xustas a cabalo en san paio

16
SAN PAIO A TODO TROTE XUSTAS A CABALO Obradoiros de verán en San Paio de Narla 2012

Upload: encarna-lago

Post on 14-Jul-2015

159 views

Category:

Documents


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Xustas a cabalo en san paio

SAN PAIO A TODO TROTE

XUSTAS A CABALO

Obradoiros de verán en San Paio de Narla 2012

Page 2: Xustas a cabalo en san paio

A necesidade de combater e loitar

Dende moito tempo atrás, o home sentiu a necesidade de combater polos seus intereses. O afán conquistador foi celébre en personaxes como Alexandre Magno que creou un gran imperio e nos romanos moi loitadores e con ansias de poder, creando un forte Imperio.

Loitar por terreo, por poder, por intereses políticos…o certo é que o ser humán sempre se enfrentou cando non puido por en práctica os seus intereses. O home gusta de guerra para acadar o que persegue, e para impoñer o seu mandato.

Quen son?

Page 3: Xustas a cabalo en san paio

A orixe dos xogos

Os máis afamados xogos da historia comezaron en Grecia,as famosas Olimpíadas na cidade de Olimpo na que índa hoxe en día se conserva un templo. Eran uns xogos que concentraban os atletas máis xoves e mellor preparados, os cales quedaban efixiados en estatuas como os Kuros que representaban o poder da xuventude e dun corpo ben adestrado.

Page 4: Xustas a cabalo en san paio
Page 5: Xustas a cabalo en san paio

Os xogos panhelénicos

O punto de partida foron os xogos panhelénicos que reunían a toda a Élade (así era como se chamaba Grecia naquel entón), e que competían por un tesouro que ían aumentando todas as poboacións que pertencían á Liga de Delos impulsada por Pericles. Estos tesouros estaban en cámaras como tesouro de Delos, do que índa se conserva esta construcción.

Page 6: Xustas a cabalo en san paio

A Idade Media

Na Idade Media as xustas e torneos a cabalo tiñan un compoñente de lucimento e demostrar unha competitividade,sobre todo para conquistar a unha dama. Como se ve na peli Destino de caballero, competían cabaleiros cunha extensa e importante liñaxe.

Pois ben, nós hoxe, aquí, aproveitando que estamos nunha fortaleza medieval, imos recrear todo ese mundo coas xustas.

Estades interesados en saber cómo continua a historia?. Se é que sí, berrade con forza: San Paio a troteeee!!!!!!! ben forte. Ui, ui, eso está mal, hai que berrar e trotar ao mesmo tempo, a ver cómo trotades…. Ben, iso está mellor!!!!!!!!!!!!!

Page 7: Xustas a cabalo en san paio

As xustas

Page 8: Xustas a cabalo en san paio

Comezamos o xogo….

Pero imos xogar con varias variantes, pero qué sabedes das xustas??????. Non podemos comezar a xogar sen que teñades alomenos algo de idea, así que imos aló!!!!!!

Xunto coa guerra e a caza, os torneos constituíron, na Idade Media, a principal ocupación dos señores. Eran competicións de cabalería, xurdidas no século XI e que se mantiveron ata o século XVIII, aínda que se ten documentación que demostra que a finais do século XIX celebráronse en Barcelona e Eglington (Inglaterra) enfrontamentos deste tipo.

Page 9: Xustas a cabalo en san paio

Por qué se facía?Para gañar un territorio, por honor, adestramento para guerra ou obxectivos económicos, xa que cabaleiros empobrecidos ou segundóns ás veces loitaban para facerse co equipo do inimigo derrotado: armas, armaduras, estribos, cabalo.

Nos torneos só podían participar cabaleiros especificando a súa liñaxe e amosando o seu estandarte no campo, pois só podían enfrentarse entre sí os dun mesmo nivel. Se os contendentes eran reis ou grandes señores, nomeaban os seus campións que os representaban no torneo.

Convocábanse xunto aos castelos, que mellor que aquí en San Paio? e facíase con ocasión de acontecementos especiais como coroacións, matrimonios, firma de tratados ou treguas e podían durar ata unha semana.

Page 10: Xustas a cabalo en san paio

Onde se facía?

A celebración tiña lugar nun recinto ovalado no que se dispoñían gradas para o numeroso público asistente decorándose fastuosamente as reservadas para xustas de alta liñaxe, e sinxelas para o pobo, que se entretiña admirando as ricas vestimentas de damas e cabaleiros. Xunto as tribunas instalábanse tendas adicadas aos cabaleiros, os seus escudeiros e lacaios e paradas onde se vendían armas, roupa e xoias.

Page 11: Xustas a cabalo en san paio

Normas xerais

1.Non pelexar fóra de filas

2. Non tirar globos de pintura á cara

3. Non pelexar varios cabaleiros contra un só.

4. Non darlle nin arrebatar o cabalo do rival.

5.Prohibido destruir o cabalo do contrario, se fai haberá penalización.

6. Penalización por non dicir o berro de guerra antes de comezar a combatir, isto é, “Deus, meu rei e a miña dama”.

A continuación, imos explicar xogo por xogo aclarando as posibles dúbidas que poidan xurdir.

Page 12: Xustas a cabalo en san paio

1º XOGO

TOCAR E GAÑAR!!!!!!!!!!!!

Page 13: Xustas a cabalo en san paio

Compite un membro do equipo A contra outro membro do equipo B, cada un ten unha tira de pegatinas coa letra do seu equipo (A ou B) que terá que pegar na bolsa de basura do seu contrincante que leva posta sobre o seu corpo. Gañará o que máis pegatinas conseguise pegar na bolsa do contrario. O combate dura tres minutos, pasados eses tres minutos, colocanse os seguintes. Ollo! o cabalo nunca pode caer do corpo do neno, se se cae, automáticamente, perde o xogo, e é o punto para o equipo contrario.

A OU B??? Cal será o voso equipo?

Page 14: Xustas a cabalo en san paio

2º Xogo: O anel

Cada equipo terá que ir correndo e intentar meter a lanza por un aro colgado, quen o consiga máis veces irá sumando puntos ata sacar máis puntuación. Os puntos léveos un membro do equipo que é o tesoureiro, e ao final mirase quen sacou máis puntos de todo o torneo.

Page 15: Xustas a cabalo en san paio

3º Xogo: O carrusel

Empregando carretillas, cada membro do equipo terá que dar a volta a un circuito a modiño nun prazo determinado, cambiando de concursante a acabar o primeiro período e collendo un novo. En 10 minutos gañará o equipo que máis veces dese a volta carrexando a un compañeiro.

Page 16: Xustas a cabalo en san paio

CHEGOU O MOMENTO DE ORGANIZARSE EN EQUIPOS MIXTOS. MOI IMPORTANTE!!!!!!!!!! QUE SEAN EQUIPOS MIXTOS!! A COMEZAR A XOGAR!!!!!!!!!!!!!