19 xullo 2012 - bd60

24
Número: 60- Ano: IV - 20 de xullo de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BA- RRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 23 de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. III TROFEO BARRIOS DEPORTIVO DE FÚTBOL SALA Páx. 2-4 Futuro incerto de CD Ourense En Xogo, campión de campións CD OURENSE Páx. 5 Entrevista a Jorge Paz, un ourensán que presenciou a final da Eurocopa 2012 [páx. 20]

Upload: barrios-deportivo

Post on 24-Mar-2016

253 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

El verano, a falta de competición, los clubes se mueven por otros derroteros, que en esta ocasión no son nada halagüeños. El Carmelitas anunció que su equipo sénior de LF2 no saldrá a competir. Por su parte el CD Ourense está en causa de disolución a la espera de que alguien se haga cargo del club.

TRANSCRIPT

Page 1: 19 Xullo 2012 - BD60

Número: 60- Ano: IV - 20 de xullo de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BA-RRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 23 de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

III TROFEO BARRIOS DEPORTIVO DE FÚTBOL SALA Páx. 2-4

Futuro incerto de CD Ourense

En Xogo, campión de campións

CD OURENSE Páx. 5

Entrevista a Jorge Paz, un ourensán que presenciou a final

da Eurocopa 2012 [páx. 20]

Page 2: 19 Xullo 2012 - BD60

� BARRIOS DEPORTIVO18 de xullo de �01�

III TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

O porteiro do Mc Donald´s inicia a xogada do seu equipo. /RAMSÉS

P. Lodeiro

O En Xogo alzouse por segundo ano consecutivo co torneo dos campións. O En Xogo/ Karlaska enfron-tábase este sábado 30 de xuño ao Mc Donald’s no III Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala. A igualdade foi a nota dominante duran-te o encontro, que foi segui-do nas bancadas por preto dun centenar de persoas.

IgualdadeComezou marcando o Mc

Donald’s, aínda que ao des-canso era o En Xogo quen gañara a dianteira (1-�). Mc Donald’s volveu empatar a metade da segunda parte. Un gol do En Xogo a pouco

4 Venceu ao Mc Donald’s por 4 a 2 na gran final disputada na central dos Remedios.

En Xogo, campión de campións, por segundo ano consecutivo

máis de dous minutos para o final volveu aumentar a tensión do partido. O Mc Donald’s tivo oportunidade de empatar e propiciar os penaltis a apenas 40 segun-dos do final, pero un con-trataque do En Xogo que se transformou no gol que deixou o marcador no �-4 definitivo. Os catro goles do gañador foron obra de Tizón, quen se converteu unha vez máis nun dos me-llores xogadores do torneo.

Para o En Xogo era a súa segunda participación no torneo e o seu segundo tí-tulo. Pola súa banda, o Mc Donald´s era a súa terceira participación e despois de dous terceiros postos, por fin chegaba este ano á final

na que tivo as súas opcións de alzarse co título de cam-pión de campións, pero que ao final sucumbíu ante o En Xogo.

Esta igualdade na final foi a continuidade da Liga Provincial. O En Xogo foi terceiro e o Mc Donald´s cuarto.

Revalida o títuloCon este título, o En

Xogo / Karlaska revali-da o título de campión de campións acadado o ano pasado, cando ademais de levarse o Barrios Deportivo foron os campións de Pro-vincial e da Copa Deputa-ción, logrando un triplete que ninguén antes lograra. Este ano as cousas non lle estaban a ir mellor; tercei-ros en liga e apeados da final da Copa Deputación, os xogadores do En Xogo agarráronse a este título para poder conquistar algún

torneo nesta tempada. Ao final un gran broche nesta �011-�01� coa consecución do terceiro Barrios Deporti-vo, o segundo da dúa conta

particular.

ClasificaciónSe o primeiro posto foi

para o En Xogo e o segun-

do para Mc Donald´s, no terceiro posto do torneo dos campións quedou o Conce-llo de Taboadela, logo de haber sido campión de Pro-

Xogadores do En Xogo / Karlaska celebran a consecución do Terceiro Trofeo Barrios Deportivo, o segundo para o conxunto ourensán. /RAMSÉS

Page 3: 19 Xullo 2012 - BD60

BARRIOS DEPORTIVO18 de xullo de �01�

3III TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

Partido entre o Concello de Taboadela e o Dacón FS. /RAMSÉS.

vincial e da Copa Deputa-ción, cuarto foi o Arranxar, quinto o Ambulancias Ri-badavia e sexto o Dacón.

Amigable e trofeosPreviamente, disputouse

un encontro amigable en-tre unha selección de xo-gadores de Liga Provincial e outra de Liga Localde Ourense, que se saldou con vitoria para os provinciais por 4 a 3 goles.

Á entrega de trofeos asis-tiron, ademais de represen-tantes dos medios de comu-

Tizón, cos catro goles do seu equipo na final do torneo, foi o que guiou á vitoria ao En Xogo

Das tres edicións do Torneo Barrios Deportivo en dúas foi campión o En Xogo

nicación organizadores do torneo (Barrios Deportivo e mundourense.com), o concelleiro de Deportes de Ourense, Fernando Varela, e Sonia Pacios, como re-presentante da Delegación Provincial de fútbol sala.

Ao mesmo tempo entre-gáronse os trofeos aos equi-pos gañadores esta tempa-da das ligas de Carballiño (Dacón), Celanova (Café Espolón), Primeira Local de Ourense (Arranxar), e Liga Provincial (Concello de Taboadela).

Clasificación III Torneo Barrios Deportivo

Tempada 2011-2012

1º En Xogo / Karlaska2º Mc Donald´s3º Concello de Taboadela4º Arranxar / Cafetería Galipán5º Ambulancias Ribadavia6º Dacón FS

ResultadosGrupo AArranxar / C. Galipán 5-4 Ambulancias RibadaviaAmbulancias Ribadavia �-� En Xogo / KarlaskaEn Xogo / Karlaska 3-0 Arranxar / Cafetería Galipán

Grupo BConcello de Taboadela 7-1 Dacón FSDacón FS 10-0 Mc Donald´sMc Donald´s 6-4 Concello de Taboadela

FinalMc Donald´s �-4 En Xogo / Karlaska

PALMARÉS TORNEO BARRIOS DEPORTIVOSobrado FS - Campión �009 - �010En Xogo / Karlaska - Campión �010 - �011En Xogo / Karlaska - Campión �011 - �01�

P. Lodeiro /R.T.

A gran rivalidade e a igualdade foron o común denominador da maioría dos encontros desta fase de grupos que se dividiu en tres xornadas.

Primeira xornadaO Arranxar/Cafetaría

Galipán campión da Pri-meira de Ourense, en-frontábase ao Ambulan-cias Ribadavia, segundo na liga de Celanova. As Ambulancias Ribadavia comezou marcando, e ao descanso ía 3 a 0 no mar-cador. Con todo, os de Arranxar non se amedren-taron e déronlle a volta ao marcador, que quedou finalmente 5-4. Os tres primeiro puntos do grupo foron para o campión da Primeira Ourense.

No segundo encontro da xornada, medían as súas forzas o Dacón (campión da liga de Carballiño) e o Concello de Taboadela (campión de Liga Provin-cial e Copa Deputación). Os segundos conseguiron unha vitoria folgada, gra-zas a un banco máis am-plo de que dispuñan, fron-te ao único cambio que puideron facer en todo o partido os do Dacón Fs. Ao final, 7-1 no marcador, co gol de consolación do Dacón conseguido no últi-mo segundo. O Taboadela postulábase como firme candidato para disputar a final.

Segunda xornadaVitoria do Mc Donald’s

e empate entre o En Xogo e as Ambulancias Ribada-via na segunda xornada do

Gran rivalidade durante a fase de grupos4 En Xogo e Mc Donald´s lograron o primeiro posto de cadan-seu grupo.

III Trofeo Barrios Deporti-vo de fútbol sala - o torneo dos campións-, disputada na cancha central do pavi-llón dos Remedios.

Un partido sen historia foi o que enfrontou ao Mc Donald’s (subcampión de Copa Deputación) e o Da-cón (gañador da liga de Carballiño), cun 10 a 0 final no marcador que reflectiu a superioridade durante todo o encontro do equipo da ca-pital ourensá. Os carballi-neses quedaban eliminados da competición con grandes goleadas en contra, pero de-mostrando en cada partido, que a falta de efectivos e a sorte lle foron esquivas nes-ta, a súa primeira participa-ción; un cambio en cada encontro é un lastre moi di-fícil de superar nunha com-petición na que están os mellores equipos ourensán, e significa darlle demasiada vantaxe ao adversario.

No segundo partido da xornada, o En Xogo/Kar-laska (vencedor do torneo o ano pasado) estreábase na competición fronte ás Ambulancias Ribadavia (segundo na liga de Cela-nova). O resultado final foi de empate a �, e un punto para cada equipo, tras sus-penderse o partido a catro minutos do final debido a un enfrontamento entre xo-gadores de ambos equipos.

Terceira xornadaA terceira xornada do

torneo dos campións foi un paseo para o En Xogo, que non houbo de disputar o seu partido ao non presentarse o Arranxar. 3-0, por tanto, no marcador e tres puntos máis para a súa conta que, sumando ao punto que sa-cara do empate da véspera contra Ambulancias Riba-davia, déronlle o liderato do grupo A e o pase á final. O

Arranxar quedaría con dous (pola retirada dun punto ao non presentarse ao encon-tro contra o En Xogo), e o Ambulancias Ribadavia era terceiro cun punto.

No segundo partido da terceira xornada do torneo, correspondente ao grupo B, medían as súas forzas o Mc Donald’s e o Concello de Taboadela, cada un con tres puntos no seu haber. Des-pois de 50 emocionantes minutos, o partido decan-touse para o Mc Donald’s, cun marcador (6-4) que reflectiu a igualdade entre ambos os equipos. O Ta-boadela asediaba co xogo de cinco a un Mc Donald´s ben asentado en defensa que era letal no roubo de balón e, a porta baleira, poñía terra de por medio no marcador. 6-4. O Mc Donald´s chegaba merecidamente por primei-ra vez á final do Torneo Ba-rrios Deportivo.

Page 4: 19 Xullo 2012 - BD60

4 BARRIOS DEPORTIVO18 de xullo de �01� III TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

As imaxes do III Torneo Barrios Deportivo

Os capitáns dos equipos campión e subcampión recibindo o trofeo de mans do director de Barrios Deportivo, Ramsés Torres, e do concelleiro de Deportes, Fernando Varela.

Un xogador do Dacón FS tenta zafarse de dous xogadores do de Taboadela. /RAMSÉS

Gol do Arranxar / Cafetería Galipán ante o Ambulancias Ribadavia. /RAMSÉS

O porteiro do En Xogo - Karlaska non pode evitar o gol do Mc Donald´s na final. /R.T.

Un xogador do En Xogo / Karlaska diante dun defensa do Ambulancias Ribadavia no partido máis polémico da terceiro edición do Torneo BD. /RAMSÉS

O Mc Donald´s - Dacón tivo un claro dominador no equipo capitalino. /RAMSÉS

Page 5: 19 Xullo 2012 - BD60

BARRIOS DEPORTIVO18 de xullo de �01�

5CD OURENSE

R. Torres

O 19 de xullo era o día sinalado para que a ante-rior xunta directiva de CD Ourense deixara o mando.

