texto, imaxe, cibertexto - usc · 2019. 8. 30. · imaxe e artes visuais nos séculos xx e xxi. a...

31
TEXTO, IMAXE, CIBERTEXTO Santiago Díaz Lage GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2019/2020 FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA ESPAÑOLAS, TEORÍA DA LITERATURA E LINGÜÍSTICA XERAL

Upload: others

Post on 27-Jan-2021

7 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • TEXTO, IMAXE, CIBERTEXTO

    Santiago Díaz Lage

    GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

    2019/2020

    FACULTADE DE FILOLOXÍA

    DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA ESPAÑOLAS,

    TEORÍA DA LITERATURA E LINGÜÍSTICA XERAL

  • FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA

    ESPAÑOLAS, TEORÍA DA LITERATURA E LINGÜÍSTICA XERAL

    AUTOR: Santiago Díaz Lage

    Edición electrónica. 2019

    ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación

    total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico,

    mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos

    autores.

  • Índice

    1. Datos descritivos da materia…………….................................................................… 5

    2. Obxectivos e competencias……………….................................................................. 7

    3. Contidos……………………………………...........................................................…. 9

    4. Bibliografía xeral da materia…………..............................................................…… 25

    5. Metodoloxía…………………...………............................................................……. 27

    6. Sistema de avaliación……………………................................................................. 29

    7. Distribución e calendario de actividades…................................................................ 31

  • 5

    1. DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA

    NOME

    Texto, imaxe, cibertexto.

    CÓDIGOS

    Grao en Filoloxía Clásica: G5071202. Grao en Lingua e Literatura Españolas:

    G5041202. Grao en Lingua e Literatura Galegas: G5051202. Grao en Lingua e

    Literatura Inglesas: G5061202. Grao en Lingua e Literaturas Modernas: G5081202.

    TIPO DE MATERIA

    Formación optativa dentro do módulo Aplicacións teórico-comparadas: literatura,

    cultura, teatro.

    CURSO E CUADRIMESTRE

    3º ou 4º cursos. Primeiro cuadrimestre.

    NÚMERO DE CRÉDITOS

    6 ECTS.

    LINGUAS QUE SE UTILIZARÁN

    Galego e/ou castelán. Nas lecturas, tamén outras linguas románicas e inglés.

    SENTIDO DA MATERIA NA TITULACIÓN

    Hai un dobre nivel que merece ser destacado: o dos vínculos desta materia con outras da

    titulación e o da súa función específica no Grao. Referímonos á materia de primeiro

    curso Teoría e Crítica literarias e á materia Conceptos fundamentais de Teoría literaria

    e Literatura comparada de segundo curso. Esta materia presenta ademais una relación

    co resto das materias que conforman o Minor en Teoría da Literatura e Literatura

    Comparada e os dous módulos nel integrados, Os Estudos literarios na actualidade

    (coas materias Cinema e literatura, Traxectorias da literatura europea, Teorías

    literarias contemporáneas e Literatura comparada) e Aplicacións teórico-comparadas:

    literatura, cultura e teatro (coas materias Estudos teatrais, Análise cultural, e

    Socioloxía da literatura).

    Alén disto, esta materia está conectada con calquera outra dos graos impartidos

    nas Facultades de Filoloxía e Humanidades nas que ocupen algún espazo nocións como

    ficción, texto, discurso, oralidade, canon, hipertexto, mito, globalización, ideoloxía,

    interpretación, intermedialidade, transmedialidade, entre moitas outras.

  • 6

    Canto á función específica de Texto, imaxe, cibertexto no Grao pode expresarse

    indicando que consiste en promover con rigor e dinamismo intelectual unha ampliación

    das bases do coñecemento do feito literario alcanzadas nos cursos anteriores. Esa

    ampliación é no esencial unha apertura á análise comparada das relacións da literatura

    con outras formas artísticas e culturais, tanto no marco nacional coma no internacional.

    Este marco está comenzando a denominarse Digital Humanities e leva uns anos

    reivindicándose na comunidade académica internacional, especialmente a anglosaxona,

    como a intersección inevitábel e necesaria entre a informática, os medios dixitais, e os

    estudos de Humanidades. Vivimos ademais nun tempo de converxencia mediática e

    cultural –utilizando a expresión de Henry Jenkins–, marcado pola hibridación e

    integración dos diferentes medios coñecidos até agora, e a aparición de linguaxes que

    nacen do uso dos vellos e novos soportes por parte dos chamados nativos dixitais. Neste

    contexto cremos que os estudos teóricos e comparados da literatura e da cultura son moi

    necesarios para axudar a comprender estes fenómenos emerxentes e para aportar

    ferramentas de análise, conxugando o uso das metodoloxías máis tradicionais coa

    elaboración de métodos novos para a investigación.

    PROFESORADO

    Santiago Díaz Lage

    Despacho 132

    O horario de titorías figura en

    http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/profesorado.html

  • 7

    2. OBXECTIVOS

    Estabelecer dende un punto de vista teórico e crítico as condicións que determinan o

    desenvolvemento da literatura, o cinema, a televisión, a narrativa, a poesía, o teatro e a

    arte na denominada era das Humanidades dixitais. O programa prestará unha atención

    especial ás relacións entre os textos e as súas representacións editoriais, sen excluír

    produtos culturais cuxas estratexias de produción e recepción foron transformadas como

    resultado do seu contacto coas novas tecnoloxías: hipertextualidade e hipermedia,

    videoxogos, blogues e redes sociais, arte dixital, teatro dixital, cinema, televisión e

    performance, entre outros.

    Este programa presenta un espazo onde se dará cabida á parte non-canónica e

    antixerárquica da literatura e da cultura, nada atento ás taxonomías xenéricas, un espazo

    intermedial e híbrido constituído por textos nos que conflúen o verbal, o visual e o

    sonoro. Veremos, polo tanto, a importancia do que se denomina "literatura e cultura

    aplicadas", poñendo en execución os elementos promovidos pola UNESCO en canto

    aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS): http://es.unesco.org/sdgs.

