unha arbore unha historia ano1
DESCRIPTION
Cada árbore ten unha historia e en Vegalsa-Eroski quixemos contalas todas. Todas aquelas que conforman o bosque literario creado grazas á participación do alumnado do Concello de Narón no concurso de relato curto ‘Unha árbore, unha historia’. Unha iniciativa activada desde Vegalsa-Eroski para promover a sensibilización co medio ambiente. 20 historias, xurdidas da imaxinación dos máis novos da comarca, cobran vida xa nas árbores do paseo literario do Polígono Industrial de Narón.TRANSCRIPT
© da edición VEGALSA-EROSKI
Primeira edición: xuño 2015
Idea orixinal: Molotov Cóctel Creativo para VEGALSA-EROSKI
Edita: Molotov Cóctel Creativo SLU. www.molotov.es
Fotografía: Xan Domínguez
Corrección dos relatos: Xurxo Taxes
Deseño editorial e maquetación: Molotov Cóctel Creativo. Patricia Blanco Pan
Queda estritamente prohibida, sen autorización por escrito do editor, calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra.
Todos os dereitos reservados.
organiza: colabora:
Saúda. Joaquín González Iglesias. Presidente Vegalsa 9
Saúda. Jose Manuel Blanco Suárez. Alcalde de Narón 13
Prólogo. Gabriela González Márquez Directora de CE, RSC e Área de clientes VEGALSA-EROSKI 15
Relatos 19
Lucas Quintía Rodríguez. Sen título 21
Sandra Ferreiro Castro. O meu castiñeiro 23
Manuel Hermida Ameneiros. A árbore máxica 25
Paula Sedes. O vello magnolio 27
Alba Souto Durán. A flor artificial 29
Xin Yue Liu. Unha árbore 31
Sofía García Rodríguez. O chopo máxico 33
Icía Becerra González. Sen título 37
Noelia Penabad. Sen título 41
Lucía Pérez Serantes. Sen título 45
Índice
Tareixa Pernas Rey. Coidemos as árbores 49
Tania Vilela Peñas. De camping 53
Alba Fachal Durán. Unha árbore faladora, unha historia que contar 55
Andrea Bustabad León. A árbore da sabedoría 59
Marcos Filgueira Baamonde. Sen título 63
Iago Mirad González. Unha árbore, un relato 67
Natalia Montero Redondo. Matilda, unha nena interesada polas árbores 71
Silvia Rey Santamaría. A importancia das árbores nas nosas vidas 75
Diego González Fernández. Sen título 79
Transcrición de facsímiles 83
Lucas Quintía Rodríguez. Sen título 83
Sandra Ferreiro Castro. O meu castiñeiro 86
Manuel Hermida Ameneiros. A árbore máxica 87
Paula Sedes. O vello magnolio 88
Alba Souto Durán. A flor artificial 89
Xin Yue Liu. Unha árbore 90
8 unha árbore, unha historia
Joaquín González Iglesias
9unha árbore, unha historia
Director Xeral de Vegalsa - Eroski
Saúda Joaquín González Iglesias
Conscientes de que a xestión moderada, sostible e racional dos recursos naturais repercute nun
frutífero modelo de desenvolvemento económico e social, en Vegalsa-Eroski buscamos compen-
sar na medida do posible as emisións de CO2 que se producen coa nosa actividade a través de
iniciativas que protexan a contorna, preserven a biodiversidade e promovan a reciclaxe dos residuos.
Un compromiso co desenvolvemento sostible que se traduce na implantación de establecemen-
tos ecoeficientes e ecosostibles; no aproveitamento de todo o cartón e plástico que usamos e na
potenciación da reciclaxe habilitando, nas nosas enseñas, puntos limpos de recollida de diferen-
tes materiais (aceite, pilas...). O obxectivo, xerar cero residuos.
Ademais, coa implicación dos traballadores da compañía, anualmente realizamos unha planta-
ción de árbores coa que reafirmamos, por unha banda, a aposta que facemos pola humanización
da nosa contorna máis inmediata e, por outra, a vocación de Vegalsa-Eroski de ser unha empresa
socialmente responsable.
Este ano 2015 contamos coa colaboración, non só da rede de voluntarios conformada por traba-
10 unha árbore, unha historia
lladores da compañía e os seus fillos, senón tamén cos participantes do concurso literario ‘Unha
árbore, unha historia’ que nos permitiu dar vida a unha idea tan imaxinativa como a de crear un
paseo literario no Concello de Narón.
A gran familia de Vegalsa-Eroski súmase así ao espertar da concienciación ambiental froito do
compromiso adquirido coa protección da contorna.
11unha árbore, unha historia
12 unha árbore, unha historia
Jose Manuel Blanco Suárez
13unha árbore, unha historia
Alcalde do Concello de Narón
Saúda Jose Manuel Blanco Suárez
Para o concello de Narón representa unha satisfacción que as empresas que están implantadas na
nosa bisbarra aposten polo coidado e a humanización do ámbito que nos rodea e que, á súa vez,
nos fagan partícipes das súas iniciativas neste sentido.
Recibimos con agrado a proposta de convocar o I concurso literario ‘Unha árbore, unha historia‘
entre os escolares da zona, non en van, o noso concello, apoia decididamente a creación literaria
ben con iniciativas como esta ou como outras propostas propias como a Feira das Letras de Na-
rón. É por iso, que nos satisface poder xuntar coidado ambiental e creación literaria, dúas das
nosas apostas máis fortes en favor de Narón e os naroneses.
Para nós é un orgullo xuntar as mesmas inquietudes, e que destas naza a posibilidade de colabo-
rar e chegar a ser o primeiro bosque literario de Vegalsa-Eroski coa plantación que realizamos e
que esperamos convértanse en moitas máis plantacións similares noutras localidades.
