sicri-2017 nunha ollada - sergas · • este documento non inclúe recomendacións nin reflexións...
TRANSCRIPT
![Page 1: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022042307/5ed323e78356bf248b56e207/html5/thumbnails/1.jpg)
Nunha ollada 2017
Sistema de información sobre condutas de risco (SICRI)
SICRI-2017 nunha ollada
Resumo dos principais resultados da enquisa sobre condutas de risco na poboación galega realizada en 2017.
![Page 2: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022042307/5ed323e78356bf248b56e207/html5/thumbnails/2.jpg)
Nunha ollada 2017
• Este documento é un resumo dos principais resultados obtidos no SICRI do ano 2017. Este documento
presenta “nunha ollada” información sobre diferentes condutas de risco para a saúde.
• Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados.
• A medida que haxa información mais detallada sobre algún dos temas tratados na enquisa darase conta
neste documento, engadindo o sinal Máis polo miúdo.
• OLLO! débese ter en conta que os resultados do SICRI, por proceder dunha mostra da poboación, están
sometidos á variabilidade que depende da mostraxe. A diferenza do que ocorre cos documentos aos que
se pode acceder na Web, neste documento non se fai explícita por cuestións de espazo.
Sobre este documento
![Page 3: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022042307/5ed323e78356bf248b56e207/html5/thumbnails/3.jpg)
Nunha ollada 2017
• O sistema de información de condutas de risco (SICRI) ten como obxectivo
principal identificar a presenza que teñen na poboación galega diferentes
factores de risco para a saúde.
• Empezou a súa andaina no ano 2005 e dende entón realizáronse 8 estudos
máis, nos anos 2006, 2007, 2010, 2011, 2014, 2015, 2016 e 2017.
Sobre o SICRI
![Page 4: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022042307/5ed323e78356bf248b56e207/html5/thumbnails/4.jpg)
Nunha ollada 2017
• Ámbito
– Xeográfico: Galicia– Poboacional: Residentes de 16 anos en diante– Temporal: 2017
• Tamaño da mostra: 7.841 individuos
• Mostraxe: Aleatoria estratificada a partir da base de Tarxeta Sanitaria
• Recollida de información: Enquisa telefónica asistida por ordenador (CATI)
• Período de realización do estudo: enquisas mensuais entre xaneiro-decembro de 2017
• Garántese a representatividade dos datos obtidos en homes e mulleres en 4 grupos de idade: 16-24, 25-44, 45-64 e 65 e máis.
Sobre o SICRI-2017
![Page 5: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022042307/5ed323e78356bf248b56e207/html5/thumbnails/5.jpg)
Nunha ollada 2017
• Percepción do estado de saúde
• Consumo de tabaco
• Exposición ao fume ambiental de tabaco
• Abandono de tabaco no embarazo
• Consumo de alcohol
• Consumo de cannabis
• Gastroenterite: estimación da prevalencia
• Antibióticos
• Dieta
• Etiquetas nutricionais
• Percepción do peso e talla
• Uso de internet
• Ludopatía
Temas tratados no SICRI-2017
![Page 6: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022042307/5ed323e78356bf248b56e207/html5/thumbnails/6.jpg)
Nunha ollada 2017
5 de cada 10 galegos perciben a súa saude como boa ou moi boa
• A saúde autopercibida é unha aproximación
útil ao nivel de saúde de unha poboación.
• O 50% dos galegos consideran ter bo
estado de saúde; isto é, din que o seu estado
de saúde é bo ou moi bo.
• A percepción de bo estado de saúde
diminúe ao aumentar a idade.
• O sexo é condicionante da saúde percibida
en Galicia. Entre a poboación de 65 en diante
o 29% das mulleres perciben como mala ou
moi mala a súa saúde fronte ao 21% dos
homes.
PERCEPCIÓN DO ESTADO DE SAÚDE
![Page 7: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022042307/5ed323e78356bf248b56e207/html5/thumbnails/7.jpg)
Nunha ollada 2017
A diario fuman 16 de cada 100 galegos.....
• O tabaco é o factor de risco evitable que máis
mortalidade causa en Galicia.
• A idade media á que se empeza a fumar son os 19
anos.
•As prevalencias de consumo son máximas entre os
25-44 anos (29%) e mínimas a partires dos 65 anos
(5%).
•O 78% dos fumadores fuman tabaco rubio e o 22%
picadura.
