apalpador teatro

15

Upload: xianadecide

Post on 07-Jul-2015

187 views

Category:

Education


10 download

DESCRIPTION

OBRA DE TEATRO DO CEIP MESTRES GOLDAR

TRANSCRIPT

Page 1: Apalpador teatro
Page 2: Apalpador teatro

O APALPADORO APALPADORO APALPADORO APALPADOR NADAL 2010

TEXTO NARRATIVO Comezaremos a sesión cunha xustificación e información sobre a figura do Apalpa-

dor e a súa relación coa festa de Nadal.

(cada paragrafo será lido por un neno ou unha nena diferente) Segundo conta a tradición, O APALPADOR, tamén coñecido como Pandigueiro ou

Apalpabarrigas, é un xigante carboeiro que mora nas montañas durante todo o ano

e que baixa ás aldeas, vilas e cidades nos días 24 e 31 de decembro, á noitiña, para

apalpar a barriguiña dos nenos e nenas e comprobar se comeron ben ao longo do

ano. Chégase a eles á noite, caladiño... apálpalles o ventre e, se están cheos, mar-

múralles coidadosamente ao oído, “así, así esteas todo o ano”.

Se, pola contra, comproba que teñen a barriguiña baleira, torce o xesto, déixalles

unha presa de castañas, e marcha preocupado.

O Apalpador vive nas devesas do Courel dende hai tantos anos que ninguén sabe xa

cantos ten. Pasa o día a apañar madeira, e no outono

tamén vai ás castañas. De volta á casa, senta a carón do

lume e escolle con moito agarimo a madeira máis seca e

de mellor calidade, saca a súa navalla e ponse a entallar. E

así bota un día e outro, e outro, e outro... pero polo Nadal

deixa a súa navalla e baixa por todas as casas da Galiza

cunha morea de agasallos para repartir.

Page 3: Apalpador teatro

O Apalpador é amigo de todos, de pequenas e pequenos, pero

tamén de grandes, de probes e de ricos, dos da montaña e dos da

costa, das aldeas, das vilas e cidades. Non fai distincións entre

cristiáns, musulmáns, xudeos, ou da relixión que sexa, porque el

só celebra o solsticio, a unión do home coa terra e cos astros. E

ademais ten un corazón case tan xigante coma el. Aló na monta-

ña, entre carballos e castiñeiros, fai xoguetes coa puntiña da navalla e despois repár-

teos con ilusión. Cando non dá feito, procura xoguetes e outros agasallos en outros

lugares, para que ninguén quede sen o seu.

O Apalpador, o mesmo que o carbón, tiña orixinalmente un carácter positivo e benéfi-

co, porque representa a provisión de calor e de alimento para o inverno. Pero cando

se afianzou a nova tradición dos Reis Magos, o carbón pasou de ser un agasallo a un

castigo para os nenos malos, e os personaxes relacionados con el, como o Apalpador,

foron cada vez máis desprezados.

Hai razóns abondo para pensar que esta figura mítica da tradición do Nadal galego

está vencellada con outras tradicións populares que fan referencia aos ciclos da na-

tureza. O acendido do tronco do Nadal, un tronco que se acendía dende o 23 ao 31 de

decembro para agoirar un bo comezo do ano que vai vir, e o CARBÓN DE NADAL, son

un conxunto de rituais relacionados co inverno que comparten moitos pobos europeos.

Trátase de tradicións de pedido de bens á nai natureza, representada por un anaco

de madeira, ou personificada nun personaxe relacionado con ela, no momento en que

esta ofrece menos froitos: durante a fría estación do inverno.

Page 4: Apalpador teatro

O APALPADORO APALPADORO APALPADORO APALPADOR Adaptación do libro “Antón e o apalpador”

Nenos e nenas de 5 anos saen a escea. Bailan o tema “ O garotiño” e son in-terrompidos pola visita do avó. NENO/A: Ola avó ! estou a xogar cos meus amiguiños do cole. Oes

avoíño, por que non nos contas un deses contos de Nadal que sabes ti,

que son moi chulos... anda avoíño!!

NARRADOR: Está ben, está ben... a ver, poñédevos por aquí , que vou-

vos contar un que me acordou agora que é moi bonito.

