xullo 2012

43
xullo julio juillet july julho

Upload: iesasorey

Post on 21-Aug-2015

201 views

Category:

Education


7 download

TRANSCRIPT

Page 1: Xullo 2012

xullojulio

juilletjuly

julho

Page 2: Xullo 2012

A pedra de xullo é o rubí e a súa flor o ambroíño.

Xullo é o séptimo mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días.

Page 3: Xullo 2012

-Florecen as papoulas, os caraveis silvestres, a lavanda, o millo, os breixos...

flor masculina de millo (pendón ou candea)

Page 4: Xullo 2012

flor feminina do millo

Page 5: Xullo 2012

-Maduran as avelás, as mazáns, as claudias, as peras, as ameixas, os pexegos...

mazáns

Page 6: Xullo 2012

pexegos

Page 7: Xullo 2012

-Páñase o trigo, o centeo, a avea, a cebada, as patacas, os tomates, os pementos, as xudías... -Seméntanse os nabos

colleitadora de patacas

Page 8: Xullo 2012

tomates

Page 9: Xullo 2012

-Sulfátanse as viñas e medran as uvas.

Page 10: Xullo 2012

plantando verdura

Page 11: Xullo 2012

leituga

Page 12: Xullo 2012

-Crian os caracois, os leiróns, ...-Algúns paxaros fan a segunda cría.-Abondan os insectos

Page 13: Xullo 2012

REFRANEIRO-San Cristobo co seu cobo, Santa Mariña coa súa reguiña e Santiago co seu canado fan un ano ben arranxado.

Page 14: Xullo 2012

-Por Santa Mariña mira a túa viña (ou... vai ver...), así como a verás, así vendimarás-Por Santiago, xa pinta o bago.

Page 15: Xullo 2012

-Por San Cristobo xa o millo lle tapa a ala ao corvo

Page 16: Xullo 2012

-Por Santa Magdalena, a abelá chea

Page 17: Xullo 2012

TEMPERATURA MÁXIMA (ºC)

(media)

TEMPERATURA MÍNIMA (ºC)

(media)

TEMPERATURA MEDIA (ºC)

HUMIDADEMEDIA (%)

VELOCIDADE DO VENTO(km/h)

CHUVIATOTAL (l)

DÍA CHUVIAMÁXIMA

(l/m2)

DIASCHUVIA

22,7 15,3 18,66 72 16,92 26 11,4 (7) 6

O TEMPO

Page 18: Xullo 2012

Houbo inundacións en Xapón (20 mortos), Rusia (130 mortos), Corea do Norte (88 mortos), China (37 mortos)...

Page 19: Xullo 2012

Estados Unidos padece a peor seca da súa historia. Afecta a 26 estados e ocasionou graves danos na agricultura e na gandaría.

Page 20: Xullo 2012
Page 21: Xullo 2012

2 de xullo de 1900

voo do primeiro dirixible no Lago Constanza (Alemania)deseñado por Ferdinan von Zeppelin. Transportou a cinco persoas, chegou a unha altura de 396 m e percorreu unha distancia de 6 km en 17 minutos.

O dirixible tiña 128 m de lonxitude, 12 m de diámetro e admitía un volumen de hidróxeno de 11,3 millóns de litros. Controlábase con lenes a proa e popa e tiña dous motores de combustión interna Daimler de 15 CV.

Page 22: Xullo 2012

2 de xullo de 1961

morre Francisco Asorey escultor galego nado en Cambados.

Page 23: Xullo 2012

2 de xullo 1937: desaparece no Pacífico

Amelia Earhart, aviadora e aventureira estadounidense. (naciada o 24 de xullo de 1897)

Page 24: Xullo 2012

4 de xullo de 1934

morre Marie Curie, científica polaca, nacionalizada francesa.

