tema 6.- estado e nación na restauración borbónica. [1875 ... bac tema... · que é pr...

18
2º BAC - Tema 6 - páx. 1 Tema 6.- Estado e nación na Restauración borbónica. [1875-1931] Introdución. [páx. 208-209] A Restauración constitúe unha longa e complexa etapa histórica da España contemporánea, que se estende desde o pronunciamento do xeneral Arsenio Martínez Campos en decembro de 1874 ata o golpe de Estado do xeneral Miguel Primo de Rivera en setembro de 1923. Os historiadores adoitan dividila en dous períodos, vinculados co monarca reinante e as condicións nas que se desenvolve o sistema: T 1875-1902: período de establecemento e consolidación do réxime da Restauración borbónica. Nel sucédense dous reinados: Reinado de Alfonso XII (1875-1885), durante o cal se configuraron os trazos básicos do sistema. Rexencia da súa viúva María Cristina de Habsburgo (1885-1902), durante a cal o sistema funcionou sen grandes problemas, ata que a fin de século a perda das últimas colonias ultramarinas (o desastre do 98) destapou as contradicións e desequilibrios do mesmo. T 1902-1923: período de deterioro progresivo e sucesivo dos piares do sistema, que remata coa crise da Restauración e o golpe de Estado de Primo de Rivera, o cal implantou un réxime ditatorial. Coincide co reinado persoal de Alfonso XIII (1902-1931). C Tras o período da Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) ábrese unha breve etapa en que a monarquía intentou restablecer o sistema, tentativa que rematou en fracaso cando as eleccións de abril de 1931 deron paso á segunda experiencia republicana en España. 1.- O sistema político da Restauración. 1.1.- O proceso de restauración monárquica. A restauración da monarquía en España foi un proceso coidadosamente preparado polo político conservador Antonio Cánovas del Castillo durante o período do Sexenio Democrático (1868-1874). T En xuño de 1870 logrou que Isabel II, exiliada en París e odiada pola meirande parte dos políticos e militares españois, abdicase no seu fillo Alfonso; pouco a pouco foi conseguindo apoios para el: gran parte do exército, a burguesía catalá, a aristocracia madrileña, os círculos conservadores (militares, relixiosos e empresariais) españois e ultramarinos de Cuba... sectores que temían que as graves tensións políticas e sociais que experimentaba o país provocasen a desintegración de España e a revolución social. C Cánovas pretendía que o restablecemento da dinastía borbónica se producise como resultado dun clamor nacional ante o clima de anarquía que padecía a República, e presentou o príncipe Alfonso como un futuro monarca respectuoso co sistema constitucional e liberal. O propio Cánovas redactou un documento que firmou don Alfonso e que se publicou o 1 de decembro de 1874: o Manifesto de Sandhurst (nome da Academia Militar inglesa na que estudaba o príncipe)[doc. 37 páx. 200], que anticipaba as ideas básicas do proxecto restaurador: carácter aberto e integrador da monarquía constitucional, necesidade de compatibilizar liberalismo e tradición católica, orde, patriotismo, e superación das Constitucións precedentes (a moderada de 1845 e a democrática de 1869). C Porén, a restauración borbónica produciuse mediante un pronunciamento militar clásico: o 29 de decembro de 1874 o xeneral Arsenio Martínez Campos pronunciouse en Sagunto (Valencia), declarando a Alfonso XII rei de España. O Goberno de Serrano e Sagasta dimitiu e cedeu os seus poderes ao propio Cánovas, o cal formou un Ministerio-Rexencia que asumiu provisionalmente o poder ata a chegada de Alfonso XII a Madrid (14 de xaneiro de 1875). Remataba así a curta experiencia republicana en España e comezaba unha nova etapa: a Restauración. Cánovas era un liberal moderado, firme defensor dos principios do liberalismo doutrinario, pero tamén un político pragmático e posibilista, que perseguía dous obxectivos: garantir a estabilidade da monarquía borbónica e evitar as loitas violentas entre as distintas faccións liberais que, ao longo do século XIX, recorreran ao pronunciamento e aos cambios de Constitución para controlar o poder. C Na súa concepción política existen dous principios indiscutibles: a Coroa e as Cortes. Para el, a Coroa representa a tradición e a autoridade, mentres que as Cortes representan a liberdade e a vontade do pobo; ambas se contrapoñen e se equilibran, conforman a soberanía e colaboran no exercicio do poder. A Coroa debe ser a peza clave do sistema, o árbitro da vida política e o garante da orde social vixente. Unha vez asegurado o principio monárquico hereditario e as súas prerrogativas políticas, todo o demais pode ser obxecto de discusión e elaboración nas Cortes. Para asegurar estes principios, Cánovas deseñou un sistema político que será coñecido como sistema da Restauración ou sistema canovista. Os mecanismos que permitiron o seu funcionamento foron, esencialmente: C A aceptación dunha monarquía constitucional doutrinaria como forma de Estado, recollida explicitamente na Constitución de 1876. C A quenda pacífica e de mutuo acordo entre as forzas monárquicas, agrupadas en torno a dous partidos dinásticos (como no modelo inglés): o Partido Conservador e o Partido Liberal, que se alternan á fronte do Goberno. C O falseamento sistemático das eleccións. Para desenvolver as súas funcións, o Goberno necesitaba contar cunha dobre confianza: a do monarca, que é preeminente, e a do Parlamento, que obrigaba ou ben a contar cunha maioría suficiente nas Cortes, ou ben a fabricala mediante a obtención duns resultados favorables nas eleccións; isto implica, necesariamente, a manipulación do voto mediante a fraude electoral e o caciquismo. C O transaccionismo (interpretación flexible das leis) en materia de dereitos e liberdades. C Supremacía do poder civil sobre o militar: o exército debía quedar á marxe da política; a cambio tería autonomía nos seus asuntos internos. 1.2.- As bases do sistema político da Restauración. A.- A Constitución de 1876. [le o documento 1 da páxina 211] O sistema político da Restauración fundaméntase legalmente na Constitución de 1876, a cal estableceu un réxime parlamentario liberal pero escasamente democrático, que pretendía superar os problemas endémicos do liberalismo español do século XIX: os enfrontamentos entre os partidos liberais, a continua intervención dos militares na vida política e a proliferación de enfrontamentos civís. C Cando Alfonso XII regresou a España nomeou presidente do Goberno a Cánovas. Para asentar as bases do sistema, Cánovas convocou eleccións a Cortes constituíntes, eleccións que se fixeron por sufraxio universal en xaneiro de 1876 e foron gañadas polo partido do Goberno. As novas Cortes aprobaron o texto constitucional, que fora elaborado por un grupo de ex-parlamentarios (Comisión dos Trinta e Nove). Caracterízase por ser: T Breve (só 89 artigos), flexible (facilmente modificable) e deliberadamente ambigua, coa intención de permitir o exercicio de diferentes programas dentro do sistema monárquico constitucional. Nela tiveron cabida todas as tendencias políticas, agás os carlistas e os republicanos. T Estable: estivo vixente -polo menos teoricamente- desde a súa aprobación en 1876 ata 1923. T Síntese da Constitución moderada de 1845 -soberanía, división de poderes...- e da democrática de 1869 -declaración de dereitos-.

Upload: vodung

Post on 11-Nov-2018

220 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tema 6.- Estado e nación na Restauración borbónica. [1875 ... BAC tema... · que é pr eeminente, e a do Pa rlamento, que obr igaba ou b en a cont ar cunha maior ía suficiente

2º BAC - Tema 6 - páx. 1

Tema 6.- Estado e nación na Restauración borbónica. [1875-1931]

Introdución. [páx. 208-209]

� A Restauración constitúe unha longa e complexa etapa histórica da España contemporánea, que se estende desde o pronunciamento do xeneralArsenio Martínez Campos en decembro de 1874 ata o golpe de Estado do xeneral Miguel Primo de Rivera en setembro de 1923. Os historiadoresadoitan dividila en dous períodos, vinculados co monarca reinante e as condicións nas que se desenvolve o sistema:T 1875-1902: período de establecemento e consolidación do réxime da Restauración borbónica. Nel sucédense dous reinados:

– Reinado de Alfonso XII (1875-1885), durante o cal se configuraron os trazos básicos do sistema.– Rexencia da súa viúva María Cristina de Habsburgo (1885-1902), durante a cal o sistema funcionou sen grandes problemas, ata que a fin

de século a perda das últimas colonias ultramarinas (o desastre do 98) destapou as contradicións e desequilibrios do mesmo.T 1902-1923: período de deterioro progresivo e sucesivo dos piares do sistema, que remata coa crise da Restauración e o golpe de Estado de

Primo de Rivera, o cal implantou un réxime ditatorial. Coincide co reinado persoal de Alfonso XIII (1902-1931).C Tras o período da Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) ábrese unha breve etapa en que a monarquía intentou restablecer o sistema, tentativa

que rematou en fracaso cando as eleccións de abril de 1931 deron paso á segunda experiencia republicana en España.

1.- O sistema político da Restauración.

1.1.- O proceso de restauración monárquica.

� A restauración da monarquía en España foi un proceso coidadosamente preparado polo político conservador Antonio Cánovas del Castillo duranteo período do Sexenio Democrático (1868-1874).T En xuño de 1870 logrou que Isabel II, exiliada en París e odiada pola meirande parte dos políticos e militares españois, abdicase no seu fillo

Alfonso; pouco a pouco foi conseguindo apoios para el: gran parte do exército, a burguesía catalá, a aristocracia madrileña, os círculosconservadores (militares, relixiosos e empresariais) españois e ultramarinos de Cuba... sectores que temían que as graves tensións políticas esociais que experimentaba o país provocasen a desintegración de España e a revolución social.

C Cánovas pretendía que o restablecemento da dinastía borbónica se producise como resultado dun clamor nacional ante o clima de anarquía quepadecía a República, e presentou o príncipe Alfonso como un futuro monarca respectuoso co sistema constitucional e liberal. O propio Cánovasredactou un documento que firmou don Alfonso e que se publicou o 1 de decembro de 1874: o Manifesto de Sandhurst (nome da Academia Militaringlesa na que estudaba o príncipe)[doc. 37 páx. 200], que anticipaba as ideas básicas do proxecto restaurador: carácter aberto e integrador da

monarquía constitucional, necesidade de compatibilizar liberalismo e tradición católica, orde, patriotismo, e superación das Constituciónsprecedentes (a moderada de 1845 e a democrática de 1869).

C Porén, a restauración borbónica produciuse mediante un pronunciamento militar clásico: o 29 de decembro de 1874 o xeneral Arsenio MartínezCampos pronunciouse en Sagunto (Valencia), declarando a Alfonso XII rei de España. O Goberno de Serrano e Sagasta dimitiu e cedeu os seuspoderes ao propio Cánovas, o cal formou un Ministerio-Rexencia que asumiu provisionalmente o poder ata a chegada de Alfonso XII a Madrid (14de xaneiro de 1875). Remataba así a curta experiencia republicana en España e comezaba unha nova etapa: a Restauración.

� Cánovas era un liberal moderado, firme defensor dos principios do liberalismo doutrinario, pero tamén un político pragmático e posibilista, queperseguía dous obxectivos: garantir a estabilidade da monarquía borbónica e evitar as loitas violentas entre as distintas faccións liberais que, aolongo do século XIX, recorreran ao pronunciamento e aos cambios de Constitución para controlar o poder.

C Na súa concepción política existen dous principios indiscutibles: a Coroa e as Cortes. Para el, a Coroa representa a tradición e a autoridade, mentresque as Cortes representan a liberdade e a vontade do pobo; ambas se contrapoñen e se equilibran, conforman a soberanía e colaboran no exerciciodo poder. A Coroa debe ser a peza clave do sistema, o árbitro da vida política e o garante da orde social vixente. Unha vez asegurado o principiomonárquico hereditario e as súas prerrogativas políticas, todo o demais pode ser obxecto de discusión e elaboración nas Cortes.

� Para asegurar estes principios, Cánovas deseñou un sistema político que será coñecido como sistema da Restauración ou sistema canovista. Osmecanismos que permitiron o seu funcionamento foron, esencialmente:

C A aceptación dunha monarquía constitucional doutrinaria como forma de Estado, recollida explicitamente na Constitución de 1876.C A quenda pacífica e de mutuo acordo entre as forzas monárquicas, agrupadas en torno a dous partidos dinásticos (como no modelo inglés): o Partido

Conservador e o Partido Liberal, que se alternan á fronte do Goberno.C O falseamento sistemático das eleccións. Para desenvolver as súas funcións, o Goberno necesitaba contar cunha dobre confianza: a do monarca,

que é preeminente, e a do Parlamento, que obrigaba ou ben a contar cunha maioría suficiente nas Cortes, ou ben a fabricala mediante a obtenciónduns resultados favorables nas eleccións; isto implica, necesariamente, a manipulación do voto mediante a fraude electoral e o caciquismo.

C O transaccionismo (interpretación flexible das leis) en materia de dereitos e liberdades.C Supremacía do poder civil sobre o militar: o exército debía quedar á marxe da política; a cambio tería autonomía nos seus asuntos internos.

1.2.- As bases do sistema político da Restauración.

A.- A Constitución de 1876. [le o documento 1 da páxina 211]

� O sistema político da Restauración fundaméntase legalmente na Constitución de 1876, a cal estableceu un réxime parlamentario liberal peroescasamente democrático, que pretendía superar os problemas endémicos do liberalismo español do século XIX: os enfrontamentos entre ospartidos liberais, a continua intervención dos militares na vida política e a proliferación de enfrontamentos civís.

C Cando Alfonso XII regresou a España nomeou presidente do Goberno a Cánovas. Para asentar as bases do sistema, Cánovas convocou elecciónsa Cortes constituíntes, eleccións que se fixeron por sufraxio universal en xaneiro de 1876 e foron gañadas polo partido do Goberno. As novas Cortesaprobaron o texto constitucional, que fora elaborado por un grupo de ex-parlamentarios (Comisión dos Trinta e Nove). Caracterízase por ser:T Breve (só 89 artigos), flexible (facilmente modificable) e deliberadamente ambigua, coa intención de permitir o exercicio de diferentes

programas dentro do sistema monárquico constitucional. Nela tiveron cabida todas as tendencias políticas, agás os carlistas e os republicanos.T Estable: estivo vixente -polo menos teoricamente- desde a súa aprobación en 1876 ata 1923.T Síntese da Constitución moderada de 1845 -soberanía, división de poderes...- e da democrática de 1869 -declaración de dereitos-.

Page 2: Tema 6.- Estado e nación na Restauración borbónica. [1875 ... BAC tema... · que é pr eeminente, e a do Pa rlamento, que obr igaba ou b en a cont ar cunha maior ía suficiente

2º BAC - Tema 6 - páx. 2

CADRO RESUME DA CONSTITUCIÓN DE 1876 [30 de xuño]

PRINCIPIOS

POLÍTICOS

Réxime liberal doutrinario / Soberanía compartida entre o rei e as Cortes (preponderancia do monarca) / Declaraba que o Estado era confesional e encomendábaselle o

mantemento do culto, pero introducía a liberdade de conciencia e de culto, se ben limitada ás manifestacións privadas

XEFATURA DO

ESTADO

Monarquía moderada e hereditaria. A persoa do Rei é sagrada e inviolable. Prerrogativas: posúe iniciativa legal, sanciona e promulga as leis / dereito de veto unha vez por

lexislatura / convoca, suspende e disolve as Cortes á súa vontade / nomea xefe do Goberno para que este execute as decisións / posúe o mando supremo das forzas armadas

e dirixe a política internacional...