Os nenos e nenas de 5 anos póñense en semicírculo nun recuncho do escenario. O avó, fronte a eles empeza a falar NARRADOR/A. Vouvos contar o conto do que lle aconteceu a Antón

nunhas vacacións de Nadal. A Antón encantábanlle as estrelas e, aínda

que vivía no edificio máis alto da cidade, dende alí non as podía ver. Un

día, moi cedo, recibíu unha carta da súa madriña Mariña convidándoo a

pasar con ela o Nadal. E así comezou esta aven-

tura…

Aparece un neno deitado na súa cama. O alumnado de 3 e 4 anos arrodea a cama e comeza a cantiga Tic-tac NAI .- Antón, esperta, Antón!! Tes unha carta

Page 5: Apalpador teatro

da madriña

ANTÓN.- (espreguizándose) E que di?

NAI.- Ai, Antonciño, que xa tés 11 anos, toma,

le ti.

ANTÓN.- (lendo a carta) Querido afillado: As

estrelas locen enormes no inverno; pódoas ver

a centos dende a miña ventá, e gustaríame compartilas contigo. Queres

vir pasar con nós as túas vacacións de Nadal ? Agardámoste impacien-

tes…

(Deixando a carta) Mamá, que ben ! Podemos pasar o Nadal coa madriña? NAI.- Ai, meu neno, eu non podo ir, que non teño vacacións coma ti… Xa

me gustaría !

ANTÓN.- Pois eu xa son un neno maior, ben podería ir eu só…

NAI.- Esa paréceme unha idea estupenda. Ben podes viaxar no autobús,

e avisamos a madriña para que te recolla na parada.

ANTÓN.- Si, grazas, mamá!! (dálle unha aperta).

NARRADOR.- Antón púxose moi contento. Mariña, a súa madriña, vivía

nun lugar chamado “O Courel”, ben lonxe da cidade, e ben cheo de árbo-

res e animais... e, por suposto de estrelas. A viaxe era longa, pero a

Antón pasoulle nun tris.

(Sae o autobús de cartón) (Música ) Chófer, ELOI: Autobús para O Coureeeeeel!! saída inmediataaaa!!

Page 6: Apalpador teatro

ANTÓN: (dirixíndose a unha señora que ía subir

ao autobús) Señora, este é o autobús que vai ao

Courel?

SEÑORA: Si, meu filliño; pero, vas ti só?

ANTÓN: Sí, vou a casa da miña madriña Mariña.

SEÑORA: Ai, Xesús!! que espabilados que sodes os nenos de agora. So-

be, sobe comigo, pequeno.

Pola xanela do autobús, mentres se adentraban nas montañas, Antón, pui-

do ver as paisaxes máis sorprendentes. Cando á fin chegou, non había

ninguén agardándoo, e Antón, que era moi aventureiro, decidíu ir cami-

ñando só na busca da casa da súa madriña.

(Sae o alumnado de 1º facendo de bosque) música para o bosque Polo camiño atopou unha ra; era tan brillante que parecía que unha vaca

lle dera unha lambetada!! (Neno de 1º facendo de ra: croa, croa...) E tan

simpática, que Antón seguiu os seus chimpos e adentrouse na devesa.

(saen a escena os animais do bosque coa súa música) Chegou a noite. O ceo encheuse de estrelas e a fraga cubriuse de som-

bras... Antón estaba perdido. As pedras mirábano enfurruñadas, as pólas

das árbores queríano tocar mentres botaban xemidos que poñían a pel de

galiña.

Page 7: Apalpador teatro

(Música: “Yo nunca vi”) Antón tivo medo e botouse a correr coma se tivese lume no cu!! De súpe-

to, zas!!

(escóitase unha treboada)

Caeu nunha morea de carbón. Ergueu a cabeza e... por fin !! a casa da

madriña Mariña estaba aquí. Antón achegouse e mirou pola fiestra. Non

había ninguén: só un toro ardendo e unha luz moi intensa que saía dunha

porta entornada... Ñieeeek!! Entrou na casa sen facer ningún ruido. Di-

rixiuse á porta abríndoa amodiño e...

Antón quedou abraiado cando descubriu un cuarto enorme cheo de

xoguetes de madeira... E, entre os xoguetes, apareceu un home moi

grande con barba e capa verde.

(Voces en off)

- Benvido ao meu fogar, Antón!!

- Ia á casa da miña madriña Mariña. Tiña

medo e a porta estaba aberta…

- As portas da miña casa están sempre

abertas!! Eu ben sei onde vive a túa madriña. Non está lonxe. De mañá

levareite, que agora é moi tarde.

NARRADOR/A.- O xigante achegouse a Antón, apalpoulle a barriga e

decatouse de que tiña moita fame.