14 unha árbore, unha historia
Gabriela González Márquez
15unha árbore, unha historia
Prólogo Gabriela González Márquez
Directora de CE, RSC e Área de clientes VEGALSA-EROSKI
Cada árbore ten unha historia e en Vegalsa-Eroski quixemos contalas todas. Todas aquelas que
conforman o bosque literario creado grazas á participación do alumnado do Concello de Narón
no concurso de relato curto ‘Unha árbore, unha historia’. Unha iniciativa activada desde Vegal-
sa-Eroski para promover a sensibilización co medio ambiente.
20 historias, xurdidas da imaxinación dos máis novos da comarca, cobran vida xa nas árbores do
paseo literario do Polígono Industrial de Narón. E fano ondeando nos seus troncos grazas ao labor
de forestación levado a cabo pola rede de voluntarios que contribuíu a humanizar a súa contorna
máis inmediata para convertela nun recuncho verde de lectura.
Un proxecto de soños no que cada árbore ten unha historia que che desvelará se te animas a lela.
16 unha árbore, unha historia
Autores seleccionados e premiados
17unha árbore, unha historia
Plantación das árbores
relatos
20 unha árbore, unha historia
Lucas Quintía Rodríguez
CRA Narón
21unha árbore, unha historia
Premio 1ª categoría Sen título
22 unha árbore, unha historia
Sandra Ferreiro Castro
CEIP Virxe do Mar
23unha árbore, unha historia
1ª categoría O meu castiñeiro
24 unha árbore, unha historia
Manuel Hermida Ameneiros
CRA Narón
25unha árbore, unha historia
1ª categoría A árbore máxica
26 unha árbore, unha historia
CRN Narón
Paula Sedes
27unha árbore, unha historia
1ª categoría O vello magnolio
28 unha árbore, unha historia
Alba Souto Durán
CRA Narón
29unha árbore, unha historia
1ª categoría A flor artificial
30 unha árbore, unha historia
CEIP Piñeiros
Xin Yue Liu
31unha árbore, unha historia
1ª categoría Unha árbore
32 unha árbore, unha historia
Sofía García Rodríguez
CEIP A Gándara
33unha árbore, unha historia
Premio 2ª categoría O chopo máxico
Contoume miña avoa que hai moitos anos, nunha chousa situada preto da súa aldea, vivía un
vello señor ao que todos os veciños chamaban o tío Rodrigo.
Ao señor Rodrigo o seu médico mandárao camiñar durante vinte minutos dúas veces ao día, unha
pola mañá, despois de almorzar, e outra pola tarde, despois de xantar, para que se mantivese en
boa forma e gozase da beleza da natureza.
Unha tarde do outono, na segunda camiñada dos paseos diarios, encamiñouse cara á fraga,
e sentíase tan relaxado andando que non se decatou de que se arredara moito da súa casa, e
desorientouse. Deambulou entre os vellos castiñeiros, faias, bidueiros, carballos, ameneiros e,
de súpeto, déronlle os ollos nun chopo; era impresionante, coa copa enorme, abundantes follas
douradas e o tronco gordo e moi prateado, moi distinto dos demais chopos que hai nas alame-
das das cidades.
Ao tío Rodrigo chamáronlle tanto a atención as follas que arrincou unha para gardala como recordo
e unha semente que estaba no chan. Sentouse un anaco ao pé da árbore e tratou de orientarse
para atopar o camiño de volta para a súa casa. Logo de cavilar un anaco, caeu na conta e regresou.
Xa na casa, aseouse, merendou, gardou a folla entre as follas dun pequeno libro e plantou a
34 unha árbore, unha historia
semente na cortiña que tiña a carón da vivenda.
Aló polo mes de maio do ano seguinte, agromou o chopo e medraba moito e con moita vitalida-
de, de tal xeito que xa a finais do verán xa daba algo de sombra.
Pasou o tempo, a árbore ía medrando e o tío Rodrigo apoucando. Un día, o señor enfermou e non
volveu dar os paseos pola fraga, pero non pasaba día que non fose descansar ao pé do chopo.
Unha tarde de calor, quixo durmir a sesta á sombra da súa árbore preferida. Mentres durmía, o
chopo soltou un pouco do seu zume bruto enriba do bo señor e cando espertou comprobou que
a enfermidade desaparecera. Esta árbore tiña propiedades curativas.
O tío Rodrigo foise ata a vila, visitou ao seu médico, que non daba creto do que estaba vendo.
Non só estaba curado, senón que tiña a vitalidade dun mozo.
Tamén contou o sucedido na emisora local e a xente que lle preguntaba cal era o remedio. El dicía
que tiña unha árbore máxica.
Ao principio tomárono por tolo, pero fixeron probas con outros enfermos, e deron fe de que a
árbore tiña poderes máxicos.
Pero como todos temos un día para chegar ao mundo e outro para marchar, tamén lle chegou o mo-
mento ao señor Rodrigo e o curioso foi que a árbore tampouco non volveu producir zume curativo.
35unha árbore, unha historia
36 unha árbore, unha historia
Icía Becerra González
CEIP A Solaina
37unha árbore, unha historia
2ª categoría Sen título
Nunha ladeira, non moi lonxe da vila, había unha árbore chea de chocolate.
Todos os días, cando os nenos saían da escola, sempre collían un puñado de chocolate.
Un día tan só quedaba un chocolate na árbore. Chega un rapaz, chamado Pepe, e di:
— Árbore, dáme ese último chocolate.
— Dime a palabra máxica — contestou a árbore.
— Diso nada... Dáma ou córtote — dixo Pepe.
E Pepe marchou moi enfadado.
Ao cabo dun anaco viuse aparecer un rapaz xa bastante grande:
— Xa me dixo o meu veciño que ti es unha árbore moi repugnante, así que... dáme
o chocolateee... — gritou o neno.
— Se non o pides ben, non — falou triste a árbore.
O rapaz negouse e afastouse.
Xa case pola noite, chegou outra nena dicíndolle:
— Boas tardes, árbore. ¿ De que sabor é o último chocolate que tes?
— Boas tardes. É de chocolate negro — afirmou a árbore.
38 unha árbore, unha historia
— Oh, non es tan mala como din, grazas de todas formas, pero é que a min só me gusta o
chocolate branco — falou moi triste a nena.
