xiii xornadas de teatro_burela

2
Xiii Xornadas de teatro 4, 5 e 6 de outubro Auditório municipal Burela 2012 > Xoves 4, ás 21:30 horas ‘iLalelo’ Carlos Blanco & Budiño DJ > Venres 5, ás 21:30 horas ‘Chebrévere. O bo se breve dúas veces chévere’ Grupo Chévere > Sábado 6, ás 18:00 horas ‘Vacacións no Mar’ Mircromina Títeres Organiza Patrocina Colabora ‘iLalelo’ Carlos Blanco & Budiño DJ Xoves 4 ás 21:30 horas Carlos Blanco convertido en rapeiro e Budiño en dj. A fusión chámase iLalelo, o espectáculo que une entorno á palabra, a música e a improvisación a dúas figuras galegas dos escenarios. iLalelo, con i pequeno. Humor 2.0. Retranca para o século XXI. Os monólogos de Carlos Blanco atopan acubillo e transfórmanse en hip-hop hipnótico nas bases de Budiño Dj. Dúas figuras da escena galega unen as súas forzas nun espectáculo singular. Falando de redes sociais, de redeiras cibernéticas, de poemas imposibles. Facendo participar ao pú- blico de salas e festas. Con risas garantidas polo humor intelixente de Carlos Blanco unido á calidade musical de Budiño Dj, e aportando tamén a súa mú- sica en directo, iLalelo é un espectáculo chamado a mover masas e a exportar ‘Galicia calidade’ polo mundo. Un ‘show’ diferente a todos. Fresco, valente e vivo. Para non perdelo! iLalelo! Porque estamos no mundo. ‘Chebrévere’ O bo se breve dúas veces chévere Chévere Venres 5 ás 21:30 horas No 2012 o grupo de teatro Chévere cumpre 25 anos de actividade escénica. En tal data, a compañía non podía deixar de visitar Burela, pois foi esta vila unha das primeiras en confiar no seu talante teatral. Aquí atoparon un dos seus primeiros públicos cómplices. Foi no desaparecido cine Mon, alá polo final dos anos oitenta, convidados polo C.C Buril, cando Chévere pre- sentou a súa versión escénica dos míticos superhe- roes ‘O mal non acouga’. Un título premonitorio do que sería a historia de Galiza e, por extensión do resto do mundo, nestas últimas dúas décadas. Tempo no que Chévere tiveron que aprender a facer teatro de verda- de para subsistir. Mellor ou peor, o feito é que chega- ron ata aquí mantendo a súa independencia, deixando no camiño decenas de espectáculos, centos de ac- tuacións e nada menos que 20 anos de actividade na Sala Nasa. Como nunha pequena festa de aniversario e como agasallo da compañía a todo o público burelá e da Mariña, Chévere ofrecerá unha escolma de pezas breves extraídas do seu repertorio clásico e recente. ‘Sketches’, cancións, personaxes e historias feitas a pé de escenario que retratan o xeito de entender o hu- mor, o amor e os odios destes cómicos incansables que son os Chévere. En escena: Miguel de Lira, Patricia Lorenzo, Manuel Cortés e Xron. Músicos ao vivo: Xacobe Martínez, Antelo, Max Gómez e Manuel Cebrián.

Upload: colectivo-cultural-buril

Post on 28-Mar-2016

241 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Programa das XIII XORNADAS DE TEATRO DE BURELA, organizadas polo C.C. Buril. 4, 5 e 6 de outubro. Auditório Municipal. iLalelo. Carlos Blanco & Budiño DJ Chebrévere. O bo se breve dúas veces chévere Vacacións no mar. Mircromina Títeres

TRANSCRIPT

Page 1: XIII XORNADAS DE TEATRO_BURELA

Xiii Xornadas de

teatro

4, 5 e 6de outubroAuditório municipalBurela 2012

> Xoves 4, ás 21:30 horas‘iLalelo’ Carlos Blanco & Budiño DJ

> Venres 5, ás 21:30 horas‘Chebrévere. O bo se breve dúas veces chévere’

Grupo Chévere

> Sábado 6, ás 18:00 horas‘Vacacións no Mar’ Mircromina Títeres

Organiza Patrocina Colabora

‘iLalelo’Carlos Blanco & Budiño DJ

Xoves 4 ás 21:30 horas

Carlos Blanco convertido en rapeiro e Budiño en dj. A fusión chámase iLalelo, o espectáculo que une entorno á palabra, a música e a improvisación a dúas fi guras galegas dos escenarios.

iLalelo, con i pequeno. Humor 2.0.Retranca para o século XXI.