A asamblea comezou con 15 minutos de retraso e moito menos foi o que durou ao non haber rogos e preguntas, e con tan só dous puntos a tratar. A Cáma-ra de Comercio era a sede desta asamblea extraordi-naria na que se ían tratar os dous puntos da orde do día. O primeiro deles era a aprobación da renuncia dos conselleiros de admi-nistración, e o segundo o nomeamento dun novo consello. No primeiro non houbo tempo case que nin a facer reconto; mentras que o segundo soamente uns

O CD Ourense agoniza4 Á espera de que nas próximas horas apare-za un novo Consello de Administración, o club ourensán entra en causa de disolución.

segundos bastaron para sa-ber que ninguén ía a dar un paso adiante para coller as rendas do Ourense. Algúns accionistas quixeron facer uso da palabra, pero ao non existir rogos e pregun-tas non lle foi contestada ninguna das preguntas nin replicado ningún das súas exposicións de como tratar o tema de que alguén se fixese cargo do club. Deuse a explicación de que a partir de agora a sociedade entra en causa de disolución.

Deste xeito, o ata agora presidente de CD Ourense, Manuel Seoane, daba por concluída esta asamblea cunha emotividade que en-trecortaba cada unha das frases que pronunciaba. Os asistentes brindáronlle dúas sonoras ovacións.

Causa de disoluciónAo non ter órgano de

dirección, o club entra en causa de disolución ata que, ou ben se disolva a socieda-de definitivamente, ou ben veña alguén e forme un novo consello de administración (como mínimo terían que entrar tres persoas).

Para facer efectiva a di-solución só caben dúas for-mas; ou a legal ou a xudi-cial. A legal pode adoptala a xunta xeral, e a xudicial adóptaa o xulgado ao que pode acudir calquer accio-nista. En vista de que non se faga cargo do club un novo consello estase bara-llando a posibilidade de que se convoque unha asamblea ordinaria na que na orde do día sexa o acordo de disolu-

ción. Despois da disolución nomease a liquidación da sociedade que podería pro-longarse moito no tempo. Con este panorama non se poden realizar operacións de ningún tipo (fichaxes, contratos, etc.); con esta coxuntura, agora non hai a quen dirixirse do club.

A esperanza de SeoaneA pesar da mala nova da

causa de disolución, o an-terior presidente afirmou: “aínda teño a esperanza de que alguén colla o club”. E na súa última compare-cencia como presidente do Ourense (aínda non se fir-mara a acta da asamblea) deixou dous recados tanto aos socios, “teñen que fa-cer unha xuntanza, nomear a dous ou tres representan-tes e ir falar coas adminis-tracións públicas”, como ás institucións, ao asegurar que “se fora o equipo do meu concello non desapare-

cería”. En canto á plantilla, Seoane ten claro que con catro fichaxes máis “este equipo estará de metade da táboa cara a arriba”.

PlantillaOs xogadores comezaron

a adestrar fai uns días sen saber quen sería o seu presi-dente, e uns días máis tarde e unha asamblea extraordi-naria de por medio seguen sen coñecer quen será o seu novo rexedor. Luisito segue a traballar coa (cur-ta) plantilla que ten ao seu mando, pero consciente de que este non é o mellor dos escaparates que pode ter un equipo que vén de cuaxar unha das mellores tempa-das da súa historia. Logo de proclamarse campión do grupo galego da Terceira División e ascender na pri-meira ronda despois de go-lear ao campión vasco, CD Laudio, o Ourense atópase nunha encrucillada de difí-

cil solución. Coa esperanza por parte dos afeccionados de que alguén dea o paso de levar a manixa do club da vella auria, cruzan os dedos para que sexa neste días e póidase comezar a planifi-car unha plantilla curta de efectivos; prolongalo máis da vindeira semana sería darlle a puntilla a un equipo que vén de vivir un ascenso como facía máis de 10 anos que non se producía, e máis de 30 que non se proclama-ba campión dunha competi-ción.

De non facerse efectivo o relevo do consello come-zaría unha lenta agonía cara á disolución do equipo de fútbol máis representativo da nosa provincia.

A plantilla do CD Ourense entrena á espera de que se despexe o seu futuro./RAMSÉS

Seoane pediu ás institucións que non deixen desaparecer o club

O presidente do club, Manuel Seoane, anunciaba a causa de disolución do club ./R.T.

Page 6: 19 Xullo 2012 - BD60

6 BARRIOS DEPORTIVO18 de xullo de �01� FÚTBOL

Na edición 2012, do 1 ao 13 de xullo, participaron 100 nenos

Redacción

O campus de porteiros “Una semana de locos” pe-cha a súa segunda edición con grandes resultados.

O 30 de xuño o campus de porteiros da Asociación Cultural e Deportiva Ge-niops botaba o peche á súa segunda edición cunha gran festa de despedida para os

R.T.

O Campus Sporty, ba-seado no deporte e os va-lores sociais, conta xa con sete anos de historia.

Na edición �01� un total de 100 nenos participa-ron neste evento que tivo lugar do 1 ao 13 de xullo na instalación de turismo rural “Os Invernadeiros” de Allariz. Do centenar de nenos 35 eran de Madrid, o resto de Ourense, Vigo e Santiago; tamén participa-

Exitosa “semana de locos”4 O campus de porteiros pecha a súa segun-da edición.

seus 45 participantes. Des-de o domingo �4 de xuño e até o sábado 30, novos gardametas de 6 a 17 anos estiveron desenvolvendo adestramentos específicos e gozando de actividades complementarias pensadas por e para eles.

VisitasDa man dunha decena

de monitores e na inmello-rable contorna que ofrece Allariz, os rapaces gozaron dunha semana de apren-dizaxe intensa logrado en gran parte grazas ás visi-tas de profesionais que se sucederon durante os sete días de actividades.

Abriu este ciclo o fut-bolista Diego Seoane, ac-tualmente xogador do Real

4 O Campus Sporty cumple 7 anos fomen-tando a mellor estilo de vida entre os cativos.

Deporte e valores a partes iguais

ron dúas nenas, das Escolas do Pavillón e do Barbadás, respectivamente.

Ao campus acudiron visi-tantes da talla de Manu Ro-dríguez do CD Lugo, Diego Seoane do RC Deportivo e Pato e Sanginés do CD Ourense, ademais de varios xogadores do Barbadás. Futbolistas todos eles, que conseguiron ascender de ca-tegoría cos seus respectivos clubs esta tempada.

Os participantes visitaron o estadio do Couto, onde os

esperaba Fernando Currás, ex do Ourense e actualmen-te segundo adestrador do Melilla, equipo de Grupo IV da �ªB quen lles deu unha charla sobre o fútbol profe-sional e a súa experiencia como adestrador.

Os rapaces recibiron a visita de diversos profesionais vencellados ao mundo do fútbol

Redacción

A Sociedade Deportiva e Cultural Arrabaldo, esta or-ganizando un campamento de Fútbol e Tempo libre en Santa Cruz de Arrabal-do durante o mes de xullo. Tres quendas (unha por semana) son os que habe-rá neste campamento que conxuga fútbol e tempo libre.

Fútbol e tempo libre en Santa Cruz de Arrabaldo4 A localidade acolle un campamento no mes de xullo, dividido nunha quenda por semana.

O tempo dividiuse en fútbol polas mañás, de 10 a 14 horas, e pola tarde actividades de tempo libre (xogos, termas, piscinas, sendeirismo). Estas acti-vidades desenvólvense no campo Municipal do Seixo de Sta. Cruz de Arrabaldo, piscinas de Monterrei e o cámping de Untes.

Os actos de clausura -un por cada quenda- celebra-

O campamento conta con 182 rapaces participantes, de entre 6 e 16 anos

Os rapaces que participan no campamento de Santa Cruz teñen pola mañá clases de fútbol e pola tarde realizan ac-tividades de tempo libre, como ir á piscina.

ranse os sábados e conta-rán con xogos para nenos e familiares e entrega de diplomas.

Éxito de participaciónA este campamento

achegáronse nada me-nos que 170 rapaces e 1� rapazas de entre 6 e 16 anos, provenintes de lu-gares tan dispares como Ourense (destacando os da capital), Carballiño e Celanova, Vila de Cruces, Lalín, Santiago, Vigo, Burgos, Valladolid, Ma-drid e incluso de outros-países, como Venezuela, México e Canadá.

Club Deportivo. Á súa visita seguiulle a doutros dous ourensáns: a de Die-go Vieites, actual capitán do Fabril (Deportivo B) e a do xogador do Rácing de Ferrol, Fernando Pumar.

O mércores �7, os par-ticipantes recibiron ao porteiro do C.D. Barco, Manu Taranilla, quen con-ta cunha ampla traxecto-ria marcada polo seu paso por equipos como o Club Deportivo Ourense ou o Montañeiros Club de Fút-bol, entre outros. O venres �9 foi a quenda para a vi-sita de Manuel Mosquera,

especialista en podoloxía biomecánica e reeducación funcional. A través des-ta colaboración, Geniops ofreceu aos participantes no campus a oportunidade de descubrir a importancia da pisada e de coñecer as espinilleras que o propio especialista coruñés fabri-ca. Pechou o ciclo de vi-sitas o ex árbitro de 1ª Di-visión e FIFA, Bernardino González Vázquez.

Ata o vindeiro anoTras a intensa semana de

diversión e aprendizaxe, púñase fin a esta aventu-

ra cunha gran festa para os participantes, os cales aseguraron habelo pasado en grande e manifestaron o desexo de repetir a expe-riencia nunha próxima edi-ción, que de ter continui-dade no tempo sería o ano que vén a terceira edición dunha semana de tolos.

Page 7: 19 Xullo 2012 - BD60

BARRIOS DEPORTIVO18 de xullo de �01�

7PUBLICIDADE

Page 8: 19 Xullo 2012 - BD60

8 BARRIOS DEPORTIVO18 de xullo de �01�

FÚTBOL SALA

O equipo durante un tempo morto do partido contra o At-lético de Madrid. /RAMSÉS

R. Torres

Despois dunha segunda tempada na elite do fútbol sala feminino repleta de emoción, o Cidade As Bur-gas goza dun merecido des-canso ata o 13 de agosto, día no que Manolo Codedo citou as súas pupilas para comezar a pretempada.

Para Codeso, esta xa ex-tinta segunda de tempada do equipo na Primeira Di-visión foi un tanto estrana. “Foi unha liga estrana, pero unha vez rematada foi moi emocionante cun final fe-liz”, apuntou o adestrador ourensán. Codeso salientou que nesta segunda partici-pación na Primeira División as súas xogadoras “crece-ron moito sobre todo defen-sivamente”, e recordou que “quitando un partido contra o Ponte, no resto fomos moi competitivas. Certo é que tivemos momentos moi malos nos que os resultados non acompañaban, pero se

Con ansias de mellorar4 O Cidade As Burgas busca a próxima tem-pada medrar como equipo.

contrarrestaron con outros de gran nivel”.

Para o adestrador franxi-verde, varios son os moti-vos do crecemento do equi-po. “Por unha banda, Peke, Iria e Sonia non tiveron lesións de importancia o que foi unha boa cousa para nós. Tamén creceu Ana na portaría con grandes actua-cións, sendo a mellor xoga-dora en varios dos encon-tros. E outro dos motivos do crecemento do equipo foi a incursión en momen-tos puntuais de xogadoras moi xóvenes, que foron un refresco para as xogadoras que contan con máis minu-tos; ando a falar de xogado-ras como María, Figo, Ra-quel ou mesmo Alicia ata que sufríu a lesión contra Córdoba”.

ProblemasOs maiores problemas

cos que contou Manolo nesta tempada foron esen-cialmente dous. “Afec-

toulles moito ás xogadoras o problema que tivo Sonia e houbo momentos que estábamos moi desconcen-trados”. Outro dos proble-mas foi o baixón de Laura. “Laura está sacando unha carreira e, como é lóxico, algunha vez tiña a cabeza noutro lado e non podía vir a Ourense a adestrar porque tiña que estudiar, e iso o notamos moito; pero o final de tempada dela foi moi bo e axudounos a salvala cate-goría”.