Page 25: Xullo 2012

5 de xullo de 1054

astrónomos chineses e árabes rexistran a explosión da supernova que dará orixe á actual Nebulosa do Cangrexo. Describírona como unha estrela visible á luz do día durante 22 meses.

nebulosa do Cangrexo

Page 26: Xullo 2012

5 de xullo de 1201

en Siria percíbese un terremoto duns 7,6 graos na escala de Richter, que deixa un saldo de entre 30.000 a 60.000 mortos. Historiadores modernos consideran que a cifra de mortos directos foi de 30.000, pero unha peste (producida polo incorrecto manexo dos cadavres) sumada a unha seca do río Nilo, elevou a cantidade de mortos en toda a rexión de Oriente Medio e Exipto ata 1,1 millóns.

Page 27: Xullo 2012

5 de xullo de 1687

Isaac Newton publica Philosophiae Naturalis Principia Mathematica, considerada, por moitos, como a obra científica máis importante xamais publicada.

Page 28: Xullo 2012

6 de xullo de 1885

Louis Pasteur vacuna contra a rabia con éxito ao neno Joseph Meister.

Page 29: Xullo 2012

8 de xullo de 1994: na

serra de Atapuerca (Burgos) decúbrense , fragmentos do Homo antecessor.

Page 30: Xullo 2012

9 de xullo de 1856:

morre Amedeo Avogadro, físico italiano.

14 de xullo de 1881: Amedeo

Avogadro publica en Le Journal de Physique, de Chimie et d’Histoire Natural a súa Lei : « Dous volumes iguais de gases diferentes, medidos nas mesmas condicións de presión e temperatura, conteñen o mesmo número de moléculas”.A partir desta hipótese foi quen de asignar masas relativas ás moléculas dos gases, o que marcaría o nacemento dos conceptos de masa atómica e masa molecular.Tres anos despois o matemático francés André-Marie Ampère chegou ás mesmas conclusións que Avogadro. A Comunidade Científica aceptounas en 1860 no Congreso de Química de Karlsruhe (Alemaña).

Page 31: Xullo 2012

10 de xullo de 1856

nace Nikola Tesla, físico croata.

Page 32: Xullo 2012

14 de xullo de 1551:

os Laboratorios Telefónicos Bell anuncian a invención do transistor de contacto fabricado con xermanio. Froito do traballo de John Bardem e Walter H, Brattain. A primeira aplicación foi en audífonos e máis tarde en aparellos de radio portátiles.

Page 33: Xullo 2012

14 de xullo

de 1911Torres Quevedo constrúe o seu primeiro dirixible que encabeza o desfile do Día da República Francesa.

Page 34: Xullo 2012

18 de xullo de

1898:Marie e Pierre Curie descobren un novo elemento químico, que chaman Polonio.

Page 35: Xullo 2012

19 de xullo de 1969:

en EE. UU., a nave espacial Apolo XI, cos astronautas Aldrin, Armstrong e Collins ponse en órbita aredor da Lúa.

20 de xullo: alunizaxe

21 de xullo ás 2.56 (hora internacional UTC) Neil Armstrong comandante da misión, pisa a superficie da Lúa.

Page 36: Xullo 2012

19 de xullo de 1989

morre Xaquín Lorenzo, etnógrafo galegoque fixo importantes estudos sobre aparellos e máquinas tradicionais.

Page 37: Xullo 2012

21 de xullo de 1983:

na Base Vostok da Antártida acádase a temperatura máis baixa rexistrada polo home, -89,2°C.

Page 38: Xullo 2012

23 de xullo de 1995 os

astrónomos estadounidenses Alan Hale e Thomas Bopp descubren, case simultáneamente, o cometa Hale-Bopp.

Page 39: Xullo 2012

25 de xullo de 1984:

a cosmonauta soviética Svetlana Savitskaja convértese na primera muller que camiña polo espazo.

Page 40: Xullo 2012

26 de xullo de 1844:

morre John Dalton, naturalista, meteorólogo matemático e químico inglés.

Page 41: Xullo 2012

30 de xullo de 2008:

a sonda da NASA Phoenix atopa auga en Marte.

Polo Norte de Marte

Page 42: Xullo 2012

31 de xullo

de 1877: morre o xeólogo Guillermo Schulz, primeiro en elaborar un mapa xeolóxico de Galicia.

Page 43: Xullo 2012

FOTOS: Alumnado 1º ESO, Adela Leiro, Mon Daportaxullo 2012

Departamentode Ciencias

1 ESO