memoria 2013 san paio

210
MUSEO-FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA | MEMORIA 2013

Upload: redemuseisticalugo

Post on 25-Jun-2015

199 views

Category:

Education


25 download

TRANSCRIPT

Page 1: Memoria 2013 san paio

MUSEO-FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA |

MEMORIA 2013

Page 2: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

1

INDICE

1. LIMIAR ................................................................................................................ 2

2. ESTADISTICA ANUAL DE VISITANTES ........................................................... 5

3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO ................................................................... 12

4. PROGRAMA DIDÁCTICO ................................................................................ 12

4.1. ACTIVIDADES ESCOLARES ........................................................... 12

4.2. OBRADOIROS DE VERÁN .............................................................. 30

4.3. OBRADOIROS DE NADAL............................................................... 53

4.4. OBRADOIROS CLUB PEQUEAMIGOS ........................................... 69

5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL ............................................................ 84

5.2. PROGRAMA INTERXERACIONAL .................................................. 84

5.3. PROGRAMA DA TERCEIRA IDADE ................................................ 90

5.4. PROGRAMA DE OCIO-TURÍSMO .................................................... 93

5.5. SEMANA DOS MUSEOS ................................................................ 100

5.6. PROGRAMA MUSEOLOXÍA SOCIAL ............................................ 162

5.7. PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS .................................................... 180

5.8. PROGRAMA DE CINE .................................................................... 189

5.9. REVISTA ORAL .............................................................................. 192

5.10. PROGRAMA DE RECURSOS EDUCATIVOS .............................. 197

5.11. PROGRAMA DISCAPACIDADE ................................................... 208

6. PROGRAMA DE COLECCIÓNS .................................................................... 209

7. PROGRAMA DE PERSOAL ........................................................................... 209

9. PROGRAMA ECONÓMICO ............................................................................ 209

Page 3: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

2

1. LIMIAR

O panorama actual para a museoloxía nacional é desolador, a crise acucia

sen distinción a todos os museos, sufrindo especialmente os pequenos museos

que se ven abrumados pola carestía de medios e escaseo de recursos para facer

fronte ao avance imparable dunha sociedade que devora todo o seu alcance, nin

sequera a cultura se ve a salvo. Nesta situación, costa ser creativo cando os

medios que se necesitan non están ao alcance, sen embargo hai algo que a crise

non pode cercenar e é a ilusión, a necesidade fai agudizar o inxenio e explota a

creatividade ata límites insospeitados.

De traballar con ledicia e motivación sabemos moito en San Paio, pese a

contar cun presuposto minguado, non paramos de xerar cultura fieis a nosa

máxima de “museos para todos e entre todos”, e sobre todo, facer a cultura

accesible. A cultura non é un privilexio, é un dereito e, por tanto, todo o mundo

debe ter acceso a ela. Baixo este lema, traballamos para difundir e espallar a

dinaminazación cultural dunha zona como a de Friol que se está avellentando a

Page 4: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

3

pasos axigantados, e por iso que colaboramos con asociacións como Carballo

Vivo e Xesta Verde, nun intento de activar zonas deprimidas ao tempo que se

rescata patrimonio referente á etnografía, etnoloxía e folclore de noso cultura

galego, moi digna e salientable de perpetuar e dar continuidade.

Non se fai discriminación de ningún tipo de idade, sexo, raza ou relixión,

pois estamos abertos a todo tipo de público. Non nos quedamos nos meros

formalismos académicos de atender soamente a visitas escolares xa que estamos

abertos a todas as peticións, de feito as nosas actividades didácticas son tan

recoñecidas que traballamos as fins de semana coas APAS dos colexios, nun

intento de agradar e de amosar de que potencial estamos feitos e como

imaxinamos visitas teatralizadas, todas elas feitas co noso imaxinario colectivo e

cos nosos propios recursos, en ocasións, insuficientes para o tamaño das

empresas que nos traemos entre mans.

Gústanos especialmente que San Paio sexa un museo vivo e activo, por

iso damos acollida a toda iniciativa cultural que difunda conciencia patrimonial e

valores culturais, soamente coa intención de que concertos e obras de teatro

complicadas de ver para xente de Friol e arredores, sexan visionados

gratuitamente co magnífico escenario de San Paio de fondo.

Sentímonos especialmente orgullosos de facer da didáctica o noso buque

insignia, somos pioneiros e un auténtico referente nas visitas de colexios que en,

moitas ocasións, repiten connosco e marabillámonos cos sorrisos e atención

permanente e continuada de meniños e meniñas moi pequenos.

Resulta moi difícil condensar en tan breve introdución todo o traballo que

facemos en San Paio ao longo do ano, porque ademais do devandito

anteriormente, velamos concienzudamente polo coidado das instalacións e

revisamos que as pezas están en condicións de humidade óptimas para o seu

estado de conservación e para a posta en escena cara ao público. Procuramos

que as pezas non sufran traslados innecesarios e sempre que se moven fano coa

súa correspondente folla de traslado, deixando unha imaxe supletoria no lugar da

vitrina para que a xente se faga unha idea da peza que se levou para exposición

itinerante.

Page 5: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

4

Conscientes de que as palabras as leva o vento, e que o mellor para sentar

cátedra son os feitos, consideramos que o máis conveniente e oportuno é amosar

con gráficas, diagramas e estatísticas en que consiste o noso traballo. Imos

dando por concluída esta introdución, non sen antes recalcar que nos cremos no

que facemos, e por iso respaldamos cada una das nosas actuacións coa

satisfacción de que demos todo o que tiñamos, e que nos esforzamos para que a

xente leve unha lembranza agradable de San Paio, como un museo nun

espectacular continente cun abraiante contido que seduce a todos e a todas que

se acercan incrédulos ata el pensando que vai ser un museo decimonónico e,

descobren, atónitos, como se poden facer museoloxía dende a emotividade e o

sentimento con grande profesionalidade, e como tamén hai cabida para a

museoloxía social. Todos e cada un de nos, temos dereito a cultura e cando

dicimos todos é TODOS, toda aquela persoa con discapacidade física, psíquica

ou sensorial, é un visitante máis. É o noso visitante. San Paio están aquí grazas a

todos vos, as vosas visitas fan que perdure, nos temos o privilexio de coidalo e

velar pola súa protección. Grazas por contar con nós, tan só pedimos non

espertar deste soño endexamais, poder seguir creando museoloxía para todos os

públicos e contar coa vosa aprobación.

Page 6: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

5

2. ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES.

Xaneiro Nº total de visitantes 376

3 grupos escolares 90

1 grupos adultos 30

Visitas individuais 256

Febreiro Nº total de visitantes 706

6 grupos escolares 240

6 grupos adultos 190

Visitas individuais 395

Marzo Nº total de visitantes 1470

8 grupos escolares 240

6 grupos adultos 200

Visitas individuais 1030

Abril Nº total de visitantes 1348

7 grupos escolares 325

13 grupos adultos 488

Visitas individuais 535

Maio Nº total de visitantes 2245

19 grupos escolares 784

15 grupo adultos 616

Visitas individuais 845

Xuño Nº total de visitantes 1418

Page 7: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

6

18 grupos escolares 495

11 grupos adultos 285

Visitas individuais 638

Xullo Nº total de visitantes 1855

4 Obradoiros 120

6 grupos adultos 140

Visitas individuais 1595

Agosto Nº total de visitantes 2341

4 Obradoiros 120

5 grupos adultos 140

Visitas individuais 2081

Setembro Nº total de visitantes 1105

11 grupos adultos 343

Visitas individuais 762

Outubro Nº total de visitantes 898

8 grupos adultos 350

Visitas individuais 548

Novembro Nº total de visitantes 994

6 grupos escolares 210

7 grupos adultos 180

Visitas individuais 604

Decembro Nº total de visitantes 1414

Page 8: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

7

16 grupos escolares 462

7 grupos adultos 220

Visitas individuais 534

Total visitantes anuais 16170

Gráfica comparativa dos anos 2012-2013

360

665

1703

1089

1420

1489

1212

2208

1182 1077

818 854

376

706

1470 1348

2245

1418

1855

2341

1105

898 994

1414

0

500

1000

1500

2000

2500 MUSEO FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA

Ano 2012

Ano 2013

Page 9: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

8

0

500

1000

1500

2000

2500

376

706

1470 1348

2245

1418

1855

2341

1105

898 994

1414

Por número de visitantes

15%

8%

4%

4%

14% 25%

30%

Por idades

0-10

11-14

15-18

19-25

26-40

41-65

66

Page 10: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

9

0

1000

2000

3000

4000

5000

6000

7000

2483

3708

6819

510

96 526

31 83 41 415

183 104 220 38

510

45 21 2 166 154

Por Procedencias

LUGO CIDADE LUGO PROVINCIA GALICIA

ANDALUCIA ARAGON ASTURIAS

BALEARES CANARIAS CANTABRIA

CATALUÑA CASTILLA-LEON CASTILLA-LA MANCHA

EUSKADI EXTREMADURA MADRID

MURCIA NAVARRA LA RIOJA

VALENCIA ESTRANXEIROS

Page 11: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

10

35

2214

1885

2439

2528

3079

3989

0 500 1000 1500 2000 2500 3000 3500 4000 4500

Por días da semana

DOMINGO

SABADO

VENRES

XOVES

MERCORES

MARTES

LUNS

Page 12: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

11

Page 13: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

12

3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO

Amaño do panel de entrada a fortaleza, que caera co vento.

Arranxo no motor do pozo

Limpeza dos tellados

Limpeza dos accesos e plataforma do castro da fortaleza varias veces ao ano

Arranxo da porta de cristal da entrada.

Reposición de sistema de iluminación, por parte do servizo de mantemento da

Deputación, cando son de fácil reposición e urxencia son reparadas polo persoal

da fortaleza. (DURANTE TODO ANO SEGUNDO HAI AS INCIDENCIAS)

Desratización varias veces ao ano, cada tres meses.

Recollida de auga, control lexionella e potabilidade.

Router novo, para poñer Intranet

Arranxo da cisterna

Cambiaron a billa no wc das mulleres.

Arranxo de deshumificadores

4. PROGRAMA DIDÁCTICO

4.1. Actividades escolares

Ao longo do curso ofrécese a posibilidade de solicitar dous tipos de visitas:

guiada e con actividade. Para realizar estas visitas é necesario a concertación

previa das mesmas, concertando con departamento de didáctica.

Visita de iniciación:

Page 14: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

13

Comprende un recorrido por todo o castelo, recomendase para os grupos

que visitan o centro por primeira vez, independentemente do seu nivel educativo.

Duración aproximada de 60 minutos.

Para un mellor aproveitamento do Museo Fortaleza San Paio de Narla, xa

que existe unha variedade e riqueza de contidos, e na procura dun novo concepto

de visita máis participativa, como alternativa as tradicionais visitas guiadas e que

implique a colaboración directa de profesores e alumnos, ofrecemos no 2011 un

programa de itinerarios os distintos niveis de ensino:

O Castelo encantado

O Porvir do pasado

O Labirinto do Castelo

Un Museo de Lendas

O xogo de verbas

Na lareira

A bela durminte

Page 15: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

14

Visita de iniciación

Nivel: Todos os ciclos

Data: Curso escolar

Obxectivo: Comprender que a as sociedades actuais están condicionadas polo

seu pasado histórico. Recoñecer as ferramentas e analizar a súa evolución e

continuidade, así como a necesidade de conservalas para outras xeracións.

O Castelo encantado

Nivel: 1º e 2º ciclo de Primaria

Data: Curso escolar

Obxectivo: Identificar as distintas clases sociais; servos, señorío e cabaleiros

meirande os recursos que nos ofrecen as diferentes salas do museo.

Page 16: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

15

O Porvir do pasado

San Paio de Narla é un museo axente para o coñecemento da vida pasado

dos nosos devanceiros, museos que deben de ser, e son, activos na educación

dos nosas xeracións.

Nivel: ESO e BAC

Data: Curso escolar

Obxectivo: Estudar o paso do tempo, no que se desenvolve o señorío de San

Paio de Narla, así como as distintas salas, a través da Lenda da Cova da Serpe.

O Labirinto do Castelo

Nivel: ESO e BAC

Data: Curso escolar

Obxectivo: Coñecer a etnografía e desenvolver a creatividade do alumnado sendo

conscientes da importancia do pasado para comprender e presente.

Page 17: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

16

Un Museo en Lendas

Nivel: 3º Ciclo de Primaria, ESO e BAC

Data: Curso escolar

Obxectivo: Coñecer a literatura e a mitoloxía popular do Concello de Friol a

través da comunicación cos nosos maiores.

Page 18: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

17

O xogo de verbas

Nivel: 4º,5º e 6º Primaria

Data: Curso escolar

Obxectivo: Aproveitar a riqueza e a variedade do patrimonio cultural, tomando

conciencia da importancia do pasado para comprender o presente; para espertar

o interese polas visitas aos museo motivamos con xogos.

A) Nesta fotografía sinala o nome desta peza

B) ¿Sabes o nome de peza que vai do guindastre ó caldeiro?

C) O guindastre recibe tamén o nome de _____________

Page 19: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

18

Localiza nesta sopa de letras as respostas dos apartados C das probas anteriores

e comprobarás que coas letras restantes contadas de 3 en 3 atoparás o nome

deste museo.

Na Lareira

Nivel: Ed. Infantil, 1º e 2º de Primaria

Data: Curso escolar

Obxectivo: Visitar a cociña para que o alumnado descubra a transformación que

esta dependencia sufriu ao longo do tempo. Compararemos as vellas cociñas e

as comidas que nelas se facían coas actuais

Page 20: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

19

A bela durminte

Nivel: Ed. Infantil e 1º e 2º de Primaria

Data: Curso escolar

Obxectivo: Empregar como fío condutor o conto da Bela Durminte e aproveitar

como recurso os obxectos expostos, nun ambiente, en principio nada atraínte

para o neno, o castelo vaise convertendo nun escenario onde a imaxinación cobra

vida ata materializarse como real.

Peiteados y aderezos

Nivel: 3º e 4º ESO

Data: Curso escolar

Page 21: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

20

Obxectivo: Concienciar aso rapaces e rapazas de cómo unha actividade que

pode parecer tan rutinaria como a de peitearse pode ser algo estético e artístico.

Ademais de agochar os entresixos de épocas históricas ao través das cales,

sometidas a un exhaustivo estudo, verase coma o peiteado era signo social de

distinción e ostentación.

Facendo historia (Heráldica)

Nivel: 1º e 2º da ESO

Data: Curso escolar

Obxectivo: Fusión heráldica e historia, condensándoos nun único concepto para

amosar que tras un escudo agóchase moita crónica histórica. Un escudo non é

unha peza inerte, ao contrario é unha peza parlante, e iso é o que se tentará facer

visible incidindo en que é unha fiestra para visionar como era a vida dos nosos

home e mulleres con rango nobiliario do Medievo.

Page 22: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

21

Pescudas de detectives en San Paio

Nivel: 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO

Data: Curso escolar

Obxectivo: Trátase de que os nenos e nenas se metan, por uns intres, na pel dun

detective. Pero dun detective peculiar, porque o seu campo de acción será o

Museo de San Paio, e terán que ir superando unha serie de pistas para acadar a

meta final. Unha desas pistas consistirá en localizar cunha lupa cal é a peza máis

antiga da lareira, etc. Finalmente, chegarán ao último piso da torre e se fixeron

ben as súas tarefas, adiviñaran cal é o truco para abrir un cofre con sorpresas.

Page 23: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

22

Unha firma medieval: un signo lapidario

Nivel: 6ª de primaria, 1º ESO e 2º ESO

Data: Curso Escolar

Obxectivo: Con esta unidade didáctica búscase afondar noutra realidade de San

Paio de Narla, pouco coñecida e, por tanto, pouco difundida. Trátase de traballar

coa temática dos signos lapidarios que se atopan diseminados por toda a

fortaleza medieval e con reminiscencias renacentistas. Pretendese que os nenos

e nenas comprendan a transcendencia destes signos que non eran meros

garabatos na parede, senón que tiñan unha explicación e razón de ser. Deste

xeito, a unidade didáctica contempla ser realizada en dúas fases: unha teórica e

outra práctica.

Page 24: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

23

Talleres escolares

Tras moitos anos de experiencias compartidas nos que o Museo Provincial

de Lugo e o resto dos museos que se foron integrando na Rede Museística da

Deputación de Lugo foron pioneiros na elaboración de programas didácticos para

o mundo escolar, toca agora revisar metodoloxías, actualizar conceptos e poñer

en práctica novas ideas arredor do sempre suxestivo tema da educación desde os

museos.

Nestes últimos quince anos, con máis ou menos acertos, e tamén con

moitos erros, desde os departamentos de didáctica intentamos achegarnos á

escola desde os museos, propuxemos actividades que tiveron enorme éxito entre

os docentes e o seu alumnado, e outras, hai que recoñecelo, que non gozaron

desa estima. Así e todo entre todos fomos abrindo un camiño que agora xa é,

afortunadamente, moi frecuentado por outras institucións museísticas pero …

Pero sempre debemos estar alerta para renovar motivacións e estímulos,

para repensar e establecer novos obxectivos que conduzan á meta desexada: a

intercomunicación entre o mundo da escola e o mundo dos museos. Os museos

máis ca obxectos, atesouramos experiencias, historias, creatividade, modelos …,

campos nos que, precisamente, os mozos e mozas das escolas poden precisar

un implemento na súa formación.

O lema escollido para esta nova etapa “A ver se te ves! Míranos!” reclama

esa atención bidireccional entre os dous mundos. Os museos precisamos que nos

vexan, que nos miren, que a sociedade faga uso libre do que posuímos, e a

escola, que ten a fundamental misión de formar individuos para o futuro, debe

entender que toda a bagaxe cultural que herdamos é un tesouro relativamente

Page 25: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

24

doado de atopar e de conseguir: abonda entrar nos museos e dispoñer

pedagoxicamente.

Desde os museos da Rede Museística, xestionada pola Área de Cultura e

Turismo, vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, pretendemos ofrecer

ao profesorado e ao seu alumnado unha atención personalizada e achegar os

recursos básicos imprescindibles para que este intercambio resulte engaiolante

para o alumnado. Con esta fórmula pretendemos, sobre todo, abrir as nosas

portas de par en par a toda a sociedade pero, especialmente, aos que teñen a

enorme misión de seguila construíndo desde os alicerces da infancia.

Os obxectivos que pretendemos, en resume, son:

-Axudar a comprender dunha forma práctica o significado das obras expostas nos

museos

-Estimular as facultades perceptivas e imaxinativas do alumnado

-Que cada actividade resulte unha experiencia proveitosa.

-Fomentar a aprendizaxe integral.

Os departamentos de didáctica de cada un dos catro museos integrados na

Rede Museística elaboraron un programa organizado en tres percorridos-guía ou

bloques temáticos. O programa está suxeito, necesariamente a un calendario, o

do curso escolar 2012-2013, pero flexible e adaptable ás necesidades concretas

que o día a día do docente nos demande.

BLOQUE TEMÁTICO 1.-CREA O TEU MUSEO

Metodoloxía e desenvolvemento

Parte teórica: Que é un museo? Para que nos sirve un museo? Podemos crear o

noso propio museo? O Museo Fortaleza de San Paio de Narla, as súas coleccións

e funcionamento

Parte práctica: Podemos crear o noso propio museo? Queres propoñernos un

modelo diferente de museo do futuro?

Ciclos: E. Infantil, E. Primaria e 1º ciclo de ESO.

Page 26: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

25

Periodización: Curso escolar 2012-2013.

Duración da actividade: Aproximadamente, 60 minutos.

Recursos didácticos:

-Caixa decorada simulando o edificio do museo, fichas adaptadas, fotografías …

etc.

Nota: É conveniente que cada alumno/a traia a fotocopia dunha fotografía súa,

tamaño carné.

