boletÍn informativo da agrupaciÓn...

8
BOLETÍN INFORMATIVO DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE OROSO oroso www.socialistasdeoroso.com Dúas familias dunha mesma vila, separadas únicamente polos poucos máis de dez me- tros dunha estrada, afrontan a volta ao colexio dos seus pequenos. Pero, durante o ve- rán, cambian as regras de xogo e unha delas perderá o seu dereito a transporte escolar e a comedor, salvo que acepte pagar o triplo do seu veciño. Podería ser o argumento da próxima película dramática ou de terror de Hollywood, pero resulta que é a realidade que están a vivir hoxe as familias de Sigüeiro por mor dunha decisión unilateral da Xunta de Galicia do PP e a súa teima por recurtar en educación. A principios do verán, cando só restaban tres días para o remate do curso, a Xunta anun- ciaba de xeito unilateral que non habería servizos de trans- porte nin de comedor no novo colexio de Sigüeiro, salvo que o Concello ou os pais asumi- ran o seu custo. Unha decisión cobarde e tomada novamente ás agachadas e coincidindo coas vacacións de verán, tal e como acontecera coa desapa- rición da gratuidade dos libros de texto. Todo un exemplo de transparencia por parte do PP. Unha vez máis, a Xunta de Galicia desenténdese das súas competencias e pretende que sexan outros os que lle arranxen os problemas. Ante esta situación, os Socialistas de Oroso ofrecemos toda a nosa colaboración á comuni- dade educativa defendendo o único xusto neste caso: dous colexios iguais, cos mesmos dereitos e servizos. Así mesmo, aprobamos unha moción para instar á Xunta a cumprir os seus compromisos coa educa- ción en Oroso, tal e como está facendo o Concello. facebook.com/psdegpsoe.oroso @PSOEOroso A Xunta presidida polo Partido Popular acumula máis de 5 anos en atrasos na construción do novo colexio O pleno respalda por unanimidade unha iniciativa socialista para esixirlle á Xunta un ensino de calidade en Oroso Pedro Sánchez arrasa en Oroso Pax. 7 Oroso esíxelle á Xunta dous colexios iguais Núñez Feijoo quere subirnos un 34% o recibo do lixo Pax. 7 Os Socialistas de Oroso levamos cumprido máis do 85% do programa Pax. 2 ENTREVISTA. Manuel Mirás Franqueira Paxs 4-5 Dixeron... “Ao longo desta pri- meira quincena de xu- llo estarán rematadas as obras”. Belén do Campo. Delegada da Xunta. Pax.3 “No primeiro andar se situarán seis aulas de educación infantil e o comedor”. Xesús Vázquez. Conselleiro de Cul- tura, Esnino e Edu- cación Universitaria.

Upload: others

Post on 09-Jul-2020

7 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: BOLETÍN INFORMATIVO DA AGRUPACIÓN …socialistasdeoroso.com/oroso/wp-content/uploads/2014/09/...BOLETÍN INFORMATIVO DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE OROSO oroso Dúas familias dunha

BOLETÍN INFORMATIVO DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE OROSO BOLETÍN INFORMATIVO DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE OROSO BOLETÍN INFORMATIVO DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE OROSO

orosowww.socialistasdeoroso.com

Dúas familias dunha mesma vila, separadas únicamente polos poucos máis de dez me-tros dunha estrada, afrontan a volta ao colexio dos seus pequenos. Pero, durante o ve-rán, cambian as regras de xogo e unha delas perderá o seu dereito a transporte escolar e a comedor, salvo que acepte pagar o triplo do seu veciño. Podería ser o argumento da próxima película dramática ou de terror de Hollywood, pero resulta que é a realidade que están a vivir hoxe as familias de Sigüeiro por mor dunha decisión unilateral da Xunta de

Galicia do PP e a súa teima por recurtar en educación.

A principios do verán, cando só restaban tres días para o remate do curso, a Xunta anun-ciaba de xeito unilateral que non habería servizos de trans-porte nin de comedor no novo colexio de Sigüeiro, salvo que o Concello ou os pais asumi-ran o seu custo. Unha decisión cobarde e tomada novamente ás agachadas e coincidindo coas vacacións de verán, tal e como acontecera coa desapa-rición da gratuidade dos libros de texto. Todo un exemplo de transparencia por parte do PP.

