wordpress.com · web viewa carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, cuxa...

37

Upload: others

Post on 17-Jul-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: WordPress.com · Web viewA carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación
Page 2: WordPress.com · Web viewA carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación

Servizo de Orientación Laboral

Atopar un traballo hoxe en día non é doado, e

non falemos xa se se trata dun traballo que se adapte

ás nosas necesidades, á formación que temos, etc…

Por iso, con esta guía o que se pretende é que, cando

atopes a oferta dese traballo ideal, teñas recursos

para poder optar ao posto e non te quedes atrás por

non saber redactar unha carta de presentación ou

facer ben un currículo. É importante tamén que

prepares ben a entrevista de traballo xa que é dos

pasos máis importantes para optar a un posto

determinado. Nesta guía atoparás as preguntas máis

comúns que se soen suscitar, ¡non deixes que te

pillen desprevido/a!

3

Page 3: WordPress.com · Web viewA carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación

Servizo de Orientación Laboral

4

Page 4: WordPress.com · Web viewA carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación

Servizo de Orientación Laboral

A carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego,

cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa.

Coa carta de presentación temos que suscitar a interese necesaria a

quen a le, para que desexe ler despois o curriculum vitae ao que acompaña.

Por ilo, ten unhas características determinadas en canto á súa

elaboración:

Debe ser corta: Non debemos cansar nin aburrir ao lector.

Debe ser ordenada: Trataremos de evitar que o lector teña que ler

varias veces a nosa carta para facerse unha idea do que queremos dicir.

Debe ser clara: Esta claridade a lograremos mediante a estrutura que

demos á carta.

Debe ser directa: Nada de dar voltas sobre una mesma idea, nin

repetir datos do C.V. O noso obxectivo é chamar a atención para que sexa

o lector quen logo desexe lelo.

Coa carta de presentación o que facemos é “vendernos”. Somos á

vez comercial e produto e por ilo debemos intentar satisfacer ao cliente.

Non debemos ser pedantes cos nosos logros, nin polo contrario dar pena a

quen o le. Debemos facernos valer e demostrar que nos necesitan.

Existen distintos modelos de carta, dependendo do obxectivo

específico da mesma.

5

Page 5: WordPress.com · Web viewA carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación

Servizo de Orientación Laboral

Cando atopamos un anuncio en prensa, ou nun boletín..., é dicir,

cando vemos unha oferta de emprego que nos interesa publicada,

enviaremos unha carta de contestación a un anuncio. O máis importante

deste modelo de carta, é que fagamos referencia exacta ao lugar e data onde

localizamos a oferta.

Cando nos interesa que o noso curriculum sexa estudado nunha

determinada empresa, pero non vimos ningún anuncio que nos diga que

necesitan persoal, entón temos que enviar unha carta de auto

candidatura, tamén chamada de candidatura espontánea.

Ademáis é importante a carta de agradecemento, unha vez que

participamos no proceso de selección. Esta carta serve para agradecer a

atención prestada durante dito proceso, á vez que amosar que seguimos

interesados en formar parte do persoal da empresa.

En canto á imaxe, temos que ter en conta os seguintes aspectos

básicos:

Debemos presentar a carta nun so folio e escrito a ordenador (se

non nolo piden a man) e por unha soa carta.

Sempre enviaremos orixinais. Ademais debemos reflectir en cada

carta, o nome e os datos identificativos da empresa á que enviamos o noso

currículum e firmaremos cada unha das cartas que enviemos. Debemos

facer ver que nos tomamos a molestia de enviar unha carta personalizada a

cada empresa, amosando así a nosa interese.

É unha gran vantaxe coñecer á atención de que persoa

determinada debemos enviar a carta, para que esta chegue ás mans

axeitadas o máis rapidamente posíbel. Se descoñecemos o nome da persoa

responsábel, diriximos a carta ao departamento de Recursos Humanos da

empresa que nos interese.

6

Page 6: WordPress.com · Web viewA carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación

Servizo de Orientación Laboral

MODELO DE CARTA RESPONDIENDO A UN ANUNCIOSr. Director de personal O TEU NOME E APELIDOS

Camiones Ibéricos S.A. ENDEREZO E TLF

Pº de la Castellana 821

28068 MADRID

REF: P-man

Viveiro, 14 de Novembro de 2005

Estimado Sr/a.:

En resposta ao seu anuncio aparecido no diario El Progreso do

pasado domingo, éme grato manifestarlle a miña interese polo posto de

persoal de mantemento alí convocado.

