tema a ilustracion. inmanuel kant

37
Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba A ILUSTRACIÓN «O século XVIII, chamado da Razón ou das Luces, é un século de equilibrio entre a Tradición e a Revolución, simbolizado polo pensamento da Ilustración e as Monarquías do Despotismo Ilustrado. Só ao final, cando rompe o compromiso, desembocaría no século da Revolución. » O século XVIII é o século das luces ou da Ilustración. O século XVIII é o século do optimismo na razón humana. Os grandes avances científicos que se producen nesta época provocan unha confianza sen límites no progreso da humanidade.A correntes filosóficas do racionalismo e o naturalismo dos grandes pensadores franceses (Descartes), ingleses (Bacon, Hobbes) e holandeses (Spinoza) da centuria anterior triunfaron ao finalizar o século en Alemaña co gran Leibniz (m. 1716)) e en Inglaterra co empirismo de Locke (m. 1704) e as investigacións científicas do xenial Newton (m.1722). O ambiente de liberdade política, diversidade relixiosa e prosperidade económica da burguesía imperante en Inglaterra e Holanda era o máis adecuado para o triunfo do pensamento ilustrado. Con todo, foi en Francia onde a interpretación do empirismo inglés polos racionalistas continuadores de Descartes produciu o movemento da Ilustración. A orixe da Ilustración apoiouse no racionalismo imperante na época (René Descartes, Baruch Spinoza), na filosofía política (Thomas Hobbes, John Locke), no escepticismo (Pierre Bayle, Condorcet), nos descubrimentos científicos e no espírito de relativismo cultural fomentado pola explotación do mundo non coñecido. Aínda que non constitúe o único movemento cultural da época, a Ilustración ou Iluminismo é a filosofía predominante na Europa do século XVIII. Consiste nun movemento filosófico, pedagóxico e político que vai conquistando progresivamente ós intelectuais e á burguesía europea. De feito, o pensamento ilustrado acompaña ás revolucións liberais burguesas do século XVIII e expresa a ideoloxía burguesa, liberal e tolerante en todas as ordes. Ensartándose sobre as diferentes tradicións dos países europeos, a Ilustración non se configura coma un sistema compacto e unitario de ideas, senón coma un movemento que atopa o seu fundamento na confianza na razón humana. O desenvolvemento da razón levará ó progreso da humanidade ó liberala das cadeas da tradición, a ignorancia, a superstición e a opresión. A Ilustración representa, pois, unha actitude total que envolve unha concepción da vida que ten como centro ó ser humano independizado das tutelas tradicionais (sociais, políticas, relixiosas, etc.), posuíndo unha confianza nos seus propios medios para solucionar todos os problemas sociais e dominar a natureza. Este movemento cultural xorde como un intento de iluminar a toda a humanidade mediante o pensamento e as ideas, máis aló das tutelas relixiosas e políticas que impiden ao home ser máis consciente e máis libre.A razón levaranos polos camiños da ciencia, a liberdade e o progreso. O humanismo ilustrado é claramente progresista e optimista. A Ilustración é a primeira cultura laica na historia de Europa. Unha cultura que se desenvolve á marxe do cristianismo e mesmo nalgúns aspectos anticristiá. As virtudes cristiás son convertidas pola burguesía en virtudes laicas (por exemplo, xa non se fala de caridade, senón de filantropía). 1

Upload: valter-luiz-almeida-vitor

Post on 09-Dec-2015

21 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Kant e a modernidade

TRANSCRIPT

Page 1: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

A ILUSTRACIÓN«O século XVIII, chamado da Razón ou das Luces, é un século de equilibrio entre a Tradición e a Revolución, simbolizado polo pensamento da Ilustración e as Monarquías do Despotismo Ilustrado. Só ao final, cando rompe o compromiso, desembocaría no século da Revolución. »

O século XVIII é o século das luces ou da Ilustración. O século XVIII é o século do optimismo na razón humana. Os grandes avances científicos que se producen nesta época provocan unha confianza sen límites no progreso da humanidade.A correntes filosóficas do racionalismo e o naturalismo dos grandes pensadores franceses (Descartes), ingleses (Bacon, Hobbes) e holandeses (Spinoza) da centuria anterior triunfaron ao finalizar o século en Alemaña co gran Leibniz (m. 1716)) e en Inglaterra co empirismo de Locke (m. 1704) e as investigacións científicas do xenial Newton (m.1722).

O ambiente de liberdade política, diversidade relixiosa e prosperidade económica da burguesía imperante en Inglaterra e Holanda era o máis adecuado para o triunfo do pensamento ilustrado. Con todo, foi en Francia onde a interpretación do empirismo inglés polos racionalistas continuadores de Descartes produciu o movemento da Ilustración.

A orixe da Ilustración apoiouse no racionalismo imperante na época (René Descartes, Baruch Spinoza), na filosofía política (Thomas Hobbes, John Locke), no escepticismo (Pierre Bayle, Condorcet), nos descubrimentos científicos e no espírito de relativismo cultural fomentado pola explotación do mundo non coñecido.

Aínda que non constitúe o único movemento cultural da época, a Ilustración ou Iluminismo é a filosofía predominante na Europa do século XVIII. Consiste nun movemento filosófico, pedagóxico e político que vai conquistando progresivamente ós intelectuais e á burguesía europea. De feito, o pensamento ilustrado acompaña ás revolucións liberais burguesas do século XVIII e expresa a ideoloxía burguesa, liberal e tolerante en todas as ordes.

Ensartándose sobre as diferentes tradicións dos países europeos, a Ilustración non se configura coma un sistema compacto e unitario de ideas, senón coma un movemento que atopa o seu fundamento na confianza na razón humana. O desenvolvemento da razón levará ó progreso da humanidade ó liberala das cadeas da tradición, a ignorancia, a superstición e a opresión.

A Ilustración representa, pois, unha actitude total que envolve unha concepción da vida que ten como centro ó ser humano independizado das tutelas tradicionais (sociais, políticas, relixiosas, etc.), posuíndo unha confianza nos seus propios medios para solucionar todos os problemas sociais e dominar a natureza. Este movemento cultural xorde como un intento de iluminar a toda a humanidade mediante o pensamento e as ideas, máis aló das tutelas relixiosas e políticas que impiden ao home ser máis consciente e máis libre.A razón levaranos polos camiños da ciencia, a liberdade e o progreso. O humanismo ilustrado é claramente progresista e optimista.

A Ilustración é a primeira cultura laica na historia de Europa. Unha cultura que se desenvolve á marxe do cristianismo e mesmo nalgúns aspectos anticristiá. As virtudes cristiás son convertidas pola burguesía en virtudes laicas (por exemplo, xa non se fala de caridade, senón de filantropía).

1

Page 2: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

CONFIANZA NA RAZÓN USO CRÍTICO E CONSTRUTIVO

COÑECEMENTO / VERDADE

espiritual SERVIDUME LIBERACIÓN PROGRESO material político

Ignorancia / erro → defensa da ciencia e da técnicaPrexuízos morais e supersticións relixiosas → tolerancia ética e relixiosaOpresión e tiranía política → loita contra a tiranía en favor da liberdade políticaRelacións deshumanizadas entre os homes → defensa dos dereitos inalienables do homeTradición e superstición → crítica da tradición e as supersticiónsDogmas metafísicos → rexeitamento dos sistemas metafísicos dogmáticos

1. FACTORES POLÍTICOS, SOCIAIS E CULTURAIS QUE NO SÉCULO XVIII CONDUCEN Á ILUSTRACIÓN

A. ASPECTOS ECONOMICO-SOCIAIS

Esta centuria supón no seu conxunto, a superación da crise económica que caracteriza a Europa no século XVII. Entre 1720 e 1780 aproximadamente, a economía europea entra en período de desenvolvemento. As causas desta prosperidade son as seguintes:

Nova afluencia de metais preciosos procedentes de América

Desde principios do século XVI, as minas de ouro e prata americanas esgotáronse; en cambio, a partir de 1720 descóbrense novas minas de ouro, extraordinariamente ricas, en Brasil. Este ouro, ao chegar ao continente europeo reactiva toda a economía e a marcha dos negocios.

Maior prosperidade na agricultura e industria

O campesiñado do século XVII recollía moi pouca colleita e, nela, debía apartar tres porcións: unha entregaba á Igrexa como pago de diezmos; outra entregaba ao nobre que era o propietario da terra e a terceira parte debía dala ao rei como pago de impostos; o que lle quedaba era mínimo, e estaba destinado ao consumo.

Iso significaba que o campesiño non podía vender senón só consumir o que producía. Desta forma, apenas tiña ingresos e o seu nivel de vida era moi baixo.

Esta falta de ingresos debíase ao baixo rendemento das colleitas: o normal era que só se cultivasen catro grans de cereal por cada gran sementado.

2

Page 3: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

A partir de 1720, a situación cambia: as colleitas comezan a ser máis abundantes, debido a:

A introdución de novas plantas moi produtivas, como o millo. Procedente de América, o que permitiría aumentar o número de cabezas de gando, isto produce máis esterco e leva abundantes colleitas. Ao mellorar os rendementos, o campesiño pode aforrar e investir na adquisición de apeiros de labranza máis moderna e de novo reverte en aumento de colleitas.

O cambio climático, que é máis óptimo para a agricultura, a diferenza do século XVII, no que foran frecuentes os anos consecutivos de seca.

Por primeira vez, no século XVIII, o campesiño europeo, logo de pagar á Igrexa, ao nobre e ao rei, queda con sobrante de diñeiro, que eleva o seu nivel de vida. Terminan as grandes fames, epidemias de peste características do século XVII.

O aumento do poder adquisitivo do campesiñado posibilitará un maior consumo e impulsa un desenvolvemento da industria téxtil e do ferro.

B. ASPECTOS POLÍTICOS

Outra característica do século XVIII é que o absolutismo monárquico alcanza en toda Europa a súa maior forza e esplendor. É neste século, onde a burguesía oponse xa á monarquía absoluta, pois aquela, que xa tiña o poder económico, aspira a alcanzar o poder político monopolizado pola nobreza.

Será a burguesía a que asuma o protagonismo neste século, que se enfronta ao sistema político - social establecido, aspiran a destruír o denominado “Antigo Réxime” sintetizado no absolutismo e os privilexios da nobreza e clero, elabora unha cultura nova: a Ilustración.

No concernente ás relacións internacionais europeas, apareceu un sistema político chamado a ter un gran predicamento: o equilibrio europeo. Esta fórmula, propugnada por Inglaterra, representaba o instrumento político do nacente imperialismo británico. A través deste sistema, Inglaterra lograba eliminar calquera rival perigoso no continente, enfrontándoo con outra potencia ou cunha coalición, mentres que a súa flota impúñase no Océano e as súas tropas conquistaban a supremacía no mundo colonial. Neste sentido, non hai dúbida de que o século XVIII iniciou a preponderancia política inglesa, como o século XVII fora de predominio francés e o XVI, de auxe español.

Na nova orde internacional europeo desapareceron por completo as influencias relixiosas que tanta importancia exerceran ata mediados do século XVII. Os conflitos europeos do século XVIII naceron de oposicións dinásticas e económicas. Por tal motivo, esta centuria é a época das guerras de Sucesión e das loitas coloniais de gran voo. A finais do século XVII asistiremos á guerra de Sucesión á coroa española.

O réxime político máis estendido no século XVII foi o absolutismo, que no século XVIII virá a dar en despotismo ilustrado, forma de goberno absolutista na que os monarcas utilizan as ideas ilustradas a través de leis absolutas.A Ilustración representa un pensamento crítico e reformista que lle serve a estes monarcas para introducir melloras nos seus dominios. Estes déspotas ilustrados toman da Ilustración unicamente o que lles convén e apóianse nela para reformar os seus estados: suprimen os restos que quedaban do feudalismo

3

Page 4: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

(como fixo Federico II de Prusia); protexen a agricultura coa construcción de canles e pantanos, así como coa introducción de novos cultivos; urbanizan e modernizan as cidades (como levou a cabo Carlos III en España, que constrúe grandes avenidas, levanta monumentos e dota de iluminación pública ás cidades). Os reis tamén introducen reformas xudiciais, como a supresión da tortura (ata entón era utilizada polos xuíces como forma corrente de investigación) e crean multitude de centros educativos, academias e universidades. Sen embargo estas reformas realízanse sen contar co pobo: “Todo polo pobo, pero sen o pobo”. É de destacar o seu rexeitamento á liberdade política. Por conseguinte, a burguesía ilustrada, que nun principio apoiaba as reformas dos monarcas, termina rebelándose contra esta nova forma de gobernar absolutista. Prodúcense así as revolucións liberais burguesas que culminarán coa Revolución francesa de 1789.

