chus 5 cs - sergas · 2015. 7. 17. · publicación trimestral do complexo hospitalario...

32
i+saúde Revista do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago Plan de Docencia Pregrao na procura da calidade

Upload: others

Post on 11-Aug-2021

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

i+saúdeRevista do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Plan de Docencia Pregrao na procura da calidade

Page 2: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

i+saúde2

A FORMACIÓN NA VISIÓN ESTRATÉXICA DO CHUS

Editorial

Aformación forma parte diso que demos en chamar o noso código xené-tico como institución, ao mesmo nivel que a asistencia e a investigación, os outros sinais da nosa identidade institucional. O desenvolvemento e mellora da formación, tanto en pregrao como en posgrao, é un dos grandes obxectivos da Xerencia, tal e como se reflicte no Plan Avante 2012. É necesario avanzar na calidade e na excelencia, non soamente dende o punto de vista dos alumnos, senón tamén dende a óptica da prestación dos servizos sanitarios, é dicir, dende a perspectiva do paciente. É a nosa función trasladar á sociedade a enorme importancia que ten o feito de que os diferentes departamentos do Complexo Hospi-talario estean abertos a aqueles que no futuro serán os encargados de garantir a continuidade dunhas prestacións de calidade que avancen no camiño do coñecemento, da tecnoloxía e da responsabilidade, así como o achegamento ás necesidades e expectativas reais dos pacientes.O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago ten unha repu-tación que manter, unha historia que debe ser un estímulo para o traballo dos que hoxe teñen o compromiso de dirixir o CHUS. Máis do 80 por cento dos médicos que hoxe traballan en Galicia aprenderon entre estas paredes moitos dos saberes que agora poden aplicar no seu traballo. Unha realidade da que nos senti-mos orgullosos, un prestixio que estamos empeñados en manter e,

na medida do posible, en mellorar cada día.Para logralo disporemos dunhas instalacións axeitadas, no contorno do Campus da Saúde, con edificios como o Aulario. O CHUS concentrará a asistencia, a docencia e a investigación nun mesmo espazo que debe ser utilizado dun xeito racional e eficaz para o logro de todos os obxectivos de calidade na prestación dos servizos sanitarios, na formación e na mellora dos coñecementos, tendo en conta o respecto e a preservación da intimidade do paciente, que ten que ser comprensivo coa necesaria presenza de alumnos.Antes de tomar decisións houbo que facer un traballo profundo de inves-tigación no que se preguntou a todos os grupos implicados, e tamén aos alumnos. A posta en marcha de calquera iniciativa coma esta leva un tempo, re-quire dunha adaptación e, sobre de todo, de boa disposición e vontade por parte de todos. É necesario reclamar comprensión co proceso e, sobre todo, participación.A Xerencia do CHUS está aberta a calquera suxestión, a calquera achega que nos permita avanzar neste camiño iniciado cara a unha visión estratéxica da institución fundada neses tres elementos do “código xenético” que configuran o que somos e, sobre todo, o que haberemos de ser no futuro.

Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do CHUS. Ana Lucía López Pimentel, Beatriz Senra Gómez.Travesía da Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela | Tel: 981 950 023, 981 950 967 | e-mail: [email protected] | Realiza: Imaxe Nova de Comunicación | Fotografía: O. Lebowsky

Supervisión Lingüística: Rinoceronte Servizos Editoriais | Imprime: CA Gráfica | Depósito legal: VG 394-06 | ISSN: 1887-0937

Page 3: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

i+saúde 3

REPORTAXE/DOCENCIA PREGRAO EXPRESIÓNS

17 24ACTUALIDADE/NOMEAMENTOS REPORTAXE/OBRAS

Sumario

27 28PUBLICACIÓNS INTERIORES

8

14ENTREVISTA

11REPORTAXE/INVESTIGACIÓNOPINIÓN

10

4

O CHUS afronta unha nova etapa pora lograr que a súa actividade docente sexa un produto diferenciado.

Tres alumnos e tres responsables de formación sanitaria ofrecen as súas opinións sobre a situación actual e os retos da docencia pregrao.

As novas de actualidade do CHUS, nas que destaca a calidade, xunto co perfil dos últimos nomeamentos no Complexo Hospitalario.

Un repaso ás obras que se acometen na actualidade, como as reformas de Conxo e da cúpula do Psiquiátrico.

Os profesionais do centro hos-pitalario contan con tres novos instrumentos para mellorar a atención ao paciente.

A actividade cotiá do Servizo de Admisión e Documen-tación Clínica, o auténtico motor do CHUS.

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, amosa o seu apoio ao Plan Avante 2012.

Un grupo de profesionais da sanidade pública de Santiago está a desenvolver un pioneiro estudo sobre a esquizofrenia.

Dr. Manuel Arias Gómez, Xefe de Sección de Neuroloxía do CHUS e profesor asociado da USC.

Page 4: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

ReportajeReportaxe

Docencia Pregrao, produto diferenciado

O CHUS afronta unha nova etapa na súa actividade docente que ten que pasar por unha correcta

combinación entre asistencia, docencia e investigación

É innegable o vínculo profun-do do CHUS coa docencia. A súa condición de complexo hospitalario universitario con-fírelle unha clara vocación formativa que o Plan Avante 2012 pretende potenciar a través do deseño dunha liña de produto diferenciada e in-tegrada coa actividade asis-tencial que se desenvolve no complexo hospitalario (Hospi-tal Clínico, Hospital Médico Cirúrxico de Conxo, Hospital Gil Casares e Hospital Psi-quiátrico).Historicamente o CHUS é identificado polo seu ensi-no pregrao, especialmente pola formación que ofrece aos alumnos de Medicina e Odontoloxía. Non obstante, o complexo ofrece forma-ción universitaria de alumnos de Enfermería, Fisioterapia, Ciencias Físicas, Psicoloxía e Farmacia, así como forma-

Docencia

ción técnica e profesional en ámbitos non universitarios. Unha simple ollada á activi-dade diaria do CHUS basta para entender a magnitude que ten a formación pregrao nos distintos centros que for-man parte do complexo.Alumnos dos cursos de Medi-cina ou Enfermería que toman contacto co contorno hospita-

lario da man de profesionais que deben saber combinar o seu labor asistencial coa súa actividade como formadores ou estudantes doutros países, sabedores de que a súa ex-periencia no complexo será decisiva na súa traxectoria profesional, fan as súas prác-ticas durante todo o ano nos distintos departamentos do

complexo hospitalario.O CHUS está asociado á Universidade de Santiago de Compostela a través dun con-certo que establece a vincu-lación de prazas de profesio-nais do complexo con prazas docentes do cadro de profe-sionais da USC. Un dos obxectivos recollidos no Plan Avante 2012 é lograr que a docencia conte cunha estratexia propia e defini-da para impulsar a mellora continua e actualización das actividades de formación no complexo hospitalario.

Mellora continuaDeste xeito, o reto é conseguir que a actividade docente es-tea integrada coa actividade asistencial que se desenvolve no complexo, de maneira que ambas as liñas se complemen-ten e se estableza un ciclo de mellora continua que xere

Historicamente o CHUS é identifica-do polo seu ensino pregrao, espe-

cialmente en Medicina e Odontoloxía

O reto recollido no Plan Avante 2012 é lograr que a actividade docente estea integrada plenamente coa asistencia

(pasa a páx. 6...)

i+saúde4

Page 5: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

i+saúde 5

A Guía do Alumno, na que se fixan os obxectivos que terá que lograr o

estudante, é unha das accións incluídas no Plan de Docencia Pregrao

Page 6: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

Docencia

beneficios para ambas as par-tes. Segundo as conclusións reco-llidas no plan, unha correcta combinación entre docencia e asistencia fará posible que o complexo siga a ser un centro excelente e de recoñecido pres-tixio académico e asistencial.Asemade, este documento in-cide na necesidade de que a actividade docente se trate como unha liña de produto diferenciada, asumindo o seu papel complementario da ac-tividade asistencial, pero cun-ha identidade propia.

ConveniosAs funcións docentes de pre-grao do complexo desenvól-vense ao amparo de acordos ou convenios coas organiza-cións docentes de proceden-cia dos alumnos. Porén, e segundo se detectou na elaboración do Plan Avante 2012, o complexo pode mello-rar a colaboración no deseño, planificación, programación e rexistro de actividades de do-cencia pregrao. A excepción é Enfermería, onde existiu unha maior tradi-ción de colaboración nas tare-fas de deseño e de organiza-ción conxunta de actividades vinculadas á docencia.Este importante documento no que se define o futuro do Com-plexo Hospitalario, salienta como necesidade destacada para o complexo hospitalario a elaboración dun Plan Do-cente Pregrao que artelle unha participación e unha colabora-ción máis activa do complexo con estas organizacións, es-pecialmente coa Facultade de Medicina e Odontoloxía.A súa finalidade é asegurar o máximo nivel de calidade de todas as actividades de do-cencia pregrao que se levan a cabo no interior das súas instalacións.

Máis de 2.000 alumnos, dos que case 600 pertencían á Escola de Enfermería,

realizaron as súas prácticas de pregrao no CHUS durante o pasado ano.

Máis de 2.000 alumnos en prácticas en 2006

Durante o pasado ano, un total de 581 alumnos de En-fermería e Fisioterapia reali-zaron as súas prácticas de pregrao no CHUS. A inmen-sa maioría deses estudantes, un total de 577, cursaban primeiro, segundo e terceiro de Enfermería, mentres que 4 pertencían ao terceiro cur-so de Fisioterapia.Pola súa parte, o número de alumnos de Formación Profe-sional que fixeron prácticas no complexo hospitalario du-rante 2006 ascendeu a 140, dos que 82 eran auxiliares de Enfermería, 15 auxiliares de Saúde Mental, 4 técnicos de Radioterapia, 10 técnicos de Laboratorio, 17 técnicos de Anatomía Patolóxica e 12 técnicos en Nutrición.Con respecto a Medicina, o número de alumnos matricu-lados durante o pasado ano en materias de práctica clí-nica ascendeu a un total de 1.491 estudantes, dos que 61 pertencían ao programa Erasmus e 26 procedían de Estados Unidos. A maioria destes estudantes en período docente asisten-cial, máis de 500, cursaban quinto curso de carreira, se-guidos dos estudantes de ter-ceiro curso, un total de 395, e os de cuarto de carreira, que sumaban 264 persoas.Estes alumnos realizaron a súa formación práctica en todas as áreas do CHUS, aínda que se distribúen prin-cipalmente nos departamen-tos de Cirurxía, Medicina, Psiquiatría, Radioloxía, Saú-de Pública, Oftalmoloxía, Otorrinolaringoloxía, Obste-tricia e servizos centrais do complexo hospitalario.