Momento culminanteUn dos mellores momen-

tos do Cidade foi cando se xogaban a permanencia en casa contra o Atlético de Madrid. As madrileñas de vencer ao Cidade procla-maríanse campioas de liga e case que condearían ás ourensás ao descenso. Un grandísimo partido de Ana baixo os paos fixo que o Navalcarnero non puidera facerse co triunfo e queda-ran os tres puntos en territo-rio ourensá. Éste, sen dúbi-da, foi o momento máxico da tempada xa que, por un lado o equipo salvaba a ca-tegoría, e por outra banda, vencía a un dos mellores equipos do campionato.

Nova tempadaDe cara a nova tempada,

Codeso confía na explosión de Iria como unha das me-llores xogadoras do torneo. En canto ás baixas, Carmen non seguirá no equipo, e Manolo Codeso non poderá contar con Laura ata o mes

de xaneiro por motivos de estudos.

No que a altas se refire, subirán do filial tres xo-gadoras: a porteira Antía, que competirá con Ana; María Romero, unha xo-gadora cunha gran zurda; e Zaida, unha rapaza moi pequena pero cunha gran calidade técnica.

Para o técnico, “Ali-cante, Orvina e Burela serán os mellores equipos da liga”, sen olvidarse de Ponte Ourense, Futsi e Móstoles que comparti-rán postos de honra”. En canto ao seu equipo, Co-deso está ilusionado con esta nova tempada e cre que o equipo pode facer unha boa campaña. “Está claro que o obxectivo é a permanencia, pero se fa-cemos unha boa primeira volta, miraremos de bus-car outros obxectivos na segunda. Me apetece moi-to xogar a Copa de Espa-ña”.

O Cidade é un equipo que non paga a ningunha xogadora polo que é un diñeiro que se aforra con respecto a outros equipos. Aínda así a crise aféctalle de igual maneira e teñen claro desde o club que te-ñen que traballar “na pro-cura de máis patrocinado-res”, admitía Codeso.

Fermesala ElcheAnte a baixa da compe-

tición do equipo máis lau-reado de España, o Elche, Codeso mostrábase triste por esta nova, e considera que é unha decisión valen-te porque así “non engana a ningunha xogadora”.

O Cidade As Burgas comeza a pretempada o luns, 13 de agosto

O Ponte Ourense non move ficha4 O cadro pontino non se move no mercado de verán, polo momento.R. Torres

O ano pasado por estas datas, o Ponte Ourense xa tiña anunciado algunha renovación, pero este ano a cousa é ben distinta.

Coa continuidade de Óscar Vivián no aire (o adestrador pedíu un axu-dante), o cadro ourensán leva un verán parado en canto a novas se refire. Se-guro que están oteando o mercado pero de momen-to non hai nova salientable que reseñar.

Ampi, Sara, Souza, Drica e compañía rema-tan contrato e aínda non se sabe se continuarán un ano máis defendendo a elástica albinegra.

A porteira, Eva Tamayo, é case que con toda proba-bilidade a primeira baixa dun plantel que a día de hoxe non se sabe con que efectivos da pasada tem-pada vai a contar.

Desde a directiva que-ren reter a maioría das

xogadoras, pero a realidade económica en todos os es-tamentos fai que ese desexo sexa un tanto complicado.

Durante a tempada xa se especulaba con que algun-ha xogadora recalaría nos Remedios para a tempada �01�-�013, pero a realida-de é que, nada de nada polo momento.

Esta tesitura é a que están a vivir a maioría dos equi-pos, salvo Orvina e Burela que xa moveron o mercado, o resto está moi parado. No caso do equipo lucense xa teñen renovado a xogadoras como Peque, Lidia, Lucía ou Dolo, polo que manterán un bloque moi competitivo á esperar de dar o salto defini-tivo e competir pola liga ata o final.

Óscar Vivián está pendente de que lle contraten a un axudante para continuar

Ampi é unha das xogadoras que non teñen asegurada a súa presenza no Ponte Ourense 2012-2013. /RAMSÉS

Page 9: 19 Xullo 2012 - BD60

BARRIOS DEPORTIVO18 de xullo de �01�

9PUBLICIDADE

Page 10: 19 Xullo 2012 - BD60

10 BARRIOS DEPORTIVO18 de xullo de �01� MOTOR / BTT

O recente asfaltado da estrada foi a principal protagonista desta edición

A barqueta Osella PA20 de Varela e o Fórmula Outeda de “Nonito” eran os dous co-ches máis agardados polo numeroso público que acudiu á cita.

R.T.

A pasada fin de sema-na celebrábase unha nova proba do Campionato de Galicia de Montaña, a VII Subida A Bola-Furriolo.

A cita presumíase como unha loita entre o piloto ourensán José Antonio Gómez “Nonito” co seu Fórmula Outeda e o pon-tevedrés Toño Varela co seu barqueta Osella PA�0, xogándose ambos ademais o liderado do certame, nesta subida que contaba con dúas xornadas e catro mangas oficiais.

O que ía ser un gran due-lo converteuse en decep-ción (sobre todo para os afeccionados locais), can-do na segunda das mangas “Nonito” ao volante do seu monopraza sufría unha aparatosa saída de estrada, sendo evacuado ao hospi-

Toño Varela, o máis rápido na VII subida Bola-Furriolo4 O seu máis inmediato rival, “Nonito” Gó-mez, tivo que abandonar.

tal. O ourensán tivo que ser operado por mor dunha fractura lumbar.

Co seu máximo rival en xaque, o pontevedrés tiña vía libre para alzarse co triunfo final. Polo que a emoción desprazábase ata a loita pola segunda e terceira posición entre “Cheko” Varela e César Rodríguez, sendo o de Cortegada (Rodríguez) o segundo clasificado final por diante do irmán do ga-ñador.

Outras clasificaciónsEn turismos Santi Abad

impuña o seu Audi A4 ST sobre o Porsche GT3 Cup de Carlos Couto, sendo terceiro un Manuel Senra que co seu veterano Peu-geot 306 Maxi segue sen-do o centro de atención dos afeccionados.

En históricos vitoria

para Celso Freire cun BMW 3�3i, por diante de Rubén Branco con outro vehículo da marca báva-ra, e terceiro Juan Gómez Alén a pesar de romper o motor do seu Ford Escort na última das mangas que compuña a proba.

A Subida A Bola-Fu-rriolo �01� é xa historia, nunha edición na que foi principal protagonista o recente asfaltado do trazado, que conseguiu deixar a pista nun perco-rrido ideal para a prácti-ca do automobilismo de montaña.

Redacción

Celebráronse en Maceda os Campionatos de Galicia XCO �01�, organizados polo club ciclista Acade-mia Postal Actyon. A cita máis importante deste ano para o club macedán, máis cando se chega ao �5 ani-versario de existencia.

Un gran número de par-ticipantes fixeron as deli-cias dun, todavía maior, número de afeccionados que non se quixeron perder esta cita.

O Academia Postal Act-yon Merida corría en casa e non defraudou aos pre-sentes; cinco medallas das cales dous viñeron acom-pañadas do título rexio-nal. En féminas xadetes, Xiana Conde era segun-da, loitando pola victoria ata os ultimos metros con Desiree Duarte, que ao fi-nal proclamábase campioa galega. En Máster 40, Xu-lio Conde, vencía e daba o primer título ao clube ma-cedán. En cadetes, chegaba

BTT

Dous títulos e tres medallas para o Actyon Merida4 Nos Campionatos de Galicia XCO 2012 ce-lebrados en Maceda.

o segundo título, coa vitoria incontestable de Iván Con-de, que tan boa temporada está a facer, diante do seu compañeiro de equipo, Raúl González, que entraba en meta segundo, completando o doblete do clube macedán na categoría.

Na carreira máis impor-tante, a de Elite-Sub �3, Saúl López era segundo, de-trás do excorredor do noso clube, Pablo Rodríguez, un dos mellores bikers a nivel estatal, e que se proclamaba campión de Galicia Sub�3 na súa “casa”.

Saúl López, tamén rea-lizaba unha gran carreira, e entraba en meta como subcampión galego Sub�3, dando unha medalla máis ao equipo macedán.

Open Galego de BTTPor unha parte, celebra-

base en Castro Barbudo, Rianxo, unha proba máis do Open Galego de XCO, a que tanto Saúl López como Iván Conde chegaban como líderes das categorías de eli-

te e cadetes, respectivamen-te. Na carreira de cadetes, vencía con autoridade, unha vez máis, Ivan Conde. Se-gundo era o séu compañerio de equipo, Raúl González. Sergio Movilla, era quinto. Esta vitoria valialle a Iván para afianzarse no liderato do Open.

Na categoria raíña, a de Elite, Saúl López, sufría un pinchazo mediada a primeira volta, o que lle supuña unha importante perda de tempo. Ao final, reparaba e remon-taba posicións, ata finalizar quinto, o que lle valía para seguir líder do Open .

A mesma fin de semana había unha proba de Mini BTT na localidade de Arbo, a que acudían un total de 15 corredores e corredoras da Escola JA Hermida, acadan-do a vitoria na categoría de infantis, Iván Feijoo. Aida González era segunda en fe-minas principinates.

Repetiron éxito no Galego de BTT

Os integrantes do Actyon Merida que participaron no Open de Galicia de BTT.

Page 11: 19 Xullo 2012 - BD60

BARRIOS DEPORTIVO18 de xullo de �01�

11CICLISMO / TIRO

Ramsés Torres

O �1 e �� deste mes de xullo celebrarase o Campio-nato de España de Ciclismo, organizado pola Asociación Actividades Deportivas de Ourense C. Moure.

O municipio de Taboade-la será o escenario elixido para que se disputen estas probas, dentro deste tradi-cional circuíto que cumpre con todas premisas técnicas e de seguridade, e que ao mesmo tempo ten a dureza o suficientemente esixen-te (concretamente no seu quilómetro 14) para poder gozar dun bo espectáculo do ciclismo. Ademais, este circuíto é dabondo coñe-cido, xa que en anos ante-riores xa foi o escenario de varias probas ciclistas para as categorías Máster.

Darán comezo as disputas das camisolas distintivas, coa proba reservada para a categoría dos Máster 40 o sábado �1 ás 17 horas. Os participantes terán que dar seis voltas ao circuíto para totalizar un total de 86 qui-lómetros.

Ourense acolle o Campionato de España de Ciclismo4 Será o 21 e 22 de xullo.

Os seguintes en tomar a saída serán os Máster -50 e 60 que terán que dar ca-tro voltas, totalizando 56 quilómetros.

E na mañá do domingo �� de xullo, a partir das 10.30 horas, terá lugar a saída da categoría de sé-nior e Máster -30, tendo que dar sete voltas, cunha variante do percorrido na última volta, xa que se in-cluíu unha pequena subida de � quilómetros para que esta proba sexa un pouco máis esixente, acorde coa idade destes participan-tes, co que completarán os 10� quilómetros de perco-rrido.

Para todo o mundoEstas probas están aber-

tas a todo aquel que sinta gañas de saír a disputalas, xa que non fai falla estar federado, o requisito in-dispensable é o de dispor dun documento oficial, DNI ou similar, para poder ser rexistrado nos seguros de responsabilidade civil e de accidentes suscriptos pola organización para o

Maillot que vestirá o gañador da categoría Máster 40.

TIRO

Xullo, mes de campionatos autonómicos no Club de Eiroás4 As instalacións permanecerán pechadas durante agosto.P.L.

É verán, pero no Club de Tiro Eiroás non des-cansan. Antes do parón de agosto, cando as súas instalacións permanecen pechadas, houbo com-peticións todas as fins de semana de xullo, incluso algunha por partida do-bre. A Copa Deputación de aire comprimido e os campionatos autonómi-cos de varias disciplinas de tiro encheron o club de actividade.