Como pode comprobar polo axunto curriculum, estudei FPII de

mantemento, especialidade en empresas de automoción. Ao finalizar os

meus estudos empecei a traballar como axudante de mantemento na

empresa Autocares e Furgonetas S.A. durante un período de dous años. Por

todo ilo creo reunir os requisitos que vostedes mencionan para o futuro

ocupante do posto.

Desexo tomar parte no proceso de selección convocado. En especial

manter unha entrevista con vostedes para ampliar verbalmente as

referencias do meu curriculum, así como para comentarlles as miñas

experiencias no campo do mantemento.

Á espera das súas novas, saúdalle atentamente,

Ado: (O teu nome)

Axunto curriculum vitae

7

Page 7: WordPress.com · Web viewA carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación

Servizo de Orientación Laboral

MODELO DE AUTOCANDIDATURA

Sr. D. Juan José García O TEU NOME APELIDOS

Director de producción ENDEREZO E TLF

Laboratorios Reunidos

Avda. América, nº 27

VIGO

Viveiro, 14 de Novembro de 2005

Estimado Sr/a.:

O pasado ano rematei os meus estudos de Farmacia na Facultade

correspondente da Universidade de Santiago de Compostela por outra

banda, a miña afección dende hai cinco anos é a informática, cun modesto

PC conseguín producir programas aplicábeis á produción farmacéutica

(control de calidade de materias, xestión de inventarios…) Ditos programas

foron amplamente celebrados por algúns dos meus profesores na Facultade.

Penso que os meus estudos universitarios e a miña capacidade

informática poderían atopar acomodo nun laboratorio farmacéutico como o

de vostedes, preocupado tanto pola calidade dos específicos como pola

eficiencia e produtividade do proceso industrial.

Acompañando esta carta atopará vostede unha copia do meu

curriculum.

Agradaríame moito ter unha entrevista persoal con vostede, co fin de

comentarlle algúns datos que estimo poden ser da súa interese.

Estarei en Vigo a semana do 20 de xuño, e quixera ter a oportunidade

de falar con vostede ou con algún outro directivo de Laboratorios

Reunidos, se ilo é posíbel.

Se desexa vostede pórse en contacto comigo, non dubide en

chamarme ao 982-00-00-00.

Á espera de coñecelo e persoalmente, o saúda:

Asdo: (O teu nome)

8

Page 8: WordPress.com · Web viewA carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación

Servizo de Orientación Laboral

MODELO DE CARTA DE AGRADECEMENTO

Sr. D. Juan José García O TEU NOME E APELIDOS

Director de Producción ENDEREZO E TLF

Laboratorios Reunidos

Avd. América, nº 27

15700 A CORUÑA

Viveiro, 16 de decembro de 2005

Estimado Sr/a:

Quixera agradecerlle a entrevista que me concedeu o día 7 de Maio

pasado para o posto de auxiliar de laboratorio.

De acordo coa información que me proporcionou na mencionada

entrevista, acerca dos requisitos e responsabilidades esixidas para o posto, e

que creo que se axustan perfectamente ao meu perfil, lle comunico que

continúo estando moi interesado en ser seleccionado para a súa empresa.

Desexaría me permitiran poder pasar unha segunda rolda de

entrevistas.

Quedo á espera de que me comunique a data e hora da próxima

entrevista.

Atentamente

Ado: (o teu nome)

9

Page 9: WordPress.com · Web viewA carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación

Servizo de Orientación Laboral

10

Page 10: WordPress.com · Web viewA carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación

Servizo de Orientación Laboral

O Curriculum vitae (C.V.) é a ferramenta básica da busca de

emprego. Trátase de redactar de forma clara e chamativa, a nosa

traxectoria profesional, as nosas intereses e as nosas actitudes e

habilidades persoais.

En cuanto á redacción: debe ser breve, clara, con frases que non

sexan moi longas, esquemático e organizado.

Do que se trata cun C. V. é que ao lelo, a persoa a quen se lle dirixe,

sexa capaz de saber todos os datos máis interesantes de cara ao posto de

traballo, cun so golpe de vista. Para ilo axudarémonos das letras en negrita

e as maiúsculas.

11

Page 11: WordPress.com · Web viewA carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación

Servizo de Orientación Laboral

CONSELLOS Á HORA DE ELABORAR UN CURRÍCULUM

Substituír a data de nacemento pola idade.

Ordena a información de presente a pasado.

Non envíes nunca os certificados de estudos nin os certificados de

boa conduta.