(...ven da páx. 4)

i+saúde6

Page 7: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

i+saúde 7

O Plan de Docencia Pregrao persegue acadar máis calidadeUnha serie de ambiciosas medidas para lograr un alto grao de eficiencia están incluídas neste documento

O Plan de Docencia Pregao, que se está a elaborar no marco do Plan Avante 20012, inclúe entre as súas prioridades a creación dunha estrutura de dirección e xestión única da docencia do complexo. Na actualidade existe unha Comisión de docencia que só é responsable da docencia posgrao. Esta figura estase a en-cargar de levar a cabo o plan, conxuntamente co Vicedecanato de Docencia Clínica.

Identificar a demandaEntre as accións contempladas no plan figura a identificación da demanda de docencia pregrao por parte das diferentes organi-zacións implicadas, como son a Facultade de Medicina e Odon-toloxía, a Escola de Enfermería e as facultades de Farmacia, Psicoloxía, Bioloxía, Química e Física, así como os Institutos de Formación Profesional e Institu-

cións de Promoción de Emprego. Unha vez fixada a demanda, adecuaranse á mesma os recur-sos humanos, físicos e materiais do complexo. Con respecto aos recursos humanos, presentaranse fórmulas de recoñecemento espe-cífico para todos os profesionais que realicen labores docentes no CHUS. A súa finalidade é que o seu labor conste tanto a efectos curriculares como no desenvolve-

mento dunha futura carreira pro-fesional. Neste aspecto, recoño-cerase especialmente a figura do titor. Tamén se levará a cabo a adecuación do persoal adminis-trativo de apoio á docencia do complexo. Pola súa parte, coa construción do Aulario e Blibliote-ca, que serán unha realidade en breve, darase cobertura a parte das necesidade físicas da docen-cia pregrao.

Co Aulario e a Biblioteca darase cobertura a parte das necesidades

físicas da docencia pregrao

O Plan inclúe a elaboración de guías para os alumnos en prácticas e para

os seus titores

Ademais, analizaranse as necesi-dades materiais dos alumnos en canto ao uso dos comedores do complexo, uniformidade, vestia-rios e material de apoio docente.De cara a mellorar o deseño, planificación e programación das actividades de docencia pregrao, esta actividade realiza-rase en colaboración coas orga-nizacións docentes de orixe dos alumnos. Esta iniciativa incluirá a elaboración dun Plan de Estudos para cada disciplina, que estará asociada ás materias que se im-parten nas aulas.

Guías para alumno e titorOutra importante acción reco-llida no documento é a elabo-ración dun manual de acollida para os alumnos de pregrao do complexo e a creación dun-ha guía do alumno que lle será entregada ao comezo da súa formación práctica e que fixará os obxectivos que terá que con-seguir o estudante ao longo da súa rodaxe polo complexo. Ase-made, os titores tamén contarán cunha guía onde se exporán de maneira detallada as súas fun-cións e os criterios para a súa avaliación.Outras iniciativas dirixidas a me-llorar a docencia pregrao son a elaboración dunha ferramenta de avaliación de grao do cum-primento dos titores por parte dos alumnos e o impulso ao desenvol-vemento de actividades de forma-ción continua.Por último, o Plan de Docencia Pregrao quere incidir na difusión das actividades desenvolvidas.

Page 8: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

i+saúde8

Retos na formación pregraoTres alumnos e tres responsables da formación no CHUS e na USC opinan sobre a situación ac-tual e os retos da docencia pregrao

José María Fraga

Decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC

J. Ramón Fdez. Lorenzo

Coordinador de Docencia do CHUS

“A docencia médica de grao e pregrao é e debe seguir sendo un dos estandartes do CHUS”

Un dos sinais de identidade do CHUS é a súa relación coa Facultade de Medicina. As dúas entidades deben formar e forman unha única unidade para a ensinanza dos futuros médicos. Esta formación debe ser un dos estandartes dos pro-gramas que se desenvolven. A finalización do Aulario significa dispoñer duns mellores e axeita-dos espazos para a docencia, que ata agora non existían. O importante é acadar unha política educativa integrativa comun, reto que a día de hoxe non se realizou coa intensida-de con que nos gustaría. Para que a formación sexa axeita-da, o CHUS ten que definir a súa plena capacidade docente, que pasa por empregala funda-mentalmente nos alumnos de Medicina. Non hai que esque-cer que na Facutade estudan 1.800 alumnos ao ano.

“A formación clínica é un dos obxectivos prioritarios do CHUS”

Acadar un nivel formativo de máxima calidade é unha das finalidades prioritarias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. O maior intere-se do noso complexo é que o nivel de formación clínica das diferentes áreas docen-tes sexa o mellor, e que se cumplan os obxectivos for-mativos establecidos para os alumnos. A mellora nas infraestruturas permitirá aos profesionais facilitar a súa actividade docente; porén os mellores resultados forma-tivos acádanse se a apren-dizaxe se realiza baixo a tutela de recoñecidos profe-sionais como os que conta o complexo hospitalario. Ase-made, gustaríame destacar que todo o persoal do CHUS participa na formación dos alumnos.

Expresións

Docencia

Page 9: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

i+saúde 9

Juan Fernández Varela

Director da Escola de Enfermería da USC

José Loureiro Amigo

Estudante de MedicinaFrancisco José Gil López

Estudante de MedicinaSantiago Montero

Aradas

Estudante de Medicina

“A coordinación entre a Escola e o CHUS é mellorable”

Considero que a formación é bastante boa aínda que a co-ordinación entre a Escola de Enfermería e o CHUS é mello-rable. Neste senso, é necesaria a fixación de criterios comúns, xa que cada un de nós traballa pola súa conta. En canto aos recursos, xa propuxemos á Uni-versidade de Santiago que se reducise o número de alumnos rotando, xa que é excesivo, sobre todo nunhas prácticas como as de Enfermería que esixen dedicación e constancia por parte dos profesores e cola-boradores. Cada ano realizan prácticas de pregao arredor de 600 alumnos da Escola de Enfermería. Entendo que o Au-lario non resolve, polo menos para Enfermería, grandes pro-blemas. Habería que trasladar de forma urxente a Escola de Enfermería ao Campus da Saú-de. Deste xeito, toda a infraes-trutura estaría próxima.

“Existe unha masificación das prácticas hospitalarias”

A formación hospitalaria de pregrao en habilidades clíni-cas básicas é imprescindible se o que se pretende é con-verter os estudantes de Medi-cina en futuros médicos e non en simples bases de datos. Por iso é necesario que todos os profesionais se impliquen na formación de pregao, para que o CHUS sexa uni-versitario na práctica cotiá e non só no nome. Neste sen-so, o complexo hospitalario adoece dun problema de for-ma e outro de fondo. O de forma radica na inexistencia dunha formación máis regra-da en coordinación coa Fa-cultade de medicina (similar ao que se fai na formación de Enfermería). O do fondo é a masificación das prácticas hospitalarias, xa que o CHUS debe mellorar as condicións dos estudantes que recibe ac-tualmente.

“Hai un gran desinterese pola formación dos futuros médicos”

O ensino pregao en hospi-tais é esencial para a forma-ción de futuros médicos, xa que non sería posible asimi-lar os conceptos teóricos se non existisen as prácticas. Non obstante, as prácticas nos hospitais do CHUS pre-sentan moitos problemas. Están saturados de estudan-tes e non teñen capacidade para proporcionar unha for-mación adecuada a todos eles. Ademais, son poucos os médicos que se amosan dispostos a coller estudantes e ensinarlles a tratar os pa-cientes, corrixindo os seus erros. En xeral predomina un gran desinterese pola forma-ción de futuros médicos com-petentes, o cal fai que os es-tudantes cheguen a sentirse un estorbo. Tamén considero que se debería evitar que a un médico se lle asignen ata cinco estudantes.

“É preciso unha maior implicación dos médicos”

A necesidade de prácticas na formación académica é máis que obvia, pero tal como está deseñado o sistema actual a achega práctica é case nula. A masificación que sofre o CHUS é a principal limita-ción que percibo na mellora deste servizo, porque ade-mais do impedimento físico que iso nos supón, creo que provoca outro didáctico aos facultativos, que se limitan a pasar visita, sen amosar ape-nas interese pola ensinanza práctica dos 6 estudantes que os perseguen dun cuarto a outro. Unha maior implica-ción dos médicos do CHUS, tanto cuantitativa como cuali-tativa, é quizais a demanda xeral dos meus compañeiros, porque permitiría repartir máis os grupos que visitan aos pacientes. Considero que isto iría tamén en beneficio dos enfermos.

Page 10: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

i+saúde10

O cerebro e a música

O Sistema Nervioso, sistema capital do corpo humano e deposita-rio da esencia e identidade de cada individuo, posúe innumerables funcións, algunhas das cales tenden a quedar un tanto á marxe da práctica clínica diaria da especialidade que atende o seu estudo, é dicir a Neuroloxía. Non obstante, non debemos esquecer que toda a vida emocional, cognitiva e volitiva, incluídas as tendencias e capacidades artísticas, teñen o seu asento no encéfalo de cada suxeito.A crecente presión asistencial, coas célebres listas de espera, e a acusada demanda da tecnoloxía punteira dispoñible (resonancia magnética, tomografía por emisión de positróns,...), condicionan que os neurólogos teñamos, no noso medio concreto, pouco tempo e menos recursos para atender ás “outras funcións cerebrais” e á súa patoloxía. Aínda que soe estraño, debemos necesariamente estar de acordo en que, ademais do mundo neurolóxi-co habitual dos ictus, a esclerose múltiple, o pár-kinson, o alzheimer, os tumores, a epilepsia, a patoloxía neuromuscular, a xaqueca, as ataxias..., existen outras moitas pato-loxías e situacións como “a neuroloxía do amor”, “as amusias”, “as síndromes de dor crónica”, “os padecementos psicóxenos”, “a risa normal e pato-lóxica”, “o efecto placebo”..., todas elas relacionadas coa función ence-fálica.A música, ademais da elitista consi-deración de arte de combinar os sons no tempo, pode definirse de moitas maneiras. Unha delas céntrase na súa función de comunicación de emocións e sentimentos, polo que pode ser en-tendida formalmente como un tipo particular de linguaxe que, como é notorio, vén acompañando ao ser hu-mano dende os primeiros momentos da súa presenza na face da terra.A revista oficial da Sociedade Españo-la de Neuroloxía (Neuroloxía 2007; 22 (xaneiro-febreiro): 39-45) publicou recentemente un traballo do neurólo-go que escribe estas liñas, no que se revisa a función cerebral relacionada coa percepción e produción musical e as súas alteracións principais. No devandito traballo analízase o procesado encefálico da linguaxe musical, tendo en conta os seus ele-

mentos fundamentais (ritmo, ton, tempo, melodía, grafía, reposta emocional) e subliñando a existencia de áreas cerebrais, distintas das implicadas na habitual linguaxe falada e escrita, que teñen que ver co fenómeno musical. En xeral, poderiamos afirmar que o hemisferio cerebral dereito exerce de soporte das capacidades musicais innatas, mentres que o esquerdo se ocupa máis dos procesos analíticos e estruturais, moitos deles aprendidos durante os estudos de música. O estudo e a interpretación musical, sobre todo de xeito continua-do tal como os realizan os músicos profesionais, producen cambios na estrutura cerebral (maior tamaño do cerebelo, do cortex motor relacionado coa motilidade da man do pianista...). No referido traballo tamén se detallan algúns tipos especiais de pa-toloxía, tanto de tipo conxénito (amusia conxénita) como adquirida

