rúa cuntis, s/n telf.: 986 292812 – fax.: 986 292816 ... · actividades, valores, normas e...

78
Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda IES Alexandre Bóveda Rúa Cuntis, s/n 36209 – Vigo (Pontevedra) Telf.: 986 292812 – Fax.: 986 292816 http://centros.edu.xunta.es/iesalexandreboveda/ Correo electrónico: [email protected] SINATURAS DE CONFORMIDADE COA PROGRAMACIÓN: Asdo.: Asdo. Asdo. Sara A. Pérez Feijoo Miguel A. Raposo Aguiar (XD) Antonio Fernández Costas Programació n Departamen to Educación Física 2017 - 2018

Upload: vannhan

Post on 24-Jan-2019

227 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

IES Alexandre BóvedaRúa Cuntis, s/n36209 – Vigo (Pontevedra)

Telf.: 986 292812 – Fax.: 986 292816http://centros.edu.xunta.es/iesalexandreboveda/

Correo electrónico: [email protected]

SINATURAS DE CONFORMIDADE COA PROGRAMACIÓN:

Asdo.: Asdo. Asdo.

Sara A. Pérez Feijoo Miguel A. Raposo Aguiar (XD) Antonio Fernández Costas

ProgramaciónDepartamento EducaciónFísica

2017 - 2018

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

ÍNDICE DE CONTIDOS

INTRODUCIÓN 2

CONTEXTUALIZACIÓN 4

DESCRICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CENTRO 4

PROFESORADO 4

ALUMNADO 5

OBXECTIVOS POR ETAPA 5

ESO 5

BACHARELATO 6

SECUENCIA DE CONTIDOS 7

ESO 8

BACHARELATO 17

TEMPORALIZACIÓN 19

CONTRIBUCIÓN ÁS COMPETENCIAS CLAVE 40

AVALIACIÓN 43

TIPOS DE AVALIACIÓN 43

MÍNIMOS ESIXIBLES 44

1º ESO 44

2º ESO 45

3º ESO 46

4º ESO 47

1º BACH. 47

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN 48

INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN 52

PROGRAMA DE REFORZO (ALUMNADO SUSPENSO) 52

Sistema de recuperación dos trimestres suspensos 52

Proba extraordinaria de setembro 53

PROGRAMA DE RECUPERACIÓN (MATERIA PENDENTE) 53

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 53

Alumnado con algún problema de saúde 53

Alumnado con necesidade específica de apoio educativo 54

ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA 54

ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR 55

ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN TIC 56

PROXECTO DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES (PEVS). 57

MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS 60

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES 61

2

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

INTRODUCIÓNO ensino da Educación Física debe promover e facilitar que cada alumno chegue a comprender

significativamente o seu corpo e as súas posibilidades, e coñecer e dominar un gran número de actividades

corporais e deportivas. Deste xeito, no futuro, poderá escoller as máis convenientes para acadar o seu

desenvolvemento persoal. É por todo isto que, dende a nosa área, debemos dotar ó alumnado dos

instrumentos e dos coñecementos necesarios para responsabilizarse do seu corpo, desfrutar do exercicio e

das súas posibilidades motrices, mellorar as súas condicións de saúde, axudarlles a formar a súa propia

personalidade e a relacionarse cos seus compañeiros e compañeiras; aproveitando para todo isto os recursos

que o movemento lles brinda.

Nos últimos tempos somos testemuñas da profunda transformación que a EF, como área específica de

coñecemento, sufriu. Cambios que supoñen o punto de arranque para novas propostas estruturadas en

diferentes correntes: A condición física e a saúde. a recreación, os deportes de aventura, a ocupación do

tempo de lecer, as actividades deportivas de alto risco e unha profunda maraña de correntes, máis ou menos

vangardistas, que están a esnaquizar moitos dos piares da concepción tradicional da actividade físico-

deportiva.

Estase a revisar toda a metodoloxía do rendemento deportivo e cada vez é máis precisa a análise dos

elementos formais de cada un dos deportes, susceptibles de amosarse como educativos e, polo tanto,

axeitados para introducir no currículo escolar.

É por todo isto que o noso posicionamento é claro e sentímonos identificados coa seguinte frase de Devís e

Peiró (1993): A Educación Física escolar debe proporcionar un coñecemento teórico práctico, e debe estar

máis vinculada á participación que ó rendemento.

O departamento desexa fomentar un hábito de movemento saudable entre o alumnado, dentro do recreo

persoal e a súa ocupación do lecer, motivándoos á participación na aula e nas actividades extraescolares

relacionadas coa área que se celebren durante o curso escolar.

Para ilo, tentaremos traballar dende o estilo actitudinal, o cal amosa que é posible desenvolver unha

metodoloxía baseada en actitudes que permita traballar atendendo por igual a todo o alumnado dun mesmo

grupo, ofertándolles experiencias positivas e conseguindo crear o grupo que sempre deberon ser (Pérez

Puello, 2005)

…tentaremos amosar e demostrar que podemos acadar que o noso alumnado se sinta competente, que

experimente a satisfacción de lograr, como os demais, as metas propostas. (Pérez Puello, 2010)

Ademais de educar ó noso alumnado para que sexa capaz de acadar certos obxectivos desenvolvendo os

contidos axeitados, esperamos educalo para que sexa competente na súa vida cotiá, resolvendo problemas

motrices de xeito autónomo (combinando saberes, habilidades prácticas, motivacións, valores éticos,

actitudes, emocións e outros compoñentes sociais e de comportamento), non só mediante o desenvolvemento

3

123

4

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

das sete competencias clave prescriptivas, senón tamén da grande esquecida: A Competencia Motriz,

nunha realidade na que cada vez hai máis demanda social por unha educación postural, pola saúde e pola

ocupación motriz do tempo de lecer.

Sen dúbida, para acadar todos estes obxectivos, somos conscientes das limitacións que temos ó contar cun

escaso número de horas lectivas semanais, un grao de desenvolvemento motriz insuficiente debido a escasa

práctica desta materia na etapa anterior motivada polo mesmo problema horario, ademais das limitacións que

supón ter unha aula específica reducida (11 x 20 metros) para o número de alumnos e alumnas que, ano tras

ano, aumenta máis no ensino público e, en concreto, no noso centro.

O departamento tentará solventar, na medida das súas posibilidades, estas carencias e limitacións, tan

comúns na nosa área, e traballar para que o alumnado tome verdadeira conciencia da importancia do exercicio

e da práctica de actividades físicas para mellorar a súa calidade de vida e obter unha aprendizaxe de

actividades, valores, normas e coñecementos en beneficio do seu corpo, a súa saúde e o seu presente e futuro

desenvolvemento motor.

O alumnado ten que ser un suxeito activo, responsable da xestión do seu estilo de vida saudable. Polo

que a EF, tanto na etapa de ESO coma no bacharelato, terá como fin estratéxico introducir o alumnado cara a

práctica de actividades físico-deportivas e artístico-expresivas, nas que poida manter un papel de practicante

activo ao longo da súa vida, tendo en conta as novas formas de prácticas motrices que xorden na sociedade

actual, moitas delas vinculadas ao contorno próximo do alumnado pola motivación intrínseca que representan.

CONTEXTUALIZACIÓN

DESCRICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CENTRO

O centro educativo está situado no barrio de Coia, na localidade de Vigo. A maioría do alumnado que asiste ó

centro, vive cerca do mesmo. Na súa maioría proceden de familias de nivel socio económico medio baixo.

En canto a instalacións dispoñemos de:

Dous ximnasios (1). Cada un deles mide 11 x 20 metros aproximadamente.

Estes ximnasios están aloxados fóra do edificio principal do instituto (4),

nunhas dependencias onde tamén hai vestiarios, un espazo onde está situado

o departamento e un almacén.

Pista polideportiva exterior (2): unha pista de aproximadamente 20 x 40

metros, onde hay dúas canastras de baloncesto, dúas porterías de

balonmán/fútbol sa e dous postes de voleibol.

4

1

2

3

4

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

Espazo exterior cuberto (3) de 8 x 13 metros aproximadamente.

Próximo ó centro (1), a cinco minutos camiñando, temos unha zona verde, o Parque de A Bouza (2) que

tentaremos utilizar para realizar actividades complementarias (condición física, orientación., etc.) Dentro do

terreo, atopamos un campo de herba de fútbol 11 (3)

e un campo de petanca (4)

PROFESORADOPérez Feijoo, Sara (MPA)

Raposo Aguiar, Miguel Ángel (XD, ES)

Fernández Costas, Antonio (ES)

ALUMNADO

Somos un centro de liña 5 e este ano temos os

seguintes grupos por nivel co correspondente número

de alumnos e alumnas:

CURSO

S

A B C D E PMAR TOTA

L

M H = M H = M H = M H = M H = M H =

1º ESO 14 13 22 18 10 28 17 10 27 14 13 27 13 16 29 133

2º ESO 14 14 28 16 13 29 13 16 29 13 16 29 11 16 27 144

3º ESO 16 14 30 16 12 28 14 16 30 18 11 29 10 20 30 147

4º ESO 13 16 29 14 14 28 13 18 31 25 7 32 120

1º BACH 18 16 34 9 23 32 20 9 29 19 9 28 21 14 35 151

OBXECTIVOS

ESO

A educación secundaria obrigatoria contribuirá a desenvolver no alumnado as capacidades que lles permitan:

5

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

a) Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto ás demais

persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e os grupos,

exercitarse no diálogo, afianzando os dereitos humanos e a igualdade de trato e de oportunidades

entre mulleres e homes, como valores comúns dunha sociedade plural, e prepararse para o exercicio

da cidadanía democrática.

b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo, como

condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de

desenvolvemento persoal.

c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar

a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera outra condición ou circunstancia

persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres, así

como calquera manifestación de violencia contra a muller.

d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións

coas demais persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo e os

comportamentos sexistas, e resolver pacificamente os conflitos.

e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información, para adquirir novos

coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías,

especialmente as da información e a comunicación.

f) Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en materias, así como

coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas en diversos campos do coñecemento e da

experiencia.

g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, a

iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir

responsabilidades.

h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e na lingua castelá,

textos e mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento, na lectura e no estudo da literatura.

i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada.

j) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e das outras

persoas, así como o patrimonio artístico e cultural. Coñecer mulleres e homes que realizaran achegas

importantes á cultura e á sociedade galega, ou a outras culturas do mundo.

k) Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o das outras persoas, respectar as diferenzas,

afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais, e incorporar a educación física e a práctica do

deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social. Coñecer e valorar a dimensión humana da

6

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa

saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e o medio ambiente, contribuíndo á súa conservación e á

súa mellora.

l) Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das manifestacións artísticas, utilizando diversos

medios de expresión e representación.

m) Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de

Galicia, participar na súa conservación e na súa mellora, e respectar a diversidade lingüística e cultural

como dereito dos pobos e das persoas, desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao

exercicio deste dereito.

n) Coñecer e valorar a importancia do uso da lingua galega como elemento fundamental para o

mantemento da identidade de Galicia, e como medio de relación interpersoal e expresión de riqueza

cultural nun contexto plurilingüe, que permite a comunicación con outras linguas, en especial coas

pertencentes á comunidade lusófona.

BACHARELATO

O bacharelato contribuirá a desenvolver no alumnado as capacidades que lle permitan:

a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha conciencia cívica

responsable, inspirada polos valores da Constitución española e do Estatuto de autonomía de Galicia,

así como polos dereitos humanos, que fomente a corresponsabilidade na construción dunha

sociedade xusta e equitativa e favoreza a sustentabilidade.

b) Consolidar unha madureza persoal e social que lle permita actuar de forma responsable e autónoma e

desenvolver o seu espírito crítico. Ser quen de prever e resolver pacificamente os conflitos persoais,

familiares e sociais.

c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, analizar e valorar

criticamente as desigualdades e discriminacións existentes e, en particular, a violencia contra a muller,

e impulsar a igualdade real e a non discriminación das persoas por calquera condición ou

circunstancia persoal ou social, con atención especial ás persoas con discapacidade.

d) Afianzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para o eficaz

aproveitamento da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

e) Dominar, tanto na súa expresión oral como na escrita, a lingua galega e a lingua castelá.

f) Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras.

g) Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información e da comunicación.

7

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

h) Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus antecedentes

históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de xeito solidario no desenvolvemento e

na mellora do seu contorno social.

i) Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais, e dominar as habilidades básicas

propias da modalidade elixida.

j) Comprender os elementos e os procedementos fundamentais da investigación e dos métodos

científicos. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das

condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto cara ao medio ambiente e a

ordenación sustentable do territorio, con especial referencia ao territorio galego.

k) Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo en

equipo, confianza nun mesmo e sentido crítico.

l) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o criterio estético, como fontes de formación

e enriquecemento cultural.

m) Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social, e impulsar

condutas e hábitos saudables.

n) Afianzar actitudes de respecto e prevención no ámbito da seguridade viaria.

o) Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia, e contribuír á súa

conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado.

SECUENCIA DE CONTIDOS

A continuación e, para facilitar a lectura dunha programación vertical por curso dentro da etapa do ensino

secundario, enumeraremos os contidos prescriptivos que desenvolven os anteriores obxectivos, agrupándoos

segundo os bloques de contidos e organizándoos segundo o trimestre no que van a ser desenvolvidos.

Asemade, os bloques de contidos a continuación expostos teñen por obxecto mostrar a orientación básica das

unidades didácticas correspondentes e dos mínimos esixibles.

ESO

Os contidos preséntanse distribuídos en catro grandes bloques:

Bloque 1. Contidos comúns.

Bloque 2. Actividades físicas artístico-expresivas.

Bloque 3. Actividade física e saúde.

8

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

Bloque 4. Os xogos e as actividades deportivas.

Os contidos do BLOQUE COMÚN, pola súa natureza transversal, traballaranse ao longo do curso de xeito

integrado cos contidos do resto dos bloques, dado que trata aspectos como a construción das fases dunha

sesión, o aseo persoal, a participación nas actividades físicas independentemente do propio nivel de

execución, a resolución de conflitos mediante o diálogo e a aceptación das regras establecidas, as

posibilidades que presentan as actividades físico-deportivas como formas de lecer activo e de utilización

responsable do contorno, o control de riscos, o desenvolvemento da iniciativa individual e de hábitos de

esforzo, as actitudes, a confianza, o uso adecuado dos materiais e dos espazos, e a integración das

tecnoloxías da información e da comunicación.

O bloque segundo trata os contidos que teñen que ver coa interpretación e a execución de accións motrices,

utilizando técnicas de expresión corporal, baile e outros recursos artísticos.

O terceiro bloque inclúe todos os aspectos relacionados coa saúde que se poden abordar desde a práctica da

actividade física, segundo as recomendacións de diversos organismos de ámbito internacional, estatal e

autonómico.

No bloque dos xogos e as actividades deportivas tamén están incluídos todos os tipos de actividades físico-

deportivas desenvolvidas no medio natural.

BLOQUE 3. ACTIVIDADES FÍSICAS E SAÚDE

1º ESO 2º ESO

QUECEMENTO QUECEMENTO

O quecemento e o seu significado na

práctica da actividade física.

Obxectivos do quecemento. Quecemento

xeral e específico.

Execución de xogos e exercicios apropiados

para o quecemento.

Realización de xogos e exercicios aplicados

ó quecemento. Recompilación destes.

Valoración do quecemento como hábito

saudable ó comezo dunha actividade física.

Realización de actividades de baixa

intensidade na finalización da actividade

física.

CONDICIÓN FÍSICA CONDICIÓN FÍSICA

9

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

Condición física. Capacidades físicas

principalmente relacionadas coa saúde.

Capacidades físicas principalmente

relacionadas coa saúde: resistencia aeróbica

e flexibilidade.

Acondicionamento físico a través do

desenvolvemento das capacidades físicas

relacionadas coa saúde.

Control da intensidade do esforzo: toma da

frecuencia cardíaca e cálculo da zona de

actividade.

Realización de xogos para a mellora da

condición física.

Acondicionamento físico xeral con especial

incidencia na resistencia aeróbica e na

flexibilidade.

Realización de actividades e xogos para a

mellora da condición física.

Recoñecemento e valoración da relación

existente entre unha boa condición física e a

mellora das condicións de saúde.

HIXIENE POSTURAL E CORPORAL HIXIENE POSTURAL E CORPORAL

Exercitación de posicións corporais

axeitadas na práctica de actividades físicas e

en situacións da vida cotiá.

Recoñecemento e valoración da importancia

da adopción dunha postura correcta en

actividades cotiás.

Fortalecemento da musculatura de sostén

mediante a realización de exercicios de

mobilidade articular, de fortalecemento

muscular e de relaxación.

Realización de actividades con implementos.

Atención á hixiene corporal logo da práctica

de actividade física.

Relación entre hidratación e práctica de

actividade física.

Coñecemento das técnicas de respiración e

a súa adecuación a situacións cotiás.

3º ESO 4º ESO

QUECEMENTO QUECEMENTO

10

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

O quecemento. Efectos. Pautas para a súa

elaboración.

Realización e práctica de quecementos

autónomos, logo de análise da actividade

física que se vai a realizar.

Elaboración e posta en práctica de

quecementos, logo da análise da actividade

física que se vai realizar.

O quecemento como medio de prevención de

lesións.

CONDICIÓN FÍSICA CONDICIÓN FÍSICA

Protocolos básicos de primeiros auxilios. Protocolos básicos de primeiros auxilios.

Control da intensidade do esforzo:

coñecemento da frecuencia cardíaca máxima

e de repouso. Tempo de recuperación.

Efectos do traballo de resistencia aeróbica,

de flexibilidade e de forza resistencia sobre o

estado de saúde: efectos beneficiosos, riscos

e prevención.

Acondicionamento das capacidades

relacionadas coa saúde: resistencia

aeróbica, flexibilidade e forza resistencia

xeral, mediante a posta en práctica de

sistemas e métodos de adestramento.

Aplicación dos métodos de adestramento da

resistencia aeróbica, da flexibilidade e de

forza resistencia.

Recoñecemento do efecto positivo que a

práctica de actividade física produce no

organismo.

Elaboración e posta en práctica dun plano de

traballo dunha das capacidades físicas

relacionadas coa saúde.

Toma de conciencia da propia condición

física e predisposición a mellorala.

HIXIENE POSTURAL E CORPORAL HIXIENE POSTURAL E CORPORAL

Adopción de posturas correctas nas

actividades físicas e deportivas realizadas.

Relaxación e respiración. Aplicación de

técnicas e métodos de relaxación de forma

autónoma.

Alimentación e actividade física: equilibrio

entre a inxesta e o gasto calórico.

Valoración dos métodos de relaxación para

aliviar tensións da vida cotiá.

Valoración da alimentación como factor Valoración dos efectos negativos que

determinados hábitos (fumar, beber,

11

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

decisivo na saúde persoal. sedentarismo, consumir estupefacientes...)

teñen sobre a condición física e sobre a

saúde e adopción dunha actitude de

rexeitamento ante estes.

Execución de métodos de relaxación como

medio para liberar tensións.

Primeiras actuacións ante as lesións máis

comúns que poden manifestarse na práctica

deportiva. Protocolos básicos de primeiros

auxilios.

Primeiras actuacións ante as lesións máis

comúns que poden Protocolos básicos de

primeiros auxilios.

BLOQUE 4. XOGOS E ACTIVIDADES DEPORTIVAS

1º ESO 2º ESO

DxT PSICOMOTRIZ DxT PSICOMOTRIZ

Práctica de actividades e xogos para a

aprendizaxe dos deportes individuais.

Práctica de actividades e xogos para a

aprendizaxe dos deportes individuais.

Realización de xestos técnicos básicos e

identificación de elementos regulamentarios

dun deporte individual.

Realización de xestos técnicos básicos e

identificación de elementos regulamentarios

dun deporte individual diferente ó realizado

no curso anterior

Execución de habilidades motrices

vinculadas a accións deportivas.

DXT SOCIOMOTRIZ:DxT COOPERATIVO e DxT

COOPERACIÓN-OPOSICIÓN)

DXT SOCIOMOTRIZ:DxT COOPERATIVO e DxT

COOPERACIÓN-OPOSICIÓN)

As fases do xogo nos deportes colectivos:

concepto e obxectivos.

Os deportes de competición entre DÚAS

PERSOAS como fenómeno social e cultural

Realización de xogos e actividades en que

prevalezan aspectos comúns dos deportes

Realización de xogos e actividades con

elementos técnicos, tácticos e

12

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

colectivos. regulamentarios dos deportes de

competición entre DÚAS PERSOAS.

