oufano.
- Non tes nada máis que dicir?- volveulle preguntar o gaiteiro, máis enfadado
ca nunca.
Pero o descoñecido bromista foise de alí sen dicir nada.
O gaiteiro tamén se foi, pero para a súa casa.
A súa muller recibiuno moi preocupada.
-Que che pasa, gaiteiriño do meu corazón?
-Pois que un home que pensa que todos estamos para aguantar bromas díxome
que eu non tocaba ben.
-Que un home díxoche que ti non tocabas ben? Pois o que tes que facer é
ignoralo.
-Non! Voume converter no mellor do mundo e deixalo cun palmo de narices.
-Vale, ti faino á túa maneira, inda que é mellor como che dixen eu.
Pero o gaiteiro xa estaba practicando coa gaita e non oíu a súa advertencia.
Só tardou dúas semanas en poder rirse do home, porque tivo unha idea
excepcional.
Íballe dicir ao bromista que tocara el a gaita. E así o fixo.
Pero o home ía tocar con outra gaita que non fora a do músico.
Cando o gaiteiro oíu a terrible canción que tocaba o home, riuse moito del.
A ver agora quen é o que toca mal!- rebateulle.
-Vale, pero só era unha broma- enfadouse o home.
O gaiteiro púxose moi contento, pero disimulouno ata que o home se foi.
Entón, correu á súa casa para darlle a noticia á muller.
AUTOR: SIMÓN RODRÍGUEZ FRANCO, 10 ANOS, 4º C
O PIANO SABIO
Había unha vez uns instrumentos: a frauta traveseira, o bombo, o saxofón , o violín, a
viola e a harmónica, que estaban fartos de pensar que eran vulgares. Todo o mundo llo
dicía e eles críano.
Un día puxéronse de acordo e marcharon ver ao instrumento sabio: o piano. O malo era
que eles estaban en Galicia e o piano en Madrid. Colleron a súa equipaxe, despedíronse
e marcharon.
Fixéronlle autostop a un camión que ía de camiño para o zoolóxico madrileño. Cando
entraron, os animais estaban alterados pero ao tocar a súa música tranquilizáronos. Ao
ver que iso lles pasaba cos animais, exclamaron moi ledos:
- Gustoulles a nosa música!.
Conseguiron chegar ao seu destino pero tiñan que pasar unha proba diante do piano.
- Podedes tocar algo da vosa invención? Pediulles.
- Si, e tamén che cantaremos esta sinxela canción:
O piano
é o sabio.
O Saxofón
é moi glotón.
O violín
é un pillín.
O bombo
é o tonto.
A viola
está sola.
A harmónica
é melódica.
A frauta traveseira
é moi riseira.
Do, Re, Mi
Fa, Sol, La
Si, Do.
Que aumenta polo afinado.
Despois de escoitar dixo o sabio:
- Sodes uns instrumentos xeniais!
AUTORAS:
SARA BERMÚDEZ E ESTELA MUNÍN IGLESIAS, 9 ANOS, 4º C