C. AMBIENTE SOCIOCULTURAL

Crise de conciencia Europea:

A primeira metade do século XVII o panorama intelectual da maioría dos homes instruídos estaba dominado por dúas fontes de autoridade: os autores clásicos grecorromanos e a Biblia cristiá. Ambos estaban reforzados polo Renacemento e a Reforma, era un mundo que aínda non estaba liberado completamente da tradición medieval.

Feitos como a Revolución Científica, a transformación da economía, a evolución tecnolóxica, o descubrimento de novas terras e novas culturas, etc. cambiaron a forma de vida dos europeos e modificaron as ideas dos intelectuais achega do mundo en que vivían.

Cara a 1680 comezou un movemento de crítica racionalista, creado por científicos e filósofos, que rexeitaban os dogmas tradicionais de atopar a verdade mediante os métodos experimentais. Tanto Galileo como Newton, no ámbito da física, tiñan probas contundentes dos grandes erros que contiñan as crenzas e teorías antigas.

Nesta centuria asistiremos ao progreso das ciencias, de vital transcendencia e básico para entender a situación do progreso actual. Os éxitos obtidos grazas ao desenvolvemento da ciencia durante os séculos XVI e XVII, fan crer que, a través do coñecemento, pódense resolver todos os problemas humanos, considerados froito da ignorancia e a superstición.De aquí o gran interese por divulgar os coñecementos científicos mediante publicacións periódicas que alcanzan gran difusión ou a través das Academias.

Expansión do Mundo:

Do mesmo xeito que a Revolución Científica, a Revolución Intelectual estivo moi relacionada coa ampliación dos coñecementos, e estes á súa vez coa expansión do espazo humano. Os grandes descubrimentos xeográficos, as viaxes, as exploracións, etc. expandiron o espazo cultural dos europeos, permitindo que estes manexasen moito mellor os seus coñecementos acerca da Terra e os seus recursos.

O máis importante foi o encontro cos pobos indíxenas de África e de América. A existencia destes grupos non mencionados na Biblia, causou un gran impacto nas mentalidades europeas e conmocionou as súas ideas relixiosas. Isto deu orixe á procura de explicacións que permitisen relacionar aos pobos indíxenas con grupos humanos citados na Biblia. Tamén se chegou a negar a existencia dos indíxenas dentro dos seres humanos (de natureza humana).

4

Page 5: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

Para a parte intelectual, a cultura dos pobos indíxenas foi observada con gran interese, en especial científico e colonistas. Ao ir colonizando os pobos indíxenas, fóronse cualificando as culturas dos mesmos como salvaxes e primitivas, ata as civilizacións Aztecas, Maias e Incas. Estes novos pobos atopados formaron un novo obxecto de estudo, que era a antropoloxía, que se destinaba a investigar o descoñecido mundo dos "salvaxes", dos seres humanos que atoparon en "estado natural".

O xeito en como os europeos viron aos indíxenas atopados nas novas terras, como "salvaxes", trouxo consigo a explotación dos mesmos e a destrución da súa cultura co pretexto de incorporalos á sociedade civilizada. A Ilustración criticou en varias oportunidades o xeito inhumano en como se tratou aos pobos primitivos, idealizando en certo aspecto aos indíxenas como "bos salvaxes", cargados de inxenuidade, que o home europeo perdera.

No caso do contacto con Oriente e Occidente, deuse unha situación oposta, debido a que non existiu un contacto de conquistador - conquistado, senón que se relacionaron no marco do intercambio comercial. O nivel tecnolóxico que tiñan estas rexións asombrou aos europeos, que consideraron a Oriente e Occidente, en especial a China como estados civilizados, ricos e poderosos.

CONDICIONANTES DA ILUSTRACIÓNPOLÍTICOS SOCIAIS FILOSÓFICOS

Despotismo Ilustrado Preponderancia da burguesía comercial

Papel predominante da razón

Revolución Francesa Conflito entre a sociedade estamental e a nova estrutura social

Deísmo

Revolución de Independencia dos EEUU.

Ideas Empiristas: “Todos os homes nacen iguais”

Moral laica

Campañas antiescravistas Liberalismo PolíticoRevolución Industrial

2.AS NOVAS IDEAS: PROGRESO, EDUCACIÓN OU ILUMINACIÓN, HUMANIDADE, CIVILIZACIÓN, NATUREZA:

Como xa dixemos a Ilustración é a ideoloxía e a cultura elaborada pola burguesía europea na súa loita co absolutismo e a nobreza. Tamén pode ser definida como a culminación do racionalismo renacentista. Trátase dun fenómeno iniciado en Francia, que se vai estendendo por toda Europa ao longo do século XVIII. A Ilustración é a postura crítica que adopta a burguesía fronte á orde establecida.

O ideal da Ilustración foi a natureza a través da razón. En realidade non é máis que o espírito do Renacemento levado ata as súas últimas consecuencias, en manifesta oposición co sobrenatural e o tradicional. A natureza ocupa, no pensamento ilustrado, o lugar baleiro deixado pola relixión. Abandónase a antiga concepción da natureza fundamentada en principios teolóxicos (escolástica) ou puramente metafísicos (racionalismo) e xorde unha nova interpretación de carácter positivo e racional, baseada nos novos coñecementos científicos, especialmente na física de Newton. A natureza posúe as súas propias leis e a partir delas exclusivamente poden explicarse todos os fenómenos, sen necesidade de recorrer a outros

5

Page 6: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

principios. O ser humano non debe contrariar á natureza, senón descubrir a legalidade interna do seu funcionamento por medio da razón

O Ilustrado chegaba ao amor ao próximo partindo da razón e non da Revelación . A razón tamén podía levarlle a Deus creador da orde universal ou ben en non crer en principio Supremo algún. Por iso, a maioría dos ilustrados eran deístas, (aínda que ou sinxelamente ateos.) que afirman a existencia dun Deus creador e xusto, pero consideran que o home non pode entrar en contacto coa divindade, e xa que logo non sabe nada dela. De acordo con isto, os deístas rexeitan as relixións reveladas, pero ao mesmo tempo practican a tolerancia relixiosa, pois se todas as relixións valen o mesmo, todas deben ser permitidas.

Ó mesmo tempo, o home do século XVIII pensa que a natureza é unha especie de máquina perfecta que o fai todo ben; hai motivos, xa que logo, para sentirse optimista. Doutra banda, considérase que a historia supón a evolución progresiva da humanidade, é dicir, que o home co transcurso dos séculos vaise perfeccionando continuamente.

Vemos pois, que a Ilustración é unha filosofía optimista, que cre na bondade do home e na posibilidade de alcanzar a felicidade xeral. Mantén unha fe cega no progreso dos seres humanos entendido como unha mellora continua que se produce a todos os niveis (material, espiritual, social, etc.). A través das capacidades da razón os homes serán capaces de transformar a natureza e a súa realidade social e cultural.

É o instrumento clave para ese progreso será a educación. Os pensadores ilustrados,por primeira vez na historia, insistiron na necesidade de poñer a cultura, as ciencias e as artes ó alcance de todas as capas sociais. Non hai que esquecer que hai que entender a Ilustración, sobre todo, como un movemento pedagóxico: “educación para todos”, cultivando as propias capacidades racionais do individuo e rexeitando a superstición e o dogmatismo. A educación ilustrada fai do home un ser capaz de se valer da súa propia intelixencia. A educación é o mellor medio para difundir a cultura e para destruír os prexuízos, a intolerancia e o escurantismo, o medio para “iluminar” as mentes mediante as luces da razón. O saber identifícase coa clarificación, claridade e por iso é identificado tamén coa luz. Así chegará o momento en que se logrará construír a sociedade perfecta, unha especie de paraíso na terra.

Acúñase, deste xeito, un novo concepto de humanidade que se refire sobre todo á realización do home nos ideais da educación, a solidariedade, o servicio á comunidade, a liberdade, a igualdade...(antropocentrismo).

O espírito da Ilustración plásmase na Enciclopedia ou dicionario razoado das ciencias, as artes e dos oficios, obra que pretende ser unha recompilación de todos os coñecementos. A súa accidentada redacción, debida aos problemas de censura, foi levada a cabo principalmente por D´Alambert, Voltaire, Rousseau, etc., o que serviu para que estes autores recibisen o nome de “enciclopedistas”, termo que cobrou certo matiz despectivo nalgúns ámbitos.

A súa difusión, por subscrición, alcanzou a toda Europa. Deuse especial importancia aos artigos dedicados ás ciencias intentando estender aqueles coñecementos considerados máis útiles para o desenvolvemento da humanidade. Nos artigos máis teóricos aparecen as ideas fundamentais dos ilustrados, que procuraban limar asperezas para evitar o obstáculo da censura. No Discurso preliminar da Enciclopedia, D´Alambert preséntaa así:

“A obra que iniciamos (e que desexamos concluír) ten dous propósitos: como Enciclopedia debe expor no posible a orde e a correlación dos coñecementos humanos; como dicionario razoado das ciencias, das artes e dos oficios debe conter, sobre cada ciencia e sobre cada arte, os principios xerais en que se basea e os detalles máis esenciais que constitúen o corpo e a sustancia da mesma”. 6

Page 7: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

Pódese dicir que os obxectivos marcados por D´Alambert cumpríronse amplamente, aínda que logo de moitas vicisitudes e tras máis de 20 anos de traballo (1751-1772).Con iso culminábase o desexo da burguesía: poder ampliar os coñecementos sen acudir a obras especializadas.

3. PANORÁMICA DO PENSAMENTO ILUSTRADO

Os países nos que se aprecia unha maior repercusión da Ilustración son: Inglaterra, país no que se iniciou. Os seus máximos representantes son Locke, Newton e Hume. Ten un carácter empirista e gnoseolóxico. Se cultivan sobre todo as ciencias da natureza e se debaten os problemas da relixión. Talante de liberdade e tolerancia. Francia, país onde acadou o seu máximo esplendor. Céntrase sobre todo en cuestións morais, de dereito, políticas e do progreso histórico. Carácter optimista e progresista. Os seus máximos representantes foron Voltaire, Diderot, La Mettrie, Rousseau... O elemento material difusor das ideas ilustradas foi a Enciclopedia ou Diccionario razoado das artes e dos oficios, dirixida por Diderot e D’Alembert, que pretendeu recoller o saber da época. Os obxectivos da Enciclopedia foron difundir a cultura e os coñecementos, crear unha opinión crítica e antidogmática e denunciar os prexuízos e crenzas tradicionais. Alemaña, onde foi introducida polos Ilustrados franceses. Céntrase na análise da razón para atopar nela os principios que fundamenten o saber e a acción moral. Carácter máis teórico. Os máximos representantes foron Lessing e Kant.

OS TRES CENTROS DA ILUSTRACIÓNPAÍS MODELO DE ESTADO TEMAS CENTRAIS AUTORES

Inglaterra Parlamentarismo EpistemoloxíaMoral

Relixión

BerkeleyHume

HutchesonA.Smith

Francia Monarquía absoluta PolíticaSociedadeRelixión

MontesquieuVoltaireRosseauDiderot

Alemaña Despotismo Ilustrado1740-1786

(Frederico II)

MetafísicaRelixión

WolffKant

4. CARACTERÍSTICAS DA RAZÓN ILUSTRADA:

É ante todo unha razón autónoma. A razón é suficiente en e por se mesma para acada-lo coñecemento e orientar a conducta humana. Por isto hai que ter confianza na razón e

7

Page 8: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

arriscarse a usala con independencia, sen outros límites que aqueles que veñen dados pola súa propia natureza.

“A Ilustración é a liberación do home da súa culpable incapacidade. A incapacidade significa a imposibilidade de servirse da súa propia intelixencia sen a axuda doutro. Esta incapacidade é culpable porque a súa causa non reside na falta de intelixencia, senón de decisión e valor para servirse por si mesmo dela sen a guía doutro. Sapere aude! Ten o valor de servirte da túa propia razón! Velaí o lema da Ilustración” (KANT, Que é a Ilustración?)

A razón é a única guía do home e por isto debemos utilizala sen coaccións e por nós mesmos.

A razón non ten vedado ningún campo de investigación: a natureza, o home, a educación, a moral, a relixión... O home non se reduce á razón, pero todo o que lle concirne pode ser investigado a través da razón.

