azÚcar glass alfonso rodrÍguez · “un poema é o negativo do silencio…” yannis ritsos...

51

Upload: others

Post on 26-Jan-2020

4 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

AZÚCAR GLASS ALFONSO RODRÍGUEZ

“un poema é o negativo do silencio…” Yannis Ritsos “Gadji beri bimba glandridi lauli lonni cadori gadjama bim beri glassala glandradi glassala tuffm i zimbrabim blassa gelassasa tuffm i zimbrabim…” Hugo Ball “…a boneca de pelo rosa ingresou no psiquiátrico, tal vez agora AMOR: o vertedoiro das culpas, dos homes-león, dos homes-metáfora…” Raida Rodríguez Creo na poesía e na merda Jesús Lizano

Crarean as mans pola resequedade Están brancas de alerxias Están abafadas de células nai Mais muda a pel Como muda o pelo nos gatos de maio Cada intre que pasa son menos eu E no espello só miro para ollo de sangue Infraestructuras quebradas Caen como os berros dos nenos e nenas Ao saíren das aulas Botan adrenalina pola boca Mentras eu trágoa rebozada de fume Soa a soedade nas campás da catedral Mentras pasa un carro hipotecado pola rúa mollada Hai centos de maneiras de comunicarse Eu escollín a dos indios Sendo fillo de vaqueiros Cunha sensibilidade especial polos sorrisos Que non gasto Que non vés polo meu egoísmo Fundado por unha ética arcaica Pisoteada… en perigo de extinción.

Como provisto dunha ansiedade salvaxe Arrinquei todas as pétalas á vez Conquerindo para min a afirmación. Comínme pistilos e estames E pinchéime-desgarréime as arterias Cos aramios da inconformidade do tallo O meu tronco ferido implosionado Trouxóu firmamentos desgarrados no estival Conxeláronse e caeron as estrelas de xeo Na cabeza, onde fusionaron unha nova afirmación Negada a cotío por cemento e aillante Aos poucos rillo o amianto para respirar E completo subversións e patadas no ar Que me confiren a resistencia que obteño Cando logro sobrepasar o osíxeno e o tabaco Coas miñas mans e aloumiñar a túa caluga Acórdome das unllas que conservo E volto exhalar firmamentos con liberdade Sen cemento, xeo nin amianto Revestindo a túa cabeza de man Así consigo o teu arrime e os ollos brillan Sabendo da existencia sabendo da permanencia No lugar no que quero En ningún outro desexo estar E sempre agardo para combatir polo noso lar Almorzando frores ceando espiños Logrei tecer a liberdade de abrir e pechar Portas ao meu paso E camiño e a xente non fai caso Da miña asubiada punzada cantiga Coa que vivifico e certifico O meu nacimento case todos os días Os días de defunción Permanezo pehado nas portas da alma Nutríndome do xeo que conservo Á espera da liberación da seguinte pétala Pola miña orella que segue a escoitar.

Mallamos a nosa esperanza de estar xuntos, Sempre pospomos á felicidade e o amor Pola tonelaxe proporcional á nosa soedade Queremos doer máis incluso danar máis Sabemos de drenaxes e apósitos Mais gostamos de furgarnos Esquecendo a esperanza de estar xuntos… Estamos envasados Ás veces refrixerados Ás veces precociñados do sensentido Xa nos doen os sorrisos Cando tentamos recuperarnos Deberíamos desintoxicarnos De tanta barbarie allea De tanto catecismo de tanta onomatopeia De tantos interludios e discursos Quizais deberíamos retornar E recordar como crear. Xa non damos dixerido fotoplasmas De cansanzo, Alfabetos segundo San Xudas mareo. Agraciarnos con miradas Significativas menos palabras Aloumiños retornados. Como nos implantamos estes silencios? Cheos de palabras-escafandras Como nos berramos? Como non aturamos? O que desatura e libera Ansiedades fugaces Orballos de xenreira? Como non amarnos Sen cancros instalados Sen virus alleos…? Cos nosos dentes e mans Co noso desexo chuvioso De primavera!