Indica as túas motivacións e intereses profesionais.

Nunca poñas as túas expectativas salariais.

Redáctao pensando no posto ao que optas ou no teu obxectivo

profesional.

Se é posíbel acompáñao cunha foto.

Se tes un nivel baixo en idiomas ou informática, mellor non poñas

nada.

Pon sempre a duración (datas) dos estudos e experiencias laborais.

Ser sincero e non abuses dos eloxios. Ante todo humildade.

Utiliza unha linguaxe directa e positiva sempre en terceira persoa,

nunca en primeira.

Utiliza un vocabulario preciso pero sinxelo.

Coida as faltas de ortografía.

A súa lectura debe resultar doada (destaca os títulos)

Non debes de ocupar máis de dúas páxinas (se sobrepasas este

límite, elimina toda a información que non estea relacionada dalgún xeito

co posto buscado). E en todo caso axunta un anexo.

Os datos que axuntas deben ser veraces e coherentes co posto ao

que optas.

ESTRUCTURA

12

Page 12: WordPress.com · Web viewA carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación

Servizo de Orientación Laboral

Datos persoais

Inclúe o teu nome e apelidos, enderezo onde resides, teléfono de

contacto, e-mail e data de nacemento. Non cómpre indicar o teu estado

civil.

Formación académica:

Estudos e títulos obtidos, indicando centro de estudos, localidade e

datas. (Estrutura a información por orden cronolóxico descendente é dicir,

primeiro o máis recente.)

Formación complementaria:

Estudos ou prácticas realizadas que complementen a túa formación

académica. Aquí debes indicar cursos ou seminarios con relevancia para o

posto solicitado, indicando o número de horas de duración. Non é

conveniente sobrecargar este apartado xa que pór moitos cursos pode

ensombrecer os realmente importantes. Indica só aqueles que sexan

relevantes de cara ao posto buscado.

Experiencia Profesional:

Detallaremos o posto, nivel, empresa e organismo para o que

traballamos, así como as funcións máis importantes ou relacionadas no

posto ao que optamos e as datas de inicio e fin. Tamén poñemos aquí as

prácticas da carreira, traballos non remunerados, voluntariado, etc, que

máis se acheguen a aquela competencia que desenvolveremos na empresa

que le o noso curriculum vitae.

Idiomas:

Nivel (falado, escrito, lido) se tes algún curso ou estancia no

estranxeiro que o acredite.

Coñecementos informáticos:

Programas que manexas e para que os utilizaches.

13

Page 13: WordPress.com · Web viewA carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación

Servizo de Orientación Laboral

Outros datos de interese

Publicacións, participación en eventos, neste apartado podemos

incluír o noso obxectivo profesional así como 2 ou 3 habilidades ou

características persoais que posuamos, sempre e cando teñan relación co

posto.

14

Page 14: WordPress.com · Web viewA carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación

Servizo de Orientación Laboral

EXEMPLO DE CURRÍCULUMArmando González SalinasAvda do Ferrol, 627850 Viveiro (Lugo)Teléfono de contacto: 666666666Idade: 38 anos.D.N.I.: 33.333.333. XFORMACIÓN

REGRADA- Certificado de estudos primarios. Colexio Público Lois Tobío (Viveiro). Xuño

1.982.- Título de Técnico Especialista en Electrónica. Instituto de Formación

Profesional de Burela. (Burela). Xuño 1.989.

COMPLEMENTARIA

- Curso de deseño de planos e esquemas eléctricos. FOREM GALICIA. (Viveiro). 2.000.

EXPERIENCIA

Axudante técnico reparación de televisores. Ramón Electrodomésticos (Cadea Activa). Do 3/12/1990 ao 6/06/1992 (Lugo). As miñas funcións consistiron en servir de apoio no servizo de postvenda.

Técnico de mantemento. Hospital da Costa. Do 10/09/1992 ao 25/11/1995 (Burela). As miñas funcións era levar o mantemento eléctrico do hospital.

Técnico de reparación electrodomésticos. Por conta propia. Do 6/01/1996 ao 5/02/2006. (Viveiro). As miñas función eran a reparación de pequenos electrodomésticos.

IDIOMAS

Galego nivel alto. Lingua materna e Curso de perfeccionamento.

Ingles nivel medio. Cursando 2º curso na escola de idiomas.

INFORMÁTICA

Microsoft Office. Nivel usuario.

Autocad. Nivel alto. (curso deseño de planos e esquema eléctricos)

Internet. Nivel usuario.