— Teño unha idea bastante boa para este momento — exclamou contentísima a árbore. Por
que non converto o chocolate negro en branco cos meus poderes máxicos?
— Sería unha gran idea, por favor, poderías facermo? — preguntou a nena.
— Claro, non é un gran traballo para min, aí vai... — fixo o feitizo a árbore.
Ao día seguinte, cando os nenos saíron da escola, viron que a árbore estaba toda baleira, e ela
díxolles aos nenos que só ía dar chocolate aos que dixesen a palabra máxica e se portasen moi ben.
A partir daquela todos os nenos se portaron ben e souberon a palabra máxica.
Así que a árbore non tivo que traballar moito, senón que fixo a recompensa do gran esforzo dos nenos.
“A palabra máxica é por favor”
39unha árbore, unha historia
Noelia Penabad
CPR Ayala
41unha árbore, unha historia
2ª categoría Sen título
Había unha vez unha pequena nena chamada Lía. A nena naceu á vez que unha árbore. Lía deu
os seus primeiros pasos arredor da árbore, o primeiro limón que probou foi o da árbore, e sempre,
no seu aniversario, leváballe un anaco de torta, e pola noite os esquíos comíano, pero ela pensaba
que o comía a árbore. En fin, ela era feliz... Ata que un día: Lía estaba xogando coa árbore, cando:
— Lía! — chamou a súa nai. O teu pai e máis eu temos que falar contigo.
— Xa vou para alí mamá! — dixo a nena.
A súa nai estaba chorando, e o seu pai non parecía estar demasiado contento:
— Lía, van vir uns homes á granxa, porque queren comprala, pero non te asustes, podemos
comprar outra finca porque a cantidade que nos ofrecen é moi elevada — dixo o pai intentando
conter as bágoas para que a súa filla non entristecese aínda máis — Por favor, non chores como a
túa nai, se non vai parecer que estamos no río Sena.
Lía quedou parada uns intres, cando entrou en razón, saíu correndo o máis rápido que puido,
ela só pensaba no que podería pasar se marchaban da granxa, ou aínda peor, o que lle pasaría á
árbore, ou á súa vida sen ela. Lía sabía que se vendían a granxa e lles pagaban tanto, sería porque
alí ían construír algo moi grande, porque a outra opción era que apreciasen moito a granxa, e Lía
42 unha árbore, unha historia
sabía que non era así.
Estaba demasiado concentrada, así que o único que percibía, á parte dos seus pensamentos, eran
as súas bágoas, que rozaban as súas meixelas. De súpeto, escoitou un motor e sentiu que o sol
xa non estaba, pensou rápido e tomou unha decisión, talvez non era a mellor, pero ela quixo que
fose así: se a árbore morría, ela tamén, así o fixo, ergueuse e cubriu a árbore co brazo.
— Cres que así vas deter os meus homes? — dixo o que aparentaba ser o xefe, cun sorriso
malicioso — Arranquen eses trastes, quero isto terminado para o xoves!
Lía sabía que ían construír algo, iso non lle sorprendeu, o que a petrificara fora a maldade dese
home, por uns intres pensou que iso non era un home, senón o demo intentando confundila,
pero lle parecía demasiado estraño, o único que fixo despois de oír iso foi levarse as mans á cara.
— Ozú, xefe, vostede dixo que non estaría ninguén na casa cando fósemos demolela! —dixo
un obreiro.
— Xa o sei, parvo! — dixo o xefe, enfadado.
— Non pensamos demoler a granxa se os propietarios non están dispostos! — dixo un obreiro.
A Lía aínda se lle iluminou máis o rostro cando observou o final: ao xefe metéuselle unha lombri-
ga no pantalón e saíu correndo e berrando. Non podía conter a risa, igual cós obreiros.
Que como o sei? Porque eu son a irmá da pequena nena que nos demostrou que a vida dos
outros seres non debería perigar porque a nós nos apeteza un parking ou algo que non sexa
necesario, pero quede alí o coche bonito, etc. As árbores tamén teñen vida coma nós.
43unha árbore, unha historia
44 unha árbore, unha historia
Lucía Pérez Serantes
CEIP Ponte de Xubia
45unha árbore, unha historia
2ª categoría Sen título
Anos atrás, unha árbore de doce anos pensaba mirando o mundo que xiraba ao seu redor.
Pensaba en que o mundo estaba demasiado sucio e tiña que facer algo.
Así que decidiu que ía facer algo. E o fixo, puxo un anuncio de recollida de lixo, pero ninguén
se presentou.
Xa cansa de esperar puxo outro anuncio, pero con recompensa. Nada. Ninguén.
Xa aburrida e triste púxose a chorar, chorou tanto que fixo un río.
E ao día seguinte estaba cheo de peixiños, bolboretas, moscas e demais.
Pero o máis importante para a nosa árbore foron dúas cousas:
1°- Todo estaba limpo.
2° - Había moitas árbores.
Púxose moi contenta. Viviu feliz con todos os seus novos amigos.
Pero acabou por morrer de vella, pero moi feliz e cuns froitos que estaban boísimos.
Aínda que o seu brote era tan listo como era a nai.
Mantivo todo limpo durante moito tempo e tamén os seus brotes.
Pero no século XXI todo foi esnaquizado e non puido facer máis.
46 unha árbore, unha historia
Aínda que un deles segue vivo, esperando a algún día poder axudar.
E nestes momentos segue esperando.
O último deles ten doce anos e aínda pensa mirando o mundo tan sucio que xira ao seu redor.
Pero ninguén llo agradeceu.
47unha árbore, unha historia
48 unha árbore, unha historia
Tareixa Pernas Rey
CPR Santiago Apóstol
49unha árbore, unha historia
2ª categoría Coidemos as árbores
Había unha vez unha cidade moi, moi contaminada, sen árbores, herbas, animais... Esa cidade
chamábase Contaminalandia.