    COMPETENCIAS

    Tranversais:

    -CT1: Que os estudantes teñan unha visión actualizada dos sistemas teóricos e

    metodolóxicos no campo dos Estudios Literarios e culturais.

    -CT2: Que os estudantes poidan profundizar nos coñecementos xa adquiridos,

    enriquecéndose desde unha perspectiva interdisciplinar.

    -CT3: Que os estudantes posúan os instrumentos metodolóxicos que sirvan para

    desenvolver un espíritu crítico e reflexivo, áxil e práctico de cara a distintos fenómenos

    culturais.

    -CT4: Que os estudantes aprendan a desenvolver criterios que atendan á igualdade entre

    os sexos e á inclusión, así como a diversidade cultural.

    -CT5: Que os estudantes adquiran as ferramentas para unha educación á cidadanía para

    o desenvolvemento sostible.

    Específicas

    -CE1: Que os estudantes poidan aproximarse, de maneira rigurosa, ao que nos últimos

    anos se denominó "postliteratura", reflexionando e cuestionando a concepción máis

    tradicional do termo e concepto Literatura.

    -CE2: Que os estudiantes sexan capaces de ampliar a noción de literatura a través da

    súa relación cos novos medios tecnolóxicos, os medios de comunicación, o cinema, a

    televisión, o videoxogo, a banda deseñada e as artes, así como a diversidade xenérica,

    social, cultural, en definitiva.

    -CE3: Que os estudantes aborden o concepto de texto e textualidade dun modo aberto,

    dando cabida a outras formas culturais, non estrictamente literarias, atendendo a

    distintas artes e á irrupción dos novos medios.

  • 8

  • 9

    3. CONTIDOS

    TEMARIO

    Proposta dunha educación para un Desenvolvemento sostible. O impacto dos novos

    medios na cultura, na sociedade e no medio ambiente. Principios da UNESCO.

    1. Humanidades dixitais. O problema do texto. Literatura e cibercultura. Conceptos

    básicos.

    2. Imaxe e artes visuais nos séculos XX e XXI. A nova Estética e as súas relacións cos

    Estudos literarios.

    3. A narrativa na era dixital. O transmedia.

    4. A Poesía na era dixital. Literatura aplicada.

    5. O teatro e a danza na era dixital. O teatro fóra do teatro.

    6. Cinema, televisión e novos medios.

  • 10

  • 11

    Desenvolvemento do temario

    Tema 1

    Humanidades dixitais. Cibercultura e ciberliteratura. Conceptos básicos

    Descrición

    O tema incorpora unha introdución ás Humanidades dixitais como campo específico

    emerxente e correlaciónao cos desenvolvementos dunha Estética que nos últimos vinte

    anos marca diferenzas coas propostas prevalentes durante o século XX. Sen abandonar

    o concepto literatura electrónica, o tema quere profundar na análise das novas formas

    creativas desde a relativización da noción de xénero e a asunción da converxencia como

    recente contexto epistemolóxico. Deste xeito centrarase en tres aspectos chave no que

    afecta a esta intersección e a esta textualidade: a transmedialidade, a hibridación e a

    performatividade.

    Apartados

    1.1. As Humanidades dixitais.

    1.2. O problema do texto. Literatura e cibercultura.

    1.3. Da literatura oral ao ciberespazo. Poética do medio dixital.

    Bibliografía fundamental recomendada

    AARSETH, E. (1997). Cybertext: Perspectives on Ergodic Literature. Baltimore, Johns

    Hopkins UP. Tradución portuguesa de José Augusto Mourão.

    BARBOSA, P. (1996). A Ciberliteratura. Criação Literária e Computador. Lisboa,

    Cosmos.

    BERRY, D. M. (2012). Understanding Digital Humanities. Houndmills: Palgrave.

    BURDICK, Anne et al. (2012). Digital humanities. Cambridge, Mass.: MIT Press.

    JONES, S. E. (2014). The Emergence of Digital Humanities. Nova Yotk: Routledge.

    LEVY, P. (1993). Tecnologias da inteligência: o futuro do pensamento na era da

    informática. São Paulo, Ed. 34. Trad. Carlos Irineu da Costa.

    LÉVY, P. (1997). Cibercultura. La cultura de la sociedad digital. Barcelona:

    Anthropos, 2007.

    MANOVICH, L. (2001). The Language of New Media. Cambridge, MIT Press.

    MANOVICH, L. (2001). "New Media From Borges to HTML". In: WARDRIP-

    FRUIN, N. e N. MONFORT, eds. (2003). The New Media Reader. Cambridge:

    MIT Press.

    McGANN, J. J. (1992). The textual condition. Princeton, N. J.: Princeton University

    Press.

    McGANN, J. J. (2001). Radiant textuality: literature after the world wide web. New

    York: Palgrave.

  • 12

    McGANN, J. J. (2014). A new republic of letters: memory and scholarship in the age of

    digital reproduction. Cambridge, Mass.: Harvard University Press.

    PACKER, R. & JORDAN, K. (2002). Multimedia: from Wagner to virtual reality.

    Norton Publishers. Parcialmente en rede.

    RYAN, M.-L. (1999). “Cyberespace, Virtuality and the Text”. En M.-L. Ryan (ed.).

    Cyberspace Textuality. Computer Technology and Literary Theory. Bloomington

    e Indianapolis: Indiana University Press, pp. 78-107.

    SÁNCHEZ MESA MARTÍNEZ, D. (2004). Literatura y cibercultura. Madrid: Arco.

    SCHREIBMAN, S., SIEMENS, R. & UNSWORTH, J (2004). A Companion to digital

    humanities, Malden: Blackwell.

    VAN LOOY, J. & BAETENS, J. (2003). Close Reading New Media. Analyzing

    Electronic Literature. Leuven: UP of Leuven.

    TURKLE, S. (1997). La vida en la pantalla: la construcción de la identidad en la era

    de Internet. Barcelona: Paidós.