Realización de tarefas xogadas e actividades

cooperativas. Desafíos físicos cooperativos.

Realización de tarefas xogadas e de

actividades cooperativas. Novos desafíos

físicos cooperativos.

Práctica dos fundamentos técnicos, tácticos

e regulamentarios dun deporte colectivo

XOGOS POPULARES XOGOS POPULARES

Coñecemento e realización de xogos e

deportes tradicionais de Galicia.

Coñecemento e realización de xogos e

deportes tradicionais de Galicia

VALORES VALORES

Aceptación do propio nivel de execución e

disposición cara á súa mellora.

Autocontrol ante as situacións de contacto

físico que se dan nos xogos e no deporte

Valoración das actividades deportivas como

unha forma de mellorar a saúde.

Cooperación nas funcións atribuídas dentro

dun labor de equipo para a consecución de

obxectivos comúns

Respecto e aceptación das regras das

actividades, xogos e deportes practicados.

Respecto e aceptación das normas dos

deportes de competición entre dúas persoas

e das establecidas polo grupo

Tolerancia e deportividade por riba da

procura desmedida dos resultados

3º ESO 4º ESO

DxT PSICOMOTRIZ DxT PSICOMOTRIZ

Práctica de actividades e xogos para a

progresión nun deporte individual

Realización de xogos e deportes individuais,

de competición entre dúas persoas e

colectivos de lecer e recreación

DXT SOCIOMOTRIZ:DxT COOPERATIVO e DxT

COOPERACIÓN-OPOSICIÓN)

DXT SOCIOMOTRIZ:DxT COOPERATIVO e DxT

COOPERACIÓN-OPOSICIÓN)

13

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

As fases do xogo nos deportes colectivos:

organización do ataque e da defensa.

Planificación e organización de campionatos

nos cales se utilicen sistemas de puntuación

que potencien as actitudes, os valores e o

respecto das normas.

Práctica dos fundamentos técnicos, tácticos

e regulamentarios dun deporte colectivo

diferente ao realizado no curso anterior.

Práctica dos fundamentos técnicos, tácticos

e regulamentarios dos deportes

Participación activa nas actividades e xogos

e no deporte colectivo escollido

Asunción da responsabilidade individual

nunha actividade colectiva, como condición

indispensable para a consecución dun

obxectivo común.

XOGOS POPULARES XOGOS POPULARES

Coñecemento e realización de xogos e

deportes tradicionais de Galicia

Coñecemento e práctica de xogos e deportes

tradicionais de Galicia e da propia zona, así

como do seu regulamento. Procura de

infomación sobre variacións locais

VALORES VALORES

Tolerancia e deportividade na práctica

deportiva e na consecución de resultados

Valoración dos xogos e deportes como

actividades físicas de lecer e tempo libre

Aceptación das normas sociais e

democráticas que rexen nun traballo en

equipo

BLOQUE 2. ACTIVIDADES FÍSICAS ARTÍSTICO-EXPRESIVAS

1º ESO 2º ESO

O CORPO EXPRESIVO O CORPO EXPRESIVO

14

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

O corpo expresivo: postura, xesto e

movemento. Aplicación da conciencia

corporal nas actividades expresivas.

A linguaxe corporal e a comunicación non

verbal.

Experimentación de actividades expresivas

orientadas a favorecer unha dinámica

positiva do grupo.

Os xestos e as posturas. Experimentación de

actividades encamiñadas ao dominio, ó

control corporal e á comunicación coas

outras persoas.

Combinación de distintos ritmos e manexo de

diversos obxectos na realización de

actividades expresivas.

Aceptación das diferenzas individuais e

respecto ante a execución das tarefas por

parte doutras persoas.

Disposición favorable á desinhibición nas

actividades de expresión

DANZAS DANZAS

Realización de danzas sinxelas de carácter

recreativo e popular.

Realización de danzas do mundo de carácter

colectivo. Contextualización básica.

TÉCNICAS DE RESPIRACIÓN TÉCNICAS DE RESPIRACIÓN

Control da respiración e da relaxación nas

actividades expresivas.

IMPROVISACIÓNS GRUPAIS IMPROVISACIÓNS GRUPAIS

Realización de improvisacións colectivas e

individuais como medio

de comunicación espontánea.

3º ESO 4º ESO

O CORPO EXPRESIVO O CORPO EXPRESIVO

Execución de ritmos con práctica individual,

por parellas ou colectiva.

Participación e achega ao traballo en grupo

nas actividades rítmicas.

Disposición favorable á desinhibición na Disposición favorable á desinhibición na

presentación individual ou colectiva de

15

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

exteriorización de sentimentos e emocións. exposicións orais e rítmicas en público.

DANZAS DANZAS

Bailes e danzas: realización de danzas

colectivas, históricas e do mundo. Aspectos

culturais en relación á expresión corporal.

Predisposición para realizar os bailes e

danzas con calquera compañeiro e

compañeira.

Realización de movementos corporais

globais e segmentarios cunha base rítmica,

combinando as variables de espazo, tempo e

intensidade, destacando o seu valor

expresivo.

TÉCNICAS DE RESPIRACIÓN TÉCNICAS DE RESPIRACIÓN

IMPROVISACIÓNS GRUPAIS IMPROVISACIÓNS GRUPAIS

Adquisición de directrices para o deseño de

composicións coreográficas.

Creación de composicións coreográficas

colectivas con apoio dunha estrutura musical

incluíndo os diferentes elementos: espazo,

tempo e intensidade.

BACHARELATO

BLOQUE 1 CONTIDOS COMÚNS

COÑECEMENTO CIENTÍFICO DA EF: MÉTODOS DE INVESTIGACIÓN E APLICACIÓN DAS TIC

Aplicación de metodoloxías científicas na elaboración de traballos sinxelos de investigación

16

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

relacionados cos contidos da materia.

Emprego de novas tecnoloxías para a obtención e tratamento de datos, para a procura, selección e

crítica de información sobre a materia e para a comunicación de proxectos, resultados e conclusións

de traballos de investigación.

Coñecemento dos estudos e saídas profesionais relacionados coa área de educación física.

VALORES

Aproveitamento das situacións de práctica de actividade física e deportiva para a transmisión de

valores educativos que promovan o esforzo, a superación persoal, a cooperación, a solidariedade, a

tolerancia, a igualdade e o respecto entre todas as persoas. Neste sentido reviste especial

importancia o fomento de actividades deportivas superando os estereotipos de xénero.

Desenvolvemento da capacidade de traballo en equipo e de cooperación.

Valoración das posibilidades para o gozo da natureza de xeito compatible coa súa conservación.

BLOQUE 2 ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE BLOQUE 3 ACTIV FÍSICA, DxT E TEMPO LIBRE.

CONDICIÓN FÍSICA E SAÚDEDxT PSICOM DXT SOCIOM (DxT COOPERATIVO e

DxT COOPERACIÓN-OPOSICIÓN)

Beneficios da práctica regular de actividade

física e valoración da súa incidencia sobre a

saúde.

Deporte como fenómeno social e cultural.

Aceptación da responsabilidade no

mantemento e mellora da condición física.

Coñecemento do regulamento básico e

adaptado de xogos motores, actividades

deportivas e deporte alternativo.

Criterios fundamentais para a planificación

da actividade física para a saúde.

Perfeccionamento técnico e aplicación de

normas tácticas fundamentais para a

realización de xogos motores, actividades

deportivas e deporte alternativo practicado

nas etapas anteriores.

Execución de probas para a avaliación das

capacidades motoras.XESTIÓN DE ACTIVIDADES FÍSICO DEPORTIVAS

Actividade física para a saúde: o Organización e participación en

17

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

acondicionamento físico, o xogo motor, as

actividades deportivas e as actividades

físicas no medio natural.

competicións recreativas dos deportes

practicados.

-Métodos básicos para o desenvolvemento

da condición física.

Colaboración na organización e realización

de actividade física no medio natural.

Manexo e control dos compoñentes

fundamentais da carga na práctica de

actividade física: o volume, a intensidade e a

densidade do esforzo.

EXPRESIÓN CORPORAL

HIXIENE POSTURAL E CORPORAL Realización de actividade física con soporte

musical.

Análise da influencia dos hábitos sociais

positivos: alimentación, descanso e estilo de

vida activo.

Elaboración e representación dunha

composición corporal individual ou colectiva.

Análise e influencia de hábitos sociais

negativos: sedentarismo, consumo de

drogas, alcohol, tabaco, etc.

Recoñecemento do valor expresivo e

comunicativo das actividades practicadas.

Normas ergonómicas e de hixiene postural. VALORES

Aplicación de técnicas básicas de relaxación. Valoración dos aspectos de relación, traballo

en equipo e xogo limpo nas actividades

físicas e nos deportes.

18

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

TEMPORALIZACIÓN

Os bloques de contidos organizámolos en unidades didácticas para poder desenvolvelos, distribuídas do

seguinte xeito para cada un dos cursos:

1º ESO

UD TÍTULO DESCRICIÓN

DURACIÓ

N

SES AV

1Aprendemos a Valorar a condición

física.

A través de test cuantitativos e medicións corporais,

o alumnado valorará a súa condición física.3 1ª

2 O quecemento e a sesión de EF.O alumnado coñecerá o significado do quecemento

e a súa importancia dentro da sesión de EF.5 1ª

3 Xogando a correr

O alumnado, mediante exploración de formas

xogadas, descubrirá e vivenciará a maneira máis

axeitada de correr e coñecerá e valorará os distintos

aspectos da carreira (iniciación ós concursos de

carreiras de atletismo)

4 1ª

4 Condición Física e saúde con

xogos. Hixiene postural e corporal.

Aprenderémoslle ó alumnado a identificar nos xogos

e tarefas que realiza, as cualidades físicas básicas e

10 1ª

19

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

relacionarémolos coa saúde e a hixiene postural.

5 Como comemos.

A partires do que comen habitualmente,

Incorporaremos contidos básicos sobre

alimentación e nutrición.

2 1ª

BLOQUES DE CONTIDOS RELACIONADOS:

1. Condición Física e saúde.

OBXECTIVOS XERAIS RELACIONADOS:

1. Coñecer os trazos que definen unha actividade física saudable e os efectos beneficiosos que esta ten

para a saúde individual e colectiva.

2. Valorar a práctica habitual e sistemática de actividades físicas como medio para mellorar as

condicións de saúde e a calidade de vida.

3. Realizar tarefas dirixidas ao incremento das posibilidades de rendemento motor, á mellora da

condición física para a saúde e ao perfeccionamento das funcións de axuste, dominio e control

corporal, adoptando unha actitude de autoexixencia na súa execución.

4. Coñecer e consolidar hábitos saudables, técnicas básicas de respiración e relaxación como medio

para reducir desequilibrios e aliviar tensións producidas na vida cotiá e na práctica físico-deportiva.

5. Planificar actividades que permitan satisfacer as necesidades en relación coas capacidades físicas e

habilidades específicas a partir da valoración do nivel inicial.

6. Realizar actividades físico-deportivas no medio natural que teñan baixo impacto ambiental,

contribuíndo á súa conservación.

7. Adoptar unha actitude crítica ante o tratamento do corpo, a actividade física e o deporte no contexto

social.

CRITERIOS DE AVALIÓN RELACIONADOS:

1. Recompilar actividades, xogos, estiramentos e exercicios de mobilidade articular apropiados para o

quecemento e realizados na clase.

2. Identificar os hábitos hixiénicos e posturais saudables relaciona- dos coa actividade física e coa vida

cotiá.

3. Incrementar as capacidades físicas relacionadas coa saúde, traballadas durante o curso, con

respecto ao seu nivel inicial.

20

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

UD TÍTULO DESCRICIÓN

DURACIÓ

N

SES AV

5 Iniciación á ximnasia acrobática.Iniciaremos ó alumnado neste deporte: Habilidades

(xiros, equilibrios e saltos) e concurso básico.12 2ª

6 Expresamos creando.

Os panos e as pelotas como medio expresivo,

introduciremos ó noso alumnado nas creacións

escénicas.

8 2ª

BLOQUES DE CONTIDOS RELACIONADOS:

1. Expresión corporal.

2. Xogos e deportes.

OBXECTIVOS XERAIS RELACIONADOS:

1. Realizar tarefas dirixidas ao incremento das posibilidades de rendemento motor, á mellora da

condición física para a saúde e ao perfeccionamento das funcións de axuste, dominio e control

corporal, adoptando unha actitude de autoexixencia na súa execución. Amosar habilidades e

actitudes sociais de respecto, de traballo en equipo e de deportividade na participación en

actividades, xogos e deportes, independentemente das diferenzas de xénero, culturais, sociais e de

habilidade.

2. Practicar e deseñar actividades expresivas con ou sen base musical, utilizando o corpo como medio

de comunicación e expresión creativa.

3. Adoptar unha actitude crítica ante o tratamento do corpo, a actividade física e o deporte no contexto

social.

CRITERIOS DE AVALIÓN RELACIONADOS:

1. Crear e poñer en práctica unha secuencia harmónica de movementos corporais a partir dun ritmo

escollido.

2. Mellorar a execución dos aspectos técnicos fundamentais dun deporte individual, aceptando o nivel

alcanzado.

3. Resolver desafíos físicos de forma cooperativa.

UD TÍTULO DESCRICIÓN DURACIÓ

21

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

N

SES AV

8 Os xogos de invasión.

A través dos xogos de invasión, introduciremos ó

alumnado nos fundamentos técnico táctico básicos

dos deportes sociomotrices de invasión.

10 3ª

9 Orientémonos no centro.

A través de xogos de orientación e de rastrexo, o

alumnado será quen de orientarse cun compás e un

mapa no propio centro.

6 3ª

10Os xogos e deportes tradicionais

galegos I

O alumnado recompilará e practicará xogos e

deportes populares galegos sen e con

musicalidade..

4 3ª

BLOQUES DE CONTIDOS RELACIONADOS:

1. Xogos e deportes.

2. Actividades no medio natural.

OBXECTIVOS XERAIS RELACIONADOS:

1. Realizar actividades físico-deportivas no medio natural que teñan baixo impacto ambiental,

contribuíndo á súa conservación.

2. Coñecer e realizar actividades deportivas e recreativas individuais e colectivas aplicando os

fundamentos regulamentarios, técnicos e tácticos en situacións de xogo, con progresiva autonomía

na súa execución.

3. Amosar habilidades e actitudes sociais de respecto, de traballo en equipo e de deportividade na

participación en actividades, xogos e deportes, independentemente das diferenzas de xénero,

culturais, sociais e de habilidade. Adoptar unha actitude crítica ante o tratamento do corpo, a

actividade física e o deporte no contexto social.

CRITERIOS DE AVALIÓN RELACIONADOS:

1. Mellorar a execución dos aspectos técnicos fundamentais dun deporte individual, aceptando o nivel

alcanzado.

2. Realizar a acción motriz oportuna en función da fase de xogo que se desenvolva, ataque ou defensa,

no xogo ou deporte colectivo proposto. Realizar a acción motriz oportuna en función da fase de xogo

22

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

que se desenvolva, ataque ou defensa, no xogo ou deporte colectivo proposto.

3. Resolver desafíos físicos de forma cooperativa.

4. Coñecer e realizar xogos e deportes tradicionais de Galicia.

2º ESO

UD TÍTULO DESCRICIÓN

DURACIÓ

N

SES AV

1Aprendemos a Valorar a condición

física.

A través de test cuantitativos e medicións corporais,

o alumnado valorará a súa condición física.3 1ª

2 O quecemento: tipos e partes.

O alumnado coñecerá os tipos e as partes do

quecemento e a súa importancia dentro da sesión

de EF.

4 1ª

3 Melloramos a nosa resistencia.

O alumnado aprenderá nocións básicas de

resistencia e como traballala, a través de deportes

(orientación no centro).

10 1ª

4Xogando a saltar (da carreira ó

salto)

Descubrir de xeito cooperativo as carreiras con

obstáculos e saltos por equipos, de relevos e

circuítos.

5 1ª

5Non só nos alimentamos,

nutrímonos.

A partires do que comen habitualmente,

diferenciaremos a alimentación e a nutrición. 2 1ª

BLOQUES DE CONTIDOS RELACIONADOS:

3. Condición Física e saúde.

OBXECTIVOS XERAIS RELACIONADOS:

1. Coñecer os trazos que definen unha actividade física saudable e os efectos beneficiosos que esta ten

para a saúde individual e colectiva.

23

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

2. Valorar a práctica habitual e sistemática de actividades físicas como medio para mellorar as

condicións de saúde e a calidade de vida.

3. Realizar tarefas dirixidas ao incremento das posibilidades de rendemento motor, á mellora da

condición física para a saúde e ao perfeccionamento das funcións de axuste, dominio e control

corporal, adoptando unha actitude de autoexixencia na súa execución.

4. Coñecer e consolidar hábitos saudables, técnicas básicas de respiración e relaxación como medio

para reducir desequilibrios e aliviar tensións producidas na vida cotiá e na práctica físico-deportiva.

5. Planificar actividades que permitan satisfacer as necesidades en relación coas capacidades físicas e

habilidades específicas a partir da valoración do nivel inicial.

6. Realizar actividades físico-deportivas no medio natural que teñan baixo impacto ambiental,

contribuíndo á súa conservación.

7. Adoptar unha actitude crítica ante o tratamento do corpo, a actividade física e o deporte no contexto

social.

CRITERIOS DE AVALIÓN RELACIONADOS:

1. Incrementar a resistencia aeróbica e a flexibilidade respecto do seu nivel inicial.

2. Recoñecer a través da práctica, as actividades físicas que se desenvolven nunha franxa da

frecuencia cardíaca beneficiosa para a saúde.

UD TÍTULO DESCRICIÓN

DURACIÓ

N

SES AV

6 Iniciación ós deportes de loita.

Iniciaremos ó alumnado nas habilidades básicas

deste deporte: Tirar, empurrar, derrubar, volcar,

tocar, etc. 12 2ª

7 Expresamos creando.

O salto á comba (en grupo, dobre comba, simple)

como medio expresivo, introduciremos ó noso

alumnado nas creacións escénicas grupais.

8 2ª

BLOQUES DE CONTIDOS RELACIONADOS:

24

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

1. Expresión corporal.

2. Xogos e deportes.

OBXECTIVOS XERAIS RELACIONADOS:

1. Realizar tarefas dirixidas ao incremento das posibilidades de rendemento motor, á mellora da

condición física para a saúde e ao perfeccionamento das funcións de axuste, dominio e control

corporal, adoptando unha actitude de autoexixencia na súa execución. Amosar habilidades e

actitudes sociais de respecto, de traballo en equipo e de deportividade na participación en

actividades, xogos e deportes, independentemente das diferenzas de xénero, culturais, sociais e de

habilidade.

2. Practicar e deseñar actividades expresivas con ou sen base musical, utilizando o corpo como medio

de comunicación e expresión creativa.

3. Adoptar unha actitude crítica ante o tratamento do corpo, a actividade física e o deporte no contexto

social.

CRITERIOS DE AVALIÓN RELACIONADOS:

1. Mostrar autocontrol na aplicación da forza e na relación e na confrontación con outras persoas, ante

situacións de contacto físico en xogos e actividades de loita.

2. Crear e poñer en práctica unha secuencia harmónica de movementos corporais a partir dun ritmo

esco llido.

3. Resolver desafíos físicos descoñecidos previamente polo alumnado de forma cooperativa.

UD TÍTULO DESCRICIÓN

DURACIÓ

N

SES AV

8 Compito cooperando.

A través dun deporte sociomotriz de espacio

compartido (balonkorf, colpbol, etc), introduciremos

ó alumnado nos fundamentos técnico táctico

basicos dos deportes sociomotrices de espazo

compartido.

10 3ª

9 Os xogos e deportes tradicionais

galegos I

O alumnado recompilará e practicará xogos e

deportes populares galegos sen e con

3 3ª

25

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

musicalidade..

BLOQUES DE CONTIDOS RELACIONADOS:

1. Xogos e deportes.

2. Actividades no medio natural.

OBXECTIVOS XERAIS RELACIONADOS:

1. Realizar actividades físico-deportivas no medio natural que teñan baixo impacto ambiental,

contribuíndo á súa conservación.

2. Coñecer e realizar actividades deportivas e recreativas individuais e colectivas aplicando os

fundamentos regulamentarios, técnicos e tácticos en situacións de xogo, con progresiva autonomía

na súa execución.

3. Amosar habilidades e actitudes sociais de respecto, de traballo en equipo e de deportividade na

participación en actividades, xogos e deportes, independentemente das diferenzas de xénero,

culturais, sociais e de habilidade.Adoptar unha actitude crítica ante o tratamento do corpo, a

actividade física e o deporte no contexto social.