Poder executivo Reside no Rei e os seus ministros, nomeados e destituídos libremente por el. Os ministros referendan os actos executivos e asumen a responsabilidade dos mesmos

PODER

LEXISLATIVO

Reside nas Cortes co Rei. As Cortes constan de dúas cámaras: Congreso elixido cada 5 anos a razón de un deputado por cada 50.000 habitantes. A lei electoral de 1878

estableceu o sufraxio censatario ata 1890 en que se implantou o sufraxio universal masculino / Senado composto por varios tipos de senadores: senadores por dereito propio

(herdeiros do rei, Grandes de España, altos cargos do exército, a Igrexa e a administración... + senadores nomeados pola Coroa + senadores elixidos polas corporacións e

os maiores contribuíntes / As dúas cámaras tiñan iniciativa legal compartida co rei / Non se especifican os procedementos de control do Goberno polas Cortes Y as Cortes tiñan

un papel subordinado en relación coa Coroa

Poder xudicial Os tribunais administran a xustiza en nome do rei, pero non se fala de poder xudicial como tal. Desaparecen os xuízos por xurados

RÉXIME LOCALNon se precisa na Constitución, a cal remite a leis posteriores. Estas establecerán un modelo de Estado unitario e centralista Y abolición dos foros vascos en 1876.

Sistema centralizado: control de Concellos e Deputacións polo Goberno Y Lei Municipal de 1877

DEREITOS

INDIVIDUAIS

Declaración de dereitos formalmente semellante á de 1869: hábeas corpus / inviolabilidade do domicilio e da correspondencia / liberdade de expresión, reunión e asociación

/ liberdade de residencia, de ensino, de profesión... Porén, o exercicio concreto dos mesmos remítese a leis posteriores que, polo xeral, tenderon a restrinxilos (dereitos de

imprenta, de expresión, de reunión e asociación...), retardaron a súa entrada en vigor, ou mesmo suspenderon os máis importantes (mediante o estado de excepción)

B.- Bipartidismo e quenda pacífica.

� O sistema da Restauración baseábase no bipartidismo, isto é, a existencia de dous grandes partidos dinásticos -un no Goberno e outro na oposición-que se alternarían de forma tácita e pacífica no exercicio do poder: o Partido Conservador e o Partido Liberal.

C Caracteres comúns:T Ideoloxía similar: defendían a monarquía, a Constitución, a propiedade privada, un Estado liberal unitario e centralista...T Eran partidos de minorías, de notables e camarillas provinciais, cunha estrutura débil e programas difusos e pobres.T Extracción social: as elites económicas e as clases medias acomodadas.

C En canto á súa actuación política, as diferenzas entre os partidos eran mínimas:T Os conservadores amosábanse máis proclives ao inmobilismo político e á defensa da Igrexa e da orde social, mentres os liberais defendían un

certo reformismo social, o impulso da educación e un relativo laicismo.T Pero, na práctica, a actuación de ambos partidos no poder non difería moito, ao existir un acordo tácito de non promulgar endexamais unha

lei que forzase o outro partido a derrogala cando volvese ao goberno.C Partido Conservador (liderado por Antonio Cánovas del Castillo): formado polos antigos moderados e unionistas, máis un sector católico. Aglutinaba

os grupos sociais máis tradicionais: aristocracia terratenente, alta burguesía, altos funcionarios e oficialidade superior do exército... Defendía osufraxio censatario, a confesionalidade católica do Estado, o proteccionismo, a restrición das liberdades individuais...

C Partido Liberal (liderado por Práxedes Mateo Sagasta): formado polos antigos progresistas, demócratas monárquicos e republicanos moderados.Apoiábase na burguesía industrial e parte da poboación urbana. Defendía o sufraxio universal, a liberdade pública e privada de cultos, olibrecambismo, a ampliación das liberdades individuais...

� Conservadores e liberais argallaron o sistema da quenda pacífica ou alternancia regular no poder. O sistema funcionaba da seguinte maneira:C Cando un Goberno esgotara o período que pode considerarse normal dentro da mecánica do turno, tiña dificultades para gobernar ou sufrira un

forte desgaste político coa resolución dun conflito, o rei nomeaba presidente de Goberno ao xefe do partido que estaba na oposición. Para quepuidese gobernar cun amplo apoio parlamentario, o rei concedíalle tamén o decreto de disolución das Cortes.

C Desde o poder, o novo Goberno convocaba e preparaba as eleccións, que necesariamente tiña que gañar para ter maioría nas Cortes, cousa quesempre sucedía, grazas á manipulación do voto. O sistema invertía os termos propios dun sistema parlamentario: non eran as eleccións as queformaban o Goberno, senón o Goberno o que fabricaba unhas eleccións (e por tanto unhas Cortes) á súa medida. Deste modo, entre 1875 e 1902,a meirande parte dos Gobernos foron presididos, de forma alternativa, por Cánovas e Sagasta.

C.- Oligarquía, fraude electoral e caciquismo.

� A necesidade que tiñan os Gobernos da Restauración de gañar as eleccións e ter a maioría nas Cortes, provocou o seu falseamento sistemático epermanente. A alternancia no goberno foi posible grazas a un sistema electoral corrupto e manipulador, que funcionaba de arriba abaixo. Estabaorganizado en tres niveis:

C Na cúspide estaba a oligarquía dirixente, entre a que se escollían os candidatos. Esta oligarquía estaba formada pola minoría política de Madrid -oshomes dos partidos, senadores, deputados, ministros, propietarios de periódicos...- estreitamente conectada, tanto pola súa procedencia socialcomo polas súas relacións familiares e persoais, cos grupos dominantes locais: donos de negocios, de fábricas e terras.

C En posición intermedia situábase o Gobernador civil de cada provincia: baixo a orde do ministro de Gobernación, colaboraba na elaboración doencadramento [encasillado], isto é, a distribución e colocación dos candidatos ministeriais e da oposición nas diferentes circunscricións electorais.Para que os planos se cumpriran debían colaborar os alcaldes e a Garda Civil:T Os alcaldes eran nomeados polo Goberno e encargábanse do desenvolvemento do proceso electoral.T A Garda Civil encargábase de manter a orde e de evitar as accións dos opositores.

C Na base deste sistema piramidal estaba o cacique, personaxe que gozaba dunha grande influencia sobre as autoridades e os veciños dunha comarcaou territorio, sobre todo rural, e que empregaba esta influencia para garantir o triunfo do candidato do Goberno.

Page 3: Tema 6.- Estado e nación na Restauración borbónica. [1875 ... BAC tema... · que é pr eeminente, e a do Pa rlamento, que obr igaba ou b en a cont ar cunha maior ía suficiente

2º BAC - Tema 6 - páx. 3

� A fraude electoral era sistemática: a manipulación iniciábase coa distribución das circunscricións electorais.T A lei electoral de 1878 establecía dous tipos de unidades electorais: distritos uninominais nas zonas rurais e semi-rurais: elixían só un deputado

e representaban ao 83% dos electores / circunscricións nas grandes cidades e capitais de provincia: elixían de 3 a 8 deputados; representabanao 17% do electorado. Neste último caso, formaban parte da circunscrición tamén os pobos próximos á capital, de tal xeito que, na meirandeparte dos casos, o número de votantes rurais superaba aos da cidade; nestas condicións, os resultados dependían fundamentalmente do votorural, facilmente manipulable polos caciques e terratenentes.

C Calquera método era válido para conseguir o resultado electoral desexado:T Compra de influencias, concesión de prebendas, oportuna resolución de problemas persoais ou colectivos...T Coaccións físicas ou económicas, anulación da propaganda dos opositores, encarceramento dos considerados revoltosos...T Manipulación do censo, resurrección de mortos, falsificación de personalidades, alteración de horarios e convocatorias...T Roubo, ruptura, destrución ou falsificación masiva de actas. Esta última práctica é coñecida como pucheirazo: substitución masiva dos votos

emitidos no pucheiro ou urna electoral en beneficio do candidato oficial.

� En último termo, o sistema sustentábase no caciquismo, concepto que podemos definir como a práctica política que falsea a democraciaparlamentaria mediante o control e manipulación sistemática das eleccións polos caciques en conivencia co Goberno.

C Os caciques eran individuos ou familias que, polo seu poder económico ou polas súas influencias políticas, controlaban unha determinadacircunscrición electoral. O caciquismo era máis evidente nas zonas rurais, onde unha boa parte da poboación estaba supeditada aos intereses doscaciques, os que, grazas ao control dos concellos, facían informes e certificados persoais, controlaban o sorteo das quintas, propoñían o repartodas contribucións, podían resolver ou complicar os trámites burocráticos e administrativos e proporcionaban postos de traballo.

C O dominio que o cacique exercía na súa circunscrición (o seu feudo) mediante os favores que repartía ou as represalias que podía tomar sobre osveciños (os seus servos), permitía fabricar resultados electorais á medida do partido que acababa de asumir o poder. O reparto aproximado era:60-70% de actas de deputados para o partido no poder, 20-30% para o partido na oposición.

C A forza do caciquismo permitía que moitos distritos fosen sempre controlados pola mesma familia, ou saíse sempre elixida a mesma persoa (distritosenfeudados). O sistema caciquil estivo moi arraigado en Galicia.

En síntese, o réxime político dominante na Restauración borbónica foi unha Monarquía constitucional doutrinaria favorable aos intereses sociais,políticos e económicos da oligarquía (alta burguesía, aristocracia e xerarquía eclesiástica) que mantivo fóra do xogo político á maioría do país. Un réximesen democracia, pseudoparlamentario, cunha clase política formada por camarillas de notables unidos para poder ocupar os cargos públicos nun Estado(invertebrado e débil) no que o caciquismo constituía a verdadeira estrutura do goberno dos pobos. Un réxime que mostraba o profundo egoísmo socialdos grupos dominantes, que só querían asegurar o monopolio do poder e garantir a súa hexemonía social e económica.

1.3.- A oposición ao sistema: os partidos antidinásticos.

� O sistema da Restauración marxinou da vida política a amplos sectores sociais, que optaron pola abstención ou pola oposición.T Reprimiu e marxinou a carlistas e republicanos, que foron considerados por Cánovas "inimigos do Estado". Tamén foron excluídos os

rexionalistas, que cuestionaban a administración centralista, e as organizacións obreiras, contrarias á orde liberal e capitalista.T Estas forzas opositoras foron débiles e incapaces de beneficiarse da corrupción do sistema e da indiferenza política da maioría da poboación.

A súa diversidade e as súas divisións internas impedíronlles presentar una alternativa coherente ao réxime.

A.- O carlismo.

� A derrota militar en 1876 supuxo a crise, escisión e reorganización interna do carlismo, que comezou a participar na vida política e situouse naextrema dereita do arco parlamentario. Nun primeiro momento, moitos efectivos carlistas exiliáronse en Francia, desde onde tramaron diversasconspiracións fracasadas para asentar o seu candidato Don Carlos de Borbón [Carlos VII] no trono de España. Ademais, o Vaticano e a xerarquíaeclesiástica apoiaron publicamente a Alfonso XII, polo cal o carlismo perdeu influencia social e quedou reducido a un movemento ideolóxicomarxinal, circunscrito ao País Vasco e a Navarra, zonas de gran arraigo do foralismo católico.

C En 1888 consumouse a disgregación do carlismo en varias tendencias, entre as que cabe citar:T Os integristas, encabezados por Ramón Nocedal, que fundou o Partido Católico Nacional, caracterizado polo antiliberalismo, a intransixencia

católica, o tradicionalismo e o retraemento da vida política.T Os neocatólicos, partidarios de se adaptar á nova situación e de participar na vida política. Esta corrente estivo apoiada pola xerarquía católica.

A súa expresión organizativa foi o partido Unión Católica (1881), dirixido por Alejandro Pidal, que participou nalgúns dos Gobernosconservadores de Cánovas e que acabaría integrándose no Partido Conservador.

B.- O republicanismo.

� O republicanismo saíu moi prexudicado da fracasada experiencia da Primeira República: perdeu apoios sociais, foi duramente reprimido polasinstitucións e fragmentouse en varias tendencias. En cambio, o ideario republicano, baseado nunha posición anticlerical, na fe no progreso e nadefensa de políticas reformistas en materia social, mantívose vivo nos casinos e ateneos, na prensa e nos sectores intelectuais e universitarios.

C Os republicanos agrupáronse en diferentes correntes doutrinais e políticas arredor dos antigos líderes do Sexenio. As grandes diverxencias xirabanen torno á organización centralista ou federal do Estado, e á estratexia para alcanzar o poder (a insurrección ou os medios electorais).T Federalistas [Partido Republicano Federal]. Liderados por Francesc Pi i Margall, inclináronse cara a posicións socializantes e encontraron eco

entre sectores populares urbanos de Cataluña e do litoral valenciano.T Unitarios. [Partido Republicano Centralista]. Liderados por Nicolás Salmerón, eran partidarios da unidade territorial e política do Estado e

representaban o liberalismo dun sector da intelectualidade burguesa.T Radicais [Partido Republicano Progresista]. Dirixidos desde o exilio por Manuel Ruiz Zorrilla, defendían a república unitaria, eran partidarios da

loita armada, e protagonizaron varias insurreccións entre 1875 e 1886, que remataron en fracaso.T Posibilistas [Partido Republicano Posibilista]. Grupo minoritario conservador, liderado por Emilio Castelar, inclinouse polo posibilismo: forma

de actuación política que renuncia á coherencia ideolóxica para conseguir acordos con outros grupos políticos co fin de obter resultadosprácticos. Participou no xogo político da Restauración e acabou por integrarse no Partido Liberal en 1893.

C Entre 1886 e 1906: intentos fracasados de unión dos republicanos, que non terían influencia política ata as primeiras décadas do século XX.

Page 4: Tema 6.- Estado e nación na Restauración borbónica. [1875 ... BAC tema... · que é pr eeminente, e a do Pa rlamento, que obr igaba ou b en a cont ar cunha maior ía suficiente

2º BAC - Tema 6 - páx. 4

2.- O funcionamento do sistema. Evolución política entre 1875 e 1902.

� Entre 1875 e 1902, durante o reinado de Alfonso XII e a rexencia da súa viúva María Cristina de Habsburgo (ata a maioría de idade de Alfonso XIII),o réxime político ideado por Cánovas funcionou sen grandes sobresaltos internos: os reis mantivéronse na máis estrita legalidade constitucional,exerceron as súas atribucións a través dos seus ministros, realizouse con regularidade a quenda pacífica dos partidos dinásticos no Goberno, asforzas monárquicas estiveron agrupadas en torno aos seus líderes...

2.1.- O reinado de Alfonso XII. 1875-1885.

A.- O dominio do Partido Conservador (1875-1881).

� O reinado de Alfonso XII iniciouse coa hexemonía do Partido Conservador, que gobernou entre 1875 e 1881. Esta etapa é coñecida como ditaduracanovista polo forte carácter autoritario do goberno de Cánovas. O seu obxectivo era dobre: garantir a consolidación da monarquía que se acababade restaurar e construír un sistema político de orde e fortemente centralizado.

� Paralelamente á elaboración da Constitución, o Goberno e os militares realizaron novas ofensivas contra os carlistas e os independentistas cubanos,para concluír estes conflitos pendentes desde a época do Sexenio e lograr a pacificación do reino:

C A guerra carlista rematou coa derrota de Carlos VII en febreiro de 1876, tras a toma de Montejurra e Estella (Navarra), derradeiros núcleos daresistencia carlista. Con esta terceira derrota, o carlismo entrou nunha fase de decadencia e reaxuste interno, sen capacidade para a vía militar.

C A guerra de Cuba adquiriu un novo rumbo co envío de tropas en 1876 ao mando do xeneral Arsenio Martínez Campos, que conseguiu notables éxitoscontra os insurrectos. As súas xestións permitiron asinar a paz en febreiro de 1878 (Paz de Zanjón), a cal poñía fin a un conflito que provocara máisde 100.000 mortos. España concedía unha ampla amnistía e prometía realizar reformas administrativas e políticas en beneficio da illa.T Pero a tensión non desapareceu e deu lugar a novas rebelións, rapidamente reprimidas (guerra chiquita de 1879-1880). Para sosegar a rebeldía,

entre 1880 e 1886, as autoridades españolas foron suprimindo progresivamente a escravitude aínda vixente en Cuba.C A fin das guerras conferiu a Alfonso XII o título de rei pacificador.

