voz natura'12

65
CANCIÓNS “O rap do eucalipto” de Migallas Ao oeste da Galicia foi onde aterrei, entre toxos e carballos logo prosperei. Das fontiñas e dos ríos tiven que beber, pero pronto se secaron, que lle imos facer? Ah, ah, ja, ja, ei…. Espantei todos os bichos co meu forte olor, e sequei todas as plantas que estaban ao meu redor…. Sitios na web: Contos : “El árbol del matorral” http://youtu.be/DtdhalrxmBA “El árbol que no tenía hojas” http://youtu.be/B0oysk5y_fk “ Un árbol como tú” http://youtu.be/omRmMv0DsNI “Cuidemos los árboles” http://youtu.be/xFlosXak4-s “Nuestros árboles” la historia de un roble contada por él mismo http://youtu.be/hzdlnJwalYs Video día del árbolhttp://youtu.be/LmszVPatIDQ “O carballo con botas” “ A castañeira” “La llamada de los gnomos” “ El pequeño abeto”.

Upload: silvia-iglesias-gonzalez

Post on 26-Mar-2016

247 views

Category:

Documents


8 download

DESCRIPTION

Voz Natura'12

TRANSCRIPT

Page 1: Voz natura'12

CANCIÓNS “O rap do eucalipto” de Migallas

Ao oeste da Galicia

foi onde aterrei,

entre toxos e carballos

logo prosperei.

Das fontiñas e dos ríos

tiven que beber,

pero pronto se secaron,

que lle imos facer?

Ah, ah, ja, ja, ei….

Espantei todos os bichos

co meu forte olor,

e sequei todas as plantas

que estaban ao meu redor….

Sitios na web:

Contos :

“El árbol del matorral” http://youtu.be/DtdhalrxmBA

“El árbol que no tenía hojas” http://youtu.be/B0oysk5y_fk

“ Un árbol como tú” http://youtu.be/omRmMv0DsNI

“Cuidemos los árboles” http://youtu.be/xFlosXak4-s

“Nuestros árboles” la historia de un roble contada por él mismo http://youtu.be/hzdlnJwalYs

Video día del árbolhttp://youtu.be/LmszVPatIDQ

“O carballo con botas”

“ A castañeira”

“La llamada de los gnomos”

“ El pequeño abeto”.

Page 2: Voz natura'12

Escola de Areas.

Page 3: Voz natura'12

EN AREAS TRABALLAMOS O PROXECTO: AS NOSAS AMIGAS AS ÁRBORES

O contacto co tema da auga foi nunha Asamblea a partir

dunha exposición de ideas, onde cada un de nós dixemos cousas

que sabíamos das ÁRBORES:

Page 4: Voz natura'12

Despois recollemos do mesmo xeito o que realmente queríamos

saber:

Pedimos axuda ós pais para que trouxeran o aula todo tipo de

materiais dos que pudiésemos obter información relacionada co

tema e tamén buscamos na aula e na rede.

Page 5: Voz natura'12

Comezamos a investigar e a experimentar sobre:

-Que son as árbores.

-Cales son as súas partes.

-Onde se atopan.

-Como se chaman as árbores do patio.

-Outras árbores comúns da contorna.

-As súas propiedades e características.

-A importancia das árbores na natureza.

-Consellos para coidar os bosques.

AS ÁRBORES DO NOSO PATIO

NESPEREIRO

Page 6: Voz natura'12

PRADAIRO

Estudiamos as árbores do noso patio a partir da

observación directa: como eran, que tipo de follas tiñan,

seres lle caían ou non, se tiñan flores e froitos… Rematamos

facendo distintos debuxos:

Estudiamos tamén

distintas árbores

presentes na nosa

contorna inmediata:

Page 7: Voz natura'12

Con toda a

información que fomos obtendo elaboramos un MURAL.

Eu creo que unha das actividades que máis motivou os nenos e

nenas foi A MALETA VIAXEIRA. Esta actividade pretende

afondar na estreita colaboración entre familia e escola. Cada

semana será unha familia a encargada da maleta. Unha maleta

que contén dúas carpetas unha para continuar un conto

relacionado cunha árbore á que lle van ocorrendo distintos

sucesos e outra na que fan un estudio das árbores que hai nas

súas casas-

Traballamos tamen co motivo do día da paz o conto Wangari e as

árbores da PAZ.

Page 8: Voz natura'12

A partires das experiencias fomos descubrindo as distintas

características, necesidades e coidados das árbores e plantamos

dúas no noso patio: un carballo e un castiñeiro.