CRITERIOS DE AVALIÓN RELACIONADOS:

1. Manifestar actitudes de cooperación, tolerancia e deportividade tanto cando se adopta o papel de

participante como o de espectador ou espectadora na práctica dun deporte colectivo

2. Coñecer e realizar xogos e deportes tradicionais de Galicia.

3. Resolver desafíos físicos descoñecidos previamente polo alumnado de forma cooperativa.

3º ESO

UD TÍTULO DESCRICIÓN

DURACIÓ

N

SES AV

1 Valoramos a condición física. A través de test cuantitativos e medicións corporais,

o alumnado valorará a súa resistencia aeróbica e a

3 1ª

26

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

súa flexibiliade.

2O quecemento xeral: efectos e

cómo realizalo

O alumnado coñecerá os efectos que ten sobre o

organismo e aprenderá a realizar de maneira

autónoma un quecemento xeral.

2 1ª

3

Correr saudablemente. Qué fago

cando non corro? (alimentación,

postura e Fr. Cd.).

Tratamos as características básicas da resistencia e

a forza resistencia, así como os seus métodos de

adestramento para deseñar e desenvolver un

programa básico de mellora da mesma.

Incorporaremos tamén contidos básicos sobre

nutrición e gasto calórico. Asemade, relacionámola

cos sistemas e aparatos do corpo humán.

10 1ª

4 Orientémonos nun entorno próximo

A través de xogos de carreiras de orientación nun

centro, o alumnado será quen de orientarse cun

mapa.

5 1ª

5 Son flexible, minimizo a dor I.

Tratamos as características básicas da flexibilidade,

así como os seus métodos de adestramento para

deseñar e desenvolver un programa básico de

mellora da mesma. Asemade, relacionámola cos

sistemas e aparatos do corpo humán.

4 1ª

BLOQUES DE CONTIDOS RELACIONADOS:

3. Condición Física e saúde.

OBXECTIVOS XERAIS RELACIONADOS:

1. Coñecer os trazos que definen unha actividade física saudable e os efectos beneficiosos que esta ten

para a saúde individual e colectiva.

2. Valorar a práctica habitual e sistemática de actividades físicas como medio para mellorar as

condicións de saúde e a calidade de vida.

3. Realizar tarefas dirixidas ao incremento das posibilidades de rendemento motor, á mellora da

condición física para a saúde e ao perfeccionamento das funcións de axuste, dominio e control

corporal, adoptando unha actitude de autoexixencia na súa execución.

4. Coñecer e consolidar hábitos saudables, técnicas básicas de respiración e relaxación como medio

27

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

para reducir desequilibrios e aliviar tensións producidas na vida cotiá e na práctica físico-deportiva.

5. Planificar actividades que permitan satisfacer as necesidades en relación coas capacidades físicas e

habilidades específicas a partir da valoración do nivel inicial.

6. Realizar actividades físico-deportivas no medio natural que teñan baixo impacto ambiental,

contribuíndo á súa conservación.

7. Adoptar unha actitude crítica ante o tratamento do corpo, a actividade física e o deporte no contexto

social.

CRITERIOS DE AVALIÓN RELACIONADOS:

1. Relacionar as actividades físicas cos efectos que producen nos diferentes aparellos e sistemas do

corpo humano, especialmente con aqueles que son máis relevantes para a saúde.

2. Incrementar os niveis de resistencia aeróbica, flexibilidade e forza resistencia a partir do nivel inicial,

participando na selección das actividades e exercicios en función dos métodos de adestramento

propios de cada capacidade.

3. Realizar exercicios de acondicionamento físico atendendo a criterios de hixiene postural como

estratexia para a prevención de lesións.

4. Recoñecer, a partir da medición da frecuencia cardíaca, a intensidade do traballo realizado.

5. Reflexionar sobre a importancia que ten para a saúde unha alimentación equilibrada a partir do

cálculo da inxesta e o gasto calórico, de acordo coas racións de cada grupo de alimentos e das

actividades diarias realizadas.

UD TÍTULO DESCRICIÓN

DURACIÓ

N

SES AV

5 O acrosport: figuras estáticas.

Iniciaremos ó alumnado neste deporte: figuras

estáticas e habilidades ximnásticas e coreografías

básicas.

8 2ª

6 Cirscola I

A través das habilidades circenses: malabares de

lanzamento, introduciremos ó noso alumnado nas

creacións escénicas.

4 2ª

7 A creación corporal artístico Facilitaremos que o noso alumnado, por grupos e de 6 2ª

28

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

expresiva

xeito cooperativo, incorpore as habilidades

adquiridas e/ou coñecidas por eles, á creación

dunha historia corporal.

BLOQUES DE CONTIDOS RELACIONADOS:

1. Expresión corporal.

2. Xogos e deportes.

OBXECTIVOS XERAIS RELACIONADOS:

1. Realizar tarefas dirixidas ao incremento das posibilidades de rendemento motor, á mellora da

condición física para a saúde e ao perfeccionamento das funcións de axuste, dominio e control

corporal, adoptando unha actitude de autoexixencia na súa execución. Amosar habilidades e

actitudes sociais de respecto, de traballo en equipo e de deportividade na participación en

actividades, xogos e deportes, independentemente das diferenzas de xénero, culturais, sociais e de

habilidade.

2. Practicar e deseñar actividades expresivas con ou sen base musical, utilizando o corpo como medio

de comunicación e expresión creativa.

3. Adoptar unha actitude crítica ante o tratamento do corpo, a actividade física e o deporte no contexto

social.

CRITERIOS DE AVALIÓN RELACIONADOS:

1. Progresar no desenvolvemento do deporte individual traballado (XIMNASIA ACROBÁTICA).

2. Realizar bailes por parellas ou en grupo, indistintamente con calquera membro del, amosando

respecto e desinhibición.

UD TÍTULO DESCRICIÓN

DURACIÓ

N

SES AV

8 Lanzamos e saltamos ó alto A través de técnicas do atletismo (salto de altura,

lanzamento de xavelina e de peso), o alumnado

descubrirá, coñecerá e comprenderá como

saltamos o alto con un ou dous pes desde distintos

lugares e alturas ademais do proceso coordinativo

dos lanzamentos sen recepción de obxectos en

8 3ª

29

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

lonxitude.

9Aprendo o deporte: compito

cooperando.

A través do balonmán flag como medio,

introduciremos ó alumnado nos fundamentos

técnico táctico básicos dos deportes sociomotrices

de invasión e espazo compartido: espazo de xogo,

fundamentos das regras e rol dos xogadores.

14 3ª

BLOQUES DE CONTIDOS RELACIONADOS:

1. Xogos e deportes.

2. Actividades no medio natural.

OBXECTIVOS XERAIS RELACIONADOS:

1. Realizar actividades físico-deportivas no medio natural que teñan baixo impacto ambiental,

contribuíndo á súa conservación.

2. Coñecer e realizar actividades deportivas e recreativas individuais e colectivas aplicando os

fundamentos regulamentarios, técnicos e tácticos en situacións de xogo, con progresiva autonomía

na súa execución.

3. Amosar habilidades e actitudes sociais de respecto, de traballo en equipo e de deportividade na

participación en actividades, xogos e deportes, independentemente das diferenzas de xénero,

culturais, sociais e de habilidade. Adoptar unha actitude crítica ante o tratamento do corpo, a

actividade física e o deporte no contexto social.

CRITERIOS DE AVALIÓN RELACIONADOS:

3. Resolver situacións de xogo reducido dun ou varios deportes colectivos, aplicando os coñecementos

técnicos, tácticos e regulamentarios adquiridos.

4. Coñecer e realizar xogos e deportes tradicionais de Galicia.

5. Completar unha actividade de orientación, preferentemente no medio natural, coa axuda dun mapa,

resolvendo pequenos problemas suscitados no devandito itinerario, coñecendo e aplicando as

normas de seguridade propias das actividades na natureza e amosando unha actitude de respecto

cara ao medio.

30

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

4º ESO

UD TÍTULO DESCRICIÓN

DURACIÓ

N

SES AV

1 Valoramos a condición física.

A través de test cuantitativos e medicións corporais,

o alumnado valorará a súa forza resistencia e a súa

flexibilidade.

3 1ª

2 O quecemento específico.

O alumnado coñecerá os obxectivos do quecemento

específico e aprenderá a realizalo de maneira

autónoma.

2 1ª

3Melloro a miña estrutura ósea e

muscular.

Tratamos as características básicas da forza,

afondando na saúde: a forza resistencia, así como

os seus métodos de adestramento para deseñar e

desenvolver un programa básico de mellora da

mesma. Incorporaremos tamén contidos básicos

sobre nutrición e gasto calórico. Asemade,

relacionámola cos sistemas e aparatos do corpo

humano.

14 1ª

4 Son flexible, minimizo a dor II.

Tratamos as características básicas da flexibilidade,

así como os seus métodos de adestramento para

deseñar e desenvolver un programa básico de

mellora da mesma. Asemade, relacionámola cos

sistemas e aparatos do corpo humano.

4 1ª

5 O soporte vital básico

O alumnado coñecerá a cadea de supervivencia e

aprenderá as manobras de resucitación

cardiopulmonar básicas.

5 1ª

BLOQUES DE CONTIDOS RELACIONADOS:

3. Condición Física e saúde.

OBXECTIVOS XERAIS RELACIONADOS:

31

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

1. Coñecer os trazos que definen unha actividade física saudable e os efectos beneficiosos que esta ten

para a saúde individual e colectiva.

2. Valorar a práctica habitual e sistemática de actividades físicas como medio para mellorar as

condicións de saúde e a calidade de vida.

3. Realizar tarefas dirixidas ao incremento das posibilidades de rendemento motor, á mellora da

condición física para a saúde e ao perfeccionamento das funcións de axuste, dominio e control

corporal, adoptando unha actitude de autoexixencia na súa execución.

4. Coñecer e consolidar hábitos saudables, técnicas básicas de respiración e relaxación como medio

para reducir desequilibrios e aliviar tensións producidas na vida cotiá e na práctica físico-deportiva.

5. Planificar actividades que permitan satisfacer as necesidades en relación coas capacidades físicas e

habilidades específicas a partir da valoración do nivel inicial.

6. Realizar actividades físico-deportivas no medio natural que teñan baixo impacto ambiental,

contribuíndo á súa conservación.

7. Adoptar unha actitude crítica ante o tratamento do corpo, a actividade física e o deporte no contexto

social.

CRITERIOS DE AVALIÓN RELACIONADOS:

1. Planificar e poñer en práctica quecementos autónomos respectando pautas básicas para a súa

elaboración e atendendo as características da actividade física que se realizará.

2. Analizar os efectos beneficiosos e de prevención que o traballo regular de resistencia aerobia, de

flexibilidade e de forza resistencia supoñen para o estado de saúde.

3. Deseñar e levar a cabo un plan de traballo dunha capacidade física relacionada coa saúde,

incrementando o propio nivel inicial, a partir do coñecemento de sistemas e métodos de

adestramento.

UD TÍTULO DESCRICIÓN

DURACIÓ

N

SES AV

5 O acrosport: figuras dinámicas.

Perfeccionaremos ó alumnado neste deporte:

figuras dinámicas, habilidades ximnásticas e

coreografías.

4 2ª

32

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

6 Expresémonos cos movementos

A través das técnicas expresivas:o corpo, o espazo,

o grupo, apoios, distensión, tensión relaxación,

circuítos abertos e pechados e as calidades de

movemento, introduciremos ó noso alumnado nas

creacións escénicas.

8 2ª

7A creación corporal artístico

expresiva

Facilitaremos que o noso alumnado, por grupos e de

xeito cooperativo, incorpore as habilidades

adquiridas e/ou coñecidas por eles, á creación

dunha historia corporal.

6 2ª

BLOQUES DE CONTIDOS RELACIONADOS:

1. Expresión corporal.

2. Xogos e deportes.

OBXECTIVOS XERAIS RELACIONADOS:

1. Realizar tarefas dirixidas ao incremento das posibilidades de rendemento motor, á mellora da

condición física para a saúde e ao perfeccionamento das funcións de axuste, dominio e control

corporal, adoptando unha actitude de autoexixencia na súa execución. Amosar habilidades e

actitudes sociais de respecto, de traballo en equipo e de deportividade na participación en

actividades, xogos e deportes, independentemente das diferenzas de xénero, culturais, sociais e de

habilidade.

2. Practicar e deseñar actividades expresivas con ou sen base musical, utilizando o corpo como medio

de comunicación e expresión creativa.

3. Adoptar unha actitude crítica ante o tratamento do corpo, a actividade física e o deporte no contexto

social.

CRITERIOS DE AVALIÓN RELACIONADOS:

1. Participar de forma desinhibida e construtiva na creación e realización de actividades expresivas

colectivas con soporte musical.

2. Utilizar os tipos de respiración e as técnicas e métodos de relaxación como medio para a redución de

desequilibrios e o alivio de tensións producidas na vida cotiá.

UD TÍTULO DESCRICIÓN DURACIÓ

N

33

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

SES AV

8Combinamos as probas atléticas:

corremos, saltamos e lanzamos

Mediante a cooperación afondaremos na práctica

das distintas especialidades (carreiras, saltos,

lanzamentos) a través da creación de grupos

formativos que teñen como finalidade a creación

dun equipo competente, para loitar contra os demais

grupos nun xogo atlético combinado.

6 3ª

9

Aprendo o deporte: compito

cooperando: Os deportes

convencionais.

A través dos deportes de raqueta e o voleibol como

medio, introduciremos ó alumnado nos

fundamentos técnico táctico básicos dos deportes

sociomotrices de espazo separado: espazo de xogo,

fundamentos das regras e rol dos xogadores.

15 3ª

BLOQUES DE CONTIDOS RELACIONADOS:

1. Xogos e deportes.

2. Actividades no medio natural.

OBXECTIVOS XERAIS RELACIONADOS:

1. Realizar actividades físico-deportivas no medio natural que teñan baixo impacto ambiental,

contribuíndo á súa conservación.

2. Coñecer e realizar actividades deportivas e recreativas individuais e colectivas aplicando os

fundamentos regulamentarios, técnicos e tácticos en situacións de xogo, con progresiva autonomía

na súa execución.

3. Amosar habilidades e actitudes sociais de respecto, de traballo en equipo e de deportividade na

participación en actividades, xogos e deportes, independentemente das diferenzas de xénero,

culturais, sociais e de habilidade. Adoptar unha actitude crítica ante o tratamento do corpo, a

actividade física e o deporte no contexto social.

CRITERIOS DE AVALIÓN RELACIONADOS:

1. Resolver situacións de xogo dos deportes traballados, aplicando os coñecementos técnicos, tácticos

e regulamentarios adquiridos

2. Coñecer e realizar xogos e deportes tradicionais de Galicia, propios do contorno do centro.

3. Resolver supostos prácticos sobre as lesións que se poden producir na vida cotiá, na práctica de

34

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

actividade física e no deporte, aplicando unhas primeiras atencións e protocolos básicos de

actuación

4. Manifestar unha actitude crítica ante as prácticas e valoracións que se fan do deporte e do corpo a

través dos diferentes medios de comunicación

5. Participar na organización e posta en práctica de torneos en que se practiquen deportes e

actividades físicas realizadas ao longo da etapa.

1º BACH

UD TÍTULO DESCRICIÓN

DURACIÓ

N

SES AV

1 Valoramos a condición física.

A través de test cuantitativos e medicións corporais,

o alumnado valorará a súa resistencia aeróbica, a

súa forza resistencia e a súa flexibilidade.

3 1ª

3 Melloro a miña condición física.

Utilizamos as características básicas da resistencia

aeróbica, a forza e a flexibilidade, dende unha

perspectiva actual e saudable, así como os seus

métodos de adestramento para deseñar e

desenvolver un programa básico de mellora da

mesma e o manexo e control dos compoñentes

fundamentais da carga na práctica de actividade

física: o volume, a intensidade e a densidade do

esforzo. Incorporaremos tamén contidos básicos

sobre nutrición e gasto calórico. Asemade,

relacionámola cos sistemas e aparatos do corpo

humano.

6 1ª

4 Novas tendencias en AFD. Saídas

profesionais.

Tratamos as características básicas da condición

física, o seu adestramento e o coidado do corpo a

través de novas tendencias da actividade física e

10 1ª

35

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

deportiva: a ximnasia abdominal hipopresiva, o

TRX, etc. Asemade orientamos nas posibilidades

formativas e de desenvolvemento profesional actual

relacionadas coa actividade física (ciclos formativos

medios e superiores de AFD, ciclos de ensinanzas

deportivas, CAFD, etc.)

5 O soporte vital básico

O alumnado coñecerá a cadea de supervivencia e

aprenderá as manobras de resucitación

cardiopulmonar básicas.

5 1ª

BLOQUES DE CONTIDOS RELACIONADOS:

1. Contidos comúns

2. Actividade Física e saúde.

OBXECTIVOS XERAIS RELACIONADOS:

1. Coñecer os trazos que definen unha actividade física saudable e os efectos beneficiosos que esta ten

para a saúde individual e colectiva.

2. Valorar a práctica habitual e sistemática de actividades físicas como medio para mellorar as

condicións de saúde e a calidade de vida.

3. Realizar tarefas dirixidas ao incremento das posibilidades de rendemento motor, á mellora da

condición física para a saúde e ao perfeccionamento das funcións de axuste, dominio e control

corporal, adoptando unha actitude de autoexixencia na súa execución.

4. Coñecer e consolidar hábitos saudables, técnicas básicas de respiración e relaxación como medio

para reducir desequilibrios e aliviar tensións producidas na vida cotiá e na práctica físico-deportiva.

5. Planificar actividades que permitan satisfacer as necesidades en relación coas capacidades físicas e

habilidades específicas a partir da valoración do nivel inicial.

6. Realizar actividades físico-deportivas no medio natural que teñan baixo impacto ambiental,

contribuíndo á súa conservación.

7. Adoptar unha actitude crítica ante o tratamento do corpo, a actividade física e o deporte no contexto

social.

CRITERIOS DE AVALIÓN RELACIONADOS:

1. Facer un uso axeitado das novas tecnoloxías para o desenvolvemento dos coñecementos

36

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

relacionados coa área de educación física.

2. Discriminar os hábitos que condicionan un estilo de vida saudable.

3. Deseñar de xeito autónomo un proxecto de actividade física persoal.

4. Empregar probas fundamentais para a avaliación das capacidades motoras. Mellorar a condición

física individual.

5. Aplicar normas básicas de hixiene postural e ergonomía en actividades da vida cotiá.

6. Discriminar o tipo de actividade física máis axeitado para a prevención da obesidade e do sobrepeso.

7. Demostrar o coñecemento de diferentes métodos de relaxación.

UD TÍTULO DESCRICIÓN

DURACIÓ

N

SES AV

1 Cirscola II

Introduciremos ó noso alumnado nas técnicas

básicas de sombras corporais individuais, por

parellas, pequeno e gran grupo.

4 2ª

2A creación corporal artístico

expresiva

Facilitaremos que, por grupos e de xeito

cooperativo, o alumnado incorpore as habilidades

adquiridas e/ou coñecidas por eles noutros cursos e

neste, á creación dunha historia corporal.

6 2ª

BLOQUES DE CONTIDOS RELACIONADOS:

1. Actividade física, deporte e tempo libre.

2. Contidos comúns

OBXECTIVOS XERAIS RELACIONADOS:

1. Organizar e participar en actividades físicas como recurso para ocupar o tempo libre e de lecer,

valorando os aspectos sociais e culturais asociados.

2. Adquirir un estilo de vida saudable, especialmente no que respecta á práctica continua e adaptada

de actividade física.

3. Desenvolver as capacidades motoras para consolidar unha aptitude motora que permita a

preparación axeitada de probas de acceso aos estudos vinculados á educación física ou probas de

37

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

acceso de carácter profesional.

4. Coñecer, organizar e practicar xogos motores e actividades deportivas, adaptadas aos intereses do

alumnado, ás instalacións do centro e aos recursos materiais dispoñibles, dando prioridade á toma

de decisións e aplicando recursos técnicos aprendidos nas etapas anteriores.

5. Deseñar e practicar, en grupos pequenos, composicións con ou sen base musical, como medio de

expresión e comunicación.

6. Coñecer e aplicar normas básicas de hixiene postural sobre a base de criterios ergonómicos.

7. Utilizar de xeito autónomo a actividade física e as técnicas de relaxación para a redución de

desequilibrios e tensións da vida diaria.