OUTROS DATOS Carné de conducir B e C

15

Page 15: WordPress.com · Web viewA carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación

Servizo de Orientación Laboral

16

Page 16: WordPress.com · Web viewA carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación

Servizo de Orientación Laboral

É a parte mais importante do proceso de selección e a última fase

antes da decisión por parte da empresa, por ilo temos que ter moi claro non

só o obxectivo da empresa senón tamén o noso.

A empresa tratará saber mais de ti e de comprobar detalles, saber se

es o axeitado ao posto, descubrir se podes, sabes e queres ocupar o posto e

se es compatíbel coa empresa.

Nós temos que demostrar o que sabemos, que podemos e queremos

el posto.

CONSELLOS PARA SUPERAR UNHAENTREVISTA DE TRABALLO

Antes da entrevista

- Coñece todo o que podas da empresa.

- Se te citan por escrito, o correcto é que chames para confirmar a túa

asistencia.

- Asegurarte do lugar e da hora da entrevista, así como do nome do teu

entrevistador.

- Se non estás seguro de como chegar ao lugar da entrevista, fai unha

viaxe de proba ou prevé unha marxe de tempo o suficientemente

amplo para asegurar que podas chegar a tempo.

- Tes que ser puntual, é mellor chegar 5 minutos antes xa que a túa

falta de puntualidade tomarase en conta negativamente. Si por unha

razón de peso sabes que vas a chegar tarde, comunícao canto antes á

persoa que che vai a entrevistar.

- Estuda as túas aptitudes, a túa experiencia e túa educación.

- Leva o currículum e coñéceo perfectamente, xa que

se basearán nel.

17

Page 17: WordPress.com · Web viewA carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación

Servizo de Orientación Laboral

- Fai unha relación dos teus puntos febles e prepara argumentos para

defendelos.

- Coida a túa indumentaria e hixiene persoal. Viste de maneira

correcta, de acordo coa túa personalidade, pero sen ser demasiado

informal ou extravagante. Por regra xeral, é recomendábel

presentarte cunha imaxe formal, clásica. Non acudas con gafas

escuras e os accesorios deben reducirse ao mínimo; a maquillaxe, as

colonias ou perfumes deben utilizarse con moderación.

- Ve so/a.

- Leva dous ou tres copias do tu currículum vitae, e asegurarte que

poderás xustificar todos os elementos do mesmo. Se o currículum

enviado anteriormente á empresa non inclúe unha fotografía,

asegúrate de que as copias que leves á entrevista se a teñan. Iso fará

que o entrevistador o lembre mellor cando revise as súas notas da

entrevista.

Durante a entrevista

- Crea unha boa impresión. As primeiras impresións son de grande

importancia. Moitos empresarios consideran que tras ver entrar pola

porta a un candidato, observar a forma de dar a man e sentarse, son

capaces de decidir sobre a súa valía.

- Saúda ao entrevistador cunha fórmula convencional: Boas tardes Sr.

Ruiz.

- Séntate dereito/a, nin ao borde da cadeira (inseguridade), nin o

ocupes todo (falta de respecto)

- Non sexas o/a primeiro/a en estender a man.

- Saúda cunha aperta de mans e sorrí, mirándolle aos ollos.

- Non te sentes ata que cho digan.

18

Page 18: WordPress.com · Web viewA carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación

Servizo de Orientación Laboral

- Non tutes se non cho indican.

- Está atento/a e simpático/a.

- Evita pórte nervioso/a e os xestos que o indiquen como roer as

unllas, golpear co boli na mesa, axitarte no asento...

- Non fumes, nin bebas aínda que cho ofrezan.

- Non interrompas.

- Mira ao entrevistador aos ollos, pero sen intimidar.

- Deixa que el tome a iniciativa.

- Non fales demasiado, nin demasiado pouco.

- Coida a túa linguaxe.

- Non peques de agresivo/a nin de sensíbel.

- Non te aproximes moito a el.

- Non poñas os cóbados enriba da mesa do entrevistador.

- Non cruces os brazos, pode parecer que estás á defensiva.

- Se che ofrecen unha bebida podes aceptar pero, que non sexa

alcohólica.

- Pensa antes de contestar.

- Non esperes demasiado tempo para responder, podería parecer

síntoma de distracción.

- Non utilices expresións tallantes “sempre, nunca”, nin utilices

latiguillos como “ou sexa”, “isto”....

- Se che preguntan sobre ti mesmo/a, dálle importancia a túa

formación, experiencia e resultados dos teus traballos.