ResultadosNa tirada da Copa Depu-

tación de aire comprimido do mes de xullo, valedeira como Campionato auto-nómico clasificatorio, par-ticiparon 14 tiradores. Os mellores resultados con-seguíronos Gines Trenza en pistola sénior (551), Nuria Mera en pistola da-mas (37�), e José Prada en pistola veteráns (549). En promesas, participaron os alevíns Martín Fernández e os cadetes Martín Dacal e Paula Fernández.

Pola súa banda, no Campionato autonómico de fogo central e pistola damas, que tivo lugar o 8 de xullo, Juan José Conde Manso, Arturo Rodríguez, Manuel Somoza e Nuria Mera obtiveron as mello-res puntuacións, en sénior, veteráns A e B e damas, respectivamente (549, 543, 4�1 e 539 puntos).

En canto á tirada do Campionato autonómico oficial celebrado o domin-

go 15, gañaron Luis Igle-sias en carabina match (590 puntos), Enrique Castro en pistola libre sénior (45� puntos) e Miguel Jácome en carabina lixeira (587 pun-tos). Entre os veteráns, as mellores puntuacións con-seguíronas Francisco Freire (575 en carabina lixeira) e Arturo Rodríguez (458 en pistola libre).

Alta participación en tiro práctico

No que respecta ao Cam-pionato galego de IPSC; congregou a máis de 90 ti-radores na os días 13 e 14 de xullo. Esta tirada é de ámbito nacional e consi-dérase fase preliminar do

Campionato de España, polo que acudiron deportis-tas de todos os rincóns do noso país e incluso do veci-ño Portugal.

A competición constou de 1� exercicios, con aproxi-madamente �30 disparos mínimos para completala.

Segundo os resultados obtidos, escóllense os inte-grantes da selección galega que acudirán representan-do á nosa comunidade ao Campionato de España, que se disputa en setembro. Entre eles estará o ourensán David Davite, do club de Eiroás, que quedou segun-do na categoría standard sé-nior, tanto no que respecta á clasificación do Campiona-

to Galego como nos resul-tados da fase preliminar do Campionato estatal.

Outros dous tiradores locais, José Antonio Pa-lomanes e Emilio Losada quedaron en cuarta e quinta posición na mesma catego-ría do Campionato galego, o que levou ao club Eiroás a situarse no primeiro pos-to por equipos da competi-ción.

Próximas citasEste domingo �� terá lu-

gar o Campionato autonó-mico de pistola standard e o día �9 a tirada da 5ª Copa Cidade das Burgas de cara-bina lixeira e match 3x�0 e pistola libre.

Participantes na Copa Deputación de aire comprimido, o 1 de xullo./P.LODEIRO.

Page 12: 19 Xullo 2012 - BD60

1� BARRIOS DEPORTIVO18 de xullo de �01� CODIGALCO CARMELITAS

“A directiva comunicoullo ás xogadoras. Dixéronme que moitas delas choraron”

R. Torres

Dixerindo pouco a pouco a mala nova de que o equipo sénior do Co-digalco Carmelitas des-aparece, Juan Rodríguez (exadestrador do Carme-litas de LF�) fala sobre o club no que tantos anos leva poñendo o seu coñe-cemento ao servizo das máis cativas.

Que lle parece que o Carmelitas perda ao seu equipo sénior?

Juan Rodríguez: “É unha mágoa chegar a isto; a institución merece ter un equipo en Liga Fe-minina �. A crise é unha realidade, e as subven-cións baixan e chegan os problemas. Ademais, as veces, as axudas non son todo o xustas que debe-rían”.

Pode aclararme un pouco iso?

J.R.: “O Carmelitas é o club que máis equipos

JUAN RODRíGUEz, ADESTRADOR DO CLUB CARMELITAS

“A situación é complicada, pero non é escusa para cargarse ao equipo sénior”4 O que foi técnico do Codigalco Carmelitas explica como aconteceu todo e fala do futuro do club.

de base ten en Primeira División Autonómica, con catro, ademais do de LF�, e non ten as mesmas sub-vencións que outros”.

Sabe que o ano que vén o Concello quitará as sub-vencións nominativas?

J.R.: “A ver que pasa-rá entón. Esperemos que sexan máis xustas”.

Pensa que era a única vía, a disolución do equi-po sénior?

J.R.: “Penso que desde o club poderíase haber feito máis para non chegar a esta situación. A situación é complicada, pero non pode ser escusa para cargarse ao equipo sénior, do que sem-pre houbo polémica. Entre todos debimos facer algo

máis.>> Elimínase cando ían

a ter cinco xogadoras de Ourense (Bárbara Lame-lo, Lucía Méndez, Anabel Carballo, María Quiroga e Verónica Blanco). Tamén quedarían case seguro Oli-va, Gullberg e Mar Ahija-do, ademais de ter un acor-do verbal coa americana do Zamora, Yinka Olorunife. En definitiva, tiñamos un equipo ilusionante”.

E como o tomaron elas cando lle transmitistes a nefasta noticia?

J.R.: “A directiva foi a encargada de darlles a noti-cia e dixéronme que moitas delas choraron. Todas elas só teñen palabras de agra-decemento cara ao club”.

E agora as de abaixo non terán un referente.

J.R.: “Agora temos un proxecto descabezado. Adestradores que se que-rían adicar a isto de for-ma case profesional verán cortada a súa progresión. No meu caso afrontaba esta tempada con moití-sima ilusión, ao ter cinco ourensás na plantilla era moi motivador. Penso que se debería haber feito un esforzo maior.

>> O proxecto da base seguirá igual, pero o sé-nior nunca impediu o cre-cemento da base. Este ano as alevíns proclamáronse campioas galegas, e moitas das xogadoras escolares son chamadas pola selec-ción galega. Sempre se tra-ballou a base, é un feito”.

Moitos din isto será só un “ata pronto”.

J.R.: “A ver como vai a situación económica e que proxectos hai de cara ao futuro. Pero cremos que a praza podémola recuperar en calqueira momento”.

Que opina de que o outro club ourensán de LF2, o Pabellón Ourense, si participe este ano?

J.R.: “O Carmelitas ten unha responsabilidade, pola institución á que re-presenta, que noutros clubs non hai. Non poden per-mitir rumores que noutros lugares non pasa nada se se dan”.

E cal será a función de Juan Rodríguez a partir de agora?

J.R.: “Nunca valorei o meu traballo en función da categoría. Encabezarei o proxecto que faga falta”.

Os sábados ás 19.15 horas había unha cita obrigada no polideporti-vo Vedruna para ver ao Codigalco. Que se verá a partir de agora alí?

J.R.: “O cadete femi-nino xogará os sábados pola tarde, e os domingos pola tarde o farános equi-pos júnior e infantil. Desde o club estase barallando a posibilidade de traer o Campionato de España In-fantil feminino”.

O Codigalco Carmelitas retírase da competición4 A crise económica forzou a súa disolución.S.N.

“A Xunta Directiva do Club Carmelitas Vedruna vén de decidir non participar co equipo sénior, Codigalco Carmelitas, na LF� para a tempada �01�/�013”, así nos enterabamos o pasado 5 de xullo da disolución dun dos referentes ourensáns no que a baloncesto feminino se refire.

Logo da que foi, sen dú-bida, a súa mellor tempada, na que se mantiveron ata as últimas xornadas na loita por colarse no play off de asecenso, e co equipo para o próximo curso xa bastan-te perfilado, o Carmelitas di adeus á segunda máxima categoría do baloncesto fe-minino, a causa da “actual coxuntura económica, xa que tanto as axudas insti-tucionais como privadas víronse reducidas consi-derablemente”, explicaron dende o club.

Unha decisión difícil de dixerir, pero digna de eloxiar, xa que nos tempos que corren non todos son capaces de arriar as velas e levar o barco a porto antes de que afunda no medio do océano con todos os seus tripulantes dentro. O Club Carmelitas tiña claro que ningún dos seus pagos po-día deixar de efectuarse e ante a inseguridade de poder completar a tempada coa liquidez económica precisa dende a directiva tomaron esta determinación.

Trátase da peor das novas para unhas xogadoras que deron a talla tanto na can-

cha como fóra dela (máis dunha non puido reprimir as bágoas ao enterarse), para unha afección que foi incondicional tanto neses encontros nos que se perdeu por máis de �0 puntos como nos que se gañou aos máis fortes da liga, para unha base que perde o espello no que se miraba cada sábado e para o que non escatimaba be-rros e aplausos, para un corpo técnico que aportou todos os seus coñecemen-tos co fin de que o Codi-galco desplegase o mellor dos baloncestos, para uns patrocinadores que (fosen poucos ou moitos) confia-ron no equipo ata o final e para unha cidade que perde un dos conxuntos séniors que levaba o nome de Ourense con orgullo por toda a xeografía española.

Despois de varios meses achegándolles moitas boas noticias sobre o Codigalco Carmelitas agora tócanos darlles a coñecer a peor delas. A que ningún de nós, e seguro que de voste-des, pensou nunca dar nin escoitar. Pero fíxose todo o posible para evitar isto? Que probabilidades hai de que o conxunto sénior vol-va máis pronto que tarde á competición?

As dúbidas só o tempo as desipará, o mesmo tem-po que, agardemos, sírva-lle ao Carmelitas para co-ller impulso e voltar á Liga Feminina �, da que nunca debeu saír, con máis forza que nunca. Ata pronto Co-digalco!

Juan Rodríguez, á esquerda, dando indicacións as súas xogadoras durante un partido da pasada tempada no polideportivo Vedruna. /ARQUIVO

“Cremos que a praza podémola recuperar en calquera momento”

Xogada do último partido que o Codigalco xogou no Ve-druna, foi o 29 de abril contra o Tenerife./ARQUIVO

Page 13: 19 Xullo 2012 - BD60

BARRIOS DEPORTIVO18 de xullo de �01�

13SUBVENCIÓNS

As axudas individuais, as únicas que aumentaron

R.T.

A Deputación de Ourense vai destinar 150.000 euros para axudas económicas a entidades deportivas da provincia de Ourense, cun-ha contía máxima de 10.000 euros por club. Ante esta ini-ciativa, clubs da provincia reuníronse para, mediante un manifesto, mostrar a súa disconformidade coa admi-nistración provincial.

O prazo, improrrogable, para solicitar estas axudas remata o vindeiro 11 de agosto, e serán beneficiarios de devandita subvención os que reúnan os requisitos publicados nas bases re-guladoras da convocatoria de concurso público para a concesión de subvencións a clubs deportivos de Ouren-se para o ano �01�, recolli-das no Boletín Oficial da Provincia, número 157, do

Os clubs consideran insuficiente a axuda que vai dispensar a Deputación Provincial para todos eles4 Algúns deles xa mostraron a súa disconfor-midade nun manifesto.

10 de xullo.Os clubs deportivos de-

berán estar inscritos nos rexistros deportivos co-rrespondentes da Xunta de Galicia e ter o seu domici-lio social na provincia de Ourense, circunstancia que deberá constar na inscrición no rexistro deportivo oficial da Xunta de Galicia.

150.000 euros para axudas ás entidades económicas son o que se repartirán 60 clubs

O presidente da Deputación Provincial de Ourense, José Manuel Baltar destina 150.000 euros este ano a entidades deportivas./RAMSÉS

Redacción

Varios clubes da cida-de firmaron un manifesto en contra da axuda eco-nómica que a Deputación de Ourense vai a conce-der este ano ás entidades deportivas da provincia. Cidade de Ourense, Ba-rrocás, Santiago Apostol, A.D. Ourense (hoquei); Club Burgas Ximnasia, Club Ximnasia Escola Pa-villón, Club Ximnasia Pa-villón (Ximnasia); Cidade das Burgas Fútbol Sala e Club Vedruna, foron os que uniron as súas forzas.