(Voces en off)

- Toma esta cunca de castañas que acabo de asar.

Page 8: Apalpador teatro

- Grazas, señor. Vou dar boa conta delas.

- Non me chames señor. Eu teño moitos nomes: Apalpador, Apalpafoles, A-

palpabarrigas, Pandigueiro... Podes elexir o que che pete.

NARRADOR/A.- Sentaron os dous a carón do lume. O apalpador contoulle

fantásticas historias dos habitantes da fraga: o mouchiño rosmón, a xoani-

ña que quería voar, o ourizo agarimoso…

(Música) Antón quedou durmido. Cando espertou estaba na casa da madriña Mariña. Contoulle todo o que lle

acontecera, pensando que todo era un soño ata que a súa madriña lle expli-

cou o que lle acontecera.

MADRIÑA.- Meu pequeno!! Ti estiveches na casa do Apalpador… ANTÓN.-E quen é ese señor, madriña? MADRIÑA.- O Apalpador é un xigante carboeiro que ninguén sabe xa can-

tos anos ten. Pasa o día a apañar castañas e madeira, e fai xoguetes e ou-

tras cousas para regalar no Nadal. De noite,

mentres os cativos dormen, apálpalles a barriga

para ver se teñen fame, e deixálles un feixe de

castañas ben quentiñas, e algún agasallo máis…

alumnado de 4º fai unha danza. “Río verde” ANTÓN.- Eu quero voltar á súa casa para darlle

Page 9: Apalpador teatro

as grazas… pero non lembro por onde se vai. Madriña, onde vive o Apalpa-

dor?

MADRÑA.- Pois iso é un misterio, ninguén sabe chegar. Pero pódeslle es-

cribir unha carta!

NARRADOR/A.- Antón púxose moi contento. Colleu lapis e papel e escri-

biulle unha bonita carta chea de debuxos. E, coma el, os nenos e nenas de

todas as vilas e aldeas escríbenlle ilusionados ao Apalpador.

(Sae o alumnado de 3º e len as súas cartas) CARTA AO APALPADOR OS NENOS E NENAS DE TERCEIRO QUERÉMOSCHE PEDIR UNHAS POUQUIÑAS CASTAÑAS E PODELAS COMPARTIR TEMOS UNHA COUSA CLARA, XOGUETES NON IMOS QUERER PORQUE LOGO A NOSA PROFE SEMPRE OS MANDA RECOLLER PEDÍMOSCHE AMIGOS E AMIGAS PARA CON ELES XOGAR E ASÍ SALTAREMOS NA CORDA AO PARCHÍS OU A PILLAR SE TÉS POR AÍ UNHA BUFANDA PARA NON PASAR TANTO FRÍO...

Page 10: Apalpador teatro

QUE CANDO CORTAMOS O PELO NIN AS ORELLAS SENTIMOS UN ANORAK BEN QUENTIÑO DA MELLOR PLUMA DE PATO... UNHAS BOTAS PARA A NEVE QUE NOS ABRIGUEN UN RATO UNS BOS CESTIÑOS DE MIMBRE TAMÉN NOS IRÍAN MOI BEN... ASÍ APAÑAMOS CONTIGO AS CASTAÑAS DO COUREL. DE PASEO POLO COUREL GUSTARIANOS ATOPAR A CASA ONDE TI VIVES E CONTIGO CONVERSAR. MAIS, COMO XA SABEMOS O OCUPADO QUE TI ESTÁS TRÁENOS UN BO SORRISO E MOITA FELICIDÁ SE NOS TRAES UNHAS CASTAÑAS FAREMOS UN BO CALDIÑO. PÓDESNOS MANDAR UNS GRELOS... E DE POSTRE UN BO MEMBRILLO XA NON TE ENTRETEMOS MÁIS QUE ESTARÁS MOI OCUPADO. A VER SE CONVENCES AOS PROFES QUE NOS DEAN MOITOS APROBADOS ASÍ REMATA ESTA CARTA DE TODOS OS DE TERCEIRO CUN GRANDE BICO XIGANTE QUE LLO DEAS AO MUNDO ENTEIRO

Page 11: Apalpador teatro

NARRADOR/A.- O que Antón non sospeitaba é que a súa camiñada polo

bosque fora observada por uns seres pequeniños que todo o ven: os

trasnos e as fadas do bosque.