A razón dos ilustrados é, sen embargo, limitada e controlada pola experiencia, unha razón que se autoanaliza e recoñece os límites da súa propia natureza. (É a razón da Nova Ciencia e non a razón do Racionalismo).

É tamén unha razón crítica e isto en dous sentidos: por un lado, é crítica en canto se clarifica e se examina a se mesma; por outro lado, é crítica en canto denuncia contra a ignorancia, os prexuízos, a tradición, a tiranía, a superstición. É unha razón independente da tradición e a Revelación.

A Ilustración é unha filosofía optimista que se esforza por acadar o progreso espiritual, material e político. Na base deste progreso os ilustrados colocan unha razón construtiva, unha razón concibida como unha capacidade de adquirir coñecementos, unha facultade activa. A razón xa non é, como no Racionalismo, unha facultade sistemática e deductiva que posúe unha bagaxe de ideas innatas. A razón agora é máis ben unha forma de adquisición. Non é coma un almacén onde podemos atopar verdades ben gardadas, senón máis ben a actividade do espírito que conduce ao descubrimento de verdades que aínda non coñecemos.A razón non é un contido fixo de coñecementos e principios, senón unha potencia ou facultade que hai que exercitar para construír novos coñecementos.

É, por outra parte, unha razón tolerante e secularizada. “A tolerancia é patrimonio da razón” (Voltaire). Fronte ao Racionalismo que refería a razón a Deus e a subordinaba a El, a Ilustración é esencialmente un movemento laico. A Ilustración promoveu o Deísmo: actitude que só admite verdades relixiosas que a razón pode demostrar. É o intento de fundar unha relixión natural (=racional) e considera que a maioría dos contidos e ritos relixiosos non son máis que supersticións froito do medo e a ignorancia.

A razón ilustrada é tamén fundamento das novas normas xurídicas e das concepcións do Estado. Se intenta crear un dereito natural (=racional). É tamén unha razón que se esforza por replantexar e transforma os principios da vida social. Resultado destes esforzos é a Declaración dos dereitos do home e do cidadán (1789) baseada nos ideais de liberdade, igualdade, seguridade, fraternidade, etc.

A razón dos ilustrados preséntase como defensa do coñecemento científico e da técnica como instrumentos de transformación do mundo en vistas ao progreso e mellora das condicións de vida.

En conxunto, a Ilustración non é unha filosofía demasiado orixinal en canto a contidos: estes proceden do século anterior. A orixinalidade do pensamento ilustrado consiste no uso que se propón darlle a estes contidos en vistas ao melloramento do mundo e do home. É así como xurde a idea de progreso como proceso crecente de racionalización, tal como o

8

Page 9: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

amosa o avance das ciencias e da técnica. O progreso é algo que afecta a cada home. Cada home debe impulsalo e estendelo para poder liberarse das cadeas que o atan: supersticións, prexuízos, ignorancia, tiranías.... Só así se pode cambia o curso da historia.

A idea de progreso vai unida á de educación e ilustración no terreo social e moral. O home e a sociedade deben comportarse e organizarse de acordo coa razón e para isto hai que educalos (Enciclopedia).

KANT(1724-1804)

Kant saíu da súa cidade natal, Könisberg, en contadas ocasións, pero iso non impediu que recibise a influencia da súa época. Foi, certamente, un home do deu tempo: no seu pensamento, ademais dos ideais culturais da Ilustración que percorrían Europa, podemos encontrar a pegada de movementos e acontecementos sociais e políticos decisivos: a Revolución Francesa, as guerras napoleónicas, o auxe do Estado prusiano, o enaltecemento da cultura xermánica, os inicios do Romanticismo.

1.BIOGRAFÍA E OBRAS:

Inmanuelle Kant naceu en Könisberg, Prusia, no 1724. A súa familia era de orixe escocés e foi educado no espírito relixioso do pietismo(estrita e rigorosa rama do protestantismo), o que quedará reflectido na súa filosofía práctica.

Tras nove anos no colexio, en 1740 ingresa na Universidade de Könisberg, recibindo unha formación filosófica de carácter racionalista (o seu primeiro mestre será Wolff) e ponse en contacto coas investigacións físicas de Newton. Ao acabar os seus estudios pasa un período de estreitezas vivindo das clases particulares. Esta situación cambia no 1770 cando ocupa a cátedra de Lóxica e Metafísica, desempeñando a súa función docente case ata o final dos seus días.

Foi un home metódico ao longo da súa vida e os seus costumes pouco variaron. A súa vida foi dedicada totalmente ao pensamento e na cal non destacan sucesos salientables. Hai unha excepción: a segunda edición da súa obra A relixión dentro dos límites da pura razón, valeulle un conflicto co goberno prusiano. O rei Federico Guillermo II que limitara a liberdade de prensa e instaurara unha ríxida censura, prohibiu a Kant a difusión do pensamento contido en dita obra pois o consideraba contraria á Biblia e ao cristianismo. Kant nunca se recoñeceu como culpable, pero aceptou dita prohibición.

O seu ideal político tal e como o estableceu na súa obra A paz perpetua era unha constitución republicana, fundada en primeiro lugar no principio de liberdade, en segundo lugar sobre o principio de independencia e en terceiro lugar sobre a lei de igualdade como cidadáns.

Nos últimos anos da súa vida Kant caeu nunha debilidade senil que lle foi privando das súas facultades. Nos últimos meses foi perdendo a memoria e a palabra ata que morreu o 12 de febreiro de 1804, sen abandonar nunca o termo municipal da súa cidade natal.

9

Page 10: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

OBRA:

Pódense distinguir tres períodos no seu pensamento:

1º)Sería ata 1760: prevalece un interese polas ciencias naturais. Obra principal: Historia universal natural e teoría dos ceos (1755).

2º)Acada ata 1781: prevalece un interese filosófico e determinase a orientación cara o empirismo e criticismo. Algunhas conclusións das súas obras serviranlle como un punto de partida para os seus escritos críticos.

Na súa obra O único argumento posible para a demostración da existencia de Deus(1763), Kant vai chamar á Metafísica: un océano tenebroso sen ribeiras e sen faros, un abismo sen fondo. No seu pensamento vaise a dar unha orientación cara a análise do empirismo inglés.

3º)Constitúe o período crítico onde escribe as súas obras máis importantes:

1781-Crítica da Razón Pura.

1783-Prolegómenos (explicación á obra anterior).

1784-Que é a Ilustración?.

1785-Fundamentación da Metafísica dos Costumes.

1788-Crítica da Razón Práctica.

1790-Crítica do xuízo.

1793-A relixión dentro dos límites da mera razón.

1795-A Paz Perpetua.

Ao tempo que aparecían todas as súas obras, Kant escribía artigos, opúsculos e aclaracións do seu pensamento en puntos particulares. Pódese dicir que Kant abarcou todos os ámbitos do pensamento; no ámbito do coñecemento a obra cume é a Crítica da razón Pura e no ámbito da moral A fundamentación da metafísica dos costumes e a Crítica da Razón Práctica.

INFLUENCIAS NA OBRA DE KANT:

Kant atópase nun cruce das catro correntes filosóficas que se dan no século XVIII.

a) Na primeira etapa da súa vida, vive o espírito da Ilustración. A confianza na razón, nunha razón usada independentemente, nunha razón que non admite ningunha imposición fóra da mesma, así como a valoración da obra de Newton, son os trazos da súa mentalidade.

b) Dende o punto de vista filosófico, os autores que valora máis Kant cando é novo son os racionalistas. A súa formación filosófica faise seguindo as ensinanzas de Wolff e, de feito, cando Kant ingresa na universidade os seus primeiros escritos tratan sobre as relacións entre o pensamento de Descartes e o de Leibniz.

c) A terceira corrente que inflúe no seu pensamento, provocando un primeiro conflito coa súa mentalidade anterior, é a que provén de Rousseau. O mesmo Kant confesa no 1764 que puxera todas as súas esperanzas nas ciencias ata o día no que a lectura de Rousseau

10

Page 11: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

convenceulle de que os progresos das ciencias e das artes non conseguían facer que os homes foran nin mellores nin máis afortunados.

d) E por último, o pensamento que vai facer que Kant se teña que plantexar os problemas dende unha nova perspectiva, dando orixe ademais a súa chamada etapa crítica é o de Hume. Hume saca a Kant do soño dogmático no que estaba sumido ata esa etapa da súa vida e orienta a súa filosofía por uns camiños totalmente distintos.

2. A IDEA KANTIANA DE ILUSTRACIÓN:

No contexto da Ilustración Kant, que é o cume da mesma en Alemaña, representa, por enriba de todo, a postura crítica, que se centra: por un lado, nunha preocupación polos modos de saber, baseada no descubrimento do natural e o racional na natureza, na sociedade e na historia; e por outro lado claramente en contra da tradición.

Así entende Kant a Ilustración como a liberación da humanidade da súa culpable minoría de idade; é dicir, da súa imposibilidade de servirse da súa intelixencia sen ser guiado por outro. SAPERE AUDE!, será o lema kantiano e que caracteriza o século XVIII.

“A ilustración é a liberación do home da súa culpable incapacidade. A incapacidade significa a imposibilidade de servirse da súa intelixencia sen a guía doutro. Esta incapacidade é culpable porque a súa causa non reside na falta de intelixencia senón de decisión e valor para servirse por si mesmo dela sen a tutela doutro. Sapere aude!¡Ten o valor de servirte da túa propia razón. Velaí o lema da Ilustración.

Para esta Ilustración non se require máis que unha cousa: liberdade; a máis inocente entre todas as que levan ese nome, a saber: liberdade de facer uso público da razón integramente.”(I.Kant,Que é a Ilustración?,en Filosofía da Historia.)

O lema da ilustración kantiana é a audacia, baseada na análise e na crítica racional, pero a partir da experiencia. Como podemos ver no texto, o único que necesitamos é a razón e a liberdade, así como a valentía, para deixar atrás a minoría de idade, e lograr unha autonomía integral. Desde a reivindicación da razón e a liberdade, ábrese un proxecto ético-político de mellora da humanidade. Cabe destacar que este optimismo descansa sobre dúas bases: a 1ª) a crenza na idea de progreso e a 2ª) a afirmación da posibilidade do coñecemento obxectivo: a ciencia.

En Kant hai unha consideración crítica: o pasado é considerado como o conxunto de erros que teñen a súa explicación no insuficiente poder da razón. Así, a Ilustración, leva aos homes a responsabilizarse do seu saber, e en definitiva, da súa liberdade, decidindo por si as súas accións, e sobre todo, exercendo o seu dereito, por fin, a pensar racionalmente. Liberar o ser humano das ataduras da tradición e facer del un ser libre, pasa por sermos capaces de descubrir as leis que rexen o mundo. O coñecemento teórico e o coñecemento práctico deben ir unidos. A pregunta fundamental para Kant será: Que é o ser humano?.

Buscar unha definición de ser humano implica contestar tanto á cuestión teórica: Que pode saber?, como a práctica Que debo facer?, e a teórico - práctica: Que me está permitido esperar?. Coa resposta á primeira descubrimos os límites das nosas capacidades cognoscitivas e poderemos ter un criterio seguro na busca das demais respostas. Coa segunda atoparemos unha regra para o obrar no ámbito moral e político. Coa última afondaremos nas esperanzas, desexos e en todas aquelas facetas do ser humano que determinan o sentido da vida e o universo.

11

Page 12: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

Para levar a cabo este proxecto, Kant recoñece, desde o seu punto de vista de filósofo ilustrado, como único instrumento a razón. Esta importancia que Kant lle concede á razón móstrase fundamentalmente no seu antimilitarismo, na defensa que fai da Revolución Francesa, a cal considera como a revolución do seu tempo e que se produce como un deber, e sempre no seu cosmopolitismo.

Estamos ante o desexo ou a esperanza da época ilustrada e polo tanto tamén de Kant como xenuíno representante dese espírito, dunha conciencia que a propia humanidade pode chegar a ter de si mesma, e dos seus propios acertos e torpezas.

3.PROBLEMAS QUE SE PLANTEXA :

1º) En primeiro lugar, o problema do coñecemento en xeral. Este problema non é novo. Toda a filosofía ten que enfrontarse con el. O que ocorre é que, no mundo moderno, é o problema fundamental e o máis urxente. Ademais, a filosofía da época levara o tema a unha ruela sen saída: mentres que o Racionalismo, partindo da conciencia, mantiña que o verdadeiro, o “real”, era o coherente, o lóxico, e o que proviña dos sentidos non era fiable, o Empirismo situaba o coñecemento sensible, na experiencia, a base do coñecemento auténtico; á marxe da experiencia ningún coñecemento é posible e a razón non pode facer outra cousa que xulgar coas ideas que o home adquire pola súa mediación. Era necesario, pois, enfrontarse co tema dende unha perspectiva nova que superara esa dualidade irreconciliable.