- Non respondas con evasivas ou dubidas, nin con monosílabos.

- Non fales mal das empresas nas que traballaches.

- Responde clara e brevemente.

- Pensa positivamente.

- Amosa entusiasmo polo traballo, pero non o supliques.

- Non pidas o posto como si fora unha esmola.

19

Page 19: WordPress.com · Web viewA carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación

Servizo de Orientación Laboral

- Non digas que necesitas terribelmente o posto.

- Di sempre a verdade.

Recordar que, na primeira entrevista, o máis

importante é o posto de traballo ao que queres

acceder e non o soldo, nin as vacacións e permisos.

Estes temas poderíanse tratar en detalle en posteriores entrevistas.

- Non te negues a responder preguntas.

- Fai preguntas sobre as posibilidades de promoción na empresa ou o

posto de traballo.

- Non critiques.

- Expresa o teu agradecemento.

- Non critiques a pasados empresarios.

- Non digas, "acabo de rematar os meus estudos e non teño

experiencia profesional" enfócao doutra maneira a

resposta correcta sería "estou dispoñíbel para

traballar e disposto/a a pór en práctica todos os

coñecementos adquiridos nos meus estudos.

- Si che fan preguntas indiscretas de carácter persoal responde que na

túa opinión ese asunto é irrelevante para deducir a túa idoneidade

para o posto ao que optas. Dillo con seriedade pero non con

agresividade. Estas preguntas valoran o teu control emocional.

20

Page 20: WordPress.com · Web viewA carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación

Servizo de Orientación Laboral

Despois da entrevista

- Non te vaias sen coñecer todos os datos sobre a

próxima etapa do proceso de selección: onde,

cando e con quen terá lugar.

- Cando o entrevistador dea por finalizado o

encontro, se non mencionou nada sobre os

próximos pasos a seguir, toma ti a iniciativa,

preguntándolle directamente: “Se vostede o considera

oportuno, gustaríame prolongar esta conversa

durante outra entrevista”, ou “¿En que consiste a

próxima etapa da selección?”

- Antes de saír, dea as grazas ao entrevistador polo seu

tempo e pídalle a súa tarxeta de visita. Así dispoñerás

dos seus datos exactos para enviarlle unha carta de

agradecemento.

- Analiza os resultados, anota puntos fortes e

febles...pode servirte para una segunda entrevista

ou para próximas entrevistas noutras empresas.

- Fai unha ficha reflectindo o seguinte:

Empresa:

Entrevistador:

Data:

Posto de traballo:

- Avalía a impresión xeral que che produciu a empresa

e o posto de traballo ofrecido. ¿Cumpríronse as túas

expectativas?

- Avalía o éxito da entrevista, resaltando os puntos

positivos e negativos do encontro.

21

Page 21: WordPress.com · Web viewA carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación

Servizo de Orientación Laboral

- ¿Cales foron os temas que máis interesaron ao teu

interlocutor, os que lle aburriron ou lle decepcionaron?

- ¿Cales foron as túas mellores e peores respostas?

- ¿Dubidaches ou te puxeches nervioso con algunha pregunta?

TIPOS DE PROBAS DENTRO DUNPROCESO DE SELECCIÓN

Unha vez superada a preselección, poida que o seleccionador

contacte contigo para que realices probas específicas que aporten maior

información sobre aspectos consubstanciais ao posto de traballo. Chegar á

fase de probas no proceso de selección supón xa un éxito.

A predición da conduta futura é esencial na selección de persoal que

se fai posíbel mediante a aplicación dunhas probas determinadas, cuxos

resultados interprétanse e se extrapolan de acordo cuns criterios

establecidos.

Estas probas poden ser moi variadas, xa que o seu deseño e

aplicación estarán relacionados cos requisitos a avaliar en dito posto,

nembargante poden encadrarse dentro destes grupos.

Dinámicas de grupo:

Perante estas probas avalíase o comportamento dun candidato dentro

dun grupo en determinadas circunstancias concretas. Nelas reúnese a un

grupo reducido de candidatos ( entre 8 e 10) baixo o control dun ou varios

supervisores, suxírese a discusión dun tema suscitado cun límite de tempo.

Os trazos a avaliar son entre outros:

Razoamento Lóxico.

Capacidade de Liderado.

22

Page 22: WordPress.com · Web viewA carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación

Servizo de Orientación Laboral

Sociabilidade.

Capacidade de comunicación.

Imaxe persoal.