8. Superar os estereotipos de xénero na práctica deportiva.

CRITERIOS DE AVALIÓN RELACIONADOS:

1. Facer un uso axeitado das novas tecnoloxías para o desenvolvemento dos coñecementos

relacionados coa área de educación física.

2. Mostrar unha actitude de esforzo, cooperación, solidariedade e respecto durante a práctica de

actividades físicas e deportivas. Elaborar composicións corporais colectivas, tendo en conta o ritmo e

a expresión.

UD TÍTULO DESCRICIÓN

DURACIÓ

N

SES AV

1

Aprendo o deporte: compito

cooperando: Os deportes non

convencionais.

A través dos deportes alternativos (ultímate) como

medio, perfeccionaremos ó alumnado nos

fundamentos técnico táctico dos deportes

sociomotrices de espazo común e na construción de

tarefas de aprendizaxe: nomenclatura, espazo de

xogo, fundamentos das regras e rol dos xogadores.

14 3ª

10Dinamizo, a través de actividades

físico deportivas, o meu entorno.

O alumnado aprenderá a planificar, organizar e

dinamizar eventos na aula ou no centro educativo, a

través dos xogos populares galegos, das

competicións deportivas e/ou de actividades

extraescolares..

6 3ª

38

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

BLOQUES DE CONTIDOS RELACIONADOS:

1. Actividade física, deporte e tempo libre.

2. Contidos comúns

OBXECTIVOS XERAIS RELACIONADOS:

1. Organizar e participar en actividades físicas como recurso para ocupar o tempo libre e de lecer,

valorando os aspectos sociais e culturais asociados.

2. Desenvolver as capacidades motoras para consolidar unha aptitude motora que permita a

preparación axeitada de probas de acceso aos estudos vinculados á educación física ou probas de

acceso de carácter profesional.

3. Coñecer, organizar e practicar xogos motores e actividades deportivas, adaptadas aos intereses do

alumnado, ás instalacións do centro e aos recursos materiais dispoñibles, dando prioridade á toma

de decisións e aplicando recursos técnicos aprendidos nas etapas anteriores.

4. Coñecer e practicar actividades físicas no medio natural, favorecendo e demostrando actitudes que

contribúan á súa conservación.

5. Coñecer os elementos básicos da historia do deporte galego nas súas principais modalidades

deportivas.

6. Superar os estereotipos de xénero na práctica deportiva.

CRITERIOS DE AVALIÓN RELACIONADOS:

1. Facer un uso axeitado das novas tecnoloxías para o desenvolvemento dos coñecementos

relacionados coa área de educación física.

2. Organizar actividades físicas utilizando os recursos do centro e do seu contorno físico.

3. Demostrar competencia técnica e táctica en situacións reais de práctica deportiva.

4. Participar e colaborar na organización e no desenvolvemento de actividades físicas no medio natural.

39

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

LIÑAS METODOLÓXICAS CUN ENFOQUE POR

COMPETENCIAS.

É necesaria unha axeitada coordinación entre o equipo docente sobre as estratexias metodolóxicas e

didácticas que se utilicen co alumnado. Os departamentos debemos formular unha estratexia metodolóxica

común para desenvolver ao longo do proceso de ensino e aprendizaxe do alumnado, considerando, ademais,

que a promoción da práctica diaria de deporte e o exercicio físico por parte dos alumnado durante a xornada

escolar debe formar parte do seu desenvolvemento integral.

LIÑAS METODOLÓXICAS innovadoras cun enfoque competencial, para a consecución, consolidación e

integración dos estándares de aprendizaxe:

1. Aprendizaxe eminentemente práctico e vivencial. Distribuído en dous días a semana, a ser

posible non consecutivos. A teoría que se imparta ten que estar en relación directa cos contidos

prácticos, a práctica será reflexiva, tendo en conta os procesos cognitivos e a intelixencia emocional.

2. Protagonismo ó alumnado, é o centro do proceso de ensino-aprendizaxe, temos que transmitirlle

estratexias para facelos persoas máis autónomas. A finalidade é mostrar como se aprende e como se

comproba o propio progreso ou autoavaliación. Sen esquecer a dimensión social e afectiva das

aprendizaxes.

3. Clases interactivas. Compromiso co grupo para interactuar nas prácticas dun xeito eficaz e

proactivo, para superar as dificultades que implican as destrezas motrices. A forma de comunicación

máis empregada na clase de educación física é a comunicación motriz. A aprendizaxe cooperativa

posibilitará resolución de problemas, a busca guiada, o traballo por proxectos e potenciará a inclusión

do alumnado.

4. Evitamos o encorsetamento educativo da materia. Os contidos integrados vívense dun xeito

interdisciplinar, flexible, contextualizado. As UD tratan as competencias clave dende prácticas

múltiples. Educación para a saúde, o ocio no tempo de lecer, o respecto ós demais, a igualdade de

oportunidades de ambos sexos a educación medio ambiental, o desenvolvemento da iniciativa persoal,

o tratamento da información, a oralidade, a creatividade.

5. Atención personalizada. O coñecemento que o profesorado ten do seu alumnado posibilita a

atención a diversidade, e individualización. E dende a individualidade e as súas características

persoais saberán cales son os mínimos motrices-cognitivos e afectivos-sociais que se lle esixen. A

ratio do alumnado por aula dificulta considerablemente este apartado, cada curso escolar notamos o

considerable aumento da mesma.

40

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

6. Mellora do grado de satisfacción e taxa de éxito nos grupos, queremos que o alumnado en EF

veña motivado e con ganas de facer cousas interesantes. Potenciamos o uso de materiais e recursos

variados, integrando as novas tecnoloxías e os novos métodos de adestramento deportivo, asemade

implementaremos actividades expresivas cooperativas máis actuais (malabares, sombras corporais,

etc.)

7. Evitamos exercer presión cun exceso de exames tradicionais. Empregaremos unha avaliación

de proceso formativa e de traballos teóricos por proxectos cooperativos e vivenciais.

8. Fomentar a participación das familias, tendo en conta o entorno ou ambiente cognitivo social do

alumnado. As familias cobren un formulario coas enfermidades e lesións máis importantes que

padecen os seus fillos, ademais de involucrarse no aumento de ocio activo dos seus fillos e fillas.

Se buscamos adolescentes “perfectos” e hipercompetitivos, pode que “fabriquemos” adolescentes soberbios e

egoístas, que pensen que poden prescindir dos demais para ter éxito na vida. Queremos persoas que confíen

nelas mesmas e no seu propio potencial, equilibrados, con afán de superación, tolerantes e que saiban asumir

retos colectivos, polo que:

● “Os logros máis importante non só se miden polos resultados, se non polo esforzo con que foron

realizados" e pola evolución dos mesmos.

● Estableceremos obxectivos e límites claros, razoables, coherentes e axeitados que podan cumprir,

sendo firmes no seu cumprimento. Hai que lograr aprendizaxes medibles para poder asumir retos,

motivalos para que todos consigan os mínimos que van permitirnos gozar xogando.

● Temos en conta ó alumnado, as súas necesidades, opinións, e motivacións. Só coñecendo os

sentimentos poderemos recoñecernos e aceptarnos. A empatía, a xestión emocional ten moita

relevancia. Co noso exemplo temos que ensilarlles a actuar asertivamente ante os conflitos.

● Non “os etiquetemos”, xulgaremos os seus comportamentos, pero non ás persoas. Imos facer que

asuman diversos roles: de adestrador, coach, para que sexan positivos nas súas relación e que

pensen non só no seu benestar persoal, se non en clave e benestar de grupo.

● Corrixiremos os erros pero dende o afecto, con paciencia, xogando daremos berros, estimularemos

cada cousa que fan ben publicamente. Daremos a entender que todos e todas podemos

equivocarnos, incluíndo o profesor, sabemos facer autocrítica, todos estamos sempre aprendendo.

Non temos que compararnos con ninguén, cada un de nós é diferente e válido, e merece un trato

respectuoso. Estimular o positivo, ensinar a loitar, a non renderse, a seguir intentándoo a pesar das

dificultades.

● Fomentaremos a autonomía e o xuízo crítico, dándolles responsabilidades. Teñen que sentir que son

capaces de tomar decisións, de aportar cousas, de dar solucións. Non poden estar pasivos ou

41

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

pretender que a maior parte da sesión estean recibindo información en silencio. No momento que se

estableza unha pauta, unha norma, hai que respectala, escoitar e ser reflexivos na práctica. Non

queremos alumnado ansioso, tristes, desmotivados, non atentos. Teñen que estar activos e ver que o

que fan ten un sentido práctico e útil.

● Fomentaremos o traballo en equipo, as tarefas multidisciplinares e a transversalidade de contidos, e a

súa resolución dende propostas abertas e creativas. Queremos que aprendan conceptos, pero de

nada serve se non saben aplicalos na práctica.

● Fomentaremos que o alumnado máis capaz e con máis habilidades sociais axude ós compañeiros e

compañeiras con máis dificultades, para establecer boas relacións e lazos de compañeirismo e

amizade entre iguais. O respecto ós xogadores menos hábiles, ós que haberá que axudar e animar

para ben do grupo.

A nivel xeral seguiremos unha metodoloxía construtiva, acercándonos á realidade dos nenos e nenas e a sus

diferencias individuais tentando, a través do ensino e das actividades planificadas, que superen as súas

limitaciones.

A aprendizaxe será significativa, onde os novos conceptos relacionaranse cos xa adquiridos, de forma que o

alumnado os comprenda, relacione e aplique en situacións reais.

Principios Metodolóxicos Básicos

Partindo da realidade e do nivel de desenvolvemento do alumnado, construiranse aprendizaxes construtivos e

significativos, para que o alumnado relacione os coñecementos xa adquiridos coas novas aprendizaxes e

poidan desenvolver as súas capacidades de percepción, cognitivas e de execución, desenvolvendo así o seu

propio potencial. De esta maneira implicarase activamente nas actividades nas que o profesor sexa un simple

mediador e onde a súa liberdade sexa maior, o que dará lugar a unha participación máis intensa pola sua

parte, compartindo cos compañeiros e compañeiras ideas máis creativas, desenvolvendo pensamentos

críticos, actuando de forma espontánea, etc., enfocando os contidos dunha manira máis global.

Métodos

Dependendo da actividade que queiramos ensinar e do tempo do que dispoñamos, empregaremos:

▪ os métodos reprodutivos, onde o alumno limítase a reproducir o que lle mandan e o importante é o

resultado,

▪ os métodos produtivos, onde o alumno fomenta a creatividade, xa que conseguirán o obxectivo por

eles mesmos; o profesor daralle o necesario para que o consiga, pero serán eles os que o logren.

Neste método o importante é o proceso.

42

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

Estilos de Ensinanza

En canto a organización empregaranse distintos estilos de ensinanza:

● Asignación de tarefas: o profesor proporá distintas tarefas adecuándoas os distintos niveis existentes e

os alumnos traballarán no nivel que consideren máis apropiado. Desta maneira o alumnado traballará

dunha maneira máis ceibe.

● Descubrimento guiado: o profesorado guiará ó alumnado para o logro dun obxectivo concreto.

● Resolución de problemas: o alumnado actuará segundo o seu ritmo e capacidade. O obxectivo é

encontrar respostas, pois todas son válidas. É o estilo aplicado nos xogos e nas creacións corporais.

● Libre exploración: o alumnado decide a actividade, o espazo a ocupar, o ritmo de execución, etc. É el o

que expón as súas ocorrencias, explora….

Técnicas de ensinanza (canais utilizados)

A información inicial será concisa, clara e breve. Presentarase a sesión explicando as actividades a

desenvolver e a organización para cada tarefa, evitando así perdas de tempo.

Esta información levarase acabo de forma colectiva, verbal e visual, utilizando a explicación (nº de repeticións,

por exemplo) e a demostración (execución e aspectos técnicos).

Durante a execución o profesor non debe esquecer motivar de maneira positiva ó alumnado e no coñecemento

dos resultados (feedbacks) corrixirá non só execucións correctas, senón tamén aptitudes e actitudes de

colaboración.

Estratexias na práctica

Utilizarase para o desenvolvemento das sesións a estratexia global, analítica e mixta.

Organización do alumnado

Distribuiremos ó alumnado polo espazo dispoñible en función dos contidos a ensinar e do material utilizado na

sesión, do número de alumnos e alumnas, etc. Así, organizaremos as tarefas de forma: formal, semiformal ou

informal.

En canto as formacións utilizaranse: frontais, en círculo, en cadrado, circuítos, percorridos xerais e de forma

dispersa ou libre.

Dependendo dos niveis de ensinanza, das motivacións do noso alumnado, das limitacións das instalacións e o

material dispoñible, agruparemos ós nenos e as nenas de maneira individual, por parellas ou en grupo.

43

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

Posición do profesorado

Durante a información inicial, o profesor permanece fora do grupo, para destacar e ser visto e escoitado

correctamente, pero durante a execución e para o coñecemento dos resultados evoluciona entre eles, creando

así una interacción positiva entre profesor e alumno/a.

Organización das tarefas

Esta organización dependerá dos obxectivos propostos na sesión. Así o profesor organizará as tarefas en

función da actividade-pausa e as estratexias na práctica, executándose de forma simultánea, alternativa (ex:

traballo por parellas) ou consecutiva (ex: percorridos xerais).

Estruturación da sesión

A duración das sesións é de 50’, pero temos que ter en conta o tempo empregado nos desprazamentos a

instalación, os cambios de indumentaria, condutas alleas á formulación da clase e o tempo empregado polo

profesor para a explicación das actividades.

1 Parte inicial: cunha parte organizativa (acceso a instalación, tendo previsto a organización do material e

a información inicial) e o quecemento (preparación do organismo para a actividade posterior, evitando

así posibles lesións). Este último activa o sistema locomotor e cardiorrespiratorio.

2 Parte principal: parte na que se levan a cabo as tarefas que desenvolven os obxectivos da sesión.

3 Parte final: coa volta a calma (reducir de maneira progresiva a intensidade do esforzo) e parte

organizativa (recollida do material)

4 Reflexión e posta en común.

CONTRIBUCIÓN ÁS COMPETENCIAS CLAVEPensamos que a contribución ás sete competencias clave, ademais da contribución á COMPETENCIA

MOTRIZ, está patente na maneira de formular todos os apartados da nosa programación. Así pois:

1. Competencia social e cívica.

Experimentaremos esta competencia en tódolos cursos a través dos traballos en grupo, tanto

de maneira procedimental como conceptual. De xeito procedimental abordarḿola nos traballos

artístico expresivos de acrosport e de circo, e tamén dentro dos contidos relacionados cos

deportes, tanto psicomotrices (ximnasia deportiva, deportes de raqueta, orientación) como

sociomotrices (espazo conxunto: balonmán, baloncesto; espazo separado: deportes de

raqueta, voleibol). nos que o alumnado establecerá dinámicas persoais e grupais en situacións

de cooperación que comportan a posta en práctica dun proxecto común e facilitan a

integración do alumnado no grupo, independentemente do nivel inicial e de habilidade

44

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

adquirida, sentíndose parte do resultado final da proposta do grupo. Asemade o alumnado

debe manifestar autosuperación, perseveranza e actitude positiva; responsabilidade e

honestidade na aplicación das normas e das regras establecidas polo grupo ou polo

profesorado e capacidade de aceptación dos diferentes niveis de condición física e de

execución motriz dentro do grupo.

De maneira conceptual abordarémola solicitando do alumnado traballos grupais onde teñan

que desenvolver os apartados e expoñelos en público de maneira consensuada.

2. Competencia de Conciencia e expresións culturais

O bloque de contidos de expresión corporal desenvolverémolo a través da construción de

historias corporais grupais por parte do alumnado. Deberán representalas fronte ós seus

compañeiros e compañeiras coa finalidade de acadar neles o gusto e o respecto pola

plasticidade artística e corporal, así como o respecto polo traballo previo a toda actividade

artística, xa que cada quen deberán traballar e ensaiar na aula a súa historia, podendo

enriquecerse cos números e coreografías dos demais. Previo a este traballo, traballarase co

alumnado o carácter creativo, ao que se contribúe mediante a exploración e utilización das

posibilidades e recursos expresivos do corpo con e sen implementos. Secuenciaremos isto cos

medios empregados, de xeito que, dende primeiro a cuarto da ESO o alumnado vaia

aprendendo tarefas cada vez máis complexas que irán enchendo a súa mochila de

aprendizaxes e habilidades técnicas (malabares, habilidades ximnásticas acrobacias

individuais e colectivas, equilibrios sen, con e sobre implementos, etc.) que lle facilitarán

construír historias corporais cada vez máis complexas e creativas do corpo e o movemento, ó

longo das diferentes etapas educativas.

3. Competencia en comunicación lingüística.

Traballaremos a adquisición desta competencia a través resións e vocabulario propio da

materia e solicitando traballos teórico prácticos de desenvolvemento dos contidos traballados.

Asemade facilitaremos, a través de aulas virtuais, documentouse artigos que o alumnado

deberá ler comprensivamente para o desenvolvemento dos mesmos.

A pesares disto, consideramos máis importante o desenvolvemento da linguaxe corporal, tanto

a nivel comunicativo (cooperación) como contracomunicativo (oposición) e tanto a través de de

actividades expresivas como deportivas. Parécenos importante que o alumnado sexa quen de

facer lecturas significativas de accións motrices sobre o espazo de xogo en situacións

individuais e grupais sinxelas de oposición táctica.

4. Competencia para aprender a aprender.

Chegaremos a esta competencia a través do emprego de metodoloxías produtivas

45

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

(aprendizaxe entre iguais, ensino recíproco, etc.) e formulación de traballos a desenvolver en

grupos de libre designación, onde terán que repartir roles de maneira consensuada segundo

as aprendizaxes adquiridas e/ou as habilidades persoais iniciais. Asemade deberán crear

composicións corporais e tarefas de aprendizaxe que amosarán ó resto do alumnado,

chegando a ter que aprenderllas ós demais para acadar a súa mellora (quecementos, xogos,

tarefas de aprendizaxe deportivo, etc.)

As secuencias de aprendizaxe, no bloque de contidos de condición física, irán encamiñadas a

acadar a autonomía do alumnado na mellora da súa condición física máis que a tentar

mellorala na aula, xa que dúas sesións por semana son insuficientes para conseguilo.

5. Competencia en Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.

O ensino das diferentes propostas motoras, dos xogos e deportes, das actividades no medio

natural ou do desenvolvemento da condición física e a expresión corporal orientámolo cara á

formación dun ser autónomo capaz de anticipar, percibir, decidir, relacionar, executar e

reflexionar sobre as súas actuacións e de transferir o traballo na aula a outros espazos

persoais de recreación e tempo libre.

6. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.

Abordaremos a competencia matemática dende a estruturación espazo-temporal, no cálculo

de distancias e traxectorias no bloque de xogos e deportes; cálculo de medias (test

condicionais, tempos e toma de pulsacións) no bloque de condición física; utilización do

compás (graos e rumbos), regras de tres no cálculo de distancias mediante talonamento en

orientación.

O desenvolvemento da competencia en ciencia abordarase,en tódolos cursos dende os

contidos relacionados coa condición física, xa que co seu desenvolvemento pretendemos que

o alumnado sexa competente na programación e o deseño de plans de mellora das

capacidades condicionais, así como na práctica e os procedementos que isto implica, o que

facilitará ó noso alumnado realizar interaccións motoras en diferentes contornos á vez que

xerarán a capacidade de afrontar e superar múltiples retos motores, tanto na aula como na

vida cotiá.

Asemade, co desenvolvemento do contido de orientación dende o entorno coñecido (o centro

en 1º) ó entorno próximo (o parque da bouza en 3º) e o entorno afastado (a Serra do Galiñeiro

en 4º) xunto coas actividade complementarias e extraescolares propostas (unha por curso),

tentamos garantir unha secuencia axeitada das capacidades que se deben desenvolver

tódolos contornos e promocionar a utilización responsable do medio natural así como o

desfrute da actividade física no mesmo, tanto na auga (ríos e mares), como na terra (con e

46

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

sen neve). Tamén promocionaremos, deste xeito, o coñecemento de materiais, procedementos

e técnicas específicas de diversas actividades físico deportivas que se poden desenvolver en

contornos naturais diferentes ó habitual da aula, de for ma que se garanta a seguridade e unha

secuencia axeitada das capacidades que se deben desenvolver nos diferentes contornos.