Os seus habitantes só pensaban en enriquecerse coas fábricas, as centrais nucleares, en obter
cartos rapidamente. . . sen ter en conta os beneficios que nos aportan as árbores, como materias
para a construción, alimentos, medicamentos, purificación do aire...
Pero entre todos os habitantes había un neno chamado Pedro que era un gran amante da natu-
reza. Como vos imaxinaredes, estaba moi triste porque nunca vira espazos cunha flora variada e
abundante, con diversidade de animais. Cando tiña dezanove anos, decidiu ir a Galicia para poder
ver as súas vexetación e fauna.
Estivo aquí moitos anos, degustou os nosos pratos, visitou a maioría dos nosos espazos protexi-
dos: parques naturais, lagoas, o parque nacional das illas Atlánticas... gozou das nosas praias e
tamén visitou moitos alcaldes para que lle contasen como facían para intentar conservar o maior
número posible de espazos naturais.
Cando xa tiña vinte e catro anos, volveu a Contaminalandia e intentou poñer en práctica todas
as cousas beneficiosas que aquí se facían para intentar repoboar e conservar o maior número
50 unha árbore, unha historia
de árbores posibles, pero non o conseguiu, toda a xente seguía sen facerlle caso, pensaban que
estaba tolo...
Pero el non se rendeu, acordouse de que cando era pequeno escribira un poema no cal xuraba
que protexería sempre as árbores, e cumpriu a súa promesa, xa que foi polas vilas contando todos
os beneficios que nos aportan estes seres vivos. Un día, nunha feira da contaminación, leu un
poema titulado:
“Coidemos as árbores”
Quero eu coidar as árbores.
De todo o mundo e da nosa cidade.
Dígovolo de verdade.
Teríamos unha fermosa Comunidade.
Todos os habitantes de Contaminalandia reflexionaron ao oír aqueles versos e decidiron cambiar
a súa cidade contaminada por outra na que as protagonistas principais fosen as árbores e non
as fábricas. Trouxeron árbores de todas as especies, crearon moitos espazos verdes, repoboaron
todas as zonas que antes deforestaran. Estaban tan concienciados que incluso lle cambiaron o
nome á cidade, agora chámase Arborelandia.
E... nomearon a Galicia comunidade sagrada, por axudar a moitas localidades a cambiar e pro-
texer as árbores porque...
UNHA ÁRBORE É
UNHA HISTORIA
Así que, recordade, protexer as árbores é un gran beneficio para todos os seres vivos.
51unha árbore, unha historia
52 unha árbore, unha historia
Tania Vilela Peñas
CPI O Feal
53unha árbore, unha historia
2ª categoría De camping
54 unha árbore, unha historia
CPI O Feal
Alba Fachal Durán
55unha árbore, unha historia
Premio 3ª categoría Unha árbore faladora, unha historia que contar
Érase unha vez unha aldea de Galicia na que os nenos pasaban toda a tarde xogando no campo
ou entre as árbores. As nais deses pequenos dicíanlles que non subisen ás árbores porque podían
romperlles as pólas, pero os nenos non sabían o importante que eran as árbores para que o mun-
do funcionare como funciona agora. Un día, Xoán, un pequeno de 9 anos, que estaba xogando
nas pólas dunha árbore vella, rompeulle unha ramiña, e a árbore queixouse:
— Ai!
O neno moi asustado, baixou rapidamente ao chan e non o cría; e a árbore díxolle:
— Por que xogas entre as miñas pólas? Acabas de facerme dano!
— Síntoo moito, eu non sabía que as árbores podían falar, e menos ter sentimentos — dixo
Xoán moi arrepentido.
— Perdóote, pero pídocho por favor, non o volvas facer! — dixo a árbore dorida.
— As árbores son moi importantes para a Terra — saltou de súpeto un paxariño — porque nos
axudan a animais pequenos coma min a sobrevivir.
— De verdade? — dixo Xoán.
— Si —dixo a árbore — pero somos capaces de facer máis cousas; como por exemplo: as
56 unha árbore, unha historia
nosas follas, polo día, producen osíxeno, que é imprescindible para que os seres vivos poidades vivir,
suxeitamos a terra, producimos alimentos... Sen nós, esta aldea podería volverse estéril, a calidade de
vida sen nós resultaría enfermiza, reducimos a velocidade do vento, damos sombra e frescor…
— Síntoo moito, de verdade, non sabía que as árbores fixerades todo iso, pensei que estabades
soamente para enbelecer o lugar — dixo Xoán.
— Pois agora xa o sabes, e non fai falta que te desculpes máis, xa te perdoei, e non me chames
árbore, son un castiñeiro — dixo a árbore.
— De acordo, señor castiñeiro. Eu chámome Xoán, teño 9 anos e vivo na casa que hai cruzando o río.
A árbore tiña mala cara, e Xoán preocupouse e preguntoulle:
— Encóntrase ben, señor castiñeiro? Doeulle moito que lle rompese a ramiña?
— Un pouco si que me doeu, pero dentro de pouco xa me volverá crecer — dixo o castiñeiro.
Día a día, Xoán visitaba ao señor castiñeiro, pero chegou un día, o do seu aniversario, Xoán cumpría os
10 anos, e cando llo quixo ir contar ao señor castiñeiro, non estaba. Só as súas raíces ocupaban o lugar
que ambos os dous compartiran case un ano. Xoán deuse conta de que había algo escrito no que
quedaba do señor castiñeiro. Era para Xoán; o señor castiñeiro despedíase del, porque xa ía vello e
serrárano, e tamén que estaban a plantar preto de alí unha nova árbore que lle podía facer compañía.
Pasaron os meses, Xoán visitaba cada día o lugar onde cortaran ao señor castiñeiro, para ver se era
verdade que unha pequena e nova árbore ía crecer no seu lugar; e un día viu á árbore que o señor
castiñeiro dixera que o acompañaría.
Xoán ía vello, e pedíulle á súa familia que o enterrasen no lugar onde cortaran ao señor castiñeiro e
que lle plantasen outro enriba da súa tumba. E así se fixo: chegou o día no que Xoán morreu e, cando
o foron enterrar, o seu fillo botoulle unha semente dun castiñeiro, taparon con terra, e co paso do
tempo medraría alí un novo castiñeiro.