A actividade na Rede

O departamento de didáctica do Museo Fortaleza de San Paio de Narla poñerá a

disposición do profesorado e alumnado que participe nestas actividades un blog

no que se irán intercambiando documentación, imaxes e experiencias arredor

desta actividade.

Concurso: Un museo para o futuro

Co obxectivo de motivar o aproveitamento posterior na aula desta actividade

podedes remitir ao blog as vosas propostas, elaboradas individualmente ou en

grupo, para crear un hipotético museo para o futuro.

Entre todas as propostas recibidas premiaremos aquelas que resulten máis

imaxinativas e orixinais.

BLOQUE TEMÁTICO 2.-ESCOITA: OS MUSEOS TAMÉN CONTAN HISTORIAS

Cada peza ten a súa historia

Parte teórica: Que historia conta esta peza? É real ou é de ficción? Podemos

inventarlle outra historia?

Parte práctica: Canda os obxectos expostos nos museos viaxa as súas historias,

ás veces íntimas e descoñecidas. Desvelaremos algúns dos seus segredos

Ciclos: E. Infantil e Ed. Primario.

Page 27: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

26

Periodización: Curso escolar 2012-2013.

Duración da actividade:De 45 a 60 minutos.

Recursos didácticos:

-Material para a elaboración dun cómic.

A actividade na Rede

O departamento de didáctica do Museo Fortaleza de San Paio de Narla poñerá a

disposición do profesorado e alumnado que participe nestas actividades un blog

específico no que se irán intercambiando documentación, imaxes e experiencias

desta actividade.

Concurso: E ti, podes contarnos unha historia dun museo?

Co obxectivo de motivar o aproveitamento posterior desta actividade na aula

podedes remitir ao blog de didáctica da Rede Museística as vosas propostas

individuais ou colectivas para elaborar un libro virtual de historias de museos.

Premiaremos as máis imaxinativas e mellor elaborados.

BLOQUE TEMÁTICO 3.-NO RETROVISOR: O SÉCULO XV TEN HISTORIA

O pasado escríbese no presente grazas, entre outros recursos, aos materiais e

documentos custodiados nos museos da Rede Museística. En cada un destes

catro museos fixaremos a atención nun referente histórico do século XV por

proximidade xeográfica ou por seren os propios edificios parte desa historia.

Aínda que cada un dos museos vai centrar a actividade nun dos seguintes

epígrafes e temas, lembramos que promoveremos o coñecemento de todas as

experiencias, así que, sempre que sexa posible, animaremos a profesorado e

alumnado a visitar os catro museos e así coñecer esa parte da historia da que é

protagonista.

Un tema en cada museo:

Os franciscanos e as ordes mendicantes (Museo Provincial de Lugo)

Os irmandiños (Museo Etnográfico San Paio de Narla, Friol)

Page 28: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

27

Pardo de Cela e o seu tempo (Museo Provincial do Mar, San Cibrao, Cervo)

Os Lemos (Pazo de Tor,)

Os irmandiños (Museo Etnográfico San Paio de Narla, Friol)

Metodoloxía e desenvolvemento

Parte teórica: Que pasou no edificio do Museo Fortaleza de San Paio de Narla

desde a ano 1401 ao 1500? Quen eran os Irmandiños? Contra quen pelexaban os

irmandiños e por que?

Parte práctica: Dramatización do papel das distintas clases sociais neste

momento histórico. Experimentaremos tarefas que se realizaban no claustro do

edificio naquela época como, entre elas plantar, cultivar e coñecer os usos

medicinais ou alimenticios dalgunhas plantas e herbas.

Ciclos: E. Primario e E. Secundario.

Periodización: Curso escolar 2012-2013.

Duración da actividade: De 45 a 60 minutos

Recursos didácticos:

-Fichas didácticas

-Vestiario de época para todos os integrantes do grupo.

A actividade na Rede

O departamento de didáctica do Museo Fortaleza de San Paio de Narla poñerá a

disposición do profesorado e alumnado que participe nestas actividades un blog

específico no que se irán intercambiando documentación, imaxes e experiencias

desta actividade.

Concurso

Co obxectivo de motivar o aproveitamento posterior na aula desta actividade

podedes remitir ao blog as vosas opinións, imaxes e experiencias sobre esta

Page 29: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

28

actividade.

Entre todas as propostas recibidas premiaremos aquelas que resulten máis

imaxinativas e orixinais.

Page 30: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

29

Dende a Rede Museística, en sintonía coas novas formulacións da

Museoloxía social, seguimos apostando por un modelo didáctico que pon en valor

a aprendizaxe activa, participativa e emocional; creando en cada visita unha

experiencia vivencial, agradable e memorable. A proposta educativa persegue

formar o alumnado en estratexias de aprendizaxe autónomas, capaces de

construír o seu propio pensamento crítico, non só sensible á arte senón cara ao

noso pasado para poder intervir no presente e soñar un futuro.

A oferta de actividades dirixida aos centros educativos presenta 3 grandes

bloques temáticos que van ser o eixe estrutural da nosa intervención didáctica. Os

bloques son complementarios uns cos outros e perseguen construír un corpus

estrutural:

Bloque 1. O Museo como contedor achéganos á idea de que é un museo. O

museo non só como contedor de obras de arte, senón máis alá: o museo como un

espazo de traballo onde ademais de conservar e expoñer o noso patrimonio,

tamén se estuda, se investiga e se divulga o caudal artístico e cultural, patrimonio

de todos. Construída esta idea, que se erixe como os cimentos dunha casa, o

seguinte

Bloque 2: O Museo como relator de historias pretende ofrecer un catálogo

aberto de visitas no que a estrutura veña marcada polo concepto de Museo como

relator de historias. As obras de arte, ademais da información técnica, nárrannos

e suxírennos historias infinitas segundo a persoa coa que interactúen. As pezas

falan por si mesmas e todas en conxunto constitúen unha colección. Unha

proposta na que o diálogo coas obras de arte e cos espazos naturais volven ser

os protagonistas.

Bloque 3: O Museo como retrovisor pon a énfase no espello retrovisor como

metáfora. Viaxamos polo presente avanzando cara ao futuro pero no que

centramos a mirada no retrovisor que nos mostra o noso pasado cunha

perspectiva arqueolóxica.

Page 31: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

30

Para completar os tres bloques teóricos, na programación escolar fíxanse

unha serie de obradoiros que pretenden afondar en determinados contidos, unha

maneira práctica de afianzar os coñecementos. Crear experiencias motivadoras

para os escolares constitúese coma a mellor maneira de desenvolver a

capacidade de expresión e a creatividade no alumnado, sen esquecer o

compoñente lúdico que favorece que a aprendizaxe se realice dunha maneira

espontánea.

CONCURSO-REDE

Finalmente, e como unha das grandes novidades para este novo curso escolar

2013/2014, queremos presentar unha nova experiencia, o CONCURSO-REDE,

que nace cun dobre obxectivo: por unha banda achegar o novo público escolar á

Rede Museística e fidelizalo, así como fidelizar o xa existente. Vai dirixido a

escolares de 6.º de Primaria, pertencentes a centros educativos de toda a

provincia de Lugo. Para participar é necesaria a inscrición previa que se

formalizará cunha visita a algún dos 4 museos da Rede.

4.2. Obradoiros de verán

Page 32: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

31

Page 33: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

32

Este verán ven ExpresARTE na Rede Museística

Chegou o verán, o veranum tempus dos antigos romanos, meses que adoitan

traer calor e, sobre todo, uns días de merecido descanso. Como cada verán, os

museos da Rede Museística da Deputación de Lugo elaboramos para todos e

todas, desde os máis cativos ata os máis medrados, un programa amplo de

actividades que, coma sempre, combinan o lúdico co aproveitamento cultural e

educativo.

Desde a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo a través da Rede

Museística e os museos que a integran, tentamos con este programa atender a

crecente demanda social de actividades de tipo cultural. Entendemos a xestión

dos museos públicos como un servizo permanente á sociedade que os sostén,

como espazos de comunicación e coñecemento, de intercambio de saberes e

experiencias, como un elo que enlaza a memoria do pasado co futuro.

Neste senso, o programa que ofrecemos para este verán 2013 reivindica e

estimula a capacidade que todas e todos temos para expresar sentimentos,

sensacións, pensamentos, para crear e construír, cos matices propios de cada

individuo, coa súa capacidade e cos seus coñecementos, unha realidade

diferente.

Cada día do verán hai algo que ver ou que facer neste e en todos os museos da

Rede. Propoñemos arredor de 30 obradoiros para grandes e pequenos que teñen

nas coleccións expostas e nas historias que cada peza ou obxecto nos transmiten

o eixo vertebrador; concertos, exposicións, visitas guiadas ou programas como

EnREDARTE que nacen para dar cabida a novos proxectos creativos. Coñecer,

conservar, concienciar, experimentar, expresar, crear … son realidades prácticas

do noso abecedario de traballo.

Confiamos en seguir contando coa sempre agarimosa resposta dos amigos e

amigas dos museos integrados na Rede Museística, coa aprobación e

participación dos que facedes uso regular das nosas instalacións e participades

activamente nas nosas iniciativas. Pensando en vós e nos nosos visitantes, que

son cada vez máis afortunadamente, tratamos de confeccionar un programa que

pretende, non te enganamos, EnREDARTE.

Page 34: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

33

Un ano máis, desde a xerencia da Rede Museística Provincial e os

departamentos de didáctica deseñamos e programamos para o verán un

obradoiro para os máis pequenos arredor do patrimonio cultural. Os museos,

verdadeiros espazos de comunicación, son os lugares axeitados para coñecer a

nosa herdanza cultural, para estimular o agromar das nosas capacidades

expresivas, e para, en definitiva, construírmos un futuro desde o berce do saber.

Temos moito que aprender para ter moito que contar.

Responsable: Encarna Lago, xerente da Rede, e persoal do departamento de

Didáctica.

Idades: de 4 a 12 anos.

Horario: 11:00 a1 13:30 h.

Prazas: 20 asistentes, por orde inscrición.

Datas: meses de xullo e agosto, de martes a sábado.

Cronograma de contidos semanais:

Martes Xestual A través do corpo e das súas posibilidades comunicativas

Mércores Plástica A través das diversas manifestacións artísticas presentes na

Rede Museística Provincial

Xoves Lingüística A través do poder da palabra e das linguas

Venres Natural A través dos elementos da Natureza (sons, olores, formas,

fauna e flora …)

Sábado Infantil

A través do concepto de infancia, entendido como a

expresión máis libre, auténtica e espontánea, afastada de

prexuízos e estereotipos sociais. Un momento no que nos

expresamos a través do xogo e as relacións entre iguais

Page 35: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

34

Campamento de Arqueoloxía

A historia constitúe un percorrido polo tempo. Cada etapa e cada fenómeno nace

do anterior e sirve de paso a outra nova etapa que, ademais, amosa obxectos,

construcións, formas culturais e materias propias do momento. Esta bagaxe

cultural pode ser gardada en “caixóns” que se amorean uns enriba dos anteriores

para conformar a historia. No Museo Etnográfico San Paio de Narla destaparemos

o “caixón” da Idade Media.

Responsable: Enrique Alcorta Irastorza, departamento de Arqueoloxía e

Historia do MPLugo.

Idades: de 8 a 12 anos.

Horario: 11:00 a1 13:30 h.

Data: do 20 ao 22 de agosto.

Page 36: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

35

Page 37: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

36

Page 38: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

37

Page 39: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

38

Page 40: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

39

Page 41: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

40

Pola ruta da seda dacabalo dunha ovella

Rapando unha ovella, alimentando vermes de seda con follas de moreira ou

cardando lá coñeceremos como se elaboraban os tecidos usados polo home a

través da historia. O obxectivo consiste en explicar aos nenos como se

conseguían as materias primas necesarias para elaborar tecidos con seda, lá ou

liño.

Responsable: Mª del Rosario Fernández González

Idades: de 6 a 8 anos.

Horario: 11:00 a1 13:30 h.

Datas: 29 e 30 de agosto de 2013.

Page 42: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

41

Page 43: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

42

Page 44: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

43

O twister da historia en San Paio de Narla

Datas: 2 e 3 de xullo

Pasamos dous días increíbles co noso obradoiro o twister da historia en

San Paio de Narla, onde xogamos ao xogo do twister cos circuliños con pezas do

museo e personaxes da lenda da cova da serpe. Os nenos tiveron que buscar

pola torre os quebracabezas de cada peza que ía saindo e facelo, gañaron os

primeiros que remataron. Logo escribiron cada grupo unha historia escollendo

unha peza do museo, fixemos a maqueta do noso museo e celebramos o

aniversario de dous nenos do Clube Pequeamigos

Page 45: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

44

Tastarabás: construiremos un xoguete tradicional

Datas: 9 e 10 de xullo

Nun espazo como é o museo fortaleza San Paio de Narla, hoxe os nenos

recreáronse facendo un obradoiro do xoguete tradicional, o xoguete provoca nos

Page 46: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

45

nenos unha estimulación afectiva que lles alimenta o desexo de xogar. Os nenos

buscaron o material ao redor da fortaleza e do río Narla, isto é aproveitando os

recursos da natureza do contorno como son as canas de bambú. E logo fixeron

realidade o seu sono construir un instrumento musical da época dos seus avós e

da Idade Media. "Albuche" tamén chamado risca ou riscado. A parte final do

obradoiro consistiu nunha festa onde os nenos fixeron o papel de trobadores,

bufóns,... coma na Idade Media cantando romances. Un día de lecer e

aprendizaxe no Museo Fortaleza San Paio de Narla.

No 2º día continuamos co obradoiro do xoguete tradicional elaborando

unha serpe con corchos, boliñas de madeira e un sedal. Para rematar o obradoiro

os nenos disfrazaronse e fixeron unha representación teatral sobre a lenda da

serpe.

Page 47: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

46

Page 48: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

47

Page 49: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

48

Creatividade oral

Datas: 27 e 28 de agosto

Coa posta en práctica do obradoiro de Creatividade oral, tentouse amosar

aos nenos e nenas as posibilidades que oferta a linguaxe nas súas múltiples

vertentes, facendo unha posta en valor da súa versatilidade e do seu ilimitado

alcance nas tres linguas escollidas: galego, castelán e inglés. Dividindo a

actividade en dúas fases, unha primeira cun powerpoint na que a súa amiga Dona

Lingua Tunga lles ía facendo de anfitriona (un debuxo animado) ata presentarlles

a Ms. Chatty, o seu alter ego inglés. A continuación, experimentaron cos sabores

que a nosa lingua está acostumada a tragar e aprenderon que cada lugar do

mundo ten a súa lingua, polo cal escolleron unha bandeira e pintaronna no seu

debuxo de lingua. Soñaron con otros países e con outras realidades, dando solta

a súa creatividade que quedou plasmada na combinación das súas destrezas

manuais e intelectuais. Non soamente aprenderon conceptos senón que

traballaron poñendo en consonancia o teórico co práctico xogando ao taboleiro

das linguas, “fish your tongue” e encesta dándolle á lingua. Unha amena xornada

na que se puxo de manifesto que resaltando cousas tan cotiás como falar,

podemos disfrutar e deleitarnos. En San Paio cumplimos a nosa máxima: ensinar

divertindo, e atopamos a nosa satisfacción no sorriso dos nenos e nenas que

quedan extasiados. Impartido por Cristina Barreiro Abuín.

Page 50: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

49

Page 51: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

50

Page 52: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

51

Page 53: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

52

Page 54: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

53

4.3. Obradoiros de Nadal

Page 55: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

54

Page 56: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

55

Page 57: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

56

Page 58: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

57

Page 59: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

58

O deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de

Lugo, Mario Outeiro, xunto coa xerencia da Rede Museística, presentan para este

Nadal 2013 un amplo e variado programa de actividades para os 4 museos

integrados. Para que ademais da visita do Apalpador, que baixa nestas datas

desde as montañas do oriente lucense, do Courel ou dos Ancares, coa súa fartura

de castañas quentiñas e con un sorriso agarimoso, poidades participar en

obradoiros para todas as idades e temas (xoias, contos e lendas, debuxos, xogos,

fías, tapices, pergameos, reciclaxe …), exposicións, cine, concertos e o nº 35 da

revista oral “O pazo das musas”.

Aproxímase o solsticio de inverno e canda el o Natalicio que o mundo

cristián conmemora nestes días. As nosas actividades cotiás deixan paso a un

tempo diferente no que medra como herba ventureira a ilusión. Reencóntranse as

familias, ofrecemos bos desexos, intercambiamos agasallos, participamos da

festa para despedir un ano e iniciar outro, a ser posible, mellor.Pero como,

seguramente, terás tempo sobro para atender máis quefaceres, os museos

xestionados pola área de Cultura e Turismo e integrados na Rede Museística da

Deputación de Lugo, ao tempo que che desexamos as mellores festas e un moi

feliz ano 2014, queremos propoñerche para estas datas un abano moi completo

de actividades. Un programa guiado pola fantasía pois temos a sorte de contar co

Apalpador como embaixador da alegría.

Pero ademais da visita do Apalpador, que baixa nestas datas desde as

montañas do oriente lucense, do Courel ou dos Ancares, coa súa fartura de

castañas quentiñas e con un sorriso agarimoso, temos moitas máis propostas que

ofrecerche. Desde obradoiros para todas as idades e temas (xoias, contos e

lendas, debuxos, xogos, fías, tapices, pergameos, reciclaxe …), ata exposicións,

cine, concertos e o nº 35 da revista oral “O pazo das musas”. Son actividades

para case todos os días deste Nadal, en todos os museos da Rede, para que te

achegues aos nosos centros como lugares de encontro, pero tamén de lecer e

aprendizaxe.

Non esquezas solicitar toda a información que precises no museo da Rede

da Deputación de Lugo máis próximo á túa residencia.

Page 60: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

59

Obradoiro: o renacer da cultura: tecendo en san paio

O renacer da cultura, é dicir o Renacemento italiano, chega a través dos

tapices de San Paio de Narla. Temos o obxectivo de concienciar aos neno/as no

tecido dun tapiz, onde se combina a actitude artística coa artesanía para producir

ou facer tesouros que hoxe en día se conservan e coleccións privadas e museos,

como é o caso dos tapices en San Paio de Narla, expostos nas diferentes salas.

O obradoiro constará cunha parte teórica e unha parte práctica. Na parte

teórica estudaremos a historia do tapiz, orixes, épocas, confección ... e na parte

práctica a confección dun tapiz.

Page 61: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

60

Page 62: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

61

Page 63: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

62

Page 64: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

63

Obradoiro: Unha viaxe á Idade Media: os castelos

Obxectivo: Comprender que as sociedades actuais están condicionadas

polo seu pasado histórico. Recoñecer os edificios que nos legaron e concienciar

aos nenos/as da necesidade de conservalo para as vindeiras xeracións.

Consta dunha parte práctica e dunha parte teórica. Na parte teórica

estudaremos a arquitectura dos castelos e na parte práctica construiremos o noso

castelo.

Page 65: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

64

Page 66: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

65

Page 67: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

66

Page 68: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

67

Page 69: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

68

Page 70: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

69

4.4. Obradoiros del Club Pequeamigos

Obradoiro Escoita! Os muesos tamén contan historias

Como complemento da exposición “Marionetas e contos do mundo.

Colección de Pedro Lavado” o único requisito para participar neste obradoiro foi

traer un calcetín.

Obradoiro Antefaces para o Entroido nos museos da Rede Museística

Ambientamos aos nenos no tema do Entroido dunha forma lúdica e amena,

e ao mesmo tempo didáctica cunha película de debuxos animados "Teo se

disfraza, es carnaval", cunha duración de 7 min e o domingo poremos "Lola y

Virginia, es carnaval" cunha duración de 12 min.

A continuación un powerpoint explicándolles un pouco como é o Entroido

en Chantada, o Entroido galego; como eran os antifaces e como eran os

disfraces.