antibuda.blogglups.tv 8:30 do 17-10-86 free for free estou roncando, non o sei soñando quizais futuro/verán 15:15 do 32-13-1071 (sen título) medievo no chan inerte de abril comezar a castrar o luto senil comentarios (1) non comas sen sal non voes sen azúcar glass 0000-0.00 h un berro, un glubs, un glups dous globos, un berro, un golpe intensidade de luces // chorar ausente de capela e de noite nace o antibuda www.jinjan.org descarrie de vides // luces de salamandra boticas-rinocerontes-viaxeiros de mamas (2) comentarios recoñézote recoñézote abril de mandril 12.20 do 37-21-110057 iluso de camping gas in the run para sanar só hai que respirar a primavera chegou rescatemos o amor as profecías son antiprofecías sagrado o benestar antibuda dixit: ollade para o mar ficade no chan voade ao soñar.

“…ninguén ama somentes un corazón: un corazón non serve sen un corpo…”

J.M. Fonollosa

De cara ao rebumbio interior Contra o xeso o sexo Sexamos Unidos pola pel Reptemos Choremos cebolas De chuvia de risa De líquidos varios Cara o firmamento Bebamos brebaxes Dentro e fora Arriba e abaixo Facéndonos dano Así coma quen.

INCOMPRENSIÓNS os días lentos apílanse evocando un vello antano nace o outono deslízanse as nubes e vése o vento Kalixtos

Cogordo:

Micoloxía da convivencia En salsa líbedo Con mostaza aceda de silence.

Bombas racimo Uvas á media noite Da boa sorte De ingresar en urxencias Ás doce e vinte Atragantado de miragre Gracias ao ano novo.

Camiñaba a pasos axigantados. Iso lle parecía Sen decatarse Que era a súa sombra.

Rondel do ron Ron de ron Do ron de rondel Ron rondel ron do Do re do ron Ronda do redondel Sol do ron Dádeme ron de Rondel De roldón Rondel do ron

“…abxuro de sonetos onde sobra

ou falta espazo para expresar a obra na súa xusta extensión, a exacta, a única…”

J.M. Fonollosa

PERDÓN POR TRIPITIR As grandes palabras quédannos tan altas Que non podemos alcanzalas Probamos con subirnos a elas e eran tan inconmensurables palotes Todos altivos e grandilocuentes que non atopabamos camiño Tan igualmente anchos e longos que non recoñecíamos as súas xuntas Para descifralos e coincidimos en que eran mentira Eran como pequenas persoas subidas en zancos de pavo señorial E nós que nos pensábamos ignorantes e cretinos! Encontrámoslle senso ás palabras: cuspe, caos e merda Albiscamos adolescencias con pegadas de papel canso de parola e palote Nós que tirábamos os puzzles pola fiestra Tiñamos que ser arquitectos da nada esteticiéns da porcelana Os que preferimos as praias e as montañas O bocata de chourizo e a cervexa en porrón Estábamos asediados de novo polo estudio e a oración. A nós que nos ameazaron con condearnos ao inferno do seminario E aínda así sorteamos os pecados exiliándonos do mundo Non coméndonos a terra como fixeron os nosos irmáns Que lograron exterminar aos poucos á pedantería a base de navallazos Ou os nosos tíos ou pais que recortaron as letras dos xornais Para facer puzzles á inversa. Ou esas épocas na que a tinta manchaba o cú nas aldeas Despois das pedras ou dos fentos cando burgueses marchitos Deixaban bigote finiño relambidos de vaca en cidades-biblioteca Máis tarde as vangardas, os beat, os setenta creron sepultar a caspa Mais renaceu a golpe de piollo e o punk e as movidas Non a evitaron caéndolles enriba como á chaqueta De karpov e despois a de kasparov. Logo chegou o muro da posmodernidade sen laúde sen saúde Como íamos supor que os nosos sobriños tirarían ao lixo As pedras de haxix das nosas irmás? E menos imaxinábamos que as grandes institucións da palabra Odiada serían reinventadas e pintadas de denuncia

Na apoloxía da soberbia en pro das alturas de cerebros “superiores” atorados de palotes revisando involuindo tentando ás alturas sen medo a caer e levar ostias de medo procurando a través de amplas palabras o poder tan vello tan arcaico coma o dinosaurio que xa estaba alí.