• A 6 de cada 10 fumadores gustaríalles deixar de
fumar e 2 de cada 10 están preparados para facelo. O
28% dos fumadores tentaron deixar de fumar no
último ano.
• Os exfumadores levan 15,3 anos de media sen
fumar. Nos máis novos (16-24 anos) este tempo é de 1
ano e medio.
CONSUMO ACTUAL DE TABACO
![Page 8: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022042307/5ed323e78356bf248b56e207/html5/thumbnails/8.jpg)
Nunha ollada 2017
... e 15 de cada 100 din estar expostos ao fume de tabaco
PORCENTAXE DE EXPOSTOS AO FAT: DIARIO E OCASIONAL• O fume ambiental de tabaco (FAT) é o
carcinóxeno ambiental mais estendido.
• O 30% dos galegos din estar expostos,
ben a diario ou de xeito ocasional, ao FAT en
calquera dos catro ámbitos estudados. O
31% dos homes din estar expostos fronte ao
29% das mulleres.
• A prevalencia máis alta de exposición ao
FAT declárase na casa (15%). Se ben
destaca a exposición ao FAT dos máis novos
(16-24 anos) nos lugares de ocio (31%).
• Destaca que, en calquera dos ámbitos
estudados, a exposición ao FAT diminúe coa
idade.
![Page 9: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022042307/5ed323e78356bf248b56e207/html5/thumbnails/9.jpg)
Nunha ollada 2017
2 de cada 10 fumadores fuman tabaco de lear
• O 8% dos fumadores galegos consumen máis
dunha labor do tabaco.
• Os fumadores galegos consumen maioritariamente
cigarrillos rubios.
• A prevalencia de consumo de cigarrillos negros só
é relevante a partir dos 45 anos, así entre os
fumadores de 45 anos en diante o 13,1% fuman
tabaco negro.
• O consumo de tabaco de lear (picadura) entre os
fumadores, que no ano 2007 era do 1,8%, segue a
aumentar e en 2017 é do 22,3%.
• 3 de cada 1.000 galegos (uns 6.700) fuman
cigarrillos electrónicos.
• A prevalencia de consumo de IQOS é despreciable
(só 2 persoas dixeron que o consumían).
PORCENTAXE DE FUMADORES QUE
CONSUMEN TABACO DE LEAR
![Page 10: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022042307/5ed323e78356bf248b56e207/html5/thumbnails/10.jpg)
Nunha ollada 2017
7 de cada 10 mozos beberon alcohol no último mes
PORCENTAXE DE MOZOS CONSUMIDORES DE
ALCOHOL NAS 4 ÚLTIMAS SEMANAS
• O consumo de alcohol é o factor de risco máis
prevalente en Galicia.
• O 65,3% dos mozos de 16 a 24 anos declaran
beber alcohol no último mes. A prevalencia de
consumo aumenta coa idade, así aos 16 anos é
do 33,9% pasando ao 66,9% aos 18 anos,
momento no que se estabiliza.
• Consumen máis os mozos que as mozas,
excepto nos mais novos (16-17 anos) nos que a
prevalencia foi similar.
• O 27,4% dos mozos din que asistiron a un
botellón nas 4 semanas anteriores á entrevista.
Asistiron máis os rapaces e aqueles de 18 a 20
anos.
• O 15,8% practican consumo de atracón ou
binge drinking, máis os rapaces. A prevalencia de
binge drinking aumenta coa idade.
Binge drinking ou consumo de atracón: Beber 5 ou máis bebidas
alcohólicas de forma seguida ou nun prazo dun par de horas.
![Page 11: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022042307/5ed323e78356bf248b56e207/html5/thumbnails/11.jpg)
Nunha ollada 2017
2 de cada 10 galegos beben alcohol a diario ou case a diario
PORCENTAXE DE CONSUMIDORES DE ALCOHOL
NAS 4 ÚLTIMAS SEMANAS
• O 18,8% dos galegos maiores de 15 anos
declaran beber alcohol a diario ou case a diario.
A prevalencia de consumo é máis alta nos
homes (28,2% vs. 10,3%) e aumenta coa idade
(16-24 anos: 1,5%; 25-44: 8,4%; 45-64:
24,0%; 65 e máis: 28,4%)
• O consumo de atracón ou binge drinking, que
diminúe ao aumentar a idade, concéntrase nos
homes; así, o 8% declaran practicar polo
menos 1 vez ao mes este tipo de consumo
fronte ao 1% das mulleres.