ManifestoO manifesto se centra

en seis puntos. O primeiro deles é o total desacordo coa decisión política do or-ganismo provincial a mi-nimizar os medios econó-micos cos que subsistir aos distintos clubes da cidade e provincia. Denuncian que non tiveron coñece-

4 Manifesto contrariomento desta decisión e que os aboca a unha situación económica non prevista. No segundo punto móstranse en contra da convocatoria feita a contra reloxo das axudas de 150.000 euros, totalmen-te insuficientes para repartir entre máis de 60 clubes; e postúlanse en contra das sub-vencións nominativas ao ser totalmente discriminatorias respecto ás competitivas, sen entender que o recorte prodúzase nas segundas e non nas primeiras.

No cuarto punto consi-

deran que está nunha si-tuación de abandono do organismo provincial das axudas a todo o deporte de base e fundamentalmente a todo o deporte femini-no, adevertindo (no quinto punto do manifesto) que esta decisión contradí a recente Ley do Deporte Galego.

Para rematar, os clubs avisan que seguirán au-nando esforzos para atopar solucións e continuar coa labor social que veñen fa-cendo desinteresadamente.

Redacción

O Pazo dos Deportes Paco Paz é a única insta-lación deportiva galega “accesible para todos”. PREDIF, a asociación es-tatal sen ánimo de lucro que promove accións para discapacitados físicos de

O Paco Paz, accesible para todos os cidadáns4 PREDIF vén de incluír ao Pazo dos Deportes na súa guía de accesibilidade.

toda España, vén de editar a nova guía “Espacios y ac-tividades de ocio y tiempo libre accesibles para todas las personas”, presentada en Madrid o pasado �8 de xuño.

Desta vez inclúe ao Paco Paz da Deputación de Ourense como única insta-

lación deportiva de todo o territorio galego “accesible para todos”. No relativo ao Pazo dos Deportes, inclúen-se os seguintes apartados: información xeral, accesi-bilidade física, accesibili-dade visual, accesibilidade auditiva, outras estancias e fotos.

O Club Ximnasia Pavillón foi un dos que asinou este ma-nifesto./ARQUIVO

Fernando Varela e Manuel Mosquera na presentación das subvencións competitivas do Concello de Ourense para este ano./RAMSÉS

O Concello de Ourene eliminará as subvencións nominativas para o ano que vén4 Supoñen máis de 600.000 euros no 2012 e danse “a dedo” sen contar méritos nin canteira.R. Torres

O concelleiro de Depor-tes, Fernando Varela, xun-to co xerente do Consello Municipal de Deportes, Manuel Mosquera, ve-ñen de corroborar o que xa tiñan como promesa electoral no programa do BNG: a desaparición das subvencións nominativas para o ano �013.

Para este ano segue habéndoas, aínda que se viu reducida a súa contía ata os 689.489 euros (un ��,5�% menos que no �007, ano no que entra-ron no goberno munici-pal os nacionalistas). Son benficiarios destas axudas clubs como CD Ourense, COB, ABO ou mesmo o Pabellón Ourense.

En canto ás competi-tivas, 68 clubs recibirán

axudas mediante este tipo de subvencións quedando tan só dous clubs sen ela; o Pabellón Feminino, por concurrir nas nominativas, e o de Bombeiros, por non cumplir os requisitos.

O concelleiro de Deportes recordou que cando chega-ron ao goberno marcáronse o obxectivo de “fomentar ao deporte de base e ao fe-minino e con esta medida imos polo bo camiño”, ase-guraba Varela.

Os máis perxudicadosCon esta medida , tanto

CD Ourense coma Club Ourense Baloncesto serán os máis perxudicados, xa que segundo palabras do concelleiro “miraremos á base e os desprazamentos que se fagan”. Como alter-nativa ao problema que se lle ven enriba, o edil nacio-

nalista avogaba por “outras áreas do Concello ou liñas de patrocinio que poidan axudalos”.

Moitas voces, ademais de CD Ourense e COB, xa se fixeron escoitar, criticando uns e alabando outros estas medidas, segundo lles bene-ficiaban ou perxudicaban.

Subvencións a deportis-tas individuais

Outra liña de axudas que ten en vigor o Consello Municipal de Deportes é a de deportistas individuais. Creada no ano �010 repar-tía por aquel entón �0.000 euros, que este ano ascen-den ata os �5.000.

Page 14: 19 Xullo 2012 - BD60

14 BARRIOS DEPORTIVO18 de xullo de �01�

POLIDEPORTIVO

Valeria logrou chegara á segunda ronda do nacional de Córdoba

O derradeiro día celebrouse un torneo infantil, no que todos os rapaces tiveron premio.

Redacción

Celebrouse nas intala-ciones de P�1 o “Padel Camp”, no que reuníronse a máis de 40 nenos de en-tre 4 e 14 anos.

Ao longo de toda a se-mana os nenos, agrupados por idades, practicaban pádel, recibían clase de inglés e xogaban, acom-pañados en todo momento por monitores e profeso-res especializados.

Para repor forzas das “duras” xornadas de xo-gos, a media mañá ser-víase un tentempié, e concluíase o día co xantar, servido polo catering do Couto puntualmente ás 14:00.

Redacción

Valeria López segue colleitando éxitos dentro do mundo da raqueta. En Sanxenxo proclamouse vencedora do 4º Rexional Copa Babolat, o que lle permitíu ascender ao pri-meiro posto no ránking ga-lego. Así mesmo, e tamén na localidade ponteve-dresa, fíxose co campiona-to na categoría absoluta.

Citas nacionaisValeria López asistíu ao

Valeria López, primeira do ránking galego cadete4 Logrouno ao rematar cuarta na Rexional Copa Babolat de Sanxenxo.

campionato de España ca-dete celebrado en Córdoba. A ourensá, que é cadete de primeiro ano, fixo un pa-pel destacado ao pasar a primeira ronda tras vencer á campioa de Aragón; en segunda ronda caeu contra a subcampioa catalana por un dobre 6/4. As outras re-presentantes galegas (que adestran no Centro de Alto Rendemento) perderon en primeira ronda.

Despois do Nacional, desprazouse ata Valladolid para participar no prestixio-

so torneo “Marca Prome-sas”, no que tamén pasou a primeira ronda e caeu na segunda ante a campioa madrileña, Lidia Moreno, á postre vencedora no torneo. López perdeu por 7/6 6/3.

Grandes resultados na súa primeira tempada como cadete.

Máis de 40 nenos gozaron do pádel no P21 Ourenpadel4 Tivo lugar a primeira semana de xullo.

Finalmente o venres or-ganizouse un partido de exhibición dos monitores, e un torneo infantil, no que todos e cada uns dos parti-cipantes tiveron premio.

AgradecementosDesde P�1 agradecen aos

pais a confianza depositada neste grupo de monitores que realizaron esta acti-vidade. Este tipo de cam-pamentos, novos polo seu contido na cidade, non sería posible sen a colaboración de todos eles.

O éxito desta iniciativa foi tal, que moitos dos ra-paces tiveron que quedar fóra do campamento pola grande demanda, polo que pediron novas datas para a

realización doutro campa-mento deste tipo (incluín-do algúns rapaces que queren repetir). Deste xei-to, os organizadores deste “Padel Camp” xa andan a traballar para repetir a ex-periencia.

Na súa primeira tempada como cadete, Valeria López (á esquerda) colleitou importantes éxitos.

Os rapaces recibiron clases de inglés e de padel durante estas xornadas

Debido ao éxito, en P21 xa preparan a seguinte edición

4Volei praia en Ourense

Ourense acolle do �0 ao �� de xullo a terceira proba do circuíto galego de volei praia encadrada dentro da V Copa Dipu-tación sénior e o VII Tro-feo Cidade de Ourense. O evento está organizado polo Club Ourense Voley Playa coa colaboración da Federación Galega de Vo-leibol.

A competición come-zará o venres �0 de xullo a partir das 16 horas coas previas do torneo mascu-lino. O sábado xogarase o cadro final e o domingo terá lugar a proba femini-na.

A inscrición estará li-mitada a �4 parellas na categoría masculina e a 16 na feminina e o custo será de �0 euros por parella. Os semifinalistas recibi-rán premio en metálico e haberá trofeos para o oito primeiros nas dúas cate-gorías.

4RaidVarias probas disputá-

ronse no hipódromo de Antela os días 14 e 15 de xullo. Catro carreiras tive-ron lugar na primeira das xornadas, sendo dúas de promoción (sobre 46 e 81 quilómetros de distancia), e dúas de competición (81 e 160 quilómetros).

A máis dura das probas, a de 160 quilómetros, tivo como vencedor ao xinete cántabro Carlos Ruíz de Villa, despois de máis de medio día de competición. A segunda clasificada foi a amazona vasca María García. Ámbolos dous foron os únicos partici-pantes que completaron a carreira; todos os demais tiveron que abandonar por diversos motivos, pero sobre todo pola dureza da mesma.

Na proba de 81 quiló-metros, David Gaciño foi o vencedor, por diante das ourensás María Jesús Vázquez e Concho Roble-da, respectivamente.

EN BREVE

Page 15: 19 Xullo 2012 - BD60

BARRIOS DEPORTIVO18 de xullo de �01�

15

O complexo de Monterrei dispón de seis piscinas de distintos tamaños e profundida-des.

Compoñentes do Galmédica B, equipo recén ascendido á Primeira Autonómica.

PUBLICIDADE

Page 16: 19 Xullo 2012 - BD60

16 BARRIOS DEPORTIVO18 de xullo de �01� ATLETISMO

Redacción

O martes �4, ás �0.30 horas, nas piscinas munici-pais de Maceda terá lugar a segunda edición do Combi Dous. O ano pasado varias ducias de parellas partici-paron na primeira edición.

Trátase dunha proba que alterna atletismo e ciclis-mo entre dous compañei-ros de equipo para com-pletar cinco quilómetros. Na primeira volta os dous van a pé, para a partir da segunda alternar a carrei-

Chega a Combi 24 Segunda edición deste no-vidoso formato de carreiras.

ra coa bicicleta, ata facer cada un dos compoñentes do equipo tres voltas a pé e dúas en bici.

A inscrición remata o luns �3 de xullo ás 1� da noite. As categorías son: xeral absoluta, familiar absoluta, mixta absoluta e infantil (ata 14 anos). Para participar é obligatorio, ademais de inscribirse, levar casco homologado e bicicleta de montaña.

[Máis información na web: www.via18.com.]

Redacción

Os atletas do Ourense Atletismo Academia Postal lograron un total de �3 me-dallas no Campionato Ga-lego Absoluto ao aire libre que se disputou en Vigo. Das �3 medallas seis foron ouro, 11 de prata e seis de bronce.

O seis ouros correspon-deron a Aitana Leguiçano nos 400 valados, cunha

R.T.

O 1 de xullo celebrouse en Chandrexa de Queixa-Celeiros a �ª carreira de montaña Chandrexa Trail. Despois de �8 quilómetros de carreira por montaña, o atleta ourensán, Elpidio Gómez alzouse coa vito-ria ao chegar primeiro tras dúas horas 34 minutos e �1 segundos; máis de seis minutos sobre o segundos clasificado, Roberto Rio-bo, de Bueu. En terceira posición chegaría Avelino Mejido (Asturias).

En categoría feminina, a primeira en chegar a meta foi María Amparo Zapi-co (3:15:43); seguida de Sonia Botana (3:36:55). Pechou o podio feminino, María del Rosario Figue-roa (3:37:14).