Para desenvolver o powerpoint escollimos bibliografía de José Manuel

Blanco Prado, Carmen Pernas Bermúdez, e Fidalgo Santamariña tratamos o

Entroido de Chantada e da Terra Chá.

Na parte práctica, mediante plantillas que lles damos aos nenos

elaboramos os antifaces.

Page 71: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

70

Page 72: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

71

Page 73: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

72

Page 74: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

73

Obradoiro Peque-fotógrafos

Impartido por Paula Cabaleiro, con materiais reciclados e témperas

recreamos unha cámara fotográfica e debuxamos un "negativo" no que cada un

contará unha historia imaxinada co que vexamos nas salas do museo.

Page 75: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

74

Page 76: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

75

Obradoiro Trocamos cultura, cambiamos o traxe

Impartido por Elsa García Ospina, actividade multicultural de integración,

intercambio e divulgación entra a cultura galega e o resto de culturas que

conviven connosco, aprendendo da súas tradicións a través dos seus traxes.

Page 77: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

76

Page 78: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

77

Page 79: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

78

Obradoiro “Na Procura do Acibeche”

Neste obradoiro os nenos aprenderon o que era o acibeche, que se facía

con el,... e fixeron un colar con macarrons imitando aos colares da abadesa que

eran de acibeche. Co cal obsequiaron as súas nais. Daba gusto ver a cara de

ledicia coa que se lle obsequiou.

Page 80: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

79

Obradoiro de Hortipintura

Os nenos desfrutaron dun obradoiro no que deixaron voar a súa

imaxinación para inventar e plasmar no papel novas frutas e hortalizas. Este

obradoiro e unha actividade complementaria á Exposición de Hortipintura de

Modesto Fernández.

Dinamizador: Modesto Fernández (Profesor de E. Plástica e Visual do CPI Dr.

López Suárez)

OBXECTIVOS:

Con este obradoiro pretendemos incentivar a creatividade artística e a liberdade

inventiva aplicando procedementos pictóricos na creación dunha nova hortaliza ou

froita, á que ademais se lle deberá dar un nome.

Cuns mínimos coñecementos de bioloxía e da arte da pintura idearán novos seres

seguindo as pautas do crecemento da natureza vexetal.

Neste proceso traballaranse as nocións da imitación e a imaxinación, e así ser

capaz de diferencialas, pero tamén apreciar as posibilidades que ofrecen para

completarse no desenvolvemento da creación artística.

Perséguese buscar unha relación positiva entre mímese e invención como

camiños que se complementan para abrir múltiples posibilidades de creación,

dándolle relevancia ao proceso aberto e valor á sorpresa.

METODOLOXÍA:

Page 81: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

80

Pódese destacar catro fases:

-Visita da exposición e breve explicación por parte do autor sobre a obra: xénero,

procedemento, técnica, intencións, etc.

- Proxección de estruturas xeométricas que rexen formas orgánicas da natureza.

- O alumn@ elixirá un papel cunha mancha, que por algunha razón esperte o seu

interese, para a continuación intervila con técnica seca ou húmida e crear un novo

vexetal a partir desta.

- Darlle un nome á obra feita, mediante os diversos recursos que nos ofrece a

lingua: asociacións, nomes compostos, metáforas, xogos de palabras, etc.

Page 82: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

81

Obradoiro do Samaín

O museo de San Paio de Narla adquiriu un novo perfil que converte o

museo nun referente cultural na sociedad actual.

O noso obxectivo estase a conseguir coa posta en valor de cada un dos

museos dentro da propia comunidade onde está asentado, este é o caso de San

Paio de Narla en Friol.

Page 83: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

82

Polo que levamos a cabo o obradoiro onde traballamos o Samaín, festa

que celebraban os nosos ancestros nesta época do ano,os veciños das aldeas

próximas (Carballeira, Castronela, Outeiro, Edreira) reuníanse no campo da

Fortaleza facendo o magosto acompañado dun bo viño.

Page 84: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

83

Page 85: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

84

5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL

5.1. Programa interxeneracional

A través deste programa o que pretendemos é o coñecemento duns

medios artesáns que forman parte da nosa cultura e que tende a desaparecer

ante os novos procesos industrial e tecnolóxicos.

Page 86: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

85

I Xornadas de interpretación e dinamización no medio rural

Estas xornadas que están organizadas pola Asociación Carballo Vivo, o

concello de Xermade e a Universidade de Santiago de Compostela e contou

neste caso coa colaboración da Rede Museística da Deputación de Lugo . Coa

presencia de Francisca Abuín Villar, responsable do departamento de didáctica do

Museo Fortaleza San Paio de Narla e as instalacións do Museo Fortaleza San

Paio de Narla, para visitalo e ver unha obra de teatro a cargo do grupo “Algo mais

que pan e queixo” gurpo de teatro do CPI Dr. López Suárez de Friol.

Page 87: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

86

Page 88: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

87

Page 89: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

88

IX Xornadas Interxeracionais rurais “Aprendendo cos nosos maiores”

O Museo Fortaleza San Paio de Narla, presente nas IX Xornadas

Interxeracionais Rurais, Aprendendo cos nosos Maiores.

Page 90: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

89

Page 91: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

90

5.2. Programa da terceira idade

En termos xerais podemos dicir que a historia de Friol é a dos

acontecementos que lles ocorren aos antigos señores, hai que descubrila a base

dos vellos nobres que poboaron a comarca e das épocas en que dominaron o

territorio. Por iso nós creamos o programa da terceira idade.

Ninguén como as persoas maiores, isto é a terceira idade, pode valorar o

patrimonio inmaterial que tiña a transmisión oral da súa época, xa que era o seu

medio de comunicación, e nós os traballadores de museo somos os

encomendados de traspasar o noso legado a outros concellos, iso é o que imos a

facer cos nosos visitantes da terceira idade. Neste caso estamos a traballar cuns

grupos dos distintos concellos da xeografía galega a través da “Casa do Queixo”

e distintas axencias de viaxes e asociacións.

Page 92: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

91

Visita da Asociación de mulleres da Insua de Vilalba

A Asociación de mulleres rurais da Insua nun día de lecer e cultura visitou o

Museo Fortaleza San Paio de Narla onde aproveitaron para deleitarse no porvir

do pasado, por ser o tema do liño o seu traballo e aproveitando os recursos cos

que conta o museo (como é a sala do adicada ao liño) onde elas desfrutaron cos

seus traxes de liño cultivado e feitos por elas mesmas. Por algo adican o día 3 de

agosto de 2013 a festa da Tasca, onde se poderá ver todo o proceso do liño; tal e

como se mostra no video do Liño da Asociación de veciños de Cabreiros.

Page 93: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

92

Heizt grupo de alemáns

Programou unha viaxe cultural para desfrutar da vida da Idade Media na

Fortaleza de San Paio de Narla, onde coñeceron a vida dos nosos antepasados e

ao mesmo tempo desfrutaron da exposición museolóxica.

Page 94: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

93

5.3. Programa de ocio-turístico

X Rally Cidade de Lugo, tivo como escenario marco o Museo Fortaleza San

Paio de Narla

Page 95: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

94

Page 96: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

95

Visita dos asistentes e ponentes ás VII Xornadas Xurídicas do Concello de

Sarria

Page 97: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

96

Visita do Club Atlético de Madrid femenino.

O Concello de Friol e a súa xente tiveron o honor de desfrutar onte dun

espectacular partido de fútbol feminino (Trofeo Concello de Friol) disputado polo

equipo de dito Concello tendo como rival ás rapazas do Atlético de Madrid. Ao

lago do partido reinó sempre a cordialidade e o respecto, non iso deixandolles de

plantar cara dende o primer momento; pero a gran calidade técnica e

superioridade do Atlético de Madrid acabou impoñéndose. Pola mañá as chicas

do Atlético de Madrid documentaronse de cultura tomando como referente o

Museo Fortaleza de San Paio de Narla, coñecendo o que era a vida da Idade

Media naquela época, a través do edificio, das coleccións que aquí expoñemos e

Page 98: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

97

do entorno paisaxístico en definitiva un rentorno á vida do pasado, onde chegaron

a vivilo a través da visita e das explicacións da visita guíada.

Unha visita cultural e amena, onde cargaron pilas para loitar nunha terra de

lobos como é o orixe toponómico do Concello de Friol.

Page 99: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

98

Visita ao museo de San Paio de Narla amenizada por Avelino González

Un trip promocional por Galicia de cinco días organizado por Tesouros de

Galicia, entidade sen ánimo de lucro que persegue a valorización do patrimonio, e

a dinamización daeconomía a través do turismo cultural. É membro dunha rede

internacional de entidades (INTO)http://www.nationaltrust.org.uk/what-we-

do/what-we-protect/,http://internationaltrusts.org/members/ , que ten 60 membros

en todo o mundo VISITOU A REDE MUSEÍSTICA no MUSEO FORTALEZA DE

SAN PAIO DE NARLA.

A presentación de Tesouros de Galicia fixose oficialmente o xoves 18 de

abril no Balneario de Mondariz. Con motivo desta presentación convidouse a unha

serie de dirixentes do INTO, co fin de amosarlles Galicia como destino turístico

cultural. Esta viaxe é unha oportunidade para dar a coñecer a riqueza patrimonial

de Galicia a esta asociación onde só a súa matriz, o National Trust de Reino

Unido ten máis de catro millóns de socios interesados na Cultura e o Patrimonio.

Page 100: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

99

Page 101: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

100

5.4. Semana dos museos

ç

Os museos integrados na Rede Museística Provincial, xestionados desde

a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, conmemoramos un ano máis

o Día Internacional dos Museos. Desde 1977, o ICOM propón a celebración

desta data o 18 de maio, unha xornada para difundir o importante papel dos

museos no desenvolvemento social.

Page 102: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

101

Como cada ano, o ICOM escolle un lema para chamar a atención sobre as

relacións entre os museos e a sociedade, e para este ano 2013 o reclamo

escollido é MUSEOS (memoria + creatividade) = PROGRESO SOCIAL, unha

oportuna e necesaria reivindicación, por mor da crise que nos anestesia, da

relevancia que a memoria debe ter no desenvolvemento intelixente das culturas

do mundo.

O calendario decidiu que este ano coincida esta celebración coa novena

edición de A Noite dos Museos, unha proposta do Ministerio de Cultura e

Comunicación de Francia que desde o 2005 vai gañando adeptos e presenza

mediática. Á tardiña, cando chegan as horas nocturnas, os museos abren as súas

portas ofrecendo unha percepción diferente dos seus espazos visitables.

Ademais, nesta semana que se prolonga desde o 13 ata o 19 de maio, temos

o Día das Letras Galegas, o 17 de maio, este ano para homenaxear ao

dramaturgo e actor compostelán Roberto Vidal Bolaño (1950-1987). Concertos e

representacións teatrais, amais de actividades creativas son as propostas que

ofrecemos nos catro museos integrados na Rede. E aínda teremos un recuncho,

aproveitando que o día 15 de maio é o Día Internacional das Familias, para

convocar e reunir a todos os que se animen; aos que acumulan, por idade, máis

memoria e, e aos que, tamén por idade, aínda teñen o saco baleiro de

experiencias.

En definitiva, unha semana, desde o 13 ao 19 de maio, con múltiples

propostas para todos os públicos, desde os obradoiros para os máis pequenos,

para os adolescentes (lipdup, photocall) ou para os maiores, concertos, encontros

e representacións teatrais, exposicións e experimentos que teñen os nosos

museos como escenario.

Pero, e, sobre todo, son días, como nos encomenda o lema do ICOM, para

a memoria e creatividade, pasado e futuro prendidos (por ti, por todos e todas)

polo elo que os pode unir; os museos da Rede Museística Provincial.

Page 103: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

102

Entre maiores: obradoiro de comunicación, con videoconferencia entre os 4

museos da Rede Museística Provincial.

Page 104: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

103

Photocall

Durante toda a semana que foi do 14 ao 19 de maio, tendo como fondo un

modesto escenario, quen o desexesaba podía caracterizarse co chapeu e o nariz

de pallaso (que identifica a R. Vidal Bolaño) e fotografarse cun cartelón coa

palabra en galego que máis lle gustaba.

Page 105: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

104

Page 106: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

105

Page 107: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

106

Page 108: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

107

Expresión e artes da palabra na música popular galega

Obradoiro de expresividade oral, dramática e musical que desde diversas

manifestacións da música popular galega nos permite explorar a dimensión

creativa e comunicativa da palabra. Coordina: Pepa Yáñez Anllo

Enlace video: http://www.youtube.com/watch?v=VqJgaEI6wJI

Page 109: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

108

Lipdup da Rede Museística

A continuación gravaremos un lipdub, ou dobraxe de labios, un vídeo

musical nun só plano-secuencia no que van participar moitas persoas dobrando

en play-back o tema Logo chega o día do grupo Lamatumbá. O produto final será

difundido a través das redes sociais. Colaboran na gravación os equipos técnicos

de campUSCulturae da USC. Coordina:Begoña Rodríguez Cacharrón.

Page 110: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

109

Enlace video: http://www.youtube.com/watch?v=1BpKHXXpXt4

Representación da obra A Serpe da Cova a cargo do grupo de teatro

escolar Algo máis que pan e queixo, doC.P.I. Dr. López Suárez

PRESENTACIÓN

Dadas as circunstancias actuais, a falta de subvencións e apoios institucionais, as e os que nos

dedicamos ao mundo da farándula non temos un peso …

e como ben comprenderedes temos unha chea de gastos aos que facer fronte

-- que se vestiario,

-- que se aluguer de locais,

--que se merendas de mortadela para todos. cando nos quedamos ensaiar fóra do horario

-- que se uns bombóns e unhas regalicias

--que se algunha mariscada que se pega, cando non o vemos, o coordinador,

-- ben comprendedes que todos son gastos

Como nós estamos fóra dese circuíto de sobres dos que ultimamente se fala tanto …

Page 111: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

110

O certo é que nós non temos un can. (escóitase ladrar a un can). Deses si temos e tamén comen

Seguro que xa empezades a pensar que ides ter que afrouxar a mosca (como se dicía

antigamente)… e xa vexo que máis de un empeza a pensar en como escapar da bandexa

petitoria:

Quedoume a carteira na casa

Vaia veño sen cambio

Só trouxen a tarxeta,…

Non vos apuredes De momento non cobramos entrada … como somos xente intelixente e

botada para diante decidimos aproveitar a actividade comercial das vilas onde representamos

esta obriña

Por unha módica cantidade facémoslle publicidade aos diferentes establecementos

comerciais.

Que non vos chame a atención, polo tanto, se no medio da representación paramos de

súpeto e inserimos uns segundiños de publicidade.

Se o fan na tele nós tamén poderemos facelo ou?

Sabemos que entenderedes a situación. Empezamos

ESCENA I

( No fondo )

Serpe: Mira que hai leria comigo !:

Que se botei destas terras a non sei quen.

Que… se me dás un pequeno corte ( facendo un corte no brazo) ras, vólvome doncela.

Que se pozas, que se lagoas …

Que se me bicas (mirando como que buscas entre o público) convértome nunha princesa

(aparte para si)

Page 112: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

111

O de converterme en princesa érache un bo choio ! Madía leva ! Deixar esta fría cova e

pasar as amplas estancias dun palacio, ao quente, con moito servizo … Non era mal choio

non !. Terei que anotar na miña axenda o de poñerme a buscar alguén interesante …

Case que me poño agora á tarefa –haiche xente ben xeitosa por aquí sentada--… Vexamos

…(mira entre o público e escolle a un) Ti non es o meu tipo !, (mira para outro) para ti

non miro, (mira para outro) este … non sei, non sei …

Non, Non vexo ninguén a xeito, mágoa ….

Aínda que pensándoo friamente e vendo algunha princesa que anda por aí, case que

prefiro de momento quedar tal como estou ...

(cambia de rexistro) E continúo co guión que xa non sei por onde ía … ( pensando para

retomar o fío)

Nós pobres réptiles, que andamos arrastradas temos unha boa cruz enriba nosa.

Non mentes á bicha ! escoito ás veces sen entender moi ben por que … (móvese entre o

publico indo para a súa cova, sen entrar.)

(aparece a narradora)

Narradora: Convén aclarar, que a mala fama da bicha aquí presente, seguro ten algo que

ver coa historia que se conta de Adán e Eva no Paraíso.

Dende aquela, e xa choveu algo, a serpe quedou totalmente desprestixiada. Desprestixio

que segue a sufrir na actualidade.

Canta xentiña non ten entre os seus medos máis persoais a este animaliño eh?

Serpe: En fin … non sei. Non está ben que eu o diga, pero tipo ( marcando coas mans a

súa figura)… non me negaredes que non dou as medidas !.

E falando de medidas. Algo debería facer eu cos lampantíns que me viñeron poñer, ao pé

da miña casa, uns viraventos que ben podían xogar de pívots na NBA.

Page 113: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

112

Non llelos poderían chantar en ―salva sexa a parte‖ aos mangallóns que tiveron tal

ocorrencia?

Agora que hei comer? Se estes trebellos hanme espantar todo canto bicho puidera pasar

por aquí. Porque mira que zoan estes condenados. Aquí paro eu e dúas máis coma min

que non teñen onde caerse mortas.

Narradora: Terá que facer como a maioría: Baixar á vila a mercar no García ou no Día... e

tomarlle un café no Cuartel Vello …

Serpe: Vou mirar de cambiar a decoración da cova, resulta fría de máis para estes tempos

que corren.

E tería que ir pensando en mudar a camisa, pois esta xa ten un ano e vai vella de máis.

E, bicha si, pero cocha de ningunha maneira.

Ademais, xa está ben avanzada a primavera, e se hei de lucir palmito …

(Desaparece)

RÁFAGA 1

Momentos de publicidade

Cun esmerado servizo

Café bar O Cuartel Vello

Tapas divinas

Cafés, chismes e tapeo

Avenida de Lugo

Para faceres a compra

Sen ter que saír da vila

Supermercados García

Page 114: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

113

Hoxe Froiz

Confeccións Angelines

mesmo no centro da vila

Traxes a medida

Xunto aos taxis

ESCENA II

(No castelo na sala principal o Señor das Seixas e a súa filla)

Berta:

Señor: vou dar unha volta

irei pola fraga adiante,

e de atopar amorodos,

heinos traer Deus mediante

Señor: ( falando para si) : Mira que saírme poetisa esta miña filla. Coa besta de pai que

ten... É cuspidiña á nai ! .

(dirixíndose á filla): Vai miña pombiña, vai e ten coidado, que co pouco traballado que

está o campo …

Non vaias tropezar nun ramallo e saír nos Heraldos, na sección de sucesos e acaecidos de

mala memoria.

(falando para si)… e por riba que me caia o marrón de ser considerado mal pai e ter unha

condena de mil pares de torreóns. Non o quero nin pensar.

( dirixíndose á filla). Volve cedo que temos que temos que botar un parchís e lembra que

es unha dama e que como tal debes comportarte.

Berta: Ben llo sei (saen os dous de escena entrando o mordomo cun plumeiro)

Page 115: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

114

Mordomo: ( remarcando a entoación e acompañando con grandes acenos e moi

afectado )

Marcha a rapaza ao galope,

toda a xente cando a ve

queda abraiada mirando;

pois non, non o poden crer:

Mira a damiña da Torre

sempre correndo. Abofé

o corcel trae rebentado ,

Non sei se isto ( pronuncia sisto: por esixencias do guión) irá moi ben

Sisto: Chamaba ?

Mordomo: Non interrompas. Non chamaba . De-cla-ma-ba . É que non distingues?

Sisto: Pois para tanta de-cla-ma-ción… moito aquel non lle pon, porque ben lle escoitei eu

o meu nome.

Mordomo: Se… isto, dixen. Se -- isto: un condicional e un demostrativo, pero falar contigo

é perder o tempo. Vaite anda.