7. Competencia dixital.

Achegaremos ó alumnado á competencia dixital a través de aulas virtuais onde colgaremos

apuntes, actividades e materiais de reforzo da materia. Asemade, o plano conceptual

desenvolverémolo a través de traballos individuais e/ou en grupo con posibilidade de

confección mediante procesadores de texto, presentacións ou vídeos, para os cales deben,

cando menos, utilizar soporte fotográfico e as aplicacións necesarias para ilo. Dinamizaremos

todo isto a través de software libre e dinamizaremos o seu uso entre o alumnado.

Asemade utilizaremos os móbiles na aula como reprodutores musicais para os contidos

artístico expresivos e daremos feedbacks a través de gravacións das tarefas. Do mesmo xeito

tentaremos, sempre que sexa posible, presentar os materias e as tarefas das sesións a través

de presentacións multimedia e/ou conexións con diferentes portais web.

8. Competencia motriz ou intelixencia corporal cinestésica (teoría das intelixencias múltiples de

Gardner)

A pesares de non estar recollida como competencia básica dentro da LOMCE, é a

competencia principal a acadar e vivenciar dende a nosa materia e como tal a recollemos, do

mesmo xeito que se fai na introdución ó currículum da nosa materia.

AVALIACIÓN

TIPOS DE AVALIACIÓN

Seguindo as pautas recomendadas polo actual sistema educativo, presentamos a educación como un proceso

continuo no cal se traballa en tres niveis:

Avaliación inicial.

A súa función é de diagnose. Preténdese obter información sobor da situación de partida do alumnado

respecto a aquelas cuestións que poden afectar ó seu proceso de aprendizaxe.

A información relativa ós coñecementos, actitudes, preferencias e experiencias previas recollerase mediante

unha ficha de rexistro persoal e un breve test sobre contidos de educación física, entregada para ser cuberta

por eles e elas o primeiro día de clase.

A información sobre lesións e problemas médicos recollerase nunha ficha médica entregada ó alumnado e

47

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

devolta por eles cuberta e asinada por algún dos seus titores legais.

En canto ás capacidades e estado físico do alumnado, realizaranse probas de valoración das capacidades

físicas durante o primeiro trimestre, baremadas en función das idades dos alumnos e das alumnas. Estas

probas, ademais de dar información tanto ao docente como ós discentes sobor cal é o nivel de condición física

de partida, tamén teñen por obxecto darlles a coñecer algunhas das probas existentes para valorar a condición

física.

Tamén utilizaremos o rexistro anecdótico para anotar situacións puntuais dentro da práctica.

Avaliación procesual OU FORMATIVA.

A súa función é de regulación. Observarase a progresión do alumnado durante todo o curso en canto as súas

capacidades, estado físico e actitudes (interese, participación, asistencia e grado de esforzo mostrado). A súa

finalidade é identificar os ritmos de aprendizaxe do alumnado e as súas posibles dificultades, comprobar a

eficacia ou ineficacia dos recursos empregados, os sistemas de organización, a metodoloxía…etc.

Para avaliar estes factores basearémonos na observación sistemática dos comportamentos, utilizando tanto o

rexistro anecdótico como a lista de comprobación, para poder ser reflectido na cualificación de cada avaliación.

Esta avaliación formativa vainos permitir levar a cabo un axuste da programación ó longo de todo o curso,

adecuándoa a progresión do aprendizaxe e necesidades dos alumnado. Así mesmo, tamén permitiranos facer

unha cualificación posterior que se centre non soamente no produto obtido nun ítem da aprendizaxe, se non en

todo un proceso desenvolto ó longo dun curso.

Avaliación sumativa e final.

Ten unha función de comprobación. Levarase a cabo ó final do proceso educativo coa finalidade de determinar

se o alumnado acadou os niveis de aprendizaxe requiridos e valorar o grao de consecución dos obxectivos.

Realizarase mediante os datos obtidos por:

Probas obxectivas e exames escritos ou traballos teóricos para os aprendizaxes conceptuais.

Probas de execución técnica, de aplicación e rendemento técnico-táctico, e/ou observación dunha

situación real de xogo para os aprendizaxes procedimentais de carácter motor.

Observación de comportamentos en situacións de ensinanza para aprendizaxes procedimentais

expresivos.

Probas de manexo de control do propio corpo ou de móbiles para aprendizaxes procedimentais de

carácter psicomotriz.

Traballos e/ou colaboracións, organización de actividades para aprendizaxes procedimentais non

motrices.

48

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

Test de condición física para constatar o desenvolvemento da capacidade orgánica.

CRITERIOS DE AV. RELACIONADOS C0S ESTÁNDARES DEAPRENDIZAXE.

Bloque 1. Contidos comúns en Educación Física

1º ESO

Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe

1. Recoñece e aplica actividades propias de cadafase da sesión de actividade física, tendo enconta ademais as recomendacións de aseopersoal necesarias para esta.

1. Recoñece de xeito básico a estrutura dunha sesión de actividade físicacoa intensidade dos esforzos realizados.

2. Prepara e realiza quecementos e fases finais da sesión de acordo coscontidos que se vaian realizar, seguindo as orientacións dadas.

3. Respecta os hábitos de aseo persoal en relación á saúde e a actividadefísica.

2. Recoñecer as posibilidades das actividadesfísico-deportivas e artístico-expresivas comoformas de inclusión social, e a participacióndoutras persoas independentemente das súascaracterísticas, colaborando con elas eaceptando as súas achegas.

4. Amosa tolerancia e deportividade tanto no papel de participante como node espectador/a.

5. Colabora nas actividades grupais, respectando as achegas das demaispersoas e as normas establecidas, e asumindo as súasresponsabilidades para a consecución dos obxectivos.

6. Respecta as demais persoas dentro do labor de equipo, conindependencia do seu nivel de destreza.

3. Recoñecer as posibilidades que ofrecen asactividades físico-deportivas como formas delecer activo e de utilización responsable docontorno próximo.

7. Coñece e identifica as posibilidades que ofrece o seu contorno próximopara a realización de actividades físico-deportivas.

8. Respecta o seu contorno e a valora como un lugar común para arealización de actividades físico-deportivas.

9. Analiza criticamente as actitudes e os estilos de vida relacionados cotratamento do corpo, as actividades de lecer, a actividade física e odeporte no contexto social actual.

4. Controlar as dificultades e os riscos durante asúa participación en actividades físico-deportivase artístico-expresiva, adoptando medidaspreventivas e de seguridade no seudesenvolvemento.

10. Identifica as características das actividades físico-deportivas e artístico-expresivas propostas que poidan supor un elemento de risco relevantepara si mesmo/a ou para as demais persoas.

11. Describe e pon en práctica os protocolos para activar os servizos deemerxencia e de protección no seu contorno.

5. Utilizar as tecnoloxías da información e dacomunicación no proceso de aprendizaxe, paraprocurar, analizar e seleccionar informaciónsalientable, elaborando documentos propios, efacendo exposicións e argumentacións destesadecuados á súa idade.

12. Utiliza as tecnoloxías da información e da comunicación para elaborardocumentos dixitais propios adecuados á súa idade (texto, presentación,imaxe, vídeo, son, etc.), como resultado do proceso de procura, análisee selección de información salientable.

13. Expón e defende traballos sinxelos sobre temas vixentes no contextosocial, relacionados coa actividade física ou a corporalidade, utilizandorecursos tecnolóxicos.

2º ESO

Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe

1. Recoñecer e aplicar actividades propias decada fase da sesión de actividade física, enrelación coas súas características.

1.Recoñece a estrutura dunha sesión de actividade física coa intensidade dosesforzos realizados.

2.Prepara e realiza quecementos e fases finais da sesión, de xeito básico, tendoen conta os contidos que se vaian realizar.

3.Prepara e pon en práctica actividades para a mellora das habilidades motorasen función das propias dificultades, baixo a dirección do/da docente.

2. Recoñecer as posibilidades das actividadesfísico-deportivas e artístico-expresivas comoformas de inclusión social, facilitando aeliminación de obstáculos á participacióndoutras persoas independentemente das súascaracterísticas, colaborando elas e aceptandoas súas achegas.

4.Amosa tolerancia e deportividade tanto no papel de participante como no deespectador/a.

5.Colabora nas actividades grupais, respectando as achegas das demaispersoas e as normas establecidas, e asumindo as súas responsabilidades paraa consecución dos obxectivos.

6.Respecta as demais persoas dentro do labor de equipo, con independencia donivel de destreza.

3. Recoñecer as posibilidades que ofrecen asactividades físico-deportivas como formas de

7.Coñece as posibilidades que ofrece o contorno para a realización deactividades físico-deportivas axeitadas a súa idade.

49

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

lecer activo e de utilización responsable docontorno.

8.Respecta o contorno e valórao como un lugar común para a realización deactividades físico-deportivas.

9.Analiza criticamente as actitudes e os estilos de vida relacionados cotratamento do corpo, as actividades de lecer, a actividade física e o deporte nocontexto social actual.

4. Controlar as dificultades e os riscos durante asúa participación en actividades físico-deportivas e artístico-expresivas, analizando ascaracterísticas destas e as interaccións motorasque levan consigo, e adoptando medidaspreventivas e de seguridade no seudesenvolvemento.

10. Identifica as características das actividades físico-deportivas e artístico-expresivas propostas que poidan supor un elemento de risco para si mesmo/aou para as demais persoas.

11. Describe e pon en práctica os protocolos para activar os servizos deemerxencia e de protección do contorno.

5. Controlar as dificultades e os riscos durante asúa participación en actividades físico-deportivas e artístico-expresivas, analizando ascaracterísticas destas e as interaccións motorasque levan consigo, e adoptando medidaspreventivas e de seguridade no seudesenvolvemento.

12. Adopta as medidas preventivas e de seguridade propias dasactividades desenvolvidas durante o ciclo, tendo especial coidado con aquelasque se realizan nun contorno non estable.

6. Utilizar as tecnoloxías da información e dacomunicación no proceso de aprendizaxe, parapro- curar, analizar e seleccionar informaciónsalientable, elaborando documentos propios, efacendo exposicións e argumentacións destes.

13. Utiliza as tecnoloxías da información e da comunicación para elaborardocumentos dixitais propios adecuados á súa idade (texto, presentación, imaxe,vídeo, son, etc.), como resultado do proceso de procura, análise e selección deinformación salientable.

14. Expón e defende traballos elaborados sinxelos sobre temas vixentes nocontexto social, relacionados coa actividade física ou a corporalidade,utilizando recursos tecnolóxicos.

3º ESO

Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe

1. Desenvolver actividades propias de cada faseda sesión de actividade física, en relación coassúas características.

1.Relaciona a estrutura dunha sesión de actividade física coa intensidade dosesforzos realizados.

2.Prepara e realiza quecementos e fases finais de sesión de acordo co contidoque se vaia realizar, de forma autónoma e habitual.

3.Prepara e pon en práctica actividades para a mellora das habilidades motorasen función das propias dificultades.

2. Recoñecer as posibilidades das actividadesfísico-deportivas e artístico-expresivas comoformas de inclusión social, facilitando aeliminación de obstáculos á participacióndoutras persoas independentemente das súascaracterísticas, colaborando con elas eaceptando as súas achegas.

4.Amosa tolerancia e deportividade tanto no papel de participante como no deespectador/a.

5.Colabora nas actividades grupais, respectando as achegas das demaispersoas e as normas establecidas, e asumindo as súas responsabilidades paraa consecución dos obxectivos.

6.Respecta as demais persoas dentro do labor de equipo, con independencia donivel de destreza.

3. Recoñecer as posibilidades que ofrecen asactividades físico-deportivas como formas delecer activo e de utilización responsable docontorno.

7.Coñece as posibilidades que ofrece o seu contorno para a realización deactividades físico-deportivas.

8.Respecta o contorno e valórao como un lugar común para a realización deactividades físico-deportivas.

9.Analiza criticamente as actitudes e os estilos de vida relacionados cotratamento do corpo, as actividades de lecer, a actividade física e o deporte nocontexto social actual.

4. Controlar as dificultades e os riscos durante asúa participación en actividades físico-deportivas e artístico-expresivas, analizando ascaracterísticas destas e as interaccións motorasque levan consigo, e adoptando medidaspreventivas e de seguridade no seudesenvolvemento.

10. Identifica as características das actividades físico-deportivas e artístico-expresivas propostas que poidan supor un elemento de risco para si mesmo/aou para as demais persoas.

11. Describe os protocolos para activar os servizos de emerxencia e deprotección do contorno.

12. Adopta as medidas preventivas e de seguridade propias dasactividades desenvolvidas durante o ciclo, tendo especial coidado con aquelasque se realizan nun contorno non estable.

5. Utilizar as tecnoloxías da información e dacomunicación no proceso de aprendizaxe, paraprocurar, analizar e seleccionar informaciónsalientable, elaborando documentos propios, efacendo exposicións e argumentacións destes.

13. Utiliza as tecnoloxías da información e da comunicación para elaborardocumentos dixitais propios (texto, presentación, imaxe, vídeo, son, etc.), comoresultado do proceso de procura, análise e selección de informaciónsalientable.

14. Expón e defende traballos elaborados sobre temas vixentes no contextosocial, relacionados coa actividade física ou a corporalidade, utilizandorecursos tecnolóxicos.

4º ESO

Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe

1.Deseñar e realizar as fases de activación erecuperación na práctica de actividade físicaconsiderando a intensidade dos esforzos.

1.Analiza a actividade física principal da sesión para establecer as característicasque deben ter as fases de activación e de volta á calma.

2.Selecciona os exercicios ou as tarefas de activación e de volta á calma dunha

50

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

2.3.

sesión, atendendo á intensidade ou á dificultade das tarefas da parte principal.3.Realiza exercicios ou actividades nas fases inicial e final de algunha sesión, de

xeito autónomo, acorde co seu nivel de competencia motriz.4.Asume as funcións encomendadas na organización de actividades grupais.5.Verifica que a súa colaboración na planificación e posta en práctica de

actividades grupais fose coordinada coas accións do resto das persoasimplicadas.

6.Presenta propostas creativas de utilización de materiais e de planificación parautilizalos na súa práctica de maneira autónoma.

4.Analizar criticamente o fenómeno deportivodiscriminando os aspectos culturais, educativos,integradores e saudables dos que fomentan aviolencia, a discriminación ou a competitividade malentendida.

7.Valora as actuacións e as intervencións das persoas participantes nasactividades, recoñecendo os méritos e respectando os niveis de competenciamotriz, e outras diferenzas.

8.Valora as actividades físicas distinguindo as achegas que cada unha ten desdeo punto de vista cultural, para a satisfacción e o enriquecemento persoal, e paraa relación coas demais persoas.

9.Mantén unha actitude crítica cos comportamentos antideportivos, tanto desde opapel de participante como desde o de espectador/a.

5.Asumir a responsabilidade da propia seguridade napráctica de actividade física, tendo en conta osfactores inherentes á actividade e prevendo asconsecuencias que poidan ter as actuacións poucocoidadosas sobre a seguridade das persoasparticipantes.

10. Verifica as condicións de práctica segura usando convenientemente oequipamento persoal, e os materiais e os espazos de práctica.

11. Identifica as lesións máis frecuentes derivadas da práctica deactividade física.

12. Describe os protocolos que deben seguirse ante as lesións, osaccidentes ou as situacións de emerxencia máis frecuentes producidas durantea práctica de actividades físico-deportivas.

6.Demostrar actitudes persoais inherentes ao traballo enequipo, superando as inseguridades e apoiando asdemais persoas ante a resolución de situaciónsdescoñecidas.

13. Fundamenta os seus puntos de vista ou as súas achegas nos traballosde grupo, e admite a posibilidade de cambio fronte a outros argumentosválidos.

14. Valora e reforza as achegas enriquecedoras dos compañeiros e dascompañeiras nos traballos en grupo.

7.Utilizar eficazmente as tecnoloxías da información e dacomunicación no proceso de aprendizaxe, paraprocurar, seleccionar e valorar informaciónsrelacionadas cos contidos do curso, comunicando osresultados e as conclusións no soporte máisadecuado.

15. Procura, procesa e analiza criticamente informacións actuais sobretemáticas vinculadas á actividade física e a corporalidade, utilizando recursostecnolóxicos.

16. Utiliza as tecnoloxías da información e da comunicación para afondarsobre contidos do curso, realizando valoracións críticas e argumentando assúas conclusións.

17. Comunica e comparte información e ideas nos soportes e noscontornos apropiados.

Bloque 2. Actividades físicas artístico-expresivas

1º ESO

Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe

1.Interpretar e producir accións motoras con finalidadesartístico-expresivas, utilizando técnicas de expresióncorporal e outros recursos.

1.Utiliza técnicas corporais, de forma creativa, combinando espazo, tempo eintensidade.

2.Crea e pon en práctica unha secuencia de movementos corporaisaxustados a un ritmo prefixado.

3.Colabora no deseño e na realización de bailes e danzas, adaptando a súaexecución á dos seus compañeiros e das súas compañeiras.

4.Realiza improvisacións como medio de comunicación espontánea enparellas ou grupos.

2º ESO

Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe

1.Crear e representar composicións corporais individuaisou colectivas con orixinalidade e expresividade,aplicando as técnicas máis apropiadas áintencionalidade da composición.

1.Colabora no proceso de creación e desenvolvemento das composicións oumontaxes artísticas expresivas.

2.Representa composicións ou montaxes de expresión corporal individuais oucolectivas, axustándose a unha intencionalidade de carácter estética ouexpresiva.

3.Adapta as súas accións motoras ao sentido do proxecto artístico expresivo.

3º ESO

Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe

51

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

1.Interpretar e producir accións motoras con finalidadesartístico-expresivas, utilizando técnicas de expresióncorporal e outros recursos.

1.Utiliza técnicas corporais básicas, de forma creativa, combinando espazo,tempo e intensidade.

2.Crea e pon en práctica unha secuencia de movementos corporaisaxustados a un ritmo prefixado de baixa dificultade.

3.Colabora no deseño e na realización de bailes e danzas sinxelas,adaptando a súa execución á dos seus compañeiros e das súascompañeiras.

4.Realiza improvisacións de xeito individual como medio de comunicaciónespontánea.

4º ESO

Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe

1.Compor e presentar montaxes individuais oucolectivas, seleccionando e axustando os elementosda motricidade expresiva.

1.Elabora composicións de carácter artístico-expresivo, seleccionando oselementos de execución e as técnicas máis apropiadas para o obxectivoprevisto, incidindo especialmente na creatividade e na desinhibición.

2.Axusta as súas accións á intencionalidade das montaxes artístico-expresivas, combinando os compoñentes espaciais, temporais e, de ser ocaso, de interacción coas demais persoas.

3.Colabora no deseño e na realización das montaxes artístico-expresivas,achegando e aceptando propostas.

Bloque 3. Actividade física e saúde

1º ESO

Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe

1.Mellorar ou manter os factores dacondición física e as habilidadesmotoras cun enfoque cara á saúde,considerando o propio nivel eorientándoos cara ás súasmotivacións e cara a posterioresestudos ou ocupacións.

1.Integra os coñecementos sobre nutrición e balance enerxético nos programas de actividade físicapara a mellora da condición física e saúde.

2.Incorpora na súa práctica os fundamentos posturais e funcionais que promoven a saúde.3.Utiliza de forma autónoma as técnicas de activación e de recuperación na actividade física.4.Alcanza os seus obxectivos de nivel de condición física dentro das marxes saudables, asumindo a

responsabilidade da posta en práctica do seu programa de actividades.

2.Planificar, elaborar e pór en prácticaun programa persoal de actividadefísica que incida na mellora e nomantemento da saúde, aplicando ossistemas de desenvolvemento dascapacidades físicas implicadas,tendo en conta as súascaracterísticas e nivel inicial, eavaliando as melloras obtidas.

5.Aplica os conceptos aprendidos sobre as características que deben cumprir as actividades físicascun enfoque saudable á elaboración de deseños de prácticas en función das súas característicase dos seus intereses persoais.

6.Avalía as súas capacidades físicas e coordinativas considerando as súas necesidades emotivacións, e como requisito previo para a planificación da súa mellora.

7.Concreta as melloras que pretende alcanzar co seu programa de actividade.

8.Elabora e leva á práctica o seu programa persoal de actividade física, conxugando as variablesde frecuencia, volume, intensidade e tipo de actividade.

9.Comproba o nivel de logro dos obxectivos do seu programa de actividade física, reorientando asactividades nos aspectos que non chegan ao esperado.

10. Formula e pon en práctica iniciativas para fomentar o estilo de vida activo e para cubrir assúas expectativas.

2º ESO

Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe

1.Recoñecer e aplicar os principios dealimentación e da actividade físicasaudable, e recoñecer os mecanismosbásicos de control da intensidade daactividade física para a mellora da súasaúde.

