imaxe gráfica da ii republica

52
I A U M E A C I X R E N D G G Ú A E I B L C P A S R A F ´ UNIDADE DIDÁCTICA Carme Alvariño Alejandro Heladio Anxo Fernández Manso (COORDINADOR) Xosé Antón García González Ramón López Facal José Ignacio Mato Rodríguez Francisco Antonio Pérez Otero Susana Trigo Arcos Fundación 10 de Marzo

Upload: fernandez-manso

Post on 24-Mar-2016

254 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Unidade didáctica que acompaña a exposicion "Imaxe grafica da II Republica" da Fundacion 10 de marzo destinada ao alumnado de 4º da ESO e Bacharelato.

TRANSCRIPT

Page 1: Imaxe gráfica da II Republica

I A

U

M

E A

CI

X RE

N D

G

G Ú AE IB L

CP

A

S R

AF

´

UNIDADE DIDÁCTICA

Carme Alvariño Alejandro

Heladio Anxo Fernández Manso (COORDINADOR)

Xosé Antón García González

Ramón López Facal

José Ignacio Mato Rodríguez

Francisco Antonio Pérez Otero

Susana Trigo Arcos

Fundación 10 de Marzo

Page 2: Imaxe gráfica da II Republica

A- Navarrete,

Barcelona,1909.

B- Madrid, 1936.

C- Fergui, Madrid,

1936.

D- Barcelona, 1938

A

C

B

D

Page 3: Imaxe gráfica da II Republica

I A

U

M

E A

CI

X RE

N D

G

G Ú AE IB L

CP

A

S R

A´F

UNIDADE DIDÁCTICACarme Alvariño Alejandro

Heladio Anxo Fernández Manso (COORDINADOR)

Xosé Antón García González

Ramón López Facal

José Ignacio Mato Rodríguez

Francisco Antonio Pérez Otero

Susana Trigo Arcos

Fundación 10 de Marzo

2003

Page 4: Imaxe gráfica da II Republica

© Carme Alvariño Alejandro, Heladio Anxo Fernández Manso (coordinador),

Xosé Antón García González, Ramón López Facal, José Ignacio Mato

Rodríguez, Francisco Antonio Pérez Otero, Susana Trigo Arcos, 2003.

Deseño xeral

Alejandro Vidal e Pilar Barciela

Corrección lingüística

Begoña Méndez Vázquez (Gabinete de Normalización Lingüística do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia)

Edita

Fundación 10 de Marzo

República do Salvador 15, 5º

15704 Santiago de Compostela

Tel.: 981591816 / Fax: 981597081

[email protected]

Page 5: Imaxe gráfica da II Republica

Presentación 5

01. A situación internacional 7

02. O contexto socioeconómico 9

03. Antecedentes políticos: restauración e dictadura 11

04. A proclamación da República 13

05. Nova organización do territorio 15

06. As mulleres 17

07. A cuestión relixiosa 19

08. O exército 23

09. Educación e cultura republicanas 25

10. A problemática social 27

11. O Bienio das dereitas 29

12. A Revolución de outubro de 1934 31

13. O Frente Popular 33

14. O estatuto de Autonomía de Galicia 35

15. A Guerra Civil 37

16. A República na guerra: evolución política 41

17. A República na guerra: a revolución social 43

18. O exilio 47

19. O réxime franquista 49

20. Actividades finais 51

TEMPUS FUGIT

Índice

5

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 6: Imaxe gráfica da II Republica

7

TEMPUS FUGIT

Presentación

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

ende a súa creación en 1992, a Fundación 10 de Marzo mostrou unha

preocupación constante por dar a coñecer ó público non especializa-

do nos estudios históricos, os fondos custodiados no Arquivo

Histórico de CC.OO. así como os traballos que emanan da propia

Fundación.

A realización práctica desa preocupación cubre, polo menos, dúas das

nosas liñas de traballo: a producción de exposicións e a publicación de uni-

dades didácticas dirixidas ó mundo escolar. Son xa varias as mostras que,

con carácter itinerante, están percorrendo os centros galegos e españois:

Prensa clandestina no franquismo, España século XX: Escenas do traballo,

Seoane: Trece estampas de la traición e O ensino na II República. A preocupa-

ción didáctica da Fundación 10 de Marzo tamén se consolidou a través

dunha segunda liña de traballo: a edición de unidades didácticas. A Empresa

Nacional Bazán, 1942-1972. Condicións de traballo e conflictividade laboral, 10

de Marzo: unidade de Historia Social e Quessada. Arte e compromiso. Unha guía

didáctica sobre a pintura política de Quessada, son exemplos deste quefacer.

Recentemente, a Fundación 10 de Marzo produciu unha nova exposi-

ción, Imaxe gráfica da II República, que pretende mostrar a través de imaxes

(fotografías, carteis e humor gráfico) o que foi aquela breve pero intensa

época cargada de esperanzas. Este traballo vai acompañado da obra que

aquí se presenta, a unidade didáctica do mesmo título.

Imaxe gráfica da II República. Unidade didáctica é un traballo que lle per-

mitirá o alumnado afondar no coñecemento que a exposición ofrece.

Trátase dunha amplísima colección de actividades de moi variada tipoloxía

que aspiran a que o alumnado reflexione sobre o que está a mirar: as foto-

grafías, os carteis e as viñetas de humor gráfico, todos eles materiais coe-

táneos ós feitos que describen. Por esta razón, moitas das actividades están

deseñadas para que a imaxe sexa analizada posto que, pola mesma concep-

ción da mostra, é unha fonte de información. Tódolos materiais da exposi-

ción están reproducidos, xa que logo, nesta unidade didáctica, que tamén

achega novos documentos gráficos e escritos. Imaxe gráfica da II República.

Unidade didáctica permite, ademais, traballar tódolos materiais dende un

punto de vista unitario porque os exercicios permiten “viaxar” a través dos

paneis para relacionar unhas realidades con outras. O mesmo obxectivo

pretende a proposta de actividades finais.

A Fundación 10 de Marzo agradece a desinteresada colaboración das

persoas que redactaron estes traballos para que o proxecto se fixera rea-

lidade: Carme Alvariño Alejandro, Heladio Anxo Fernández Manso, Xosé

Antón García González, Ramón López Facal, José Ignacio Mato Rodríguez,

Francisco Antonio Pérez Otero e Susana Trigo Arcos. Do mesmo xeito,

desexamos expresa-lo noso agradecemento a Ediciós do Castro e mais á

Fundación Luís Seoane, que nos permitiron reproducir algunhas das imaxes.

Finalmente, agradecémo-lo apoio do Concello da Coruña, sempre intere-

sado na recuperación destas páxinas da nosa Historia. A súa colaboración

foi imprescindible para a publicación deste traballo.

Santiago de Compostela, xaneiro de 2003

FUNDACIÓN 10 DE MARZO

D

Page 7: Imaxe gráfica da II Republica

Crise económica mundial

19

29

1931

19331934

19

35

1936

193719389

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

1.1. Elabora as seguintes liñas cronolóxicas buscan-

do as datas na exposición ou no libro de texto.

1.1.1. Liña 1: Dictadura de Primo de Rivera, II

República (Bienio de esquerdas; Bienio de derei-

tas; Frente Popular), Guerra Civil.

1.1.2. Liña 2: subida ó poder de Mussolini, Stalin,

Hitler e Franco. Crise do 29. Inicio da II

Guerra Mundial.

1.2. Índices de producción total (1929 = 0)

FONTE: La Renta Nacional de España, Consejo de

Economía Nacional, Madrid, 1945.

1.2.1. Aínda que España se viu afectada en menor

medida que outros países pola crise mundial de

1929, ¿que sector a sufriu máis?, ¿en que ano

tivo maior repercusión? Observa a liña crono-

lóxica da actividade anterior e a gráfica das acti-

vidades sobre o panel 10: ¿que ocorreu ese

ano?, ¿de que maneira cres que puido influír a

crise no desenvolvemento da II República?

01.2 01.401.3

A economía capitalista sufriu en outubro de 1929 a maior crise que nunca

coñecera. En España, o impacto da crise dificultaría a consolidación da

República que naceu o 14 de abril de 1931, limitando o alcance da política

reformista dos primeiros anos do novo réxime.

En Europa produciuse un ascenso dos fascismos. Mussolini acadara o poder

en 1922 e Hitler en 1933. Os partidos de extrema dereita inzaron tódolos paí-

ses europeos, e deron o seu apoio ós españois contrarios á República. Fronte

a esta tamén se colocou o Vaticano pola perda dos privilexios eclesiásticos que

potenciou o novo réxime español.

O ascenso dos fascismos europeos provocou un cambio na política interna-

cional comunista dirixida pola Unión Soviética. A revolución proletaria debía-

se aprazar para promover alianzas coa burguesía de esquerdas en frontes

antifascistas. Era a consigna frontepopulista, plasmada primeiro en Francia e,

despois, en España, co triunfo da Fronte Popular en 1936.

O mundo avanzaba cara á II Guerra Mundial, debido sobre todo á políti-

ca nazi. A Guerra Civil española sería así o antecendente da conflagración

mundial.

01.1 Chiste publicado en La

libertad.

01.2 Cartel antinazi co slogan

“¿O Terceiro Reich?

¡Non!”

01.3 Cartel “¡Para a fronte

única! ¡Votade comu-

nista!”, Gotz Von

Berlichini, 1918,

Alemaña.

01.4 Caricatura sobre a crise

económica mundial (o

crack) de 1929.

01.1

01. A situación InternacionalTEMPUS FUGIT

Page 8: Imaxe gráfica da II Republica

1.2.2. Redacta un escrito breve relacionando os datos

da gráfica, a imaxe 1.4 do panel e a fotografía.

1.3. Redacta unha breve biografía de Stalin, Mussolini,

Hitler e Franco. Despois compara as súas vidas,

sinalando as semellanzas e as diferencias.

Relaciona os tres primeiros personaxes coas

imaxes: Imaxe 1.1: ¿que era a Sociedade de

Nacións?, ¿a que institución actual precedeu?,

¿por que Mussolini non lle fixo caso? Imaxe 1.2:

describe o cartel. ¿A quen pretende unir e con-

tra quen? Imaxe 1.3: ¿quen é a morte?, ¿cres

que tiña razón o autor do cartel?, ¿por que?

1.4. Redacta unha pequena definición de «demo-

cracia», «comunismo» e «fascismo»

10

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 9: Imaxe gráfica da II Republica

Crise económica mundial

19

29

1931

19331934

19

35

1936

19371938

2.1. De entre os conceptos que se che propoñen a

continuación, elixe un que poida explicar cada

unha das viñetas que corresponden ó panel 2.

Trata de xustifica-la túa elección (ha ser un con-

cepto por cada viñeta): explotación do campesi-

ñado, igualdade social, inmigración, guerra civil,

sociedade culta, predominio do latifundismo,

emigración, inestabilidade política, minifundis-

mo, caciquismo e elevado analfabetismo.

2.2. Le atentamente o seguinte texto:

As notas máis relevantes da agricultura poderí-

an concretarse no predominio do latifundio —

en especial na parte do centro e sur—, xunta a

existencia dun minifundio nalgunhas provincias

do norte e en Galicia, poucos investimentos na

agricultura para conseguir explotacións moder-

nas —mecanización, fertilizantes, sementes

selectas, etc.—, man de obra abundantísima, o

que condicionaba as baixas remuneracións que

se pagaban por longas xeiras de traballo, e bai-

xos rendementos da terra […]

O desenvolvemento da industria e o crecemen-

to dos postos de traballo nas cidades non abon-

daba para dar ocupación ós milleiros de perso-

as que se desprazaban dos seus lugares de

orixe, e por iso, ó non veren posibilidades no

mercado interior, acudían á emigración. […] A

inmensa maioría do agro español continuaba a

vivir igual ca nos séculos anteriores, só que o

crecemento da poboación, a progresiva toma

de conciencia da desigual distribución da pro-

piedade e os baixos salarios pagados, incremen-

taban fortemente as tensións sociais.F. SIMÓN SEGURA: Historia económica, Madrid,

Centro de Estudios Ramón Areces, S. A., 1997, páxs. 380-381.

02.2 02.402.3

Ó inicio da década de 1930, España contaba con 23 millóns de habitantes. Máis

de 10 millóns non sabían ler nin escribir. As porcentaxes máis elevadas de anal-

fabetismo rexistrábanse en Andalucía e Galicia.

O corenta e sete por cento da poboación activa, catro millóns de persoas,

traballaba na agricultura; delas, 1.900.000 eran xornaleiros sen terras que se

concentraban no sur: Andalucía, Estremadura e A Mancha. A súa situación era

miserenta, con soldos insuficientes para alimentaren as súas familias. A nobreza

terratenente posuía a meirande parte dos latifundios andaluces, namentres os

campesiños galegos sobrevi-vían en reducidos minifundios. Ós labregos galegos,

para saíren da penuria, non lles quedaba ás veces máis recurso que emigrar,

sobre todo a Latinoamérica.

O vinte cinco por cento da poboación activa traballaba nas fábricas, na mine-

ría e na construcción. O pulo industrial dos anos vinte favoreceu o desenvolve-

mento de Cataluña e o País Vasco que eran, xunto a Andalucía, as principais áreas

onde se organizaron os sindicatos: o anarquista CNT e o socialista UGT.

A crise económica de 1929, a máis forte da economía capitalista, afectou

en España, sobre todo, ás clases populares. A caída das exportacións, o regreso

dos emigrantes, o descenso da actividade industrial e o aumento do desemprego

condicionarán as relacións socioeconómicas durante a II República.

02.1

11

TEMPUS FUGIT

02. O contexto socioeconómico

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

02.1 “Opresión dos seño-

res”, por Castelao.

02.2 “Minifundio”, La zarpa,

1926.

02.3 “Analfabetismo”, El

Pueblo Gallego, 30 de

outubro de 1930.

02.4 ”Exportamos emigran-

tes“, Faro de Vigo, 28

de outubro de 1926.

Page 10: Imaxe gráfica da II Republica

2.2.1. ¿Cales eran as principais características da

agricultura española a comezos da década dos

trinta? ¿Segue a ter moita importancia a agricul-

tura na actualidade?

2.2.2. ¿Por que predominaban os xornaleiros no sur

de España?, ¿por que se pagaban xornais tan bai-

xos no campo?, ¿como influíron eses baixos

xornais na situación social?

2.2.3. ¿Era España un país cunha industria forte?,

¿por que? ¿Cara a onde marchaba a xente que

non atopaba unha vida digna no mundo rural?

¿Como se tratou de atallar estes problemas na

II República (olla o panel 10)?

2.3. Observa a seguinte táboa e comenta cál era o

poder adquisitivo da clase obreira española en

comparación con outros grupos sociais europe-

os de Europa a comezos da década de 1930.

2.4. ¿Por que eran o País Vasco, Cataluña e

Andalucía as rexións con máis afiliados sindicais?

¿Cales eran as semellanzas e diferencias entre a

CNT e a UGT? ¿Cales son os principais sindica-

tos galegos e españois na actualidade?

2.5. Imaxina que os labregos da viñeta 2.5 son anda-

luces e cambia o texto. ¿Segue sendo Galicia un

país rural?, ¿cales son os problemas da agricul-

tura galega na actualidade?, ¿son os mesmos cós

dos anos trinta?

2.6. ¿Atopas algunha relación entre as viñetas 2.2 e

2.4? Explícaa. ¿A que se debeu a masiva emigra-

ción da poboación galega? ¿Segue emigrando

hoxe moita xente en Galicia?

2.7. Observa a imaxe 2.3 ¿Para quen debería ser

unha vergonza que o neno non saiba ler?

EVOLUCIÓN DAS TAXAS DE ANALFABETISMO EN ESPAÑA

1900 1910 1920 1930

TOTAL 56% 50,6% 43% 32,4%

HOMES 46% 41,4% 35,4% 25%

MULLERES 66% 59% 50,6% 39,4%

12

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

CANTIDADES (EN QUILOS OU LITROS) DE PRODUCTO QUE PODÍA MERCAR UN

OBREIRO —SEGUNDO O SALARIO MEDIO— EN 1930

Pan Patacas Carne Leite Azucre

España 1,79 3,93 0,27 1,79 0,73

Italia 1,48 3,73 0,25 2,19 0,43

Francia 2,34 6,04 0,29 2,53 1,07

Alemaña 3,10 11,82 0,50 4,48 2,10

Gran Bretaña 3,40 8,68 0,71 2,85 2,71

Estonia 1,94 6,60 0,36 2,20 0,94

Page 11: Imaxe gráfica da II Republica

Crise económica mundial

19

29

1931

19331934

19

35

1936

19371938

3.1. Como actividade introductoria, e sen previo

aviso, o profesor exercerá de cacique e constituirá

unha mesa electoral cun presidente e un vocal.

Elixirase un representante de entre os membros da

clase para levar unha proposta (de tipo educativo,

inventada polo profesor) á dirección do centro.

Convén que o profesor seleccione de antemán o

candidato ou candidata idóneo, e despois llo comu-

nique a todo o mundo —no seu papel de cacique—

. A continuación repártese a cada alumno unha ficha

coa súa condición socioeconómica, segundo os

modelos propostos a seguir:

Constitúese unha mesa electoral cun presiden-

te e un vocal. Todo o mundo vai votar coa ficha

que indica a súa condición socioeconómica. O

vocal revisa se pode votar ou non segundo a

seguinte táboa:

Home: pode votar

Muller: non pode votar

A proporción de fichas que debe haber na aula

é a seguinte:

— A distribución por sexos farase segundo a

que haxa na propia aula: a cada alumno corres-

Restauración entrou nunha longa crise durante o reinado de Alfonso XIII (1902-

1931). Era un sistema político ancorado no pasado, asentado no turnismo político dos

partidos representantes dos intereses da nobreza terratenente e a burguesía industrial

e financeira. Conservadores e liberais valéronse do caciquismo e da fraude electoral

para mantérense no poder.

As reivindicacións democráticas fóronse abrindo paso de vagar da man dos

partidos de oposición: o PSOE e os republicanos. Á par, a afiliación sindical medraba

significativamente.

Coa crise de 1917 iniciouse a descomposición do réxime, que acudiu a gober-

nos de concentración apoiados polos militares. O descrédito do sistema parlamen-

tario, as protestas sindicais e o desastre de Annual na guerra de Marrocos provoca-

ron, co apoio da oligarquía, o golpe de Estado do xeneral Primo de Rivera

nunha época de ascenso dos fascismos en Europa. O dictador, lexitimado polo rei

tras invitalo a formar goberno, suspendeu a Constitución de 1876 e as liberdades

públicas.

A opinión pública identificou a monarquía coa dictadura e, a pesar da dimisión de

Primo en xaneiro de 1930, Alfonso XIII non recuperou popularidade. As voces

dos intelectuais e das forzas de oposición republicanas, rexionalistas e anarquistas alzá-

ronse contra a figura do rei e organizáronse para derrocalo.

03.2 03.403.3

03.1 Ilustración sobre o

sistema electoral,

por Castelao.

03.2 Fábula electoral,

publicado en La Voz.

03.3 Ilustración referida á

guerra de Marrocos,

por Castelao.