Sisto: Pois logo non insisto e marcho.

Mordomo:Sigo ( quere continuar pero esquece o que estaba falando. Chama ao criado)

Siiiiistoooo

Sisto: Que? chama ou non?

Mordomo : E que non oes ben?

Sisto: Xa oín antes. A ver se nos aclaramos que teño máis que facer que andar de arriba

para abaixo

Page 116: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

115

Mordomo : Xa que tan bo oído tes … que era o que estaba dicindo?

Sisto: (arremedando ao mordomo de xeito esaxerado)

Mira a damiña da torre…

sempre correndo…

Mordomo : Ja! graciñas,xa collín o fío

Sisto : Pois logo siga ensarillando que eu lisco

Mordomo: Non sei por que pero pegoume a fame. Sisto trae algo para merendar !

Sisto: Que pesadelo!. Me cagho no mordomo da m.

Mordomo: Sisto que te oio

Sisto: (para si) Se tivese ollo non estaría aquí servindo.

Escena III

Narradora: Entrementres no castelo o señor das Seixas recibe a un emisario de D.

Godofredo dos Mirapeixe que polo que se ve non só mira ás troitas do Ladra senón que

pousou os seus ollos nos encantos da filla do Señor das Seixas

Señor : Así que dis que vés en nome de D. Godofredo?

Emisario: Veño si señor !

Señor: E dis que te enviou para transmitirme unha información?

Emisario: Envioume si señor!

Señor: E dis que mandou canda ti unha ducia de faisáns, catorce olas de viño, os lacóns e

os xamóns de catro cochos mantidos en confianza, catro capóns de Vilalba e dúas cestas

cheas de troitas do Ladra ?

Emisario: Mandou si señor

Señor: E dis que tes que levar razón, do asunto que me informa nesta carta ?

Page 117: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

116

Emisario: Teño que levar si señor

Señor: Terei que ler a carta logo?

Emisario: Terá si señor

Señor: Pois déixame só, para lela con tranquilidade

Emisario: Deixo si señor ( retírase)

Señor: Sisto ! Vén acó!

Sisto: Xa vou. .. ( entra en escena) Xa cheguei

Señor: Le isto que non entendo esta letra tan miúda

Mordomo (asomando a cabeza): Señor serao pero ler …

Sisto: (Le)

Excelentísimo, Ilustrísimo, reverendísimo, veneradísimo , sapientísimo e señorísimo Señor

das Seixas:

Mordomo: Carainas co lamecús de Don Ghodofredo. Vaia linguaxe máis refinada. Este si

que ten futuro. Ben sabedes que na corte eses triunfan

Sisto (segue coa lectura):

Como con seguridade coñece Su ilustrísima, exerzo o señorío das terras de Camoiras,

Gaioso e Alemparte. Ben regadas e ben traballadas, anualmente prodúcenme unhas

rendas de máis marabedís dos que podería contar nunha noite de invernía

Mordomo: Ese descalzo non anda

Sisto: Desde o día que vin os ollos da súa filla Dona Berta, quedei trastornado, namorado

Mordomo: tirulato e mentecato !

Sisto: E cando digo trastornado e namorado non quero dicir outra cousa.

Page 118: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

117

Soño de noite (que é o normal) e de día que xa non o é tanto, coa fermosura dos cabelos

da dama da que estou falando que como ben sabe é a súa filla

Mordomo: Mira para este Ghodofredo que lanzado !

Sisto: En por iso envíolle un pequeno galano como proba do afecto que lle profeso a

vostede e que lle profesarei se vostede non ten obxección, á súa filla

Mordomo: Carainas co Ghodofredo si que vai directo si…

Sisto: Sabe que somos medio parentes por parte dos nosos respectivos avós, e que

sempre o estimei case que coma un pai, aínda que agora as miñas intencións pasen a

situalo como pai si, pero político. En resultas de todo, gustaríame saber se teño algunha

posibilidade de achegarme ao seu castelo para renderlle persoalmente obediencia,

Mordomo: E botarlle un ollo á dona Berta !

Sisto: diante da súa encantadora e arrebatadora filla . O que fago saber na miña casa de

Gaioso eu, que isto escribo D Godofredo dos Mirapeixe

Señor das Seixas: Grazas Sisto pódeste retirar. Chama polo emisario de D. Godofredo

Emisario: Aos seus pés meu señor

Mordomo : Ben deita que os lavou onte…

Señor: Despois de lida e interpretada como corresponde a misiva do teu señor, dille de

palabra – para qué gastar tinta e papel —

Mordomo: Non sabe facer nin un ―o‖ cun canudo !!

Señor: que estudarei a súa petición consonte ao establecido e dálle as máis encarecidas

grazas polos presentes que me achegou.

Emisario: Vou presto a presentarme diante dos Mirapeixe que quererán coñecer tan

gratas novas. Mi Señor, Su excelencia, ilustrísima, veneradísimo … retírome…

Señor : Interesante este casorio. Ben coñezo ao relambido do Godofredo e sobre todo a

súa facenda… non sería mal negocio o casamento non…

Page 119: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

118

RÁFAGA 2

Publicidade

Se vostede ten a noiva

Luís Iglesias ten os mobles!

Avenida de Lugo

Para aprender ben as letras

Sen che tirar das coletas

Pili: unha gharantía

ESCENA IV

Narradora: Berta –descoñecedora dos proxectos do seu pai e do interese de D Godofredo

dos Mirapeixe na súa persoa-- ao lombo dun corcel brioso percorre as terras e aproveita a

cabalgada para ir compoñendo algún verso:

Berta:

Campás alegres do Narla

que gusto oírvos tocar

se chove soades quedas

se vai sol qué recital !.

Agora na primavera

que moi avanzada está

dá gusto andar polo monte.

Quen puidera namorar.

( pensando, un pequeno descanso e segue)

Page 120: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

119

Vexo Lea, vexo Narla,

vexo tamén A Devesa,

vexo a casa de meus padres

e ao mordomo dentro dela…

Calquera día destes hei triunfar no mundo das letras ou da canción moderna. Xa me vexo

en…

Corre o río cheo de auga

miro o campo moi florido

vexo os prados verdescentes

cando atoparei marido ?

Porque os paxaros xa teñen

parella para aniñar

e o meu corazón soíño.

Canto terei que esperar?

Narradora : Berta segue tan compoñedora

Berta:

Estralotes, mexacáns

Macela romeu e árnicas

carpazas e caléndulas

papoulas e

Mordomo:¿¿margáridas???,

Ben me gustaría a min

Page 121: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

120

Pasear acompañada

Por estes meus campos verdes

Nesta fermosa xornada

Narradora:

Se foses máis atenta e menos ‗tonta‘

daríaste de conta decontado

que a besta te meteu na barranqueira

e vas pasar un trago do … ( aquí está borrado)

Berta: Ai que pasa aquí ! onde fun meterme ! . Xa di meu pai que penso demasiado, que o

pensar non é nada bo …(mirando para o publico ) A que levo razón ?... ( mira aos

espectadores como contando).Parece que hai división de opinións.

( dirixíndose á besta) : Para, so ! . Onde queres ir? . Quieta besta. Non pararás?

Narradora:

Pero a besta , é evidente, non paraba.

Vira algo, entre a follaxe, sospeitoso

Que ía ser? senón a bicha mal mentada.

(Aparece a serpe coa cesta da compra e o cabalo brinca todo asustado)

Berta: Quietiño, ouh quietiño !.

Narradora:

Co susto que levou a pobre besta

Dá brincos e rebrincos e coucea

Se estades ben atentos xa veredes

Page 122: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

121

o trompazo que dona Berta se pega

Berta: Ai que caio !

Mordomo: Profeta!

Narradora: De repente entre os ramallos, sen saber moi ben como, xorde unha figura

disposta a axudar á doncela a saír daquela situación dificultosa.

Un rapaz lanzal, ben peiteado, arriscado entremétese na lea

Agarra polo ramal á besta . Tira para si con moito brío . A besta resístese. A rapaza cae,

perde o sentido. O labrego non sabe a que atender. Terma da besta e aguanta á dama.

Perdón, quixen dicir aguanta a besta e terma da dama. Átaa polo cabeceiro ( pon cara de

non estar moi seguro do que di e engade) … á besta, e acaríñaa .

A rapaza volve en si

Berta:

Ai que non sei que pasou !

Ai que non sei que teño !

Ai que non sei onde estou …

Ai mamaíña! (refrega os ollos)

(mirando para o labrego)

Ai que mozo tan garrido !

Ai que porte, que galano!

Ai ! (suspirando)

Ai que non fago máis que dicir ai !

(Pousa a man no chan para axudarse a levantar e espíñase)

Ai ai ai !

Page 123: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

122

Martiño: ( falando co público) Hai … que tomar unha determinación. (pensando en voz

alta)

Sendo a filla do Señor das Seixas o mellor é que a leve axiña ao seu castelo. A rapaza

semella desorientada e non quero que nada lle pase

Narradora: Colle discretamente a man da dama e coa outra agarra ao corcel xa máis

calmado e toman camiño rumbo ao castelo.

Aproveitando o paseo, a dama mira de esguello ao campesiño --que está de moi bo ver

como xa dixen e vós podedes comprobar. Pensade , estimado e non tan estimado público,

que estamos na primavera e os corazóns latexan con moita forza. Ben me entendedes.

Cando chegan á porta do castelo, ela convídao a pasar para lle mostrar o seu

agradecemento, pero el declina a invitación, coñecedor das malas pulgas do pai e das

moitas plumas do mordomo.

Mordomo: Aquí o guión debe estar trabucado: plumas o que se di plumas … A min a caza

non me vai, e escribir non é o meu forte. Debe ser un erro do guionista

RÁFAGA 3

Momento de publicidade

O bálsamo o bálsamo

O bálsamo de Fierabrás…

Farmacia Sagarra Prado

Para a gripe, a catarreira,

A reuma e tamén pras pernas

Pomadas aspirinas e xaropes

E collede sen reparo

Os ungüentos axeitados

Page 124: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

123

Non esquezas aboalos

Pois xa sabes que hai copago

O bálsamo o bálsamo

Dirección Xeral de Tráfico

Sempre pendente da túa condución

Atoparasnos nos cambios de rasante

Ollo se vas ao volante

Facemos servizos de transporte personalizado

ESCENA V

( Sala principal do castelo)

Narradora: A Dama, tras dunha ventá, queda axexando a marcha do campesiño e este,

con disimulo, mira para ver de atopar a cara da doncela.

( aparece a nai )

Nai: Véxote moi alterada Bertiña da miña alma. Pasouche algo?

Mordomo: ( mostra o nariz como ulindo) As nais sempre uliscando

Berta: Un pouco máis e rompo a crisma . Cando estaba chegando á Bertamil, o cabalo

púxose nervioso e non o dei dominado. Ben deitei dun labrego que se botou a el e logrou

calmalo. Eu mesmo cheguei a perder o sentido.

Nai: ( con ironía) Xa vexo , xa.

Berta: pero volveume axiña.

Nai: Claro muller !

Berta: E logo o pai , ulo?

Page 125: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

124

Nai : Marchou cuns criados, vai en Lamas. Sei que un veciño de alí, deu cun tesouro e non

quere que se saiba. Pero xa sabes que o teu pai ten ollos e orellas por todo o Señorío.

Decidiu achegarse e ver que ocorre…

E, claro, coñecendo, como coñezo, ao teu pai pode pasar calquera cousa.

Berta: Por que dis iso mamá?

Nai: Pois, porque o teu pai … Así , entre nós, … non vin nunca animal da maneira.

Berta. Pois eu quéroo ben e el quéreme moito

Nai: Claro nena. É o teu pai, pero iso non quita que sexa unha besta.Xa sabes que nin ler

sabe. Xa non digamos escribir… e o peor da cuestión é que cre que iso da cultura é algo

para os petimetres das cortes. Que un home é un home non unha leituga. Xa che digo,

Berta, un animaliño .

Berta: Pois..

Nai: Ti cala a boca e vai para o teu cuarto que terás abondo en que cismar. Non cres?

(chiscándolle un ollo) Deixa ao teu pai cos seus negocios.

Berta: Voume logo.

Narradora: Pero non foi para o seu cuarto como lle indicara a nai. Que va !. Foi ás cortes

para estar co cabalo que estivera a piques de lle dar un desgusto… e non para rifarlle…

non

ESCENA VI

( Berta na corte, acariñando ao cabalo)

Berta: Ola miña xoia. Estás xa recuperado do susto? . Vaia apuro que levamos

Narradora:

Aquí como é evidente

só vai falar a rapaza,

Page 126: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

125

pois, a pesar dos avances,

as bestas seguen caladas,

escoitando.

E por moito que lles fales

lles preguntes , interrogues

lles inquiras e lles rogues,

as bestas seguen caladas.

O cabalo nada di.

Son os ollos da doniña

os que falan de por si.

E eu que son entendida,

nas cousas do corazón,

direi, aquí polo baixo,

que as verbas ulen a amor

Berta:

Nada dis.

Aínda non te recuperaches .?

Mañá pola mañanciña

levareite a pasear,

e se teño algo de sorte

volverei ver ao galán.

Page 127: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

126

Pareceume ben feitiño,

Valente, claro que o é !.

e mirábame dun xeito…

O meu corpo se estremece

Eu non sei que teño aquí (sinala o corazón)

as pernas non me sosteñen.

Non me acorda o merendar.

Ti que cres meu cabaliño

que é o que me está a pasar?

Narradora: Terei que repetir, para que os aquí presentes non perdan o fío da obra, que o

cabalo segue sen dicir nin mu. Cousa que por outra parte sería digna de saír nos Heraldos

na sección de noticias científicas .

( Vaise a rapaza )

RÁFAGA 4

Momento publicitario

Agro botica

A tenda dedicada ao mundo animal

Atendemos todo tipo de animais

Acuda a nós con calquera problema!

A vaca é rubia? Morena?

É pinta? das de carne? unha xovenca?

Dá igual chámenos

Page 128: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

127

Que iremos

Descubre Friol

Do queixo non che me queixo;

que o queixo ben che me sabe.

Quéixome de quen o vende

que non mo deixa de balde

Para bo queixo: Friol

Para Friol pan de Ousá

Para Ousá rapazas novas

Para rapazas Xiá

ESCENA VII

(Sala principal. Xa é noite e escóitase un forte balbordo nas portas da torre. Entra o

Señor e os criados . Dous deles traen un saco ben grande onde cabería un home)

Criado 1: Que facemos co saco?

Señor: Tirádeo de momento ao calabozo. Xa verei que se fai con el. Podédesvos retirar.

Criado 2 : Boas noites, Señor

(Aparece a nai indo para o seu cuarto)

Nai: Boas noites meu señor. Desexades algo de min ou podo retirarme tamén aos meus

apousentos?.

Señor: Vai indo que logo vou. Por certo, por onde anda a miña pombiña?

Nai: Vai no seu cuarto. Hoxe sufriu un pequeno accidente en Bertamil e está algo

aqueloutrada. Mandeina descansar.

Page 129: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

128

Señor: Sabia medida . A verdade é que teño unhas pombiñas ben xeitosas.

Nai: Xa podías parar de tanta pombiña. Semellas algo relambido de máis

Señor: Non me empeces outra vez coas túas lerias. Xa sabes que para min non hai maior

satisfacción que lembrar as miñas nobres orixes . Que queres que lle faga? sempre teño

no maxín as pombas da miña estirpe !.

Nai: Xa sei, xa. Pero a miña liñaxe ten tanto avoengo como a túa . Ben sabes que eu son

dos Ron e dos Sarmiento e non por iso ando bébeda todo o día nin me ando polas

ramas…

Mordomo: Meando polas ramas? Iso si que non. Évos ben certo!

Señor: (para si) Mulleres… Sempre dando que facer. Sempre protestando por calquera

nimiedade. É boa verdade que non hai quen as entenda

Mordomo: E este co pouco entendemento que ten …

Señor: Hai que ter boa paciencia!. (diríxese ao criado). Sisto trae o meu escudo que lle

quero sacar brillo. (dirixíndose á muller) . Si que es dos Ron, si…, sempre ‗ronroneando

Sisto: (para si cantando)

Ai Ai Ai ai

que traballos me manda o señor

levantarme e volverme agachar

todo o día escoitando …

(para o canto) Quere o escudo?

Señor: Ao mellor prefires unhas cachoadas… (sinalándolle o escudo)

Sisto:. Ala colle a escaleira, sobe con xeito. Colle o escudo e… (colle o escudo)

Page 130: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

129

Se me deixasen dirixir o cotarro a min. Este ía sacarlle lustre ao seu pelexo, onde botou ao

de Lamas. (entrégalle o escudo ao Señor que lle empeza a botar cuspe e refregalo coa

manga )

Narradora: Xa escoitastes.

Parece que o tal Gabriel,

home cabal, onde os haxa,

deu en remexer na mámoa

dos Castelos, para mirar

de atopar tesouros varios;

e o Señor e os seus lacaios

de noite foron buscalo

para saber

se o que atopou paga a pena.

Fixéronlle coma ao gato:

deitárono panza arriba

e metérono nun saco

rematando a melodía.

Medio morto, ou morto enteiro

debeu chegar a San Paio,

pois de Lamas ao castelo

Hai un treito do c.

( hai unha longa camiñada )

Page 131: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

130

RÁFAGA 5

Momento publicitario

O Cabanés

Rápido e esmerado servizo

Esperámoste !

A nosa clientela sempre queda satisfeita

Nunca unha queixa tivemos

Nova Caixa Banco

Os vosos aforros para nós son preferentes

Praza Alcalde Andón

ESCENA VIII

Narradora:

A rapaza, namorada

soñando está o día enteiro

ao Martiño da súa alma

lévao nos seus pensamentos.

Malpocadiña, non sabe dos negocios casadeiros que entre mans trae o seu padre

Berta: (voz en off. En soños)

Ven aquí meu amorciño,

non escapes dos meus brazos .

Encheríate de abrazos

Page 132: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

131

sen que o soubese o meu pai.

O Señor é moi mirado

non vai permitir que o noso

teña un final decoroso

pois como di a miña nai

algo besta e perigoso

meu papaíño si o é

(esperta sobresaltada)

Ai! se o Señor soubese dos meus soños!

Narradora:

O que non sabe a rapaza, (repito)

É a que lle teñen armada.

O pai pensa en Godofredo

aínda que non dixo nada.

É verdade que eran tempos

en que o Señor decidía

o que no seu Señorío

se facía cada día

pero Berta do que lle van propoñer

Nin pensa nin sabe nada

ESCENA IX

Page 133: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

132

Berta: Vou dar unha cabalgada.

Señor: Debías levar escolta miña pombiña. Así irías máis tranquila e no caso de teres

problemas, eles solucionaríancho. ( dirixíndose aos criados) : Veña rápido acompañade a

dona Berta.

Criado 1: Si señor, levamos o móbil para comunicarnos con vostede ou seguimos

empregando as pombas mensaxeiras tan do seu gusto?

(Entra a nai na estancia)

Nai: E estes dous mortos de fame que fan aquí?

Señor: Son os escoltas da túa filla. Para que vaia protexida

Nai: ( Chiscándolle un ollo á filla e falando co Señor) : Protexida… protexida . Estes non

se protexen nin a si mesmos. Non lles ves a cara de leite fervido que teñen. Miñas xoias,

non sei se sería ao revés no caso de teres un contratempo.( falando coa filla) Quero dicir

que lles terías que botar ti unha man para que non se desmaiasen.

Señor: ( falando para si) A verdade é que os necesitaba para un asunto algo enleado.

Case vai levar razón a miña dona.( dirixíndose aos criados) Vinde canda min. (falando coa

filla) Miña pombiña ten coidado co que fas. Vai polas vías principais, non collas as

secundarias que están cheas de fochancas.

Narradora

Marcha a damiña ao galope

pensando …en quen vai pensar?