A xente dicía que fora Xoán o que se convertera nunha árbore polo seu cariño ao señor castiñeiro,
pero nunca se chegou a saber…
57unha árbore, unha historia
58 unha árbore, unha historia
IES Terra de Trasancos
Andrea Bustabad León
59unha árbore, unha historia
3ª categoría A árbore da sabedoría
Pedro era un neno moi feliz que vivía nunha pequena pero fermosa granxa, na aldea de Lamase-
ca. Alí vivía cos seus país e co seu avó. O que máis lle gustaba a Pedro de vivir aí era que preto da
súa casa había uns bosques nuns pequenos outeiros. Os outeiros estaban cheos de árbores e de
pequenos animais, pero o máis fermoso deses bosques era unha enorme aciñeira, que tiña varios
séculos. Ese era o lugar preferido de Pedro, alí ía sempre que tiña tempo e sobre todo cando tiña
algún problema ou algunha decisión que tomar.
O avó de Pedro levouno, de moi pequeno, a ver a aciñeira e a dar un paseo polo bosque. Cando
chegaron diante desa gran árbore o avó contoulle a Pedro que esa era a “árbore da sabedoría”,
porque toda aquela persoa que ía xunto dela e contaba os seus problemas ou preocupacións e
estaba alí sentado un rato falándolle á árbore, sempre saía coas ideas moito máis claras; porque
tomar as decisións con calma e falar dos problemas é de persoas sabias, sempre lle dicía o seu
avó. Isto era o que facía Pedro, levaba o seu diario e alí escribía e compartía coa aciñeira tódalas
súas ideas e todo o que facía. E, desde que morreu o seu avó, falar coa árbore facía que Pedro
estivera máis preto do seu avó, xa que era o seu lugar preferido. Así pasaban os anos, e Pedro, cre-
cía feliz e moi contento cos seus paseos polo bosque, ata que un día Pedro tivo que irse cos seus
60 unha árbore, unha historia
pais por motivos de traballo a outra cidade. Pasaron os anos e Pedro convertiuse nun prestixioso
avogado e formou unha familia coa que era feliz, pero levaba unha vida moi estresada e pasaba
pouco tempo cos seus dous fillos, lago e Uxía, e coa súa muller, Antía.
Un día, gardando algúns libros no faiado, atopou unha caixa de madeira antiga de cando era
pequeno, ao abrila atopou o diario e púsose a lelo. Entón, comezou a lembrar a súa infancia e o
feliz que fora na granxa do seu avó, e pensou en levar a súa familia ao lugar onde comezara a súa
vida. Días despois partiron cara Lamaseca.
Cando chegaron viu que a granxa estaba en moi mal estado e que os bosques non estaban coida-
dos, polo que púxose un pouco triste, entón fixo o que facía de pequeno, ir falar coa gran aciñeira
e co seu avó. Despois de estar un tempo sentado e pensando tranquilamente como lle dicía o seu
avó, tomou a decisión de mercar os terreos darredor da granxa, onde estaba a árbore e arranxar
a granxa. Entón lembrou as palabras do seu avó , a gran aciñeira era a árbore da sabedoría, con
ela sempre se tomaban as decisión correctas. Así foi, Pedro seguía exercendo de avogado, pero
pasaba máis tempo coa súa familia e coa gran aciñeira á que seguía visitando tódolos días. Esa
costume ensinoulla aos seus fillos que tamén fórona ensinando ós seus descendentes.
61unha árbore, unha historia
62 unha árbore, unha historia
CPR Santiago Apóstol
Marcos Filgueira Baamonde
63unha árbore, unha historia
3ª categoría Sen título
Eu só tiña sete anos cando ocorreu. Meus pais leváranme de acampada, eu vira unhas flores moi
bonitas. Fun velas máis de preto e, de súpeto, meus pais non estaban. Non puiden evitar sentir
medo, non podería sobrevivir só no bosque. Nin sequera tiña comida. Pronto, fíxose de noite, os
ruídos da noite fixeron que eu tivese aínda mais medo. Uns ollos mirábanme dende a escuridade,
achegueime para saber quen era o dono deses ollos. Foron aparecendo moitos máis ollos ao meu
redor, e cando me din conta de quen eran eses ollos xa era moi tarde. Lobos! Abalanzáronse todos
sobre min, eu non puiden facer nada. Morrería de non ser porque unha póla xigante caeu enriba
dos lobos. Un golpe de sorte, pensei. Pero de súpeto unha árbore levantouse, literalmente. Sacou
as raíces da terra e empezou a golpear aos lobos. Cando os lobos se retiraron, a árbore xirouse
cara a min.
— Non me fagas dano — dixen.
— Por que ía facelo? — respondeu.
Quedei sorprendido. A árbore falaba.
— Falas! — dixen sorprendido — Unha árbore que fala.
— Todas as árbores falan — respondeume.
64 unha árbore, unha historia
—Grazas... — atrevinme a dicir — polo dos lobos.
—De nada — contestou — Podes facerme un favor ti a cambio?
—Vale? — respondín dubidoso.
—Ven por aquí — dixo mentres comezaba a camiñar — Durante moitos anos, as árbores
déronlle osíxeno aos humanos e aos diferentes animais, ademais de medicinas e comidas. Pero,
durante os últimos anos, moitas árbores morreron por deforestacións masivas, incendios e moitas
outras causas. Pateou unha lata de cola e continuou: Por exemplo, mira este lugar — dixo, sina-
lando un claro —, isto foi parte do bosque no seu tempo. Pero un día, sen avisaren, viñeron uns
homes e o deixaron sen árbores.
— A onde queres chegar — dixen ao final.
— A que cando espertes difundas entre os humanos a iniciativa de coidar a natureza
—respondeume.
— Cando esperte? — dixen sorprendido.
Acto seguido, a árbore deume un golpe e todo volveuse negro.