Fixemos unha maqueta onde se ven as diferentes fases polas que

pasan as árbores ó longo das estacións.

Page 9: Voz natura'12

Aproveitamos o tema das árbores de fío conductor no noso

festival de Nadal.

Tamén coa axuda dos pais traballos no patio da escola plantando

novas plantas e recordando os coidados, que deben ter para que

crezan bonitas.

Page 10: Voz natura'12

Tamén fixemos outras manualidades que xiran en relación ás

arbores

Page 11: Voz natura'12

As nosas coclusións:

Page 12: Voz natura'12

Escola de Ganade.

De acordo co proxecto desenvolvido nas escolas do CRA, durante o pasado

curso, no que traballamos, sobre a importancia e o consumo responsable da

auga, como un ben natural. Este ano desenvolvimos na Escola de Ganade, o

proxecto das árbores, que enlazado co anterior, nos dá unha ampla visión

da indispensable despensa que nos dá a natureza, para a nosa

supervivencia, e sobre todo a importancia da súa conservación

estreitamente ligada a nosa existencia.

Na escola de Ganade, desenvolvimos o programa do seguinte xeito:

Estudamos con material elaborado na categoría de fichas, todas

aquelas calidades que sinalan as árbores como seres vivos.

Elaboramos unha ficha técnica de cada especie sometida a estudo,

Page 13: Voz natura'12

onde recolliamos todos os aspectos salientablese con eles elaboramos

un dossier, titulado:” O libro das árbores”

Realizáronse diferentes manualidades, empregando como materiais

os froitos das árbores, coma os ratiños de casca de noz

Un bonsai de castiñeiro, con barro, plastilina, cola blanca…

Monstruos con ourizos de castañas, plastilina e fieltro de cores…

Pulseira de froitas de eucalipto:

Page 14: Voz natura'12

Adornos con follas de acivro para o seto de Nadal

Murais da estación de outono, tomando como modelo a árbore do

patio.

Outras actividades relacionadas coa rega, a terra e o coidado da

natureza, no noso xardín:

Outras actividades, en colaboración coa comunidade educativa, para

intercambiar ou dar información, das árbores:

VALORACIÓN.

As actividades propostas desenvolveronse con normalidade,

resultaron atractivas para os nenos e motivadoras. Foron

participando todos eles nos momentos creados para o

desenvolvemento do proxecto, ademais da colaboración de toda a

comunidade educativa.

Page 15: Voz natura'12

Escola de Moreira.

Page 16: Voz natura'12
Page 17: Voz natura'12
Page 18: Voz natura'12
Page 19: Voz natura'12
Page 20: Voz natura'12
Page 21: Voz natura'12
Page 22: Voz natura'12
Page 23: Voz natura'12
Page 24: Voz natura'12

Escola de Ribadetea

Para iniciar o proxecto sobre as árbores iniciamos un diálogo na Asamblea na

que esbozamos o traballo a realizar para acadar os obxectivos

establecidos no proxecto. A continuación:

Seleccionamos libros relacionados co tema.

Buscamos información na Internet.

Visitamos a fraga próxima á escola.

Page 25: Voz natura'12

O traballo comezou xa desde principio de curso pero as actividades máis

salientables e que máis lles gustaron ós nenos son entre outras:

Árbore do día da paz.

Que mural tan bonito pintado na parede da aula.

Page 26: Voz natura'12

Pedimos axuda as familias para traballar a semana da prensa, xuntos seleccionamos as noticias sobre as árbores e voz natura.

Traballamos a árbore que cada neno/a ten no patio ou xardín da súa casa.

Page 27: Voz natura'12

Debuxamos as árbores, co nome das distintas escolas para a portada da revista escolar.

A árbore das estacións.

Page 28: Voz natura'12

Aprendemos moitas cousas do Carballo .

Mirade que bonito está o que temos no patio da escola!!!!.

Fixemos un mural do Carballo

Page 29: Voz natura'12

Investigamos sobre distintas árbores, especialmente, sobre o carballo,

xa que temos dous fermosos exemplares no patio.

A información que obtivemos plasmámola no mural da aula tendo en

conta a participación de todos os nenos e nenas a utilización de distintas

técnicas plásticas.

Fixemos un conto sobre unha árbore do patio:

Page 30: Voz natura'12

Estudamos algunhas árbores de froitas. E probamos moitas.

Page 31: Voz natura'12

Realizamos traballos, empregando diferentes técnicas plásticas, facendo equipos de traballo.