RÁFAGA 6

Momentos publicitarios

Móbiles , internet?

Todo en Movistar

Page 134: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

133

antiga telefónica

Co teu contrato ou coa túa tarxeta

beneficio para rato

TERRÓN TERRÓN TERRÓN

Vostede ten un problema?

Nós temos a solución

ESCENA X

Mordomo: Señor acaba de chegar D Godofredo dos Mirapeixe

Señor: Que pase

D Godofredo: Estimado Señor veño mostrar a miña admiración a un ser tan nobre coma

intelixente

Mordomo: Este vén confundido…

D Godofredo: e poderoso onde os haxa. Traio canda min a uns criados que veñen cunha

recua cargada de agasallos para vostede

Señor: Pase Godofredo pase. Estou encantado coa súa presenza nesta miña fortaleza

(para si) e máis encantado aínda con todo o cargamento que di traer

D Godofredo: Recibín con alborozo a comunicación que me enviou por medio do meu

emisario e creo que debiamos mirar algúns puntos en relación co dote da súa filla

Mordomo: Este vén con présa!

Señor: Gustaríame ofrecerlle a miña hospitalidade, e tomar como se di agora un pequeno

albaroque e unha limoada para refrescar o gañote

D Godofredo: Se vostede mo permite traio tamén canda min un pequeno agasallo

musical

Page 135: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

134

Señor: Refírese a este? (sinalando ao criado)

Criado: Non meu señor! o meu nome non é agasallo, Chámome Preteritus

Mordomo: Señor Señor ! Vaia co Pretéritus este. Havos ser o pretérito imperfecto!

D Godofredo: A música señor, adoza o espírito e alegra os corazóns.

Traio canda min unha miña dama ao meu servizo.

Chegou hai un tempo ás nosas terras, proveniente deses lugares que lles din Andalusís e

ten unha voz cativadora e elegante. É unha verdadeira ledicia para os oídos e eu desexo

regalarlle a súa filla, se vostede mo permite, unhas composicións que seguro farán vibrar

o seu corazón

Señor: (para si ) O meu non desde logo !. Teño corazón de ferro que non treme diante de

trebelladas nin modernidades. Teño sorte que a miña filla dáse a circunstancia que non

está.

Godofredo: (ao criado): Fai pasar a Aldara

Criado: (O criado entra a Aldara): Ala veña. Sempre me tocan as audicións musicais .

Canto mellor estaba nas cortes cos cabalos!

Mordomo: Canta razón levas! E podíante acompañar algúns que eu ben sei !

Aldara: Señor estou encantada de visitar esta a súa e confortable fortaleza.

Godofredo: Primeiro se mo permite gustaríame que fixese chamar a D Berta.

Señor: Pois non temos a sorte de contar con ela. Foi dar unha cabalgada e nunca ten hora

de chegada. Case que o deixamos para outro día… ( aparte) Xa me doe a cabeza so de

pensar como soará o couso ese que trae na man esa andalusí.

(entra a nai)

Oe mira: Temos aquí a D Godofredo que ben coñeces das festas de Santa María.

Nai: Boas tardes señor!

Page 136: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

135

D Godofredo (afectado): Boas miña señora…

Nai: E vostede por aquí?

Señor: Vén facer presente o seu interese en maridar coa nosa filla.

Nai: Como dis?

Señor: Xa falaremos ,non te apures…

Nai: Como non me hei de apurar…

Señor: ( en baixo cara á muller)Cala xa e atende como corresponde a un convidado

Nai: ( en baixo cara ao Señor) Si señor. Pero isto haberá que falalo... (cambiando de

rexistro) E vén vostede acompañado…

Godofredo: Con Aldara que ten unha voz harmoniosa coa que nos deleita en terras de

Gaioso as longas noites do inverno

Nai: Pois gustaríame escoitala

Señor: (para si) Xa está esta coas súas melindradas.. Vamos que desta cursilada non libro.

Pois de ser que sexa xa…( a Aldara) E duran moito?

Aldara: Son dúas composicións moi breves Señor

Criado : Menos mal !

Aldara: Canto logo?

Godofredo: Cando a túa voz estea preparada

Aldara: ( preparando a voz) Ohohohohooh

Señor: Que ben canta! . (aplaudindo) que marabilla!

Mordomo: Señor! que aínda non empezou

Señor: Iso dise antes …

Page 137: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

136

Nai: (meneando a cabeza)Estou desexando escoitar a túa voz

Aldara: Pois aí vou

Señor: Pois vai dunha vez

D Aldara :

Que por mayo era, por mayo,

cuando hace la calor,

cuando los trigos encañan

y están los campos en flor,

cuando canta la calandria

y responde el ruiseñor,

cuando los enamorados

van a servir al amor;

sino yo, triste, cuitado,

que vivo en esta prisión;

que ni sé cuándo es de día

ni cuándo las noches son,

sino por una avecilla

que me cantaba el albor.

Matómela un ballestero;

déle Dios mal galardón.

Nai: ( dando dous aplausos) Que fermosura de voz!

Page 138: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

137

Aldara: Grazas señora

Godofredo: Xa lles dicía que era un encanto

Señor: Encanto si ! ( falando para si) en canto poida marcho…

Godofredo: Agora interprétalles esoutra que che gusta tanto

Señor: Non é necesario. Noutro momento…

Criado: D Godofredo: leva razón o Señor. Para que cansar a Aldara!

Aldara: Eu cansa non o estou. Aquí non é que traballe moito…

Nai: Pois xa de estar na nosa casa e non ter obxeccións, que cante

Criado: ( para si) Pero que necesidade hai ?

Señor: Pois se ha cantar de novo Pasemos á cociña que a min estas estridencias péganme

a fame… e ti Aldara vai empezando (diríxese ao público) que canto antes empece antes

remata

Aldara: Empezo Señor ( ponse a cantar)

Meus señores a viaxe

que me achegou a estas terras

tiven que facer andando

cansadiñas traía as pernas

A egua que me portaba

Era un animal moi manso

Pero ao pouco de saírmos

Fóisenos por un barranco

Como non había xeito

Page 139: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

138

De amañar outra montura

Tivemos que vir andando

desde a seca Estremadura

Ao chegarmos ao Cebreiro

Terras verdes e moi frías

Deixáronnos unha besta

que me trouxo ata Fonfría

Xa non hai máis que contar

Pois ben o sabedes todos

Cos Mirapeixes estou

Nas súas terras en Gaioso

ESCENA XI

Narradora: Lembremos que hai un tempo saíra dona Berta na procura de Martiño. Como

vedes os intereses son dispares.

Mordomo: Como vas disparar se non hai caza á vista?

Narradora: Retomo o relato

Marcha a damiña ao galope

pensando …en quen vai pensar?

Atopa ao mozo garrido

sen a Bertamil chegar.

Sentan os dous nun penedo

e comézanse a mirar

Page 140: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

139

cunhas miradas tan tenras…

das que aquí non vou falar.

Aloumíñanse e se bican

Meu señor ! que pasará?

Se o sabe o dono da torre

a do demo vaise armar.

Eu por se acaso me esfumo

e ben calada estarei.

Non quero estar no fregado

e deba pagar por el.

Voume, calo, non vin nada.

Martiño : O que estamos facendo non está ben. Se o teu pai o soubese íamos ter

problemas ti e mais eu… Quero dicir que eu tería máis problemas ca ti.

Berta: O meu valente Martiño, salváchesme a vida. Como non vou estar prendida de ti?

Arriscaches a túa por salvar a miña. Non pasa un momento en que non te teña nos meus

pensamentos

Martiño: Miña ruliña .Como non te vou amar coas cousas que me dis?. Es a flor máis bela

de todo o Señorío. Se non fose porque é unha planta velenosa chamaríate a miña

beladona.

(Nisto escoitase un ruído entre os ramallos. Aparece Sisto)

Sisto: ( refregando os ollos e falando para si) Eu nada vin, nada sentín,nada quero saber.

Por aquí non pasei , non sei quen sodes nin que queredes (ao público) -- iso creo que si--.

Eu viña por uns amorodos. Ía á viña para ver as cepas. Non viña… que ía. Xa non sei o que

digo !. Voume antes de que estes …

Page 141: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

140

Berta: Sisto !

Sisto: Cagueina.

Berta. Que dis? Que fas aquí? Andas asexando?

Sisto: Viña á viña e aos amorodos por esta orde

Berta: Espero que nada lle digas ao meu pai do que tes visto.

Sisto: Non, miña pombiña , ( perdón) Dona Berta. Nada vin e nada vou dicir

Berta . Iso espero

Sisto: Eu o que espero é que o patrón—perdón o Señor—non aplique comigo as mañas

que usa cos seus inimigos. Porque senón canto. Que eu non sei gardar un segredo en

ocasións tan comprometidas. Voume por onde vin. ( vaise aqueloutrado )

Martiño: (falando para si) Comprometida si que é a miña situación. (con Berta)Estou tan

namorado que perdín o apetito, só penso en ti a todas horas e agora este vainos delatar e

xa verás…

Berta. Non te apures meu ruliño que imos saír do embrollo. Ti me queres?

Martiño: Con loucura

Berta: De verdade ?

Martiño: Con paixón

Berta :

Todo ten unha saída.

De momento, vai para casa

que eu marcharei cara á torre.

Non pares polo camiño

e non fales con ninguén.

Page 142: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

141

A ver se o Sisto é cumprido

e a súa palabra é de lei

Martiño:

Miña Berta dos meus ollos

eu non sei que vai pasar

pero cos nervios que teño

dáme tamén por rimar

Berta. Iso é amor, meu Martiño.

Narradora: Aquí faremos un alto. Deberemos explicar que estes encontros, digamos que

amorosos, amén de furtivos , son –foron-- máis frecuentes do que puidese parecer e aquí

representamos. Xa sabedes que as cousas do amor cando suceden van todas a fume de

carozo. E neste caso non ía ser menos.

ESCENA XII

Narradora: Berta volve ao castelo e ve que o pai ten cara de poucos amigos. Máis ben de

ningún.

Berta:

Que lle pasa ao meu Señor

é que non durmiu a sesta?

Ten cara de poucas festas.

O teño visto mellor.

Mordomo: ( falando para si)

Esta rapaza está tola ,

mete o bico na trapela

Page 143: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

142

se non aparece a nai

ha levar unha malleira.

Señor :Pero ti pomba do diaño. Que andas a facer polos campos do Señor? . Teño

decidido que cases co primo da sobriña do meu curmán D. Godofredo dos Mirapeixe.

Hoxe veu facerche unha visita de cortesía e ti correndo polas fragas coma tola. Pódese

crer ?

Berta: Eu primo non o quero por moi bo peixe que sexa. Quero un home que sexa

esperto, intelixente, fermoso, arriscado, valente, forte, bo amante,…

Mordomo: ( falando para si) A iso chámaselle ter a boca pequena. Has ter que ir ao Corte

Inglés buscalo

Señor: Ei, ei , para o carro miña pomba !. Aquí o que fala son eu. Que saberás ti !. Sisto

achégate ata aquí.

(Entra a nai e o Sisto todo cheo de vendaxes. Á Berta cámbialle a cara)

Sisto: Xa me acheguei bastante hai un cacho, Señor, e mire como me deixou.

Nai: Pero que lle fixeches a este home?

Señor: Nada muller, estiven estirando un pouco as articulacións.( entrelaza as mans

estirando os dedos) E aproveitando, o Sisto aquí presente, de non saber nada --quen llo

ía crer?-- cantou .E non me gustaron moito as súas melodías.

(dirixíndose á filla) Miña pombiña: ti non sabes que todo porco ten o seu san Martiño?.

(pensando) Ou é o revés?

Mordomo: Non se sei se o colledes?

Berta: (a piques de perder o sentido) Voume para o meu cuarto que estou moi cansa.

Señor: Ti non vas a ningures... soa. ( chamando): Criados!. Acompañade ao cuarto a dona

Berta.

Criados: ( con cara de alegría):Si Señor !

Page 144: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

143

Señor: Ata á porta.

Criados: ( mudando de cara ) Si señor. Imos aló.

Berta: Ídevos que eu quedo.

Nai: Deixade, que xa vou eu canda ela . Que estes vaian facer o parvo a outra parte.

(Marchan a nai e a filla)

Señor : E vós non quededes aí como pailarocos. Ide ao calabozo.

Criado 2: Ao calabozo Señor? E que fixemos agora?

Señor: Ti non es máis parvo porque non adestras… Tede coidado ao baixar, non vaiades

romper un óso e teña que vos indemnizar por falta de seguridade no traballo. Subide o

saco que deixamos onte á noite alí e levádeo ao quinto inferno, facede un bo furado na

terra e tirádeo….

Criado 2. Cheo ou baleiro?

Criado 1: (falando en baixo co seu colega) . Ti estás tolo ? ( dirixíndose ao Señor) Señor

xa imos polo saco e avisarei ao cura, porque o do saco xa cheira, para min que chegou

morto pola noite. Despois da malleira que lle propinou non creo chegase vivo..

Señor: Aquí nin cura nin bispo nin sequera un mal ministro . Aquí nada pasou . Nada tedes

visto . Se acaso o home escapou e xa se sabe… home que escapa da xustiza algo esconde.

Facede o que vos digo: non vistes nada. Mañá pola mañá haberá que ir rexistrar a casa da

muller …

Criado 2: Quererá dicir da viúva

Señor: Queres quedar no calabozo contando ratos? e mesmo da nai. Ala ide indo e non

vos manquedes.

Criado 1: Imos logo

Criado 2: Imos

Page 145: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

144

Criado 1. Veña

Criado 2: Vai

Mordomo: Pero liscades ou teño que…

Criado1: Veña .Mira que es lento!

Criado 2: Xa vou , non empurres, pero non quería chegar de primeiro porque abaixo vai

cheirar a friame e o doutor díxome que a carne nin cheirala porque xa sabes que teño

colesterol.

Mordomo: Colesterol vóuvolo dar eu como non lisquedes. Sisto!

(Os criados atóanse ao saír)

Sisto: Si señor.

Mordomo: Prepara o cabalo do señor e o meu que imos de inspección.

Sisto. (polo baixo) Mal choio catro bestas xuntas

Mordomo: Que dicías?

Sisto: Nada, nada. Sumaba.

Narradora:

Sae o Señor co mordomo,

vai visitar aos de Lamas

quere saber do tesouro

que de seguro agochaba.

A dona deste Gabriel

que pasou a mellor vida

évos de armas tomar,

Page 146: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

145

unha muller destemida.

Escena XIII

Narradora: Chegan á casa. Sae á porta a viúva do defunto

Viúva de Lamas: Señor que facedes visitando esta casa mergullada na dor?

Señor: Vimos na procura do que o teu home atopou.

Narradora: A viúva entrégalles unhas cagallas de ovella

Viúva de Lamas: Estas son as alfaias que atopou o pobre do meu home na mámoa dos

Castelos. Estas e a morte inmerecida provocada por unha besta parda

Señor: Nós nada sabemos. Fixémoslle unhas preguntas e cando o quixemos levar ao

castelo, para aclarar uns datos escuros, fuxiu e non volvemos saber nada máis del. Seguro

que sufriu un accidente.

Mordomo: Chamastes ao 112?

Viúva: Accidente sódelo vós e todos os da vosa ralea. Nós viviamos tranquilos. Ao meu

home, que era un romántico, gustáballe remexer nas cousas do pasado. Non lle facía mal

a ninguén.

Marchade de aquí que nós temos de abondo. Miserable comecartos. Só pensas nas

riquezas , nos tesouros, nas propiedades . Nos tempos futuros serías un bo especulador

Mordomo: (estirando á man) Meu señor: parece que chove . Vai ser mellor retirarse que

esta muller non ten siso e di cousas sen sentido ningún. Aquí non imos atopar nada.

Señor: Veña en marcha!. Boas noites.----Tes sorte que teño outras cousas na cabeza de

máis importancia, que de non ser así íanche saír caras esas palabras descorteses co teu

Señor.

O Señor ten que vixiar a todos os seus súbditos para que non perdan o tempo en

parvadas semellantes e se dediquen a traballar as terras e coidar do gando para así

Page 147: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

146

satisfacer as necesidades pecuniarias do Señorío. Non están os tempos para deixar voar a

imaxinación, hai que producir , xerar riqueza, axustar gastos.

Mordomo: ( polo baixo) Este meu señor cando colle carreira semella un político deses de

sobre e patacón.( Ao señor): Señor deberiamos marchar.

ESCENA XIV

Narradora: Entrementres, no castelo, nai e filla preparan un encontro co campesiño, para

poder liscar canto antes e poder gozar do amor que o Señor non aproba.

Nai: Miña Bertiña. Escapa. Vai na procura do teu Martiño e lisca de aquí. O teu pai nunca

vai permitir que cases con un que non sexa da nobreza. Xa sabes que ten axustado o teu

casorio co primo do sobriño do seu curmán.

Toma estas moedas , colle catro cousas e vaite. Aproveita a noite.

(Berta e a nai, mentres falan, van preparando un fardelo con roupa da filla)

Berta: Grazas mamaíña , cando te hei volver ver?

Nai: Agora iso non importa . O importante es ti. Ao teu pai espero se lle pase o enfado

nun tempo prudente e que entre en razón. Vaite. Xa mandei recado para que Martiño

estea esperando en Bertamil.

(abrázanse chorando)

Berta: Voume. Espéroo atopar axiña. Adeus.

Nai: Adeus e sorte.

Escena XV

Narradora: Chegan ao castelo o mordomo mais o señor e este non vén precisamente

contento.

Señor: Vaime avisar a miña filla que debo falar con ela seriamente porque isto está

collendo mal camiño.

Page 148: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

147

Mordomo: Sisto !

Sisto: Si señor.

Mordomo: Vai avisar a dona Berta que quere falar o seu pai con ela.

Sisto: Pois vai ser … como llo digo? Xa vou ( Vai ata a porta do cuarto, peta , espera e

volve ) Parece como que non estivese.

Mordomo: A que te refires?

Sisto: Pois verá, luz hai. Pero petei na porta e parece que non hai…

Mordomo : luz?

Sisto: Non. Ninguén.

Mordomo:E miraches ben?. É imposible.

Sisto: Imposible serallo, non llo discuto, pero alí non hai ninguén.

Mordomo: Irei eu que non me fío.

Sisto: Vaia vaia. E vaia enfiando.

(Volve o mordomo: )

Mordomo: Pois a ver como llo digo ao señor sen que se altere moito. Sisto prepáralle

unha tisana ao Señor.

Sisto: E que lle boto?

Mordomo: Tila e valeriana

Sisto: Habería que lle dar un caldeiro cheo de tila e medio ferrado de valeriana e aínda

así…

Mordomo: Faime a min outra que a vou necesitar

Sisto: E se encho a maseira e se bañan nela ?

Page 149: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

148

Mordomo.: Veña… (queren saír pero topan co Señor)

Señor: Que facedes? Non vos mandei avisar a dona Berta ( cae o mordomo ao chan

esvaecido )

Sisto: ( falando para si) Aquela porta está aberta (quere marchar a toda présa pero

córtalle o paso o Señor)

Señor: Aquí hai gato encerrado

Sisto: Máis ben non o hai . Dona Berta…

Señor: Dona Berta… que ?

Sisto: ( cun fío de voz) . Non está

Señor: Berta ! ( petando na porta ) Criados !

Criado 1 : Si señor

Señor : Tirade coa porta

Criado 2: Tiramos ( empurran a porta, está sen tranca e coa forza caen dentro )

Señor: O cuarto está baleiro

Sisto: Quere unha valeriana ou unha tila?

Señor: Esperta ao mordomo que hai que ir na súa procura.

Sisto: Esperte que o Señor está doente.

Narradora: Por máis que o intenta, o mordomo non volve en si, engrúñase máis e segue a

durmir. Sisto remata botándolle un caldeiro de auga . O mordomo érguese todo mollado.