� Así mesmo, seguindo a tradición predominante no liberalismo español, Cánovas e os conservadores impuxeron un modelo de Estado unitario ecentralista, que foi apoiado polos liberais. As medidas fundamentais foron:

C A abolición dos privilexios forais vascos. A nova derrota do carlismo permitiu ao Goberno abolir definitivamente os privilexios das provincias vascas:a lei de 21 de xullo de 1876 eliminaba as súas peculiaridades administrativas e quedaban sometidas ao sistema común de impostos e derecrutamento de homes para o exército. Pero en 1878, o poder central subscribiu con esas provincias os concertos económicos: o Estado fixaba uncupo anual que as deputacións vascas debían pagar; a cambio tiñan autonomía fiscal para impoñer tributos e administrar os seus recursos.

C Control dos concellos polo Goberno. A lei municipal de 1877 eliminou a autonomía dos concellos e a elección popular dos alcaldes. O novo sistemaestableceu a designación e nomeamento polo Goberno dos alcaldes das capitais de provincia e das principais cidades, mentres os gobernadorescivís, baixo as ordes do Ministerio de Gobernación, se encargaban de controlar o resto dos alcaldes e a xestión dos concellos.

� Esta etapa caracterizouse por unha interpretación restritiva dos dereitos e liberdades, que se plasmou en medidas como:C Supresión do sufraxio universal masculino: a lei electoral de 1878 reduciu o censo de votantes aos homes maiores de 25 anos que pagasen ao

Tesouro 25 pesetas anuais por contribución territorial; isto supuña privar do dereito ao voto a cinco de cada seis cidadáns.C Control da liberdade de expresión: estableceuse unha férrea censura de prensa, sobre todo a republicana, con peches, suspensións e xuízos.C Restrición da liberdade de reunión e asociación: a lei de xuño de 1880 establecía unha división de partidos en legais e ilegais, o que daba marxe de

manobra ao Goberno para reprimir a oposición. Esta lei foi derrogada en 1881 polo Partido Liberal de Sagasta.C A política educativa do ministro Manuel Orovio esixiu aos profesores universitarios que xurasen fidelidade ao Goberno e se ativesen nas súas

ensinanzas ás normas oficiais establecidas. Esta medida levou a desposuír das súas cátedras a varios catedráticos seguidores da pedagoxía krausistacomo Francisco Giner de los Ríos, Gumersindo Azcárate ou Nicolás Salmerón, quen en 1876 fundaron a Institución Libre de Ensinanza (ILE).

B.- O inicio da quenda. O Goberno do Partido Liberal (1881-1884).

� En 1881 Alfonso XII nomeou xefe de Goberno a Sagasta, líder do Partido Liberal, producíndose así a primeira alternancia pacífica. Sagasta inicioua apertura do réxime cunha serie de medidas entre as que destacan:T Nova lei de imprenta (1883): suprimiu as leis especiais que limitaban a liberdade de prensa, o cal favoreceu a liberdade de expresión.T Autorizou a actividade legal das forzas opositoras republicanas e das asociacións obreiras.T Adoptou unha política librecambista, que provocou a oposición dos industriais cataláns e vascos, que se beneficiaban da protección dos seus

produtos fronte ás importacións.T Permitiu o retorno ás súas cátedras dos profesores membros da ILE, pero non reduciu a crecente presenza da Igrexa no sistema educativo.

C O Partido Liberal tivo que enfrontarse ás disensións internas (escisións dentro do partido) e ao incremento da axitación social e política:T Entre todos estes conflitos destacan os disturbios e protestas no campo andaluz, que acadaron gran virulencia en 1883: foron as accións da Man

Negra, unha suposta sociedade secreta anarquista, en Cádiz e Xerez; ademais, o intento de pronunciamento republicano de agosto de 1883.O Goberno reaccionou con dureza: reprimiu as protestas populares e procesou os golpistas, para os que solicitou penas de morte e exilio.

T Estes problemas provocaron a destitución de Sagasta, e o rei chamou de novo a Cánovas para formar Goberno en 1884.

2.2.- A rexencia de María Cristina de Habsburgo (1885-1902).

� O mércores 25 de novembro de 1885 morreu o rei Alfonso XII a causa dunha tuberculose, cando lle faltaban tres días para cumprir 28 anos. Ofalecemento provocou unha gran incerteza; a súa viúva María Cristina, coa que xa tivera dúas fillas, estaba embarazada. Ante esta situación, oslíderes dos partidos dinásticos acordaron, por un lado, garantir a permanencia do réxime e a vixencia da quenda pacífica no Goberno, e, por outro,agardar a proclamar o herdeiro, por se a criatura que ía nacer fose un varón e para evitar calquera intento de insurrección por parte dos carlistasou dos republicanos; este acordo coñécese como o Pacto do Pardo. Como ratificación do acordo, Cánovas dimitiu e Sagasta foi de novo chamadoa gobernar pola raíña rexente; o sistema da quenda pacífica quedaba así definitivamente consolidado.

Page 5: Tema 6.- Estado e nación na Restauración borbónica. [1875 ... BAC tema... · que é pr eeminente, e a do Pa rlamento, que obr igaba ou b en a cont ar cunha maior ía suficiente

2º BAC - Tema 6 - páx. 5

C O 17 de maio de 1886 naceu Alfonso XIII, novo rei de España. Ata a súa maioría de idade (1902) gobernou como rexente a súa nai María Cristinade Habsburgo. Aínda que foi unha etapa de continuidade do sistema, os Gobernos da quenda tiveron que facer fronte a novos problemas: aconflitividade social rural e urbana; o impacto do terrorismo anarquista; a crise agraria de finais de século (crise ceralística e crise da viticultura),as divisións internas nos partidos dinásticos; o xurdimento dos nacionalismos; e, sobre todo, a perda das últimas colonias de ultramar en 1898.

A.- As reformas de Sagasta.

� 1885-1890: Goberno Longo do Partido Liberal. A estabilidade política e social permitiu aos Gobernos presididos por Sagasta introducir importantesreformas que ampliaron os dereitos e liberdades sen alterar os principios básicos do sistema (as prerrogativas da Coroa), e que na práctica resultaronviciadas polo poder do caciquismo, necesario para seguir gañando as eleccións. Entre estas reformas destacan:T Restableceu a liberdade de cátedra (anulada polos Gobernos conservadores) e ampliou a liberdade de imprenta, o que permitiu un gran

desenvolvemento da prensa escrita nos anos finais do século.T Lei de asociacións (1887): permitiu a legalización e desenvolvemento das organizacións obreiras, o cal posibilitou a celebración en 1888 dos

congresos fundacionais da Unión General de Trabajadores (UGT) e do PSOE (fundado na clandestinidade en 1879).T Lei de xuízos por xurado (1888): favoreceu a liberdade de prensa ao suprimir a censura previa.T Código Civil (1889): rematou o proceso de codificación do Estado liberal e consagrou a orde social burguesa, baseada na primacía da propiedade.T Lei electoral (1890): establecía o sufraxio universal masculino para os maiores de vinte e cinco anos. Esta medida non serviu para democratizar

o sistema, xa que os vellos mecanismos de manipulación electoral continuaron funcionando con normalidade.

B.- As dificultades do sistema.

� 1890-1902: Continuidade do turnismo. Pese ao sufraxio universal masculino, ambos líderes seguiron alternándose no poder, grazas ao caciquismo.T Entre 1890 e 1892 gobernaron os conservadores. Desta etapa o máis significativo foi a aprobación da lei de aranceis de 1891, mediante a cal

se establecía unha ríxida política proteccionista, demandada polos grandes propietarios cerealistas (Liga Agraria), os industriais téxtiles cataláns(Fomento del Trabajo Nacional), os siderúrxicos vascos (Liga Vizcaína de Productores) e os produtores de carbón, para facer fronte aos efectosda crise económica europea do último terzo do século XIX.

T Os liberais volveron a gobernar desde decembro de 1892. O máis destacado do mandato liberal foi o proxecto de reforma para a administracióne goberno das colonias (Cuba, Porto Rico e Filipinas), que coñecían entón un auxe dos movementos independentistas; foi presentado en 1893por Antonio Maura, ministro de Ultramar, pero tropezou coa oposición pechada dos intereses indianos, polo que acabou sendo retirado.

T En febreiro de 1895 (Goberno de Sagasta) produciuse a insurrección que daría lugar á guerra de Cuba. Este grave problema condicionou aevolución política dos anos finais do século XIX, e a marcha do conflito marcou a sucesión de Gobernos conservadores e liberais.

C Nesta última década do século, os Gobernos da quenda tiveron que afrontar o incremento das tensións internas, esencialmente:T Emerxencia de movementos de carácter rexionalista e nacionalista en Cataluña (Unió Catalanista), País Vasco (PNV) e Galicia.T Aumento da conflitividade social, tanto rural (axitacións e motíns dos xornaleiros, como en Xerez en 1892) como urbana (incremento de folgas

e protestas obreiras). A partir de 1890 as organizacións obreiras celebraron a xornada reivindicativa do Primeiro de Maio.T Sucesión de atentados anarquistas contra os representantes da orde burguesa, que provocaron graves alteracións da orde pública: atentado

contra o xeneral Martínez Campos (1893), bombas no teatro Liceo de Barcelona (1893) e na procesión do Corpus (1896)... O asasinato deCánovas, xefe de Goberno naquel momento, polo anarquista Michelle Angiolillo (8 de agosto de 1897), foi un duro golpe para o sistema. Conel desaparecía o principal piar do réxime, aínda que os mecanismos constitucionais seguiron funcionando contando con Sagasta.

3.- O Desastre de 1898. A perda das últimas colonias.

� A finais do século XIX o sistema da Restauración coñeceu a súa primeira gran crise: a perda das últimas colonias. Este feito desenvolveuse nuncontexto internacional caracterizado polo imperialismo colonial europeo: as grandes potencias forman imperios coloniais en todo o mundo.

C Situación de España: carencia dunha adecuada preparación militar / marxinación da política internacional de alianzas. Cánovas seguiu unha políticaillacionista; o partido liberal intentou incorporarse ao escenario internacional, pero só logrou algúns pactos.

3.1.- A marcha cara á guerra.

� Causas do estalido da insurrección cubana:C Incumprimento das promesas de autonomismo da Paz de Zanjón (1878), que puxera fin á primeira guerra de Cuba (1868-1878). As únicas medidas

que se aprobaron foron a abolición definitiva da escravitude (1886) e que os cubanos tivesen representación propia nas Cortes; as propostaspresentadas polos liberais (1893) para dotar a Cuba de autonomía e reformar o estatuto da colonia foron rexeitadas polas Cortes.

C Oposición de Cuba á política fortemente proteccionista imposta por España, que consideraba a illa como espazo reservado para os produtoresespañois e dificultaba mediante elevados aranceis o comercio cos Estados Unidos, principal comprador de produtos cubanos.

C Crecente intervencionismo dos Estados Unidos, que tiñan grandes intereses económicos e políticos na illa. Nos anos 90 os presidentes Cleveland(1892-96) e Mac Kinley (1896-1900) manifestaron publicamente e a través da prensa o seu desexo expansionista nas illas do Caribe e do Pacífico.

C Formación de partidos de carácter nacionalista que reclaman a independencia e lideran a guerra contra España: no ano 1892, José Martí fundouo Partido Revolucionario Cubano, protagonista da revolta independentista iniciada o 24 de febreiro de 1895 (o grito de Baire).

3.2.- A evolución da guerra en Cuba e Filipinas (1895-1898).

� A insurrección cubana (1895-1898):C A insurrección comezou na parte oriental da illa (cun levantamento coñecido como Grito de Baire) e entre os seus dirixentes contou con Antonio

Maceo e Máximo Gómez, que conseguiron estender a guerra á parte occidental da illa, tradicionalmente menos rebelde.C O Goberno, presidido por Cánovas, respondeu enviando un exército a Cuba ao mando do xeneral Martínez Campos, considerado o militar idóneo

para combinar a represión militar coa flexibilidade necesaria para chegar a acordos que puxesen fin ao levantamento.C A falta de éxitos militares decidiu o relevo de Martínez Campos polo xeneral Valeriano Weyler (xaneiro de 1896), que chegou á illa coa vontade de

empregar métodos máis contundentes que acabasen coa insurrección pola forza.

Page 6: Tema 6.- Estado e nación na Restauración borbónica. [1875 ... BAC tema... · que é pr eeminente, e a do Pa rlamento, que obr igaba ou b en a cont ar cunha maior ía suficiente

2º BAC - Tema 6 - páx. 6

T A ofensiva de Weyler foi acompañada da "concentración" dos campesiños nunhas aldeas cerradas para illalos das tropas insurrectas. Pero adificultade de provelos de alimentos e de facilitarlles asistencia médica, tanto ao exército coma aos campesiños, trouxo consigo unha elevadamortaldade entre a poboación civil e os soldados. Ademais, a guerra provocou a destrución de enxeños azucreiros, de plantacións e denumerosas vías férreas, e a economía cubana resentiuse notablemente.

C Tras o asasinato de Cánovas (8 de agosto de 1897) un novo Goberno liberal (Sagasta) decidiu desesperadamente probar a estratexia da conciliación.Relevou a Weyler do mando e concedeulle a Cuba autonomía (22 de novembro de 1897), o sufraxio universal, a igualdade de dereitos entre insularese peninsulares e a autonomía arancelaria. Pero as reformas chegaron demasiado tarde: os independentistas, que contaban co apoio dos EstadosUnidos, negáronse a aceptar a fin das hostilidades, que foi unilateralmente declarada polo Goberno español.

� A insurrección filipina (1896-1897):C Neste arquipélago, a presenza española era máis feble ca nas Antillas e limitábase en boa medida ás ordes relixiosas, á explotación dalgúns recursos

naturais como o tabaco, e á súa utilización como punto comercial con China. A falta de reformas nas illas provocou a aparición dun movementoemancipador formado por nativos e mestizos, que en 1892 fundaron a Liga Filipina, liderada por José Rizal.

C A insurrección filipina iniciouse en 1896: os dirixentes independentistas José Rizal e Andrés Bonifacio promoveron unha insurrección xeral nas illas,que foi reprimida polo xeneral Camilo García Polavieja, que mandou executar a Rizal. O novo líder filipino, Emilio Aguinaldo, asinou co xeneralFernando Primo de Rivera (Capitán Xeneral de Filipinas) unha paz transitoria ata que Estados Unidos interveu na guerra en 1898.

� Intervención directa dos EUA no conflito colonial (1898), que declarou a guerra contra España en dúas frontes: Cuba e Filipinas.C Co obxectivo de acabar coa rebelión, as autoridades españolas reforzaron os seus efectivos militares nas colonias, enviando numerosas tropas. Pero

o exército español presentaba amplas carencias e debilidades: estaba escasamente dotado de medios modernos e contaba con soldados malpreparados e recrutados entre as clases máis pobres; ademais, as enfermidades tropicais causaban moitas baixas e numerosas mortes. A guerraagravouse polo apoio que os insurrectos recibían dos EUA, en plena expansión imperialista e interesados en desprazar a España da zona do Caribee do Pacífico; de feito, fixeran diferentes proposicións de compra da illa de Cuba, que o Goberno español sempre rexeitou.

C No ano 1898 os Estados Unidos decidíronse a declararlle a guerra a España. O pretexto foi a explosión dun dos seus buques de guerra, o acoirazadoMaine, ancorado no porto da Habana (15 de febreiro de 1898). O Goberno dos EUA enviou un ultimato ao Goberno de España: dáballe un prazode 3 días para retirarse da illa, o que equivalía a unha declaración de guerra (20 de abril).