Unha vez máis, a Xunta de Galicia desenténdese das súas competencias e pretende que sexan outros os que lle arranxen os problemas. Ante esta situación, os Socialistas de Oroso ofrecemos toda a nosa colaboración á comuni-dade educativa defendendo o único xusto neste caso: dous colexios iguais, cos mesmos dereitos e servizos. Así mesmo, aprobamos unha moción para instar á Xunta a cumprir os seus compromisos coa educa-ción en Oroso, tal e como está facendo o Concello.

facebook.com/psdegpsoe.oroso @PSOEOroso

A Xunta presidida polo Partido Popular acumula máis de 5 anos en atrasos na construción do novo colexio

O pleno respalda por unanimidade unha iniciativa socialista para esixirlle á Xunta un ensino de calidade en Oroso

Pedro Sánchez arrasa en Oroso

Pax. 7

Oroso esíxelle á Xunta dous colexios iguais

Núñez Feijoo quere subirnos un 34% o recibo do lixo

Pax. 7

Os Socialistas de Oroso levamos cumprido máis do 85% do programa

Pax. 2

ENTREVISTA.Manuel Mirás Franqueira

Paxs 4-5

Dixeron...

“Ao longo desta pri-meira quincena de xu-llo estarán rematadas as obras”. Belén do Campo. Delegada da Xunta.

Pax.3

“No primeiro andar se situarán seis aulas de educación infantil e o comedor”. Xesús Vázquez. Conselleiro de Cul-tura, Esnino e Edu-cación Universitaria.

Page 2: BOLETÍN INFORMATIVO DA AGRUPACIÓN …socialistasdeoroso.com/oroso/wp-content/uploads/2014/09/...BOLETÍN INFORMATIVO DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE OROSO oroso Dúas familias dunha

Socialistas orosoSocialistasSocialistas orosoPáxina 2

Os Socialistas de Oroso, co apoio dos compañeiros de Santiago, Ordes, Tor-doia e Cerceda, presentamos un proxecto para crear a pri-meira Vía Verde de Galicia, apro-veitando os ca-miños de ferro abandonados polo ADIF. “É un instumento ideal para promover unha nova cultura de ocio e do

deporte ao aire libre, da bicicleta, o que suporía un empurrón turístico que

reactivaría a economía das nosas parro-quias”, explica Antonio Leira, secretario de Ensino. E todo cun mínimo in-vestimento.

Porén, nin o ADIF, nin a De-

putación nin o Concello de Santiago están polo labor.

Unha das caracte-rísticas fundamentais nun político, especial-mente nestes tempos, é a súa honestidade. Cómpre non esquen-cer que un político non é máis ca un represen-tante escollido polos seus veciños e veciñas que ten como obxecti-vo proporcionarlles o maior benestar posi-ble. E para iso é funda-mental ter palabra e cumprir con ela.

Mentres o presiden-te do Goberno, Maria-no Rajoy, recoñece e mesmo presume de que non está a cumprir o programa electoral co que se presentou ás eleccións, os Socialis-tas de Oroso facemos cada semestre unha revisión dos nosos compromisos cos ve-

ciños e veciñas para comprobar o ritmo de cumprimento das no-sas propostas.

Cumprimento OrosoE temos que dicir

que nestes tres anos xa levamos cumprido máis do 85% dos com-promisos. Algunhas áreas coma Benestar Social, Deportes, in-fraestruturas, Ensino, Urbanismo, Cultura

ou Mocidade mesmo superan xa o 95% de cumprimentos.

As demais áreas non baixan en ningún caso do 70% de cum-primento. E aínda nos queda un ano para cumprir co resto!!!

Baste un exemplo. En materia de medio ambiente aínda nos falta poñer en marcha o punto limpo. Porén o pasado mes de xullo xa aprobamos a consig-

nación orzamentaria precisa para acometer esa obra no polígono Oroso Pequeno, polo que estará listo en 2015. E todo esto con-seguímolo suprimindo o gasto superfluo e apostando polos in-vestimentos produti-vos, pola profesiona-lización do persoal e pola racionalización do gasto corrente. Así, nos últimos tres anos o Concello de Oroso

tivo un remanente de tesourería positivo e xa podemos dicir que o noso Concello é un dos máis sostibles de Galicia.

C l a r o e s t á q u e outros compromisos xa non dependen de nós, como o do en-lace sur da AP-9. O compañeiro Manuel Mirás conseguíu con-vencer ao socialista Xosé Blanco para que aprobase esta obra no último Consello de Ministros do Goberno ZP. AUDASA xa ten os cartos para facelo, polo que só estamos á espera de que come-cen a facer as obras.

Porque para que gañe Oroso, como di-cía o noso lema electo-ral, é preciso cumprir coa palabra dada.

