28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza

2
Día Internacional da Saúde e a Seguridade no Traballo 28 ABRIL A medida que se prolonga o período de crise económica global que arrincou en 2008, vanse oíndo máis voces a diciren que a situación en que nos atopamos non é unha paréntese tras da cal volverán recuperarse os ritmos de crecemento e os dereitos sociais e laborais vola- tilizados polos recortes e as políticas de austeridade. O que ao primeiro se presentou como un momento de excepcionalidade pasaxeira desvelouse ao cabo como a imposición dun novo paradigma económico, social e laboral ao que a clase traballadora e a cidadanía en xeral deberán resig- narse. As elites mundiais, seguindo un guión previamente redactado po- los ideólogos do neoliberalismo, aproveitaron as condicións creadas por unha crise orixinada pola desregulación do sector financeiro para com- pletar a implantación dun modelo de acumulación por desposuimento, mercantilizando aqueles servizos públicos básicos que garantían a pro- tección social e dos dereitos laborais e cidadáns conquistados ao longo de décadas. En definitiva, un modelo que garante os beneficios ás elites á custa da calidade democrática das nosas sociedades. A s políticas de austeridade impostas pola Comisión Europea e a troica aos Gobernos europeos e, en especial, aos da periferia do continente, transformáronse no noso país nunha vaga de recortes de servizos públicos básicos, de privatizacións e nunha reforma laboral que deteriora gravemente o dereito á negociación colectiva nas empresas e está logrando que o modelo precario se configure como hexemónico na estrutura sociolaboral española, desprazando o emprego estable, con dereitos e salarios dignos. O que os tecnócratas da troica presentan como un inevitable paquete de medidas para saír da crise non é máis ca a aposta ideolóxica do neoliberalismo e a imposición aos países periféricos de Europa dun modelo produtivo e de relacións laborais que desmonta o Estado social, democrático e de dereito e nos achega paso a paso a estándares propios dos países en desenvolvemento. P ero esta ofensiva non se limita a deteriorar as condicións de tra- ballo e privatizar os servizos públicos rendibles. Arestora, a saúde laboral é un dos obxectivos que está no albo das elites: o dereito á seguridade e á saúde no traballo, un dos obxectivos centrais das políticas sociais europeas, é considerado hoxe un atranco que hai que superar para aumentar a competitividade da economía europea. Esta argumen- tación non só se materializa nun descenso dos investimentos en políticas preventivas nas empresas, senón que esixe reformas lexislativas que re- baixen a protección da saúde e a seguridade dos traballadores. E sta deriva desreguladora deu os seus primeiros pasos en Europa a mediados da pasada década pero acelerou a súa escalada coa chegada da crise económica. Desde 1978 e cada cinco anos, a Comisión Europea fixaba metas concretas, precisas e avaliables en pro- gramas de acción cos que se pretendía harmonizar a situación da saúde e a seguridade no traballo entre os diferentes países da UE fixando como obxectivo os estándares máis elevados de protección. Desde 2002, o instrumento utilizado con este fin pasou a denominarse «estratexia», e aínda que a xuízo do movemento sindical europeo continúa sendo unha ferramenta imprescindible para lograr o propósito da harmonización, está a sufrir devagar un desgaste na súa concepción. Cada nova estratexia incorpora máis partes descritivas e desiderativas e menos obxectivos con- cisos e cuantificables. D esde 2011, a Comisión Europea está a afondar nesta liña, ex- poñendo as súas dúbidas sobre a necesidade dunha Estratexia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo nun contexto de crise económica e afirma que a prioridade debe centrarse en aliviar as empre- sas da carga administrativa da lexislación vixente. O desemprego utilízase como elemento de chantaxe para desprazar a saúde dos obxectivos cen- trais das políticas comunitarias. P ero o novo tento que ao cabo axustou todas estas políticas foi a pu- blicación, o 2 de outubro de 2013 por parte da Comisión Europea, do programa REFIT (Adecuación e eficacia da normativa: resultados e próximas etapas), un documento que, baixo o paraugas de conceptos como «regulación intelixente», «simplificación lexislativa» ou «redución da carga reguladora», oculta unha das maiores agresións coñecidas contra a protección social e do ambiente, a saúde e seguridade dos traballadores, os dereitos de información e consulta e o diálogo social. En materia de prevención de riscos supuxo, entre outras consecuencias, a decisión de non impulsar nova lexislación en materia de saúde laboral no que resta do mandato da Comisión, o que leva consigo paralizar as dúas principais iniciativas lexislativas comprometidas na vixente Estratexia Europea, como son a revisión da directiva de canceríxenos e a aprobación da de tras- tornos musculoesqueléticos, e non trasladar a texto articulado acordos sectoriais asinados no marco do diálogo social europeo. A s políticas do Goberno español, inseridas nesta corrente ideolóxi- ca e cuxa máxima expresión é a reforma laboral de 2012, teñen o seu último fito en cuestións de saúde e seguridade no traballo coa presentación do anteproxecto de reforma da lei de mutuas en decem- bro do pasado ano. A aposta do Goberno é configurar as mutuas como únicas entidades capaces de asumir a xestión das novas prestacións da seguridade social, e faise por unha suposta maior eficacia no aproveita- mento dos recursos públicos. Esta afirmación está trufada de ideoloxía neoliberal e desmóntase só con ler os informes do Tribunal de Contas ou con considerar o tremendo subrexistro de enfermidades relacionadas co traballo que terminan derivándose aos servizos públicos de saúde como enfermidades comúns (un descenso acumulado de preto do 28 % das enfermidades profesionais notificadas desde 2008). A desaparición do concepto «prevención» do Fondo de Rehabilitación das Mutuas reduce de maneira significativa a súa competencia preventiva e demostra o afán mercantilista da reforma. A vinculación dos recursos públicos xerados po- las continxencias profesionais ás políticas públicas en materia de preven- ción supuxo importantísimas reducións de sinistralidade que hoxe en día corre o perigo de rebrotar (xa se veñen apreciando significativas modera- cións do descenso da sinistralidade, tanto en termos absolutos como en