C A exaltación patriótica da opinión pública, das autoridades, dos políticos e incluso dos eclesiásticos, así como a confianza na vitoria e nas virtudesheroicas do soldado español, levaron o Goberno de España a declarar a guerra aos EUA (25 de abril). Unicamente algúns intelectuais, políticos eas organizacións obreiras se opuxeron a esa medida.

C A guerra foi rápida e contundente polas grandes diferenzas entre os dous exércitos: a escuadra española, formada por antigos e vellos cruceiros,non podía competir fronte aos poderosos acoirazados norteamericanos, unha forza catro veces superior e moito máis moderna. Os escenarios dasbatallas foron Santiago de Cuba, Cavite e Manila, onde se produciu en poucos días unha rápida e contundente derrota.T No Caribe: destrución da flota mandada polo almirante Pascual Cervera o 3 de xullo de 1898, o cal provocou a rendición de Santiago (12 xullo).T No Pacífico: desastre naval de Cavite (na baía de Manila, o 1 de maio) e capitulación de Manila (14 de agosto de 1898).

C Tras a destrución da Mariña española e o desembarco das tropas norteamericanas en Cuba, Porto Rico e Filipinas, o Goberno español, ante asuperioridade militar dos EUA, solicitou o armisticio.

� Sagasta intentou negociar a paz a través do Goberno francés, pero Estados Unidos impuxo as súas condicións na Paz de París (10 decembro 1898).C España cedeu a Estados Unidos: Cuba, Porto Rico, Filipinas e a illa de Guam a cambio dunha compensación económica de vinte millóns de dólares.

En febreiro de 1899 vendeu a Alemaña as últimas illas que lle quedaban no Pacífico: Marianas, Carolinas e Palaos por 25 millóns de dólares.C Estados Unidos e Alemaña impulsaban entón a súa política imperialista, mentres que España puña fin ao seu imperio en ultramar. O desastre colonial

do 98 culminaba o proceso de emancipación que comezara tras a Guerra de Independencia.

3.3.- As consecuencias do Desastre.

� Malia a envergadura do desastre e do seu significado simbólico, as súas repercusións inmediatas foron menores do que se agardaba. A crise do 98foi fundamentalmente unha crise moral e ideolóxica, que causou un importante impacto psicolóxico entre a poboación.

A.- Consecuencias políticas.

� Non houbo unha gran crise política, como se vaticinara, nin creba do Estado, nin perigou a Monarquía, e o sistema da Restauración acomodouseaos novos tempos e á retórica da rexeneración.

C En 1899, o Goberno de Francisco Silvela, novo líder do Partido Conservador, desenvolveu unha política aparentemente reformista: deu entrada noGoberno a figuras alleas á política da quenda de partidos (como o xeneral Camilo Polavieja); elaborou proxectos de descentralización administrativae impuxo unha política orzamentaria que incrementaba a presión fiscal. Esta medida provocou unha folga de contribuíntes que rematou coa dimisióndos ministros máis renovadores; así as promesas de “rexeneración” quedaron en mera retórica, sen que tivesen incidencia real na vida política dopaís. Os mecanismos do sistema da Restauración adaptáronse ás circunstancias e sobreviviron case intactos ao Desastre.

C Os movementos nacionalistas coñeceron unha notable expansión, sobre todo no País Vasco e en Cataluña, onde a burguesía industrial comezoua tomar conciencia da incapacidade dos partidos dinásticos para desenvolver unha política renovadora, e orientou o seu apoio cara ás formaciónsnacionalistas, que reivindicaban a autonomía e prometían a modernización da estrutura do Estado.

B.- O impacto económico e social.

� Tampouco houbo crise económica, malia a perda dos mercados coloniais protexidos e a débeda causada pola guerra. Nos primeiros anos do séculoXX produciuse unha inflación baixa, unha redución da Débeda Pública e un considerable investimento procedente dos capitais repatriados.

� A derrota causou en España un forte choque na opinión pública, nos partidos políticos, nos intelectuais e nas clases medias.C Os militares sentiron unha profunda frustración e resentimento, responsabilizaron do fracaso aos políticos e pecháronse progresivamente nunha

actitude de defensa corporativa dos seus intereses e de desprezo á sociedade civil e ao sistema liberal.C Os intelectuais desenvolveron unha reflexión crítica sobre España marcada pola desmoralización, o pesimismo e a idea de decadencia.C As clases populares respiraron tranquilas de non ter que enviar os seus fillos a morrer a Cuba.

Page 7: Tema 6.- Estado e nación na Restauración borbónica. [1875 ... BAC tema... · que é pr eeminente, e a do Pa rlamento, que obr igaba ou b en a cont ar cunha maior ía suficiente

2º BAC - Tema 6 - páx. 7

C.- O rexeneracionismo e a xeración do 98.

� A crise colonial favoreceu a aparición de movementos que, desde unha óptica cultural ou política, criticaron o sistema da Restauración epropugnaron a necesidade dunha rexeneración e dunha modernización da política española. Estiveron protagonizados fundamentalmente polasclases medias, e en conxunto son coñecidos como o rexeneracionismo.

C O rexeneracionismo foi unha corrente intelectual, política e literaria que impregnou a vida pública española de finais do século XIX e comezos doXX. Os seus trazos básicos foron: a crítica ao sistema da Restauración, a análise das causas da decadencia nacional, a busca de solucións aos malesdo país e o propósito de renovar e modernizar a realidade política, social e económica de España, e superar o atraso cultural.

C Aínda que non existe unha única liña de pensamento, para os membros deste movemento os problemas de España derivaban da existencia dunEstado ineficaz e dunha clase política corrupta e oligárquica, da falta de educación, e dun escaso e deficiente desenvolvemento dos recursoseconómicos. Para mellorar o país cumpría sanear e democratizar o Estado, é dicir, rexeneralo, e reorganizar e reforzar a súa estrutura produtiva.Nestas ideas inciden os escritos de Lucas Mallada (Los males de la patria y la futura revolución española, 1890), Ricardo Macías Picavea (El problemanacional, 1899), Rafael Altamira (artigos en La España Moderna) ou Joaquín Costa (Oligarquía y caciquismo, 1901).

� O máis destacado representante das ideas rexeneracionistas foi Joaquín Costa (1846-1911). A través dos seus escritos e da súa actuación persoal,defendeu un amplo programa renovador "desde dentro e desde arriba, para conxurar -dicía- as revolucións das rúas e dos campos", que se resumeno seu lema "Escola e despensa": propugnaba a necesidade de deixar atrás os mitos dun pasado glorioso, modernizar a economía e alfabetizar apoboación. Defendía a necesidade de organizar os sectores produtivos da vida española á marxe da quenda dinástica, cunhas novas formulaciónsque incluísen o desmantelamento do sistema caciquil e a transparencia electoral. A fortaleza que mantiña o caciquismo levouno a xustificar anecesidade de contar cun cirurxián de ferro, é dicir, cun gobernante que actuase de forma autoritaria pero temporal, para reconducir o país e acabarcos seus profundos males. As súas propostas renovadoras tiveron unha gran influencia sobre a opinión pública e os políticos.

C Ademais, o desastre deulle cohesión a un grupo de intelectuais, coñecido como a Xeración do 98 (Unamuno, Valle Inclán, Pío Baroja, Azorín...). Todoseles se caracterizaban por un profundo pesimismo, pola súa crítica fronte ao atraso peninsular e formularon unha seria reflexión sobre o sentidode España e o seu papel na Historia.

� En conclusión, a crise do 98 suscitou a necesidade de importantes cambios para coñecer e mellorar as condicións de vida do pobo (a “España real”),modernizar a sociedade e a economía, reformar o sistema político e recuperar o prestixio perdido no 98. Todo isto intentarase nas diversas etapasdo século XX, comezado durante o reinado de Alfonso XIII.

N 1.- Elabora un breve comentario dos seguintes textos:

1.- Art. 2. As tres provincias quedarán obrigadas, desde a publicación desta lei, a presentar nos casos de quintas ou recrutamentos ordinarios eextraordinarios do exército, o cupo de homes que lles corresponda, de acordo coas leis.

Art. 3. Quedan igualmente obrigadas as provincias de Biscaia, Guipúscoa e Álava a pagar, na proporción que lles corresponda e con destino aosgastos públicos, as contribucións, rendas e impostos ordinarios e extraordinarios que consignen os orzamentos xerais do Estado.

ALFONSO XII: Decreto. 21 de xullo de 1876.

2.- Entramos nun novo período político. O Ministerio presidido por Cánovas prestou relevantes servizos, rematando a guerra civil en España e en Cuba.Pero non soubo coroar a orde acadada polos sacrificios de todos, coa liberdade de todos. E a nación (...) ama os principios liberais. E débolle dicirque o señor Sagasta os aplica con sinceridade (...). Pendurou a Lei de Imprenta no Museo Arqueolóxico das leis inútiles; abriulles a Universidade atodas as ideas e a todas as escolas; deixou un amplo dereito de xuntanza que usa a democracia segundo lle peta e entrou nun período tal de liberdadesprácticas e tanxibles que non podemos envexarlles cousa ningunha aos pobos máis liberais da terra.

CASTELAR, Emilio: Discursos parlamentarios, 1881.

3.- Non esperamos marabillas do sufraxio universal; non cremos que vaia facer o milagre de transformar nun día os malos hábitos dos comicios españois,non o consideramos como a panacea dos numerosos padecementos que afectan ao noso país; pero entendemos que é a cláusula final do tratado depaz entre os elementos políticos máis poderosos da nosa nación, eses que veñen librando un combate desde fai máis de medio século e ao mesmotempo debe ser, a longo prazo, o último dos problemas de carácter puramente políticos.

"El Imparcial" [diario matutino de ideoloxía liberal, 1867-1933]. 23 de febreiro de 1890.

4.- O Senado e a Cámara dos Estados Unidos reunidos no Congreso acordan:Primeiro: Que o pobo de Cuba é e debe ser libre e independente.Segundo: Que é deber dos Estados Unidos esixir, e polo presente escrito o seu Goberno esixe, que o Goberno español renuncie inmediatamente ásúa autoridade e ao goberno de Cuba e que retire as súas forzas terrestres e navais da illa.Terceiro: Que se autorice ao presidente dos Estados Unidos, que se lle encargue e se lle ordene que utilice todas as forzas militares e navais dosEstados Unidos e chame ao servizo activo ás milicias dos diferentes Estados da Unión (...) para levar a efecto as medidas aquí dispostas.Cuarto: os Estados Unidos negan que teñan ningún desexo nin intención de exercer xurisdición nin soberanía, nin de intervir no goberno de Cuba senon é para a súa pacificación, e afirman o seu propósito de abandonar o dominio e o goberno da illa ao seu pobo unha vez realizada dita pacificación.

CONGRESO DOS ESTADOS UNIDOS DE AMÉRICA. Declaración. 18 de abril de 1898.

5.- Hai que elevar a cultura do país convertendo a ensinanza de bachareis e doutores en educación de homes formados para as loitas da vida e decidadáns útiles á súa Patria. Hai que organizar os Tribunais de modo que entre eles e a conciencia popular se restableza aquela confianza que osdesaforos da política lles arrebataran. Hai que restaurar a facenda fundándoa en prácticas de sinceridade, traendo a tributar todas as manifestaciónsda riqueza, facendo efectivo o principio da proporcionalidade nas cargas (...). E hai, sobre todo, que purificar a nosa administración, e destruír sencompaixón e sen descanso ese afrontoso caciquismo do que me dá noxo falar, pero na extirpación do cal me empregaría con tal empeño que, por sónon a acadar, habería eu de considerar fracasados todos os meus intentos(...).

Camilo POLAVIEJA (xeneral): Manifesto. 1 de setembro de 1898.

6.- Non é a forma de goberno en España a mesma que impera en Europa (...); o noso atraso neste respecto non é menor que en ciencia e cultura, queen industria, que en agricultura, que en milicia, que en administración pública. Non é (...) a nosa forma de goberno un réxime parlamentario, (...) senón,pola contra, un réxime oligárquico, servido, que non moderado, por institucións aparentemente parlamentarias. Ou, dito doutro modo, non é o réximeparlamentario a regra e excepción dela os vicios e as corruptelas (...); ao revés, iso que chamamos desviacións e corruptelas constitúen o réxime, sona mesma regra (...).

Joaquín COSTA: Oligarquía e caciquismo. 1901-1902.

Page 8: Tema 6.- Estado e nación na Restauración borbónica. [1875 ... BAC tema... · que é pr eeminente, e a do Pa rlamento, que obr igaba ou b en a cont ar cunha maior ía suficiente

2º BAC - Tema 6 - páx. 8

4.- O reinado de Alfonso XIII (1902-1931). A crise do sistema da Restauración.

Esquema da evolución política do reinado de ALFONSO XIII [1902-1931]: etapas básicas e crises graves

Etapas Cronoloxía Causas da crise Consecuencias da crise

Crise do sistema da Restauración

Fracaso dos proxectos dereforma desde arriba

de 1902

a 1916

1906Imposición do poder militar sobre o poder civil:

a Lei de xurisdicións1907

Fortalecemento do catalanismo: creación de Solidaritat

Catalana, coalición de partidos catalanistas

1909 Estalido da tensión social: a Semana Tráxica 1909

Antimaurismo Y caída de Antonio Maura

Formación da conxunción republicano-socialista

Creación da CNT (1910)

1912Asasinato de José Canalejas, presidente do

Goberno1913

Afundimento dos partidos dinásticos, escindidos en diversas

faccións enfrontadas entre si

Descomposición equebra do sistema

de 1917

a 1923

1917

Crise militar: as Xuntas de Defensa

Crise política: a Asemblea de Parlamentarios

Crise social: a folga xeral

1917

a

1923

Afundimento progresivo dos piares do sistema

Sucesión de Gobernos de concentración incapaces de

solucionar o deterioro político e social do país

1921 Desastre militar de Annual (Marrocos) 1922

Aluvión de críticas contra o exército e o rei

Esixencia de responsabilidades: o expediente Picasso

Golpe de Estado de Primo de Rivera (13-setembro-1923)

Ditadura de

Primo de

Rivera

de 1923

a 19301925

Institucionalización e perpetuación da ditadura:

substitución do Directorio Militar polo

Directorio Civil

desde

1926

Incremento das críticas á ditadura e á monarquía

Dimisión de Primo de Rivera (xaneiro 1930)

Reorganización da oposición: pacto de San Sebastián

Fin da

monarquía

1930

19311930

Imposibilidade de retornar ao sistema

constitucional (a Ditabranda)1931

Proclamación da Segunda República (14 de abril)

Caída da monarquía e exilio do rei

PARTIDOS E ORGANIZACIÓNS OBREIRAS(1902-1923)

DENTRO DO SISTEMA

(PARTIDOS

DINÁSTICOS)

Partido

Conservador

C Mauristas (Antonio Maura)

C Idóneos (Eduardo Dato)

Partido LiberalC Reformismo Liberal (José Canalejas)

C Disputas polo liderado entre o Conde de Romanones, Manuel García Prieto e Santiago Alba

Á MARXE DO SISTEMA

(PARTIDOS

ANTIDINÁSTICOS)

CarlistasC Lexitimistas ou Xaimistas, participan nas eleccións (Juan Vázquez de Mella)

C Integristas, defenden o retraemento electoral (Ramón Nocedal)

Nacionalistas

Cataláns

C Conservadores: Lliga Regionalista (1901, Enric Prat de la Riba, Francesc Cambó)

C Progresistas: Centre Nacionalista Republicà (1906), Partit Republicà Català

(1917), Estat Català (1922, Francesc Macià)...