03.4 Caricatura de Primo

de Rivera.

03.1

13

TEMPUS FUGIT

03. Antecedentes políticos: restauración e dictadura

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

CAMPESIÑO SEN TERRAS

Vota a persoa que

lle indica o profesor

OBREIRO INDUSTRIAL

Vota o representante que queira

(pódelle facer caso ou non

ó profesor)

MULLER

Page 12: Imaxe gráfica da II Republica

póndelle un papel masculino; a cada alumna

correspóndelle un papel feminino.

— Os homes estarán distribuídos así: as 2/3

partes serán xornaleiros; 1/3 serán obreiros.

Téñase en conta que se exclúen da mostra a

clase burguesa e mailas clases terratenentes.

Despois de votar, debateranse os resultados.

Tratarase de conseguir nese debate respostas

para os seguintes aspectos: ¿quen exercía de

cacique?, ¿que papel desempeña o cacique?, ¿por

que non é xusto o sistema electoral que se

acaba de representar?, ¿que «vicios» ten?,

¿pódense asemella-las calidades de cada un dos

protagonistas que participaron no xogo ás que

se propoñen nas viñetas 3.1 e 3.2?, ¿por que?

3.2. Observa atentamente a seguinte viñeta. ¿A que

problema electoral citado no panel 3 alude esta

imaxe? Fíxate na data de publicación da viñeta:

¿estaría vixente a práctica electoral citada?, ¿por

que? ¿Cres que ten algún sentido que a expre-

sión «antiguamente» estea entre comiñas?

Xustifícao.

3.3. Nun mapa mudo de África colorea as colonias

españolas en 1930. Indica a data da súa conquis-

ta e a da súa independencia. Explica o significa-

do da viñeta 3.3 ¿Eran partidarios tódolos espa-

ñois da explotación colonial?, ¿por que?

3.4. Localiza a rexión do Rif. ¿A que país pertence

hoxe?

3.4.1. ¿Quen era Abdelkrim?

3.4.2. Fai unha valoración das palabras de Alfonso

XIII ¿Que tiña que ver Francia co conflicto tra-

tado no texto?

3.4.3. Busca información nos xornais sobre guerras

actuais nas que se teñan usado armas químicas

¿Por que estaban, e están, prohibidas?

ESPAÑA EMPREGOU NOS ANOS VINTE

ARMAS QUÍMICAS CONTRA OS HOMES

DE ABDELKRIM

Entre 1921 e 1927, o exército español empre-

gou sistematicamente no Rif distintos gases,

sobre todo iperita, un producto máis coñeci-

do co nome de gas mostaza. En 1925, o rei

Alfonso XIII afirmaba ó agregado francés en

Madrid: «hai que deixar de lado as vas consi-

deracións humanitarias, porque coa axuda do

máis daniño dos gases salvaríanse moitas vidas

españolas e francesas. O importante é exter-

minar, como se fai coas malas bestas, as tribos

máis próximas a Abdelkrim».

A estratexia militar española consistía en

escolle-las áreas máis poboadas e os momen-

tos de maior aglomeración para lanza-las

bombas químicas, ata o punto de que os rife-

ños abriron os zocos pola noite. Houbo

tamén un número alto de víctimas españolas

pola defectuosa manipulación das armas quí-

micas ou pola conquista precipitada de terri-

torios recentemente bombardeados. A gue-

rra colonial acabou en 1927 coa rendición dos

rifeños, pero o uso de armas químicas quedou

no esquecemento durante sesenta e tres

anos.

El País, 10-2-2002

3.5. ¿Cales eran as principais diferencias entre o sis-

tema político da Restauración e o da Dictadura

de Primo de Rivera? ¿Por que apoiou o rei ó

dictador? ¿Que pensas que ocorrería hoxe se o

rei apoiase un golpe militar?

14

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 13: Imaxe gráfica da II Republica

Crise económica mundial

Proclamación da

IIª República española

19

29

1931

19331934

19

35

1936

19371938

4.1. ¿Que simboliza a imaxe 4.1? Xustifica a túa res-

posta tendo en consideración o mapa dos resul-

tados electorais que se ofrece a continuación.

4.2. Observa atentamente a portada de La Traca

(imaxe 4.2): ¿que acto exemplifica? Fíxate nos

papeis que ateigan a escena. Anota como míni-

mo tres enunciados que aparezan neles e trata

de explicar a qué fan referencia. ¿Que significa-

do teñen as expresións da necrolóxica dedica-

das a Alfonso de Borbón, «Rey de Jauja» e

«Emperador de Annual»?

4.3. ¿Que grupos políticos formaron parte do

Goberno provisional da República? ¿Que dife-

renciaba os membros deste Goberno dos ante-

riores —os da Restauración e da Dictadura—?

4.4. Observa atentamente a seguinte portada de La

Traca (imaxe 4.5): ¿que finalidade pretendía a Lei

de defensa da República? ¿Por que non querían

a República eses persoeiros?

4.5. No texto do panel diferénciase entre partidos

políticos de esquerdas, de dereitas e nacionalis-

tas que apoiaban a República ¿Cales son as prin-

cipais diferencias entre eles?, ¿cal era a ideoloxía

dos «pisados» pola Lei de defensa da República

(imaxe 4.5)?

4.6. ¿Que opinas das alegorías da República das ima-

xes 4.3 e 4.4?

04.2 04.4 04.504.3

En agosto de 1930, a maioría dos partidos e grupos republicanos acordaron no Pacto

de San Sebastián unha acción conxunta para derroca-la Monarquía. En decembro

fracasou a sublevación militar de Jaca.

A convocatoria de eleccións municipais en 1931 foi un intento de volver ó sis-

tema político tradicional, pero o pobo considerounas como unha consulta para deci-

dir entre monarquía e república. Nas capitais de provincia, a victoria das candidaturas

republicano-socialistas foi incuestionable. A consecuencia destes resultados, o 14 de

abril de 1931 proclamouse a República no medio dun enorme entusiasmo popu-

lar. Alfonso XIII abandonou o Pazo Real camiño do exilio.

Un goberno provisional fíxose cargo do poder. Era un goberno de profesionais e

intelectuais comprometidos coa democratización do país, pero sen experiencia políti-

ca. Convocáronse eleccións a Cortes constituíntes e aprobouse unha Lei de Defensa

da República co obxectivo de atallar tódalas revoltas antirrepublicanas.

As forzas políticas deste momento expresaban unha gran diversidade ideolóxica.

Entre os que apoiaron a República cabe citar algúns partidos de dereitas, como o

Partido Radical. Na esquerda, os partidos máis importantes eran Acción Republicana,

de Azaña, e o PSOE. Os partidos nacionalistas máis salientables eran Ezquerra

Republicana de Catalunya e o Partido Nacionalista Vasco (PNV).

04.1 Viñeta referida ás

eleccións municipais

de 1931.

04.2 La traca, caricatura

referida á abdicación

e exilio de Alfonso

XIII.

04.3 Alegoría da

República,

Zunzurren, 1935.

04.4 Goberno provisional

da República,

Opisso, Barcelona,

1931.

04.5 La traca, Valencia, 7

de novembro de

1931.

04.1

15

TEMPUS FUGIT

04. A proclamación da República

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 14: Imaxe gráfica da II Republica

Crise económica mundial

Proclamación da

IIª República española

19

29

1931

19331934

19

35

1936

19371938

5.1. ¿Que territorios tiñan unha lingua distinta do

castelán?, ¿en cales se aprobou un Estatuto de

Autonomía durante a II República?, ¿que terri-

torios teñen un na actualidade?

5.2. Indica as principais diferencias entre un Estado

federal e un Estado centralista ¿Con que tipo de

Estado se identifica máis a España actual?

5.3. A II República, ó facer posible unha nova orga-

nización do Estado, espertou un enorme entu-

siasmo na poboación dalgúns territorios. A

aprobación dun Estatuto converteuse nunha

arela que se identificaba co progreso e con todo

tipo de melloras. Observa o cartel de propa-

ganda a favor do Estatuto Vasco (imaxe 5.1):

¿que promesa aparece nel?, ¿cres que a aproba-

ción do Estatuto facilitaría esa reivindicación?,

¿por que?

5.4. As forzas políticas de dereitas e amplos secto-

res da esquerda estaban en contra de calquera

descentralización ou autonomía, que identifica-

ban coa «ruptura da unidade da patria». Un dos

líderes da dereita, José Calvo Sotelo, chegou a

afirmar: «prefiro unha España roxa que rota». A

imaxe 5.2 recolle esa preocupación. ¿Cres que

a Constitución de 1931 poñía realmente en

perigo a unidade de España? ¿Que representa a

caricatura? O texto do cartel é un xogo de pala-

bras, ¿sabes a que se refire?

5.5. Explica as diferencias entre ámbalas

Constitucións respecto á organización do

Estado. Na España actual, ¿cres que mudou a

actitude das principais forzas políticas sobre as

autonomías?, ¿que forzas políticas importantes

son contrarias a esta forma de organización do

Estado?, ¿por que?

05.2 05.3

As reivindicacións nacionalistas en áreas onde se falaban linguas diferentes do cas-

telán, levaron os republicanos a tratar de soluciona-lo problema da organización terri-

torial do Estado superando o centralismo herdado da Restauración. Ninguén propu-

xo, en cambio, modifica-la ocupación do norte de Marrocos, que permaneceu co

mesmo tipo de administración colonial.

A Constitución de 1931, a medio camiño entre centralismo e federalismo, definía

España como un «Estado integral» pero aceptaba que algunhas rexións puidesen acce-

der á autonomía. Os partidos estatais desconfiaban dos nacionalistas, así que impu-

xeron unhas condicións moi restrictivas para impedir que se acadase a autonomía

rexional salvo nos casos nos que a maioría das forzas políticas estivesen de acordo: os

Estatutos debían ser solicitados pola maioría dos concellos, aprobados polas dúas

terceiras partes do censo electoral (incluíndo os que se abstivesen) e ratificados polas

Cortes, que podían modifica-lo seu contido.

O Estatuto catalán, sobre o que existía acordo previo, aprobouse en 1932 (aínda que

quedou suspendido polo goberno de dereitas entre 1934 e 1936). O vasco e o galego

non se aprobaron ata o inicio da Guerra Civil. O modelo autonómico da II República,

moito máis limitado có actual, serviu de referencia para a Constitución española de 1978.

A denominación de «nacionalidades históricas» que se aplica a Galicia, Cataluña e o

País Vasco remóntase a este precedente autonómico republicano.

05.1 Cartel pro Estatuto

de Autonomía vasco,

por Arcelus, 1933.

05.2 Revista satírica,

1932.

05.3 Cartel pro Estatuto

de Galicia, Luís

Seoane, A Coruña,

1936.

05.1

17

TEMPUS FUGIT

05. Nova organización do territorio

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 15: Imaxe gráfica da II Republica

CONSTITUCIÓN DE 1931

ART. 1. […] A República constitúe un Estado

integral, compatible coa autonomía dos muni-

cipios e das rexións.

ART. 4. O castelán é o idioma oficial da

República. Todo español ten a obriga de sabe-

lo e usalo, sen prexuízo dos dereitos que as

leis do Estado lles recoñezan ás linguas das

provincias ou rexións. Salvo o que se dispoña

en leis especiais, a ninguén se lle poderá

esixi-lo coñecemento nin o uso de ningunha

lingua rexional.

TÍTULO 1. Organización Nacional

ART. 11. Se unha ou varias provincias limítro-

fes, con características históricas, culturais e

económicas comúns, acordaran organizarse

en rexión autónoma para formar un núcleo

político-administrativo, dentro do Estado

español, presentarán o seu Estatuto de acor-

do co establecido no artigo 12.

ART. 12. Para a aprobación do Estatuto da

rexión autónoma, requírense as seguintes

condicións:

a. Que o propoñan a maioría dos seus

Concellos ou, cando menos, aqueles

Municipios que comprendan as dúas terceiras

partes do Censo electoral da rexión.

b. Que o acepten polo menos as dúas tercei-

ras partes dos electores inscritos no Censo

da rexión.

c. Que o aproben as Cortes.

ART. 13. En ningún caso se admite a

Federación das rexións autónomas.

CONSTITUCIÓN DE 1978

ART. 1.2. A soberanía nacional reside no pobo

español, do que emanan os ppoderes do

Estado.

ART. 1.3. A forma política do Estado español é

a Monarquía parlamentaria.

ART. 2. A Constitución fundaméntase na indi-

soluble unidade da Nación española, patria

común e indivisible de tódolos españois, e

recoñece e garantiza o dereito á autonomía

das nacionalidade e rexións que a integran e a

solidariedade entre todas elas.

ART. 3.1. O castelán é a lingua española oficial

do Estado. Tódolos españois teñen o deber

de a coñecer e o dereito de a usar.

ART. 3.2. As outras linguas españolas serán

tamén oficiais nas respectivas Comunidades

Autónomas de acordo cos seus Estatutos.

TÍTULO VIII. DA ORGANIZACIÓN TERRITORIAL DO

ESTADO

ART. 143.1. [...] as provincias limítrofes con

características históricas, culturais e económi-

cas comúns, os territorios insulares e as pro-

vincias con entidade rexional histórica pode-

rán acceder ó seu autogoberno e constituírse

en Comunidades Autónomas [...].

ART. 143.2. A iniciativa do proceso autonómi-

co correspóndelles a tódalas Deputacións

interesadas ou ó órgano interinsular corres-

pondente e ás dúas terceiras partes dos muni-

cipios se a súa poboación representa, cando

menos, a maioría do censo electoral de cada

provincia ou illa. Estes requisitos terán que

ser cumpridos no prazo de seis meses dende

o primeiro acordo adoptado neste sentido

por algunha das Corporacións interesadas.

ART. 145.1. Non se admitirá en ningún caso a

federación de Comunidades Autónomas.

ART. 148.2. Transcorridos cinco anos, e

mediante a reforma dos seus Estatutos, as

Comunidades Autónomas poderán ampliar

sucesivamente as súa competencias.

ART. 151.1. Non será necesario deixar trans-

corre-lo prazo de cinco anos á que se refire o

apartado 2 do artigo 148 cando a iniciativa do

proceso autonómico sexa acordada dentro

de prazo do artigo 143.2, ademais de polas

Deputacións ou os órganos interinsulares

correspondentes, polas tres cuartas partes

dos municipios de cada unha das provincias

afectadas que representan, cando menos, a

maioría do censo electoral de cada unha delas

e a citada iniciativa sexa ratificada mediante

referendo polo voto afirmativo da maioría

absoluta dos electores de cada provincia [...].

5.6. ¿Cales eran os principais partidos nacionalistas

de Galicia, Cataluña e o País Vasco na II

República?, ¿e hoxe?

5.7. ¿Que simbolizan o polbo e a persoa da imaxe

5.3?

5.8. ¿Por que cres que non se cuestionou a ocupa-

ción das colonias africanas?

18

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 16: Imaxe gráfica da II Republica

Crise económica mundial

Proclamación da

IIª República española

19

29

1931

19331934

19

35

1936

19371938

6.1. Percorre a exposición con ollada selectiva:

busca tódalas imaxes nas que apareza algunha

muller e fai unha listaxe das actividades ou valo-

res que representa. Calcula tamén a porcentaxe

destas imaxes sobre o total da exposición ¿Que

relación atopas entre o resultado da túa obser-

vación e o que se indica no panel: «foilles reco-

ñecido o dereito a “existir”»?

6.2. Tendo en conta a información do panel, sinala

os avances legais que conquistan as mulleres

durante os anos da República. Logo ordénaos

por importancia segundo a túa opinión e com-

para o teu resultado cos dos teus compañeiros.

6.2.1. ¿Cal é o «dereito» máis valorado? ¿Poderíase

prescindir dalgún deles?

6.2.2. ¿Hai algunha diferencia salientable entre a opi-

nión das mozas e a dos mozos do teu grupo?

6.2.3. ¿Que dereitos conquistados na República e logo

perdidos durante a Dictadura franquista teñen na

actualidade as cidadás do Estado español?

6.3. Tamén se di no panel que as mulleres xa «intro-

duciran novos valores nas súas vidas»:

6.3.1. ¿Que imaxe reflicte mellor ese cambio silen-

cioso pero firme, que «rachaba coa función

feminina tradicional de “ama de casa e nai”»?

6.3.2. ¿Que imaxes cres que amosan aspectos da

vida cotiá superados hoxe en día e cales non?

¿Por qué?

6.3.3. Agora tócache a ti: debuxa unha viñeta na que

se exprese de xeito caricaturesco unha deman-

da actual da muller. Expona na clase coas dos

teus compañeiros e comentade en grupo as

ideas expresadas.

06.2 06.406.3

Nos anos da República, as mulleres viviron un avance sen precedentes na conquista da

igualdade. Foilles recoñecido o dereito a ‘existir’ en condicións de igualdade cos

homes, segundo declaraba a Constitución de 1931: “Todos los españoles son iguales ante

la ley”. Como consecuencia, a lexislación deu soporte, por primeira vez, ás demandas

das mulleres e ós novos valores que xa introduciran nas súas vidas.

Na conquista do sufraxio universal foi esencial o labor da deputada Clara

Campoamor. Defendeu en solitario o dereito ó voto feminino, fronte á indiferen-

cia ou rexeitamento de moitos parlamentarios que pensaban que as mulleres carecían

de criterio político.

Coa obtención da igualdade xurídica cos homes, as mulleres deixaron de nece-

sitar un marido ou un tutor que as representase legalmente. Reguláronse o matrimo-

nio civil e mailo divorcio, e a muller casada asumiu as mesmas responsabilidades e

dereitos có seu cónxuxe. Deixouse de considerar delicto a convivencia en parella ou

o adulterio e aboliuse a prostitución. A legalización do aborto tivo que agardar á pre-

sencia da primeira muller nun goberno: Federica Montseny, que foi ministra de

Sanidade, xa comezada a Guerra Civil.

A educación das nenas equiparouse á dos nenos: obrigatoria, gratuíta e laica. O

dereito a traballar e á independencia económica, recoñecido a tódalas persoas, ten-

tou rachar coa tradicional función feminina de ama de casa e nai. Por vez primeira, as

mulleres puideron desempeñar empregos e cargos públicos.

A nova lexislación foi esencial para integra-la muller na sociedade, pero non sem-

pre se conseguiu supera-la barreira psicolóxica establecida polos valores tradicionais

e os privilexios do home. O triunfo franquista na Guerra Civil obrigou a recuar en

case tódolos logros acadados.

06.1 Arenga, por

Castelao.

06.2 Vidales Tomé, El

Pueblo Gallego,

1924.

06.3 Castelao, Faro de

Vigo, 24 de abril

de 1932.

06.4 Maside, El Pueblo

Gallego, 7 de maio

de 1932.

06.1

19

TEMPUS FUGIT

06. As mulleres

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 17: Imaxe gráfica da II Republica

6.4. No panel dise que Clara Campoamor defendeu

en solitario o dereito ó voto feminino. Custa

crelo, tendo en conta que había máis (ben pou-

cas máis) mulleres deputadas, pero así foi. O

caso é que logrou convencer unha maioría sim-

ple do que era unha mera cuestión de igualdade

social e dignidade. Velaquí dous textos: un é

unha opinión vertida nun xornal radical de

¡¡esquerdas!! (El Diluvio, 2-10-1931); o outro

expresa a opinión de Clara Campoamor.