1.Distingue de xeito básico o impacto que pode ter a alimentación nun estilo de vida saudable.2.Adapta a intensidade do esforzo controlando a frecuencia cardíaca correspondente ás marxes

de mellora da condición física.3. Identifica de xeito básico as características que deben ter as actividades físicas para ser

consideradas saudables, e lévaas á práctica.

52

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

2.Desenvolver as capacidades físicasbásicas máis salientables desde aperspectiva da súa saúde de acordocoas posibilidades persoais e dentrodas marxes da saúde, amosando unhaactitude de autoexixencia no seuesforzo.

4.Iníciase na participación activa das actividades para a mellora das capacidades físicasbásicas desde un enfoque saudable, utilizando os métodos básicos para o seudesenvolvemento.

5.Alcanza niveis de condición física saudable acordes ao seu momento de desenvolvementomotor e ás súas posibilidades.

6.Aplica os fundamentos de hixiene postural na práctica das actividades físicas como medio deprevención de lesións.

3.Recoñecer os factores básicos queinterveñen na acción motora e osmecanismos de control da intensidadeda actividade física, e aplicalos á propiapráctica, en relación coa saúde e aalimentación.

7.Analiza de xeito básico a implicación das capacidades físicas e as coordinativas nasactividades físico-deportivas e artístico-expresivas traballadas no ciclo.

8.Relaciona diferentes tipos de actividade física e alimentación co seu impacto na súa saúde.

9.Relaciona as adaptacións orgánicas principais coa actividade física sistemática, así como coasaúde e os riscos e as contraindicacións da práctica deportiva.

10. Adapta a intensidade do esforzo controlando a frecuencia cardíaca correspondente ásmarxes de mellora dos principais factores da condición física.

11. Aplica con axuda procedementos para autoavaliar os factores da condición física.12. Identifica as características que deben ter as actividades físicas para ser

consideradas saudables, adoptando unha actitude crítica fronte ás prácticas que teñen efectosnegativos para a saúde.

4.Desenvolver as capacidades físicasmáis salientables desde a perspectivada súa saúde de acordo coasposibilidades persoais e dentro dasmarxes da saúde, amosando unhaactitude de autoexixencia no seu

13. Participa activamente na mellora das capacidades físicas básicas desde un enfoquesaudable, utilizando os métodos básicos para o seu desenvolvemento.

14. Alcanza niveis de condición física saudable acordes ao seu momento dedesenvolvemento motor e ás súas posibilidades.

15. Aplica os fundamentos de hixiene postural na práctica das actividades físicas comomedio de prevención de lesións.

16. Analiza a importancia da práctica habitual de actividade física para a mellora dapropia condición física saudable, relacionando o efecto desta práctica coa mellora da calidadede vida.

3º ESO

Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe

1.Recoñecer os factoresque interveñen na acciónmotora e os mecanismosde control da intensidadeda actividade física,aplicándoos á propiapráctica, en relación coasaúde e a alimentación.

1.Analiza a implicación das capacidades físicas e as coordinativas nas actividades físico-deportivas eartístico-expresivas traballadas no ciclo.

2.Asocia os sistemas metabólicos de obtención de enerxía cos tipos de actividade física, a alimentación e asaúde.

3.Relaciona as adaptacións orgánicas coa actividade física sistemática, así como coa saúde e os riscos econtraindicacións da práctica deportiva.

4.Adapta a intensidade do esforzo controlando a frecuencia cardíaca correspondente ás marxes de mellora dediferentes factores da condición física.

5.Aplica de forma autónoma procedementos para autoavaliar os factores da condición física.6.Identifica as características que deben ter as actividades físicas para ser consideradas saudables,

adoptando unha actitude crítica fronte ás prácticas que teñen efectos negativos para a saúde.2.Desenvolver as

capacidades físicas deacordo coas posibilidadespersoais e dentro dasmarxes da saúde,amosando unha actitudede autoexixencia no seuesforzo.

7.Participa activamente na mellora das capacidades físicas básicas desde un enfoque saudable, utilizando osmétodos básicos para o seu desenvolvemento.

8.Alcanza niveis de condición física acordes ao seu momento de desenvolvemento motor e ás súasposibilidades.

9.Aplica os fundamentos de hixiene postural na práctica das actividades físicas como medio de prevención delesións.

10. Analiza a importancia da práctica habitual de actividade física para a mellora da propia condiciónfísica, relacionando o efecto desta práctica coa mellora da calidade de vida.

4º ESO

Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe

1.Resolver situacións motorasindividuais aplicando osfundamentos técnicos ehabilidades específicas, das

1.Aplica os aspectos básicos das técnicas e habilidades específicas, das actividades propostas,respectando as regras e normas establecidas.

2.Autoavalía a súa execución con respecto ao modelo técnico formulado.3.Describe a forma de realizar os movementos implicados nos modelos técnicos.

53

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

actividades físico-deportivaspropostas, en condicións reaisou adaptadas.

4.Mellora o seu nivel na execución e aplicación das accións técnicas respecto ao seu nivel de partida,amosando actitudes de esforzo, autoexixencia e superación.

5.Explica e pon en práctica técnicas de progresión en contornos non estables e técnicas básicas deorientación, adaptándose ás variacións que se producen, e regulando o esforzo en función das súasposibilidades.

2.Resolver situacións motoras deoposición, colaboración oucolaboración-oposición,utilizando as estratexias máisaxeitadas en función dosestímulos relevantes.

6.Adapta os fundamentos técnicos e tácticos para obter vantaxe na práctica das actividades físico-deportivas de oposición ou de colaboración-oposición propostas.

7.Describe e pon en práctica de xeito autónomo aspectos de organización de ataque e de defensa nasactividades físico-deportivas de oposición ou de colaboración-oposición seleccionadas.

8.Discrimina os estímulos que cómpre ter en conta na toma de decisións nas situacións decolaboración, oposición e colaboración-oposición, para obter vantaxe ou cumprir o obxectivo daacción.

9.Reflexiona sobre as situacións resoltas valorando a oportunidade das solucións achegadas e a súaaplicabilidade a situacións similares.

Bloque 4. Os xogos e as actividades deportivas

1º ESO

Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe

1.Argumentar a relación entre os hábitosde vida e os seus efectos sobre acondición física, aplicando oscoñecementos sobre actividade física esaúde

1.Demostra coñecementos sobre as características que deben cumprir as actividades físicascun enfoque saudable e os beneficios que proporcionan á saúde individual e colectiva.

2.Relaciona exercicios de tonificación e flexibilización coa compensación dos efectosprovocados polas actitudes posturais inadecuadas máis frecuentes.

3.Relaciona hábitos como o sedentarismo ou o consumo de tabaco e de bebidas alcohólicascos seus efectos na condición física e a saúde.

4.Valora as necesidades de alimentos e de hidratación para a realización de diferentes tipos deactividade física.

2.Mellorar ou manter os factores dacondición física, practicandoactividades físico-deportivas adecuadasao seu nivel e identificando asadaptacións orgánicas e a súa relacióncoa saúde.

5.Valora o grao de implicación das capacidades físicas na realización dos tipos de actividadefísica.

6.Practica de forma regular, sistemática e autónoma actividades físicas co fin de mellorar ascondicións de saúde e calidade de vida.

7.Aplica os procedementos para integrarnos programas de actividade física a mellora dascapacidades físicas básicas, cunha orientación saudable e nun nivel adecuado ás súasposibilidades.

8.Valora a súa aptitude física nas súas dimensións anatómica, fisiolóxica e motriz,relacionándoas coa saúde.

2º ESO

Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe

1.Resolver situacións motorasindividuais aplicando os fundamentostécnicos e as habilidades específicas,das actividades físico-deportivas pro-postas, en condicións adaptadas.

1.Aplica os aspectos básicos das técnicas e habilidades específicas adaptadas, respectando asregras e as normas establecidas.

2.Autoavalía a súa execución de xeito básico con respecto ao modelo técnico formulado.

3.Describe a forma de realizar os movementos implicados nos modelos técnicos adaptados.

4.Mellora o seu nivel na execución e aplicación das accións técnicas respecto ao seu nivel departida, amosando actitudes de esforzo e superación.

5.Explica e pon en práctica técnicas de progresión nos contornos non estables e técnicas básicasde orientación, regulando o esforzo en función das súas posibilidades.

6.Resolver situacións motoras deoposición, colaboración oucolaboración-oposición facilitadas,utilizando as estratexias máisaxeitadas en función dos estímulos

7.Adapta os fundamentos técnicos e tácticos para obter vantaxe na práctica das actividadesfísico-deportivas de oposición ou de colaboración-oposición facilitadas.

8.Describe simplificadamente e pon en práctica de xeito autónomo aspectos de organización deataque e de defensa nas actividades físico-deportivas de oposición ou de colaboración-oposición facilitadas.

54

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

máis relevantes. 9.Discrimina os estímulos que cómpre ter en conta na toma de decisións nas situacións decolaboración, oposición e colaboración-oposición facilitadas, para obter vantaxe ou cumprir oobxectivo da acción.

10. Reflexiona sobre as situacións facilitadas resoltas valorando a oportunidade dassolucións achegadas e a súa aplicabilidade a situacións similares.

3º ESO

Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe

1. Resolver situaciónsmotrices aplicando fundamentostécnicos nas actividades físico-deportivas propostas, con eficacia eprecisión.

1.Axusta a realización das habilidades específicas aos requisitos técnicos nas situacións motricesindividuais, preservando a súa seguridade e tendo en conta as súas propias características.

2.Axusta a realización das habilidades específicas aos condicionantes xerados polos compañeiros e ascompañeiras, e as persoas adversarias, nas situacións colectivas.

3.Adapta as técnicas de progresión ou desprazamento aos cambios do medio, priorizando a súaseguridade persoal e colectiva.

2. Resolver situaciónsmotrices de oposición, colaboraciónou colaboración-oposición nasactividades físico deportivaspropostas, tomando a decisión máiseficaz en función dos obxectivos.

4.Aplica de xeito oportuno e eficaz as estratexias específicas das actividades de oposición,contrarrestando ou anticipándose ás accións da persoa adversaria.

5.Aplica de xeito oportuno e eficaz as estratexias específicas das actividades de cooperación,axustando as accións motrices aos factores presentes e ás intervencións do resto de participantes.

6.Aplica de xeito oportuno e eficaz as estratexias específicas das actividades de colaboración-oposición, intercambiando os papeis con continuidade e perseguindo o obxectivo colectivo de obtersituacións vantaxosas sobre o equipo contrario.

7.Aplica solucións variadas ante as situacións formuladas e valorar as súas posibilidades de éxito, enrelación con outras situacións.

8.Xustifica as decisións tomadas na práctica das actividades e recoñece os procesos que estánimplicados nelas.

9.Argumenta estratexias ou posibles solucións para resolver problemas motores, valorando ascaracterísticas de cada participante e os factores presentes no contorno.

3. Recoñecer o impactoambiental, económico e social dasactividades físicas e deportivas,reflexionando sobre a súarepercusión na forma de vida no

10. Compara os efectos das actividades físicas e deportivas na contorna e os relaciona coaforma de vida na mesma.

11. Relaciona as actividades físicas na natureza coa saúde e a calidade de vida.12. Demostra hábitos e actitudes de conservación e protección ambiental.

4º ESO

Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe

1.Resolver situacións motorasindividuais aplicando osfundamentos técnicos ehabilidades específicas, dasactividades físico-deportivaspropostas, en condicións reaisou adaptadas.

1.Aplica os aspectos básicos das técnicas e habilidades específicas, das actividades propostas,respectando as regras e normas establecidas.

2.Autoavalía a súa execución con respecto ao modelo técnico formulado.3.Describe a forma de realizar os movementos implicados nos modelos técnicos.4.Mellora o seu nivel na execución e aplicación das accións técnicas respecto ao seu nivel de partida,

amosando actitudes de esforzo, autoexixencia e superación.

5.Explica e pon en práctica técnicas de progresión en contornos non estables e técnicas básicas deorientación, adaptándose ás variacións que se producen, e regulando o esforzo en función das súasposibilidades.

2.Resolver situacións motoras deoposición, colaboración oucolaboración-oposición,utilizando as estratexias máisaxeitadas en función dosestímulos relevantes.

6.Adapta os fundamentos técnicos e tácticos para obter vantaxe na práctica das actividades físico-deportivas de oposición ou de colaboración-oposición propostas.

7.Describe e pon en práctica de xeito autónomo aspectos de organización de ataque e de defensa nasactividades físico-deportivas de oposición ou de colaboración-oposición seleccionadas.

8.Discrimina os estímulos que cómpre ter en conta na toma de decisións nas situacións decolaboración, oposición e colaboración-oposición, para obter vantaxe ou cumprir o obxectivo daacción.

9.Reflexiona sobre as situacións resoltas valorando a oportunidade das solucións achegadas e a súaaplicabilidade a situacións similares.

55

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

BACHARELATO

Bloque 1. Contidos comúns en Educación Física

Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe

1. Valorar a actividade física desde a perspectiva dasaúde, a satisfacción, a autosuperación e as posibilidades deinteracción social e de perspectiva profesional, adoptandoactitudes de interese, respecto, esforzo e cooperación napráctica da actividade física

1. Deseña, organiza e participa en actividades físicas, como recursode lecer activo, valorando os aspectos sociais e culturais que levanasociadas e as súas posibilidades profesionais futuras, e identificando osaspectos organizativos e os materiais necesarios.2. Adopta unha actitude crítica ante as prácticas de actividade físicaque teñen efectos negativos para a saúde individual ou colectiva, e ante osfenómenos socioculturais relacionados coa corporalidade e os derivados dasmanifestacións deportivas.

2. Controlar os riscos que pode xerar a utilización dosequipamentos, o contorno e as propias actuacións narealización das actividades físico-deportivas e artístico-expresivas, actuando de forma responsable no seudesenvolvemento, tanto individualmente como en grupo.

3. Prevé os riscos asociados ás actividades e os derivados da propiaactuación e da do grupo.4. Usa os materiais e os equipamentos atendendo ás súasespecificacións técnicas.5. Ten en conta o nivel de cansazo como un elemento de risco narealización de actividades que requiren atención ou esforzo.

3. Amosar un comportamento persoal e socialresponsable respectándose a si mesmo/a, ás outras persoase o contorno, no marco da actividade física.

6. Respecta as regras sociais e o contorno en que se realizan asactividades físico-deportivas.7. Facilita a integración doutras persoas nas actividades de grupo,animando á súa participación e respectando as diferenzas.

4. Utilizar as tecnoloxías da información e dacomunicación para mellorar o seu proceso de aprendizaxe,aplicando criterios de fiabilidade e eficacia na utilización defontes de información e participando en ámbitoscolaborativos con intereses comúns.

8. Aplica criterios de procura de información que garantan o acceso afontes actualizadas e rigorosas na materia.9. Comunica e comparte a información coa ferramenta tecnolóxicaaxeitada, para a súa discusión ou a súa difusión.

Bloque 2. Actividades físicas artístico-expresivas

Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe

1.Crear e representar composicións corporaisindividuais ou colectivas con orixinalidade eexpresividade, aplicando as técnicas máisapropiadas á intencionalidade da composición.

1.Colabora no proceso de creación e desenvolvemento das composicións oumontaxes artísticas expresivas.

2.Representa composicións ou montaxes de expresión corporal individuais oucolectivas, axustándose a unha intencionalidade de carácter estética ouexpresiva.

3.Adapta as súas accións motoras ao sentido do proxecto artístico expresivo.

Bloque 3. Actividade física e saúde

Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe

1. Argumentar a relación entre os hábitos devida e os seus efectos sobre a condición física,aplicando os coñecementos sobre actividade física esaúde.

1. Demostra coñecementos sobre as características que deben cumprir asactividades físicas cun enfoque saudable e os beneficios que proporcionaná saúde individual e colectiva.

2. Relaciona exercicios de tonificación e flexibilización coa compensación dosefectos provocados polas actitudes posturais inadecuadas máis frecuentes.

3. Relaciona hábitos como o sedentarismo ou o consumo de tabaco e debebidas alcohólicas cos seus efectos na condición física e a saúde.

4. Valora as necesidades de alimentos e de hidratación para a realización dediferentes tipos de actividade física.

2. Mellorar ou manter os factores dacondición física, practicando actividades físico-deportivas adecuadas ao seu nivel e identificando asadaptacións orgánicas e a súa relación coa saúde.

5. Valora o grao de implicación das capacidades físicas na realización dostipos de actividade física.

6. Practica de forma regular, sistemática e autónoma actividades físicas co finde mellorar as condicións de saúde e calidade de vida.

7. Aplica os procedementos para integrar nos pro gramas de actividade físicaa mellora das capacidades físicas básicas, cunha orientación saudable enun nivel adecuado ás súas posibilidades.

8. Valora a súa aptitude física nas súas dimensións anatómica, fisiolóxica emotriz, relacionándoas coa saúde.

56

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

Bloque 4. Os xogos e as actividades deportivas

Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe

1. Resolver situacións motoras en diferentescontextos de práctica aplicando habilidades motorasespecíficas individuais ou de adversario/a confluidez, precisión e control, perfeccionando aadaptación e a execución dos elementos técnicosdesenvolvidos no curso anterior.

1. Perfecciona as habilidades específicas das actividades individuais querespondan aos seus intereses.

2. Adapta a realización das habilidades específicas aos condicionantesxerados polos compañeiros e as compañeiras, e polas persoas adversarias, nassituacións colectivas.3. Resolve con eficacia situacións motoras nun contexto competitivo.4. Pon en práctica técnicas específicas das actividades en ámbitos nonestables, analizando os aspectos organizativos necesarios.

5. Solucionar de xeito creativo situacións deoposición, colaboración ou colaboración-oposiciónen contextos deportivos ou recreativos, adaptando asestratexias ás condicións cambiantes que seproducen na práctica.

6. Desenvolve accións que conduzan a situacións de vantaxe con respecto ápersoa adversaria, nas actividades de oposición.

7. Colabora con participantes nas actividades físico-deportivas nas que seproduce colaboración ou colaboración-oposición, e explica a achega de cadaquén.

8. Desempeña as funcións que lle corresponden, nos procedementos ou nossistemas postos en práctica para conseguir os obxectivos do equipo.

9. Valora a oportunidade e o risco das súas accións nas actividades físico-deportivas desenvolvidas.

10. Formula estratexias ante as situacións de oposición ou de colaboración-oposición, adaptándoas ás características das persoas participantes.

Os criterios e procedementos de avaliación, estarán en función dos obxectivos xerais da materia, e constituirán

unha experiencia máis do aprendizaxe, formando parte tamén do proceso de aprendizaxe, non só da

cualificación do mesmo.

Polo que, avaliaremos non só a aprendizaxe do alumnado, senon tamén a práctica docente.

MÍNIMOS ESIXIBLES

1º ESO

CONCEPTOS

Relacionar cada capacidade física cos xogos e actividades realizados na clase.

Presentación axeitada e obrigatoria dos diferentes traballos de busca de información de acordo co plan

lector e utilización das novas tecnoloxías de acordo cos diferentes contidos.

Asimilar os contidos teóricos impartidos nas diferentes avaliacións.

PROCEDEMENTOS

Realización dos tests de condición física.

Realizar tarefas de quecemento xeral e coñecer a metodoloxía deste.

Mellorar os resultados dos tests da primeira avaliación en relación consigo mesmo e obter valores

normais en relación co grupo.

Participación positiva por parte do alumno buscando a cooperación do grupo.

57

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

Utilizar técnicas, propias e en colaboración co grupo, de manifestacións expresivas.

Realizar as habilidades específicas de cada actividade predeportiva e aplicar estas habilidades nas

situacións reais de práctica e xogo.

ACTITUDES

Uso da vestimenta e calzado deportivo así como un correcto aseo persoal.

Aceptación das normas e a valoración do xogo limpo.

Valorar os beneficios da actividade física na saúde.

Mostrar en todo momento actitudes de tolerancia, cooperación e deportividade.

Participar nas actividades físico-deportivas cunha actitude de superación.

2º ESO

CONCEPTOS

Levar ao día as tarefas de apoio á práctica e os aspectos teóricos que se vaian impartindo na práctica.

Realización dunha ficha do control da FC.

Asimilar os contidos teóricos impartidos nas diferentes avaliacións.

Presentación adecuada e obrigatoria dos diferentes traballos de busca de información como parte do

plan lector e utilización das novas tecnoloxías de acordo cos diferentes contidos.