29 carreira de LeiroO 8 de xullo Leiro ce-

lebrou a �9ª edicición da

Elpidio vence en Chandrexa de Queixa-Celeiros4 Foi a 2ª edición desta carreira de montaña.

súa carreira popular que contou con máis de 400 participantes entre todas as categorías.

Na proba absoluta, sobre unha distancia de 9.3�1 metros, o máis rápido foi o atleta do Academia Pos-tal, Alejandro Fernández, ao empregar un tempo de �7 minutos e 54 segun-dos. Segundo na liña de meta foi o seu compañeiro de club, o lugués Manuel Hurtado (28:41); en ter-ceira posición chegaría o mexicano Crisanto Graja-les (28:52).

En canto á categoría feminina, a mellor foi Ra-faela Almeida (32:28), de Porto. Completaron o po-dio Claudia Rivas (33:32), de México, e a galega Ma-ría Jesús Gestido (33:38). Un podio do máis inter-nacional dunha carreira xa asentada no panorama galego de carreiras popu-lares.

23 medallas para os académicos no Galego4 Seis ouros, 11 pratas e seis bronces.

gran marca que rebaixa en case dous segundos o seu mellor tempo, co que reafir-ma a mínima nacional que xa posuía; o veterano Javier Fidalgo nos 110 valados; o marchador Francisco José Durán nos 10 km marcha; e os xa habituais de Lorena Luaces nos 5 km marcha e Alfonso Palomanes no tri-plo. O último ouro corres-pondeu ao equipo feminino de 4×100 relevos, formado

por Cristina Magariños, Lorena Vázquez, Laura Ro-sende e Antía Martínez.

Once pratasAs medallas de prata fo-

ron para Antía Martínez nos 100 valados; Alba Martínez no triplo, onde con 11,4� mellora tamén a súa míni-ma nacional, demostrando estar recuperada das súas lesións; Leticia Fernández por partida dobre, en 800

e 1500 metros; David González nos 800 metros; Alba Fernández nos 400 valados; Jennifer Burés e Álvaro de la Fuente nos 3000 obstáculos; José Fernández nos 10 km marcha; Iván Vale na altu-ra; e Alfonso Palomanes, de novo, na lonxitude.

Seis broncesO seis bronces foron lo-

grados por Hugo Loureiro nos 1500 metros; Lida Ba-yón no peso; Lida Fernán-dez no disco; Alba Fernán-dez nos �00 metros; Lorena Vázquez nos 100 valos; e un recuperado Rubén Diz nos 5000 metros.

Vindeiras citasAdemais da carreira da

Ponte (�7 de xullo), na pro-vincia de Ourense tamén terá lugar a carreira de Baños de Molgas. Esta será a quinta edición e congrerará aos at-letas o sábado 4 de agosto en devandita localidade termal ourensá. A partir das 18.30 horas comezarán as carrei-ras para as categorías base,

que percorrerán unhas dis-tancias entre os 150 metros dos pitufos e os �.300 dos infantis e cadetes, en medio os benxamíns e alevíns fa-rán 1.�00 metros. Xa ás �0 horas será o turno da carrei-ra absoluta, que terán que dar tres voltas a un circuíto de �.300 metros para com-pletar un percorrido de preto de 7.000 metros.

Atleta, con “a” de AitanaAitana Leguiçano, atleta pertencente á Escola Atlética

Ben Cho Sei de Pereiro de Aguiar, vén acadar a cuarta posición na final dos 400 metros valados do Campionato de España Xuvenil celebrado en Aranjuez, proclamándo-se sete días máis tarde en Vigo campioa galega absoluta.

Alejandro Fernández (á dereita) marcou o ritmo da carrei-ra de Leiro do pasado 8 de xullo./SAMUEL TORRES

Page 17: 19 Xullo 2012 - BD60

BARRIOS DEPORTIVO18 de xullo de �01�

17ATLETISMO

Saída da carreira dunha das categorías de base./P.LODEIRO

A carreira da Ponte será o venres 27 de xullo a partir das 21 horas

R. Torres

O venres �7 de xullo, a partir das �1 horas, o cir-cuíto de carreiras popula-res “Correndo X Ourense” chega ao barrio da Ponte.

Como ven sendo habi-tual, o pistoletazo de saí-da o darán os pitufos coa sua carreira (�1.00h.), na que percorrerán uns cen-tos de metros. As �1.10 horas o turno será para os benxamíns e alevíns que completará unha volta de

Correndo X Ourense chega ao barrio da Ponte4 Será a cuarta proba do circuíto de carreiras populares da cidade de Ourense.

1.000 metros. Ás �1.15 horas, os infantís e cadetes darán unha volta grande para completar os 1.750 metros que consta a proba. E para as �1.30 horas che-gará o turno da proba ab-soluta; nesta ocasión terán que completar tres voltas ao percorrido de 1.750 metros para facer un total de 5.1�5 metros.

As rúas polas que pasa-rá esta proba absoluta (así como a infantil e cadete) son: Francisca Herrera (saída), Av. de Santia-go (á altura do parque da Ponte), Avda. Basilio Ál-varez, José A. Moretón, Ribeiriño, Avda. das Cal-das, Mercado, Salustino Muñoz, Ramón y Cajal, Avda. das Caldas e Vicen-

te Risco (meta).

Ata setembroCon esta carreira, a

cuarta, o circuíto tomarase un descanso ata o vindeiro mes de setembro, cando teña lugar a quinta proba coa carreira da zona uni-versitaria. Será o domingo 30 de setembro e voltará ao horario de mañá, dando comezo ás 1� horas.

ClasificaciónNo ecuador do circuíto,

Alejandro Cid (Ourense Academia Postal) e Óscar Ramos (ADAS O Barco) comparten liderato; ám-bolos dous contan con tres puntos. Terceiro é José Manuel Casado (Vía XVIII Maceda) con seis

puntos. A categoría feminina

está comandada por So-nia Teijeiro (Veteranos Pabellón) con 131 puntos, seguida de Sonia Vàzquez (Furafollas de Lugo) con �06 puntos. Terceira mar-cha a atleta do Esprintes Ourense, Silvia Rodríguez con �75 puntos.

344 atletas masculinos e 5� féminas son os que aín-da están na clasificación do circuíto, aínda que son moitos máis os que parti-cipan en cada carreira. O motivo de que non estean na clasificación global é que se perderon máis dun-ha proba, e para puntuar soamente pódese ausentar dunha das seis carreiras adscritas a este circuíto.

Entre todas as catego-rías, cada proba reune a máis de medio millar de atletas que veñen de todos os puntos da provincia de Ourense, ademais de luga-res como Pontevedra, Vigo ou Lugo, entre outros.

Carreira NocturnaNa terceira carreira, a

nocturna celebrada no par-que Barbaña sobre unha distancia de 6.990 metros, a vitoria foi para Óscar Ramos (22:58 minutos), seguido de Alejandro Cid (23:17). Terceiro foi José

M. Casado (23:49). En mulleres, o podio

estivo copado polas tres atletas que ocupan os tres primeiros postos da cla-sificación xeral do II Co-rrendo X Ourense. Sonia Teijeiro foi primeira con

28:11 minutos; Sonia Váz-quez, segunda (29:35) e Silvia Rodríguez, terceira con 30:50 minutos.

Na carreira nocturna participaron un total de 438 atletas entre todas as categorías.

Un dos participantes sénior cruzando a meta./P.LODEIRO

Mapa do percorrido da carreira da Ponte.

Page 18: 19 Xullo 2012 - BD60

18 BARRIOS DEPORTIVO18 de xullo de �01� NATACIÓN

O CN Pabellón proclamouse subcampión galego grazas ás súas 20 medallas: sete ouros, cinco pratas e oito bronces

R.T.

A piscina Rosario Due-ñas de Ourense foi a sede do Campionato Galego de Natación Infantil onde o equipo ourensán do Pabe-llón Ourense proclamouse subcampión. O vencedor foi o CN Coruña, que se aproveitou dunha descalifi-cación dun nadador ouren-sán para ser o primeiro cla-sificado. En terceiro lugar rematou o CN Galaico.

En canto á clasificación masculina, os nadadores foron terceiros, o mesmo resultados que acadaron as nadadoras ourensás.

En total foron �0 meda-llas que se repartiron da se-guinte maneira: sete ouros (Ana Karina Obaya na pro-ba de �00 braza, Andrea Bello na proba de bolbore-ta, o relevo 4x100 estilos - integrado por Uxia Gómez,

4 O CN Pabellón Ourense venceu, ademais, no Galego de Natación Júnior e Absoluto.

Subcampións galegos de Infantil

Ana Karina Obaya, Andrea Bello e Mara Velez-, Uxía Gómez en 100 costas, An-drea Bello en �00 bolbore-ta, Martín Rodríguez nos �00 costas e Paula Blanco en �00 espalda); as cinco pratas de Mara Velez (400 libres), Paula Blanco Pérez (100 costas), Carlos Ma-nuel Corral (100 braza), Ana Karina Obaya (100 braza) e Uxía Gómez (�00 costas); e os oito bronces de Martín Rodríguez (1500 libre), Luis Bello (100 cos-tas), o relevo 4x�00 libres masculino -composto por Iago, Pedro, Aitor e Mar-tín-, o relevo 4x�00 libres feminino - integrado por Mara, Ana Karina, Claudia e Paula-, Iago Rodríguez Peña (400 libres), Mara Velez Mellado (800 libres), o relevo 4x100 libres fe-minino - de Paula Blanco, Claudia Álvarez, Mara Ve-

lez e Ana Karina Obaya- e Paula Blanco Pérez (�00 libres).

Campionato galego de natación absoluto e júnior

Celebrouse na piscina Rías Do Sur en Ponteve-dra o campionato Galego de Natación Absoluto e Júnior.

O Club Natación Pabe-llón foi o primeiro clasifi-cado na categoría conxunta júnior, grazas a que o equi-po masculino rematou na primeira posición e o femi-nino quedou de terceiro.

En canto ao campio-nato absoluto se refire, o conxunto ourensán foi segundo logo de quedar o feminino terceiro e o mas-culino primeiro.

En total lograron 15 me-dallas das cales nove foron de ouro tres en categoría absoluta e as outras seis en júnior), 1� pratas seis ab-solutas e seis júnior) e 17 de bronce sete e dez).

Laura Pimente Pérez recibiu neste campionato o titulo de mellor nadado-

ra da tempada �011/1� da Copa Galega na División de Honra.

Pola súa banda, o júnior Aitor Grande Carral, que participou como S7 nas probas 50 e 100 costas e 100 e �00 libres, recibiu as súas respectivas me-dallas de ouro e trofeo do campionato, contribuindo a acadar importantes pun-tos para as dúas categorías, absoluta e júnior.

Campionato de España Júnior

Os dias 13, 14 e 15 de xullo celebrouse en Mai-rena de Aljarafe (Sevilla) o XXXIV Campionato de España Júnior de verán. O CNPO estivo representado

por oito nadadores e o téc-nico Santiago Escudero.

Destacado foi o quinto posto na súa categoría de Borja González na proba de 1.500 libres cun tempo de 16:55,19, realizando unha nova mellor marca provincial de 17 anos.

Tamén é de destacar o sétimo posto de Ana Mª Santiso en 400 estilos e de Martín Sabuz en �00 bra-za. Outros nadadores do Pabellón foron: Laura Ne-rea Balsa, Cristina Cruz, Esther Álvarez, Ecequiel Quiroga e Adrián Branco.

Próxima citaA próxima cita para os

ourensáns é o Campionato de España Infantil que se

celebrará ata o �� de xullo nas instalciones olímpicas de Picornell en Barcelona. Alí estarán, xunto co técni-co Daniel Toro, os infantís Iago Rodíiguez, Martín R. Paradela, Paula Branco, Andrea Belo, Uxía Gómez, Mara Vélez e Ana Karina Obaya, que disputarán un total de �1 probas indivi-duais. A este campionato acudirán un total de 911 nadadores de �46 clubs de toda España.

