recetario para a paz
Post on 24-May-2015
1.080 Views
Preview:
TRANSCRIPT
RECEITAS
DE PAZ
C.E.I.P. Víctor SáenzCurso 2013-2014
ensalada para a paz
Alumnos e alumnasde Educ. Infantil: 3 e 4 anos
Ingredientes:• amor
• solidaridade
• liberdade
• bondade
• respecto
• cariño
Preparación :
1. Cortar a solidariedade.
2. Mesturar o amor e a liberdade.
3. Botalo nunha cunca e triturar.
4. Engadir respecto.
5. Lavar o cariño.
6. Metelo na neveira.
7. Sérvese con bondade líquida..
Receita para a paz
Alumnos e alumnasde Educ. Infantil: 5 anos
Ingredientes:
• 4 cuncas de amor
• 2 cuncas de xustiza
• 3 cuncas de comprensión
• 6 pintas de amizade
• 5 culleradas de tenrura
• 4 partes de fe
• 1 chisco de alegría
Preparación :1. Mesturar o amor, a xustiza e a fe.
2. Engadir tenrura e comprensión e botar unhas pingas de amizade
3. Condimentar con alegría e meter ao forno.
Cocido para a paz
Alumnos e alumnasde 1º ciclo de Primaria
Ingredientes:• Amizade
• Ledicia
• Bondade
• Amor
• Compartir
• Prestar
• Axudar
• Agarimo
Preparación :1. Cómpre mesturar ben: amizade da boa, ledicia e
bondade na mesma cantidade
2. Necesitas moito amor
para que teña sabor.
3. Non esquezas compartir
que é bo para ti.
4. A todos debes axudar
e as cousas prestar.
5. E para rematar moito agarimo has de botar.
Con todos estes ingredientes conseguirás…
A PAZ
Tarta de amor
Alumnos e alumnasde 3º curso
Ingredientes:• Un quilo de amor
• 100 gramos de ilusión
• 500 gramos de tolerancia
• 1 puñado de respecto
• 4 gramos de coidado
• 2 pezas de amizade
• 5 ramiñas de comprensión
Preparación :1. Primeiro, partimos o amor en
anaquiños e botámoslle un puñado de respecto.
2. Pelamos a amizade. A pel raiámola e botámola noutro cazo xunto co coidado.
3. A continuación escachamos a media ducia de maltrato e mesturámolo coa pel da amizade e o coidado ata que se forme unha boa xustiza.
4. Exprimimos a tolerancia e metémola na neveira durante 1 hora ata que espese un pouquiño.
5. Lavamos a axuda para quitarlle toda a envidia e cocémola a lume lento durante catro horas.
6. Mesturámolo todo e botámolo nun molde que untaremos con ilusión.
7. Metémolo no forno a 200 grados durante unha hora e, ao sacalo, decorámolo coas folliñas de comprensión.
8. E xa temos unha boa Tarta de Amor!
postre de paz
Alumnos e alumnasde 4º curso
Ingredientes:• 500 gramos de amor
• 3 vasos de respecto
• 1 cullerada de axuda
• 1 cunca de amizade
• 1 chisco de compaixión
• 1 kg de xenerosidade
• ½ Kg de tolerancia
• 3 toneladas de liberdade
• Moitísima felicidade
• Unha chea de apertas
• Infinidade de bicos
1. Primeiro cocemos a fogo lento o amor.
Preparación :
2. Logo batemos nun bol os 3 vasos de respecto, 1 cullerada de axuda, 1 cunca de amizade e 1 chisco de compaixión e remexemos moi ben ata ter unha masa consistente.
Preparación :3. Despois, noutro bol, mesturamos 1
kg de xenerosidade, ½ kg de tolerancia e 3 toneladas de liberdade. E mesuramos de novo todo.
4. Finalmente, para montar a tarta seguimos os seguintes pasos:
Como base empregaremos o amor.
A primeira capa da tarta será o contido do primeiro bol.