    VILARIÑO PICOS, M. T. (2004). “Literatura e novas tecnoloxías”. En A. Casas

    (coord.). Elementos de crítica literaria. Vigo: Xerais, pp. 615-650.

    VITANZA, Víctor J. (1998). CyberReader. Nova York: Longman.

    WARDRIP-FRUIN, N. & MONFORT, N., eds. (2003). The New Media Reader.

    Cambridge: MIT Press. Parcialmente en rede.

  • 13

    Tema 2

    Imaxe e artes visuais nos séculos XX e XXI. A nova Estética e as súas relacións cos

    Estudos literarios.

    Descrición

    Estamos a vivir nunha era da imaxe na que se evidencia unha radical incidencia das

    novas artes visuais sobre a experiencia, incluída a dimensión histórica da mesma.

    Establécense así dialécticas novas coas tradicionais artes plásticas –pintura, escultura,

    arquitectura– e mesmo nalgún caso, como o da fotografía, experiméntase a convivencia

    de tecnoloxías analóxicas e dixitais. Este tema atende a incidencia de todo o anterior

    sobre a consideración do lugar social, cultural e institucional das artes e abre un espazo

    para a reflexión estética e política sobre nocións como suxeito, tecnoloxía e poder.

    Apartados

    2.1. Lugar, corpo, danza, vídeo, instalación. O espectáculo e o museo.

    2.2. Tecnoloxía e arte. O caso da fotografía.

    2.3. Arte dixital e arte en rede. Perspectivas sistémica e sociolóxica.

    2.4. Arte, suxeitos, poder, política. É necesaria outra Estética?

    Bibliografía fundamental recomendada

    AZNAR ALMAZAN, S. (2006). El arte de acción. 2ª ed. Hondarribia, Nerea.

    CARRILLO, J. (2004). Arte en la red. Madrid: Cátedra.

    COUCHOT, H. (2003). L’Art Numérique. Comment la technologie vient au monde de

    l’art. París: Flammarion.

    FLUSSER, V. (2009). Una filosofía de la fotografía. Madrid: Síntesis.

    GUILBAUT, S. (2009). Los espejismos de la imagen en los lindes del siglo XXI. Tres

    Cantos: Akal.

    MARTÍN PRADA, J. (2012). Otro tiempo para el arte. Cuestiones y comentarios sobre

    el arte actual. Valencia: Sendemà.

    MOLINA, Á. & LANDA, K. (2000). Futuros emergentes. Arte, interactividad y nuevos

    medios. Diputación de València.

    RAMÍREZ, J.A., e CARRILLO, J. (eds.) (2004). Tendencias del arte, arte de tendencias

    a principios del siglo XXI. Madrid: Cátedra. 11

    RIESER, M. (2002). New Screen Media. Cinema/Narrative. Londres: British Film

    Institute. RUSH, M. (1999). New Media in Late 20th-Century Art. Londres.

    Thames and Hudson.Traducido ao castelán por Silvia Komet. Nuevas expresiones

    artísticas a finales del siglo XX. Barcelona: Destino.

    RODRÍGUEZ FONTELA, M. Á. (2004). “Literatura e fotografía”. En A. Casas

    (coord.). Elementos de crítica literaria. Vigo: Xerais, pp. 533-568.

  • 14

    SANTACANA i MESTRE, J. & HERNÁNDEZ CARDONA, F. X. (2006). Museología

    crítica. Gijón: Trea.

    SABHARWAL, A. (2015). Digital Curation in the Digital Humanities: Preserving and

    Promoting Archival and Special Collections. Amsterdam: Elsevier.

    VILARIÑO PICOS, M. T. (2011). “Cibercartografías de la ciudad. Arquitecturas

    líquidas en el ciberespacio”. En Romance Notes. 51.3. Lectura obrigatoria.

    VILARIÑO PICOS, M. T. (2012). “Ciudad y Trans-Urbanismo en los espacios

    virtuales”. en Urbes Europaeae II. Ciudades europeas: Imaginarios culturales

    ante la globalización. Kiel: Ludwig.

    VILARIÑO PICOS, M. T. (2012). “Re-Implacement: The Metamorphosis of Literary

    Space in the Cyber-Cities”. En Revista de Estudos Literários, vol. 2. Coímbra,

    Centro de Literatura Portuguesa.

    WENDORFF, A. (2010). Vanguardias poéticas en el arte digital en Latinoamérica.

    Gobierno Bolivariano de Aragua. 12

  • 15

    Tema 3

    A narrativa na era dixital. O transmedia

    Descrición

    Designar ó dixital como un novo paradigma é revelador dunha descrición da cultura

    inscrita aínda na Galaxia Gutemberg. A era dixital hai moito que se converteu en

    dominante en todos os sentidos, e polo tanto converteuse nun desafío (ou unha

    oportunidade) para as prácticas culturais e narrativas. No sen ánimo provocador, este

    tema problematizará as formas literarias dominantes en tanto que anacrónicas e seguirá

    de cerca os debates historiográficos en torno ás nova(s) narrativa(s) do noso entorno.

    Fenómenos como o hipertexto consustancial á estrutura dos medios e as redes dixitais, o

    multimedia, as hibridacións e remediacións do impreso, o audiovisual e o dixital e as

    mutacións nos sistemas e plataformas de edición achegaranos a unha postnovela ou a

    unha narrativa aumentada en consonancia coa realidade aumentada polas –¿novas?–

    tecnoloxías.

    Apartados

    4.1. A transmedialidade narrativa na cultura da converxencia

    4.2. A era do post. Postnovela e nova(s) narrativa(s).

    4.3. Narrativa aumentada: da novela e o cómic interactivos ó wonderbook.

    Bibliografía fundamental recomendada

    Primaria (lecturas e obras audiovisuais)

    Agustín Fernández Mallo, El proyecto Nocilla; Jorge Carrión, Crónica de viaje; Vicente

    Luis Mora, Alba Cromm, Narr8, MediaEntity, Wonderbooks,

    Secundaria

    BOLTER, J. D. e R. Grusin (1999). Remediation: Understanding New Media.

    Cambridge, Mass., MIT Press.