Efectivamente a primavera foi unha viaxe sen retorno Mais case non nos cortamos o cabelo. Este verán con ar resulta evanxélico coma o dun falante ilírico Agochado na illa das mulleres loucas. E de novo repito referencias e bufar. Centellas Todo foi trocando entre o pouco a pouco e de súpeto: centellas. Como cambiou o mundo, coido, para todos Agás os que morren cada tres segundos, que o seguen a facer: malditos! Provócannos a culpabilidade. A pantalla do televisor emite sons do pasado patrocinados por telefonías inmóbis Coma estamos ti e máis eu. Paradoxa vacacional da incomunicación Que duro é ser adulto mais lembro o duro que foi non selo. Aínda que oficialmente perderon, as gaivotas atacan. Aférranse ao ceo E a nana-ventilador fáime durmir en vistas a espertar grazas ás químicas. Ti regas o xardín, preparas sementes, desexas cociñar en turco, desexas voar... Traballas sen acougo para non pensar no absurdo do pozo E gostarías regar a túa horta para que froreceran os froitos agardados Eu aparto o corazón das mangueiras e releo as letras do pito Quizais no fondo non entendes ao barco amarrado Estou en bó porto e co sucedáneo da navegación cuspo meandros. Un día dixeches que faría falla mercar unha machada Mais eu triste e acobardado só trafico co fume menos gargalladas Non podo esixir a paciencia, ela está ou non está, non se merca coma machadas E teimo nas colunas do desparaíso Teimo nun mundo que nunca foi o meu e vóume abalanzando cara onde? Cando a mar anuncia turbulencias fago forza para sair Entón as cordas apretan máis e máis forte. Acabo, coma sempre, relendo bitácoras e sumando outras tantas Xa nos pesa o bote mais antes de achicar Algún día deberíamos tirarnos pola borda. A ser posible, xuntos Porque gostaría de seguir nadando aínda con algas aínda con frío. Quizais o sino do deserto e o sino na mar estén unidos polo ceo Ao que tentamos chegar para poder tocar o sol E iluminar as facianas que se nos convertiron en noites Dende o día no que deixéi de rir para parolar somentes ausencias Esquecendo os camiños esquecendo de andar senón correr cara ti.

Baby Carracedo un campo da festa sen polbo Bailes entre as parellas de quilómetros de distancia Toxos paseos cara ao sol Ostias en verso mollar o pan na manteiga Río sen salto Peares quilombos sen watios Tren rural bodegas repolos follateiros Terras augas ruralirandia Non estiven mais estou Baby A gata comeu os chourizos Metérona no saco Foi parar ao río e voltou Cousas de meigas Cousas de cans que foron cos lobos En noites de lúa chea Laranxeiras e fontes de cor verde A figueira e o barranco Baby Unha cuba e unha cepa Non son o mesmo cun cubo e un cepo A garda civil é verde coma os fentos verdes E os congostros recórrense con suor Para ir ver ás mozas de palleiro catro concellos dúas provincias Montañas mañás leite morno Un porco coméulle as dedas a un meniño Enterrárono vivo (ao porco) Baby Cociña de ferro cociña económica Chan de terra nas casas Primitivismo matriarcal Frouma e vento Radios funerando funerais A cultura da morte en branco e negro Formigas vendimas castañas Baby Lameiros lamiñas costas subidas Arroxarse á noite co corazón nun puño Espetar o puño no carballo Escarallarse Voltar á cidade

Voltar á aldea Sentarse no ferrobús A mendigar oracións Baby Malleirar mulleres Trala malla Agocharse nas toupeiras Co medo e o gris O respecto á autoridade A capital Madrid Xeneral seísmos Embarrancar e auga de traída Américas sensacións Familias numerosas Sete tazas de caldo Se non hai pan cómese bica Baby Cemiterios e o señor cura De jesusa susana De fina josefa De fame famentas Do ministerio de fomento Obras públicas Morrer pola patria Bolboretas sardiñas en lata Fogueiras na madrugada. A desgraza de perder as guerras E non gañalas Baby.