(por distintas lesións), así como o caso concreto dos superdotados portadores do denominado oído

absoluto. Na clínica poden observarse enfermos

afásicos (incapaces de falar) que poden cantar, pacientes que presentan crises epilépticas desencadeas ao escoitar pasaxes musicais concretas, ou ben ataques que consisten en alucina-cións musicais. Finalmente, analízanse as pato-loxías motoras peculiares dos intér-pretes musicais (distonia da man do pianista e do violinista, distonia do labio do trombonista...); tamén se comentan os posibles efectos bene-ficiosos da musicoterapia (enfermos dementes con axitación, facilitación do movemento no parkinsoniano, relaxación en salas de endoscopia e cirurxía menor...), sen esquecer a probable facilitación da aprendi-zaxe de distintas materias, como as matemáticas, no ámbito escolar.Malia a linguaxe, necesariamente técnica, e á estrutura académica do mencionado artigo publicado nun-ha revista científica, a súa lectura podería satisfacer a curiosidade de todo aquel que teña inquietude polo funcionamento do sistema nervioso en temas, como o da música, moitas veces considerados fóra do alcance da medicina diaria e oficial.

Manuel Árias GómezXefe de Sección de Neuroloxía do CHUS e profesor asociado da USC

Opinión

Page 11: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

Mellora do tratamento da esquizofrenia

Investigación

Varios grupos de investigación dos ámbitos sanitario e universitario de Santiago de Compostela están a

traballar para mellorar o tratamento da esquizofrenia

Co obxectivo de mellorar o tra-tamento da esquizofrenia, inves-tigadores dos ámbitos sanitario e universitario de Santiago de Compostela están a desenvolver importantes estudos.Un destes grupos de profesionais da sanidade pública de Santiago de Compostela puxo en marcha un estudo de investigación sobre a farmacoxenética en enfermos de esquizofrenia coa finalidade de predicir, mediante análises xenéticas, cal vai ser a resposta dun paciente que sofre esta en-fermidade a un tratamento con antipsicóticos.Nesta investigación, na que co-laboran profesionais do Servizo de Farmacia de Conxo e persoal do laboratorio da Fundación Galega de Medicina Xenómica, perséguese un mellor tratamento a este tipo de enfermos, xa que o seu uso no diagnóstico da enfermidade permitirá indicar o fármaco e a posoloxía axei-tada a cada doente con esqui-zofrenia, así como acadar unha

maior efectividade no tratamen-to e diminuír os seus efectos se-cundarios.O estudo xurdiu hai tres anos cun proxecto piloto no que partici-paron psiquiatras do Complexo Hospitalario de Ourense, que se encargaron da parte clínica

dos pacientes e da recollida de datos. Pola súa parte, os espe-cialistas de Medicina Xenómica encargáronse da parte xenética, da busca dos xenes específicos para estudar. Os bos resultados desta investigación, as previ-sións cumpríronse nun 80 por

cento, animaron os expertos a continuar esta liña de traballo. A importancia desta investiga-ción en curso, na que participan arredor de 40 doentes, radica na estreita colaboración entre investigadores clínicos e básicos do CHUS, xa que pode permitir

esquizofrenia, unha grave enfermidade mental

A esquizofrenia, considerada unha das enfermidades mentais máis graves, afecta ao 1 por cento da poboación galega. Trá-tase dun transtorno mental seve-ro, evolutivo e incapacitante que provoca no paciente, en moitos casos, a perda de contacto coa realidade. O termo de esquizo-

frenia en si significa “mente parti-da”, polo que os doentes afecta-dos experimentan unha distorsión dos pensamentos e sentimentos. A doenza provoca que o enfer-mo non pode explicar o que lle está a suceder, ten medo e, polo tanto, non quere pedir axuda nin quere aceptar a medicación

que lle prescriben os facultati-vos. O principal problema ao que se enfrontan é o abandono do tratamento, ao considerar que non están enfermos. Esta complexa doenza iniciáse polo xeral na mocidade, entre os 20 e 30 anos, e afecta ao home e a muller coa mesma frecuencia.

Os seus principais síntomas son alucinacións, delirios, trastornos no comportamento, perda de actividade e illamento social. Os expertos coinciden na importan-cia dun escrupuloso cumprimento terapéutico á hora de tratar esta doenza para evitar unha recaída dos enfermos.

Especialistas do Hospital Provincial de Conxo están a participar nesta investigación pioneira para mellorar o tratamento da esquizofrenia con antipsicóticos.

ReportajeReportaxe

i+saúde11

Page 12: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

Investigación

realizar unhas pautas de actua-ción para o sistema sanitario e, á súa vez, tratar de optimizar o tratamento para cada paciente a través do seu perfil xenético. O feito de que a investigación sexa traslacional, do laboratorio ao enfermo e viceversa, representa un bo exemplo da investigación aplicada á asistencia sanitaria.Segundo Alejandro Gesteira, da área de Xenómica, ata o de ago-ra, os tratamentos dependían máis dos profesionais da psiquiatría, xa que a súa experiencia é fun-damental para aplicar un ou outro tratamento con antipsicóticos. Porén, o profesional “descoñece a resposta do paciente a un de-terminado antipsicótico”. Na es-quizofrenia é moi importante unha rápida resposta do doente, polo que a través deste estudo pódese estandarizar tanto o xenotipado como os métodos que utilizan os psiquiatras.

Estreita colaboraciónEste experto sinala que a farma-coxenética pretende ser unha ferramenta pero en ningún caso vai substituír o ollo clínico. Por esta razón considera que a cola-boración entre clínicos e básicos é vital. Na súa opinión, estase a realizar moita investigación a ni-vel básico de farmacoxenética de antipsicóticos, pero ata agora non existía traslación á práctica. “Esa traslación non podería existir sen unha estreita colaboración entre profesionais”, sinala.Deste xeito, a investigación que se está a desenvolver responde plenamente aos obxectivos que se marca o complexo respecto á orientación práctica que deben ter os estudos de investigación.

Máis de 43 millóns de euros para o plan de saúde mental

O Plan de Saúde Mental de Galicia 2006-2011, desenvolvido pola Consellería de Sa-nidade, contempla un orzamento de máis de 43 millóns de euros, dos que 5 se investirán neste ano, preto de 9 millóns no ano 2008, máis de 10 no 2009, 8,2 no 2010 e 9,5 no ano 2011.Unha das grandes medidas enmarcadas nes-te plan é a creación de 155 novas prazas

de distintas categorías profesionais, ademais de duplicar o número de especialistas en for-mación. O plan tamén especifica actuacións orientadas ao desenvolvemento de dispositivos asistenciais e rehabilitadores, especiais, de for-mación e de investigación, a través de medio cento de programas. O seu obxectivo é lograr unha atención integral aos problemas de saúde mental equitativa, eficiente e de calidade.

i+saúde12

Page 13: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

i+saúde 13

Na actualidade, os profesionais do complexo están a traballar na adaptación do Plan Estratéxico de Saúde Mental 2007-2011 ás ne-cesidades da Área Sanitaria de Santiago.

Mellora da atenciónEntre as accións contempladas no Plan Avante 2012 figuran o nomeamento do coordinador de Saúde Mental na Área Sanitaria de Santiago, a definición da mi-sión, valores e liñas estratéxicas da atención á Saúde Mental e a adaptación dos recursos huma-nos e materiais. Asemade, está prevista a creación no complexo dunha unidade de hospitalización Infanto-Xuvenil, a primeira que se crea en Galicia e que será unha Unidade de Saúde Mental de re-ferencia para toda a comunidade autónoma.Outra das accións incluídas neste programa é o desenvolvemento de protocolos especializados para a atención da urxencia psiquiátrica e intervención en crises en medios extrahospitalarios e a domicilio, en colaboración coa Fundación 061.O plan inclúe a integración fun-cional das unidades de hospita-lización psiquiátrica de agudos do complexo e a implantación de ferramentas informáticas corpora-tivas para a informatización das consultas externas das Unidades de Saúde Mental, Unidade de Alcoholismo, USM Infanto-xuve-nil, Psicoxeriatría e Psicoloxía Clí-nica. Por último, está prevista a implantación no Hospital de Día Psiquiátrico dunha ferramenta cor-porativa específica para a captura de actividade desta modalidade asistencial.

A estreita colaboración entre os profe-sionais e especialistas das diferentes áreas do complexo hospitalario está

a permitir que se desenvolva este importante estudo de investigación da

esquizofrenia.

O CHUS lidera na actualidade este proxecto de investigación sobre a esquizofrenia, considerada unha das enfermidades mentais máis graves, unha doenza que afecta ao 1 por cento da poboación galega.

Page 14: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

i+saúde14

Alcalde de Santiago

Apoiamos o Plan AvanteO alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, reflexiona nesta entrevista sobre as relacións entre a cidade e o CHUS.