Borja González logrou unha nova mellor marca provincial de 17 anosO CN Pabellón e o CN Coruña disputáronse a vitoria do Galego de Infantil, finalmente

gañou o coruñés ao beneficiarse da descalificación dun nadador ourensán./RAMSÉS

O club ourensán logrou 12 medallas no Campionato Galego de Natación Júnior e Abso-luto, celebrado en Pontevedra, que lle otorgaron a vitoria./RAMSÉS

Page 19: 19 Xullo 2012 - BD60

BARRIOS DEPORTIVO18 de xullo de �01�

19

Redacción

A Illa de Arousa acolleu a segunda regata galega de piragüismo do �01� nas ca-tegorías alevín e benxamín, a cal disputouse en piraguas individuais, cun percorrido duns 1.400 metros.

En categoría feminina, a piragüista benxamín do Allariz, Paula Segura, aca-dou a terceira posición, sen-do a súa compañeira de club, Andrea Castells, oitava.

En canto aos homes, Oli-ver Rodríguez, do Barco, foi noveno; e Javier Pereira, 16º; Agustín Segura, �4º; Javier Rodríguez, 30º; Mar-cos González, 38º e Ismael Fandiño, 4�º, todos eles do Club Fluvial Allariz.

Polo que se refire aos clubs ourensáns participa-ron o club piragüismo Flu-vial de Allariz, que obtivo o posto �4º, e o club piragüis-mo fluvial do Barco que foi 27º na clasificación final.

Escola de veránXa ten comezado a esco-

la de piragüismo de verán do Concello de Allariz, de luns a venres durante os meses de xullo e agosto. Todos aqueles que queiran apuntarse deberán dirixirse ao propio club de piragüis-mo nas súas instalacións na Alameda de Allariz, ou ao complexo deportivo da piscina de Allariz. Este ano intentarase repetir o éxito de afluencia do 2011 onde se superaron os 70 inscritos con idades comprendidas entre os 8 e os �0 anos.

Está previsto achegarse con estes novos piragüistas (os que estean máis cualifi-cados) a Castrelo de Miño, O Barco de Valedorras, Avión, Baños de Molgas e Barra de Miño.

Campionato Galego de Piragüismo

Oliver Rodríguez, do Barco de Valedoras, gañou en alevíns o Campionato

DEPORTES ACUÁTICOS

A alaricana Paula Segura, terceira galega de piragüismo4 Na categoría benxamín.

Galego de Piragüismo ce-lebrado en Narón; mentres que a piragüista de Allariz, Paula Segura foi cuarta en benxamíns.

De Ourense, participa-ron o Fluvial de Allariz que obtivo o posto �0, e o Fluvial de O Barco que quedou de �5.

Paula Segura posando coa súa medalla de bronce.

Redacción

Se fai � semanas era a deportista de máis alto

nivel do Club Náutico Castrelo de Miño, Anna Yuchenko, a que se procla-maba campioa de España,

REMO

Joel Fernández e Lucas Hermi-da, subcampións de España4 Na categoría alevín de dobre Skull.

a pasada fin de semana os máis pequenos de equipo, os alevíns Joel Fernández e Lucas Hermida alcanzaban o subcampeonato nacional en dobre Skull.

O Club Náutico Castrelo de Miño acudiu a Sevilla co �x alevín que rendeu a un gran nivel toda a tempada e cun 4 sen temoneiro de recente creación que pro-gresou moito en poucos días mellorando en Sevilla case 1 minuto con respecto á marca realizada no Cam-pionato Galego da semana anterior.

Lucas Hermida e Joel Fernández pasaron as eli-minatorias do venres sen problemas, preo nas semifi-nais, tras unha mala saída, víronse obrigados a remon-tar ata alcanzar a vitoria cun gran crono de 1´57”. A outra semifinal era para os que ían ser os seus princi-pais rivais na final, o CN de Sevilla, os cales non deron opcións no seu campo e le-varon a vitoria claramente cun tempo de �´01”, fronte ao �´06” de Lucas e Joel.

Pola súa banda, os cade-tes do 4 sen temoneiro ti-vérono máis difícil, xa que apenas levaban adestrado 15 días tras a incorporación de Jorge Daniel Quarteu. A súa eliminatoria foi a máis forte polo que a pesar de facer un bo tempo queda-ron en cuarto lugar, o que os enviaba a unha repesca o sábado pola mañá para poder pasar ás semifinais. E lográrono, pero de novo tocoulles a serie máis forte e a pesar de realizar unha gran marca de 5´0�” que-daban fóra da final A e con mellor tempo que un dos tres da outra serie que pasa-ron á final. Finalmente eran segundos na final B con 5´11” tras o Club de remo Vale de Camargo, o que lles daba un destacable 8º posto na xeral dunha modalidade cun gran nivel.Joel Fernández e Lucas Hermida.

Page 20: 19 Xullo 2012 - BD60

�0 BARRIOS DEPORTIVO18 de xullo de �01�

Jorge Paz viviu en primeira persoa a vitoria da Selección Española na pasada Eurocopa 2012 en Kiev, a tan só uns metros dos xogadores.

ENTREVISTA

R.T.

Jorge Paz é un ourensán que busca eventos deporti-vos para facer unha viaxe a calqueira parte do mundo. Como o propio Jorge nos explica, “sempre gustoume viaxar, polo que aproveito o fútbol para facelo”.

Empezou a súa andadura nos campionatos interna-cionais na Eurocopa �004 de Portugal, onde ía cada dous días desde Ourense a ver un partido. O que máis lle sorprendeu foi o “am-

Jorge Paz, un apaixoado das viaxes e do fútbol4 Utiliza calqueira evento deportivo como es-cusa para viaxar.

biente que había arredor de cada partido. Flipei co colo-rido”, apuntaba Paz.

Despois virían Alemaña �006, na que estivo 15 días, e a Eurocopa de Austria e Suiza 08, na que viviu a fi-nal de Viena. “Se está Espa-ña na final mellor, pero iría igual para coñecer o país”, asegura Jorge.

A maioría das veces viaxa só, pero iso non é inconvin-te para coñecer a xente, xa que “neste tipo de eventos a xente é moi aberta e falas con persoas deseguido e de

calquera tema”. Un viaxei-ro coma él observou como os afeccionados españois desprázanse máis nas euro-copas que nos mundiais.

Tamén o Celta e CD Ourense

Pero a súa verdadeira paixón son o Celta, o Club Ourense Baloncesto e, so-bre todo, o CD Ourense. Socio desde os seis anos é un asiduo ao Couto, e este ano gozou coma nunca dos logros do equipo ourensán. Se durante a liga se despra-

zou ata campos de Galicia para ver ao equipo “rojillo”, Paz non faltou a Llodio para presenciar o encontro de ida entre o Laudio e o Ourense que catapultou aos de Lui-sito ao ascenso a �ªB.

O mesmo acontece can-do o Celta xoga. Durante estes anos desprazouse a varios puntos da xeografía española para ver ao equipo olívico.

E tal a súa simpatía por CD Ourense e o Celta, que leva as camisetas dos dous equipos nas viaxes que fai; así, na final da Eurocopa �01� levaba posta a cami-seta do equipo ourensán.

Non só futbolPero a escusa das súas

vaixes non só é o fútbol,

hai outros motivos. Por exemplo, este verán vai vivir en primeira persoa a experiencia de acudir a un Xogos Olímpicos, os de Londres �01�. Jorge Paz xa ten adquiridas as entra-das para a final de fútbol, ademais de varios encon-tros de balonmán e balon-cesto, e seguirá de preto ao galego Gómez Noya na procura da súa primeira medalla olímpica no cir-cuíto de Hyde Park. Dez días nos que conxugará o que máis lle gusta: viaxar e o deporte.

Jorge non se quixo perder o encontro entre CD Ourense e Llodio na loita polo ascenso a 2ªB, disputado o pasado mes de maio no País Vasco.

EN BREVE

4Atletas desta-cadosO fondista ourensán Alejandro Fernández converteuse no protagonita do Club no 33º Gran Premio Cidade de Vigo de atletismo en pista, que se disputou na tarde do sábado 14 de xullo, grazas á súa espectacular carreira de 5.000 metros, na que ademais de lograr a vitoria logrou un gran crono de 13:57.35, o que supón mínima nacional absoluta para o Campionato de España que se disputará en Pamplona.Pola súa banda, a atleta ourensá do Real Club Celta, Luz Domínguez vén de proclamarse campioa de España e mellor marca nacional do ano en 400 metros lisos, ademais de obter as medallas de prata nos �00 lisos e nos 800, realizando nesta última o récord galego da categoría F-50.A outra ourensá do club vigués, Emma Valencia, logrou a súa mellor marca persoal nos 100 metros valados, cun crono de 15.59 e rematando cuarta.

Luz Domínguez.

A seguinte cita de Jorge Paz son os Xogos Olímpicos

Page 21: 19 Xullo 2012 - BD60

BARRIOS DEPORTIVO18 de xullo de �01�

�1ARTES MARCIAIS

Redacción

A localidade portuguesa de Valença celebra por estas datas o seu tradicional Tor-neo Internacional de Judo Valença do Minho, cita tradicional durante a época estival para os competido-res portugueses e galegos, xóvenes promesas do judo. O evento desenvolveuse no pavillón municipal da loca-lidade lusa, e Karla Marra e Mauro Prada, judokas ourensáns do Ximnasio Marbel, participaron en de-vandito torneo en categoría cadete.

ResultadosMauro participou na ca-

tegoría de -73 quilos, dis-putando unha fase previa de liguiña contra Cesário Perneta, Pedro Forte e Rui Machado. O ourensán ga-ñou un dos seus tres com-bates e non puido acceder

Marra e Prada, no Internacional de Valença4 Medíronse a promesas do judo portugués.

ás semifinais do torneo. Pola súa banda, Karla

Marra participou na final de -5� quilos feminina, onde chegou a dominar o seu encontro contra Ana Rita Pereira, do club Jucaminha, pero a falta de continuidade nos últimos minutos impe-diu o triunfo da ourensá.

A pesar de non lograr a vitoria, ámbolos dous vol-tan a Ourense coa experien-

Redacción

Por terceiro ano conse-cutivo o Centro Comer-cial Aberto Couto Centro celebra durante os meses de xullo e agosto clases de tai-chi gratuítas. As clases serán impartidas por per-soal cualificado de Artai Gimnasio.

Para participar nelas basta con realizar algunha compra nos establecemen-tos Couto Centro. Feita a compra darase un bono que poderán canxear pola ins-cricións nas clases, sendo estas totalmente gratuítas.

4 Fin de tempadaO judo ourensán pon fin á tempada con entregas de medallas aos máis destacados. As

medallas entregáronse ao concurso técnico, que premiaba con puntos o comportamento en clase, na competición, os coñecementos de judo, a asistencia a eventos e a progre-sión técnica de cada judoka durante os 10 meses de tempada.

A primeira cita da vindeira tempada será o Randori Infantil, no mes de outubro.

O ximnasio Artai leva o taichi ao barrio do Couto4 É o terceiro ano consecuti-vo que se fai esta iniciativa.

Deberase presentar o bono máis un ticket de compra efectuada en cualqueira es-tablecmento Couto Centro, nos locais da asociación, sita na rúa Ervedelo nº � local 3

(Centro de negocios).A actividade realizarase

durante os meses de xullo e agosto, os martes e xoves en horario de 8:00 a 9:00 da mañana, no parque Avilés de Taramancos, no barrio do Couto.