Identifícaos e logo salienta os argumentos que

se barallaron a favor e en contra da obtención

deste dereito, no polémico debate que tivo

lugar no Parlamento en 1931.

A.- Eses 160 deputados que lles concederon o

voto ás mulleres serán uns doutrinarios puri-

tanos, pero son uns aparvados republicanos.

Nós non lle negamos o voto á muller no

nome do seu dereito á liberdade, senón no

nome da defensa da República. As mulleres

poden ser dentro da República avogadas,

catedráticas, deputadas, e mesmo ministras,

pero electoras, non. Só uns cantos pobos lles

concederon o voto ás mulleres e a República

española non é cousa de que por quixotismo

idealista se apoie ou se confíe no voto femini-

no que, durante uns cantos anos, será canali-

zado por cregos, frades e monxas.

B.- Láiome vivamente de ter que me erguer

nestes momentos a pronunciar unhas brevísi-

mas palabras. Anda a facerse unha

Constitución de tipo democrático, por un

pobo que ten escrito como lema principal o

respecto fondo ós principios democráticos

[…] Resolvede o que queirades, pero afron-

tando a responsabilidade de lle dar entrada a

esa metade do xénero humano na política,

para que a política sexa cousa de dous, por-

que só hai unha cousa que fai un sexo só:

parir. As outras, facémolas todos en común, e

non podedes vir vós aquí a lexislar, a votar

impostos, a dicir deberes, a lexislar sobre a

raza humana, sobre a muller e sobre o fillo,

illados, fóra de nós.

6.5. Había dous planos nese debate: o voto como

dereito que lle corresponde a todo ser humano

e o voto como oportunidade política. Agora

consulta o texto 7.5 e relaciónao coas seguintes

cuestións:

6.5.1. O voto da muller, ¿sería conservador maiori-

tariamente? (Nos paneis 11 e 13 tes datos que

che poden axudar).

6.5.2. Tendo en conta tódolos datos que tes sobre

o contexto social e político na República, ¿cal

sería a túa posición neste debate?

6.6. ¡Vale máis unha imaxe ca mil palabras! Pero…

¿que palabras escribirías ti na arenga da milicia-

na que con tanta forza debuxou Castelao

(imaxe 6.1)? Unha axuda: volve le-lo derradeiro

parágrafo do panel 6. Outra axuda: ¿que posi-

ción ideolóxica defendería unha miliciana na

Guerra Civil? (ver panel 17).

6.7. No panel 4 hai unha Alegoría da República —e

incluso outra referencia a ela que hoxe en día

¡¡non se atrevería a facer ningún goberno!!—.

¿Identificas tódolos símbolos que se represen-

tan? ¿Que opinión che merece que a imaxe da

República sexa unha muller?

20

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 18: Imaxe gráfica da II Republica

Crise económica mundial

Proclamación da

IIª República española

19

29

1931

19331934

19

35

1936

19371938

7.1. Para unha mellor comprensión da cuestión reli-

xiosa sería conveniente que tiveras claros algúns

conceptos: secularización, laico, confesional (acon-

fesional), relixioso, civil, anticlericalismo. Busca o

significado e elabora cinco frases coherentes —

correctas desde o punto de vista histórico e

gramatical—, incluíndo en cada un delas un con-

cepto de cada columna.

Estado Secularización Ensino Civil

Cemiterio Confesional

Matrimonio Laico

Partidos políticos Anticlerical

7.2. As diferencias entre a Constitución de 1876 e a

de 1931 no tratamento da cuestión relixiosa

son evidentes. Despois de ler e subliña-los tex-

tos, explica os principais cambios que aparecen

na Constitución republicana. Para facilita-lo teu

traballo podes partir do cadro:

CONSTITUCIÓN DE 1876

ART. 11. A relixión católica, apostólica e

romana, é a do Estado. A Nación obrígase a

mante-lo culto e os seus ministros. Ninguén

poderá ser molestado no territorio español

polas súas opinións relixiosas nin polo exerci-

cio do seu respectivo culto, salvo o respecto

debido á moral cristiá. Non se permitirán, sen

embargo, outras cerimonias nin manifesta-

cións públicas que as da relixión do Estado.

CONSTITUCIÓN DE 1931

42. ART. 3. O Estado español non ten relixión

oficial.

07.2 07.407.3

A Igrexa constituía un poder histórico e a súa presencia era constante na vida

española. Durante a Restauración consolidara a súa posición como aliada do Estado,

o que lle permitira arrequece-lo seu patrimonio económico e a súa influencia social e

educativa. A secularización da sociedade, coa separación da Igrexa e do Estado, non

se produciu ata a proclamación da República. Os dirixentes republicanos consideraban

que era necesario para a modernización do país pero non foron conscientes da gran-

de influencia que a Igrexa e a moral católica exercían na vida civil.

A Constitución establecía a secularización do Estado e cumpría que este

asumise aquelas funcións que a Igrexa se arrogara tradicionalmente. Aprobáronse

unha serie de leis como a disolución da Compañía de Xesús, a secularización dos cemi-

terios, a Lei de divorcio ou a de confesións e congregacións relixiosas que, entre

outras cousas, prohibía exerce-lo ensino ás ordes relixiosas.

O anticlericalismo, que formaba parte da cultura do liberalismo progresista e

de republicanos, anarquistas e socialistas, estaba moi estendido entre as clases popu-

lares, nomeadamente nas cidades, e explica sucesos como a queima de conventos do

10 e o 13 de maio de 1931. Isto contribuíu asemade á deterioración dunhas relacións

xa de seu difíciles entre o goberno republicano e a Igrexa.

A cuestión relixiosa foi utilizada pola dereita nas eleccións de 1933 acentuando no

seu discurso a sensación de persecución e o carácter de cruzada.

07.1 La traca, Valencia,

11 de xullo de 1931.

07.2 La traca, Valencia,

9 de xaneiro de

1932.

07.3 Paz y Justicia,

30 de xaneiro

de 1932.

07.4 Cartel electoral da

CEDA, 1933.

07.1

21

TEMPUS FUGIT

07. A cuestión relixiosa

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 19: Imaxe gráfica da II Republica

ART. 26. Tódalas confesións relixiosas serán

consideradas como Asociación sometidas a

unha lei especial.

O Estado, as rexións, as provincias e os muni-

cipios, non manterán, favorecerán, nin auxilia-

rán economicamente as Igrexas, Asociacións

e Institucións relixiosas. Unha lei especial

regulará a total extinción, nun prazo máximo

de dous anos, do orzamento do Clero.

Quedan disoltas aquelas Ordes relixiosas que

estatutariamente impoñan, ademais dos tres

votos canónicos, outro especial de obediencia

á autoridade distinta da lexítima do Estado.

[…]

ART. 27. A liberdade de conciencia e o derei-

to de profesar e practicar libremente calque-

ra relixión quedan garantidos no territorio

español, salvo o respecto debido ás esixen-

cias da moral pública. Os cemiterios estarán

sometidos exclusivamente á xurisdicción

civil. Non poderá haber neles separación de

recintos por motivos relixiosos. Tódalas con-

fesións poderán exerce-los seus cultos priva-

damente. As manifestacións públicas do culto

haberán de ser, en cada caso, autorizadas

polo goberno. Ninguén poderá ser compeli-

do a declarar oficialmente as súas crenzas

relixiosas.

7.3. O Decreto do 23 de xaneiro de 1932 disolveu

a Compañía de Xesús, xustificándoo o presi-

dente do Goberno, Azaña, deste xeito:

[…] disolución daquelas ordes nas que, ademais

dos tres votos canónicos, prestasen outro espe-

cial de obediencia a outra autoridade lexítima

distinta da do Estado. Estes son os xesuítas

(obediencia ó Papa). […] ¿Permitiriades que se

propagase na cátedra da Universidade española

a medicina do s. XVI? Non o permitiriades; a

pesar do dereito de ensinanza do catedrático e

da súa liberdade de conciencia, non se permiti-

ría. Pois eu dígovos que a obriga das ordes reli-

xiosas católicas, en virtude do seu dogma, é

ensinar todo o contrario ós principios en que se

funda o Estado moderno.

7.3.1. Tendo en conta que os xesuítas controlaban

unha importante parte do sector educativo,

explica o que quere dicir Azaña no último pará-

grafo do texto. Investiga o papel actual da reli-

xión na escola e compárao co da II República.

7.3.2. No panel aparece a portada da revista La

Traca relativa ó tema, ¿poderías interpretala? (é

importante que teñas en conta qué representa

no debuxo a chegada do tren).

7.4. Explica o significado do debuxo

«Secularización» (imaxe 7.3). Debes ter en

conta quén está enterrado en cada tumba. ¿Cal

pensas que é a postura do autor (e da revista)

da viñeta respecto ó tema: favorable ou contra-

ria á secularización?, ¿por que o dis?

7.5. O 4 de decembro de 1931 o ministro de

Xustiza presentou un proxecto de lei de divor-

cio, aprobado, despois dun intenso debate, o 26

de febreiro de 1932.

Para Margarita Nelken (membro daquela do

Partido Socialista) só o divorcio lle ofrecía á

muller unha garantía de dignidade persoal, posto

que por moi emancipada que estivese por Lei,

aínda estaba exposta á posibilidade da inxustiza

do matrimonio e o sacerdote Don Luis López

Dóriga, Deán da Catedral de Granada e depu-

tado radical-socialista, votou a favor da lei decla-

rando que se ben os católicos debían actuar

segundo a súa fe, non debían tratar de impoñer

ós demais a súa propia fe. Os anarquistas, pola

súa parte, recibiron a medida con indiferencia

por consideraren que era unha intervención do

Estado na vida dos cidadáns.

7.5.1. Coa información recollida no texto, comple-

ta o seguinte cadro:

7.5.2. ¿En que panel hai referencias ó divorcio?,

¿por que era un tema que preocupaba máis ás

mulleres?

7.6. ¿Cal é a mensaxe que intentan transmitir as

Juventudes Socialistas de Madrid no pasquín que

reproducimos?, ¿pensas que reflicte un senti-

mento anticlerical?, ¿por que?

Se as Cortes Constituíntes non expulsan as

ordes relixiosas, a «República burguesa» non

terá valido nin para iso e terá fracasado por

completo.

Mentres haxa Deus, haberá sacerdotes.

Traballadores: Arrincade da vosa conciencia a

idea de Deus para extirpa-lo clericalismo.

Compañeiros: A idolatría é o maior dos crimes.

22

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Constitución de 1876 Constitución de 1931

¿Hai relixión oficial?

¿Ten algunha obriga o

Estado con algunha

confesión relixiosa?

¿Están limitadas as

prácticas relixiosas?,

¿todas?

¿Podemos falar de

liberdade relixiosa?

Persoa Opción política Favorable ou contraria ó divorcio Argumentos

Margarita

Nelken

Radical-socialista

Indiferencia

Page 20: Imaxe gráfica da II Republica

Fai que as imaxes teñan xoias valiosas, coma

as cortesás, mentres os traballadores morren

de fame. ¡Alerta cos deputados impunistas,

que son cómplices deste crime!

7.7. Nas eleccións de 1933, os partidos de dereitas

buscaron o voto das mulleres. Este texto é un

pasquín repartido na rúa nun proceso electoral:

ACCIÓN POPULAR, MULLER: ¡Vota a can-

didatura de dereitas e contra o marxismo!, SE

NON O FAS: virá o COMUNISMO, que che

arrincará os fillos dos brazos; a igrexa do teu

pobo, símbolo da NOSA SANTA RELIXIÓN,

será derruída e arrasada; o esposo que amas

FUXIRÁ DO TEU LADO, autorizado pola LEI

DO DIVORCIO; virá a ANARQUÍA ÓS

CAMPOS e ó voso fogar a FAME E A MISE-

RIA.

MULLER: ¡vota a candidatura de dereitas e

contra o marxismo!

SEÑORA: co teu voto axuda a salvar España.

NOTA: vota a candidatura COMPLETA. Se

borras algún nome dás forzas ós contrarios.Arquivo Municipal de Santiago, 8-11-1933

7.7.1. ¿A que eleccións fai referencia?

7.7.2. ¿Por que pensas que vai dirixido ás mulleres?

(lembra as imaxes do panel 6)

7.7.3. ¿Que argumentos utiliza para pedi-lo voto?

7.7.4. Fai un comentario sobre o contido e o estilo

deste tipo de propaganda.

7.7.5. No panel hai un cartel de propaganda para o

mesmo proceso electoral, ¿a que sucesos alude

para pedi-lo voto?

23

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 21: Imaxe gráfica da II Republica

Crise económica mundial

Proclamación da

IIª República española

19

29

1931

19331934

19

35

1936

19371938

8.1. No prólogo ó Decreto de reforma do exército,

Azaña xustificaba a necesidade de levala a cabo.

A revolución de abril, que por vontade do pobo

instaurou a República en España, extingue o

xuramento de obediencia e fidelidade que as

Forzas Armadas da Nación prestaran ás institu-

cións hoxe desaparecidas. Non se entende, de

ningún xeito, que as forzas de mar e terra do

país estaban vinculas a unha dinastía ou a unha

persoa. A misión do Exército, do artigo 2 da Lei

constitutiva, é soste-la independencia da Patria.

[…] O Exército é nacional, así como a Naciónnon é patrimonio dunha familia. A República éa Nación que se goberna a si mesma […].

Respectuosa a República coa conciencia indivi-dual, non esixe a promesa de adhesión. Osque opten por servila, outorgarán a promesa;os que refusen prestala, será que prefirenabandona-lo servicio. A República é para tódo-los españois, pero só poden servila en postosde confianza os que sen reservas e fervorosa-mente adopten o seu réxime. Retirar do ser-vicio activo os que refusen a promesa de fide-lidade non ten carácter de sanción, senón deruptura do seu compromiso co Estado.

Gaceta de la República, 23-4-1931

8.1.1. Segundo Azaña, ¿cal é o papel do exército?

8.1.2. ¿Que quere dicir: «O Exército é nacional,

así como a Nación non é patrimonio dunha

familia»? ¿A quen tiñan favorecido as interven-

cións do exército na vida política durante a

Restauración e a Dictadura de Primo de

Rivera?

8.1.3. ¿Cal era a finalidade de Azaña?, ¿que argu-

mentos utiliza para defendela?

8.2. Estes gráficos comparan o exército de 1931 e o

de 1932 (número de militares por graduación)

¿Cres que Azaña conseguiu os seus obxectivos?

Xustifica a túa resposta.

08.2 08.408.3

A reforma militar ideada por Azaña tentou reduci-lo número excesivo de oficiais

(había un por cada dez soldados) e subordina-lo poder militar ó poder civil. O

seu obxectivo era democratizar unhas Forzas Armadas obsoletas e dotalas dun mate-

rial axeitado. As primeiras medidas foron obriga-los militares a xurar fidelidade á

República e permitírlle-lo retiro voluntario con soldo íntegro.

O servicio militar era unha das obrigas máis onerosas para a poboación. Coas

novas medidas de recrutamento, as quintas tiñan que permanecer no servicio militar

un ano. Mantívose o sistema de redención do servicio: escusábase o seu cumpri-

mento tralo pagamento previo, pero logo de seis meses en filas.

As reformas militares foron moi combatidas pola dereita e por un importante sec-

tor da oficialidade. Así, para o xeneral Mola tratábase dunha trituración do exército. O

golpe militar fracasado do xeneral Sanjurjo, en agosto de 1932, foi un expo-

ñente do malestar de parte do exército aproveitado por sectores monárquicos auto-

ritarios.

08.1 Maside, El Pueblo

Gallego, 3 de outu-

bro de 1931.

08.2 Gracia y Justicia, 5 de

marzo de 1932.

08.3 Padín, Vida Gallega,

25 de outubro de

1921.

08.4 Maside, El Pueblo

Gallego, agosto de

1932.

08.1

25

TEMPUS FUGIT

08. O exército

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 22: Imaxe gráfica da II Republica

8.3. Para poder comprende-lo debuxo «Un militar

retirado», debes coñece-lo significado de

«comer de vixilia» e buscar información sobre a

Lei para a defensa da República (cándo se apro-

bou, en qué consistía); revisa o panel 4. ¿Cal

pensas que é a actitude do autor da viñeta

tocante ás reformas que se estaban facendo?, ¿e

respecto á Lei para a defensa da República?

8.4. A xornalista Josefina Carabias entrevista a nai

do capitán Galán condenado a morte por parti-

cipar na sublevación de Jaca, despois da tentati-

va de golpe do xeneral Sanjurjo.

A PRIMEIRA PERSOA QUE SE ACERCOU

Ó XEFE DO ESTADO PARA PEDI-LO

INDULTO DE SANJURJO FOI A NAI DO

CAPITÁN GALÁN

Non quero que fagan con ninguén, sexa quen

sexa, o que fixeron co meu fillo.

Estou pasando uns días moi malos —dime,

momentos despois de saudarme—; claro que

para min son malos tódolos días, pero estes

son peores. Vostede compréndeo… Por iso,

en canto tiven coñecemento da condena a

morte do xeneral Sanjurjo, apresureime a

entrevistarme con S. E. o Presidente da repú-

blica para que o indulten. Xa sei que a miña

petición non significa nada; pero a miña con-

ciencia quedou tranquila. Por moito que eu

sufrín e o que teño que sufrir aínda, non

quero que ninguén se vexa na mesma situa-

ción. Quizais haxa persoas ás que lles pareza

mal…Ahora, 26-7-1932

8.4.1. O capitán Galán e o xeneral Sanjurjo son

dous exemplos da intervención dos militares

para modificar unha situación política. Despois

de buscar información sobre o alzamento de

Jaca (no que participou o primeiro) e o intento

de golpe de Estado de Sanjurjo, establece unha

comparación entre ambos baseándote nos

seguintes criterios:

1. Situación política cando se produce a súa

actuación (quén está no Goberno, cómo foi eli-

xido...) e finalidade desta.

2. Resultado da súa actuación.

3. ¿Como actuaron os poderes políticos nun e

noutro caso? ¿A que conclusións chegas?

4. ¿Lembras outros casos nos que os militares

tentaran modifica-la vida política do país?

(Revisa a resposta despois de ve-lo resto da

exposición).

8.4.2. Valora a actuación da nai de Galán.

8.5. Tendo en conta a representación clásica que se

fai da República (volve ó panel 4), ¿que pensas

que nos quere dicir Maside coa súa visión en A

República que prometía Sanjurjo?

8.6. Observa a imaxe 8.3: ¿quen lle escribe á muller?,

¿que fai o remitente en Melilla? Ponte no seu

lugar e contesta á carta. A imaxe é de 1921,

¿por que cres que se inclúe no panel a pesar de

non corresponder ó período deste?, ¿que rela-

ción ten co título do panel?