Upload: oscargaliza

Post on 24-May-2015

637 views

Category:

Documents


8 download

TRANSCRIPT

Día Internacional da Saúde e a Seguridade no Traballo

28 ABRIL A medida que se prolonga o período de crise económica global que arrincou en 2008, vanse oíndo máis voces a diciren que a situación en que nos atopamos non é unha paréntese tras da cal volverán

recuperarse os ritmos de crecemento e os dereitos sociais e laborais vola-tilizados polos recortes e as políticas de austeridade. O que ao primeiro se presentou como un momento de excepcionalidade pasaxeira desvelouse ao cabo como a imposición dun novo paradigma económico, social e laboral ao que a clase traballadora e a cidadanía en xeral deberán resig-narse. As elites mundiais, seguindo un guión previamente redactado po-los ideólogos do neoliberalismo, aproveitaron as condicións creadas por unha crise orixinada pola desregulación do sector financeiro para com-pletar a implantación dun modelo de acumulación por desposuimento, mercantilizando aqueles servizos públicos básicos que garantían a pro-tección social e dos dereitos laborais e cidadáns conquistados ao longo de décadas. En definitiva, un modelo que garante os beneficios ás elites á custa da calidade democrática das nosas sociedades.

A s políticas de austeridade impostas pola Comisión Europea e a troica aos Gobernos europeos e, en especial, aos da periferia do continente, transformáronse no noso país nunha vaga de recortes

de servizos públicos básicos, de privatizacións e nunha reforma laboral que deteriora gravemente o dereito á negociación colectiva nas empresas e está logrando que o modelo precario se configure como hexemónico na estrutura sociolaboral española, desprazando o emprego estable, con dereitos e salarios dignos. O que os tecnócratas da troica presentan como un inevitable paquete de medidas para saír da crise non é máis ca a aposta ideolóxica do neoliberalismo e a imposición aos países periféricos de Europa dun modelo produtivo e de relacións laborais que desmonta o Estado social, democrático e de dereito e nos achega paso a paso a estándares propios dos países en desenvolvemento.

P ero esta ofensiva non se limita a deteriorar as condicións de tra-ballo e privatizar os servizos públicos rendibles. Arestora, a saúde laboral é un dos obxectivos que está no albo das elites: o dereito á

seguridade e á saúde no traballo, un dos obxectivos centrais das políticas sociais europeas, é considerado hoxe un atranco que hai que superar para aumentar a competitividade da economía europea. Esta argumen-tación non só se materializa nun descenso dos investimentos en políticas preventivas nas empresas, senón que esixe reformas lexislativas que re-baixen a protección da saúde e a seguridade dos traballadores.

E sta deriva desreguladora deu os seus primeiros pasos en Europa a mediados da pasada década pero acelerou a súa escalada coa chegada da crise económica. Desde 1978 e cada cinco anos, a

Comisión Europea fixaba metas concretas, precisas e avaliables en pro-gramas de acción cos que se pretendía harmonizar a situación da saúde e a seguridade no traballo entre os diferentes países da UE fixando como obxectivo os estándares máis elevados de protección. Desde 2002, o instrumento utilizado con este fin pasou a denominarse «estratexia», e aínda que a xuízo do movemento sindical europeo continúa sendo unha ferramenta imprescindible para lograr o propósito da harmonización, está a sufrir devagar un desgaste na súa concepción. Cada nova estratexia

incorpora máis partes descritivas e desiderativas e menos obxectivos con-cisos e cuantificables.

D esde 2011, a Comisión Europea está a afondar nesta liña, ex-poñendo as súas dúbidas sobre a necesidade dunha Estratexia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo nun contexto de crise

económica e afirma que a prioridade debe centrarse en aliviar as empre-sas da carga administrativa da lexislación vixente. O desemprego utilízase como elemento de chantaxe para desprazar a saúde dos obxectivos cen-trais das políticas comunitarias.