    BORRÀS, L. (2005). “Teorías literarias y retos digitales”. Textualidades electrónicas.

    Nuevos escenarios para la literatura. Barcelona: UOC, pp. 23-79.

    ELLESTRÖM, L. (2010). Media borders, Multimodality and Intermediality. Palgrave

    Macmillan 13

    ESCANDELL MONTIEL, D. (2012). “El escenario virtual de la blogoficción”.

    Construcción avatárica en la narración digital”. En J. Ortega, Nuevos hispanismos.

    Para una crítica del lenguaje dominante. Madrid y Frankfurt: Iberoamericana-

    Vervuert, pp. 107-125.

    FERNÁNDEZ PORTA, E. (2007). Afterpop. La literatura de la implosion mediática.

    Córdoba: Berenice.

    GAUDREAULT, A., e T. GROENSTEEN (eds.) (1998). La transécriture, Angouleme:

    Editions Nota Bene-Centre National de la Bande Desinée.

  • 16

    GENETTE, G.(1989). Palimpsestos. La literatura en segundo grado, Madrid: Taurus

    GIL GONZÁLEZ, A. J. (2012). “Hacia una (post)novela postnacional”. En J. Ortega,

    Nuevos hispanismos. Para una crítica del lenguaje dominante. Madrid e

    Frankfurt: Iberoamericana-Vervuert, pp. 232-252.

    GIL GONZÁLEZ, A. J., “Narrativa aumentada” (2015). 1616. Anuario de Literatura

    Comparada, 5, pp. 45-74

    JENKINS, H. (2008). Convergence culture: la cultura de la convergencia de los medios

    de comunicación. Barcelona: Paidós.

    KUNZ, M. e S. Gómez (eds.) (2014). Nueva narrativa española. Barcelona: Red

    Ediciones.

    LANDOW, G. P. (2006). Hypertext 3.0. Critical Theory and New Media in an Era of

    Globalization. Baltimore: John Hopkins UP, pp. 250-4.

    LANDOW, G. P. (ed.). (1997). Teoría del hipertexto. Trad. P. Ducher. Barcelona:

    Paidós.

    LANDOW, G. P. (1995). Hipertexto. La convergencia de la teoría crítica

    contemporánea y la tecnología. Trad. P. Ducher. Barcelona: Paidós.

    MENDOZA, A. (ed.) (2012). Leer hipertextos. Del marco hipertextual a la formación

    del lector literario. Barcelona: Octaedro.

    MORA, V. (2007), La luz nueva. Singularidades en la nueva narrativa española.

    Córdoba: Berenice.

    MORA, V. (2012) El lectoespectador. Barcelona:Seix Barral.

    MURRAY, J. (1999). Hamlet en la holocubierta. El futuro de la narrativa en el

    ciberespacio. Trad. de Susana Pajares. Barcelona, Paidós.

    RAJEWSKY, Irina O. (2005). “Intermediality, Intertextuality, and Remediation: A

    Literary Perspective on Intermediality”. Intermédialités, 6 (automne 2005): 43-64.

    En línea en: http://cri.histart.umontreal.ca/cri/fr/intermedialites/p6/pdfs/

    p6_rajewsky_text.pdf.

    RYAN, M. L. (2006). Avatars of a Story. Minneapolis: University of Minessotta Press.

    RYAN, M. L. (2004). La narración como realidad virtual. La inmersión y la

    interactividad en la literatura y los medios electrónicos. Trad. María Fernández

    Soto. Barcelona: Paidós.

    RYAN, M. L. (2004). Narrative Across Media: The Languages of Storytelling. U of

    Nebraska Press.

    SAINT-GELAIS, Richard (2011). Fictions transfuges. La transfictionnalité et ses

    enjeux. Paris: Seuil.

    VILARIÑO PICOS, Mª. T. (2007). “De la poética del videojuego a los mundos

    habitados MUDs”. Tecnologías de la creación en la era digital. II Jornadas de

    Literatura Comparada. Ed. V. Tortosa. Alicante: U de Alicante, 2007. Lectura

    obrigatoria.

    VILARIÑO PICOS, Mª. T. e A. ABUÍN GONZÁLEZ (eds.) (2006). Teoría del

    hipertexto. La literatura en la era electrónica. Madrid: Arco.

    VV. AA. Dossier Novela española de la década. Quimera, 313, 2009, pp. 25-65. 15

  • 17

    Tema 4

    A poesía na era dixital. Literatura aplicada

    Descrición

    O ordenador supuxo para a poesía unha nova localización na súa actividade,

    caracterizada pola fragmentación, a inmersión e a interactividade. Este tema aborda a

    propia indefinición dos termos poesía electrónica, poesía dixital, ciberpoesía,

    holopoesía, videopoesía, poesía performativa, etc. Farase un estudo de autores e obras e

    proporcionanse ferramentas metodolóxicas para abordar estas novas textualidades.

    Apartados

    4.1. Hipertexto e poesía.

    4.2. Fragmentación, espazo e ciberpoesía.

    4.3. Literatura aplicada

    Bibliografía fundamental recomendada

    CAÑAS, D. & GONZÁLEZ TARDÓN, C. (2010). ¿Puede un computador escribir un

    poema de amor? Tecnoromanticismo y poesía electrónica. Madrid: Devenir

    Ensayo.

    DONGUY, J. (2002). Terminal Zone. Poésie et nouvelles technologies. Centre d’Art

    Contemporaine de Basse-Normandie (10-27 de outubro de 2002).

    DOS SANTOS, A. L. (1994). «Sur la poésie hypertextuelle Réi (m(nv)agination du

    langage et du réel dans la poésie (hypertextuelle)». En Alain Vuillemin y Michel

    Lenoble (comps). Littérature, Informatique, Lecture. Limoges: Presses

    Universitaires de Limoges, pp. 275-286.

    GARRIGUES, P. (1995), Poétiques du fragment. París: Klincksieck.

    PEQUEÑO GLAZIER, L. (2002). Dig[it]al Poet(I)(c)s. The Making of E-

    Poetries.Tuscaloosa y Londres: University of Alabama Press.