• O 3,4% dos galegos presentan un consumo
de alcohol de risco segundo a súa puntuación
no AUDIT, 5,8% dos homes e 1,2% das
mulleres. A porcentaxe de bebedores
clasificados polo AUDIT como dependentes é
inferior ao 1%.
![Page 12: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022042307/5ed323e78356bf248b56e207/html5/thumbnails/12.jpg)
Nunha ollada 2017
3 de cada 100 galegos fuman cannabis
PORCENTAXE DE CONSUMIDORES DE CANNABIS
NO ÚLTIMO ANO
• O 2,6% dos galegos maiores de 15 anos declaran
fumar cannabis, sendo a prevalencia máis alta entre
os homes (4,0% vs. 1,4%) e diminúe a medida que
avanza a idade; así na poboación de 16 a 24 anos a
prevalencia é do 8,8%, entre os 25-44 do 5,1% e a
partir dos 45 anos sitúase por baixo do 1%.
• O 25,8% dos fumadores de cannabis declaran
fumalo a diario, non aparecendo diferenzas en
función do sexo, nin nos grupos de idade onde o
consumo é máis frecuente (16-24 e 25-44).
• O 91,0% dos consumidores fuman o cannabis na
casa, ben na que viven ou na doutra persoa.
• O 10,4% dos consumidores de cannabis presentan
un consumo de risco, o 10,8% dos homes e o 9,2%
das mulleres segundo a súa puntuación no CAST.
![Page 13: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022042307/5ed323e78356bf248b56e207/html5/thumbnails/13.jpg)
Nunha ollada 2017
8 de cada 10 galegos toman peixe como mínimo 1 vez á semana
PORCENTAXE DE CONSUMIDORES
DE DIFERENTES ALIMENTOS • 7 de cada 10 galegos din consumir como mínimo 1 peza de froita ao día. Esta porcentaxe é superior nas mulleres. Neste punto compre destacar que se inclúen tamén as pezas de froita que toman en zume.
• A porcentaxe de galegos que di tomar verduras ou hortalizas a diario é menor que o que di tomar froita, en global non chega ao 50%. Neste punto tamén destaca que a porcentaxe de consumo de verduras e hortalizas é mais alta entre as mulleres.
• O 80% dos galegos din tomar peixe polo menos unha vez á semana. Neste caso, a porcentaxe de homes e de mulleres que declara consumo é similar.
![Page 14: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022042307/5ed323e78356bf248b56e207/html5/thumbnails/14.jpg)
Nunha ollada 2017
3 de cada 10 galegos consultan as etiquetas nutricionais sempre
PORCENTAXE DE PERSOAS QUE
CONSULTAN AS ETIQUETAS NUTRICIONAIS
Non procede: persoas que non elixen os alimentos, e persoas que non compran nunca ou case nunca produtos envasados
• O 35,4% dos galegos consultan sempre a etiqueta nutricional dos alimentos que compran, mentres que o 32,5% non a consultan nunca. Consúltana máis as mulleres (40,0% vs. 30,3%).
• O que máis declararon consultar é o contido en graxas dos alimentos (35,7%), seguido das calorías (22,6%) e do contido en azucres (22,4%). O 11,7% din consultar o contido en sal. O 60% dos galegos que consultan as etiquetas nutricionais valoran a presenza de aceite de palma.
• Entre os galegos que non consultan a etiqueta nutricional, o 11,9% non o fan ben porque din non vela ou non entendela. Esta porcentaxe chega ao 22% entre os galegos de 65 e máis anos.
![Page 15: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022042307/5ed323e78356bf248b56e207/html5/thumbnails/15.jpg)
Nunha ollada 2017
5 de cada 100 galegos din que tiveron gastroenterite aguda*
• O 4,9% dos galegos declara que tivo gastroenterite aguda (GEA) no mes anterior a participar no estudo, non debida a tratamentos farmacolóxicos ou a enfermidades crónicas. A prevalencia é máis alta entre as mulleres (5,7%) que entre os homes (4,0%), e variou en función do grupo de idade; así, entre os 16-44 anos foi do 7,4% e do 3,4% nos maiores de 45.
• A prevalencia de GEA é máis alta, 6%, entre os consumidores de moluscos bivalvos crus.
• O 21% das persoas que tiveron GEA acuden ao médico, máis as mulleres (25%) que os homes (18%).