Capacidade de persuasión.

Capacidade de séntese/análise.

Test de intelixencia:

Pretenden medir a capacidade xeral para resolver problemas de tipo

abstracto, o que se considera un indicador da eficacia nas distintas áreas

profesionais. Suscitan problemas de dificultade crecente.

Test de aptitudes específicas:

Poden ser verbais e non verbais. Pretenden medir a capacidade en

áreas diferentes como: comprensión e fluidez verbal. Razoamento

abstracto, cálculo, razoamento numérico, razoamento espacial,

coordinación viso- manual, razoamento mecánico, memoria, ....

Probas de personalidade:

Estas probas están deseñadas para apreciar trazos de personalidade,

intereses e valores profesionais entre outros. Explóranse variábeis como

autocontrol, capacidade de mando, introversión, extroversión, ....

23

Page 23: WordPress.com · Web viewA carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación

Servizo de Orientación Laboral

Probas grafolóxicas:

A grafoloxía, é a ciencia ou arte que estuda o contido expresivo da

escritura e a partir de aí, intenta extraer a súa significación psicolóxica.

A análise grafolóxica soe complementar a interpretación dos datos

relativos a vosa personalidade. Podedes prever que se vai a utilizar esta

técnica, naquelas ocasións nas que se soliciten candidaturas con

información manuscrita, ou ben cano vos demanden un escrito dunhas

quince liñas, sobre papel liso, sen raias, redactado en forma de carta na que

figuren data, sinatura, ...

Probas de coñecementos:

Son aquelas que avalían coñecementos propios dunha profesión.

Serven para determinar o teu rendemento e idoneidade profesional. O que

pretenden é pescudar ata que punto sabes facer tarefas parecidas ás que

terás que realizar no posto ao que aspiras; ou ata que punto posúes os

coñecementos mínimos para desenvolverte ben nesa ocupación.

PÁGINAS WEB PARA BUSCA DE

EMPREGO

Cómpre que saibades onde buscar, por iso aquí engadimos algunhas

paxinas para axudarvos.

Tamén podedes mirar nos xornais (sobre todo nos suplementos cor

salmón dos domingos), Puntos de Información xuvenil, bolsas de traballo,

Servizos de Orientación Laboral, Servizo Galego de Colocación, portais de

emprego… hai moitos sitios!!

www.infojobs.net

24

Page 24: WordPress.com · Web viewA carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación

Servizo de Orientación Laboral

www.infoempleo.com

www.mercadodetrabajo.com

www.todotrabajo.com

www.hacesfalta.com (para emprego de carácter social)

www.empleogalicia.info

•Adecco T.T. S.A. ETT www.adecco.es

•Flexiplan S.A. ETT www.flexiplan.es

Manpower Team ETT S.A. www.manpower.es

People Trabajo Temporal E.T.T. S.A. www.people-ett.com

Randstad Empleo ETT S.A. www.randstad.es

Vedior Trabajo Temporal ETT S.A. www.vedior.es

ADER ETT www.ader.net.

•NORTEMPO. www.nortempo.com

www.empregoviveiro.nireblog.com

OUTROS DIRECTORIOS DE INTERESE

Confederación Empresarios de Galicia.Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).Cámaras de Comercio.Fundación Galicia-Europa.Fundación Universidade-Empresas (Guía de empresas que ofrecen emprego)Centros de Estudios.

25

Page 25: WordPress.com · Web viewA carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación

Servizo de Orientación Laboral

Asociacións de Estudantes.Institucións públicas (Concellos, Consellerías...)Fundación Galicia-Inmigración.

.- SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL DO CONCELLO DE VIVEIRO (No concello vello)Praza maior, 1 - baixo27850 Viveiro..- OFICINA DE XUVENTUDE.Claustros de San Francisco.27850 Viveiro..- SERVIZOS SOCIAIS.Claustros de San Francisco.27850 Viveiro..- OFICINA DE EMPREGO.Rúa dos Foles, 11-1327850 Viveiro..- SINDICATOSSINDICATO NACIONAL DE COMISIONES OBRERAS DE GALICIA Av. García Doriga, S/N27850 VIVEIRO CONFEDERACION INTERSINDICAL GALEGA Av. García Doriga, S/N27850 VIVEIRO UNION GENERAL DE TRABAJADORES DE GALICIAAv. García Doriga, S/N BAJO27850 VIVEIRO

26

Page 26: WordPress.com · Web viewA carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, cuxa finalidade é presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación

Servizo de Orientación Laboral

27