A segunda capa será o contido do segundo bol.
Unha vez colocadas as capas, caramelizaremos a tarta cunha tonelada de perdón e espolvorearémoslle moitísima felicidade, unha chea de apertas e infinidade de bicos.
Este postre sabe moito mellor se o comemos todos xuntos.
REcomendación:
Biscoito de paz mundial
Alumnos e alumnasde 5º curso
Ingredientes:• 3 culleradas grandes de amor puro
• 200gr de amizade en po.
• Un bo chisco de colaboración raiada
• Un chisquiño de tolerancia triturada
• 1 litro de pensamentos ben batidos
• ¾ kg de comprensión en rodaxas
• 3 rebandas de igualdade do mesmo tamaño
• 10 culleradiñas das de postre de solidariedade.
• 5 rebandas de ilusión fresca• Quilo e medio de bos corazóns
rechecos de agarimos.• 400gr de cariño ben
peneirado• Un bo anaquiño de todos nós
1. Verte a amizade en po nunha pota grande.
2. Engade o litro de bos pensamentos remexendo para que non se fagan grumos ou malentendidos.
Preparación da masa
3. A continuación, engade a tolerancia triturada e deixa repousar a mestura para que espese e nos deixe reflexionar.
4. Cando a mestura estea lista, engade os agarimos ben peneirados para que penetren ben na masa e alegren os corazóns.
5. Mete a masa no forno a 180º durante tres cuartos de hora de paciencia.
6. Cando o biscoito estea listo, sácao e pono a arrefriar.
1. Para facer o recheo, primeiro tritura ben o cuarto de quilo de comprensión e as lonchiñas de igualdade.
2. Engádelle o quilo e medio de corazóns de tenrura e as dez culleradiñas de solidariedade. Estas últimas son moi importantes para que a pobreza non estrague o noso biscoito.
Preparación do recheo:
3. Bate a mestura co teu batedor ata poñela a punto de igualdade
4. Para rematar o recheo, só che queda engadir un bo anaquiño de todos nós e tres culleradas sopeiras de amor puro para que che quede ben doce.
1. Abre horizontalmente o biscoito, que xa estará frío, e estende o recheo sobre el, coa axuda dunha culler.
2. Pecha o biscoito e decórao coas cinco rebandas de ilusión fresca e cun bo chisco de colaboración raiada.
Preparación final:
3. Por último, sírveo acompañado dun bo chocolate quente.
Galletas solidarias
Alumnos e alumnasde 6º curso
Ingredientes:• 2.5 litros de Amor
• 1 Kg de Felicidades
• 2 pastillas de Ghandi
• 4 quilo de Cariño
• 2 follas de liberdade
• 80 gr. de tranquilidade
• 500 gr. de risas
• 1 l de coidado
• 3 culleriñas de Martin Luther King
• 2 terróns de valores
• Rama de oliva
Preparación:1. Collemos os 2,5 litros de amor e 1
quilo de felicidade, poñémolos nun bol e remexemos. Engadimos 2 terróns de valores, 80 gr. de tranquilidade e os 500 gr. de risas.
Preparación:2. Noutro bol poñemos 2 follas de
liberdade e troceámolas. Despois engadimos 4 quilos de cariño e 1 litro de coidado e trituramos todo ata que quede ben ligado.
3. Xuntamos este último proceso co bol anterior e engadimos as dúas pastillas de Ghandi e as tres culleriñas de Martin Luther King e batemos co batedor.
4. Deixamos que repouse a mestura na neveira durante 30 minutos. Unha vez rematado ese tempo, sacámola da neveira e amasámola cun rodillo. Collemos un molde con forma de pomba e moldeámolas.
5. Ao rematar de moldealas, metémolo no forno, previamente quentado, a 180⁰C durante 10 minutos.
6. Sacámolas e decorámolas co ramo de oliva. E xa temos as nosas galletas solidarias listas para degustar. Esperamos que vos gusten!
top related