Candidatura dos Socialistas de Oroso ás eleccións municipais de 2011

A Xunta de Galicia quítanos frecuencias do transporte metropolitano

A Dirección Xeral de Mo-bilidade da Xunta suspendeu unilateralmente o convenio asinado en 2010 cos munici-pios da área de Compostela para o transporte metropo-litano e deixou aos veciños de Oroso sen os 12 novos servizos de interese metro-politano comprometidos. Iso motivou unha queixa formal do noso Concello, a través dunha moción dos Socialis-tas de Oroso. “

Ademais, os Socialistas fomos máis aló e denuncia-mos ante a Xunta o males-tar veciñal polos reiterados

incumprimentos no servizo de Mombús, empresa que mesmo pedíu a eliminación da parada de bus que usa Autos Grabanxa en Sigüeiro. Os socialistas de Oroso non só pedimos o seu mante-mento, senón tamén que se permita a Autos Grabanxa recoller e trasladar pasaxei-ros no traxecto da N-550 ata Santiago de Compostela.

Iso por non falar da anun-ciada conexión con Ordes, que supostamente ía entrar en servizo en xaneiro deste ano e da que non se sabe absolutamente nada.

Dixeron...

“Soy absolutamente consciente de que no cumplimos nuestro programa electoral”

“A los nueve días ya estaba yo incumplien-do el programa elec-toral”Mariano Rajoy,presidente

O dato

26,6 quilómetros. “A senda, que conta con 5,8 kms en Oro-so, contén un valor paisaxístico enorme, cun potencial aínda por descubrir”.@antonioleirascr. Comunicación

Propoñemos a primeira “Vía Verde” de Galicia para fomentar o turismo

Benestar Social, Deportes, Infraestruturas, Ensino, Cultura, Urbanismo e Mocidade mesmo superan o 95% de cumprimentos

A un ano das eleccións, os Socialistas de Oroso xa cumprimos o 85% do programa

Page 3: BOLETÍN INFORMATIVO DA AGRUPACIÓN …socialistasdeoroso.com/oroso/wp-content/uploads/2014/09/...BOLETÍN INFORMATIVO DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE OROSO oroso Dúas familias dunha

Socialistas oroso Páxina 3

“O que non quero é que unha familia de Si-güeiro teña que pagar 79 euros de comedor por vivir da marxe es-querda da avenida de Compostela. Mentres que outra familia das mesmas característi-cas esconómicas paga 20 euros simplemente por vivir na marxe de-reita da avenida de Compostela. Quince metros non poden supoñer para unha familia ter que pagar o triplo e quedar sen servizo de autobús. Iso non é xusto”. Así resume o compañeiro Antonio Leira, conce-lleiro de Ensino, a si-tuación á que a Xunta de Galicia vai abocar a numerosas familias de Oroso coa súa de-cisión unilateral de deixar sen comedor e sen transporte ao novo colexio.

Un anuncio que a Xunta fixo de manei-ra cobarde en pleno verán, a poucos días do final do curso co obxectivo de desmo-bilizar á veciñanza. Mentres, o Conce-llo cumpre cos seus

compromisos, a Xunta acumulou máis de 5 anos e medio de atra-so na posta en marcha dun colexio que na-cerá eivado, se non o evitamos entre todos. Mobilízate con nós e loita polo que é teu!!!

Os Socialistas de Oroso denuncian as inxustas desigualdades que os incumprimentos da Xunta xerarán entre as familias de Sigüeiro

O Concello cumpriu co colexio, a Xunta provocou cinco anos e medio de atrasos

Cronoloxía...

4 de xullo de 2008O pleno aproba a cesión á Consellería de Educación dunha parcela de 8.100 m2 para un novo colexio no paseo do Río Carboeiro. PSOE, PP e TG votan a favor. O PG, abstense.

1 de decembro de 2008O alcalde Manuel Mirás, e a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, asinan o convenio para construir o novo colexio. A conselleira socialista anuncia: un investimento de 3 millóns, que a obra sairá a concurso no primeiro trimestre de 2009 e que o colexio estaría operativo no curso 2010-2011.

6 de febreiro de 2009Tal e como anunciara a conselleira socialista, o DOG saca a licitación aredacción do proxecto básico e de execución do novo colexio cun orzamento base de licitación de 89.265 €.

27 de febreiro de 2009A mesa de contratación, por razóns técnicas, pospón a apertura de plicas á espera dun informe sobre as características que de-ben cumprir as empresas participantes. Primeiro atraso da Xun-ta: 2 meses. Neste caso do Bipartito do socialista Pérez Touriño.

9 de xullo de 2009O alcalde Manuel Mirás reúnese co novo secretario xeral de Educación, o popular José Luís Vázquez Fernández, para manifestarlle a súa preocupación polo atraso que acumula a licitación das obras de construción do novo colexio.