PROCEDEMENTOS

Realizar tarefas de quecemento e coñecer a metodoloxía deste.

Relacionar e recoñecer as capacidade física dos xogos e actividades realizados nas sesións.

Correr de xeito continuado 15-20 minutos.

Realización dos tests de valoración da condición física.

Mellorar os resultados dos tests de valoración da CF da primeira avaliación en relación consigo mesmo

e obter valores normais en relación co grupo .

Realizar as habilidades específicas de cada actividade deportiva con implemento e de equipo e

aplicalas nas situacións reais de práctica e xogo.

Utilizar técnicas propias e en colaboración co grupo de manifestacións expresivas.

Participar nas actividades físico-deportivas cunha actitude de superación persoal sen ter en conta o

58

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

resultado.

Realización e presentación de actividades propias de orientación.

ACTITUDES

Uso da vestimenta e calzado deportivo así como un correcto aseo persoal.

Participación positiva por parte do alumno buscando a cooperación do grupo.

Aceptación das normas, regulamentos e a valoración do xogo limpo.

Valorar os beneficios da actividade física na saúde.

Mostrar en todo momento actitudes de tolerancia, cooperación e deportividade.

3º ESO

CONCEPTOS

Utilización da aula virtual e participación na mesma.

Realización, entrega e superación dos traballos solicitados a través da aula virtual (xeralmente un por

avaliación), segundo os criterios establecidos polo profesorado previamente na aula e con

posterioridade, na mesma aula virtual.

PROCEDIMENTOS

Realización dos test de valoración condicional, mellora dos propios resultados iniciais e normalización

dos mesmos segundo os baremos presentados polo departamento.

Realización dun circuit training desenvolvido e explicado na aula previamente prestando especial

atención á hixiene postural.

Saber utilizar a frecuencia cardíaca como medidor da intensidade do esforzo nas tarefas propostas,

tanto conceptuais como procedimentais.

Realización dunha competición de deporte modificado 5 x 5, segundo o visto na aula, onde o alumnado

terá que amosar os recursos técnico tácticos básicos desenvoltos na aula.

Realización dunha historia corporal (indicadores grupais) onde se introduzan as habilidades

ximnásticas e circenses desenvolvidas na aula (indicadores individuais) segundo os criterios

establecidos polo profesorado previamente na aula e con posterioridade reflectidos na aula virtual.

Ser quen de utilizar con éxito o compás e o mapa para atopar as balizas propostas nun tempo

determinado, nunha carreira de orientación no propio centro ou nun entorno próximo coñecido.

59

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

ACTITUDES

Valoración do uso do material axeitado (vestimenta, calzado, etc.) segundo as normas propias do

departamento, así como o aseo persoal e o cambio de roupa.

Asistencia e participación activa, positiva, comprometida e cooperativa.

Aceptación e respecto polas normas e valoración do fair play fronte ó resultado.

4º ESO

CONCEPTOS

Utilización da aula virtual e participación na mesma.

Realización, entrega e superación dos traballos solicitados a través da aula virtual (xeralmente un por

avaliación), segundo os criterios establecidos polo profesorado previamente na aula e con

posterioridade, na mesma aula virtual.

PROCEDIMENTOS

Realización dos test de valoración condicional, mellora dos propios resultados iniciais e normalización

dos mesmos segundo os baremos presentados polo departamento.

Realización dun circuit training desenvolvido e explicado na aula previamente prestando especial

atención á hixiene postural.

Saber utilizar a frecuencia cardíaca como medidor da intensidade do esforzo nas tarefas propostas,

tanto conceptuais como procedimentais.

Realización dunha competición de voleibol, onde o alumnado terá que amosar os recursos técnico

tácticos básicos desenvoltos na aula.

Realización dunha historia corporal (indicadores grupais) onde se introduzan as habilidades

ximnásticas, expresivas e circenses desenvolvidas na aula (indicadores individuais) segundo os

criterios establecidos polo profesorado previamente na aula e con posterioridade reflectidos na aula

virtual.

ACTITUDES

Valoración do uso do material axeitado (vestimenta, calzado, etc.) segundo as normas propias do

departamento, así como o aseo persoal e o cambio de roupa.

Asistencia e participación activa, positiva, comprometida e cooperativa.

Aceptación e respecto polas normas e valoración do fair play fronte ó resultado.

60

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

1º BACH.

CONCEPTOS

Utilización da aula virtual e participación na mesma.

Realización, entrega e superación dos traballos solicitados a través da aula virtual (xeralmente un por

avaliación), segundo os criterios establecidos polo profesorado previamente na aula e con

posterioridade, na mesma aula virtual.

PROCEDEMENTOS

Realización dos test de valoración condicional, mellora dos propios resultados iniciais e normalización

dos mesmos segundo os baremos presentados polo departamento.

Realización dun circuit training desenvolvido e explicado na aula previamente prestando especial

atención á hixiene postural.

Realización dunha competición de deporte modificado 5 x 5, segundo o visto na aula, onde o alumnado

terá que amosar os recursos técnico tácticos básicos desenvoltos na mesma.

Realización dunha historia corporal (indicadores grupais) onde se introduzan as habilidades

ximnásticas, expresivas (sombra corporal) e circenses desenvolvidas na aula (indicadores individuais)

segundo os criterios establecidos polo profesorado previamente na aula e con posterioridade

reflectidos na aula virtual.

Ser quen de organizar e practicar con éxito unha actividade deportiva das propostas na aula, partido

ultimate ou competición de atletismo, (no propio centro, nun entorno próximo ou nun lonxano) e

reflectidas na aula virtual

ACTITUDES

Valoración do uso do material axeitado (vestimenta, calzado, etc.) segundo as normas propias do

departamento, así como o aseo persoal e o cambio de roupa.

Asistencia e participación activa, positiva, comprometida e cooperativa.

Aceptación e respecto polas normas e valoración do fair play fronte ó resultado.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

O alumno será coñecedor dos estándares e mínimos esixibles para para aprobar así como os criterios de

cualificación.

Apartados de cualificación:

61

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

Conceptuais. Coñecementos teóricos e traballos teóricos e prácticos (realización e/ou exposición)

Procedimentais. Probas prácticas (de condición física, de habilidades deportivas, de habilidades expresivas,

de habilidades orientativas no espazo…) e traballo diario.

Actitudinais. Respecto polas normas, os compañeiros e profesores, as instalación e materiais…etc.

Para superar a materia o alumno/a deberá facelo nestes tres apartados, obtendo un mínimo de 4 puntos en

cada un deles (con excepción das probas de condición física da 1ª avaliación que a media poderá ser de 3

puntos). É dicir, se saca un 0 nos conceptos teóricos, ou en actitude, non chegará ao aprobado, aínda que na

práctica sexa moi bo.

Teremos unha proba e/ou un traballo teórico e outra práctica, como mínimo por trimestre. Os tres aspectos

ademais serán avaliados de forma continua, pola observación directa do modo de traballo do alumnado en

cada clase, e a implicación nas mesmas. A través das distintas anotacións do profesor, teremos ao día a lista

de control de faltas e rexistro de comportamento e aprendizaxes acadados.

A cualificación de cada trimestre obterase sobre a base das seguintes porcentaxes:

1º Y 2º ESO

20

%

Probas teóricas (exames e/ou

traballos)

30

%

Probas prácticas (individuais e/ou

en grupo.

20

%

Normas e evolución progresiva

(traballo e mellora)

30

% Asistencia positiva

*Tamén se valorará a participación nas distintas actividades programadas por esta materia

3º Y 4º ESO

20

%

Probas teóricas (exames e/ou

traballos)

40

%

Probas prácticas (individuais e/ou

en grupo.

20 Normas e evolución progresiva

62

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

% (traballo e mellora)

20

% Asistencia positiva

* Tamén se valorará a participación nas distintas actividades programadas por esta materia

1º BACHARELATO

30

%

Probas teóricas (exames e/ou

traballos)

40

%

Probas prácticas (individuais e/ou

en grupo.

20

%

Normas e evolución progresiva

(traballo e mellora)

10

% Asistencia positiva

* Tamén se valorará a participación nas distintas actividades programadas por esta materia

No apartado de ASISTENCIA POSITIVA, puntuarase: (De 1 a 3 puntos segundo o curso), tendo en conta os

seguintes aspectos

ASPECTOS

VALORABLESDESCRICIÓN

PUNTUACIÓN

NEGATIVA

Puntualidade

O tempo de estancia nos vestiarios é limitado, tanto ó principio (6') como

ao rematar a sesión (8'). Despois de 5' de retraso, o profesorado poderá,

segundo o RRI impedir a súa entrada na aula, polo que se considerará

esta falta como non xustificada. No realización de algún quecemento x

ex.

0,10

a partires da 2ª

falta

Asistencia

NON

xustificad

a

Debido ó carácter eminentemente práctico e procedimental,

valorarse positivamente a asistencia a clase, polo que, de

non asistir por calquera causa, o alumnado non poderá

0,5

63

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

Xustificad

a

obter esta porcentaxe da nota. As faltas xustificadas deben

xustificarse durante a primeira semana de reincorporación

ao centro mediante xustificante médico (enfermidade) ou

xustificante do titor legal, si a causa fora outra. É preciso

utilizar o modelo oficial do centro. Este xustificante

amosarase ó profesorado de educación física antes de

entregarllo ó titor, de non ser así considerarase a falta como

non xustificada. Asemade, deberá entregar un traballo sobre

os contidos vistos neses días (ficha de sesión) para non

obter valoración negativa, segundo os mesmos criterios que

os que non poidan realizar a sesión práctica pero estén na

aula.

0,25

sen traballo

0,1

con traballo

Pasividade Fai referencia á participación do alumnado na aula 0,1

Material

O alumnado deberá traer equipación deportiva axeitada para realizar a

práctica, e o material específico puntual que poda solicitar previamente o

profesorado para o correcto funcionamento das sesións (globos,

material de refugallo, etc.). De non ser así, deberá realizar a ficha de

0,5

sen traballo o

cun mal traballo

0,25

co traballo ben

realizado

Roupa de cambio: Por cuestións de hixiene corporal, o alumnado non

poderá sair do vestiario coa mesma roupa coa que entrou, polo que

deberá traer roupa de cambio para que isto non suceda.

Excepcionalmente, os días que non chova, poderá usar as mesma

zapatillas deportivas, aínda que é aconsellable tamén o seu cambio.

0,25

No apartado de NORMAS e evolución positiva puntuaranse 2 puntos seugundo os seguintes aspectos:

ASPECTOS

VALORABLESDESCRICIÓN

PUNTUACI

ÓN

NEGATIVA

Utilización

inadecuada do

O material, en xeral, utilizarase sempre baixo a supervisión do

profesorado, sobre todo o potencialmente perigoso se non se teñen os

0,25

64

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

material

coñecementos ou se toman as precaucións necesarias (colchóns

quitamedos, minitramp, monociclos, etc.), e para aquilo para o que foi

deseñado (utilizar un balón de voleibol para xogar ó fútbol ou unha maza

de malabares para xogar ó beisbol, por exemplo).

Utilización de

obxectos non

permitidos

Non se poderán ter obxectos potencialmente perigosos para un mesmo ou

para otras persoas: pendentes, aneis, pulseiras, piercing, reloxos, etc., nin

sequera nos bolsos. Máis adiante no apartado de normas do

departamento, poderase ler con detemento todo o relativo a este

apartado. Asemade, as persoas que teñen o pelo longo, deberán recollelo

cunha goma por seguridade e hixiene.

0,1

Roupa deportiva

as zapatilas deportivas deberán estar correctamente atadas ou

abrochadas e a roupa deberá ser cómoda e permitir realizar todo tipo de

actividade física que se propoña (tumbarse no chan, saltar, agacharse,

etc.)

0,1

Comer nas

dependencias

De forma xeral, e salvo autorización ó respecto, non se poderá comer en

ningunha das dependencias do ximnasio (vestiarios e baños incluídos),

por motivos de limpeza e de seguridade.

0,25

Comportamento e

disciplina

O alumnado deberá manter un comportamento axeitado co resto de

compañeiros e compañeiras e co resto do profesorado, segundo as

normas de convivencia. De non ser así, poderáselle excluir temporalmente

do grupo para que recapacite sobre a falta ou, de ser moi grave, envialo á

dirección.

De 0,5 a

1,5,

segundo a

gravidade

A cualificación do trimestre corresponderase coa suma de tódolos apartados anteriores.

INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓNOs instrumentos de avaliación que nos servirán para cualificar ó noso alumnado, son:

● Observación directa da participación e o grao de implicaión dos alumnos e as alumnas nas sesións de

clase, na utilización e coidado do material, cumprimento das normas de conducta, hábitos de hixiene e

todos aqueles aspectos relativos a práctica diaria que se plasmarán no rexistro de clase.

● Entradas e consultas na aula virtual por parte do alumnado. Así poderase valorar a utilización e a súa

participación na aula virtual

● Probas prácticas (individuais e/ou colectivas).

65

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

● Probas teóricas orais e/ou escritas.

● Taballos grupais propostos, onde quede claro o aporte individual de cada quen.

● Planilla de valoración da confección e presentación de actividades/sesións ante os seus compañeiros

● Lista de control da colaboración na preparación e posta en práctica das actividades extraescolares e

complementarias nas que participe o departamento.

Os procedementos e instrumentos utilizados para a avaliación variarán en función do contido do que se

traballe.

Os contidos de carácter teórico se avaliarán por medio de probas teóricas e/ou traballos. No primeiro curso

estas probas poderán ser orais na medida de que o tempo o permita , xa que lle resulta máis sinxelo ós

alumnos enfrontarse deste modo a uns contidos novos para eles.

Para os contidos prácticos valoramos en primeiro lugar a participación diaria na clase, o esforzo, a atención a

resolución dos problemas e a mellora persoal. A máis contamos con valoracións obxectivas de probas

concretas en función do contido avaliado e con rúbricas de observación propias. No tema de condición física

tentaremos partir de notas anteriores e ver como evolucionaron no tempo os resultados. Na avaliación dos

deportes faremos probas de técnicas individuais e nos de carácter colectivo ou de adversario valoraremos

tamén en situación de xogo real.

A nota final (Xuño) farase coas medias das 3 avaliacións, tendo que ter como mínimo un 4 en cada unha, para

poder ser sumada. O resultado final terá que ser de 5 ou un número superior para poder ter aprobada a

materia. Se non é así, no terceiro trimestre, terá que facer a recuperación das partes que teña suspensas do

trimestre para que lle poida obter un 5.

PROGRAMA DE REFORZO (ALUMNADO SUSPENSO)

Sistema de recuperación dos trimestres suspensos

A nota final (Xuño) farase coas medias das 3 avaliacións, tendo que ter como mínimo un 4 en cada avaliación,

e a media ten que dar 5 para superar a materia.

Se algún alumno ou alumna ten unha nota de avaliación de trimestre por debaixo de 4 nota terá en xuño a

posibilidade de recuperala, sempre e cando non sexa por ter un cero no apartado actitudinal.

Proba extraordinaria de setembro

O alumnado que non supere a materia na convocatoria de xuño, terá dereito a presentarse a proba

extraordinaria de setembro. Presentarase con todos os trimestres suspensos. Para a proba de setembro

aplicarase as seguintes porcentaxes:

66

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

Proba conceptual 40%

Proba procedimental (*) 60%

(*)A proba procedimental (práctica) poderá suplirse coa presentación teórica dun traballo práctico

segundo os contidos traballados no curso e similar ós que tivo que presentar durante o mesmo.

Presentarase a través da aula virtual durante a terceira semana de agosto.

PROGRAMA DE RECUPERACIÓN (MATERIA PENDENTE)

O alumnado terá dúas posibilidades para recuperar a materia, despois de nadal e a final de curso, segundo o

calendario que propoña o centro ó inicio de curso segundo as seguintes porcentaxes:

Proba conceptual 30%

Proba procedimental 50%

Actitude * 20%

* A actitude valorarala o profesorado que lle imparta clase ó alumnado ese ano.

Os criterios e procedementos de avaliación, estarán en función dos obxectivos xerais da materia, e constituirán

unha experiencia máis do aprendizaxe, formando parte tamén do proceso de aprendizaxe, non só da

cualificación do mesmo. Polo que, avaliaremos non só a aprendizaxe do alumnado, senon tamén a práctica

docente.

DO PROCESO DO ENSINO E A PRÁCTICA DOCENTE.

Algúns indicadores que podemos utilizar na avaliación do profesorado desde unha perspectiva xeral poden

clasificarse en:

a) Técnicos: claridade de exposición, espertar o interese dos alumnos/as, congruencia avaliación-

obxectivos, variedade e amenidade das explicacións, recursos e materiais utilizados na ensinanza,

e cualificacións outorgadas.

b) Asistenciais: Orientación ao alumno/a nas tarefas, axuda na realización das tarefas, estimulación

da realización de traballos prácticos e puntualidade nas clases.

Valorarase a través dunha enquisa ao alumnado.

DA PROGRAMACIÓN.

A avaliación do proceso débese centrar na programación de aula. Incluirá os seguintes aspectos:

67

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

a. A adecuación dos obxectivos ás necesidades e características dos alumnos/as.

b. A validez da secuenciación dos obxectivos e contidos por ciclos.

c. A idoneidade da metodoloxía, así como dos materiais curriculares e didácticos empregados.

d. A validez das estratexias de avaliación e promoción establecidas.

e. A adecuación das medidas de adaptación curricular adoptadas para os alumnos e alumnas con

necesidades educativas especiais.

A observación e a reflexión diaria débense utilizar para analizar como se desenvolva o proceso, por exemplo,

estudando las condutas e actitudes dos alumnos/as durante a clase, observando se atenden e están

motivados, ou se se distraen. Tamén podemos recibir información da enquisa que se pasa aos alumnos/as e

da posta en común feita co grupo, especificadas na avaliación ao profesor/a.

Ao rematar o curso, analizaremos todos os datos recollidos coa finalidade de comprobar o éxito ou o fracaso do

proceso de ensinanza-aprendizaxe. En calquera caso, estas reflexións deben servir para formular as

modificacións oportunas para o seguinte curso.

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADENos cursos da ESO encontramos na aula distintos tipos de alumnado con diferentes ritmos de aprendizaxe e

tamén con diversos graos de motivación. A maioría do alumnado promocionaron ao seguinte curso, e houbo

incorporacións doutros centros. En cuarto o grupo de PMAR ten educación física co grupo de referencia.

Ante esta diversidade, o obxectivo é que todo o alumnado participe no proceso de aprendizaxe con

satisfacción, e teñan o éxito que corresponda a súa capacidade, xerando interese ou motivación. Para

conseguir este obxectivo, cada unidade contén actividades de ampliación e de reforzo. As primeiras van

dirixidas a aqueles alumnos máis capacitados e rápidos na realización das súas tarefas e as segundas para os

que as realizan dunha forma máis lenta.

É importante a coordinación e coherencia entre todos os membros do departamento para facilitar a información

do alumnado cando estes cambian de profesorado. Sabendo as capacidades, limitacións, tanto no ámbito

motor, como cognitivo ou afectivo-social. Teremos unha valoración real e positiva do que podemos esixirlle en

canto a esforzo e superación.

As veces vemos alumnado con moita dificultade nas súas relacións, sen habilidades sociais que sen a nosa

axuda e estímulo, pasaríano moi mal en moitas prácticas de educación física. Outras veces temos alumado con

problemas ou carencias a nivel motriz importante. Tamén temos algún alumnado que actúa con moita

impulsividade, e as veces agresividade, non respectando o espazo próximo dos compañeiros; sen autocontrol

emocional.

Temos que transmitirlles a todo o alumnado as ideas claras de que és o que se vai facer, como se vai facer, e

68

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

cales son as normas. Por tanto, cada alumno ou alumna saberá que é o que se espera de cada un deles en

cada unidade didáctica e en cada avaliación. En cada curso, en cada etapa, o alumnado terá a sensación de

que ten que esforzarse para conseguir superar con éxito a materia. E que o nivel de responsabilidade,

esixencia e tamén de autonomía va sendo maior a medida que van medrando e madurando.

Alumnado con algún problema de saúde

Os certificados médicos do alumnado con algún problema de saúde, que condicionen a práctica total ou parcial

na clase de educación física, presentaranse durante o primeiro mes do curso, data límite o 1 de novembro, de

non xurdir o problema durante a marcha do curso.