2º) Un segundo problema totalmente relacionado co anterior, é o do coñecemento científico. Un dos trazos que define o século XVIII é a admiración pola obra de Newton que Kant comparte plenamente. Sen embargo, a obra de Hume coa súa afirmación de que sobre a experiencia non pode existir coñecementos que posúan un valor universal e necesario, e coa súa negación da causalidade, puxera en solfa a solidez da ciencia físico - matemática de Newton. Facíase necesario, polo tanto, fundamentar sobre unhas novas bases o seu indiscutible prestixio e os seus continuos progresos.

3º) E, por último, o terceiro problema co que se atopa Kant, e que esixe así mesmo unha urxente solución, é o de fundamentar a moral, o de sinalar como debe comportarse o ser humano e cales son as bases sobre as que se asenta a esixencia dese comportamento. Esta cuestión é tamén permanente na historia do pensamento, pero no século XVIII adquire unha urxencia maior que noutros momentos históricos, posto que a relixión -que servira de base e dotado de contido á moral ata esa época- xa non pode desempeñar o mesmo papel nun século que proclama a independencia da razón. Era necesario, pois, buscar unha moral, independente da tradición relixiosa, que quixera o bo por convencemento –e non por imposición ou temor- e que contribuíra a liberar aos homes.

4.A SÍNTESE ENTRE RACIONALISMO E EMPIRISMO EN KANT:

Kant cuestiónase a posibilidade da Metafísica como ciencia debido principalmente a súa comparación coas demais ciencias (Física e Matemática), pois estas progresan, pero na Metafísica se seguen debatendo os mesmos problemas que estableceran Platón e Aristóteles, e ademais os científicos póñense de acordo, establecen xuízos universais, necesarios, mentres que na Metafísica os filósofos lévanse a contraria. Para Kant ao igual que para Aristóteles a ciencia ten que ser un coñecemento universal e necesario, e as correntes filosóficas predominantes no momento en que desenvolve Kant o seu pensamento, racionalismo e empirismo, chegan a situacións que non fan posible a Metafísica como ciencia.

12

Page 13: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

O Racionalismo, sobre todo o que coñece Kant, o racionalismo de Leibniz tal e como fora asumido por Wolff, baseaba a súa teoría do coñecemento nas ideas innatas, co que salvaba o valor universal e necesario do saber, pero perdía contacto coa realidade, de feito tiña que recorrer a Deus como garante de que as ideas correspondíanse coa realidade. A este racionalismo Kant acúsalle de ser dogmático, xa que presentaba a posibilidade de coñecer, a través da razón, a realidade tal e como é, pero sen facer unha análise da razón, unha crítica da mesma sen referencia á mesma. Ese era o paso que segundo Kant faltáballe ao racionalismo.

O Empirismo, pola súa banda, remite unicamente á experiencia concibida como posibilidade e límite do noso coñecemento. Foi precisamente a lectura de Hume, como xa dixemos, a que espertou a Kant do seu “soño dogmático” racionalista, do seu optimismo na posibilidade de coñecer a partires das ideas da razón toda a realidade. Pero o máximo que pode chegar a proporcionarnos a experiencia é unha pluralidade de datos que como tales non teñen o carácter universal que esixe a ciencia. Ademais Kant non está de acordo coa destrucción que fai Hume do principio de causalidade, xa que non só botaba por terra a posibilidade da Metafísica como ciencia senón tamén de toda ciencia, porque esta baséase en leis universais e necesarias.

Fronte a estas dúas posturas contrapostas: unha que deriva todo dos presupostos da razón sen sometelos a crítica (racionalismo), e outra que só admite a experiencia (empirismo), vai construír Kant o seu sistema, en loita con ambos, pero sen deixar de aceptar algunhas ideas.

Así do Racionalismo mantén que o suxeito que coñece proporciona algo para que sexa posible o coñecemento. O ser humano non se limita a recibir información, senón que constrúe el mesmo a súa imaxe do mundo. Kant ten a convicción de que na mente humana hai algún tipo de contidos que teñen carácter universal e son anteriores á experiencia, aos que chamará condicións a priori do coñecemento. Do Empirismo conservará o principio fundamental de que o coñecemento parte da experiencia, sen ela non haberá coñecemento, principio compartido tamén pola ciencia moderna, aos que chamará datos a posteriori do coñecemento. Nas súas palabras: “Pero, aínda que todo o noso coñecemento comece coa experiencia, non por iso procede todo el da experiencia” (Crítica da razón Pura, 38).

Segundo Kant estas son as condicións necesarias para a existencia da ciencia:

a) Toda ciencia ten que basearse en datos a posteriori que parten da experiencia, chámalles condicións empíricas, son particulares a cada suxeito.

b) Toda ciencia apóiase en contidos a priori, anteriores á experiencia, aos que denomina transcendentais, por ser xerais, necesarios e comúns a todo suxeito.

É a unión destes dous aspectos o que nos amosa a orixinalidade do sistema kantiano e por que se pode falar dunha superación do racionalismo e do empirismo. O proceso do coñecemento tal e como e o entende Kant, non é nin racionalista nin empirista. Só hai ciencia se conxugamos razón e experiencia; pero nin a razón vai ser a razón cartesiana, nin a experiencia vai ser a que defende Hume. O característico do seu sistema é unha transformación da forma de entender a experiencia e a razón.

No terreo epistemolóxico, as teorías de Kant foron tan revolucionarias como as de Copérnico na área da astronomía. A comparación foi proposta polo propio Kant, consciente do carácter innovador e decisivo da súa formulación.

13

Page 14: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

Copérnico vendo as dificultades para manter a explicación dos movementos planetarios se conservaba a teoría de que o Universo xiraba arredor da Terra, inverteu a perspectiva. A Terra, e xuntamente con ela o ser humano, xiran en realidade arredor do Sol. Este simple xiro fixo cadrar de maneira máis simple a explicación dos movementos dos astros.

Kant, vendo que resultaba moi difícil xustificar o valor universal e necesario da ciencia no caso de que supuxese que o suxeito era quen se adaptaba ás múltiples e cambiantes peculiaridades do obxecto, inverteu a formulación. O coñecemento pode ser universal e necesario, porque é froito da imposición do suxeito (das súas estruturas ou formas a priori) ao obxecto.1Estas estruturas, de todos os modos, confúndense frecuentemente coas propiedades dos obxectos. En sentido metafórico, poderiamos dicir que as formas a priori son coma uns anteollos con cristais, por exemplo, de cor azul: por unha parte, permítennos ver os obxectos do mundo pero, por outra, tínguennos a visión de azul. Por este motivo, é importante lembrar que o azul non é unha propiedade do que vemos, senón un filtro que nós poñemos. Isto é, exactamente, o que nos recordará Kant.

Para Kant, o coñecemento dun obxecto (a síntese do múltiple da sensación) é unha operación que leva a cabo un suxeito. A condición previa para ter experiencia (e coñecer calquera obxecto) é a existencia dunha conciencia que produce a unidade e a síntese da experiencia. Kant denomina a ese suxeito, suxeito transcendental. No mesmo momento no que se realiza esa síntese, a conciencia e as súas estruturas maniféstanse como unha realidade incuestionable. A validez do coñecemento obxectivo vén dada precisamente porque todo obxecto ten que ser pensado desde as estruturas transcendentais desa conciencia. A conciencia ou suxeito é, segundo Kant, o lexislador universal que impón as regras e leis ás que está sometida a experiencia. En conclusión, o coñecemento da natureza vén completamente determinado polo noso entendemento.

Sen embargo, aínda que o suxeito conforma a experiencia, está tamén limitado por ela e non pode saír do ámbito fenoménico, non pode aplicar as categorías a algo que non sexa un concepto empírico. As categorías están limitadas a un uso empírico, débense aplicar á experiencia e calquera transgresión a esta norma producirá un falso coñecemento. As categorías só poden usarse para coñecer os fenómenos, mentres que a súa aplicación aos noúmenos (aquilo do que non temos experiencia e só podemos pensar) non producen coñecemento senón ilusións de coñecemento.

O que é interesante resaltar é o descubrimento que fai KANT dunha esfera da subxectividade que está formada por intuicións puras (espazo e tempo) e por conceptos puros (categorías), é dicir, esta subxectividade está formada por unha serie de estruturas aprióricas que son as que fan posible o coñecemento dos obxectos. En certa medida o suxeito constrúe o obxecto: que algo sexa obxecto é algo que depende do suxeito.

Esta importancia que Kant lles reserva ao suxeito e ás formas a priori no proceso de coñecemento supuxo que a súa filosofía se coñeza co nome de Idealismo transcendental. Idealismo, porque só as ideas ou estruturas mentais do suxeito (o espazo, o tempo e as categorías) permiten o coñecemento; e transcendental, porque estas ideas son universais e transcenden o caso concreto; xa que teñen carácter a priori.

1 Este é un feito moi importante, pois supón unha revolución nas teorías sobre o coñecemento defendidas ata entón, e que é cualificada polo mesmo Kant como “revolución copernicana do coñecemento”: xa non é o suxeito o que se adapta ao obxecto e o coñece tal como é (mantido ata ese instante) senón que o obxecto é o que se adapta á forma de coñecer do suxeito, (fenómeno) de modo que permanece descoñecido o que sexa en si mesmo (noúmeno)

14

Page 15: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

5.A TEORÍA DO COÑECEMENTO:

Para saber cales poderían ser os límites dun coñecemento metafísico, era preciso segundo Kant comezar por saber os límites de calquera tipo de coñecemento e a forma en que este se producía. Só así se podía garantir un uso correcto da razón.

Kant parte do feito indiscutible de que a ciencia é un feito, xa que a matemática e a física logran amosarnos con absoluta seguridade como é o mundo da nosa experiencia e como se comportan nel os obxectos. Kant tenta analizar como chegaron a ser ciencias estas disciplinas, e o exemplo máis próximo para el é a famosa revolución copernicana. Os científicos, dirá Kant, non se limitan a observar a realidade, senón que buscan adrede, por dicilo así, regularidades. Se a razón humana non se dedicara a buscar deliberadamente estas regularidades, os datos dos sentidos, por se solos, non nos permitirían captar ningunha lei constante, pois os datos que nos subministran teñen moitísima variedade. É certo que a ciencia física da súa época traballa cun instrumento poderoso: o experimento. Pero o experimento non é máis que unha experiencia planificada, controlada para comprobar algo que a razón xa detectou por se mesma: a existencia dun comportamento regular dos obxectos. Kant conclúe que a ciencia é unha síntese producida entre a capacidade da razón humana de descubrir leis constantes na natureza e a relación coa experiencia que nos permite comprobar e aplicar esas leis.

A partir destas reflexións, Kant establece as seguintes conclusións xerais sobre o coñecemento:

a) A experiencia é fundamental para o coñecemento e para a aplicación dos nosos coñecementos ao mundo.

b) A razón humana configura desde se mesma os obxectos da experiencia, esta configuración é posible porque a conciencia posúe estructuras a priori.

ACTIVIDADE 1

Gardan algunha relación as singularidades perceptivas da carrapata, que se describen neste texto, coa distinción kantiana entre fenómeno e noúmeno? Xustifica a túa resposta

A carrapata espera nas pólas de calquera arbusto para caer sobre calquera animal de sangue quente. Carecendo de ollos, posúe na pel un sentido xeral luminoso, ao parecer, para orientarse no camiño cara arriba cando gabea cara o seu punto de espera. A proximidade da presa indícalla a ese animal cego e mudo o sentido do olfacto, que está determinado só ao único olor que exhalan todos os mamíferos: o ácido butírico. Ante ese sinal, déixase caer e, cando cae sobre algo quente e alcanzou a súa presa, prosegue polo seu sentido do tacto e da temperatura ata atopar o lugar máis quente, é dicir, o que non ten pelos, onde perfora o tecido da pel e zuga o sangue.Así pois, o mundo da carrapata consta soamente de percepcións de luz e de calor e dunha soa calidade odorífera. Está probado que non ten sentido do gusto. Unha vez que chegou a súa fin a súa primeira e única comida, déixase caer ao chan, pon os seus ovos e morre. Naturalmente as súas posibilidades son escasas. Para asegurar a conservación da especie un gran número deses animais espera sobre os arbustos e, ademais cada un deles pode esperar longo tempo sen alimento. No instituto zoolóxico de Rostock conserváronse con vida carrapatas que estiveron dezaoito anos sen comer

15

Page 16: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

O coñecemento do mundo non sería posible se non fose porque a razón humana ten a capacidade de organizar os datos da sensación con arranxo a uns patróns que ela mesma posúe antes de ter experiencia. Sen embargo, segundo Kant, aínda que a razón configura a realidade, non a inventa. A condición para que se dea coñecemento é que este ten que versar sobre os obxectos, e estes móstransenos a través da experiencia, están no mundo empírico, a súa manifestación son os fenómenos que nós podemos percibir e coñecer. Polo tanto, para analizar cales son os requisitos necesarios para establecer un coñecemento científico é necesario analizar a razón: averigüar como traballa e como chega a un coñecemento necesario e universal da natureza.

