obxectos de aprendizaxe - udc · 2020. 5. 18. · mapas . outras ferramentas innovadoras para...

Post on 21-Jan-2021

3 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

APRENDIZAXE OBXECTOS DE

LIÑA 2 MATERIAIS DE FORMACIÓN PARA ESTUDANTES

DE GRAO DA COMPETENCIA DIXITAL

5. Resolución de problemas: 5.3. Usar a tecnoloxía dixital de

forma creativa:

3. Ferramentas innovadoras

Colección Obxectos de Aprendizaxe, 2019

MATERIAIS DE FORMACIÓN PARA ESTUDANTES DE GRAO

DA COMPETENCIA DIXITAL

5. Resolución de problemas: 5.3. Usar a tecnoloxía dixital de forma creativa:

3. Ferramentas innovadoras

REBIUN Liña 2 (3er. P.E.) Grupo de Competencia Dixital

Documento baixo licenza Creative Commons

Usar a tecnoloxía dixital de forma creativa FERRAMENTAS

INNOVADORAS

OBXECTIVOS

Ao finalizar esta actividade tes que ser capaz de:

Localizar ferramentas innovadoras. Coñecer algunhas ferramentas de última xeración que che permitan crear contidos e resolver problemas. Entender que con estas ferramentas podes resolver problemas de forma creativa.

SUMARIO

Introdución (como atopar ferramentas) Presentacións (Prezi) Textos (Medium) Infografías (Piktochart) Mapas conceptuais (Cmap Tools) Audio (Audacity) Cartografía (Google Maps) Vídeo (Animaker) Análise de datos cualitativos (Atlas.ti) Linguaxes de programación (Python) Gráficos (Tableau)

Os usuarios de tablets ou teléfonos Android podedes buscar aplicacións en Google Play.

INTRODUCIÓN

Os usuarios de ordenadores, tablets ou teléfonos Apple podedes buscar aplicacións para Mac OS ou iOS nos App Store.

Hoxe en día podemos acceder a gran cantidade de ferramentas innovadoras, sinxelas de usar e gratuítas. Estas ferramentas poden permitirnos realizar tarefas e solucionar problemas dunha forma non convencional, creativa e eficaz.

Neste módulo ofrecémosvos unha

selección de ferramentas

innovadoras que podedes usar no voso

traballo. Con todo, tamén

podedes buscar vós mesmos a ferramenta

adecuada.

Os usuarios de Linux podedes buscar nos repositorios de aplicacións de Linux como Gnome.

As ferramentas non só son programas ou aplicacións para instalar no noso dispositivo. Cada vez son máis frecuentes as ferramentas “na nube”. Podedes buscar ferramentas mediante unha busca en Google, indicando o propósito ou a necesidade: “ferramentas presentacións” ou “mind maps tools” devolveranos unha ampla selección de recursos para o noso traballo.

Os usuarios de Windows podedes buscar en Microsoft Store.

PRESENTACIÓNS

O programa que recomendamos para presentacións é:

Prezi tamén fai funcións de rede social, permitíndonos compartir e divulgar as nosas presentacións. Por suposto tamén podemos atopar e usar (se o autor o permite) presentacións creadas por outros.

Podemos usalo gratuitamente. Dispón dun gran número de modelos, iconas, tipos de letra, imaxes, etc. O seu principal atractivo é o sistema de zoom que permite presentacións moi dinámicas

Prezi

Outras ferramentas innovadoras para presentacións son Knovio e Emaze.

INFOGRAFÍAS

Podemos realizar infografías moi atractivas utilizando:

Outras ferramentas innovadoras para infografías son Canva e Visme.

Piktochart

Podemos utilizalo gratuitamente e aproveitar os modelos, iconas, tipos de letra e posibilidades creativas dun programa profesional para crear impactantes infografías.

TEXTOS

Outras ferramentas innovadoras para escribir e divulgar textos son WordPress e Blogger.

Medium

Se necesitas un lugar para publicar ou difundir un texto, hai unha ferramenta que pode axudarte:

É unha plataforma de autopublicación, con funcións de edición e tratamento de textos. Sérvenos para gardar e agrupar os materiais textuais que queramos divulgar.

MAPAS CONCEPTUAIS

Outras ferramentas innovadoras para traballar con mapas conceptuais son MindJet e XMind.

CmapTools Os mapas conceptuais poden axudarnos no estudo ou a preparación de traballos. Para traballar con eles existen moitas ferramentas. A nosa favorita é:

Este programa permítenos traballar de forma case profesional con mapas conceptuais, para o que dispón de múltiples ferramentas. Tamén podemos compartir as nosas creacións a través da web.

by JasonMoraRuiz is licensed under CC BY-SA 4.0

AUDIO

Outras ferramentas innovadoras para traballar con audio son EXPStudio e Ardour.

Audacity

Se necesitamos preparar, editar, mesturar ou facer calquera cousa cunha gravación de audio, podemos utilizar esta ferramenta:

Audacity permitiranos un tratamento profesional do audio. Dispón de moitos plugins e efectos, e a aprendizaxe non é moi complicada.

by Festor is licensed under CC BY-SA 3.0

MAPAS

Outras ferramentas innovadoras para traballar con mapas son HERE WeGo e Waze.

Google Maps

A ferramenta que recomendamos para traballar con mapas é:

Google Maps ofrece innumerables opcións creativas: non só serve para xeolocalización ou ver mapas. Podemos facer rutas e gardalas, visitas virtuais a museos ou outros edificios, medir distancias, ver mapas históricos, sinalar datos, etc.

ANIMACIÓN

Outras ferramentas innovadoras para traballar con animacións son Powtoon e Scratch.

Animaker A nosa ferramenta favorita para facer vídeos de animación é:

Con ela poderemos realizar animacións simples, pero moi creativas, orixinais e personalizadas. Nunha contorna tan complexa pero tan impactante como a animación, é moi interesante dispoñer dunha ferramenta que nos permita realizar animacións sen un alto custe de aprendizaxe.

GRÁFICOS

Outras ferramentas innovadoras para traballar con gráficos son DataWrapper e Plotly.

Tableau Public

Entre a gran cantidade de ferramentas innovadoras para gráficos, recomendámosvos:

Uso e almacenamento gratuíto. Con funcións de infografía, animación e folla de cálculo, Tableau permitiravos presentar os datos de forma impactante e creativa.

ANÁLISE DE DATOS CUALITATIVOS

Outras ferramentas innovadoras para traballar con gráficos son MaxQData e Nvivo.

Atlas.ti Para a análise de datos cualitativos, seleccionamos este programa:

En Ciencias Sociais e Humanidades é crucial a análise de datos cualitativos. Atlas.ti ofrece potentes ferramentas para realizalo.

LINGUAXES DE PROGRAMACIÓN

Outras linguaxes de programación innovadoras son R e JavaScript.

Python Aínda que poda asustarnos a soa mención do termo, ter nocións dunha linguaxe de programación pode axudarnos a resolver moitos problemas. Eliximos este:

É unha linguaxe relativamente lexible e dispón de gran cantidade de implementacións e bibliotecas que se adaptan a distintos obxectivos e funcións.

PARA SABER MÁS... PARA SABER MÁIS...

Guía temática BUPNA Ciencia 2.0 Innovations in Scholarly Communication

top related