25 de novembro de 2009A Consellería de Educación adxudica a redacción do proxecto do colexio por 60.320 €, case 30.000 € máis barato do previsto. Primeiro atraso da Xunta do PP: 9 meses para licitar o proxecto. E ás veces o barato, sae caro: o proxecto custa 1 ano de atrasos xa que tivo que ser devolto polos técnicos municipais á Xunta ante a gravidade dos erros que iña (como confundir a N-550 co vial de acceso ao polígono ou colocar o colexio do revés).

17 de xaneiro de 2011O Concello pídelle a Patrimonio o informe previo ás obras do colexio, que está na zona de infl uencia do Camiño. Así, axiliza trámites mentres espera a que a Xunta adxudique as obras. Unha adxudicación que á Xunta do señor Núñez Feijoo levoulle 2 anos e 5 meses. Todo un exemplo de axilidade na xestión!!!.

16 de marzo de 20123 anos e 4 meses despois de asinarse o convenio de colabora-ción, a Sociedade Pública de Investimentos de Galicia adxudica a construción do colexio por 3,9 millóns de euros. A empresa ten un prazo de ano e medio para executar estas obras, é dicir, setembro de 2013. Ao fi nal levaralle case dous anos e medio.

1 de xuño de 2012A Xunta comunícalle ao Concello que a parcela non está nas mesmas condicións ca en xullo de 2008, xa que nela había cascallos que se ían usar para anchear a estrada de acceso ao polígono. A Xunta do señor Feijoo ameaza con resolver o con-trato e deixar aos nenos e nenas de Oroso sen colexio porque na fi nca había cascallos. O Concello tarda 3 meses en facer a obra. Este é o único atraso atribuíble ao Concello de Oroso: tres meses!!! Os outros 5 anos e medio son responsabilidade unica e exclusivamente da Xunta de Galicia.

Novembro de 2012Comezan as obras, que serán visitadas en agosto de 2013 polo conselleiro Xesús Vázquez, quen confi rma que haberá comedor.

13 de xuño de 2014O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, o popular Xesús Oitavén, comunica que o novo colexio non terá comedor nin transporte escolar.

Unha imaxe vale máis...

“O colexio ocupará máis de 5.000 m2 construídos, así como un pavillón de máis de 1.000 m2”. Jesús Oitavén, secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Socialistas Oroso @PSOEOrosoO flamante “pavillón” anunciado pola Xunta do PP e que mesmo ía estar dispoñible para a veci-ñanza fóra das horas lectivas, quedou nun sim-ple patio cuberto. E, como en Galicia non chove, deixaron os laterais abertos para que os nenos/as queden expostos ás inclemencias do tempo e aos riscos dunha caída dende bastante altura.

O Concello iniciou as obras que lle corresponden pese a que a Xunta aínda non rematou os seus

Dixeron...

“Cando foi necesaria a súa presenza cos pais e nais, señor Balado, bo-tóuselle en falla. E tivo máis dunha ocasión”Antonio Leira,concelleiro de Ensino

“Votamos a favor, aín-da que non esteamos de acordo co dito”Xosé M. Balado,voceiro do PP

“Vivir nunha rúa ou noutra non ten que xe-rar diferenzas”Xosé M. Pérez,voceiro do BNG

“Se a Xunta ten 7 mi-llóns dos concertados, que os use para os co-medores”Siverio Mirás,voceiro do PG

Page 4: BOLETÍN INFORMATIVO DA AGRUPACIÓN …socialistasdeoroso.com/oroso/wp-content/uploads/2014/09/...BOLETÍN INFORMATIVO DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE OROSO oroso Dúas familias dunha

Socialistas orosoSocialistasSocialistas orosoPáxina 4

-Falemos dos proxectos que quere levar a cabo como alcalde. Segue contemplando a creación dun enlace sur da AP-9?

- Efectivamente, e conto con que é o que máis rápido se vai facer. O enlace sur da AP-9 en Sigüeiro está contemplado no convenio que asinou o Mi-nisterio de Fomento, dirixido daquela polo socialista Xosé Blanco, coa empresa conce-sionaria. A compañía puxo á venda unha serie de obriga-cións para conseguir diñeiro para cumprir o convenio, que contempla tamén a amplia-ción da AP-9 en Santiago ou a ponte de Rande de Vigo. Nós entramos dentro dese paquete e a verdade é que estou es-peranzado e espero que para o ano que vén esas obras se poidan facer.

- Unha obra pola que leva moito tempo loitando...