Mordomo: Que pasa ?

Señor: Que imos buscar a miña pombiña…

Mordomo: De caza?

Page 150: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

149

Sisto: Non provoques que imos tras de dona Berta

Mordomo: Pois vamos

ESCENA XVI

Narradora:

O Señor mailos criados

o mordomo mailo Sisto

saen todos moi apurados

en busca dos fuxitivos.

O Señor non vai contento,

o mordomo vai caghado

o Sisto está aqueloutrado

e os criados… inconscientes

van cantando un rapeado

Criados: ( ritmo de rap)

Vexo A Rocha , vexo Narla

Tamén vexo A Castronela

Vexo a Torre de San Paio

e ao mordomo dentro dela

RÁFAGA 7

Momento de publicidade

Diario El Progreso

Page 151: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

150

Máis de cen anos vivindo do conto

Panadaría Casanova

fan bolas a todas horas

e uns follados que alucinas

Ben sabes: na rúa Andoriñas.

ESCENA XVII

Serpe: Moito tráfico de deus hai polos camiños ultimamente.Han ter que colocar

semáforos.Voume para a miña cova non vaian vir os do concello a pedirme a cédula de

habitabilidade e pasarme os recibos de peaxes e alcabalas.

Narradora: Entra a serpe na súa cova e atopa á parella agachada no fondo da mesma.

Serpe: ( falando para si ) Que me trague a bicha se non teño convidados!. E quen serán?

E que quererán?,… espero non sexan de facenda (falando coa parella) E logo vostedes

que fan aquí ? . Non ven que é unha propiedade privada.

Berta: Isto semella pórse feo

Martiño: Vimos fuxindo do Señor da Torre

Serpe: Dese deslinguado, badulaque, metementodo e mala pécora do Señor das Seixas.

Berta. Tampouco se pase que é o meu pai

Serpe: E que facedes aquí? pregunto.

Martiño. Xa cho dixen, vimos escapando . O noso amor non é permitido polo Señor e

temos que poñer terra por medio. Senón o meu pescozo periga.

Narradora: Eu que son muller lida, relida e relambida onde as haxa, son sabedora de que

o encontro non se desenvolveu nestes termos pero deixemos correr a historia que tamén

eu empezo a estar intrigada.

Page 152: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

151

Serpe: Pois moita intelixencia non amosades agachándovos nesta cova. Non vedes meus

pombiños…

Mordomo: Esta tamén coas pombas

Serpe: …que a miña obriga é ( relámbese) darvos pasaporte , quedar farta e durmir

facendo unha boa dixestión… Se é que o voso é metervos na boca da bicha.

Martiño: Nós, mal non queremos facer. Só queremos podernos amar sen que nada nin

ninguén atranque este amor nacido da casualidade.

Serpe. Menos lerias amorosas que xa parece isto unha telenovela. Hai que lle facer fronte

ao besta do teu pai e papafilloas do teu sogro. Deixade que pense (escóitanse cans e

quebrar ramallos)

Berta:

Non sei se teremos tempo

de buscar unha estratexia

deben estarse achegando

e……………………………

Serpe: e… cala a boca xa, que non é tempo de versos. Quedade aquí que vou mirar que

sucede.

Narradora:

Sae a serpe ata o camiño,

atopa coa expedición,

bótase ás bestas, ás patas,

enrédaas con precisión.

Coa lingua inxecta veleno

Page 153: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

152

con maléfica intención.

O resultado foi este

que é fácil de imaxinar:

As bestas estarrecidas

foxen polo monte abaixo;

os xinetes que as montaban

dando chimpos van tras delas.

O mordomo perde o cu,

o das Seixas cambalea

e os criados inconscientes

van cantando a rianxeira

( Escóitase cantar “oliñas veñen, oliñas veñen oliñas veñen e van”. Óese un crack )

Serpe: O que vexo, vós non o podedes ver. E tedes sorte. Dá pena ver esta escena. Catro

mangallóns ben mantidos que perderon os papeis, baixan a rolos camiño dalgún penedo

no que se han esnaquizar. Seguro que habemos tardar en botarlles o ollo encima. Vou

falar coa parella, espero conviden á voda.

Narradora: Para abreviar, contareivos que a voda celebrouse por todo o alto… Si, foi aí

arriba, na Cova da Serpe. Foi tal a festa que ata veu a Quartet Sobrado Blues Band

Serpe: Eu achispeime un pouco e dei en falar coa nai da dona Berta. Ao mellor facemos

unha fronte común contra estes trebellos que nos chantaron aquí e que mesmo van

deixar ás escuras ós da Torre. É unha muller con moitos arrestos…

Narradora: Xa para rematar direivos que agora os do concello andan tolos.

Descuberta a verdadeira historia, o escudo xa non vale e haino que refacer. Pensan en

varias opcións que van propoñer a referendo –sen que sirva de precedente--

Page 154: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

153

Opción a) Martiño maila Berta arrodeados pola serpe míranse enfeitizados

Opción b) No canto da Torre, a Cova; e no canto da serpe e o mozo, poñer a Torre

Serpe: Non vexo a diferenza!

Narradora: Iso só é por amolar

Opción c) Un muíño de vento e enroscada ao trebello unha serpe chiscando un ollo.

Elixide e, mentres o facedes, marcho.

Ata outra.

ESCENA XVIII

Narradora: Por fin !. Traballo feito. ( dando palmadas ) Ala veña a recoller todo!.

Mordomo: Xa xa!... pensabades que isto rematara… e logo que imos facer co compunxido

corazón de Don Godofredo?

Emisario: Certo! Que pasa co meu Señor?

Narradora: Non sei onde queredes chegar. Isto rematou ou é que non sabedes que no

guión puña en letras ben grandes Fin?

Sisto: Fin si. Pero a min gustaríame saber que lle pasou ao D Godofredo

Mordomo: Pois iso ao Don Godofredo… (pensando para si)… ao corazón de D. Godofredo

que lle pasaría? Ninguén se preocupa por el? Acaso non devecía polos fermosos ollos de

Dona Berta? E agora que?

(Entra a narradora)

Narradora.(dirixíndose ao mordomo) Sacade de aí que xa vexo que teño que continuar…

(cambia de rexistro. Ao público) Efectivamente preguntarédesvos polo pobre e

namorado Godofredo

Mordomo: Non esqueza que é un Mirapeixe

Page 155: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

154

Narradora: D Godofredo

na súa triste tristura

pasou unha longa etapa

de choros e de amargura.

Marchou á guerra a Castela

e volveu descolorido

non sei se por mal de amores

Mordomo: Ou por ser un leitefervido

(Entra D. Godofredo):

D Godofredo:

Non sei que me pasa a min

Non sei que demontres teño

Como , amigos hei vivir

se a Bertiña xa non vexo

(escoitase de lonxe o cantaruxar de Aldara)

Aldara:

Se o meu señor me quixese

eu axiña iría onda el

véxoo moi triste e con pena

ao meu corazón tamén

(entra o criado)

Page 156: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

155

Criado: Meu Señor, hoxe haille lentellas no pote

Godofredo:

Non teño fame nin sede

retirade xa o mantel

Mordomo:

Como pra quen ten hai moito

e eu as lentellas probei

non retiredes a mesa

que se podo ata aí irei

Narradora:

Chorando polas esquinas

por diante e por detrás

Godofredo meus señores

moi desmellorado está

pasan os meses e segue

coa rabia do desbotado

pois perdeu a dona Berta

namorada dun vasalo

Mordomo:

Godofredo tío, espabila

que a Berta

Page 157: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

156

non é para ti

tes que buscar noutro sitio

ou vas morrer infeliz

(escóitase a voz de Aldara)

Aldara:

Saudade das miñas terras

sente esta dama en Gaioso

cando miro pras súas penas

fáiseme máis doloroso

E cal será o meu futuro?

Cantarei:

Que por mayo era por mayo

Narradora

Pasou o tempo e cousas do destino D Godofredo cada vez prendía máis nas engaiolantes

cantigas de Aldara

Sisto: Guate ! Aquí hai tomate!

Narradora: (a Sisto) Sal de aí ! (ao público) Un día cruzáronse as miradas do Mirapeixe e

de Aldara e aquilo foi…

Mordomo: O comezo dunha longa amizade

Narradora: Efectivamente. Cupido prendeu neles unha pequena chama de esperanza

Criado: Esperanza? Pero non era Aldara? Para min que estou perdido

Mordomo: Pois vaite buscar a ver se te atopas

Page 158: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

157

Aldara: (Canta)

(O Godofredo mira enfeitizado á súa Aldara)

Mordomo: Isto xa ten máis xeito!

Narradora: (tirando del para sacalo) Deixa de chupar cámara e pasa ―pa dentro‖ que xa

está ben

Mordomo: (tentando resistirse a saír de escena) Acabouse a peseta!

Page 159: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

158

Page 160: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

159

Concerto da Noite dos Museos

Verano Tassoti. Pop-rock

Page 161: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

160

Page 162: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

161

Page 163: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

162

5.5. Programa Museoloxía social

Día Mudial do Alzheimer

Dende a Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da

Rede Museística e os museos que a integran, levamos anos traballando e

efendendo a idea duns museos abertos a toda a sociedade, converténdose en

espazos para a participación e o diálogo a través da arte.

O vindeiro 21 de setembro, “Día Internacional do Alzheimer”, queremos

sumarnos a esta efeméride presentando unha actividade que dende anos se leva

desenvolvendo nos outros tres museos da rede (Pazo de Tor, San Paio de Narla

e Museo provincial do Mar) e estender este ano ao Museo de Lugo unha

experiencia obradoiro dirixida a persoas diagnosticadas de Alzheimer e a todas

aquelas persoas que, por uns ou outros motivos, conviven con esta enfermidade.

O Alzheimer afecta a un gran número de persoas e, por extensión, a todas

aquelas que as rodean. Actualmente tense sabido que o avance da nfermidade

depende moito do contorno no que a persoa con Alzheimer desenvolva a súa vida

cotiá. De aí, que un contorno o máis favorable posible xerará unha mellor calidade

de vida. Desde a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo,

comprometémonos con este traballo xa que consideramos que require do esforzó

e implicación de todos os sectores sociais, culturais, educativos e sanitarios da

sociedade.

Dende a Rede Museística concibimos os museos como espazos de

memoria. Unha memoria que, ao igual que os recordos das persoas, debe ser

compartida para que se transfira, se contaxie e, en último caso, non fique no

esquecemento.

Por todo isto, convidamos a todas as persoas vinculadas a esta

enfermidade a participar nesta experiencia que leva por título Álbum de memoria

compartida e que, con esta primeira visita ao Museo, poidan iniciar un diálogo

coas pezas expostas, que evoquen a reminiscencia das súas vidas para poder

compartir ese caudal de memoria.

Page 164: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

163

[Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo]

[Mario Outeiro Iglesias, deputado delegado da Área de Cultura e Turismo da

Deputación de Lugo]

Álbum de memoria compartida é unha experiencia-obradoiro dirixida a

persoas enfermas de Alzheimer e aos seus familiares que dende o ano 2007, e de

maneira continuada, se leva desenvolvendo en tres dos museos da Rede

Museística (Museo Pazo de Tor, Museo Provinvial do Mar e Museo-Fortaleza San

Paio de Narla).

Un dos principais retos que nos formulamos, dentro do ámbito da

museoloxía social, é traballar o campo das emocións a través do contacto

vivencial coas pezas que atesouran os nosos museos. Os museos son espazos

de memoria que, a través dos obxectos e dos diálogos que se xeran coas

persoas, se van espallando e conservando.

Queremos, nesta ocasión, estender a liña de actuación e desenvolver esta

actividade no Museo Provincial de Lugo.

O Alzheimer é unha enfermidade que afecta ás conexións neuronais e que

as persoas van perdendo progresivamente, deixando de ter acceso aos seus

recordos. A través da memoria queremos provocar emocións que evoquen

lembranzas e se erixan coma pontes entre o pasado e o futuro.

Con motivo do “Día Internacional do Alzheimer”, que se celebra o 21 de setembro,

regalarase o Álbum de memoria compartida para traballar nun primeiro momento

no museo e despois na casa. Na visita ao museo, seralles entregado a todas as

persoas diagnosticadas con esta afección converténdose, dende ese momento,

nunha ferramenta para a comunicación e narración de historias. A partir dunhas

fichas coas que poidan traballar xuntos: enfermo-coidador e enfermo-museo,

recolleranse imaxes, obxectos, lugares, palabras –en esencia– recordos que

completen as páxinas deste álbum. Pero esta actividade tamén nace como unha

oportunidade para que os posuidores deste álbum compartan a reminiscencia da

súa historia de vida cos seus familiares, coidadores e seres queridos xa que serán

estes quen, en último caso, a través das súas lembranzas axuden a completar

esas follas en branco de recordos esquecidos.

Page 165: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

164

Entre as mans, sostéñense follas de experiencias e historias que ben

poden ser comparadas coas catros estacións: a primavera representa unha época

na que, como as árbores, nacemos e nos preparamos para dar os nosos mellores

froitos; o verán, época na que a luz ilumina anos de novas experiencias e

sensacións; o outono, como as follas das árbores que descenden lentamente,

representa unha época máis sosegada na que avanzamos cara a un inverno no

que as nubes e os claros comparten protagonismo nas nosas vidas e nos nosos

recordos.

En definitiva, Álbum de memoria compartida é un compromiso que dende

hai anos a Xerencia da Rede Museística ten adoptado coas persoas maiores na

súa aposta por defender “Un museo para todos, entre todos, onde o valor da

memoria constitúe un tesouro tan valioso que merece defender e conservar.”

[Encarnación Lago González, xerente da Rede Museística]

Page 166: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

165

Page 167: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

166

Page 168: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

167

Page 169: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

168

Page 170: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

169

Page 171: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

170

Page 172: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

171

Día Internacional da Loita contra a violencia de xénero

O 25 de novembro é o día internacional da eliminación da violencia contra

a muller, e desde a Rede Museística queremos ser partícipes activos desta

efeméride, queremos actuar como axentes de cambio na loita contra os malos

tratos. Segundo a ONU, ata un 70% das mulleres sofren violencia ao longo da súa

vida. Para rematar con esta lacra a prevención é esencial, e para previr, a nosa

obriga como axentes sociais é a de educar en valores, educar en igualdade.

A data do 25 de novembro foi escollida para honrar a memoria das irmás

Mirabal, tres activistas políticas brutalmente asasinadas en 1960 polo dictador

dominicano, Rafael Trujillo (1930 – 1961).

Así pois, desde o 25 de novembro ata o 1 de decembro, trataremos de

abordar o tema da violencia contra as mulleres ó longo da historia, buscando

entre as pezas que forman parte das nosas coleccións, a través da iconografía

relixiosa, o concepto de pecado, de castigo físico como expiación, etc. Coñecendo

o pasado trataremos de entender o presente e comezar a construír un futuro en

igualdade. Esta é unha actividade para reflexionar xuntos, plantexada para

Page 173: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

172

realizar en familia. Ao remate da visita, farémoslle unha foto a todo aquel que

queira manifestarse publicamente contra o maltrato, e a súa imaxe incluirase

simbolicamente no blog “Plántalle cara aos malos tratos”.

Desde o Clube Senior, os seus membros levarán a cabo a actividade

“Plántalle cara aos malos tratos”, os días 14, 21, 25 e 28 de novembro, en horario

de 17:00 a 18:30 horas. A actividade desenvolverase nas salas do MPLugo e terá

como referente de estudo e investigación obras que se exhiben nas súas salas

nas que se evidencien situacións de maltrato sexista, por exemplo as obras que

representan martirios como os de Santa Águeda ou Santa Lucía.

A historia e as lendas tamén serán obxecto da nosa análise. Desde os

catro museos contaremos unha historia que forma parte da memoria do museo de

San Paio de Narla:

“Don Vasco das Seixas é un home cruel e desapiadado cos seus vasalos.

Contrae matrimonio con dona Catalina Santiso, filla do nobre asturiano don

Sancho López de Santiso. Ela representa para os veciños das Torres o exemplo

de beleza, virtude, dozura e amabilidade. O cariño que esperta entre a veciñanza

faille gañar o alcume de dona das Torres. Consonte vai crecendo o afecto da

veciñanza por dona Catalina vai nacendo a xenreira en Vasco das Seixas, quen

constata que a súa muller intervén sempre a favor dos labregos. Buscando un

xeito de se desfacer dela dá en acusala de adulterio e trata de envelenala. Unha

vez que a noticia do intento de asasinato se estende entre os veciños, estes xuran

acabar co seu señor se algo lle acontece á dona das Torres. Ao pouco tempo

cúmprense os seus peores agoiros e Catalina aparece morta. Vasco das Seixas,

sabedor do destino que o agarda, foxe cunha presa de homes que aínda lle son

fieis.

Os veciños de Narla toman o pazo e envían, por unha banda, a Xan de

Rodís a pedir xustiza perante o rei e, por outra, unha comitiva que debe informar a

don Sancho do tráxico suceso. A veciñanza é a encargada do enterro de dona

Catalina no mosteiro de Sobrado. Vinte días despois deste chega o seu pai,

Sancho López de Santiso quen, acompañado por un delegado do rei e polo abade

e algúns dos monxes de Sobrado, abre o cadaleito e descobre o corpo incorrupto

Page 174: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

173

da dona das Torres, coas mans postas sobre as dúas feridas que lle causara o

seu home. Ao mesmo tempo Vasco das Seixas, refuxiado na casa do duque de

Bragança, é asasinado polos homes deste”.

Día da muller traballadora

A ARTE DE SER MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR

Historias de Mulleres e homes na Rede Museística

Con motivo do Día Internacional da Muller, comezouse a traballar nesta

actividade prevista para visibilizar o Día Internacional dos Museos o 18 de maio

cuxo eixo principal era nun inicio salientar a figura feminina a través da creación

de historias inspiradas nas obras e obxectos de cada un dos catro Museos da

Rede Museística:

Museo Provincial de Lugo

Museo do Mar en San Cibrao

Pazo de Tor en Monforte de Lemos

Museo-Fortaleza San Paio de Narla en Friol

Page 175: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

174

Page 176: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

175

Nunha fase previa de traballo de campo recolleronse multitude de relatos,

poemas, cancións, fotografías e vídeos que falan da muller en tódalas facetas

posibles: que traballa, que coida, que ri, que crea, que espera,… Un total de 785

historias nos catro museos.

Queremos agradecer a participación de colectivos de artistas ,de persoas

con capacidades diferentes , asociacións de mulleres do ámbito rural e mariñeiro

como ALUME, COGAMI Lugo, ASPNAIS, AFAMON, AUXILIA Monforte, Asoc. de

Mulleres de San Cibrao, Mulleres Redeiras "Cabo Burela" e A Mariña COGAMI.

Dentro do traballo de campo que se fixo no Museo de San Paio de Narla

baixo a coordinación de Francisca Abuín traballamos historias de mulleres no

ambito rural.

Nesta nova fase traballando o concepto de Museo aberto (un museo para

todos, un museo enfocado aos seus públicos, un museo enfocado a diversidade,

un museo que vai hacia unha sociedade de saberes multiples, donde traballamos

o coñecemento compartido)

A través de este proxecto de Contidos Revertidos do Museo buscouse a

participación de todo tipo de públicos:

Que sintes cando te achegas aos museos da Rede?

Que te inspira este obxeto?

Que pensas da validez das miradas sobre os obxetos?

Sintes que formas parte deste museo?

Gustaríache compartir a túa mirada con nos?