    SADIN, É. (2004). Poésie atomique. [Écriture & Complexités contemporaines].

    Éc/arts.

    VILARIÑO PICOS, M. T. (2006). «Redefiniendo la poesía experimental: la holopoesía

    de Eduardo Kac». En Campus stellae. Haciendo camino en la investigación

    literaria. Santiago de Compostela : Servicio de Publicacións da Universidade de

    Santiago de Compostela, pp. 105-114. Tamén en

    VILARIÑO PICOS, M. T. (2008). “Fragmentación, espacio y ciberpoesía”. En Dolores

    Romero López e Amelia Sanz Cabrerizo (eds.). Literaturas del texto al

    hipermedia. Barcelona: Anthropos, pp. 228-242.

    VILARIÑO PICOS, M. T. (2009). "La cultura digital en los estudios literarios:

    ciber/textual/espacialidades poéticas". En A. Sanz Cabrerizo, Teoría literaria

    española con voz propia. Madrid: Arco, pp. 235-261.

  • 18

    VUILLEMIN, A. & LENOBLE. M. (comps) (1994). Littérature, Informatique, Lecture.

    Limoges: Presses Universitaires de Limoges.

    WINDER, W. (1994). «Le robot-poète: littérature et critique dans l’ère électronique».

    En Alain Vuillemin y Michel Lenoble (comps) (1994). Littérature, Informatique,

    Lecture. Limoges: Presses Universitaires de Limoges, pp. 187-213. 17

  • 19

    Tema 5

    O teatro e a danza na era dixital. O teatro fóra do teatro

    Descrición

    A concepción do teatro como espazo de interacción no que a copresencialidade entre

    actores e público é un dos seus rasgos definitorios fai difícil unha reformulación

    asociada ao uso das novas tecnoloxías. Desafiaremos en todo caso o estatuto ontolóxico

    do xénero dramático a partir da súa vinculación cos novos médicos dixitais e visuais.

    Estudaremos a partir das formulacións pioneiras de B. Laurel e M. Causey a

    denominada postorganic performance para referir un teatro que abandona a inmediatez

    en beneficio dun campo de representación manipulador de parámetros temporais e

    espaciais.

    Apartados

    5.1. ¿Teatro virtual, teatro dixital, ciberdrama?

    5.2. Performance e drama interactivo. Teatro, corpo e virtualidade.

    Bibliografía fundamental recomendada

    ABUÍN GONZÁLEZ, A. (2006). Escenarios del caos. Entre la Performance y la

    hipertextualidad electrónica. Valencia: Tirant lo Blanch.

    ABUÍN GONZÁLEZ, A. (2007). “Algumas consideraçoes sobre a possibilidade de um

    teatro virtual”. En Cibertextualidades 02. Ciberdrama e hipermédia, Universidade

    Fernando Pessoa, pp. 9-17

    ABUÍN GONZÁLEZ, A. (2008). Teatro y nuevas tecnologías: conceptos básicos.

    Signa, 17, pp. 29-56.

    ABUÍN GONZÁLEZ, A. (2008). “Consideraciones sobre la posibilidad de un teatro

    virtual”. En VirgilioTortosa (ed.), Escrituras digitales: tecnologías de la creación

    en la era virtual. Alicante: Publicaciones de la Universidad de Alicante, pp. 267-

    287.

    CAUSEY, M. (1999). "Postorganic Performance. The Appearence of Theatre in Virtual

    Spaces". En M. L. Ryan (ed.). Cyberspace Textuality. Computer Technology and

    Literary Theory. Bloomington and Indianapolis. Indiana University Press., pp.

    182-200. Traducido ao castelán en D. Sánchez Mesa-Martínez "La performance

    postorgánica. La apariencia del teatro en los espacios virtuales". Literatura y

    cibercultura. Madrid: Arco Libros, pp. 297-325.

    KAYE, N. (1994). Postmodernism and Performance. Nova York. St. Martin's.

    LAUFER, R. (eds.) (1987). Le Texte en mouvement. PUV: Saint-Denis.

    LAUREL, B. (1993). Computer as Theatre. Addison Wesley Longman.

    TRONSTAD, R. (2001). “MudPerformance and Theatrically”. En Computer Games

    and Digital Textualities.

  • 20

    VUILLEMIN, A. & LENOBLE. M. (comps) (1994). Littérature, Informatique, Lecture.

    Limoges: Presses Universitaires de Limoges.

  • 21

    Tema 6

    Cinema, televisión e novos medios.

    Descrición

    Os repertorios literarios e narrativos tradicionais pugnan pola centralidade como fontes

    dos procesos e as prácticas adaptativas tradicionais (de carácter xenético, binario e

    filmoliterario) a prol dun sistema intermedial conformado en torno as narrativas

    dominantes da novela, o cinema, a televisión, a banda deseñada e o videoxogo, que se

    retroalimentan de xeito crecente dando lugar a unha galaxia de fenómenos de

    ilustración, reescrita, transficcionalidade e transmedialidade: Novelizacións,

    peliculizacións, telesierializacións, historietizacións, ludonarrativizacións: novela-

    filmes, cine-series, serie-cómics, ludo-novelas e cine-xogos, ludo-series e cómic-xogos,

    etc, etc.. Multimedia, cross-media, transmedia, relatos multiplataforma e expansions

    transficcionais, franquicias narrativas e tie in derivados como remakes, secuelas,

    precuelas, serializacións, spin-off, crossovers, biopics, fandom e de novo un largo etc.

    articulan os universos ou multiversos da agora chamada converxencia cultural (H.

    Jenkins), a hipertextualidade, as hipermediacións e o transmedia.