- O enlace sur da AP-9 é algo polo que este alcalde leva case unha década loi-tando, con ministros do PP e do PSOE. Fíxese vostede que, co enlace sur da AP-9, Sigüei-ro, todo Oroso e a comarca estarán a unha hora de Vigo e unha hora de Ourense sen saír da autoestrada ou auto-vía. Estaremos moito máis cerca do progreso. Suporá unha importante mellora tanto na calidade de vida dos ve-ciños e veciñas de Sigüeiro, que verán incrementada a súa mobilidade e dirán adeus aos atascos, como para as empresas do noso municipio, que mellorarán a súa compe-titividade. Ademais, farán que

Oroso sexa un lugar moito máis atractivo para que novas empresas poidan instalarse aquí e crear eses tan necesa-rios postos de traballo.

- Falando de emprego, que medidas están tomando en Oroso para combater o paro?

- Dende o Concello temos posto en marcha iniciativas como EmpregaOroso, para axudarlles aos desemprega-dos a mellorar as súas con-dicións de empregabilidade tanto a través de accións for-mativas como de asesoramen-to e información. Ademais, estamos poñendo en marcha este ano un programa piloto de formación con prácticas en empresas de Oroso que espe-ro que obteña bos resultados.

- Volvemos ás infraestru-turas e ao estado da N-550?

- Toda a N-550 que discorre por Santiago, Oroso e Ordes está nunhas condicións pési-mas. Nunca estivo tan mal. O parcheado que fixo Fomento non é máis que ir de fochanca en fochanca. Espero que en próximas datas a vaian repa-rando, aínda que non sexa na súa totalidade, porque sabe-mos das limitacións orzamen-tarias que hai neste momento a nivel do goberno de España. Faille falta unha nova capa de asfalto e sinalización ver-tical e horizontal en debidas condicións. Por non falar dos camiños de servizo, que es-tán instransitables e sobre os que non se fixo actuación ningunha.

- E como está o tema da

variante de Sigüeiro?- Digamos que non hai nada

de nada. Hai anos que xa se fixo un estudo informativo e outro de impacto medio-ambiental, pero aínda non os coñecemos, non sabemos por onde se vai facer, nin hai nada presupostado para este ano 2014. Por conseguinte é unha gran decepción.

- Que infraestruturas se están acometendo nestes momentos?

- Estamos humanizando e reurbanizando varias rúas. Co-mezamos polo Portiño e polo Xuncal. Este ano reurbaniza-remos tamén a rúa do Tambre e, despois, acometeremos a rúa Lengüelle. Pouco a pouco, estamos mellorando o noso pobo e dotándoo das infraes-truturas que lle faltaban, como poden ser ese novo colexio no paseo do Carboeiro ou a nova gardería municipal.

- Nunha etapa de crise, na que case non se fan obras, como é posible que en Oroso estean en marcha tantos proxectos?

- Esto é pola nosa boa xestión e porque soube-mos adiantar-nos á cr ise , eliminando gastos super-fluos e cen-trándonos en investimentos produtivos.

Un exemplo son os 490.000 euros de remanente de tesourería

do exercicio 2013, o que nos permitirá destinar este ano 250.000 euros adicionais a investimentos en beneficio da veciñanza. Este cuarto de millón de euros súmase aos 1,2 millóns para inversións incluí-dos nos orzamentos de 2014, unha cifra da que non poden dispoñer moitos Concellos en Galicia.

Houbo Concellos que nos últimos tres anos tiveron que dedicar parte do Plan de Obras e Servizos da Deputación a gasto corrente, ata o 60% do diñeiro. Sen embargo, nós puidemos investir o 100%. E esto débese en boa medida a que en 2009 deseñamos un plan de axuste, sen recortar dereitos da cidadanía.

“A nosa boa xestión permítenos facer inversións que outros Concellos non poden”

ENTREVISTA. Manuel Mirás Franqueira, alcalde de Oroso

O compañeiro Manuel Mirás afronta o último ano deste mandato coa satisfacción do traballo ben feito. Mentres o PP se escuda na crise para incumprir todas e cada unha das súas promesas electorais, os

Socialistas de Oroso foron quen de cumprir máis do 85% do seu programa. Mirás explícanos que todo é froito da “nosa boa xestión, que nos permite facer investimentos que outros concellos non poden”.

Fai as túas preguntas ao próximo entrevistado en: [email protected]

Manuel Mirásalcalde de Oroso

@mmiras

/manuel.miras

Page 5: BOLETÍN INFORMATIVO DA AGRUPACIÓN …socialistasdeoroso.com/oroso/wp-content/uploads/2014/09/...BOLETÍN INFORMATIVO DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE OROSO oroso Dúas familias dunha

Socialistas oroso Páxina 5

- Como definiría a política actual en Galicia?