5.1.A XUSTIFICACIÓN DA CIENCIA: OS XUÍZOS

Darlle unha resposta á controversia entre racionalismo e empirismo tiña máis importancia do que poidamos imaxinar. A pesar de que a física de Newton era aceptada polas dúas correntes, en ningunha das dúas quedaba fundamentada. No fondo, cada unha a súa maneira cuestionaba a validez, obxectividade e universalidade da ciencia. Para os racionalistas, os enunciados da ciencia eran “verdades de feito”, é dicir, enunciados empíricos e continxentes. Para os empiristas, limitar o coñecemento ao dato empírico comportaba negarlle toda universalidade e concederlle unicamente o grao de probabilidade.

Para Kant, un entusiasta da física newtoniana, era necesario encontrar a maneira de validar e lexitimar os progresos que, na súa época, a ciencia estaba experimentando. Este será un dos obxectivos da súa obra máis importante: Crítica da razón pura.

As argumentacións son relacións entre enunciados ou xuízos. Por iso, para poder determinar cando son universais e necesarias (é dicir, científicas), é preciso analizar primeiro se os xuízos o son. Para levalo a cabo, Kant elaborou na Crítica da razón pura, unha teoría dos xuízos na que establecía as condicións que tiñan que cumprir para consideralos científicos.

A resposta a pregunta que é o que podo saber céntrase en pescudar que tipo de xuízos precisa a ciencia. O punto de investigación kantiana son os xuízos, porque a partir deles realizamos o noso coñecemento. Para entender como funciona a razón o primeiro que hai que facer é analizar os nosos xuízos porque os nosos coñecementos exprésanse en xuízos. Por medio dos xuízos falamos dos obxectos, expresamos calidades ou relacións entre obxectos ou mesmo entre conceptos abstractos; neste sentido a ciencia é un conxunto de xuízos. Un xuízo (“O sol é o centro do Sistema Solar”) é un enunciado no que se relaciona un suxeito (“o Sol”) cun predicado (“centro do sistema solar”) . É dicir, un xuízo constitúe a atribución das calidades ou propiedades a un suxeito determinado. Se, ademais, pretendemos que sexa científico, debe cumprir dous requisitos:

Ser extensivo: ampliar o noso coñecemento do mundo.

Ser universal e necesario: válido en calquera circunstancia e momento.

Segundo o filósofo prusiano, os tipos de xuízos serían os seguintes:

SEGUNDO A EXTENSIÓN(tipo de relación entre suxeito e predicado)

SEGUNDO A VALIDEZ(orixe dos coñecementos)

Analíticos Sintéticos A priori A posteriori

Cara

cter

ísti

cas

16

Page 17: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

Non son extensivos: non amplían o noso coñecemento.O predicado está comprendido no suxeito, especifica unha das súas características. É dicir, non nos comunica nada que non soubésemos

Son extensivos: amplían o noso coñecemento. O predicado proporciona información nova, que non se pode extraer da análise do suxeito.

A súa verdade non depende da experiencia: podemos saber que son certos sen recorrer a ela. Por iso, teñen validez universal e necesaria.

A súa verdade depende da experiencia, temos que comprobalos nela. Por iso, non teñen validez universal; son continxentes.

“Os solteiros son non – casados”

“A recta é a distancia máis curta entre dous puntos”

“O todo é maior cas partes”

“O meu gato durme no sofá”

Kant baseouse en Leibniz e Hume para establecer as combinacións posibles entre xuízos

Xuízos sintéticos a posteriori Xuízos extensivos que amplían o noso coñecemento, pero que se fundamentan e comproban na experiencia e que, polo tanto, teñen un carácter continxente

Xuízos analíticos a priori Son xuízos que teñen validez universal necesidade lóxica, porque non proveñen da experiencia. Con todo, por esta mesma razón, non amplían o noso coñecemento do mundo

Xuízos sintéticos a prioriSon xuízos que, por sintéticos, son extensivos (amplían o noso coñecemento) e, por ser a priori, gozan de validez universal. Son os propios da ciencia. Segundo Kant, son así os principios das matemáticas e da física. (Ver Anexo I; páx.31)

É posible que existan xuízos sintéticos, é dicir, que amplíen o noso coñecemento do mundo, pero dos que teñamos certeza a priori, isto é, que saibamos a súa verdade sen ter que recorrer á experiencia? Se Kant se limitase ao que a tradición racionalista e empirista dicían, tería que responder que non. Kant acabou sendo autenticamente innovador ao considerar que existía unha terceira posibilidade: os xuízos sintéticos a priori, ou sexa, xuízos que satisfán as condicións científicas.

Exemplos

Leibniz Verdades de feito Cuestións de feito Verdades de razónRelacións de ideas

Kant

Hume Leibniz

17

Page 18: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

Para os modernos o problema da validez do coñecemento científico reside en establecer a validez das proposicións a través das que a ciencia expresa a realidade. Unha proposición é verdadeira cando as estruturas e relacións expresadas nela se correspondan coas estruturas da realidade. Por iso toda investigación epistemolóxica da filosofía moderna céntrase en buscar as condicións que deben cumprir os xuízos para que poidan ser científicos. Segundo Kant os xuízos a posteriori son todos sintéticos e serven para ampliar o noso coñecemento, pero non son universais e necesarios senón particulares e continxentes: a súa validez queda limitada ao aquí e ao agora. Os xuízos analíticos son a priori, son universais e necesarios, pero non aumentan o noso coñecemento. Nin uns nin outros serven para fundamentar a ciencia. Kant recolle a idea que ven dende Sócrates de que para que haxa ciencia ten que haber coñecemento do universal e engádelle, seguindo a tradición empirista, que ten que ser coñecemento da experiencia, ten que dicir algo novo acerca dos fenómenos, é dicir, un coñecemento científico ten que ser universal, necesario e coñecemento da experiencia. Kant ao admitir a existencia de xuízos sintéticos a priori establece algo novo, pois a distinción entre xuízos analíticos e xuízos sintéticos estaba presente en Leibniz e Hume. Os xuízos sintéticos a priori son os que fan avanzar a ciencia, son universais e amplían o noso coñecemento. Atopamos o punto de partida do problema: saber si un coñecemento é científico comeza por saber cales son as condicións de posibilidade dos xuízos sintéticos a priori. Kant tentará probar, ao longo da Crítica da Razón Pura que ese tipo de xuízos son válidos, e explicará en que consiste esa validez.

5.2.CRÍTICA ÁS FACULTADES DE COÑECEMENTO:

A grande obra de Kant dedicada ao coñecemento e á ciencia, como xa dixemos, é a Crítica da razón Pura. O seu título pode parecernos un pouco enigmático; para entendelo, hai que coñecer minimamente a terminoloxía kantiana. Cando Kant fala de criticar a razón refírese á tarefa de analizar, criticamente, cales son a natureza, a función e os límites da razón. Este é certamente, un labor fundamental á hora de establecer e fixar as posibilidades reais de obter coñecemento científico.Só se sabemos como funciona a razón e ata onde pode chegar, podemos establecer por que é posible a ciencia e como son posibles os xuízos sintéticos a priori.

Para entender o seu pensamento avanzaremos por cada unha das partes nas que analizou as facultades que interveñen no coñecemento.

ACTIVIDADE 2:No seguinte texto introducíronse tres erros. Se entendiches a clasificación dos xuízos que Kant realizou, non che resultará difícil descubrilos:

“Os xuízos poden clasificarse segundo dous criterios: a comprensión e a validez. Segundo a extensión os xuízos poden dividirse en: sintéticos e analíticos. Uns e outros aumentan o noso coñecemento do mundo.Segundo a validez divídense en: a priori e a posteriori. Os primeiros son válidos en calquera circunstancia e momento; os segundos, en cambio, son universais.”

18

Page 19: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

PARTES DA CRÍTICA DA RAZÓN PURAEstética transcendental Lóxica transcendental

Analítica transcendental

Dialéctica transcendental

Analiza a facultade de Sensibilidade Entendemento Razón

Responde a pregunta

Como son posibles os xuízos sintéticos a priori nas matemáticas?

Como son posibles os xuízos sintéticos a priori na física?

Son posibles os xuízos sintéticos a

priori na metafísica?

5.2.1.A ESTÉTICA TRANSCENDENTAL: UNHA ANÁLISE DA SENSIBILIDADE

Kant distingue dos tipos de coñecemento: coñecemento sensible e coñecemento intelectual. Estes dous tipos de coñecemento remiten a dúas facultades distintas: a sensibilidade e o entendemento. Nesta parte da Crítica da Razón Pura analiza a primeira facultade que intervén no proceso de coñecemento: a sensibilidade.Esta representa a capacidade de nos

abrir ao mundo, é dicir, a receptividade necesaria para nos poder construír unha representación da realidade.

Todas as especies animais posúen esta capacidade, xa que todas constrúen dalgún modo o que as rodea. Agora ben, esa imaxe que formamos, é idéntica en todas as especies? Senten o mundo de maneira similar ao ser humano, unha abella ou un golfiño? Os nosos coñecementos actuais permítennos contestar con certa seguridade. Sabemos que cada especie posúe un aparato sensorial que lle permite percibir o mundo dunha forma particular. Así, por exemplo, mentres que os humanos vemos as papoulas encarnadas, as abellas, en cambio, percíbenas violáceas. Como son en realidade as papoulas non pode ser captado nin polo home nin polas abellas. Kant foi un dos primeiros en intuílo: a natureza e o funcionamento da sensibilidade que temos condiciónannos a ver o mundo dun modo determinado.

Kant define a sensibilidade como “a capacidade de recibir representacións ao ser afectados polos obxectos”. O que quere dicir isto é que para Kant o coñecemento iníciase ao recibir algo que ven do exterior e a sensibilidade é a capacidade de recibir impresións das cousas. As cousas producen unha sensación (datos que nos subministran os sentidos) que da lugar a unha intuición sensible (empírica), todo o que vemos, oímos, todo o que percibimos polos sentidos. Ao obxecto dunha intuición sensible Kant denomínao fenómeno.

Agora ben, no fenómeno, Kant distingue un elemento material e un elemento formal: a materia é o elemento que provén da experiencia (da nosa relación co mundo),e a forma é o que ordena eses datos reducíndoos a unha certa unidade. A forma provén do suxeito cognoscente, no que existe con anterioridade a recepción de calquera dato empírico e, por iso, Kant a denomina forma a priori da sensibilidade. Sen estes dous elementos o coñecemento sensible resulta imposible, necesítase: unha materia, provinte das cousas, e unhas formas a priori capaces de organizar estes datos e capaces de constituír propiamente o fenómeno. Vai establecer Kant que hai dúas formas puras a priori da sensibilidade: espazo e tempo.

O termo estética procede da voz grega aisthesis, que significa “sensación” e “sensibilidade”. Esta primeira parte da Crítica describe como son os mecanismos que fan posible a percepción humana

19

Page 20: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

Que sexan formas puras quere dicir que non hai nada nelas provinte da experiencia, e que ademais sexan a priori significa que se atopan no suxeito para seren aplicadas ao caos de sensacións. A súa función será ordenar ese caos de sensacións que manda a experiencia. Elas son as únicas responsables de estruturar os datos presentes na sensación. Espazo e tempo non son propiedades do universo senón soamente o noso modo de percibilo. Son elementos subxectivos do coñecemento. Non son obxecto de ningunha percepción específica, posto que non existen por si mesmos e só se pode falar deles en relación cos obxectos. É o home o que establece as medidas, o antes, o despois, por iso o espazo e o tempo son modos de percibir do ser humano. E é que abonda con que nos poñamos a pensar un pouco para que nos decatemos de que nos é imposible obter a representación dalgunha cousa se non a situamos nun lugar e nun momento concretos.