Na memoria flúe o recente Penso nel á beira do río Nun paseíño Pasando pola pontiña Razoando ou delirando (el-eu) Amosándome o camiño (el) E o final. En Leiro o río meloso É vello e caudaloso Micro oase de paz Folgos e descanso En Leiro ou… no canón Extremos do mesmo iceberg Auga e camiños Consellos e ánimo de vida Sangue infectada de nós Herdanza natural Paisaxe brutal De máis de setenta anos…

Para aturarme ela só tén que beber un vaso de viño Só ún para aturarme Só tén que dar a volta e soñar Só iso para aturarme. Para aturarme somentes rega o pequeno xardín Só auga para aturarme. Para aturarme xoga e sorrí Ganduxa para aturarme e traballa para aturarme. Para aturarme non fai caso de min Para aturarme non fai caso de min Non fai caso de min para aturarme Énchese de doce para aturarme Métese comigo Pínchame con coitelos de limón e de mel Para aturarme Aliña as miñas desfeitas Coa paciencia que cré non ter Para aturarme non se arma de nada Tenta desarmarme Para aturarme Sinálame camiños, veredas e carreiros Para aturarme Non reza para aturarme Non se somete para aturarme Non se afunde comigo Para aturarme só precisa Pequenas cousas que a fan diferente Dos demáis para aturarme Ás veces tamén morde Para aturarme E non me bica os pés Senón é con amor Para aturarme Decidiu rir e cantar Para aturarme É millor, moito millor ca min Para aturarme. Eu non dou!

Un toque de saliva Pelo eriza Xugosa primavera Destilan as túas veas Sangue doce Roce esquivo Pálpebras de mel Mastigable carne Empapada en champagne

FRUSTRACIÓN Valentino e Valentina Querían ser namorados Mais non o conseguían Por mor do corta virillas Por mor dun raña ceos De Esparta Non tiñan economía suficiente Para poder voar Nin chegar a fin do mundo Non lles concedían créditos ou avais Para pulverizar os seus límites Nin tan sequera os do seu corazón As bágoas caían dos ollos de Valentina E Valentino dicíalle que non desperdiciara nada Quizais nun futuro non moi lonxano A el gostaríalle conducir E sería quen de levala á lúa E instalar unha bandeira “porque tu lo vales”

Ela dicía: non me afumes chourizo Eu tiña ardor de estómago E cabalgaba amodo. Levaba as botas-bolboreta (ela) Eu tiña as unllas máis grandes Do universo Do noso universo Amarelas de nicotina Versaba seme Soñaba París Soaba morphine Movíase a cama Desprazada do correr Chovía e ela ría E voaba, ría E Voaba.

Abriu a porta Moi despacio Atou o zapato. A inercia Deu co pomo Na súa cabeza. Abríuna Para que sairan As pantasmas Que o invadían. O golpe Liberou Unha emoción Esbarou unha bágoa Pola meixela ruborizada Do esforzo que supuña Anudar os cabos soltos Agachado, sangrando Pareceres con estrelas De dor que bailaban Ao redor das pantasmas. Confundíuse Omnibolóuse E ao entrar na casa Cambiou(se) E curóuse... A ferida.

Tremores de terra confírmanme Que galopo demasiado depresa Pero súo moi lento.

“… Así foi como rematou o undécimo mes, novembro: co canto das ocas salvaxes que marchaban cara o sur…”

Bernardo Atxaga, Poemas e híbridos

Sentado fumando o último cigarro Contemplando a torre e a súa luz non solar. Xa é tarde. A lúa: á miña dereita, Deus á miña esquerda E eu Ad infinitum.