Os monólogos de Carlos Blanco atopan acubillo e transfórmanse en hip-hop hipnótico nas bases de Budiño Dj. Dúas fi guras da escena galega unen as súas forzas nun espectáculo singular.

Falando de redes sociais, de redeiras cibernéticas, de poemas imposibles. Facendo participar ao pú-blico de salas e festas. Con risas garantidas polo humor intelixente de Carlos Blanco unido á calidade musical de Budiño Dj, e aportando tamén a súa mú-sica en directo, iLalelo é un espectáculo chamado a mover masas e a exportar ‘Galicia calidade’ polo mundo.

Un ‘show’ diferente a todos.Fresco, valente e vivo.

Para non perdelo!

iLalelo!

Porque estamos no mundo.

‘Chebrévere’O bo se breve dúas veces chévere

ChévereVenres 5 ás 21:30 horas

No 2012 o grupo de teatro Chévere cumpre 25 anos de actividade escénica. En tal data, a compañía non podía deixar de visitar Burela, pois foi esta vila unha das primeiras en confi ar no seu talante teatral. Aquí atoparon un dos seus primeiros públicos cómplices.

Foi no desaparecido cine Mon, alá polo fi nal dos anos oitenta, convidados polo C.C Buril, cando Chévere pre-sentou a súa versión escénica dos míticos superhe-roes ‘O mal non acouga’. Un título premonitorio do que sería a historia de Galiza e, por extensión do resto do mundo, nestas últimas dúas décadas. Tempo no que Chévere tiveron que aprender a facer teatro de verda-de para subsistir. Mellor ou peor, o feito é que chega-ron ata aquí mantendo a súa independencia, deixando no camiño decenas de espectáculos, centos de ac-tuacións e nada menos que 20 anos de actividade na Sala Nasa. Como nunha pequena festa de aniversario e como agasallo da compañía a todo o público burelá e da Mariña, Chévere ofrecerá unha escolma de pezas breves extraídas do seu repertorio clásico e recente. ‘Sketches’, cancións, personaxes e historias feitas a pé de escenario que retratan o xeito de entender o hu-mor, o amor e os odios destes cómicos incansables que son os Chévere.

En escena: Miguel de Lira, Patricia Lorenzo, Manuel Cortés e Xron. Músicos ao vivo: Xacobe Martínez, Antelo, Max Gómez e Manuel Cebrián.

Page 2: XIII XORNADAS DE TEATRO_BURELA

‘Vacacións no Mar’Mircromina Títeres

Sábado 6 ás 18:00 horas

‘Vacacións no Mar’ é un espectáculo de moni-creques de luva no que se conxuga o tradicional estilo da cachiporra, tan efi caz dramaticamente, cuns carácteres e uns acontecementos renova-dos para o público de hoxe en día.

Tanto as escenografías como os mecanismos e os bonecos son pezas únicas, deseñadas e creadas no obradoiro artesán de Mircromina. Este espírito artesanal chega ata a música do espectáculo: parte dela foi creada adrede para a función por Falsario, artista que traballa en ex-clusiva para a Compañía.

En canto ao resto das melodías, é unha selección de músicas li-bres, orixinais de Rymsky-Korsakov unhas e temas populares in-terpretados pola formación lucense Kivitka as demais.

Deste xeito, cun sinxelo e efi caz guión, unhas personaxes de mar-cadas personalidades e un ritmo trepidante, Mircromina fai a súa contribución á renovación deste xénero dramático e ao goce das almas nenas.

SinopseA Mariña encantaríalle viaxar polo mundo adiante. Un día, Moncho chega a porto no seu veleiro ‘Ovos con patacas’. Pero, nun descoido, o pirata Ollo Virollo toma prestada a nave e faise ao mar. Tras 45 minutos de acción ¿cumprirá Mariña o seu soño de dar a volta ao planeta?