Son Historias de Mulleres construídas por elas mesmas e que conforman

unha paisaxe de múltiples facetas e puntos de vista. Esta actividade está

coordinada pola historiadora da arte Pilar Sánchez Monje e por Francisca Abuín,

guía de San Paio de Narla, e nela participarán Ana Castro Rodriguez, pedagoga;

Carmiña Prado Pena, traballadora do Museo; Lupe Amil Rodríguez, profesora de

Formación Profesional; Concha Blanco Montecelos, xestora de explotación

Page 177: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

176

gandeira; Pilar García Freire, ama de casa; Asunción Carril Iglesias, profesora de

inglés; Mª del Mar Pérez Fra, profesora de economía agrícola, Cristina Barreiro

Abuín vixiante-guía do Centro de Artesanía e Deseño e Amanda Gainsford,

profesora de inglés.

Page 178: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

177

Page 179: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

178

Día internacional das persoas co discapacidade

O vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio

Veiga, Encarna Lago González (xerente da Rede Museísitica) e Ángeles

Miguelez (departamento de Didáctica da Rede Museística) presentaron o luns, 2

de decembro, no Museo Provincial do Mar de San Cibrao, Cervo, o

proxecto MUSEOS SOCIALMENTE RESPONSABLES, un programa cuxas

actividades se desenvolverán nos catro museos da Rede Museística da

Deputación de Lugo desde o 3 de decembro (Día Internacional das Persoas

con Discapacidade) ata o final da primavera de 2014. No mesmo acto

presentouse o catálogo da primeira edición, unha iniciativa realizada por persoas

cegas, pioneira en Galicia e no estado español.

MUSEOS SOCIALMENTE COMPROMETIDOS

Page 180: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

179

REDE MUSEÍSTICA DE LUGO

A través dos catro museos que compoñen a Rede Museística (Museo-

Fortaleza San Paio de Narla, Museo-Pazo de Tor, Museo Provincial do Mar e

Museo Provincial de Lugo) apostamos e defendemos unha Museoloxía Social:

museos que manteñen un diálogo permanente co seu entorno, museos

comunitarios onde as voces das e dos cidadáns teñen moito que dicir, museos

solidarios e accesibles.

Dende o departamento de Accesibilidade e Capacidades Diferentes da

Rede Museística seguimos traballando en proxectos a prol da igualdade, a

intermediación, interxeración e a interculturalidade. Nesta ocasión, un ano máis

por estas datas, aproveitamos o mes de decembro para facer fincapé nunha

programación de MUSEOS SOCIALMENTE COMPROMETIDOS.

Con motivo da celebración o 3 de decembro do Día Internacional das

Persoas con Discapacidade deseñamos unha programación aberta cun dobre

obxectivo: ofrecer unha accesibilidade integral aos museos que compoñen a Rede

Museística, así como a visibilidade de grupos socias que carecen deses espazos

na actualidade. O programa desenvolverase ao longo de todo o mes de

decembro, ampliándose ata marzo de 2014 con propostas diversas (exposicións,

obradoiros, artes escénicas, cine, xornadas de reflexión, etc) que se engloban en

4 áreas de actuación:

1.-Capacidades diferentes

2.-Accesibilidade e integración

3.-Diálogo Intercultural

4.-Xénero e Igualdade

Dende a participación, a colaboración e a cooperación poñemos a

disposición de todas e todos os catro museos da Rede Museística como espazos

de convivencia e diálogo; lugares abertos onde as minorías sociais gocen da

importancia e relevancia magna que merecen, onde o diferente se naturalice e

converxa co normal.

Page 181: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

180

Plural é a palabra Museos, como plural é a palabra Persoas. Museos para

todas e todos, entre todas e todos, por unha sociedade máis xusta, social e

igualitaria.

MUSEO-FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA

Visitas guiadas telefónicas dirixidas a todas aquelas persoas que, dada a

súa situación persoal, non teñen acceso ao museo e á colección que atesoura.

Estas visitas continuarán ao longo do ano 2014, todos os días 3 de cada mes,

previa inscrición.

5.6. Programa de Exposicións

Exposición: O Entroido en imaxes

Fotografías de José Manuel Blanco Prado dos Entroidos máis

espectaculares da provincia de Lugo.

As caras do Entroido. Proxección audiovisual de vídeos e fotografías

antigas e actuais dos Entroidos Ribeirao, Salcedao e da Terra Chá.

As fotografías pertencen aos arquivos J. M. Blanco Prado, IESCHA, B.

Barreiro e área de Cultura e Turismo da Deputación. Os vídeos foron realizados

Page 182: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

181

por Carme Pernas e Rosa Brañas, bolseiras de patrimonio inmaterial da área de

Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, e pola Asociación Cultural en Defensa

do Patrimonio “LugoPatrimonio”.

A proxección foi continúa durante os días do período de Entroido.

Enlace video-montaxe: http://vimeo.com/59045452

RESUMO

Neste artigo faise mención dalgúns rituais que se empregan na festividade do

Entroido por algunhas comunidades da provincia de Lugo. O mesmo tempo o traballo

vai ilustrado cunha serie de fotografías sobre a devandita festividade que serviron de

base para unha exposición fotográfica levada a cabo polo autor.

1.- LIMIAR.

Acomezos do mes Abril do 2004, D. José Manuel Blanco Pradol profesor de Filosofía

do I.E.S. “Xoan Montes” de Lugo realizou unha exposición etnográfica sobre diferentes

trazos con respecto ó Antroido na provincia de Lugo. Esta exposición tivo lugar no

mesón “O Fomo”, sito na C/ Río Ser e propiedade do Sr. Carreira.

Afinalidade que pretendía o autor era amosar dun xeito directo por medio da fotografía

algunhas peculiaridades do Antroido na devandita provincia. Polo tanto, nesta primeira

exposición, o autor tentaba reflectir por medio de vintetrés fotografías diferentes

rituais sobre esta festa, que tiñan e seguen tendo lugar en distintas comunidades lucenses:

Lugo, a Ribeira de Chantada, a Térra Cha e o Val de Lemos. Ademáis incorporou

nun folleto unhas breves considerancións teóricas sobre o desenvolvemento desta festa

nas comunidades citadas para que poidesen servir de guía a tódalas persoas ,que visitasen

a exposicíón.Tanto a exposición como a guía que acompañou a mesma serviranlle de

fundamento para inmediatas investigacións, que ten pensado levar a cabo sobre outros

Antroidos nesta provincia.

Finalmente o autor pretende exponer neste artigo os contidos do folleto, que realizou

para tal evento, así como as fotografías da exposición máis relevantes.

2.- O CICLO DO ANTROIDO.

O entroido é unha expresión latina, que sifiifíca no ámbito cristián “ adeus á carne”,

xa que se refire os derradeiros días nos que se podía comer carne antes de que chegáse a

Coaresma. Así o manifesta a seguinte cantiga: // “ Adiós, martes de Antroido / adiós,

meu amiguiño / hasta el Domingo de Pascua / non comerei máis touciño”//.

O entroido - segundo Marino Ferro — “es una fiesta de libertad, de licencia, de

inversión de valores y de parodia”. Caro Baroja fálanos déla “como una fiesta de

paso de año concebida desde una sociedad urbana pero aún lo bastante allegada a

la agricultura y al pastoreo como para que subsista en ella un hondo sentido de la

vinculación con los ritmos vitales de la planta cultivada y el animal doméstico”.

Segundo Vicente Risco o ciclo máis xeralizado do entroido era o seguinte:

1. O “Domingo Fareleiro”. Por ex. “Ribeira de Chantada” (Vilauxe...).

2. O “Xoves de Compadres”. Concellos da Terra de Lemos (Bóveda, Monfórte de

Lemos, Pantón, Pobra de Brollón, o Saviñao...). O máis importante Monfórte de

Lemos.

3. O “Domingo Corredoiro”. Por ex. “Ribeira de Chantada” (Vilauxe,

Nogueira...).

4. O “Xoves de Comadres”. Concellos da Térra de Lemos. O máis importante

Monfórte de Lemos.

5. O “Domingo, Lúns e Martes do Entroido”. En moitas parroquias e pobos da

provincia de Lugo celébranse bailes e concursos de disfraces. De tódolos xeitos

compre distinguirmos:

5.1. Lúns do Entroido. “O oso de Salcedo” (A Pobra de Brollón).

5.2. Martes do Entroido. “ O enterro do Entroido” en Vilauxe (Chantada), no Val

do Franco (Castro de Rei), en Tirimol (Lugo) etc. Neste día tamén é importante

Page 183: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

182

“O sermón e o xuizo ó Entroido” no Val do Franco.

6. O “Mércores de Cinza. Enterros da sardina na cidade de Lugo e nos pobos de

Burela, Monfórte de Lemos, Sarria, Vilalba, Viveiro ...

Tamén nalgunhas comunidades da provincia celébrase o Domingo de Piñata: P. ex.

“A queima do Entroido” en Ribadeo, que é o que ten maiores proporcións da provincia.

3.- BREVE REFERENCIA OS ENTROIDOS REFLECTIDOS ÑAS

FOTOS DA EXPOSICIÓN.

3.1.- O Entroido da Ribeira de Chantada.

Antaño, o entroido celebrouse ñas parroquias de Santiago de Arriba, S. Pedro de

Líncora, Camporramairo, A Zariña, Nogueira do Miño, Vilauxe etc. Pero nos derradeiros

anos, debido á perda de xente nova nestas parroquias, so se segué celebrando algo en

Nogueira do Miño e Vilauxe. Esta última parroquia recuperou a tradición do Entroido no

ano 1998.

Todo isto motivou que no ano 2001 se constituíse a “ Asociación do Entroido

Ribeirao de Chantada”, que ten como finalidade salvar unha tradición que estaba a piques

de desaparecer. Por tal motivo os seus integrantes tentan proxectar o entroido non so a aquelas

parroquias con raígame carnavalesca, senón tamén á propia capitalidade do concello.

O entroido nestas térras celébrase durante cinco días: os domingos de Lambedoiro,

Corredoiro e Antroido, e o lúns e martes do Entroido. Nestas datas saen unha serie de persoas

disfrazadas do seguintes xeito:

1. Os volantes.

Son as figuras máis chamativas. Levan unha camisa branca cunhas vendas cruzadas

desde os nocellos ós xeonllos; por riba da camisa levan posto uns grandes panos de

muller, cruzados por cada ombro; na cintura portan un cinto, que sostén vintecatro campaiñas,

chamadas “machos” ou “femias”, segundo causen un son grave ou agudo; por

riba da súa cabeza levan “o pucho”, un armazón de fío de aramio e madeira, provisto de

cintas e frores de papel de tódolas cores, que remata nunha boneca de xoguete e dous

penachos.

Os volantes, sempre do sexo masculino, van saltando, o que da lugar a que as cintas

de papel voen polo aire e as campaiñas orixinen un constante e rítmico son. Estes, acompañados

dalgúns “peliqueiros”, son os encargados de anunciar o comezo dun oficio no

que adoitan intervir un bo número de “mecos”.

2. Os peliqueiros.

Van provistos dunha pelica - pel fina de cameiro ou cabrito- que levan por riba da

roupa. Ademáis portan un pao o un látego, para ímpediren que algúns observadores dos

oficios tenten desfácelos.

3. Os mecos.

Son os personaxes máis numerosos. Visten con roupa vella e son os que se encargan

de representar os diferentes oficios, que teñen como finalidade dos server de parodia dos

distintos traballos e comportamentos sociais.

Neste últimos anos fundouse en Chantada a “ Asociación do Antroido Ribeirao”, que

debido á progresiva perda do Antroido de Santiago de Arriba, A Sariña, San Pedro de

Líncora e outras parroquias da Ribeira, defende o traslado desta manifestación festiva á

vila de Chantada como vía para sálvala. Pola contra a comunidade parroquial de Vilaúxe

quere seguir organizándoo por si mesmo. A este respecto Juan Carlos González, presidente

da Asociación do Entroido Ribeirao, manifesta: “Se os de Vilaúxe poden, perfecto,

pero o resto das parroquias non temos medios”.

3.2.- O Oso de Salcedo (A Pobra de Brollón).

O lúns do Entroido, na localidade de Salcedo (A Pobra do Brollón), sae polas corredoiras

e rúas do pobo o oso, un personaxe vestido con peles de cordeiro e máscara de

plantígrado.Éste, axudado por uns criados -normalmente catro- dedícase a “cazar” a tódalas

persoas, que atopa no seu camino, para tisnarlles a cara con cinsa recollida dalgunhas

cociñas do pobo, e, ás veces, con brea.

O profesor francés Yvon Dupouy - investigador das diferentes manifestacións do oso

en Europa- indícanos o carácter ambiguo do oso, xa que mentres en Salcedo -coincidente

dalgún xeito coa Cataluña francesa- o oso non é perigoso senón que é un animal que

serve para anunciar a primavera e ó mesmo tempo é símbolo da fertilidade e ledicia, en

Rumania, o oso é unha figura vinculada a algo maléfico.

Page 184: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

183

En Salcedo, -segundo Mercedes Vázquez- o oso apareceu sempre vestido con peles

na compaña dos criados que o levaban atado cunha corda e, cando o soltaban, tirábase

nos charcos, e logo, tirábase á xente tocando o esquilón, as chocas, segundo comenta o

Quinto de Salcedo. No Entroido galego, o oso acostumbra a ir so, pola contra en Salcedo,

aparece en compaña dos criados que noutrora o axudaban a emporcar á xente, aínda que

hoxe confórmase con tiznar e tirar ó chan a máis dun2.

3.3.- O Xoves de compadres e omadres.

Tanto os compadres como as comadres son bonecos, realizados con palla, ben comprimidos

e vestidos con roupas de homes e mulleres, respectivamente. Hai anos, nalgúns

barrios de Monforte de Lemos pendían estes bonecos, o día antes da festa, nun lugar de

difícil acceso e logo os vixíaban toda a noite; así, mentres os homes estaban pendentes

des comadres, as mulleres estábano das compadres, xa que era doado de recoñecer o sexo

da persoa representada por mor das roupas que lle foran postas. A finalidade era recuperar

o boneco, o que daba lugar a unha loita simbólica entrámbolos dous sexos.

Na actualidade na Térra de Lemos, que abrangue os concellos de Bóveda, Monforte,

Pantón, O Sabiñao, A Pobra do Brollón, Sober, tentase facer diversas parodias, tanto o

xoves de compadres como o de comadres, usando bonecos dámbolos dous sexos, que

representan diferentes comportamentos e tarefas da vida cotiá.

Este antroido foi analizado, entre outros, por Hermida Balado, Germán Vázquez e

Moure Mariño3.

3.4.- O entroido no “Val de Francos”.

Dende o ano 1992 as parroquias de Ansemar, Balmonte e Gobernó celebran neste fermoso

val o entroido como reflicten as seguintes estrofa:

“ Xa que tres pobos se uniron, “ Balmonte, Gobernó e Ansemar

con unha grande ilusión , xuntas o Antroido van festexar

nunha tarde de harmonía , ¡é tan fermosa esta unión

fan esta celebración”, que mesmo agranda o corazón”4.

Os actos máis representativos deste entroido son o sermón, o xuizo e a queima do

entroido.

1. O Sermón.

Trátase dun conxuncto de estrofas, pronunciadas normalmente por un home ,e as

veces tamén por unha unha muller, nas que se satirizan preferentemente diferentes eventos

que tiveron lugar no concello, e nesas parroquias en particular. Entre algúns sermoeiros

de sona irnos distinguir os seguintes: Laxe de Loentia, Elias da Concha de Ansemar,

Salvador de Aguiar de Samartiño de Gobernó, Hipólito e Eleuto de Ansemar, Edelmiro

de Samartiño de Gobernó e Serafín de Tito de Quíntela5.

2. O Xuizo ó Eentroido.

Neste acto interveñen tres persoas, que simbolizan a un xuiz, un fiscal e un avogado

defensor, que levan a cabo o seu rol, utilizando, ó igoal que no sermón, unha serie de

estrofas ñas que ó remate o fiscal condena ó antroido a ser queimado.

Finalmente é importante facer mención do Antroido do ano dous mil, xa que ,por primeira

vez nesta comarca, foi planificado por tres mulleres: Ana María Canto Rodríguez,

da parroquia de Gobernó; María Luisa Alonso, de Balmonte e Montserrat Flores

Fernández, de Ansemar.

3.5.- O enterro da sardina.

Na cidade de Lugo e nalgúns pobos da provincia: Burela, Chantada, Monforte, Sarria,

Vilalba...celébrase no solpor do mércores de cinza este enterro, no que interveñen confrades,

plañideiras e devotos, que levan nos seus ombros o cadaleito da sardina ata a

praza maior, onde un representante dos confrades pronuncia un discurso satírico.

Na nosa cidade, o acto é organizado pola asociación cultural Pepe Barreiro, persoa

que noutrora impulsou en Lugo esta celebración. Na procesión fúnebre participan máis

de cen persoas, que saen do Círculo das Artes e percorren varias rúas, cantando as estrofas,

escritas no seu día polo fundador da confraría. O percorrido remata na praza maior,

onde o carón da Casa Consistorial un representante da comitiva lee uns ferretes - estrofas-,

que aluden a diferentes eventos da política estatal, autonómica e municipal6.

No ano dous mil catro a estrofa cantada polos confrades e demais persoas asistentes

ó acto foi a seguinte:

“ E xa temos unha ponte,

Page 185: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

184

fíxerona os romanos

e agora que se biquen

o alcalde e o señor Cascos”

As diferentes estrofas que se cantan neste día, son elaboradas en galego por todas as

persoas da confraría que o estimen conveniente. En anos vindeiros tense pensado facer

un concurso público de “estrofas satíricas” para seleccionar as máis axeitadas.

Exposición Obxectos para Comunicar

Exposición de obxectos escollidos entre os fondos deste museo e que

tiveron no seu momento histórico unha función asociado á comunicación entre os

seres humanos.

Exposición de Hortipintura de Modesto Fernández

Naceu en Vigo no ano 1970 é profesor de plástica no CPI Dr. López

Suárez, fixo os mecos para este colexio e participou nunha exposición colectiva

en Lugo.

Page 186: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

185

Exposición: Galiza nun tempo de seu

O presidente da AS-PG, Xoán Costa, e Marcos Maceira, coordina a

exposición Galiza nun tempo de seu que consiste nun pequeno percorrido pola

Galiza medieval centrándose en tres momentos que mostran cal foi o noso

desenvolvemento no periodo baixomedieval.

Page 187: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

186

A información que se ofrece a través dos paneis permite ao visitante non

especializado obter unha visión xeral e sinxela deste período histórico. Esta

exposición, que percorrerá o resto dos museos da Rede Museística da

Deputación de Lugo ata o 17 de marzo de 2014, está dividida en 3 partes

cronolóxicas. Na primeira abordarase a liñaxe dos Castro, unha familia á fronte do

Reino de Galiza, que logo se desprazará ao Pazo de Tor polo seu vencellamento

xeográfico coa zona. Noutra parte afondarase nas causas e consecuencias dos

movementos irmandiños na Galiza do século XV, sección que logo da súa

exposición en Lugo pasará ao Museo-Fortaleza de San paio de Narla, en Friol. E

por último, no Museo do Mar de San Cibrao exporase a parte destinada a explicar

o período de resistencia á monarquía dos Reis Católicos onde a figura central é o

mariscal Pardo de Cela.

EXPOSICIÓN: Marionetas e contos do mundo. Colección de Pedro Lavado

Paradinas.

A colección de monicreques e marionetas de Pedro Lavado Paradinas, que

configuran o seu singular Museo Utoplía, non é só un conxunto de obxectos

procedentes de todo o mundo, senón que lle engade á rareza das pezas e á súa

procedencia exótica contos e lendas que forman parte da tradición oral e teatral

de moitas culturas.

Monicreques e marionetas formaron parte da versión didáctica e amena de

historias do Mahabarata e do Ramayana hindú, de ritos e maxia no mundo

africano, anécdotas e historietas de pícaros como Nasredin, Yehá, Guignol,

Arlequín, Gorgorito, Punch Kasperle, Petrouska ou Wolf, por só citar algúns dos

protagonistas máis famosos do elenco teatral e naturalmente de todas as fábulas

e contos que oímos de pequenos e que nos chegaron a través das recompilacións

de Fedro, Esopo, Iriarte, Samaniego, Fenelón, os irmáns Grimm, Andersen ou

Perrault.

