xenética

12
Xenética Aplicacións ambientais

Upload: lorenacastro-bernardez

Post on 07-Mar-2016

225 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Aplicacións medioambientais

TRANSCRIPT

Page 1: Xenética

XenéticaAplicacións ambientais

Page 2: Xenética

Introdución

A xenética é unha

disciplina da bioloxía, a

ciencia da herdanza e

da variación nos seres

vivos.

Page 3: Xenética

Aplicacións da enxeñería xenética

A enxeñería xenética consiste na modificación

do xenotipo dos organismos, a través da

introdución dun xen de interese nas células

receptoras. As súas aplicacións son:

- A produción de fármacos

- A terapia xénica

- O diagnóstico clínico

- Aplicacións en agricultura e gandaría

- Aplicacións ambientais

Page 4: Xenética

Aplicacións ambientaisDiversas técnicas biotecnolóxicas permiten resolver de diferentes

maneiras o problema da contaminación ambiental. Pódense empregar diversos microorganismos para controlar e tratar o problema da contaminación química nos ecosistemas, pois algúns deles, principalmente bacterias, teñen a capacidade de eliminar do medio ou de degradar con enzimas compostos tóxicos e perigosos.

Actualmente, estanse creando bacterias, levaduras e enzimas en laboratorios para degradar residuos mediante varias técnicas:

Biometanización. É un proceso de dixestión anaerobia (sen osíxeno) da materia orgánica por microorganismos, que a descompoñen dando lugar a unha mistura de gases, principalmente metano e dióxido de carbono.

Lagoas de estabilización. Utilízanse bacterias e algas para depurar residuos líquidos por procesos naturais.

Filtros percoladores. Con filtros que conteñen unha poboación de microorganismos que degradan a materia orgánica que haxa no residuo.

Biorremediación.

Bioabsorción.

Page 5: Xenética

Biorremediación

A biorremediación é calquer proceso que utilice microorganismos, hongos, plantas, ou os enzimas derivados deles, para devolver a un medio ambiente alterado por contaminantes a súa condición natural. A biorremediación empregando microorganismos foi inventada polo científico norteamericano George M. Robinson.

Page 6: Xenética

Pode ser empregada para atacar contaminantes específicos do solo, por exemplo na degradación bacteriana de hidrocarburos. Estas bacterias poden degradar de xeito natural estas substancias. Un exemplo de tratamento máis xeneralizado é o da limpeza de derrames de petróleo.

Page 7: Xenética

Na biorremediación o máis

habitual é empregar bacterias

transxénicas, porque as bacterias

ordinarias non soportan as duras

condicións nas que teñen que

traballar. Para conseguilas,

introdúceselles un plásmido que

contén un xen que

lles proporciona unha nova

característica. Deste xeito,

conséguense bacterias máis

resitentes. A degradación con

bacterias é un proceso lento, pero

coa axuda da enxeñería xenética

pódense conseguir bacterias

capaces de degradar compostos

máis resistentes.

Page 8: Xenética

Ademais de bacterias, hoxe en día estase investigando con plantas ás que se lles introduciu o xen da bacteria que lle permite metabolizar un elemento tóxico. Estas plantas teñen máis posibilidades para limpar solos contaminados porque as súas raíces teñen maior alcance que as simples bacterias e, ademais, son máis robustas.

Page 9: Xenética

InconvintesUn dos aspectos que provoca máis prexuízos á

hora de empregar transxénicos na

biorremediación é o risco de que se dispersen e

se enfronten coas especies do entorno. En

calquer caso, coma noutros asuntos, hai que

asumir o perigo, e comparándoos cos

beneficios, son maiores os beneficios.

Page 10: Xenética

Bioabsorción

Os metais son materias moi útiles para nós, pero en cada proceso de aproveitamento, libéranse parte destes metais ó medio. Na queima de combustibles fósiles tamén se liberan metais.A diferenza dos contaminantes orgánicos, os metais non se poden degradar nin biolóxica nin quimicamente.Algúns destes metais é de gran importancia retiralos do medio debido ós seus efectos tóxicos sobre os organismos vivos.

Page 11: Xenética

As bacterias son obxecto de numerosos estudos pola súa capacidade de transformar compostos que poden ser unha ameaza para o medio. Estas bacterias están adaptadas ó solo e son resistentes ós metais tóxicos, ben de forma natural ou mediante manipulación xenética. Entre as capacidades das bacterias cabe salientar:

• O seu papel na inmovilización e movilización dos metais.

• A secreción de compostos con capacidade de adherirse a estas substancias.

• A absorción e acumulación de metais no interior, seguido de transformacións enzimáticas.

• O emprego dos ións metálicos como fonte de enerxía.

Page 12: Xenética

Creado por:

Tamara Lage Vidal

Arantza Pérez Correa

Noemi Castro Bernárdez

Lorena Castro Bernárdez