Podemos imaxinar unha biblioteca chea de libros, pero non unha chea de libros que non están nin na biblioteca nin en ningún sitio, e que non os vimos en ningún momento

Pero a pesares de que o que o home coñece procede, en parte, do que el mesmo pon á hora de coñecer, o coñecemento sensible non é subxectivo, xa que espazo e tempo son condicións transcendentais do coñecemento2, é dicir, son condicións universais e necesarias, comúns a todo suxeito. Polo tanto, na Estética Transcendental Kant descobre que na nosa sensibilidade hai elementos que non proceden da experiencia pero que se usan para aplicalos á mesma; capacitándonos e limitándonos, ao mesmo tempo, a recibir as impresións dun determinado modo.

A posibilidade da Matemática:

Segundo Kant, a Matemática é posible como ciencia porque nela danse xuízos sintéticos a priori, que se fundan no espazo e no tempo en canto capacidades da facultade de percibir. Recordemos que a Xeometría estuda as relacións espaciais (as condicións que debe cumprir calquera obxecto no espazo), e a Aritmética das sucesións numéricas, e estas sempre se dan nunha sucesión temporal. Espazo e tempo son, xa que logo, o obxecto das Matemáticas, aquilo sobre o que versan os seus xuízos. As Matemáticas tratan de comunicarnos o que podemos saber acerca das estruturas mesmas da nosa facultade de captar obxectos no mundo, esas estruturas non dependen da experiencia, senón que a posibilitan, e cando as capto non o fago necesariamente na experiencia, senón como intuicións puras.

5.2.2.A ANALÍTICA TRANSCENDENTAL: UNHA ANÁLISE DO ENTENDEMENTO

Na Estética, Kant trata da primeira facultade de coñecemento: a sensibilidade. As intuicións que proporciona, se ben resultan imprescindibles para obtelo, aínda non constitúen

coñecemento. Son impresións estruturadas e ordenadas no espazo e no tempo, pero aínda son inconexas e faltas de sentido. Para que proporcionen coñecemento, é preciso interpretalas e entendelas: esta é, precisamente, a función do entendemento.

2 É fundamental distinguir os conceptos inmanente(todo o que pertence á mente do suxeito), transcendente(o que está máis alá da mente ou do pensamento e non depende del) e transcendental (que se refire a aquelas estruturas que conforman o noso pensamento, que son previas ao acto de coñecemento, pero que só cobran sentido nel). Kant é o primeiro autor que reflexiona sobre esas condicións transcendentais; estas dúas condicións son espazo e tempo.

O termo analítica fai referencia á función que cumpre o entendemento: analizar, agrupar e interpretar as impresións que nos proporciona a sensibilidade

20

Page 21: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

Co coñecemento sensible constituíronse unha pluralidade de fenómenos que no posúen unidade. Esa unidade só conséguese por medio do pensar, é dicir, a través dunha actividade capaz de unificar a pluralidade de fenómenos. Esta actividade é a levada a cabo polo entendemento (facultade de xulgar) que atribúe aos fenómenos determinados conceptos. Ex: vemos unha “casa”: os sentidos ofrécennos certas impresións sensibles (cores, formas,etc.) aquí e agora. Se alguén nos preguntara que vemos, diremos que unha “casa”. O concepto “casa” é a clave que nos permite comprender e interpretar esas percepcións sensibles. Supoñamos que agora se nos presenta “algo estraño”, se alguén nos preguntara que vemos, non saberíamos que contestar, fáltanos un concepto no que encaixar esas impresións sensibles. Esto o que nos amosa é como o noso coñecemento inclúe conceptos ademais de percepcións sensibles: comprender os fenómenos é poder referilos a un concepto e esta actividade realízase sempre a través dun xuízo: “Esto é un can”, “Esto é unha casa”. O entendemento é a facultade de emitir xuízos, e ten como función a de unir o diverso da sensibilidade baixo conceptos. Como no coñecemento sensible, no entendemento Kant vai distinguir unha materia: os fenómenos, e unha forma: os conceptos que o propio entendemento aporta.

Entre os conceptos distingue:

conceptos empíricos (a posteriori) proveñen da experiencia, da observación de datos comúns a diversos obxectos.

conceptos a priori: prodúceos o entendemento por si mesmo, son espontáneos, e non proveñen da experiencia: son puros. Estes conceptos puros a priori son de verdadeira importancia para o coñecemento intelectual, e Kant denomínaos categorías, e permiten pensar e producir os empíricos. O entendemento aplícaos aos fenómenos para unificalos e coordinalos, co cal dannos a posibilidade de pensar o obxecto. Caracterízanse por ser condicións a priori do entendemento, condicións transcendentais, é dicir, universais e necesarias, que permítennos o recoñecemento dun obxecto. Kant investiga sobre a cantidade e a clasificación deses conceptos partindo da análise dos xuízos lóxicos e chega a conclusión de que ten que haber tantos conceptos puros ou categorías (regras de pensar) como tipos de xuízos. A esta deducción chámaselle dedución transcendental.E así, establece que hai doce categorías: totalidade, pluralidade, unidade, realidade, negación, limitación, substancia, causa, reciprocidade, posibilidade, existencia e necesidade.

Cada unha das categorías constitúe un concepto baleiro de contido; necesita, polo tanto, o material que proporciona a sensibilidade para encherse e proporcionar coñecemento. O certo é, que para que exista coñecemento, son imprescindibles tanto as intuicións da sensibilidade como as categorías do entendemento. As primeiras, sen estar subsumidas en conceptos, son intuicións inconexas e sen sentido; as segundas, sen o material da sensibilidade, quedan baleiras e estériles. Só a conxunción dunhas e doutras permite entender o fenómeno ou obxecto de coñecemento.

Sensibilidade Entendemento

Espazo/Tempo CategoríasRecibe

impresións Estrutura conceptos Estruturas a priori

Facultades

Fenómeno ou

obxecto

SUXEITO

Realidade para min

21

Page 22: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

A posibilidade da Física

A ciencia física constitúe, segundo Kant, un conxunto de leis que explican os fenómenos naturais. Agora ben, aínda que estas leis, ou os casos concretos subsumidos nelas, se deben comprobar ou verificar na experiencia, non proveñan dela. Precisamente neste punto é no que se equivocaban os empiristas: os principios da física non se derivan da experiencia, senón das categorías puras do entendemento. Por exemplo, o principio de causalidade, segundo o cal entendemos que todo fenómeno ou acontecemento obedece a unha causa, é unha consecuencia do feito de que o noso entendemento interprete os fenómenos aplicando a categoría de causa.

Isto é o que propicia a existencia dos xuízos sintéticos a priori da física: os seus principios xorden das categorías que, como xa vimos, son estruturas a priori do entendemento3.

5.2.3.A DIALÉCTICA TRANSCENDENTAL: UNHA ANÁLISE DA RAZÓN

Nesta parte da Crítica, a dialéctica transcendental, Kant estudia a razón. A razón é a facultade do noso coñecemento que nos permite facer inferencias, valéndonos exclusivamente das relacións que se establecen entre xuízos, ten polo tanto unha función unificadora; así como o entendemento unificaba a pluralidade de fenómenos, a razón unifica os coñecementos do entendemento. A razón é, polo tanto, segundo Kant, a facultade razoar ou avanzar buscando principios máis xerais.

Sen esta labor, o coñecemento sería fragmentario. Un razoamento prodúcese poñendo en relación dous xuízos, de xeito que, a partir desa

3 Resumindo todo o visto ata de agora:

(1) Kant vai mediar entre Racionalismo e Empirismo. Vai recoñecer que todo o coñecemento comeza pola experiencia, pero afirma que non todo provén dela, ademais do recibido (impresións) encontramos o posto activamente polo suxeito (espacio - tempo e categorías). Segundo Kant “conceptos sen intuicións son baleiros, intuicións sen conceptos son cegas”.

(2) Pero si o obxecto do coñecemento non é algo previo ao coñecemento mesmo senón algo constituído por este, xa non pode concibirse ao obxecto como “o que en si”, senón o “que é para mi”. De aí a distinción entre fenómeno e noúmeno. O noúmeno é incognoscible, por iso denomínao “concepto límite” e a súa función sería a de establecer as fronteiras do noso coñecemento.

O termo dialéctica é moi antigo e foi utilizado en moitos sentidos. Kant, seguindo unha longa tradición, emprégao nun sentido negativo, pois asóciao á lóxica da aparencia e a ilusión. É comprensible que lle dea este nome á parte na que se analiza a razón, porque esta cae en enganos e ilusións cando traspasa os límites do coñecemento na súas busca de principios xerais

22

Page 23: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

relación, extraemos unha conclusión que sintetiza os xuízos de partida superándoos. Grazas aos razoamentos, englobamos os xuízos e as leis do entendemento en principios cada vez máis xerais, que nos permiten explicar unha maior cantidade de fenómenos. Esta tendencia está marcada polas formas a priori da razón: as tres ideas transcendentais

IDEA DE ALMA IDEA DE MUNDO IDEA DE DEUS

Baixo esta idea, a razón subsume todos os fenómenos subxectivos procedentes da experiencia interna. Unifícaos, dándolles identidade, baixo a idea de Eu.

Esta idea serve para unificar e tratar como un todo os fenómenos da experiencia externa. Así, considera que os fenómenos obxectivos proceden dun único e mesmo mundo.

Baixo esta idea agrupamos tanto os contidos da experiencia interna coma os contidos da experiencia interna. É, por iso, o principio máis xeral, en tanto que unifica os fenómenos do Eu e tamén os do Mundo.

A estas tres ideas non lles corresponden ningún obxecto na experiencia, xa que están baleiras de contido. Agora ben, a razón atribúe a esas ideas obxectos. Este proceso que a razón leva a cabo é, sen embargo, inevitable, é unha aspiración connatural ao home intentar chegar a un ideal incondicionado que dea explicación da realidade. Está na natureza da razón conducirnos ás súas ideas e atribuírlles realidade. Este será un uso acrítico da razón, é dicir, un uso indebido das ideas da razón pura. Como consecuencia acabaríamos caendo en contradiccións, e a Dialéctica Transcendental ten como labor denunciar precisamente esto, a ilusión transcendental: a ilusión metafísica de tomar as ideas da razón por coñecementos obxectivos pretendendo que a razón poda chegar a ter coñecemento do ámbito nouménico. A ilusión transcendental consistiría entón, no uso das categorías máis aló do empírico, na aplicación das categorías á alma, ao mundo e a Deus, considerándoos obxectos reais. Este uso indebido das categorías ten como resultado que cheguemos a erros específicos en cada unha das tres disciplinas da Metafísica: Psicoloxía, Cosmoloxía, Teoloxía Racional:

(1) Da idea de ALMA como obxecto, derivan os paraloxismos, é dicir, inferencias incorrectas que levan a afirmar a existencia dun ser pensante como substancia (categoría que só se pode aplicar ao ámbito dos fenómenos) espiritual (alma), de quen a Psicoloxía Racional se encarga de estudiar. Os argumentos tradicionais para demostrar a existencia da alma como suxeito substancial permanente son puros sofismas, pois a alma non é mais que a categoría substancia proxectada sobre o baleiro, non temos datos subministrados polos sentidos.

(2) Si se toma a idea de MUNDO (conxunto de todos os fenómenos) como obxecto e inténtaselle aplicar as categorías, atopámonos coas antinomias, é dicir, a posibilidade de emitir dous xuízos contrarios para explicar un aspecto da natureza, un como tese e outro como antítese, cando hai razóns para aceptar calquera das dúas. Do estudio do mundo como obxecto encárgase a Cosmoloxía.

(3) A Teoloxía Racional trata de demostrar a existencia de DEUS con distintos argumentos, aos que Kant someterá a crítica:

-A proba ontolóxica cae no absurdo de pretender atopar a existencia de Deus a partires da análise do seu concepto sen ter en conta que a esencia é distinta da súa existencia.

23

Page 24: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

-Polo que se refire aos argumentos baseados no principio de causalidade (físico - teolóxico e cosmolóxico) cometen o erro de aplicar a categoría de causalidade máis aló dos fenómenos.

A posibilidade da Metafísica

Debido a todo o anteriormente dito Kant conclúe que a Metafísica non é unha ciencia, dado que a súa actividade produce unicamente un conxunto de inferencias que exceden o ámbito da experiencia, que non teñen un fenómeno sobre o que configurar o coñecemento e que, polo tanto, son produto dunha falsa lóxica. Pódese dicir entón que a metafísica fai un uso ilexítimo destas ideas cando pretende usalas para aplicalas á experiencia, pero é algo que a razón non pode evitar, como xa dixemos, é unha tendencia natural.