Traballamos na horta do cole. Queredes ver o que fixemos?

Estes son exemplos das fichas que fixemos:

Page 32: Voz natura'12
Page 33: Voz natura'12

Escola de Portela.

Page 34: Voz natura'12
Page 35: Voz natura'12
Page 36: Voz natura'12
Page 37: Voz natura'12
Page 38: Voz natura'12
Page 39: Voz natura'12
Page 40: Voz natura'12
Page 41: Voz natura'12
Page 42: Voz natura'12
Page 43: Voz natura'12
Page 44: Voz natura'12
Page 45: Voz natura'12
Page 46: Voz natura'12

Escola de Parada.

Page 47: Voz natura'12

Comezamos a realización do proxecto das árbores, a través dun dos

xogos que desenvolvían, no mes de setembro, os nen@s no patio a hora do

recreo, xogaban as casiñas e para elo utilizaban as follas dunha árbore que

está pegada a valla da escola, esta árbore é un castiñeiro.

A partir de aí comezamos a falar, na asamblea, das árbores que eles

coñecen, as que teñen nas súas fincas, ou preto das súas casas, e do seu

coidado e conservación.

E como na escola non tiñamos ningunha árbore, decidimos plantar dúas;

polas características da escola e do seu patio, tivémolas que plantar en

macetas, que agora adornan a entrada da aula, e que coidamos diariamente

entre todos.

Fixemos unha selección de árbores para o seu estudo; o castiñeiro, o

acivro, o piñeiro, o eucalipto, o carballo, a sobreira, a laranxeira e o limoeiro.

Page 48: Voz natura'12

Coñecemos estas árbores a través das súas diferencias; colores, olores,

tamaños e formas das súas follas. Para que nos resultase máis sinxelo,

pedimos axuda ás familias, para que nos trouxeran follas destas árbores e

facer así o estudo dentro da aula, con todas as follas xuntas.

Comezamos a observar as diferencias nos olores das distintas árbores,

sobre todo, nas que tiñan un arrecendo máis característico, o eucalipto, o

piñeiro ou o limoeiro.

Page 49: Voz natura'12

E a continuación, observamos as diferenzas nos colores, formas e

tamaños; as que máis chamaron a atención, foron as follas do acivro e do

piñeiro pola súa forma, en canto aos colores, a laranxeira e o limoeiro e con

respecto ao tamaño os eucaliptos e a sobreira, da que aproveitamos para

coñecer a característica principal desta árbore, a súa cortiza ca que se

elaboran as corcheiras que acotío vén nas súas casas e na parede da aula.

Page 50: Voz natura'12

Con todo este material, aproveitamos a ocasión para elaborar un colorido

herbario.

O primeiro que fixemos foi secar as follas das árbores, cada nen@ gardou as

súas follas nunha carpeta, e deixámolas dous meses nas carpetas cun peso

por riba.

Page 51: Voz natura'12

Ao longo dos dous meses fomos observando o proceso de secado das

follas. Cando xa estiveron listas, preparamos o soporte onde pegar as follas,

con cartolinas e pintura de dedos. Co cal aproveitamos para traballar as cores,

e as súas gamas e distintas calidades de cores en función da árbore e

estación.

O seguinte paso foi a identificación de cada folla, escribir o seu nome e

relacionar ca súa cor.

E este foi o resultado final do herbario:

Page 52: Voz natura'12
Page 53: Voz natura'12

Escola de Pías.

Dacordo co proxecto, tratamos de implicar aos nosos

alumnos, na tarefa de coidar e respectar a nosa contorna,

Page 54: Voz natura'12

coidando as árbores. Á vez que coñecen diferentes tipos das

mesmas.

Así propuxemonos unha serie de oxbectivos:

Identificar as funcións vitais dos seres vivos.

Descubrir como cambian as árbores ao longo do ano.

Observar cales son as especies que nos rodean e as suas

características.

Como actividades ademais de coñecer diferentes árbores

fixemos plasmación plástica cos recursos que elas mesmas

nos ofrecen.

Así por exemplo co castiñeiro usando castañas fixemos uns

bonecos

Page 55: Voz natura'12

Co acivro fixemos un bonsai:

Page 56: Voz natura'12

Co piñeiro fixemos ourizos:

Page 57: Voz natura'12

Co carballo fixemos vacas:

Page 58: Voz natura'12
Page 59: Voz natura'12

Valoracion:

As actividades realizadas resultaron moi positivas xa que

os nenos implicaronse moito e desfrutaron moito co resultado

das actividades.