Só oía unhas voces dicindo cousas tales como:
— Estará ben?... Esperta!...
Abrín os ollos e vin aos meus pais. Alegráronse moito ao verme abrir os ollos.
Abrazáronme mentres dicían:
— Onde estiveches? Tíñasnos moi preocupados.
Fora un soño.
Mentres iamos de volta ao coche para volver a casa, meu pai tirou unha lata de refresco. Eu, re-
cordando o meu “soño”, collín a lata e fun cos meus pais. Antes de entrar no coche pareceume ver
unha árbore sorrir. Pestanexei e xa non estaba. Entón díxenme:
— Soamente foi un soño.
65unha árbore, unha historia
66 unha árbore, unha historia
CPR Santiago Apóstol
Iago Mirad González
67unha árbore, unha historia
3ª categoría Unha árbore, un relato
Todo o mundo garda segredos, hai algúns segredos que non podemos contar, pero eu vouvos
contar o segredo da natureza, o segredo das árbores.
Todo empezou cando...
Eu estaba dando un paseo xunto a Laica, a miña cadela, e, como todas as mañás, fomos a un río
próximo que é un lugar de paz, onde podes estar en contacto coa natureza.
Chegamos e senteime na pequena ponte de pedra que atravesaba o pequeno pero caudaloso
río. Cerrei os ollos e sentía como a natureza me estaba a chamar, escoitaba aos paxaros cantar,
ao vento soprar entre as pequenas follas das árbores próximas, como o río se movía e todas as
túas preocupacións se ían con el.
Un ladrido de Laica citábame a abrir os ollos, ao abrilos observei que a miña cadela non estaba
ao meu redor. Erguinme preocupado e outro ladrido guioume ata uns eucaliptos nos que
estaba Laica ladrando. Abraceina con moita forza e, ao mirar os eucaliptos, un aroma acolledor
e pouco usual inundou o meu nariz. Pechei os ollos e respirei máis fondo, enchendo os meus
pulmóns daquel aroma que me devolvía á miña nenez. Aquela infancia na que xogaba con
árbores imaxinarias.
68 unha árbore, unha historia
Collín a Laica pola correa e, cando estaba a abrir os ollos, empezou a correr internándome no
bosque e, seguidamente, meténdome nunha cova na que só había escuridade. Unha luz ilumi-
nounos, e xa non nos encontrabamos nunha cova, estabamos nun claro rodeados de árbores.
— Afasta esa fera de min — dixo unha silueta que estaba entre as follas da árbore máis
grande, que tiña unha multitude de flores.
Chamei a Laica achegándose ao meu e seguidamente baixando aquela silueta tan
pequena da árbore.
— Quen es? — preguntei entre risas.
— Son o protector destas árbores — contestou.
— E por que as tes que protexer? — volvín preguntar — Son só unhas árbores.
— Cando eras pequeno valorabas moito máis as árbores.
Unha luz iluminounos e aparecemos nun penedo, onde, baixo os nosos pés, se encontraban un
montón de árbores. Era unha paisaxe preciosa, que non podía deixar de mirar.
— As árbores dannos paisaxes tan bonitas como estas, pero hai que coidalas.
Outra luz iluminounos e fixémonos tan pequenos que eramos como unha herba.
— Permítennos ulir aromas que nos deixan “viaxar” no tempo.
Respirei fondo e un conxunto de aromas coáronse polo meu nariz inundando os meus
pulmóns.
— Pero tamén... as árbores son o inicio da vida.
Miramos a un lado e vimos unha pequena rama saír da terra deixando ver unha árbore nacer.
Outra luz máis iluminounos e volvemos ao lugar do principio.
— Agora xa sabes por que debemos protexer as árbores —sorriu. Pero non debes contar
nada disto.
— Eu non vou contar nada.
— Guau...
— Nin Laica tampouco — dixen entre risas.
69unha árbore, unha historia
Dende aquela, quedei axudando a protexer e coidar a aquelas árbores. Aprendín moito de
árbores xunto ao anano e volvín recuperar aquela nenez que tanto botaba de menos.
Axudoume a ver doutro xeito a natureza.
Este é un dos meus moitos segredos, pero, recorda, este segredo é noso.
70 unha árbore, unha historia
IES As Telleiras
Natalia Montero Redondo
71unha árbore, unha historia
3ª categoría Matilda, unha nena interesada polas árbores
Érase unha vez unha nena que se chamaba Matilda. Era de pel morena, co pelo castaño e cos ollos
da mesma cor. Vivía cos seus pais en Lago e non tiña irmáns.
Un día, Matilda preguntoulle aos seus pais por unha árbore que ela mesma axudara a plantar ao
seu avó cando viñera de visita; porque vivía en Lugo e só podía vir cando as condicións llo permi-
tían. Preguntoulle por que a plantaran se só ocupaba espazo e ela cada vez tiña menos sitio para
xogar coas bonecas; todos na casa empezaron a rir (excepto Matilda). Ela estaba moi sorprendida.
Entón, a nai díxolle:
— Matilda, iso non é así.
— Por que, mamá? — preguntoulle sorprendida.
— Porque as árbores dan moitas cousas boas — contestou.
— Como cales? — dixo Matilda.
— Pois, por exemplo, son boas para a respiración e para o medio ambiente, para conseguir froi-
tos, para a alimentación dos seres vivos... — respondeu a nai toda convencida e segura de si mesma.
— Pero esas son moitas cousas! — exclamou interesada.
— Claro, xa cho dixen, e seguro que polo medio saltei algunha — afirmou a súa nai.
72 unha árbore, unha historia
— Pero aínda así eu sigo sen verlle a importancia —replicou Matilda.
— Ti pensa, e dime se poderiamos vivir sen árbores —propúxolle a nai.
— Miña rapariga, pensa un pouco e aprenderás —interveu o avó.
Matilda pasou toda a noite pensando naquilo que tanto chamara a súa atención (as árbores). Para
ela, era igual telas que non telas. Pero a súa nai déralle moitas razóns polas que eran importantes.