(saen algúns de 2º correteando e xogando) Eles teñen un traballo moi importante: vixían os rapaces e rapazas para

veren quen se porta ben e quen non, para llo contaren a un grande amigo:

o APALPADOR

(música) (sae o apalpador e os trasnos fan unha roda arredor) O Apalpador come ovos que apaña dos niños dos paxaros e mel que re-

colle das colmeas das abellas. Encántalle facer boas paparotadas e invi-

ta os seus amiguiños os trasnos e as fadas. Estes xogan a remexer sen

malicia nas cousas do Apalpador: escóndenlle as ferramentas, móvenlle

as pantuflas de sitio, agóchanlle o pixama e o chapeu… Todos os anos, ao

comezar o frío no outono, o Apalpador lémbrase de que ten que ir prepa-

rándose para o Nadal e comeza a apañar castañas que atopa polo monte.

Mais este ano andaba algo despistado...

FADAS.-.-Apalpador!! que vén o Nadal e

non vas conseguir castañas abondo!!

APALPADOR.-Ai, miña madriña, esquecérao!

Uf, uf! Que non me vai dar tempo!!

Entón sae a correr apañar tantas castañas

Page 12: Apalpador teatro

como poida...os trasnos axúdanlle e así pasa o día... ata que pola noite cae

rendido a durmir ata o día seguinte.

(MÚSICA) - Teño que poñer os zapatos axiña, coller o saco e baixar aos vales, senón

non me vai dar tempo a chegar a todas as casas!!

(O apalpador sae da escena cos seus trasnos e fadas) E así é como o Apalpador baixa da montaña...cos seus zapatos diferentes,

veste mal o seu casaco, pon ás costas o saco de castañas cociñadas e os

seus xoguetiños de madeira...e sae cando asoma a madrugada.

(MÚSICA) En canto soa a música, os nenos e nenas de 5 anos vanse deitando en colchone-tas espalladas polo escenario. A música continúa ata que todo está preparado. APÁGANSE AS LUCES… PONSE UNHA MÚSICA ADECUADA E APARECE O APALPADOR COS SEUS ACOMPAÑANTES QUE LEVAN CADANSÚA LANTERNA NA MAN Os trasnos acompáñano contentos, a cantar e alumearlle o camiño, indí-

canlle onde se atopan as persoas, raparigas

e rapaces que se portaron ben ao longo do

ano.

TRASNO.- Aquí viven...Luisa e o seu irmán

Paulo.

Aquí Isabel, o Brais e o Anxo

E alá o Manuel, Fernando e Rita

Page 13: Apalpador teatro

( Canto) 5º Vai logo, meu meniño, din, don, dan

marcha para a camiña, din, don, dan

vai vir o Apalpador din, don, dan

apalparche a barriguiña. din, don, dan

Todos cantan o retrouso Pola montaña Ven relumbrando Logo do solpor. Non teñas medo, Durme acougado Que é o apalpador TRASNO.- Apalpador, aquí vive a pequena Inés, que é moi boa, axuda

moito na casa dos seus pais, estuda moito no colexio e coida do avó.

(Canto) Mañá é día de cachela, din, don, dan

haberá gran nevarada din, don, dan

ha de vir o Apalpador din, don, dan

cunhas pouquiñas castañas. din, don, dan

Todos cantan o retrouso Pola montaña

Ven relumbrando

Logo do solpor.

Page 14: Apalpador teatro

Non teñas medo,

Durme acougado

Que é o apalpador

Ao fin, logo de ver os seus agasallos, todos van

para a lareira, onde o lume quece un pote de

caldo ben quentiño.

A despensa estará chea de leña, patacas, verzas e garavanzos para pa-

sar o inverno ata que chegue a primavera.

Cando chegue a primavera e se poidan voltar a plantar as leiras outra

vez.

(canto xeral do Apalpador) No entanto, o Apalpador, derreado, dorme logo de ter visitado todas as

casas de todos os rapaces e raparigas durante a noite.

Dende aquel día, polo Nadal, Antón recibe a visita do Apalpador mentres

soña coas estrelas.

E, colorín colorado... este conto está contado

Que o Apalpador encha as vosas barriguiñas de cousas extraordinarias

este Nadal, e que o novo ano sexa máxico.

FIN

Page 15: Apalpador teatro

Esta obra de teatro está baseada no conto “ANTÓN E

O APALPADOR”, de Manuel Castro Lima e Mª Mar

Ameixeiras. Barafunda Editorial.

Autor da adaptación: ANTÓN LÓPEZ