26

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 23: Imaxe gráfica da II Republica

Crise económica mundial

Proclamación da

IIª República española

19

29

1931

19331934

19

35

1936

19371938

9.1. En 1931 as taxas de analfabetismo en España

eran as máis elevadas de Europa, ¿a que cres

que se debía esa situación?, ¿de quen era a res-

ponsabilidade?, ¿en que imaxe se reflicte a esca-

sa importancia que tiña a educación para as cla-

ses dirixentes?

9.2. A II República destacou polo enorme esforzo

realizado nos campos da educación e da cultu-

ra. ¿Por que estaban tan preocupados os diri-

xentes republicanos por eleva-lo nivel cultural

do país? O analfabetismo non só limita as capa-

cidades das persoas que o sofren, senón que

repercute no benestar e no progreso de todo

un país, ¿saberías explica-las razóns?

9.3. ¿Por que se pretendía elimina-la influencia do

clero na educación? (volve ó panel 7)

9.4. ¿Que representa o cartel da imaxe 9.2? ¿Que

actividades desenvolvían as Misións Pedagóxicas?,

¿séguense facendo na actualidade?, ¿por que?

9.5. ¿Que motivos cres que tiveron as forzas anti-

rrepublicanas para opoñerse á política de alfa-

betización, construcción de escolas e difusión

cultural da II República?

9.6. Busca información sobre La Barraca. ¿Como

finou o seu fundador?

9.7. Le con atención este artigo da Constitución

republicana. Compara o modelo educativo que

pretendía implantar a República co existente ata

ese ano e co actual. Define os conceptos en

negra.

09.2 09.409.3

A educación foi unha das prioridades dos partidos progresistas desde o primei-

ro momento. Os principais líderes republicanos estaban convencidos de que só era

posible consolida-la democracia se erradicaban o analfabetismo, elevaban o nivel

cultural da poboación e substituían a influencia do clero no ensino por unha forma-

ción laica e aberta á ciencia moderna.

O problema máis grave que querían resolver era o elevado índice de analfabetismo,

superior ó trinta por cento da poboación, e máis dun millón de nenos sen escolarizar.

Os gobernos progresistas do primeiro Bienio (1931-1933) propuxéronse duplica-las

32.680 escolas que existían en España, construíndo 5.000 novas escolas cada ano,

e incrementa-lo número de mestres nunha proporción similar. Malia as dificultades

económicas, lograron crear 13.000 aulas en dous anos. Nunca, en ningún país, se rea-

lizara un esforzo semellante.

Ó mesmo tempo emprendeuse a modernización da Universidade e a amplia-

ción dos institutos de bacharelato. A preocupación pola cultura foi máis alá do

ensino regrado: creáronse bibliotecas ambulantes, «Misións Pedagóxicas» que se ocu-

paron da educación de adultos e experiencias de difusión cultural como o grupo de

teatro ambulante La Barraca promovido por Federico García Lorca e integrado por

estudiantes voluntarios que percorrían vilas e aldeas.

Os sectores integristas da Igrexa e das forzas políticas antirrepublicanas rexeitaron

estas reformas que pretendían limita-la influencia clerical na sociedade.

09.1 Obiols, Concello de

Barcelona, 1931.

09.2 Cartel para as

Misiones Pedagógicas,

Maside, 1934.

09.3 Semanario Gedeón, 4

de novembro de

1901.

09.4 Torres, El Pueblo

Gallego, 7 de febreiro

de 1932.

09.1

27

TEMPUS FUGIT

09. Educación e cultura republicanas

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 24: Imaxe gráfica da II Republica

CONSTITUCIÓN DE 1931

ART. 48.- O servicio da cultura é atribución

esencial do Estado, e prestarao mediante ins-

titucións educativas enlazadas polo sistema da

escola unificada. O ensino primario será gra-

tuíto e obrigatorio. Os mestres, profesores e

catedráticos do ensino oficial son funcionarios

públicos. A liberdade de cátedra queda

recoñecida e garantida.

A República lexislará no sentido de facilitar ós

españois economicamente necesitados o

acceso a tódolos graos do ensino, a fin de que

non se atope condicionado máis que pola

aptitude e a vocación. O ensino será laico,

fará do traballo o eixe da súa actividade meto-

dolóxica e inspirarase en ideais de solidarie-

dade humana.

Recoñécese ás Igrexas o dereito, suxeito a

inspección do Estado, de ensina-las súas res-

pectivas doutrinas nos seus propios estable-

cementos.

28

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 25: Imaxe gráfica da II Republica

Crise económica mundial

Proclamación da

IIª República española

19

29

1931

19331934

19

35

1936

19371938

10.1. Os seguintes carteis reflicten dúas mensaxes

dirixidas ós traballadores e traballadoras.

Interpreta o contido de cada un deles, ¿que dife-

rencias atopas?

10.2. Despois de analiza-la gráfica, ¿a que conclu-

sións chegas?, ¿atopas algunha relación entre a

gráfica e algún dos debuxos do panel? Explícaa.

Os datos de 1935 só corresponden ó primeiro trimestre

10.2 10.4 10.510.3

Durante o primeiro Bienio aprobáronse unha serie de medidas encamiñadas a mello-

ra-la situación da clase traballadora: salarios, xornada, maternidade e desempre-

go, accidentes la-borais, descansos... Os go-bernos republicanos buscaron a participa-

ción sindical, práctica que aceptou a UGT e que rexeitou a CNT, partidaria da revo-

lución social inmediata.

As medidas aprobadas polo goberno provisional non abondaron: eran necesarios

tamén cambios na estructura da propiedade, unha reforma agraria. Esta non se

aprobou ata setembro de 1932 e consistiu na redistribución das terras, unha vez

expropiadas, e no asentamento nelas do campesiñado sen terras. Non era unha refor-

ma radical xa que non recollía a socialización das terras pero os propietarios percibí-

rona como algo revolucionario.

Estes cambios lexislativos non impediron que durante este período a conflictivi-

dade social fora en aumento. As cifras do paro eran moi elevadas e o Estado conta-

ba con poucos recursos para poñer en práctica a súa política reformista. Os cativos

resultados da Reforma Agraria (que contou con moi pouco tempo para ser aplicada e

se realizou dun xeito moi lento e con poucos recursos) propiciaron conflictos xene-

ralizados en 1933 que afectaron especialmente a Cataluña, Levante e Andalucía, onde

se produciu a matanza de Casas Viejas.

A represión das revoltas provocou a ruptura da conxunción republicano-socia-

lista e a convocatoria de eleccións.

10.1 La traca, Valencia.

10.2 Torres, El Pueblo

Gallego, 11 de agosto de

1931.

10.3 Maside, El Pueblo

Gallego, 28 de setembro

de 1933.

10.4 Maside, 1933.

10.5 Gracia y Justicia, 25 de

maio de 1933.

10.1

29

TEMPUS FUGIT

10. A problemática social

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 26: Imaxe gráfica da II Republica

10.3. O seguinte texto explica algunha das causas do

aumento da conflictividade:

Durante o primeiro bienio, sen embargo, a

conflictividade laboral foi en continuo aumen-

to. Das 402 folgas de 1930 pasouse a 1.127 en

1933, mentres a cifra de folguistas se cuadri-

plicaba e se superaban os doce millóns de

xornadas perdidas por ano. As causas deste

proceso son múltiples: a incidencia da rece-

sión económica; a negativa da CNT a utiliza-

los mecanismos oficiais de conciliación e a súa

manifesta tendencia a convocar folgas políti-

cas; a resistencia dunha clase empresarial

acostumada a impoñe-la súa lei, a acepta-las

decisións dos Xurados Mixtos cando bene-

ficiaban os traballadores; o crecente descon-

tento das bases da UXT diante da lentitude e

moderación das reformas, e o seu paulatino

abandono da liña legalista que lles marcaba

o aparato sindical socialista, etc.J. GIL PECHARROMÁN: A Segunda República, 1996

10.3.1. ¿Cales son as causas que, segundo o autor,

explican o aumento da conflictividade? Ordénaas

por importancia segundo o teu criterio.

10.3.2. Explica o significado dos conceptos resalta-

dos en negra.

10.4. Nos gráficos aparecen tipificadas tres situa-

cións diferentes nas que se achaba o campesiña-

do: ¿en que se diferencian?, ¿cal consideras que

é a máis precaria?, ¿por que?, ¿onde predomina-

ba?; ¿que se entende por «latifundio»?, ¿quen os

traballaba?, ¿en que zonas de España predomi-

naban?

10.5. Le o texto da Lei de bases da Reforma

Agraria (setembro de 1932):

[…] Serán susceptibles de expropiación as

terras incluídas nos seguintes apartados:

5º As que polas circunstancias da súa adqui-

sición, por non seren explotadas directa-

mente polos adquirentes e polas condicións

persoais destes, deba presumirse que foron

compradas con fins de especulación ou co

único obxecto de percibi-la súa renda.

7º As incultas ou manifestamente mal culti-

vadas, en toda aquela porción que, pola súa

fertilidade e favorable situación, permita un

cultivo permanente, cun rendemento econó-

mico superior ó actual, cando se acrediten

tales circunstancias por dictame técnico

regulamentario, tralo informe previo das

asociacións agrícolas e dos Concellos do

termo municipal onde radiquen as leiras.

As que debendo ser regadas por existir un

estanque de rega non o fixeron aínda cando

todas estas circunstancias se acrediten co

informe técnico previo […].

10.5.1. Coa Reforma Agraria pretendíase expropiar

latifundios para asentar neles o campesiñado.

¿Que teñen en común os bens afectados que se

relacionan no texto?; ¿que fins sociais e econó-

micos cres que tiña esta reforma?

10.5.2 ¿Que valoración se fai da Reforma Agraria na

viñeta 10.5?

10.6. Busca información sobre o que pasou en Casas

Viejas e explica o debuxo de Maside «Si hoube-

ra moitos Casas Viejas…»

10.7. A labrega da imaxe 10.3 quéixase de que «…

e seguimos pagando os foros». ¿Podes expli-

car que son os foros?, ¿que aspectos da

Reforma Agraria afectaban os labregos e as

labregas galegos?

30

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 27: Imaxe gráfica da II Republica

Crise económica mundial

Proclamación da

IIª República española

Bienio de dereitas

19

29

1931

19331934

19

35

1936

19371938

11.1. Na viñeta 11.1 reflíctese o clásico final feliz das

películas románticas para simboliza-la fin do idi-

lio político entre o Partido Socialista e os parti-

dos republicanos no primeiro Bienio. ¿A que se

debeu esa ruptura? (volve ó panel anterior),

¿que consecuencias tivo?

11.2. Fíxate ben na viñeta 11.2. Lerroux e Gil Robles

protagonizaron o baile político durante o Bienio

das Dereitas, ¿de que partidos eran líderes?, ¿cal

foi o partido máis votado?, ¿cal formou gober-

no?, ¿por que? O arlequín Lerroux viuse obriga-

do a deixa-lo Goberno: ¿por que?, ¿que conse-

cuencias tivo a súa marcha?

11.3. Despois de ler con atención a información que

acompaña as imaxes, fíxate na viñeta 11.3 e

intenta explica-lo seu significado.

11.4. ¿Quen é o pretendente na imaxe 11.4?, ¿e a

cortexada?, ¿por que desconfía das intencións

do galán?

11.5. Elabora a portada dun xornal de dereitas do

día 20 de novembro de 1933 (un día despois das

eleccións).

11.6. Indica cál era postura das dereitas nos seguin-

tes aspectos: a propiedade agraria, o modelo de

Estado, a Igrexa e o ensino (repasa os paneis

anteriores).

11.7. Redacta unha frase con cadanseu trío de

conceptos que explique a relación histórica

entre eles: CEDA (Confederación Españala de

Derechas Autónomas), República, Partido

11.2 11.411.3

As eleccións de novembro de 1933 deron a victoria ás dereitas. A CEDA, coali-

ción electoral de partidos católicos, foi a máis votada, seguida do Partido Radical,

republicano de dereitas. A esquerda presentouse ás eleccións dividida, o que, xunto ó

descontento pola falta de solucións ós problemas económico e sociais no primeiro

Bienio, foi unha das causas da súa derrota.

A pesar de se-la canditadura máis votada, a CEDA non entrou no goberno xa que

a súa fidelidade á legalidade republicana era cuestionada. O Partido Radical encargou-

se de formar goberno, apoiado polos deputados da dereita no Parlamento. A súa polí-

tica centrouse en desface-la obra lexislativa do primeiro Bienio. Aprobouse unha Lei

de contrarreforma agraria en beneficio dos latifundistas; paralizouse o proceso de

aprobación dos Estatutos do País Vasco e Galicia; suspendeuse o Estatuto catalán;

mantívose a subvención estatal á Igrexa; freouse o impulso do ensino público; amnis-

tiouse os participantes no intento de golpe de Estado de 1932 e nomeouse a milita-

res antidemócratas, como Franco, para altos cargos.

Os sindicatos e partidos obreiros radicalizaron as súas posturas, nunha estrate-

xia revolucionaria que rachaba coa legalidade republicana. Os conflictos sociais

foron en aumento, acadando o seu punto culminante na Revolución de Outubro de

1934.

Continuou a conspiración contra a República. Os militares da Unión Militar

Española e os partidos de extrema dereita: Renovación Española —despois Bloque

Nacional— e a Falange, mantiñan contactos cos fascistas italianos e os nazis alemáns

na procura de apoios para dar un golpe de Estado.

A caída do goberno por varios casos de corrupción en decembro de 1935, o

estraperlo, provocou a convocatoria de eleccións.

11.1 Maside, El Pueblo

Gallego, 7 de febreiro

de 1933.

11.2 Maside, Política, 4 de

xullo de 1935.

11.3 Maside, Política, 27

de xuño de 1935.

11.4 La Semana, 22 de

xuño de 1934.

11.1

31

TEMPUS FUGIT

11. O bienio das dereitas

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 28: Imaxe gráfica da II Republica

Radical, República, Falange, nazismo.

11.8. En febreiro de 1934, os fascistas españois uní-

ronse na FE de las JONS (Falange Española de

las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalistas),

partido minoritario que acadaría un protagonis-

mo fundamental pouco despois, co franquismo.

Estas son algunhas das súas «ideas», valóraas.

a) Ó que incorre ós 16, ós 18, ós 20 anos na

doce obsesión de amar e casar, non lle faledes

xa de Patria nin dos semellantes. É un anaco-

reta da feminidade, un retirado precoz da

loita humana. Vive, coma un xoguete ou coma

un animaliño, para distraer e agradar a unha

señorita: e só para iso.

b) España é a portadora da unidade de desti-

no, e non ningún dos pobos que a integran.

España é unha unidade de destino no univer-

sal. Toda conspiración contra esa unidade é

repulsiva. Todo separatismo é un crime que

non perdoaremos.

c) Unha España grande será imperialista, por-

que a súa influencia cultural, económica e mili-

tar, deixaríase sentir en todo o mundo. Se hai

algún español que se opoña á grandeza e ó

poderío de España, á súa consideración e

prestixio no mundo, debe ser fusilado por

traidor.

d) O pobre e o rico dunha nación só se poñen

de acordo cando ambos deciden atacar

outros pobos e terras onde poidan existir

riquezas e poderíos para os atacantes. O sen-

timento de igualdade social no ataque a

outros países que son desiguais a nosoutros.

Esa expansión de pobres e ricos dun país,

contra outras terras, é o que constitúe a

motivación íntima do Imperio.

e) O imperio hispánico constituirase así, afian-

zan do as súas raíces en África. América non.

Porque son pobos semicultos, que é a peor

clase de incultura, e non soportarán a grande-

za hispánica.

f) O camiño da expansión española é África.

O norte de África, desde Marrocos a Tunicia,

é unha inmensa zona irredenta, ligada desde

séculos ó sangue e a ilusión española. ¡Vista

cara a Marrocos!

g) […] a revolución nacional abriu a Alemaña

o camiño da súa liberación. A liberación de

España virá tamén pola revolución nacional.

Así como a Alemaña de Hitler recuperou o

Sarre e tarde ou cedo conquistará a vontade

de Austria, a España nacional-sindicalista res-

taurará o imperio unido de tódalas nacións

que falan español […] España retomará o seu

afán histórico de redimi-los pobos bárbaros, e

a alianza hispano-xermana colocaranos á

cabeza do mundo.

32

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 29: Imaxe gráfica da II Republica

Crise económica mundial

Proclamación da

IIª República española

19

29

1931

19331934

19

35

1936

19371938

Bienio de dereitas

Revolución de outubro

12.1. ¿Cales foron as causas da revolución de

Asturias?, ¿que partidos e sindicatos a protago-

nizaron?, ¿por que triunfou só en Asturias?,

¿como rematou?

12.2. Describe o cartel 12.1. ¿Que significan as siglas

CNT?, ¿que era a CNT?, ¿cando se fundou?,

¿cales eran os seus obxectivos?, ¿cal foi a súa

postura durante o primeiro Bienio republicano?

(volve ó panel 10), ¿que papel tivo na revolución

de Asturias?

12.3. Le o texto do cartel 12.2. ¿Que lle reprochan a

Alcalá Zamora? ¿Que ideoloxía cres que defen-

dían os autores do cartel: dereitas, esquerda

republicana ou esquerda revolucionaria?

12.4. ¿Que é a Generalitat (imaxe 12.3)? ¿Desde

cando existe? ¿Por que están presos os seus

conselleiros?

12.5. Tendo en conta o contido dos carteis 12.4.1,

12.4.2 e 12.4.3, di qué partidos formaban o

Frente Popular, para quén pedían a amnistía e

qué obxectivo tiñan ademais da amnistía.

12.6. Busca nos paneis anteriores as referencias ó

Partido Comunista: ¿cítase moitas veces?, ¿era

un partido importante ou minoritario?

12.7. Explica a postura que tomarías fronte á

Revolución de Outubro se foses: empresario;

labrego galego; militante anarquista; frade ou

monxa; oficial do exército; falanxista; estudiante

de secundaria; militante do partido de Azaña;

obreiro da CEDA; militante do PNV; soldado;

12.4.1 12.4.2 12.4.312.3

As limitacións da política social no primeiro Bienio provocaron a radicalización dos

partidos e sindicatos obreiros. O PSOE e a UGT abandonaron a estratexia refor-

mista e decidíronse pola vía revolucionaria. A política da dereita, a CEDA, identificá-

base co fascismo emerxente en Europa, endureceu os conflictos sociais e a maioría

dos partidos crearon as súas propias milicias armadas.

No verán de 1934 a esquerda obreira, agás a CNT, uniuse nas Alianzas Obreras.

O seu obxectivo era frea-lo fascismo mediante un movemento revolucionario na

marxe da legalidade. A revolución estalou en outubro cando entraron no goberno

membros da CEDA.

Nas concas mineiras de Asturias e León a revolución contou co apoio dos

anarquistas, e os obreiros conseguiron controla-lo territorio durante dúas semanas;

finalmente, foron vencidos polo exército chegado da colonia de Marrocos. O xeneral

Franco planificou a operación, a represión foi durísima.

En Cataluña, a Generalitat de Esquerra Republicana lanzou o seu propio move-

mento en defensa da democracia e contra o fascismo, sen contar cos grupos obrei-

ros. O día 6 de outubro, proclamou o Estat Catalá, na República Federal de España.