Xosé Sánchez Bugallo conside-ra que o CHUS, a maior em-presa da cidade polo seu volu-me de traballadores, contribúe de forma decisiva a consolidar Santiago como cabeceira dun amplo hinterland que inclúe unha boa parte da provincia da Coruña e tamén de Ponte-vedra.

i+saúde.- Cales son as prin-cipais liñas de actuación que se marcou neste novo mandato no ámbito da sanidade?Xosé Sánchez Bugallo.- As com-petencias municipais en mate-ria sanitaria son moi limitadas. Dende ese punto de vista, as nosas prioridades son con-seguir a construción de dous novos centros de saúde para os que achegaremos os terreos necesarios: un en Conxo-San-ta Marta e outro no casco his-tórico. Aínda que teña unha incidencia un pouco máis in-directa, tamén queremos po-tenciar os hábitos saudables da poboación entre os que incluímos o establecemento de prácticas deportivas para o conxunto dos cidadáns axeita-das ás condicións e gustos de cada un.

i+s.- O CHUS é unha das principais empresas de Santiago, en canto a vo-lume de traballadores, xa que na actualidade supera os 4.500 profe-sionais. Ademais deste innegable peso socioeco-

Entrevista

Xosé Sánchez Bugallo

Page 15: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

i+saúde 15

nómico, que representa o complexo sanitario para a cidade?X.S.B.- Santiago é a referen-cia sanitaria en Galicia dende hai máis de cincocentos anos. Loxicamente, a Facultade de Medicina e o CHUS son hoxe por hoxe os elementos bási-cos deste carácter referencial, á parte de ser a peza básica de atención sanitaria para a nosa poboación. A maiores do anterior, é evidente que a existencia do CHUS contribúe de forma decisiva a consolidar Santiago como cabeceira dun amplo hinterland que inclúe unha boa parte da provincia da Coruña e tamén de Pon-tevedra e, por suposto, é a maior empresa de Santiago polo número de traballadores empregados.

i+s.- O Plan Estratéxico do

Dende o Concello de Santiago

consideramos fundamental

para a cidade o desenvolvemento

do CHUS en todas as súas

potencialidades, tanto dende o

punto de vista da atención como da investigación e da

formación

No Plan Estratéxico da cidade figura

unha referencia expresa e clara ao Plan Estratéxico do CHUS: ambos compleméntanse

e teñen como obxecto garantir o desenvolvemento

da cidade e unha mellor

calidade de vida

”Complexo Hospitalario Universitario de Santiago establece como una prio-ridade a consecución dun hospital integrado na súa comunidade. Ao seu xuí-zo, cales son as principais achegas que o Concello pode realizar para lograr este obxectivo?X.S.B.- Dende o Concello con-sideramos fundamental para a cidade o desenvolvemento do CHUS en todas as súas potencialidades, tanto dende o punto de vista da atención como da investigación e da formación. Por parte do Con-cello hai un pleno apoio aos obxectivos contidos no Plan Estratéxico do CHUS.

i+s.- De que xeito os dous plans estratéxicos, o da cidade e o do CHUS, po-den complementarse pa-

NOVE ANOS Á FRONTE DO CONCELLO

Xosé Antonio Sánchez Bugallo, de 53 anos de idade, é alcalde de Santiago de Compostela dende decembro de 1998, tras a renuncia do entón rexedor, Xerardo Estévez. Revalidou este cargo nas eleccións municipais de 1999, 2003 e nas últimas, de maio de 2007. Gran coñecedor da Administración local, Sánchez Bugallo afron-ta o seu terceiro mandato con dous importantes retos: o desenvol-vemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal e a aprobación do Plan Estratéxico da cidade, un documento que se atopa na súa fase final e co que se pretende impulsar o desenvolvemento económico e social de Santiago, sobre as bases do compromiso dos principais axentes económicos e sociais e a participación cidadá.Así, este documento aposta por unha cidade dinámica e innova-dora, aberta e de encontro, cun horizonte de desenvolvemento continuado e sostible, e cunha base económica sólida, diversifi-cada e competitiva.Na súa opinión, o Plan Estratéxico da cidade entronca perfec-tamente co Plan Estratéxico do CHUS, o Plan Avante 2012, xa que ambos teñen o obxectivo de garantir o desenvolvemento da cidade e mellorar a calidade de vida dos cidadáns.Neste senso, o rexedor manifesta o seu claro apoio ás liñas estra-téxicas recollidas no Plan Avante 2012.

Page 16: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

ra mellorar a calidade de vida dos cidadáns?X.S.B.-No Plan Estratéxico da Cidade figura unha referencia expresa e clara ao desenvol-vemento do Plan Estratéxico do CHUS: ambos complemén-tanse e teñen como obxecto garantir o desenvolvemento da cidade e unha mellor ca-lidade de vida dos seus cida-dáns, partindo da idea de que a sanidade é un servizo bási-co, un dereito dos cidadáns e un motor de desenvolvemento económico.

i+s.- Que opinión lle me-rece a participación cida-dá no ámbito sanitario a través da creación de comités de cidadáns tal e como prevé a Lei de Sani-dade? Que beneficios lle pode reportar á sanidade pública?

X.S.B.- Nunha administración tan complexa como a nosa, córrese o risco de organizar unha serie de servizos para os cidadáns pero sen os ci-dadáns, de tal xeito que estes poden chegar a verse como suxeitos alleos a un servizo ou a unha administración que lles pertence. A participación cidadá en todos os ámbitos ten un dobre obxecto: transmi-tir ás administracións públicas de xeito directo as demandas e necesidades da cidadanía e ao tempo trasladar á cidada-nía este sentido fundamental de que a administración e os servizos públicos son propie-dade do conxunto dos cida-dáns.O beneficio que lle debe ache-gar á sanidade pública é que esta traballe atendendo priori-tariamente e dando unha res-posta axeitada a aquilo que máis preocupa aos cidadáns.

Alcalde de SantiagoXosé Sánchez Bugallo

Santiago de Compstela é a referencia sani-taria en Galicia dende hai máis de cincocentos

anos. Loxicamen-te, a Facultade de Medicina e o CHUS son hoxe por hoxe os ele-mentos básicos dese carácter

referencial

i+saúde16

Page 17: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

i+saúde 17

Actualidade

O CHUS mellorou a súa eficiencia no primeiro semestreNa área cirúrxica a espera media pasou de 88 días en 2006 a 55 días na primeira metade de 2007

Durante o primeiro semestre deste ano, o CHUS experimentou unha mellora da capacidade de reso-lución e eficiencia especialmente no eido da Cirurxía Maior Ambu-latoria, cuxa tasa de ambulatori-zación supera o 43 por cento.Ademais, acadáronse uns bos resultados na área cirúrxica, xa que a espera media pasou de ser 88 días no segundo semestre do ano 2005 a 55 durante o segun-do semestre. Con respecto á ci-rurxía, hai que salientar as obras de mellora e ampliación que se están a acometer no Hospital de Conxo. No eido da investiga-ción, o CHUS é o único centro galego que lidera para toda Es-paña dous centros de investiga-ción relevantes: un ciber sobre obesidade e nutrición dirixido

Plan de Obxectivos Estratéxicos

por Felipe Casanueva e un RETIC Neurovascular que coordina José Castillo. Estes datos foron facili-tados polo xerente do complexo hospitalario, Jesús Caramés, na presentación do “Plan de Obxec-tivos Estratéxicos 2007”. Na súa intervención, salientou que xa co-mezou a funcionar a “Vía Rápida de Nódulo ou Masa Pulmonar” e está previsto a súa posta en mar-cha para o cancro de mama e o colorrectal. Caramés salientou que este esfor-zo do incremento da actividade cirúrxica no primeiro semestre axudará a paliar o descenso que provocará o peche do Bloque Cirúrxico de Conxo debido ás obras de mellora que se acome-ten dende este verán e que permi-tirán a súa ampliación.

Un momento da presentación do Plan de Obxectivos Estratéxicos (POE),

que se celebrou este verán no Hospital Clínico.

A actividade na Cirurxía Maior Ambulatoria e a dimunición da espera media son dous exemplos da mellora da capacidade de resolución e eficiencia do CHUS.

Page 18: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

i+saúde18

Calidade

O CHUS acada un novo certificado

de calidadeAs áreas de Xestión Económica,

Aprovisionamento e Contratación recibiron o ISO 9001:2000

Tras acadar en 2005 o certifi-cado de calidade ISO 9001: 2000, outorgado aos servizos de Nefroloxía e Diálise e de Medicina Nuclear, o CHUS re-cibiu recentemente outra certifi-cación que acredita a eficiencia e calidade dos departamentos de Xestión Económica, Aprovi-sionamento e Contratación.O director xerente do CHUS, Je-sús Caramés, foi o encargado de recibir, de mans da conse-lleira de Sanidade, María José Rubio, este certificado outorga-do pola entidade AENOR.Na súa intervención, Caramés destacou o esforzo realizado polo persoal destas áreas que realizou todo o proceso de implantación do sistema para acadar esta acreditación, e re-cordou que a calidade é unha

das liñas estrátéxicas que reco-lle o Plan Avante 2012. Asemade, fixo referencia ao im-portante paso que supuxo neste senso a recente creación dunha nova dirección de Calidade no complexo hospitalario.Segundo o director xerente, a estratexia para camiñar cara á excelencia no CHUS “pasa por xerar unha política e un Plan de Calidade, obter a máxima excelencia dalgúns do seus servizos máis especializados e mellorar a seguridade do pacientes en todas as actua-cións”.Ademais do CHUS, obtiveron esta certificación de calidade ISO 9001 as áreas de Aprovi-sionamento da Área Sanitaria de Ferrol e a Xerencia de Aten-ción Primaria de Lugo.

o curso internacional de lepra congregou a numerosos expertosO CHUS desenvolveu no Hospital de Conxo un Curso Internacional de Lepra e Dermatoses Infeccio-sas Tropicais e Importadas que contou coa participación de nu-merosos expertos. O curso, que se desenvolveu en-tre o 12 e 14 de setembro, abor-dou a historia, epidemioloxía e inmunoloxía desta enfermidade, o concepto, clasificación e formas clínicas deste tipo de patoloxías, e o diagnóstico e tratamento, en-tre outros asuntos. Os asistentes tamén analizaron os aspectos socio-sanitarios dos pacientes con lepra, a importancia das enfermi-dades tropicais na dermatoloxía española, e outras cuestións de interese como a Cromomicose ou a Úlcera de Buruli.O xefe da sección de Dermato-loxía do CHUS, Hugo Vázquez

Veiga, e o experto en lepra da Organización Mundial da Saú-de (OMS), José Terencio de las Aguas, dirixiron este curso, que foi inaugurado pola delegada provincial do Servizo Galego de Saúde, Ausencia Tomé, e polo xe-rente do CHUS, Jesús Caramés.O experto da OMS destacou que é preciso desbotar a lenda negra que acompaña a esta doenza xa que subliñou que non é unha enfermidade excesivamente con-taxiosa e moito menos incurable.Galicia ten declarados na ac-tualidade un total dez casos de lepra que, segundo os expertos que participaron neste curso, se deben fundamentalmente a en-fermidades infecciosas tropicais, ao fenómeno da inmigración, ao turismo, ou aos desprazamentos por motivos laborais.

O equipo do CHUS que fixo posible a obtención deste certificado de calidade.