VascosC Partido Nacionalista Vasco [1895], divido en dúas tendencias: autonomistas

moderados / independentistas radicais.

Galegos C Irmandades da Fala (1916, irmáns Vilar Ponte)

Republicanos

C Unión Republicana (1903, Nicolás Salmerón)

C Partido Republicano Radical (1908, Alejandro Lerroux)

C Partido Reformista (1912, Melquíades Álvarez)

Obreiros

Socialistas

C Partido Socialista Obreiro Español (1879, Pablo Iglesias)

C Unión Xeral de Traballadores (1888)

C Escisión no PSOE: fundación do Partido Comunista de España (1921)

AnarquistasC Solidariedade Obreira (1907) Y Confederación Nacional do Traballo (CNT),

fundada en 1910 (Salvador Seguí, Ángel Pestaña...)

4.1.- Os inicios do reinado e as propostas de reforma (1902-1916).

A.- Factores da crise do sistema da Restauración. [páx. 223-224]

B.- O fracaso dos proxectos de reforma desde arriba (1902-1916).

� A orixe da crise do sistema da Restauración atópase no desastre do 98. A perda das últimas colonias españolas provocou unha gran conmociónnacional. Diversos colectivos analizaron os males de España e propuxeron solucións variadas (rexeneracionismo). Os Gobernos da quenda(conservadores e liberais) recolleron esas propostas e puxeron en marcha algúns cambios, que non lograron alterar as bases do sistema.

C En efecto, a primeira década do reinado de Alfonso XIII estivo caracterizada polos intentos de reformar o sistema desde arriba para evitar arevolución desde abaixo. Os novos líderes do Partido Conservador (Antonio Maura) e do Partido Liberal (José Canalejas) intentaron modernizar o

Page 9: Tema 6.- Estado e nación na Restauración borbónica. [1875 ... BAC tema... · que é pr eeminente, e a do Pa rlamento, que obr igaba ou b en a cont ar cunha maior ía suficiente

2º BAC - Tema 6 - páx. 9

vello sistema da Restauración e democratizar a vida política española, pero non puideron, o primeiro ao ser destituído polo rei tras os sucesos daSemana Tráxica (do 26 de xullo ao 2 de agosto de 1909) e o segundo ao ser asasinado polo anarquista Manuel Pardiñas (12 de novembro de 1912).

B.1.- A cuestión militar: a Lei de xurisdicións (marzo 1906).

� A primeira das crises do reinado de Alfonso XIII foi provocada polos militares. Segundo o sistema canovista, o exército debía estar sometido ao podercivil e non intervir na vida política. Pero despois do desastre do 98 as críticas contra o exército xeneralizáronse, causando un forte malestar eresentimento entre os militares contra as autoridades, os partidos políticos, a prensa, a sociedade civil e o catalanismo, considerado polo exércitocomo un perigo para a unidade da patria.

C A noite do 25 de novembro de 1905, algúns oficiais da guarnición de Barcelona asaltaron e destruíron a redacción da revista satírica Cu-Cut e doxornal La Veu de Catalunya, polas críticas contra o exército e a defensa que facían do catalanismo. A maior parte dos militares apoiou esta accióne o Goberno non se atreveu a castigar os culpables. O 23 de marzo de 1906 o Goberno liberal de Segismundo Moret aprobou a Lei de xurisdicións,pola cal se sometía ao código militar o xuízo de delitos de opinión e obra contra a patria e contra o exército.

C Deste modo, o poder militar impúxose ao poder civil. A lei de xurisdicións alterou unha das bases da Restauración, a preeminencia do poder civilsobre o militar, e a liberdade de prensa quedou moi danada. O catalanismo saíu fortalecido: Francesc Cambó e Enric Prat de la Riba agruparon osdiversos sectores catalanistas arredor dunha nova coalición, chamada Solidaritat Catalana (1906-1909), que obtivo un gran triunfo electoral en 1907.A Lliga Regionalista, dirixida por Cambó, converteuse na primeira forza política de Cataluña.

B.2.- As reformas de Maura (1907-1909). [páx. 225]

C Os proxectos reformistas de Antonio Maura.T Lei de reforma electoral (1907): intento de debilitar o sistema caciquil.T Lei da administración local (non aprobada), que pretendía unha certa descentralización administrativa.T Medidas de carácter socioeconómico: un amplo abano de disposicións, entre as que sobresaen, pola súa transcendencia

– Política proteccionista favorable ao desenvolvemento industrial.– Creación do Instituto Nacional de Previsión (1908), embrión dunha incipiente seguridade social.– Recoñecemento do dereito de folga (1909) para dar satisfacción ás demandas do proletariado.

B.3.- A Semana Tráxica (xullo de 1909).

� As medidas de reforma de Antonio Maura quedaron interrompidas como consecuencia do estalido da chamada Semana Tráxica, complexo evirulento movemento de insurrección popular que estalou en Barcelona en xullo de 1909, no que conflúen diversos problemas e tensións sociais:T O descontento e a oposición das masas e das organizacións obreiras contra o exército, a guerra e o sistema de recrutamento.T As malas condicións de vida e de traballo das clases populares.T As acusacións á Igrexa de favorecer o mantemento dunha sociedade inxusta.T O antimilitarismo e anticlericalismo latentes, estimulados pola propaganda dos republicanos, entre os que destacou a do Partido Radical de

Alejandro Lerroux (fundado en 1908), e das organizacións socialistas (PSOE, UXT) e anarquistas (Solidariedade Obreira, xerme da futura CNT).

� A causa inmediata da insurrección deriva da cuestión marroquí. Tras a crise de 1898, a acción colonial de España centrouse no norte de África, ondexa establecera desde os séculos XV e XVI unha serie de prazas fortes (entre as que destacan Melilla e Ceuta). No marco dun imperialismo dominanteen toda Europa, España intentou formar parte da nova orde das relacións internacionais e poñer fin ao illamento exterior. Por iso, Marrocos pasoua constituír o eixe da política exterior do primeiro terzo do século XX.

C Pero a expansión colonial de España en Marrocos estivo subordinada e limitada polos intereses das grandes potencias coloniais europeas. Trassucesivas negociacións internacionais (acordo franco-español de 1904, Conferencia de Alxeciras de 1906, e Declaracións de Cartaxena de 1907),Francia e España, co apoio do Reino Unido, fixaron as súas respectivas zonas de influencia en Marrocos, co que se marxinaba a Alemaña.

C A España correspondíalle a zona norte, formada polas rexións do Rif e a Yebala, un territorio moi accidentado, árido e habitado por cabilas ou tribosde bérberes, moi celosos da súa independencia, hostís á presenza estranxeira e que non estaban sometidos ao sultán de Marrocos, o que dificultabao dominio militar. Iso obrigou os sucesivos Gobernos a incrementar o continxente de tropas e levar a cabo diversas campañas militares para tratarde someter o territorio, asegurar a explotación das riquezas mineiras (arrendadas á Compañía Española de Minas do Rif e outras compañías decapital francés e alemán) e protexer a construción do ferrocarril que debía unir as minas con Melilla.

� En xullo de 1909 os rifeños atacaron as obras do ferrocarril e mataron a varios obreiros, o cal provocou graves enfrontamentos entre as tropasespañolas e as cabilas. O Goberno decidiu enviar tropas peninsulares de reforzo, para o cal mobilizou os reservistas en Cataluña, na súa maioríacasados e con fillos.

C O embarque das tropas no porto de Barcelona, o 18 de xullo de 1909, desencadeou un movemento de protesta contra a guerra de Marrocos, moiimpopular desde a guerra de Cuba e máis aínda ao comprobarse que se libraban de ir os que podían pagar unha cantidade en metálico. Orepublicanismo máis radical e anticlerical, os socialistas e os anarquistas promoveron unha folga xeral [doc. 15 páx. 226] contra a guerra e a política

do Goberno en Marrocos, que comezou en Barcelona o luns 26 de xullo e que se estendeu a outras poboacións próximas.C As noticias sobre a batalla do Monte Gurugú e a emboscada no Barranco do Lobo, onde morreron máis dun millar de soldados españois, desataron

a violencia. Entre o 26 de xullo e o 2 de agosto, a folga dexenerou nunha insurrección espontánea, sen dirección nin planificación, coñecida comoa Semana Tráxica de Barcelona. A cidade viviu nun clima de terror descontrolado: as masas populares construíron barricadas nas rúas, enfrontáronseás forzas da orde e queimaron conventos, igrexas e escolas rexentadas polos relixiosos, como protesta polo apoio da Igrexa aos grupos poderosos.

C O Goberno declarou o estado de guerra e enviou reforzos militares, cos que conseguiu dominar a revolta. Unha vez restablecida a orde pública,o Goberno desencadeou unha forte represión: máis de mil encarcerados e dezasete condenas a morte (fusilamentos de Montjuic). Un dos fusiladosfoi Francisco Ferrer Guardia, anarquista e masón, fundador da Escola Moderna (un centro de ensino laico e racionalista), acusado de ser o promotormoral dos sucesos, a pesar de non ter participación directa neles.

C A Semana Tráxica tivo amplas consecuencias políticas. A opinión internacional e os partidos de oposición en España montaron unha campaña contraMaura (Maura non!) e o rei obrigouno a dimitir (outubro de 1909). Os grupos republicanos e os socialistas, que compartían o antimilitarismo e oanticlericalismo, decidiron formar a conxunción electoral republicano-socialista, que aumentará a súa presenza nas Cortes tras as eleccións de 1910,durante o goberno do Partido Liberal presidido por José Canalejas.

Page 10: Tema 6.- Estado e nación na Restauración borbónica. [1875 ... BAC tema... · que é pr eeminente, e a do Pa rlamento, que obr igaba ou b en a cont ar cunha maior ía suficiente

2º BAC - Tema 6 - páx. 10

B.4.- As reformas de Canalejas (1910-1912).

� En febreiro de 1910 o rei nomeou presidente do Goberno a José Canalejas, o cal deseñou un programa de reformas que defendía a secularizacióndo Estado e a intervención estatal en materia económica e social, e pretendía democratizar o sistema, ampliar as bases sociais do réxime, e atallaros problemas de maior repercusión: o relixioso, o rexionalista, o militar e o social. [ler páx. 227]

T Problema relixioso: Lei de asociacións relixiosas ou Lei do cadeado (1910).T Problema rexionalista: Lei de mancomunidades provinciais (1911).T Problema militar: Lei de recrutamento (1912).

C En canto á cuestión social, implantou medidas para regular as relacións laborais e mellorar as condicións de vida e de traballo dos obreiros: reduciónda xornada laboral, lei de accidentes de traballo, seguridade social obrigatoria, regulación do dereito de folga e arbitraxe estatal nos convenioscolectivos. Tamén se substituíu o odiado imposto de consumos por outro progresivo sobre as rendas urbanas.

C Estes e outros proxectos de Canalejas quedaron abortados cando morreu asasinado polo anarquista Manuel Pardiñas (12 de novembro de 1912).

� A morte de Canalejas e o retraemento de Maura incrementaron o proceso de disgregación dos partidos dinásticos. O Partido Liberal dividiuse endiversas faccións: o conde de Romanones (Álvaro de Figueroa y Torres), Manuel García Prieto, Santiago Alba... O Partido Conservador escindiuseentre os seguidores de Eduardo Dato (nomeado presidente do Goberno en 1913) e os partidarios de Maura, que organizaron un movemento políticomoi conservador (o maurismo). Desde entón, os gabinetes serán moi inestables e o rei adquirirá un papel cada vez máis relevante.

4.2.- A quebra do sistema da Restauración (1917-1923).

� O fracaso dos intentos de rexeneración dos partidos dinásticos provocou o deterioro progresivo do funcionamento do sistema e a sucesión de crisespolíticas e sociais cada vez máis graves, que minaron a monarquía constitucional e facilitaron o golpe de Estado de 1923.

A.- O impacto da Primeira Guerra Mundial.

� Cando estourou a Gran Guerra, en 1914, o goberno de Eduardo Dato declarou a neutralidade, que foi apoiada por todos os partidos. Esta posturaadoptouse a causa do illamento diplomático, da debilidade económica e da incapacidade militar de España.

C A pesar da neutralidade oficial, as forzas políticas e o conxunto da sociedade dividíronse en dous bandos, os aliadófilos e os xermanófilos. En xeral,pódese dicir que os sectores máis conservadores mostraron a súa simpatía cara aos imperios centrais, que representaban os valores da orde e daautoridade; os sectores máis liberais e a esquerda apoiaron os aliados, que representaban os principios democráticos. Só os anarcosindicalistas eunha minoría socialista cualificaron a guerra como un enfrontamento entre imperialismos, sen decantarse por uns ou outros.

C A neutralidade favoreceu unha espectacular expansión da economía. España converteuse en abastecedora dos países belixerantes, aos quesubministrou materias primas e produtos industriais. A alza das exportacións, xunto ao descenso das importacións, tivo un triplo efecto: a creaciónou a ampliación de empresas e unha rápida expansión industrial, especialmente da minaría asturiana, da siderurxia vasca e das industrias téxtilese metalúrxicas catalás; unha forte acumulación de capitais, e un imparable aumento dos prezos.

C Mentres a burguesía industrial e financeira se enriqueceu cos beneficios extraordinarios da guerra, as clases traballadoras sufriron un descenso doseu nivel de vida, malia a alza dos salarios, pola escaseza e pola subida vertixinosa dos prezos dos produtos de primeira necesidade. Máis grave aíndafoi a situación nas zonas agrarias, onde se acentuou a xa precaria situación do campesiñado e forzou a emigración de moitos campesiños ás cidades.

C Esta situación agravou as diferenzas sociais da época, provocou unha grande axitación social e o auxe do movemento obreiro. Este clima de extrematensión social intensificou o número de folgas e estalou na crise do verán de 1917, que acelerou a descomposición do sistema da Restauración.

B.- A crise de 1917.

� En 1917 produciuse a crise máis profunda do sistema da Restauración, resultado da confluencia de tres tipos de conflitos: militar, político e social.

B.1.- A crise militar: as Xuntas de Defensa.

� O malestar no seo do exército foise incrementando e manifestouse de novo en 1917. As razóns do mesmo eran:T Causas económicas: perda do poder adquisitivo dos salarios e precaria situación económica da oficialidade.T Motivacións profesionais: os militares rexeitaron o proxecto de reforma militar, que pretendía modernizar o exército mediante unha redución

do excesivo número de oficiais, xa que os seus salarios absorbían unha gran parte do orzamento. Outro motivo era o desacordo co regulamentodos ascensos, que se facían na súa maioría por méritos de guerra; isto favorecía os militares que servían en África (africanistas) fronte aospeninsulares, que reclamaban os ascensos por criterios de antigüidade.

T Resentimento contra os políticos e a sociedade: reclamaban a defensa do honor e a dignidade castrenses fronte ás críticas antimilitaristas, eesixían a represión dos que eles consideraban inimigos da patria e do exército (o socialismo, o anarquismo e o separatismo nacionalista).

� O descontento cristalizou na formación de Xuntas de Defensa militares (Barcelona, outono de 1916): eran asociacións de carácter corporativoformadas por oficiais de media e baixa graduación para defender os seus intereses profesionais e económicos. A primeira formouse en Barcelona,dirixida polo coronel Benito Márquez; desde alí estendéronse ao resto de España e constituíronse en todas as capitais de provincia menos en Madrid.

C En maio de 1917, o Goberno liberal de Manuel García Prieto, declarou ilegais as xuntas militares, que foron disoltas e os seus dirixentes detidos.Pero a reacción de solidariedade entre os oficiais e a súa aberta rebelión obrigou o Goberno a retroceder. As Xuntas de Defensa publicaron unmanifesto o 1 de xuño de 1917, no cal culpaban o Goberno dos males do exército e da patria, esixían a súa legalización, a satisfacción das súasreivindicacións profesionais, e facían un chamamento á renovación política utilizando unha certa linguaxe rexeneracionista. O novo Gobernoconservador (presidido desde o 11 de xuño por Eduardo Dato), temeroso da rebelión militar e da ameaza dun golpe de Estado, dobregouse anteas súas esixencias, e dada a situación de crise, suspendeu as garantías constitucionais, clausurou as Cortes e impuxo a censura de prensa.