O exército controlou axiña a situación sen a penas resistencia. Como consecuencia,

o Estatuto de Autonomía foi suspendido e o Goberno catalán encarcerado.

Despois dos acontecementos de outubro constituíuse un amplo movemento de soli-

dariedade cos presos e as súas familias. A consecución da amnistía e o antifascis-

mo pasaron a se-lo obxectivo central da esquerda e adiouse a revolución social.

12.1 Alegoría da Revolución

de Outubro segundo a

CNT.

12.2 “Proceso da

Revolución Española”,

editado polo

Comisariado

de Propaganda da

Generalitat de

Catalunya

12.3 Anónimo, 1934.

12.4. 1 Anónimo, 1936.

2 Anónimo, 1934.

3 Anónimo, 1934.

12.1

33

TEMPUS FUGIT

12. A Revolución de outubro de 1935

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

12.2

Alcalá Zamora, primer president de la República, traín a les esque-

rres que el portaren a la presidencia. Dóna el poder a les dretes. El

poble s´aixera en armes i els miners asturians escriuren una de les

pàgines heróiques de la lluta per la revolució espanyola.

Page 30: Imaxe gráfica da II Republica

ama de casa católica; soldado marroquí do

exército español.

12.8. Resume o contido do texto coas túas palabras.

A situación que se describe no texto corres-

póndese coa realidade, ¿por que? ¿Cales eran os

obxectivos dos revolucionarios? O Comité di

que se derrotou «o exército da República do 14

de abril», ¿a que se refiren?, ¿que pretendían

cambiar da República?; ¿que entendes por

«revolución social»?; ¿como rematou o move-

mento revolucionario?

REPÚBLICA DE OBREIROS E

CAMPESIÑOS DE ASTURIAS

TRABALLADORES:

O avance progresivo do noso glorioso move-

mento vaise estendendo por toda España; son

moitísimas as poboacións españolas onde o

movemento se está consolidando co triunfo

dos traballadores, campesiños, obreiros e sol-

dados.

Restablecidas e aseguradas as nosas comuni-

cacións interiores, terásevos ó corrente de

canto aconteza na nosa República e no resto

de España.

Instaladas as nosas emisoras de radio, as cales

en onda corrente e en onda extra curta,

poranvos ó corrente de todo.

É preciso o último esforzo para a consolida-

ción do triunfo da Revolución.

O inimigo fascista vaise rendendo así como se

van entregando os compoñentes mercenarios

co seu aparato represivo, fusís, metralladoras,

cartuchería, proxectís varios (que non pode-

mos sinalar para que non se coñeza do mate-

rial de combate do que dispomos, caeron nas

nosas mans).

As forzas do exército da derrotada República

do 14 de Abril bátense en retirada e en tóda-

las nosas ‘avanzas’ vanse sumando os soldados

para enrolarse no noso glorioso movemento.

¡ADIANTE TRABALLADORES, MULLERES,

CAMPESIÑOS, SOLDADOS E MILICIANOS

REVOLUCIONARIOS!

¡VIVA A REVOLUCIÓN SOCIAL!O Comité Revolucionario

12.9. ¿Cres que na España actual sería posible un

movemento revolucionario semellante ó de

1934?, ¿por que? Investiga as causas e obxecti-

vos da última folga xeral celebrada en España e

compáraa coa de 1934.

34

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 31: Imaxe gráfica da II Republica

Crise económica mundial

Proclamación da

IIª República española

Bienio de dereitas

Revolución de outubroFronte

Popular1

92

9

1931

19331934

19

35

1936

19371938

13.1.Recorda que seguindo modelos europeos se

constituíu en xaneiro de 1936 o Frente Popular,

que estaba integrado por forzas republicanas de

esquerdas e que tiña dous obxectivos básicos:

1º Frea-lo avance dos fascismos. 2º Derrota-la

coalición de centro-dereita. Busca no seguinte

encrucillado (arriba-abaixo, dereita-esquerda ou

en diagonal) as forzas políticas que tomaron

parte no Frente Popular: Frontdesquerra,

PSOE, Partido Sindicalista, PCE, UGT, Izquierda

Republicana, Unión Republicana, POUM,

ORGA, Juventudes Socialistas.

13.2. Intenta agora atopa-las forzas de dereita que

se enfrontaron ó Frente Popular (CEDAm

Partido Agrario, Lliga, Renovación Española,

Falange Española, JONS, PNV, Partido Radical).

13.2 01.401.3

En xaneiro de 1936, constituíuse o Frente Popular, seguindo o acontecido noutros paí-

ses. Nela xuntáronse as forzas políticas republicanas de esquerda co obxectivo básico

de frea-lo avance do fascismo acadando a derrota electoral da coalición de cen-

tro–dereita. Nas eleccións de febreiro de 1936 o Frente Popular saíu vencedor

por unha pequena diferencia de votos.

O programa do Frente Popular foi o mesmo có do primeiro Bienio, só que as

medidas reformistas se aplicaron de xeito máis rápido. No campo, por exem-

plo, multiplicáronse as ocupacións de terras e o goberno limitouse a legalizalas.

O goberno decretou tamén a amnistía dos represaliados en outubro de 1934,

liberou o goberno catalán e impulsou os estatutos de autonomía.

Tanto as dereitas coma as esquerdas radicalizaron as súas posturas, do que foi bo

exemplo a destitución do Presidente da República, Alcalá Zamora, quen mediaba entre

ámbalas forzas e que foi substituído por Manuel Azaña. A tensión e a violencia polí-

tica foron en aumento: a CNT continuou coa súa táctica insurreccional e algúns

xenerais trazaron en marzo o plan definitivo para levar adiante un pronunciamento

militar. O goberno coñecíao pero actuou inxenuamente e só decretou o traslado de

xenerais sospeitosos.

Ante a imposibilidade de paralizar de forma legal unhas reformas que consideraban

lesivas para os seus intereses, os conspiradores decidiron inicia-lo golpe de

Estado.

13.1 Maside, 6 de xuño

de 1935.

13.2 Renau, 1936.

13.3 Maside, El Pueblo

Gallego, 21 de maio

de 1936.

13.4 Bagaria, 1936.

13.1

35

TEMPUS FUGIT

13. O Frente Popular

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 32: Imaxe gráfica da II Republica

13.3. Le este texto:

No campo de Mestalla [imaxe 13.1], en

Valencia, perante oitenta mil persoas, Azaña

dixo o 20 de maio de 1935: «Hai que elaborar,

non problemas esenciais e urxentes do Estado,

un programa de acción política que poidan

apoiar tódolos partidos de esquerda […] A

condición fundamental, hoxe por hoxe, é a

unión electoral das esquerdas.»

13.3.1. ¿Cumpriuse o desexo de Azaña?, ¿por que?

13.3.2. ¿Houbo algunha outra ocasión durante a

República en que a esquerda estivese unida?,

¿cando?

13.3.3. ¿Por que se rompeu aquela unión das

esquerdas?

13.4. ¿Que simboliza o anagrama comunista da

imaxe 13.2?, ¿en que país se comezou a usar? ¿A

que acontecementos aluden as datas da bandei-

ra? ¿Fainos pensar o cartel nunha situación polí-

tica tranquila ou conflictiva?, ¿por que?

13.5. ¿Por que o cacique da imaxe 13.3 tivo que

merca-lo porco agora e non o mercaba antes?

13.6. Mira a imaxe 13.4: ¿cales eran as tres desgra-

cias de España para a esquerda?, ¿por que as

consideraban así?

13.7. O militar Valentín Galarza escribe a Sanjurjo

(desterrado en Lisboa por encabeza-lo golpe

fracasado de 1932): ¿que visión dá da situación

de España?, ¿que pretende xustificar con esa

situación? Explica a frase: «non se fixo nada o 6

de outubro […]: nada se fixo cando a crise de

decembro e agora cando as eleccións» ¿Que

pretendía que se fixera o autor da carta?, ¿que

aconteceu nesas datas? (revisa os paneis ante-

riores). Tendo presente o contido da carta,

¿cres que o Golpe de 1936 foi espontáneo ou

xa se estaba preparando con antelación?

Critícase no terceiro parágrafo a táctica de Gil

Robles (¿en que consistía?) e o papel de Franco

(¿en que sentido?, ¿que tiña feito este ata a data

da carta?, ¿cal vai se-lo seu papel no futuro?);

¿cales eran os feitos máis graves que poderían

xustifica-la intervención militar?; ¿a que se refire

o autor coa frase «África ben e preparada»?

[…] As circunstancias actuais non poden ser

máis críticas: o desemboque natural dela é a

guerra civil e o triunfo definitivo dun comu-

nismo tipo español que como tal sería esen-

cialmente anárquico.

[…] Non se fixo nada o 6 de outubro, ocasión

inmellorable como ningunha: nada se fixo en

datas posteriores e moi sinaladamente cando

a crise de Decembro e agora cando as elec-

cións. Sempre faltou a decisión pois medios

eu garántolle a vostede que os había, pois o

labor que uns cantos desgraciados temos feito

no Exército en pouco máis dun ano non puido

chegar a máis.

É moi posible que algúns chamados a recolle-

lo instrumento e a actuar con el creran na tác-

tica de Gil Robles e rexeitasen a acción direc-

ta. É criticable a falta de vista pero máis nada,

pero outro tan curto de estatura coma aquel

pero moito máis solto de palabras alentaba a

todo, ofrecíase a todo, en todo se metía que-

rendo se-lo Xefe e comendo os nenos crus e

cando chegou o momento en dúas ou tres

ocasións volveuse atrás en forma indecorosa:

tirouse ó chan e nada fixo como non fora

luxa-los demais achacándolle-la mesma caren-

cia de facultades das que el adoece e eviden-

ciou unha vez máis.

[…] Non se lle oculta a ninguén que a súa

estancia aí impide que a súa acción poida se-lo

directa e eficaz que fora preciso, pero como

se estima que é absolutamente necesario que

non cambie de lugar, pensouse que vostede

delegue nun e este mande en nome de

Vostede. […] É difícil operar: ten que ser en

quente; pretextos: a superación do Goberno

polas masas ou a secesión de Cataluña.

Nestes casos actuaríase no acto. Calquera

outra situación especial se aproveitará. Nas

dúas hipóteses anteriores contaríase con

masas civís. África ben e preparada. […] Un

forte abrazo.Arquivo Fal Conde, sen asinar e sen data.

Probablemente sexa da segunda metade de febreiro de

1936

13.8. ¿Cales foron as causas que provocaron a situa-

ción reflectida na táboa?, ¿ten algo que ver co

contido da carta anterior?, ¿como cres que se

podía ter evitado esta violencia?

36

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

MORTOS POR CAUSAS POLÍTICAS, 3–2–36/17–7–36

NÚCLEOS URBANOS 150

NÚCLEOS RURAIS 119

TOTAL 269

Page 33: Imaxe gráfica da II Republica

Crise económica mundial

Proclamación da

IIª República española

19

29

1931

19331934

19

35

1936

19371938

Bienio de dereitas

Revolución de outubroFronte

Popular

14.1. Se repása-la información escrita do panel, ato-

parás conceptos como: república federal, nacio-

nalismo, sistema caciquil, conciencia nacional, auto-

goberno, campaña autonomista.

14.1.1. ¿Cal desas expresións cres que se axusta

máis ó pé de imaxe do xornal que di «Non

abonda que a túa terra sexa fermosa; é preciso

tamén que sexa libre»? (Non hai unha soa res-

posta válida e seguro que precisas axuda. Volve

ó panel 5).

14.1.2. Agora intenta facer unha secuencia lóxica

cos seis conceptos: ¿cal é o elemento desenca-

deante na loita polo Estatuto de Galicia?, ¿en

que confluiría todo o proceso? Se o dás feito,

pódese dicir que «controlas» o significado dos

termos. ¿Ten sentido falar de campaña autono-

mista antes de autogoberno ou despois?, por

exemplo.

14.2. Fíxate nos nomes de persoas que se citan no

panel. Afírmase que pertencían a unha minoría

intelectual e urbana. Investiga os datos máis

salientables das súas biografías (ónde vivían, en

qué traballaban, etc.) e sitúaos no tempo.

14.2.1. ¿Viviron no tempo dos teus pais, dos teus

avós, dos bisavós? ¿Cres que os teus antepasa-

dos saberían quén eran e por qué loitaban estas

persoas? Investiga na casa e razoa a túa respos-

ta. Compáraa coas dos teus compañeiros e

compañeiras.

14.2.2. ¿Que relación existe entre as vosas respostas

14.2 14.414.3

A Constitución de 1931 non respondeu ás expectativas dos nacionalismos de crear

unha república federal, aínda que permitía, por primeira vez, desenvolver

Estatutos de Autonomía, que axiña reclamaron para si Euskadi e Cataluña.

En Galicia, o sistema caciquil, o atraso económico e o analfabetismo impediran que

medrara unha conciencia nacional. Só unha minoría intelectual e urbana se definía gale-

guista pero non existía un partido que articulase a súa loita política. Con todo, en

1931, catro galeguistas –Otero Pedrayo, Castelao, Suárez Picallo e Villar

Ponte— obtiveron, por primeira vez, escano nas Cortes de Madrid. Nese mesmo

ano, fundouse o Partido Galeguista co obxectivo de acada-la autonomía, a pesar

das limitacións constitucionais, e combate-los atrancos históricos que mantiñan a

Galicia no subdesenvolvemento.

As bases do autogoberno para Galicia foron redactadas por unha comisión, na que

tivo un destacado papel Alexandre Bóveda. O texto foi aprobado pola Asemblea

de Concellos en decembro de 1932, gracias ó pulo do alcalde de Santiago, Anxo

Casal. Semanas despois, a chegada da dereita ó poder paralizou a tramitación do

Estatuto e os nacionalistas foron represaliados.

En 1936, o Partido Galeguista integrouse no Frente Popular. Castelao, Suárez Picallo e

Villar Ponte foron elixidos deputados e reabriron a campaña autonomista. O 28 de xuño

de 1936 o pobo galego votou masivamente a favor do Estatuto. O proxecto pre-

sentouse nas Cortes tres días antes da sublevación militar. Axiña quedou en suspenso,

mentres se desataba unha feroz represión contra o nacionalismo: Alexandre Bóveda e

Anxo Casal foron fusilados, Suárez Picallo e Castelao nunca puideron regresar a Galicia.

O Estatuto foi aprobado de xeito testemuñal polo goberno do exilio en México, o

ano 1945.

14.1 Primeira plana de El

Pueblo Gallego, 28

de xuño de 1936

cunha viñeta de

Maside.

14.2 Castelao, A Nosa

Terra, 20 de novem-

bro de 1917.

14.3 Maside, El Pueblo

Gallego, 8 de xullo

de 1936.

14.4 Camilo Díaz Valiño,

cartel pro Estatuto

de Galicia, Vigo,

1936.

14.1

37

TEMPUS FUGIT

14. O estatuto de Autonomía de Galicia

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 34: Imaxe gráfica da II Republica

e a frase que di que «o sistema caciquil, o atraso

económico e o subdesenvolvemento impediran

que medrase unha conciencia nacional»?

14.2.3. Despois de consulta-lo panel 6, seguro que

che chama a atención algo que aparece nel.

¿Cítase algún nome de muller relacionado co

nacionalismo galego? Sen embargo, si que había

mulleres que opinaban de política e tiñan as súas

ideas sobre o que acontecía en Galicia. ¿Que

viñeta amosa este feito?

14.3. Le o seguinte texto:

Votar pol-o Estatuto

É votar por Galicia; pol-a redención, pol-a

libertade, pol-os dereitos da nosa Terra, tanto

tempo feridos;

É votar pol-o ben de cada un de nos;

É pedir xusticia e trato de igoaldade nos mais;

É resolver os nosos problemas , curar as

nosas doores, decote en inútile espera de que

se mire por eles;

É abrir as portas ao sol para que alume tamén

a nosa Terra.

N-outras eleucións dispútanse nomes e siñifi-

cados moitas vegadas valeiros, que non com-

prendemos nin nos importan;

Agora, imos a erguer e a por a andar o corpo

doido da nosa nai!

Galegos: votade pol-o Estatuto! M. Portela Valladares, El Pueblo Gallego, 28-6-1936

14.3.1. ¿Cales eran os «dereitos feridos da nosa

Terra, os problemas»? Encontrarás máis infor-

mación —¡pero non toda!— nas láminas dos

paneis 2, 3, 5 e 10.

14.3.2. Intenta explicar qué relación ten a penúltima

frase: «Agora, imos a erguer e a por a andar o

corpo doido da nosa nai!» coa viñeta dos anti-

rrexionalistas e coa expresión «sistema caci-

quil».

14.3.3. ¿Cal cres que pode se-lo significado da frase

«abrir as portas ao sol para que alume tamén a

nosa Terra»?

14.4. O Estatuto de Autonomía de Galicia tívoo

máis difícil que os de Cataluña e Euscadi.

14.4.1. O feito de que nestas dúas comunidades se

dera un maior desenvolvemento económico e

menor índice de analfabetismo en 1931, ¿tivo

algunha relación co feito de solicitar antes un

Estatuto de Autonomía?

14.4.2. Ademais do nivel económico e educativo,

¿que relación tiña o concepto de «conciencia

nacional» con esta demanda de autogoberno

por parte de determinados territorios dentro

do Estado español?

14.4.3. O Bienio das dereitas paralizou o logro

desta demanda. ¿Podes deducir por que? Volve

ós paneis 5 e 11.

14.5. É 26 de xuño de 1936, antevéspera da vota-

ción do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Agora xa tes información abonda para decidires

qué vas votar de aquí a dous días. Qué votarías

se foses: (decide tamén se poderías votar)

— o home e a muller que cangan coma bestas

no panel 2

— os dous homes que falan da emigración no

mesmo panel

— o bispo do panel 4

— as persoas que aparecen na viñeta de La

Traca no panel 10

— a muller que paga foros no mesmo panel

— o cacique que ten que mercar porco no

panel 13

— o home que está na cadea no panel 18

— os militares do panel 19

14.6. E finalmente, ¿que votarías ti?, ¿por que?

Exprésao nun panfleto de 6 a 10 liñas que se vai

publicar no xornal de hoxe, xa sabes, dous días

antes das eleccións.

Cando o teñas rematado e publicado, dá un

chimpo no tempo ata o 18 de xullo e pensa o

que che pode suceder axiña. Sexa cal sexa a túa

postura, ¿que che parece o que lles está a suce-

der ós que pensan o contrario ca ti? Máis infor-

mación nos paneis 18 e 19.

38

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 35: Imaxe gráfica da II Republica

Crise económica mundial

Proclamación da

IIª República española

19

29

1931

19331934

19

35

1936

19371938

Bienio de dereitas

Revolución de outubro

Fronte

Popular

A

Gu

er

ra

Civ

i l

15.1. Coa axuda dun atlas e guiándote polo primei-

ro mapa, enumera:

1. Os territorios onde triunfou o golpe de

Estado do 18 de xullo.

2. Os territorios que permaneceron fieis á

República.

15.2. Compara ámbolos mapas e di se observas

algunha correspondencia territorial entre o

triunfo ou derrota do Frente Popular e o triun-

fo ou derrota do Alzamento Nacional.