O paso do tempo Delicadamente ou en desmesura Pón o sol na chepa E concentra os amarres internos A liberdade da que se fala Non é nin siquer un conto chinés Trexes manexes enredes e suor Voltamos ao lugar ao principio e todo é soño Como xa repetían nas caldeiras os carbóns. Hoxe podes ás veces camiñar en liña recta Máis só poderás ver fotogramas de Velocidade sen asimilar esencias Só imaxes só imaxes Slogans entrecruzados que se misturan Entre a publicidade a política o futbol. Cando nos atopamos con incautos Bombardeamos ou somos bombardeados A raudais con esa mesma velocidade De non sentir máis que suor e estrabismo. Como vou ler todos eses libros, crés que teño tempo? Como vou escoitar toda esa música e coñecela? Como vou visionar todos os filmes Que recomendas con teledesgraza Non crés que sería millor regar catro Prantiñas e velas crecer Mentras, podemos mirar como moito unha nube Que esperas de min no terreo laboral? Ti és un home realmente ocupado Enches a túa vida de caras e papeis que Non lés e non coñeces e completas os ocos Para que non exista atisbo de horror. Sinto todo o terror condensado nun Baleiro inmenso mais non rendir contas A ninguén é a pouca liberdade que obteño Os límites duns e doutros son inexpugnables Dá igual forma ou lugar. A educación castróunos moi cedo e só podemos soñar Coma os carbóns nas caldeiras.

Moradas son as razóns Afundidas no corazón Cando a incomprensión Chega ata o miolo Cansado de ser óso Desexo de inmateria… gris.

“… Sen deus, el non podería erguer un ceo sobre tanto cascallo”

Blas de Otero

A bolsa de dividendos Tivo un escape De ozono Revestírona de petroleo Anda cargada de guerras Multiplicando sumandos Restando acougos Clausurando vidas Cheirando a morte.

Preparados para a guerra-paz Débiles fortificados nas contradiccións Desfavorecidos polo privilexio da marxinación Isolagados polo dominador e sen dominio Inconscentes pola cultura de masas da ignorancia Ignorantes do tecido industrial e neuronal Quebrados de cabeza, doutrinas e sen fé Protosuicidas con olleiras de desesperación. Adiante e atrás como os cangrexos e humanos Trabados pola tataxería e seguridade Rodade polos acantilados, tirade pedras aos avións. Amolares e incisivos descuartizadores de vós Teleirradiar nubes de inmisericordia nos poraos. Infames retrógados con apósitos no peito Desangrade as folerpas e relamede as paredes Subide aos faiados, baixade aos sotos Durmide máis de vintecatro horas Rezade se vos comprace, estornudade polo mesmo Ateigarvos de virus ou non o fagades Mostrade a determinación de non mostrar nada Non finxades as vosas doenzas Sudade polas arterias e as orellas Para que poidan ver (ou non) o voso terrorismo E cando ascendades á loucura Non vos esquezades de baixar. Estaránvos espererando non remanso da normalidade Millóns de condóns de zapatos recambiables.

Unha nota musical Atopou unha cantiga Introducíuse no instrumento E provocou o tormento Estragou o himno nacional Unha nota terrorista Acabou na cadea Xunto co resto de notas Por ser entorno dela A partires de entón Xa non existe a música E os vendedores de partituras Están todos fichados Ademáis de ilegalizados O himno nacional Son agora dez minutos de silencio Nos estados democráticos Prohibíuse asubiar.

ANTIPSIQUIATRÍA Teño un caramelo recheo Que quere rachar Non ser estudiado máis Que o universo quizais Como decides que se fai? Mágnamente? Magnéticamente? Pretenciosamente?// Como saber? Practicando cos ovos Reparte o escroto Suaviza a base Punta apuntala Apunta Fóra E volta a rechear O caramelo recheo Que quererá rachar Ou ser rachado Magnéticamente Astromordiscos Incultos de non estudiar Máis alá de onde non Porque non Experimentar! Igual… Porque Millóns de caramelos Millóns de cereixas Queren ser saboreadas Manoseadas Frotadas Non anestesiadas Atravesadas Sorbidas Para Tragalumes Sen piedadeNin piedón.