O entendemento é a única das facultades do coñecemento humano que produce coñecemento científico (universal e necesario) e que nos permite, por iso mesmo, coñecer, controlar e reproducir o mundo da experiencia, o mundo no que vivimos. A razón, sen embargo, non producirá este tipo de coñecemento, a súa función é indagar nos límites do coñecemento, tratar de levar isto o máis lonxe que poida. Neste uso, en ocasións, traspasa os seus límites e tenta producir unha unidade absoluta do coñecemento. Tal unidade non pode posuír as características do coñecemento científico, pois esta unidade non pode ser obxecto de experiencia. Sen embargo, este intento da razón é imprescindible para o progreso do coñecemento, pois abre o camiño e marca a dirección pola que deben progresar as investigacións científicas. É, xa que logo, irrenunciable.

As tres ideas que son obxecto da metafísica aínda que non son útiles para coñecer obxecto ningún, si que as podemos usar como regras para pensar a experiencia como conxunto. Teñen unha función orientadora e reguladora, sinalan o camiño que debe seguir o entendemento humano, un coñecemento máis organizado e sistemático.

Cuestións como a liberdade persoal, a inmortalidade da alma ou a existencia de deus xamais poderán ser demostradas. A razón pura ou teórica, como fonte de coñecemento, non as pode resolver. Por iso, desde o ámbito do coñecemento, soamente se pode xustificar con coherencia unha postura agnóstica. Agora ben, o ser humano non se limita a coñecer, senón que tamén vive e actúa. Talvez estas ideas transcendentais (Alma, Mundo, Deus) encontrarán o seu lugar natural no ámbito da razón práctica. Talvez o que resulta imposible para a razón

ACTIVIDADEDespois de analizar as tres facultades cognitivas establecidas por Kant, estás en condicións de completar a seguinte táboa:

Facultades Elementos a priori Disciplina relacionadaEstética

transcendental Sensibilidade ............................ ................................

Analítica transcendental ........................... Categorías ................................

Dialéctica transcendental ........................... ............................. Metafísica

24

Page 25: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

teórica será factible para a razón práctica. Concluíndo, a METAFÍSICA ten unha función reguladora para o ser humano que nos permite entrar no ámbito da moralidade.

6. O FORMALISMO MORAL

Kant xa contestou a pregunta “Que podo saber?” Non obstante, o ser humano non só vive de coñecementos. Certamente, o ser humano fai un uso teórico da razón, pero tamén fai un uso práctico dela. Non soamente é un ser coñece, senón que ademais é un ser que actúa e que se vale da súa razón para guiar e orientar a súa acción. Así, así a razón pura convértese en razón práctica cando se ocupa de guiar a propia vontade. Por iso debe responder as dúas preguntas que quedan: “Que debo facer?” e “Que me cabe esperar?” A resposta pódese encontrar nas súas obras : Crítica da razón práctica e Metafísica dos costumes.

6.1. A RAZÓN COMO GUÍA MORAL:

Na investigación sobre as posibilidades do noso coñecemento teórico, Kant descobre que só é posible coñecer algo porque a mente posúe unhas estruturas anteriores a calquera experiencia (a priori). Na investigación respecto do que debemos facer, no campo da ética, Kant tentará mostrarnos que a base da moralidade, a lei que nos di como actuar (imperativo), está tamén na nosa mente a priori. A razón que produce ciencia acerca do mundo (uso teórico) é a mesma que delibera respecto da mellor norma a seguir nas nosas accións, o único que cambia é o uso da razón, que vai ser agora práctico. Trátase de orientar ao home, de decidir non como son as cousas, senón como deberían ser. Alma, mundo e Deus non son obxectos empíricos do coñecemento, pero si poden ser ideais, conforme ós cales organicemos o noso comportamento.

O Racionalismo formulara unha ética baseada na aplicación da razón, dun xeito dedutivo, como se fose froito dunha dedución a partir de principios inmutables. O Empirismo, pola súa parte, desde o escepticismo producido pola investigación sobre as fontes do coñecemento, formula unha ética práctica, fundada na emotividade e nos sentimentos. Entre estas dúas posicións, Kant representa unha terceira vía. Os principios morais deben ter o seu fundamento na razón (práctica), pero só no que respecta á súa estrutura, en canto á súa aplicación, isto depende da experiencia, e polo tanto, non é universalizable.

6.2. A ÉTICA TRADICIONAL:

Kant, antes de ofrecer a súa propia resposta, fará unha análise exhaustiva do que ata entón se propuxera na reflexión ética.

Cando analiza as éticas anteriores, Kant chega á conclusión de que, a pesar da enorme variedade de normativas éticas, todas presentan un denominador común: trátase de éticas materiais. Kant considera materiais aquelas éticas que acaban sendo unha lista de normas ou preceptos. Segundo o filósofo prusiano, sono moitas das éticas tradicionais e, por iso, presentan dous inconvenientes:

Son éticas empíricas, xa que teñen contido. Indícannos o que debemos facer ou evitar: “Tes que dicir a verdade”, “Tes que obedecer os teus pais”, “Tes que estudar”, “Non tes que matar”.... O seu contido provén da experiencia e nela comprobamos cales condutas

25

Page 26: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

son adecuadas para alcanzar o obxectivo que nos propuxemos. Son éticas que se fundamentan nun ben (a felicidade, a saúde....) e que establecen o camiño que hai que seguir para alcanzalo. Son, polo tanto, éticas interesadas, xa que promoven determinadas accións en función da recompensa ou gratificación que se segue do seu cumprimento. Por iso, compóñense de normas ou preceptos que sinalan a actuación correcta. Kant denomínaos imperativos e considéraos de tipo hipotético.

Os imperativos hipotéticos ordenan ou prohíben unha acción en función do obxectivo que marcamos. Así, unha norma como “tes que facer a pelota á profesora” ou “non bebas en exceso” só nos obriga se primeiro aceptamos que “aprobar filosofía” ou “conservar a saúde” é un ben que debemos aspirar. Trátase dun imperativo condicional: “Se queres aprobar filosofía, tes que facerlle a pelota á profesora”, “Se queres conservar a saúde, non bebas en exceso”. Unicamente se aceptamos a condición, a segunda parte ten sentido.

Son éticas heterónomas, porque a nosa vontade está determinada por principios que non proveñen da razón propiamente, senón dalgunha instancia externa a ela. As éticas materiais xustifican unha serie de preceptos en función de fins (a felicidade, a saúde, a perfección...) que dependen de intereses persoais alleos á razón.

Estas dúas características fan inaceptables as éticas materiais. Para Kant, unha ética autenticamente humana ten que ser universal (válida para calquera ser humano, con independencia de cales sexan os seus intereses) e autónoma (baseada na liberdade e na capacidade humana para se dar unha lei desinteresada e auténtica). Estas dúas propiedades só son posibles nunha ética racional.

6.3. UNHA ÉTICA FORMAL:

Kant rexeita as éticas materiais (empíricas e heterónomas) porque considera que non son propias dun ser maior de idade como o ser humano. Como xa vimos, a Ilustración é, sobre todo, unha reivindicación da liberdade e da emancipación con respecto a calquera suxección ou dependencia. Kant comparte esta idea, cre que chegou a hora na que se faga cargo da súa vida e decida por si mesmo. Esta emancipación esixe unha ética autónoma, na que sexa o propio home quen determine a lei moral, e isto é incompatible cunha ética material; por iso Kant defende a necesidade dunha ética formal

A ética que nos propón Kant é unha ética formal e non unha ética material. A ética formal móstranos como debe ser a forma das nosas accións para que poidan ser consideradas morais. Son aquelas que carecen de contido, é dicir, que non nos din o que debemos facer, senón que só nos indican como o temos que facer. Non nos ordenan “fai esto ou aquelo”, senón que determinan a maneira en que debemos actuar. As éticas materiais basean a moralidade ou inmoralidade das accións na finalidade que perseguen. Kant afirma que as éticas materiais non poden considerarse universais, nin obrigatorias, porque a finalidade é sempre continxente (pode producirse ou non). Se baseamos as nosas accións nos fins que pretendemos conseguir, formúlansenos dous problemas fundamentais:

-non sempre podemos conseguir ese fin, e na práctica poden xurdir moitas circunstancias que pese as nosas boas intencións, alteren o resultado da acción.

26

Page 27: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

-non todos estamos de acordo acerca de que fins son os que se perseguen. É certo que todos os homes buscan a felicidade, pero non todos a atopan do mesmo xeito, e o que a un lle produce felicidade, pode que a outro non.

Os imperativos da ética formal non son hipotéticos, senón que son categóricos: obrigan e esixen cumprimento sen condicións nin excepcións. Obrigan incondicionalmente, son principios a priori constitutivos da moralidade. Son os que mandan unha acción como boa en si mesma e polo tanto, como obxectivamente necesaria. Kant expresa o imperativo categórico de varios modos:

A)A primeira formulación expresa como se funda a lei moral na racionalidade humana, por iso insiste na necesidade da súa universalidade. A formulación é a seguinte:

“Obra segundo a máxima que poidas querer que se converta ao mesmo tempo en lei universal”.

No fondo, é unha especie de reformulación da antiga lei de ouro: “O que non o queiras para ti, non o queiras para os demais”. Recolle unha antiga consideración do feito moral: crer que a acción correcta consistirá, nin máis menos, en facer o que esixiriamos que fixesen os demais

B)A segunda formulación do imperativo insiste en que o fundamento da lei moral está na natureza racional do ser humano, considerándoa como un valor absoluto. O ser humano é un fin en si mesmo e, polo tanto, non pode ser usado como un medio para conseguir calquera outro fin. O único ámbito onde ten sentido falar de moralidade é nas relacións humanas, é entre humanos onde se definen as accións. O reino da liberdade é segundo Kant o reino dos seres racionais; o que chamará reino dos fins:

“Obra de tal modo que te relaciones coa humanidade, tanto na túa persoa como na de calquera outro, sempre como un fin, e nunca só como un medio.”

Tamén expresado como:

“Obra seguindo as máximas dun membro lexislador universal nun suposto reino de fins”.

C)A terceira formulación implica as características de universalidade e necesidade, pero ademais tenta incluír a idea de home como lexislador, non só de se mesmo, senón da natureza:

“Obra como se a máxima da túa acción debera converterse, pola túa vontade, en lei universal da natureza.”

A lei moral expresa o deber4 de executar a acción que se manda, pero ese deber non pode fundamentarse en ningún desexo persoal, nin sequera colectivo, porque entón nunca sería unha lei universal. Tampouco pode estar baseado nos resultados das accións, pois estes non dependen da nosa vontade, senón das circunstancias. Kant afirma que a lei moral ten que ser válida por si mesma, sen acudir para fundala a ningún elemento estraño á lei mesma.Así, segundo Kant hai tres tipos de accións con respecto da lei moral:

4 O deber consiste na obriga de realizar unha acción. Segundo Kant ese deber é un deber moral cando a obriga está fundamentada na lei que ea razón se deu a si mesma. Polo tanto o deber de cumprir a lei moral convértese nunha obriga da racionalidade.

27

Page 28: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

A)Aquelas accións que vulneran a lei moral, que son contrarias ao deber: accións contra o deber.

B)Aquelas accións que non vulneran a lei moral, as que cumpren a lei, pero non por respecto a lei mesma, senón por outra inclinacións: temor ao castigo, esperanza de recompensa: accións conforme ao deber.

C)As verdadeiras accións morais son as que seguen á lei por mero respecto a mesma, por amor ao deber:accións feitas por deber.

Nestas últimas accións cobra verdadeiro sentido a acción moral como actuación da razón práctica, porque nelas o individuo demostra a autonomía da súa vontade (facultade humana que permite realizar accións libres, independentes da natureza, das paixóns ou de vontades alleas). Actuar de maneira ética significa actuar desinteresadamente, é dicir, por respecto e amor ó deber. Isto significa algo máis que actuar externamente en conformidade co deber; é imprescindible que exista un convencemento e un respecto interno por el.A vontade autónoma é a expresión da razón na actividade práctica e nela fúndase a actividade moral, segundo Kant.

Cando a vontade humana respecta a lei, que a súa razón captou como universal e necesaria, a vontade é boa. A boa vontade é o único que se pode considerar como bo sen restriccións. Todos os bens que se poden propoñer á vontade poden ser ou non ser queridos ou útiles, segundo as circunstancias. Pero unha boa vontade, isto é, unha vontade disposta a actuar sempre racionalmente, segundo os dictados da súa razón, pódese considerar sempre boa de xeito universal. Unha vontade será boa cando obre por deber, e este obrar por deber significa ser completamente independente de fins e condicións, non estar suxeito a nada, só á máxima persoal que nos move á acción, pero que un decidiu libremente. A conciencia persoal convértese entón no único xuíz posible das nosas accións.