15.3. Por encargo do Goberno da República, Pablo

Picasso o Guernica pintouno no ano 1937 para

15.2 15.415.3

O golpe de Estado que levará a España a unha longa e cruenta guerra civil iniciou-

se cunha sublevación militar o 17 de xullo de 1936 en Melilla e Ceuta.

A pesar do Acordo de Non Intervención tomado polas potencias europeas, os

estados fascistas —Alemaña, Italia e Portugal— incumprírono prestando un determi-

nante apoio militar, económico e político ó bando rebelde. A República foi abandona-

da polas democracias occidentais e recibiu só a axuda da URSS e dos voluntarios de

moitos países que combateron nas Brigadas Internacionais.

A principios de agosto, as tropas de África, as mellor preparadas, chegaron á

Península ó mando de Franco e dirixíronse cara a Madrid. O mesmo fixo o exército

de Mola desde o Norte. Pero a capital resistiu ó berro de ‘No pasarán’. Franco deci-

diu leva-la guerra ó norte, que caeu no verán, tras un dos episodios máis tráxicos da

contenda: o bombardeo da aviación alemana sobre a poboación da vila vasca de

Guernica. Despois das batallas de Teruel e do Ebro caeu Aragón, feito que abriu as

portas de Cataluña ós insurrectos. En xaneiro de 1939 Franco e os ‘nacionais’ con-

quistaron Tarragona e Barcelona.

Franco rexeitou as conversas de paz: quería unha rendición incondicional. As tropas

franquistas tomaron Madrid en marzo de 1939. O primeiro de abril finalizou a guerra e

Franco converteuse en Caudillo de tódolos españois só responsable ante Deus e a Historia.

15.1 Mapas da evolución

do conflicto.

15.2 Parrilla, Madrid,

1937.

15.3 Tipo-foto, Zaragoza,

1939.

15.4 Castelao, “Galicia

mártir”.

15.1

39

TEMPUS FUGIT

15. A Guerra Civil

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Eleccións de 1936:

Frente Popular

Porcentaxe de votos:

1) sen resultados

2) do 0 ó 20 por cento

3) do 20 ó 30 por cento

4) do 30 ó 35 por cento

5) do 35 ó 40 por cento

6) do 40 ó 45 por cento

7) do máis do 45 ó 100

por cento

Fonte: J. Bécarud, La Segunda

República española

Page 36: Imaxe gráfica da II Republica

envialo á Exposición Universal de París. O tema

escollido polo pintor malagueño foi o brutal

bombardeo da vila de Guernica perpetrado

polos pilotos alemáns da lexión Cóndor.

15.3.1. Localiza no cadro a única imaxe que fai refe-

rencia ó bombardeo de Guernica. O cadro

debe observarse desde un dobre punto de vista:

por unha banda, reflicte a crueldade, a dor, o

sufrimento que produce a guerra; por outra, a

esperanza de acada-la paz e a liberdade.

15.3.2. Busca na obra as seguintes figuras: muller co

neno morto, candil, pomba, cabalo pisando cor-

pos, brazo con espada, flor, muller co xeonllo

no chan que se ergue, figura berrando cos bra-

zos erguidos, lámpada, cabeza cortada. Logo fai

dúas columnas con estas imaxes: unha coas que

a ti che suxiran paz, liberdade, e outra na que

aparezan aquelas que representan a guerra.

15.3.3. O autor só emprega tres cores: branco,

negro e gris. ¿Por que cres ti que usa unha pale-

ta tan restrinxida?

15.4. ¿Que opinas da postura da Igrexa durante a

Guerra Civil? ¿Quen eran os «mártires da cru-

zada»? ¿Por que lle chamaron ‘cruzada’ ó levan-

tamento militar? Mira se na túa comarca aínda

se conservan inscricións coma a da foto. ¿Cres

que se deben conservar?, ¿por que?

OS ‘MÁRTIRES DA CRUZADA’ AÍNDA

SE RECORDAN NAS FACHADAS DAS

IGREXAS

Á Igrexa española gústalle lembra-lo moito

que perdeu e sufriu durante a guerra civil. E

motivos non lle faltan. Queimar unha igrexa

ou matar un eclesiástico é o primeiro que se

fixo en moitas vilas e cidades onde a derrota

da sublevación militar desencadeou unha

explosión revolucionaria. Case 7.000 eclesiás-

ticos, do clero secular e regular, foron asasi-

nados. […]

Toda esta violencia anticlerical que se desatou

desde o primeiro momento onde a subleva-

ción fracasou correu paralela ó fervor e entu-

siasmo, tamén asasino, que mostraron os clé-

rigos alá onde triunfou. A maioría do clero,

cos bispos á cabeza, non só silenciou a onda

de terror franquista, senón que a aprobou e

mesmo colaborou «en corpo e alma» nas

tarefas de limpeza.

[…] Un decreto da Xefatura de Estado do 16

de novembro de 1938 proclamaba «día de

loito» nacional o 20 de novembro de cada ano

en memoria do fusilamento de José Antonio

Primo de Rivera esa data de 1936, e estable-

cía «previo acordo coas autoridades eclesiás-

ticas», que «nos muros de cada parroquia

figurará unha inscrición que conteña os

nomes dos seus caídos, xa na presente cruza-

da, xa víctimas da revolución marxista».

Todas esas inscricións acabaron encabezadas

polo nome de José Antonio, «mártires da cru-

zada» todos eles. Os outros mortos, os millei-

ros e milleiros de roxos e infieis asasina-

dos, non existían, porque non os rexistraban

ou se falseaba a causa da súa morte, asunto no

que bispos e curas tiveron unha responsabili-

dade destacadísima.

JULIÁN CASANOVA: La iglesia de Franco,

Temas de Hoy, 2001

15.5. Le con atención os seguintes textos: son os

testemuños dun veciño da vila pontevedresa de

Cuntis e doutro do Saviñao en Lugo.

a) Os días críticos en Cuntis foron do 19 ao 21

de xullo. Coñecida a noticia do

Levantamento Militar en África, chegaron a

Cuntis campesiños de todas as parroquias do

concello. Seguramente acudían para defender á

República e procurarse armas, pero, como

tamén ocorreu na Estrada, a Guardia Civil

negoullelas. […]

Igual que noutras localidades e capitais do con-

cello, constituíuse en Cuntis un Comité

Revolucionario que tomou algunhas medidas

de protección a favor do cura párroco, signifi-

cado antirrepublicano, e do convento de mon-

xas bieitas. […]

Superando a dispersión que os caracterizara

antes do 19 de xullo, a «xente de orde» de

Cuntis comezou a organizarse: fixeron a súa

aparición os falanxistas. […] Os falanxistas

fixeron unha relación de persoas de indesexa-

ble presencia en Cuntis, determinando a súa

proscripción e desterro (que encubría o pos-

terior paseo ou fusilamento). Entre o 21 e o

31 de agosto foron detidas outras persoas,

máis ou menos relacionadas cos partidos

republicanos ou significadas pola súa pertenza

40

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 37: Imaxe gráfica da II Republica

á Fronte Popular. Conducidos primeiro ó

calabozo de Caldas de Reis, foron e viñeron

unha e outra vez do cárcere de Pontevedra á

colonia penintenciaria da Illa de San Simón; do

vello Instituto de Pontevedra, á Deputación.

Algúns deles coñeceron logo outros cárceres

fóra de Galicia.

[…] Alguén lle comentou a Sabino: «Te van a

deportar para luego pasearte. No te presen-

tes». Cando Sabino estaba a punto de botar ó

monte, viu preto da casa a un grupo de homes

fumando e con escopetas. Eran os falanxistas.

Colleu 150 pesetas e saíu pola porta de atrás.

Trinta e tres meses (xullo de 1936 a abril de

1939) estivo Sabino fuxido polos montes de

Arcos. Moitas persoas vírono vagar durante

aqueles meses. Non houbo denuncias e si, en

cambio, comprensión e axuda […]

Finalmente a guerra rematou en abril. A súa

muller deu a luz. Sabino regresou á casa defi-

nitivamente e non quixo andar por máis

tempo fuxido. A súa muller, Dolores, enfer-

mou como consecuencia do sucedido: «unha

fenda no corazón, producida polos desgus-

tos», diagnosticoulle un médico de Santiago.

A convicción da súa inocencia ó remate da gue-

rra induciuno a pensar na regularización da súa

situación. Pero non era este o remate das súas

penalidades. Certos individuos de Cuntis

comezaron de novo a remexer no asunto.

Metérono no cárcere, foi maltratado.

Acusárono de recibir diñeiro por comunista e

masón: «Vd. es un rojo empedernido: tiene

que morir», dixéronlle. Foi condenado a morte

no Consello de Guerra, para logo serlle

conmutada por cadea perpetua, cumprindo

finalmente 26 meses. Iniciouse o expediente de

embargo das terras —compradas con tanto

esforzo antes da guerra— para pagar os gastos

das responsabilidades políticas, que no seu

caso foron taxados en 250.000 ptas. Buscou a

mediación dunha poderosa señora, da Acción

Católica da Estrada. Condenárono finalmente a

pagar 1.000 ptas. No verán de 1941 concedé-

deuselle prisión atenuada na súa casa de

Piñeiro. Cumpridos os 12 anos de condena,

quedou en liberdade plena. «Represión e morte en Cuntis durante a Guerra Civil

e a posguerra: o caso do fuxido Sabino Sueiro».

A Taboada, 5, xullo 2002

b) Ramón Pérez Vispo, membro do PSOE e

da UGT, do Saviñao (Lugo) estivo agochado

uns mil días, entre 1936 e 1940, nun pequeno

burato da súa casa para evitar a represión

franquista.

Ser familiar dun roxo era motivo suficiente

para sufrir calquera tipo de represalia. As

mulleres da familia de Ramón libráronse dun

dos castigos máis habituais, raparlles o pelo,

pero non puideron evitar acabar no cárcere. O

4 de marzo de 1940 a Garda Civil leva a pri-

sión á familia de Ramón para obrigarse a entre-

garse. Primeiro leváronas a Monforte e despois

a Lugo. ‘O cárcere estaba cheo de xente e en

cada cela había unhas vinte mulleres. Non nos

pegaron pero aquilo era moi duro’. Ramón

entregouse o 8 de marzo, pero a elas non as

liberaron ata o 28 do mesmo mes.El Progreso, 18-4-1999

15.5.1. ¿Por que tiveron que fuxir ou agacharse?

15.5.2. ¿Foi xusto o que lles aconteceu a eles e ás

súas familias?

15.5.3. ¿Que pretendían os falanxistas asasinando e

encarcerando os republicanos?

15.5.4. ¿Por que defendeu o Comité Revolucionario

de Cuntis o cura e as monxas?

15.5.5. ¿Con que imaxe do panel relacióna-los tex-

tos?, ¿por que?

15.5.6. ¿Quen é o Deus dos fascistas para Castelao

(imaxe 15.4)? A Igrexa española apoiou o golpe

pero, ¿tódolos católicos seguiron as súas con-

signas? (revisa a biografía de Castelao).

15.5.7. Elabora unha frase que inclúa os conceptos

en negra que aparecen nos textos anteriores.

15.6. Imaxina que hoxe é 18 de xullo de 1936, que

teu pai é un mestre pro-republicano que dá cla-

ses na Coruña e ti es un estudiante universita-

rio falanxista en Madrid. Explícanos qué farías se

te sorprendese alí o golpe de Estado namentres

preparába-los exames de setembro: ¿marcharí-

as onda túa familia en Galicia?, ¿quedarías en

Madrid?, ¿alistaríaste nas milicias republicanas,

apoiaría-los sublevados ou pasarías de todo?

Explica sempre as razóns da túa conducta. ¿Que

cres que faría teu pai?, ¿por que?

15.7. ¿A quen identificaba a bandeira co «Viva España»

e a foto de Franco da imaxe 15.3?, ¿a quen iden-

tifica hoxe?; ¿que ideoloxía política unía as catro

bandeiras no ano en que se fixo o cartel?

15.8. ¿Cres que a postura internacional ante a Guerra

Civil tivo que ver co resultado desta?, ¿por que?

15.9. ¿Que farías ti se na actualidade se dera un golpe

de Estado en España?, ¿por que? Busca informa-

ción do último intento de golpe de Estado en

España e compárao co de 1936 (motivos, desen-

volvemento, remate).

15.10. ¿Irías voluntariamente a loitar contra o fascis-

mo se, por exemplo, dera triunfado en Portugal?,

¿por que? ¿Cres que os voluntarios das Brigadas

Internacionais merecen o noso recoñecemento?,

¿por que?15.11. ¿É xustificable o uso da violencia, da guerra?,

¿cando?, ¿por que?

41

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 38: Imaxe gráfica da II Republica

Crise económica mundial

Proclamación da

IIª República española

19

29

1931

19331934

19

35

1936

19371938

Bienio de dereitas

Revolución de outubro

Fronte

Popular

A

Gu

er

ra

Civ

i l

16.1. Como sabes, en moitos aspectos da vida a uni-

dade fai a forza pero sen embargo, como se

explica no panel, os grupos que formaban o

Frente Popular e tamén o bando republicano aca-

baron dividíndose por culpa dun tema, ¿cal era

ese tema?

Cando o saibas, agrupa as seguintes forzas políticas

en dúas columnas segundo a súa postura con res-

pecto a ese tema; aclara qué significan as súas siglas

e toma unha postura ti tamén nese debate: PCE,

Izquierda Republicana, CNT-FAI, PSOE, POUM.

16.2. Busca a imaxe titulada A loitar pol-o fillo e tenta

poñerlles palabras ós pensamentos e actitudes

dos tres personaxes nese momento tan emoti-

vo e triste.

16.3. Nun discurso, a dirixente comunista Dolores

Ibárruri berrou «¡Non pasarán!», e dende aque-

la ese berro converteuse na consigna máis

repetida polo pobo da zona republicana, espe-

cialmente en Madrid, para referirse ós durísi-

mos e constantes ataques sufridos pola capital.

¿A quen cres que se referían cando se berraba

¡non pasarán!?

16.4. Fíxate no cartel no que sae un labrego empu-

ñando unha fouce e unha escopeta; na culata

aparece a palabra decreto, e arredor envólvese

unha serpe coa inscrición propietario faccioso. O

decreto ó que se alude é o do 7 de outubro de

1936. Le algúns dos seus artigos e logo respon-

de ás preguntas:

16.2 16.416.3

O puño pechado simbolizaba a unidade antifascista pero o comezo da guerra desinte-

grou o Frente Popular, non só pola diversidade ideolóxica das esquerdas, senón tamén

porque o pobo, tomando a iniciativa dende o comezo, desbordou a autoridade do

goberno republicano e iniciou unha revolución que dividiu o bando republicano en dúas

posturas:

• A do goberno, PCE, PSOE, partidos republicanos etc., empeñada en adia-las medi-

das revolucionarias impoñendo unha disciplina militar para así gaña-la guerra: primei-

ro a guerra, logo a revolución.

• A da fronte revolucionaria: CNT-FAI, POUM e as asembleas locais, que entendía que

a guerra só se gañaría conseguindo o apoio decidido do pobo, incluso da zona nacional,

mediante unha revolución que o favorecese: a guerra é a revolución.

Os gobernos republicanos tentaron a unidade de acción integrando nos seus gabi-

netes os republicanos, socialistas, comunistas, e incluso durante algún tempo anar-

quistas da CNT, como Federica Montseny, que será a primeira ministra da historia de

España. Pero a inestabilidade política foi moi grande e as posturas distanciáronse

cada vez máis. Como a chegada de armas dependía da URSS, o PCE, dirixido dende

Moscova, acadou unha influencia crecente sobre o goberno impoñendo un mando

centralizado e reprimindo duramente toda oposición, ás veces mediante asasinatos

políticos, como no caso do POUM.

Paralelamente, decenas de milleiros de persoas foron asasinadas en zona republica-

na. Polo xeral, foron execucións espontáneas de eclesiásticos e terratenentes que o

goberno non foi quen de erradicar.

16.1 Anónimo, UGT-FAI,

1936.

16.2 Espert, Madrid,

1937.

16.3 Renau, Valencia,

1936.

16.4 Castelao.

16.1

43

TEMPUS FUGIT

16. A República na guerra. Evolución política

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 39: Imaxe gráfica da II Republica

ART. 1º. Acórdase a expropiación sen indem-

nización e a favor do Estado das leiras rústicas

calquera que sexa a súa extensión e aprovei-

tamento pertencentes no 18 de xullo de 1936

ás persoas naturais ou ós seus cónxuxes e ás

xurídicas que interviñeran de maneira directa

ou indirecta no movemento insurreccional

contra a República.

Art 4. O uso e gozo das leiras rústicas expro-

piadas segundo o art. 1º daráselles ós bracei-

ros e labregos do concello da súa localización

ou dos lindeiros, segundo os casos, con suxei-

ción ás seguintes normas.O ministro de Agricultura: Vicente Uribe Galdeano.

Decreto do 7 de outubro de 1936.

16.4.1. ¿A quen beneficiaba e a quen prexudicaba

este decreto?

16.4.2. Busca no diccionario o significado de «fac-

cioso» ¿Quen serán os propietarios facciosos e

por que cres que se elixiu unha serpe como

símbolo para representalos?

16.4.3.¿Por que cres que os grandes propietarios

apoiaron o golpe de Estado dos militares?, ¿que

fixera o Goberno republicano para prexudica-

los? (Para responder a isto último tes informa-

ción nos paneis anteriores, especialmente no

número 10).

16.5. A persecución stalinista levada a cabo polo

PCE contra o POUM foi un dos feitos máis ver-

goñentos da República durante a guerra. Busca

información sobre as purgas levadas a cabo na

URSS por Stalin e relaciónaas co que lles acon-

teceu a Antonov e Nin, este último dirixente do

POUM. ¿Por que o PCE seguiu as consignas de

Stalin?, ¿influíron estes acontecementos no

resultado da guerra?, ¿por que?

No ano 1936 chegou como cónsul a

Barcelona un home de Stalin coa consigna de

para-lo POUM, e a Nin en particular.

Antonov, cando regresou a Moscova, foi exe-

cutado coma case tódolos militares e políticos

soviéticos que actuaran en España. En maio de

1937, os poumistas e os comunistas enfrontá-

ronse durante varios días nas rúas de

Barcelona. Impuxéronse estes últimos. A poli-

cía barcelonesa, controlada polos comunistas,

detivo a Nin o 16 de xuño. O dirixente revo-

lucionario acabou os seus días nun chalé nas

proximidades de Alcalá. Foi torturado, pero

non recoñeceu a acusación de ser un espía

fascista.El País, 16-1-2000

44

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 40: Imaxe gráfica da II Republica

Crise económica mundial

Proclamación da

IIª República española

19

29

1931

19331934

19

35

1936

19371938

Bienio de dereitas

Revolución de outubro

Fronte

Popular

A

Gu

er

ra

Civ

i l

17.1. Agora imos imaxinar que somos habitantes de

Alcoriza, unha localidade aragonesa, e que é

agosto de 1936. Imos facer unha obra de teatro

en tres capítulos e con guión aberto. Antes de

empezarmos, é necesario establece-lo elenco

entre os membros da clase. Precísanse os seguin-

tes personaxes:

▲ D. Calixto: o cacique, un rico terratenente, co

puro nos beizos e o bandullo cheo, dono de coren-

ta hectáreas das cen que eran terras cultivables.

