a apalpador

28

Upload: mer-grueso

Post on 08-Mar-2016

252 views

Category:

Documents

0 download

DESCRIPTION

VELLO XIGANTE DE BARBA RUBIA QUE NA NOITE DO 24 DE DECEMBRO BAIXA VISITAR AOS MAÍS CATIVOS PARA...

TRANSCRIPT

Page 1: A APALPADOR

OA

pal

pad

orX

oán

G.

ISBN: 978-84-937323-5-6

9 788493 732356

O Apalpador é un personaxe mítico galego que baixapolo Nadal a levarlles os agasallos aos nenos. Entra de

noite nos seus cuartos cando están durmidos e apálpallesa barriguiña por ver se están mantidos e déixalles, ademais

dos xoguetes, unha presa de castañas.

Ten un tronco común con outras tradicións europeas e do norte de España(Olentzero basco e Esteru astur-cántabro) e probablemente a mesma orixe, pero que

desgrazadamente en Galiza estaba practicamente esquecido.

O rito da Noite do Apalpadoiro foi descrito por varios estudosos e a figura dopersonaxe refírese na zona da montaña lucense e, nomeadamente, no Courel.

No oriente ourensán existen referencias a este personaxe aínda que, nalgúns casos,con outros nomes e, noutros, con atribucións menos simpáticas como son as de

espantar aos nenos.

Neste conto, Xoán G. pretende espilo das deturpacións que ben poden responder asuperposicións pouco afortunadas doutros costumes e quedarse co concepto positivo

do personaxe e co seu agarimo.

Page 2: A APALPADOR
Page 3: A APALPADOR

O ApalpadorXoán G.

Page 4: A APALPADOR

O APALPADORXOÁN G.

Editora: Carmela González BooDirector: Tucho Calvo

Biblos Clube de Lectores, S. L.Quintá Nº 8, Mandaio, Cesuras, A Coruña

© 2009 Xoán G.© 2009 da presente edición: Biblos Clube de Lectores, S. L.

Depósito Legal: C 3637-2009ISBN: 978-84-937323-5-6

Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só se podefacer coa autorización dos seus titulares, agás nos casos previstos pola lei. Diríxase a CEDRO (Centro Español

de Dereitos Reprográ�cos www.cedro.org) se precisar fotocopiar ou escanear algunha parte desta obra

Page 5: A APALPADOR

Ao meu pai, porque si

A Manuela, porque tamén

A Xaquín, Gael, Avia e Xoana, porque...

Aos nenos de todas as idadesque forman o Clan de Breogán

porque a eles vai destinado este conto

Page 6: A APALPADOR
Page 7: A APALPADOR

O Apalpador vive nas devesas do Coureldesde hai tantos anos que ninguén sabe xacantos ten.

Page 8: A APALPADOR

Pasa o día a apañar madeira como cando eracarboeiro, aínda que agora a que procura édoutras castes máis finas.

E no outono aproveita a viaxee tamén vai ás castañas.

1

Page 9: A APALPADOR

2

Page 10: A APALPADOR

De volta a casa, senta a carón da lareira eescolle con moito agarimo a madeira máisseca e de mellor calidade, saca a súa navallae ponse a entallar.

Page 11: A APALPADOR

E así pasa un día e outro, e outro, e outro...

Page 12: A APALPADOR

Pero polo Nadal deixa anavalla e baixa a todas as casasda Galiza cunha morea deagasallos para repartir.

Page 13: A APALPADOR
Page 14: A APALPADOR

Antón e Antía arelan a

Noite do Apalpadoiro

Page 15: A APALPADOR

e andan tan bulideiros que

non queren ir para a cama.

Page 16: A APALPADOR

Pero sabenque se fican espertos

non hanvir os agasallos!

Page 17: A APALPADOR

E, ao cabo, rematan caendode

sono.

Page 18: A APALPADOR
Page 19: A APALPADOR
Page 20: A APALPADOR
Page 21: A APALPADOR

Con agarimopara non os

espertar, o Apalpadoraloumíñalles as barriguiñas

por ver se están mantidos.E como os dous cearan

abondo...

Page 22: A APALPADOR
Page 23: A APALPADOR

...aleda e bísballes amodiño:

—Así, así esteades todo o ano!

e coa mesma,déixalles unhapresa de castañasna mesa de noite.

Page 24: A APALPADOR
Page 25: A APALPADOR

Pero os agasallos déixallelos agochados portoda a casa, así que ao se ergueren pola mañáterán que xogar a atopalos.

Page 26: A APALPADOR

CachimbaHai moitos anos que deixou defumar, agora lévaa apagada para

acordar que non debe facelo

ZocosCálzaos para poder andar polaslameiras porque son de coiro e

coa sola de madeira

PuchaAbrígalle a cabeza e quédalleguapa, ademais dalle moitaseriedade de señor, Señor!

FolÉ de coiro e lévao cheo de castañasque logo lles deixa ás nenas e aos

nenos na mesa de noite

NavallaPara entallar xoguetes e outras pezasde artesanía. Fíxolla hai moitísimos

anos un ferreiro de Riotorto

Page 27: A APALPADOR
Page 28: A APALPADOR