Congresos

celebran os 50 anos da medicina nuclear en galicia

A Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela acollerá a XIII Re-unión da Sociedade Galega de Medicina Nuclear (SO-GAMN), que se desenvolverá o vindeiro 26 de outubro co gallo da conmemoración dos 50 anos da Medicina Nuclear en Galicia e os 25 anos da Revista Española de Medicina Nuclear.No decurso do Congreso, o Redactor Xefe da Revista Es-pañola de Medicina Nuclear, J. Freire Macías, analizará os cambios que experimentou esta publicación nos seus 25 anos de existencia. Por outro lado, o catedrático de Radio-

loxía e Medicina Física da UDC e decano da Facultade de Ciencias da Saúde, J. Teijeiro Vidal, falará sobre a “Conso-lidación da Medicina Nuclear Galega”.Por último, o catedrático emérito de Farmacoloxía da USC e fun-dador da medicina nuclear en Galicia, Ángel Belmonte, expli-cará os comezos da Medicina Nuclear en Galicia.O seminario, que tamén acolle-rá unha asemblea da Sociedade Galega de Medicina Nuclear (SOGAMN), será clausurado por Álvaro Ruibal Morell, xefe do Servizo de Medicina Nuclear do CHUS e presidente da SO-GAMN.

Page 19: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

i+saúde 19

Seguridade de pacientes

A seguridade do paciente, unha prioridade do CHUSMáis dun cento de profesionais participaron nun encontro organizado pola dirección de Calidade

Investigación

SANTIAGO ACOLLERÁ UN CONGRESO DE ESTUDANTES DE MEDICINA

A Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela acollerá do 24 ao 27 de outubro o I Con-greso Ibérico de Estudantes de Medicina- CibEme 07, no que se darán cita alumnos portugueses e españois.Entre os obxectivos deste en-contro figura impulsar o des-envolvemento científico na área da Medicina e propor-cionar o encontro e o inter-cambio de ideas entre alum-nos e médicos, profesores e investigadores das Ciencias da Saúde.A primeira edición deste con-greso, en cuxa organización colaboran a USC e o CHUS, inclúe a celebración de nume-rosas conferencias por parte de expertos e a presentación de proxectos científicos por parte de alumnos de Medici-na.

Premio de InvestigaciónOs traballos presentados participarán na convocatoria do Premio Universitario de Investigación CiBeme 07, co que se pretende recoñecer o esforzo que se está a realizar por parte dos estudantes e a súa contribución ao desenvol-vemento e evolución da medi-cina. Ademais, todos os au-tores dos traballos recibirán premios.A elección dos traballos ga-ñadores será decidida polo Comité Científico, integrado por médicos, profesores e investigadores da USC e do-utras universidades de Espa-ña e Portugal.

As estatinas, beneficiosas nos pacientes con IctusSegundo un estudo realizado por profesionais do complexo

Un estudo coordinado polo responsable da Unidade de Neuroloxía Vascular do CHUS, José Castillo, e no que colaboran os profesionais deste servizo Miguel Blanco, Manuel Rodríguez e Rogelio Leira, pon de manifesto os beneficios de prolongar o uso de estati-nas durante a fase aguda do Ictus e advirte que aban-donar este tratamento aumenta o risco de falecemen-to ou minusvalía. O estudo, publicado en Neurology, realizouse a 89 pacientes que estaban a ser tratados con medicamentos para baixar o nivel de colesterol no momento de sufrir o Ictus. Despois de tres meses, o 60 por cento das persoas que non recibiron estatinas, ou ben faleceran ou sufrían discapacidades, fronte ao 39 por cento do grupo que seguiu o tratamento.

Máis dun cento de profesionais do CHUS participaron nunha xornada sobre “Seguridade de Pacientes: formación-sensibili-zación”, que se desenvolveu no Hospital Clínico o pasado día 10 de septembro. Trátase da primeira actuación organi-zada pola recentemente crea-da dirección de Calidade, que dirixe Mercedes Carreras. No decurso desta xornada, coor-dinada por este departamento do complexo hospitalario en colaboración coa FEGAS e a Consellería de Sanidade, ex-puxéronse as experiencias e es-tudos máis innovadores que se están a implantar neste momen-to noutros centros hospitalarios. Ademais, déronse a coñecer os

resultados do “Primeiro Estudo Nacional de Efectos Adversos vinculados á hospitalización”, desenvolvido polo Ministerio de Sanidade e Consumo, así como as actuacións a desenvol-

ver neste eido pola Consellería de Sanidade e o CHUS. Esta xornada enmarcouse no des-envolvemento do Plan Avante 2012, que prevé a elaboración dun Plan de Calidade.

Mercedes Carreras e Jesús Caramés, durante a inauguración da xornada.

José Castillo é o coordinador deste estudo sobre as estatinas.

Page 20: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

Actividade

Galicia continuará a desenvolver o seu propio modelo de saúde bucodentalXa se levan realizados 5.800 empastes gratuítos ás nenas e nenos galegos

Espectáculo de títeres para os nenos do chus

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde subscribirán un convenio de colaboración co Ministerio de Sanidade e Consumo para continuar desenvolvendo o seu propio modelo de saúde buco-dental con profesionais da ortodoncia na Sanidade pública galega. No ano 2006, o Goberno galego ampliou a carteira de servizos das Unidades de Saú-de Bucodental galegas co financiamento das obtura-cións en idade pediátrica e tartrectomía por ultrasóns ás mulleres embarazadas. Nos vindeiros anos, este desenvolvemento continuará coa incorporación dun cento de profesionais dos que 34 serán prazas de Odontoloxía e 70 de hixienistas dentais. Galicia, que cumpre coa práctica totalidade dos puntos previstos polo Plan de Saúde Bucodental do Sistema Nacional de Saúde, conta cun modelo pro-pio de asistencia bucodental baseado na inclusión

de profesionais da Ortodoncia e de Hixienistas Den-tais na Atención Primaria.Dende o ano 2006, o Servizo Galego de Saúde ofrece estes servizos aos nenos de 6 a 10 anos e dende setembro de 2007 os nenos galegos de 10 a 12 anos de idade gozan desta prestación, que o ano que vén se estenderá ata os nenos de 14 anos de idade. Ademais, estas novas prestacións inclúen a limpeza con ultrasón nas mulleres xestantes nas que exista indicación médica. O pasado ano, Sani-dade ampliou as prestacións do Programa de Saúde Bucodental coa inclusión das obturacións (empastes) gratuítas ás nenas e nenos galegos. Como conse-cuencia desta ampliación de prestacións, o Servizo Galego de Saúde realizou entre setembro de 2006 e xullo de 2007 un total de 5.800 empastes gra-tuítos ás nenas e nenos galegos.

A compañía de títeres Trompicallo representou o seu espectáculo “Manoladas” para os nenos internados na área de Pediatría do CHUS o pasado 6 de setembro. Os integrantes desta veterana compañía delei-taron aos rapaces con “Manolito”, un títere áxil e expresivo que se comunica co público sen necesidade de falar. A actuación formou parte da celebración dos 125 anos do Teatro Galego.

ALERGOLOXÍA SÚMASE Á OFERTA MIR DO CHUS

O CHUS incrementou a súa ofer-ta para a formación sanitaria de Médicos Internos Residentes (MIR) coa acreditación na espe-cialidade de Alergoloxía.Así, o servizo de Alergoloxía oferta este ano unha praza nesta especialidade, segundo se re-flicte na orde do Ministerio de Sanidade e Consumo. O CHUS pasa así a estar acreditado para a formación en 41 especialida-des e oferta para o vindeiro ano 65 prazas para facultativos. As especialidades acreditadas con prazas ofertadas son: Alergo-loxía, 1; Analises Clínicas, 1; Anatomía Patolóxica, 1; Anes-tesioloxía e Reanimación, 4; Anxioloxía e Cirurxía Vascular, 1; Aparato Dixestivo, 1; Cardio-loxía, 2; Cirurxía Cardiovacu-lar, 1; Cirurxía Xeral e Aparato Dixestivo, 2; Cirurxía Ortopédi-ca e Traumatoloxía, 2; Cirurxía Pediátrica, 1; Cirurxía Plástica e Reparadora; 1; dermatoloxía, 2; Endocrinoloxía e Nutrición, 1; Farmacia Hospitalaria, 1; Farma-coloxía Clínica, 1; Hematoloxía e Hemoterapia, 1; Medicina Físi-ca e Rehabilitación, 1; Medicina Intensiva, 1; Medicina Interna, 2; Medicina Nuclear, 1; Medicina Preventiva e Saúde Pública, 1; Microbioloxía, 2; Nefroloxía, 1; Pneumoloxía 1; Neurocirur-xía, 1; Neurofisioloxía Clínica, 1; Neuroloxia, 2; Obstetricia e Xinecoloxía, 3; Oftalmoloxía, 3; Oncoloxía Médica, 1; Onco-loxía Radioterápica, 1; Otorrino-laringoloxía, 2; Pediatría e Áreas Especiais, 6; Psicoloxía Clínica, 2; Psiquiatría 3; Radiodiagnósti-co, 3; Radiofísica Hospitalaria, 1; Reumatoloxía 1; Uroloxía, 1.

Saúde Pública

i+saúde20

Page 21: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

i+saúde 21

Nomeamentos

Mercedes Carreras ViñasSubdirectora de Calidade do CHUS

A Xerencia do Complexo Hospitalario acaba de incorporar ao equipo directivo unha Subdirección de Calidade, que está ocupada por Mercedes Carreras Viñas, unha veterana profesional, que xa traballa no borrador do Plan de Calidade, un dos principais obxectivos do Plan Estratéxico do CHUS. Á fronte desta subdirección márcase como prioridade satisfacer as necesidades dos pacientes, familiares e persoal do complexo hos-pitalario.Outro gran reto é impulsar a participación do CHUS no programa internacional “Cinco Milló-ns de vidas”. Ademais de ocupar postos de di-rección de enfermería no Hospital Miguel Servet de Zaragoza e no Hospital Juan Canalejo da

Coruña, nos anos 2000-2004 foi directora de organización da Fundación Hospital de Calaho-rra e no período 2004-2007 directora da Axen-cia de Calidade da Consellería de Sanidade da Rioxa. Entre a súa formación conta coa Diplo-matura de Xerencia Hospitalaria pola Escola de Xerencia Hospitalaria do Ministerio de Sanida-de e Consumo, Máster en Xestión Integrada na calidade en proceso e Doctorando en Economía e Dirección de Empresas pola Universidade da Rioxa 2006-2007. No seu amplo currículo ta-mén figura o seu labor como asesora para cues-tións de calidade do Ministerio de Sanidade e Consumo e a concesión da Medalla de Prata ao Mérito Sanitario.