▲ D. Gregorio: o cura da parroquia.

▲ D. Tomás: descendente de familia nobre pero

hoxe vida a menos. Con todo, é dono de vinte

hectáreas.

▲ Dous ou tres milicianos/as da CNT, ou sexa,

sindicalistas anarquistas que viñeran de

Barcelona para loitaren na fronte contra as tro-

pas fascistas. (Estes personaxes serán tamén sol-

dados do exército republicano no capítulo III).

▲ Seis labregos/as da vila con cadansúas peque-

nas propiedades de tres hectáreas.

▲ Catro traballadores/as sen terras (algúns tra-

ballaban na facenda de don Calixto, outros na

construcción, como vendedores etc.).

▲ Dous donos/as de propiedades medias (dez e

doce hectáreas).

[É interesante que cadaquén ocupe na clase un

lugar proporcional ó tamaño das súas propieda-

des e acorde coa súa relevancia social: centro,

esquinas… Ademais, tamén sería crear certo

ambiente empregando chapeos ou gorras, panos

e outros obxectos caracterizadores].

O profesor deberá indicarlles previamente a

17.2 17.417.3

O 19 de xullo desencadeouse na zona republicana un espontáneo movemento

popular que non só se enfrontou ó golpe militar organizando a resistencia, senón que

tamén atacou as propias bases do sistema capitalista, o latifundismo e a propiedade

privada. Esta revolución foi un feito excepcional na historia universal.

Os traballadores e traballadoras asumiron o protagonismo e, reunidos en asem-

bleas soberanas, crearon comités locais que desprazaron na práctica política as ins-

titucións do goberno. Ademais, os propios sindicatos CNT e UGT e as milicias anti-

fascistas, coordinadas polo Comité Central de Milicias Antifascistas, promoveron for-

mas revolucionarias de organización do traballo nas zonas que controlaban.

En máis de dez mil empresas industriais de Barcelona e Valencia, de diferentes sec-

tores como o do metal, a construcción, petróleo, transportes etc., trala fuxida dos

patróns, os sindicatos crearon comités de fábrica encargados das diferentes tarefas, e

federacións e consellos rexionais para organiza-lo proceso de autoxestión obreira.

No campo, en moitas vilas de Andalucía, da Mancha, do Levante, Cataluña e sobre

todo de Aragón, asembleas labregas decidiron comezar a cultivar colectivamente as

terras abolindo ás veces o diñeiro, creando cooperativas, escolas e mesmo teatros. As

colectividades agrícolas tamén se federaron entre si creando consellos, como por

exemplo o Consello de Aragón. Moitas destas experiencias colectivistas populares

serán disoltas violentamente polo goberno, pero algunhas conseguirán resistir ata a fin

da guerra.

Moitas mulleres loitaron na fronte como milicianas e outras participaron decisiva-

mente no traballo nas oficinas, fábricas e terras da retagarda.

17.1 Anverso e reverso

dun billete emitido

polo Consello

Municipal de Reus en

1937.

17.2 Colectivización do

transporte urbano,

Obiols, 1936.

17.3 Anónimo, CNT-AIT,

1937.

17.4 Anónimo, CNT-AIT,

Barcelona, 1936.

17.1

45

TEMPUS FUGIT

17. A República na guerra: a revolución social

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 41: Imaxe gráfica da II Republica

certos personaxes a parte do guión que lles

corresponde para facelo máis entretido.

CAPÍTULO I. O estoupido da guerra

Aínda que preto da liña de fronte, como

Alcoriza quedou en territorio controlado pola

República, don Calixto —que era bastante des-

prezado na vila—, don Gregorio e algunhas

monxas, co medo de seren paseados, fuxiron

cara ó oeste, á zona nacional. Ós poucos días

chegaron os milicianos e as milicianas e comen-

taron na vila que era chegado o tempo da revo-

lución, que en Barcelona os obreiros tomaran

as fábricas e que en moitos lugares veciños os

labregos estaban organizando colectividades, ou

sexa, formas de organización colectiva do tra-

ballo distintas do capitalismo. Dixeron tamén

que, agora que o cacique marchara, os veciños

deberían facer unha asemblea para decidiren a

forma de organiza-lo traballo que máis lles con-

viñera e que, como estabamos en guerra, cum-

pría facelo canto máis antes porque cando fora

a colleita, parte da producción debería servir, de

momento, para abastece-las tropas que loitaban

na defensa desa revolución. Segundo os milicia-

nos, a asemblea debía se-lo órgano soberano

dentro da organización colectiva do traballo.

CAPÍTULO II. A asemblea

É preciso, despois de debatelo con calma entre

todos, decidi-los seguintes aspectos para, pos-

teriormente, elaborar unha acta con tódolos

datos:

▲ 1. Partes da terra que se van colectivizar (ou

sexa, traballar en común), aclarando se son

cedidas voluntariamente ou expropiadas.

▲ 2. Especies que se van cultivar.

▲ 3. Sistema de organización do traballo e de

intercambio económico:

a) Prestacións laborais: obriga de traballar, hora-

rio… ¿igual para todos ou esixíndolle a cada-

quén segundo a súa capacidade?

b) Sistema de remuneración: sen control, dán-

dolle a cada conforme a súa necesidade, con ou

sen diñeiro, con diñeiro local, con vales da

colectividade, cunha cartilla de consumidor…

▲ 4. Órgano directivo ou de representación da

colectividade e pautas básicas de convivencia.

▲ 5. Instalacións colectivas e obras de mellora:

almacéns, tendas da colectividade, granxas,

pequenos hospitais, escolas, teatros, cines, biblio-

tecas…

Hai que elaborar unha acta na que se clarifiquen

estes puntos despois de chegar a acordos e

tendo presentes as limitacións de recursos por

mor da guerra (por exemplo: no último punto

non se pode ter todo, habería que escoller tres

ou catro cousas).

CAPÍTULO III. O desenlace

Cando remate o debate e estea redactada a acta

na que se recollen as decisións acordadas, che-

garán tres soldados do exército republicano avi-

sando de que o Consello de Aragón, órgano de

coordinación das colectividades, fora disolto

por un decreto do Goberno do 11 de agosto de

1937 e que, polo tanto, as colectividades, no

caso de seguiren existindo, pasan a depender do

Ministerio de Agricultura e do Instituto de

Reforma Agraria.

De haber algunha oposición a esa medida, debe-

rá redactarse unha carta dirixida ó Goberno na

que se adopte a postura que a asemblea enten-

da máis oportuna.

Pero logo os tres soldados republicanos trans-

fórmanse novamente, desta volta en soldados

franquistas que poñen fin a todo o conto.

17.2. A autoxestión obreira implicaba que os propios

traballadores controlaban tanto as fábricas como

as explotacións agrarias por medio de comités e

asembleas. Pero ó mesmo tempo que se desen-

volvía a revolución, había que gañar unha guerra

e a zona republicana pasou grandísimos apuros

económicos durante todo o conflicto. De feito,

tanto o propio Goberno como as organizacións

revolucionarias chamaban constantemente a afo-

rrar e utilizar ben os recursos dispoñibles. Por

todo isto non resultaba doado saber se a auto-

xestión funcionaba mellor có vello sistema e se

lles permitiría ós traballadores liberarse da explo-

tación capitalista. A situación obrigaba a traballar

arreo e moitos obreiros podían desencantarse

coa revolución. Fíxate neste cartel propagandísti-

co da CNT presente no panel:

C.N.T.-A.I.T.

SINDICATO ÚNICO DA METALURXIA

———————-

¡CAMARADA TEN EN CONTA!

De quen marmure.

De quen comente as moitas horas de traballo.

De quen desvalorice solapadamente o labor da organización

confederal.

DESCONFÍA E VIXÍLAO

É UN POSÍBEL CONTRARREVOLUCIONARIO

————————

Que intensificar a túa producción en material de guerra, é axu-

dar ao teu irmao en armas.

————————

Que na fronte o noso irmao ofrece o máis preciado: a súa vida.

Na retagarda, obreiro metalúrxico, non mires o reloxo nen o

salario; tés que ofrecer os teus brazos e o teu cerebro.

————————

Que labourar en pro dunha boa producción nas necesidades de

guerra, é axudar a consolidar a Revolución e abatir o Fascismo.

————————

Axuda á victoria.

Valoriza as determinacións do Sindicato, que son as túas propias.

Colaboura na xesta do pobo que loita por redimirse.

————————

Obreiro: non esquezas que a Fábrica e o Sindicato

son dous órganos que se complementan nun só.

46

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 42: Imaxe gráfica da II Republica

17.2.1. Aclara o significado dos termos subliñados.

17.2.2. ¿Que cres que pretendía o sindicato con

este cartel?

17.2.3. ¿Por que era tan importante manter e mello-

ra-lo ánimo dos traballadores?

17.3. Relaciona mediante frechas os seguintes con-

ceptos:

17.4. ¿Por que se reproduce o billete neste panel?,

¿que ten de particular?

17.5. ¿Gustaríache vivir nunha cidade coas caracte-

rísticas de Barcelona ou Madrid durante a gue-

rra?, ¿por que?

Barcelona non só ofrecía o aspecto dunha

cidade poboada exclusivamente de obreiros,

senón dunha cidade na que os obreiros tiñan

o poder: víanse por tódalas partes, nas rúas,

diante dos edificios, camiñando polas Ramblas,

co fusil en bandoleira, a pistola ó cinto e rou-

pas de traballo. […] En Barcelona desapare-

ceron das rúas os chapeos de feltro, símbolo

do «status» da burguesía. Os restaurantes de

luxo e os hoteis foron ou ben colectivizados

ou incautados polos empregados. Os clientes

ceaban en mangas de camisa e a dirección

obreira aboliu as propinas. Tódolos obreiros

levaban armas, máis importantes como sím-

bolo de emancipación que como tales armas.

[…]

En Madrid as rúas estaban cheas de milicianos

vestidos con monos azuis, prenda que se con-

vertería nunha especie de uniforme dos

Exércitos republicanos na fronte de Madrid. A

clase media prescindiu de chapeos, gravatas e

colos, nun esforzo por semellar proletaria

nunha cidade onde, outrora, tería sido unha

ofensa pasear sen gravata ou chaqueta.P. BROUE E E. TEMINE: La Revolución y la guerra en España,

Madrid, 1977

17.6. Nos primeiros días da Guerra Civil, as mulle-

res republicanas participaron activamente,

mesmo alistándose para iren á fronte, onde loi-

taron xunta as milicianas anarquistas, socialistas

e comunistas. En xullo do 37 as milicianas foron

retiradas da fronte, aínda que algunhas queda-

ron nas súas unidades. As mulleres republicanas

foron as grandes derrotadas, tanto na Guerra

Civil coma no exilio. O seu labor non foi reco-

ñecido nin sequera polos homes xunto ós que

loitaron. Pasado o perigo, debían volver ó fogar.

Sobre isto, Federica Montseny (primeira minis-

tra da historia de España) opinaba nunha entre-

vista:

Arredor do noso papel gardaron silencio os

comunistas e os propios anarquistas. Conde-

nóusenos ó ostracismo. Nin sequera citan as

mulleres que loitaron ó seu carón, nin as que, sen

combater, libraron combates anónimos, pero

non por iso menos valiosos. Porque hai que ter

en conta o que representou en España a vida de

milleiros de mulleres perseguidas, acosadas,

encarceradas. Eu podería nomear innumerables

casos de compañeiras que, só polo feito de se-la

muller dun militante fusilado ou exiliado, foron

encarceradas e pasaron 10, 12, 15 anos en pri-

sión, e diso non se fala, e isto é unha enorme

inxustiza.

¿Por que cres que non se valorou o papel das

mulleres? ¿En que aspectos seguen sen ser reco-

ñecidas na actualidade?

47

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

CNT

Autoxestión obreira

Propiedade privada

PCE

Colectividades agrícolas.

Capitalismo

Traballo cooperativo

Sindicato anarquista

Comités de fábrica

Partido Comunista de España

Page 43: Imaxe gráfica da II Republica

Crise económica mundial

Proclamación da

IIª República española

19

29

1931

19331934

19

35

1936

19371938

Bienio de dereitas

Revolución de outubro

Fronte

Popular

A

Gu

er

ra

Civ

i l

18.1. Debuxa en viñetas a biografía do protagonista

do texto. Podes inspirarte no cómic do panel

que describe o que foron atopando ó marcha-

ren do país.

18.2. ¿Pensas que os escravos nazis merecen unha

reparación?, ¿por que?

OS ESCRAVOS ESPAÑOIS DE HITLER

«Nunca lle hei perdoar a Franco e ós seus saté-

lites que nos foderan a xuventude», di Alfredo,

de 84 anos, que entre 1941 e 1944 estivo inter-

nado no campo de Gera, ó sur de Alemaña,

traballando xornadas de ata 14 horas diarias.

«Ningún goberno español nos recoñeceu nin

pensión nin nada ós refuxiados, deportados,

traballadores e prisioneiros dos campos», afir-

ma Antonio de 81 anos, supervivente de

Mauthausen.

Derrota, exilio e escravitude foron as tres

etapas do destino de milleiros de españois

que perderon a guerra civil, fuxiron a Francia

e acabaron en campos de concentración nazis

como traballadores forzados na industria de

guerra alemana. […]

Agora, 55 anos despois da fin da II Guerra

Mundial e 10 despois da unificación alemana,

esta débeda histórica pode comezar a pagar-

se. Baixo unha intensa presión internacional, a

industria alemana e o Goberno de Berlín

acordaron crear un fondo de 10.000 millóns

de marcos (850.000 millóns de pesetas) para

indemniza-los escravos do nazismo. Arredor

de 10 millóns de persoas foron empregadas

polos nazis como escravos, dos que se calcula

18.2 18.418.3

A falla de unidade política e militar e de apoios estranxeiros determinaron a derrota das

esquerdas. Dende 1938 a vida fíxose moi difícil no territorio republicano. Faltaban ali-

mentos e o cansanzo medraba. Pero Negrín confiaba en que o inminente comezo da gue-

rra mundial lle brindara o apoio estranxeiro, de aí o seu famoso lema: resistir é vencer.

A medida que as tropas nacionais avanzaban, moita xente, atemorizada polas posibles

represalias ou polos bombardeos, fuxía cara a zonas máis seguras. Dende o norte, illado

do resto da zona republicana, como o desprazamento interno era pouco aconsellable,

optouse por embarcar, primeiro os nenos, para diversos países europeos e a URSS.

A comezos de 1939 familias enteiras, orfos de guerra, nenos acollidos en fogares infan-

tís, soldados en retirada..., en suma case medio millón de refuxiados españois entra-

ron en Francia, incluído o propio goberno republicano. Aínda que moitos logo tornarían,

outros ficaron alí para sempre e algúns, trala súa reclusión en campos de refuxiados, loi-

taron contra os nazis e sufriron o terror dos seus campos de concentración.

Outros antifascistas optaron por resistir en España ata o final, botándose ó monte

como guerrilleiros ou maquis. Algúns fixérano xa durante a guerra, ante o perigo de ser

paseados, pero o maquis, duramente reprimido polo Franquismo, será moito máis activo

entre 1943 e 1950, en boa medida organizado polo Partido Comunista dende Francia.

Moitos políticos e intelectuais marcharon tamén para América e a URSS. De feito,

un goberno republicano no exilio constituirase máis adiante en México. O total

de exiliados cífrase actualmente ó redor de catrocentas mil persoas. Con elas partiu

tamén a esperanza da democracia e a xustiza social.

18.1 Margarita García, 10

anos, Residencia

infantil nº 23, Biar,

Alacante.

18.2 Rafael Cerrillo

Dobal, 13 anos,

Colonia Escolar

Germán Araudo,

Alcañiz, Teruel.

18.3 Os campos na praia,

un exilio español.

18.4 O apoio internacio-

nal ó réxime fran-

quistaa18.1

49

TEMPUS FUGIT

18. O exilio

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 44: Imaxe gráfica da II Republica

que 1,5 millóns seguen vivas. Entre elas dece-

nas de vellos republicanos españois.

«Aínda agora, cando recordo aqueles días,

éntranme calafríos», di Alberto. Ferido na

fronte de Belchite e outra volta na batalla de

Teruel, acabou a guerra civil como tenente do

Exército da República. Agochado na

Barcelona que acababan de ocupar as tropas

franquistas, non consegue pasar a Francia ata

xaneiro de 1940, onde axiña é detido e confi-

nado, coma tantos outros, no campo de

Argèles-seu-mer. «Non tiñamos nin auga, nin

comida, nin diñeiro, nin papeis e ós dous días

fuximos». Conseguen chegar a París, que

pouco despois é ocupado polos alemáns. De

alí é trasladado ó campo de Gera.El País, 26-3-2000

18.3. Si

nala nun planisferio político mediante frechas os

principais destinos dos refuxiados e refuxiadas

españois trala Guerra Civil. Reflicte a porcenta-

xe de exiliados/as no grosor das frechas que

debuxes.

As cifraas do exilio:

Destino Número

Francia 430.000

México 20.000

Chile 2.300

Cuba

Arxentina 2.000

Venezuela

Colombia

URSS 6.000

18.4. A principios do século XX, nove de cada dez

mortos nas guerras eran militares, pero nas

guerras actuais, o número de víctimas civís

supera as baixas militares nunha proporción de

nove a un; así, hoxe en día, calquera civil pru-

dente que queira sobrevivir a unha guerra faría

ben alistándose nas forzas armadas. Cando os

bombardeos, moitos nenos e anciáns tiveron

que emprender un exilio forzado xa no curso

da guerra, marchando para fogares infantís ou

asilos en zonas máis seguras. Fíxate nas imaxes

do panel cómo representaron un neno de trece

e unha nena de dez anos, Rafael Cerrillo e

Margarita García, a experiencia dos bombarde-

os e a evacuación (a el levárono a unha colonia

escolar en Teruel e ela a unha residencia infan-

til de Alacante). Observa primeiro o tamaño

dos obxectos e as persoas dos seus debuxos e

sinala despois qué aspectos deberon ter máis

impacto na súa conciencia.

Elabora un comentario crítico sobre estes fei-

tos.

18.5. Procura nos medios de comunicación (prensa,

revistas, internet, televisión…) información

sobre casos de refuxiados e/ou desprazados

internos no mundo actual. Despois, elabora coa

información un pequeno informe que aclare:

a) a localización xeográfica (do país de orixe) e

datación do proceso;

b) as razóns do conflicto que motivou o éxodo;

c) o destino dos refuxiados ou desprazados, os

problemas que atoparon, o tratamento que

recibiron ou reciben e as posturas da ONU e da

«comunidade internacional»;

d) compara a súa situación coa dos exiliados

republicanos.

18.6. Le o testemuño do ex guerrilleiro comunista

Camilo de Dios: ¿que pretendía a guerrilla?,

¿conseguiuno?, ¿tivo algo que ver o expresado

na imaxe 18.4? Explícao. ¿Que partido político

organizou a guerrilla?