Como vemos, Kant fundamenta o imperativo moral na capacidade da razón humana de darse unha lei a se mesma, ou o que é o mesmo, na vontade libre e autónoma do ser humano. O ser humano dáse a si mesmo a norma moral, e esta lei moral só ten dúas restriccións: ten que valer como lei universal e ten que respectar a liberdade dos outros

ACTIVIDADE 1

Relaciona cada unha das accións destes tres tendeiros coas tres posibles actuacións, que segundo Kant se poden dar ante a lei moral:

1) Aquel que altera os pesos e cobrando de máis do valor dos produtos para obter máis ganancia

2) Aquel que non altera os pesos e que cobra aquilo que lle corresponde ao valor dos produtos porque sabe que, se non co tempo perdería a clientela

3) Aquel que non altera os pesos e que cobra aquilo que lle corresponde ao valor dos produtos porque considera que ese é o deber

28

Page 29: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

6.4. OS POSTULADOS DA RAZÓN:

Só cando o que nos move é a vontade de cumprir co noso deber, podemos dicir que somos morais. Agora ben, falar de moralidade presupón aceptar que somos seres con capacidade para decidir a nosa actuación. Se non puidésemos escoller entre facer isto ou

ACTIVIDADE 2

É evidente, como che dirían e lerías decotío, que a drogodependencia é mala. O que imos facer nesta actividade é reflexionar desde a ética kantiana por que é así. Le a seguinte conversa e contesta as preguntas formuladas:

- É evidente que as drogas son malas.- Probáchelas algunha vez?- Por suposto que non; eu no tomo drogas.- Pero, sen as probaches nunca, con que dereito dis que son malas? Para xulgar a

bondade ou a maldade de algo, cómpre coñecelo...E só se coñece aquilo que se probou. Ata que non as probes, non me veñas con sermóns.

a) Quen argumenta contra o dereito a criticar as drogas sen probalas antes, asume un tipo de razoamento propio das éticas materiais ou das éticas formais?

b) Son as drogas un fin necesario e universal ou continxente e particular?c) Promoven as drogas a claudicación da vontade ou favorecen o desenvolvemento

da liberdade?d) Trátase a si mesmo quen se droga como un fin ou como un medio?e) Trata os demais quen vende droga como fins en si mesmos ou como medios?

ACTIVIDADE 3

Relaciona a ética formal kantiana co seguinte texto:

“Antes de internarnos no estudio dos dereitos humanos, cómpre precisar o contido dese concepto. No contexto do pensamento de Occidente, dereitos humanos so aqueles que cada home posúe polo feito de selo. É dicir, que toda persoa, en virtude da súa dignidade, posúe unha serie de dereitos fundamentais que lle deben ser universalmente recoñecidos [...]

A dignidade intrínseca a todos e cada un dos homes xera inescusablemente o feito de que existan unha serie de dereitos que son propios de cada persoa, de tal forma que non poderían ser descoñecidos sen que ao mesmo tempo a súa natureza fose alterada e, xa que logo, o ser humano degradado na súa calidade de home. Eses dereitos básicos e inalienables son os dereitos humanos.”

C.Barreiro, Derechos Humanos, Salvat

29

Page 30: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

aquilo, entre actuar de maneira altruísta e facelo, en cambio, de forma egoísta, que sentido tería falar de moralidade?

A liberdade humana, oposta ao determinismo predominante entre os fenómenos naturais, resultaba, segundo Kant, un atributo inalcanzable para a razón teórica. Vimos como a razón teórica se volve impotente ante determinadas cuestións que traspasan os límites da experiencia. Todo o que nos obriga a falar de ideas transcendentais como de realidades últimas choca coas posibilidades intelectuais humanas. Por este motivo, Kant recomendaba como única posición coherente ante tales ideas a posición agnóstica.

Non obstante, aínda que non poida ser obxecto de demostración científica, a existencia da Alma, do Mundo e de Deus convértese en imprescindible para que poidamos falar de moral. Isto leva a Kant a considerar que as ideas transcendentais da razón teórica deben entenderse como postulados da razón práctica. Trátase de ideas das que non temos nin podemos chegar a ter ningunha certeza, os postulados da razón práctica resultan indemostrables cientificamente, pero necesarios moralmente.

PRIMEIRO POSTULADO SEGUNDO POSTULADO TERCEIRO POSTULADOA liberdade humana A inmortalidade da Alma A existencia de Deus

A pesar de que os fenómenos naturais estean determinados polas leis da natureza e aínda que o ser humano forma parte dela , hai que presupoñer a liberdade humana. A vida moral só ten sentido si a vontade é libre, e polo tanto, responsable do que fai (polo que pode ser cualificada de boa ou mala). O deber moral implica poder actuar libremente con independencia das causalidades mecánica e determinista.

Aínda que non poidamos falar da Alma, aceptar a súa inmortalidade é imprescindible para que teña sentido a esixencia de moralidade. Resulta evidente que o comportamento correcto poucas veces se recompensa: facer o que debemos adoita protexernos das inxustizas e pesadumes propios da existencia humana. Unicamente se supoñemos a inmortalidade da nosa Alma, a supervivencia despois da morte física, podemos confiar en que a nosa virtude será recompensada xustamente cunha existencia feliz.

De Deus non podemos ter ningunha experiencia e polo tanto ningún coñecemento, pero, con todo, a súa existencia acaba sendo necesaria como última garantía do sentido da existencia humana, como xuíz que garante o cumprimento desa xustiza: en Deus identifícanse o “ser” e o “deber ser”. Só Deus pode reparar o sufrimento dos xustos e alegría dos malvados. Na idea de ben supremo conflúen virtude e felicidade, é dicir, nunha situación ideal non habería contradición entre o fin que persigo (felicidade) e o que debo facer (lei moral). Kant, como bo cristián, cre na idea dunha orde moral do mundo.

Ao manter estes tres postulados, Kant deixa aberta a porta das crenzas relixiosas. Os tres postulados da razón práctica: liberdade, inmortalidade e Deus, serven de guía e referencia á racionalidade práctica á hora de emitir xuízos morais, ou ben de executar accións. Aínda así estes postulados non son verdades científicas senón que son meras ideas reguladoras que permiten contestar á pregunta Que debo facer?: cumprir co deber que me impón a razón, por respecto ao deber mesmo.

30

Page 31: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

Como comprobamos Kant separa os ámbitos da moral e da relixión. O fundamento das accións morais non pode residir na crenza relixiosa (non demostrada e imposible de demostrar) porque debe ser universal e necesaria, por iso debe estar baseada só na razón humana. Sen embargo Kant deixa entrever que a relixión bríndalle ao home a esperanza de que as súas accións poidan acadar a perfección. Que me cabe esperar?: unha vida eterna (a miña alma é inmortal) e que Deus exista como garante de que se pode alcanzar o ben supremo.

7.O FIN DA HISTORIA: A PAZ PERPETUA:

A Kant preocúpalle o problema da historia, aínda que non elabora unha teoría sobre a mesma. Sen embargo, redacta escritos nos que defende que o seu curso é teleolóxico, é dicir, que a historia, como conxunto de acontecementos, diríxese cara algún fin. Kant, a partir da terceira formulación do imperativo categórico, defende unha concepción moral da sociedade e a historia, baixo o nome de reino dos fins.

O progreso humano é constatable na medida en que do estadio primitivo avánzase cara o estadio da “humanidade”. Isto supón ao mesmo tempo un progreso moral, que non se da só a nivel de individuos senón de especie. É a mesma natureza a que busca que cada ser chegue ao seu pleno desenvolvemento.

Pero unha vez creada a sociedade, os antagonismos entre individuos trasládanse aos Estados e xurde a guerra, “o maior obstáculo para a moral”. Tamén aquí Kant móstrase optimista sobre a posibilidade de que a razón chegue a imperar nas relacións entre Estados, de modo que estes cheguen a constituír unha gran federación de nacións que teña por obxectivo o logro dunha sociedade civil perfecta, xusta, administrada segundo dereito, que culmine na perfecta harmonía entre todos os pobos: a paz perpetua.

Para acadar esa meta é necesaria a moralización dos individuos, a súa ilustración, e, en definitiva, a colaboración dos seres humanos.

31

Page 32: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

ANEXO I

EXEMPLO DE XUÍZO SINTÉTICO A PRIORI DA CIENCIA FÍSICA

O principio básico de toda ciencia da natureza é Todo o que acontece ten unha causa. Aquí estamos a referir a categoría de causalidade a todos os fenómenos da natureza, e esta afirmación ten valor necesario para todo o que sucede, en canto expresa a nosa maneira de coñecer. Pero hai que ter en conta que aquí non se afirma ningunha relación concreta de causa-efecto, xa que esta só pode provir da experiencia. O propio Kant cita un exemplo:

“A luz do sol funde a cera”

Ante este xuízo, calquera pode pensar, como o fixo HUME, que é un xuízo sacado da experiencia, e que polo tanto, a causalidade é algo empírico. Kant daríanos a razón en canto a primeira parte da afirmación, pero non no que se refire na segunda: é certo que o coñecemento da acción causal do sol sobre a cera procede da experiencia, mais esta só é posible na medida en que é comprendida polo concepto previo de causalidade (Todo o que acontece ten unha causa). A cera puido ser derretida por outros procedementos, pero aínda así neses casos seguiríamos buscando unha causa para entender ben o fenómeno. Pódese discutir cal é a verdadeira causa dun efecto – só a experiencia pódemo dar- pero todas as experiencias fanse posibles por un concepto previo: o de causalidade.

E é que o xuízo de que Todo o que acontece ten unha causa é UNHA CONDICIÓN OU FORMA DO NOSO COÑECEMENTO, e polo tanto, válido para todo o que é coñecido por nós.

EXEMPLO DA APLICACIÓN DAS CATEGORÍAS

Si eu digo Este encerado é verde, fago un xuízo no que interveñen conceptos empíricos: “encerado”, “verde”. Pero non podería facer tal xuízo, e nin sequera ter a experiencia do encerado verde, se non dispuxera dunha serie de conceptos previos que fan posible tal experiencia. Neste caso, os conceptos puros previos serían os de:

Totalidade: non podería facer un xuízo singular sen unificar os datos sensibles nun todo que nomeo como encerado.

Realidade: non podería establecer un xuízo afirmativo se non traballo co concepto de realidade, que aplico á cor verde como algo real no encerado.

Substancia - Accidente: non podería establecer un xuízo categórico se non aplico previamente a categoría de substancia ao encerado e a de accidente a verde.

Existencia: a propia experiencia do encerado verde esixe que traballe coa categoría de existencia.

32

Page 33: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

Así pois, as categorías non son algo que eu coñeza, senón que fan posible a propia experiencia, o cal non impide, por outra banda, que sexa a propia experiencia a que poña en marcha o emprego das categorías.

33

Page 34: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

Mari Trillo Centrémonos.com IES Basanta Silva-Vilalba

COÑECEMENTO

construído pola refírese e aplícase á RAZÓN EXPERIENCIA envía

Inclúe 3 facultades Matemática SENSIBILIDADE CAOS DE SENSACIÓNS aplica

Trata de espacio- tempo dando lugar

Física ENTENDEMENTO FENÓMENO aplica

Trata de conceptos entendéndoo como empíricos categorías OBXECTO

Metafísica RAZÓN chegou a sínteses últimas

refírese a Mundo Alma Deus ═► sen referencia empírica

34

Page 35: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

CONCEPTOS EMPÍRICOS

Elemento formal

DEUS ALMA

AS FACULTADES COGNOSCITIVAS NA CRÍTICA DA RAZÓN PURA

Estética transcendental

Coñecemento sensorial SENSIBILIDADE

Elemento material Elemento formal

Impresións sensibles ou caos de sensacións

Formas puras da sensibilidade

Espazo Tempo

FENÓMENOS

Lóxica Transcendental

Coñecemento intelectualENTENDEMENTO

Elemento material Elemento formal

CATEGORÍASou conceptos purosdo entendemento

FENÓMENOS

Elemento material

pensamentoRAZÓN

Analíticatranscendental

Dialécticatranscendental

CATEGORÍASXUÍZOS

IDEASou conceptos

puros da razón

MUNDO

35

Page 36: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

36

Page 37: Tema a Ilustracion. Inmanuel Kant

37