Por todo isto, esta exposición, presentada hoxe no Museo de Lugo, quere

ofrecerlle ao gran público, e non só aos pequenos senón tamén aos máis

maiores, unha mostra de como as historias se van adaptando aos novos tempos e

creando novas personaxes, entre as que destacan as actuais marionetas de

Page 188: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

187

Barrio Sésamo, os Fraggle, Dora, Pocoyó, Trancas e Barrancas e outros mil

personaxes habituais xa nos programas de televisión.

A exposición Marionetas e Contos do mundo, no Museo de Lugo, ofrece

pezas de madeira tallada e policromadas con pan de ouro procedentes de

Birmania. Outras de gran formato de Sri Lanka, unha curiosa colección de pezas

de madeira, cabaza e vestidos de tela reciclados procedente de Togo, Benin e

Mali. Pezas a cabalo entre o rito e a maxia e como nalgún caso usadas para os

rituais tras o nacemento, coñecidas como máscaras gueledé. Hai pezas de

Uzbekistán, México, checas, inglesas, alemás, francesas e españolas e, como

non podía faltar nestas próximas festas, marionetas co tema do Belén e en

especial as do Belén animado de Tirisiti en Alcoi, Alacante, un dos exemplos máis

curiosos da tradición e patrimonio intanxible na España actual.

A colección de Pedro Lavado, que conta con máis de dúas mil marionetas

e monicreques de todo o mundo, e das que aquí se mostran duascentas, busca

un lugar onde asentarse definitivamente para que nenos e adultos sigan soñando

con esas historias e contos.

Page 189: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

188

Page 190: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

189

5.7. Programa de cine

Proxección película “O Apóstolo”

O Apóstolo (2012), o primeiro filme de animación europeo stop-motion en

3D, guionizado e dirixido por Fernando Cortizo, producido por Artefacto

Producciones, nominado aos Premios Goya, foi protagonista nos catro museos da

Rede Museística.

Un dos motivos é que desde o 15 de febreiro o Museo Pazo de Tor

custodia e amosa aos visitantes parte das maquetas dos decorados desta

película; outro motivo é que esta películaestivo nominada nos Premios Goya con

opción a Mellor Película de Animación. E a terceira, e máis importante das razóns,

consiste en ofrecer aos nosos visitantes a oportunidade de visionar totalmente

gratis este excelente filme.

Xunto coas proxeccións que se realizarán nos catro museos conforme ao

calendario que se achega, tamén haberá ocasión de escoitar e partillar co seu

director, Fernando Cortizo, e coa responsable da produtora, Isabel Rey, para

coñecer as interioridades dunha rodaxe moi complexa.

Sinopse

Un preso que acaba de fugarse do cárcere intentará recuperar un botín agochado

anos atrás nunha solitaria e apartada aldea do Camiño de Santiago; pero o que

alí vai atopar suporalle unha condena aínda maior da que fuxiu. Sinistros anciáns,

estrañas desaparicións, espíritos, un peculiar sacerdote e ata o mismísimo

arcipreste de Santiago cruzaranse no seu camiño nunha historia de suspense,

humor e fantasía.

Page 191: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

190

Director: Fernando Cortizo

Productores: Artefacto producciones

Guionistas: Fernando Cortizo

Actores: Paul Naschy, Jorge Sanz, Carlos Blanco, Xosé Manuel Olveira 'Pico'

Duración: 80 min.

Page 192: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

191

Festival Internacional Euroárabe Amal

A Fundación Araguaney – Puente de Culturas ten como prioridade

fundamental promover o intercambio cultural entre España, América Latina e o

Mundo Árabe cunha clara vocación universal. Fomentar a comprensión do mundo

árabe a través do cine e fomentar o sétimo arte é un compromisos do Festival

Amal ao que un ano máis se quere sumar a Rede Museística ofrecendo a maiores

e pequenos un ciclo de cine que ofreza unha visión global, cosmopolita e

intercultural do mundo.

Este ano teremos a oportunidade de ver as mellores películas da última

edición de Amal. O ciclo Amal 2013

PROGRAMA 1:

LE THÉ OU L´ELECTRICITÉ

Premio Amal 2012 á mellor longametraxe documental

Dirección: Jérôme le Maire

Duración: 93 min.

País: Bélxica, Marrocos.

PROGRAMA 2:

RABAT

Premio Amal 2012 á mellor longametraxe de ficción; mellor direcció e á

mellor interpretación masculina.

Dirección: Jim Taihuttu e Victor Pontem

Duración: 65 min.

Page 193: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

192

País Holanda.

EID

Premio Amal 2012 á mellor curtametraxe documental.

Dirección: Saaheb Collective

Duración: 9 min.

País: Palestina.

PROGRAMA 3:

BROMAS APARTE

Dirección: Vanessa Rousselot.

Duración: 54 min.

País: Francia, Palestina.

ENSEMBLE

Premio Amal 2012 á mellor curtametraxe de ficción.

Dirección: Mohamed Fekrane

Duración: 17 min.

País: Francia.

5.8. Revista Oral

Revista Oral Castronela nº2

Revista oral de periodicidade anual, editada polo Museo Fortaleza San

Paio de Narla (Rede Museística da Deputación de Lugo).

Page 194: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

193

Page 195: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

194

Page 196: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

195

Page 197: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

196

Page 198: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

197

5.9. Programa de Recursos educativos

I CONGRESO DE XÉNERO, MUSEOS E ARTE

CONGRESO DE XÉNERO, MUSEOS E ARTE 11, 12 e 13 outubro 2013

Rede Museística Provincial de Lugo

A visibilización das mulleres na Historia da Humanidade é o obxectivo principal cara ao que van encamiñados os “Estudos de Xénero/Mulleres” impulsados polo movemento feminista que naceu nos anos sesenta do século XX. Abriron unha nova perspectiva, enriquecendo a Historia que se escribira ata entón, analizando as

Page 199: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

198

relacións sociais entre mulleres e homes e construíndo un discurso científico no que se reflectían ambos os sexos.

Neste seminario propoñeremos interesantes reflexións sobre: a Historia das Mulleres, o Xénero, os Museos e a Arte. Unha conxunción de catro aspectos cun denominador común, as mulleres, e na que poderemos analizar cada un deles, de maneira detallada, tanto a través de experiencias concretas e vividas como de daquelas máis xerais, na teoría e na práctica.

Unha aproximación e estado da cuestión dos estudos de xénero, así como o caso concreto dalgunhas asociacións de mulleres, que melloran a vida de moitas persoas, e intervencións sobre a Historia das Mulleres abrirán este Congreso. Asistiremos, tamén, a un repaso completo dos museos dedicados ás mulleres en España estudando, tamén, que representación teñen as mulleres nos museos e centros patrimoniais a través das imaxes, concepto e linguaxe.

Falando da muller e a Arte Contemporánea poderemos ver tanto o triunfo da independencia como a consecución dun obxectivo e a través das súas obras unha nova vía de comunicación, máis extensa, que nos relata as vidas e experiencias das mulleres e sobre as mulleres no pasado e no presente.

Coa realización deste Seminario, pretendemos fortalecer as políticas e iniciativas públicas e privadas dirixidas a promover a igualdade de oportunidades entre os sexos e a loita contra o sexismo, desde o ámbito da educación, vendo que as mulleres representaron e representan, ao igual que os varóns, o 50% da nosa sociedade.

O Congreso de Xénero, Museos e Arte celebrarase en Lugo e no marco dos Museos da Rede Museística Provincial de Lugo (Galicia, España) os días 11, 12 e 13 de outubro de 2013.

ORGANIZACIÓN E ENTIDADES COLABORADORAS

Este Congreso está organizado pola Rede Museística Provincial de Lugo e conta coa colaboración de distintas institucións museísticas de calado, entre outras, o Museo de Belas Artes de Murcia, así como o seu Centro de Estudos de Museoloxía; o Museo de Arte Contemporánea de León (MUSAC); o Museo de León; o Centro Buendía da Universidade de Valladolid; o Museo Thyssen-Bornemisza; o Museo Arqueolóxico de Cacabelos e o Festival Miradas Mulleres 2014 nas súas sedes de Madrid e Galicia.

Conta, igualmente, co patrocinio científico das Universidades de Zaragoza co Máster en Museos: Educación e Comunicación, Santiago de Compostela e Vigo.

O Museo Provincial de Lugo encargarase das inscricións e certificados de asistencia.

ESTRUTURA E TEMÁTICA

O Congreso está estruturado en tres bloques temáticos: Xénero e Historia; Xénero e Museo; Arte e Xénero. Cada un dos anteriores ocupará un día completo dos tres nos que se desenvolverá o encontro e na

orde correlativa mencionada liñas arriba.

1.º BLOQUE: XÉNERO E HISTORIA

Nesta primeira sesión titulada “Xénero e Historia” realizaremos unha aproximación e estado da cuestión dos Estudos de Xénero, así como o caso concreto dalgunhas asociacións de mulleres, que melloran a vida de moitas persoas; todo isto, xunto con varias intervencións que versarán sobre a Historia das mulleres. Os Estudos de Xénero, que se desenvolveron desde os anos sesenta do século XX, están centrados nas mulleres e a súa Historia, así como nas relacións entre mulleres e homes. Deste modo, abriron unha nova perspectiva enriquecendo a Historia que se escribira ata entón e construíndo un discurso científico no que se reflectían ambos os sexos.

2.º BLOQUE: XÉNERO E MUSEOS

Esta segunda sesión tratará sobre a Museografía e o Xénero. Así, asistiremos a un repaso completo dos museos dedicados ás mulleres en España estudando, tamén, que representación teñen as mulleres nos

Page 200: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

199

museos e centros patrimoniais a través das imaxes, concepto e linguaxe. Neste mesmo espazo presentarase un proxecto en rede do Museo Provincial de Lugo, o Museo de León e o Museo de Belas Artes de Murcia e, mediante o cal, se analizarán os roles de xénero de mulleres e homes a través das súas coleccións. Esta investigación parte do interese e da preocupación destes tres museos co obxectivo de visibilizar tanto as mulleres coma os homes, a través das representacións artísticas, analizando, tamén, neste sentido, os problemas existentes desde a visión dos museos.

3.º BLOQUE: XÉNERO E ARTE

Na terceira e última sesión do Congreso trataranse os temas das mulleres e a Arte Contemporánea, presentando tanto unha visión xeral e estado da cuestión en Galicia como de temas concretos, entre os que se encontran a xestión e o comisariado realizado por mulleres na actualidade. Con varias experiencias concretas de mulleres artistas, poderemos ver tanto o triunfo da independencia como a consecución dun obxectivo e, a través das súas obras, unha nova vía de comunicación, máis extensa, que nos relata as vidas e experiencias das mulleres e sobre as mulleres no pasado e no presente.

Cada bloque temático será articulado cun ou dous relatorios, unha mesa redonda e unha quenda para comunicacións, cuxas condicións son explicadas nesta primeira circular.

Programa

PROGRAMA:

Venres, 11 de outubro de 2013 Museo Etnográfico San Paio de Narla (Friol, Lugo) 15.00 h Traslado en autobús Lugo-San Paio de Narla (Lugo) 16.00 h Visita guiada ao Museo Etnográfico San Paio de Narla 16.30 h Presentación do I Congreso de Xénero, Museos e Arte a cargo do comité organizador xunto con D. Mario Outeiro, deputado delegado da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

16.45 h Conferencia inaugural. “Rosalía de Castro, a inauguradora da modernidade galega: nova arte, novo espírito” Pilar García Negro. Profesora da Universidade da Coruña e escritora

17. 45 h Descanso e café 1. ª SESIÓN: XÉNERO E HISTORIA 18.00 h Relatorio: “Tecendo historias de xénero: descubrir os baleiros para completar a Historia con mulleres e homes” M.ª Carmen Delia Gregorio Navarro. Universidade de Zaragoza

19.00 h Mesa redonda: “Un novo tempo, unha nova mirada: revisionando e relendo a importancia das mulleres na Historia” Amelia Aguado Álvarez. Directora Fundación Arellano Alonso e Directora do Centro Buendía da

Universidade de Valladolid Aurora Marco. Profesora na USC, especializada en Muller e Historia Modera e intervén: M.ª Carmen Delia Gregorio Navarro. Universidade de Zaragoza

20.30 h Conclusións da Xornada 21.00 h Traslado en autobús San Paio de Narla-Lugo 2. ª SESIÓN: XÉNERO E MUSEOS Sábado, 12 de outubro. Museo Provincial de Lugo 9.00 – 10.00 h 1.ª Exposición de comunicacións de Xénero e Historia Relatora: M.ª Carmen Delia Gregorio Navarro

10.00 – 11.00 h Relatorio: “Muller e museo en España: mirando cunha nova mirada” Juan García Sandoval. Director-conservador Museo de Belas Artes de Murcia e Centro de

Museoloxía da CARM 11.00 – 11.15 h Descanso e café 11.15 – 12.15 h “O Museo Thyssen e os programas didácticos para educar en igualdade” Ana Moreno. Xefa da Área de Educación. Museo Thyssen-Bornemisza

Page 201: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

200

Alberto Gamoneda. Educador. Museo Thyssen-Bornemisza

12.15 -13.00 h “Experiencia: creando redes a través de xénero en tres museos provinciais”. Presentación das guías didácticas de xénero „Volteando‟, dos museos provinciais de Lugo, León e Murcia” Encarna Lago. Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo Luis Grau. Director Museo de León Juan García Sandoval. Director-conservador Museo de Belas Artes de Murcia Aurora Lema. Antropóloga cultural e social. Medusa Mediación

13.00 – 14.15 h Mesa redonda: “A relación muller e museo-espazos patrimoniais”. Araceli Corbo. Responsable Biblioteca e Centro de Documentación Museo de Arte Contemporánea

de León (MUSAC) Silvia Blanco. Directora Museo Arqueolóxico de Cacabelos Josefina Cerviño. Catedrática de Historia del Arte. Universidade da Coruña. Modera: Encarna Lago. Rede Museística Provincial de Lugo

14.30 h Comida 3.ª SESIÓN: XÉNERO E ARTE 16.30-17.30 h 2.ª Exposición de comunicacións de Xénero e Museos. Relator: Luis Grau Lobo.

17.30 h “Marco conceptual de arte e xénero en España” Mónica Álvarez Careaga. Festival Miradas Mulleres 2014 en Madrid

18.30 h Descanso e café 18.45 h “NOMEAR para EXISTIR. Proxectos de xénero en Galicia” Paula Cabaleiro. Miradas Mulleres 2014 en Galicia

19.45 h Mesa redonda: “A relación de arte e xénero: Muller creadora e xeradora de arte” Laura Piñeiro. Artista. A Coruña Reme Remedios. Artista, galerista. Ponferrada Chus Martínez. Comisaria independente e crítica de arte Elena Gaztelumendi. Vídeo-artista. Ponferrada-Barcelona Modera: Paula Cabaleiro. Miradas Mulleres 2014 en Galicia

21.00 – 22.00 h 3.ª Exposición de comunicacións de Xénero e Arte Relatora: Gema López

22.00 Conclusións 4.ª SESIÓN: Domingo, 13 de outubro. Pazo de Tor (Monforte de Lemos, Lugo) 9.15 h Traslado en autobús Lugo-Pazo de Tor 10.15 h Visita guiada ao Pazo de Tor 11.00 h “Prácticas feministas de xestión cultural" Anxela Caramés. Comisaria independente, especializada en proxectos de xénero

12.00 h Descanso e café 12.30 h Conferencia de Clausura: “Diferentes” Marina Núñez. Artista e profesora na Facultade de Belas Artes na UVigo

13.30 h Conclusións 14.00 h Clausura do I Congreso de Xénero, Museos e Arte

14.30 h Traslado en autobús Pazo de Tor-Lugo

Organización

Comité organizador

Encarna Lago. Rede Museística Provincial de Lugo

Juan García Sandoval. Museo de Belas Artes de Murcia. Centro de Estudos de Museoloxía da

CARM

Luis Grau Lobo. Museo de León

Page 202: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

201

Araceli Corbo. Biblioteca e Centro de Documentación. Museo de Arte Contemporánea de León

(MUSAC)

Festival Miradas Mulleres 2014

Mónica Álvarez. Festival Miradas Mulleres 2014 en Madrid

Paula Cabaleiro. Festival Miradas Mulleres 2014 en Galicia

Comité científico

Almudena Domínguez. Catedrática de Arqueoloxía e Directora del Máster en Museos. Universidade

de Zaragoza

Marina Núñez. Artista e profesora da Facultade de Belas Artes de Pontevedra (UVigo)

Mar Rodríguez Caldas. Profesora da Facultade de Belas Artes de Pontevedra (UVigo)

Coordinación científica

M.ª Carmen Delia Gregorio Navarro. Investigadora de xénero. Universidade de Zaragoza

Secretaría e coordinación técnica

Gema López. Artista plástica, Lugo

Pilar Sánchez. Produción cultural

Juan Ignacio Koki. Rede Museística Provincial de Lugo

Fernando Arribas. Responsable do Departamento de Difusión da Rede Museística Provincial de Lugo

Departamento de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística Provincial de Lugo Departamentos de Educación do Museo de Lugo, León e Murcia.

Page 203: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

202

Page 204: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

203

Foro da USC Próxectate en Galego

Page 205: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

204

O patrimonio é unha mina. Viaxe para coñecer referentes patrimoniais:

Visita á fortaleza de San Paio de Narla

10:00 h.-Visita guiada ao Museo-Fortaleza San Paio de Narla, Friol

11:00 h.-Relatorio: O patrimonio é unha mina

Manuel Gago Mariño, Xornalista e profesor da USC

Modera: Marta López Alonso, CNL da Facultade de Veterinaria

12:00 h.- Táboa redonda: O patrimonio por descubrir, o caso de Friol

José María Carricoba e Blanca Castro Gerpe, autores do blogue Friol, algo máis

que pan e queixo

Modera: Marcelino Maneiro Pérez, CNL da Facultade de Ciencias.

13:30-14:00 Clausura e entrega de certificados.

Page 206: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

205

Gravación da noite da raiña Berenguela en San Paio de Narla

San Paio de Narla reviviu onte unha nota histórica lexendaria sobre

Berenguela; esposa de Alfonso VII rei de Galicia, León e Castela. Coas alumnas:

Natividad Bustelo Novo

Patricia Cobas Pérez

Leticia Carbajales García

Page 207: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

206

Paula Fernández Castro

Ofelia Cebrian Paz

Alumnas de 3º curso da Facultade de Formación do Profesorado.

Onde recrearon e escenificaron tomando como escenarios os exteriores e

as salas e coleccións do museo, representando a obra a "Noite da raiña

Berenguela", que a darán a coñecer nun traballo para a asignatura Literatura e

dramatización.

Page 208: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

207

Charla divulgativa: Que celebramos no Entroido? Algúns Entroidos

singulares da provincia de Lugo

Por Carme Pernas Bermúdez, bolseira de patrimonio inmaterial da área de

Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.

Page 209: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

208

5.10. Programa discapacidade

Visita grupo con discapacidade de Pontevedra

Page 210: Memoria 2013 san paio

Museo Fortaleza San Paio de Narla

209

Visita grupo con discapacidade de Apnais

6. PROGRAMA DE COLECCIÓNS

Traballo de catalogación para a redacción do Catálogo de San Paio de Narla por

parte do Departamento de Etnografía

7. PROGRAMA DE PERSOAL

Xerencia: Encarna Lago González

Departamento de didáctica e guías: Francisca Abuín Villar

Vixiancia: Ana Ferro Fernández e Jesús González López

Servizo de Limpeza: Mª del Carmen Prado

8. PROGRAMA ECONÓMICO