� O conflito puxo de manifesto unha vez máis a febleza do poder civil fronte ao militar. A partir de entón os militares interviñeron no nomeamentodos ministros de Guerra e convertéronse nos máximos garantes da orde pública. Pero os problemas do exército seguiron sen solucionarse:orzamentos insuficientes, equipamento deficiente, exceso de oficiais, divisións internas e resentimentos entre a oficialidade das distintas armasou entre peninsulares (xuntistas, que reclamaban ascenso por escalafón) e africanistas (que antepoñían os méritos de guerra)...

Page 11: Tema 6.- Estado e nación na Restauración borbónica. [1875 ... BAC tema... · que é pr eeminente, e a do Pa rlamento, que obr igaba ou b en a cont ar cunha maior ía suficiente

2º BAC - Tema 6 - páx. 11

B.2.- A crise política: a Asemblea de Parlamentarios.

� A linguaxe difusamente rexeneracionista das Xuntas foi interpretada por diversos grupos da oposición (catalanistas, reformistas, republicanos esocialistas) como un sinal inminente da creba do réxime e a oportunidade para unha reforma ou unha revolución democrática.

C Francesc Cambó, máximo dirixente da Lliga Regionalista de Catalunya (partido nacionalista conservador), tomou a iniciativa. Ante a negativa deDato á súa petición de reunión das Cortes, Cambó organizou en Barcelona unha Asemblea de Parlamentarios cataláns (5 de xullo de 1917), quepediu ao Goberno a convocatoria dunhas Cortes constituíntes para reformar o sistema político, descentralizar o Estado e obter a autonomía paraCataluña. No caso de que o Goberno non accedese, a Asemblea invitaba a todos os parlamentarios españois a participar nunha Asembleaextraordinaria para tratar estes temas como representación lexítima da vontade do país.

C O Goberno prohibiu a reunión, pero esta Asemblea de Parlamentarios tivo lugar o 19 de xullo; dun total de 760 deputados e senadores só asistiron71, que representaban tan só a catalanistas, republicanos e socialistas. Esta Asemblea ratificou os acordos da anterior [doc. 16 páx. 229], pero

fracasou polo reducido apoio político, as disensións internas entre os seus membros e o rexeitamento das Xuntas militares ás súas pretensións, efoi disolta pola Garda Civil. Ademais, o movemento de folga que se desatou en agosto, impulsado polos sindicatos, inhibiu as forzas burguesas, anteo temor dun estalido revolucionario de maior dimensión que a reforma constitucional proposta.

B.3.- A crise social: a folga xeral revolucionaria.

� O protagonismo da protesta antigobernamental recaeu no movemento obreiro e sindical. A conflitividade laboral viña motivada polo contraste entrea euforia económica da burguesía e o empeoramento das condicións de vida das clases populares.

C En 1916 as centrais sindicais CNT e UXT convocaron unha folga xeral de vinte e catro horas contra a carestía da vida que foi seguida maioritariamentepolas clases traballadoras. En marzo de 1917 asinaron un manifesto conxunto no que instaban ao Goberno a intervir para conter os prezos baixoa ameaza de convocar unha folga xeral. A tensión estalou en agosto de 1917 cando, a causa dun conflito ferroviario en Valencia, a UXT e o PSOEconvocaron unha folga xeral en toda España para o 13 de agosto [doc. 17 páx. 229]. A protesta adquiriu un contido revolucionario: reclamaba o

derrocamento do réxime, a implantación dunha república democrática e a convocatoria de Cortes constituíntes. A folga contou coa colaboracióndos republicanos e da CNT e tivo unha incidencia desigual no país: foi maioritaria entre o proletariado de Madrid, Barcelona, Levante, País Vascoe Asturias, pero apenas contou coa participación dos sectores campesiños.

C O Goberno reaccionou cunha forte represión: imposición da lei marcial, disolución violenta das manifestacións, emprego das armas de fogo polasforzas de orde pública, detencións masivas... O balance foi de máis de setenta mortos, dous centos de feridos e preto de dous mil detidos. A folgafracasou pola represión, pola carencia dunha estratexia definida e pola falta de colaboración doutros sectores, pero tivo importantes consecuencias:debilitou aínda máis o réxime e radicalizou o movemento obreiro.

� Malia a amplitude e resonancia da protesta, o movemento de 1917 non conseguiu os seus obxectivos, polas seguintes razóns:T Os protagonistas da crise non tiñan un programa común e nunca lograron unha verdadeira converxencia de intereses.T Indecisión e confusión na actuación dos militares, que acabaron por defender a orde establecida.T Temor ante o rumbo revolucionario que os sindicatos imprimiron ás súas reivindicacións.

C En resumo, a crise de 1917 non conseguiu poñer fin ao sistema da Restauración, pero o réxime entrou nunha dinámica de progresiva descomposiciónata a súa definitiva quebra no ano 1923. A consecuencia máis importante da crise foi a formación de sucesivos gobernos de concentración, que nonconseguiron consensuar un programa común e levar a cabo as medidas de reforma que o país necesitaba.

C.- A quebra da quenda e da monarquía constitucional (1918-1923).

� A partir de 1917 a evolución política caracterizouse por unha permanente inestabilidade política e social, manifestada na sucesión de Gobernosdébiles e ineficaces e no incremento da conflitividade social.

C.1.- A crise institucional.

� A fragmentación dos partidos dinásticos e os fortes enfrontamentos persoais entre os seus líderes dificultou a formación de Gobernos. A quendadeixou de funcionar e o rei recorreu á formación de gabinetes de concentración (equipos de goberno compostos por distintas personalidades e conrepresentación de varios grupos políticos), ou Gobernos encabezados por un dos notables do réxime. En ambos casos, as diferenzas internas fixeronque se tratase de Gobernos débiles e de escasa duración: ningún deles alcanzou un ano de vida [doc. 18 páx. 230]. Esta situación acentuou o

desprestixio da clase política gobernante.C Estes Gobernos foron incapaces de facer fronte aos problemas do país. Nun contexto de crecente conflitividade, recorreron con frecuencia a

medidas de excepción, á suspensión das garantías constitucionais e á clausura do Parlamento.C Neste contexto de crise institucional, o exército foi tomando un protagonismo cada vez maior na vida política e converteuse no principal axente

represor dos conflitos sociais (folgas, episodios revolucionarios...) e presentouse como unha solución de forza capaz de salvar a monarquía.

C.2.- O aumento da conflitividade social.

� A crise económica que seguiu á fin da Gran Guerra e o estímulo do triunfo bolxevique en Rusia (1917) provocaron numerosas folgas e conflitos(sobre todo en Barcelona, Andalucía e Estremadura), e un incremento vertixinoso da afiliación sindical, que incidiu no aumento da conflitividadesocial urbana e rural. A radicalización e a violencia foron crecendo de forma imparable, tanto na represión gobernamental como na resposta dasorganizacións obreiras, especialmente do sindicato anarquista CNT (Confederación Nacional del Trabajo), fundado en 1910 en Barcelona.

C.2.1.- As manifestacións do descontento social.

� O trienio bolxevique en Andalucía (1918-1921): violentas revoltas campesiñas (queima de colleitas, ocupacións de terras, reparto de propiedades...)impulsadas por anarquistas e socialistas, motivadas por:T Situación de miseria do campesiñado: salarios paupérrimos, aumento dos prezos, deterioro constante das condicións de vida...T A fame de terras: reivindicación tradicional do campesiñado, consecuencia dun réxime de propiedade inxusto e anquilosado.

Page 12: Tema 6.- Estado e nación na Restauración borbónica. [1875 ... BAC tema... · que é pr eeminente, e a do Pa rlamento, que obr igaba ou b en a cont ar cunha maior ía suficiente

2º BAC - Tema 6 - páx. 12

T Influencia da revolución soviética, que alimentaba as esperanzas e os soños do campesiñado na transformación da sociedade.A rebelión social estendeuse pola Mancha e Estremadura e foi duramente reprimida polo Goberno: a declaración do estado de guerra, a clausuradas organizacións obreiras e a detención dos seus líderes, puxéronlle fin á rebelión.

C A conflitividade campesiña coincidiu cunha virulenta vaga de folgas nas rexións industriais (Biscaia, Asturias, Madrid...). O momento culminanteda tensión social alcanzouse en Barcelona en 1919 coa folga da Canadense, como se coñecía popularmente á compañía que subministrabaelectricidade á cidade. Pola súa duración (44 días) e intensidade (deixou practicamente paralizada a cidade e a produción que dependía daelectricidade), foi a folga máis importante da historia sindical española e converteuse nun problema de alcance nacional. O conflito, laboral na súaorixe, derivou nunha auténtica "guerra social" entre o Goberno e os empresarios por un lado, e a CNT polo outro.

C.2.2.- Os anos do pistoleirismo (1919-1923).

C A conflitividade laboral dexenerou nunha radicalización extrema das posturas da patronal e dos sindicatos, que crearon unha espiral de violencia,aproveitada polas autoridades militares para facerse co control e exercer unha brutal represión. Foron os anos do pistoleirismo, nos que seproduciron máis de 800 atentados nos que morreron 226 persoas, entre elas empresarios e dirixentes sindicais.T Algúns grupos anarquistas practicaron un activismo violento: atentados contra autoridades (asasinato de Dato, presidente de Goberno en 1921),

patróns e forzas da orde. Destacan os Solidarios, liderados por Buenaventura Durruti, Juan García Oliver e Francisco Ascaso.T Os empresarios crearon a Federación Patronal para enfrontarse aos sindicatos mediante o uso da forza: contrataron sicarios para asasinar os

dirixentes obreiros (Salvador Seguí, da CNT, en 1923), recorreron ao lockout para frear as reivindicacións dos traballadores, e impulsaron osSindicatos Libres: organización sindical constituída en Barcelona por militantes carlistas baixo a protección da patronal e do gobernador civilpara acabar co predominio sindical da CNT mediante a organización de atentados contra os seus líderes.

T O Goberno declarou o estado de guerra, suspendeu as garantías constitucionais e cedeulles a orde pública aos militares. O xeneral SeverianoMartínez Anido (gobernador civil de Barcelona) protexeu os pistoleiros da patronal, exerceu unha dura represión contra os sindicalistas e impuxoo terrorismo policial mediante a aplicación da lei de fugas (execución extraxudicial alegal que se aplicaba na suposta fuxida dun detido que eraabatido a tiros co pretexto de que quería escapar).

C.3.- O incremento da oposición ao réxime.

� As forzas políticas da oposición incrementaron as súas críticas ao sistema, pero non conseguiron afianzar un programa alternativo e unha posicióncoherente e sólida. Os sectores opositores eran:

C A oposición republicana. Os republicanos acusaron unha forte debilidade debido ás súas continuas divisións internas. As dúas correntes máisdestacadas do republicanismo, o Partido Republicano Radical de Alejandro Lerroux e o Partido Reformista de Melquíades Álvarez, foron incapacesde mobilizar as masas, evolucionaron cara ao conservadorismo social e perderon apoios electorais.

C Os movementos rexionalistas e nacionalistas acrecentaron a súa actividade. A Liga Rexionalista, aproveitándose da súa influencia no Goberno, dosseus bos resultados electorais e do seu control das institucións catalás, pediu abertamente a autonomía política para Cataluña. O PartidoNacionalista Vasco ampliou a súa implantación nas provincias vascas. En Galicia, as Irmandades da Fala defenderon a autonomía integral para Galicia.Estas demandas causaron na sociedade española fortes temores que contribuíron a radicalizar o ambiente político con acusacións de separatismo,repulsas dos partidarios da unidade nacional e aumento da oposición ao réxime entre os nacionalismos periféricos.

C O PSOE multiplicou a súa afiliación, conseguiu maior presenza nos concellos e renovou os seus cadros dirixentes (Julián Besteiro, Indalecio Prieto...).Defendía o sistema parlamentario e unha práctica política reformista e moderada.T O impacto da Revolución Rusa (1917) provocou a escisión dun sector do PSOE partidario de apoiar o réxime bolxevique e ingresar na III

Internacional (Komintern ou Internacional Comunista), sector que en 1921 fundou o Partido Comunista de España.

C.4.- A cuestión marroquí e o desastre de Annual.

� En 1912 os Gobernos de España e Francia delimitaron as respectivas zonas de influencia no Norte de Marrocos e crearon o protectorado. Durantea Primeira Guerra Mundial, o protectorado estivo en calma grazas aos pactos cos xefes indíxenas. Tras a guerra as autoridades españolas decidironreemprender as súas accións militares para afianzar o control do territorio; os gastos incrementáronse e o exército creou corpos específicos paraa loita en Marrocos: a Lexión (1920) e os Regulares (con soldados recrutados entre os mouros). A intervención tivo éxito na zona occidental, conbase en Ceuta e Tetuán, pero na oriental, as cabilas ofreceron moita maior resistencia.

C O 16 de xullo de 1921, o xeneral Manuel Fernández Silvestre iniciou unha campaña co obxectivo de estender o control español ao redor de Melilla,meténdose no corazón do Rif sen ter protexido suficientemente a súa retagarda nin ter asegurados os abastecementos. A reacción dos rifeños nonse fixo esperar e as cabilas de Abd el-Krim atacaron por sorpresa o posto español de Annual provocando unha gran desbandada entre as tropasespañolas, que se retiraron caoticamente cara a Melilla, aterrorizadas pola brutalidade dos ataques inimigos. En poucos días perdeuse toda a zonaque fora ocupada durante anos con grandes esforzos, e morreron ou desapareceron máis de 10.000 soldados, incluído o propio xeneral Silvestre.

C Aos rifeños enfrontábase un exército español integrado por soldados acabados de recrutar, sen preparación militar, que descoñecían o terreo enon estaban interesados na expansión colonial. O desastre de Annual puxo en evidencia a deficiente organización do exército e, aínda que a chegadade tropas de reforzo permitiu recuperar doadamente as posicións perdidas, tivo consecuencias importantes para a estabilidade do sistema político.

� O desastre de Annual, coas súas enormes perdas en homes, material, territorio e prestixio, provocou un forte impacto na opinión pública española:acentuou a impopularidade da guerra e do exército, desatou un diluvio de críticas, e numerosos grupos políticos e periódicos esixironresponsabilidades políticas. O Goberno conservador viuse obrigado a dimitir.

C O novo Goberno de Antonio Maura tivo que crear unha Comisión de Responsabilidades, presidida polo xeneral Juan Picasso, para elaborar unexpediente sobre o sucedido. O exército opoñíase porque temía as responsabilidades militares, que chegaban ata o mesmo rei Alfonso XIII, queobrigara o xeneral Silvestre a efectuar a arriscada incursión militar. O Expediente Picasso acusaba de neglixencia a varias decenas de mandosmilitares e o propio xeneral Dámaso Berenguer, Alto Comisario do protectorado de Marrocos. As responsabilidades políticas suscitaron agresdebates nas Cortes e violentas disputas entre todos os partidos políticos. Poucos días antes de que o informe elaborado pola comisión chegase ásCortes, o xeneral Miguel Primo de Rivera encabezou un golpe de Estado (Barcelona, 13 de setembro de 1923), declarou o estado de guerra esuspendeu a Constitución de 1876. Remataba así o réxime da Restauración e comezaba a etapa da ditadura militar (1923-1930).