Vexigas moradas sufrindo a represión. Unha constelación real de sublimes nervios Atacan a todo o que se lles pón por diante E non valen as aspirinas efervescentes. Vale a necesidade de liberación cranial O disparo na caluga, a fogueira E as veas cortadas polo pulso acelerado. E sabes que cando te ergues están de novo aí Inquedos por destrozar ao que se lle pón por diante Pingas suor, revólveste, míraste ao espello E o teu estómago sangra crucificadamente E xa non tés unllas que comer. Empeza polos pés, Túrrate dos pelos, mórdete as orellas Ou defeca cachiños de alma atolondrada. Ti me miras eu mórrome Eu te miro eu mórrome O meu espírito está en carne viva polas numerosas feridas Que non cicatrizan porque son de novo atacadas Pola constelación real que destroza o que se lle pón por diante. Estou tirado no chan trouxando paixonalmente Tremo con compulsións e mórdome a lingua; Non son drogadicto, vai, é que a neuróse aprástame Constantemente. Unha vez tras outra, sen piedade: a morte. Túrrate dos pelos, mórdete as orellas Ou defeca cachiños de alma atolondrada. Dá igual, eu mórrome, Mírasme, érgome e… están de novo aí O exército mellor adestrado pola miña imaxinación enferma A constelación real de sublimes nervios.

E chegaron de moitas partes Todos e todas traían pompas de xabón Todos e todas traían bobinas de seda E alumearon o camiño, inzado de estrelas. Ela regalóume un mapa de silencio Eu regaléille unha esponxa de contos Despois espímonos e introducímonos no lago Cruzámolo. Na outra beira empapámonos de flores. Saiu o sol pola montaña anunciando a primavera Descenderon trasnos e trasnas pola ladeira Comimos amoras e bebimos auga da fonte das almas. Aloumiñámonos de novo, deitámonos para espertar. O letargo rematou mais as nosas faces están limpas. Amósame o teu armario, quero perderme nel contigo.

“TAN só escribe criptografías, Segue na feitura as técnicas instintivas do disimulo e da ocultación. Percibilo, fai esas composicións inquedantes. Quizais hai nunha delas, na que por se acaso constitúa o centro do labirinto, un segredo, un tesouro agochado. Mais non sabemos cal é. (Estética)”

J.A. Valente

Nos montes de azahar en ANTIOQUÍA Discútese pola república das letras …sherezade ausente…

- non dubido o descarte de metros de escuma …os filmes son ben presentados por Fellini… deberíamos deter os porvires da esmeralda do estado isolda > dime Artur a alma é só un colchón? Ou está recuberta de gasa? *non oíron o lamento os soldados do armaggeddon avanzan sobre a república artur > a dos soños? Ou a das letras? En Antioquía fáise tarde O galego non é o idioma… FALA EN MORSE

Estaremos equivocados os farsantes poetas e a materia é o non inservible os grises de farsa, non podemos demostrar pero podemos mostrar o que é a inmateria, a inmateria do amor que non necesita ceos a inmateria das sensacións múltiples de caos que alimenta a nosa inquedanza de farsa. Porque queremos lastimándonos porque fornicamos co fanatismo do querer porque nos lastimamos adrede e isto mesmo é o que non entenden os científicos nucleares, policiales, cosmopolitas e máis etcéteras non comprenden o senso da vida sen numeros sen sumas e arrestos. A desigualdade é un feito estamos os farsantes e polo outro bando os banqueiros con ou sen bancos, de peixes ou sen eles.

O pingüín dentro da choreira THE RIVER II (de novo vendaval) 1) eu tamén crucei dun lado a outro o río e non me afoguei (e o mar) aínda con correntes adversas ou inversas e souben nadar aínda con algas volvín canso pero era así. Non mergullaba polo frío 2) THE RIVER III eu baixéi pola presa contida de esperar con tenis tipo green day pedras abaixo e non esbarei, ademáis vín ninfas nos meus ollos. tres THE RIVER IV pero o incríble é que non seco sen río, a auga esbara se os tractors dos teus pés non saben derrapar, patinas e morres ou si?