Aprendemos moitas cousas sobre as árbores da contorna.

Page 60: Voz natura'12

NO NADAL

Page 61: Voz natura'12

No festival de Nadal fixemos unha representación, dunha obra original,

escrita polo claustro de mestres do CRA, onde o fío condutor da historia,

era a conversa dunha árbore cunha nena, que tiña moitas dúbidas acerca do

coidado, a utilidade das árbores, e sobre todo non era conocedora das

queixas das árbores, co trato das persoas.

AS ÁRBORES BORREGAN: QUEREMOS UN MUNDO MELLOR

NARRADOR: Nun lugar moi aló onde os homes aínda non deron chegado reuníronse

unha delegación de árbores cos nenos e nenas das aulas do CRA A PICARAÑA para

facer unha chamada de SOCORROOOOOOOOOOOO .

Esta é a conversa que mantiveron unha árbore e mais unha nena que alí estaban.

ÁRBORES: No mundo de hoxe as árbores morren e os culpables sodes vós.

NENA: nós, pero que dis, penso que falas sen saber, os nenos e nenas das parroquias de

Ponteareas, estamos a facer moitas cousas para coidar as árbores.

ÁRBORES: Bueno pero vós alí non mirades o que fan outros, eh! todos temos que

achegar o noso gran de area para salvar o planeta, mira que si morre….

NENA: Pero…, que queixas tedes?

ÁRBORE: A seca que padecemos non e casualidade, somos as árbores as que coas

nosas polas e follas atrapamos as gotas de vapor das nubes e facemos chover.

NARRADOR: Ás arbores berraban dende dentro :- AUGA A TERRAAAA

ÄRBORE: Ademais, mira que poucas árbores quedan no monte, son os homes… eles

van de visita ao monte, fan os seus lumes e esquecen apagar ben os rescoldos, eso trae

os incendios.

NARRADOR: As árbores berraban: NON QUEREMOS ARDER…

NENA: Mira e fíxate ben os nenos e nenas de parada entenden o importante que e a

auga e así lle cantan .

Y LLOVERÁ

HA DICHO EL HOMBRE DEL TIEMPO

QUE MAÑANA VA A LLOVER

YO ME PONDRÉ EL CHUVASQUERO

Y EL PARAGÜAS COGERÉ

UNAS BOTITAS DE GOMA

PARA NO MOJARME LOS PIES

Y PARA SALTAR LOS CHARCOS

QUE LA LLUVIA HA DE HACER

Y LLOVERÁ

Y LLOVERÁ

Y LLOVERÁ

Page 62: Voz natura'12

Y YO VERÉ

Y YO VERÉ

Y YO VERÉ

LAS GOTAS CAER.

Y LLOVERÁ

Y LLOVERÁ

Y LLOVERÁ…..

ÁRBORE: Somos vivendas, as árbores, sí…. as casas de moitos animais están nos

nosos troncos e nas nosas polas, penduradas. Non as taledes, onde irían vivir os paxaros.

NENA: e pensas que non o sabemos mira como cantan e bailan estos nenos da Escola

de Pías que van de paxariños, que triste sería o mundo sen o seu canto.

ARBORE: aí veñen cunha peza de:

ALBIN Y LAS ARDILLAS.

ÁRBORE: As árbores somos os pulmóns da terra, non podedes vivir sen nós. Nós

facemos que o voso aire, sí…. ese que respirades, sexa san e non quededes sen el.

NARRADOR: MENOS CONTAMINACIÓNNNNNNN.

ÁRBORE: Os coches nos que ides dun lado para outro, contaminan e non sabedes

canto….. deixadesnos ás árbores aniquiladas, eh! cos seus gases, non podemos respirar.

Mirade estes nenos e nenas de AREAS, adoran os coches e bailan con eles unha

canción, que ruido Mira, agora escoita e mira ti eles bailan a banda sonora da pelicula

GREASE.

ÁRBORE: E non mirastes canto lixo, moitos aínda non sabedes reciclar , tedes moitos

contenedores e non sabedes para que valen. Si,si … hai que limpar, colaborar, mimar a

natureza, a terra, ao noso planeta cómprenlle coidados hai que mirar del.