No segundo semestre do ano iniciou o seu labor á fronte da Subdirección de Calidade do CHUS Mercedes Carreras Viñas. Tamén foron nomeados os no-vos xefes de servizo de Cardioloxía, Aparato Dixestivo, Oncoloxía Médica e Endocrinoloxía. En enfermería xa hai novos supervisores/as nas áreas funcio-nais de Calidade e Xestión de Procesos, Oncoloxía e Hospitalización de Media Estadía e das unidades de Uroloxía/Otorrino, Recursos Humanos, Radioloxía, Hematoloxía e Hospital de día Oncohematolóxico. Por outra parte, foi nomea-do o novo Coordinador de Técnicos Especialistas. Asemade, xa se convocaron os postos do xefe do Servizo de Radiofísica e Proteción Radiolóxica e o do xefe do Servizo de Alergoloxía.

Os membros do equipo de fúlbol do CHUS serán os encargados de organizar este ano a IV edición da Liga Galega Interhospitalaria de fútbol “A Liga da Saúde”, unha competición deportiva que se cele-bra dende 2004 e na que partici-pan os traballadores dos diferen-tes hospitais e áreas sanitarias da Comunidade galega, tanto de titu-laridade pública como privada.O CHUS quedou campión na se-gunda edición, mentres que na pa-sada liga (tempada 2006/2007) acadou o título de subcampión, polo que parte como un dos favo-ritos a acadar a vitoria neste ano. O comité organizador, que ten o apoio da Xerencia do complexo hospitalario e do Concello de Santiago de Compostela, ten o cometido de facer ao remate da tempada, en xuño de 2008, unha xornada para a xuntanza dos equipos e facer entrega dos trofeos na Gala Final, que se celebrará en Santiago de Compostela.Máis de 300 xogadores perten-centes a dez equipos están ins-critos nesta edición. O equipo do CHUS está formado por:Julio Ferreira Campos, Mario Ro-dríguez Otero, Ángel Rodríguez Peón, Carlos Pena Vázquez, José Cruz del Río (capitán), Ángel Prie-to González, Luis Castro Vieites (Pelé), Amadeo Paredes Rodrí-guez, Santiago Otero Asorey, Fernando Alcaraz Garrido, José Domingo Moure González, José María Pena Berto, Ángel Berguei-ro González, Marcos David López Fernández, Carlos Rodríguez Rey (Chispa), Ángel Pérez Crespo, Armando Rodríguez Cheda, José Manuel Marcote Baña, José Ma-ría Santín Amo, Antón Acevedo Prado, José Martínez Quintela, Alfonso García Mareque, Daniel Castro Bouza, Luis Carlos Igle-sias Gómez e José Manuel Ote-ro Asorey (Adestrador).

O CHUS ORGANIZA A LIGA DE FÚTBOLINTERHOSPITALARIA

Page 22: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

Nomeamentos

É diplomada en Maxisterio (1984) e en Enfermería (1991) pola USC. A súa re-lación profesional co CHUS iniciouse en 1991. Traballou na Unidade de Reanima-ción do Complexo e foi enfermeira respon-sable do Proxecto Ga-cela e membro do Co-mité de Planificación de Coidados.

José RamónGonzález Juanatey

Juan EnriqueDomínguez Muñoz

Rafael López López

Felipe CasanuevaFreijoo

O novo Xefe de Servizo de Car-dioloxía do CHUS é Catedrático de Cardioloxía e director do Departamento de Medicina da USC. Nesta mesma universidade dirixe a Cátedra AstraZéneca e o Grupo de Investigación en Cardioloxía Celular e Molecular. Nomeado “Cardiólogo Español 2003”, publicou máis de 150 traballos en publicacións nacio-nais e internacionais da especia-lidade. Entre os seus retos figura a creación dunha plataforma que integre o labor asistencial, docente e investigador no ámbi-to da cardioloxía.

Licenciado en Medicina e Ci-rurxía pola Universidade de Al-calá de Henares e doutor por esta mesma universidade, Juan Enrique Dominguez desenvol-veu unha parte da súa carreira en Alemaña. En 1998 incor-porouse ao CHUS. Publicou máis de 138 artigos en revistas nacionais e internacionais e é o autor de máis 600 comu-nicacións e conferencias en congresos de todo o mundo. A súa prioridade máis importante á fronte deste servizo é crear un Hospital de Día de Aparato Dixestivo.

Licenciado en Medicina e Ci-rurxía pola Universidade Au-tónoma de Madrid, incorpo-rouse ao CHUS no ano 1998, ao Servizo de Oncoloxía Mé-dica. É autor de numerosos traballos de investigación e artigos en revistas nacionais e internacionais. Asemade, é profesor asociado de Ciencias da Saúde da USC. O seu reto principal é potenciar a inves-tigación clínica, de xeito que nos vindeiros catro anos, o 30 por cento dos pacientes estean incluídos nun protocolo de in-vestigación.

Xefe de Sección dende 1984 no CHUS, Felipe Casanueva é catedrático de Medicina-Endo-crinoloxía da USC dende 1992. Este especialista acadou en dúas ocasións o Premio de Investia-gción da Xunta e tamén lle foi outorgado o Premio Jaime I de Investigación da Comunidade de Valencia. Asemade é o autor de 350 traballos de investigación na súa especialidade. Á fronte deste servizo márcase como obxectivo a creación dun hospital de día de diabete mellitus para lograr unha mellor atención aos pacien-tes con esta patoloxía.

Lucía Canedo Romero Gonzalo Ventoso Pereira

O novo coordinador de Técnicos Espe-cialistas do CHUS é Técnico Especialista en Anatomía Patoló-xica e Técnico Espe-cialista en Química Industrial. Este pro-fesional conta cunha ampla experiencia de 9 anos no Laboratorio de Anatomía Patolóxi-ca do complexo hos-pitalario.

Berta Mouriño Ramos

Berta Mouriño posúe os títulos de ATS pola USC, en 1974, Especialista en Pediatría, Diplomada en Enfer-mería, en 1987, e de ATS Puericultora, entre outros. A súa relación laboral co CHUS co-meza en1974 e estivo vencellada a diversos servizos como Endo-crinoloxía e Cirurxía e Anxioloxía Vascular.

Xefe de Servizo de Cardioloxía Xefe de Servizo de Aparato Dixestivo Xefe de Servizo de Oncoloxía Médica Xefe de Servizo de Endocrinoloxía

Supervisora da Área Funcional de Calidade e Xestión de Procesos

Coordinador de Técnicos Especialistas Supervisora da Area Funcional de Oncoloxía e Hospitalización de Media Estadía

i+saúde22

Page 23: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

i+saúde 23

É ATS pola USC dende 1977 e posúe o título de nivelación DUE pola UNED dende 1984. A súa experiencia profesional no CHUS comeza en 1977. Dende esa data des-envolveu o seu labor en diferentes servizos, como Cirurxía Vascu-lar, Xeral, Cardíaca, Plástica, Urolóxica e Transplante Hepático. En 2003 foi supervi-sora en funcións da unidade CRG. Dende o ano 2006 ocupaba o cargo de superviso-ra en funcións desta Unidade de Recursos Humanos.

PilarBlanco Buján

A nova supervisora da Unidade de Uro-loxía/ Otorrino é di-plomada en Enferme-ría pola USC dende ano 1993. Esta pro-fesional desenvolveu o seu traballo como DUE para o Servizo Galego de Saúde nos servizos de Diálise, UCI e Reanimación, entre outros. Dende xaneiro de 1998 des-empeñou o seu labor no Servizo de Reani-mación do CHUS ata o pasado mes de xu-llo, data en que foi nomeada supervisora da Unidade de Uro-loxía/Otorrino.

María JoséCarballeira Barro

Posúe o título de di-plomada en Enferme-ría pola USC dende 1983 e o de ATS Pue-ricultora dende 1986. Asemade, esta profe-sional está especia-lizada en Asistencia Obstétrica, Pediatría e Puericultura. Tras desenvolver a súa acti-vidade profesional en diversos hospitais da xeografía española, incorporouse ao equi-po do CHUS en 2006. É supervisora en fun-cións da Unidade de Radiodiagnóstico do complexo hospitalario dende marzo do pasa-do ano.

Consuelo Vázquez Quiñoy

Diplomada en Enfer-mería, o seu labor profesional no CHUS comeza en 1985. Traballou en distintos servizos do complexo hospitalario, como Cirurxía, Radioloxía, Hematoloxía-Hemote-rapia, Medicina Inter-na ou Hospitalización a domicilio. Dende xuño de 2006 é supervisora en fun-cións da Unidade de Hematoloxía. Asema-de, preside o Comité de Planificación de Coidados de Enfer-mería, ao que está vinculada dende o ano 2001.

María José Fuertes Fraile

O novo supervisor do Hospital de Día Onco-hematolóxico posúe os títulos de ATS pola USC (1979), diplomado en Enfermería pola UNED (1986) e enfermeiro puericultor (2006). A súa traxectoria profe-sional no CHUS come-za no ano 79. Prestou os seus servizos na UCI de adultos e Coronaria, no Hospital de Día Pe-diátrico e no Hospital de Día de Adultos On-colóxico.En canto á súa experiencia docente, figura como profesor asociado de Ciencias da Saúde da USC den-de 1997.

José Ramón Magariños Iglesias

Supervisora da Unidade de Recursos Humanos

Supervisora da Unidade de Uroloxía/Otorrino

Supervisora da Unidade de Radioloxía

Supervisora da Unidade de Hematoloxía

Supervisor do Hospital de Día Oncohematolóxico

Page 24: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

i+saúde24

As obras do complexo avanzan

a bo ritmoAs reformas do Hospital de Conxo

e da cúpula do Psiquiátrico son algunhas destas actuacións

As obras que se acometen na actualidade nos diversos cen-tros do Complexo Hospitalario contribuirán a mellorar a con-fortabilidade, accesibilidade e eficiencia do CHUS, así como acadar unha óptima habita-bilidade nos espazos e distri-bución dos servizos e equipa-mentos.Estas son algunhas das actua-cións máis importantes que se están a realizar no complexo hospitalario na actualidade:

Hospital de ConxoO Hospital de Conxo foi priori-tario entre os centros que inte-gran o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, xa que ademais de pequenas reformas de adap-tación estanse a realizar obras de substitución da fontanería do hospital. Estes importantes traballos de mellora comezaron

en febreiro e contan cun orza-mento de licitación de 901.000 euros.O pasado mes de xullo come-zaron as obras do Bloque Cirúr-xico e Central de Esterilización. O orzamento da adxudicación desta obra é de 4,3 millóns de euros e está previsto que o prazo de execución sexa de 9 meses.No servizo de Radioloxía realí-zanse reformas na área interna de traballo e mellora das zonas de espera dos pacientes. En Medicina Interna e en Cirur-xía Xeral do Hospital de Conxo farase a mesma reforma nas unidades de enfermería que se fixo nas outras unidades o ano pasado, ademais do reforzo da iluminación nos corredores e cuartos. Asemade, proximamente adxu-dicaranse as obras das facha-das do Hospital Provincial.