- A situación é moi pre-ocupante porque temos un Partido Popular gobernando e inmerso en cuestións de corrupción. E un Goberno ga-lego que tan só se dedica a darnos mensaxes optimistas pero sen ningunha resposta contundente aos problemas estruturais de Galicia. É dicir, que estamos no peor momen-to político de Galicia e cun dos peores gobernos.

- Hai pouco foi elixido se-cretario de Traballo Autóno-mo do PSdeG, que obxecti-vos se propón?

- Sei que é un tema com-plicado. Estou vendo o núme-ro de autónomos que hai en Galicia e facendo lun estudo sectorial. O que temos que ver é cales destes colectivos poderían crear un posto de traballo se desde o goberno lle deran unha axuda importante. Se dos 200.000 autónomos que temos en Galicia, 35.000 puideran contratar a unha per-soa, reduciríamos o paro en 35.000 persoas. E, por outra banda, incentivar e asesorar aos novos emprendedores. Esas son as liñas nas cales eu quero traballar.

- Por que cre que lle encar-garon esta Secretaría?

- Penso que Besteiro coñe-ce a miña traxectoria, tanto no eido político como profesional. Ademais de alcalde, teño unha experiencia de máis de 31 anos dirixindo unha firma de 23 per-soas que asesora a autónomos e pequenas empresas, polo que coñezo ben ese mundo e sufro os seus problemas.

- Que problemas?- Nestes intres: a falta de

traballo, pois a crise afecta moitisimo. Tamén a falta de financiación para poñer en marcha novas liñas de ne-

gocio, renovar maquinaria, etc Ademais están as trabas administrativas que teñen que aturar e todo o papeleo que se lles esixe, pois son un dos sectores sobre os que Facenda está máis enriba. E moitos dependían da constru-ción: fontaneiros, carpinteiros, encofradores... O comercio tamén o está a pasar moi mal pola forte caída do consumo, provocada polos recortes, as baixadas de soldos e a perda de poder adquisitivo das pen-sións. Todo isto, unida á polí-tica de potenciar as grandes áreas comerciais, prexudica ao pequeno comercio cando tiñamos que potencialo.

“Galicia ten un dos peores Gobernos da súa historia”

Manuel Mirás forma parte da Executiva do PSdeG-PSOE como secretario de Traballo Autónomo

Mobilización dos alcaldes e concelleiros socialistas contra a suba do 34% do lixo establecido pola Xunta

“O PP está tan alonxado de Oroso como o seu voceiro, o señor Balado”- A menos dun ano das municipais,

que valoración fai da oposición en Oroso? Comecemos polo Partido Popular.

- O problema do señor Balado é a súa in-competencia, que fai que chegue a propoñer cousas sen sentido ou incluso irregulares, como que o Concello asuma competencias da Xunta. O PP de Oroso prefire que gastemos os cartos dos veciños antes de dicirlle nada ao señor Feijoo. É lóxico nalguén que non reside en Oroso, que non paga impostos aquí... Eu ao señor Balado compároo cun mercenario que veu aquí en paracaídas. Estaba no paro e dixé-ronlle: “oes, preséntate a alcalde e dámosche un traballo na Deputación”. E por presentarse déronlle de premio un traballo de “fonta-neiro” na Deputación. Pero non fontaneiro de arranxar billas, que iso non o sabe facer, “fontaneiro” dos que non fan nada. “Cargos de confianza” que nin van polo traballo.

- Seguimos polo Partido Galeguista.- Siverio segue na súa liña de embarrar e

dificultalo todo. Non fixo nin unha proposta en tres anos, pero foi correndo a Lugo a denun-ciarnos por algo que pasou hai 12 anos e que sabe ben que está perfectamente feito, pois ata hai unha sentenza do Tribunal Superior de

Xustiza de Galicia que así o confirma. Pásalle como aos grandes mentireiros, que ao final rematan crendo as súas propias invencións. Aínda estamos agardando a que faga algo a prol dos veciños de Oroso. Non o fará, pois vive alleo a todo canto sucede en Oroso, salvo aquilo que alimente a súa ansia persecutoria cara a miña persoa.

O certo é que o señor Siverio só está pen-dente de intentar meterme a min no trullo e non lle importan para nada os veciños e veciñas, nin os nenos nin os maiores. Cada vez que conseguimos unha obra importate, el lévase un gran disgusto. Eu recomendaríalle que se desengane. Por ese camiño non vai a ningures porque eu non son nin trapalleiro nin corrupto. Corrupto é aquel que pide algo a cambio dunha obra ou dunha licenza; eu eso nunca o fixen.