Cando se levantou á mañá seguinte, tomou o almorzo, foi canda o seu avó, e díxolle:
— Ola, avó. Estiven pensando o das árbores —comezou a conversa Matilda.
— E atopaches o que buscabas? —interrogouna o avó.
— Non, é moi difícil —contestou.
— Pensa, se un animal herbívoro non tivera que comer, non cres que morrería de fame? —afirmou
cun pouco de sabedoría posta na súa cara.
— Pois.... si, supoño, como todos —reflexionou Matilda.
— E se non hai plantas e eles se alimentan a partir delas... —contoulle pensativo.
— É verdade, pero se non houbese animais non pasaría tampouco nada —respondeu arrogante.
— Mira, é moi fácil: se non hai plantas, non hai animais herbívoros, se non existen estes, non
hai alimento para os carnívoros, e se estes tampouco non teñen alimento, nós non poderemos
vivir. E tamén, como poderiamos respirar se non houbese plantas? —aclaroulle.
— Agora si, avó, enténdoo todo moito mellor; e vou coidar máis as plantas. Algún día chegarei
a ser botánica e mirarei polo benestar das plantas en xeral —imaxinou ela.
— Moi ben, filla, sigue así, seguro que o consegues e axudas a todo o planeta —apoiouna o avó.
Matilda despediuse do avó, que xa tiña que marchar a Lugo.
*Vinte anos despois:
Matilda conseguiu ser unha das mellores botánicas galegas, das máis recoñecidas en España, e
agora atópase estudando en Madrid.
Conseguiu salvar o noso planeta da escaseza de árbores e de plantas.
Cando a xente lle pregunta, ela di que todo comezou por unha árbore que ela mesma plantara co
73unha árbore, unha historia
seu avó no xardín.
Cando acabou de viaxar polo seu traballo, asentouse na súa terra natal e alí coñeceu ao seu mozo,
casaron e tiveron dous fillos que, segundo din, queren seguir os pasos da súa nai.
74 unha árbore, unha historia
CPR Santiago Apóstol
Silvia Rey Santamaría
75unha árbore, unha historia
3ª categoría A importancia das árbores na nosa vida
Martín levantouse, como todas as mañás, cunha bombona de osíxeno atada á parte inferior do
seu corpo; se non, como podería sobrevivir? Oxalá se inventase algún ser que fabricase o osíxeno,
sen necesidade de fabricalo con máquinas e telo que comprar, porque ademais sae moi caro, xa
que o consumimos diariamente...
Saíu cara á escola camiñando polas frías rúas da súa cidade; era todo monótono, das mesmas
cores escuras... Por que non hai nada que nos alegre a vista? Todas as paisaxes son así...
Á hora de xantar, foi cara ao comedor da escola, gustábanlle moito as verduras, porque eran moi
sas, pero era unha mágoa que non houbera ningunha sobremesa sa! Se algo producise alimento
enerxético que estivera bo...
Cando volvía a súa casa, cruzouse con moitas aves que non tiñan onde vivir e criar as súas crías, as
pobres teñen que habitar encima dos coches e dos tellados das casas, co perigoso que é!
Despois da merenda, facía moita calor e el quería saír xogar ao xardín, pero, co sol que facía, era
moi perigoso, mais se puidese haber algo que o tapase, sería estupendo!
Logo, xa cansado, deitouse na súa cama coa intención de durmir ...
Á seguinte mañá, ao asomarse pola fiestra, o que descubriu... Había algo estraño no seu xardín, e
76 unha árbore, unha historia
por toda a súa rúa... Que sería aquelo de cor verde e marrón que adornaba a súa anteriormente
triste cidade?
Martín, ao prender a televisión, escoitou uns científicos falar sobre uns seres aos que chamaron
“árbores”. Ao longo do tempo, foron descubrindo unha serie de vantaxes que facían das árbores
seres marabillosos!
— Fan ás cidades alegres.
— Producen froita.
— As aves aniñan nelas.
— Proporcionan sombra.
As árbores teñen moitas vantaxes, por iso, deberiamos coidalas e tratalas con respecto.
77unha árbore, unha historia
Diego González Fernández
IES As Telleiras
79unha árbore, unha historia
Premio 4ª categoría Sen título
Érase unha vez o curmán dun amigo do meu tío, un neno de seis anos chamado Guillerme. Estaba
xogando nun parque debaixo dunha árbore, a cuberto da luz do sol grazas á sombra que lle
proporcionaba a belísima copa da árbore, xunta a súa nai, Matilde. De súpeto, chegou o seu pai,
Alberte, cunha corda e unha roda, e mandounos para dentro dun bar a tomar algo un momento.
Mentres Matilde entretiña a Guillerme, Alberte estábaos chamando para que visen o que fixera
na árbore. Alberte fixera un bambán! Guillerme, nada máis velo, xa quixo que o empurraran nel, e
sempre que foron a ese parque durante ese ano Guillerme estivo contándolle á árbore todo o que
lle chegou a ocorrer nese ano: o seu primeiro amor, o seu primeiro sobresaínte, a primeira repri-
menda... Pero, por mala sorte, case ao rematar o ano, na revisión anual, o pediatra observou que
adelgazara 5 kg respecto do ano pasado, e con seis, case 7 anos, non é normal. Entón mandounos
ao hospital para que fixeran unhas probas nas que os atendeu o Doutor Martínez, o médico de
urxencias nese momento.
Cando volveron ao parque, poucos días despois das probas (aínda sen os resultados), Guillerme,
antes de baixar do coche, observou algo estraño onde el recordaba que estaba a árbore, non a
vía, desde o coche non lograba vela. Entón preguntoulle a nai se ela podía ver a árbore, pero non,
80 unha árbore, unha historia
ela tampouco non a vía; preguntoulle ao pai e tampouco non a vía. Matilde intentou ir como
facéndolle unha idea a Guillerme, unha idea do que pasou, pero na clase de Guillerme acababan
de falar de que a día de hoxe estaban cortándose moitas árbores, e xa antes de que Matilde apar-
case o coche, xa se baixara del Guillerme e estaba correndo cara á árbore. Os pais collérono xunto
á base da árbore chorando, e levárono a casa.