As clases terán lugar no parque Avilés de Taramancos os martes e xoves de xullo e agosto

Tanto Marra como Prada participaron en categoría cadete xunto coas promesas de Portugal

cia de participar en tan prestixioso campionato.

Karla Marra nun dos combates de Valença.

Mauro Prada facendo unha chave a un contrincante.

Aarón Blanco, do ximnasio Artai, dando unha clase de tai-chi no Couto. /ARQUIVO

Page 22: 19 Xullo 2012 - BD60

�� BARRIOS DEPORTIVO18 de xullo de �01� ACTUALIDADE

Cea estrea campo de fútbol100 deportistas de todas as categorías estrearon o novo campo de fútbol do Lodairo,

en San Cristovo de Cea. O equipo da localidade ourensá conta con máis de 75 anos de historia, sendo un dos máis antigos da provincia, o cal da boa mostra da tradición futbo-lística que ten este concello. Ademais, conta con preto de �00 deportistas federados nas diferentes categorías. As novas instalacións de herba sintética están incluídas no Plan Provincial de Infraestruturas Deportivas 2011, financiadas pola Deputación de Ourense con �40.000 euros e polo Concello de Cea, que aportou 60.000 euros.

Redacción

Ata Salobreña despra-záronse varios xadrecistas ourensás para participar no Campionato de España de xadrez nas distintas catego-rías de base.

Sub-8Tres ourensáns despra-

záronse para disputar a categoría Sub8 do campio-nato de España. César Pé-rez Dapoza (X. Ourense), a campioa galega Cecilia González (Benchosey) e o seu irmán Mateo González (Benchosey) disputaban así o seu primeiro campiona-to nacional o pasado mes de xuño. O mellor do tres foi Mateo González, que finalizou con 4 ptos na 42º posición. César Pérez non callou o seu mellor torneo, e terminou con 3 ptos, fina-lizando o 59º. Cecilia Gon-

XADREz

Os ourensáns mídense cos mellores de España4 De categorías de base.

zález terminou 81º.

Sub-10En categoría Sub-10 par-

ticiparon dous ourensáns máis, Martín Fernández Carballal (Casa dá Xuven-tude) e Martín Gómez Ca-rreño (Carmelitas). No caso do primeiro deles, era a súa primeira participación nun campionato nacional, des-pois de conquistar o bron-ce no campionato galego. Martín Fernández terminou a súa participación con 5 ptos no posto 43º, mentres que Martín Gómez, cos mesmos puntos finalizaba 40º.

Sub-12Os mozos xogadores da

Casa dá Xuventude, Miguel Puga e Alberto Iglesias, xunto con Gabriel Roma, de Xadrez Ourense foron os representantes ourensáns

nesta categoría. Miguel Puga chegaba como actual campión galego e foi o mellor do tres, ao terminar con 6 ptos e en �4º lugar. Gabriel Roma, con 5,5 ptos terminou 30º. Alberto Igre-xas, que empezara o torneo moi forte, foi perdendo fol até terminar con 5 ptos, no posto 49º.

Sub-14Adrián Gómez (X.

Ourense) e Ángel Domín-guez (Casa da Xuventude) participaron na categoría Sub-14. Os dous represen-tantes ourensáns finalizaron nos postos 36º (Adrián) con 5,5 ptos, e 45º (Ángel) con 5 ptos.

Este nacional citou ás categorías Sub-8, 10, 12 e 14

O xadrecista ourensán Alberto Iglesias (á dereita), do Club Casa da Xuventude, estreitan-do a man do seu rival antes dunha partida.

Fútbol sala en maristasMáis de 50 rapaces de todas as idades pertencentes ao alumnado do colexio Maristas

da cidade de Ourense participaron durante unha semana de xullo nun campionato de fútbol sala que tivo lugar nas instalacións do propio centro escolar. Sete monitores esti-veron ao tanto das evolucións duns alumnos que gozaron deste deporte tan en auxe.

Campus FranÉxito rotundo do campus de fútbol Fran na súa primeira edición que se celebra en

Ourense. Baixo a supervisión Óscar Vivián e a tutela de José Ramón, ex xogador de Dépor e Ourense estase plantexado facer unha nova quenda para o mes de setembro.

Page 23: 19 Xullo 2012 - BD60

BARRIOS DEPORTIVO18 de xullo de �01�

�3ACTUALIDADE

O fitness acuático é apto para calquera

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Miguel Rejo.Colaboracións: Saudeter, Diego Formoso, Alfonso Vilachá.

Nº60- Ano: IV - 18 de xullo de 2012 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

Coa chegada das va-cacións deixamos a nosa rutina do ano aparcada no garaxe.

Relaxámonos, esquece-mos as présas, os horarios e os quefaceres diarios. O mesmo ocorre coa ali-mentación e a actividade física. O chiringuito, as tumbonas, as piscinas e as praias convértense nos nosos mellores amigos.

Un pouco de descanso vénnos moi ben a todos para relaxar corpo e men-te, con todo, abandonarse completamente durante varios días pódenos pasar factura.

Os excesos que come-tamos manifestaranse no noso corpo nuns días, o que significa que á volta custaranos o dobre des-facernos deses quilos de máis e recuperar a nosa condición física. Se nos dedicamos ao lecer activo manterémonos áxiles e en forma, con todo, se nos pasamos o día tirados sen apenas movernos o noso corpo avisará con dor, fa-tiga e máis cansazo.

Para evitar que as va-cacións sexan inimigas da nosa saúde, o mellor é dedicar un tempo diario á

actividade física. No verán témolo máis fácil que nun-ca. Aproveitar o medio am-biente é a mellor opción.

As piscinas ou o mar son o mellor ximnasio que existe. Poderemos manter-nos activos en familia, con amigos e fundamentalmen-te pasándoo ben e porque non? bronceándonos. O fitness acuático é apto para calquera persoa: nenos, adultos, maiores, embara-zadas, persoas con proble-mas articulares ou de cos-tas, xente pouco adestrada, etc.

A auga é a resistencia perfecta para tonificar o corpo á vez que che relaxas. Na auga, fas exercicio a unha temperatura ideal, re-laxas os teus músculos, non forzas articulacións e fas o dobre de exercicio sen ape-nas notar esforzo.

O axeitado é combinar natación con exercicios es-pecíficos de tonificación e outros que potencien o gas-to calórico. Basta con 30- 40 minutos diarios, polo menos 3 veces á semana, para manterte en forma. É máis, en 15 días poderás notar cambios significati-vos no teu corpo polo efec-to moldeador da auga.

Rutina acuática- Quecemento: an-

tes de porte en marcha rea-liza movementos articula-res, algúns estiramentos e un par de longos suaves.

- Xeonllos ao peito: ele-vacións alternas de xeon-llos ao peito.

- Marcha ou carreira. Trátase de camiñar coma se o fixeses na superficie, movendo á vez os brazos. Faino con zancadas lon-gas e tentando pisar ben o chan.

- Saltos. Os saltos son ideais para potenciar o gas-to calórico, traballar a forza das pernas e mellorar o seu ton, xa que deberás flexionar-las e tomar impulso contra o chan. Ao saltar utilizarás todos os grupos musculares, o que che fará reducir máis facilmente a graxa localiza-da. Podes saltar sen meter a cabeza ou mergullándoche enteira, o que multiplicará o esforzo nas zonas onde non fagas pé.

- Patadas laterais. Apoia-da no bordo da piscina, fai aperturas laterais coa per-na estirada e o pé dobrado. Mantén en todo momento as costas rectas e a tripa apretada.

- Patadas atrás. Apoiada

4O BLOG DE SAUDETER

Este verán deporte na auga

SABÍAS QUE? As persoas que realizar diariamente actividade física son máis felices e teñen maior capacidade retentiva. O exercicio físico, especialmente de carácter aeróbico, mellora as funcións do cerebro ao favorecer o achegue

de osíxeno e aumentar os niveis de adrenalina, noradrenalina e serotonina (neurotransmisores), responsables do almacenamento e recuperación da memoria e o estado anímico. Doutra banda estimula a produción de endorfinas, as hormonas da felicidade.

Máis razóns para moverse?

4O RINCÓN DO MESTRE

PrólogoNa actualidade, o deporte

de elite é un auténtico fenó-meno social. Nada ten que ver coa realidade do depor-te de base, onde a educa-ción e a cultura son os seus máis claros alicerces.

Capítulo 1. Os reis do fútbolPrimeiro, campións de

Europa, logo do mundo e agora novamente campións de Europa xunto coa sub-19.

É realmente difícil, por non dicir imposible, ato-par unha selección que calase tan fondamente no tecido social dos amantes do fútbol. A súa personali-dade no terreo de xogo, as súas brillantes calidades futbolísticas e excepcional comportamento humano conquistaron o corazón da afección mundial.

O alude de eloxios que ultimamente vén recibindo tivo un efecto no ámbito nacional e internacional. Namora e ilusiona co seu fútbol a todo o mundo.

É un equipo valente, competitivo, desequilibran-te e posúe unha virtude im-pagable: vive para o gol. É un equipo admirado e ido-latrado e cada día conquis-ta máis adeptos, grazas ao seu fútbol cristalino, visto-so, primoroso e eficiente.

Nun encontro inesqueci-ble, sobrecoxedor, máxico, de orxía e de ciencia fic-ción, eliminou a Holanda. Ante millóns de televidentes e miles de espectadores nas

bancadas, a selección espa-ñola doctorouse e deuse un baño de prestixio e recoñe-cemento. É unha selección políglota.

É un equipo esixente e si-barita porque sempre quere vitorias e espectáculo. Cando xogas con xogadores como Xavi, Xavi Alonso, Iniesta, etc. sénteste aliviado porque durante un partido van ter ocasións de gol seguras. Son un cheque ao portador.

A Copa do Mundo, sen es-quecer a de Europa, resultou trepidante e máxica. Todo o mundo gozamos das viven-cias máis marabillosas que puidemos percibir. Foi ma-rabilloso e inesquecible en todos os aspectos. É inxusto idolatrar e render pleitesía ao que só marca goles. O mundial por parte da nosa selección de-senvolveuse nun clima de auténtica éx-tase colectiva. Fraguouse un dos triunfos máis emble-máticos e inesquecibles do deporte español.

Todos os admiradores do bo fútbol do fútbol gozamos dun anaquiño de gloria. Aquela noite despois dunha final inesquecible, o ron-sel da elegancia e do gusto futbolístico brillou no ceo mundial. Todos quedamos prendados polas súas for-mas, polo seu estilo, pola súa oferta deportiva e polo legado que deixou ao fútbol universal.

Un está cheo de dúbidas, pero non do fútbol da nosa Selección.

Alfonso Vilachá

Deporte e realidade

no bordo da piscina, leva unha perna cara ao peito e logo cara atrás. Mantén o pé dobrado e non ar-quees as costas ao facer o movemento.

- Ombreiros. A resistencia que ofrece a auga permitirache tra-ballar os teus ombreiros coma se tiveses unha pesa en cada man. Soamente tes que subilos e baixa-los estendidos en cruz; ao subir, coas palmas cara arriba, e ao revés ao vol-ver abaixo.

- Tríceps. Esquécete das escaleiras cada vez que queiras saír da auga e faino a pulso. Repetir este xesto varias veces ao día fará que os teus brazos empecen a coller forma rapidamente, xa que o trí-ceps é un músculo moi pe-queno e fácil de tonificar.

- Longos nadando. Fai un longo no estilo que queiras, procurando com-binar todos, entre cada un dos exercicios que che propuxemos. Servirache para descansar e para po-tenciar o traballo aeróbi-co e o gasto calórico.

Page 24: 19 Xullo 2012 - BD60

�4 BARRIOS DEPORTIVO18 de xullo de �01�

Rapaces e monitor do curso de Salvour.