A resistencia comeza ó finalizar a guerra.

Homes comprometidos coa República chega-

ron, por Asturias, a Galicia; uns pertencían á

guerrilla que se organizou durante a guerra;

outros, que quedaran na retagarda, non pui-

deron marchar e viñeron cara ás zonas que

coñecían e fóronse organizando. Como non

podían sobrevivir comezaron a roubar. O

Partido (comunista) viu que era necesario

organizalos mellor e eleva-lo seu nivel cultural

e político, o que se fixo nos anos 45, 46. Eu só

coñecín a dous que non eran do partido, un

anarquista e un socialistaCamilo de Dios Fernández, ex guerrilleiro

republicano galego

50

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 45: Imaxe gráfica da II Republica

Crise económica mundial

Proclamación da

IIª República española

19

29

1931

19331934

19

35

1936

19371938

Bienio de dereitas

Revolución de outubro

Fronte

Popular

A

Gu

er

ra

Civ

i l

19.1. Observa a seguinte imaxe.

¿Quen é o personaxe que porta unha pistola?,¿que significa para ti que se protexa coa cruz?

19.2. A II República, como se explicou no panel 6,

supuxera grandes avances na emancipación da

muller; sen embargo, o franquismo tiña unha

visión moi distinta acerca do papel que ela

debía ter na sociedade. Na exposición apare-

cen bos exemplos deste contraste. Tenta

indagar no papel que desempeñaron as mulle-

res en cada un dos bandos baseándote na lec-

tura dos textos e nas imaxes dos paneis 6, 17

e 19 e os da unidade didáctica.

AS MARGARIDAS DE TAFALLA

Prometen ó Sagrado Corazón de Xesús […]

catro cousas:

1. A modestia no vestir como uniforme:

manga longa, escote pechado, saia ata o calca-

ñar, traxe folgado no peito e saia cumprida.

2. Non ler novelas, xornais, revistas sen a

licencia eclesiástica.

3. Non acudir ó cine e ó teatro sen contar coa

censura de Acción Católica e non bailar nin en

19.2 19.419.3

Na zona controlada polos rebeldes durante a Guerra Civil impúxose unha férrea unida-

de política. O xeneral Franco concentrou tódolos poderes e converteuse en Xefe

do Estado, xeneralísimo dos exércitos e presidente do partido único, o Movimiento.

Exército, Igrexa e poderes económicos foron os alicerces do novo poder dic-

tatorial. Os privilexios da Igrexa foron restaurados. Igrexa e Estado voltaron fundirse,

sendo Franco Caudillo pola gracia de Deus e a guerra unha cruzada. O ensino cató-

lico fíxose obrigatorio, derrogáronse as leis de matrimonio civil e divorcio, e o Estado

asumiu a retribución dos sacerdotes.

Derrogouse toda a lexislación da República: suprimíronse dereitos e liberda-

des, abolíronse as iniciativas de reforma agraria e anulouse o proceso autonómico

establecéndose un Estado centralista. Reorganizouse a vida cotiá: unha nova bandeira,

o 18 de xullo declarouse día de festa nacional, impúxose a relixión católica... Os derei-

tos acadados pola muller e os progresos cara a súa emancipación anuláronse: o lugar

da muller na España franquista estaba na casa.

Práctica sistemática na zona rebelde foi a aplicación do terror. Os xuízos sumarísi-

mos, as execucións (paseos) e as depuracións foron promovidas polo propio réxime e

estiveron á orde do día, mesmo despois da Guerra.

España estivo sometida durante 36 anos a unha Dictadura de carácter persoal.

Franco gobernou con man dura e nunca buscou a reconciliación cos derrotados.

Calquera intento de restaura-lo réxime democrático ó que o Alzamento puxera fin,

sempre foi duramente reprimido.

19.1 O dictador Francisco

Franco, debuxo de

Enrique Ortega.

19.2 Atribuído a Juan

Antonio Morales,

Ministerio de

Propaganda, 1937.

19.3 Falange e a muller.

Anónimo, 1939.

19.4 A España de Falange.

19.1

51

TEMPUS FUGIT

19. O réxime franquista

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 46: Imaxe gráfica da II Republica

público nin en privado os bailes saídos deste

século e estudiar e aprende-los rexionais anti-

gos non só de Navarra senón de España entei-

ra.

4. Mentres dure a guerra non usar pinturas

nin cosmético ningún.!Viva Cristo Rei! !Viva España!

DISCURSO DE PILAR PRIMO DE RIVERA

(XEFA DA SECCIÓN FEMININA) PERANTE

FRANCO EN MAIO DO 39

Estamos aquí só para festexa-la vosa victoria e

honra-los vosos soldados. Porque a única

misión que teñen asignada as mulleres na tare-

fa da patria é o fogar. Por iso agora, coa paz,

ampliarémo-lo labor iniciado nas nosas esco-

las de formación, para lles facer ós homes tan

agradable a vida de familia que dentro da casa

encontren todo aquilo que antes lles faltaba, e

así non terán que ir buscar na taberna ou no

casino os momentos de expansión.

Ensinarémoslles ás mulleres o coidado do

fogar, porque é unha pena que morran tantos

nenos que son servos de Deus e futuros sol-

dados de España. Aprenderémoslles tamén o

arranxo da casa e a coñece-los labores arte-

sáns e a música. Ensinarémoslles ese modo de

ser que quería José Antonio para tódolos

españois, para que así elas, cando teñan fillos,

formen os pequenos no amor de Deus e

nesta maneira da Falange.

19.2.1. ¿Que diferencias percibes entre as activida-

des, a situación social e as reaccións dunhas e

outras?

19.2.2. As autoridades franquistas impuxeron o

modelo de muller que se describe nos textos.

Pregúntalles ás mulleres da túa familia cómo era

a súa vida durante o franquismo, cómo era o

seu traballo, cómo pasaban o tempo de lecer,

como vestían, etc. Poñede en común as respos-

tas recollidas polos compañeiros e compañeiras

da clase. ¿Que cousas foron mudando ata hoxe?

19.2.3. Na imaxe 19.3, ¿que relación existe entre o

texto e as imaxes?

19.3. ¿Que sensación che transmite a imaxe 19.1?

Relaciónaa co texto

Co obxecto de evitar incidentes, consciente

ou inconscientemente provocados, pero que

en todo caso poden perturba-la boa harmonía

da retagarda, ponse en coñecemento de

tódolos afiliados á Falange Española

Tradicionalista e das J.O.N.S, que os únicos

berros que deben darse en concentracións,

manifestacións e desfiles, etc., son estes:

«FRANCO, FRANCO, FRANCO»; «ARRIBA

ESPAÑA»; «VIVA ESPAÑA» e «ESPAÑA

UNHA, GRANDE E LIBRE». Calquera outro

—en relación co Movimiento— será conside-

rado como lanzado con propósito de pertur-

bación e axeitadamente sancionado polas

autoridades do Partido e do Estado. Serán

responsables do incumprimento da anterior

os xefes respectivos.Boletín del Movimiento, 7, 1 novembro 1937,

II Ano Triunfal

19.4. Describe o cartel da imaxe 19.2. ¿De que

bando era o seu autor?, ¿por que?

19.5. ¿Como se chegou á España unha, grande, libre

que proclama a imaxe 4?, ¿é un cartel franquista

ou republicano?, ¿por que?

19.6. ¿Que opinión che merece o labor da

Asociación para a Recuperación da Memoria

Histórica?, ¿positiva ou negativa?, ¿por que?

DA GABIA Ó CEMITERIO TRAS 66

ANOS

Tres mulleres da poboación de Candeleda, no

sur da provincia de Ávila, estiveron soterradas

nunha gabia durante os últimos 66 anos. Alí,

tal e como as deixaron os falanxistas que lles

deron morte, estaban os seus restos cando os

seus familiares, apoiados pola Asociación pola

Recuperación da Memoria Histórica, abriron

a foxa.

Era a noite do 29 de decembro de 1936.

Mentres durmían, 10 ou 12 falanxistas agarra-

ron cinco mulleres e metéronas nun camión.

A maior era Virtudes de la Puente: 53 anos. O

seu delicto, segundo os veciños, ser protes-

tante. A Pilar Espinosa, de 43, matárona por

ler El Socialista. A súa filla, Obdulia Camacho,

de 14, levaba a súa sobriña de dous anos nos

brazos. No medio da tolemia, os asasinos sen-

tiron compaixón, e botaron do camión as

dúas nenas, que salvaron así a vida.

A última asasinada, Valeriana Granada, de 26

anos, estaba embarazada de varios meses, é a

que maior sorpresa levou aquela noite: seu

home loitaba na fronte nacional, non tiña nada

que temer. Pero, segundo contan os vellos da

vila, unha dirixente falanxista estaba namorada

do marido de Valeriana, denunciouna e aca-

bou á vez coa nai e o fillo que levaba dentro.

O desenterro, coma tódolos que fixo e fará a

Asociación, tivo momentos de máxima ten-

sión. Cando a máquina desenterrou os pri-

meiros restos o silencio foi arrepiante. Nese

momento ondeou a bandeira republicana e

depositáronse flores.El País, 20-10-02

52

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 47: Imaxe gráfica da II Republica

19.7. Elabora unha lista de persoas que coñezas que,

se triunfase hoxe un réxime similar ó franquis-

mo, sufrirían a represión; indica tamén os moti-

vos. Pensa nas túas actividades cotiás: ¿cales se

verían afectadas por vivir baixo un réxime dic-

tatorial?

19.8. Explica a túa postura ante a petición de IU.

IU pide que se dignifique a memoria

dos escravos do franquismo

Izquierda Unida solicita ó Goberno a retirada

de tódolos símbolos, placas e nomes de rúas

que aludan ó réxime franquista, por «agredi-lo

Estado de Dereito» xurdido da Constitución

de 1978, e a colocar en tódolos monumentos

e localidades construídos por presos republi-

canos «que dignifiquen a súa memoria e lem-

bren os valores de liberdade e democracia».

Recordan que houbo 194 campos de concen-

tración e 217 batallóns de traballo.

La Voz de Galicia, 20-10-02

53

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 48: Imaxe gráfica da II Republica

20.1. Encrucillado para os paneis 2, 3 e 4Horizontais:

1. Propiedade moi pequena, característica de Galicia 2. Iniciais do partido de Azaña 3. Desta forma accedeu ó poder o xeneral en 1923 4. Primeiro presidente do Goberno da II República 5. Nesta cidade tivo lugar unha sublevación militar a prol da

República en 1930 6. Nos gobernos da Restauración, conservadores e liberais… Verticais:1. Solución para os labregos galegos de comezos de século

para saíren da penuria económica 2. En Andalucía e Galicia dábanse as maiores porcentaxes

deles a comezos da década dos trinta 3. ... de Rivera, dictador (ó revés) 4. Aquí tivo lugar un desastre na guerra de Marrocos 5. Sindicato anarquista

6. Alfonso XIII optou por el trala proclamación da II República

(ó revés)

20.2. Despois de analiza-los paneis 1, 2, 3 e 4:

¿Por que caeu a monarquía de Alfonso XIII e se

proclamou a II República?

¿Cres que a situación á que se enfrontou o novo

réxime era fácil ou difícil?, ¿por que?

¿Cales eran os principais problemas que deberí-

an intentar resolver os gobernos republicanos?

20.3. ¿Por que fracasou a II República? Clasificar por

orde de importancia os seguintes factores,

segundo a túa opinión, explicando as razóns:

o contexto internacional // a oposición de gran

parte do exército // a importancia dos anarquis-

tas // a división dos partidos políticos republica-

nos // o analfabetismo // o papel dos nacionalis-

mos // a actitude dos socialistas // a

Constitución do 31 // o fracaso da Reforma

Agraria // a crise económica mundial // a oposi-

ción da Igrexa // a oposición dos empresarios e

terratenentes // a actitude dos comunistas // a

pobreza de gran parte da poboación.

20.4. Compara a democracia actual coa II República

nos seguintes elementos:

papel das mulleres // sistema electoral // organi-

zación política do Estado // partidos políticos //

papel da Igrexa // papel do exército // sistema

educativo // agricultura // sindicatos // contexto

internacional // nacionalismos

20.5. Organizade un debate na clase sobre o papel

dos militares (do exército) na organización do

Estado. ¿Pódese xustificar nalgúns casos a súa

intervención á marxe do poder civil?

20.6. Na exposición recóllese moita da abundantí-

sima simboloxía política da época; cada signo,

cada aceno, cada imaxe tiñan un significado

político que todo o mundo coñecía. Busca

polo menos cinco símbolos nos diferentes

paneis da exposición e explica o seu significa-

do político.

20.7. Fai dúas columnas: unha da República e outra

do franquismo, e sitúa os nomes das rúas na que

lle corresponda

mártires de Jaca; Calvo Sotelo; Primo de Rivera;

Primero de Mayo; avenida de la Marina; avenida

14 de Abril; avenida Francisco Ferrer; avenida

del General Sanjurjo; Fraternidad; Igualdad; San

Andrés; Capitán García Hernández; Eduardo

Pondal; Pi i Margall; Generalísimo; Ejército;

Alférez Provisional

20.8. Completa a táboa

55

TEMPUS FUGIT

20. Actividades finais

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

II REPÚBLICA FRANQUISMO ESPAÑA HOXE

ACCESO Ó PODER Eleccións cada catro

anos

RÉXIME POLÍTICO Democracia

LÍDER E TÍTULO Franco

Caudillo

SITUACIÓN DAS Igualdade Legal

MULLERES

PARTIDOS Multipartidismo

POLÍTICOS

SINDICATOS Un só

DEREITOS Suprimidos

FUNDAMENTAIS

Page 49: Imaxe gráfica da II Republica

56

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

FRASE FONTE PANEL

1. «Que quede ben entendido que non estamos loitando

pola república democrática. Estamos loitando polo triunfo

da revolución proletaria. A revolución e a guerra son

inseparables»

2. «Os candidatos antimarxistas defenderán a necesidade

dunha inmediata derrogación dos preceptos tanto

constitucionais como legais, inspirados en designios laicos

e socializantes...»

3. «As terras invadidas por campesiños e xornaleiros con

posterioridade ó 16 de febreiro de 1936 reintégranse á

plena disposición dos seus donos»

4. «Foron desaparecendo moitos compañeiros: uns como

Bóveda foron fusilados, outros como Galán Calvete, paseados;

algúns estaban presos agardando o consello de guerra; outros

fuxidos no monte»

5. «Eu son moreno da Guinea que por España vou loitar

contra os roxos que a lixan e que tratan de esnaquizala»

6. «Só os sistemas políticos que lles outorguen o voto ás

mulleres poden considerarse verdadeiramente democráticos»

7. «¿Convenlle a Galiza a súa autonomía? ¿Convenlle á

República a autonomía de Galiza? […] Votade o estatuto

para que a terra sexa nosa»

8. «As eleccións celebradas o domingo revélanme claramente

que non teño hoxe o amor do meu pobo. […] suspendo o

exercicio do poder real e apártome de España»

9. «As forzas monarquizantes e fascistas que dun tempo

a esta parte pretenden traizoa-la república, lograron o seu

obxectivo e asaltaron o poder. […] Proclamo o Estado Catalán

da República Federal Española»

10. «O paro ensombrece os nosos fogares. Os inimigos

da nosa organización —que tamén o son polo xeral da

República— puxeron cerco de fame ás poboacións rurais […].

Do que foi a nosa lexislación social-agraria a penas restan unhas

promesas incumpridas e unhas Bases de traballo no papel, sen

efectividade ningunha para nós»

11. «A Constitución e as leis laicas foron un ataque violento e

continuado á conciencia nacional […]. A guerra é pois un

plebiscito armado, cunha tendencia espiritual, do lado dos

sublevados, que saíu en defensa da orde, da paz social, da patria

e da relixión.»

Page 50: Imaxe gráfica da II Republica

20.9. Pon a carón de cada frase a fonte á que perten-

ce e o título do panel ou paneis ós que poden alu-

dir: Lluis Companyis (6-10-34); Programa da

CEDA (31-10-33); Carta dos bispos (1-7-37);

Clara Campoamor (1931); Ramón Piñeiro (gale-

guista); Carta ó Presidente da República da

FETT-UGT (14-4-34); Boletín da CNT-FAI

(xaneiro 1937); Xunta de Defensa Nacional (25-

9-36); Himno dos falanxistas morenos (1936);

Mitin de Castelao (1936); Alfonso XIII (13-4-31)

20.10. ¿Cal é a túa postura ante a petición dos netos

dos exiliados españois?, ¿por que?

OS NETOS DOS EXILIADOS

REPUBLICANOS PIDEN AXUDA Ó

REI PARA VOLVER SER ESPAÑOIS

Ata o de agora, son 3.500 os netos do exilio

que queren a nacionalidade dos seus avós.

Están agrupados no colectivo «Morados» por-

que «é a cor que desapareceu da bandeira

española despois da guerra e quixemos facer

unha homenaxe ós que, despois da Guerra,

desapareceron de España», di o seu portavoz,

Alvar Acevedo. Piden que os netos daqueles

españois que non naceron na súa patria, poi-

dan optar á cidadanía dos seus avós coa refor-

ma da nacionalidade no Código Civil que o

Parlamento quere aprobar este verán.

Tódolos grupos políticos, agás o PP, están a

favor de que se lles conceda a nacionalidade.

O número de españois que se exiliaron des-

pois da Guerra Civil calcúlase nuns 440.000,

dos que a metade eran soldados do bando

republicano e a outra metade civís, ademais

de 170.000 mulleres e nenos.La Voz de Galicia, 14-4-2002

20.11. Organizar un debate político na clase.

Dividirvos en grupos de 4 ou 5; cada grupo per-

tencerá a un partido político ou sindicato

(Esquerda Republicana, PSOE, CNT, CEDA,

Falange, PCE, Partido Galeguista…). Cada

grupo elaborará un breve programa electoral

para 1936 atendendo ás seguintes cuestións:

educación; situación da muller, economía (pro-

piedade das terras e empresas), exército,

modelo de Estado (centralismo, autonomías),

política colonial, relixión… Despois da exposi-

ción do programa abrirase o debate en que cada

participante defenderá o programa do seu

grupo político. Como remate, farase unha vota-

ción na que cadaquén votará segundo as súas

preferencias.

20.12. Debuxa unha ou varias viñetas ou un cartel

(1 cara A4) que reflictan a túa idea do que foi a

II República.

20.13. ¿En que etapa che gustaría vivir?: na II

República, no franquismo ou na democracia

actual. ¿Por que?

20.14. Relaciona as imaxes que aparecen reproduci-

das nos interiores da capa e da contracapa con

algún dos paneis. Razoa a túa resposta.

57

fundación 10 de marzo

imaxe gráfica da segunda república

Page 51: Imaxe gráfica da II Republica

E- Amster, Barcelona,1937.

F- Postal.

G- Anónimo, 1939.

H- Madrid, 1936.

G

F

E

H

Page 52: Imaxe gráfica da II Republica

Concello de A Coruña

Fundación 10 de Marzo