Ao día seguinte chegaron as probas do médico, xusto antes de que Guillerme chegase da escola.
Ao baixar do autobús da escola, coa cabeza baixa polo anteriormente ocorrido coa árbore, encon-
trouse cos seus pais chorando e cunha bolsa de xoguetes na man do pai. Alberte díxolle: “Gui-
llerme, cariño, sube ao coche, anda... —entre beiciños— tes que ingresar no hospital”. Guillerme
subiu ao coche sen protestar e levárono a ingresar no hospital debido a que tiña cáncer e pediron
que quedase a cargo do Doutor Martínez, o que lle fixera as probas.
Á seguinte semana de ingresar a Guillerme polo cáncer, chegou unha carta do hospital á casa de
Alberte e Matilde. Na carta poñía: “Estimados D. e Dª González, eu, o Doutor Martínez, co meu
maior pésame, teño que anunciarlles que o seu fillo faleceu onte por causa de que o seu cáncer
estaba xa moi desenvolvido cando o levaron ao hospital e o ingresaron para tratalo. Síntoo moito”.
Os pais, tristes, decidiron enterralo pronto para poder seguir coa súa vida. Por iso, malia a morte
de Guillerme, seguiron traballando sen coller a baixa, para poder permitirse enterrar ao seu fillo
xunto á árbore (aínda cortada) á que tanto aprecio lle tiña.
No día do enterro, pola noite, con Guillerme xa enterrado a carón da árbore, ocorreu un milagre, a
árbore estaba rexenerándose. Na mañá seguinte, os pais foron ver a tumba do seu fillo outra vez
antes de ir ao traballo, pero, ao chegar, encontráronse con que a árbore estaba como antes de ser
cortada, incluso era aínda máis bela que antes.
81unha árbore, unha historia
transcricións de facsímiles
84 unha árbore, unha historia
85unha árbore, unha historia
Había unha vez un caracol nunha folla e veu o vento e levouno.
Lucas Quintía Rodríguez Sin Título
86 unha árbore, unha historia
Un día, díxenlle aos meus avós se podía plantar unha castaña que tiña no peto, e os meus avós
deixáronma plantar preto da casa. Fixen un buratiño na terra, logo plantei a castaña, tapeina con
terra e regueina.
Meses despois, volvín á casa dos meus avós, quedei sorprendida ao ver que nacera unha árbore e
xa tiña folliñas.
Foi medrando, e a miña avoa deuse de conta de que non daba castañas comestibles, e os meus
avós dicían que había que cortalo, pero eu, pouco a pouco, funos convencendo para que o deixa-
ran medrar. Pasaron uns cantos anos e a árbore medrou e ten unhas follas moi grandes e fermo-
sas, incluso agora é a árbore preferida de toda a familia; pois todos gustan de poñerse á sombra
deste castiñeiro.
O meu castiñeiro Sandra Ferreiro Castro
87unha árbore, unha historia
Había una árbore máxica nunha aldea, que era a raíña do bosque; tamén había un ourizo, que era
o seu gran amigo, e este por desgraza faleceu.
A árbore tivo moita pena, pero coa súa maxia volveuno á vida. Despois disto, fóronse a outro país
onde vivían outras árbores. Unha delas non tiña follas, era moi mala e quería destruír a natureza,
pero grazas á arbore máxica, a malvada, co medo, nunca máis fixo mal ao bosque.
Manuel Hermida Ameneiros A árbore máxica
88 unha árbore, unha historia
O vello magnolio que ten o meu avó é a miña árbore preferida.
Cando quero relaxarme, vou xunta del, sento ao seu carón e cóntolle as follas novas que lle saen.
En verán, cando fai moito sol, el dáme sombra; na primavera, unhas flores preciosas: no inverno,
meu avó ponlle unhas luces de cores e el mesmo avísanos cando chega o Nadal.
Pero o máis divertido é o bambán que colga das súas pólas.
Paula Sedes O vello magnolio
89unha árbore, unha historia
Esta é a historia dunha flor artificial que vivía en París, nunha casa preto do Arco do Triunfo. A flor
estaba triste porque ninguén falaba con ela, ata que un día veu una nena chamada Ana que falou
con ela. Desde aquel día Ana falaba coa flor e esta flor estaba contenta porque xa tiña unha amiga.
E cada vez que se lle caía un pétalo, saía un fogo artificial que iluminaba a casa onde vivía Ana. E,
colorín colorado, esta historia rematou.
Alba Souto Durán A flor artificial
90 unha árbore, unha historia
Había unha vez un neno que ía plantar plantas. Na súa casa había moitas plantas e un día quixo
plantar unha árbore. Pediulle a súa nai se podía plantar unha árbore e a súa nai dixo: “A casa ten
moitas plantas e non caben máis”. O neno enfadouse. Entón o neno foi ao parque e plantou unha
árbore. Durante uns días, o neno non puido durmir pensando na árbore.
Pasadas dúas semanas, o neno foi ao parque. Cando chegou, viu unha plantiña pequena e regouna.
Os seus amigos e amigas foron ao parque, viron unha plantiña e dixeron: “Que plantiña é?” É unha
árbore, contestou o neno. Despois, o neno foi a casa dos seus pais e díxolles: “Plantei unha árbore
no parque e agora hai unha plantiña pequena”. Os días seguintes choveu e o neno non foi ver a
plantiña. Pero chegou un día de sol e o neno foi ver a plantiña e a plantiña era máis grande. Pasa-
ron seis meses e a plantiña converteuse nunha árbore e o neno sorprendeuse e todas as amigas,
amigos e pais, foron ao parque e tamén se sorprenderon. O neno estaba moi contento porque a
súa árbore era moi grande. Todos se alegraron moito.
Xin Yue Liu Unha árbore
91unha árbore, unha historia
Este libro acabouse de deseñar na Coruña o día 17 de maio de 2015
— Día das Letras Galegas —