    Mentres as diversas prácticas ciberliterarias e ciberculturais inscríbense aínda

    tentativamente na experimentación e as vangardas máis ou menos consolidadas do

    subcampo da producción restrinxida, o videoxogo conquistou nas últimas décadas o da

    gran producción no campo das industrias culturais. Medio(s) mutante entre as primeiras

    máquinas arcade e computadoras personais, a rede e as videoconsolas domésticas, non

    parece aínda ter acadado nin unha plataforma estable (o seu campo último neste sentido

    é o das apps para tabletas e smartphones) nin o seu modo de representación institucional

    particular. Neste tema abordaremos a súa incipiente consideración teórica decantando o

    noso interés polo eixo narratolóxico sen esquecer o ludolóxico dos intensos debates nos

    que vive incurso entre os diversos axentes do medio. Apuntaremos como as súas

    xenealoxías máis visibles os repertorios temáticos e xenéricos das narrativas literaria e

    audiovisuais, estudiaremos o proceso de lexitimación simbólica en curso no que adoita

    empregar expresións como novela, drama ou cine interactivo e nos achegaremos as súas

    variantes xenéricas máis desenvolvidas dende o punto de vista narrativo, como a

    aventura gráfica, a experiencia interactiva e a realidade virtual (RV).

    Apartados

    6.1. O ecosistema adaptativo transmedial: Literatura, cinema, televisión, banda

    deseñada e videoxogo.

    6.2. Ludonarrativa. O videoxogo como primeiro campo cultural do século XXI.

    6.3. A experiencia interactiva e a realidade virtual.

  • 22

    Bibliografía fundamental recomendada

    Primaria (lecturas, obras audiovisuais, videoxogos, experiencias interactivas e de

    realidade virtual)

    Javier Fernández, Cero absoluto; David Cronemberg, eXistenZ; Black Mirror; Alan

    Moore, V de Vendetta; Émilie &Simon, MediaEntity; Examen; Heavy Rain; Dear

    Esther; The Stanley Parable; The Vanishing of Ethan Carter; The Abbot; The Price of

    Freedom; L. A. Noir.

    Secundaria

    ABUÍN GONZÁLEZ, A. (2002). “O cinema ou a lóxica da remediación: mímese

    formal e reflexividade”. En Boletín Galego de Literatura. Literatura e cinema, 27,

    2002, pp. 13-24.

    ABUÍN GONZÁLEZ, A. (2005). “Flexinarrativas de fin de siglo: estudios de televisión

    y literatura comparada”. Lecturas, imágenes, 4, pp. 395-408.

    BALLÓ, J. E . X. PÉREZ (2005). Yo ya he he estado allí. Ficciones de la repetición.

    Barcelona: Anagrama.

    BANKS, J. (2013). Co-creating videogames. London/New York: Bloomsbury

    Academics

    CARRIÓN, J. (2011). Teleshakespeare. Madrid: Errata Naturae Editores (2ª edición

    Tintable, Universidad Autónoma de Nuevo León, 2015.

    CASCAJOSA VIRINO, C. (2006). El espejo deformado: versiones, secuelas y

    adaptaciones en Hollywood, Sevilla, Servicio de Publicaciones de la Universidad

    de Sevilla.

    FUERTE CARRILLO, S e A. GALISTEO BAENA (2015). Grandes maestros de las

    aventuras gráficas. Madrid: Síntesis.

    GIL GONZÁLEZ, A. J. (2012). + Narrativa(s). Intermediaciones novela, cine, cómic y

    videojuego en el ámbito hispánico. Salamanca: Ediciones Universidad de

    Salamanca

    GIL GONZÁLEZ, A. J. y Javier Pardo (eds.) (2018). Adaptación 2.0. Estudios

    comparados sobre intermedialidad. Binges: Orbis tertius (en prensa)

    JENKINS, H. (2009). Fans, blogueros y videojuegos. La cultura de la colaboración.

    Barcelona: Paidós.

    JUUL, J. (2006). Half-Real. Videogames between Real Rules and Fictional Worlds.

    Cambridge/Londres: MIT.

    JUUL, J. (2010). A Casual Revolution. Reinventing Video Games and Their Players.

    Cambridge Mass./London: The MIT Press. 21

    MANOVICH, L. (2005). El lenguaje de los nuevos medios de comunicación. La

    imagen en la era digital. Barcelona: Paidós

    MARTÍN RODRÍGUEZ, I. (2015). Análisis narrative del guión de videojuego. Madrid:

    Síntesis.

    MARTÍNEZ CANTUDO, RICARDO (2015). La generación que cambió la historia del

    videojuego. Madrid: Síntesis.

  • 23

    NAVARRETE CARDERO, L. e D. ACOSTA (2017). Spain lúdica. La imagen

    romántica de España en el videojuego. Barcelona: UOC.

    NEWMAN, J. (2004). Videogames. London/New York: Routledge.

    NEWMAN, J. (2008). Playing with Videogames. London/New York: Routledge.

    PARDO, P. J. e J. SÁNCHEZ ZAPATERO (2014). Sobre la adaptación y más allá:

    trasvases filmoliterarios. Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca.

    PÉREZ BOWIE, J. A. (ed.) (2010). Reescrituras fílmicas. Nuevos territorios de la

    adaptación, Salamanca, Ediciones Universidad de Salamanca.

    PERRON, B. e M. J. P. Wolf (2003 e 2009). The Video Game Theory Reader (2 vols).

    New York/London: Routledge

    PLANELLS, A. (2015). Videojuegos y mundos de ficción. De Super Mario a Portal.

    Madrid: Cátedra.

    ROUSE, R. (2005). Game Design: Theory & Practice. Plano, Texas: Wordware

    Publishing.

    SÁNCHEZ-MESA MARTÍNEZ, D. “¡Jugad, jugad malditos! Videojuegos y cine:

    deslindes teóricos para un estudio intermedial”, en J.A. Pérez Bowie (ed.)

    Reescrituras fílmicas: nuevos territorios de la adaptación. Salamanca, Ediciones

    de la Universidad de Salamanca, pp. 295-318

    SÁNCHEZ-MESA MARTÍNEZ, D. (2004). “Los vigilantes de la metamorfosis. El reto

    de los estudios literarios ante los nuevos medios y formas de comunicación

    digital”. Literatura y cibercultura. Madrid: Arco Libros, 2004, pp. 11-34.