NENA: Que rosmona es eh.., parece que non escoitas, ou non queres escoltar eh!... Mira

os nenos e nenas de Ribadetea dino ben claro nesta actuación de Nadal

O NADAL

No Nadal chega o inverno

E comeremos turrón

Cantaremos panxoliñas

Page 63: Voz natura'12

Estaremos de vacacións

E faremos un boneco

Cando neve mogollón

Poñerémoslle bufanda

E basoira de bastón.

Imos cantando e bailando

Cara o portal de Belén

A ver aquel rapaciño

Acabadiño de nacer

No Nadal remata o ano

Logo os reis magos viran

Deixaranos regalos e moito imos xogar.

ÁRBORE: Non esquezades que as árbores tamén somos fonte de alimento para vós.

Mirade senón os nenos de MOREIRA como lle adican este poema a unha pereira.

Agora escoita e verás que sen árbores moi mal o habedes pasar.

POEMA A UNHA FIGUEIRA

ÁRBORE: Ademais moi pronto será o Nadal, de seguro que ides ter un fermosa árbore

de Nadal chea de agasallos aos pes e á que lle cantaredes panxoliñas

NARRADOR:. As árbores berraron: SERÁ ARTIFICIALLLLLLLLLLLL…,

niguén talará unha árbore para cantarlleeeeeeeeeeeee.

NENOS: Non home non, escoita esta dos nenos de PORTELA que a carón da súa

árbore artificial ensaiaron esta panxoliña, que cantan hoxe para vós.

NOITE DE PAZ

Noche de paz, noche de amor,

todo duerme alrededor,

todo el mundo celebra con fe,

a ese niño nacido en Belén,

con canciones del corazón.

Hoy ha nacido el amor.

Noche de paz, noche de amor,

todo duerme alrededor,

y los ángeles quieren cantar,

para no despertar al Señor.

todo es paz y oscuridad,

Hoy ha nacido el amor.

Noche de paz, noche de amor,

todo duerme alrededor,

y los ángeles quieren cantar,

para no despertar al Señor.

Page 64: Voz natura'12

todo es paz y oscuridad,

Hoy ha nacido el amor.

Noche de paz, noche de amor,

todo duerme alrededor,

todo el mundo celebra con fe,

a ese niño nacido en Belén,

con canciones del corazón.

Hoy a vencido el aaaaaaamoooor.

Aquela reunión rematou cunha chea de ideas que trouxemos a este festival. E todos

xuntos ao rematar cantaron e bailaron ao compás. Este baile que tran os nenos de

GANADE serviu para dar fin á xuntanza das árbores e os nenos e nas que alí se

desenvolveu. Mirade que baile tan divertido tran para vós.

DANZA KUDURO

ÁRBORE: Non esquezades o mundo das árbores tamén é voso, xa sabemos que os

nenos do CRA o facedes, pero levade esta mensaxe a todas as persoas do voso lugar

coidade as árbores que elas cos seus pes presos no chan, non poden liscar cando algún

destes problemas as quere asoballar.

AXUDÁDENOS VÓS PODEDES FACER QUE O MUNDO NOS SAIBA

ENTENDER.

O DÍA DA PAZ Nesta festividade traballamos o conto de “Wangari e as árbores da Paz”.

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS O vindeiro mes de maio celebraremos o Día das Letras Galegas e para este

acontecemento invitamos a Anxo Moure “0 Carballo con Botas”, que

desenvolverá un contacontos nunha das nosas escolas e o tema central deste

acontecemento serán as árbores.

METODOLOXÍA As estratexias metodolóxicas para este proxecto, non son diferentes das que

se concretan na programación xeral. O enfoque é global, cunha orientación

de tipo constructivista. Compre destacar que, en concreto á hora de levar a

cabo este proxecto, partimos de que a a aprendizaxe ten que ser

Page 65: Voz natura'12

significativa, por iso partimos do propio neno, das súas experiencias, do

que percibe a cotío,de como vai mergullándose aos poucos nas diferentes

experiencias con materiais variados polas que vai coñecendo a contorna

que o rodea, e cos traballos, que vai elaborando, para que poida interiorizar

todas as conductas que favorecen o coidado, da contorna natural onde se

desenvolve, e que o forman como consumidor. Respetamos ademais, os

principios de actividade e participación, organizando a aula e os espazos,

dándolle un claro enfoque lúdico, para que se sintan os protagonistas dunha

aprendizaxede seu.

Nós, os mestres temos papel de mediadores, seleccionamos e achegámos os

materiais para traballar, amosamos o mellor xeito de traballar de modo

seguro, para que poidan adquirir as destrezas e habilidades, para aprender a

aprender, de xeito progresivo, independente e autónomo.