Obras

“SON AS MÁIS IMPORTANTES DENDE O CLÍNICO”

i+saúde.- Que obras está financiando o SERGAS no CHUS e que supoñen as reformas previstas en Conxo?Ana F. Pulpeiro.- No CHUS estan-se a levar a cabo as obras máis importantes dende a inaugura-ción do Hospital Clínico. Así,

estas obras estan a acometerse para solucionar deficiencias nas infraestruturas dunha maneira integral en todo o Complexo. Así o demostra o presuposto apro-bado polo Servizo Galego de Saúde para este ano, que ronda os 11 millóns de euros. No Hos-pital Clínico Universitario estase

ENTREVISTA | Ana F. Pulpeiro. Directora Xeral de Recursos Económico do SERGAS

Reportaxe

Page 25: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

i+saúde 25

PsiquiátricoXa remataron as tarefas de recu-peración da fermosa cúpula do centro que presentaba un estado avanzado de deterioración. Des-te xeito, restaurouse toda a es-trutura metálica da súa vidreira

e recuperáronse todas as moldu-ras de escaiola e rosetóns. Esta obra estase a facer co or-zamento do complexo hospita-lario e das achegas do Servizo Galego de Saúde. A súa cuantía total ascende a 180.000 euros.

Asemade, estase a levar a cabo no Psiquiátrico a reforma das catro unidades de hospitaliza-ción. Segundo as previsións, as unidades estarán rematadas antes de que finalice este ano. O orzamento de licitación desta

importante obra, que financia o Servizo Galego de Saúde, as-cende a 1.031.000 euros.

Hospital Clínico UniversitarioXa está finalizada a marquesiña que une o Servizo de Urxencias do Hospital Clínico Universitario co PAC.Outra importante actuación que se está a realizar neste centro son as Torres de refrixeración. As obras comezaron o pasado mes de maio e rematarán antes de que finalice este ano. Ata o de agora, o que se fixo foi a montaxe provisional de tres das catro torres que se instalarán definitivamente para simultanear co actual sistema de climatiza-ción. O orzamento de adxudica-ción é de 780.000 euros. Este novo sistema é máis eco-lóxico e máis moderno, e vén substituír o actual sistema de cli-matización do Hospital Clínico Universitario. Hospital Gil CasaresNo Hospital Gil Casares, a época estival aproveitouse para

a levar a cabo a construción das Torres de Refrixeración que mellorarán e adaptarán á nor-mativa as instalacións de clima-tización. Os importes previstos rondan os 780.000 euros.Tamén no Hospital Clínico, cons-truíuse a marquesiña que comu-nica o PAC co servizo de urxen-

cias do hospital por un importe de 150.000 euros.No Hospital de Conxo estase a levar a cabo a mellora das ins-talacións de fontanería adxudi-cadas por arredor de 800.000 euros. Asemade comezaron as obras de reforma do bloque cirúrxico e central de esteriliza-

ción por 4.300.000 euros.No Hospital Psiquiátrico xa se realizaron as reformas das instalacións do edificio de hos-pitalización por un importe de 1.365.842 euros. Esta obra está rematada pero continúa con outras: reforma das unida-des de hospitalización e acon-

As actuacións na emblemática Cúpula do Psiquiátrico permitiron recuperar o

seu esplendor orixinal.

As obras do Aulario, ao carón do Hos-pital Clínico, co que estará conectado,

estarán rematadas a comezos de 2008.

(pasa a páx. 26...)

(pasa a páx. 26...)

Page 26: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

realizar diversos cambios neste centro. Na Unidade de Media Estadía (UME) e na segunda planta do Gil Casares (Medi-cina Interna e Dermatoloxía) reforzouse o sistema de ilumi-nación. Asemade, na zona de hospitali-zación de Dermatoloxía estan-se a reformar algúns cuartos de baño e na zona de Medicina In-terna melloraronse as zonas de oficio de enfermería. Ademais, estase a cambiar o mobiliario: todas as camas, butacas e mesiñas en medicina interna e na UME. Estas obras no Hospital Gil Casares están financiadas polo complexo hos-pitalario.Tamén se está levando a cabo o informe de adecuación ao códi-go técnico da edificación no ám-bito da protección contraincen-dios e manual de autoprotección do CHUS. AularioA comezos de 2008 o Aulario do Campus de Ciencias da Saú-de será unha realidade que per-mitirá mellorar as necesidades docentes da USC e do CHUS. Cunha superficie de 5.200 me-tros cadrados, esta infraestrutu-ra conta cun orzamento de 5,1 millóns de euros. Construído á beira do Hospital Clínico, co que estará conectado, ten capaci-dade para absorver un total de 1.200 alumnos. Este proxecto,

fundamental para o CHUS, foi realizado por Miguel Pérez Mo-reiras.

HeliportoXa está en funcionamento o heli-porto, outra importante actuación ao carón do Hospital Clínico, que ten unha máxima importancia nas emerxencias sanitarias. Esta instalación tivo que ser despraza-da polas obras do construción do Aulario e na actualidade está xa operativa.

O Aulario do Campus da Saúde conta con dúas plantas de semisoto, planta

baixa e dúas plantas altas.

dicionamento das áreas comúns por un importe de 1.031.550 euros.i+s.- Despois da construción do HCU, este é o investi-mento de maior enverga-dura do CHUS.A.F.P.- Isto demostra o enorme esforzo de adecuación das ins-

talacións, ao que hai que enga-diras dotacións do plan de alta tecnoloxía do Servizo Galego de Saúde para o período 2006-2009, que neste centro son moi destacadas. Evidentemente é o de maior impacto e maior enver-gadura.i+s.- A liquidación da débe-

da, que representou para os centros en termos de efi-ciencia na xestión de pago aos provedores?A.F.P.- A débeda acumulada, que supoñía máis do 60% dos presupostos dos centros, impo-sibilitaba a xestión económica axeitada. Manter o pagamento

inaduecaudo aos proveedores de máis de 150 días supoñía asumir ao ano máis de 4,5 mi-llóns de euros en intereses de demora. O Complexo Hospita-lario Universitario de Santiago está por primeira vez totalmente saneado e non ten que asumir débedas doutros exercicios.

ENTREVISTA | Ana F. Pulpeiro. Directora Xeral de Recursos Económico do SERGAS

O Aulario, cunha superficie de máis de 5.000 metros cadrados, será

unha realidade a comezos de 2008

Xa comezaron as obras do Bloque Cirúrxico e Central de Esterilización

do Hospital de Conxo

(...ven da páx. 25)

(...ven da páx. 25)

i+saúde26

Page 27: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

Normativa do Comité de Infeccións, Profilaxe e Política Antibiótica

Esta publicación elaborada polo Comité de Infec-cións, Profilaxe e Política Antibiótica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago establece de xeito claro e conciso as pautas para respon-der dun xeito homoxéneo e coordinado ante a posible aparición de infeccións hospitalarias.O libro, editado nun formato manexable para que os profesionais o poidan levar sempre no peto e buscar contidos dun xeito doado, está estruturado en seis capítulos: “Manexo da infec-ción do tracto urinario”, “Manexo da infección asociada a catéter”, “Manexo da pneumonía comunitaria”, “Manexo da pneumonía nosoco-mial”, “Profilaxe antibiótica cirúrxica” e “Anti-bióticos de reserva”.Os cinco primeiros capítulos fan, en primeiro lu-gar, unhas recomendacións xerais, e sinalan a

continuación os protocolos para o diagnóstico e para o tratamento empírico. O último capítulo é un catálogo de antibióticos dividido entre os anti-bacterianos e os antifúnxicos.Segundo se sinala na publicación, o Protocolo “é froito do traballo multidisciplinar, profesional e coordinado, dos diferentes servizos do CHUS”. A coordinación correu a cargo de Carlos Rodríguez Moreno, do Servizo de Farmacoloxía Clínica, e presidente do Comité de Infeccións, Profilaxe e Política Antibiótica. Participaron profesionais dos hospitais Clínico e de Conxo, e dos servizos de Pediatría, Medicina Interna, Medicina Preventiva, Anestesia e Reanimación, Cirurxía Xeral e Dixes-tiva, Medicina Intensiva, Microbioloxía, Farmaco-loxía Clínica, Farmacia e da Unidade de Trans-plante Abdominal.

Protocolo de manexo de infección hospitalaria

Pautas de actuación ante un paciente en situación crítica

Coa finalidade de mellorar a calidade e seguri-dade dos pacientes, elaborouse un póster de “So-porte Vital Hospitalario”, un documento que está a disposición dos profesionais en todos os puntos onde estean situados os carros de parada respira-toria. O cartel marca as pautas de acción ante un paciente en situación crítica.A partir de dous supostos: se o paciente respira ou non, o documento establece os comportamen-tos que debe seguir o profesional, dende o aviso ao persoal médico de urxencia ata o uso do carro de paradas ou a monitorización do paciente e a apertura de vías intravenosas.O documento, en cuxa elaboración participaron

varios profesionais do CHUS, insiste na necesi-dade de identificar claramente o lugar no que se produce a parada cardiorrespiratoria no momento de alertar, así como a verificación sobre a correcta colocación dos electrodos e derivacións.Insiste tamén en que, ante a dúbida sobre se un paciente respira ou non, haberá que actuar coma se non respirase.Ademais, indica como valorar o ritmo cardíaco coas pas ou electrodos para distinguir entre os ca-sos desfibrilables e os non desfibrilables. O docu-mento indica tamén as manobras que haberá que seguir unha vez que o paciente estea intubado, tanto de masaxe como de ventilación.

Soporte Vital Hospitalario

Confirmación de diagnóstico de xeito ambulatorio en 15 días

O CHUS puxo en marcha este documento de infor-mación interior que resume a novidosa vía clínica que permite realizar un diagnóstico de cancro de pulmón en quince días sen necesidade de ingre-so hospitalario. Este sistema, coordinado dende o Hospital de Conxo, está a supoñer un grande avan-ce na organización do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, polo que no futuro será aplicado tamén para outro tipo de patoloxías.Lograr o diagnóstico en tempo récord supón un esforzo de coordinación no que participan os propios facultativos do CHUS, os de Atención Pri-

maria e os do Hospital do Barbanza, que son os que identifican unha masa ou nódulo pulmonar a través dunha radiografía. A partir deste momen-to actívase un código, ben de xeito directo nos mostradores de citas, ou ben vía web, teléfono ou telnet. No Hospital Provincial de Conxo, o pa-ciente acode a unha primeira consulta, sométese a unha broncoscopia e acode a unha consulta de confirmación nun prazo dunha semana. No caso de se necesitar unha radioloxía intervencionista ou unha estadiaxe PET, este prazo prolóngase ata os quince días.