    SICART, M. (2009). The Ethics of Computer Games, Cambridge (Mass.) / Londres.

    SCOLARI, C. (2013). Narrativas transmedia. Barcelona: Deusto.

    SWINK, S. (2009). Game Feel. A Game Designer’s Guide to Virtual Sensation.

    Amsterdam: Morgan Kaufmann Publishers.

    VV.AA (2014) Universos transmedia y convergencias narrativas. Caracteres: 3 22

    WARDRIP-FRUIN, N. e P. HARRIGAN (eds.) (2004). First Person: New Media as

    Story, Performance and Game. Cambridge: MIT.

    WOLF, M. J. P. (2008). The Video Game Explosion. A History from Pong to

    Playstation and Beyond. Westport/London: Greenwood Press.

  • 24

  • 25

    4. BIBLIOGRAFÍA XERAL DA MATERIA

    Para unha bibliografía básica, vid. http://proxectole.es/bibliografia/ e Narrativas

    cruzadas (https://narrativascruzadas.wordpress.com/).

    AARSETH, Espen J. (1997), Cybertext. Perspectives on Ergodic Literature. Baltimore:

    The John Hopkins U. P.

    ABUÍN GONZÁLEZ, A. (2006). Escenarios del caos. De la hipertextualidad a la

    performance en la era electrónica. Valencia: Tirant lo Blanch.

    BOLTER, J. D. (1991). Writing Space: The Computer, Hypertext, and the History of

    Writing. Lawrence Erlbaum: Hillsdale.

    BORRÀS CASTANYER, L. (ed.) (2005). Textualidades electrónicas. Nuevos

    escenarios para la literatura. Barcelona: UOC.

    DOUGLAS, J. Y. (2000). The End of Books-or Books without End? Reading Interactive

    Narratives. Michigan: The University of Michigan Press.

    JENKINS, H. (2006). Convergence Culture. Where Old and New Media Collide. New

    York and LonDon: New York University Press.

    JOYCE, M., (1995). Of Two Minds: Hypertext Pedagogy and Poetics. Michigan: Ann

    Arbor: The University of Michigan Press.

    LANDOW, G. P. (1992). Hypertext: The Convergence of Contemporary Critical

    Theory and Technology. Baltimore e Londres: The John Hopkins University

    Press. Tradución ao castelán de P. Ducher, Hipertexto. La convergencia de la

    teoría crítica contemporánea y el hipertexto. Paidós: Barcelona, 1995.

    LANDOW, G. P. (comp.) (1994). Hyper/Text/Theory. The Johns Hopkins University

    Press: Baltimore. Tradución ao castelán por P. Ducher, Teoría del hipertexto.

    Barcelona: Paidós, 1997. – (2006). Hypertext 3.0. Critical Theory and New Media

    in an Era of Globalization. The John Hopkins University Press.

    MARTÍN PRADA, J. (2015). Prácticas artísticas en Internet en la era de las redes

    sociales. Akal.

    McGANN, J. J. (1992). The textual condition. Princeton, N. J.: Princeton University

    Press.

    McGANN, J. J. (2001). Radiant textuality: literature after the world wide web. New

    York: Palgrave.

    McGANN, J. J. (2014). A new republic of letters: memory and scholarship in the age of

    digital reproduction. Cambridge, Mass.: Harvard University Press.

    MURRAY, J. H. (1997). Hamlet on the Holodeck. The Future of Narrative in

    Cyberspace. The Free Press: Nueva York. Tradución ao castelán en

    http://www.jamillan.com/hamlet.htm.

    NELSON, TH. H. (1981). Literary Machines. Swarthmore, Pa, Publicación propia.

    PAJARES TOSCA, S. (2004). Literatura digital. El paradigma hipertextual.

    Cáceres: Universidad de Extremadura.

    RYAN, M.-L. (2001). Narrative as Virtual Reality: Immersion and Interactivity in

    Literature and Electronic Media. Baltimore: Johns Hopkins University Press,

    series Parallax.

  • 26

    RYAN, M.-L. (2006). Avatars of Story. University of Minnesota Press, series Electronic

    Mediations Sample.

    ROMERA CASTILLO, J. et al. (eds.) (1997). Literatura y multimedia. Actas del VI

    Seminario Internacional del Instituto de Semiótica Literaria, Teatral y de Nuevas

    Tecnologías de la UNED. Madrid: Visor.

    SÁNCHEZ MESA-MARTÍNEZ, D. (comp.) (2004). Literatura y cibercultura. Madrid:

    Arco Libros.

    VEGA, Mª. J. (ed.) (2003). Literatura hipertextual y Teoría literaria. Madrid: Mare

    Nostrum.

    VILARIÑO PICOS, Mª. T. y Abuín González, A. (comp.) (2006). Teoría del

    hipertexto. La literatura en la era electrónica. Madrid: Arco Libros.

    VILARIÑO PICOS, Mª.-T. (2011). Textos a escape: a literatura e a cultura na era

    dixital. Boletín Galego de Literatura, vol 46.

    VILARIÑO PICOS, Mª.-T. (2017). Hibridación, transmedia y performatividad en las

    Humanidades digitales. Vigo: Academia del Hispanismo. 25

  • 27

    5. METODOLOXÍA DA ENSINANZA

    As sesións expositivas a cargo do profesorado complementaranse cunha grande

    participación nas clases dos alumnos/as, mediante intervencións individuais, que

    demanden aclarar dúbidas ou ampliación de contidos, e tamén a través de propostas

    conxuntas derivadas de intereses específicos do grupo ou dun sector do mesmo. Estas

    sesións non terán un carácter reservadamente teórico, senón que incorporarán

    dimensións prácticas e aplicacións concretas do marco conceptual presentado ao grupo.

    As sesións de seminario reforzarán o traballo persoal e directo dos estudantes verbo do

    corpus de textos literarios, visuais, audiovisuais, dixitais e culturais sobre os que

    gravitarán os conceptos das sesións expositivas.