- E rematamos polo BNG?- O señor Pérez quizais sexa o único que

actuou con responsabilidade e propoñendo iniciativas. Poderemos coincidir ou non, pero hai que agradecerlle o seu traballo. Eu reco-mendaríalle que non se envolva con Siverio nin con Balado porque o van levar por moi mal camiño.

Page 6: BOLETÍN INFORMATIVO DA AGRUPACIÓN …socialistasdeoroso.com/oroso/wp-content/uploads/2014/09/...BOLETÍN INFORMATIVO DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE OROSO oroso Dúas familias dunha

Socialistas orosoSocialistasSocialistas orosoPáxina 6

“Vamos a renovar el partido y lo vamos a unir, porque lo más importante es que el PSOE salga fortaleci-do y que el PP cuen-te enfrente con una izquierda que lo que aspira es a gobernar, a transformar la so-ciedad y a ser lo que siempre hemos sido:, un partido ganador. Ese es nuestro reto, a eso os convoco y es-toy confiado en que lo vamos a conseguir”. Son verbas de Pedro Sánchez tras ser elixi-do secretario xeral do PSOE tras unha histó-rica e sen precedentes votación á que esta-ban chamados todos e cada un dos militantes socialistas. Todo un

exemplo de democra-cia fronte a métodos como o “dedazo” que practican no PP.

Sánchez contou co apoio do 48,6% dos votos, fronte ao 36,19% de Eduardo Madina e o 15,12% de José A. Pérez Tapias. En total, na consulta participaron o 65,8%

dos militantes.En Oroso, a partici-

pación foi superior: o 77,27% da militacia. E o apoio ao novo se-cretario xeral non foi unánime, pero case xa que concentrou o 91% dos votos, fronte ao 8% de Eduardo Ma-dina e un 1% de votos en branco/nulos. Unha

abrumadora maioría na que, sen dúbida, tivo moito que ver a cercanía de Sánchez coa militancia, che-gando a reunirse coa directiva dos Socialis-tas de Oroso.

Agora tócalle “cam-biar el PSOE y cam-biar España”, unha tarefa á que Sánchez:

“convoco a todos y a todas”. Porque ése é o obxectivo para os próximos meses: non é tanto debater sobre unhas novas prima-rias, senón recuperar a confianza da cida-danía e gañar as muni-cipais e as xerais para acabar coa política de recortes do PP.

Pedro Sánchez consegue o respaldo do 91% dos socialistas de Oroso

Páxina 4

Coa túa axuda faremos un Oroso mellor Se es unha persoa pro-

gresista, preocupada por mellorar a nosa socieda-de, por facela máis xusta e solidaria, por estender

os valores da tolerancia e solidariedade, o PSOE é o teu partido.

Se queres participar no proxecto de Socialistas de

Oroso. Se queres axudar a mellorar este concello. Se queres achegar o teu gran de area para conse-guir unha sociedade me-

llor, dende o compromiso político como militante ou a colaboración como sim-patizante.

Elixe a túa opción:

facebook.com/psdegpsoe.oroso @PSOEOroso [email protected]

MILITANTE: Cidadán/a maior de idade disposto a colaborar no

proxecto político do Partido Socialista participando na vida interna dos Socialistas de Oroso. Participa de forma activa en debates, en asembleas e na toma de decisións. O militante aboará unha cota mensual.

SIMPATIZANTE: Cidadán/a maior de idade que se identifica co proxecto

socialista, que non adquire o grao de afiliado, en canto a obrigas, pero si se compromete a colaborar de forma voluntaria co seu traballo e coas súas ideas no programa do Partido Socialista e dos Socialistas de Oroso.

Pedro Sánchez, no momento de ser proclamado gañador das primarias do PSOE

O 77,27% da militancia socialista de Oroso exerceu o seu dereito ao voto nas primarias

Page 7: BOLETÍN INFORMATIVO DA AGRUPACIÓN …socialistasdeoroso.com/oroso/wp-content/uploads/2014/09/...BOLETÍN INFORMATIVO DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE OROSO oroso Dúas familias dunha

Socialistas oroso Páxina 7

Os Socialistas de Oroso presentamos unha moción para instar ao presidente da Xunta a retirar o incremento do 34% do canon de SOGAMA e a posta en marcha dunha mesa de nego-ciación na que se estu-dasen os custos reais do tratamento do lixo dos concellos. Ade-mais, solicitamos unha

auditoría externa de SOGAMApara coñecer como xestionan real-mente os residuos.