P ero o novo tento que ao cabo axustou todas estas políticas foi a pu-blicación, o 2 de outubro de 2013 por parte da Comisión Europea, do programa REFIT (Adecuación e eficacia da normativa: resultados

e próximas etapas), un documento que, baixo o paraugas de conceptos como «regulación intelixente», «simplificación lexislativa» ou «redución da carga reguladora», oculta unha das maiores agresións coñecidas contra a protección social e do ambiente, a saúde e seguridade dos traballadores, os dereitos de información e consulta e o diálogo social. En materia de prevención de riscos supuxo, entre outras consecuencias, a decisión de non impulsar nova lexislación en materia de saúde laboral no que resta do mandato da Comisión, o que leva consigo paralizar as dúas principais iniciativas lexislativas comprometidas na vixente Estratexia Europea, como son a revisión da directiva de canceríxenos e a aprobación da de tras-tornos musculoesqueléticos, e non trasladar a texto articulado acordos sectoriais asinados no marco do diálogo social europeo.

A s políticas do Goberno español, inseridas nesta corrente ideolóxi-ca e cuxa máxima expresión é a reforma laboral de 2012, teñen o seu último fito en cuestións de saúde e seguridade no traballo

coa presentación do anteproxecto de reforma da lei de mutuas en decem-bro do pasado ano. A aposta do Goberno é configurar as mutuas como únicas entidades capaces de asumir a xestión das novas prestacións da seguridade social, e faise por unha suposta maior eficacia no aproveita-mento dos recursos públicos. Esta afirmación está trufada de ideoloxía neoliberal e desmóntase só con ler os informes do Tribunal de Contas ou con considerar o tremendo subrexistro de enfermidades relacionadas co traballo que terminan derivándose aos servizos públicos de saúde como enfermidades comúns (un descenso acumulado de preto do 28 % das enfermidades profesionais notificadas desde 2008). A desaparición do concepto «prevención» do Fondo de Rehabilitación das Mutuas reduce de maneira significativa a súa competencia preventiva e demostra o afán mercantilista da reforma. A vinculación dos recursos públicos xerados po-las continxencias profesionais ás políticas públicas en materia de preven-ción supuxo importantísimas reducións de sinistralidade que hoxe en día corre o perigo de rebrotar (xa se veñen apreciando significativas modera-cións do descenso da sinistralidade, tanto en termos absolutos como en

índices de incidencia, en todos os sectores, cando non significativos incrementos como no caso do sector dos servizos).

P ero talvez sexa a xestión da incapacidade temporal por continxencias co-múns, dando capacidade á mutua para propoñer a alta sen existir o acto médico e concedendo a consideración de silencio administrativo positivo

ante a ausencia de resolución expresa do médico do sistema de saúde, o ele-mento que demostre de xeito máis palpable o carácter economicista dunhas políticas fundamentadas que eliminan o dereito ao restablecemento da saúde a cambio dos intereses económicos das empresas e que se basean en presupostos falsos, neste caso unha suposta perda de competitividade debida a uns eleva-dos niveis de absentismo que a realidade nos indica que son similares aos dos países do noso contorno.

O 28 de abril, Día Internacional da Saúde e a Seguridade no Traballo, é a xornada que o movemento sindical mundial aproveita para recordar as vítimas dos accidentes e as enfermidades producidas polo traballo e para

reclamar a mellora das condicións que soportan as traballadoras e os traballa-dores. A Confederación Europea de Sindicatos e a Confederación Sindical Inter-nacional lembran cada 28 de abril que coa presenza de sindicatos na empresa o traballo é máis seguro. Nesta liña, a Unión Xeral de Traballadores e Comisións Obreiras non podemos deixar de denunciar en 2014 unhas políticas que, de non se co-rrixir, terán devastadoras consecuencias en termos de saúde laboral e pública, que están contribuíndo a acentuar as desigualdades e que condenan o noso país a un modelo produtivo incapacitado para xerar un emprego digno e de calidade.

Por este motivo, CCOO e UGT reclamámoslle ao Goberno de España:

n A retirada daqueles elementos lesivos para os traballadores e a traballadoras do texto do proxecto de reforma da lei de mutuas, na liña do ditame aproba-do polo Pleno do Consello Económico e Social.

n Unha mellora na normativa de enfermidades profesionais que, co obxectivo de reducir o seu subrexistro, facilite os procesos de recoñecemento e actua-lice a súa listaxe de acordo coas últimas investigacións científicas.

n A aprobación da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2013-2020, incluíndo obxectivos precisos de redución da sinistralidade, afloramento de enfermidades producidas polo traballo e de equivalencia da protección independentemente do tipo de relación laboral.

n Mantemento dos investimentos públicos en materia de prevención de riscos laborais.

Somos conscientes de que ningún destes obxectivos enfrontados aos intereses das elites poderán alcanzarse sen o concurso activo dunha maioría social. Por este motivo, CCOO e UGT facemos un chamamento á cidadanía a participar en todas as convocatorias sociais e sindicais que se desenvolverán nos meses vin-deiros, empezando polo próximo 1.º de Maio.

28 ABRIL Día Internacional da Saúde e a Seguridade no Traballo

2014

CON SINDICATOSO TRABALLO É MÁIS SEGURO!

A desregulación lexislativa condena a

seguridade e a saudedos traballadores e traballadoras e a

economía do noso país