Neste debe indicarse a duración estimada para a recuperación. Para poder realizar as adaptacións curriculares

e os reforzos educativos axeitados, o alumnado deberá solicitarlle ó facultativo que especifique claramente que

exercicios, actividades ou tarefas non pode desenvolver (por exemplo, se ten un esguince de nocello, non

poderá realizar exercicios de saltos, carreiras ou de forza con ese nocello, pero ó mellor si que podería realizar

exercicios de propiocepción ou flexibilidade con ese nocello nalgún momento da súa recuperación ou

actividades que non impliquen a intervención do mesmo como os malabares ou lanzamentos a canastra, dende

posición de sentado). Asemade, poderá aproveitar para realizar os exercicios de rehabilitación, de ser o caso,

se non teñen que estar supervisados ou dirixidos por un especialista.

En calquera caso, o alumnado terá que asistir a clase, salvo que non poda asistir ó instituto, e deberá presentar

os mesmos traballos e/ou exames teóricos co resto do alumnado ó longo do curso académico.

Aquela persoa que, por razóns xustificadas non poida facer a práctica deportiva, deberá asistir a clase con

caderno e bolígrafo, debendo realizar outras tarefas que lle indicará o profesor ademais dun diario de clase no

que recolla as tarefas que desenvolven os seus compañeiros e o explicado polo profesor na aula. Compilará

todos os días do trimestre no que non realizou práctica e entregará este traballo ó profesorado correspondente

a semana antes da avaliación para ser cualificado.

En caso de molestia ou lesión, por pequena que sexa, durante a clase de Educación Física, parar a actividade

física e comunicarllo ao profesor inmediatamente para que poida valorar a continuidade da súa participación.

Ante calquera problema ou circunstancia persoal que afecte á participación nas clases de Educación Física é

conveniente dirixirse persoalmente ó profesorado da materia e poñelo no seu coñecemento.

Alumnado con necesidade específica de apoio educativo

O alumnado que presente NEAE recibirá unha atención especial, pois moitas das actividades, dependendo da

necesidade, deberán ser adaptadas.

Dentro da área de E.F. podemos encontrar moitas diferencias e a nosa labor educativa é analizar as

características das mesmas e adaptar as actividades a cada alumno de forma individual.

69

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

A integración práctica e participativa deste alumnado é o obxectivo principal da EF para con eles. Para isto

realizaranse, de maneira NON SIGNIFICATIVA:

Adaptacións/modificacións no medio de aprendizaxe

Variar e/ou multiplicar o material.

Reducir a altura das redes nos xogos.

Reducir distancias nos desprazamentos ou lanzamentos.

Eliminar as fontes de distracción.

Utilizar balóns lixeiros, globos, etc.

Modificar o espazo normalizado, os elementos e a sua posición.

Adaptacións/modificacións na metodoloxía

Utilizar apoios verbais: palabras adecuadas, …; explicacións concretas e breves; canto maior

sexa a complexidade da tarefa, menor cantidade de explicación previa; palabras de ánimo, etc.

Recorrer a apoios visuais: demostración dos movementos (modelos e apoios); situación do

rapaz ou rapaza para comezar o exercicio; conducirlle da man polo espazo, etc.

Estruturación adecuada das fases de aprendizaxe: andar ou rodar en lugar de correr;

descompoñer en fases; conceder tempo de asimilación e comprensión cando se explica e

executa.

Modificación do número de decisións: reducilas.

Adaptacións/modificacións na tarefa

En relación coas regras: có balón rode en lugar de lanzalo, bote máis veces antes de collelo;

collelo coas mans en lugar de golpealo; reducir o número de puntos para gañar; reducir o

tempo de xogo; prohibir devolver o balón o que cho pasou, buscando máis participación;

aumentar/diminuír o número de xogadores segundo o espazo.

Modificar o tipo de desprazamento (camiñar en lugar de correr, por exemplo)

Modificar a posición dos xogadores para mellorar o equilibrio (sentados, …)

Colocar xogadores en postos específicos en función das súas aptitudes: gardameta, posto fixo,

árbitros, xuíces, …

Permitir axudas externas: axuda ó que está en cadeira de rodas, permitir máis tempo de

retención.

70

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

De ser preciso realizar ADAPTACIÓNS SIGNIFICATIVAS, analizaranse os casos e realizaranse as

adaptacións curriculares pertinentes.

ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIAPara a contribución ó plan de convivencia destacan dos tipos de accións diferenciadas, as primeiras

destinadas a crear un clima de convivencia positivo nas aulas, es as segundas, con respecto á actuación ante

problemas de conduta.

1. Fomento dun clima de convivencia positivo nas aulas: é de resaltar neste punto, que a educación en

valores é unha ferramenta que axudará a creación dese clima desexado nas aulas.

a. Usarase un estilo educativo que integre normas, diálogo e autonomía. Algunhas estratexias que

contribúen a mellorar a conduta son: recoñecemento público de que o alumno ou alumna está

mellorando, eloxio público, corrección privada, ignorar as condutas que buscan chamar a atención,

evitar comparacións ou críticas á globalidade da persoa, etc.

b. Adaptarase o currículo, segundo as necesidades do alumnado, con medidas como a división de

tarefas en subtarefas, reforzos ou axudas no paso dunhas tarefas a outras, etc.

c. Fomentarase o traballo cooperativo entre o alumnado.

d. Organizarase a aula de xeito que o alumnado con problemas de conduta estean localizados

estratexicamente para evitar que rompan o clima de traballo da clase e de forma que permita

prestarlle máis atención ó alumnado con dificultades ou necesidades especiais.

2. Resolución de conflitos ou situacións de crises de conduta na aula.

a. Utilizarase un ton de voz tranquilo e seguro, xa que os tons de voz elevados activan as condutas

problemáticas; na medida do posible, estas serán ignoradas e non se responderá ás provocacións.

b. Ante condutas contrarias ás normas de convivencia con carácter repetitivo, falarase co titor para

que actúe como mediador no conflito.

c. Se un alumno ou alumna presenta unha conduta disruptiva que impida o normal desenvolvemento

do traballo do seu grupo de clase, como primeira medida se lle excluirá un tempo da actividade

para que reflexione sobre a súa conduta, falando con el ou con ela sobre o reflexionado, antes de

que volva a integrarse na tarefa. Como medida extraordinaria, enviarase a ese alumno á aula de

atención educativa ou a xefatura de estudos (acompañado sempre polo delegado ou delegada de

clase).

ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTORO Decreto 133/2007 polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na comunidade

71

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

autónoma de Galicia no seu artigo 5º di: “ A lectura constitúe un factor primordial para o desenvolvemento das

competencias básicas. Os centros docentes garantirán na práctica docente de todas as materias un tempo

dedicado á lectura en todos os cursos da etapa, de acordo co proxecto lector do centro.” No noso centro

adícase unha hora semanal á lectura nos cursos de ESO os luns, segundo un calendario que se fai público, a

principio de cada avaliación, no centro educativo.

Asemade, dentro da materia de educación física, como é prescriptivo, o departamento colaborará co proxecto

lector da seguinte maneira:

Explicación, dinamización e seguimento da materia a través de aulas virtuais (unha por nivel educativo

de ESO e outra en 1º de bacharelato. O alumnado terá a posibilidade de ler, comprender e preguntar

cada contido dos vistos na aula, a través de textos e temas creados ad oc polos membros do

departamento e de seleccións feitas no entorno virtual polo profesorado (desta maneira o alumnado

limitará ó máximo a súa dispersión pola rede).

As aulas virtuais foron creadas con contidos e experimentadas co alumnado dende xa fai tres cursos escolares.

O alumnado comeza xa a utilizalas maioritariamente e a acostumarse ó seu uso.

Recomendacións de lecturas voluntarias relacionadas coa educación física, tanto a un nivel técnico

como de experimentación de valores (a lo menos unha por nivel). Como estratexia de comprensión

lectora das mesmas, o departamento facilitará fichas ad oc que servirán para valorar a comprensión

por parte do alumnado.

Esta acción comezará a levarse a cabo a partires de que o profesorado do departamento faga unha selección

de bibliografía básica de consulta e lectura e o equipo de biblioteca dote á mesma dun número mínimo de

exemplares para a súa dinamización. Polo que, ó ser unha actividade innovadora dentro do centro, quizais non

podamos implementala completamente neste curso escolar.

Todo isto desenvolverase a través da aula virtual e dun blog de próxima creación por parte do

departamento. Con isto preténdese acostumar ó alumnado e as súas familias a ler contidos de opinión

e/ou científicos relacionados coa educación física e coa aprendizaxe de seus fillos e/ou fillas na nosa

materia.

ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN TICNo plan TIC do IES Alexandre Bóveda, fálase de 3 tipos de usuarios e os membros de departamento de

educación física. Nós incluímonos no primeiro deles, xa que temos máis o menos coñecemento sobre as TIC e

as utilizamos no noso traballo diario co alumnado. Ata o de agora só un membro do departamento as utilizaba

de maneira plena e segundo a tipoloxía de usuario antes mencionado (presentacións, exposicións, soporte

visual, materiais complementarios, aula virtual, gravacións audiovisuais, etc.), pero neste curso escolar,

contamos con outro membro acostumado a utilizalas na aula e o terceiro membro amosa disposición para

72

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

aprender a utilizalas grazas a explicacións e titorizacións guiadas por parte dos outros dos membros.

No que se refire ós espazos, no proxecto TIC fálase da existencia dun punto de conexión a internet nas aulas e

de rede wifi. Temos que dicir que nas nosas aulas (2 ximnasios para o desenvolvemento da materia) tan só

existe rede wifi, xa que o punto fixo de conexión está dentro do departamento do profesorado, polo que é

imposible a súa utilización na docencia co alumnado. Se ben é certo que sérvenos perfectamente esta forma

de conexión, os puntos wifi fallan máis do desexado e limitan o desenvolvemento de moitas docencias., polo

que sería interesante que se habilitaran estes puntos de conexión fixos a internet nos dous ximnasios.

En canto á dotación do departamento neste aspecto, contamos con dous canons e dous portátiles.

Asemade, neste curso solicitamos unha cámara de vídeo para utilizar nas avaliacións procedimentais e no

proceso continuo de ensino aprendizaxe.

O curso pasado conseguimos 2 retroproxectores para poder implementar as sombras corporais. Utilizámolos,

non só como foco de luz, senón como proxector de decorados e guía para a consecución das tarefas

propostas.

Temos 4 pares de altofalantes que conseguimos dos que non se utilizaban nas aulas, xa que xa tiñan o son

integrado nas reformas TIC que se fixeran, e utilizámolos implementar o uso dos móbiles con sentido por parte

do alumnado, para seleccionar música nas creacións artístico expresivas.

Asemade, dentro da materia de educación física, como é prescriptivo, o departamento colaborará co proxecto

TIC a través dos seguintes obxectivos propostos.:

Utilizar as TIC como recurso educativo dentro do proceso de ensino aprendizaxe.

Utilizar as seis aulas virtuais creadas neste tres últimos cursos (unha por nivel educativo) por parte de

tódolos membros do departamento, para desenvolver os contidos da materia (sobre todo a nivel

conceptual) e posibilitar a aprendizaxe dos contidos TIC ó alumnado grazas propostas: traballos,

lecturas dos apuntes creados polo departamento, seguimento das sesións realizadas, etc.

Crear e dinamizar un blog persoal para a aprendizaxe dos contidos relacionados coa materia e para

que o alumnado teña un lugar onde relacionarse virtualmente e amosar, se quere, os seus traballos e

as súas creacións. A decisión de que sexa un blog persoal e non do departamento débese á

posibilidade de mobilidade do profesorado, xa que non todos somos definitivos no centro e poder

continuar o traballo feito alá onde nos atopemos. De tódolos xeitos, incluiremos na web do

departamento as ligazóns pertinentes para que toda a comunidade educativa poda utilizalo.

Inducir e apostar polo software libre en tódalas accións que se desenvolvan, tanto por parte do

profesorado como por parte do alumnado (creacións e/ou utilización de recursos): libre office, blogger,

jamendo (para seleccións musicais), openshot (para edición de vídeos), gimp (para edición de

imaxes), etc.

73

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

Utilizar gravacións de imaxes como ferramenta de feedback na aprendizaxe, como medio obxectivo de

cualificación nas avaliacións e como mostra e recordatorio dos contidos traballados dentro e fóra da

aula.

MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

MATERIAL IMPRESCINDIBLE PARA O TRABALLO NAS CLASES DE EDUCACIÓN FÍSICA

O material imprescindible para o alumno é roupa e calzado deportivo axeitado, con zapatillas deportivas

axustadas ó pé e con calcetíns. Non está permitido vir ás clases con aros grandes, ou piercings perigosos.

Asistirá sen pantalóns baixados ou mini camisetas, mallas desaxeitadas… Non está permitido mascar chicle en

clase, evitando riscos innecesarios.

O pelo longo solto impide ter un amplo campo de visión e non é axeitado para actividades como habilidades

ximnásticas, polo que é recomendable telo recollido.

Precisan traer ou toalliñas húmidas, ou xabón e desodorante, para cando acaben a práctica, poder asearse

mínimamente. Tamén o obrigatorio traer unha camiseta de recambio.

O MATERIAL DEPORTIVO DISPOÑIBLE NO CENTRO

- Colchoneta quitamedos

- Colchonetas pequeñas

- Bancos suecos

- Aros

- Multiconos

- Minitramp

- Potro

- Plinto

- Redes de bádminton

- Raquetas de bádminton

- Zancos de madeira

- Palas de madeira

- Cordas individuais

- Cordas grandes

- Pelotas de tenis

- Bolas de escena (malabares)

- Aros de malabares

- Mazas de malabares

- Panos de malabares

- Diábolos

- Monociclos

- Rulos americanos

- Stick de floorball, pastillas, bolas

e porterías

- 10 conos

- Balóns de baloncesto

- Balóns de balonmán

- Balóns de voleibol

- Esterillas

- Balóns medicinais

- Indiacas

- Discos voadores

- Petos

- Steps de madeira

- Bandas elásticas

- …….etc.

74

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

- Picas de madeira

OUTROS MATERIAIS

Dous ordenadores portátiles

Dous canóns de proxección.

3 retroproxectores e 2 focos de luz, que utilizaremos a modo de iluminación para o traballo de sombras

corporais.

Unha tela de proxección de 5 x 3 metros para o desenvolvemento das sombras corporais, asemade

precisaremos o salón de actos para realizar un ensaio e a proba de cualificación ó final da avaliación

que corresponda.

4 parellas de altofalantes para traballar por grupos nos contidos de expresión corporal.

Unha cámara de vídeo para poder gravar as probas procedimentais e tarefas realizadas polo

alumnado para utilizalas como feedback no proceso de ensino-aprendizaxe.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARESTentaremos realizar , a lo menos, unha actividade por curso para axudar a desenvolver o currículo de

educación física, en concreto o bloque de contidos de actividades no medio natural en secundaria e

actividade física, deporte e tempo libre en bacharelato.

Asemade, utilizaremos espazos naturais próximos ó centro (parque da Bouza), a media distancia (Praia de

Samil) e afastados (por determinar, pero posiblemente a Serra do Galiñeiro), para realizar parte dos contidos

de condición física en 3º da ESO e de organización deportiva en Bacharelato.

É difícil encuadralas en complementarias ou estraexcolares somente xa que, polo seu carácter tan específico

precisamos organizalas con empresas privadas que nos aporten tanto o material como a competencia

necesaria, polo que tendo un carácter eminentemente curricular nos seus contidos e desenvolvéndose na súa

maior parte en horario escolar, deben ter carácter voluntario polo custo que lle suporá ó alumnado o seu

desenvolvemento. Se ben é certo que tentaremos que sexa o menor custo posible dentro da oferta que existen

para este tipo de actividades. Así pois, as actividades serán:

1º ESO

ACTIVIDADE: Iniciación ó Piragüismo (bautismo de mar)

CONTACTO: Clube de piragüismo de Bouzas.

DESCRICIÓN: Mediante actividades e tarefas de participación activa e cooperación no medio

acuático, tentaremos que o alumnado adquira o dominio básico do equilibrio e paleo mediante a

75

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

navegación.

2º ESO

ACTIVIDADE: Iniciación ós actividades de montaña. Ecoparque de Marín

CONTACTO: Aventura Rías Baixas e-mail [email protected] números de

teléfono 986 702 056/ 692 847 622

DESCRICIÓN: “O Ecoparque Multiaventura de Galicia ten máis de 70 xogos, algúns situados ata 13

m. de altura e 12 tirolinas de ata 120 m de longo. É un novo concepto de ocio, aventura e turismo activo

en Galicia aproveitando e respectando ao máximo os recursos naturais. Este tipo de parques teñen

como obxectivo agrupar nun ámbito natural: aventura, educación, respecto pola natureza,

coñecemento do medio e o desfrute mediante a actividade física. Está formado por 6 circuítos multi-

aventura nos que temos que combinar equilibrio, enxeño, forza, destreza e autocontrol para superar as

diferentes probas que se nos presentan. Os distintos circuítos clasifícanse por niveis de dificultade e de

altura. Percorren un terreo de 2,5 hectáreas de bosque e moitas árbores, na que os diferentes xogos

do parque se integran camuflándose perfectamente co ámbito (pontes de mono, pontes tibetanas,

saltos de Tarzán, trapecios, pasarelas, redes verticais, paso de xigante, tirolinas...) Diseñado para que

todos poidades gozar del, independentemente da idade ou da preparación física.” (Descrición tomada

de http://www.aventurasengalicia.com/aventuras_en_galicia_actividades.php?

aventurasID=49&categoriaID=2

3º ESO

ACTIVIDADE: Rafting (bautizo de río)

CONTACTO: Oficina: 986 603 009; Ricardo Aparicio: 608 984 350; Conchi Elosua: 649 003 665. e-

mail: [email protected]

DESCRICIÓN: A actividade consistirá nun descenso por un río próximo cunha duración aproximada de

1.30 h e un nivel de dificultade medio-baixo. Esta actividade, polas súas características estará

coordinada e organizada or unha empresa especialista nestes temas. Realizarase tamén no terceiro

trimestre polos mesmos motivos cá outra.

OBXECTIVOS

Amosar unha actitude positiva e un respecto por todo o que signifique protección e mellora do

medio ambiente.

Coñecer os materiais máis elementais que se deben utilizar nunha saída ó medio natural

(auga).

Amosar unha actitude positiva de cara a coñecer formas novas de ocupar o tempo libre.

76

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

Utilizar e dominar as técnicas básicas de adaptación ó medio natural na execución de

actividades que requiren a súa posta na práctica.

Desenvolver unha actitude crítica e valorar positivamente o tipo de relacións que se establecen

entre a realización de actividades físicas na natureza e o mantemento ou mellora da saúde e a

súa contribución á calidade de vida.

Dar a coñecer os posibles riscos que supón a práctica de determinadas actividades físico-

deportiva na natureza, e interesarse polo coñecemento das medidas de seguridade e

protección mínimas necesarias, en función do medio no que se atopen.

4º ESO

ACTIVIDADE: Acampada aventura ou sesión de escalada deportiva

CONTACTO: FGM.

DESCRICIÓN: Con esta actividade non só pretendemos que o alumnado coñeza algunha actividade

no medio natural non vista ou lembre algunha xa traballada, senón que sexa quen de deseñar,

planificar e organizar unha actividade física no medio natural coa colaboración do resto de alumnado e

a supervisión do profesorado, ademais de aprender a montar unha tenda, construcións básicas no

medio natural, etc.

1º BACH

ACTIVIDADE: Esquí( semana branca)

CONTACTO: Por determinar.

DESCRICIÓN: Con esta actividade preténdese que o alumnado sexa quen de desfrutar e mellorar a

súa competencia neste deporte. Asemade facerse autónomo e aprender a convivir e a respectar as

normas, ós seus compañeiros e compañeiras lonxe da súa casa baixo a supervisión do profesorado do

centro.

CRITERIOS DE SELECCIÓN DE ALUMNADO PARA AS DISTINTAS ACTIVIDADES

Nas actividades onde haxa prazas suficientes para todo o alumnado, os criterios de selección son:

1.1. Que non teña amoestacións, nin expulsión.

1.2. Que teña un comportamento correcto cos compañeiros e o profesorado na nosa materia.

1.3. Que participe activamente nas nosas clases.

Nas actividades onde NON hai prazas suficientes para todo o alumnado, os criterios de selección son:

77

Departamento de Educación Física IES Alexandre Bóveda

1. Que non teña amoestacións, nin expulsión.

2. Que teña un comportamento correcto cos compañeiros e o profesorado na nosa materia.

3. Que participe activamente nas nosas clases.

4. Orden de entrega da solicitude de reserva e/ou autorizacións ben cumprimentadas.

78