N 2.- Elabora un breve comentario dos seguintes textos:

Page 13: Tema 6.- Estado e nación na Restauración borbónica. [1875 ... BAC tema... · que é pr eeminente, e a do Pa rlamento, que obr igaba ou b en a cont ar cunha maior ía suficiente

2º BAC - Tema 6 - páx. 13

1.- Art. 1º. O español que tomase as armas contra a Patria baixo bandeiras inimigas ou baixo as de quen loitasen pola independencia dunha parte doterritorio español, será castigado coa pena de cadea temporal no seu grao máximo a morte.Art. 2º. Os que de palabra, por escrito, por medio da imprenta, gravado, estampas, alegorías, caricaturas, signos, gritos ou alusións, ultraxasen aNación, a súa bandeira, himno nacional ou outro emblema da súa representación, serán castigados coa pena de prisión correccional. En igual penaincorrerán os que cometan iguais delitos contra as rexións, provincias, cidades e pobos de España e as súas bandeiras ou escudos.Art. 3º. Os que de palabra ou por escrito, por medio da imprenta, gravado ou outro medio mecánico de publicación, en estampas, alegorías, caricaturas,emblemas ou alusións inxurien ou ofendan clara ou encubertamente o Exército ou a Armada ou as institucións, armas, clases ou corpos determinadosdo mesmo, serán castigados coa pena de prisión (...).Art. 5º. (...) Das causas (...) coñecerán os tribunais do fuero de Guerra e Mariña (...).Dado en Palacio a vinte e tres de marzo de mil novecentos seis.

2.- Considerando que a guerra é unha consecuencia final do réxime de produción capitalista. Considerando, ademais que, dado o sistema español derecrutamento do exército, só os obreiros fan a guerra que os burgueses declaran. A asemblea protesta enerxicamente:1. Contra a acción do Goberno español en Marrocos. (...)3. Contra o envío á guerra de cidadáns útiles á produción e, en xeral, indiferentes ao triunfo da cruz sobre a media lúa, cando se poderían formar

rexementos de curas e de freires que, ademais de estar directamente interesados no éxito da relixión católica, non teñen familia, nin fogar, ninson de utilidade ningunha ao país, e

4. Contra a actitude dos deputados republicanos que, ostentando un mandato do pobo, non aproveitaron a súa inmunidade parlamentaria parapoñerse á fronte das masas na súa protesta contra a guerra.

Chama á clase obreira a concentrar todas as forzas, por se houbese que declarar a folga xeral para obrigar ao Goberno a respectar os dereitos queteñen os marroquís a conservar intacta a independencia da súa patria.

COMITÉ DE FOLGA. Proclama. 21 de xullo de 1909.

3.- Os representantes de Cataluña nas Cortes, ante a gravidade e transcendencia dos momentos actuais (...) coinciden en afirmar:A.- Que é vontade xeral de Cataluña a obtención dun réxime de ampla autonomía.B.- Que é de gran conveniencia para España transformar a organización do Estado baseándoa nun réxime de autonomías (...).E en adoptar os seguintes acordos:1º Pedir ao Goberno a inmediata reunión das Cortes para que as mesmas, en funcións de constituíntes, deliberen e resolvan sobre a organización

do Estado e a autonomía dos Municipios e dean solución inmediata ao problema militar e aos que as circunstancias actuais provocan con apremioinaprazable para a vida económica de España.

2º Comunicar o anterior acordo ao Goberno, e, en caso de non obter a inmediata convocatoria das Cortes, invitar a todos os senadores e deputadosespañois para que concorran a unha Asemblea extraoficial que delibere sobre os extremos consignados no acordo anterior, e cuxa primeira reunióntería lugar nesta cidade o día 19 do corrente.

ASEMBLEA DE PARLAMENTARIOS. Declaración. 5 de xullo de 1917.

4.- Aos obreiros e á opinión pública: Chegou o momento de poñer en práctica, sen vacilación algunha, os propósitos anunciados polos representantesda UXT e da CNT no manifesto subscrito por estes organismos no mes de marzo último. (...)Pedimos a constitución dun goberno provisional que asuma os poderes executivo e moderador, e prepare, previas as modificacións imprescindiblesdunha lexislación viciada, a celebración de eleccións sinceras dunhas Cortes constituíntes que aborden, en plena liberdade, os problemas fundamentaisda Constitución política do país. Mentres non se consiga este obxectivo, a organización obreira española está absolutamente decidida a mantersena súa actitude de folga.Cidadáns: Non somos instrumento de desorde como na súa impudicia nos chaman con frecuencia os gobernantes que padecemos. Aceptamos unhamisión de sacrificio polo ben de todos, pola salvación do pobo español, e solicitamos o voso concurso. Viva España!

COMITÉ DE FOLGA UXT-PSOE. Manifesto. 12 de agosto de 1917.

5 Data de nomeamento Carácter político

191719 de abril11 de xuño

3 de novembro

Concentración liberal (García Prieto)Conservador (Dato)Concentración liberal (García Prieto)

191822 de marzo

9 de novembro5 de decembro

Concentración nacional (Maura) Concentración liberal (García Prieto)Liberal (Conde de Romanones)

191915 de abril20 de xullo

12 decembro

Conservador (Maura)Conservador (Sánchez de Toca)Concentración (Allendesalazar)

1920 5 de maio Conservador (Dato)

19218 de marzo

13 de marzo14 de agosto

Goberno interino (Bugallal)Conservador (Allendesalazar)Concentración (Maura)

19228 de marzo

7 de decembroConcentración conservador ( Sánchez Guerra)Concentración liberal (García Prieto)

6.- Os superviventes corren outeiro abaixo, en cego tropel.Choven as balas arredor, son perseguidos a través dobarranco, cazados no camiño que serpentea entre montes.Caen, caen, en bárbara carnicería. Non hai feridos: o que dáen terra, morre a coiteladas. E caen tantos por debilidade,por non poderse ter en pé! Dos 300 chegan 25 a Annual, unsmudos, outros tolos. Catro falecen ao probar a auga; algúns,rebentados pola carreira, morren ao parárense.

Augusto VIVERO. O derrubamento. 1922.

7.- Abandónase a posición con todos os seus elementos, seninstrucións, con présas, sen coñecer plan nin dirección,revoltas as forzas, confundidas, sen xefes, pode dicirse,acosados polo inimigo e sen máis idea visible que a dasalvación individual pola fuxida, vergoñenta nuns, inexplicablenoutros e lamentable en todos, onde foran inútiles osesforzos duns cantos para conter esta avalancha, que tanimpremeditadamente se deixara desbordar. É imposible facera descrición exacta deste momento de pánico (...).

Expediente Picasso, 1922.

8.- Españois: Chegou para nós o momento máis temido que esperado (...) de atender o clamoroso requirimento de cantos amando a Patria non ven paraela outra salvación que liberala dos profesionais da política, dos homes que por unha ou outra razón nos ofrecen o cadro de desventuras einmoralidades que comezaron o ano 98 e ameazan a España cun próximo fin tráxico e deshonroso. A mesta rede da política de concupiscencias colleunas súas mallas, secuestrándoa, ata a vontade real (...).Pois ben, agora imos recabar todas as responsabilidades e gobernar nós ou homes civís da nosa moral e doutrina. Non temos que xustificar o nosoacto, que o pobo san demanda e impón. Asasinatos (...), atracos, depreciación da moeda (...), rastreiras intrigas políticas tomando por pretexto atraxedia de Marrocos (...), precaria e ruinosa a produción agrícola e industrial, impune propaganda comunista, impiedade e incultura, xustiza influídapola política, descarada propaganda separatista (...). Non vimos a chorar mágoas e vergoñas, senón poñerlles pronto e radical remedio, para o querequirimos o concurso de todos os bos cidadáns. Para iso (...) constituirase en Madrid un Directorio Militar con carácter provisional encargado demanter a orde pública e asegurar o funcionamento normal dos ministerios e organismos oficiais.

Miguel PRIMO DE RIVERA: Manifesto ao país e ao exército. 13 de setembro de 1923.

Page 14: Tema 6.- Estado e nación na Restauración borbónica. [1875 ... BAC tema... · que é pr eeminente, e a do Pa rlamento, que obr igaba ou b en a cont ar cunha maior ía suficiente

2º BAC - Tema 6 - páx. 14

4.3.- A ditadura de Primo de Rivera (1923-1930). [páx. 233 a 239]

� O 13 de setembro de 1923, o capitán xeneral de Cataluña, Miguel Primo de Rivera, acaudillou un golpe de Estado contra o Goberno constitucionalque puxo fin ao sistema político da Restauración, afectado por unha profunda crise desde 1917, e implantou un réxime ditatorial. Primo de Riverapresentou a Ditadura como unha medida excepcional e transitoria coa que pretendía solventar os graves problemas que padecía España.

C A Ditadura de Primo de Rivera foi un réxime cun vago programa rexeneracionista (o ditador críase o cirurxián de ferro do que falara Joaquín Costa),inspirado no modelo intervencionista e corporativista dos réximes autoritarios en auxe na Europa de entreguerras. Durante a Ditadura sucedéronsedous tipos de goberno: o Directorio Militar (1923-1925) e o Directorio Civil (1925-1930).T Na primeira etapa, o ditador tentou facer fronte aos problemas políticos, sociais e militares do país: reformou a administración, restableceu

a orde pública, defendeu a unidade da patria fronte ás reivindicacións dos nacionalismos periféricos, incrementou o esforzo bélico en Marrocos...T Na segunda etapa, Primo de Rivera intentou consolidar o réxime mediante a creación de novas institucións e a potenciación do

desenvolvemento económico e social. O fracaso da institucionalización da ditadura, o incremento da oposición e a carencia de apoios obrigarona Primo de Rivera a dimitir e marchar ao exilio en xaneiro de 1930.

A.- O golpe de Estado (13 de setembro de 1923).

C O contexto en que se fragua a rebelión militar. Os argumentos xustificadores do golpe de Estado. A actitude do rei.C Apoio, aceptación ou indiferenza da maioría da sociedade española. Escasa oposición inicial (PCE, CNT, intelectuais, estudantes...).

B.- O Directorio Militar (setembro 1923 - decembro 1925).

� O Directorio Militar proclamou o estado de guerra, suspendeu a Constitución de 1876 e as garantías constitucionais, disolveu as Cortes, implantoua censura de prensa e prohibiu as actividades dos partidos políticos e dos sindicatos. Impuxo a orde pública con duras medidas represivas contraa CNT e o PCE, declarados ilegais; reprimiu calquera manifestación do nacionalismo, acusado de separatista, e abordou con éxito o conflito marroquí.

B.1.- A rexeneración da vida política.B.2.- O restablecemento da orde pública.B.3.- A defensa da unidade da patria.B.4.- A fin da guerra de Marrocos.

C.- O Directorio Civil (decembro 1925 - xaneiro 1930).

� Logrados os seus propósitos iniciais, Primo de Rivera decidiu afianzarse no poder, poñer fin á ditadura militar e constituír un Directorio civil. Nestasegunda fase o ditador afirmou a vontade de construír un réxime inspirado nas ditaduras autoritarias e de corte corporativo vixentes na Europade entreguerras. Os principais proxectos da ditadura nesta nova etapa foron:

C.1.- Intento de instauración dun réxime corporativo.

C.1.1.- A Asemblea Nacional Consultiva.C.1.2.- A Organización Corporativa do Traballo.

C.2.- A potenciación do desenvolvemento económico.

C Contexto: a política económica da ditadura beneficiouse da conxuntura expansiva internacional da década de 1920.C Caracteres: intervencionismo estatal (regulamentación da produción e do mercado), e nacionalismo económico (proteccionismo).C Obxectivos : impulsar a industria nacional mediante elevados aranceis, a concesión de axudas ás grandes empresas e o aumento do gasto público.C Realizacións (obras públicas) e balance: crecemento económico a costa dun gran déficit público e dun forte proteccionismo sen cambios estruturais.

C.3.- Incremento da oposición ao réxime e caída da Ditadura.

C O intento de perpetuación da Ditadura e as sucesivas medidas do Goberno xeraron fortes resentimentos e decepcións en numerosos colectivos,o cal posibilitou a formación dunha ampla fronte de oposición ao réxime, os membros da cal converxen nos seguintes obxectivos: T Abolición da Ditadura e da Monarquía.T Proclamación da República e convocatoria dunhas Cortes constituíntes.

4.4.- A fin da monarquía borbónica (1930-1931). [páx. 239-240]

� Goberno de Dámaso Berenguer: a Ditabranda. [xaneiro 1930-febreiro 1931]C Obxectivo: restablecer a normalidade política e as liberdades públicas segundo a Constitución de 1876. Unha volta ao pasado fracasada.C A lentitude das reformas necesarias acelerou a organización da oposición: sinatura do Pacto de San Sebastián (agosto 1930). Na reunión constituíuse

un comité revolucionario, presidido por Alcalá-Zamora, que chegaría a ser o Primeiro Goberno Provisional da Segunda República Española.C Fracaso dos intentos de establecer a república pola vía do pronunciamento: Jaca e Cuatro Vientos (decembro de 1930)

� Goberno de concentración, presidido polo almirante Aznar. [febreiro-abril 1931]C A monarquía intenta frear o deterioro da situación e a crecente axitación política e social, mediante o cambio de Goberno.C Obxectivos: convocar eleccións escalonadas -primeiro as municipais e despois as xerais- e darlle ás novas Cortes un carácter constituínte, para volver

á normalidade como se nada sucedese. C Eleccións municipais do 12 de abril de 1931: un plebiscito a prol ou en contra da Monarquía; o triunfo das candidaturas republicanas nas grandes

cidades provocou a caída da Monarquía e a proclamación da Segunda República (14 de abril de 1931).

Page 15: Tema 6.- Estado e nación na Restauración borbónica. [1875 ... BAC tema... · que é pr eeminente, e a do Pa rlamento, que obr igaba ou b en a cont ar cunha maior ía suficiente

2º BAC - Tema 6 - páx. 15

5.- Nación e nacionalismos en España.

Introdución.

� Nacionalismo e nación: as dificultades de definición.T Nacionalismo: conxunto de teorías que defenden o dereito dos pobos a dispoñer de si mesmos, manter a súa soberanía e independencia e

formar o seu propio Estado, dereito que pode (e debe) ser reclamado e defendido por todos os medios.T Nación: comunidade de individuos unidos pola conciencia de posuír uns lazos que os unen -un territorio, un pasado común, uns vínculos

económicos e culturais (lingua, tradicións, costumes, folclore...)-, e que lles confiren unha identidade particular, diferente das demais, e que,polo tanto, ten dereito a decidir libre e colectivamente o seu destino.

C As múltiples definicións do concepto de nación poden agruparse en dous modelos ou concepcións básicas, difundidos no século XIX:T O modelo francés propuña unha definición política: a nación nace do contrato entre cidadáns libres e iguais, e agrupa a todos os que deciden

vivir en común baixo unhas mesmas leis e compartir os valores da liberdade e a igualdade. Esta concepción chámase liberal voluntarista.T O modelo alemán define a nación como a alma colectiva dun pobo, unha entidade metafísica anterior e superior á vontade dos individuos, e

está definida por unha raza, unha cultura, unha historia, unhas tradicións, uns costumes e, sobre todo, unha lingua particulares e distintos aosdos demais. Esta concepción chámase orgánico-historicista.

5.1.- O nacionalismo español.

� A orixe da idea moderna da nación en España: a Guerra da Independencia e as Cortes de Cádiz (Constitución de 1812).C A división do liberalismo en dúas correntes -doutrinaria e democrática Y aparición de distintas interpretacións da nación española.

A.- O nacionalismo español conservador: o modelo orgánico-historicista.

B.- O nacionalismo español liberal-democrático: o modelo liberal e voluntarista.

5.2.- Rexionalismos e nacionalismos periféricos.

A.- A orixe dos nacionalismos periféricos: factores.