Unha proposta que foi aprobada pola una-nimidade dos grupos municipais, pero que foi ignorada pola Xun-ta. O señor Feijoo non quere dialogar e non lle importa afogar eco-nomicamente a millei-ros de familias galegas

con tal de salvarlle o cu a SOGAMA.

Fronte a iso, os Socialistas de Oroso denunciamos que os veciños non somos culpables da mala xes-tión de SOGAMA, que en 2007 repartía divi-dendos e agora di ter un déficit de 10 millóns de euros. E, en vez de asumir responsabili-dades, 24 persoas da

sociedade se reparten 1,62 millóns de euros. É de escándalo!.

O compañeiro Ma-nuel Mirás cualifica de “cobardía” que “o PP pretenda enganar aos veciños dicíndolles que somos os conce-llos quen subimos a taxa. Pois en Oroso está claro: non imos aumentarlle os impos-tos aos veciños”.

Por que Feijoo nos sube o lixo?Antes:

Os veciños/as de Oroso reciclan

Os veciños/as pagan taxas para que SOGAMA recolla, trate e recicle o lixo

En vez de reciclar, SOGAMA prioriza a incineración do lixo

Agora:

Rajoy recorta as primas á coxeneración eléctrica

Ao queimar o lixo,SOGAMA consegue evende enerxía eléctrica

SOGAMA gaña cartos tanto dos veciños como da electricidade

SOGAMA ve minguar os ingresos por venda de electricidade

A Xunta obriga aosConcellos a subirllesun 34% o recibo do lixo aos veciños

Feijoo non demanda compensacións ao Goberno

SOGAMA terá uns benefi cios de máis de 6 MILLÓNS de euros

Os socialistas de Oroso reclamamos unha auditoría seria e en profundidade de SOGAMA

O dato

49.000 euros. Isto é o que lle custará ao Concello de Oroso a suba do 34% do recibo do lixo por culpa de SOGAMA, en colaboración con Feijoo. Mentres, 24 directivos desa em-presa repártense 1,62 millóns de euros.@PSOEOroso

Os desvaríos de Siverio: como ningún xuíz lle fai xa caso na Coruña, vaille contar fábulas a Pilar de Lara a Lugo

Seguro que moitos vos sorpren-déchedes coa nova de que a xuiza Pilar de Lara lle pedía ao Concello de Oroso toda a documentación relacionada con Aquagest. O tempo demostrou que non é máis ca outra denuncia do voceiro do Partido Galeguista, Siverio Mirás quen, semella que farto de que ningún xuíz da Coruña faga caso das súas tramas conspiranóicas baseadas en mentiras e invencións, desta vez deu por ir ata Lugo para contarlle as súas fábulas a unha xuíza que aínda non o coñece.

Así, Siverio conseguíu os seus 15 minutos de gloria a costa de emba-rrar unha vez máis o nome de Oro-so e facer que varios funcionarios tiveran que traballar toda unha semana a recopilar toda esa docu-mentación, deixando de atender aos veciños. O curioso do caso é que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia xa dictaminou anos atrás que o comportamento denunciado por Siverio foi correcto. Agarde-mos que esa Xustiza tamén actúe co señor Siverio cando se demostre que fixo unha denuncia falsa.

Estreamos páxina web: www.socialistasdeoroso.com

Os Socialistas de Oroso estreamos web, moito máis visual e sinxela para que esteas permanentemente informado de todo canto acontece no noso municipio.

Page 8: BOLETÍN INFORMATIVO DA AGRUPACIÓN …socialistasdeoroso.com/oroso/wp-content/uploads/2014/09/...BOLETÍN INFORMATIVO DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE OROSO oroso Dúas familias dunha

Socialistas Oroso @PSOEOrosoMentres as familias apretan o cinto, no PP de Galicia corrían os sobres de Bárcenas. Se ata a Carlos Floriano lle traizoa o subconsciente:

Socialistas Oroso @PSOEOrosoA #mentira está tan instalada no PP que mentiron no Programa Electoral e minten ata coas matemáticas

Socialistas Oroso @PSOEOrosoPero non dicía o señor Balado en Oroso que a lei non se ía aprobar como estaba?? #mentirasPP

Socialistas Oroso @PSOEOrosoOutro concelleiro do PP facendo burla co drama do paro. Ao final o “que se jodan!” de Fabra vai resultar ser unha política de Goberno

BOLETÍN INFORMATIVO DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE OROSO

Edita: Agrupación Socialista de OrosoImprime:Depósito Legal:

facebook.com/psdegpsoe.oroso

@PSOEOroso

[email protected]

oroso

Boquiñas de piñón...

Revista de prensa