“…é de cloaca o meu amor é de arrabalde…”

Elvira Riveiro Tobío, Andar ao leu

Apresúrate nena, esta noite é curta Ou! Ceos totalmente pechados e negros. Voa, flúe pola cidade ao lonxe Corre a pasos axigantados sobre o asfalto Temos que chegar ao non chegar. Caen pingas de auga no teu pelo Voando ao infinito, qué pregunta? Non debemos procurar a felicidade Porque non existe e derrotarémonos Ti só voa polo ceo cuberto de deus. Non collas trens, nin avións, nin carros Fluamos pola cidade ata rematala E comezar de novo, voando pola noite. Apresúrate nena, esta noite é curta E o tempo remata aquí, perto.

B.S.O. : THE ELEMENTS O ar non tén a pel Necesaria Importante e necesaria Que ti sostés Cando te ergues E camiñas cos pezóns en dirección. O lume é distinto Segundo a madeira ou o gas Inclusive distinto con prásticos Que se derreten e se me pegañan Na medula de ardor que provoco… O arder sen dirección Sen sentido máis que suar. É distinto o arder e o ardor do lume. Auga, regueiro sen dirección Tormentosa, cíclica, enchida e vapor Absorvente segundo o xeo Combustible e incombustible Apagadora e avivadora De sede. Sempre sede Chuvia que se instala na terra Inzada a terra Na patria dos meus dentes Saboreando coa lingua Unha e outra vez a terra Erguéndome e mirando a lúa E outra máis!!

Cova de japanese Tsunami de lirio Rezar con cinturón de seguridade Non prevén sobre ocasos

“… Este é meu sitio. Meu terreo. Campo

de aterrizaxe das miñas ansias. Ceo ao revés. É meu sitio e non o troco

por ningún. Caín. Non arrepinto…” Blas de Otero

Cando pase ás catorce E xa non siga nas trece Soarán as sete Só quedarán cinco Para as doce De marmelo para as trece.

Cara á lúa Sen camisa nin camisón Que ti esqueciches Bordar aloumiños.

Estación sumido cantos Envasado no ar Ás veces entras ás veces fume Compartimentos pés no chan Almofada e ruido Pesadelos que se mitigan co sol Camiñar e postrarse de novo Estación sumido cantos Berros é tarde non Por que abafamos ao albor? Por que morremos no solpor? Para resucitar cunha cea Co doce asubiar da meixela Por que berro? Por que ocultamos o orballo? Por que nos estancamos? Estamos baleirados Enchidos de non-pentagramas Temos as unllas comidas Indixestados do pleno Berros é tarde non Estación sumido cantos Do re mi fa sol na ventá E o chan abaixo Coa gravidade dos asuntos Con burocracia Cos límites do insán Abatidos coma coplas Que ruxen os almorzos Pesadelos e almofadas Malas notas que acompañan Por que ocultamos o orballo? Que importa? Que non? Estación sumido cantos… …coma a roda do muíño.

Dame unha pedra Dime que me aguante E tírame a auga Socórreme E móllate Fáime o boca a boca Aletea Descorcha o champagne Emborrachame Emborrachate Xoguemos aos dardos Pinchémonos Só porque si Na aurora Ergámonos E busquemos a resaca Que nos corresponde.

Disfrazado de ti Introducín laranxas nos petos E botéichas baixo a cama Para preservalas de min Para preservarte de min. Na miña terceira morte Había frío dentro e fora E moita xente choraba Non por min… E eu ría ría ría Sen risco de mollarme Coa profundidade Do medo Ad aeternum. Ti sobreviviches Ao fin.

“A noite pasada botei ao lume todas as miñas obras e meus poemas. Irónicamente, mentras queimaba miña obra maestra, Pingüín sombrío,

a habitación incendióuse e agora póñenme un preito uns individuos chamados Pinchunk e Schlosser. Kierkegaard tiña razón.”

Woody Allen, Sen plumas

Televisión II Historia de amor que estará en todos os supermercados Os pneumáticos teñen un pinchazo Ese home, vexamos que ocorre Lástima que todo só polas vacacións en agosto Cambia de vacacións Volve a zarzuela das revoltosas en música Nace un produto con partículas vermellas Ofrecen un lavado de seguridade Por que cortar as puntas abertas? vése reforzado o teu pelo O final das puntas abertas, mellor prever que cortar Ofréceche o trofeo.