C A diversidade cultural e lingüística.C Os cambios xurídicos, políticos e culturais derivados da implantación do Estado liberal.C O desigual desenvolvemento capitalista: desequilibrios entre capacidade económica e decisión política.C A débil nacionalización española, é dicir, a insuficiente identificación dos españois cuns valores nacionais comúns para todos. Causas:

T A falta de consenso sobre o sistema político e os símbolos nacionais.T O fracaso da política uniformizadora do Estado.

C O descontento e a desilusión pola marcha xeral do país: a sensación da decadencia e desprestixio de España.

B.- A creación e consolidación dunha conciencia nacional: fases e manifestacións.

C As fases: do estudo dos compoñentes culturais da comunidade á axitación política defensora do autogoberno.C As manifestacións: do rexionalismo ao nacionalismo.

5.3.- O catalanismo.

� Concepto, orixe e manifestacións do catalanismo.

A.- A personalidade diferencial de Cataluña.

� Elementos que contribuíron á creación dunha identidade colectiva.C A existencia dunha lingua propia, empregada maioritariamente por todas as clases sociais, exaltada no movemento da Renaixença.C A permanencia dos costumes e do dereito tradicional catalán.C A conciencia dun pasado histórico glorioso, do que proceden numerosos símbolos identificativos da personalidade catalá.C O desenvolvemento industrial, que contrastaba fortemente co resto de España, predominantemente agrario.C A marxinación política fronte á centralización na toma das decisións en Madrid.

B.- O rexionalismo catalán.

� O rexionalismo foi un movemento esencialmente burgués, que non pretendía destruír a unidade nacional de España nin mantiña unha actitude deloita frontal contra o Estado español, senón que propuña un sistema descentralizado, no que as rexións obtivesen un réxime de autogoberno coninstitucións propias.

B.1.- A tendencia progresista.

� Encabezada polo federalista Valentí Almirall: reivindicación política catalá vinculada á idea de modernización do país.T Fundou os primeiros organismos e publicacións catalanistas: Diari Catalá (1879), Centre Catalá (1882), Lo catalanisme (1886).T En 1885 presentou un Memorial de agravios ao rei Alfonso XII.

B.2.- A tendencia conservadora.

Page 16: Tema 6.- Estado e nación na Restauración borbónica. [1875 ... BAC tema... · que é pr eeminente, e a do Pa rlamento, que obr igaba ou b en a cont ar cunha maior ía suficiente

2º BAC - Tema 6 - páx. 16

� Foi a que tivo máis capacidade de influencia na vida política española.T En 1887 fundouse a Lliga de Catalunya (Prat de la Riba, Puig i Cadafalch, Cambó...).T En 1891 fundouse a Unió Catalanista, federación de diversas entidades, que en 1892 publicou as Bases de Manresa, proxecto autonomista de

carácter conservador.

C.- O nacionalismo catalán.

C.1.- O nacionalismo catalán conservador.

� O catalanismo político foi evolucionando cara a posicións nacionalistas a comezos do século XX. Foi Enric Prat de la Riba o primeiro en identificarCataluña como nación, con dereito a autogoberno no seo dun Estado federal español.

C As ideas de Prat de la Riba foron a base do nacionalismo catalán conservador, apoiado polos sectores burgueses e tradicionalistas.T En 1901 fundaron a Lliga Regionalista de Catalunya co obxectivo de participar activamente na vida política catalá e española.T En 1906, a imposición da Lei de Xurisdicións Y formación da coalición Solidaritat Catalana, que obtivo éxitos electorais.T En 1911, a Liga elaborou un proxecto para a creación dunha institución administrativa única para Cataluña, a Mancomunitat Catalana, que

asumiría todas as competencias das deputacións provinciais e outras que delegaría o Estado.T En 1913 o goberno conservador de Dato aprobou a Lei de Mancomunidades.T En 1914 constituíuse a Mancomunitat de Catalunya: primeiro recoñecemento da personalidade política e xurídica catalá, vixente ata 1925

(suprimida pola ditadura de Primo de Rivera).– A influencia da Liga seguiu crecendo: Francesc Cambó, formou parte de diferentes gobernos de Madrid (1917-1922).– Tras a fin da Primeira Guerra Mundial, reactivación do catalanismo Y conseguir para Cataluña unha autonomía completa: a Liga elaborou

un proxecto de Estatuto de autonomía (1919) que foi rexeitado polo goberno central.

C.2.- O nacionalismo catalán progresista e republicano.

� Paralelamente, desenvolveuse tamén un nacionalismo progresista e republicano.T Antoni Rovira i Virgili defendeu a idea de Cataluña como nación forxada na vontade dos cataláns, e a creación dun Estado catalán baseado na

democracia, as liberdades cidadáns, o reformismo social, o laicismo e o republicanismo.T Organización: fragmentación e vinculación co republicanismo (Centre Nacionalista Republicá, 1906; Unió Federal Nacionalista Republicá,

1910-17; Partit Republicá Catalán, 1917).T Primeiras organizacións independentistas, dirixidas por F. Maciá (Federació Democràtica Nacionalista, 1919; Estat Catalá,1922).

� Ditadura de Primo de Rivera Y anulación de todas as reivindicacións catalanistas Y radicalización e reagrupamento das forzas da esquerdanacionalista e republicana: en 1931 formaron Esquerra Republicana de Catalunya, forza hexemónica en Cataluña durante a II República.

5.4.- O nacionalismo vasco.

� O estatus especial das provincias vascas e o Reino de Navarra desde a época medieval.

A.- Carlismo e foralismo.

� O impacto da revolución liberal Y eliminación dos privilexios forais, proceso que se desenvolveu en sucesivas fases:C Constitución de Cádiz Y eliminación dos privilexios vascos e de Navarra Y forte sentimento de oposición a estas medidas. En 1814, a restauración

do absolutismo por Fernando VII reinstaurou o sistema foral do Antigo Réxime.C Primeira Guerra Carlista (1833-1839): enfrontamento entre centralismo liberal e foralismo Y Convenio de Vergara: acordo ambiguo de respectar

os privilexios forais en todo o que non fose contra a unidade constitucional de España.C Lei paccionada de 1841: Navarra deixaba de ser reino para converterse nunha provincia especial que mantiña a súa autonomía fiscal e

administrativa. As provincias vascas viron recortados os seus privilexios forais.C Terceira Guerra Carlista (1872-1876) Y abolición dos foros vascos. En 1878: Réxime do concerto económico, vixente ata 1937.� Abolición dos foros + industrialización Y pensamento nacionalista fortemente independentista e belicoso encabezado por Sabino Arana.

B.- Sabino Arana Goiri.

� Liñas básicas do pensamento e das realizacións de Sabino Arana:C Oposición frontal ás transformacións que o liberalismo e a industrialización estaban producindo nas provincias vascas: consideraba que ameazaban

a supervivencia da sociedade tradicional vasca.C Defensa vehemente da independencia dos territorios vascos fronte a España e Francia, e da súa unión nunha nova entidade: Euzkadi.

T En 1882 comezou a elaborar as súas propostas nacionalistas.T En 1894 fundou en Bilbao o Euskaldun Batzokija, sociedade político-recreativa creada para defender o restablecemento dos dereitos e costumes

vascos, así como a independencia de Euskadi.– Este novo Estado estaría formado pola confederación de todos os territorios vascos e basearíase en: un lema (Deus e leis antigas), unha

bandeira, a ikurriña; unha lingua, o euskera; e un inimigo, os maketos (inmigrantes españois).

C.- O Partido Nacionalista Vasco.

� Fundado por Sabino Arana en 1895, a partir de 1898 presentouse ás eleccións, logrando os primeiros éxitos.C Tras a morte de Sabino Arana en 1903: organización (constitución do Euzkadi Buru Batzar) e definición dos seus estatutos (1906).C En 1911, os nacionalistas vascos fundaron o sindicato Solidariedade de Traballadores Vascos, (orixe do actual ELA-STV) para contrarrestar a

influencia socialista e anarquista nos medios obreiros.C O movemento nacionalista foi crecendo e ampliando a súa influencia e poder Y dúas tendencias diferenciadas pola estratexia:

Page 17: Tema 6.- Estado e nación na Restauración borbónica. [1875 ... BAC tema... · que é pr eeminente, e a do Pa rlamento, que obr igaba ou b en a cont ar cunha maior ía suficiente

2º BAC - Tema 6 - páx. 17

T Radical independentista: separatista e defensor da independencia.T Moderada e posibilista: partidaria do autonomismo e de conseguir a plena reintegración foral sen romper coa unidade de España.

C 1916: novo nome -Comunión Nacionalista Vasca-, para reflectir o seu carácter de partido católico defensor de toda a comunidade.C En 1921, as tensións entre o sector radical e o posibilista Y ruptura da Comunión Nacionalista Vasca.

T O sector radical (os aberrianos), expulsados da CNV, decidiron refundar o PNV.C Ditadura de Primo de Rivera: represión do nacionalismo vasco, relegado a actos culturais, folclóricos e deportivos.C En 1930, as dúas tendencias do nacionalismo vasco uniranse de novo no PNV.

5.5.- O galeguismo.

� Heteroxéneo movemento, que reivindica o recoñecemento dos intereses de Galicia, a defensa do galego e do autogoberno.C O seu grao de implantación na sociedade foi escaso: no século XIX estivo limitado a determinados círculos minoritarios de intelectuais e políticos;

as masas populares non participaron de forma activa nas reivindicacións galeguistas ata ben entrado o século XX.C Proceso evolutivo en tres fases: provincialismo (1840-1885), rexionalismo (1885-1916) e nacionalismo (1916-1936).

T Elementos comúns: denuncia da pobreza, atraso e afastamento de Galicia + sentimento de aldraxe pola súa marxinación.

A.- Os alicerces do galeguismo: o provincialismo.

� Provincialismo: movemento que trataba de recuperar a idea da provincia galega, é dicir, Galicia como un todo, como unha unidade diferenciada,superando a división artificial en catro provinciais imposta polo Estado liberal.

C Os provincialistas consideraban que Galicia é un pobo con personalidade propia, que debe gobernarse mediante institucións que lle permitandesenvolverse de forma autónoma, polo que criticaron o centralismo político.

A.1.- A xeración de 1846.

� Grupo de mozos universitarios e profesionais liberais vinculados ao progresismo, entre os que destaca Antolín Faraldo.C Defenden a singularidade de Galicia e critican os problemas que padecía: carencia de industrialización, ruralización, atraso económico, marxinación

política, excentralización...C Formulan as primeiras manifestacións dun pensamento político que defende o autogoberno mediante institucións propias.

T Posta en práctica destas ideas: pronunciamento de Miguel Solís contra o goberno moderado de Narváez en 1846.T Pese ao seu fracaso, as súas propostas foron continuadas polos rexionalistas e os republicanos federais.

A.2.- O Rexurdimento.

� Activo movemento de recuperación da literatura e historia de Galicia, centrado nas décadas de 1850 e 1860.T Literatura: defensa do emprego do galego como lingua non só popular senón tamén literaria (Rosalía de Castro, Curros...).T Historia: Vicetto e Murguía desenvolven traballos de recuperación e interpretación do pasado de Galicia, que subministraron argumentos ao

nacente galeguismo:– Estes traballos incidiron nos trazos específicos de Galicia: situación xeográfica, lingua, costumes, pasado glorioso e orixes vinculados a unha

raza superior, a raza celta (celtismo).

B.- O rexionalismo galego.

� Movemento que defende o emprego da lingua galega e a consecución da autonomía política e administrativa de Galicia sen rachar a unidade doEstado español. Xorde na década de 1880 desde dúas posturas ideolóxicas diferentes:

B.1.- As tendencias ideolóxicas.

C A tendencia liberal: Manuel Martínez Murguía.C A tendencia conservadora, tradicionalista e católica: Alfredo Brañas.

B.2.- As realizacións prácticas.

C Primeiras organizacións de tipo galeguista (Asociación Rexionalista Galega, 1891; Liga Galega, 1897)C Creación de institucións de defensa da lingua (Real Academia Galega, 1906).C Fundación de periódicos para a difusión dos seus ideais (A Rexión Galega, 1886; A Patria Galega, 1891; A Nosa Terra, 1907).C Creación de organismos políticos: Solidariedade Galega (1907) naceu coa intención de agrupar a todas as persoas e grupos defensores da

descentralización (desde carlistas a federais), de participar na loita electoral e de contribuír ao fomento da riqueza de Galicia.T A súa maior aportación foi a concienciación do ámbito rural, a través do movemento agrarista.

C.- O nacionalismo galego.

� A partir de 1916, o pensamento político galeguista afirmou con rotundidade que Galicia é unha nación.T O labor de Antón Vilar Ponte, Vicente Risco, Ramón Vilar Ponte, Castelao...: recolleron, fundamentaron e divulgaron os trazos esenciais da

nación galega, analizaron os problemas que padecía e propuxeron solucións e alternativas.

C.1.- A doutrina nacionalista galega: trazos comúns e tendencias.

C Trazos comúns:

Page 18: Tema 6.- Estado e nación na Restauración borbónica. [1875 ... BAC tema... · que é pr eeminente, e a do Pa rlamento, que obr igaba ou b en a cont ar cunha maior ía suficiente

2º BAC - Tema 6 - páx. 18

T Predominio dos elementos organicistas, culturais e históricos fronte aos elementos políticos.T Denuncia do atraso económico e da opresión cultural de Galicia por Castela.T Apoloxía da modernización da produción agropecuaria.T Defensa da autonomía integral de Galicia.T Rexeitamento do separatismo e desexo de conseguir unha federación ibérica na que se poida reintegrar Portugal.

C As diferenzas entre eles xorden por motivos políticos e sociais:T Nacionalismo tradicionalista: Antón Lousada, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Filgueira Valverde...T Nacionalismo democrático: Xoán Vicente Viqueira, Castelao, Alexandre Bóveda...

C.2.- Evolución do nacionalismo galego desde 1916 a 1931.

� No terreo organizativo, o nacionalismo galego manifestouse inicialmente a través das Irmandades da Fala.C Obxectivos: defensa, dignificación e cultivo do galego, potenciación da propia identidade e busca de solucións aos problemas de Galicia.

T A primeira fundouse na Coruña en 1916, estimulada por Antón Vilar Ponte Y rápida extensión por toda Galicia.T En 1918, en Lugo, celebrouse a primeira asemblea das Irmandades da Fala, a I Asemblea Nacionalista, na que se definiu o seu programa político:

a busca da autonomía integral de Galicia.C Na IV Asemblea Nacionalista de Monforte en 1922, o movemento escindiuse en dúas liñas diferentes en canto a ideoloxía e estratexia:

T A maior parte das Irmandades, dirixida por Vicente Risco, decidiu fundar a Irmandade Nacionalista Galega, de orientación basicamente culturale partidaria do abstencionismo electoral.

T A Irmandade da Coruña, a de maior numero de afiliados, liderada por Luís Peña Novo, decidiu a participación política nas eleccións.

� Creación de órganos de difusión da cultura galega: a revista Nós, (1920, dirixida por Risco), e o Seminario de Estudos Galegos (1923). C A xeración Nós: grupo de xoves intelectuais galegos que realizaron un intenso labor de estudo, creación e divulgación de todas as manifestacións

da realidade galega (literarias, artísticas, históricas, xeográficas, etnográficas...).

� O nacionalismo galego durante a Ditadura de Primo de Rivera:C Represión de calquera tipo de actuación ou propaganda política dos nacionalismos periféricos Y as actividades galeguistas quedaron reducidas só

ao ámbito cultural.C A partir de 1929, varios grupos de galeguistas e republicanos organízanse para volver á acción política:

T Fundación da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) en 1929. O seu principal dirixente foi Santiago Casares Quiroga.T Fundación do Partido Galeguista (1931), que tivo un gran protagonismo durante a II República.