Vía Clínica de Masa/Núdulo Pulmonar

ReportajePublicacións

i+saúde27

Page 28: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

i+saúde28

Interiores

O motor do CHUSUn equipo de profesionais fai posible o día a día do funcionamento administrativo do complexo hospitalario e da xestión de pacientes

No Servizo de Admisión e Do-cumentación Clínica palpita o corazón do CHUS. Dende aquí xestiónase o complicado entra-mado que permite ao complexo realizar en óptimas condicións o seu labor asistencial. Dende aquí prográmanse as listas de espera, coordínase unha cita para unha proba ambulatoria o para unha consulta médica,

rexístranse os pacientes que son atendidos nas urxencias ou pre-páranse os doentes que deben ser operados. Pero ademais, este servizo é o encargado de gardar e custodiar as historias clínicas dos pacientes do com-plexo e de garantir que esa va-liosa documentación estea nas mans dos facultativos cando se requira, ou ben nunha consulta,

no servizo de urxencias ou nun quirófano.

Contacto directoUn equipo de profesionais, baixo a dirección de Xefe de Servizo, Jorge Aboal, son os encargados de que este peque-no milagre sexa posible día tras día. Algúns, en contacto directo cos cidadáns que requiren os

seus servizos nos mostradores do Hospital Clínico (Na plan-ta baixa e en Urxencias) e no Hospital de Conxo, e outros no Arquivo Central, clasifican-do, extraendo e arquivando os historiais meticulosamente or-denados en milleiros de metros lineais. A área de Admisión rexistra unha importante actividade ao

Servizo de Admisión e Documentación Clínica

MÁIS DE 700.000 CITAS XESTIONADAS EN 2006

As cifras acadadas no pasado ano representan unha boa pro-ba do traballo dos profesionais do Servizo de Admisión e Docu-mentación Clínica do CHUS, que atende a unha poboación de re-ferencia de 453.008 persoas, correspondente á Área Sanita-ria de Santiago de Compostela

e repartida en 46 municipios. Ademais, o CHUS é referencia para outras áreas de Galicia en varias especialidades. Este ser-vizo xestionou durante 2006 un total de 724.824 citas ambula-torias para consultas externas e probas. Pola súa parte, no servizo de

Urxencias déuselle entrada e rexistro a un total de 158.203 persoas. Durante o pasado ano ingresaron nos diferentes cen-tros que integran o complexo hospitalario máis de 32.700 pacientes. Estes profesionais in-cluíron máis de 32.000 doentes na lista de espera. Asemade,

programáronse máis de 20.000 operacións e realizaron case 6.000 urxentes. En canto ao Arquivo Central, o persoal de Admisión e Documentación Clí-nica realizou máis de 1,3 milló-ns de movementos de historias clínicas, entre os historiais pres-tados e os arquivados.

Page 29: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

longo do día e ofrece pouca tre-gua ao persoal especializado na xestión de pacientes. Dende aquí coordínanse os fluxos dos pacientes, prográmase a acti-vidade dos diferentes servizos e xestiónase a lista de espera. Asemade, levan as axendas dos facultativos de Consultas Externas, tanto de probas como de consultas, recollen os datos

dos doentes que acoden a ur-xencias e preparan os doentes que deben ser operados dende a Unidade de Preoperatorio do Gil Casares. A atención direc-ta ou teléfonica cos usuarios, ben para concertar unha cita, comunicar a data de ingreso para realizar unha intervención cirúrxica ou actualizar a lista de espera, son tan só algúns

dos cometidos do persoal deste servizo, que funciona como un auténtico motor do CHUS. Nes-te senso, o xefe de Servizo, Jor-ge Aboal, explica que o labor fundamental é “subministrar apoio e coordinación, tanto na tramitación administrattiva dos procesos que ocorren no ámbito hospitalario como na xestión de pacientes na área

de hospitalización e nos di-ferentes servizos”. Asemade, para realizar a súa tarefa, o persoal de Admisión conta coa inestimable colaboración das secretarias de planta do com-plexo, coas que se coordina o traballo diario.

Lista de esperaA xestión da lista de espera é,

UN TOTAL DE 6.000 DOCUMENTOS EN IANUS

Máis de 6.000 documentos realizados no pasado mes de maio no Complexo Hospitala-rio Universitario de Santiago de Compostela, entre eles o 55 por cento dos informes de alta, foron feitos en formato electrónico, o que supón a progresiva impla-tación da Historia Clínica Elec-

trónica-IANUS, e o cumprimento dunha da liñas estratéxicas do Plan Avante 2012. A súa total implantación permitirá incorpo-rar aos hábitos de traballo o uso das novas tecnoloxías da infor-mación é facilitará a eliminación progresiva do papel. Asemade, a Historia Clínica Electrónica

permitirá a todos os profesionais sanitarios acceder a toda infor-mación xerada polos pacientes, independentemente do centro onde se lles prestou atención sanitaria. No CHUS, tras unha tempada no que os documentos se realizarán nos dous formatos, implantarase definitivamente o

formato electrónico. No caso do Arquivo Central manterase o for-mato papel e o dixitalizado ata que todos os historais sexan Exi-tus. Entre as innegables vantaxes que presenta o formato electróni-co figura rematar cos problemas de espazo que presenta o forma-to papel.

(pasa a páx. 30...)

Page 30: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

sen lugar a dúbidas, un dos co-metidos máis importantes que realiza o persoal deste servi-zo. Inclúen os pacientes nos diferentes rexistros, activida-des e programas no complexo, clasifícanos por prioridade asistencial e por orde crono-lóxica de entrada, realizan un mantenemento deses rexistros e vanos actualizando. “Sabe-

mos exactamente a demanda que existe e a actualización desa demanda é a que fai po-sible que poidan xestionar os recursos”, apunta Jorge Aboal. A toda esta intensa actividade hai que engadir o feito de que o CHUS é hospital de referen-cia para a Comunidade gale-ga, polo que hai enfermos que poden ser trasladados doutros

centros hospitalarios para ser ingresados no complexo ou ben para realizar algunha pro-ba. Pero sen lugar a dúbidas o maior volume que xestiona o persoal de Admisión Clínica procede da actividade ambu-latoria. Máis de medio millón de persoas atendidas en Con-sultas Externas durante o pasa-do ano son unha mostra deste

inxente traballo que se realiza dende este servizo.

A historia da historiaToda a documentación relativa á historia clínica de cada doen-te está arquivada nunha carpe-ta cun número persoal e indivi-dual que se custodia no Arquivo Central. A documentación, que se garda nun gran sobre, é

Servizo de Admisión e Documentación Clínica

o arquivo central contén máis de 900.000 historias

Máis de 900.000 historias clínicas son custodiadas no Ar-quivo Central do CHUS, unhas modernas instalacións situadas no Polígono de Milladoiro nas que se moven diariamente máis de 6.000 historiais. O persoal deste importante departamen-to do Complexo Hospitalario

está integrado por un faculta-tivo responsable, 22 auxiliares administrativos e 6 celadores. Este equipo humano realiza un traballo de gran precisión: cla-sificar a historia clínica, arqui-vala no seu lugar correspon-dente e extraela cando sexa reclamada por calquera ser-

vizo do complexo. Este entra-mado permite coñecer e facer un seguimento de onde está en cada momento cada historial e asegurarse de que volva ao lu-gar que lle corresponde. Catro grandes seccións compoñen o arquivo: o arquivo activo, inte-grado por aquelas historias de

pacientes que tiveron contacto co complexo nos últimos seis meses: o pasivo, formado po-las historias actualizadas nos últimos cinco anos; o pasivo histórico, composto polos his-toriais máis antigos de cinco anos, e o exitus, cos pacientes xa falecidos.

(...ven da páx. 29)

i+saúde30

Page 31: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

unha ferramenta fundamental para que os facultativos de todo o complexo hospitalario poi-dan desenvolver o seu traballo en óptimas condicións. Jorge Aboal explica que este impor-tante departamento garante que “cando o paciente acode aos diferentes servizos a súa histo-ria clínica estea presente”. Des-te xeito, se o paciente ten que

ser operado, a súa historia está no quirófano, e se vai a consul-ta, está en mans do seu médico coa suficiente antelación para que a poida estudar. Asemade, os profesionais de Documenta-ción Clínica son os encargados de estruturar o contido da histo-ria, de clasificala e de gardala no seu sobre correspondente. Unha vez consultada volve ao

seu lugar no Arquivo Central coas actualizacións pertinentes.

Novo arquivoO novo arquivo, que comezou a funcionar o pasado mes de maio, supuxo unha innegable mellora con respecto ás ante-riores intalacións, tanto no es-pazo, como nas condicións de trabllo dos profesionais, que

cada día moven 18 toneladas de papel traducidas en máis de 6.000 movementos de historias clínicas, que ocupan un total de 13.000 metros lineais. Nun só día, cada traballador do ar-quivo pode extraer dos andeis arredor de 300 historias que, unha vez repartidas por todo o complexo e consultadas, de-ben volver ao seu lugar exacto.

codificación dos historiais clínicos

O labor do persoal de Admisión e Documentación Clínica do Complexo Hospitalario Univer-satario de Santiago non se limita a xestionar a lista de espera ou arquivar as historias clínicas dos pacientes. A codificación dos historiais supón un fundamental traballo neste servizo. O tras-

lado a unha base de datos de toda información, tanto adminis-trativa como clínica, que xeran os doentes do complexo, e a codificación dos diagnósticos, é dicir, a súa tradución a códigos númericos segundo a categoría internacional de enfermidades, permite aos profesionais inter-

cambiar experiencias e compa-rar datos con hospitais non só galegos, senón de todo mundo. Deste xeito, pódese coñecer can-tos infartos foron atendidos no complexo, a media de idade do doente, o número de interven-cións realizadas ou a estadía media no hospital e comparar

estes datos cos doutras comuni-dades ou centros hospitalarios de todo o mundo. O traballo realizado por este servizo do CHUS é fundamental para a xes-tión e para a toma de decisións dos profesionais médicos, así como para axudar a mellorar a calidade asistencial.

Page 32: CHUS 5 CS - SERGAS · 2015. 7. 17. · Publicación trimestral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela | Dirixe: Departamento de Comunicación e Imaxe do

Servizo Galegode Saúde

Secretaría XeralServizo Galego de Saúde

Revista

02