PORCENTAXE DE GEA, DIARREA OU VÓMITOS *
* As porcentaxes fan referencia ao mes previo a participar no estudo
![Page 16: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022042307/5ed323e78356bf248b56e207/html5/thumbnails/16.jpg)
Nunha ollada 2017
2 de cada 10 galegos tomaron antibióticos en xaneiro
PORCENTAXE DE CONSUMIDORES DE
ANTIBIÓTICOS NAS 4 ÚLTIMAS SEMANAS• A prevalencia de consumo de antibióticos varía en función da época do ano. Así en xaneiro e febreiro observáronse as prevalencias de consumo máis altas (18,9% e 17,3) e en agosto a máis baixa (9,9%).
• O 67,9% declaran que a receta do antibiótico déralla un médico de Atención Primaria, ao 18,4% de especializada, ao 4,2% en urxencias e ao 9% o dentista.
• O 94,3% dos galegos que tomaran antibióticos tomáronos os días que lle indicou o médico ou dentista que llos recomendou.
• O 34,2% dos galegos dixeron que sempre gardaban na casa os antibióticos que lles sobraban.
![Page 17: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022042307/5ed323e78356bf248b56e207/html5/thumbnails/17.jpg)
Nunha ollada 2017
Menos da metade dos galegos teñen o peso axeitado
• A obesidade é factor de risco de moitas
enfermidades, especialmente das doenzas
cardiovasculares. Un xeito doado de medila é a
partir do Índice de Masa Corporal (IMC): kg/m2.
• O 16% dos galegos son obesos (IMC30). Este
dato é posiblemente unha estimación polo baixo
do valor real, xa que se obtén a partir da
información que dan os enquisados sobre o seu
peso e talla.
• A poboación con baixo peso (IMC<18,5).
concéntrase entre as mulleres de 16 a 24 anos
(11%).
• Entre a poboación de 45 anos en diante o máis
frecuente é ter sobrepeso (25IMC<30: 44%).
DISTRIBUCIÓN DO IMC DECLARADO
![Page 18: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022042307/5ed323e78356bf248b56e207/html5/thumbnails/18.jpg)
Nunha ollada 2017
DISTRIBUCIÓN SEGUNDO O USO DE INTERNET
7 de cada 10 galegos utilizan internet no ocio
• O 65,3% dos galegos usan internet para chatear,
xogar, descargar música ou utilizar redes sociais.
En xeral, a prevalencia de uso non cambiou en
función do sexo, pero si do grupo de idade; así a
porcentaxe de uso nos maiores de 64 anos sitúase
no 18,8%.
• O 58,8% das persoas que declararon que
utilizaran internet no último mes usaron servizos
de mensaxería instantánea, o 36,0% redes sociais,
o 5,4% xogos de realidade virtual e o 0,3% xogos
nos que se pode gañar cartos.
• O 0,8% dos galegos teñen problemas ocasionais
no uso de internet, e o 0,1% un uso problemático
segundo a súa puntuación no CERI. Non se
aprecian cambios en función do sexo, pero si do
grupo de idade, sendo os máis novos os que
presentan máis problemas.
![Page 19: SICRI-2017 nunha ollada - SERGAS · • Este documento non inclúe recomendacións nin reflexións sobre os resultados. • A medida que haxa información mais detallada sobre algún](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022042307/5ed323e78356bf248b56e207/html5/thumbnails/19.jpg)
Nunha ollada 2017
PORCENTAXE DE PERSOAS QUE GASTAN
CARTOS EN XOGOS DE AZAR
6 de cada 10 galegos gastan cartos en xogos de azar
• O 58,1% dos galegos declaran que no último ano
gastaron cartos en xogos de azar como a lotería, as
máquinas tragaperras ou apostas por internet. A
prevalencia é máis alta entre os homes (64,6% vs.
52,2%) e no grupo de idade de 45-64 anos (67,9%).
• O 97,8% doas persoas que declaran que xogaron
no último ano fixérono a lotería, qu¡nielas, bonoloto
ou cupón. A porcentaxe que declara facer apostas
por internet é do 1,9% e o 0,8% xogaba nas
máquinas tragaperras. Estas dúas formas de xogo
concéntranse nos homes de 16-24 anos, cunhas
prevalencias do 26,3% e do 6,3%, respectivamente.
• O 0,8% dos homes galegos teñen un
comportamento patolóxico en relación co xogo,
segundo a súa puntuación no SOGS, o
comportamento que non se observa entre as
mulleres.