    No fundamental, as liñas de traballo que os alumnos desenvolverán ao longo do

    curso, de forma individual ou en grupo, consistirán na aplicación dos conceptos e

    ferramentas metodolóxicas, a análise, crítica e interpretación dos textos e a súa

    aplicación práctica no entorno máis próximo, orientado claramente a un compromiso

    social.

    Recomendacións para o estudo da materia

    Dado que a programación de contidos e prácticas está moi axustada na súa

    temporalización, recoméndase ao alumno a asistencia regular e puntual á clase, o

    seguimento diario das tarefas programadas, a lectura serea e profunda dos textos de

    traballo e o uso de todas as canles comunicativas co profesor e coas fontes de

    aprendizaxe. En particular aconséllase ao alumno o aproveitamento máximo das horas

    de titoría onde a aprendizaxe pode ser máis persoalizada. A profesora terá entrevistas

    individuais con cada alumno ao longo do curso, que será convocado ao seu despacho en

    distintas ocasións para facer un seguimento do seu progreso.

    Tempo de estudo e traballo persoal

    As horas non presenciais poderán distribuirse do seguinte modo, que son os mínimos

    requeridos. -Estudo e reflexión sobre as sesións expositivas, interactivas, titoriais;

    estudo e reflexión sobre a bibliografía: 28 horas.

    -Realización de traballos e de actividades de diversa índole: 37 horas.

    -Lectura de textos literarios, acceso ás redes: 37 horas. 26

  • 28

  • 29

    6. SISTEMA DE AVALIACIÓN

    No contexto da lexislación vixente, a avaliación das materias impartidas pola Área de

    Teoría da literatura e Literatura comparada comprende, xunto coa convocatoria das

    probas oficiais que cada curso efectúa o Decanato, posíbeis probas complementarias

    acordadas expresamente entre profesorado e alumnado. Ademais, serán factores

    relevantes con incidencia directa na cualificación a participación activa e continuada nas

    sesións expositivas e interactivas e o seguimento doutras actividades prácticas que o

    equipo docente considere de especial interese formativo e académico.

    Un 50% da cualificación final dependerá do exame final da materia, que se

    realizará na data oficial fixada pola Facultade.

    Un 25% dependerá da realización dun traballo obrigatorio, que se entregará por

    escrito vinte días antes do feche das actas.

    Un 25% corresponderá á participación crítica e informada nas clases expositivas e

    ás tarefas programadas nas sesións interactivas da materia.

    É necesario superar todas as partes da avaliación.

    A asistencia non computa de seu mais é obrigatoria. Un índice de ausencias non

    xustificadas superior ao 20% implica a non superación da materia.

    Avaliación da segunda oportunidade e convocatorias seguintes: nas seguintes

    oportunidades non variarán os criterios seguidos na primeira, polo que se refire ao

    dominio dos contidos teóricos e das estratexias aprendidas e demostradas na práctica

    crítica. A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta ou non

    supera os obxectivos estabelecidos será de “suspenso”. Todas as cualificacións acadadas

    na realización dos traballos resérvase o curso académico e son válidas para a segunda

    oportunidade.

    Os casos de dispensa académica estarán obrigados a facer o seguimento do curso

    mediante a entrega de traballos parciais e do traballo obrigatorio, ademais de realizar o

    exame final. En casos excepcionais de enfermidade debidamente xustificada ou outras

    razón que impidan a asistencia e a participación nas clases poden contemplarse

    modalidades de avaliación similares.

    Observación importante sobre o plaxio: o plaxio na realización dos traballos

    programados ou a utilización indebida e non indicada de maneira adecuada das fontes

    impresas ou de Internet pode implicar o suspenso na convocatoria correspondente coa

    cualificación más baixa.

    Observacións

    No aproveitamento do programa desta materia é moi estimábel unha competencia

    lectora rica e plural, non só en sentido cuantitativo senón tamén cualitativo

    (multixenérica, multicultural, etc.). Só deste xeito, os contidos teóricos poderán ser

    contrastados e valorados na súa dimensión hermenéutica e analítica nunha proxección

    mesmo retrospectiva.

    Fomentarase o uso e acceso a certos MOOCs da UNED, como complemento da

    materia, como o impartido por Juan Martín Prada na UNED.

  • 30

    Fomentarase e valorarase dunha maneira moi especial a creatividade, a empatía, a

    tolerancia e o respecto cos demais compañeiros, co profesor e co entorno social.

    Resulta de especial incidencia o hábito de ler ensaio e de afacerse á consulta e

    seguimento de revistas especializadas no campo teórico-comparado. É así mesmo

    pertinente lembrar aquí o carácter teórico-comparado da materia e a apertura do

    horizonte textual e discursivo a prácticas artísticas e mediais diversas que serán

    contrastadas coas literarias (narrativas de transmisión oral, pintura, hipertexto,

    performance, música, variantes interartísticas, etc.).

    Por último, recoméndase vivamente ao alumnado que poña en relación os

    contidos abordados nesta materia cos doutras materias afíns, en especial con Teoría e

    Crítica literarias, Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura Comparada,

    Cine e literatura e Análise cultural e cos coñecementos adquiridos sobre as tradicións

    literarias e culturais propias de cada Grao.

  • 31

    7. DISTRIBUCIÓN E CALENDARIO DE ACTIVIDADES

    Horario das clases: http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/horario_cursos.html

    Datas dos exames: http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/horario_exames.html

    Titorías

    Cada alumno/a disporá de tres horas de titorías de grupo reducido. As titorías constitúen

    un reforzo personalizado das sesións expositivas e interactivas. Servirán para profundar

    nas cuestións que presenten dificultades ou para ampliar sectores que sexan do

    específico interese do alumnado. Nese labor titorial o profesor/a terá a ocasión de

    comprobar en que medida progresa cada alumno/a na aprendizaxe, polo que as horas de

    titoría acaban proxectando unha dimensión didáctica de axuste de posíbeis disfuncións

    tanto no plano individual como no colectivo. O cronograma da materia e a

    secuenciación do programa explicarase ao comezo das clases de xeito detallado.